16 alcaldes Rafa Sixto alcalde de Teo “A realidade social é moito máis permeable que a realidade política e meter fronteiras, que en esta rúa acabe un concello e comece outro non ten ningún sentido... ou o ten pero non podemos condicionar os servizos a esa separación que é unha separación artificial.” <strong>Lindeiros</strong> Entrevistamos ao alcalde de Teo nun momento no que aparece en tódolos xornais con titulares que falan da súa intención de integrar o concello co de Santiago. Comezamos a entrevista falando da singularidade de ocupar o posto de quen se vai de alcalde para o concello veciño e preguntámoslle si a el lle miraron aos ollos para dicirllo “É curioso porque é a primeira vez que se dan tres alcaldes do ámbito científico, Martiño médico, Miñones farmacéutico e eu químico así que as cousas están cambiando. Máis que mirarme aos ollos foi un paso progresivo dentro da asemblea e unha aposta colectiva por que Martiño dese o salto e meternos nesa aventura de construír a capital de Galicia.” O sorriso asoma cando sacamos o tema da fusión con Compostela pero enseguida embárcase nun longo discurso que sen embargo é posible que marque o que serán as políticas dos dous concellos o longo de esta lexislatura. “Os titulares xorden a raíz do que xa dixera moitas veces. Creo que si algo tiveron estas eleccións é que deron a posibilidade de xestionar en común. Eu podo xestionar o servizo da auga porque estou convencido pero si Ames, que está ao meu lado, e Santiago, que está ao meu lado, están coa mesma intención iso da a posibilidade de avanzar en procesos de confluencia que doutro xeito non se darían; e dicir, si en eses concellos hai alguén que cre que o xestión da auga ten que ser por medio dunha empresa privada iso imposibilita polo menos confluír na xestión dese servizo. Esa concepción que temos os 3 alcaldes, aínda que, por exemplo, o alcalde de Ames é dun partido distinto, é certo que nos gobernamos co PSOE aquí en Teo, as eleccións deron unha posibilidade clara de avanzar en procesos de confluencia e procesos de confluencia significan xestión común de servizos. Eu poño sempre un exemplo moi claro: nos agora coa xestión da auga temos que contratar un camión que nos costa 60.000 euros ao ano e que nos ven dous días a semana, evidentemente non podemos comprar ese camión porque custa 200.000 euros pero si nos compartimos a xestión da auga con Ames, temos o camión dous días un e tres días o outro, nos lanzamos de cabeza a comprar o camión porque nun ano o amortizamos. Quen di iso di a contratación da luz, a xestión do lixo, a xestión telefónica... cada concello vaise pelexando coas compañías telefónicas... non ten ningún sentido e ademais hai unha realidade social que nos arrastra. A maioría, digo da xente do concello, imos a traballar a Santiago, ou imos a comprar ao Milladoiro, ou o autobús de Santiago entra nos Tilos ou so do Milladoiro usan unha depuradora de Teo... a realidade social é moito máis permeable que a realidade política e meter fronteiras, que en esta rúa acabe un concello e comece outro non ten ningún sentido... ou o ten pero non podemos condicionar os servizos a esa separación que é unha separación artificial. En esta lexislatura nos temos que poñer como reto ser capaces de superar iso e facilitarlle a vida aos veciños e convencer a xente de que os servizos poden ser máis eficaces, mais económicos e que para eles é unha vantaxe dar eses pasos de integración y a partir de aí é onde eu digo que a longo prazo, a longo prazo eu non vexo outra saída que non pase pola fusión, por que? porque a fusión depende directamente dos concellos mentres que as áreas metropolitanas, a comarcalización etc. teñen outras vías e estamos vendo que iso non funciona... a área metropolitana está impulsada desde o parlamento, agora temos un transporte metropolitano que a persoa que vive en Teo está na mesma área que unha que vive en Carballo... non ten razón de ser, a realidade do transporte dun de Cacheiras, dun de Bertamiráns ou Milladoiro non ten nada que ver cun incluso de Negreira. Por iso digo que ao final nos temos que ter a responsabilidade de xestionar a nosa vida diaria e para iso vamos a ter que gañar capacidade de decisión colectiva. Me molesta cando din que se quere integrar Teo en Santiago, se trata de que si a xente así o decide, Teo e Santiago... e Ames si a xente así o decide constrúan a Capital de Galicia, Santiago pelexa por chegar aos 100.000 habitantes, Teo por chegar aos 20.000... os que colla un vaillos a sacar ao outro.” A relación, a coalición de goberno, co Psoe é algo que sorprendeu a moita xente que vivimos épocas pasadas. “Creo que á xente lle sorprendería máis o ben que funciona; é certo que a responsabilidade persoal e o talante das persoas que teñen a responsabilidade de xestionar iso é básica e en ese sentido creo que todos estamos moi contentos pero creo que foi unha aposta decidida por artellar mecanismos nada excluíntes, Anova ou Son de Teo e o Psoe non se reúnen por separado, temos as reunións todas as semanas onde todos decidimos de todo e ademais decidimos por primeira vez, o vemos nas reunións que o mellor non coincidimos cos do mesmo partido e coincidimos cos do outro, é evidente que na toma de decisións do día a día hai unha pluralidade de puntos de vista e de enfoques, creo que é clave porque xera unha sensación de confianza.” As prioridades parecen claras para os próximos meses aínda que os resultados dependeran en gran medida da Xunta de Galicia. “para nos é prioritario o polígono industrial da Ramallosa, estamos fondamente preocupados porque a nosa intención era ter rematado o plan de sectorización que leva na Xunta un montón de tempo, o feito de que non nos chegue aprobado, nin se teñan noticias nin de porque si nin de porque non, estea aí nese impás pois igual nos imposibilita no próximo exercicio poder presupostar o desenvolvemento desde a expropiación as obras de urbanización, entón estamos moi preocupados e non entendemos que pasa aí para que isto non se concrete porque teoricamente o concello cumpriu tódolos requisitos, mandou toda a documentación y eu teño a confianza de que neste mes que entra deixemos resolto iso e o podamos incorporar aos presupostos. Tamén queremos seguir coas liñas de transporte interior pero non se nos clarifica porque non podemos, hai un informe xurídico pero se insiste en que non queda claro, é outra cousa que non entendemos, que se nos denegue sistematicamente a autorización cando é o concello o que soporta o custe económico. É básico para artellar o concello unindo as dúas grandes vías a N-550 e a C-841, a verdade é que parece que a Xunta so está para poñer obstáculos, entendemos que nos corrixa pero o que non pode ser é a calada por resposta. A outra cousa na que queremos avanzar e na carencia histórica en Cacheiras de espazos de integración urbana, a propia evolución histórica desa zona levou a falta de espazos públicos e creo que temos que retorcer as posibilidades para ter cousas como un parque cuberto, unha praza de abastos... cuestións básicas para crear cidade. “ Unha conversa interesante que deixa moito sobre o que pensar. A entrevista íntegra pódese atopa no canal do xornal en Youtube e en www.lindeiros.com xunto co PDF. Manel Pardo Foto: Loli Fdez. Teo: 27 de outubro de <strong>2015</strong>
novembro e decembro <strong>2015</strong> 17