17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

20 pasou

Lindeiros

FairWay: O primeiro Forum do Camiño de Santiago

Un dos stand máis atractivos foi o de Ana

Lista, O Camiño do Encaixe

Ana comezou case por casualidade

“no 95 vin unha muller

palillando nunha fotografía e

pensei que era o que quería facer,

unha Semana Santa fun a Camariñas

e comprei a primeira almoda

e busquei quen me ensinara

o principal”. Hai sete anos volve

a vila e gaña o segundo premio

cunha vieira de peregrino e decide

converter a afección en profesión,

pasa catro anos estudando

en Pontevedra con Mariña Regueiro

e Holanda con Lía Baumeister

e consegue licenciarse en

encaixes estranxeiros e españois

“ningunha arte de costura ten título

menos o encaixe, tiven que

ir a Holanda a licenciarme xa que

aquí salvo a escola de Mariña

non tiña quen me ensinara o que

quería: deseñar para poder facer

pezas extraordinarias”.

Ana Lista abre un novo camiño

para o encaixe xa que é quen de

fusionar as distintas técnicas en

traballos sorprendentes “o que eu

fago e fusionar distintos técnicas

de encaixe, galegas, holandesas,

italianas... en pezas que

sorprendan e teñan o seu propio

significado, un botafumeiro, a

Catedral, o Pórtico da Gloria... en

certo modo converto o encaixe

en pintura». O tempo libre que

lle queda despois de dar clase

O FairWay pechou pensando

no ano que ven

O FairWay celebrouse en

Compostela entre o 15 e o 18 de

outubro pasado, o máis comentado

de este primeiro Fórum sobre

o Camiño de Santiago foi precisamente

que non existira algo así

e os bos resultados avalían a necesidade

que existía dun encontro

de este tipo.

A organización estima que o

volume de negocio que alcanzarán

os contactos establecidos no

evento, sumado á propia repercusión

económica sobre a cidade

de Santiago, pode roldar o millón

de euros, hai que salientar que se

celebraron máis de 1.200 citas de

tipo comercial.

O encontro contou con máis de

25 turoperadores nacionais e internacionais,

medio cento de ex-

positores e algo máis dun cento

de empresas que tiveron a oportunidade

de expor os seus produtos

e servizos vinculados á Ruta

Xacobea; o evento serviu de análise,

de profunda reflexión e de

intercambio de experiencias entre

peregrinos pero tamén entre

administracións e responsables

doutras rutas de peregrinación.

Ana Trevisani, que xunto a

Manuel Oreiro e Ton Mugico

encargouse da organización, explicaba

que “A feira profesional

desta primeira edición contou

coa participación de todos os sectores

arredor dos camiños. Institucións,

hostaleiros, restauración,

servizos... máis de 50 expositores

que destacan o perfil dos visitantes

e a repercusión lograda. Foi o

mellor escaparate posible para os

seus servizos e produtos. O núo

dedica a deseñar pezas con

motivos galegos, a inspiración en

calquera momento “agora estou

traballando nunha serie sobre os

petróglifos, as veces ves un cartel

e comezas a traballar sobre esa

idea, si che gusta o resultado a

acabas convertendo nunha serie,

agora mesmo vexo que Galiza

Fontes: Lindeiros

Ana Lista posando co seu encaixe do Pórtico da Gloria . Fotos: Loli Fdez.

A organización pensa xa no ano que ven

ten un arte rupestre precioso e

iso levado ao encaixe pode ser

fantástico”.

Se duda o camiño do encaixe

é o máis axeitado para o que fai

Ana Lista xa que abre unha nova

vía a unha das nosas tradicións

máis arraigadas.

O novo traballo de Ana Lista, Petróglifos da comarca. Fotos: Loli Fdez.

mero de visitantes final está acorde

coas nosas expectativas. Xa é

o momento de pensar na segunda

edición”. Pola súa banda Mugico

falaba da parte máis congresual

do Fórum “Contamos con 50 relatores

de alto nivel. O Congreso

do Fórum do Camiño de Santiago

respondeu cos seus distintos

paneis ás diferentes perspectivas

que conta o fenómeno das rutas

xacobeas. Experiencias persoais

de interese, a seguridade nas rutas,

a reflexión do “Camiño do

despois”, os outros camiños de

peregrinación, o coidado do patrimonio

e as propias rutas, as

infraestruturas e servizos...todos

estes aspectos foron tocados por

expertos. Ademais descubrimos,

en primicia, que haberá segunda

parte da película The Way, en

boca de Carmen Estévez”.

As caras do Camiño

O Camiño ten moitas realidades

que se fusionan na ruta, no

FairWay púidose ver unha boa

representación de algo do que

un pode atoparse ou do que a un

lle pode axudar.

Sue Kenney chegou desde

Estados Unidos cando a ruta

era unha descoñecida en aquel

país, na Feira presentou “Mi camino”

a tradución do libro que

narra a súa historia e que é un

best seller nos EEUU, Sue volve

de cando en vez con grupos de

compatriotas a facer a ruta.

Ideas peregrinas é unha empresa

afincada en Santiago e

que comercializa desde hai tempo

un xogo da oca inspirado no

Camiño, no FairWay presentou

unha baralla moi documentada

e que é outro xeito de saber máis

da ruta.

Si buscamos información a

Libraría Pedreira nos ofrece, e

nos consigue, os libros que precisemos

sobre o Camiño, tamén

estivo na Cidade da Cultura

mostrando os seus produtos.

Tanabe é unha cidade xaponesa

que acolle o camiño de Kumano,

unha ruta que ten moitos

puntos en común co Camiño e

que tamén quixo estar presente

no Fórum.

Por suposto non faltaron as

os concellos, a Federación de

Turismo Rural, o Cluster do Turismo,

empresas de mensaxería

que fan máis doado o camiño

ou de bicicletas que ofertan outro

xeito de chegar a Santiago;

unha boa colección de stands

que durante catro días mostraron

na Cidade da Cultura moito

do que a ruta ten que ofrecer.

O FairWay foi complementado

con concertos, exposicións

e mesas redondas que encheron

de actividade a Cidade da Cultura

durante os 4 días que durou o

evento.

Fontes: FairWay, Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!