17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro e decembro 2015 rutas 15

dade de ser o exemplo perfecto

de como a morte forma parte

da sociedade galega xa que, estando

rodeada por completo de

panteóns, nun lateral atopamos

tamén un parque infantil.

Volvendo ao cruce do que

partimos collemos a outra

estrada, a que nos indica o

camiño cara ao Dolmen de Cabaleiros.

por esta estrada chegaremos

a aldea de Viladabade

onde podemos visitar tamén a

igrexa de San Cibran. Estamos

nunha zona dedicada maioritariamente

a gandería así que

será habitual atoparnos con vacas

pastando nos prados, vacas

que se achegan enseguida si

baixamos a facerlles unha foto.

A estrada remata na capital

do concello de Tordoia, Pontepedra

e desde aquí visitaremos

os dous monumentos máis interesantes

de este mes. A estrada

da que falamos remata na

CP-8401, xirando a esquerda

a 1.2 Km. , xunto a unha sinal

que indica fin de prohibición de

adiantar, atoparemos o Dolmen

de Cabaleiros tamén chamado

Casa da Moura. Por esas cousas

que ten este país si queremos

ver os carteis informativos

sobre os dolmens teremos que

volver atrás e baixar 150 m ata

chegar ao campo de fútbol,

alguén pensou que alí serían

máis visto pero non se decatou

que si non están ao carón do

dolmen non ten sentido ningún.

Foi declarado monumento

Histórico Artístico en 1975,

está formado por oito lousas e

ten un diámetro aproximado

de 30 metros é unha altura de

dous. Os dolmens son monumentos

megalíticos datados entre

o V milenio e o III milenio

A.C. , eran túmulos funerarios

e foron antigamente saqueados

xa que se cría que contiñan

riquezas.

Desde aquí volvemos ao último

punto, o cruce no que

xiramos a esquerda e agora

seguiremos pola dereita, a un

kilómetro xiramos a esquerda

cara a igrexa de San Xulián

de Cabaleiros, que deixamos a

nosa esquerda e continuamos.

Un pouco máis adiante pasamos

un cruce en forma de V

e collemos o ramal da dereita

e no segundo cruce a partir

de aí xiramos a esquerda para

subir ata a Área Recreativa de

Pedra Longa. So pola fermosa

vista que se contempla desde

o alto xa merece a pena pero o

que nos sorprende nada máis

chegar é unha enorme pedra,

en forma de menhir, de máis

de 4 metros de alto. Esta rocha,

cedida por uns veciños ao

concello, xunto co seu entorno,

esta chea de lendas; hai anos

os máis vellos contaban que a

trouxera a Virxe María; unha

das teses é que está asentada

sobre un castro e o conto máis

recente sobre ela data dos anos

50; o parecer, fíxose un concurso

para ver que conseguía

chegar a cima e os rapaces que

o conseguiron usando unhas

cordas dixeron que no cumio

existían certas inscricións. Sorprende

que aínda ninguén se

decidira a estudar a fondo canto

hai de verdade en esas historias

pero o certo é que a visita

merece a pena e resulta o lugar

perfecto para rematar a ruta de

este mes.

Fotos: Loli Fdez.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!