17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

4 novas da bisbarra

Rouban material do

servizo de augas de Teo

O importe do subtraído supera os 8.000 euros

O Concello de Teo presentou

denuncia por un roubo de material

do servizo municipal de

Augas de Teo por un valor superior

aos 8.000 euros. O roubo foi

o 15 de outubro pola tarde nun

local anexo a un dos depósitos

municipais de auga, concretamente

o dos Tilos.

A xestora anterior do servizo

viña utilizando este lugar como

almacén e nunca se tiña rexistrado

ningún incidente deste

tipo. O material que desapareceu

foron principalmente pezas

metálicas para a conexión de

rede, tanto de abastecemento

como de saneamento (covados,

manguitos…) Trátase de pezas

que non son de uso doméstico

pero que pola súa calidade teñen

un alto valor no mercado.

Segundo explica o alcalde Rafa

Sixto “roubaron material para o

funcionamento normal do servizo

durante aproximadamente

tres meses”. A estas pezas

súmanse tamén tres máquinas

cortadoras valoradas en 1.000

euros cada unha.

O material, así como vehículos,

maquinaria… estase trasladando

á nave do servizo de

Augas de Teo. A instalación está

situada en Montouto e nela según

o rexedor “extremaranse as

medidas de seguridade por tratarse

dun servizo básico e pola

preocupación que nos xera este

incidente nos primeiros días de

funcionamento do servizo”.

A denuncia tramitouse diante

da garda civil en Santiago, xa

que o lugar do roubo está no termo

municipal Compostelano e

segundo os datos cos que conta

o Concello a investigación segue

aberta.

Fonte: concello de Teo, Lindeiros.

Brión colocará unha varanda

xunta a Casa da Cultura

O proxecto será realizado polo arquitecto Cesar Portela

Ames Novo explica que foron

moitas as reclamacións que lles

chegaron de veciños de Ameixenda,

Piñeiro, Lens, Tapia ou

Agrón entre outros. O funcionamento

do servizo de correos

e sempre un problema no rural

pero a situación resulta máis relevante

nunhas datas nas que se

envían as notificacións do Imposto

de Bens Inmobles, o IBI,

e as revisións catastrais.

Ames Novo explica que xunto

coa necesidade de que Correos

dedique máis persoal ao

rural está o recente cambio de

numeración que se realizou nas

casas e que provoca aínda máis

complicacións.

Ames Novo pide ao goberno

municipal que comprobe que a

Lindeiros

Reclaman solucións

ao reparto de correo

no rural de Ames

Ames Novo alerta que poden impedir a

chegada dos recibos IBI

Deputación, organismo encargado

das notificacións, ten os

enderezos actualizados e que,

de non ser así, se lles remitan

canto antes. En segundo lugar

a formación solicita que , para

axilizar a entrega, se lle facilite

ao responsable local de Correos

un listado coa numeración antiga

e a súa correspondencia coa

actual daquelas vivendas que se

poidan ven afectadas.

No pasado no so en Ames se

non tamén en outros concellos

como Teo, o reparto do correo

no rural troxuo problemas aos

que o cambio de numeración

sempre supón unha complicación

mais que superar.

Fontes: Ames Novo, Lindeiros.

O alcalde de Brión, José Luís

García, e o arquitecto César Portela

visitaron a contorna da Casa

da Cultura, onde o Concello de

Brión instalará unha varanda de

seguridade. O elemento será da

mesma cor, materiais e tamaño

que a actual varanda de acceso

á Casa da Cultura, segundo explicou

o arquitecto César Portela,

unhas características que

recibiron o visto bo inicial da

Dirección Xeral de Patrimonio

á espera da remisión do proxecto

definitivo.

A consideración da Carballei-

ra de Santa Minia como Ben de

Interese Cultural (BIT) fai que

a contorna da Casa da Cultura

sexa unha zona de afección,

polo que é preciso autorización

previa de Patrimonio para levar

a cabo calquera tipo de alteración.

O Concello de Brión leva

xa algo máis dun ano remitindo

distintos proxectos que foron

rexeitados pola Dirección Xeral

de Patrimonio, argumentando

que a colocación dunha varanda

de protección convertería a zona

nun “patio inglés”.

A Dirección Xeral aceptou finalmente

a posibilidade de instalar

unha varanda de protección

na zona pero coa esixencia de que

o seu deseño fose realizado por

César Portela, autor dos proxectos

de recuperación dos dous inmobles

municipais na carballeira

de Santa Minia (a Casa da Cultura

e a Biblioteca Municipal). José

Luís García agradeceu a rápida

colaboración do arquitecto que se

desprazou ata Brión e se comprometeu

a enviar o antes posible o

proxecto da nova varanda.

Fontes: concello de Brión, Lindeiros

Alcalde e arquitecto revisando la zona. Fotos: concello de Brión

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!