17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro e decembro 2015 pasou 21

A Maker Faire mostrou a creatividade galega

A primeira edición celebrouse en Área Central

Un maker ven sendo o que

toda a vida chamouse un “manitas”,

pero ese tipo de persoa

combinada coas novas tecnoloxías

e os movementos de colaboración

convertese en algo

moi serio que marca algúns dos

avances da sociedade.

Na Maker Faire celebrada en

Área Central púidose ver desde

drons feitos na casa ata caixas

que nuns poucos días nos facilitarán

setas frescas coas que

preparar un bo prato, unha bicicleta

construída con bambú, as

inevitables impresoras 3D pero

tamén artesanía, un laboratorio

de fotografía analóxica, a demostración

de como facer holografías

con un teléfono móbil,

ou os impresionantes motores

Patelo feitos a escala pero completamente

funcionais, un heteroxéneo

conxunto de materias e

produtos baixo o denominador

común de, en certa medida, ser

manufacturados.

A feira máis alá de sorprender

cos seus stands completouse

con charlas, obradoiros e actuacións

musicais que serviron

para encher o centro comercial

de xente ó longo de todo o día.

Os datos avalan os resultados xa

que por Área Central pasaron

18202 visitantes que visitaron os

postos de 132 “makers”, cifras

que prometen unha continuidade

no 2016.

Fontes: Maker Faire, Lindeiros

Robots con materiais de refugallo, como facer holografías co móvil, facendo hormigón, clases prácticas para rapaces e

bicicletas co cadro en bambú son algúns dos stands que formaron parte. Fotos: Loli Fdez.

Ordes celebrou a Constitución

con visitas ao concello

Alumnos dos colexios e obradoiros achegáronse a casa consistorial

Co gallo do 37º aniversario da

Constitución Española o Concello

de Ordes organizou unha

xornada especialmente dirixida

aos escolares do municipio, así

como aos usuarios e usuarias do

grupo de Habilidades Sociais de

Mesón do Vento.

Dende primeira hora o edificio

consistorial encheuse de

rapaces e rapazas de segundo

e terceiro de Primaria do CEIP

Campomaior que, acompañados

polo alcalde de Ordes,

percorreron todas os andares

e visitaron cada un dos departamentos.

Unha visita da que

tamén participaron outros edís

como Susana García, Beatriz

Martínez Candal, Luis Caama-

ño ou José Manuel Mira. Cada

un deles, así como os demais

membros do equipo de goberno,

recibiron unha tarxeta de felicitación

de Nadal realizada polos

integrantes do curso de Habilidades

Sociais.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

O alcalde co grupo de habilidades sociais. Foto: concello de Ordes

Os nenos aprendendo a votar. Foto: concello de Ordes

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!