17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

8 Santiago

Lindeiros

Doce codelas de millo. (IV)

A muller na caixa

por Jorge del Oro Aragunde

-¿Podo levar unha destas cabazas, avoa? -preguntou Marina toda

contenta.

-¿E logo para que a queres? -respondeulle a avoa mentres

desplumaba un polo.

-É para a festa de Halloween...

-¡Ai! ¡A trapallada esa do “ghalogüín”! -bufou a vella-. ¡Boa gana

tedes de estragar unha cabaza cunha festa de fóra!

-Chámalle Samaín, se queres, que ao final vén todo do mesmo

-defendíase fera a Marina.- Trátase de celebrar que os defuntos

están máis preto dos vivos...

-Os defuntos non se achegan a ninguén -interrumpiuna brusca,

secando as mans contra o mandil-. Cando un marcha non

volve. Todo o demais son contos que nacen do medo, da mala

conciencia e de catro cousas raras.

Marina sacou un paquete de galletas do peto e ofreceulle unha á

avoa coma quen non quere a cousa.

-¿Cousas raras coma cales? -preguntou sorrindo.

A avoa colleu unha; eran de chocolate.

-A familia do teu avó coidaba da igrexa -empezou a contar,

logo de dar un bocado-. Sempre deron acólitos, campaneiros

e sancristáns. Cando el era un rapaz o enterrador e mais o seu

axudante foron baleirar un nicho dos importantes, dos que

hai dentro do templo. Mandaron a teu avó a limpar a sancristía

porque dicían que era demasiado novo para axudar con aquilo.

Ao cabo dun anaco apareceron espantados na sancristía, dicindo

que a defunta do nicho non estaba morta de todo. El botuse a rir e

chamoulles parvos; que tal cousa non era posible. Eles desafiárono

a ir vela, que se atrevese a ir alí atravesando a igrexa ás escuras. E

teu avó marchou todo teso, sen pensalo. Era inverno e na igrexa

non había máis luz ca un par de farois dos enterradores e varias

candelas prendidas. Foi ata o nicho, que tiña a pedra sacada e

a caixa a medio caer no chan. A tapa soltárase e dentro había

unha muller amortallada. Estaba tan enteira coma o día que a

enterraron; ou iso parecía. Teu avó achegouse ben e puido ver

que a pel era un coiro seco, os ollos estaban afundidos e baleiros.

Sempre que o contaba dicía que debeu ser unha muller ben

bonita para lucir así despois de corenta anos enterrada. Tentou

a caixa co pé e o corpo moveuse coma se quixese saír porque

non pesaba nada. Unha cousa rara, si, pero o nicho estaba lonxe

da humidade, a caixa chea de teas e a muller xa era fraca cando

a enterraron. Era cousa diso e non de asuntos de aparecidos

ou medio mortos. Volveu á sancristía, onde os enterradores

escorrentaban o medo co viño da misa. “Está seca coma un coiro,

papóns” dixo facendo mofa deles. “¡Cagho no demo, Xan! ¡Es

igual ca teu pai; non lle tes medo a nada!”. El mirounos todo serio,

cun aire de persoa insultada. “Si, teño tal” replicoulles. “E logo ¿a

que lle tes medo ti, trasno?”, preguntoulle o enterrador inquedo,

esperando outra burla das súas. “Á fame”, contestou.

Ames baixa o IBI sen acordo claro dos grupos

Aprobouse con 9 votos a favor e 12 abstencións

Unha baixada de impostos

que non queda clara, a oposición

amiense presentou distintas

propostas aínda que deixou que

o goberno municipal seguira co

seu plan.

O executivo informou no pleno

de outubro que a súa intención é

establecer medidas de fiscalización

progresivas coa intención

de redistribuír os recursos e incorporar

novas bonificacións.

En este contexto explicouse que

o IBI baixa de 0.5 a 0.44 eliminando

reducindo a taxa imposta

nos últimos 4 anos. Os inmobles

desocupados durante dous anos

terán un recargo do 25% e existen

distintas bonificacións para

as familias numerosas con membros

en paro ou para as vivendas

que instalen sistemas de aproveitamento

térmico o eléctrico de

enerxía solar.

Antes estas propostas Pacto X

Ames presentou enmendas encamiñadas

a baixar o imposto

ao 0.40 pero a falta de informes

técnicos impediu a votación das

mesmas.

Ciudadanos mostrouse máis

favorable a que as baixadas foran

progresivas e Ames Novo propuxo

debater primeiro os orzamentos

do 2016 para saber si esta

baixada de impostos, e a consecuente

diminución de ingresos,

pode afectar a prestación dalgún

servizo municipal.

Fontes: Ames Novo, Ciudadanos,

concello de Ames, Pacto x Ames,

Lindeiros

Oroso actualiza as ordenanzas fiscais

Os cambios seguen o establecido no plan de saneamento do 2009

O pleno de outubro en Oroso

caracterizouse pola unanimidade

xa que todos os grupos municipais

fixeron valer o acordo

tomado polo pleno en xuño de

2009, data na que se aprobou o

Plan de Saneamento Económico

e Financeiro que establecía as

actualizacións das distintas taxas

municipais nos seguintes anos.

A partir do 1 de xaneiro de

2016, o imposto sobre bens inmobles

pasa do 0,46% ao 0,47%;

o coeficiente do imposto sobre

vehículos de tracción mecánica

pasa do 1,16 ao 1,17; e o imposto

sobre o incremento de valor dos

terreos de natureza urbana actualízase

ao 2,64% (sobre o 3,7%

máximo que permite a lei) e a

taxa do lixo medra unha media

de 13 céntimos.

Por outra banda, a taxa pola

subministración de auga reducirase

nun 0,5%, de acordo coa

baixada do IPC. E é que a taxa de

abastecemento de auga non está

incluída nas actualizacións previstas

dentro do Plan de Saneamento

Económico Financeiro,

senón que depende da evolución

do IPC.

O pleno aprobou a modificación

da ordenanza fiscal reguladora

dos prezos públicos pola

prestación de servizos culturais,

educativos, deportivos e de ocio,

que supón un cambio na xestión

dos mesmos e substitúen ao

modelo de autoliquidación. Así

mesmo, aprobouse unha nova

ordenanza fiscal reguladora do

prezo público das instalacións

deportivas municipais, que sinala

que as asociacións que queiran

utilizar de balde as instalacións

deberán estar rexistradas no

Rexistro de Asociacións do Concello

de Oroso.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros

Ordes sumarase aos camiños ao cole seguros

O último pleno aprobouse unha moción do Psoe en este sentido

O primeiro da bisbarra en recuperar

a tradición foi Santiago e

parece que o seguinte será Ordes.

A voceira socialista, Verónica

Gómez, defendeu a importancia

de acometer o camiño escolar seguro

para nenos e nenas a partir

de 2º de Primaria que se dirixan

aos CEIP Castelao e Campomaior

e conseguiu que a súa pro-

posta fora aprobada.

Verónica Gómez sinala que

“haberá que establecer un punto

de encontro para que se xunten

todos os nenos con algún pai da

ANPA, que terá que controlar

que todos os nenos que están

anotados nesa parada cheguen

correctamente ao colexio así

como agardar se algún deles queda

rezagado na marcha”. Ademais,

os socialistas propoñen a

participación dos establecementos

a través da colocación de distintivos

para que, se algún neno

ou nena se desorienta, saiba que

pode preguntar neles.

Fontes: Psoe Ordes, Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!