17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro e decembro 2015 deportes 27

Antonio Bermúdez

É a memoria viva dos últimos

corenta anos do deporte en Santiago,

viviu os mellores e os peores

momentos do Compostela, o

Obradoiro, o Santiago Futsal, coñece

como ninguén a agrupación

de veteranos ou como naceu esa

moda das carreiras pedestres, pasou

do pavillón do Obradoiro ao

Multiusos de Sar é da grada de

río ao novo campo de Santa Isabel.

Falar con Antonio Bermudez

é entrar na realidade do deporte

da cidade pero tamén dunha importante

parte da súa historia.

O seu primeiro contacto coa

radio naceu por algo que hoxe é

moi habitual, un partido solidario

“A miña familia paterna é

de Carral, en aquel equipo xogaba

“Astorga”, lle chamaban

así porque nacerá en esa cidade

e a verdade é que hoxe xa non

lembro o seu verdadeiro nome.

Este xogador tivo un problema

na cabeza que obrigaba a

unha operación na que lle colocarían

unha válvula que, en

aqueles tempos, tiña ademais

que ser comprada en Inglaterra.

Astorga era estudante de

medicina e a facultade ofreceuse

a facerse cargo da operación

pero faltaba a válvula. Preparouse

o partido para recadar

fondos e eu achegueime a radio

A voz do deporte

para ofrecerlle a miña axuda a

Santiago Davila. Aquilo pasou

pero un día Davila chámame

para preguntarme se podo cubrir

un partido do Compostela

xa que sabía que eu era moi

afeccionado, díxenlle que si e

parece que saíu ben porque foi

o primeiro de moitos.

Un clásico da radio é o carrusel

pero o que hoxe é normal, as

conexións cos campos, era algo

moito máis complexo cando o

programa era local e so existían

teléfonos fixos

O programa comezaba as

9 da noite, a esa hora tíñamos

que ter os resultados de tódolos

equipos. O inverno nos beneficiaba

porque os partidos comezaban

antes por falta de luz e

tíñamos máis tempo para chamar

e conseguir os resultados.

En aquela época marcabas o 09

e pedías que che pasaran por

exemplo con 14 de Bembibre,

como tíñamos dous teléfonos

pedías ao mesmo tempo dúas

conexións para preguntar nos

campos, ou nun bar onde sabías

que se reunían tralo partido,

co que si entraba alguén

pola porta estabas falando cun

auricular en cada orella. Nos

ten pasado de todo; por exemplo

un directivo, dono dun

bar ao que chamábamos para

pedir información, marchaba

e deixaba recado a señora e a

boa da muller dicíache que empataran

-¿pero a cantos goles?

-iso non o sei; teño chamado a

cuarteis da Garda Civil porque

eran os que acudían aos campos

para evitar altercados e

eles che pasaban os resultados,

e unha ocasión como a parella

aínda non volvera foron eles os

que me devolveron a chamada

e me contaron o resultado.

Aínda que segue moi vinculado

a radio e segue colaborando

recoñece que para el é un vicio e

un pasatempo. Hai catro anos estivo

a piques de deixalo por completo

porque cría que cumprira

un ciclo completo, unha etapa

Era o momento clave, pensei

que existe o Obradoiro, o Santiago

Futsal pero eu realmente

comecei co Compostela en

preferente, desde esa categoría

acompañei ao equipo ata a primeira

división e agora que volvía

a preferente era o momento

de pechar o círculo.

A chegada do Compostela a

primeira división foi un cambio

enorme ao que se tivo que

adaptar, non so el, se non toda a

cidade

Fernando Santos chega como

adestrador e leva ó equipo da

terceira a segunda B , a segunda

e despois de 3 anos á primeira

nacional, unha carreira así

era difícil que a asumiramos

nos pero tampouco o equipo e

moito menos a cidade. Santiago

e por enriba unha cidade

que, como eu digo, sempre se

apunta as festas pero non aos

funerais; pero é mais , estando

en segunda A, e xogando aínda

en Santa Isabel, nunca se enchía

o campo. En San Lázaro

o único partido no que se colgou

o cartel de non hai billetes

foi contra o Sporting de Gijón

xa que veu a “Mareona”, que

segue indo co equipo, e ocupáronse

as 13.000 localidades

pero foi a única ocasión na que

sucedeu.

Necesitase moito tempo si un

quere falar con Bermudez porque

se non quedas coa sensación

de querer máis, de preguntar

máis, e de que este home non

é que de para un libro, da para

unha enciclopedia.

Fotos: Loli Fdez.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!