17.12.2015 Views

Lindeiros Noviembre Decembro 2015

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

O xornal de novembro lévanos polas terras de Santa Comba eTordoia , acércanos a figura de Antonio Bermúdez e a entrevista co alcalde de Teo Rafa Sixto

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

Novembro

e

Decembro 2015

N 30 MENSUAL

Rutas

De Santa Comba

(páxinas 14 e 15)

Entrevista a un alcalde:

Rafa Sixto

Teo

(páx.16)

Novas

A oposición enche de denuncias

ao concello de Padrón (páx. 3)

Denuncian os problemas de

correos no rural de Ames (páx. 4)

A baixada do IBI en Ames no

convence a oposición (páx. 8)

Pasou:

O FairWay convertese na primeira

Feira do Camiño (páx. 20)

Os Desordes Creativos un

ano máis en Ordes

(páx. 19)

Pasará:

Exposición sobre o Libro de

Artista no Auditorio de Galicia

(páx. 22)

Santiago, Ames e Teo convocan

o concurso de cartas de Nadal

(páx. 24)

Deportes:

Antonio Bermúdez, a voz do

deporte en Compostela

desde hai 40 anos (páx. 27)

A Mancomunidade de Ordes pon

en marcha unha liga de atletismo

(páx. 28)

30 Anos reciclando a terra

2

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

Editorial

Colaborar

Lindeiros

O tópico de “non me movas o marco “ é, en moitas ocasións, unha certeza. O frustrante movemento para conseguir unha

marea galega que rematou en dúas, polo menos ata o momento, non é máis que un exemplo do empeño que temos sempre

en ir por separado desde hai anos. Outro exemplo son os concursos de tapas, sen saír da bisbarra hainos en Vedra, Oroso,

Boqueixón, Ordes... pero so unha está apoiada pola Asociación de Hostalería que, curiosamente, e de Compostela e comarca;

non fai falta pensar moito para decatarse de que un movemento en conxunto conseguiría patrocinadores de xeito máis doado

porque se chegaría a moita mais xente; tamén daría a posibilidade de alargar os eventos de xeito que se faga unha final entre as

tapas gañadoras... pero non se trata de dar ideas se non de destacar que nunca se pensou en iso, que pese a ser unha asociación

comarcal está máis que centrada na capital.

Ante un discurso colaborativo como pode ser o do alcalde de Teo, que fala de compartir servizos e partir de aí consultar aos

veciños ante unha hipotética integración, é este último extremo o que copa os titulares da prensa e as críticas da oposición. Sen

entrar a valorar cal das posturas é a que ten razón o que resulta evidente e, unha vez máis, ese medo intrínseco a unión co do

lado; primeiro se critica e despois , si acaso, se pregunta como se quere facer cando o orden lóxico e o contrario.

Poderiamos pensar que forma parte do ser galego, como a convivencia coa morte ou a indefinición como resposta preventiva,

pero cando se fala coa xente maior un descubre que é algo motivado por un feito concreto. A guerra civil e a posguerra provocaron

unha perda de confianza no veciño que nunca se recuperou. Nas conversas con vellos encontrámonos sempre con que

botan de menos aqueles días da infancia nos que as labores do campo se facían en común, nos que as porta das casas permanecían

abertas e o veciño entraba a buscar a fouce sen ter que preguntar, un tempo no que a aldea era toda unha mesma familia

e , si acaso, a rivalidade era coa do lado pero nunca dentro dela.

Pero a realidade ensínanos tamén que aínda con colaboración, con unión, as veces teremos que facer máis. Un exemplo de

unión moi recente foi o dos gandeiros, non so se uniron se non que conseguiron que a sociedade na meirande parte estivera

da súa parte. Mantiveron a presión e mesmo apareceron líderes anónimos que foron máis alá que os propios sindicatos e sen

embargo, pese a todo o esforzo, un mes despois as cousas non cambiaron moito. Outro exemplo é o do Alvia, con todo tan

recente, cunha sociedade e uns familiares moi unidos, cun exemplo tan claro de colaboración como foi a daquela noite e sen

embargo a instrución péchase sen chegar ao fondo, ábrense novas liñas con problemas moi semellantes e todo sigue igual. A

conclusión e clara, si cando a poboación únese e colabora hai cousas que non se conseguen cambiar, que pasará cando non se

fai?.

Creo que non queda moito máis tempo, nunca estivemos nun momento tan propicio para os cambios pero o mesmo tempo con

tantos exemplos de que hai unha clase dirixente que non quere cambiar. Máis alá de que unhas eleccións poidan cambiar aos

dirixentes, algo necesario, é preciso que a sociedade recupere ese espírito de aldea, de traballo en común que moitos vellos aínda

lembran, hai moitas cousas que se poden facer e que si se fan obrigarán aos políticos a cambiar. Non se trata so de reclamar,

que tamén, se non de facer, cada un no que poda e non que mellor se defenda, porque os resultados vense moito antes do que

pensamos pero como dixo o poeta todo camiño comeza cun primeiro paso.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes, Oroso

Padrón, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

novembro e decembro 2015 novas da bisbarra 3

Máis efectivos para a Garda

Civil de Ames

Incorporaránse 6 axentes, Pacto X Ames pide ademáis unha comisaría

O cuartel da Garda Civil do

Milladoiro atende aos concellos

de Ames, Boqueixón, Brión,

Teo e Vedra cunha poboación

que supera os 70.000 habitantes

e unha extensión de 360 km³,

para estes datos o corpo dispón

de 30 axentes o que resulta claramente

insuficiente. Na última

Xunta Local de Seguridade o

Subdelegado do Goberno, Jorge

Atán, explicou que están

traballando para incorporar aos

axentes que faltan e compro-

Arranxarán a DP-8401 en Trazo

O Psoe solicita que se axilice o proxecto en Agro do Mestre

O deputado provincial de Economía,

Facenda, Contas, Persoal

e Réxime Interior, Antonio Leira,

realizou unha visita a Trazo

para comprobar sobre o terreo as

actuacións que a Deputación ten

previsto realizar no municipio.

Unha visita na que estivo acompañado

por membros da Agrupación

Socialista de Trazo, polo

alcalde en funcións, Eugenio Lamas,

e por persoal do Servizo de

Obras e Servizos da Deputación.

O organismo provincial ten

previsto mellorar a capa de rodadura

na estrada DP-8401 A

Tablilla-Agro do Mestre a través

dunha mestura bituminosa

en quente dende Castenda ata o

seu final. Na actualidade, o firme

desta estrada está feita en rego

superficial, polo que precisa un

reforzo urxente para soportar o

elevado tráfico de vehículos pesados

que soporta a diario.

Leira cifrou a obra en algo

máis de 430.000 euros, xa que a

cifra definitiva se coñecerá tras

meteuse a que cheguen canto

antes.

Pola súa banda, Pacto X

Ames explica que hai que pensar

na “situación de estrés pola

presión á que están sometidos

os efectivos destes corpos de

seguridade que teñen que facer

un esforzo adicional para

intentar dar solución a todas

as demandas e incidencias que

acontecen”. Pacto X Ames

pon como exemplo, para a súa

demanda dunha comisaría a

un modificado do proxecto para

incluír un pequeno tramo de estrada

que discorre polo veciño

concello de Tordoia.

A voceira municipal do PSOE

de Trazo, Beatriz Domínguez,

destacou que “esta obra é unha

das peticións que lle trasladamos

nunha reunión previa a

Antonio Leira, como deputado

provincial da comarca, e na que

tamén lle pedimos o reforzo do

firme da estrada DP-7804 Agro

do Mestre-Ponte Albar, xa que é

a principal vía de comunicación

dos veciños e veciñas de Trazo

con Santiago”.

O deputado aproveitou a visita

para coñecer sobre o terreo a

problemática que ten paralizadas

as obras de construción das beirarrúas

en Agro do Mestre, uns

traballos que acomete a Deputación

da Coruña sobre un proxecto

elaborado polo Concello de

Trazo. A comitiva puido comprobar

que faise necesario rasantear

a superficie e eliminar os postes

Redondela, cunhas características

similares as de Ames e que

conta desde hai tempo cunha

comisaría chamada Comisaría

de distrito Vigo Redondela. Finalmente

Pacto X Ames lembra

que contar coa Policiía Nacional

no concello permitiría realizar

xestións relacionadas co DNI

ou o pasaporte liberando en

parte a carga de traballo da de

Santiago.

Fontes: Pacto X Ames, Lindeiros

de tendido eléctrico polo que é

preciso que o Concello de Trazo

modifique proxecto inicial. Beatriz

Domínguez aproveitou para

instar ao Concello de Trazo “a

que axilicen o máis posible a elaboración

do modificado porque

se acerca o inverno e as obras

non poden quedar sen rematar,

prolongando innecesariamente

as molestias que están a sufrir

os veciños e veciñas de Agro do

Mestre”. A voceira municipal socialista

agradeceu a visita do deputado

provincial xa que “ fronte

a despreocupación que no caso

das beirarrúas de Agro do Mestre

amosaron tanto o alcalde

Dafonte como do concelleiro de

Obras, José M. Castiñeiras Sánchez,

Antonio Leira preocupouse

de vir a Trazo para resolver os

problemas que provoca a deixadez

do Goberno do PP”.

Fontes: Psoe Trazo, Deputación de A

Coruña, Lindeiros

Chuvia de mocións e

queixas en Padrón

A oposición desvela as carencias do goberno

municipal

A situación de inestabilidade

do concello de Padrón quedou

evidenciada nas últimas semanas

coas continuas mocións e

escritos presentados pola oposición,

cinco grupos distintos e

cinco motivos distintos.

Alternativa X Padrón presentou

unha moción reclamando a

creación dunha comisión de festas.

O grupo político quere que

se analicen non so as necesidades

se non o impacto na economía

local e o mellor xeito de

aproveitar as celebracións.

O Bloque Nacionalista Galego

rexeitou a intención do

concello de asumir a titularidade

da estrada AC-299 que une

Padrón co limite de Rois, en

Extramundi. Os nacionalistas

cren que unha decisión así ten

que ser aprobada en pleno en

non chega cunha resolución da

alcaldía, explican que o custo de

arranxar ese tramo supera os investimentos

prometidos desde a

Xunta. Para o BNG resulta moito

máis prioritario a regulación

do tráfico diante do CEIP Flavia

o no tramo da Trabanca.

Converxencia de Independentes

de Padrón, CIPA, presentou

denuncias ante a Consellería

de Medioambente e a Dirección

Xeral de Produción Forestal

polos desbroces feitos pola

Mancomunidade de Montes de

Extramundi e que, a dicir da

formación, acabaron con especies

como piñeiros, castiñeiros,

edreiras e carballos americanos

que se plantaran facía aproximadamente

6 anos. A CIPA denuncia

que estes traballos foron

financiados pola Consellería de

Medio Rural e que os operarios

ademais de provocar esta desfeita

deixaron lixo como latas

de cervexa nos lugares onde

traballaron.

O Partido Galeguista incide

nun tema denunciado por tódalas

formacións políticas: a

piscina municipal, algo que a

oposición quere se debate nun

pleno extraordinario. O PG explica

que a instalación leva un

ano pechada despois de que se

investiran 230.000 euros para

adaptala as necesidades actuais

sen que fora finalmente aberta.

O Partido Galeguista rexeita a

intención de ampliar a asignación

para a súa privatización de

40.000 a 86.000 € e propón que

o concello sexa o que xestione

directamente a instalación acolléndose,

por exemplo, a plans

de emprego de outras administracións,

con este fin entregou

no rexistro un documento que

recolle o exemplo do concello

de Outes que acaba de asumir a

xestión da súa piscina.

Por último a formación Veciños

de Padrón ven de presentar

ante o Consello de Contas e a

Valedora do Pobo sendos escritos

denunciando as irregularidades

desveladas polos informes

de intervención do concello relativos

ao 2014 e 2015.

Cinco grupos e cinco temas

distintos.

Fontes: Alternativa por Padrón, BNG

Padrón, CIPA, Partido Galeguista

de Padrón, Veciños de Padrón ,

Lindeiros.

4 novas da bisbarra

Rouban material do

servizo de augas de Teo

O importe do subtraído supera os 8.000 euros

O Concello de Teo presentou

denuncia por un roubo de material

do servizo municipal de

Augas de Teo por un valor superior

aos 8.000 euros. O roubo foi

o 15 de outubro pola tarde nun

local anexo a un dos depósitos

municipais de auga, concretamente

o dos Tilos.

A xestora anterior do servizo

viña utilizando este lugar como

almacén e nunca se tiña rexistrado

ningún incidente deste

tipo. O material que desapareceu

foron principalmente pezas

metálicas para a conexión de

rede, tanto de abastecemento

como de saneamento (covados,

manguitos…) Trátase de pezas

que non son de uso doméstico

pero que pola súa calidade teñen

un alto valor no mercado.

Segundo explica o alcalde Rafa

Sixto “roubaron material para o

funcionamento normal do servizo

durante aproximadamente

tres meses”. A estas pezas

súmanse tamén tres máquinas

cortadoras valoradas en 1.000

euros cada unha.

O material, así como vehículos,

maquinaria… estase trasladando

á nave do servizo de

Augas de Teo. A instalación está

situada en Montouto e nela según

o rexedor “extremaranse as

medidas de seguridade por tratarse

dun servizo básico e pola

preocupación que nos xera este

incidente nos primeiros días de

funcionamento do servizo”.

A denuncia tramitouse diante

da garda civil en Santiago, xa

que o lugar do roubo está no termo

municipal Compostelano e

segundo os datos cos que conta

o Concello a investigación segue

aberta.

Fonte: concello de Teo, Lindeiros.

Brión colocará unha varanda

xunta a Casa da Cultura

O proxecto será realizado polo arquitecto Cesar Portela

Ames Novo explica que foron

moitas as reclamacións que lles

chegaron de veciños de Ameixenda,

Piñeiro, Lens, Tapia ou

Agrón entre outros. O funcionamento

do servizo de correos

e sempre un problema no rural

pero a situación resulta máis relevante

nunhas datas nas que se

envían as notificacións do Imposto

de Bens Inmobles, o IBI,

e as revisións catastrais.

Ames Novo explica que xunto

coa necesidade de que Correos

dedique máis persoal ao

rural está o recente cambio de

numeración que se realizou nas

casas e que provoca aínda máis

complicacións.

Ames Novo pide ao goberno

municipal que comprobe que a

Lindeiros

Reclaman solucións

ao reparto de correo

no rural de Ames

Ames Novo alerta que poden impedir a

chegada dos recibos IBI

Deputación, organismo encargado

das notificacións, ten os

enderezos actualizados e que,

de non ser así, se lles remitan

canto antes. En segundo lugar

a formación solicita que , para

axilizar a entrega, se lle facilite

ao responsable local de Correos

un listado coa numeración antiga

e a súa correspondencia coa

actual daquelas vivendas que se

poidan ven afectadas.

No pasado no so en Ames se

non tamén en outros concellos

como Teo, o reparto do correo

no rural troxuo problemas aos

que o cambio de numeración

sempre supón unha complicación

mais que superar.

Fontes: Ames Novo, Lindeiros.

O alcalde de Brión, José Luís

García, e o arquitecto César Portela

visitaron a contorna da Casa

da Cultura, onde o Concello de

Brión instalará unha varanda de

seguridade. O elemento será da

mesma cor, materiais e tamaño

que a actual varanda de acceso

á Casa da Cultura, segundo explicou

o arquitecto César Portela,

unhas características que

recibiron o visto bo inicial da

Dirección Xeral de Patrimonio

á espera da remisión do proxecto

definitivo.

A consideración da Carballei-

ra de Santa Minia como Ben de

Interese Cultural (BIT) fai que

a contorna da Casa da Cultura

sexa unha zona de afección,

polo que é preciso autorización

previa de Patrimonio para levar

a cabo calquera tipo de alteración.

O Concello de Brión leva

xa algo máis dun ano remitindo

distintos proxectos que foron

rexeitados pola Dirección Xeral

de Patrimonio, argumentando

que a colocación dunha varanda

de protección convertería a zona

nun “patio inglés”.

A Dirección Xeral aceptou finalmente

a posibilidade de instalar

unha varanda de protección

na zona pero coa esixencia de que

o seu deseño fose realizado por

César Portela, autor dos proxectos

de recuperación dos dous inmobles

municipais na carballeira

de Santa Minia (a Casa da Cultura

e a Biblioteca Municipal). José

Luís García agradeceu a rápida

colaboración do arquitecto que se

desprazou ata Brión e se comprometeu

a enviar o antes posible o

proxecto da nova varanda.

Fontes: concello de Brión, Lindeiros

Alcalde e arquitecto revisando la zona. Fotos: concello de Brión

novembro e decembro 2015 novas da bisbarra 5

O presidente da

Deputación visita Oroso

Valentín González comezou unha rolda de contactos con

empresas da provincia

O presidente da Deputación,

Valentín González Formoso,

iniciou en Oroso unha

rolda de visitas ás empresas

da provincia coa que pretende

“coñecer directamente o

tecido empresarial e as nosas

capacidades industriais, ver

cómo a Deputación pode pór

o seu gran de area para axudar

aos nosos sectores produtivos

na recuperación económica e

a xeración de emprego”.

Acompañado polo alcalde

de Oroso, Manuel Mirás, o deputado

responsable da área de

Economía da Deputación, Antonio

Leira, e por varios membros

do goberno local orosino,

González Formoso visitou as

plantas que Vegalsa e Gamesa

teñen no polígono industrial

de Sigüeiro.

En Vegalsa, a comitiva

foi recibida polo director de

Loxística, Fernando Casal,

e a directora de Relacións

Institucionais da empresa,

Gabriela González, que os

acompañaron nun percorrido

polos 32.000 metros cadrados

cos que conta a súa plataforma,

dotada dos sistemas

de xestión e loxística máis

modernos da distribución alimentaria,

“O compromiso de

Vegalsa-Eroski con Oroso tradúcese

na nosa contribución á

xeración de emprego e riqueza

na comarca. Dende a compañía

sumámonos ao impulso do

Concello instalando a maior

plataforma de mercancías xerais

que existe na actualidade

en Galicia e que supuxo un importante

impulso á economía da

zona coa creación de 270 postos

de traballo especializados”,

afirmou o director de Loxística

da compañía, Fernando Casal.

A continuación o presidente

da Deputación e o alcalde visitaron

tamén a planta de Gamesa

no polígono de Sigüeiro, dedicada

ao reacondicionamento de

grandes compoñentes das turbinas

eólicas. O xerente da planta,

Rubén Carranza, explicou a

labor que se desenvolve nesta

empresa, que da traballo a máis

de 60 persoas e que está considerada

como o maior centro de

reparación de multiplicadoras

do mundo, con máis de 1.500

reparacións efectuadas con

éxito nos últimos catro anos.

Carranza explicou a historia

da implantación da empresa en

Sigüeiro e a súa progresiva especialización

na reparación destas

pezas, ás que definiu como

“o corazón do aeroxenerador”.

Unha actividade cunha gran

complexidade técnica, ao tratarse

de máquinas de hasta 40

toneladas de peso con “precisións

de reloxería” de entre 3 e 4

micras (inferior á de un cabelo

humano) nas súas engrenaxes.

Ao remate das visitas, o alcalde

Manuel Mirás declarouse

“satisfeito e impresionado polo

gran nivel que teñen as empresas

implantadas en Oroso, que

son unha importante fonte de

emprego para os veciños e repercuten

moi positivamente no

crecemento do municipio” e

salientou a “implicación e colaboración”

de moitas destas

firmas na vida sociocultural da

localidade, patrocinando ou colaborando

na organización de

actividades culturais e eventos

deportivos.

Fontes: Deputación de A Coruña.

concello de Oroso, Lindeiros

O Presidente da Deputación nas instalacions de Vegalsa en Sigüeiro.

Foto: concello de Oroso

Piden en O Pino o

arranxo dos locais

sociais do concello

O Psoe presentou as propostas para os

plans da Deputación

A Deputación aprobou este

pasado mes as bases dos Plans

de Obras e Servizos, POS, e

Plans de Accións Social, PAS.

O primeiro deles está destinado

como tódolos anos a distintos

arranxos e obras e o PAS esta

encamiñado a financiar investimentos

sostibles que teñan un

carácter social. Por estes plans

o concello de O Pino percibirá

algo máis de 660.000 € dos que

cerca de 400.000 son os dedicados

ao PAS.

O Psoe pide que con estes cartos

se acondiciones un local con

distintas salas na parroquia de

Arca e que poida ser usado por

tódalas entidades socias do concello,

os socialistas propoñen

edificios como a antiga Cámara

Agraria ou a antiga Casa Consistorial.

Outras das medidas

propostas para estes cartos son

o acondicionamento de locais

sociais como os de Lardeiros,

Gondar, Ferreiros (Tele Club) ou

o de San Miguel. O Psoe pide

tamén melloras e ampliación do

parque infantil, sito na rúa Forcarei,

dotando ao mesmo dunha

estrutura que poida facilitar

sombra o mesmo, para que os

cativos poidan gozar da instalación

en época estival.

No capitulo dedicado a obras

as propostas socialistas van desde

o remate dos arranxos que

quedaron pendentes do 2015,

ou arranxos nas estradas de A

Torre (Ferreiros - San Breixo)

a Ramil (San Mamede de Ferreiros),

e Oza (San Mamede

de Ferreiros) a límite con Touro,

ata a construción de beirarrúas,

substitución de alumeado

público, e rede de saneamento

(pluviais e fecais) na rúa os

Mollados parroquia de Arca ou

que se comece cun Plan de Sinalización

Vertical para todo o

Concello. A situación económica

do concello, obrigado a pagar

un millón de euros, fai que estes

programas sexan imprescindibles

para os veciños.

Fontes: Psoe O Pino, Lindeiros.

carnicería

6

Lindeiros

novembro e decembro 2015 7

8 Santiago

Lindeiros

Doce codelas de millo. (IV)

A muller na caixa

por Jorge del Oro Aragunde

-¿Podo levar unha destas cabazas, avoa? -preguntou Marina toda

contenta.

-¿E logo para que a queres? -respondeulle a avoa mentres

desplumaba un polo.

-É para a festa de Halloween...

-¡Ai! ¡A trapallada esa do “ghalogüín”! -bufou a vella-. ¡Boa gana

tedes de estragar unha cabaza cunha festa de fóra!

-Chámalle Samaín, se queres, que ao final vén todo do mesmo

-defendíase fera a Marina.- Trátase de celebrar que os defuntos

están máis preto dos vivos...

-Os defuntos non se achegan a ninguén -interrumpiuna brusca,

secando as mans contra o mandil-. Cando un marcha non

volve. Todo o demais son contos que nacen do medo, da mala

conciencia e de catro cousas raras.

Marina sacou un paquete de galletas do peto e ofreceulle unha á

avoa coma quen non quere a cousa.

-¿Cousas raras coma cales? -preguntou sorrindo.

A avoa colleu unha; eran de chocolate.

-A familia do teu avó coidaba da igrexa -empezou a contar,

logo de dar un bocado-. Sempre deron acólitos, campaneiros

e sancristáns. Cando el era un rapaz o enterrador e mais o seu

axudante foron baleirar un nicho dos importantes, dos que

hai dentro do templo. Mandaron a teu avó a limpar a sancristía

porque dicían que era demasiado novo para axudar con aquilo.

Ao cabo dun anaco apareceron espantados na sancristía, dicindo

que a defunta do nicho non estaba morta de todo. El botuse a rir e

chamoulles parvos; que tal cousa non era posible. Eles desafiárono

a ir vela, que se atrevese a ir alí atravesando a igrexa ás escuras. E

teu avó marchou todo teso, sen pensalo. Era inverno e na igrexa

non había máis luz ca un par de farois dos enterradores e varias

candelas prendidas. Foi ata o nicho, que tiña a pedra sacada e

a caixa a medio caer no chan. A tapa soltárase e dentro había

unha muller amortallada. Estaba tan enteira coma o día que a

enterraron; ou iso parecía. Teu avó achegouse ben e puido ver

que a pel era un coiro seco, os ollos estaban afundidos e baleiros.

Sempre que o contaba dicía que debeu ser unha muller ben

bonita para lucir así despois de corenta anos enterrada. Tentou

a caixa co pé e o corpo moveuse coma se quixese saír porque

non pesaba nada. Unha cousa rara, si, pero o nicho estaba lonxe

da humidade, a caixa chea de teas e a muller xa era fraca cando

a enterraron. Era cousa diso e non de asuntos de aparecidos

ou medio mortos. Volveu á sancristía, onde os enterradores

escorrentaban o medo co viño da misa. “Está seca coma un coiro,

papóns” dixo facendo mofa deles. “¡Cagho no demo, Xan! ¡Es

igual ca teu pai; non lle tes medo a nada!”. El mirounos todo serio,

cun aire de persoa insultada. “Si, teño tal” replicoulles. “E logo ¿a

que lle tes medo ti, trasno?”, preguntoulle o enterrador inquedo,

esperando outra burla das súas. “Á fame”, contestou.

Ames baixa o IBI sen acordo claro dos grupos

Aprobouse con 9 votos a favor e 12 abstencións

Unha baixada de impostos

que non queda clara, a oposición

amiense presentou distintas

propostas aínda que deixou que

o goberno municipal seguira co

seu plan.

O executivo informou no pleno

de outubro que a súa intención é

establecer medidas de fiscalización

progresivas coa intención

de redistribuír os recursos e incorporar

novas bonificacións.

En este contexto explicouse que

o IBI baixa de 0.5 a 0.44 eliminando

reducindo a taxa imposta

nos últimos 4 anos. Os inmobles

desocupados durante dous anos

terán un recargo do 25% e existen

distintas bonificacións para

as familias numerosas con membros

en paro ou para as vivendas

que instalen sistemas de aproveitamento

térmico o eléctrico de

enerxía solar.

Antes estas propostas Pacto X

Ames presentou enmendas encamiñadas

a baixar o imposto

ao 0.40 pero a falta de informes

técnicos impediu a votación das

mesmas.

Ciudadanos mostrouse máis

favorable a que as baixadas foran

progresivas e Ames Novo propuxo

debater primeiro os orzamentos

do 2016 para saber si esta

baixada de impostos, e a consecuente

diminución de ingresos,

pode afectar a prestación dalgún

servizo municipal.

Fontes: Ames Novo, Ciudadanos,

concello de Ames, Pacto x Ames,

Lindeiros

Oroso actualiza as ordenanzas fiscais

Os cambios seguen o establecido no plan de saneamento do 2009

O pleno de outubro en Oroso

caracterizouse pola unanimidade

xa que todos os grupos municipais

fixeron valer o acordo

tomado polo pleno en xuño de

2009, data na que se aprobou o

Plan de Saneamento Económico

e Financeiro que establecía as

actualizacións das distintas taxas

municipais nos seguintes anos.

A partir do 1 de xaneiro de

2016, o imposto sobre bens inmobles

pasa do 0,46% ao 0,47%;

o coeficiente do imposto sobre

vehículos de tracción mecánica

pasa do 1,16 ao 1,17; e o imposto

sobre o incremento de valor dos

terreos de natureza urbana actualízase

ao 2,64% (sobre o 3,7%

máximo que permite a lei) e a

taxa do lixo medra unha media

de 13 céntimos.

Por outra banda, a taxa pola

subministración de auga reducirase

nun 0,5%, de acordo coa

baixada do IPC. E é que a taxa de

abastecemento de auga non está

incluída nas actualizacións previstas

dentro do Plan de Saneamento

Económico Financeiro,

senón que depende da evolución

do IPC.

O pleno aprobou a modificación

da ordenanza fiscal reguladora

dos prezos públicos pola

prestación de servizos culturais,

educativos, deportivos e de ocio,

que supón un cambio na xestión

dos mesmos e substitúen ao

modelo de autoliquidación. Así

mesmo, aprobouse unha nova

ordenanza fiscal reguladora do

prezo público das instalacións

deportivas municipais, que sinala

que as asociacións que queiran

utilizar de balde as instalacións

deberán estar rexistradas no

Rexistro de Asociacións do Concello

de Oroso.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros

Ordes sumarase aos camiños ao cole seguros

O último pleno aprobouse unha moción do Psoe en este sentido

O primeiro da bisbarra en recuperar

a tradición foi Santiago e

parece que o seguinte será Ordes.

A voceira socialista, Verónica

Gómez, defendeu a importancia

de acometer o camiño escolar seguro

para nenos e nenas a partir

de 2º de Primaria que se dirixan

aos CEIP Castelao e Campomaior

e conseguiu que a súa pro-

posta fora aprobada.

Verónica Gómez sinala que

“haberá que establecer un punto

de encontro para que se xunten

todos os nenos con algún pai da

ANPA, que terá que controlar

que todos os nenos que están

anotados nesa parada cheguen

correctamente ao colexio así

como agardar se algún deles queda

rezagado na marcha”. Ademais,

os socialistas propoñen a

participación dos establecementos

a través da colocación de distintivos

para que, se algún neno

ou nena se desorienta, saiba que

pode preguntar neles.

Fontes: Psoe Ordes, Lindeiros

novembro e decembro 2015 Santiago 9

O Foro Cívico apoia a

permanencia do 061

A directiva visitou as instalacións de San Marcos

Hai meses a Xunta de Galicia

manifestou o seu interese de

trasladar os servizos centrais do

061 e 112 de Santiago de Compostela

a A Estrada, as entidades

integradas no Foro piden

á Administración autonómica

a rectificación desta decisión

adoptada de forma “unilateral”

e sen diálogo co propio servizo

afectado e coa cidadanía.

En opinión do Foro, non existen

“causas obxectivas” que

motiven este cambio de situación,

ademais de supoñer un

investimento innecesario na

construción dun inmoble e a súa

consecuente dotación tecnolóxica,

cando actualmente non se

dispón dos recursos e se está a

recortar en todo tipo de servi-

euros, no mes de xuño, e que estaban

pendentes da supervisión

e informe do arquitecto municipal

para súa execución. Os populares

presentan unha moción

para o pleno de novembro pedindo

información dos motivos

deste atraso e a que se acometan

de inmediato os traballos de

acondicionamento do edificio.

O estado actual de conservación

do inmoble, hoxe dedicado

a uso socioculturais, fai que

sexa necesaria unha serie de

melloras. Neste senso, os populares

consideran prioritaria a

adaptación dos baños á norma-

zos. Unha representación do xustificación obxectiva algunha.

Foro Cívico Empresarial visitou Tamén sinala que as sinerxías

as instalacións da Central de esgrimidas na xustificación

O Foro manifestou o seu apoio

para que o servizo se manteña

entre o 061 e o 112 xa xorden

hoxe por estar ambos servizos

en Santiago de Compostela e situados en Santiago. Esta unión

non se traslade a A Estrada, xa

que “non supón unha melloría e

non responde a motivacións de

carácter técnico”. O Foro considera

que o traslado suporía unha

entre os dous servizos mellora

tamén pola coordinación coa cabeceira

sanitaria, onde destacan

entidades como a Universidade

de Santiago, o CHUS ou o Colexio

Médico. E desde o punto

perda de recursos humanos

con experiencia na atención de de vista da situación xeográfica,

urxencias e emerxencias, pola o Foro apunta que a actual contorna

negativa de moitos técnicos especializados

da central ofrece mellores

a desprazarse ao comunicacións, como son o aeroporto

municipio pontevedrés.

O Foro Cívico Empresarial de Lavacolla, a autopis-

ta AP-9 e o AVE.

considera que se trata dunha decisión

política, adoptada de forma

“pouco transparente” e sen Fontes: Foro Cívico, Lindeiros.

Demandan arranxos no antigo

CEIP Ramón Cabanillas

O PP di que as obras están orzamentadas desde xuño

O Grupo Municipal do Partido

Popular insta ao actual

Goberno local a que redacte

un plan de melloras necesarias

e urxentes do antigo CEIP Ramón

Cabanillas e que acometa,

á maior brevidade posible, as

obras de reparación da cuberta

deste contedor cultural, así

como a mellora dos baños e a

coa adaptación dun deles para

persoas con problemas de mobilidade,

de acordo normativa

vixente.

O grupo popular lembra que

estas dúas actuacións foron orzamentadas

en preto de 30.000

tiva, para que as persoas con

problemas de mobilidade poidan

utilizalos, e a reposición da

cuberta do edificio, que debido

o seu deterioro está causando

importantes problemas de humidade

e confort no edificio.

A demanda do Partido Popular

súmase a outras como

arranxos na rua da Cañoteira ou

a restauración do Lavadoiro de

Cornes, reclamacións que serán

levadas ao pleno municipal.

Fonte: PP Santiago, Lindeiros

Reclaman mellor

sinalización nos

desvíos de Conxo

O BNG insta ao goberno local a que faga

seguimento dos traballos

O grupo municipal do BNG

demanda melloras na sinalización

viaria dos desvíos motivados

polas obras de Conxo, en concreto

do que vai cara ao hospital que

só dispón dun indicador inicial e

carece dos seguintes letreiros necesarios

nas bifurcacións.

Deste xeito, o BNG reclama

que o Goberno local se preocupe

por supervisar a marcha das

obras, os compromisos adquiridos

coa veciñanza e comerciantes

do barrio e mais a correcta

sinalización dos desvíos provisionais,

posto que son moitos os

vehículos que atopan dificultades

O concello liquida o

servizo de ORA

Unha sentenza do TSXG anulou a concesión

á empresa Setex Aparqui

A Xunta de Goberno acordou

a execución da sentenza do

Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia que deixou sen efecto

a adxudicación da concesión

da ORA e o guindastre a favor

de Setex Aparqui. Posto que a

inmediata suspensión do servizo

suporía un grave quebranto

ao interese público acordouse

tamén a continuidade de Setex

Aparqui por un período de tres

meses, prorrogable. Nese prazo,

o Goberno local decidirá

se convocar un novo concurso

ou remunicipalizar o servizo.

O concelleiro de Medio Am-

para chegar ao destino cos cambios

introducidos na zona que

está mal sinalizada.

Ademais, o grupo municipal

nacionalista insiste en facerlle

seguimento ás obras de Conxo

para evitar máis demoras que

prexudican tanto a residentes,

como a comerciantes e a persoas

que circulan por esta arteria de

comunicación a diario, tendo en

conta que xa acumulan un atraso

importante e as molestias que

causan na zona.

Fontes: BNG Santiago, Lindeiros

biente e Convivencia explicou

que a vontade do Executivo é

esta última, se ben aclarou que

a decisión final dependerá dos

estudos económicos e xurídicos

que se están realizando. Tamén

se están elaborando informes

sobre a liquidación do contrato,

para determinar se é preciso

pagarlle algunha indemnización

a Setex Aparqui, ou se é a empresa

a que lle ten que abonar

algunha cantidade ao Concello.

Fontes: concello deSantiago,

Lindeiros

10 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales,

en donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Con la voz de Occam

La luz del sonido

Muchas veces la ciencia necesita grandes, enormes, gigantes aparatos para poder ver las partículas más

pequeñas de la materia u observar lo más grande, como las galaxias que rodean la Tierra por todas partes.

Estos experimentos nos aportan más conocimiento que nos permiten acercarnos a comprender la Naturaleza

y responder a las preguntas que nos hacemos desde siempre: ¿qué somos, de dónde venimos y a dónde

vamos? Los costes son también enormes. Y casi siempre cuesta mucho que la mayoría de las personas

entienda la necesidad de invertir esas grandes cantidades de dinero.

Sin embargo, también hay una ciencia más modesta en recursos económicos e infraestructura. Tan modesta,

que incluso el experimento se puede hacer en el garaje de casa y que se empeña en desafiar nuestra

inteligencia y conocimientos. Uno de estos fenómenos es la generación de luz por el sonido. Tiene un

nombre que me encanta: sonoluminiscencia. Este fenómeno inicialmente fue descubierto en 1933 por los

investigadores Marinesco y Trillat que reportaron el efecto de los ultrasonidos (sonidos que no son audibles

por los humanos por tener una frecuencia muy alta) sobre las antiguas placas fotográficas. Un año

más tarde, en 1934, los investigadores alemanes Frenzel y Schultes lo observaron en agua que estaba

expuesta también a estos sonidos, al parecer mientras estaban investigando sobre el sónar que utilizan los

militares para localizar objetos bajo el agua. Pero tuvieron que pasar casi 60 años para que se pudiera estudiar

el fenómeno en detalle gracias al trabajo del físico colombiano Felipe Gaitan en 1989, que desarrolló

la tecnología para realizar el experimento de forma sencilla en el laboratorio.

La sonoluminiscencia aparece como una luz que flota en el medio de un recipiente con agua que se

expone a ultrasonidos. Es como una pequeña luz fantasmal. Se produce por el efecto combinado de los

ultrasonidos sobre una burbuja de aire que se encuentre dentro del líquido. Todos podemos ver esas burbujas

en el agua cuando la agitamos. Si a la vez que se producen las burbujas bombardeamos el agua con

ultrasonidos, se produce la luz en el interior del líquido.

Una burbuja es como un equilibrista. El aire que está dentro de la burbuja contrarresta la fuerza que

ejerce el agua que la rodea. Cuando se le aplica el sonido, en un primer momento este hace que la presión

del agua sobre la burbuja decrezca, el aire empuja los bordes de esta, creciendo en tamaño. Su volumen

se puede multiplicar por 1000 en esos casos. Sin

embargo, cuando llega la cresta de la onda del sonido,

la presión que ejerce el líquido sobre la burbuja

de aire se incrementa, por lo cual tiene que reducir

de nuevo su tamaño. Y lo hace de forma vertiginosa.

Su temperatura interna también crece llegando

a temperaturas de 10000 ºC o superiores, es decir,

temperaturas equivalentes a las de la superficie del

Sol. Y en ese momento de colapso emite un intenso

pero cortísimo pulso de luz. La mayor parte de la luz

se emite en frecuencias que no son apreciadas por el

ojo humano. Y es ahí donde nuestro conocimiento

se desvanece, ya que hasta el día de hoy no se sabe

muy bien el motivo de esa explosión de luz. Pero ahí

está, desafiante, en el medio del agua esperando por

nosotros.

La sonoluminiscencia se genera artificialmente en

laboratorio en condiciones controladas. Sin embargo,

con el tiempo se ha visto que en la Naturaleza hay fenómenos

similares. Por ejemplo, hay un animalillo

marino llamado “camarón pistola” que aprieta sus

tenazas a tal velocidad y con tanta fuerza que genera

una gran burbuja. Esta al colapsar genera un gran

estruendo submarino y también un pulso de luz. Y

es que observar detenidamente la Naturaleza cercana

también puede generar una Gran Ciencia. ¿O no?

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Pon un wiki na

túa vida

Non podo crer que en todo o

tempo que levo colaborado con

Lindeiros aínda non falara dos

wikis. Son a miña ferramenta

favorita para almacenar coñecemento.

Vou ver se vos convenzo

sobre as súas vantaxes:

O wiki é unha ferramenta web

que inventou un tal Ward Cunningham

en 1995. O wiki é,

literalmente, a forma máis rápida

de crear un sitio web. O

nome wiki ben dunha palabra

hawaiana que significa precisamente

«rápido». Os autobuses

que che levan directamente

desde o aeroporto de Honolulu

ate o centro urbán chámanse

«Wiki Wiki Shuttles». :)

Cando escribes nun wiki calquera

palabra que escribas podes

convertela nunha ligazón.

Calquera. Se eu escribo nun

wiki, por exemplo «revista

[[Lindeiros]]» (así, coa palabra

Lindeiros rodeada por dobles

corchetes) estou dicíndolle ao

wiki que quero que a palabra

Lindeiros sexa clicable. Calquera

palabra que escribas rodeada

con dobres corchetes será clicable:

será unha ligazón. Calquera

palabra en calquera parte do

texto. E con qué enlaza esa ligazón?

Pois enlaza cunha páxina

que se chama como esa palabra

dentro do wiki. Se eu fago clicable

a palabra [[Lindeiros]], ao

clicar nela levarame a unha páxina

dentro dese sitio web que se

chama lindeiros. E aquí poden

pasar dúas cousas: se xa existe

dentro do wiki unha páxina que

se chama Lindeiros, verei esa

páxina. Se non existe tal páxina

verei un convite para creala.

A idea é revolucionaria. En

lugar de crear as páxinas e

logo escribir ligazóns a elas,

creamos primeiro as ligazóns

e ofertamos ao usuario a posibilidade

de crear esa páxina

se non existe ou de acceder

a ela se xa existe. E mesmo se

tes permisos para elo, non só

poderás leela, senón editala.

Wikipedia (o wiki máis famoso

de todo Internet) funciona precisamente

así: calquera persoa do

mundo pode editar calquera das

páxinas de Wikipedia e calquera

persoa do mundo pode crear

páxinas novas. Por suposto, isto

sería un caos se Wikipedia non

incluíra un sistema de arbitraxe

que permite que supervisores

eliminen os textos que non son

pertinentes. Falo de arbitraxe,

non de censura; aínda que

todo é discutible, por suposto.

Eu uso os wikis a diario para

almacenar todo o que aprendo.

Sérvenme para me manter máis

ou menos organizado dentro do

caos que son. A miña ferramenta

de wikis favorita é Dokuwiki

pero hai moitas outras. Podes

comparalas no sitio web wikimatrix.org

e probar a que máis

che guste.

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.blogspot.com.es/

Ilustración: Marus Frieiro

novembro e decembro 2015 11

Os veciños participarán nas estratexias de

emprego que aplicar no futuro de Santiago

O concello abre un proceso de participación para definir os plans dos próximos 5 anos

A concelleira de Igualdade,

Desenvolvemento Económico e

Turismo, Marta Lois, presentou

o proceso participativo que está

desenvolvendo a Axencia Local

de Colocación para deseñar

as estratexias de emprego que

se implantarán na cidade nos

próximos cinco anos. Trátase

dun proceso aberto á participación

tanto dos axentes económicos

e sociais da cidade como

de todas as persoas interesadas,

no que polo momento xa teñen

colaborado 281 persoas, entre

Martiño Noriega confirmou

que o Goberno local está falando

coas partes implicadas para

anular o convenio coa concesionaria

do estacionamento

de Galeras que contemplaba a

construción de novos accesos ao

aparcadoiro ocupando espazo

público. O alcalde transmitiulle

estas conversas á Asociación

de Veciños do barrio, nunha

reunión celebrada no Pazo de

Raxoi.

Noriega explicou que o goberno

local sintoniza coas reclamacións

da Asociación de

Veciños, e asegurou que a empresa

concesionaria do aparcadoiro,

Tugalo, está amosando

boa disposición para a anulación

do convenio. Aínda que

a priori a medida non suporía

o pago de indemnizacións, o

rexedor insistiu na prudencia

por parte do executivo porque,

lembrou, “o convenio está

inmerso en procedementos

administrativos e xudiciais”.

Aínda que o convenio co estacionamento

era a principal

preocupación da Asociación

de Veciños de Galeras, os seus

representantes de entidades e

institucións, veciños e persoas

desempregadas.

O proceso de participación

cidadá conta con varias espazos

de reflexión e intercambio destinados

a conxugar as opinións

máis formais dos representantes

das entidades e institucións que

traballan no ámbito do emprego,

as opinións de expertos en temáticas

concretas e as opinións

dos cidadáns. Os resultados destas

múltiples espazos servirán

de base para a concreción do

O concello quere

anular o convenio co

parking de Galeras

O alcalde mantivo unha reunión coa

asociación de veciños onde se tocaron

distintos temas

responsables aproveitaron a

xuntanza para formularlle ao

alcalde outras demandas. Unha

delas tén que ver coa Casa das

Máquinas de Fenosa, que o colectivo

pretende que se abra á

cidadanía como un espazo multifuncional

que poidan utilizar

os veciños e empresarios da

zona, e mesmo a comunidade

educativa do colexio Raíña Fabiola.

Martiño Noriega explicou

que no edificio aínda hai un

transformador, e adiantou que o

Concello xa está en conversas

con Fenosa para que o retire e

poder arranxar os problemas

de seguridade que presenta o

inmoble. Os veciños de Galeras

tamén se interesaron pola

situación do antigo Hospital Xeral,

que consideran idóneo para

ubicar un centro de día para

persoas maiores. Ao respecto, o

alcalde lembrou que o papel do

Concello neste caso é de “axente

facilitador”, porque buscarlle un

novo uso ao edificio “depende

da iniciativa privada e, polo tanto,

non hai garantías de éxito”.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros.

próximo Pacto Local polo Emprego,

que será a base para a elaboración

dun Plan de Emprego.

O espazo máis formal é o da

Mesa Polo Emprego, un órgano

de participación municipal

no que están representados a

Universidade de Santiago, Sindicatos,

Cámara de Comercio,

Plataforma polo Emprego,

Asociación de Empresarios do

Polígono do Tambre e Asociación

Hostalería Compostela. O

papel da Mesa é supervisar o

proceso e validar o documento

final en base as liñas marcadas

desde o proceso participativo.

Entre o 6 e 13 de novembro, o

Equipo de Redacción do Plan

realizará os traballos de redacción

dun documento que se

aprobará o 19 de novembro.

Todas as persoas interesadas en

participar neste proceso aberto

poden inscribirse nas diferentes

Mesas do FOCO a través da

web da Axencia Local, onde poderán

atopar información máis

detallada sobre o evento, consultar

documentación sobre o

proceso, ver o listado de Mesas

de participación previstas para

os días 5 e 6 de novembro e inscribirse

para participar de forma

activa.

Tamén poden inscribirse no

981 543 06.

O equipo de goberno comeza

con esta inciativa cara a ampliar

a participación nos próximos

anos en outras área da cidade.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros.

12 educación

Fátima García Doval

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje;

licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora

en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en

Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Educación:nin rosa nin negra

A educación necesita unha reforma profunda. Poucas cousas, ou ningunha, xeran maior consenso

no noso país. Nin unha soa quenda de goberno democrático, fóra da UCD, resistiuse a meterlle

man ao asunto.

Polo que se ve está todo mal. As materias que se estudan, a repartición dos contidos nos diferentes

cursos, as horas e o horario de clase, a formación inicial e continua do profesorado, as cifras de abandono

e fracaso escolar, o reparto de alumnado-profesorado, os recursos pedagóxicos dispoñibles, a

atención especializada... Do debate dos deberes mellor pasamos. Un desastre, vaia.

Hai que cambialo todo. O problema, o gran problema, é que non temos nin o máis remoto indicio

de alcanzar un consenso sobre que reforma implantar. Queremos cambiar o vestido pero non logramos

acordo sobre a cor, a forma, a lonxitude e os seus complementos. Así, loxicamente, non pasamos

do probador. Quita e pon. Pon e quita.

Este ir e vir de furibundos cambios instalou no imaxinario popular do noso país unha visión absolutamente

pesimista e tremendista do sistema educativo no que se escolarizou a metade da poboación

española. É certo que houbo numerosos cambios pero o seu esquema fundamental e, sobre

todo, as prácticas de aula, seguen razoablemente estables desde a lei do setenta, coñecida neste mundillo

como Lei Villar Palasí, a lei da EXB. Obviamente a tan traída e levada LOXSE supuxo un reto

importante ao estender a educación obrigatoria en dous anos e xerar unha etapa secundaria obrigatoria.

Si. Pero, como dicía, as prácticas de aula e de centro non sufriron un cambio substancial para dar

resposta a este novo esquema.

Os nosos escolares seguen estudando, por exemplo, o cinco sentidos aristotélicos (vista, oído, gusto,

olfacto, tacto) coma se fosen os únicos existentes. Calquera libro da década dos 70 serviría para

explicar ese tema, e moitos outros, hoxe como entón, coa única excepción do aire vintage que tiñan

aqueles libros e, sobre todo, as súas ilustracións. Pero o peor é que calquera dos nosos profesores daqueles

anos da EGB, podería ser trasladado no tempo a unha aula actual e seguiría coa materia coma

se tal cousa. Sorprenderíalle ter unha aula con tan poucos alumnos, e, tal vez, levantaría un pouco a

cella ao ver un proxector de diapositivas raruno colgado do teito. Cambiámoslle ao vestido a cor e os

complementos pero non inventamos un tipo de indumentaria radicalmente nova.

E isto non é malo de por si. De feito eu diría que é mesmo bo en certos aspectos. A educación é

un asunto de vital importancia desde que o Homo agrupouse en sociedades complexas con división

do traballo. Hai constancia de sistemas escolares máis ou menos organizados desde, polo menos, os

primeiros vestixios de escritura, en torno ao ano 2000 a.C., en Sumeria. Escolas nas que un mestre

ensinaba a un grupo de aprendices

sentados en filas nunha aula cadrada,

mediante a consecución e repetición

das tarefas que este impuña.

Catro mil anos e unha aula segue

sendo unha aula.

Claro que hai marxe de mellora.

Sempre. Pero por moitas reformas

que aprobemos, e escola non vai mellorar

se non é da man da sociedade.

O noso sistema educativo, cos seus

puntos fortes e débiles, como todos

os sistemas educativos do mundo,

non será tan rosa como vaticinan os

preámbulos das leis educativas, pero

tampouco tan negro como nos empeñamos

en velo día a día.

A reforma máis urxente é, por tanto,

empezar a ver a escola en positivo,

porque a escola somos todos.

Unha investigación en

Comunicación premiada

nos ‘Oscar da consultoría

política’

A tese ‘Storytelling personal

en el relato político. Análisis

de los contenidos publicados

en Youtube por los candidatos

gallegos en las elecciones

municipales de 2011’ acaba de

ser recoñecida co premio Reed

Latino, coñecido como o ‘Oscar

da consultaría política’, na

modalidade de Mellor Manual,

Libro ou Tese de Comunicación

Política. O seu autor é Pablo

Vázquez Sande, quen acadou a

máxima cualificación, sobresaliente

cum laude, no acto de defensa

e mantemento celebrado o

pasado agosto.

O premio é un “recoñecemento

claro para os investigadores

da USC e nomeadamente para

os do Departamento de Ciencias

da Comunicación”, apunta

Pablo Vázquez que agarda

que o galardón permita poñer

en valor a investigación de Humanidades

e Ciencias Sociais,

“consideradas en ocasións inferiores

ás dos eidos das coñecidas

como ciencias puras”.

Especialistas no estudo de

esqueletos e momias reuníronse

en Santiago

Procedentes dunha ducia de

países,un cento de especialistas

no estudo de esqueletos e momias

xuntáronse recentemente

na Facultade de Bioloxía da

USC para explorar as distintas

conexións entre a paleodieta e

a paleopatoloxía con especial

interese na aplicación dos máis

modernos métodos bioxeoquímicos

(ADN, isótopos estables

ou proteómica, entre outros). Ao

longo de dous días de encontro

presentáronse unha vintena

de relatorios e pósteres sobre

cuestións como a intoxicación

por chumbo debido ao consumo

de ron nas illas Orientais,

o achado de ovellas finlandesas

medievais alimentadas a bases

de peixe e feces humanas ou a

identificación de casos de lepra

na Europa Medieval mediante

ADN antigo.

A USC estuda cómo implantar

sistemas de xestión

eficiente en redes

enerxéticas

Lindeiros

Novas da USC

O Instituto de Investigacións

Tecnolóxicas da USC lidera o

proxecto Life+OPERE (Operación

Eficiente de Redes Enerxéticas),

que xurde coa intención

de implantar sistemas de xestión

eficiente en redes enerxéticas,

tanto térmicas como eléctricas,

en complexos con grandes consumos

para diminuír o impacto

medioambiental deste tipo de

e d i fi cios.

O grupo de investigación, en

colaboración con EnergyLab

e co horizonte de decembro de

2016, pretende demostrar a viabilidade

do que propón mediante

a implantación dun proxecto

de xestión enerxética nalgunhas

das grandes instalacións que a

Universidade de Santiago de

Compostela posúe no Campus

Vida. En concreto, buscan

reducir o consumo de enerxía

térmica nun 30% e de emisións

contaminantes nun 35%

aproximadamente.

A USC no proxecto europeo

‘Dinámicas Urbanas’

A Universidade de Santiago

participa no proxecto europeo

Erasmus+ ‘Dinámicas urbanas’

que busca desenvolver un modelo

de formación válido para

xestionar os problemas territoriais,

sociais e culturais aos

que se enfrontarán no futuro as

grandes cidades desde a previsión

da súa evolución.

No proxecto, liderado pola

Universidade alemá de Kiel,

participan docentes e especialistas

das Universidades de

Santiago de Compostela e París

8 (Francia), e como asociados

extracomunitarios as Universidades

Federal de Pernambuco

(Brasil) e do Salvador (Arxentina).

Trátase dun dos primeiros

Erasmus+ concedidos a

grupos destas institucións, no

que traballa persoal investigador

dos ámbitos das Ciencias

Sociais e Humanidades, en especial

Socioloxía, Xeografía,

especialistas en crítica literaria

e expertos en estudos culturais.

Concretamente, da USC

participan Rubén Lois González

(coordinador), Anxo Abuín

(coordinador adxunto da USC)

e os profesores Fernando Cabo

e María José Piñeira.

Fontes: USC, Lindeiros

novembro e decembro 2015 empresa 13

Pode soar estraño pero, en certo

modo, o sistema de extracción de

mineral que emprega Erimsa é un

modo de reciclar a terra.

A empresa naceu en 1980 e na

actualidade ten 4 plantas en Begonte

(Lugo), Frades, Castillo

(Pontevedra) e Bóveda del Río

Almar (Salamanca), centros de

traballo nos que se desenvolveu,

ao longo deste tempo, un método

sustentable de extracción de cuarzo.

A empresa viu recompensado

este esforzo pola innovación co

1º Premio de Desenvolvemento

Sustentable na categoría de Medio

Ambiente - Boas Prácticas

Ambientais 2015 pola Federación

Española de Áridos e foi seleccionada

para os Premios Europeos da

Unión Europea de Produtores de

Áridos 2016. O compromiso de

Erimsa concrétase anualmente na

publicación dun informe ambiental

sobre o traballo realizado.

O método desenvolvido por

Erimsa, para a extracción do

cuarzo nas leiras, leva unha minuciosidade

que non aparenta; é

compatible coa actividade gandeira,

agrícola e forestal e páctase

sempre cos propietarios dos

terreos as condicións do aluguer

devolvéndollos no menor tempo

posible. A satisfacción é completa

xa que, non só sácaselle un rendemento

económico á terra, se non

que esta queda en mellores condicións

para ser traballada ao eliminarse

toda a roca.

O primeiro traballo que se leva

a cabo na finca é a extracción da

capa vexetal co máximo coidado

xa que ao final recupérase o terreo

con esa mesma terra. O seguinte

proceso é o de cribado que non

supera nunca o metro e medio de

profundidade, realízase en condicións

meteorolóxicas favorables

e nunca se traballa en máis de 2

hectáreas ao mesmo tempo; á vez

que se criba a roca, que se levará á

Erimsa: 30 anos reciclando a terra

planta para ser tratada, devólvese

ao chan a terra da que se extrae.

Finalmente, unha vez obtido todo

o mineral, se chaira o terreo e cóbrese

de novo coa terra que forma

o manto vexetal apartada na primeira

fase. Con este proceso non

se altera o uso da terra e mantense,

en moitos casos mesmo se mellora,

a súa produtividade.

A terra pode ser máis beneficiosa

do que se ve na primeira ollada.

Pode conter minerais necesarios

no presente e para o futuro. O

cuarzo é un mineral composto de

sílice, clave para o desenvolvemento

tecnolóxico con múltiples

aplicacións. O descubrimento de

novos usos favoreceu interesantes

avances en I+D+i, como os chips

de silicio para computadores, teléfonos

móbiles e outros dispositivos

electrónicos de consumo.

Os últimos avances en innovación

tecnolóxica son empregados pola

compañía nos diferentes procesos

para unha maior eficiencia, como

os modernos equipos de selección

óptica utilizados na fase de selección

do cuarzo.

Un exemplo máis do compromiso

ambiental de Erimsa é a

creación dun complexo lagunar en

Begonte de gran riqueza paisaxística

e cunha gran biodiversidade,

que permitiu a súa inclusión na

Rede Natura. A compañía realizo

o proxecto “Begonte Natura -

Ecoparque Lagoas de Riocaldo”

para promocionar, a nivel nacional

e autonómico, o Concello de Begonte

como un destino turístico

ambiental.

Erimsa ten ademais un compromiso

co emprego xa que nos seus

centros traballan 235 operarios e

na contorna das plantas creceron

distintas empresas de servizos auxiliares.

Outro dos obxectivos é os

0 accidentes que se persegue integrando

a prevención no proceso

produtivo, buscando o compromiso

en todos os niveis da empresa e

mellorando continuamente as condicións

de traballo e da formación

dos empregados.

A empresa conseguiu cambiar,

naqueles lugares nos que desenvolve

a súa actividade pero tamén

no seu sector, o tópico da extracción

de mineral invasiva e destrutora.

Os seus procesos de traballo

e a innovación constante converten

a Erimsa no modelo para seguir

no sector da minería e, abrigo,

na integración das empresas coa

súa contorna e co medioambente.

Teléfonos: Frades: 981 692 237 • Begonte: 982 160 322

14 rutas

Lindeiros

Rutas pola Comarca

De Santa Comba a Tordoia

Este mes pasamos por lugares

da bisbarra que marcan

o tránsito entre a zona centro

e costa da morte ou as rías

medias, unhas paisaxes moito

máis desoladas e que reflicten

moi ben esa sensación tan galega

entre a tranquilidade e a

tristura.

Partimos de Santa Comba

collendo a AC-400, unha estrada

pola que a 4 kilómetros

e medio pasaremos polas instalacións

de Granitos do Xallas,

unha inmensa escavación

a ceo aberto que sorprende ao

viaxeiro ao pasar unha curva.

Dous kilómetros máis adiante

atoparemos un desvío a esquerda

que nos leva a nosa primeira

parada. Desde este desvío, ao

que volveremos para continuar,

atoparemos a 3.2 km. a

igrexa de San Pedro de Xallas

de Castriz construída no século

XVIII e de estilo barroco, a

actual bóveda de canón sobre

arcos faixóns foi construída en

1854. Desde o lateral da igrexa

podemos disfrutar dunha magnífica

vista da comarca do

Xallas.

De novo na AC-400 seguimos

viaxe e 1.9 km. despois ,

no lugar de Bazar, paramos

para visitar a pequena igrexa

de Santa María de Bazar, está

a tan so 100 metros por una rúa

estreita que se mete a esquerda.

Data da mesma época que a de

Castriz, S. XVIII, pero en 1945

debido ao estado ruinoso no

que se atopaba foi reconstruída

case por completo, aínda así é

un bo lugar sobretodo para os

afeccionados a o patrimonio.

Continuamos pola AC-400 e

seguimos subindo ata o monte

Castelo, a 3.9 km., onde faremos

unha parada para camiñar

un pouco nun entorno único.

No monte Castelo podemos

atopar bastantes pistas de terra

polas que pasear rodeados de

torres eólicas, é unha sensación

curiosa

xa que os muíños fan un

ruído digno dunha película de

ciencia ficción é o mesmo tempo

hai unha tranquilidade absoluta.

En este monte nace una

flor única no mundo, descuberta

hai máis de 25 anos, no 1987,

por Francisco Javier Silva e que

lle puxo de nome Centaurea

Ultreiae pola súa proximidade

a Compostela, coa construción

do parque eólico temeuse

pola súa desaparición pero non

so aguantou se non que segue

crecendo a colonia. Esta cima

atópase a 599 metros sobre o

nivel do mar e sitúase entre

os concellos de Tordoia, Santa

Comba, Coristanco e Carballo.

A estrada pola que chegamos

ata aqui remata 2 kilómetros

máis adiante, no lugar chamado

O Empalme. Estamos na estrada

DP- 1914 que a esquerda

nos leva a Carballo e a dereita

cara a Santiago pero nos cruzaremos

e seguiremos do outro

lado pola AC-400. A dous kilómetros

chegaremos a Pedra

Salgueira, un bo lugar para tomar

algo e parar un anaco.

Estamos de novo nun lugar

con dúas estradas aos lados, a

AC-400 nos leva directamente

a A Silva pero nos colleremos

en primeiro lugar a estrada da

esquerda para visitar a igrexa

de Santa Mariña de Anxeríz.

Do século XVIII ten , máis alá

do valor patrimonial, a curiosi-

novembro e decembro 2015 rutas 15

dade de ser o exemplo perfecto

de como a morte forma parte

da sociedade galega xa que, estando

rodeada por completo de

panteóns, nun lateral atopamos

tamén un parque infantil.

Volvendo ao cruce do que

partimos collemos a outra

estrada, a que nos indica o

camiño cara ao Dolmen de Cabaleiros.

por esta estrada chegaremos

a aldea de Viladabade

onde podemos visitar tamén a

igrexa de San Cibran. Estamos

nunha zona dedicada maioritariamente

a gandería así que

será habitual atoparnos con vacas

pastando nos prados, vacas

que se achegan enseguida si

baixamos a facerlles unha foto.

A estrada remata na capital

do concello de Tordoia, Pontepedra

e desde aquí visitaremos

os dous monumentos máis interesantes

de este mes. A estrada

da que falamos remata na

CP-8401, xirando a esquerda

a 1.2 Km. , xunto a unha sinal

que indica fin de prohibición de

adiantar, atoparemos o Dolmen

de Cabaleiros tamén chamado

Casa da Moura. Por esas cousas

que ten este país si queremos

ver os carteis informativos

sobre os dolmens teremos que

volver atrás e baixar 150 m ata

chegar ao campo de fútbol,

alguén pensou que alí serían

máis visto pero non se decatou

que si non están ao carón do

dolmen non ten sentido ningún.

Foi declarado monumento

Histórico Artístico en 1975,

está formado por oito lousas e

ten un diámetro aproximado

de 30 metros é unha altura de

dous. Os dolmens son monumentos

megalíticos datados entre

o V milenio e o III milenio

A.C. , eran túmulos funerarios

e foron antigamente saqueados

xa que se cría que contiñan

riquezas.

Desde aquí volvemos ao último

punto, o cruce no que

xiramos a esquerda e agora

seguiremos pola dereita, a un

kilómetro xiramos a esquerda

cara a igrexa de San Xulián

de Cabaleiros, que deixamos a

nosa esquerda e continuamos.

Un pouco máis adiante pasamos

un cruce en forma de V

e collemos o ramal da dereita

e no segundo cruce a partir

de aí xiramos a esquerda para

subir ata a Área Recreativa de

Pedra Longa. So pola fermosa

vista que se contempla desde

o alto xa merece a pena pero o

que nos sorprende nada máis

chegar é unha enorme pedra,

en forma de menhir, de máis

de 4 metros de alto. Esta rocha,

cedida por uns veciños ao

concello, xunto co seu entorno,

esta chea de lendas; hai anos

os máis vellos contaban que a

trouxera a Virxe María; unha

das teses é que está asentada

sobre un castro e o conto máis

recente sobre ela data dos anos

50; o parecer, fíxose un concurso

para ver que conseguía

chegar a cima e os rapaces que

o conseguiron usando unhas

cordas dixeron que no cumio

existían certas inscricións. Sorprende

que aínda ninguén se

decidira a estudar a fondo canto

hai de verdade en esas historias

pero o certo é que a visita

merece a pena e resulta o lugar

perfecto para rematar a ruta de

este mes.

Fotos: Loli Fdez.

16 alcaldes

Rafa Sixto

alcalde de Teo

“A realidade social é moito máis permeable

que a realidade política e meter fronteiras,

que en esta rúa acabe un concello

e comece outro non ten ningún sentido...

ou o ten pero non podemos condicionar

os servizos a esa separación que é unha

separación artificial.”

Lindeiros

Entrevistamos ao alcalde

de Teo nun momento no que

aparece en tódolos xornais con

titulares que falan da súa intención

de integrar o concello

co de Santiago. Comezamos a

entrevista falando da singularidade

de ocupar o posto de

quen se vai de alcalde para o

concello veciño e preguntámoslle

si a el lle miraron aos

ollos para dicirllo

“É curioso porque é a primeira

vez que se dan tres alcaldes

do ámbito científico,

Martiño médico, Miñones

farmacéutico e eu químico así

que as cousas están cambiando.

Máis que mirarme aos

ollos foi un paso progresivo

dentro da asemblea e unha

aposta colectiva por que Martiño

dese o salto e meternos

nesa aventura de construír a

capital de Galicia.”

O sorriso asoma cando sacamos

o tema da fusión con

Compostela pero enseguida

embárcase nun longo discurso

que sen embargo é posible que

marque o que serán as políticas

dos dous concellos o longo

de esta lexislatura.

“Os titulares xorden a raíz

do que xa dixera moitas veces.

Creo que si algo tiveron estas

eleccións é que deron a posibilidade

de xestionar en común.

Eu podo xestionar o servizo

da auga porque estou convencido

pero si Ames, que está ao

meu lado, e Santiago, que está

ao meu lado, están coa mesma

intención iso da a posibilidade

de avanzar en procesos de

confluencia que doutro xeito

non se darían; e dicir, si en

eses concellos hai alguén que

cre que o xestión da auga ten

que ser por medio dunha empresa

privada iso imposibilita

polo menos confluír na xestión

dese servizo. Esa concepción

que temos os 3 alcaldes, aínda

que, por exemplo, o alcalde de

Ames é dun partido distinto,

é certo que nos gobernamos

co PSOE aquí en Teo, as eleccións

deron unha posibilidade

clara de avanzar en procesos

de confluencia e procesos de

confluencia significan xestión

común de servizos.

Eu poño sempre un exemplo

moi claro: nos agora coa

xestión da auga temos que

contratar un camión que nos

costa 60.000 euros ao ano e

que nos ven dous días a semana,

evidentemente non podemos

comprar ese camión

porque custa 200.000 euros

pero si nos compartimos a xestión

da auga con Ames, temos

o camión dous días un e tres

días o outro, nos lanzamos de

cabeza a comprar o camión

porque nun ano o amortizamos.

Quen di iso di a contratación

da luz, a xestión do lixo,

a xestión telefónica... cada

concello vaise pelexando coas

compañías telefónicas... non

ten ningún sentido e ademais

hai unha realidade social que

nos arrastra. A maioría, digo

da xente do concello, imos a

traballar a Santiago, ou imos

a comprar ao Milladoiro, ou o

autobús de Santiago entra nos

Tilos ou so do Milladoiro usan

unha depuradora de Teo... a

realidade social é moito máis

permeable que a realidade política

e meter fronteiras, que

en esta rúa acabe un concello

e comece outro non ten ningún

sentido... ou o ten pero non podemos

condicionar os servizos

a esa separación que é unha

separación artificial.

En esta lexislatura nos temos

que poñer como reto ser capaces

de superar iso e facilitarlle

a vida aos veciños e convencer

a xente de que os servizos

poden ser máis eficaces, mais

económicos e que para eles é

unha vantaxe dar eses pasos

de integración y a partir de

aí é onde eu digo que a longo

prazo, a longo prazo eu non

vexo outra saída que non pase

pola fusión, por que? porque

a fusión depende directamente

dos concellos mentres

que as áreas metropolitanas,

a comarcalización etc. teñen

outras vías e estamos vendo

que iso non funciona... a área

metropolitana está impulsada

desde o parlamento, agora temos

un transporte metropolitano

que a persoa que vive en

Teo está na mesma área que

unha que vive en Carballo...

non ten razón de ser, a realidade

do transporte dun de Cacheiras,

dun de Bertamiráns

ou Milladoiro non ten nada

que ver cun incluso de Negreira.

Por iso digo que ao final

nos temos que ter a responsabilidade

de xestionar a nosa

vida diaria e para iso vamos

a ter que gañar capacidade de

decisión colectiva. Me molesta

cando din que se quere integrar

Teo en Santiago, se trata

de que si a xente así o decide,

Teo e Santiago... e Ames si a

xente así o decide constrúan a

Capital de Galicia, Santiago

pelexa por chegar aos 100.000

habitantes, Teo por chegar aos

20.000... os que colla un vaillos

a sacar ao outro.”

A relación, a coalición de

goberno, co Psoe é algo que

sorprendeu a moita xente que

vivimos épocas pasadas.

“Creo que á xente lle sorprendería

máis o ben que

funciona; é certo que a responsabilidade

persoal e o talante

das persoas que teñen a responsabilidade

de xestionar iso

é básica e en ese sentido creo

que todos estamos moi contentos

pero creo que foi unha

aposta decidida por artellar

mecanismos nada excluíntes,

Anova ou Son de Teo e o Psoe

non se reúnen por separado,

temos as reunións todas as semanas

onde todos decidimos

de todo e ademais decidimos

por primeira vez, o vemos

nas reunións que o mellor non

coincidimos cos do mesmo

partido e coincidimos cos do

outro, é evidente que na toma

de decisións do día a día hai

unha pluralidade de puntos de

vista e de enfoques, creo que é

clave porque xera unha sensación

de confianza.”

As prioridades parecen claras

para os próximos meses

aínda que os resultados dependeran

en gran medida da

Xunta de Galicia.

“para nos é prioritario o

polígono industrial da Ramallosa,

estamos fondamente

preocupados porque a nosa

intención era ter rematado

o plan de sectorización que

leva na Xunta un montón de

tempo, o feito de que non nos

chegue aprobado, nin se teñan

noticias nin de porque si nin

de porque non, estea aí nese

impás pois igual nos imposibilita

no próximo exercicio

poder presupostar o desenvolvemento

desde a expropiación

as obras de urbanización, entón

estamos moi preocupados

e non entendemos que pasa aí

para que isto non se concrete

porque teoricamente o concello

cumpriu tódolos requisitos,

mandou toda a documentación

y eu teño a confianza de

que neste mes que entra deixemos

resolto iso e o podamos

incorporar aos presupostos.

Tamén queremos seguir

coas liñas de transporte interior

pero non se nos clarifica

porque non podemos, hai un

informe xurídico pero se insiste

en que non queda claro,

é outra cousa que non entendemos,

que se nos denegue

sistematicamente a autorización

cando é o concello o que

soporta o custe económico. É

básico para artellar o concello

unindo as dúas grandes vías a

N-550 e a C-841, a verdade é

que parece que a Xunta so está

para poñer obstáculos, entendemos

que nos corrixa pero

o que non pode ser é a calada

por resposta.

A outra cousa na que queremos

avanzar e na carencia histórica

en Cacheiras de espazos

de integración urbana, a propia

evolución histórica desa

zona levou a falta de espazos

públicos e creo que temos que

retorcer as posibilidades para

ter cousas como un parque cuberto,

unha praza de abastos...

cuestións básicas para crear

cidade. “

Unha conversa interesante

que deixa moito sobre o que

pensar. A entrevista íntegra

pódese atopa no canal do xornal

en Youtube e en www.lindeiros.com

xunto co PDF.

Manel Pardo

Foto: Loli Fdez.

Teo: 27 de outubro de 2015

novembro e decembro 2015 17

18 pasou

Lindeiros

O grelo de Boqueixón visitou San Sebastián

O restaurante O Balado presentou o prato “berberechos con grelos de Boqueixón”

Aínda que cando falamos de

grelos pódese pensar que todo

é o mesmo, a verdade é que

según onde se de as diferenzas

son bastantes. O grelo de Boqueixón

ten a particularidade

de darse moi pronto, case desde

setembro, e resulta ideal para

tomar no mesmo día que se

recolle. Na actualidade se producen

máis de 20.000 kilos de

grelos para consumo fresco. O

concello quixo poñer en valor o

produto e contou coa colaboración

da Casa Labrega O Balado.

Rexentada por Marta e Roberto

está dentro do coñecido como

Grupo 9, que acolle ao mellor

da cociña galega dos últimos

10 anos, e que realizou recentemente

un Show Cooking en

San Sebastián. Para esta cita

Roberto ideou o “berberechos

con grelos de Boqueixón” unha

auténtica delicia que combina a

perfección ambos sabores e que

foi unha das estrelas da noite.

Luz Casal na comida contra o

cancro en Ordes

A Asociación reservou a sorpresa ata o último momento

Os 360 comensais da comida

anual da Asociación contra o

Cancro de Ordes non contaban

con unha invitada tan especial

como Luz Casal. Non era doado

conseguir que participara, non

por falta de vontade da cantante

de Boimorto se non pola atarefada

axenda que ten, pero todo

funcionou a perfección.

Foi Carmen, unha das socias

máis activas, a que coincidiu

con Luz no concello de Boimorto

mentres a artista preparaba o

Festival de la Luz, o compromiso

da artista coa causa fixo que todo

fora doado e enseguida comprometeuse

a acudir.

Entre os que non faltaron á

cita estiveron a presidenta da

Asociación Española Contra o

Cancro da provincia da Coruña,

dona Elena Viturro; Marcos

Calvo, psicólogo da asociación;

Beatriz Bernárdez, xefa de farmacia

do hospital de día; Emilia

Vázquez Pardo, presidenta local.

Tampouco faltaron rexedores de

A intención do concello é, en

palabras do alcalde Ovidio Rodeiro,

“poñer en valor o produto

e impulsar ao xoves a produción

como unha saída laboral

xa que a demanda é maior que

a produción e hai espazo para

crecer”.

Fontes: concello de Boqueixón,

Lindeiros

O alcalde de Boqueixón cos produtores e os donos de O Balado. Foto: Loli Fdz.

concellos da comarca e, por suposto,

o alcalde de Ordes e varios va, incidindo na “importancia

O rexidor falou en clave positi-

dos seus concelleiros, así como que ten a prevención e a interiorización

de hábitos saudables”.

outros membros da corporación

local. Na súa quenda de palabra o Pola súa banda a protagonista da

alcalde Martínez Sanjurjo destacou

a “concienciación de hábitos mordial que é “non sucumbir ao

xornada, Luz Casal, falou do pri-

de vida saudables, a investigación medo e transformalo en fortaleza

e o asesoramento”que se presta para acadar a vitoria nesta loita”.

dende a AECC, unha entidade A comida conseguiu 2.000 €

que conta cun “plus de alto valor que se destinaran integramente a

engadido, por ese fin último que investigación.

é a súa reseña ou marca de identidade,

o coidado das persoas”. Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

Mesa presidencial da comida. Foto: concello de Ordes

A Asociación de Amigos do

Camiño Portugués en Ames e

Teo ven de facer público un informe

sobre a Acollida a Peregrinos

na Capela de Santa María

Magdalena, no Milladoiro, no

que destaca o paso de 9.255 peregrinos

entre os meses de xuño

a setembro deste ano 2015. O informe

elaborado foi presentado o

pasado mes de outubro por membros

da asociación e polo deán da

Catedral compostelá, Segundo

Pérez López. O total de peregrinos

que chegaron a Santiago

desde o Camiño Portugués no

mesmo período de tempo elévase

a 31.453, do que se deduce que o

33 por cento deles visitaron e coñeceron

a Capela da Madalena

en Ou Milladoiro.

No documento ponse de manifesto

que son os españois os

peregrinos máis abundantes no

A mesa preparada para a degustación. Foto: Loli Fdez.

Consolídase o paso

de peregrinos polo

Milladoiro

De xuño a setembro pasaron máis de 9.200

pola capela da Magdalena

Camiño Portugués (5.097), seguidos

dos lusos (1,291) e dos

procedentes de Italia (619); pero

entre hai tamén presenza de

peregrinos procedentes de Tanzania,

Guatemala, India, Nova

Zelandia, Dubai, Filipinas, Finlandia

ou Alxeria, en total sesenta

e dous países dos cinco continentes.

O 85% dos estranxeiros son

europeos; outro 12% procede de

América; un 1,2% de Oceanía;

outro 0,6% de Asia; e un 0,5%

de África. Dos españois, os peregrinos

andaluces son os máis

numerosos, con 1,533; seguidos

dos naturais de Madrid, con 934,

como anécdota dicir que houbo

ademais peregrinos procedentes

das cidades autónomas de Ceuta

e Melilla.

Fontes: Asociación de Amisgos do

Camiño Portugués en Ames e Teo,

Lindeiros

novembro e decembro 2015 pasou 19

VIII edición dos Desordes Creativos

As fachadas de Ordes acollen cada ano novos murais

Ordes acolleu unha nova edición

do festival internacional

de arte na rúa DesOrdes Creativas.

Este ano participaron nela

artistas e muralistas da sona

de Spok, Sabek (Madrid), Ino

(Grecia), Malakkai (Almería) e

Doa (Galiza).

Os centros académicos Maruxa

Mallo e Castelao, o Campo

da Feira, o campo de fútbol Vista

Alegre, ou as inmediacións

do Paseo Mercurín son algúns

dos lenzos que foron empregados

nesta ocasión. Os grafftis

reflícten creacións de distintos

estilos e temáticas coas que se

pretende denunciar e concienciar

á veciñanza sobre aspectos,

valores e problemáticas actuais.

O Festival actúa como unha

eficaz ferramenta de rexeneración

urbana e diálogo social,

que converte vellos espazos en

desuso ou abandonados en novos

lugares cheos de vida e cor

para o disfrute colectivo. Un

gran museo público e gratuíto a

ceo aberto, co que tamén se pretende

combater o feísmo urbano

dalgunhas das zonas da vila

a través da cor e da arte. Unha

iniciativa que se vén desenvolvendo

ininterrompidamente

dende o ano 2010 grazas á sensibilidade,

o esforzo e o amor

incondicional de organizadores

e colaboradores, así como polo

traballo altruísta dos artistas

participantes.

Ademais de contar coa colaboración

do Concello de Ordes

nesta nova edición hai que

mencionar á asociación cultural

Cultivarte e ao colectivo creativo

Mutante.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

Algúns dos murais da edición do 2015. Fotos: loli Fdez.

Cineuropa recibiu o

Premio do Crítica de

Galicia

O galardón recoñece ao Festival como

Mellor Iniciativa Cultural

Cineuropa foi recoñecido co

Premio da Crítica de Galicia no

apartado de Iniciativas Culturais

na XXXVIII edición destes

premios. Recolleu o galardón o

tenente de alcalde do Concello

de Santiago Jorge Duarte quen

na súa intervención destacou

que era unha honra para o Concello

de Santiago recoller este

premio á mellor iniciativa cultural

porque “nós cremos firmemente

que as administracións

publicas teñen que crear tecido

cultural e ser garantes da democratización

e acceso á cultura”.

Duarte afirmou ademais sentirse

“especialmente orgullosos de que

o premio fose para este festival

que foi sempre fiel aos seus principios,

ao cinema comprometido,

de autor, independente, de crítica

social...” xa que segundo o tenente

de alcalde “Cineuropa reflicte a

realidade de cada momento, non

caeu na opción doada das modas

e soubo facelo mantendo o interese

do público que cada edición

enche as súas salas”. De feito foi

precisamente a ese público a

quen desde o Concello de Santiago

lle adicaron o premio xa que

“sen eles non seria posible manter

durante case tres décadas

este festival”.

Os Premios da Crítica Galicia

instituíronse coa finalidade de

facer público o recoñecemento

que, dentro do marco xeral da

cultura galega, merezan os labores

individuais ou colectivos que

cada ano cristalicen en achegas

relevantes para os diversos ámbitos

da creación cultural e da

investigación en Galicia. Considéranse

premiables no apartado

de Iniciativas Culturais todos

aqueles feitos ou labores que,

emprendidos por persoas, asociacións,

entidades ou todo tipo

de institucións, destacasen na

defensa, pulo ou espallamento

da cultura galega e que, podendo

ser consecuencia dunha traxectoria

iniciada con anterioridade,

permanecesen vixentes durante

o ano 2014.

O xurado da sección de Iniciativas

Culturais estivo formado

por Antón Sobral, secretario;

Mercedes Rosón, Subdirectora

da área de Cultura da USC; Encarna

Lago, xerente da Rede

Museística da Deputación de

Lugo; Francisco Porto, xestor

cultural, director de Latamuda;

Belén Fortes, xestora cultural;

Xabier Límia, activista cultural

e Ana Isabel Vázquez, activista

cultural.

Fonte: concello de Santiago, Lindeiros

20 pasou

Lindeiros

FairWay: O primeiro Forum do Camiño de Santiago

Un dos stand máis atractivos foi o de Ana

Lista, O Camiño do Encaixe

Ana comezou case por casualidade

“no 95 vin unha muller

palillando nunha fotografía e

pensei que era o que quería facer,

unha Semana Santa fun a Camariñas

e comprei a primeira almoda

e busquei quen me ensinara

o principal”. Hai sete anos volve

a vila e gaña o segundo premio

cunha vieira de peregrino e decide

converter a afección en profesión,

pasa catro anos estudando

en Pontevedra con Mariña Regueiro

e Holanda con Lía Baumeister

e consegue licenciarse en

encaixes estranxeiros e españois

“ningunha arte de costura ten título

menos o encaixe, tiven que

ir a Holanda a licenciarme xa que

aquí salvo a escola de Mariña

non tiña quen me ensinara o que

quería: deseñar para poder facer

pezas extraordinarias”.

Ana Lista abre un novo camiño

para o encaixe xa que é quen de

fusionar as distintas técnicas en

traballos sorprendentes “o que eu

fago e fusionar distintos técnicas

de encaixe, galegas, holandesas,

italianas... en pezas que

sorprendan e teñan o seu propio

significado, un botafumeiro, a

Catedral, o Pórtico da Gloria... en

certo modo converto o encaixe

en pintura». O tempo libre que

lle queda despois de dar clase

O FairWay pechou pensando

no ano que ven

O FairWay celebrouse en

Compostela entre o 15 e o 18 de

outubro pasado, o máis comentado

de este primeiro Fórum sobre

o Camiño de Santiago foi precisamente

que non existira algo así

e os bos resultados avalían a necesidade

que existía dun encontro

de este tipo.

A organización estima que o

volume de negocio que alcanzarán

os contactos establecidos no

evento, sumado á propia repercusión

económica sobre a cidade

de Santiago, pode roldar o millón

de euros, hai que salientar que se

celebraron máis de 1.200 citas de

tipo comercial.

O encontro contou con máis de

25 turoperadores nacionais e internacionais,

medio cento de ex-

positores e algo máis dun cento

de empresas que tiveron a oportunidade

de expor os seus produtos

e servizos vinculados á Ruta

Xacobea; o evento serviu de análise,

de profunda reflexión e de

intercambio de experiencias entre

peregrinos pero tamén entre

administracións e responsables

doutras rutas de peregrinación.

Ana Trevisani, que xunto a

Manuel Oreiro e Ton Mugico

encargouse da organización, explicaba

que “A feira profesional

desta primeira edición contou

coa participación de todos os sectores

arredor dos camiños. Institucións,

hostaleiros, restauración,

servizos... máis de 50 expositores

que destacan o perfil dos visitantes

e a repercusión lograda. Foi o

mellor escaparate posible para os

seus servizos e produtos. O núo

dedica a deseñar pezas con

motivos galegos, a inspiración en

calquera momento “agora estou

traballando nunha serie sobre os

petróglifos, as veces ves un cartel

e comezas a traballar sobre esa

idea, si che gusta o resultado a

acabas convertendo nunha serie,

agora mesmo vexo que Galiza

Fontes: Lindeiros

Ana Lista posando co seu encaixe do Pórtico da Gloria . Fotos: Loli Fdez.

A organización pensa xa no ano que ven

ten un arte rupestre precioso e

iso levado ao encaixe pode ser

fantástico”.

Se duda o camiño do encaixe

é o máis axeitado para o que fai

Ana Lista xa que abre unha nova

vía a unha das nosas tradicións

máis arraigadas.

O novo traballo de Ana Lista, Petróglifos da comarca. Fotos: Loli Fdez.

mero de visitantes final está acorde

coas nosas expectativas. Xa é

o momento de pensar na segunda

edición”. Pola súa banda Mugico

falaba da parte máis congresual

do Fórum “Contamos con 50 relatores

de alto nivel. O Congreso

do Fórum do Camiño de Santiago

respondeu cos seus distintos

paneis ás diferentes perspectivas

que conta o fenómeno das rutas

xacobeas. Experiencias persoais

de interese, a seguridade nas rutas,

a reflexión do “Camiño do

despois”, os outros camiños de

peregrinación, o coidado do patrimonio

e as propias rutas, as

infraestruturas e servizos...todos

estes aspectos foron tocados por

expertos. Ademais descubrimos,

en primicia, que haberá segunda

parte da película The Way, en

boca de Carmen Estévez”.

As caras do Camiño

O Camiño ten moitas realidades

que se fusionan na ruta, no

FairWay púidose ver unha boa

representación de algo do que

un pode atoparse ou do que a un

lle pode axudar.

Sue Kenney chegou desde

Estados Unidos cando a ruta

era unha descoñecida en aquel

país, na Feira presentou “Mi camino”

a tradución do libro que

narra a súa historia e que é un

best seller nos EEUU, Sue volve

de cando en vez con grupos de

compatriotas a facer a ruta.

Ideas peregrinas é unha empresa

afincada en Santiago e

que comercializa desde hai tempo

un xogo da oca inspirado no

Camiño, no FairWay presentou

unha baralla moi documentada

e que é outro xeito de saber máis

da ruta.

Si buscamos información a

Libraría Pedreira nos ofrece, e

nos consigue, os libros que precisemos

sobre o Camiño, tamén

estivo na Cidade da Cultura

mostrando os seus produtos.

Tanabe é unha cidade xaponesa

que acolle o camiño de Kumano,

unha ruta que ten moitos

puntos en común co Camiño e

que tamén quixo estar presente

no Fórum.

Por suposto non faltaron as

os concellos, a Federación de

Turismo Rural, o Cluster do Turismo,

empresas de mensaxería

que fan máis doado o camiño

ou de bicicletas que ofertan outro

xeito de chegar a Santiago;

unha boa colección de stands

que durante catro días mostraron

na Cidade da Cultura moito

do que a ruta ten que ofrecer.

O FairWay foi complementado

con concertos, exposicións

e mesas redondas que encheron

de actividade a Cidade da Cultura

durante os 4 días que durou o

evento.

Fontes: FairWay, Lindeiros

novembro e decembro 2015 pasou 21

A Maker Faire mostrou a creatividade galega

A primeira edición celebrouse en Área Central

Un maker ven sendo o que

toda a vida chamouse un “manitas”,

pero ese tipo de persoa

combinada coas novas tecnoloxías

e os movementos de colaboración

convertese en algo

moi serio que marca algúns dos

avances da sociedade.

Na Maker Faire celebrada en

Área Central púidose ver desde

drons feitos na casa ata caixas

que nuns poucos días nos facilitarán

setas frescas coas que

preparar un bo prato, unha bicicleta

construída con bambú, as

inevitables impresoras 3D pero

tamén artesanía, un laboratorio

de fotografía analóxica, a demostración

de como facer holografías

con un teléfono móbil,

ou os impresionantes motores

Patelo feitos a escala pero completamente

funcionais, un heteroxéneo

conxunto de materias e

produtos baixo o denominador

común de, en certa medida, ser

manufacturados.

A feira máis alá de sorprender

cos seus stands completouse

con charlas, obradoiros e actuacións

musicais que serviron

para encher o centro comercial

de xente ó longo de todo o día.

Os datos avalan os resultados xa

que por Área Central pasaron

18202 visitantes que visitaron os

postos de 132 “makers”, cifras

que prometen unha continuidade

no 2016.

Fontes: Maker Faire, Lindeiros

Robots con materiais de refugallo, como facer holografías co móvil, facendo hormigón, clases prácticas para rapaces e

bicicletas co cadro en bambú son algúns dos stands que formaron parte. Fotos: Loli Fdez.

Ordes celebrou a Constitución

con visitas ao concello

Alumnos dos colexios e obradoiros achegáronse a casa consistorial

Co gallo do 37º aniversario da

Constitución Española o Concello

de Ordes organizou unha

xornada especialmente dirixida

aos escolares do municipio, así

como aos usuarios e usuarias do

grupo de Habilidades Sociais de

Mesón do Vento.

Dende primeira hora o edificio

consistorial encheuse de

rapaces e rapazas de segundo

e terceiro de Primaria do CEIP

Campomaior que, acompañados

polo alcalde de Ordes,

percorreron todas os andares

e visitaron cada un dos departamentos.

Unha visita da que

tamén participaron outros edís

como Susana García, Beatriz

Martínez Candal, Luis Caama-

ño ou José Manuel Mira. Cada

un deles, así como os demais

membros do equipo de goberno,

recibiron unha tarxeta de felicitación

de Nadal realizada polos

integrantes do curso de Habilidades

Sociais.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

O alcalde co grupo de habilidades sociais. Foto: concello de Ordes

Os nenos aprendendo a votar. Foto: concello de Ordes

22 pasará

Lindeiros

O Auditorio acolle unha exposición sobre o

libro de artista

“Salto de páxina. O libro de artista no século XXI” estará aberta ata febreiro

O Auditorio de Galicia inaugurou

este pasado mes a exposición

‘Salto de páxina. O Libro

de artista no século XXI’, comisariada

por Rocío San Claudio

Santa Cruz, directora de ArtsLibris.

A mostra recolle un collage

único de libros de artista, fotolilbros

e bibliofilia contemporánea

procedente da colección Banco

Sabadell e ArtsLibris.

O libro de artista xurdiu na

segunda metade do século XX,

concretamente, no ano 1963,

cando Edward Ruscha realizou

a primeira edición de Twenty-six

Gasoline Stations (26 estacións

de gasolina). A partir de entón,

os artistas máis vangardistas decidiron

servirse do libro como

instrumento de ruptura coa arte

anterior, a pesar do paradoxo de

tratarse dun medio de expresión

artística tradicional.

ArtsLibris, a feira do libro de

artista e a edición contemporánea

de Barcelona, e o Banco

Sabadell, a súa principal empre-

“Rumpelstikin, o anano saltarín” en Ames o luns 21

A compañía Trompicallo a representará na Casa da Cultura do Milladoiro

A Casa da Cultura de Milladoiro

acolle o luns, 21 de

decembro de 2015, a partir das

17:00 horas, “Rumpelstikin,

o anano saltarín”, unha coprodución

de Kalina Teatro e

Trompicallo, dirixida por Plamen

Dipchilov e interpretada

por Plamen Dipchilov, Marian

González e Luís González.

Traballo de actor, obxectos,

marionetas e sombras son a

base deste espectáculo que

se inspira nunha historia dos

Irmáns Grimm. As entradas

sa patrocinadora, transforman

o Auditorio de Galicia, nunha

xeografía de libros que son arte:

edicións de libros de artista, fotografía

e deseño constitúen

este collage único, creativo e

innovador. Os libros e publicacións

de artistas internacionais

como Andy Warhol, Lawrence

Weiner, Jaume Plensa ou Jose

Pedro Croft, dialogan co traballo

de numerosos creadores novos

como Cristina de Middel,

Ricardo Cases ou Simona Rota.

Unha parte importante da exposición

son obras de creadores galegos

como Antón Lamazares,

Leopoldo Nóvoa e Vari Caramés.

Obras internacionais e paradigmáticas

da produción desta

última década, especialmente

dos últimos cinco anos, onde

numerosos creadores novos dedican

unha parte importante

do seu traballo á edición de publicacións.

Unha boa parte dela

editada baixo o formato dos chamados

Fotolibros.

A mostra poderá visitarse na

sala de exposicións do Auditorio

de Galicia, a sala Isaac Díaz

Pardo, todos os días ata o mes de

febreiro de 2016 (agás o 25 de

para asistir á función teñen un

prezo de catro euros para os

maiores de 12 anos e os que

posúan carné de estudante ou

sexan maiores de 65 anos terán

un desconto do 50%

Despois de colaborar hai uns

anos na produción do espectáculo

“Nadarín”, as compañías

Kalina Teatro e Trompicallo

xuntáronse para afrontar a coprodución

de “Rumpelstikin,

o anano saltarín”, un clásico

europeo de tradición oral. No

conto de “Rumpelstikin, o anano

saltarín” atopamos unha

alerta conceptual, que nos

ilustra acerca do que acontece,

cando deixamos o noso destino

en mans doutros: perdemos o

control da nosa propia vida. O

decembro e o 1 de xaneiro que

permanecerá pechada).

O horario de visita, que é de

balde, é de 10.00 a 14.00 h e de

16.00 a 20.00 h (os días que hai

conto desenvólvese nun momento

no que a pobreza apodérase

do pobo, mentres que

os poderosos viven alleos ao

sufrimento das xentes, preocupándose

unicamente de

concerto no Auditorio, a sala

pechará ás 19.00 h).

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

Algunhas das pezas da exposición. Foto: concello de Santiago

aumentar a súa riqueza, unha

situación que, desgraciadamente,

se repite moi a miúdo.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros

RESERVA TU ESPACIO

PUBLICITARIO:

publicidad@lindeiros .com

A TÚA PUBLICIDADE

TEN UN SITIO AQUÍ:

Tfno: 698 142 568

Momento da obra. Foto: Trompicallo

novembro e decembro 2015 23

Carlos Blanco, Luis Davila

15 e 16 de diciembre

Teatro Principal (varios horarios)

Menu do Día é un experimento, un encontro, un formato novo onde

dous consagrados humoristas, Luis Davila e Carlos Blanco, unen inxenios

para, nun traballo estéticamente impecable, dar unha volta de torca ao

monólogo humorístico para trasladalo a un directo hipnótico, onde a retranca

dita e debuxada simultaneamente, obrigan ao espectador a non

saber moi ben nalgún momento a onde prestar atención. Un proxecto

premiado coa asistencia masiva de público a cada unha das suas representacións,

probado en teatros e mesmo ao aire libre con éxito. Un

encontro de dous amigos cun lugar común. O humor. Davila e Blanco

traballan xuntos, á par, elaboran cousas novas cada noite e disfrutan e

fan disfrutar ao público con historias sobre a Garda Civil, as bravas do

país, ou o fútbol.

Real Filharmonía

O Mesía de Haendel

18 de decembro

Auditorio de Galicia 21:00

O Coro da Sínfónica de Galicia e diferentes Coros da Cidade participan

no aniversario da Real Filharmonía de Galicia acompañando

a orquestra na interpretación de fragmentos de ‘O Mesias’ de G.F.

Haendel. O Mesías é un oratorio composto por Georg Friedrich

Händel en 1741. Mentres que nos demais oratorios de Händel pode

recoñecerse unha marcada influencia italiana, a música do Mesías

arráigase nas antigas paixóns e cantatas alemás. Händel compuxo

a obra en Londres, en apenas tres semanas. Aínda que tradicionalmente

asociado co Nadal, este oratorio trata non só o nacemento

de Jesús, senón toda a súa vida. Uns meses despois de ser composta,

a obra estreouse en Irlanda, durante unha viaxe de Händel, pero

a gran estrea non chegou até 1742, no New Music Hall de Dublín

para un concerto benéfico.

Los INnato

No / Nato

19 e 20 de

decembro

Sala Agustín

Magán 20:30

O Colectivo de danza Los INnato

/ Residentes en Costa Rica,

fundado por Marko Fonseca

[Costa Rica] e José Raúl Martínez

[El Salvador] no ano 2009,

mantén actualmente un traballo

de investigación e colaboración

con diferentes artistas do medio:

actores, bailaríns, fotógrafos,

arquitectos, vestuaristas, modelos

etc. Ofrecen Obradoiros/

Workshops de danza para principiantes

e profesionais en diferentes

centros educativos tanto

en Costa Rica como fóra dela.

Preséntannos en Santiago ‘LOS

INnato’. Sinopse: “…y ellos

como si no existiera, como si

fuese un suspiro que exhalaron

solo por placer, un gemido que

me llevo a estar aquí…”

Premios - Premio L’Estruch

Petit Món - Residencia de Creación

Artística. - Obra seleccionada

para ser parte do Circuito

Iberoamericano de la Red 2015

- Red de Teatros Alternativos de

España.

Nadal Máxico

19 de diciembre

Teatro Principal 19:00

Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos

Profesionais de Galicia estruturado en formato gala, con un presentador

e catro magos profesionais en escena. Cada un dos magos

amosará o mellor do seu repertorio. O resultado é un show onde o

público non terá acougo, de principio a fin. O mellor da maxia galega

resumido en 75 minutos de maxia.

presenta: Mago Antón, actúan: Kiko Pastur, Mago Richard, Mago

Benxamin, Cayetano Lledó, Mago Norberto, Javier Muro. A maxia

é unha das compoñentes principais do Nadal e os cativos esperan

sempre con ilusión as galas que os distintos concellos organizan.

Nos últimos anos Galicia converteuse nunha referencia en este ámbito

do espectáculo.

Improdacabra

Los Duguis Impro

21 de decembro

Teatro Principal - 19:00

Tres bruxillas viaxeiras, un caldeiro máxico e marabillosas historias

que aparecerán por encantamento diante dos nosos ollos. As

Bruxas Pata de Cabra son especialista en contar as mellores historias,

sempre axudadas dos seus pequenos aprendices de bruxo e as

súas palabras máxicas. Un espectáculo de improvisación teatral dirixido

ao público infantil que favorece a implicación e participación

dos pequenos na creación das súas historias.

Los Duguis Impro é unha compañía de teatro de improvisación

que nace no ano 2012, formada por Oswaldo Digón (actor e director),

Marita Martínez, Noemi Miranda e Marta Igrexas. Cada un dos

membros provén de diferentes camiños das artes escénicas, monólogos,

teatro, contacontos, circo, clown... Xuntos comezaron o seu

camiño no mundo da improvisación no ano 2010, formándose coa

compañía ImproMadrid Teatro, discípulos de Keith Johnstone, creador

desta revolucionaria técnica teatral.

24 pasará

Lindeiros

Visita un museo

A Casa do Cabildo

Na compostelana Praza de

Praterías a Casa do Cabildo

foi restaurada hai 4 anos polo

Consorcio da cidade e, aínda

que non é un museo estable,

serve de excepcional sala de

exposicións. O máis curioso de

esta edificación é a súa historia,

si un pasea polas súas estancias

non acaba de entender

a funcionalidade dun edificio

que ten so 4 metros de fondo.

Construído no século XVIII

Fernando Casas Novoa, responsable

da fachada catedralicia

do Obradoiro, tiña que ser

o arquitecto pero ante a súa

repentina morte fíxose cargo

do proxecto Clemente Fernández

Sarela. No lugar que ocupa

a Casa do Cabildo existían

3 vivendas que, por estar máis

adiantadas, impedían o paso

dos carros que viñan da rúa e

xiraban cara ao Obradoiro. O

Arzobispado decidiu comprar

dúas, a terceira aínda se conserva

no lateral dereito, e remodelar

a praza. A obra esta feita

baseándose na fachada e non

no interior, por esta razón nos

atopamos cun interior no que o

aproveitamento do espazo non

se ten en conta.

A Casa do Cabildo é unha

das grandes obras do barroco

galego e serve de peche perfecto

a Praza de Praterías e de

magnífica sala de exposicións

polo que se pode dicir que o arquitecto

cumpriu co encargo a

perfección.

HORARIOS

O museo abrirá as súas portas

de martes a sábados, de 10:00

a 14:00 horas polas mañás e de

16:00 a 20:00 horas e os domingos

de 11:00 a 14:00 horas. Os

luns a Casa do Cabido permanece

pechada.

Cartas de Nadal en Ames,

Santiago e Teo

O concurso ten como finalidade promover o uso do galego

Ames, Teo e Santiago organizan

de forma conxunta, o Concurso

de Cartas de Nadal, unha

actividade posta en marcha

polas respectivas áreas de Normalización

Lingüística de cada

concello. A iniciativa, baixo o

lema ‘’Este Nadal...cultívao a

diario!’’ quere animar a nenos

e nenas a encher de contidos

as cartas que escriben pedindo

os seus agasallos de Nadal. As

concelleiras Isabel Vaquero, de

Ames, e Pilar Fernández, de

Teo, e o concelleiro, Manuel

Dios, de Santiago, presentaron

publicamente parte dos materiais

que acompañan a actividade.

O municipio amesán leva xa

nove anos desenvolvendo este

programa en colaboración cos

centros de ensino de educación

infantil e primaria. Os colexios

de Ames recibiron xa a cadan-

súa caixa de correo de Nadal,

así como unha primeira parte

dun máxico agasallo para repartir

entre todo o alumando de ata

4º de primaria. O 18 de decembro

recolleranse todas as cartas

dos colexios para facerllas chegar

aos magos. Ademais, tamén

se colocarán caixas de correo

na Casa do Concello, nas casa

da cultura e nas bibliotecas para

que toda a veciñanza poida participar.

Nos locais municipais

poderán depositarse as cartas

ata o día 4 de xaneiro.

Esta proposta deixa abertas

todas as posibilidades para que,

en cada caso, a carta dos nenos

estea dirixida aos personaxes

que se prefiran (O Apalpador,

os Reis Magos, Papá Noel..),

procurando deste xeito eliminar

barreiras relixiosas.

É moi importante que cada

carta (ou o sobre, se é o caso)

inclúa os datos completos do

neno ou nena: nome e apelidos,

idade, enderezo (rúa ou lugar,

número, piso, parroquia, código

postal e localidade) así como

o número de teléfono. Todos

os nenos e nenas que indiquen

o enderezo correctamente

recibirán nel a carta resposta

con sorpresa incluída.

Ademais, no Concello Ames

haberá seis premios para as

cartas máis interesantes e creativas

e algunha delas ilustrará a

programación de Nadal do ano

vindeiro. Por iso, é fundamental

indicar un número de teléfono

da familia para que se poida

contactar cos gañadores do concurso

e convocalos á entrega deses

premios, que coincidirá coa

cabalgata do 5 de xaneiro.

Foto:Loli Fdez.

Os concelleiros na rolda de prensa. Foto: concello de Santiago

novembro e decembro 2015 pasará 25

“Artefacto” na Área

Empresarial do Tambre

O colectivo esta formado por 26 artistas plásticos

A Área Empresarial do Tambre

acolle a primeira exposición

pictórica do colectivo de artistas

plásticos composteláns “Artefacto”.

O presidente da asociación,

Jesús Chenel, presentou a mostra

na sala de exposicións do centro

empresarial. A exposición estará

aberta ao público ata o vindeiro 8

de xaneiro.

Os artistas que forman parte

da exposición son Luz Balado,

Secundino Capeáns, Chus

Cundines, Parrula Cortizo, Pío

Cortizo, Martín Cortizo, Claudia

Dávila, Ramiro Díaz, Ana

Esmorís, Margarita Esmorís,

Carmen Fidalgo, Concha Frutos,

Chus Fuentes, Elena Vieito,

Andrea Mariño, Cristina Manrique,

Alicia Manrique, Guillermo

Moure, Álvaro Moure, Belén

Porta, Uxía Rodeiro, Brais Rodeiro,

Isabel Rey, María Salvado,

Beatriz Sesar e Inés Toca.

O colectivo quere amosar coa

exposición a maneira que teñen

de encauzar a súa creatividade

a través de distintas técnicas, na

busca dunha linguaxe propia coa

que transmitir ese goce que supón

calquera actividade creativa

como o debuxo ou a pintura.

“Artefacto” naceu coa inten-

Unha peza da artista Ana Esmorís.

Presentación en Oroso de

“Non quero xogar as agachadas coa

lúa” da escritora Estela Suárez

Participará tamén o ilustrador Héitor Picallo

A escritora Estela Suárez

Recouso e o ilustrador Héitor

Picallo Fuentes presentarán o

próximo venres 18 de decembro,

ás 20:00 horas, a súa última

colaboración editorial, o conto

infantil “Non quero xogar ás

agachadas coa lúa”. A obra,

que está publicada por Edicións

Fervenza e conta coa colaboración

do Concello de Oroso, será

presentada no centro cultural de

Sigüeiro nun acto aberto a todos

os públicos e no que a entrada é

de balde.

Este conto está escrito por

ción de compartir a paixón pola

arte, que sen dúbida vai máis alá

do goce do autor mentres a realiza,

xa que a obra como elemento

de comunicación transmitirá a

través da linguaxe plástica esa

visión do autor que sempre será

única e persoal.

Estela Suárez, veciña de Oroso,

e conta con traballadas ilustracións

que correron a cargo de

Héitor Picallo, natural de Cuntis.

A historia céntrase na relación

de amizade que establece

a lúa e o protagonista, un cativo

chamado Xan.

O acto contará coa actuación

do cantautor Manoele de Felisa,

que interpretará diversas

cancións infantís para o público

asistente.

Estela Suárez está licenciada

en Filoloxía Galega e actualmente

atópase estudando Pedagoxía.

O seu primeiro certame

literario gañouno na súa localidade

natal, Oroso, en 1999. Nese

momento comezou a súa andaina

literaria, sucedéndose diversos

premios en certames de

narrativa e relatos curtos. Entre

os últimos recoñecementos recibidos

atópase o primeiro premio

á mellor curta no V Certame de

Curtas para Rosalía da Asociación

Socio-Pedagóxica Galega

(ASPG) e o segundo premio do

III Concurso de Curtametraxes

“E ti que ves?”, de Adega; ambos

neste ano 2015.

Nadal na Fundación

Granell

Unha exposición e obradoiros para os máis

cativos a oferta para os próximos días

O obxectivo desta exposición é seguir tentando que a

cidadanía coñeza o traballo que realizan estas persoas, e o

labor desenvolvido pola Asociación a prol de lograr que este

colectivo forme parte activa da sociedade. Persigue tamén, facer

un chamamento á sociedade para eliminar os atrancos existentes

para a necesaria integración social e laboral deste colectivo.

Coñecer a estas persoas, tratar de descubrir o que senten coas

etiquetas, comprender en qué consisten realmente os

trastornos mentais e entender que é perfectamente posible

convivir con este tipo de problemas de saúde, axudará a que

entre todos construamos unha sociedade más avanzada, xusta e

inclusiva. A mostra está composta por obras realizadas en

diferentes técnicas e formatos, dende ó traballo coa cerámica,

coiro ou encadernación.

Por outra banda a Fundación preparou unha serie de

obradoiros baixo o nome de A fabrica de Agasallos”, un

espazo onde as nenas e nenos poderán converterse en

pequenos creadores, elaborando diferentes propostas plásticas

(bonecos, faroliños, xoguetes …) para agasallarse a si mesmos

ou para agasallar aos seus nas datas de Nadal. Este obradoiros

terán lugar os días 23, 29 e 30 e teñen un custo de 13 euros

cada un e 22 si se acude a dous e 30 si se participa nos tres.

As inscricións ata que se cubran tódalas prazas na dirección

de correo abrollarela@yahoo.es ou na propia Fundación na

praza do Toural, 981572124.

26

Lindeiros

novembro e decembro 2015 deportes 27

Antonio Bermúdez

É a memoria viva dos últimos

corenta anos do deporte en Santiago,

viviu os mellores e os peores

momentos do Compostela, o

Obradoiro, o Santiago Futsal, coñece

como ninguén a agrupación

de veteranos ou como naceu esa

moda das carreiras pedestres, pasou

do pavillón do Obradoiro ao

Multiusos de Sar é da grada de

río ao novo campo de Santa Isabel.

Falar con Antonio Bermudez

é entrar na realidade do deporte

da cidade pero tamén dunha importante

parte da súa historia.

O seu primeiro contacto coa

radio naceu por algo que hoxe é

moi habitual, un partido solidario

“A miña familia paterna é

de Carral, en aquel equipo xogaba

“Astorga”, lle chamaban

así porque nacerá en esa cidade

e a verdade é que hoxe xa non

lembro o seu verdadeiro nome.

Este xogador tivo un problema

na cabeza que obrigaba a

unha operación na que lle colocarían

unha válvula que, en

aqueles tempos, tiña ademais

que ser comprada en Inglaterra.

Astorga era estudante de

medicina e a facultade ofreceuse

a facerse cargo da operación

pero faltaba a válvula. Preparouse

o partido para recadar

fondos e eu achegueime a radio

A voz do deporte

para ofrecerlle a miña axuda a

Santiago Davila. Aquilo pasou

pero un día Davila chámame

para preguntarme se podo cubrir

un partido do Compostela

xa que sabía que eu era moi

afeccionado, díxenlle que si e

parece que saíu ben porque foi

o primeiro de moitos.

Un clásico da radio é o carrusel

pero o que hoxe é normal, as

conexións cos campos, era algo

moito máis complexo cando o

programa era local e so existían

teléfonos fixos

O programa comezaba as

9 da noite, a esa hora tíñamos

que ter os resultados de tódolos

equipos. O inverno nos beneficiaba

porque os partidos comezaban

antes por falta de luz e

tíñamos máis tempo para chamar

e conseguir os resultados.

En aquela época marcabas o 09

e pedías que che pasaran por

exemplo con 14 de Bembibre,

como tíñamos dous teléfonos

pedías ao mesmo tempo dúas

conexións para preguntar nos

campos, ou nun bar onde sabías

que se reunían tralo partido,

co que si entraba alguén

pola porta estabas falando cun

auricular en cada orella. Nos

ten pasado de todo; por exemplo

un directivo, dono dun

bar ao que chamábamos para

pedir información, marchaba

e deixaba recado a señora e a

boa da muller dicíache que empataran

-¿pero a cantos goles?

-iso non o sei; teño chamado a

cuarteis da Garda Civil porque

eran os que acudían aos campos

para evitar altercados e

eles che pasaban os resultados,

e unha ocasión como a parella

aínda non volvera foron eles os

que me devolveron a chamada

e me contaron o resultado.

Aínda que segue moi vinculado

a radio e segue colaborando

recoñece que para el é un vicio e

un pasatempo. Hai catro anos estivo

a piques de deixalo por completo

porque cría que cumprira

un ciclo completo, unha etapa

Era o momento clave, pensei

que existe o Obradoiro, o Santiago

Futsal pero eu realmente

comecei co Compostela en

preferente, desde esa categoría

acompañei ao equipo ata a primeira

división e agora que volvía

a preferente era o momento

de pechar o círculo.

A chegada do Compostela a

primeira división foi un cambio

enorme ao que se tivo que

adaptar, non so el, se non toda a

cidade

Fernando Santos chega como

adestrador e leva ó equipo da

terceira a segunda B , a segunda

e despois de 3 anos á primeira

nacional, unha carreira así

era difícil que a asumiramos

nos pero tampouco o equipo e

moito menos a cidade. Santiago

e por enriba unha cidade

que, como eu digo, sempre se

apunta as festas pero non aos

funerais; pero é mais , estando

en segunda A, e xogando aínda

en Santa Isabel, nunca se enchía

o campo. En San Lázaro

o único partido no que se colgou

o cartel de non hai billetes

foi contra o Sporting de Gijón

xa que veu a “Mareona”, que

segue indo co equipo, e ocupáronse

as 13.000 localidades

pero foi a única ocasión na que

sucedeu.

Necesitase moito tempo si un

quere falar con Bermudez porque

se non quedas coa sensación

de querer máis, de preguntar

máis, e de que este home non

é que de para un libro, da para

unha enciclopedia.

Fotos: Loli Fdez.

28 deportes

Futsalingua

preséntase á

Deputación

A vicepresidenta, Goretti Sanmartín, recibiu

a Xavier Ferreira e Miguel Fernández

dirixentes do equipo

Goretti Sanmartín calificou

a idea dun “proxecto pioneiro

de promoción do uso do galego

nun deporte de grande implantación

social, en especial, nas

primeiras idades, o que fai aínda

máis interesante a proposta xa

que é un ámbito en que cómpre

recuperar o uso da nosa lingua”.

A iniciativa Futsalingua, promovida

polo Santiago Futsal,

pretende normalizar a lingua

a través do club con propostas

como a elaboración dunha unidade

didáctica cos termos do

fútbol sala na nosa lingua que

se distribuiría en colexios e centros

socio-culturais, O unidade

sería repartida polos distintos

centros por xogadores do primeiro

equipo. O Santiago Futsal

comprométese tamén a que o

speaker fale galego durante os

partidos, idioma que se empregará

igualmente na cartelaría e

papelería, nas roldas de prensa

ou na comunicación interna

do equipo. Tamén as sesións

de adestramento serán no noso

idioma, nun club que conta con

200 nenos e nenas na súa canteira

e con adestradores galegos

e formados na propia entidade.

O Santiago Futsal organizará

ademais a “Festa da lingua” no

marco do derbi galego contra

o Burela FS, un encontro en

que se desenvolverán multitude

de actividades da campaña

Futsalingua como contacontos

ou obradoiros. Segundo a Federación

Galega de Futbol Sala

na Galiza existen por volta de

600 clubs aos que chegarían algunhas

das propostas do Futsalingua,

entre elas, a unidade

didáctica.

Fontes: Deputación de A Coruña,

Lindeiros.

Lindeiros

Sergio Fernández gaña a

Ames-Dagan Cup

A proba de supercross desenvolveuse no circuito Alex Moure

O Motoclub Ameixenda, en

colaboración co Concello de

Ames, a Deputación da Coruña,

Protección Civil de Santiago e

o salón de beleza Paula de Bertamiráns,

organizou o “Gran

Premio Concello de Ames-Dagan

Cup Supercross 2015”, que

se desenvolveu no circuíto SX

“Alex de Moure”, situado no

lugar do Vilar na parroquia da

Ameixenda.

Na categoría elite gañou Sergio

Fernández, mentres que na

segunda posición quedou Juan

Manuel Outón. O terceiro posto

foi para Óscar Barciela. Na categoría

de veteranos gañou Tony

Karra, como xa fixera na pri-

meira proba da Dagan Cup disputada

en Ames o pasado mes

de xuño. O segundo posto foi

para Óscar Barcia e na terceira

posición quedou Samuel de

Santiago. O piloto amesá e presidente

do Motoclub Ameixenda,

José Manuel Moure, quedou

na cuarta posición, tras facer

terceiro na primeira manga e

cuarto na segunda. Na categoría

de promoción o gañador foi

Carlos Morirás, a segunda posición

foi para Daniel González e

terceiro quedou Alberto Díaz.

Por outra banda, na categoría

hobby repetiu en Ames Cristian

Tubío, seguido de Jesús Salomón

e Raúl Villar. En promesas

gañou José Canosa. A continuación

entrou Caetano Horta e pechou

o podio Samuel Vázquez.

Por último, na categoría alevín

volveu gañar en Ames Nicolás

Soutullo. Acompañárono

no podio Guillermo Loureiro e

Adrián Castro.

O alcalde de Ames, José Miñones,

foi o encargado de facer

entrega dos trofeos aos tres

primeiros clasificados de cada

categoría. A xornada desenvolveuse

con total normalidade,

con moita afluencia de público

e sen ningún accidente de

gravidade.

Fontes: concello de Ames, Lindeiros

Goretti Sanmartin con Xavier Ferreira. Foto: Deputación de A Coruña

O Santiago Rugby Club

enfrontouse ó Fendetestas

O equipo de rugby de As

Pontes recibiu a un SRC que

desexaba repetir no seu primeiro

partido de liga unha vitoria

similar á que tiveron fronte a

este conxunto no partido amigable.

Porén o marcador caeu

do lado de Fendetestas nun claro

27 a 19..

El SRC conseguiu chegar ao

descanso superando no marca-

Unha das mangas da proba Foto: concello de Ames

Hai 2 semanas enfrontáranse co equipo nun amigable

dor (10-12). Un dos ensaios que

aconteceu nesta primeira parte

foi obra da dianteira no seu

conxunto que transformou un

saque de banda nun maul que

penetrou a última liña contraria.

A outra anotación debeuse

a unha gran carreira de Alberto.

Pero o equipo pontés comezou

a segunda metade con

enerxías renovadas e maior

atención no seu ataque , algo

que permitiulles realizar tres

ensaios. Malia que a dianteira

do SRC logrou un último ensaio

moi similar ao primeiro 8 minutos

antes do final do partido

non foi suficiente para derrotar

á defensa do Fendetestas.

Fontes: Santiago Rugby Club,

Lindeiros

novembro e decembro 2015 deportes 29

II Curso de iniciación

ao running e técnica

de carreira

Organizado pola Fundación Deporte USC

celebrarase desde finais de mes

Cada ano xorden máis carreiras

populares que teñen cada

vez máis e máis participantes.

Algúns son atletas profesionais

ou federados, pero a maior parte

da xente que participa nestas

carreiras son afeccionados ao

deporte sen ningunha formación

deportiva ou preparación

específica.

Os alumnos e alumnas participantes

neste curso coorganizado

pola Fundación USC

Deportiva e o Servizo de Deportes

da USC, adquirirán

coñecementos sobre o adestramento

e a adecuada práctica

deportiva dos corredores orientado

ás carreiras populares de

entre 5 e 12 km e a súa preparación,

así como métodos de adestramento,

técnicas de carreira e

estiramentos.

O curso está orientado a todos

aqueles corredores noveis

maiores de 16 anos que desexan

realizar unha práctica deportiva

saudable e de forma axeitada.

Trátase dun curso de iniciación.

Márcase como obxectivos

aprender a gozar dunha prácti-

ca saudable e recreativa como

corredor, coñecer pautas de alimentación,

hidratación e calzado,

asimilar conceptos sobre a

anatomía e fisioloxía do corredor,

ou adquirir unha técnica de

carreira axeitada e plantexar sesións

de adestramentos de forza

específicos para corredores.

O curso estará impartido polos

profesores Xabier Castro

Gacio no bloque teórico (licenciado

en Ciencias da Actividade

Física e o Deporte e Máster

en Actividade Física e Saúde)

e Xiana Guerra Arias no parte

práctica (Licenciada en Ciencias

da Actividade Física e o

Deporte pola Universidade da

Coruña, Adestradora Nacional

de Atletismo e Tríatlon e cursou

un Mestrado en Prescrición da

Actividade física en Patoloxías

na UDC).

Pode inscribirse na web

fundacionuscdeportiva.

org calquera persoa maior de

16 anos que o desexe. As prazas

iranse cubrindo por rigorosa

orde de inscrición.

Fontes: USC, Lindeiros.

O Obradoiro segue

sumando apoios

En outubro naceu unha nova peña baixo o nome de

“Miudiños”

O Río Natura Monbus Obradoiro

contará a partir de agora

cunha nova pena de afeccionados:

?Miudiños”. Os xa máis de

70 membros da mesma súmanse

así como colectivo a #ocamiñodailusion.

Os novos peñistas

estiveron apadriñados na súa

presentación polo xogador Jesús

Chagoyen, cuxa familia tamén

se sumou aos Miudiños. Tampouco

faltaron Pepe Pozas e

Fran Cárdenas, así como os tres

técnicos do Rio Natura Monbus

Obradoiro: Moncho Fernández,

Gonzalo R. Palmeiro e Víctor

Pérez.

A idea de crear a agrupación

xorde, como explica a súa presidenta

Susana Botana, porque

“moitos de nós xa eramos amigos

ou coñecidos, de vernos en

Sar animando ao equipo desde

que está en Liga Endesa. O ano

pasado falámolo, para xuntarnos

cando o equipo xogue fora,

facer ceas e outras actividades.

Ademais diso, moitos son pais e

nais de nenos das categorías basee

do club, outro punto máis a

favor para unirnos apoiándoo”.

Aínda que a maioría dos peñistas

están situados en Fondo

2, tamén os hai noutras seccións

do pavillón, polo que “estamos

abertos a recibir a calquera,

queira seguir no seu sitio habitual

ou con intención de reagruparse

nalgún momento”,

declara. Para sumarse á peña

ou recibir información sobre as

súas futuras actividades, poderase

contactar con eles a través

do correo electrónico da súa

presidenta: susanabotanaperez@gmail.com.

Os Miudiños nacen con moita

ilusión “Iremos paso a paso co

equipo, pero esta tempada ten

moi boa pinta” afirma.

Deste xeito, a nova peña únese

ao cinco xa existentes: All

Sar, Eskornabois, Obracadabra,

Obraiados e Zona Norte, que tamén

se atopa en proceso de captación

de novos membros xunto

ao seu patrocinador Blusens.

Fontes: Río Natura Monbús Lindeiros

A peña na xornada de constitución. Fotos:Obradoiro CAB

O running é unha das prácticas que máis creceu nos últimos anos.

Foto: Ernst Vikne

30

Lindeiros

Xosé Marcial Díaz Manso

Enxeñeiro agrónomo

Cogumelos

Ca chegada da luz e a choiva do outono os instintos espértanse e algúns nos votamos

ó monte pois cheira a castaña, a noz, a mazá, a figo e a seta.

O outono é un tempo onde a natureza se volve máis sensual convidándonos a encontrarnos

é a civilizamos nela. Uns empuxados polos xenes que hai pouco aínda araban as

leiras, e outros na procura dun tempo máis calmo e sosegado que camiña cara o inverno.

Saír dos nosos humanos asfaltos e refuxiarnos nas humanizadas leiras é un regalo,

unha sutil terapia que nos achega a nos mesmos e nos fai mellores. Baixo esta mirada,

o rural podería concibirse como un xardín, como unha metáfora da realidade onde natureza

e home relaciónanse de forma harmónica. Un lugar onde quedar cos amigos para

ser, para compartir camiño, merenda e conversa. O gran filósofo José Antonio Marina

presume de terse dedicado profesionalmente ó cultivo das plantas, e di: _escritores de

libros hay muchos, en cambio inventores de berzas muy pocos_.

Unha das moitas “externalidades” que emerxen na natureza neste tempo de cores

son as setas. E con elas unha escusa perfecta para matalo bicho e saír ós prados a cazar

estes singulares “vexetais” que aparecen e desaparecen sen previo aviso.

Pero onde hai vida hai conflito. Por iso, están aparecendo medidas reguladoras deste

recurso como é o caso do decreto 50/2014, de 10 de abril,… que clasifica os aproveitamentos

micolóxicos en tres categorías. A primeira é para o consumo propio (recollida

de setas de calquera especie permitida hasta un máximo de 2 quilos por persoa e día).

A segunda son os aproveitamentos comerciais (setas de calquera especie que exceda a

cantidade de 2 quilos de peso por persoa e día …). E a terceira son os aproveitamentos

con fins científicos ou didácticos. Os aproveitamentos para consumo propio e os con

fins científicos e didácticos son libres, excepto que a persoa titular do monte regule o

seu aproveitamento mediante un couto. A recollida de setas na modalidade de aproveitamento

comercial está sometida a autorización explícita e por escrito da persoa

propietaria do monte cando exista un instrumento de o rdenación ou xestión forestal…

A concepción do agricultor como gardián do

territorio é un piar central na arquitectura da

política agraria comunitaria, a PAC. O eleva á

categoría de xestor do territorio nesta Unión

Europea do século XXI que tanto precisa de

sinerxías entre economía, medioambiente e territorio.

Medidas como esta están contribuíndo

a facer máis doada a difícil tarefa dos que viven

no rural facendo máis sustentable o aproveitamento

dos recursos, aportándolle valor

económico e mellorando a calidade de vida das

persoas que viven tanto das cidades como do

rural.

MERCADILLOS

Ames

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingo 20 de decembro (80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - 12 e 26 de cada mes

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santa Comba

- Luns e sábados luns 21 de decembro (300)

Santiago de Compostela

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

OUTROS MERCADOS

Santiago de Compostela

-Martes - Lusco e Fusco en Belvís

Teo

-Sábados - Mercado labrego en Os Tilos

novembro e decembro 2015 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro:

981 535 940

Casa da Cultura Bertamiráns:

981 891 017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de Lestedo:

981 502 297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de Negreira:

981 885 736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. Sociocultural A Ramallosa:

981 805 700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502

024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

HORARIO DE AUTOBUSES, inverno

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:25, 7:35, 8:55, 10:15, 10:40, 12:20, 14:55, 16:05,

18:20, 19:30, 21:50

Sábados: 8:50, 10:05, 10:55, 12:20, 14:55, 19:30, 21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:05, 12:20, 14:55, 19:25,

19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30, 15:20, 15:30,

18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00, 14:00, 16:00, 20:00,

20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30, 12:00, 18:00,

20:00, 20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 7:45, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:15,

14:00, 15:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00,

22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 14:30, 18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00, 19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:25, 7:50, 8:25, 9:25, 9:55, 10:55, 13:10,

14:55, 16:40, 18:10, 19:10, 20:10

*Por Cacheiras 25 minutos máis tarde aprox..

Sábados: 8:50, 10:20, 15:20. 18:35.

Domingos e festivos: 9:20, 18:35

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 13:30, 14:00,

15:15, 16:30, 17:30, 18:00, 19:00, 20:15, 21:15

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40*, 9:25, 12:45, 16:10*

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 12:00, 13:00, 15:30*, 18:30*, 20:45*

*Parada en Pontevea uns 15 min. antes aprox.

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autocares Mosquera

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00, 16:05,

17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00, 18:00,

19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:35, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:35, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 6:45 a 20:45 cada hora.

*Bertamiráns 7:10, 8:05 cada hora hasta 21,05.

Sábados: 7:45, de 8:45 cada 2 h. ata 19:45 , 21:30

*Bertamiráns 8:05 ata 20:05 cada dúas horas e 21:45

Domingos e festivos: 08:45, de 09:45 ata 19:45 cada

2 h. e 21:30.

*Bertamiráns 9:05, de 10:05 cada dúas horas ata

20:05 e 21:45

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45, ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45 , de 10:45 ata 20:45 cada 2 h.

e 22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45 ata 20:45 cada 2

h. e 22:30

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma ) - Santiago

L - V: 7:15, 7:40 ( lectivos) 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 14:30 (lectivos), 17:00, 18:30

( lectivos), 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 8:07, 9:32 , 11:00, 11:32, 14:00, 15:18, 17:22, 20:22

Sábados: 9:32, 9:33, 10:53, 15:18, 17:22, 20:22, 20:23

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 21:48

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00, 20:00, 22:00

Sábados: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00,

21:00 ( fin de puente)

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:35 (+ 15 min. en Oroso aprox.)

Sábados: 8:35, 10:50, 14:50, 17:20, 18:35, 22:55

por AP-9: 8:00, 18:00 *no Sigüeiro

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35 Por AP-9: 21:00 *no Sigüeiro

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50 (luns a xoves)

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 11:50 *, 12:15,

13:20*, 14:00, 15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 20:20*, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14,25, 17:25, 19:25,

21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:35, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15.

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

*Ata Sigüeiro

Aucasa

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

Empresa Freire

Arzúa - Arca - Santiago

L - V: 7:30, 8:00, 8:10, 10:40, 12:10, 14:20, 15:00, 15:45,

18:10, 20:40. *por Arca 25 min. despois, aprox.

Sábados: 8:10, 10:40, 12:10, 15:45, 18:10

Domingos e festivos: 8:10, 12:10, 15:45, 18:10,

20:40 (Sábados non circula)

Santiago - Arca - Arzúa

L - V : 7:00, 9:00 ( 8 e 22 de cada mes), 9:15, 11:00,

12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30, 20:00

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30,

20:00 ( sábados non circula)

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32 memorias dos nosos maiores

Lindeiros

Carmen

Vázquez

Insua

Veciña de Ames

Carmen repite a miúdo que

non lle falta de nada, non acabas

de saber si fala contigo ou se convence

de que é certo.

Os seu anos a vida non lle dou

moita tregua desde que con 4

anos a morte levouse en poucos

meses aos seus pais, primeiro

a nai vítima dun erro médico e

despois ao seu pai dun ataque ao

cerebro. A vida de Carmen sen

embargo non ensina o poder da

colaboración e, como ela di, o da

unidade. En estes tempos que se

fala tanto da unidade escoitar a

Carmen e lembrar que nos peores

momentos de este pais as aldeas

galegas funcionaban ao unísono.

Ela e os seus catro irmáns foron

acollidos por un tío e todo o

mundo colaborou para que non

lles faltara de nada, tanto foi así

que cando creceron o suficiente

volveron a casa onde naceran e

os veciños apartaban un tanto de

cada colleita para eles, un tanto

de cada muxido para eles, e do

pouco sempre se sacaba mais.

Foi a escola, como moitos, cruzando

os bosques e algunha vez

ten feito “a gata” e quedar xogando

aos pelouros, fala sabendo

que non estaba ben faltar ao colexio

pero que de cando en vez

os cativos teñen que ser así e un

descubre, ala no fondo, un punto

de picardía que quedou polo

camiño.

Carmen aprendeu que con traballo

e vontade se sae adiante, o

aprendeu a forza de sufrir o seu

e o dos outros. Un irmán seu saia

a traballar cada mañá de canteiro,

un bo día caeu pero non

dixo nada e aguantou o dor ata

que non puido máis; unha cadeira

rota non é boa cousa e estivo

moito tempo en cama, o tempo

o aproveitou para facerse mestre,

algo do que fala orgullosa

Carmen.

Como outras moitas persoas

que pasaron por estas páxinas

Carmen lembra os traballos no

campo como algo moi duro pero

moi bonito, os ollos se lle iluminan

cando conta o proceso da

malla e a oportunidade que daba

de estar todos xuntos traballando

pero tamén xogando.

Outra das cousas nas que Carmen

coincide con outros da súa

idade é no respeto que se tiña polos

vellos. Aos cativos se lles ensinaba

que a axudar aos anciáns

e si algún vello facía o xesto de

levantarse, para coller algo ou ir a

polas vacas, tiñan que adiantarse

e facelo eles para que puideran

seguir sentados.

Casou con 25 anos e con moito

traballo sacaron adiante a familia,

o seu home era carpinteiro é

saia cada mañá a traballar mentres

ela atendía as dúas vacas, as

fincas, os fillos... cóntache como

ia ao muíño cun saco na cabeza

e un fillo en cada brazo. A construción

primeiro e logo Feiraco

trouxeron novos traballos para o

seu marido, estas novas ocupacións

axudaron a rematar a casa

na que aínda vive e pola que sente

o amor que so se pode ter polas

cousas feitas por un mesmo.

Carmen, como outros, forma

parte dunha historia que non deberíamos

esquecer, unha historia

na que os problemas se resolven

entre todos e un neno nunca se

queda solo, páselle o que lle pase.

Agrón, 4 de novembro de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!