17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

novembro e decembro 2015 pasou 19

VIII edición dos Desordes Creativos

As fachadas de Ordes acollen cada ano novos murais

Ordes acolleu unha nova edición

do festival internacional

de arte na rúa DesOrdes Creativas.

Este ano participaron nela

artistas e muralistas da sona

de Spok, Sabek (Madrid), Ino

(Grecia), Malakkai (Almería) e

Doa (Galiza).

Os centros académicos Maruxa

Mallo e Castelao, o Campo

da Feira, o campo de fútbol Vista

Alegre, ou as inmediacións

do Paseo Mercurín son algúns

dos lenzos que foron empregados

nesta ocasión. Os grafftis

reflícten creacións de distintos

estilos e temáticas coas que se

pretende denunciar e concienciar

á veciñanza sobre aspectos,

valores e problemáticas actuais.

O Festival actúa como unha

eficaz ferramenta de rexeneración

urbana e diálogo social,

que converte vellos espazos en

desuso ou abandonados en novos

lugares cheos de vida e cor

para o disfrute colectivo. Un

gran museo público e gratuíto a

ceo aberto, co que tamén se pretende

combater o feísmo urbano

dalgunhas das zonas da vila

a través da cor e da arte. Unha

iniciativa que se vén desenvolvendo

ininterrompidamente

dende o ano 2010 grazas á sensibilidade,

o esforzo e o amor

incondicional de organizadores

e colaboradores, así como polo

traballo altruísta dos artistas

participantes.

Ademais de contar coa colaboración

do Concello de Ordes

nesta nova edición hai que

mencionar á asociación cultural

Cultivarte e ao colectivo creativo

Mutante.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

Algúns dos murais da edición do 2015. Fotos: loli Fdez.

Cineuropa recibiu o

Premio do Crítica de

Galicia

O galardón recoñece ao Festival como

Mellor Iniciativa Cultural

Cineuropa foi recoñecido co

Premio da Crítica de Galicia no

apartado de Iniciativas Culturais

na XXXVIII edición destes

premios. Recolleu o galardón o

tenente de alcalde do Concello

de Santiago Jorge Duarte quen

na súa intervención destacou

que era unha honra para o Concello

de Santiago recoller este

premio á mellor iniciativa cultural

porque “nós cremos firmemente

que as administracións

publicas teñen que crear tecido

cultural e ser garantes da democratización

e acceso á cultura”.

Duarte afirmou ademais sentirse

“especialmente orgullosos de que

o premio fose para este festival

que foi sempre fiel aos seus principios,

ao cinema comprometido,

de autor, independente, de crítica

social...” xa que segundo o tenente

de alcalde “Cineuropa reflicte a

realidade de cada momento, non

caeu na opción doada das modas

e soubo facelo mantendo o interese

do público que cada edición

enche as súas salas”. De feito foi

precisamente a ese público a

quen desde o Concello de Santiago

lle adicaron o premio xa que

“sen eles non seria posible manter

durante case tres décadas

este festival”.

Os Premios da Crítica Galicia

instituíronse coa finalidade de

facer público o recoñecemento

que, dentro do marco xeral da

cultura galega, merezan os labores

individuais ou colectivos que

cada ano cristalicen en achegas

relevantes para os diversos ámbitos

da creación cultural e da

investigación en Galicia. Considéranse

premiables no apartado

de Iniciativas Culturais todos

aqueles feitos ou labores que,

emprendidos por persoas, asociacións,

entidades ou todo tipo

de institucións, destacasen na

defensa, pulo ou espallamento

da cultura galega e que, podendo

ser consecuencia dunha traxectoria

iniciada con anterioridade,

permanecesen vixentes durante

o ano 2014.

O xurado da sección de Iniciativas

Culturais estivo formado

por Antón Sobral, secretario;

Mercedes Rosón, Subdirectora

da área de Cultura da USC; Encarna

Lago, xerente da Rede

Museística da Deputación de

Lugo; Francisco Porto, xestor

cultural, director de Latamuda;

Belén Fortes, xestora cultural;

Xabier Límia, activista cultural

e Ana Isabel Vázquez, activista

cultural.

Fonte: concello de Santiago, Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!