PLAN DE LECTURA
P-00195201_9999973079
P-00195201_9999973079
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
PLAN DE LECTURA

5º E 6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO 2016/2017
PLAN DE LECTURA

5º E 6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO 2016/2017

O profesorado ten xa á súa disposición en www.xerais.gal

proxectos de animación á lectura dos libros sinalados co símbolo
5º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

Tamén en ePub

Ficha de lectura

Tamén en ePub

Bala perdida

Manuel Rivas

Colección: SOPA DE LIBROS (10 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Miguelanxo Prado

Código: 1384060

ISBN: 978-84-9121-072-6

152 páxinas | NOVIDADE

Bala Perdida é o derradeiro pirata do

Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que

anda acompañado dun corvo e dun grupo

de bravos mariñeiros. Para resolver unha

misteriosa abordaxe na máxica Costa da

Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha

moza xornalista que só dá noticias bonitas.

TEMAS: MAR, AVENTURAS, PIRATAS.

Escarlatina,

a cociñeira defunta

Ledicia Costas

Colección: MERLÍN (11 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Víctor Rivas

Código: 1343238

ISBN: 978-84-9914-739-0

216 páxinas | 7ª edición

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, 2014 / PREMIO

FERVENZAS LITERARIAS AO MELLOR LIBRO DA LIX, 2014 / PREMIO

FERVENZAS LITERARIAS Á MELLOR PORTADA DA LIX, 2014 / PREMIO

NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO DA LIX, 2014 / PREMIO NACIONAL

DE LITERATURA INFANTIL, 2015 / LISTA DE HONRA DO IBBY, 2016

Como Román Casas quería ser un auténtico

chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña

para o seu décimo aniversario, que coincide

co Día de Defuntos, a festa dos mortos.

E nese día tan especial recibiu un megasusto,

un agasallo moi singular, un cadaleito

acompañado dun sobre negro onde viñan as

instrucións para activar a Escarlatina, unha

cociñeira falecida no século XIX que nunca se

separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón

con acento francés.

Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras

receitas, as máis sabedeiras do mundo dos

vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos

bocados desta historia de humor macabro

que estimula o apetito do lector e a curiosidade

polo mundo da cociña.

TEMAS: AVENTURA, HUMOR, MORTE, COCIÑA.

2
5º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

Ficha de lectura

Os Sabuxos divírtense

no Museo Prohibido

Jaureguizar

Colección: SOPA DE LIBROS (10 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Matalobos

Código: 1384055

ISBN: 978-84-9914-899-1

160 páxinas | 1ª edición

Nica é unha «detectivesa» que se dedica a

resolver misterios no seu barrio coa axuda

dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio

no que vive é un barrio calquera, dunha

cidade calquera, onde nunca pasa nada.

Vaia, case nunca. Porque un día Nica atopa

un lugar secreto cheo de aparellos estraños

e marabillosos para facer maxia. Os catro

Sabuxos xogan e divírtense alí ata que

descobren que quedaron atrapados dentro

dun sitio que ninguén coñece: o Museo

Prohibido.

TEMAS: AVENTURA, AMIZADE, MISTERIO.

Charlie e a fábrica de chocolate

Roald Dahl

Colección: MERLÍN (11 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Quentin Blake

Tradudor: Alberto Avendaño

Código: 1343150

ISBN: 978-84-9782-277-0

224 páxinas | 8ª edición

Willy Wonka, o xenio da fabricación de

lambonadas, agachou cinco billetes dourados

nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que

dean con eles poderán visitar a súa misteriosa

fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis

sabedeiras que se poida imaxinar: xeados

que nunca se derreten, caramelos eternos que

non se desgastan, chicles que nunca perden o

sabor, globos de azucre que se poden inchar

ata facelos enormes… Charlie Bucket atopará

un dos billetes máxicos e será un dos rapaces

afortunados que entren na fábrica. Esta

será unha visita que mudará a súa vida para

sempre. Charlie e a fábrica de chocolate é a

novela máis famosa de Roald Dhal, un dos

xenios da literatura infantil do século XX.

O humor, unha narración tan eficaz como

económica, e a tenrura para caracterizar

unha grande tipoloxía de personaxes adultos

e infantís singularizan esta obra considerada

como unha das xoias da historia da literatura

infantil de todos os tempos.

TEMAS: HUMOR, MAXIA.

3
5º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

Coñecemento

Coñecemento

Formig4s. Misión Barcelona

Pere Tobaruela e Andrés Meixide

Colección: SOPA DE LIBROS-FORMIG4S

Código: 1384113

ISBN: 978-84-9914-842-4

112 páxinas

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e

FORM4IL son os catro integrantes dos

FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata

calquera recuncho do mundo para esclarecer

os casos máis enigmáticos e complicados.

«Misión Barcelona» leva os FORMIG4S á

capital catalá o día de Sant Jordi. O caso

empeza en La Pedrera, un precioso edificio

modernista, co Doutor Paumao poñendo en

marcha un plan para conseguir que ninguén

volva ler un libro nunca máis.

Unha viaxe inesperada

Llort e Macip

Colección: SOPA DE LIBROS-SON UN ANIMAL

Ilustrador: Sergi Cámara

Tradutora: Eva Lozano

Código: 1384410

ISBN: 978-84-9914-938-7

184 páxinas | NOVIDADE

Arman é un rapaz coma calquera outro. Ten

uns pais que o queren, un grupo de amigos,

unha mascota que se chama Tim e é un

lémure... Pero de súpeto todo vai cambiar.

Logo dun accidente, ARMAN ADQUIRIRÁ

UN SUPERPODER MOI ESPECIAL… e

acabará na outra punta do planeta! Como

fará para evitar todos os perigos que o asexan

e volver á casa san e salvo?

TEMAS: AVENTURA, INVESTIGACIÓN, VIAXES,

XEOGRAFÍA.

TEMAS: AVENTURA, VIAXES, AMIZADE.

4
6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

Tamén en ePub

Tamén en ePub

Esmeraldina,

a pequena defunta

Ledicia Costas

Colección: MERLÍN (11 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Víctor Rivas

Código: 1343250

ISBN: 978-84-9914-999-8

224 páxinas | NOVIDADE | 2ª edición

O Hotel Fantastique está no medio do

Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena

Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os

trucos culinarios da man da súa avoa A

Tremenda, unha chef de sona mundial. A

vida avanza entre pucheiros ata que un

andazo de febre escarlatina acaba coa vida

da nena. A noticia da súa morte corre como

a pólvora entre os habitantes do alén, e

empezan a chegar ao hotel defuntos de

todas as procedencias, dispostos a instalarse.

Esmeraldina necesita aprender a ser unha

pantasma de verdade. Para iso contará coa

axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña

francesa que se converterá na mellor mestra

e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima

en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.

O Libro de Receitas da Tremenda acompaña

esta historia de medo e humor macabro,

converténdoa no petisco perfecto para

degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a

cociñeira defunta.

TEMAS: AVENTURA, HUMOR, MORTE, COCIÑA.

Nena e o mar

Érica Esmorís

Colección: MERLÍN (11 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Dani Padrón

Código: 1343248

ISBN: 978-84-9914-944-8

192 páxinas | 3ª edición

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, 2015

Porto Balea é unha vila mariñeira na que

todos os seus anciáns habitantes perderon

a esperanza. Só Otto, o último home novo

da vila, segue a saír ao mar a diario mentres

deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao

coidado dos habitantes da vila acantilada.

Mais un día Otto non regresa, tras naufragar

nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón,

Nena loitará contra a desidia e cansazo dos

seus vellos habitantes e con toda a forza de

vontade, o empeño e a valentía que lle collen

no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote

pequeno unha aventura temeraria e fantástica

para rescatar ao seu pai.

Nena e o mar é unha novela circular e coral,

unha aventura de esperanza e valentía,

onde todo, absolutamente todo, é posible;

mais onde tamén se poden saborear a ritmo

pausado todos os ingredientes da vida nunha

vila mariñeira e profundizar nas historias dos

seus vellos mariñeiros.

TEMAS: AVENTURA, RELACIÓNS.

5
6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

Tamén en ePub

Tamén en ePub

Todo o tempo do mundo

David Pérez Iglesias

Colección: MERLÍN (11 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Marcos Viso

Código: 1343257

ISBN: 978-84-9121-102-0

184 páxinas | NOVIDADE

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, 2016

Ariadna lembra aqueles vinte días felices que

pasaron entre a mañá en que chegou á aldea

na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que

Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto,

camiño de Canadá, onde emigraron os seus

pais despois de ser despedidos do traballo.

Días inesquecibles de verán nos que esta

rapaza de case doce anos aprendeu na casa

da Albariza o nome de cada unha das árbores

e a identificar o son do río e da fervenza, do

merlo e do paspallás. Da man do avó Valente,

Ariadna abre os ollos a un mundo que é por

última vez e a unha maneira de camiñar pola

vida que durará sempre.

Unha novela emocionante, que paga a pena ler

aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi

fermoso que describe de que estamos feitos,

como se conforma a propia vida e onde, con

quen, ou como ordenamos prioridades.

Historia da bicicleta

dun home lagarto

Fina Casalderrey

Colección: SOPA DE LIBROS (10 ANOS EN DIANTE)

Ilustradora: Laura Súa

Código: 1384052

ISBN: 978-84-9914-754-3

168 páxinas | 2ª edición

Esta é a historia de Mundo, un neno que

superou o ataque dos lobos ao seu rabaño,

pedaleou nunha bicicleta de celador de

telefonía, rubiu aos postes máis altos coma

un lagarto… Pero a misteriosa desaparición

do seu pai, o medo debuxado nas caras das

veciñas, o loito enigmático da súa nai, as

notas manuscritas nos libros… atoldaron os

seus soños de futuro.

TEMAS: RELACIÓNS HUMANAS, FAMILIA, LINGUA,

APRENDIZAXE.

TEMAS: MISTERIO, MEDO.

6
6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

Tamén en ePub

Coñecemento

Volverás, golfiño

Andrea Maceiras

Colección: MERLÍN (11 ANOS EN DIANTE)

Ilustrador: Víctor Rivas

Código: 1343239

ISBN: 978-84-9914-579-2

144 páxinas | 3ª edición

A familia de Iris vese obrigada a mudarse

á casa do avó na Costa da Morte. Alí as

longas tardes do verán énchense coas visitas

da nena ao desacougante areal de Trece e

coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte

de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha

no baúl que Iris descobre no faiado e que

inexplicabelmente leva escrito o seu nome.

Algo que ten que ver co mar e coa negrura que

algunhas veces o cobre; con lendas afundidas

polo tempo e polas augas; cos segredos dunha

costa que é de morte pero tamén de vida onde,

en ocasións, nadan os golfiños.

Armán e a fábrica podre

Llort e Macip

Colección: SOPA DE LIBROS-SON UN ANIMAL

Ilustrador: Sergi Cámara

Tradutora: Eva Lozano

Código: 1384411

ISBN: 978-84-9914-939-4

182 páxinas | 1ª edición

Arman descubriu os trapos sucios da fábrica

de Bundesfraü. Está decidido a deter o

desastre e salvar os animais e as plantas de

Virolainek! Para conseguilo conta coa axuda

dos seus amigos, de Tim, a súa espelida

mascota… e mais do SEU PODER SECRETO.

Serán quen de atopar unha solución a

tempo para deter os plans do envexoso e

trampulleiro minis tro Zhirkov?

TEMAS: FAMILIA, AVENTURAS, MAR, LENDAS.

TEMAS: ECOLOXÍA, AMIZADE.

7
5º E 6ª CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

OUTRAS LECTURAS

1343815 As flores radioactivas. Agustín Fernández Paz. 18ª edición. Tamén en ePub

Premio Merlín de Literatura Infantil, 1989

1343827 Contos por palabras. Agustín Fernández Paz. 23ª edición. Tamén en ePub.

Premio Lazarillo, 1989

Lista de Honra do IBBY,1992

Premio Lecturas Galix, 2003

Elixido un dos dez títulos imprescindibles da Lix Española do século XX, 2010

1343031 Dúas bágoas por Máquina. Fina Casalderrey. 19ª edición. Tamén en ePub

Premio Merlín de Literatura Infantil, 1991

1343089 Memorias dun raposo. Antonio Reigosa. 12ª edición. Tamén en ePub

Premio Merlín de Literatura Infantil, 1998

1343130 As bruxas. Roald Dahl. 5ª edición

1343164 Usha. María Reimóndez. 11ª edición

1343181 Os piratas da illa da Esperanza. X.H. Rivadulla Corcón. 5ª edición.

Premio Frei Martín Sarmiento 2010 (categoría 6º primaria a 2º ESO)

1343712 A filla do ladrón de bicicletas. Teresa González Costa. 8ª edición. Tamén en ePub

Premio Merlín de Literatura Infantil, 2010

Premio Frei Martín Sarmiento (Categoría 5º e 6º Primaria), 2012

1343716 A chave da Atlántida. Anxo Fariña. 5ª edición.

Premio Merlín de Literatura Infantil 2011

Premio Frei Martín Sarmiento (categoría 5º e 6º de Primaria), 2013

1343215 O misterio das badaladas. Xabier P. DoCampo. 9ª edición

1343219 A Torre das Lavercas. Daniel Ameixeiro.

1343223 Palabras de auga. Marcos Calveiro. 7ª Edición.

Premio Merlín de Literatura Infantil, 2012

Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2012

Lista de Honra do IBBY, 2014

1343231 O Castañeiro de Abril. Antonio Manuel Fraga. 4ª Edición.

Premio Merlín de Literatura Infantil, 2013

1343242 O corazón da maxia. Xavier Estévez

1384043 O misterio do Faro Vello. Fina Casalderrey. 4ª edición

1384046 Cidades. Fran Alonso.

Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1997

Premio Lazarillo (ACCESIT), 1997

1384407 O caderno laranxa de Morgana. Pasqual Alapont

1384408 Quen lle ten medo a Morgana? Pasqual Alapont

1384409 Morgana a dos ollos verdes. Pasqual Alapont

8
Pedidos a

Comercial Grupo Anaya

Polígono Pocomaco

Avenida 3 Edificio Diana

Nave 4 Baixo • 15190 A Coruña

Tel.: 981 171 641 / Fax: 981 171 647

XERAIS

Doutor Marañón, 12 • 36211 Vigo

Tels.: 986 214 888 / 986 214 880

Fax: 986 201 366

xerais@xerais.gal

http://xerais.gal

http://blog.xerais.gal