17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

32 memorias dos nosos maiores

Lindeiros

Carmen

Vázquez

Insua

Veciña de Ames

Carmen repite a miúdo que

non lle falta de nada, non acabas

de saber si fala contigo ou se convence

de que é certo.

Os seu anos a vida non lle dou

moita tregua desde que con 4

anos a morte levouse en poucos

meses aos seus pais, primeiro

a nai vítima dun erro médico e

despois ao seu pai dun ataque ao

cerebro. A vida de Carmen sen

embargo non ensina o poder da

colaboración e, como ela di, o da

unidade. En estes tempos que se

fala tanto da unidade escoitar a

Carmen e lembrar que nos peores

momentos de este pais as aldeas

galegas funcionaban ao unísono.

Ela e os seus catro irmáns foron

acollidos por un tío e todo o

mundo colaborou para que non

lles faltara de nada, tanto foi así

que cando creceron o suficiente

volveron a casa onde naceran e

os veciños apartaban un tanto de

cada colleita para eles, un tanto

de cada muxido para eles, e do

pouco sempre se sacaba mais.

Foi a escola, como moitos, cruzando

os bosques e algunha vez

ten feito “a gata” e quedar xogando

aos pelouros, fala sabendo

que non estaba ben faltar ao colexio

pero que de cando en vez

os cativos teñen que ser así e un

descubre, ala no fondo, un punto

de picardía que quedou polo

camiño.

Carmen aprendeu que con traballo

e vontade se sae adiante, o

aprendeu a forza de sufrir o seu

e o dos outros. Un irmán seu saia

a traballar cada mañá de canteiro,

un bo día caeu pero non

dixo nada e aguantou o dor ata

que non puido máis; unha cadeira

rota non é boa cousa e estivo

moito tempo en cama, o tempo

o aproveitou para facerse mestre,

algo do que fala orgullosa

Carmen.

Como outras moitas persoas

que pasaron por estas páxinas

Carmen lembra os traballos no

campo como algo moi duro pero

moi bonito, os ollos se lle iluminan

cando conta o proceso da

malla e a oportunidade que daba

de estar todos xuntos traballando

pero tamén xogando.

Outra das cousas nas que Carmen

coincide con outros da súa

idade é no respeto que se tiña polos

vellos. Aos cativos se lles ensinaba

que a axudar aos anciáns

e si algún vello facía o xesto de

levantarse, para coller algo ou ir a

polas vacas, tiñan que adiantarse

e facelo eles para que puideran

seguir sentados.

Casou con 25 anos e con moito

traballo sacaron adiante a familia,

o seu home era carpinteiro é

saia cada mañá a traballar mentres

ela atendía as dúas vacas, as

fincas, os fillos... cóntache como

ia ao muíño cun saco na cabeza

e un fillo en cada brazo. A construción

primeiro e logo Feiraco

trouxeron novos traballos para o

seu marido, estas novas ocupacións

axudaron a rematar a casa

na que aínda vive e pola que sente

o amor que so se pode ter polas

cousas feitas por un mesmo.

Carmen, como outros, forma

parte dunha historia que non deberíamos

esquecer, unha historia

na que os problemas se resolven

entre todos e un neno nunca se

queda solo, páselle o que lle pase.

Agrón, 4 de novembro de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!