17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

28 deportes

Futsalingua

preséntase á

Deputación

A vicepresidenta, Goretti Sanmartín, recibiu

a Xavier Ferreira e Miguel Fernández

dirixentes do equipo

Goretti Sanmartín calificou

a idea dun “proxecto pioneiro

de promoción do uso do galego

nun deporte de grande implantación

social, en especial, nas

primeiras idades, o que fai aínda

máis interesante a proposta xa

que é un ámbito en que cómpre

recuperar o uso da nosa lingua”.

A iniciativa Futsalingua, promovida

polo Santiago Futsal,

pretende normalizar a lingua

a través do club con propostas

como a elaboración dunha unidade

didáctica cos termos do

fútbol sala na nosa lingua que

se distribuiría en colexios e centros

socio-culturais, O unidade

sería repartida polos distintos

centros por xogadores do primeiro

equipo. O Santiago Futsal

comprométese tamén a que o

speaker fale galego durante os

partidos, idioma que se empregará

igualmente na cartelaría e

papelería, nas roldas de prensa

ou na comunicación interna

do equipo. Tamén as sesións

de adestramento serán no noso

idioma, nun club que conta con

200 nenos e nenas na súa canteira

e con adestradores galegos

e formados na propia entidade.

O Santiago Futsal organizará

ademais a “Festa da lingua” no

marco do derbi galego contra

o Burela FS, un encontro en

que se desenvolverán multitude

de actividades da campaña

Futsalingua como contacontos

ou obradoiros. Segundo a Federación

Galega de Futbol Sala

na Galiza existen por volta de

600 clubs aos que chegarían algunhas

das propostas do Futsalingua,

entre elas, a unidade

didáctica.

Fontes: Deputación de A Coruña,

Lindeiros.

Lindeiros

Sergio Fernández gaña a

Ames-Dagan Cup

A proba de supercross desenvolveuse no circuito Alex Moure

O Motoclub Ameixenda, en

colaboración co Concello de

Ames, a Deputación da Coruña,

Protección Civil de Santiago e

o salón de beleza Paula de Bertamiráns,

organizou o “Gran

Premio Concello de Ames-Dagan

Cup Supercross 2015”, que

se desenvolveu no circuíto SX

“Alex de Moure”, situado no

lugar do Vilar na parroquia da

Ameixenda.

Na categoría elite gañou Sergio

Fernández, mentres que na

segunda posición quedou Juan

Manuel Outón. O terceiro posto

foi para Óscar Barciela. Na categoría

de veteranos gañou Tony

Karra, como xa fixera na pri-

meira proba da Dagan Cup disputada

en Ames o pasado mes

de xuño. O segundo posto foi

para Óscar Barcia e na terceira

posición quedou Samuel de

Santiago. O piloto amesá e presidente

do Motoclub Ameixenda,

José Manuel Moure, quedou

na cuarta posición, tras facer

terceiro na primeira manga e

cuarto na segunda. Na categoría

de promoción o gañador foi

Carlos Morirás, a segunda posición

foi para Daniel González e

terceiro quedou Alberto Díaz.

Por outra banda, na categoría

hobby repetiu en Ames Cristian

Tubío, seguido de Jesús Salomón

e Raúl Villar. En promesas

gañou José Canosa. A continuación

entrou Caetano Horta e pechou

o podio Samuel Vázquez.

Por último, na categoría alevín

volveu gañar en Ames Nicolás

Soutullo. Acompañárono

no podio Guillermo Loureiro e

Adrián Castro.

O alcalde de Ames, José Miñones,

foi o encargado de facer

entrega dos trofeos aos tres

primeiros clasificados de cada

categoría. A xornada desenvolveuse

con total normalidade,

con moita afluencia de público

e sen ningún accidente de

gravidade.

Fontes: concello de Ames, Lindeiros

Goretti Sanmartin con Xavier Ferreira. Foto: Deputación de A Coruña

O Santiago Rugby Club

enfrontouse ó Fendetestas

O equipo de rugby de As

Pontes recibiu a un SRC que

desexaba repetir no seu primeiro

partido de liga unha vitoria

similar á que tiveron fronte a

este conxunto no partido amigable.

Porén o marcador caeu

do lado de Fendetestas nun claro

27 a 19..

El SRC conseguiu chegar ao

descanso superando no marca-

Unha das mangas da proba Foto: concello de Ames

Hai 2 semanas enfrontáranse co equipo nun amigable

dor (10-12). Un dos ensaios que

aconteceu nesta primeira parte

foi obra da dianteira no seu

conxunto que transformou un

saque de banda nun maul que

penetrou a última liña contraria.

A outra anotación debeuse

a unha gran carreira de Alberto.

Pero o equipo pontés comezou

a segunda metade con

enerxías renovadas e maior

atención no seu ataque , algo

que permitiulles realizar tres

ensaios. Malia que a dianteira

do SRC logrou un último ensaio

moi similar ao primeiro 8 minutos

antes do final do partido

non foi suficiente para derrotar

á defensa do Fendetestas.

Fontes: Santiago Rugby Club,

Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!