17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

2

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

Editorial

Colaborar

Lindeiros

O tópico de “non me movas o marco “ é, en moitas ocasións, unha certeza. O frustrante movemento para conseguir unha

marea galega que rematou en dúas, polo menos ata o momento, non é máis que un exemplo do empeño que temos sempre

en ir por separado desde hai anos. Outro exemplo son os concursos de tapas, sen saír da bisbarra hainos en Vedra, Oroso,

Boqueixón, Ordes... pero so unha está apoiada pola Asociación de Hostalería que, curiosamente, e de Compostela e comarca;

non fai falta pensar moito para decatarse de que un movemento en conxunto conseguiría patrocinadores de xeito máis doado

porque se chegaría a moita mais xente; tamén daría a posibilidade de alargar os eventos de xeito que se faga unha final entre as

tapas gañadoras... pero non se trata de dar ideas se non de destacar que nunca se pensou en iso, que pese a ser unha asociación

comarcal está máis que centrada na capital.

Ante un discurso colaborativo como pode ser o do alcalde de Teo, que fala de compartir servizos e partir de aí consultar aos

veciños ante unha hipotética integración, é este último extremo o que copa os titulares da prensa e as críticas da oposición. Sen

entrar a valorar cal das posturas é a que ten razón o que resulta evidente e, unha vez máis, ese medo intrínseco a unión co do

lado; primeiro se critica e despois , si acaso, se pregunta como se quere facer cando o orden lóxico e o contrario.

Poderiamos pensar que forma parte do ser galego, como a convivencia coa morte ou a indefinición como resposta preventiva,

pero cando se fala coa xente maior un descubre que é algo motivado por un feito concreto. A guerra civil e a posguerra provocaron

unha perda de confianza no veciño que nunca se recuperou. Nas conversas con vellos encontrámonos sempre con que

botan de menos aqueles días da infancia nos que as labores do campo se facían en común, nos que as porta das casas permanecían

abertas e o veciño entraba a buscar a fouce sen ter que preguntar, un tempo no que a aldea era toda unha mesma familia

e , si acaso, a rivalidade era coa do lado pero nunca dentro dela.

Pero a realidade ensínanos tamén que aínda con colaboración, con unión, as veces teremos que facer máis. Un exemplo de

unión moi recente foi o dos gandeiros, non so se uniron se non que conseguiron que a sociedade na meirande parte estivera

da súa parte. Mantiveron a presión e mesmo apareceron líderes anónimos que foron máis alá que os propios sindicatos e sen

embargo, pese a todo o esforzo, un mes despois as cousas non cambiaron moito. Outro exemplo é o do Alvia, con todo tan

recente, cunha sociedade e uns familiares moi unidos, cun exemplo tan claro de colaboración como foi a daquela noite e sen

embargo a instrución péchase sen chegar ao fondo, ábrense novas liñas con problemas moi semellantes e todo sigue igual. A

conclusión e clara, si cando a poboación únese e colabora hai cousas que non se conseguen cambiar, que pasará cando non se

fai?.

Creo que non queda moito máis tempo, nunca estivemos nun momento tan propicio para os cambios pero o mesmo tempo con

tantos exemplos de que hai unha clase dirixente que non quere cambiar. Máis alá de que unhas eleccións poidan cambiar aos

dirixentes, algo necesario, é preciso que a sociedade recupere ese espírito de aldea, de traballo en común que moitos vellos aínda

lembran, hai moitas cousas que se poden facer e que si se fan obrigarán aos políticos a cambiar. Non se trata so de reclamar,

que tamén, se non de facer, cada un no que poda e non que mellor se defenda, porque os resultados vense moito antes do que

pensamos pero como dixo o poeta todo camiño comeza cun primeiro paso.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes, Oroso

Padrón, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!