17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

novembro e decembro 2015 deportes 29

II Curso de iniciación

ao running e técnica

de carreira

Organizado pola Fundación Deporte USC

celebrarase desde finais de mes

Cada ano xorden máis carreiras

populares que teñen cada

vez máis e máis participantes.

Algúns son atletas profesionais

ou federados, pero a maior parte

da xente que participa nestas

carreiras son afeccionados ao

deporte sen ningunha formación

deportiva ou preparación

específica.

Os alumnos e alumnas participantes

neste curso coorganizado

pola Fundación USC

Deportiva e o Servizo de Deportes

da USC, adquirirán

coñecementos sobre o adestramento

e a adecuada práctica

deportiva dos corredores orientado

ás carreiras populares de

entre 5 e 12 km e a súa preparación,

así como métodos de adestramento,

técnicas de carreira e

estiramentos.

O curso está orientado a todos

aqueles corredores noveis

maiores de 16 anos que desexan

realizar unha práctica deportiva

saudable e de forma axeitada.

Trátase dun curso de iniciación.

Márcase como obxectivos

aprender a gozar dunha prácti-

ca saudable e recreativa como

corredor, coñecer pautas de alimentación,

hidratación e calzado,

asimilar conceptos sobre a

anatomía e fisioloxía do corredor,

ou adquirir unha técnica de

carreira axeitada e plantexar sesións

de adestramentos de forza

específicos para corredores.

O curso estará impartido polos

profesores Xabier Castro

Gacio no bloque teórico (licenciado

en Ciencias da Actividade

Física e o Deporte e Máster

en Actividade Física e Saúde)

e Xiana Guerra Arias no parte

práctica (Licenciada en Ciencias

da Actividade Física e o

Deporte pola Universidade da

Coruña, Adestradora Nacional

de Atletismo e Tríatlon e cursou

un Mestrado en Prescrición da

Actividade física en Patoloxías

na UDC).

Pode inscribirse na web

fundacionuscdeportiva.

org calquera persoa maior de

16 anos que o desexe. As prazas

iranse cubrindo por rigorosa

orde de inscrición.

Fontes: USC, Lindeiros.

O Obradoiro segue

sumando apoios

En outubro naceu unha nova peña baixo o nome de

“Miudiños”

O Río Natura Monbus Obradoiro

contará a partir de agora

cunha nova pena de afeccionados:

?Miudiños”. Os xa máis de

70 membros da mesma súmanse

así como colectivo a #ocamiñodailusion.

Os novos peñistas

estiveron apadriñados na súa

presentación polo xogador Jesús

Chagoyen, cuxa familia tamén

se sumou aos Miudiños. Tampouco

faltaron Pepe Pozas e

Fran Cárdenas, así como os tres

técnicos do Rio Natura Monbus

Obradoiro: Moncho Fernández,

Gonzalo R. Palmeiro e Víctor

Pérez.

A idea de crear a agrupación

xorde, como explica a súa presidenta

Susana Botana, porque

“moitos de nós xa eramos amigos

ou coñecidos, de vernos en

Sar animando ao equipo desde

que está en Liga Endesa. O ano

pasado falámolo, para xuntarnos

cando o equipo xogue fora,

facer ceas e outras actividades.

Ademais diso, moitos son pais e

nais de nenos das categorías basee

do club, outro punto máis a

favor para unirnos apoiándoo”.

Aínda que a maioría dos peñistas

están situados en Fondo

2, tamén os hai noutras seccións

do pavillón, polo que “estamos

abertos a recibir a calquera,

queira seguir no seu sitio habitual

ou con intención de reagruparse

nalgún momento”,

declara. Para sumarse á peña

ou recibir información sobre as

súas futuras actividades, poderase

contactar con eles a través

do correo electrónico da súa

presidenta: susanabotanaperez@gmail.com.

Os Miudiños nacen con moita

ilusión “Iremos paso a paso co

equipo, pero esta tempada ten

moi boa pinta” afirma.

Deste xeito, a nova peña únese

ao cinco xa existentes: All

Sar, Eskornabois, Obracadabra,

Obraiados e Zona Norte, que tamén

se atopa en proceso de captación

de novos membros xunto

ao seu patrocinador Blusens.

Fontes: Río Natura Monbús Lindeiros

A peña na xornada de constitución. Fotos:Obradoiro CAB

O running é unha das prácticas que máis creceu nos últimos anos.

Foto: Ernst Vikne

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!