17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

30

Lindeiros

Xosé Marcial Díaz Manso

Enxeñeiro agrónomo

Cogumelos

Ca chegada da luz e a choiva do outono os instintos espértanse e algúns nos votamos

ó monte pois cheira a castaña, a noz, a mazá, a figo e a seta.

O outono é un tempo onde a natureza se volve máis sensual convidándonos a encontrarnos

é a civilizamos nela. Uns empuxados polos xenes que hai pouco aínda araban as

leiras, e outros na procura dun tempo máis calmo e sosegado que camiña cara o inverno.

Saír dos nosos humanos asfaltos e refuxiarnos nas humanizadas leiras é un regalo,

unha sutil terapia que nos achega a nos mesmos e nos fai mellores. Baixo esta mirada,

o rural podería concibirse como un xardín, como unha metáfora da realidade onde natureza

e home relaciónanse de forma harmónica. Un lugar onde quedar cos amigos para

ser, para compartir camiño, merenda e conversa. O gran filósofo José Antonio Marina

presume de terse dedicado profesionalmente ó cultivo das plantas, e di: _escritores de

libros hay muchos, en cambio inventores de berzas muy pocos_.

Unha das moitas “externalidades” que emerxen na natureza neste tempo de cores

son as setas. E con elas unha escusa perfecta para matalo bicho e saír ós prados a cazar

estes singulares “vexetais” que aparecen e desaparecen sen previo aviso.

Pero onde hai vida hai conflito. Por iso, están aparecendo medidas reguladoras deste

recurso como é o caso do decreto 50/2014, de 10 de abril,… que clasifica os aproveitamentos

micolóxicos en tres categorías. A primeira é para o consumo propio (recollida

de setas de calquera especie permitida hasta un máximo de 2 quilos por persoa e día).

A segunda son os aproveitamentos comerciais (setas de calquera especie que exceda a

cantidade de 2 quilos de peso por persoa e día …). E a terceira son os aproveitamentos

con fins científicos ou didácticos. Os aproveitamentos para consumo propio e os con

fins científicos e didácticos son libres, excepto que a persoa titular do monte regule o

seu aproveitamento mediante un couto. A recollida de setas na modalidade de aproveitamento

comercial está sometida a autorización explícita e por escrito da persoa

propietaria do monte cando exista un instrumento de o rdenación ou xestión forestal…

A concepción do agricultor como gardián do

territorio é un piar central na arquitectura da

política agraria comunitaria, a PAC. O eleva á

categoría de xestor do territorio nesta Unión

Europea do século XXI que tanto precisa de

sinerxías entre economía, medioambiente e territorio.

Medidas como esta están contribuíndo

a facer máis doada a difícil tarefa dos que viven

no rural facendo máis sustentable o aproveitamento

dos recursos, aportándolle valor

económico e mellorando a calidade de vida das

persoas que viven tanto das cidades como do

rural.

MERCADILLOS

Ames

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingo 20 de decembro (80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - 12 e 26 de cada mes

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santa Comba

- Luns e sábados luns 21 de decembro (300)

Santiago de Compostela

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

OUTROS MERCADOS

Santiago de Compostela

-Martes - Lusco e Fusco en Belvís

Teo

-Sábados - Mercado labrego en Os Tilos

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!