17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

novembro e decembro 2015 23

Carlos Blanco, Luis Davila

15 e 16 de diciembre

Teatro Principal (varios horarios)

Menu do Día é un experimento, un encontro, un formato novo onde

dous consagrados humoristas, Luis Davila e Carlos Blanco, unen inxenios

para, nun traballo estéticamente impecable, dar unha volta de torca ao

monólogo humorístico para trasladalo a un directo hipnótico, onde a retranca

dita e debuxada simultaneamente, obrigan ao espectador a non

saber moi ben nalgún momento a onde prestar atención. Un proxecto

premiado coa asistencia masiva de público a cada unha das suas representacións,

probado en teatros e mesmo ao aire libre con éxito. Un

encontro de dous amigos cun lugar común. O humor. Davila e Blanco

traballan xuntos, á par, elaboran cousas novas cada noite e disfrutan e

fan disfrutar ao público con historias sobre a Garda Civil, as bravas do

país, ou o fútbol.

Real Filharmonía

O Mesía de Haendel

18 de decembro

Auditorio de Galicia 21:00

O Coro da Sínfónica de Galicia e diferentes Coros da Cidade participan

no aniversario da Real Filharmonía de Galicia acompañando

a orquestra na interpretación de fragmentos de ‘O Mesias’ de G.F.

Haendel. O Mesías é un oratorio composto por Georg Friedrich

Händel en 1741. Mentres que nos demais oratorios de Händel pode

recoñecerse unha marcada influencia italiana, a música do Mesías

arráigase nas antigas paixóns e cantatas alemás. Händel compuxo

a obra en Londres, en apenas tres semanas. Aínda que tradicionalmente

asociado co Nadal, este oratorio trata non só o nacemento

de Jesús, senón toda a súa vida. Uns meses despois de ser composta,

a obra estreouse en Irlanda, durante unha viaxe de Händel, pero

a gran estrea non chegou até 1742, no New Music Hall de Dublín

para un concerto benéfico.

Los INnato

No / Nato

19 e 20 de

decembro

Sala Agustín

Magán 20:30

O Colectivo de danza Los INnato

/ Residentes en Costa Rica,

fundado por Marko Fonseca

[Costa Rica] e José Raúl Martínez

[El Salvador] no ano 2009,

mantén actualmente un traballo

de investigación e colaboración

con diferentes artistas do medio:

actores, bailaríns, fotógrafos,

arquitectos, vestuaristas, modelos

etc. Ofrecen Obradoiros/

Workshops de danza para principiantes

e profesionais en diferentes

centros educativos tanto

en Costa Rica como fóra dela.

Preséntannos en Santiago ‘LOS

INnato’. Sinopse: “…y ellos

como si no existiera, como si

fuese un suspiro que exhalaron

solo por placer, un gemido que

me llevo a estar aquí…”

Premios - Premio L’Estruch

Petit Món - Residencia de Creación

Artística. - Obra seleccionada

para ser parte do Circuito

Iberoamericano de la Red 2015

- Red de Teatros Alternativos de

España.

Nadal Máxico

19 de diciembre

Teatro Principal 19:00

Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos

Profesionais de Galicia estruturado en formato gala, con un presentador

e catro magos profesionais en escena. Cada un dos magos

amosará o mellor do seu repertorio. O resultado é un show onde o

público non terá acougo, de principio a fin. O mellor da maxia galega

resumido en 75 minutos de maxia.

presenta: Mago Antón, actúan: Kiko Pastur, Mago Richard, Mago

Benxamin, Cayetano Lledó, Mago Norberto, Javier Muro. A maxia

é unha das compoñentes principais do Nadal e os cativos esperan

sempre con ilusión as galas que os distintos concellos organizan.

Nos últimos anos Galicia converteuse nunha referencia en este ámbito

do espectáculo.

Improdacabra

Los Duguis Impro

21 de decembro

Teatro Principal - 19:00

Tres bruxillas viaxeiras, un caldeiro máxico e marabillosas historias

que aparecerán por encantamento diante dos nosos ollos. As

Bruxas Pata de Cabra son especialista en contar as mellores historias,

sempre axudadas dos seus pequenos aprendices de bruxo e as

súas palabras máxicas. Un espectáculo de improvisación teatral dirixido

ao público infantil que favorece a implicación e participación

dos pequenos na creación das súas historias.

Los Duguis Impro é unha compañía de teatro de improvisación

que nace no ano 2012, formada por Oswaldo Digón (actor e director),

Marita Martínez, Noemi Miranda e Marta Igrexas. Cada un dos

membros provén de diferentes camiños das artes escénicas, monólogos,

teatro, contacontos, circo, clown... Xuntos comezaron o seu

camiño no mundo da improvisación no ano 2010, formándose coa

compañía ImproMadrid Teatro, discípulos de Keith Johnstone, creador

desta revolucionaria técnica teatral.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!