17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro e decembro 2015 novas da bisbarra 5

O presidente da

Deputación visita Oroso

Valentín González comezou unha rolda de contactos con

empresas da provincia

O presidente da Deputación,

Valentín González Formoso,

iniciou en Oroso unha

rolda de visitas ás empresas

da provincia coa que pretende

“coñecer directamente o

tecido empresarial e as nosas

capacidades industriais, ver

cómo a Deputación pode pór

o seu gran de area para axudar

aos nosos sectores produtivos

na recuperación económica e

a xeración de emprego”.

Acompañado polo alcalde

de Oroso, Manuel Mirás, o deputado

responsable da área de

Economía da Deputación, Antonio

Leira, e por varios membros

do goberno local orosino,

González Formoso visitou as

plantas que Vegalsa e Gamesa

teñen no polígono industrial

de Sigüeiro.

En Vegalsa, a comitiva

foi recibida polo director de

Loxística, Fernando Casal,

e a directora de Relacións

Institucionais da empresa,

Gabriela González, que os

acompañaron nun percorrido

polos 32.000 metros cadrados

cos que conta a súa plataforma,

dotada dos sistemas

de xestión e loxística máis

modernos da distribución alimentaria,

“O compromiso de

Vegalsa-Eroski con Oroso tradúcese

na nosa contribución á

xeración de emprego e riqueza

na comarca. Dende a compañía

sumámonos ao impulso do

Concello instalando a maior

plataforma de mercancías xerais

que existe na actualidade

en Galicia e que supuxo un importante

impulso á economía da

zona coa creación de 270 postos

de traballo especializados”,

afirmou o director de Loxística

da compañía, Fernando Casal.

A continuación o presidente

da Deputación e o alcalde visitaron

tamén a planta de Gamesa

no polígono de Sigüeiro, dedicada

ao reacondicionamento de

grandes compoñentes das turbinas

eólicas. O xerente da planta,

Rubén Carranza, explicou a

labor que se desenvolve nesta

empresa, que da traballo a máis

de 60 persoas e que está considerada

como o maior centro de

reparación de multiplicadoras

do mundo, con máis de 1.500

reparacións efectuadas con

éxito nos últimos catro anos.

Carranza explicou a historia

da implantación da empresa en

Sigüeiro e a súa progresiva especialización

na reparación destas

pezas, ás que definiu como

“o corazón do aeroxenerador”.

Unha actividade cunha gran

complexidade técnica, ao tratarse

de máquinas de hasta 40

toneladas de peso con “precisións

de reloxería” de entre 3 e 4

micras (inferior á de un cabelo

humano) nas súas engrenaxes.

Ao remate das visitas, o alcalde

Manuel Mirás declarouse

“satisfeito e impresionado polo

gran nivel que teñen as empresas

implantadas en Oroso, que

son unha importante fonte de

emprego para os veciños e repercuten

moi positivamente no

crecemento do municipio” e

salientou a “implicación e colaboración”

de moitas destas

firmas na vida sociocultural da

localidade, patrocinando ou colaborando

na organización de

actividades culturais e eventos

deportivos.

Fontes: Deputación de A Coruña.

concello de Oroso, Lindeiros

O Presidente da Deputación nas instalacions de Vegalsa en Sigüeiro.

Foto: concello de Oroso

Piden en O Pino o

arranxo dos locais

sociais do concello

O Psoe presentou as propostas para os

plans da Deputación

A Deputación aprobou este

pasado mes as bases dos Plans

de Obras e Servizos, POS, e

Plans de Accións Social, PAS.

O primeiro deles está destinado

como tódolos anos a distintos

arranxos e obras e o PAS esta

encamiñado a financiar investimentos

sostibles que teñan un

carácter social. Por estes plans

o concello de O Pino percibirá

algo máis de 660.000 € dos que

cerca de 400.000 son os dedicados

ao PAS.

O Psoe pide que con estes cartos

se acondiciones un local con

distintas salas na parroquia de

Arca e que poida ser usado por

tódalas entidades socias do concello,

os socialistas propoñen

edificios como a antiga Cámara

Agraria ou a antiga Casa Consistorial.

Outras das medidas

propostas para estes cartos son

o acondicionamento de locais

sociais como os de Lardeiros,

Gondar, Ferreiros (Tele Club) ou

o de San Miguel. O Psoe pide

tamén melloras e ampliación do

parque infantil, sito na rúa Forcarei,

dotando ao mesmo dunha

estrutura que poida facilitar

sombra o mesmo, para que os

cativos poidan gozar da instalación

en época estival.

No capitulo dedicado a obras

as propostas socialistas van desde

o remate dos arranxos que

quedaron pendentes do 2015,

ou arranxos nas estradas de A

Torre (Ferreiros - San Breixo)

a Ramil (San Mamede de Ferreiros),

e Oza (San Mamede

de Ferreiros) a límite con Touro,

ata a construción de beirarrúas,

substitución de alumeado

público, e rede de saneamento

(pluviais e fecais) na rúa os

Mollados parroquia de Arca ou

que se comece cun Plan de Sinalización

Vertical para todo o

Concello. A situación económica

do concello, obrigado a pagar

un millón de euros, fai que estes

programas sexan imprescindibles

para os veciños.

Fontes: Psoe O Pino, Lindeiros.

carnicería

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!