17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

12 educación

Fátima García Doval

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje;

licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora

en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en

Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Educación:nin rosa nin negra

A educación necesita unha reforma profunda. Poucas cousas, ou ningunha, xeran maior consenso

no noso país. Nin unha soa quenda de goberno democrático, fóra da UCD, resistiuse a meterlle

man ao asunto.

Polo que se ve está todo mal. As materias que se estudan, a repartición dos contidos nos diferentes

cursos, as horas e o horario de clase, a formación inicial e continua do profesorado, as cifras de abandono

e fracaso escolar, o reparto de alumnado-profesorado, os recursos pedagóxicos dispoñibles, a

atención especializada... Do debate dos deberes mellor pasamos. Un desastre, vaia.

Hai que cambialo todo. O problema, o gran problema, é que non temos nin o máis remoto indicio

de alcanzar un consenso sobre que reforma implantar. Queremos cambiar o vestido pero non logramos

acordo sobre a cor, a forma, a lonxitude e os seus complementos. Así, loxicamente, non pasamos

do probador. Quita e pon. Pon e quita.

Este ir e vir de furibundos cambios instalou no imaxinario popular do noso país unha visión absolutamente

pesimista e tremendista do sistema educativo no que se escolarizou a metade da poboación

española. É certo que houbo numerosos cambios pero o seu esquema fundamental e, sobre

todo, as prácticas de aula, seguen razoablemente estables desde a lei do setenta, coñecida neste mundillo

como Lei Villar Palasí, a lei da EXB. Obviamente a tan traída e levada LOXSE supuxo un reto

importante ao estender a educación obrigatoria en dous anos e xerar unha etapa secundaria obrigatoria.

Si. Pero, como dicía, as prácticas de aula e de centro non sufriron un cambio substancial para dar

resposta a este novo esquema.

Os nosos escolares seguen estudando, por exemplo, o cinco sentidos aristotélicos (vista, oído, gusto,

olfacto, tacto) coma se fosen os únicos existentes. Calquera libro da década dos 70 serviría para

explicar ese tema, e moitos outros, hoxe como entón, coa única excepción do aire vintage que tiñan

aqueles libros e, sobre todo, as súas ilustracións. Pero o peor é que calquera dos nosos profesores daqueles

anos da EGB, podería ser trasladado no tempo a unha aula actual e seguiría coa materia coma

se tal cousa. Sorprenderíalle ter unha aula con tan poucos alumnos, e, tal vez, levantaría un pouco a

cella ao ver un proxector de diapositivas raruno colgado do teito. Cambiámoslle ao vestido a cor e os

complementos pero non inventamos un tipo de indumentaria radicalmente nova.

E isto non é malo de por si. De feito eu diría que é mesmo bo en certos aspectos. A educación é

un asunto de vital importancia desde que o Homo agrupouse en sociedades complexas con división

do traballo. Hai constancia de sistemas escolares máis ou menos organizados desde, polo menos, os

primeiros vestixios de escritura, en torno ao ano 2000 a.C., en Sumeria. Escolas nas que un mestre

ensinaba a un grupo de aprendices

sentados en filas nunha aula cadrada,

mediante a consecución e repetición

das tarefas que este impuña.

Catro mil anos e unha aula segue

sendo unha aula.

Claro que hai marxe de mellora.

Sempre. Pero por moitas reformas

que aprobemos, e escola non vai mellorar

se non é da man da sociedade.

O noso sistema educativo, cos seus

puntos fortes e débiles, como todos

os sistemas educativos do mundo,

non será tan rosa como vaticinan os

preámbulos das leis educativas, pero

tampouco tan negro como nos empeñamos

en velo día a día.

A reforma máis urxente é, por tanto,

empezar a ver a escola en positivo,

porque a escola somos todos.

Unha investigación en

Comunicación premiada

nos ‘Oscar da consultoría

política’

A tese ‘Storytelling personal

en el relato político. Análisis

de los contenidos publicados

en Youtube por los candidatos

gallegos en las elecciones

municipales de 2011’ acaba de

ser recoñecida co premio Reed

Latino, coñecido como o ‘Oscar

da consultaría política’, na

modalidade de Mellor Manual,

Libro ou Tese de Comunicación

Política. O seu autor é Pablo

Vázquez Sande, quen acadou a

máxima cualificación, sobresaliente

cum laude, no acto de defensa

e mantemento celebrado o

pasado agosto.

O premio é un “recoñecemento

claro para os investigadores

da USC e nomeadamente para

os do Departamento de Ciencias

da Comunicación”, apunta

Pablo Vázquez que agarda

que o galardón permita poñer

en valor a investigación de Humanidades

e Ciencias Sociais,

“consideradas en ocasións inferiores

ás dos eidos das coñecidas

como ciencias puras”.

Especialistas no estudo de

esqueletos e momias reuníronse

en Santiago

Procedentes dunha ducia de

países,un cento de especialistas

no estudo de esqueletos e momias

xuntáronse recentemente

na Facultade de Bioloxía da

USC para explorar as distintas

conexións entre a paleodieta e

a paleopatoloxía con especial

interese na aplicación dos máis

modernos métodos bioxeoquímicos

(ADN, isótopos estables

ou proteómica, entre outros). Ao

longo de dous días de encontro

presentáronse unha vintena

de relatorios e pósteres sobre

cuestións como a intoxicación

por chumbo debido ao consumo

de ron nas illas Orientais,

o achado de ovellas finlandesas

medievais alimentadas a bases

de peixe e feces humanas ou a

identificación de casos de lepra

na Europa Medieval mediante

ADN antigo.

A USC estuda cómo implantar

sistemas de xestión

eficiente en redes

enerxéticas

Lindeiros

Novas da USC

O Instituto de Investigacións

Tecnolóxicas da USC lidera o

proxecto Life+OPERE (Operación

Eficiente de Redes Enerxéticas),

que xurde coa intención

de implantar sistemas de xestión

eficiente en redes enerxéticas,

tanto térmicas como eléctricas,

en complexos con grandes consumos

para diminuír o impacto

medioambiental deste tipo de

e d i fi cios.

O grupo de investigación, en

colaboración con EnergyLab

e co horizonte de decembro de

2016, pretende demostrar a viabilidade

do que propón mediante

a implantación dun proxecto

de xestión enerxética nalgunhas

das grandes instalacións que a

Universidade de Santiago de

Compostela posúe no Campus

Vida. En concreto, buscan

reducir o consumo de enerxía

térmica nun 30% e de emisións

contaminantes nun 35%

aproximadamente.

A USC no proxecto europeo

‘Dinámicas Urbanas’

A Universidade de Santiago

participa no proxecto europeo

Erasmus+ ‘Dinámicas urbanas’

que busca desenvolver un modelo

de formación válido para

xestionar os problemas territoriais,

sociais e culturais aos

que se enfrontarán no futuro as

grandes cidades desde a previsión

da súa evolución.

No proxecto, liderado pola

Universidade alemá de Kiel,

participan docentes e especialistas

das Universidades de

Santiago de Compostela e París

8 (Francia), e como asociados

extracomunitarios as Universidades

Federal de Pernambuco

(Brasil) e do Salvador (Arxentina).

Trátase dun dos primeiros

Erasmus+ concedidos a

grupos destas institucións, no

que traballa persoal investigador

dos ámbitos das Ciencias

Sociais e Humanidades, en especial

Socioloxía, Xeografía,

especialistas en crítica literaria

e expertos en estudos culturais.

Concretamente, da USC

participan Rubén Lois González

(coordinador), Anxo Abuín

(coordinador adxunto da USC)

e os profesores Fernando Cabo

e María José Piñeira.

Fontes: USC, Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!