17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

16 alcaldes

Rafa Sixto

alcalde de Teo

“A realidade social é moito máis permeable

que a realidade política e meter fronteiras,

que en esta rúa acabe un concello

e comece outro non ten ningún sentido...

ou o ten pero non podemos condicionar

os servizos a esa separación que é unha

separación artificial.”

Lindeiros

Entrevistamos ao alcalde

de Teo nun momento no que

aparece en tódolos xornais con

titulares que falan da súa intención

de integrar o concello

co de Santiago. Comezamos a

entrevista falando da singularidade

de ocupar o posto de

quen se vai de alcalde para o

concello veciño e preguntámoslle

si a el lle miraron aos

ollos para dicirllo

“É curioso porque é a primeira

vez que se dan tres alcaldes

do ámbito científico,

Martiño médico, Miñones

farmacéutico e eu químico así

que as cousas están cambiando.

Máis que mirarme aos

ollos foi un paso progresivo

dentro da asemblea e unha

aposta colectiva por que Martiño

dese o salto e meternos

nesa aventura de construír a

capital de Galicia.”

O sorriso asoma cando sacamos

o tema da fusión con

Compostela pero enseguida

embárcase nun longo discurso

que sen embargo é posible que

marque o que serán as políticas

dos dous concellos o longo

de esta lexislatura.

“Os titulares xorden a raíz

do que xa dixera moitas veces.

Creo que si algo tiveron estas

eleccións é que deron a posibilidade

de xestionar en común.

Eu podo xestionar o servizo

da auga porque estou convencido

pero si Ames, que está ao

meu lado, e Santiago, que está

ao meu lado, están coa mesma

intención iso da a posibilidade

de avanzar en procesos de

confluencia que doutro xeito

non se darían; e dicir, si en

eses concellos hai alguén que

cre que o xestión da auga ten

que ser por medio dunha empresa

privada iso imposibilita

polo menos confluír na xestión

dese servizo. Esa concepción

que temos os 3 alcaldes, aínda

que, por exemplo, o alcalde de

Ames é dun partido distinto,

é certo que nos gobernamos

co PSOE aquí en Teo, as eleccións

deron unha posibilidade

clara de avanzar en procesos

de confluencia e procesos de

confluencia significan xestión

común de servizos.

Eu poño sempre un exemplo

moi claro: nos agora coa

xestión da auga temos que

contratar un camión que nos

costa 60.000 euros ao ano e

que nos ven dous días a semana,

evidentemente non podemos

comprar ese camión

porque custa 200.000 euros

pero si nos compartimos a xestión

da auga con Ames, temos

o camión dous días un e tres

días o outro, nos lanzamos de

cabeza a comprar o camión

porque nun ano o amortizamos.

Quen di iso di a contratación

da luz, a xestión do lixo,

a xestión telefónica... cada

concello vaise pelexando coas

compañías telefónicas... non

ten ningún sentido e ademais

hai unha realidade social que

nos arrastra. A maioría, digo

da xente do concello, imos a

traballar a Santiago, ou imos

a comprar ao Milladoiro, ou o

autobús de Santiago entra nos

Tilos ou so do Milladoiro usan

unha depuradora de Teo... a

realidade social é moito máis

permeable que a realidade política

e meter fronteiras, que

en esta rúa acabe un concello

e comece outro non ten ningún

sentido... ou o ten pero non podemos

condicionar os servizos

a esa separación que é unha

separación artificial.

En esta lexislatura nos temos

que poñer como reto ser capaces

de superar iso e facilitarlle

a vida aos veciños e convencer

a xente de que os servizos

poden ser máis eficaces, mais

económicos e que para eles é

unha vantaxe dar eses pasos

de integración y a partir de

aí é onde eu digo que a longo

prazo, a longo prazo eu non

vexo outra saída que non pase

pola fusión, por que? porque

a fusión depende directamente

dos concellos mentres

que as áreas metropolitanas,

a comarcalización etc. teñen

outras vías e estamos vendo

que iso non funciona... a área

metropolitana está impulsada

desde o parlamento, agora temos

un transporte metropolitano

que a persoa que vive en

Teo está na mesma área que

unha que vive en Carballo...

non ten razón de ser, a realidade

do transporte dun de Cacheiras,

dun de Bertamiráns

ou Milladoiro non ten nada

que ver cun incluso de Negreira.

Por iso digo que ao final

nos temos que ter a responsabilidade

de xestionar a nosa

vida diaria e para iso vamos

a ter que gañar capacidade de

decisión colectiva. Me molesta

cando din que se quere integrar

Teo en Santiago, se trata

de que si a xente así o decide,

Teo e Santiago... e Ames si a

xente así o decide constrúan a

Capital de Galicia, Santiago

pelexa por chegar aos 100.000

habitantes, Teo por chegar aos

20.000... os que colla un vaillos

a sacar ao outro.”

A relación, a coalición de

goberno, co Psoe é algo que

sorprendeu a moita xente que

vivimos épocas pasadas.

“Creo que á xente lle sorprendería

máis o ben que

funciona; é certo que a responsabilidade

persoal e o talante

das persoas que teñen a responsabilidade

de xestionar iso

é básica e en ese sentido creo

que todos estamos moi contentos

pero creo que foi unha

aposta decidida por artellar

mecanismos nada excluíntes,

Anova ou Son de Teo e o Psoe

non se reúnen por separado,

temos as reunións todas as semanas

onde todos decidimos

de todo e ademais decidimos

por primeira vez, o vemos

nas reunións que o mellor non

coincidimos cos do mesmo

partido e coincidimos cos do

outro, é evidente que na toma

de decisións do día a día hai

unha pluralidade de puntos de

vista e de enfoques, creo que é

clave porque xera unha sensación

de confianza.”

As prioridades parecen claras

para os próximos meses

aínda que os resultados dependeran

en gran medida da

Xunta de Galicia.

“para nos é prioritario o

polígono industrial da Ramallosa,

estamos fondamente

preocupados porque a nosa

intención era ter rematado

o plan de sectorización que

leva na Xunta un montón de

tempo, o feito de que non nos

chegue aprobado, nin se teñan

noticias nin de porque si nin

de porque non, estea aí nese

impás pois igual nos imposibilita

no próximo exercicio

poder presupostar o desenvolvemento

desde a expropiación

as obras de urbanización, entón

estamos moi preocupados

e non entendemos que pasa aí

para que isto non se concrete

porque teoricamente o concello

cumpriu tódolos requisitos,

mandou toda a documentación

y eu teño a confianza de

que neste mes que entra deixemos

resolto iso e o podamos

incorporar aos presupostos.

Tamén queremos seguir

coas liñas de transporte interior

pero non se nos clarifica

porque non podemos, hai un

informe xurídico pero se insiste

en que non queda claro,

é outra cousa que non entendemos,

que se nos denegue

sistematicamente a autorización

cando é o concello o que

soporta o custe económico. É

básico para artellar o concello

unindo as dúas grandes vías a

N-550 e a C-841, a verdade é

que parece que a Xunta so está

para poñer obstáculos, entendemos

que nos corrixa pero

o que non pode ser é a calada

por resposta.

A outra cousa na que queremos

avanzar e na carencia histórica

en Cacheiras de espazos

de integración urbana, a propia

evolución histórica desa

zona levou a falta de espazos

públicos e creo que temos que

retorcer as posibilidades para

ter cousas como un parque cuberto,

unha praza de abastos...

cuestións básicas para crear

cidade. “

Unha conversa interesante

que deixa moito sobre o que

pensar. A entrevista íntegra

pódese atopa no canal do xornal

en Youtube e en www.lindeiros.com

xunto co PDF.

Manel Pardo

Foto: Loli Fdez.

Teo: 27 de outubro de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!