23.09.2015 Views

Lindeiros Septiembre 2015

No Lindeiros de setembro entrevistamos o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, falamos do club Montaevai de O Pino, avanzamos as actividades culturais do mes e propoñemos unha ruta entre Padrón e Brión

No Lindeiros de setembro entrevistamos o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, falamos do club Montaevai de O Pino, avanzamos as actividades culturais do mes e propoñemos unha ruta entre Padrón e Brión

SHOW MORE
SHOW LESS
• No tags were found...

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

Rutas

De Padrón a Brión

(páxinas 14 e 15)

Entrevista a un alcalde:

Jorge Tuñas

Negreira

(páx.16)

Novas

Santiago desbloquea 28

convenios con entidades

sociais (páx. 3)

Frades reduce un 95% o IBI das

granxas (páx. 5)

Pasou:

Ardemil, en Ordes, viviu un ano

máis a tradición da malla (páx. 18)

Feira do Románico en Negreira

(páx. 20)

Pasará:

Música, teatro e Curtocircuito na

axenda mensual de Compostela

(páx. 23)

As casas de Ramírez,

en Compostela, cumpren 55 anos

(páx. 24)

Deportes:

Club Montaevai: BTT e

atletismo en O Pino (páx. 27)

O AC Ordes triunfa enAustria

(páx. 28)

Setembro 2015

Tintorería e lavandería en mans profesionais

N 28 MENSUAL

2

Lindeiros

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

Editorial

O leite de todos

As últimas semanas estiveron marcadas polas protestas do sector lácteo, en esta ocasión con un gran apoio da poboación,

pero con bastante indiferenza por parte do goberno.

É curioso ver como os distintos gobernos centrais veñen usando a Europa como argumento para unhas cousas e dándolle as

costas en outras como se non viramos a torpe manipulación. Cando o campo galego tivo que reconverterse sempre se falou

da necesidade de adecuarse a un mercado europeo, de ter capacidade de competir e polo tanto da necesidade de diminuír o

número de explotacións. Agora que os que quedan no campo teñen cada vez máis cara de heroes que de gandeiros vemos

pasmados como nos menten dicindo que o que se fai en Francia é ilegal. Si repasamos xornais do país veciño vemos como no

mes de xullo o goberno sentou á mesa a gandeiros e industria e forzou un pacto que pon o mínimo por tonelada en 340 euros,

0.34 por litro (Le Monde 2.09.2015); desde cando un acordo entre partes, aínda que sexa forzado polo goberno, é ilegal?.

En este xornal o alcalde de Negreira expresa con tristura que o seu pobo vive do sector lácteo, a única industria forte que hai

na redonda é Feiraco e os que van a comprar á vila están, dun xeito ou outro, relacionados co campo. Non é o único pobo,

esa relación co campo e cos produtores pode levarse á maioría das vilas de Galicia e esa dependencia do campo será cada

vez maior polo menos nos próximos anos. Si é certo que pouco a pouco o rural foi quedando sen xente non o é menos que

moitos xa miran e recuperan o sistema de autoconsumo dos seus pais. As hortas urbanas tan “cool” poden ser os preliminares

dunha recuperación do campo; Teo antes e Vedra agora puxeron en marcha proxectos agrícolas pensados para xente

sen recursos, e debemos darnos conta que o concepto “xente sen recursos” abarca agora a ese veciño que ata fai pouco tiña

traballo e que coñecemos de toda a vida. Pero esa volta ó campo implica novos modelos de mercado como o mercado labrego

de Os Tilos, ou tendas ecolóxicas como as que funcionan hai tempo; en definitiva estamos nun proceso de cambio

moi complexo no que o problema do sector lácteo é unha peza máis pero que, de un xeito o doutro, aféctanos a todos.

O campo galego, como o mar, e a industria que temos. Podemos aproveitala para producir produtos ecolóxicos cada vez máis

demandados; pode servir de escapada para urbanitas de todo o mundo; está cheo de camiños para os que gustan de andar...

non é a primeira vez que o escribo, temos que mirar ó campo e ó rural. Este mes a ruta que publicamos amosa lugares moi

fermosos e agochados ao carón da casa, paisaxes que si os víramos nunha publicación de National Geographic falaríamos

deles durante días, invítovos a que fagades a ruta porque no xornal é imposible poñer todo e moito menos reflectir a beleza que

conten, e mentres que a facedes pensar o moito que lle gustaría a os turistas que acaban sempre nas Rías Baixas ou en Fisterra.

Por todo isto penso que os gandeiros que estes días estorban o paso e paran as cidades non o fan só por eles, moitos pensarán

que si incluso entre eles mesmos, pero en realidade están loitando polo futuro do país, pola supervivencia das granxas pero

tamén de todo o que indirectamente vive de elas, maquinaria, matadoiros, viveiros, tendas pequenas e grandes que teñen máis

do 70 por cento da venta enfocada óhs gandeiros e as súas familias. Faime graza cando algún non comprende que os comercios

estean de acordo en pechar en medida de apoio, non se da conta de que eses comercios saben o que se están xogando.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

setembro 2015 novas da bisbarra 3

Piden que se

eliminen os

cheiros da

mina de Touro

O BNG esixe unha

solución definitiva

O BNG de Touro volve a denunciar

a situación da antiga mina de

Río Tinto que segue producindo

fortísimos malos olores, como

consecuencia dos diferentes residuos

que se depositan na mesma

e da planta de tratamento de residuos

alí instalada.

Este problema vense arrastrando

dende fai varios anos e, lonxe

de arranxarse, agrávase por momentos

sometendo aos veciños

dos núcleos máis próximos a unha

situación que en determinados

momentos e según a dirección do

vento faise insostible.

Os problemas derivados da

mina véñense denunciando desde

hai décadas e afecta ao estado dos

ríos e regatos da zona ademais dos

olores xa mencionados. Por outra

banda os terreos da antiga mina

estanse convertendo nun inmenso

vertedoiro sen que haxa un control

nin das cantidades nin que tipos

de refugallos alí se depositan.

O BNG de Touro esixe que o

concello tome cartas no asunto e

comprobe se a empresa ten autorización

para facer os depósitos de

refugallos que está facendo, que

tipo de sustancias se están vertendo

e lle obrigue a tomar á empresa

as medidas necesarias para

que poña fin a esta situación. O

problema, segundo o BNG, lonxe

de arranxarse, agrávase por momentos

sometendo aos veciños

dos núcleos máis próximos a unha

situación que en determinados

momentos e según a dirección do

vento faise insostible.

Fontes: BNG Touro, Lindeiros

Condenada a “actitude obstrucionista” do alcalde de Trazo

O Xulgado di que Dafonte vulnerou os dereitos fundamentais dos concelleiros socialistas

O Xulgado do Contencioso

Administrativo Número 4 da

Coruña vén de atender o recurso

da portavoz dos Socialistas

de Trazo, Beatriz Domínguez,

contra os continuos atrasos e dificultades

no acceso á información

municipal postos por parte do alcalde,

Xosé Dafonte. A sentenza

dá conta dunha “actitud obstruccionista

del Alcalde a la actividad

de la concejal en el ejercicio de

sus funciones públicas” e considera

“vulnerado el derecho

fundamental de la recurrente al

ejercicio de sus funciones en el

Concello de Trazo”.

A sentenza declara que o alcalde

de Trazo “ha lesionado el

derecho fundamental de la recurrente

a la participación en

Santiago desbloquea 28 convenios con

entidades sociais da cidade

O PP critica que deixe fora a entidades antiabortistas e, pola contra, Stop

Desafiuzamentos avala as decisións.

Os convenios estaban recollidos

nos orzamentos 2015 pero estaban

paralizados. Según explicou

a concelleira de Políticas Sociais,

Concha Fernández, había 28 convenios

(subvencións nominativas)

recollidos nos orzamentos. “Malia

que se iniciaron os trámites en

abril, non se resolveu ningún deles

antes do 13 de xuño, en dous meses.

Nese mesmo tempo, dous meses,

o Goberno local desbloqueou

16 deses convenios e outros 10

están en camiño”. Sobre a decisión

de manter os convenios, dixo,

tomouse por “responsabilidade”,

. Só se decidiu non asinar dous

dos convenios, os correspondentes

a Red Madre e á Asociación

asuntos públicos, al impedirle

el acceso a la documentación

solicitada”, polo que lle impón

as costas do procedemento. A

devandita documentación, solicitada

polos socialistas o 19 de

marzo de 2015 e á que puido finalmente

acceder o 8 de xuño

de 2015, consistía nas alegacións

formuladas por veciños,

entidades, partidos políticos e

Administración ao documento

de aprobación inicial do PXOM

de Trazo, así como o expediente

completo de contratación de

asistencia técnica ao Concello no

proceso de exposición pública do

PXOM. A petición de dita documentación

estaba motivada polos

erros cometidos polo alcalde e o

Grupo Municipal do Partido Po-

pular que fixo que os documentos

do PXOM que se expuxeron

ao público en setembro de 2014

non se corresponderan cos aprobados

inicialmente polo Pleno

Municipal de xullo do mesmo

ano.

A sentenza desmonta todas as

alegacións realizadas polo equipo

de Goberno do PP de Trazo,

cuestionando por exemplo que

se permita a saída de documentación

orixinal do Concello e

non se permita o seu exame aos

concelleiros, ou que se alegue

que non se dispón da documentación

cando “de la declaración de

la Secretaria del Ayuntamiento

resulta que esa documentación

no salió del Ayuntamiento, por

lo que no existía motivo en la

demora de la exhibición, lo que

indica una actitud obstruccionista

del Alcalde a la actividad

de la concejal”.

Beatriz Domínguez considera

que “esta sentenza corrobora

o que os socialistas levamos

anos advertindo: que dende o

Concello de Trazo se está actuando

de mala fe co único

fin de entorpecer o noso labor

como oposición, cando somos

os lexítimos representantes escollidos

polo pobo de Trazo”.

Unha situación que obrigou aos

Socialistas de Trazo a ter que

solicitar o amparo do Valedor

do Pobo en varias ocasións ao

longo dos últimos anos.

Fontes: Psoe Trazo, Lindeiros

reito das mulleres a decidiren o

que facer co seu propio corpo, sen

pedir permiso nin perdón. Nunha

etapa como a actual, as vivendas

municipais e as axudas á vivenda

deben estar principalmente

ao servizo das máis pobres, pois

mentres non se garanta o exercicio

dun dereito esencial como é o

da vivenda, calquera outro destino

resulta pervertir a vocación

de servizo público que debería ter

calquera goberno municipal”.

Fontes: PP Santiago,

concello de Santiago, Stop

Desafiuzamentos Compostela,

Lindeiros.

Centinelas, (vinculados a grupos

antiabortistas e do Opus Dei) por

“cruzar unha liña vermella política

e ideolóxica”, ao “chocar coas

nosas liñas programáticas e compromisos

políticos”, afirmou Concha

Fernández.

O ex alcalde Agustín Hernández

criticou duramente que se

deixaran fora esas entidades e

calificou a decisión do “primeiro

desaloxo do goberno de Martiño

Noriega na cidade” facendo referencia

a que esas asociacións

estaban usando pisos de propiedade

municipal que terán que

abandonar.

Stop Desafiuzamento dixo que

as palabras de Agustín Hernández

son un insulto para as persoas

afectadas por desafiuzamentos. A

organización criticou duramente

as palabras do portavoz popular e

defendía o uso social das vivendas

públicas:

“Stop Desafiuzamentos Compostela

oponse á posta a disposición

clientelar e opaca de

edificios públicos ás asociacións

afíns, deporte que o PP ensaiou

reiteradamente mentres negaba

recursos que posibilitasen saídas

habitacionais para as familias desafiuzadas.

Tamén nos opoñemos

á financiación pública de organizacións

como a Red Madre, de

destacado percorrido na agresión

ao absoluto e incuestionable decarnicería

4 novas da bisbarra

O concello de Ames

premiará o aforro de auga

O goberno estuda modificar as tarifas para promover o

consumo responsable e primar o aforro de auga

Na actualidade o goberno municipal

e os servizos técnicos,

conxuntamente coa UTE Acciona-Espina

están a estudar fixar

unha cota variable con varios

tramos para pagar en función do

consumo. Para o concelleiro de

obras Blas García “Os estudos

existentes revelan que a media

que consume unha persoa en

España está entre os 3 e os 4 m3

ao mes (entre 100 e 130 litros ao

día), por iso nun primeiro tramo

deberíase de comprender ata

A deputación arranxará

varias estradas en Negreira

O alcalde, Jorge Tuñas, reuniuse co presidente provincial Valentín

González, na sede do organismo en A Coruña

O presidente da Deputación

da Coruña, Valentín González

Formoso, recibiu no seu despacho

da institución provincial

ao alcalde de Negreira, Jorge

Tuñas, con quen tratou diferentes

temas de interese para o

municipio.

O rexedor nicrariense presentou

diversas peticións de mellora

nas estradas provinciais que

discorren polo termo municipal,

entre elas a posibilidade de ampliación

dun segundo tramo da

estrada DP-5602 Negreira-Pontenafonso,

concretamente entre

Liñiao e Porqueira (Pk. 6,360 ao

12,00).

A Deputación xa acometeu,

entre 2008 e 2010, obras

de ensanche e mellora nos seis

primeiros quilómetros desta

estrada, pertencentes ao termo

municipal de Negreira, por un

importe de 1,23 millóns de euros.

Estes traballos incluíron o

ensanchamento da plataforma,

a construción de beirarrúas

nos primeiros 500 metros e de

variantes que melloraron notablemente

o antigo trazado,

eliminando os puntos máis sinuosos

e facéndoo máis segura.

esta cantidade de consumo, xa

que nel se atopan as vivendas

de baixo consumo e xubilados,

especialmente, e deberíase de

bonificar aos consumos dentro

deste bloque premiando así o

aforro”.

A maiores, o goberno está a

estudar a posibilidade de fixar

outros grupo específico de bonificacións,

tal e como pode

ser unha tarifa social para as

persoas sen recursos e/ou en situación

de emerxencia social,

Tuñas solicitou tamén a construción

de beirarrúas na DP-

1302 entre Negreira e Abeanca

e na DP-5602 entre Gándara e

Gonte, así como a execución

dunha senda peonil paralela á

DP- 5603 entre Negreira e Marco

do Cornado, co obxecto de

mellorar a seguridade do importante

número de peregrinos

que circulan a diario pola zona

facendo o Camiño de Santiago.

González Formoso compro-

garantindo, ademais, que ningunha

persoa quede sen auga

por impago si se acredita a falta

de recursos e tamén unha tarifa

especial para familias numerosas,

ampliando o segundo tramo

(de consumo habitual) para as

vivendas que acrediten ter certo

número de persoas empadroado

nas mesmas.

Fonte: concello de Ames, Lindeiros.

meteuse a estudar as peticións

de investimentos formuladas

polo alcalde e aceptou a súa invitación

a visitar o Concello en

próximas datas.

Na entrevista que se pode ler

na páxina 16 o propio alcalde,

Jorge Tuñas, nos conta que o

boestado das estradas é unha

das prioridades do seu mandato.

Fontes: concello de Negreira,

Lindeiros.

O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, e o concelleiro de obras, Ángel Míguez

co presidente da Deputación, Valentín González. Foto: concello de Negreira

O Concello de Teo rematou

a instalación de novos equipamentos

de deporte en Montouto.

No lugar colocáronse dúas

mini pistas, unha de básquet e

outra de fútbol sala, en distintas

alturas para corrixir a inclinación

do terreo. Precisamente

aproveitando a escaleira entre as

dúas pistas fíxose unha pequena

grada de obra.

Dende Servizos Básicos, departamento

que coordinou os

traballos, destácase que “tanto

as porterías como as canastras

son antivandálicas e todo o perímetro

da pista está pechado

polos laterais con malla de simple

torsión e por riba cunha tea

sintética para impedir que os

balóns saian da instalación”. As

pistas están colocadas ó carón

da AC-841, unha vía con bastante

tráfico, polo que pareceu

convinte a instalación desta ma-

O Grupo de Desenvolvemento

Rural (GDR) Ulla Tambre

Mandeo, que traballa no territorio

dos concellos de Arzúa,

Melide, Boimorto, Santiso,

Touro, Toques, O Pino, Sobrado

dos Monxes, Curtis e Vilasantar,

reafirmou a súa aposta pola

dinamización do sistema produtivo

e a economía local, o

fortalecemento do tecido produtivo

e a posta en marcha de

novos servizos que incrementen

a calidade de vida da poboación

local. Na reunión celebrada no

Pazo de Andeade pecháronse as

últimas partidas orzamentarias

pendentes.

O GDR Ulla Tambre Mandeo

é a entidade responsable da xestión

do Programa Leader 2007-

2013, dotado con 3,5 millóns de

euros, nas comarcas de Arzúa e

Melide e nos concellos de Curtis

e Vilasantar. No Concello de

Touro impulsarase a ampliación

dun parque de maquinaria vin-

Lindeiros

Montouto ten novas

pistas polideportivas

É unha das zonas de Teo con máis mocidade

O GDR Ulla Tambre

Mandeo inviste en Touro

Impulsará a apertura do Centro de

Interpretación do Ulla

lla protectora para evitar que

os xogadores e xogadoras teñan

que saír a buscar os balóns.

A soleira das canchas é de

formigón pulido e armado e na

parte superior das pistas fíxose

un pequeno muro de contención

para conter o terreo. O acceso é

adaptado cumprindo a normativa

vixente tanto na pendente da

rampa coma no ancho das portas.

As mini pistas están colocadas

nunha zona moi poboada e

con moitas familias con nenos e

mozos polo que esta instalación

era moi demandada. De feito

“a colocación do equipamento

así como a instalación doutros

elementos como unha mesa de

ping pong ou unha fonte, aínda

pendentes, foron consensuados

coas comunidades de propietarios

e coa asociación de veciños.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

culado a unha empresa forestal

e a apertura do Centro de Interpretación

do Ulla, situado en

Fonte Díaz (Touro). O Concello

de Touro recibiu na pasada primavera

a confirmación da subvención

solicitada para dotar de

contido dun pequeno edificio

feito polos participantes nun

Obradoiro de Emprego. Esta

nova infraestrutura servirá para

difundir a riqueza patrimonial

e natural do río Ulla así como

para concienciar da necesidade

de coidar e respectar o noso entorno.

Ademáis o Concello pon

en marcha con esta iniciativa

unha modernísima aula TIC de

entrada libre para a veciñanza,

dotada con 15 ordenadores,

unha pizarra dixital, proxector e

a instalación para acceso wifi. O

orzamento total do investimento

é de aproximadamente 34.000

euros máis IVE.

Fontes: concello de Touro, Lindeiros

setembro 2015 novas da bisbarra 5

Frades reduce un 95% o IBI

das granxas que o soliciten

Pasa a ser un dos máis baixos da contorna

O pleno de Frades aprobou

o establecemento dunha bonificación

do 95 % no Imposto

de Bens Inmobles (IBI) para as

edificacións nas que se desenvolven

actividades agrarias e

gandeiras do sector primario.

A modificación da ordenanza

fiscal municipal que rexe este

imposto en Frades foi aprobada

co voto a favor do PP e a

abstención do BNG.

Unha vez entre en vigor o

cambio da norma, as persoas

interesadas terán que solicitar

a bonificación no Concello, co

fin de obter unha declaración

de ser inmobles de especial interese

ou utilidade municipal,

fundamentada en circunstancias

sociais, económicas e de

emprego, xa que a gandería é a

principal actividade económica

de Frades.

Canda a solicitude, deberase

presentar o certificado de Facenda

que recolla a situación censal

da persoa solicitante, a acreditación

da titularidade catastral do

inmoble, o certificado de non

ter débedas tributarias, e o xustificante

do recoñecemento de

explotación ou licenza da actividade.

Examinada a documentación,

será a Xunta de Goberno

Local do Concello a que aprobe

a bonificación.

O alcalde de Frades, Roberto

Rey, explicou no pleno que “desde

o goberno estamos facendo

todo o posible dentro do noso

ámbito competencial para que

os nosos gandeiros poidan obter

a máxima bonificación posible

no IBI das súas explotacións”.

Neste sentido, anunciou que, en

canto entre en vigor o cambio da

ordenanza, o Concello informará

a toda a poboación para que

poidan solicitar as bonificacións.

Outro dos cambios introducidos

na ordenanza do IBI

consiste na redución do tipo de

gravame para os inmobles de

natureza urbana, que pasa do

0,6 % ao 0,45 %. Os inmobles

de natureza rústica continuarán

tributando no tipo do 0,3 %. O

alcalde de Frades efectuou un

repaso polas ordenanzas dos demais

municipios da contorna e

constatou que os de Frades son

os tipos de IBI máis reducidos

de todos eles.

Fontes: concello de Frades, Lindeiros

Ordes modifica o crédito para

rematar a Praza de Abastos

Aprobouse co voto afirmativo do PP e de UXO e as abstencións de

BNG e Psoe que consideraron a importancia da obra

Coa modificación de crédito

o concello poderá aportar a obra

53.000 € derivados dos remanentes

das achegas á gardería municipal

(22.700 €) e ás partidas

á Seguridade Social do corpo

funcionarial, (20.000 €), ademais

doutros 10.000 € procedentes

doutros apartados. A modificación

conta co informe favorable

de intervención que garante que

non suporá ningún prexuízo para

a gardería.

En total hai que falar de

175.000 € para a adecuación e

modernización do mercado, dos

cales 122.000 corresponden á

subvención achegada pola Xunta

de Galicia a través dos fondos

FEDER europeos. O alcalde,

José Luís Martínez Sanjurjo

Situou a orixe desta situación

no xeito de proceder por parte

do equipo de goberno anterior

(UXO) xa que “non procedeu co

recoñecemento de crédito correspondente

no momento no que se

solicitou esta subvención”, polo

que os 53.000 € imprescindibles

para poder facer as obras non

aparecen reflectidos nas contas

municipais. Sanjurjo volveu ser

moi crítico co gasto desmesurado

e partidista realizado “en base

aos cartos do orzamento do ano

2015, simplemente porque estaban

as eleccións ás portas”,

A abstención nas votacións

de BNG e Psoe permitiu sacar

adiante a modificación de crédito,

que si contou cos votos favorables

tanto de UXO como do PP.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros.

“Oroso Verde” vai

ser unha realidade

O punto de reciclaxe ten unha inversión de

máis de 100.000 euros

O Concello de Oroso iniciou

os traballos de construción do

punto de reciclaxe ‘Oroso Verde’,

nunha parcela de 2.200

cadrados situada no polígono industrial

Oroso Pequeño (Sigüeiro).

Despois dos movementos de

terras previos que se acometen

estes días, comezará o levantamento

das distintas instalacións,

entre as que destaca unha nave

duns 500 metros cadrados de

sup e r fi cie.

O alcalde de Oroso, Manuel

Mirás, e o concelleiro de Obras

e Servizos, Eduardo Veiras, explicaron

na súa visita ao inicio

das obras que o Concello inviste

101.049 euros de fondos municipais

nesta iniciativa. Mirás

asegura que o punto de reciclaxe

“será un paso moi importante

para conseguir que o Concello de

Oroso sexa cada vez máis limpo

e sostible ambientalmente”.

Está previsto que as obras conclúan

no vindeiro mes de novembro.

De acordo co proxecto,

o punto de reciclaxe construirase

de xeito modular, o que permitirá

futuras ampliacións no caso

de que fosen precisas. Nel poderán

depositarse diversos residuos

tóxicos para a clasificación,

separación e posterior reciclaxe.

Os veciños e veciñas poderán

así desfacerse de xeito seguro de

pilas, disolventes, electrodomésticos,

aerosois, baterías, produtos

de informática… A nave contará

tamén con colectores para a separación

de papel e cartón, vidro,

envases e téxtil. No mesmo

recinto, o Concello contempla

tamén a habilitación dun lugar

especial para recoller plásticos

agrícolas e entullos de obra, de

uso exclusivo para particulares.

Por outra parte, o Concello

traballa xa na elaboración dos

pregos do concurso para a xestión

do punto de reciclaxe. Nese

documento administrativo fixaranse

os requisitos económicos

e técnicos que deberán cumprir

as empresas que queiran optar

á adxudicación do servizo,

ademais de establecer o procedemento

que se seguirá para a

contratación.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

O alcalde de Oroso no inicio das obras do punto de reciclaxe.

Foto: concello de Oroso

Teléfonos: Frades: 981 692 237 • Begonte: 982 160 322

6 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales,

en donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Consejos para ser más joven

La prensa, los anuncios, los

amigos, las redes sociales nos

dan consejos sobre como mantenernos

más jóvenes. Haz

más ejercicio. Come más sano.

Y si es necesario, utiliza esas

cremas milagrosas que eliminan

las arrugas. Sin embargo,

estos consejos o ungüentos

solo nos harán parecer más

jóvenes. No nos harán ser más

jóvenes.

Sin embargo, a principios

del siglo XX, un mago llamado

Albert, descubrió que cada

uno de nosotros tenemos un

reloj propio, único e intransferible,

que cuenta el tiempo

de nuestra vida y sobre el cual

podemos actuar para que marque

una hora diferente a la de

nuestros hermanos. Incluso,

aunque tuviéramos un hermano

gemelo que naciera exactamente

en el mismo momento,

podríamos conseguir ser más

joven que él. De sus descubrimientos,

podemos obtener dos

consejos para conseguirlo.

Primer consejo. Viaja todo

el tiempo a la mayor velocidad

que puedas (cuidado, siempre

cumpliendo las normas y de

forma segura, no vaya a ser

que ocurra una fatalidad) y

siempre hacia el Este. Si nuestro

gemelo está quieto, y nosotros

vamos en coche a 120

kilómetros por hora, por cada

hora seremos aproximadamente

0.6 nanosegundos más

jóvenes. No es mucho, ya que

un nanosegundo es la milmillonésima

parte de un segundo.

Pero si fuéramos un piloto

comercial, viajando a 850 kilómetros

por hora la diferencia

ya es de más de 1.5 nanosegundos

por cada hora de viaje.

Cuanta mayor sea nuestra velocidad,

mayor será la diferencia

de tiempo entre nosotros y

Con la voz de Occam

nuestro gemelo. Ahora bien, si

vas hacia el Oeste, viaja lo más

despacio posible, o te harás

más viejo que tu gemelo.

Segundo consejo. Busca

para vivir un lugar lo más cerca

del nivel del mar (o por debajo).

Tu reloj particular se ve

también afectado por la gravedad

(la fuerza con la que nos

atrae otro objeto con masa). En

este caso, cuanta mayor sea la

gravedad, más lento irá nuestro

reloj particular. En un planeta

como es nuestra Tierra,

la gravedad es menor según

ascendemos, y el tiempo corre

más rápido. Por tanto, el mejor

sitio para ser más joven de la

Comarca de Santiago es Padrón,

cerca del río Ulla, mientras

que el menos favorable es

As Pedras, en Rois, que está a

una altitud de 609 metros sobre

el nivel del mar. Viviendo

en Padrón seríamos casi 6 nanosegundos

más jóvenes por

día frente a nuestro gemelo

roisense.

En fin, que podemos ser (y

no solo parecer) ligeramente

más jóvenes si aplicamos las

recetas de nuestro mago Albert.

Claro que este “mago” era

uno de los grandes genios de la

Física: Albert Einstein. Y estos

“consejos” son consecuencia

de su Teoría de la Relatividad.

Durante algún tiempo se

dudó de que esos cambios en

la medición del tiempo fuesen

reales, pero se ha comprobado

experimentalmente que esto

ocurre realmente haciendo

mediciones muy precisas con

relojes atómicos. De hecho, en

algunos casos es necesario tenerlos

en cuenta, como en los

satélites que nos proporcionan

la señal GPS que nos indica

la posición en donde estamos.

Cada uno de ellos lleva un

reloj atómico. Al dar vueltas

alrededor de la Tierra a unos

20 200 kilómetros de altura, su

reloj se adelanta algo menos de

39 000 nanosegundos por día.

Todos estas diferencias de

tiempo son muy, muy pequeñas

para nuestra vida cotidiana.

Así que no te preocupes

por ser más joven. Simplemente

aprovecha hasta el último

nanosegundo de tu vida, que

es muy corta.

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.blogspot.com.es/

Ilustración: Marus Frieiro

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Publicar sen ter

que crear unha

conta en

ningures (Parte 2)

No anterior número de Lindeiros

presentei dous servizos

online para publicar cousas sen

ter que andar creando contas.

Primeiro notepad.cc , que permite

publicar texto sen máis.

Logo imgur.com, que permite

publicar imaxes. O servizo imgur

é un dos meus imprescindibles

da Internet pois non só

serve para iso: se queres crear

memes ou converter un arquivo

de vídeo nun arquivo gif animado,

tamén serve. Imgur da moito

servizo para ser gratuíto e sen

obrigar a rexistro.

Prometín para o Lindeiros de

setembro explicar cómo publicar

sons e vídeos na internet sen

ter que andar creando contas en

ningures. Imos aló:

Publicar un audio. CLYP.it

Queres contar ao mundo algo

coa tua voz? Queres compartir

con outros un arquivo de audio?

Aí tes clyp.it . Tanto podes

compartir un mp3 que teñas

no ordenador coma gravarte

en directo pulsando « Start

Recording » e comezar a falar

polo micro. Así de simple. Os

formatos que soporta Clyp son

mp3, ogg, m4a, wav, 3gpp, aiff

e aif. O servizo devólveche un

enderezo web único para que

compartas, dun xeito similar a

como vimos con Notepad.cc ou

Imgur.com.

As malas novas: non sei cómo

será cos móbiles de Apple pero

a app para Android é unha auténtica

birria. Lamentablemente

péchase sen máis explicación.

Non me pase a min só: todos

os comentarios no Google Play

falan diso. Así que se tes un

Android, excusas instalala. E

se o que tes é un iPhone, se cadra

tes máis sorte (non o puiden

comprobar, que non teño

iPhone), porque na Apple Store

non hai malos comentarios.

Publicar un vídeo. VID.me

O mesmo que Imgur.com

coas imaxes e Clyp.it cos audios

o fai Vid.me cos vídeos. Permite

subir vídeos de ate 10 minutos

en calquera formato coñecido,

sen necesidade de se rexistrar.

Unha vez subido o vídeo, devólveche

unha ligazón para ver o

vídeo e outra para eliminalo no

futuro. Esta ultima apúntaa ben,

que se amosa unha vez nada

máis.

Novamente a app para iPhone

ten comentarios bos, pero a

app para Android (a única que

puiden testar) é un verdadeiro

desastre. Non conseguín subir

con ela ningún vídeo. En fin.

Coma no caso de Clyp.it, o máis

seguro sempre será usalo directamente

co navegador web do

noso ordenador.

Ah, por certo: creo que non

o mencionara no artigo do mes

pasado, pero a app de Imgur.

com si que funciona moi ben

en Android (supoño que iPhone

tamén)

setembro 2015 novas da bisbarra 7

Ames segue aclarando o

futuro da xestión da auga

O equipo de goberno mantivo reunións informativas coa

oposición para informar sobre cuestións do proceso

A principios do pasado mes

reuníase a Comisión do ciclo Integral

da Auga e tomaba a decisión

de licitar a xestión por dous

anos coa posibilidade prorrogar

un terceiro o contrato, este

tempo será do que dispoña o

executivo para valorar a municipalización

do servizo. na Comisión

tomábase tamén a decisión

de abrir conversas coa empresa

pública TRAGSA para explorar

a posibilidade de que sexa ela a

que se faga cargo do servizo.

Tras as conversas o equipo

de goberno reuniu de novo

a Comisión e informou que a

negociación tense que facer directamente

co Ministerio de

Agricultura e entregou documentación

relativa a algúns dos

traballos que TRAGSA realiza

en outros municipios. Dada a

falta de tempo a Comisión deci-

Teo estuda colaborar co Colexio de Enxeñeiros

O concello podería contratar profesionais de xeito temporal

O alcalde de Teo, Rafael

Sisto (Anova), e a concelleira

de Urbanismo, Uxía Lemus

(PSOE), mantiveron esta mañá

un encontro co delegado en

Santiago do Colexio Oficial de

Enxeñeiros Industriais de Galicia

(ICOIIG), Fernando Blanco.

Durante esta xuntanza na Casa

do Concello exploráronse vías

de colaboración entre as dúas

entidades.

Dende o Concello amosouse

o interese por estudar o Con-

diu aceptar a proposta do alcalde,

José Miñones, de preparar

os pregos de licitación pública

o mesmo tempo que se abren

as negociacións co Ministerio

de xeito que sempre exista unha

vía para a xestión e non correr o

risco de que o servizo quede en

precario.

En todo caso o obxectivo do

goberno é poder ter na segunda

semana de setembro o estudio

económico e os pregos necesarios

para a licitación, así como

obter unha resposta do Ministerio

sobre a posibilidade da

encomenda. Finalmente, o Concello

preguntaralle á UTE, que

xestiona actualmente o servizo

da auga, sobre a súa dispoñibilidade

a continuar prestando dito

servizo durante o período de

emerxencia.

Por outra Banda o concello

venio de colaboración entre a

Fegamp e o ICOIIG mediante

o que os Concellos poden contratar

colexiados de maneira

temporal. Esta colaboración podería

centrarse en asesoramento

en temas como o alumeado

público, inspeccións de instalacións

ou na xestión directa dos

servizos públicos.

Precisamente no Concello de

Teo estase dando un proceso de

municipalización do servizo de

auga e abastecemento, unha si-

de Ames reuniuse coa firma de

avogados MAIO para estudar

a liquidación do contrato con

Espina y Delfín que estaba vixente

desde 1998. Esta firma

de avogados, contratada 2 días

antes das eleccións, elabora un

informe xurídico financeiro sobre

o contrato de Espina y Delfín;

a través de dita liquidación

comprobarase se a antiga concesionaria

do servizo municipal

de saneamento e abastecemento

de auga asumiu máis custes dos

que lle correspondían ou se tivo

máis ingresos dos que se establecían

no contrato asinado co

Concello. A previsión do goberno

municipal e poder presentar

o documento cara a finais de

setembro.

Fontes: concello de Ames; Lindeiros

tuación que supón un reto para

a administración local e da que

poden formar parte estes perfís

profesionais; a municipalización

da auga suporá un esforzo

na xestión de certas áreas que

ata o momento eran xestionadas

polas empresas concesionarias

do servizo.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros

Negreira perderá 4

subvencións porque o

goberno anterior non

as tramitou a tempo

As subvencións estaban destinadas as áreas

de cultura e deportes do concello

O anterior goberno local de

Negreira non tramitou en tempo

e forma catro subvencións da

Deputación dirixidas a financiar

tanto a realización de actividades

como investimentos nas

áreas de cultura e deporte.

O goberno actual no proceso

de revisión de expedientes

abertos ou pendentes de rematar

atopouse cos documentos

relativos a estes catro procesos

denegados pola deputación. A

causa da denegación foi a non

presentación das solicitudes na

plataforma telemática que usan

os concellos. Ese mesmo día

outras documentacións foron

tramitadas desde a plataforma

nicrariense polo que se descartan

erros informáticos.

As solicitudes tiñan que servir

para o pago dos profesores da

escola municipal de música, cun

importe solicitado de 30.000 euros,

o pago dos monitores das

escolas deportivas, cun importe

solicitado de 30.000 euros, e

para a compra de diverso material

deportivo, cun importe solicitado

de 15.000 euros. Según o

concello “hai que valorar mais

que negativamente a xestión

do anterior equipo de goberno

e pedirlle que expliquen aos

nosos veciños o motivo de tal

neglixencia”.

Fontes: concello deNegreira,

Lindeiros.

O alcalde de Teo e a concelleira de urbanismo, Uxía Lemus

co decano do Colexio de Enxeneiros. Foto: concello de Teo

8 novas da bisbarra

Doce codelas de millo. (II)

Un home pequeno

por Jorge del Oro Aragunde

-¿Como era o avó? -preguntou unha tarde Marina mentres merendaba

madalenas coa avoa- É que case non hai fotos, e nas que hai

véselle moi mal.

-Pois era un home de seu -respondeu a avoa buscando a madalena

máis grande do paquete porque só lle deixaban comer unha-. Rabudo

coma el só, duro coma un croio e bruto coma un arado. Era un

home grande, moi grande.

-Tan grande non sería -riu Marina-. Vin nas fotos que apenas era un

pouco máis alto ca ti.

A voa sorriu sen depegar os beizos.

-Miña filla, tes que aprender pronto a distinguir a un home grande

dun pequeno. Os homes pequenos poden chegar a ser moi altos.

Por aquí tiñamos un moi moi cativo.

Marina pousou a madalena e escoitou moi atenta, anticipando o

pracer pola historia clandestina.

-Chamábase Felipe Landín. Ás veces tiña que se agachar para pasar

polas portas do alto que era. Guapo e forte coma un boi; de casa rica

en terras e bestas. Nunca casou, aínda que lle gustaban moito as mulleres.

Sobre todo as alleas. Andaba por aí, todo teso e fachendoso,

cun bastón co que mallaba no lombo de quen se lle puxera por diante.

Un día estragóuselle un paraugas e baixou á vila para arranxalo.

Foi onda Miro o “paraghueiro”, que se poñía na esquina da praza do

Peixe os días de mercado. Miro era un homiño miúdo, fraquiño pola

fame, que non tiña máis herdade que a bicicleta do pai. Levaba na

bici un esmeril para afiar e un caixón de ferramentas para arranxar

os paraugas. O caso é que cando Miro arranxou o paraugas, Landín

non llo quixo pagar. Dicía que o traballo non estaba ben feito. O “paraghueiro”

díxolle diante de todos que metese o paraugas no cu e

deu media volta para marchar, turrando da bici. Landín agarrou o paraguas

coma se fose o bastón e empezou a mallar no lombo de Miro,

berrándolle cousas. O home aturou dous ou tres golpes, pero o outro

seguía e seguía sen que ninguén movese un dedo. Algúns incluso

rían. Encollido pola dor, meteu a man na caixa da ferramenta, revirouse

e cascoulle cun martelo na metade da fronte. Landín retrocedeu

varios pasos coa face cuberta de sangue. Medio aparvado, apalpouse

e mirou para a man toda manchada. “¡¡E sangra Felipe Landín!! ¡¡Sangra

Felipe Landín!!” dixo con ese xeito seu de falar. “¡¡Mañá vas mexar

aceite!!”. Miro deu un paso levantando o martelo e o Landín desapareceu

sen dicir máis nada.

-Miro era un home grande, entón -dixo Marina sorrindo.

-Era, si. E tíñalle lei a teu avó, que era aínda máis grande. Pero a mala

besta do Landín nin sequera chegou a saber canto. ¿Non vas comer o

resto da madalena? -preguntou botando a man.

-Si que a quero. ¿E logo que pasou co avó e mailo Landín?

-Esa é outra historia -rematou vingativa a avoa pechando o paquete

das madalenas-. Recolle, que túa nai virá enseguidiña a buscarte.

Lindeiros

O PP levará de novo a pleno

a moción para que se regule o

acceso aos edificios históricos

Piden que se teñen en conta as axendas da Xunta

O Partido Popular levou esta

demanda ao pleno de setembro

pero foi retirada xa que un

informe de secretaría consideraba

a petición un rogo. O PP a

levará de novo en outubro como

moción xa que non está dacordo

con este informe. o equipo

de Agustín Hernández insta ao

actual Goberno local a que promova

unha liña de colaboración

coa Xunta de Galicia e coas entidades

titulares de edificios de

carácter histórico e cultural, que

teñan limitación no horario de

visitas ao seu interior, na procura

Aproban renovar o regulamento

orgánico municipal en Compostela

O BNG presentou unha moción co fin de crear unha comisión con

representación dos catro grupos que foi apoiada por unanimidade

O portavoz do grupo municipal

do BNG, Rubén Cela,

presentou unha iniciativa para

“gañar transparencia, favorecer

a participación veciñal e mellorar

o funcionamento do Concello

de Santiago”.

Na proposición aprobada , o

BNG require do Concello que

cree unha comisión con presenza

dos grupos con representación

municipal para reformar o

regulamento orgánico municipal

do Pleno municipal que data

do 2007.

Rubén Cela afirmou que é

“indispensábel” modificar o

regulamento orgánico municipal

do Concello de Santiago,

dunha medida que poida facilitar

o acceso público e a posta en

valor dese patrimonio. O Partido

Popular subliña que se trata de

edificios e instalacións, como a

Colexiata do Sar ou varios conventos

da cidade histórica, con

valiosas mostras de arte -en cuxo

mantemento e recuperación mesmo

participou o propio concello

a través do Consorcio da cidade-,

e que se trata dunha medida que

vai redundar nun incremento do

poder de atracción turístico e

cultural.

Por outra banda os populares

demandan do equipo de goberno

que os actos institucionais non

coincidan cos de outras institucións.

O PP insta ao executivo

municipal a que teña en consideración

a previsión dos actos programados

pola Xunta de Galicia

para acadar así unha desexable

coordinación. Do mesmo xeito,

pide que os actos institucionais

de especial relevancia sexan

tratados na Xunta de Portavoces,

ao fin de consensuar a súa

organización.

Fontes: PP Santiago, Lindeiros

que precisa dunha “revisión

integral”. Lembrou que todos

os partidos políticos na pasada

campaña electoral “puxeron

propostas enriba da mesa que

é o momento de facer viábeis,

ademais de que a experiencia

indica que o texto actual é

mellorábel”.

Para o BNG urxe facilitar a

participación veciñal nos Plenos,

así como o seu acceso,

“para que mesmo se poidan

convocar fóra do Pazo de Raxoi

cando existen temáticas que

espertan grande interese social”

e lembrou os casos das preferentes,

do mercado de gando

de Amio e do parque de Galeras,

entre outros, “onde quedaba

moita xente sen poder asistir á

sesión plenaria cando hai instalacións

municipais que se poden

habilitar para estes casos”. No

ámbito da participación, Rubén

Cela destacou o interese de que

“os orzamentos sexan verdadeiramente

participativos para

o 2016, algo no que en campaña

electoral todos os grupos

estaban de acordo, mais agora

queda concretalo e regular a

participación do asociacionismo

veciñal na confección das contas

municipais”.

Fontes: BNG Compostela , Lindeiros

setembro 2015 Santiago 9

Avanzan os procesos cara unha Marea Galega

O Encontro Cidadá e o Banquete de Conxo 2.0 tiveron encontros por separado en Compostela

O Encontro Cidadá por unha

Marea Galega e o chamado

Banquete de Conxo 2.0 organizaron

en Santiago os seus primeiros

encontros abertos. En

ambas reunións participaron

en torno as 300 persoas aínda

que no Encontro Cidadá fíxose

constantemente fincapé na

presenza a título particular e no

Banquete de Conxo si asistiron

grupos políticos como tal.

Ambos movementos buscan

a confluencia das distintas correntes

políticas galegas de cara

a conseguir, nas vindeiras eleccións

xerais, un grupo propia no

parlamento nacional.

No banquete de Conxo participaron

distintos nomes públicos

como o escritor Suso de

Toro, o Decano do Colexio de

Xornalistas Xose Manuel Pereiro,

o sindicalista Suso díaz. o

editor Manuel Bragado ou políticos

como Nestor Rego ou Mario

López rico.

O Encontro Cidadá resultou

máis anónimo ata o punto de

que no remate da xornada moitos

dos participantes recoñecían

non saber quen impulsara o encontro.

Si apareceu por sorpresa

Mini Rivas, ex alcalde de Boimorto

a causa dunha moción de

censura promovida desde o PP

co apoio dun tránsfuga do Psoe.

Mini insistiu na necesidade da

unidade “veño dun país que está

desesperado e que pide que falemos,

que falemos, que falemos

para cambialo”.

Os traballos dos dous movementos

seguiron despois de esta

xornada definindo os membros

das coordinadoras que levaran

adiante os seguintes pasos e

afrontando distintas reunións

mesmo entre ambas propostas

ainda que segue sen estar claro

que papel poden xogar algúns

partidos políticos.

Fontes: Lindeiros.

Participantes no Encontro Cidadá por unha Marea Galega . Foto: Loli Fdez.

A interevención de Mini no Encontro Cidadá por unha Marea Galega en Don Bosco. Foto: Loli Fdez.

Asistentes ao Banquete de Conxo 2.0. Foto: Fundación Alexandre Bóveda.

10 Santiago

Compostela xa forma parte

da Conferencia de Alcaldes

pola Paz creada en 1982

Martiño Noriega asinou diante dos medios o documento

de adhesión

A Conferencia de Alcaldes

pola Paz foi creada en 1982 polas

cidades xaponesas de Hiroshima

e Nagasaki, co obxectivo

de alcanzar unha paz duradeira

no mundo a través da solidariedade

internacional, promovendo

os esforzos para aumentar a conciencia

pública sobre a necesidade

de abolir as armas nucleares.

Na actualidade, forman esta rede

6.779 cidades de 161 países, que

representan unha poboación dun

billón de persoas, equivalente

á sétima parte da poboación

mundial. Esta rede funciona en

base a unha Conferencia Xeral,

que se celebra cada catro anos

en Hiroshima ou Nagasaki, alternativamente.

A próxima será

en 2017 na segunda delas. Ademais,

existe unha Conferencia

Executiva, para as cidades, que

se celebra cada dous anos na cidade

executiva correspondente.

En España, ese papel de cidade

executiva teno Granollers.

A Cámara de Comercio, Industria,

Servizos e Navegación

de Santiago de Compostela elaborou

un código de boas prácticas

onde se establecen as normas

de conduta e obrigas que deben

respectar os órganos de goberno

da institución, e por extensión,

toda a organización. Este código

créase para garantir a “imparcialidade

e transparencia” no

desenvolvemento das funcións

público-administrativas e ofrecer

unha mellor representación, promoción

e defensa do intereses xerais,

sempre cun comportamento

ético, da industria, comercio,

navegación e os servizos da súa

demarcación. Aplicarase a todos

os actos e relacións dos membros

dos órganos de goberno (Pleno e

Para o concelleiro de Educación

e Cidadanía, Manuel Dios,

é un “orgullo” que Santiago se

incorpore á “rede internacional

de alcaldes máis relevante no

que ten que ver coa defensa da

cultura da paz e, de xeito específico,

co desarme nuclear”. Indicou

que a adhesión permitirá á

cidade participar en “programas

amplos, fundamentalmente educativos

e divulgativos, non só relacionados

coa paz e o desarme

nuclear, senón tamén con temas

como a pobreza, a exclusión ou

os dereitos humanos”.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

Martiño Noriega asinando o documento. Foto: concello de Santiago

A Cámara de Comercio implanta

un código ético de funcionamento

O regulamento de boas prácticas acreditará a imparcialidade da

institución no momento de prestar servizos os asociados

Comité Executivo) da Cámara,

directivos e demais traballadores

internos que manteñan entre si ou

con otras organizacións, como as

Administracións Públicas, os medios

de comunicación ou outras

persoas e institucións, relacións

no desenvolvemento das súas

funcións.

Os membros da Cámara deberán

respectar unha serie de

principios no desenvolvemento

da súa actividade rutinaria actuando

con total imparcialidade e

independencia.

Seguirase o reflectido na Lei

19/2013 de Transparencia. A

Cámara comprométese a facer

público no Rexistro Mercantil as

contas anuais, un informe de auditoría

e o informe anual sobre

o goberno corporativo. Por outra

banda a institución considera

imprescindible que os seus traballadores

manteñan a lealdade

institucional e unha dedicación

constante no exercicio do seu traballo.

No apartado das obrigas, o

código recolle que os membros

camerais deberán manter a confidencialidade,

respectar o réxime

de incompatibilidades para poder

corresponder coas súas labores

camerais, solventar as situacións

de conflitos de interese, non ofrecer

ou aceptar “regalos” ou pagos

en metálico ou especie e facer

bo uso dos recursos camerais.

Fontes: Cámara de Comercio,

Lindeiros.

A concelleira de Economía e

Facenda, María Rozas, lembrou

que as contas están “baseadas

en informes de diferentes funcionarios

en diferentes períodos

de tempo”. “Por desgraza a mala

xestión económica do Goberno

anterior non só deixou a cidade

sen gran parte dos gastos

de investimento prometidos,

senón que hipotecou o crecemento

da cidade de exercicios

posteriores”.

A edil recordou que o incumprimento

da chamada “regra do

gasto “ ao que están sometidas

todas as administración públicas

é un mandato legal, aprobado

polo Goberno Central, que

obriga a limitar o crecemento

do gasto orzamentario dentro

dos parámetros aprobados.

Atendendo a isto, e segundo se

recolle no informe da Conta Xeral

e no informe da Intervención

municipal, o Goberno local anterior

excedeuse nas contas de

2014 en 2.355.437,63. Con todo,

María Rozas recalcou que este

incumprimento da regra do gasto

non é algo novo, xa que “fora

alertado no informe da Intervención

sobre a liquidación de

marzo de 2015, aínda coa anterior

Corporación municipal”.

Ademais, no orzamento do

2015 estimouse un 13% máis

do límite legalmente permitido,

Lindeiros

O goberno de

Agustín Hernández

incumpriu o teito

da regra de gasto

María Rozas pediu responsabilidade

política a hora de analizar a situación

financeira

cun exceso de 9,8 millóns de

euros.

A Conta Xeral e o informe da

Intervención municipal sobre a

situación económico-financeira

do Concello xa están publicados

na páxina web municipal a fin

de que calquera cidadán os poida

consultar. En calquera caso,

o informe sobre a Conta Xeral

2014, no que se menciona o devandito

incumprimento da regra

de gasto, está a disposición

dos diferentes partidos políticos

dende hai tres semanas.

O Partido Popular apela a un

informe da xunta, que indica

que o concello é un municipio

sovente, para defender o seu

traballo e indica que as críticas

xurden pola ineficacia para saxar

proxectos do actual goberno

municipal xa que en 3 mese so

iniciaron 5 contratos.

María Rozas pola súa parte

apela a responsabilidade e a

ética política e pide que non se

critique un trabllo e uns informes

que non son de Compostela

Aberta se non que foron feitos

por funcionarios do concello en

distintas etapas e polo tanto non

deben de ser cuestionados.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

RESERVA TU ESPACIO

PUBLICITARIO:

publicidad@lindeiros .com

A TÚA PUBLICIDADE

TEN UN SITIO AQUÍ:

Tfno: 698 142 568

setembro 2015 asociacións 11

12 educación

Fátima García Doval

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje;

licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora

en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en

Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Infancia 3G

Desde hai uns meses a miña filla lémbrame con insistencia que aos seus amigos regálan ou regalaronlles

un smartphone pola Primeira Comuñón. Así que ela, que ten uns papás ultratecnolóxicos, vai camiño de ser

a rariña da clase (e en breve, de todo o cole) que non ten, non xa un teléfono, senón un smartphon coa súa

tarifa de datos e demais equipación.

Fai xa un par de anos que o agasallo estrela das primeiras comuñóns (e reis, e aniversarios, e...) é un teléfono

intelixente. Coa súa conectividade 3G, como mínimo, en calquera momento e lugar. Coa connivencia,

faltaría máis, das empresas de telefonía móbil, que mostran os mesmos escrúpulos que calquera traficante.

Se hai uns anos a mente infantil amparábase até extremos ridículos, mentres os perigos físicos derivados

propios da infancia considerábanse lances do xogo, agora a tortilla deuse a volta á española. Nun mundo no

que as randeeiras protexense ata o absurdo para evitar un brazo roto, expomos as mentes dos nosos infantes

a perigos que nin coñecemos.

Porque un smartphone non é un teléfono. É unha cámara de fotos, e de vídeo, e unha gravadora de audio,

e un computador persoal avanzado con máis potencia que todo o programa Apolo, con conectividade 24/7

a calquera lugar do planeta, nas mans dun rapaz de 9 anos. O perigo non son as chamadas, nin o SMS ou

MMS, controlables mediante a factura. O quid do asunto está na conexión de datos, que permite navegar e

usar redes sociais sen molestias, a uns nenos que, nin por idade nin, espero, por vivencias, teñen aínda unha

idea clara de como funciona o mundo.

Das compañías de telecomunicacións, ese reverso tenebroso dos supertacañóns, falamos outro día, bile

mediante. Hoxe falaremos das familias que se lanzan a este vórtice sen un criterio de contraste sopesado.

Quero crer que quen regala un smartphone a un rapaz de 9 anos ( ou de 10, ou de 11) non é consciente,

en realidade, do que pode facer un móbil actual. Cre que o móbil son 3 ou 4 grupos de whatsapp, mirar o

correo electrónico, revisar o tempo, e, talvez, botarlle un ollo ao Facebook. Non sabe que a idade mínima

para que un rapaz poida decidir sobre os seus propios datos persoais ou sobre a súa propia imaxe son os

14 anos, razón pola cal ningún neno menor desa idade pode ter Facebook, nin Twitter, nin Instagram, nin

conta de Google/Gmail/Youtube. E os menores de 16 anos usan Whatsapp só se están emancipados ou con

consentimento paterno (ou sexa, que os pais somos responsables do que fagan).

Non sabe que a simple instalación de certas aplicacións supón o alta en servizos de tarificación adicional

que xerarán cuantiosas facturas a final de mes.

Non sabe que pode navegar comodamente por toda a rede como o faría nun computador e que os únicos

obstáculos que atopará son os deseños web arcaicos que unicamente protexen contra contidos obsoletos.

Cren que cedendo á presión social e regalando un móbil os seus fillos estarán máis integrados, pero o

certo é que tamén estarán máis expostos a un mundo de abusos sen control.

Non se trata de ser a Sra. Scrooge da

telecomunicación. Faltaría máis. Son firme

defensora do uso de tablets na escola

e de que os nenos teñan acceso a esta ferramenta.

E aquí hai unha serie de matices

crave. Unha tablet non é un móbil,

conéctase mediante WiFi, o que a volve

máis controlable. Quen ten o router ten

a tixola polo mango. Unha tablet ten un

certo tamaño, polo que talvez non a leven

a todas partes e comeranse antes a

batería. Unha tablet dálles acceso ao

mundo, pero non campan ás súas anchas

de modo indiscriminado.

Se o que quere é que teña a posibilidade

de contactar con Vd (ou viceversa

) comodamente porque as circunstancias

así o aconsellan, probe a darlle un móbil

sen datos, que permita chamar e enviar

mensaxes. Algo sobradamente testeado,

controlable, e que cumpre a súa función.

Cando demostrase que é cabal no uso

da tablet e as chamadas de teléfono será

cando poida ir dándolle maiores responsabilidades.

Aos poucos. Aprender a ser

cidadán dixital é un proceso que non termina

nunca.

Membros da USC coordinan

en México unha investigación

sobre patróns de

comercio

Investigadores do grupo ICE-

DE da USC desprazáronse a

pasada semana a México para

levar a cabo a coordinación da

fase final do proxecto de investigación

‘Avances no patrón de

comercio intra-industrial entre

a Unión Europea e América

Latina: o caso de Brasil e México’

que dirixe o profesor Óscar

Rodil e que resultou o único

proxecto gañador da convocatoria

2014 do Programa Explora

da EU-LAC Foundation, con

sede en Hamburgo (Alemaña).

O grupo da USC reuniuse

cos representantes das outras

dúas universidades que traballan

no proxecto, a del Mar-Oaxaca

e a Autónoma de Chiapas,

que avaliaráos novos tipos de

comercio entre os membros

da Unión Europea e a relación

que existe entre México e Brasil.No

marco desta visita, os

investigadores da USC foron

tamén recibidos polos reitores

e equipos de goberno das dúas

universidades mexicanas, que

amosaron o seu interese polo

proxecto, froito do traballo de

moitos anos, como sinalaron

nas xuntanzas.

I Encontro Internacional

Mocidade en risco, un risco

para Europa

A Rede estatal ‘Jóvenes e

Inclusión’ que preside o catedrático

en Pedagoxía Social

da USC José Antonio Caride

Gómez desenvolveu en Santiago

o I Encontro Internacional

Mocidade en risco, un risco

para Europa. O evento propón

dar novas respostas para unha

incorporación social plena da

xuventude, sobre todo a que

se atopa en desvantaxe social

e que se viu especialmente

castigada pola crise no sur de

Europa.

Esta actividade desenvolveuse

no marco do proxecto

europeo financiado polo Programa

EEA Grants ‘Análise,

avaliación e mellora dos procesos

de intervención para a

emancipación de mozos en

dificultade e/ou risco’ no que

participan catro equipos de investigación

de referencia no

campo da educación en Espa-

Lindeiros

Novas da USC

ña das Universidades de Girona,

Illes Balears, Santiago de

Compostela e UNED e entidades

de recoñecida traxectoria

especializadas en xuventude e

emancipación como a Fundació

Natzaret, Igaxes3, Opción 3

ou ServeiSolidari.

Almudena Hospido Quintana

asume a Vicerreitoría de

Internacionalización

A profesora do Departamento

de Enxeñaría Química Almudena

Hospido Quintana asume

o cargo de vicerreitora de Internacionalización

da USC, en

substitución do profesor Carlos

Salgado. A este nomeamento

súmase o de José Manuel Cotos

Yáñez como adxunto ao

reitor para Transferencia, Innovación

e Emprendemento.

Almudena Hospido, que entre

setembro de 2013 e abril

de 2014 foi coordinadora de

Relacións Exteriores da USC,

pertence á primeira promoción

de enxeñeiros químicos da

Universidade de Santiago, onde

realizou os estudos de terceiro

ciclo con estadías de investigación

en Girona, Göteborg (Suecia)

e Halifax. Logo de defender

a súa tese doutoral trasladouse

ao Reino Unido para realizar

un posdoc na Universidade de

Surrey. Regresou á USC en

2006 para incorporarse ao Departamento

de Enxeñaría Química,

primeiro cunha praza del

Programa Isidro Parga Pondal

e na actualidade como contratada

doutora.

A súa liña investigadora

céntrase no ámbito da xestión

ambiental, e en particular no

desenvolvemento e aplicación

da metodoloxía de Análise do

Ciclo de Vida (ACV). Publicou

máis de 40 artigos científicos

en revistas internacionais e

nacionais e oito capítulos de libros.

Participou ademais en varios

proxectos de investigación

tanto autonómicos como nacionais

e europeo (destaca a coordinación

de ENERWATER,

primeiro proxecto coordinado

pola USC no Horizonte 2020) e

en diversos contratos de investigación

con empresas (Aquagest,

Conservas Calvo, Feiraco,

etc.) e organizacións (FAO).

Fontes: USC, Lindeiros

setembro 2015 empresa 13

Ana Daparte, responsable de

Natural Clean, leva media vida

entre pranchas, lavadoras e secadoras

e coñece como ninguén

un mundo que mudou moi pouco

desde hai anos e no que a experiencia

serve en ocasións mais

que o mellor curso.

Os seus primeiros pasos dounos

en Compostela, nunha das

primeiras lavanderías tipo franquicia

que se abriron na cidade.

Foi das primeiras en recibir cursos

e pasou rapidamente a ter que

dalos as empregadas das novas

tendas que se abrían. O tempo

levouna a traballar na tenda de

Natural Clean no Milladoiro

como empregada e cando o dono

se xubilou decidiu continuar co

negocio.

En 20 anos de traballo Ana

asegura que cambiou moi pouco

o método de traballo e que algunhas

das cousas que foron aparecendo,

como na actualidade o

método de limpar todo en auga,

non funcionaron.

En este negocio a maioría dos

traballos son comúns pero a capacidade

de buscar solucións

cando alguén chega cun problema

é o que marca a diferenza

entre unhas tendas e outras e

polo tanto a experiencia é fundamental,

algo que se aprende

escoitando a Ana “tes que re-

Natural Clean

Tintorería - Lavandería

correr a uns certos produtos e

saber cal é que tes que usar con

cada tecido. Sempre dependes

do tecido, por difícil que sexa a

mancha se o tecido responde, se

aguanta o color, a podes sacar”

, `precisamente o que si cambiou

foron os compoñentes das prendas

e iso é o que fai máis complexa

a limpeza “apareceron os

tecidos metálicos, os poliuretanos

que dependendo de canto

leven é mais complicado... aqui

apréndese cada día e trátase

de probar e ser prudentes, explicarlle

ó cliente si é doada ou

non a limpeza e que é o que se

fará para intentar eliminar esa

mancha. Aqui o que facemos

cando vemos unha mancha que

pode ser complicada é facer

unha proba, se somos capaces

de eliminala cobramos o traballo

e se non o regalamos, nos

arriscamos o traballo e o cliente

a prenda”.

Natural Clean traballa en gran

parte con clientes fixos que repiten

de xeito habitual. Ofrecen a

recollida a domicilio da colada

aínda que é algo que se demanda

sobre todo en alfombras e prendas

grandes. Os cambios de tempada

son os momentos álxidos de

traballo e de eles o paso da primavera

o verán.

Nos últimos tempos están aparecendo

negocios de auto servizo

que Ana ve con escepticismo

“creo que non están funcionando

porque de feito abre e

pechan moi rápido, os gastos

son os mesmos ca nos e no que

poderían aforrar sería no persoal

e o remate nos damos o

traballo feito e en eses sitios é

o cliente o que ten que facer o

traballo e esperar a que remate

así que penso que non son

competencia”.

Outro dos sectores que Natural

Clean atende é o dos colectivos,

aseguradoras, limpadoras, asociacións...

o limpar as equipaxes

de traballo dun grupo de persoas

sempre se poden ofertar uns mellores

prezos. Tamén traballan

para outras lavanderías xa que

son poucas as que, como eles,

teñen lavado en seco e polo tanto

fan ese traballo para bastantes

negocios de Santiago.

Despois de 20 anos de traballo

Ana sabe que o día a día e o bo

trato marcan a diferenza de calquera

negocio, moitos dos seus

clientes confían nela porque as

prendas que limpan son en ocasións

algo especial. En tempos de

consumo rápido da a sensación

de que pouco a pouco volve o que

funcionou toda a vida: o traballo

ben feito e a honradez.

14 rutas

Lindeiros

Rutas pola Comarca

De Padrón a Brión

A de este mes é unha ruta moi

interesante e que nos levará por

lugares pouco coñecidos, desde

as beiras do Sar ata o pico dunha

montaña para rematar nas Torres

de Altamira.

O mes pasado rematábamos

en Padrón paseando polo Xardín

Botánico, agora comezaremos

desde ese punto ata a igrexa de

Iria, na saída cara a Santiago.

A igrexa de Santa María a

Maior foi unha antiga sede episcopal

e para algúns investigadores

é o primeiro templo mariano

do mundo, as primeiras referencias

do tempo son do ano 40 DC

e aquí foi enterrado o Nobel Camilo

José Cela.

Desde aqui seguiremos pola

estrada N-550 e a 1,2 km., na

rotonda, xiraremos a esquerda e

continuaremos ata a seguinte rotonda

na que volveremos a xirar

a esquerda. Por esta estrada pasamos

entre naves de Aluminios

Cortizo, unha das principais industrias

da bisbarra; atravesamos

Extramundi coa súa estatua

dedicada ao ciclista, inaugurada

no maio de 2003; deixamos a subida

ao Santiaguiño en Padrón

ou o Pazo de Lestrove e chegamos

a autovía que colleremos

dirección Riveira. Calquera de

estes lugares merecen unha paradiña

e o viaxeiro pode decidir

si avanza na ruta que propoñemos

ou prefire ir máis de vagar

polas terras de Rois.

Unha vez incorporados a autovía

colleremos a seguinte saída,

Laiño - Rois, para comezar

a percorrer a estrada DP-302.

A 3,3 km. tomamos un desvío a

esquerda e a 1.20 km., no lugar

de Casas do Porto, facemos a segunda

parada. Aqui poderemos

contemplar as eiras de hórreos,

conxuntos de estas construcións

que se atopan nun mesmo lugar

e que falan dunha sociedade

moito máis centrada na colaboración

que a actual; pódese atopar

máis información en http://

www.lindeiros.com/ no número

11 de abril do ano pasado. En

este lugar quizais nos sorprenda

atopar unha finca chea de cabras

dun color negro como a noite,

son dunha especie en extinción

e veñen desde Jaén para criar e

vender os cordeiros.

Saímos de Casas do Porto e

a 1,5 km. seguimos pola marxe

esquerda e a 400 metros de este

punto xiramos a dereita e case

a continuación comezamos a

baixar tamén pola dereita. Continuaremos

por esta estrada 2.9

km. para chegar a un cruce no

que xiraremos a dereita, despois

de 200 metros faremos a seguinte

parada. Estamos en Buxan,

na igrexa de San Xoán pódense

atopar retablos barrocos e neoclásicos

pero igualmente interesante

e o hórreo que atoparemos

detrás do templo, un tanto distinto

a outros xa que a cámara

é de pedra e non de madeira é

está sostida por 10 linteis. Aqui

podemos aproveitar a tomar un

refrixerio pero lembrade que o

único bar do lugar non ten nin

cartel e que é un de eses sitios

que no canto de poñerche unha

madalena pregúntache se queres

unha gotas.

Desde aqui, a 2.3 km., chegamos

de novo a AC 301 e xiramos

a esquerda. A 2.7 km. tomamos

un desvío a dereita que nos levará

a igrexa de Santa María

de Leroño. Trátase dun templo

construído no século XII e que

é o que máis conserva de todo o

concello o estilo románico. En

esta pequena aldea tamén podemos

ver un dos numerosos cruceiros

de Rois ainda que cunha

parte central en forma de fornela

moi curiosa.

Saímos de Leroño pasando

polo campo da festa e 200 me-

setembro 2015 rutas 15

tros xiramos a esquerda para

chegar de novo a AC-301 pola

que continuaremos ata rematar

nun cruce en forma de Y; é un

lugar curioso xa que aquí remata

a estrada pola que chegamos, o

ramal da dereita e o fin da CP-

7402 e o da esquerda o comezo

da AC-308 que será a que collamos.

A 7 kilómetros atopamos,

xa en terras de Lousame,

a igrexa de Santa Eulalia de

Vilacoba; con fachada de estilo

barroco e torre do campanario

con cúpula esférica, no interior

destacan o retablo do altar e o

púlpito.

A partir de aqui subiremos

por un lado da montaña o Pico

da Muralla e volveremos polo

outro seguindo as indicacións

que poñemos aparte. Este miradoiro

nos permite ollar a ponte

da ría de Noia a dereita e a ría de

Rianxo a esquerda o que da idea

da súa amplitude; en este lugar

existiu un castro agora derrubado

coa construción do parque

eólico; na subida veremos con

facilidade cabalos e vacas que

STA. EULALIA DE VILACOBA - PICO DA MURALLA

Km. parciais Km. totais notas

0 0 Baixamos da igrexa e xiramos a dereita

2.600 Km. 2.600 Km. Xiro a dereita cara a parque eólico pola

CP 1103

4.2 Km. 6.800 km. Xiramos a esquerda comezamos a subir

2.4 Km. 9.200 Xiro a dereita en pista de terra, seguimos

subindo

400 m. 9.600 Xiro a esquerda

800 m. 10.400 m. Xiro de novo a esquerda

100 m. 10.500 m. Xiro a dereita e chegada o cumio

BAIXADA

0 0 Comezamos a baixar

250 m. 250 m. Xiro a esquerda

100 m. 350 m. Xiro a dereita

750 m. 1.100 m. Xiro a dereita

500 m. 1.500 m. Xiro a esquerda

500 m. 2.000 m. Xiro a esquerda, xa en asfalto

2.300 m. 4.300 m. Continuamos pola dereita

1.700 m. 6.000 m. Xiro a esquerda

400 m. 6.400 m. Xiro a dereita

130 m. 6.530 m. Xiro a dereita xa na AC-308, continuamos

ata atopar o cruce onde chegan as

tres estradas.

crían ceibes no monte e si temos

sorte algunha das aguias que por

aquí crían.

Tras volver a AC-308, e ao

cruce onde comeza, seguiremos

recto pola CP-7402 ata atopar

o enlace da autovía Santiago

Noia que colleremos dirección

Compostela ata chegar a saída

10 que colleremos cara a Brión.

Por esta estrada cruzaremos a

carón da Capea de Santa Minia

e a carballeira do mesmo nome

é un pouco máis adiante un desvío

a esquerda levaranos a meta

da nosa viaxe: As Torres de Altamira.

Estas ruínas son o que

queda do castelo construído no

século IX sobre un antigo castro;

nobres, irmandiños e incluso arcebispos

asediaron e derrubaron

este enclave o longo da historia

e no século XVII os condes,

probablemente cansos de vivir

n rehabilitación continua abandonaron

a fortaleza. A Capela

de Santa Minia coa que comezaremos

o próximo mes está feita

con algunhas das pedras de estas

torres.

Fotos: Loli Fdez.

16 alcaldes

Jorge Tuñas

alcalde de Negreira

“Atopámonos con todo o revés,

facturas sen pagar desde un ano, de 9

meses, de ano e medio... con menos

cartos nos bancos, un millón menos do

que nos deixamos e con un millón mais

de créditos que se pediron ó ICO nestes

catro anos.”

Lindeiros

Jorge Tuñas é de novo alcalde

despois de catro anos de goberno

popular en Negreira, non

ten a maioría pero os apoios

puntuais de Ciudadanos permitíronlle

ser investido e o poden

axudar o longo da lexislatura.

A primeira pregunta que lle

facemos ten que ver con como

deixou o concello e como o

atopou.

Nos deixamos un concello

estable, saneado economicamente,

con un remanente de

dous millóns e medio de euros

nas contas e , según nos

dicían, colleríamos un concello

en bo estado, cos pagos o

día. Atopámonos con todo o

revés, facturas sen pagar desde

un ano, de 9 meses, de ano

e medio... con menos cartos

nos bancos, un millón menos

do que nos deixamos e con un

millón mais de créditos que se

pediron o ICO en estes catro

anos.

Nos esta pasando que agora

temos 4 subvencións concedidas

pola Xunta nas que temos

que aportar unha parte e non

temos cartos para pagalas, teremos

que escoller as que podamos

pagar ou renunciar as

catro porque hai bolsas de orzamento

que están totalmente

gastadas.

Non parece que vaian atopar

apoios puntuais nin moita coherencia

no PP que, a estas alturas,

xa votou en contra dunha obra

que eles mesmos planificaran

Si porque a única subvención

aprobada cando chegamos

a intentamos sacar

adiante pasando cartos de

unhas partidas a outras, contábamos

co voto a favor do

partido Popular xa que fora

unha obra proposta e preparada

por eles, os cartos saían

dunha partida destinada a

pagar intereses e sobre a que

existe unha moratoria polo

que este ano non se usarán, e

comprometámonos tamén a

que en canto tiveramos cartos

volvería a esa partida e pese a

todo isto votaron en contra. Si

eles non teñen interés especial

en que algo promovido por

eles non saia adiante nos non

podemos facer mais. Non son

obras prioritarias para o concello,

son obras menores, pero

sorprende a actitude.

O urbanismo sempre foi un

problema en Negreira, cales son

os problemas na actualidade.

Urbanísticamente Negreira

está tocada de morte, non hai

mais que darse un paseo polas

rúas para darse conta. Todo o

que naceu baixo o boom urbanístico

foi bastante penoso,

as rúas que se abriron, as

edificacións... esa época aproveitouse

para beneficio duns

poucos en contra do pobo e a

cidadanía. Nos últimos catro

anos hai 3 temas que agora

herdamos e aos que temos que

buscar unha solución si somos

capaces. A Praza das Brañas

foi denunciada por nos na Fiscalía

porque entendemos que

o expediente foi un auténtico

disparate e non se sostén por

ningún lado, non o entendemos

porque existían outras

fórmulas para facerse con eses

terreos e poder facer a obra,

non acabo de entender que

pasou pola cabeza do alcalde

para facer ese expediente...

baixo o noso punto de vista xa

que o mellor a xustiza nos di

que estamos equivocados. A

rúa que terá que unir a avenida

de Santiago coa zona escolar,

abriuse un expediente de

expropiación forzosa cando

a obra, aínda que é boa para

o concello, non é prioritaria

e púidose tramitar cun expediente

normal evitando enfrontamentos

cos veciños; o

alcalde o fixo así pola proximidade

das eleccións coa intención

de poder mostrar algún

traballo feito e a día de hoxe a

obra está parada e sen partida

orzamentaria para poderse

tramitar. O terceiro problema

é unha unidade de execución

detrás da rúa Cachurra

e a Carreira de San Mauro

que está pendente de rematar,

e unha zona que os propietarios

das fincas teñen que

urbanizar e non sei si agora é

o mellor momento para facerlle

gastar eses cartos a estes

veciños.

O que si parece que segue

sendo un dos motores da vila e

a cultura.

Desde pequeno recordo que

a cultura, xa fora da man da

Sociedade Alfonso Eans ou do

concello, sempre tivo moita

vida. Xa na época dos meus

país había casino, Negreira

chegou a ter dous cines, é un

concello que sempre tivo grupos

de gaitas, bandas de música,

bailes de Entroido... creo

que a proximidade con Santiago

marcou un pouco a este

concello. En este últimos catro

anos temos que dicir que a de

cultura foi unha das poucas

concellerías que funcionaron

ben, seguiu mantendo as cousas

que nos tíñamos e en ocasións

as aumentou. Seguiuse

coa escola de música e a de

teatro, co mes do teatro... notouse

que estaba unha persoa

con sensibilidade.

Os orzamentos terán que ser

consensuados, en que sentido os

están deseñando

Os orzamentos, como dis,

terán que ser pactados con

Ciudadanos para que cheguen

a bo porto. O equipo de intervención

está traballando e

xa teño un primeiro informe

mais xenérico das distintas

partidas, os gastos que hai e

como se terán que contabilizar

en cada partida. Intentaremos

baixar os gastos de

protocolo todo o posible xa

que cremos que son gastos que

non se precisan. intentaremos

aforrar en gastos correntes,

temos propostas de aforro

en enerxía, estamos mirando

ofertas en telefonía, etc. E Por

outra banda intentaremos aumentar

os gastos sociais que

cremos que fan moita falta;

si se pode intentaremos crear

unhas becas para cultura e

deporte destinadas a estudantes

ou futuros deportistas que

teñan que ir adestrar fora do

concello; e por outra banda

temos un acordo con Ciudadanos

para crear un fondo de

cohesión social para axudar a

familias con necesidades. Intentaremos

tamén ampliar a

partida da brigada de obras

para poder atender mellor o

día a día, nos tempos nos que

estamos os veciños pídenche

manter ben as estradas, limpos

os camiños, xa non che

piden grandes inversións porque

saben que non podemos.

Para rematar dígame como ve

o tecido empresarial da cidade,

os comerciantes.

Desde hai un par de anos ou

tres temos unha asociación de

comerciantes que parece que

vai en serio, antes existiron

intentos de crear asociacións

de este tipo que por distintos

motivos non funcionaron

pero agora estamos traballando

con eles e si se ve o desexo

e as ganas de que os negocios

funcionen. Por outra parte o

maior problema que temos

en esta comarca e o do sector

lácteo, queiramos ou non, o

entendamos ou non aqui vivimos

de ese sector case exclusivamente;

a única empresa

un pouco forte que existe e no

concello de Ames Feiraco, as

xentes que baixan a Negreira

a facer compras viven case todos

do campo, as empresas de

construción moitas foron pechando

e quedan dúas ou tres

nada máis, o resto vivimos do

sector lácteo que está como

está e mentres a administración

non lle queira poñer solucións

imos ter problemas

todos.

O novo alcalde de Negreira,

Jorge Tuñas, quédalle moito traballo

por facer pero chega coa

vantaxe da experiencia, a vivida

como alcalde pero tamén a pasada

na oposición, de ambas ten

que saír o futuro da vila.

Manel Pardo

Foto: Loli Fdez.

Negreira, 21 de agosto de 2015

setembro 2015 17

18 pasou

Ardemil reviviu un ano

máis a tradición da Malla

Estivo organizada pola Asociación Cultural Castro Da Croa

O que máis sorprende ao chegar

a Ardemil e a diversidade

de cousas para as que mirar; un

avión que ao lonxe pasa por un

de verdade, restos dun Antroido,

un dinosauro coa cría, un

canón, unha máquina de tren...

obxetos dispares que se combinan

cunha exposición de motos

antigas e outra de tractores en

que forman un todo que nos

lembra que ademais da malla

estamos ante unha exposición

de antigüidades das máis curiosas

de Galicia.

Na eira xa preparado un palleiro

e as máquinas necesarias

para sacarlle o gran ao trigo.

As doce acéndese a primeira co

esforzo de tres homes que tiran

da vella correa para que aquilo

comece a funcionar. A partir de

ese momento os feixes pasan

do palleiro a máquina e de alí a

outro palleiro xa sen a semente

que pasa por unha peneira que a

deixará limpa de impurezas.

Os asistentes disfrutan de

tódalas etapas e comproban a

dureza do traballo no campo

porque hai que lembrar que as

máquinas pertencen aos últimos

anos pero que antigamente facíase

todo a man.

A festa que comezou como

unha recuperación da Malla

agora dura 3 días e combinase

con actuacións musicais, a Feira

de Antigüidades e a exposición

de tractores e motocicletas. Este

ano foron máis de 1.000 persoas

as que pasaron por Ardemil animadas

por un tempo que acompañou

tódalas actividades.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

Editor e galeguista, Ánxel

Casal foi asasinado cando era

alcalde republicano de Santiago

e o seu corpo foi atopado nunha

gabia de Teo o 19 de agosto de

1936. Tiña só 40 anos.

Ademais do seu traballo como

político demócrata e galeguista,

Casal levou a cabo un importante

labor editorial, fundando a editorial

Lar e a imprenta Nós, que

deu ao prelo obras xa clásicas

da literatura galega. O seu labor

como normalizador da lingua

galega estivo tamén vinculado ao

ámbito da educación, e impulsou

as primeiras escolas do ensino en

galego.

Este ano cumpríronse os 120

anos do nacemento de Casal e

na súa homenaxe participaron

ademais de Martiño Noriega, alcalde

de Santiago, e Rafa Sixto,

alcalde de Teo, os rexedores de

A Coruña, Xulio Ferreiro, e de

Arzua José Luís García. O acto

foi conducido por Pilar Faxil,

Lindeiros

Lembranza de

Ánxel Casal

O concello de Teo e o BNG de

Compostela realizaron sendos actos

concelleira de cultura de Teo e o

presidente da asociación Oliveira,

Xosé Luís Santos Cabana que

foi o encargado de abrir o acto.

A música foi posta polos gaiteiros

da Asociación A Mámoa

de Luou e das pandereteiras do

grupo Aldomil; a peza que interpretaronm

estas últimas, leva por

título “O Paseo” e foi recuperada

na compostelana parroquia de

Grixoa por Montse Rivera e Felisa

Segade, trátase dunha melodía

que se interpretaba cando a xente

que estaba presa sabíase que o

día seguinte ia ser “paseada”.

O acto pechouse cunha ofrenda

floral e o Himno galego

no monolito que lembra o lugar

onde apareceu asasinado.

Por outra Banda o BNG de Compostela

realizou a súa propia homenaxe

o editor pendurando do

balcón de Raxoi unha bandeira

co escudo que no seu día deseñara

o propio Ánxel Casal.

Fontes: Lindeiros.

Distintas escenas da Malla. Foto: Loli Fdez.

Rafa Sixto, alcalde de Teo falando na homenaxe. Foto: Manel Pardo

O BNG coloca a bandeira no balcón de Raxoi. Foto: BNG Compostela

setembro 2015 pasou 19

20 pasou

Feira do Románico en Negreira

A novena edición recuperou o éxito perdido nos últimos anos

É a cita que que pon fin o

verán e coa compaña do bo

tempo resultou todo un éxito.

O longo dos 3 días recuperou o

ambiente que perdera un pouco

de pulo nas últimas edicións.

A carreira de San Mauro converteuse

no que tivo que ser

Negreira en épocas pasadas e o

Pazo do Cotón vixiaba desde o

alto aos visitantes. Os artesáns

mostraban os seus traballos e

como en calquera mercado de

época un podía mercar desde

unha boa espada ata lana de

ovella, escudos en pedra ou colgantes

de vidro. Mouchos, falcóns

e aguias fixeron as delicias

dos pequenos que podían acaricialas

e fotografarse con elas.

Por suposto a comida estivo por

todos lados, churrasco, polbo,

pizza, doces, tes, pan... para comer

ou para levar para casa un

tiña onde elixir.

A noite traia o ambiente máis

especial. A música, os espectáculos

con lume ou un dragón

camiñando entre o público fixeron

do espazo un conto de cabaleiros

e princesas.

Unha cita que no 2016 cumprirá

10 anos o que converterá

a cita en algo especial para

Negreira.

Fontes: Lindeiros

Coroación de García, taller de cestaría e o espectáculo de lume. Fotos: Loli Fdez.

O Salón de Plenos do Concello

de Teo reuniu aos invitados da

Irmandade Avelino Pousa Antelo,

a Irmandade Manuel María

da Terra Chá e a Asociación Cultural

Xermolos para entregar o

premio que lembra a memoria de

Avelino Pousa Antelo, o Caxato.

O alcalde, Rafael Sisto, lembrou

o legado cultural e o valor

humano de Avelino e lembrou

que o Concello de Teo segue sendo

o portador do segundo caxato

de Avelino Pousa, o cal considerou

como o “orgullo máis decidido

e unha honra maior que este

concello, que foi a súa casa, siga

sendo a súa casa para pór en valor

o seu legado”.

Sara Torreiro, veciña de Santa

María de Arzúa, parroquia

que este ano foi agasallada co

“terceiro caxato Avelino Pousa”,

Lindeiros

Entregado o Caxato

de Avelino Pousa

Este ano o galardón foi otorgado á

parroquia Santa María de Arzúa

recordou a presenza de Avelino

nas festas desta parroquia, tanto

na festa caldaria, como no castelo

da noite de San Xoán e puxo

en valor a idiosincrasia rural

“Idiosincrasia esta –dixo- na que

Avelino encaixou de marabilla”.

Para rematar, Nora Pousa, filla

de Avelino, quixo agradecer a

todos os asistentes a súa presenza,

así como aos organizadores

e institucións colaboradoras o

afecto mostrado cara a figura do

seu pai e felicitou á parroquia de

Santa María de Arzúa por ser a

portadora do caxato deste ano,

parroquia da que lembrou que

Avelino definía como o lugar

onde se comía “unha pluscuamperfecta

cunca de caldo”.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros

Un momento do acto. Foto: concello de Teo

setembro 2015 pasou 21

Unha Ultranoite no Auditorio

998 persoas disfrutaron da volta de Chévere a cidade nun exercicio de liberdade cultural

Unha vez máis a Ultranoite

deixou claro que ten seguidores

e que non precisa nada máis

que dicir o día e a hora para que

se xunten 1.000 persoas. A Ultranoite

no País dos Soviets tiña

gusto a Fray Luís de León que,

tras pasarse 5 anos no cárcere,

comezou a súa clase na universidade

cun “como deciamos ayer”,

na mente dos espectadores o

exilio de Chevere sucedido hai 4

anos.

Coma sempre o espectáculo

foi puro cabaret e repasou os temas

de actualidade e, sobre todo,

a nova situación política en Galicia.

A presenza no escenario dos

alcaldes de Ferrol, Santiago e A

Coruña fixo estoupar en aplausos

aos asistentes convertendo por

un momento a función nunha declaración

de principios.

Alemania tentando subirse

nos ombreiros de Grecia, Felipe

e Leticia nunha escea de dominación

sumisión, os Monblues

Brothers falando de corrupción

ou un Apóstolo Santiago bastante

cabreado por quen chegou ao palacio

de Raxoi foron algúns dos

persoaxes que pasaron polo escenario

para contar a súa visión da

realidade. Mención a parte merecen

Os da Ría que puxeron á xente

en pe co seu “infanta Elena” e

deixaron un novo himno “Unha

nova Galicia”.

Unha parte importante do espectáculo

foron as homenaxes

que o longo da noite foron facéndose.

El Rey e Leticia cantaron

dous clásicos de Krahe, Marieta

e La Hoguera, con letras convenientemente

adaptadas. Miguel

de Lira tivo o honor de lembrar

algún dos monólogos de Ravinovich

e Patricia de Lorenzo

foi a encargada, xa no peche do

espectáculo, de rememorar o famoso

“gracias por venir” de Lina

Morgan.

Da noite nos quedamos co grito

de Patricia explicando que a

Converten en teatro a novela

Dragal e as lendas do Pico Sacro

Os rapaces do campo de traballo encargáronse da dramatización

O concello de Boqueixón presentou

o xermolo dun proxecto

que dramatizará a subida o Pico

Sacro, esta primeira proba levouse

a cabo polos participantes no

Campo de traballo Dragal.

A intervención do campo de

traballo ten moito que ver coa

posta en valor da zona a través da

creatividade. Os traballos están

dirixidos sobre todo a rapaces,

18 a 30 anos, que teñan certa experiencia,

ou queiran adquirila,

no mundo creativo: Escultura,

Pintura, Videocreación, deseño

gráfico, ilustración, banda

Deseñada.

A achega do campo de traballo

é facer unha posta en valor inminente

do patrimonio cultural e

artístico dinamizando a zona do

Pico Sacro e o Camiño de Santiago

nos concellos de Santiago

de Compostela, Boqueixón, Padrón

e Vedra.

Os rapaces que participan este

ano no campamento deseñaron

unha historia inspirada no primeiro

libro da serie Dragal, da

Nasa non volvería a Compostela “a Nasa morreu, viva a Nasa!!”.

Dous dos rapaces caracterizados durante a representación . Foto: Loli Fdez.

escritora Elena Gallego, e nas

lendas propias do Pico Sacro; o

longo da subida o camiñante atopa

distintos persoaxes que lle falan

das lendas do dragón do Pico,

da Raiña Lupa ou de Adrián, o

protagonista das novelas. É tan

so unha primeira experiencia

pero que abre un mundo de posibilidades

para un dos montes

máis cheos de historia da bisbarra

compostelana.

Na subida participou o alcalde

de Boqueixón, Ovidio Rodeiro,

que é desde hai anos un dos

maiores impulsores da protección

do Pico e o seu entorno e da

vinculación cos rapaces, primeiro

como tenente de alcalde do

concello, despois desde a Dirección

Xeral de Xuventude e desde

maio pasado xa como alcalde.

Fontes: Lindeiros

Fontes: Lindeiros

22 pasará

5 anos de Outono Códax Festival

Naomi Shelton será a estrela desta edición

Tres sábados consecutivos (19 e 26 de setembro, e 3 de outubro, na Sala Capitol de Santiago de

Compostela) e, por primeira vez na súa curta pero intensa historia, unha cita fóra de Galicia (2 de

outubro, na Sala Acapulco de Xixón) servirán ao Outono Códax, o festival galego de música negra,

para conmemorar o seu V aniversario.

Unha celebración especial para a que a organización pretendeu pechou un cartel no que combina a

participación de grandes lendas contemporáneas con bandas de referencia no actual panorama internacional

e formacións galegas que despuntan con enerxía propia. Este ano quizais sexa a proposta

máis variada ata a data en canto a estilos: do soul máis clásico ao último neo-soul; do rhythm&blues

máis frenético ao funk máis mestizo; do gospel máis purista ao groovy máis evolucionado; do

rock´n roll máis desenfreado ao blues, o dub, o reggae ou o doo-woop.

As estrelas de este ano son Tommy Hunt, o mítico vocalista de The Flamingos e unha das lendas

vivas da música contemporánea, que acudirá ao Outono Códax como artista convidado para repasar

algúns dos grandes éxitos da súa carreira; e a enorme Naomi Shelton, hoxe por hoxe, unha das divas

da música negra e peza clave do renacemento da música sureña estadounidense en Nova York.

aterrará no Outono Códax para actuar acompañada

do seu excepcional coro, The Gospel

Queens, e da súa incrible banda (entre a que

se atopa Fred Thomas, o histórico baixo de James

Brown).

Pero o resto do cartel será coa sempre para

non perdelo. Mike Sánchez&His Band, nado

no Reino Unido de pais españoles e que está

considerado un dos artistas de rhythm&blues

británico. The Gospel Sessions, o último e

gran espectáculo de Onno Smit e Paul Willemsen

para o que contan coa maxistral voz

de Michelle David que xa participara no Outono

no 2013 con Lefties Soul Connection.

The Velvet Candles, uns cataláns que parecen

saídos dos anos 50 polo seu xeito de interpretar

doo-voop. Juan Celada Band, hoxe en día a

referencia en neo-soul en España e que chega

cun espectáculo preparado en exclusiva para o festival.

Mike Sánchez. Foto: Raíña Producións

A participación galega deste ano, compromiso irrenunciable do festival coa música feita en Galicia,

correrá nesta ocasión a cargo de tres das bandas máis destacadas da escena actual: The Soul

Jacket, Transilvanians e Sabela King&The Heartbreakers.

O Outono Códax Festival está impulsado desde a iniciativa privada por Raíña Productions e A

Reixa, baixo o patrocinio de Martín Códax, e coa colaboración de Pousadas de Compostela, así

como a de case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais da capital galega.

Nos últimos anos as chamadas

“bandas Homenaxe”, músicos

que copian a perfección

a vestimenta, a pose e o son de

grupos míticos do Rock, volvéronse

un fenómeno de masas.

Nunca máis poderemos ver

ao carismático líder de Queen

Freddie Mercury pero o espectáculo

Remember Queen fará

que sintamos algo moi parecido.

O italiano Piero venery esta

considerado o mellor dobre de

Mercury, de feito leva o papel

a súa vida privada onde está

encantado de seguir interpretando

o papel do desaparecido

cantante. Vitto de Mateis,

Roberto Damicis e Giorgio de

Nigris dan vida o resto dos músicos

de Queen conseguindo

unha gran fidelidade nas súas

interpretacións. Estes músicos

foron escollidos no ano 2006

para o primeiro espectáculo

multimedia que por aquel entón

levaba o nomde de Good Save

The Queen. No 2014 cambiouse

o nome polo de Remember

Queen pero a maxia segue a ser

a mesma

Lindeiros

Versións tan boas

como as orixináis

Os fans de Queen e de U2 teñen unha cita

na Capitol o 25 de setembro e o 8 de outubro

Achtung Babies son a versión

de peto de U2. Levan desde

1993 exercendo de dobres e o

seu espectáculo vai recollendo

co paso dos anos escenas

das xiras dos Irlandeses. Son

tamén italianos e ofrecen un

show de 150 minutos que dicir

dos expertos é a mellor homenaxe

a U2 en todo o mundo,

de feito a compañía Universal

dou a súa aprobación a ese

calificativo. Non se trata so de

escoitar a música xa que a posta

en escena replica moitos dos

momentos de concertos como

The Joshua Tree Tour o Zoo

TV que os orixinais U2 nunca

repetirán. Dase a circunstancia

de que mentres toquen en

Compostela os orixináis U2

estarán tocando en Barcelona

asi que os que non poidan ir

teñen aquia oportunidade de

disfrutar tamén coa música dos

irlandeses.

Trátanse de dúas oportunidades

magníficas; Queen o 25 de

setembro e U2 o 8 de outubro.

Naomi Shleton. Foto: Raíña Producións

Cartaces dos concertos

setembro 2015 23

Goyo Jiménez 26 setembro

Auditorio de Galicia

Din que é o mellor monologuista do país, a súa axilidade a hora

de falar, o dominio dos tempos fan dos seus espectáculos unha

continua gargallada. O 26 chega o Auditorio de Galicia con “En verdad

os digo”, un espectáculo grazas o que, según o autor, “deixarás

de ser ese tipo crédulo e bonachón do que se aproveitan todos os

lerchos, mentireiros e enganabobos. Aprenderás non só a darche

conta de cando cha están dando con queixo, senón a escaquearte

das consecuencias da mentira, e mesmo vingarche do cabroncete

que cha quería coar, soltándolle ti unha bóla aínda máis gorda”, non

é mala proposta para acudir.

Haiku e cine

en

Roderick Williams barítono

29 de setembro

Teatro Principal

Amor e devoción... o título do Ciclo de Lied 2015 está inspirado

no programa no que Roger Vignoles e o barítono Roderick Williams

exploran as temáticas xemelgas do amor sacro e terreal. Algunhas

veces, os dous amores son separados e distinguidos, como no caso

do conxunto de cancións sacras de Hugo Wolf, principalmente as

compostas a partir de antigos poemas españois no seu Spanisches

Liederbuch (Cancioneiro español), e nos Vier ernste Gesänge (Catro

cantos serios) de Johannes Brahms con que o programa de Roderick

Williams, e o ciclo deste ano, finalizan.

Te eligiría otra vez

4 de outubro

Auditorio Abanca

Te elegiría otra vez... unha comedia romántica apta para todos os

públicos... Seis personaxes, tres parellas, seis situacións pouco realistas

para personaxes que poden chegar a selo e que, como o resto

do universo, teñen unha materia atragoada: o amor.

Historias independentes que se unen na escena final, na esencia

dos personaxes que non nas historias… Non hai nomes, non nos

importan… Tampouco importa se se trata dos mesmos personaxes

nun “antes” e nun “despois”, que todos temos de denominador

común a tara emocional, nun ou noutro plano… Importan os feitos

e, por suposto, pasalo ben para que todo o mundo se contaxie.

A programación de Curtocircuito

aínda non se coñece pero

si se avanzaron algunhas cousas

como unha xuntanza con Oliver

Laxe. O realizador galego, cunha

aproximación que combinará

teoría e práctica cinematográfica,

destilará a súa filosofía de vida

cara o cinema; nun diálogo cos

asistentes que xirará en torno ao

concepto do haiku – poesía xaponesa

– aplicada aos filmes.

Baixo o título ‘Teño arroz, teño

libros… ata teño tabaco‘, haiku

do poeta nipón Taneda Santoka,

Laxe explicará como lle influencian

na súa creación outros escritores

como Jack Kerouac ou

Issa Bobayashi; mergullarase en

conceptos de diferentes tradicións

místicas; ou falará da súa

paixón por cineastas como Andrey

Tarkosvky ou Apichatpong

Weerasethakul. O obradoiro, de

tres días de duración, está especialmente

dirixido a artistas ou

estudantes de arte, filosofía, ou

relixión; aínda que poden participar

nel todos os cinéfilos que o

soliciten. Terá lugar do 7 ao 9 de

outubro, no CGAC, e ten un prezo

de 50 euros, 25 para os académicos.

O prazo de inscrición ábrese

o 15 de setembro. Hai prazas limitadas,

que serán cubertas atendendo

á orde de chegada das

solicitudes.

Para máis información:

curtocirtuito.org

Festival Peregrinos

Musicais do 21 ó 25 en

varios espazos

V edición dun festival que ten como punto álxido das actuacións

a que se celebra na Catedral.

21/09 Inauguración, 20:30 Teatro Principal

22/09 Peregrinos Musicais, 21:30 Catedral de Santiago de

Compostela

23/09 Mestres e Laureados, 20:30 Ilona Timchenko (piano).

Participan Diana Poghosyan(violín) e Amelia Ónega Otero (clarinete)

Teatro Principal

24/09 “Années de Pèlerinage”, 20:30 Paraninfo da USC na Facultade

de Xeografía e Historia

25/09 Vos novos solistas coa Real Filharmonía de Galicia

21:00 Dirixido polo mestre Maximino Zumalave Auditorio de

Galicia

24 pasará

Visita un museo

Museo Terra de Xallas, Santa Comba

No 2012, despois de 7 anos

de obras, abría no Pazo de Santiso

o Museo Terra de Xallasque

acolle unha serie de obxetos e,

libros e fotografías das terras de

Santa Comba.

O museo recolle unha mestura

de antigos aparellos do fogar,

laudas funerarias, maquetas , libros

e fotografías que dan unha

boa idea da riqueza da comarca

e da súa historia.

Coa súa inauguración o concello

firmou un acordo co arcebispado

de Santiago polo que

este cedía durante 25 anos unha

serie de libros escritos en torno

o 1850 e outros que abarcan do

1900 ata o 1950, os mais antigos

están expostos e 237 forman

parte da biblioteca municipal.

As primeiras aportacións de

200 veciños lograron tamén

reunir 3.500 fotografías que reflicten

a vida social destas terras

o longo do último medio sécu-

lo e que se poden contemplar

na planta baixa. Tamén en esta

zona pode verse unha maqueta

da igrexa románica que hai 53

anos foi derrubada por un conflito

veciñal e o sagrario que

outro veciño gardou ata que se

abriu o museo.

Hai réplicas dunha cociña de

época e dos despachos dos sacerdotes

Don Joaquín e Cabeza

del Campo.

O museo conta cun salón nobre

no que se celebran vodas

civís e acolle ademais a sala de

trofeos para o Xallas F. C. no

que contemplar a Copa da Costa

gañada no seu día o Negreira.

O lugar é unha boa oportunidade

para coñecer unha vila e

unha comarca moi cercana pero

que as veces parece que está

máis lonxe do que realmente

está.

Aberto as fins de semana.

Maqueta da antiga igresia románica de Santa Comba. Foto:Loli Fdez.

O nome das vivendas nace

da lenda do estudante Manuel

Joseph Ramírez de Arellano y

Sotomayor. O parecer o xoven

morreu alí en 1718 despois dun

duelo e a súa nai mandou poñer

un cruceiro na súa memoria que

sería o que daría nome o grupo

de vivendas construídas en

1960. O cruceiro foi trasladado

na última remodelación do parque

a San Fiz de Solobio e sustituido

por un de cemento e os

veciños esperan que a festa de

aniversario serva tamén para a

volta do orixinal.

As asociacións Raigame, a

Fundación Santiago Centro,

Enrede, o Centro Sociocultural

do Ensanche e Panxea e algúns

membros da Asociación Galega

de Produtores Ecolóxicos son

os impulsores de esta iniciativa.

Como nos explicaron Xosé Manuel

Durán e Sonia Quintáns,

dous dos membros da comisión,

a idea xurdiu nunca reunión no

centro sociocultural na que todos

os comerciantes estaban de

Lindeiros

55 anos das Casas de Ramírez

Distintas asociacións preparan unha festa para o día 26

A cita para os afeccionados á

fotografía consta de tres apartados

na categoría de adultos:

Premio Especial Touro Natureza,

Premio Especial Touro

Patrimonio Histórico-Cultural

e Tema Libre. Cada apartado

está dotado cun premio de 300

euros. Pola súa banda, a categoría

xuvenil conta co Premio

Especial Touro Natureza e

Premio Especial Touro Patrimonio.

En ambos os dous casos

o premio será unha tablet.

Poderán participar todas as

persoas físicas que cumpren

acordo en “facer algo” aínda

que non sabía que; a animadora

sociocultural Bea Cornide

estaba preparando algo para o

samaín baseado na lenda do estudante

Ramírez e así apareceu

a data do aniversario que consideraron

un bo punto de partida.

O 26 de setembro o longo de

todo o día haberá unha feira do

comercio con 50 postos, actividades

para os cativos, conversas

con maiores para lembrar como

era a zona e como cambiou e

contarán incluso co arquitecto

das vivendas polo que as rúas

da zona ferverán de actividade.

Sen duda será un bo impulso

para facer outras cousas no barrio

xa que todos coinciden en

que dinamizar a zona e unha

prioridade para os veciños e

para os comerciantes.

Xosé Manuel Durán e Sonia Quintáns. nas Casas de Ramírez. Foto: Loli Fdez.

X edición de Touro en Imaxes

Os interesados en participar teñen ata o 15 de novembro

o establecido nas bases. Cada

autor ou autora poderá presentar

un máximo de catro

obras, que deberán ser orixinais,

recentes e inéditas.

As fotografías realizaranse

en branco e negro ou cor.

O propio Concello de Touro

expoñerá as fotografías gañadoras

e tamén as demais

participantes. Estes traballos

pasarán a formar parte dun

arquivo creado para uso municipal.

Os interesados en presentarse

ao concurso poden

consultar as condicións da

convocatoria en http://www.

concellodetouro.com/web/

index.php/gl/ ou no propio

Concello, chamando ao número

de teléfono: 981.504.029.

Os profesionais ou afeccionados

que participen poderán

presentar os seus traballos no

rexistro do Concello ou enviando

as obras por correo

certificado en sobre pechado á

seguinte dirección: X Concurso

de Fotografía Touro en Imaxes.

Concello de Touro. Fonte

Díaz, s/n. 15822. Touro. A

Coruña.

setembro 2015 pasará 25

“10 negritos” de

Agatha Christie

en Compostela

O clásico da novela de misterio estará no

auditorio o día 25

Escrita en 1939 bateu marcas

de espectadores e lectores: 100

millóns de exemplares vendidos,

a novela de misterio máis

vendida da historia, un dos 10

libros máis vendidos de todos

os tempos… son algunhas das

referencias que se poden atopar.

Foi pasada ao teatro pola propia

autora en 1943 e desde entón regresa

aos escenarios en tódalas

grandes cidades do mundo de

cando en vez. A versión dirixida

e adaptada por Ricard Reguant

chegaba a Madrid o finais do

2014 despois de 15 anos sen que

a capital gozara de esta peza, o

director recoñece que se inspirou

na serie Mad Men para o

seu traballo. 10 persoaxes sos

nunha illa e sometidos a presión

de saber se son asasinos ou

vítimas.

O 25 de setembro poderá verse

no Auditorio Abanca as oito e

media da tarde.

A carnicería A Praza do

Milladoiro regalou 300 €

A carnicería A Praza comezou o pasado mes de agosto cunha serie de sorteos, que seguirán

nos vindeiros meses, e que farán que cada 30 días un dos clientes gañe 300 euros en

efectivo. Según explican desde a xerencia prefiren entregar os cartos en metálico antes que

un vale de compra porque son conscientes da situación económica que atravesan moitas

familias.

En este primeiro sorteo a gañadora foi Nora, do MIlladoiro, e a súa papeleta saíu elixida

entre os centos de boletos

que enchían a furna. Un rapaz

que estaba cos país comprando

foi a man inocente e

no mesmo momento se lle

comunicou a Nora por teléfono

que tiña os 300 euros a

súa disposición.

Este mes todos os que

compren máis de 5 euros na

carnicería A Praza terán tamén

a súa oportunidade.

Cervexa e Rock en Titina

Nija Lucifer firmará discos o día 26

Nija Luciferé un grupo de glam rock formado por catro galegos moi especiais: o vocalista Nija,

Lucifer que se encarga das guitarras e os efectos, Delfinus o baixo e Blackice a bateria. A súa estética

xira do satánico ao vampírico e a súa música ten o sonido que debe de servir de fio musical no

inferno. Nija Lucifer foi ademais o primeiro grupo de rock en

elaborar e vender a súa propoa cervexa artesanal; Titina Alimentación,

no Milladoiro en Ames, tivo a exclusiva da venda

para a bisbarra e agora prepara para o día 26 unha firma de

discos da banda.

Nija Lucifer ten dous discos no mercado, Opera (2013) e

Dolor que saiu o ano pasado. O sábado 26 estarán desde as

cinco e media

caracterizados

coma nos seus

concertos e firmaran

tódolos

discos e CD que

fagan falta, e

supoñemos que

xa de paso tomaránse

unha

cervexa... da súa

claro.

26

Lindeiros

setembro 2015 deportes 27

Club Montevai

BTT O Pino

Crecendo ano a ano

O Clube MontaeVai O Pino

vén de celebrar unha asemblea

extraordinaria onde Óscar

Vilar Chento foi elixido,

de novo, como Presidente da

entidade. Con el estarán, compartindo

tarefas de xestión,

José María Blanco Pampín

como Secretario, José Luís

Vilariño Castro nas funcións

de tesoureiro, e Roi Vázquez

Vilariño e Javier Rouco Pintor

en calidade de vocais. Os

retos para os próximos tempos

aumentar o número de

socios e crear un equipo de

atletismo.

O club naceu do 2011 froito

da afección dalgúns veciños

polas saídas en ruta e o cicloturismo.

En total, a entidade

conta con máis de 60 asociados

de diferentes concellos

ademais de O Pino, como Arzúa,

Touro, Ames, Santiago,

Brión, Rois, Oroso ou Frades.

Federar o club permitiu que

os socios que quixeran competir

tiveran un certo apoio,

hoxe en día contan con 40

fichas de socios que participan

en probas master tanto

autonómicas como nacionais;

algúns dos socios chegaron

a participar nunha proba mítica

para os bikers como os

“10.000 del Soplao” unha ruta

en Cabezón de la Sal onde o

desnivel acumulado chega a

eses 10.000 metros do nome.

No 2013 deciden tamén abrir

o club a bicicleta de estrada

respondendo a demanda de

varios veciños que precisaban

de un club no que federarse

para poder competir.

A pesar de comezar a súa

andaina hai moi pouco tempo

a agrupación suma iniciativas,

apoios e asociados

continuamente. Precisamente,

nesta última asemblea aprobouse,

como dicíamos, a creación

da sección de Atletismo.

O obxectivo é, en palabra do

Presidente, Óscar Vilar, “que

todos aqueles afeccionados ó

atletismo, que son moitos, teñan

un club local a través do

que federarse e seguir apostando

pola práctica deportiva

e a vida saudable. Sabemos

que é un reto, pero damos

resposta así a unha demanda

que existía tanto en O Pino

como en municipios limítrofes.

Estamos convencidos

que con esta iniciativa o noso

censo pasará do cento de asociados”.

O club non ten como

finalidade a competición pero

sempre a apoia e daríase satisfeito

con servir de canteira a

outros que se tiveran obxectivos

mais profesionais.

Os interesados poden obter

máis información en:

www.montaevai.es

Fotos: BTT Montevai

28 deportes

Lindeiros

O AC Ordes triunfa en Austria

Acadaron un primeiro en un terceiro posto no campionato de Rollhockey Turnier

O goberno local de Ordes ao

completo, encabezado polo alcalde

José Luis Martínez Sanjurjo,

recibiron ao cadro técnico,

directiva e xogadores do A.C.

Órdenes. Unha recepción na que

tamén participaron representantes

dos demais grupos que

conforman a corporación municipal.

No acto felicitouse a todas

e todos os integrantes do A.C.

Órdenes polo seu resultado na

competición acontecida hai escasos

días no campionato Rollhockey

Turnier celebrado en Austria,

na que quedaron en primeira e

terceira posición nas categorías

U13 e U15 respectivamente. Entre

eles atopábanse María Jesús

García, presidenta do club, e César

Gómez, adestrador.

O equipo remata de este xeito

unha gran tempada para un club

que hai meses viu como os integrantes

da súa categoría xuvenil

ocupaban o podio como subcampións

nacionais. “Este ano imos a

ter dous equipos seniors e aspiramos

a poder meter dous equipos

no sector”, manifesta Chus

García, que ten como obxectivo

“traballar especialmente nas categorías

bases porque é aí onde

se presenta un grupo de rapaces

moi prometedores que veñen

cheos de gañas”, asegurou.

Neste encontro o alcalde de

Ordes ofreceu todo o “apoio e

colaboración institucional a un

equipo que non deixa de sementar

éxitos e de recoller trofeos, o

que se traduce nunha gran promoción

do pobo de Ordes”. Por

outra banda o rexedor tamén fixo

un chamamento para obter financiamento

privado que axude

O Oroso TM gaña na Coruña

Participou en catro finais conseguindo 4 ouros

O Oroso Tenis de Mesa leva xa

un mes de pretempada e como

parte de ese adestramento os

xogadores participan en distintos

campionatos, estas probas

forman parte do Circuíto Galego

que é puntuable para o ranking

autonómico.

Os resultados acadados no trofeo

organizado na cidade herculina

polo Club del Mar San Amaro

demostran a boa forma do equipo.

Nas categorías inferiores o

club disputou un total de 4 finais

levándose 4 ouros: Xandre

Iglesias en Infantil Masculino;

Silvia Álvarez en Xuvenil Feminino,

Uxio Regueiro en Xuvenil

Masculino e Marcos Sanmartín

en Sub23 Masculino. Se xa estes

resultados eran excelentes, ao

día seguinte o Oroso TM rozou a

perfección nas probas absolutas,

copando as semifinais e finais

das probas masculina e feminina.

En Absoluto feminino, tres

das catro xogadoras que disputaron

as semifinais eran de Oroso:

Saleta López, Silvia Alvarez e

Paula Fukuhara. Chegou á final

as dúas últimas e que remataría

levándose a arxentina Paula

a manter o equipo, ademais de

manifestar a súa predisposición

Fukuhara por 3-0. En masculino,

a final tamén tivo cor orosino:

Marcos Sanmartín EKazeem

Ahmed chegaban á final tras

impoñerse nas súas respectivas

semifinais. Triunfo do nixeriano

Kazeem Ahmed ante o mozo

Marcos Sanmartín por 3-0.

A dirección do Club calificou

os resultados de excelentes “comezar

o ano pudendo disfrutar

de dúas finais absolutas con 4 xogadores

do Oroso é un éxito sen

precedentes no Club”.

Fonte: concello de Oroso, Lindeiros

para mellorar os convenios institucionais

asinados co Concello

de Ordes”.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

Equipo cos membros da corporacións. Foto: concello de Ordess

VII edición do Torneo de

Padel concello de Frades

Os partidos disputáronse na pista de Papucín

Manuel Rey Alvela e José

Viqueira acaban de proclamarse

campións do Torneo de Pádel

do Concello de Frades, no

que competiron seis parellas de

xogo. Os gañadores derrotaron

na final a Juan Carlos Maroño e

Carlos Rivera, cun resultado de

6-0 e 6-3.

Rey e Viqueira accederon á

final tras vencer á parella Ricardo-Iago

por 6-0. A outra semifinal,

tamén disputada a un set,

rematou cun resultado de 6-1, a

favor de Maroño e Rivera fronte

a Brais-Carlos.

A competición, que este ano

chegou á súa sétima edición,

disputouse na pista municipal

de pádel de Papucín, contigua

á piscina. Recibiron trofeos os

campións e os subcampións, de

mans do técnico municipal de

Deportes, Lino Espiñeira.

Fonte: concello de Frades, Lindeiros

Fontes: Oroso TM, Lindeiros

Equipo do Oroso Tenis de Mesa. Foto: Oroso TM

Gañadores do Torneo de Padel. Foto: concello de Frades

setembro 2015 deportes 29

XVIII Maratón de Fútbol 11

do Concello de Frades

O concello organizou ademais o Torneo de Fútbol 7

O equipo Xuventude proclamouse

campión ao vencer

na final ao Paboi por un resultado

de 1-0. A competición,

disputada no campo municipal

en Abellá, contou coa participación

de nove equipos. O

Xuventude accedeu á final

vencendo na semifinal por 2-1

ao Papucín, que concluíu como

terceiro clasificado. Na outra

semifinal o resultado foi de

2-0, co enfrontamento entre o

Paboi e o Aiazo, cuarto. Completaron

a clasificación, por

esta orde, do quinto ao noveno

posto: Ponte Carreira, Galegos,

Combinado GFrades, Moar e

Abellá.

O maratón, que entregou trofeos

para todos os equipos participantes,

distinguiu tamén a

Louzao, do Paboi, como máximo

goleador, con dous tantos ao

longo da competición. Rubén,

do mesmo equipo, recibiu o trofeo

como porteiro máis efectivo.

Este torneo, que este ano acadou

a maioría de idade, disputouse

cunha eliminatoria inicial

de tres grupos de tres equipos.

Por outra parte, disputouse

tamén o Torneo de Fútbol 7 do

Concello de Frades, con categorías

infantil e cadete de maneira

conxunta. Esta competición

serviu para que se medisen o

equipo das Escolas Deportivas

Municipais (EDM) de Frades e

o de Ordes. Este último conxunto

revelouse como superior, á

vista do resultado final de 9-2.

Seus foron tamén os trofeos ao

máximo goleador, para David

López con tres tantos, e ao mellor

porteiro, Tomás del Río.

Fontes: concello de Frades

Lindeiros.

Touro súmase o

fútbol feminino

O equipo competirá na segunda

categoría da liga galega

O equipo feminino da SD

Touro estreouse o domingo 6

enfrontándose na casa o CD

Obrero de Oleiros e o fixo gañando

por 6 a 1 co que deixan

claro que non veñen a probar.

José Ramón Puga e o adestrador

das 21 rapazas e explica

que, o equipo, era unha idea

que levaba tempo madurándose

pero que ata esta tempada

non se fixo realidade. Non

compiten rapazas so de Touro

xa que algunhas son de O Pino

e Arzua, con idades que van

dos 13 os 40 anos.

Mila é a capitana do equipo

e conta un pouco como foi

a pretempada “Xogamos amigables

contra a UD Santiso e

contra a SD Antas, que xogan

na mesma liga e que a tempada

pasada quedaron na metade

da táboa, e perdemos pola mínima.

O equipo e moi competitivo

e as xogadoras aprenden

e melloran moi rápido, contra

a SD Abellá empatamos”, e

vendo o resultado do primeiro

encontro, que as coloca cuartas

na clasificación, está claro que

como se soe dicir “non veñen

de paseo”.

Fontes: concello de Touro, Lindeiros

Campión e Subcampión do torneo de futbol. Fotos: concello de Frades.

Equipo feminino da SD de Touro. Fotos: concello de Touro

De ponte a ponte, sendeirismo en Touro

O concello viviu a etapa de “Goza do Ulla”

Preto dun centenar de afeccionados

ao sendeirismo da

bisbarra de Santiago e do resto

de Galicia percorreron a ruta

de “Ponte a ponte”, organizada

polo Concello de Touro dentro

do programa Goza do Ulla. Ás

09.30 horas déronse cita ante

a sede do Concello de Touro

nunha mañá soleada. Foron

trasladados en buses ata ponte

Remesquide, onde comezou a

ruta dunha lonxitude de 8,5 quilómetros

e que discorre a beiras

do río Ulla. Esta senda lineal

de valor naturalista percorre a

beira dereita do río nun tramo

da Rede Natura. O percorrido

na soleada mañá finalizou en

Ponte Ledesma, no Concello de

Boqueixón, en torno ás 12.30

horas. Durante o percorrido os

sendeiristas gozaron do encanto

do río Ulla ao seu paso polas

áreas recreativas de Ponte

Remesquide, o Souto e Ponte

Ledesma. Algúns afeccionados

que participaron na ruta visitaron

logo a feira do día 5 que

cada mes se celebra nas rúas de

Fonte Díaz, capital do Concello

de Touro. Alí probaron o polbo

que ofrecen as polbeiras, e comeron

nos locais de hostalaría

do Concello de Touro.

Fontes: concello de Touro, Lindeiros

Un momento da ruta. Fotos: concello de Touro

30

Lindeiros

Xosé Marcial Díaz Manso

É enxeñeiro agrónomo, zootecnista e traballa no

Instituto de Estudos do Territorio. Naceu en A Bola,

Ourense. Vive en Ames desde fai 20 anos.

Flexibilidade

Nos anos oitenta ca incorporación de España a Unión Europea vendeuse gran parte do sector

da distribución alimentaria perdéndose capacidade de negociación no establecemento de prezos

dos produtos agrícolas. Foi un fito moi relevante que supuxo grandes vantaxes pero tamén

inconvenientes.

O tema é que agora o sector da distribución alimentaria despacha en París e non recibe …,

está reunido ... A industria ten que asumir os seus prezos que repercute nos gandeiros que están

vendo diminuír o seu marxe de manobra para manter as explotacións en funcionamento. Estase

a producir estas semanas en Galicia unha nova aceleración na reestruturación do sector lácteo

repercutindo no noso modelo territorial, na forma que temos de habitar e sentir o territorio desde

fai moito tempo, na nosa proximidade alimentaria, nunha parte da nosa cultura e na nosa singularidade.

E aportar singularidade no mundo é un valor que cotiza a alta!. Si esta situación se

prolongase moito tempo pode que o deserto bovino que xa caracteriza a provincia de Ourense

se desprace cara o norte e con el os incendios, como ó de onte 31 de Agosto en Cualedro onde

sucumbiron o lume 2.000 ha. Hai voces que veñen aburrindo desde fai décadas co tema da terra

pero estamos adormecidos ante as aparentes bonanzas económicas que mingúan a importancia

dun tema tan de fondo. Sen embargo, hoxe mesmo desde a Xunta de Galicia anúnciase que se

está a traballar nunha proposta sobre medidas fiscais para incentivar a agrupación da propiedade

rústica ... Que ben!.

Flexibilidade, adaptarse o cambio, … Desde as escolas de negocios non paran de repetir este

mantra e non lles falta razón. Pero unha parte desta adaptación ven desde o pau ou a cenoria

das normativas sectoriais e isto é o que estamos a integrar socialmente a cidadanía galega no

que a estrutura agraria se refire. Nesta sociedade de libre mercado onde vivimos o capital non

ten fronteiras, os empresarios cada vez representan menos os intereses locais, rexionais ou nacionais.

Teñen, e temos, nas nosas mans o poder vender os nosos activos o mellor pagador e iso

nos fai fortes e vulnerables a vez. Nas bolsas se fala de volatilidade referíndose a eses escenarios

incertos onde un día se crece e outro se diminúe sen razón aparente e sen marxe de manobra

para as minorías maioritarias. Convivir con ela parece o signo dos tempos e mais o será o do

mundo dos nosos fillos os que estamos formado para traballar aquí ou acolá, segundo ditamine

este incerto futuro.

Pois a terra é a flexibilidade no sector lácteo. Significa ter opción para intensificar ou extensificar

a produción en base a decisións tomadas nas explotacións para poder adaptarse mellor a un

mercado global do leite sen coutas, imprevisible e moi competitivo. Trátase de depender menos

dos prezos dos alimentos para o gando xa

que se depende moito dos prezos da leite.

Este paradoxo de regular desde as administracións

para ser mais competitivos nos

libres mercados é a baza que están xogando

os nosos políticos. Mobilizar os piares

básicos que soportan a produción (a estrutura

da propiedade e o uso da terra) para

facer as explotacións mais estables. Non é

fácil pero non se ve outra … de momento.

MERCADILLOS

Ames

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingos 20 de setembro y 4 de

outubro

(80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - Xoves

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santiago de Compostela

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

OUTROS MERCADOS

Santiago de Compostela

-Martes - Lusco e Fusco en Belvís

Teo

-Sábados - Mercado labrego en Os Tilos

setembro 2015 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:35, 7:45, 8:55, 10:15, 10,35, 12:20, 14:55, 16:05,

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro:

981 535 940

Casa da Cultura Bertamiráns:

981 891 017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de Lestedo:

981 502 297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de Negreira:

981 885 736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. Sociocultural A Ramallosa:

981 805 700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502

024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

18:20, 19:30, 21:50

Sábados: 8:50, 10:05, 10:25, 10:55, 12:20, 14:55, 19:30,

21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:25, 12:20, 14:55, 19:25,

19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30, 14:35, 15:30,

18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00, 14:00, 16:00, 20:00,

20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30, 12:00, 18:00,

20:00, 20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 7:50, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 20:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:15,

14:00, 15:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00,

22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 14:30, 18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00,19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

HORARIO DE AUTOBUSES, verán

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 7:00, 7:20, 8:00, 8:30, 9:10, 10:45, 11:05, 11:45,

13:15, 15:05, 18:20, 19:20

*Por Cacheiras 20 minutos máis tarde.

Sábados: 8:30, 10:00, 15:00. 18:15.

Domingos e festivos: 9:00, 18:15

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 14:00, 15:15,

16:30, 18:00, 19:00, 20:15

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40, 9:25, 12:40, 16:10

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 12:00, 13:00, 15:30, 18:30, 20:45

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00, 16:05,

17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00, 18:00,

19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:35, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:35, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 6:45 a 20:45 cada hora.

*Bertamiráns 7:10, 8:05 cada hora hasta 21,05.

Sábados: 7:45, 8:45 cada 2 h. ata 19:45 , 21:30

*Bertamiráns 8:05 ata 20:05 cada dúas horas e 21:45

Domingos e festivos: 08:45, 09:45 ata 19:45 cada 2 h.

e 21:30.

*Bertamiráns 9:05, 10:05 cada dúas horas ata 20:05

e 21:45

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45, ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45 , 10:45 ata 20:45 cada 2 h. e

22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45 ata 20:45 cada 2

h. e 22:30

Autocares Mosquera

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma ) - Santiago

L - V: 7:15, 7:40 ( lectivos) 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 14:30 (lectivos), 17:00, 18:30

( lectivos), 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 8:07, 9:32, 9:33, 11:32, 15:18, 17:22, 20:22

Sábados: 9:32, 9:33, 10:53, 15:18, 17:22, 20:22, 20:23

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 21:48

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 15:00, 16:00, 18:00, 20:00

Sábados: 10:00, 14:00, 15:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00,12:00, 14:00, 16:00, 18:00,

21:00 ( fin de puente)

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14,25, 17:25, 19:25,

21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:35, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15.

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:35 (15 min. en

Sábados: 8:35, 10:50, 14:50, 17:20, 18:35, 22:55

por AP-9: 8:00, 18:00 *no Sigüeiro

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35 Por AP-9: 21:00 *no Sigüeiro

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 11:50, 12:15,

14:00, 15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 20:20, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

Aucasa

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

Empresa Freire

Arzúa - Arca - Santiago

L - V: 7:30, 8:00, 8:10, 10:40, 12:10, 14:20, 15:00, 15:45,

18:10, 20:40. *por Arca 25 min. despois, aprox.

Sábados: 8:10, 10:40, 12:10, 15:45, 18:10

Domingos e festivos: 8:10, 12:10, 15:45, 18:10,

20:40 (Sábados non circula)

Santiago - Arca - Arzúa

L - V : 7:00, 9:00 ( 8 e 22 de cada mes), 9:15, 11:00,

12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30, 20:00

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30,

20:00 ( sábados non circula)

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32 memorias dos nosos maiores

Lindeiros

Maximino

Viaño

Veciño de Ames

Cando se fala de emprendedores

alguén debería por de

exemplo a vida de Maximino

Viaño. Naceu e viviu sempre

en Ames, primeiro en Lamas

e despois en Tapia onde segue

residindo os seus 88 anos. Lembra

a súa aldea como un lugar

de costas a Compostela, con

veciños que acudían a capital a

vender produtos ou facer xestións

pero que volvían rapidamente

a súa casa.

Estudou na unitaria de Cerdeiras

e lembra con cariño o

seu profesor que, incluso nas

vacacións de verán durante a

guerra, camiñaba 3 kilómetros

para darlles dúas horas de clase.

O mestre sabía da valía de

Maximino que co tempo comezou

a estudar graduado social

por libre, cando podía acudía a

Santiago, ia as clases montado

nunha bicicleta e cando volvía

mordía cos dentes unha lanterna

de petaca para alumear o

camiño.

Cando casou comezou a montar

en Tapia a súa propia granxa

e no ano 66 coa colaboración

doutros 5 gandeiros monta a

primeira cooperativa, algo inusual

por aquel entón e que fixo

que se convertera nun referente.

As boas relacións que en este

período colleitou Maximino en

Madrid fixo que se apoiaran

máis proxectos e so na zona de

Negreira e Ames naceron máis

de 200 cooperativas. Maximino

é moi crítico coa política porque

viu como en canto comezaron a

funcionar o ministerio enviou

unha orden para que se parara o

crecemento, en España existían

240.000 explotacións e tiñan

medo de que pecharan e deixaran

a xente na rúa.

A experiencia acumulada serviulle

para impulsar, coa axuda

doutras persoas, dous proxectos

moi importantes para Galicia,

Feiraco e Ternera Gallega.

Maximino lembra con nostalxia

como no casino de Negreira reuníanse

máis de cen persoas e

falaban de facer algo que non

estivera dirixido desde Madrid

e iso foi o nacemento de Feiraco.

Maximino segue vinculado

o sector xa que a súa granxa segue

funcionando e pensa que de

esta crise sairase porque xa viu

moitas antes e “Galicia sae de

todo” pero sabe que no camiño

quedarán explotacións, as mais

febles.

Con 65 anos comezou a cebar

becerros na casa dos seus pais,

foi entón cando comezou a pensar

que o xeito de distinguirse

era valorizar a carne, facela mellor

que a que viña de fora, e así

naceu Ternera Gallega que segue

a ser un dos estandartes de

Galicia en todo o mundo.

Maximino non para, segue a

escribir, acude a tertulias e entrevistas

coma esta, pero sobre

todo escoita a quen o chama e

fálalle a quen o quere escoitar.

Deberiamos escoitar mais aos

que impulsaron os proxectos

que funcionan e menos os que

venden fume, non será porque

non poidamos porque Maximino

segue estando o servizo

de Galicia aínda que poucos o

lembren.

Santiago, 19 de agosto de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!