17.07.2015 Views

LINDEIROS JULIO 2015

xORNAL lINDEIROS DO MES DE XULLO DO 2015, ENTREVISTAMOS A MARTIÑO NORIEGA NOVO ALCALDE DE SANTIAGO, UNHA REPORTAXE SOBRE A EMPRESA ERIMSA E UNHA ENTREVISTA CON DIEGO ROJO QUE VEN DE CORRER OS 100 KILOMETROS DE SANTANDER

xORNAL lINDEIROS DO MES DE XULLO DO 2015, ENTREVISTAMOS A MARTIÑO NORIEGA NOVO ALCALDE DE SANTIAGO, UNHA REPORTAXE SOBRE A EMPRESA ERIMSA E UNHA ENTREVISTA CON DIEGO ROJO QUE VEN DE CORRER OS 100 KILOMETROS DE SANTANDER

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

Rutas

De Vedra a Teo (paxs 14 e 15)

IES MILLADOIRO

DOTACIÓN XA!!

Entrevista a un alcalde:

Martiño Noriega,

Santiago de Compostela

(páx.16)

Novas

O ex alcalde de Negreira iniciou

unha estrada sen cartos (páx. 3)

Ordes xa ten alcalde (páx. 4)

Pasou:

Alumnos de Ordes presentan o

libro “As casillas sen número”

(páx. 20)

Feira do Comercio Val da Maía

(páx. 21)

Pasará:

Mark Knopfler en Compostela

(páx. 22)

Atardecer no Gaias (páx. 22)

Deportes:

Diego Rojo: do runnig ó

ultrafondo (páx. 27)

Campionato de pesca infantil

en Touro (páx. 28)

Xullo 2015

Camas de area para vacas, naturais como a terra

N 26 MENSUAL

2

Lindeiros

Editorial

Un novo escenario para o comercio

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

Resulta evidente que as últimas eleccións deixaron un escenario moi distinto nos concellos; a maiores o NO de Grecia promete

continuidade na situación de incerteza aínda que é certo que promete tamén máis poder para os pobos e menos para os

políticos.

Fai uns días falaba cun empresario, é unha persoa que me merece moito respeto porque leva moitos anos e, nunha situación

na que pecharon moitísimos negocios, iso merece polo menos algo de atención. Dicíame que os concellos se non axudan teñen

polo menos que non estorbar e contábame algunhas das que tivo que aguantar; situacións que me fan pensar que non chega con

que muden as persoas ou os partidos, teñen que mudar tamén as actitudes.

Moitos políticos teñen unha relación bipolar cos comerciantes e coas asociacións que os representan; por un lado saben que

son un bo lugar para difundir o traballo que fan desde as concellarías pero, por outro, son un grupo de presión que reclama sempre

unha atención acorde coa súa importancia.

Cal é o papel dos concellos cos autónomos e as pymes? o primeiro resulta evidente: teñen que escoitar, un concello non pode

ter un par de reunións ó ano e con iso crer que pode arranxar todo. O seguinte que teñen que ter claro os concellos é que os empresarios

son un motor económico e que, polo tanto, os cartos non os necesitan polo feito de que sexan cartos, os necesitan para

facer cousas; isto que parece algo obvio foi unha constante dos últimos anos, a política de subvencións serve para dar cartos e

que os comerciantes decidan en que os usan cando en realidade a política de promoción económica correspondelle ao concello.

A terceira cuestión, desde o meu punto de vista, é a de planificación; un concello ten que ter un plan como mínimo bianual

porque un goberno municipal non ten que facer que un empresario gañe máis cartos, ten que conseguir que teña máis clientes

e iso son políticas a largo prazo; a xente vai os sitios porque unha actividade repítese varias veces non porque un ano se fixera

algo alí. E para min a última cuestión é a xeográfica; non é o mesmo a promoción económica en Ames que en Boqueixón, non

é mesma en Rois que en Padrón.

Si xuntamos todo isto nos atopamos con que un concello ten que reunirse de xeito periódico coas súas asociacións de comerciantes

pero debería tamén buscar encontros máis amplos. Unha vez coñecidas as necesidades e as demandas, e tendo claro que

non son o mesmo, debería decidir canto diñeiro pode destinar a esas cuestións. A continuación, xa sabendo de que capital vai

dispoñer, debería apartar a cantidade que irá a parar en forma de subvencións e entregala xa; un comerciante non pode facer

promoción e esperar 6 meses a cobrar, un empresario non lle pode deixar diñeiro o concello. Co diñeiro que queda debería planificar

que necesidades pode cubrir e que demandas e convinte ter en conta; unha asociación pode pedir iluminación de Nadal

pero o concello pode pensar que é mellor que eses cartos se destinen a 3 actividades o longo do ano e non a unha soa.

A recente Feira do Comercio de Ames, na que Lindeiros tivo stand, deixou moi boas sensacións. Os comerciantes son xente

optimista por natureza e, de todos xeitos, son os que manteñen en boa medida vivos os pobos, alguén imaxina unha vila sen

comercios? así que coidemos deles e escoitémolos porque, a maioría, saben do que falan.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

xullo 2015 novas da bisbarra 3

O concello de Negreira

denuncia que non

existe orzamento para

a variante de Tamara

O anterior goberno do Partido Popular iniciou

as expropiacións sen ter cartos para a obra

O novo equipo de goberno nicrariense

fixo público un informe

da intervención que afirma

“ non existe aplicación orzamentaria

destinada a esta obra;

nin a mesma se atopa incluída

no Anexo de Inversións do Orzamento

2015”. Este informe

explica tamén as complicacións

para sacar adiante o proxecto

“dada a súa contía ( 101.957,81

euros ), a obra citada problabemente

debería ser costeada,

como mínimo parcialmente,

mediante subvencións concedidas

a este Concello para a realizacións

de infraestruturas por

parte doutras administracións

públicas. Tamén en razón da

contía, non é posible realizar

una transferencia de crédito para

o financiamento da citada obra

sen prexudicar a actividade do

Concello relacionadas coas partidas

que deberían reducirse”.

O equipo socialistas denuncia

a”improvisación e despropósito”

que supón comezar

unha expropiación urxente e

ocupar terreos privados sen ter

os 100.000 € nos que esta orzamentada

a obra.

Nun comunicado o goberno

municipal plantexa unha serie

de preguntas o equipo saínte: ¿

a que veu tanta presa para sacar

adiante un expediente de expropiación

urxente, cando o Concello

non conta con cartos para

facer a actuación correspondente.?

¿ a que veu tanta presa para

meter as máquinas nas fincas

privadas, nalgunha delas de maneira

forzosa, cando o Concello

non conta con cartos para facer

a actuación correspondente.? ¿

qué motivou o exalcalde para

manter unha acitude tan hostil

cos seus veciños.? ¿ detrás de

todos estes feitos había algún interese

que descoñezamos?.

En próximas datas convocarase

unha reunión cos veciños

afectados para explicar a situación

e respostar todas as preguntas

que se queiran facer.

Fontes: concello de Negreira,

Lindeiros.

O TSXG confirma que o

alcalde de Trazo pagou

obras sen construír

O absolve de falsidade documental pero da por

probados os feitos denunciados polo Psoe

As sentenza da Audiencia

Provincial de A Coruña confirmada

agora polo Tribunal

Superior de Xustiza refírese

o pago dunha factura, pola

construción duns graderíos

no campo de fútbol, sen que a

obra estivera nin comezada. A

Agrupación Socialista de Trazo

acata a sentenza xudicial e

amosa a súa sorpresa por que

Dafonte presuma publicamente

dun procedemento xudicial

onde tanto a Audiencia

Provincial da Coruña como o

propio Tribunal Supremo consideran

probado que o alcalde

de Trazo cometeu unha ilegalidade

manifesta: o pago dunha

obra que non estaba feita.

Ambas sentencias xudiciais

sinalan que a absolución de

José Dafonte non ten que ver

coa súa inocencia, pois consideran

feitos probados que

o alcalde de Trazo actuou de

forma ilegal. A absolución baséase

en “deficiencias de la instrución

que hubieran podido dar

entrada a potenciales elementos

indiciarios”. Dito noutras palabras

: un erro da Fiscalía á hora

de cualificar o ilícito penal xa

que acusou de falsidade documental

cando a denuncia inicial

era por malversación e falsidade

documental.

Ambas sentenzas apuntan

que o alcalde de Trazo podería

ter cometido unha malversación

de caudais públicos, pero para

poder condenalo por este delito

sería preciso que o fiscal tivera

cualificado os feitos desta maneira.

Unha cualificación que si

fixo o PSOE de Trazo na súa denuncia

inicial, pero que a Fiscalía

decidiu obviar na tramitación

da causa.

Para o Psoe é indiscutible, e

así o ten confirmado a Xustiza,

que de non ser pola súa denuncia

non se tería construído o

graderío do Campo. Neste sentido,

os socialistas lembran que o

alcalde aínda non respondeu nin

diante do xuíz nin diante dos

veciños e veciñas de Trazo por

que pagou unha obra que non

estaba feita e a onde ían ir eses

cartos. O alcalde recoñeceu no

xuizo que firmaba sen mirar,

e aludiu a falta de formación e

a falta de tempo como excusa

algo impensable en alguén que

ten dedicación exclusiva.

Os socialistas aseguran que

seguiran desempeñando a súa

labor de oposición e denuncian

as continúas trabas que teñen

que superar como son: non entregar

as actas da Xunta de Goberno

(que son a única forma de

coñecer o que se decide nelas)

ou impedir o acceso á documentación

municipal por parte

dos concelleiros e concelleiras

socialistas.

O alcalde de Trazo leva doce

anos gobernando e acaba de revalidar

a confianza dos veciños.

Fontes: Psoe Trazo, Lindeiros.

O alcalde de O Pino cobrará o mesmo que o de A Coruña

O Psoe denuncia que se usan os máximos legais para os soldos e os mínimos para a participación

O concello de O Pino celebrou

o pasado día 22 a súa

primeira sesión plenaria do presente

mandato e no que se aprobou

a organización do goberno

municipal presidido por Manuel

Taboada.

A portavoz socialista, Begoña

Pampín, censurou que Taboada

se fixe un soldo de 40.000 euros

brutos anuais, “o máximo legal

permitido para un concello de

menos de 5.000 habitantes” e

lembrou que este salario será

igual ao anunciado polo novo

alcalde da Coruña. Asimesmo,

o Grupo Popular aprobou tamén

dúas dedicacións exclusivas a

maiores da do alcalde fixando

as contías en 24.598,42 € e

20.605,06 € ao ano.

En contraposición os socialistas

consideran “moi insuficiente”

a periodicidade das sesións

plenarias cada 3 meses e solicitan

que sexan mensuais, que se

creen comisións informativas

previas nas que participen tó-

dolos membros da corporación

e que se inclúa a oposición nas

xuntas de goberno.

Fontes: Psoe O Pino, Lindeiros

4 novas da bisbarra

Os portavoces socialistas de

Frades e Ordes renuncian as

actas de concelleiros

Ambos políticos asumen nos comunicados a responsabilidade

polos malos resultados obtidos nas pasadas eleccións

Aurelio Garea levaba 3 anos

o fronte da oposición de Frades

e mostrase satisfeito do traballo

realizado ”Estou moi satisfeito

do traballo que se fixo durante

os tres últimos anos na oposición

municipal, defendendo

sempre os dereitos dos veciños

e veciñas de Frades, pero ca

mesma actitude decidida e de

compromiso, sumo a responsabilidade,

de non ser quen de lograr

constituír unha candidatura

de progreso”. Aurelio seguirá

como militante xa que renunciou

tamén a secretaría xeral da

agrupación.

O secretario xeral da Agrupación

Socialista de Ordes,

Suso Pedreira tampouco tomou

posesión da súa acta de concelleiro

e anunciou que convocará

eleccións á Secretaría Xeral da

Agrupación Socialista de Ordes

a finais deste mesmo ano. O xa

ex concelleiro explicou que “Os

resultados das pasadas eleccións

foron moi malos e asumo toda a

responsabilidade; despois de

doce anos xa é hora de deixar

paso, aínda que sempre estarei

a disposición do PSOE e de Ordes”.

Suso Pedreira ratificouse

ante a asemblea na súa intención

de “propiciar unha transi-

ción tranquila na Agrupación

Socialista de Ordes seguindo a

folla de ruta que nos marcamos

tras as eleccións do 24 de maio”.

Neste sentido, explicou que será

a número dous da candidatura,

Aurelio Garea de Frades. Foto: Psga-Psoe Frades

Verónica Gómez Fuentes, quen

ocupe o escano conseguido pola

Agrupación Socialista de Ordes.

Fontes: Psoe Frades, Psoe Ordes,

Lindeiros

Manuel Mirás presenta o novo equipo de

Goberno do concello de Oroso

Según o rexedor e unha mestura de experiencia e renovación

O novo grupo de Goberno

conta con dúas novas incorporacións

con respecto á lexislatura

anterior: Vanesa Boo Martínez e

Beatriz Rodeiro Fernández .

Vanesa Boo asumirá a primeira

tenencia de Alcaldía, e as áreas

de “Réxime interior, persoal,

turismo, atención aos maiores,

comunicación, protocolo e coordinación”.

“Encargarase de levar

o peso administrativo do Concello”,

explica o alcalde orosán, así

como de facilitar a coordinación

do resto de áreas de Goberno.

Manuel Mirás, ademais da Alcaldía,

mantén as mesmas competencias

da pasada lexislatura:

Economía, Facenda, Urbanismo

e Ordenación do Territorio.

A segunda incorporación, Beatriz

Rodeiro Fernández, asumirá

as competencias en materia de

“Ensino, benestar social e atención

o menor”, que na pasada lexislatura

asumira Antonio Leira.

quen “é o concelleiro que experimenta

un cambio total nas súas

responsabilidades, pois asume

unha tenencia de Alcaldía e as

delegacións de “Seguridade cidadá,

protección civil, voluntariado,

parques e xardíns, parque móbil,

limpeza viaria, mobiliario urbano

e comercio”.

Luís Rey Villaverde mantén

Suso Pedreira de Ordes. Foto: Psoe de Ordes

a concellería de Deportes, ao

tempo que asume varias competencias:

Cultura, Xuventude,

Escolas Infantís e Aula de Música;

así como Emprego e Promoción

Económica. María Liste

Rañe mantén as competencias en

Muller e Sanidade, ás que suma

Parroquias. Por último, Eduardo

Veiras Rey mantense como

concelleiro de Obras e Servizos,

sumando dúas competencias

afíns como Medio Rural e Medio

Ambiente, ademais de Relacións

Veciñais.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

Os problemas de suministro

da estación de servizo de Ponte

Carreira foron unha constante

denuncia dos veciños o longo do

último ano; o feito de que so 3

ou 4 días de cada semana tivera

combustible obrigaba os veciños

a percorrer 25 km. para encher

os depósitos dos seus vehículos.

No mes de xaneiro o alcalde Roberto

Rey anunciaba nun pleno

que o dono da concesión estaba

buscando outra empresa, que se

fixera cargo da xerencia e dos

traballadores, para despois comunicarllo

a Repsol.

O problema parece agora resolto

xa que en xuño comezou

a xestión a nova empresa repoñendo

o servizo, garantindo

a dispoñibilidade de todos os

combustibles e anunciando que

Lindeiros

A nova xerencia da

gasolineira de Ponte

Carreira restablece o

servizo

O suministro de combustible aos veciños

carrexaba problemas desde fai máis dun ano

A Sala do Contencioso-Administrativo

do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia

desestimou o recurso interposto

por Unión por Ordes (UXO)

contra o Acordo de proclamación

de electos do Concello de

Ordes e proclama ao Partido

Popular como a lista máis votada

nas Eleccións Municipais do

pasado 24 de maio neste concello

coruñés.

Con esta sentenza conclúe

definitivamente o proceso o ser

rexeitados os recursos por falta

de base xurídica. Entre outros

aspectos, a sentenza rexeita a

repetición dos comicios na mesa

electoral do Mesón do Vento,

como reclamaba UXO. Nesa

mesa electoral, sinala a sentenza,

“entre os 14 votos nulos encóntrase

un sobre baleiro, polo

que cabe concluír que se com-

xa teñen solicitado o permiso

para poder vender Gasóleo B

agrícola e bombonas de butano.

Segundo a empresa desde o 3 de

xuño dispoñen de todos os combustibles

e mesmo ampliaron

nunha hora o servizo de atención

ao público: de 7:00 a 23:00

horas. Ademais, apuntaron que

entre os plans futuros da instalación

figuran a instalación dun

servizo de lavado de vehículos.

O alcalde Roberto Rey, recentemente

reelixido, mostrouse

satisfeito porque remate un

problema que levou o pleno

municipal a presentar distintas

queixas e reclamacións ante a

Xunta e ante a empresa Repsol

o longo dos últimos 12 meses.

Fontes: concello de Frades, Lindeiros.

O Partido Popular foi a

lista máis votada en Ordes

O TSXG desestimou os recursos presentados

por UXO sobre a nulidade dunhas papeletas

putou como nulo o que en realidade

era un voto en branco (art.

96.5 da LOREG). En calquera

caso trátase dunha irregularidade

non invalidante por non afectar

ao resultado das eleccións

e que, polo tanto, non esixen a

medida interesada pola candidatura

recurrente de repetición

da elección na dita mesa, o que

determina que tamén este motivo

de impugnación teña que ser

desestimado e con el a totalidade

do recurso”.

Co sentenza do TSXG, a

Corporación Municipal de Ordes

quedará integrada definitivamente

por 1 concelleiro do

PSdeG-PSOE, 3 do BNG, 6 de

UXO e 7 do Partido Popular.

Fontes: Psoe Ordes, Lindeiros

xullo 2015 novas da bisbarra 5

Psoe e Anova gobernarán xuntos en Teo

O equipo está formado por 9 concelleiros e divídese en seis grandes áreas de xestión

O alcalde de Teo, Rafa Sisto (Son de Teo-Anova) , e a concelleira do PSdeG-PSOE presentaron o acordo de gobernabilidade para o Concello de Teo para os próximos

catro anos; según os edís o fomento do emprego e as políticas de benestar son dous piares fundamentais deste pacto de estabilidade. Os dous representantes

destacaron ademais que durante as negociacións houbo “unha aposta xenerosa por ambas partes na que se negociou e se consensuou un goberno e un programa”.

O goberno de Teo terá seis grandes áreas de xestión. Da alcaldía dependerá economía e facenda,

medio natural (no que se inclúe a xestión do ciclo da auga), lingua, persoal e comunicación. A área

de Urbanismo dependerá directamente do PSdeG-PSOE xa que Uxía Lemus encargarase de Urbanismo,

Vivenda e Sotibilidade (PXOM, disciplina urbanística, vivenda, obras de urbanización,

sostibilidade) e Roberto Moñino de Infraestruturas (Plans provinciais de infraestruturas e plans especiais

de colaboración con outras administracións). A propia Uxía Lemus destacou que a elección

desta concellaría vén motivada “polos nosos perfís profesionais, centrados no urbanismo”.

A área de Benestar será responsabilidade de Ignacio Iglesias e recolle os servizos sociais, escolas

infantís, igualdade, conciliación, voluntariado, participación veciñal entre outras. Salomé Beiroa

encargarase dunha concellaría de administración, cultura, educación e deporte na que contará co

apoio de Pilar Pérez para o ámbito de Cultura e Jorge Carballido para Deportes. A maiores inclúe

administración electrónica, contratación e seguridade cidadá. A área de Servizos Básicos, da que se

sigue encargando Xurxo Francos, atenderá a xestión das brigadas municipais, reaparación de vías

e camiños, parques e xardíns, alumeado, limpeza viaria e xestión de RSU. Pola súa banda Conchi

García terá a área de transporte e emprego na que tamén se engloba comercio e turismo.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros

Uxía Lemus e Rafa Sixto. Foto: concello de Teo

Acordo de investidura en Ames

con 21 compromisos

As forzas de esquerda colocan ao socialista Miñones de alcalde

Psoe, Ames Novo, BNG e Contigo

Pódese chegaron a un acordo

para investir alcalde ao socialista

José Miñones que, no momento

de pechar este xornal, segue gobernando

con 4 concelleiros.

O acordo implica 21 compromisos

entre os que se inclúen

medidas económicas como a

elaboración duns orzamentos

participativos ou renegociar a débeda

vinculada o plan de axuste.

Precisamente a participación veciñal

é un dos eixes dos acordos

xa que se compromete a elaborar

e aprobar un Regulamento de

Organización e Funcionamento

Municipal, no que se lle dea participación

aos veciños e veciñas.

O mesmo tempo tamén elaborar

e aprobar un Regulamento de

Participación Cidadá e poñer en

funcionamento o portal de Transparencia

para facilitar unha total

información sobre o Goberno

municipal e a súa xestión. Así

coma o compromiso claro do

funcionamento institucional dos

medios de comunicación dependentes

do concello: páxina web,

redes sociais e radio municipal.

Un dos problemas do concello,

o cemiterio municipal, ven

recollido nos compromisos que

aluden a Iniciar os trámites encamiñados

á apertura dunha

primeira fase do cemiterio dos

Batáns. Outro dos temas que

estivo presente no último ano, a

xestión da auga, aparece no acordo

coa intención de “ Buscar o

consenso nas medidas a adoptar

no Ciclo Integral da auga cuxo

contrato expira en outubro, co

obxectivo da municipalización do

servizo”.

A crise tamén se recolle en

estes compromisos nos que se

fala de “ Activar un programa

de apoio e axuda urxente para as

persoas afectadas pola crise ou

que se atopen en risco de exclusión

social. E habilitar servizos

de comedor durante os meses do

verán e vinculados as actividades

lúdicas para nenos e nenas con

dificultades alimenticias pola situación

económica familiar.

Son, en definitiva, medidas de

sentido común que terá que poñer

en marcha o novo executivo no

menor tempo posible para cumprir

co acordo de investidura.

Fontes: BNG Ames, Psoe Ames, Ames

Novo, Contigo Pódese, Lindeiros.

O alcalde de Brión na

Comisión Superior de

Urbanismo de Galicia

José Luís García representará a FEGAMP en

organismo de control

O reelixido alcalde de brión

terá unha lexislatura ocupada xa

que será o representante titular

da Federación Galega de Municipios

e Provincias (FEGAMP)

na Comisión Superior de Urbanismo

de Galicia. Así llo comunicou

o secretario xeral da

FEGAMP, Eduardo Ramonde

Rodríguez, quen indicou que a

designación se realiza a proposta

do grupo político socialista.

Así mesmo, José Luís García

foi elixido como deputado provincial

do PSOE polo partido

xudicial de Compostela. Uns

nomeamentos que García asume

“con toda humildade” e co

obxectivo de “traballar con lealdade

para os veciños e veciñas

de todos os municipios, independentemente

da súa cor política”.

Neste sentido, augura que

“será unha lexislatura na que

haberá que gobernar con outros

grupos políticos, polo que espero

que a miña experiencia a

nivel municipal poida ser útil á

hora de chegar a acordos”.

No momento de escribir estas

liñas a Deputaci´n da Coruña

ainda non foi constituida e Psoe

BNG seguen negociando a presidencia

do organimo.

Fontes: concello de Brión, Lindeiros.

6 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

¡Verano! Vacaciones. Relax.

Tiempo para disfrutar. Los más

jóvenes han dejado atrás por

un tiempo clases y exámenes.

Es época para experimentar un

poco. Para curiosear. ¡Hagámoslo!

¿Tienes una pajita cerca?

¡Cógela! ¿Y un vaso? Llénalo de

agua. Al meter la pajita dentro

del vaso de agua, verás como la

pajita se dobla. Si la miras cerca

de la superficie del agua, mejor

un poco ladeado, verás que parece

que se dobla justo en el borde

del agua, como se aprecia en la

foto que acompaña este artículo.

¿Cómo es posible? Si sacamos la

pajita, esta sigue estando recta,

sin dobleces. Al introducirla de

nuevo en el agua, ¡se vuelve a

doblar!

De nuevo la luz y nuestra percepción

de la realidad nos están

engañando. Nuestro cerebro está

acostumbrado a pensar que la luz

se propaga siguiendo una línea

recta. Sin embargo no ocurre así

en este caso. La luz que vemos es

la luz ambiental que se refleja en

la pajita. El rayo de luz que parte

desde ella hacia nuestros ojos,

cuando abandona el agua y pasa

al aire, cambia ligeramente de

dirección. Por tanto, esta llega a

nuestros ojos apuntando en una

dirección diferente a la de partida.

Nuestro cerebro interpreta la

imagen que se forma en nuestro

ojo como si estuviera en una posición

que no es la real, sino una

desplazada, dando lugar a esa

“doblez” de la pajita.

Una forma sencilla de entender

lo que ocurre se lo debemos a un

gran matemático y sabio francés

llamado Pierre de Fermat.

Ya en el siglo XVII estableció

su famoso principio: la trayectoria

seguida por la luz es aquella

que reduce al mínimo el tiempo

para ir de un punto a otro. Eso

es lo que hace que la pajita parezca

que se dobla. Pero ¿cómo

es posible? Si como dicen los físicos

que la velocidad de la luz es

constante e insuperable, ¿no es el

camino más corto la línea recta?

Pues no. Realmente no. Lo que

es constante e insuperable es la

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales,

en donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Con la voz de Occam

¿Donde crees que me ves?

velocidad de la luz en el vacío.

En cualquiera otra situación,

puede cambiar. Así en el agua

es cercana a los 225 000 kilómetros

por segundo . Sigue siendo

una velocidad enorme: podría

dar casi seis vueltas a la Tierra

en un segundo. Pero es bastante

inferior a la que tiene en el vacío

(300 000 kilómetros por segundo).

Utilizando el principio de

Fermat ¿qué es lo que pasa?

Los conductores sabemos que

no siempre llegamos antes haciendo

menos kilómetros, como

ocurriría en el caso de ir en línea

recta. A veces si vamos primero

por una carretera y después por

una autopista, recorriendo más

kilómetros, llegamos antes, al

poder ir más rápido por la autopista

que por la carretera. A la

luz le pasa lo mismo. Busca un

camino algo más corto por la

carretera del agua para llegar a

la superficie, para aprovecharse

después de un camino más largo

por la autopista del aire en donde

puede ir más rápido (la velocidad

de la luz aquí es muy cercada a la

que tiene en el vacío). El resultado

es que el rayo de luz que llega

a nuestros ojos proviene de un

punto de la superficie del agua

que no está en la línea que une

nuestros ojos con la posición real

de la pajita. Como consecuencia,

vemos que la parte de la pajita

que está por debajo del agua se

encuentra en otro sitio diferente

a donde realmente está. Nos da

la sensación de que se ha torcido.

La división entre la velocidad

de la luz en el vacío y la que tiene

en un material como el agua

se llama índice de refracción.

Por ejemplo, para el agua es 1,33

mientras que para el aceite de oliva

es de 1,46. Estas propiedades

de los materiales hemos aprendido

a utilizarlas eficientemente

para, por ejemplo, construir

gafas, telescopios, microscopios

o las fibras ópticas que llevan rápidamente

la información de un

conteniente a otro o a nuestras

casas. Pero también nos permite

pasar un buen rato jugando. ¿Tienes

todavía el vaso con agua y la

pajita? ¿Sí? Pues sácala del agua

y ponla al otro lado del vaso,

mirándola a través del mismo.

Si este es curvo, como lo son

normalmente, prueba a acercar

y alejar la pajita al vaso. A moverla

a un lado y al otro. Si tienes

suerte y algo de paciencia, podrás

encontrar un sitio en donde

la pajita ¡ha desaparecido! Se ha

vuelto invisible. ¿Podemos hacer

entonces la capa de invisibilidad

de Harry Potter y ocultarnos bajo

ella sin que nos vean? Pues a lo

mejor en el futuro sí. En algunos

casos podría ser posible utilizando

unos materiales que tienen un

índice de refracción negativo y

que se crean artificialmente con

tecnologías muy sofisticadas.

Pero esa, es otra historia. Ahora,

aprovecha el verano y experimenta

con la luz.

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.blogspot.com.es/

Patrón de difracción generado con láser. Foto Natural Philo en Wikimedia.org

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Time

and

Date

Non son tan talibán dixital

como algúns pensan. Non me

gusta nada ter que imprimir

documentos e evito facelo, pero

sei que ás veces é imprescindible.

Daquela que, admítoo: ás

veces imprimo documentos e

sobre eles poño anotacións feitas

a man, co lápiz ou rotulador.

Pasa moi de cando en vez, pero

pasa.

Unha das poucas cousas que

imprimo son calendarios. Ás

veces teño que asistir a reunións

de planificación e resúltame

máis cómodo levar comigo un

calendario en branco impreso

en papel e sobre el anotar a lápiz

as datas que van saíndo na

reunión: cursos, datas límite de

entrega de traballos, etc.

Para levar un calendario en

branco á reunión uso un servizo

web chamado http://timeanddate.com

(Hora e data). E volo

quero recomendar, por suposto.

Levo anos usando timeanddate.com

para moitas cousas e

cada vez resúltame máis útil.

Estou encantado con el. Este

servizo web foi creado polo

noruegués Steffen Thorsen en

1998. Creo que xa deixei caer

algunha vez que sinto especial

debilidade polos servizos web

que son europeos, porque non

todo en Internet ven dos Estados

Unidos. Quero aproveitar

tamén esta ocasión para facer

fincapé na miña defensa de usar

o inglés como lengua vehicular

cando pos a andar un proxecto

web con vocación universal. Se

este sitio web estivera en noruegués

non chegaría a ser unha

referencia mundial.

Con timeanddate.com podes

confeccionar todo tipo de calendarios

semanais, mensuais,

anuais, etc. Mesmo facelos cunha

periodicidade a medida. Podes

elixir entre varios aspectos

estéticos ou de configuración

(podes, por exemplo, crear un

calendario que teña marcados

todos os festivos do Estado ou

dunha provincia en particular,

ou ningún, etc.) Finalmente ves

como queda, convirtes o teu

calendario en PDF e xa podes

imprimilo.

Pero non só serve para construir

calendarios. Tamén tes aló

diferentes ferramentas relacionadas

co tempo horario, que

che permiten saber qué hora é

en diferentes lugares do mundo

ou construir unha conta atrás

para poñer a pantalla completa

ou incluir nun sitio web. Sácolle

moito partido ás contas atrás.

Hoxe, por exemplo, síntome

orgulloso porque vou entregar

este artigo a Xornal Lindeiros

con grande puntualidade. No

canto de estresar a Manel Pardo

con entregas pasadas de prazo,

estou rematándoo case un par

de días antes de rematar o mes.

Exactamente 1 día, 22 horas, 36

minutos e 9 segundos. Xenial!

Ah! «Time and Date» tamén

o tendes en forma de app para

móbiles :)

xullo 2015 novas da bisbarra 7

Oroso abre un expediente

sancionador a Unión Fenosa

A Cía non repuxo a tapa dun pozo de rexistro en Sigüeiro

O Concello de Oroso vén

de incoar expediente sancionador

a Unión Fenosa por

non manter en axeitado estado

de seguridade unha tapa

do pozo de rexistro da rede

soterrada da liña de subministro

de enerxía eléctrica na rúa

Camiño Real, na zona centro

da calzada, en Sigüeiro. O

Concello considera que supón

unha clara e evidente situación

de risco para persoas

e vehículos.

Os feitos son considerados

como infracción moi grave

polo que, de acordo coa

normativa municipal, levan

aparellados unha sanción de

1.000 euros (xa que se trata da

primeira infracción deste tipo

cometida por esta empresa

en Oroso). Ademais, mentres

Unión Fenosa Distribución

SA non cumpre coas súas

obrigas de mantemento, o

Concello de Oroso xa procedeu

a sinalizar convintemente

a zona para advertir do risco

As brigadas municipais de

Obras de Brión comezaron a

reordenación da zona de aparcamento

e mellora dos accesos

ao colexio de Pedrouzos, ao

Instituto de Brión e ao polideportivo

municipal brionés.

Unhas obras orzamentadas en

31.774 euros e que teñen un

prazo máximo de execución de

dous meses, “polo que estarán

rematadas para o inicio do cur-

tanto aos peóns como aos vehículos

que circulen por esta

rúa.

Na Resolución da Alcaldía,

o Concello de Oroso lembra

que o pasado 8 de xuño xa lle

remitiu á compañía un escrito

no que se lle informaba da situación

e da súa perigosidade.

A pesar de que ao Concello lle

consta que o escrito foi recibido

pola compañía, o 25 de

xuño a Policía Local de Oroso

emitiu un informe no que

constata a ausencia da devandita

tapa e especifica que “o

pozo, con tubos e cables de

electricidade, ten unha profundidade

de máis de un metro”

e que “a ausencia da tapa

é un perigo para os usuarios

da vía, dificultando a circulación

de turismo e impedindo

o paso de vehículos pesados”.

A compañía ten agora un

prazo de 15 días para facer

as alegacións que considere

oportunas.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros

Os medios contra

incendios chegaron

con retraso a Teo

O BNG e concello denunciaron a tardanza de

3 horas dos equipos de extinción de lumes

O BNG de Teo ven de denunciar

a tardanza en aparecer dos

medios aéreos de extinción para

atender o grave incendio forestal

que afectou hoxe ás zonas de

Texexe e Mouromorto, mesmo

cunha situación de grande perigo

para a zona habitada.

O lume iniciouse sobre as catro

da tarde e a chamada sobre

as cinco da tarde, mais os primeiros

medios aéreos non apareceron

ate as oito, tres horas

despois, e cando xa se queimaran

12 hectáreas de terreo arborado

moi próximo ás vivendas.

Ademais desta tardanza dos

medios aéreos, desde o BNG

de Teo denuncian tamén a escaseza

de medios terrestres, que

acudiron tamén con atraso e en

escaso número, o que impediu

que se puidera controlar o lume

moito antes do que se fixo, sendo

ainda máis grave ao situarse

este incendio moi cerca de zona

Brión revisa e repara as zonas educativas e de deporte

O colexio, o instituto e o pavillón reciben melloras nos accesos e aparcamentos

Lugar motivo da sanción. Foto: concello de Oroso

so escolar”, apunta o alcalde de

Brión, José Luís García.

Os traballos consistirán na

instalación dunha rede de recollida

de pluviais e sumidoiros

na zona, que é o que se

está acometendo nestes momentos.

Unha vez rematados

estes traballos, procederase á

construción dunhas beirarrúas

con adoquín de formigón e á

sinalización da zona, ordenando

o espazo para aparcamento

de turismos e dos autobuses

escolares. José Luís García explica

que esta obra “mellorará

a seguridade viaria tanto dos

usuarios do polideportivo municipal

como, especialmente,

dos alumnos e alumnas do colexio

e do IES Brión”.

Fontes: concello de Brión, Lindeiros.

habitada, e afectando finalmente

a máis de 20 hectáreas.

Para o BNG de Teo isto é un

signo da mala planificación que

desde a Consellaría do Medio

Rural e do Mar se ten feito da

campaña anti-incendios, e en

vista de “que inda nos atopamos

no mes de xuño, é moi probábel

que volvamos vivir situacións

coma a de hoxe se non se corrixen

as deficiencias de planificación

e número de medios”, algo

que desde o BNG de Teo exixen

á Xunta.

O recentemente elixido alcalde

Rafa Sixto, expresou tamén a

súa sorpresa porque a Conselleira

de medio rural chegara antes

a zona que os equipos aéreos e

bromeu coa posibilidade de que

ela se acerque a zona en eses helicópteros

para que de ese xeito

cheguen antes.

Fontes: BNG Teo, Lindeiros.

Unha das obras que se levan a cabo en Brión. Foto: concello de Brión

8 novas da bisbarra

As Vítimas do Alvia reuniranse

no Pazo do Faramello o día 23

Ó día seguinte concentraránse no Obradoiro e irán ata Angrois

Este será o segundo ano que

a Plataforma se reúna nas datas

nas que se produciu a traxedia,

serán 3 días de actividades que

terán no Pazo do Faramello un

dos seus puntos de encontro

principais. O 23 terá lugar a

asemblea anual na que repasaran

a situación da Plataforma

e dos procesos en curso e que

celebrarase precisamente no

Pazo.

O día seguinte, o 24, estará

dedicado a memoria das vítimas;

as 11 da mañá está prevista

unha concentración na Praza

da Obradoiro a que queren invitar

a tódolos que se queiran

sumar. Despois celebrarase

unha misa na igrexa parroquial

de Santa María a Maior e Real

de Sar e o remate da mesma

camiñarán ata Angrois para

homenaxear e recordar as vítimas.

O 25 rematarán os actos

cunha comida de fraternidade

no Pazo do Faramello.

Hai un ano habilitábase no

Pazo un espazo para o chamado

Xardín do recordo; este

lugar, cedido por Gonzalo Rivero

de Aguilar, acolle árbores

dedicados a cada unha das vítimas

que se plantan a medida

que se conseguen donacións;

a Fundación Juana de Vega,

unha das mellores escolas

paixasísticas de España, encargouse

dun xeito altruísta do seu

deseño. O lugar está pensado

como un xardín público o que

poidan acceder os veciños e peregrinos

e Gonzalo espera que

o concello poida implicarse no

proxecto para dotalo de mobiliario.

O pasado 20 de xuño, ó

longo da actuación do músico

Xacobe Martínez, o artista urbano

NoveNoel realizaba un

cadro que será subastado para

conseguir fondos para a plataforma

e para seguir ampliando

o xardín, aínda que está por decidir

o xeito de facelo.

Fonte: Lindeiros.

Xardín do Recordo no Pazo do Faramello. Foto: Loli Fdez.

A Xunta directiva da Anpa do

IES de Cacheiras, en Teo, dou a

coñecer a situación de infradotación

de recursos materiais e

de profesorado que padece este

centro e que se agravou cos recortes

no ensino dos últimos

anos.

A dotación de profesorado

do IES, un centro de 650

alumnos, correspóndese coa

dun centro de 300. Dende o

curso 2011/2012 o número de

profesores asignados ao centro

reduciuse en 6, mentres que o

número de alumnado mantívose

sen variación. Isto redunda

directamente nunha mingua de

recursos para atender as necesidades

do alumnado en aspectos

tan esenciais como a Atención

á Diversidade, cun único profesor

de apoio para todo o centro;

a imposibilidade de crear

os agrupamentos que faciliten

unha atención individualizada;

a redución de materias optativas

Lindeiros

A ANPA do IES

Cacheiras reclama

máis medios

A dotación de profesorado, do instituto de

Teo, e a metade da que lle correspondería

que reforcen a adquisición das

linguas e mesmo a dificultade

para cubrir as gardas.

A esta falta de recursos humanos

hai que engadirlle os técnicos

cunha rede de ordenadores

obsoletos e escasos, incluso sen

ordenador e canón para o profesorado

en todas as aulas. Hai

que ter en conta que o alumnado

que chega ao IES desde os

centros de Primaria vén acostumado

ao uso constante do ordenador

como unha ferramenta

de traballo na aula, polo tanto,

a entrada no instituto supón

para eles e elas unha grave marcha

atrás na metodoloxía e nos

recursos.

Esiximos a mellora de todos

os recursos humanos e materiais

do IES para que os nosos

fillos e fillas poidan ter un ensino

público coas mínimas condicións

de calidad.

Fontes: ANPA IES Cacheiras, Lindeiros

Cadro do artista urbano NoveNoel que vai ser subastado. Foto: Loli Fdez.

Pancarta na entrada do IES de Cacheiras. Foto: ANPA

RESERVA TU ESPACIO

PUBLICITARIO:

publicidad@lindeiros .com

A TÚA PUBLICIDADE

TEN UN SITIO AQUÍ:

Tfno: 698 142 568

xullo 2015 Santiago 9

Nova web para o arquivo da Deputación Provincial

Estreouse o Día Internacional dos Arquivos e inclúe a solicitude de cita de consulta online

O arquivo provincial da Deputación

da Coruña estreou

plataforma web con motivo da

celebración do Día Internacional

dos Arquivos no enderezohttp://archivo.dicoruna.es/.

A través desta páxina, integrada

na web provincial, daranse a

coñecer todos os datos relativos

aos servizos que ofrece o arquivo,

como a consulta en sala, a

reprografía ou a biblioteca auxiliar.

Entre a oferta da plataforma,

ademais de fotografías e información

histórica sobre a institución

e as súas diferentes etapas,

ofreceráselle aos usuarios a posibilidade

de solicitar telematicamente

a consulta de documentos.

Ata agora, os investigadores

debían solicitar este permiso de

forma presencial e dende hoxe

A Consellería de Medio Ambiente

licitará este verán as

obras de ampliación das instalacións

de Sogama, en Cerceda,

que poderán estar plenamente

operativas en 2017. Segundo

informou hoxe Ethel Vázquez,

a ampliación consistirá na construción

dunha nova planta para

a recuperación dos envases contidos

no lixo en masa, así como

a remodelación da actual nave

de reciclaxe tratamento e elaboración

de combustible.

Ademais, paralelamente está

proxectada unha planta de compostaxe

industrial para o tratamento

da fracción orgánica,

con capacidade para 15.000 toneladas

ao ano, situada no vertedoiro

controlado de Areosa.

poderán facelo a través do formulario

dispoñible na nova web,

vía pola que recibirán tamén a

resposta.

O persoal que traballa no Arquivo

da Deputación é o encargado

de organizar, custodiar e

difundir toda a documentación

que xerou a institución provincial

ao longo dos anos, así como

doutros documentos que forman

parte dos seus fondos a través da

doazón, compra ou transferencia

e que están ao servizo tanto da

propia institución como doutras

administracións.

Nas dependencias do Arquivo

da Deputación provincial pódense

consultar documentos de

importante valor patrimonial e

histórico como o primeiro libro

de actas da institución provincial,

do ano 1822; ou proxectos de

estradas provinciais realizados

dende o ano 1868. Gárdanse tamén

a acta notarial de 1880 que

recolle a cesión do Hospital Real

de Santiago á Deputación ou o

proxecto da cárcere de Betanzos

do ano 1865, obra do arquitecto

González Villar.

Ademais, baixo custodia do

Arquivo provincial atópanse diversas

coleccións de gran valor,

como poden ser planos da cidade

da Coruña de comezos do século

XIX, un deles sinalando as

forticacións; ou unha colección

de cartas da familia de Rosalía

de Castro e Manuel Murguía;

unha colección de discos de vinilo

de música clásica con preto

de 2.000 unidades; unha mostra

de fotografías da actividade da

Deputación Provincial da Coruña

durante o século XX; ou unha

compilación de escritos de José

Mosquera, O Vello dos Contos,

con Otero Pedrayo, o músico

Baldomir… etc

Fontes: Deputación da Coruña,

Lindeiros

Este verán se licitarán as obras de ampliación de Sogama

O anunciou a conselleira Ethel Vázquez na cidade de Ourense e estarán operativas no 2017

Vázquez explicou que grazas

a esta ampliación, unicamente

se destinará a vertedoiro o lixo

que polas súas características

non poida ser reciclado nin valorizado

enerxeticamente.

A Conselleira explicou que

estas melloras permitirán diminuír

en máis dun 30% a

cantidade de residuos que son

desviados ao vertedoiro controlado

de Areosa, unhas 80.000

toneladas anuais, de acordo

coas exixencias comunitarias e

na liña dos obxectivos do Plan

de Residuos Urbanos de Galicia

2010-2020.

A responsable de Medio Ambiente

indicou que Galicia é un

referente no tratamento de residuos

sólidos urbanos, grazas ao

modelo Sogama, a Sociedade

Galega do Medio Ambiente,

que centraliza na actualidade o

tratamento de residuos urbanos

Un dos arquivos que usa a Deputación. Foto: Deputación da Coruña

producidos por 295 concellos,

xestiona unha media de case

800.000 toneladas anuais, dando

cobertura e servizo a arredor

de 2,27 millóns de galegos.

Fontes: Xunta de Galicia,

Lindeiros

A conselleira Ethel Vázquez no acto que anuncióu a licitación das obras. Foto: Xunta de Galicia

10 Santiago

O novo equipo de goberno

eliminou as direccións de áreas

O concello de Compostela aforrará máis de 300.000 €

O novo equipo de goberno

deixou vacantes as cinco direccións

de área, das que catro se

atopaban ocupadas actualmente.

Isto suporá un aforro anual

para o Concello de 301.360 euros.

Sumada a outra dirección

actualmente non ocupada, a

reserva orzamentaria por estes

cargos era de 367.000 euros

anuais.

O alcalde Martiño Noriega

explicou que “Temos un compromiso

de optar por recursos

propios e por alixeirar estru-

A Cámara de Comercio de Compostela

aproba as contas do 2014

Foron depositadas no rexistro mercantil e estarán dispoñibles na web

A Cámara de Comercio de

Santiago aprobou no pleno ordinario

de xuño as Contas Anuais

e a Memoria de 2014. O resultado

positivo do pasado exercicio

cifrouse en 5.579,49 euros,

mentres que para este ano en

curso se manexa un presuposto

que ascende a 1.023.000 euros,

ingresos que proceden dos servizos

prestados ás Administracións

Públicas e das aportacións

voluntarias das empresas.

O presidente da entidade,

Jesús Asorey, indica que a Cámara

de Santiago é unha entidade

saneada e con solvencia.

“A nosa cámara está preparada

As piscinas de Sar serán para todos

Os máis desfavorecidos poderán acceder de xeito gratuito

A Concellaría de Políticas

Sociais de Santiago vén de

por en marcha o Proxecto de

Promoción do Acceso aos Recursos

Municipais, co obxectivo

de favorecer o acceso a

determinadas instalacións ou

programas municipais cando o

seu custo sexa un impedimento

para determinadas familias.

Neste verán, o proxecto permitirá

gozar a unha serie de familias

da piscina de Sar durante

os meses de xullo e agosto.

A situación de crise vivida

nos últimos anos provoca que

o tempo de lecer ocupe un

turas superpostas e paralelas”.

Na actualidade había catro

direccións de área cubertas,

dúas en Urbanismo, 1 en materia

de persoal e contratación

vinculada a Alcaldía e outra

en Facenda. Estaba vacante

unha reservada a Mobilidade.

Estas cinco direccións de área

quedarán agora en situación de

vacantes. “A día de hoxe non hai

previsión de ocupalas”, apuntou

o alcalde, quen non descartou

que, no futuro, se ocupe algunha

delas. En calquera caso,

para abordar o futuro con éxito,

malia que o noso presuposto

descendeu un 48 por cento

nos últimos cinco anos. O noso

valor fundaméntase na alianza

estratéxica que mantemos co

territorio onde nos asentamos”.

A Cámara compostelá con

afán de dar maior transparencia

e de poñer en coñecemento do

empresariado e da sociedade en

xeral o seu funcionamento e estrutura

organizativa elaborou un

informe de boa gobernanza corporativa.

Trátase dun exhaustivo

documento que detalla a natureza

xurídica e fins da entidade,

ámbito territorial e número de

lugar secundario nas prioridades

da familias que contan

cun proxecto individualizado

no devandito Programa. Isto

mingua as súas posibilidades

de ocio, as súas relacións

socias e, en xeral, o seu desenvolvemento

sociopersoal.

Dende o Programa Municipal

Socioeducativo valórase que o

tempo de lecer é un dereito das

persoas que se debe dotar de

contido, xa que é un elemento

favorecedor do desenvolvemento

integral das persoas e dos

menores. A participación nestes

espazos de lecer favorece non

de facelo, explicou que sería

por “criterios de absoluta necesidade”

e de outorgar “valor

engadido á estrutura actual”.

É intención do Goberno municipal

amortizar nos vindeiros

orzamentos municipais estas

direccións de área suprimidas.

En canto ao persoal eventual

afirmou a “vontade de abaratar

custos e reducir o número” do

persoal de confianza.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

empresas adscritas segundo o

censo electoral –43.838–, órganos

de goberno, encomendas

de xestión e procedementos de

contratación, organismos onde

está presente e participación en

sociedades civís ou mercantís,

así como varios marcos legais.

As contas anuais, xunto co

informe da auditoría e o de goberno

corporativo, serán depositadas

no Rexistro Mercantil

de Santiago e publicadas na web

http://www.camaracompostela.

com/.

Fonte: Cámara de Comercio,

Lindeiros

só as relacións sociais, senón

que tamén é un medio de loita

contra a exclusión e as situación

de vulnerabilidade social.

Durante os meses de xullo e

agosto, facilitarase o acceso á

piscina ao aire libre do Multiúsos

Fontes do Sar a todas

aquelas unidades familiares

que, previa valoración das técnicas

dos servizos sociais municipais,

se considere necesario

incluír .

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

Entre outras vulneracións de

dereitos, o ano pasado a Xunta

de Galicia atacou especialmente

ás persoas maiores usuarias

do Centro sociocomunitario

situado na Residencia de maiores

“Porta do Camiño” en

Compostela.

Dende hai anos, as persoas

usuarias do centro sociocomunitario

(chegaron a ser case 200)

viviron a paseniña redución de

actividades ocupacionais (coro,

teatro, manualidades, …) pero

o ano pasado sufriron a supresión

de todas as actividades que

se viñan realizando co financiamento

da Xunta (obradoiros

de prevención de dependencia,

memoria, psicomotricidade,…)

permanecendo de xeito gratuíto

só as actividades impartidas

por persoas maiores voluntarias

e pola Fundación La Caixa.

A Xunta privatizou as outras

actividades nunha empresa, o

que supuxo o copago para as

persoas usuarias, a maioría das

cales non poden asumir o custo

O alcalde de Santiago, Martiño

Noriega, mantivo un encontro

co Foro Cívico Empresarial.

Nesta reunión, as diversas institucións

da cidade solicitaron

ao rexedor o seu apoio nas reivindicacións

sobre o aumento

de recursos públicos e financiamento

para a Universidade de

Santiago.

Como indica o Foro Cívico

Empresarial, a Xunta de Galicia

destinou este ano un orzamento

de 390 millóns de euros

ás tres universidades, dos cales

170 millóns de euros son para

a USC, achega que sufriu unha

redución de 30 millóns de euros

respecto a 2014. O Foro

considera “inaceptable” para o

Lindeiros

Esquerda Unida

denuncia a situación

do Centro de maiores

da Porta do Camiño

Un informe do Valedor do Pobo reflicte a

vulneración dos dereitos dos maiores

das mesmas.

O Consello Comarcal de EU

Compostela denunciou esta

degradación calculada dos dereitos

sociais e a demolición progresiva

dos servizos públicos,

ademais da súa privatización,

mercantilización e externalización.

Estes recortes, que veñen

a engadirse ás baixas pensións

que percibe a maioría do colectivo,

debuxa un preocupante

perfil de pobreza, precariedade

e vulnerabilidade das persoas

maiores.

O movemento asociativo, defende

EU, debe ter un importante

papel na súa representación e

participación social e institucional;

así, é imprescindible que as

políticas sociais impliquen unha

aposta radical pola promoción

da autonomía persoal e pola

igualdade de dereitos das persoas

maiores, e non se limiten a

parte meramente asistencialista.

Fontes: Esquerda Unida, Lindeiros

Martiño Noriega reúnese co Foro Cívico

A reunión reforzou unha demanda para que a Xunta

destine máis recursos a USC

conxunto da sociedade compostelá

que dende a Administración

autonómica non se contemple

un maior investimento en

ámbitos esenciais como son a

investigación e a innovación.

Martiño Noiega indicou que

“Exerceremos un rol de presión

nun momento sensible de negociación

do novo financiamento

universitario”. O alcalde mantivo

tamén unha reunión co reitor

da USC, Juan Viaño, para ofrecerlle

o seu apoio e demandar

un financiamento que permita

unha viabilidade digna e acorde

co peso específico e coa traxectoria

da Universidade.

Fontes: Foro Cívico, concello de

Santiago, Lindeiros

xullo 2015 asociacións 11

12 educación

Fátima García Doval

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje;

licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora

en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en

Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Un lado farache

crecer...

Alicia comezaba a sentirse moi cansa de estar sentada xunto á súa irmá á beira do río e non ter

nada que facer: un par de veces botoulle un ollo ao libro que lía a súa irmá, pero non tiña debuxos nin

ilustracións e, de que serve un libro -pensou Alicia- que non ten debuxos nin ilustracións?

Nunha tarde nubrada e algo chuviosa dun 4 de xullo, un curioso grupo formado por Charles Lutwidge

Dodgson, o reverendo Robinson Duckworth e as pequenas Liddell (Lorina, Alicia e Edith),

fillas do vicerreitor da universidade de Oxford e decano de Christ Church, daban un paseo en barca.

Era o ano 1862. Para matar o tempo, Charles, profesor de lóxica e matemática, comezou a contar,

como tantas outras veces, un conto inventado sobre a marcha. Alicia, a protagonista, caía polo tobo

dun coello para chegar a un mundo subterráneo dunha lóxica ilóxica marabillosa.

Tanto lles gustou ás pequenas que solicitaron a Charles algo totalmente inusual: querían a historia

escrita para conservala e relela. Unha idea que non desgustou en absoluto ao profesor. Escribiu e

ilustrou (con bastante fortuna) a historia para regalarlla á moza Alicia. O resultado foi tan meritorio

que os seus coñecidos e achegados persuadírono para que publicase o libro en formato comercial.

Charles accedeu pero tivo claro que non podería ilustralo el mesmo. Aínda que as súas ilustracións

marcaron a tendencia de todos os que virían detrás pola súa imaxinación e calidade, era consciente

do tempo que lle roubaría. Un tempo que non estaba disposto a dedicarlle. Por iso contactou co crack

da época, John Tenniel, un debuxante con quen tivo problemas, pero que está no imaxinario popular

asociado a este libro de modo perpetuo.

Así, tres anos máis tarde, en 1865, hai exactamente 150 anos, saía da imprenta a primeira edición

de “As aventuras de Alicia no país das marabillas”, por Lewis Carroll, pseudónimo elixido por Dodgson

de xogar coa tradución do seu propio nome. Un libro chamado a converterse no máis coleccionado

da historia. A piques estivo de chamarse “As aventuras de Alicia baixo terra” pero Dodgson temía

que confundisen o libro cun manual de xeoloxía ou espeleoloxía, polo que cambiou o título no último

momento.

Polo tanto este ano 2015, Alicia e as súas aventuras, celebra os seu 150º non-aniversario. Por que

non-aniversario? Pois porque aínda que o libro saíu da imprenta en 1865, non chegou a distribuírse.

Autor e debuxante quedaron moi descontentos coa calidade da impresión realizada por MacMillan

e vetaron a súa distribución. Os exemplares volveron para a imprenta e fíxose unha nova tirada que

seguiu rezando 1865 na súa portada interior, pero que se distribuíu en 1866.O destino daquela primeira

edición rexeitada non foi, como

podería parecer, a trituradora de papel.

A editorial retiroulle as cubertas e

mandounos aos Estados Unidos, onde

lle puxeron unhas tapas novas e distribuíronse

lonxe das esixentes miradas

dos seus autores. Apenas se conservan

uns poucos exemplares desta edición,

a máis cara da historia en coleccionismo

(se obviamos os exemplares asinados),

recoñecibles precisamente por

unha errata no seu interior.

Alicia no país das marabillas é o primeiro

libro infantil cunha protagonista

feminina, unha nena independente

e algo impertinente que se erixe en

heroína absoluta do conto. É o primeiro

que chancea coa morte, o primeiro

que non ten moralexa? É un libro para

nenos que xoga coa física avanzada e

critica a xeometría non-euclidiana. É

un libro tan profusamente citado que

Matrix (si, a película) non tería sentido

sen “Alicia no País das Marabillas” .

Ola. Chámome Fátima e colecciono

“Alicias”. É grave, doutor?

O Observatorio Astronómico

Ramón María Aller

desenvolverá ao longo do

verán un amplo programa

de actividades sobre

astronomía.

O proxecto TodoCosmos, co

financiamento da Fundación

Española para a Ciencia e a

Tecnoloxía (FECYT), levará a

cabo numerosas iniciativas ao

longo de xullo e agosto nos concellos

asociados a esta proposta

divulgadora.

Como explica o director do

OARMA, JoséÁngelDocobo, o

observatorio mantén ao longo

do ano unha programación estable

con propostas múltiples de

divulgación astronómica e que

nestes últimos meses achegou

a actividade do observatorio

universitario a Bertamiráns, Sigüeiro,

Carcacía, Vedra, Escravitude,

Palas, Carballo, Lalín,

Teo, Caldas de Reis, Milladoiro,

e especialmente a centros escolares

de Noia, Oroso, Rianxo,

Ribadeo, Santiago e Teo. Ademais,

“foron moitísimas as visitas

didácticas recibidas no

Observatorio”.

A física Lisa Randall visitou

Compostela

Lisa Randall, a primeira

muller en ocupar un posto no

departamento de física da Universidade

de Princeton e tamén

a primeira física teórica no MIT

e na Universidade de Harvard,

pasou por Santiago para inaugurar

os actos de conmemoración

dos 100 anos da Teoría Xeral

da Relatividade que organiza a

Facultade compostelá de Física

e nomeadamente os profesores

Jorge Mira e Jose Edelstein.

Randall, que mantivo durante

toda a semana encontros con

persoal investigador do centro

universitario, foi elixida por

Time entre as cen figuras máis

influentes no eido de ‘Científicos

e Pensadores’.Hai quince

anos publicou, xunto con Raman

Sundrum, dous artigos nos

que por primeira vez se poñía

enriba da mesa a posibilidade

de que no espazo no que vivimos

existan outras dimensións

adicionais, extras.

Reunión do Claustro da

Universidade

Co obxecto de adaptarse ao

novo marco estatutario da USC,

Lindeiros

Novas da USC

o Claustro aprobou o seu regulamento

interno así como as

Liñas Xerais do Regulamento

Electoral Xeral, nun proceso

de debate no que se aceptaron

a inmensa maioría das emendas.

No caso do regulamento de

réxime interno –aprobado por

112 votos, 10 en contra e 6 en

branco- incorpora xa melloras

técnicas necesarias ademais de

adaptalo ás novas tecnoloxías

e á nova realidade de homes e

mulleres en materia de conciliación

da vida laboral e familiar.

Polo que respecta ao regulamento

electoral xeral –aprobado

con 119 votos a favor, 12 en

contra e 4 en branco- a partir de

agora adáptase igualmente ao

contexto das novas tecnoloxías.

Co fin de acadar un mellor

aproveitamento dos recursos

existentes e tendo en conta a

situación económica actual, o

Claustro aprobou tamén os criterios

xerais para a creación,

modificación e supresión de

departamentos e que desenvolverá

posteriormente o Consello

de Goberno nunha normativa

específica.

En 2015-2016 a USC estrea

oito dobres graos na súa oferta

académica

Trátase de Bioloxía-Química,

Comunicación Audiovisual-

Xornalismo, Dereito-Relacións-

Laboais e Recursos Humanos,

Enxeñaría Informática-Matemáticas,

Física-Matemáticas

e Física-Química, en Compostela,

e Enxeñaría Agrícola-

Enxeñaría Forestal e do Medio

Natural e Enxeñaría Civil-EnxeñaríaXeomática

e Topografía en

Lugo. A estes novos títulos hai

que sumar 48 graos (33 en Santiago

e 15 en Lugo), tres títulos

propios (Criminoloxía, Xestión

Hoteleira e Especialización Orquestral),

63 másteres e 54 programas

de doutoramento.

As clases do primeiro semestre

comezarán o 7 de setembro e

rematarán o 22 de decembro de

2015; mentres que o segundo irá

do 25 de xaneiro ao 13 de maio

de 2016. Os exames desenvolveranse

do 8 ao 23 de xaneiro e do

16 ao 31 de maio, cunha segunda

oportunidade do 23 de xuño

ao 11 de xullo.

Fontes: USC, Lindeiros

xullo 2015 empresa 13

Erimsa: areas Q-Bed

Camas de area para vacas, naturais como a terra

Hai sectores onde a modernización e sempre ben recibida polo escasas das novidades, as explotacións lácteas son un

deles e o benestar dos animais supón sempre unha mellora da produción. O lugar no que as vacas permanecen entre 12

e 14 horas é un dos mais importantes e del imos falar.

A empresa Erimsa leva máis de 30 anos dedicada a extracción de minerais e ademais facéndoo dun xeito sostible; retira

das fincas de labranza o material e devolve a terra co que a finca queda incluso mellor xa que a parcela é osixenada

e liberada das pedras.

Todo comeza coa separación temporal da capa vexetal da terra para, a continuación, cribar o terreo cunha profundidade

de escavación dun metro ou metro e medio, como norma xeral e traballando simultáneamente nunha superficie

de dúas hectáreas, como máximo. Finalmente, achándase e cóbrese coa terra vexetal seleccionada ao comezo do proceso

para que o propietario do terreo poida recuperar o uso habitual mantendo a produtividade.

Do material extraído saen distintos compoñentes para distintos usos pero o que hoxe nos interesa e a area de sílice,

un material cunha baixa capacidade de absorción de auga e unha gran capacidade drenante. Este material é sometido a

un proceso de lavado e refinado no que se extrae a arxila co que se evita o apelmazamento; hai que dicir que o 95% da

auga que se usa para esta limpeza do material é reciclada e usase de novo na cadea. O resultado é un produto de partículas

finas e redondeadas, de maior suavidade e comodidade, que garante unha cama branda, confortable e moldeable

para os animais.

Os veterinarios aconsellan o uso das areas de sílice Q Bed por tratarse dun material inorgánico con elevada capacidade

drenante, que garante camas limpas, secas e brandas, impedindo a proliferación de microorganismos que

transmiten enfermidades e incidindo directamente na produtividade dos animais. Por poñer un exemplo a mamitis

terá unha incidencia moito menor na explotación xa que non existirá materia orgánica da que se podan alimentar os

microorganismos.

As explotacións tamén saen beneficiadas na parte económica xa que o seu prezo, por debaixo de 9 euros a tonelada, e

moi asequible. Unha granxa de 300 vacas ven a utilizar unhas 75 toneladas o mes, gañando tamén tempo e con menos

esforzo pola facilidade da súa aplicación.

Erimsa produce 60.000 toneladas anuais de este tipo de arena, entre maio e outubro realiza as labores de extracción

e acumula material para refinar o resto do ano. As súas instalacións están situadas no concello de Frades. Ademais do

compromiso co medio, a compañía aposta pola sostibilidade e a estabilidade no emprego xerando riqueza no ámbito

a través de investimentos, creación de postos de traballo directos e indirectos e contratación de empresas de servizos

auxiliares. Así mesmo, aplica unha filosofía de “0 accidentes”, desenvolvendo todas as súas operacións co obxectivo de

garantir a seguridade e a saúde dos seus traballadores.

A compañía, que dende o 2000 forma parte da líder do mercado de ferroaliaxes en Europa NorKvarts ÁS (Noruega),

proporciona emprego directo a máis de 235 traballadores

O seu director Florencio Quiró explicábanos a importancia de ser conscientes do entorno no que se traballa “non

podemos perder a perspectiva de que se trata dunha zona agrícola e gandeira, polo tanto a principal fonte de

ingresos son eses sectores e nos o que temos que facer e convivir con eles; temos que realizar o noso traballo, a

extracción do cuarzo, que por outra parte aporta outros beneficios a sociedade en xeral xa que está presente en

moitas das cousas que usamos, e o mesmo tempo respectar esas actividades principais da zona”.

Na actualidade o redor de 50.000 vacas en toda Galicia usan as camas de area Q Bed pola recomendación dos veterinarios

pero tamén porque os gandeiros comprobaron de primeira man os beneficios que aporta.

Teléfonos: Frades: 981 692 237 • Begonte: 982 160 322

14 rutas

Lindeiros

Rutas pola Comarca

De Vedra a Teo

Chegábamos o mes pasado a

ponte Ulla, no concello de Vedra

e este mes partiremos de

esta mesma ubicación, concretamente

a vella ponte romana

que cruza o Ulla (42 77.8188-8

40.1366) para chegar ata Pontevea

en Teo e rematar tamén

noutra ponte.

Antes de saír de Ponte Ulla

podemos disfrutar da ponte,

rematada en 1835 aínda que sobre

os restos dunha anterior do

1600, e pola que transitan acada

dia os peregrinos que seguen

a ruta da Prata; a 20 metros de

esta chamada Ponte Vella atopamos

a primeira das innumerables

igrexas de esta ruta, en este

caso consagrada a Santa María

Magdalena.

A 190 metros da ponte xiramos

a esquerda para comezar

a viaxar pola AC-241 que será

a nosa guía principal e da que

sairemos para sempre volver.

Seguindo esta estrada, a 200

metros, deixamos a esquerda o

Pazo Vista Alegre, pertencente

en tempos a familia de Ortega

y Gasset; foi reconvertido en lugar

para eventos de todo tipo e

atesoura unha gran cantidade de

patrimonio.

Cando noso conta kilómetros

marque os primeiros 1.000 metros

xiraremos a esquerda xusto

nun stop. A 1.500 metros de

ese xiro colleremos o primeiro

dos desvíos da ruta, xirando a

esquerda chegaremos a capela

do Dores no lugar de Tomonde,

moi cerca do Furancho casa

Bascoy. O longo de todo o percorrido

atoparemos carteis de

furanchos, o concello realizou

unha sinalización dos locais de

este tipo que se poden atopar e

confeccionou unha ruta que por

si soa merece ser visitada, aínda

que como consumamos viño en

todos non acabaremos en condicións

de conducir.

Volvemos a AC-241 e continuamos

dirección Pontevea,

a 500 metros deixamos unha

estrada a dereita que si a decidimos

tomar nos levará o Pazo

de Ortigueira, un lugar que merece

por un artigo máis extenso

e que podedes atopar no Lindeiros

de xuño do ano pasado

(www.lindeiros.com).

Continuamos desde este punto

uns 3 kilómetros onde atoparemos

a taberna do Ferrador,

unha local cheo de boas tapas e

que é unha opción si precisamos

parar en este punto ou queremos

facer un pequeno descanso antes

de continuar. Desde aquí e

durante os seguintes 800 metros

atoparemos varios desvíos a esquerda

e calquera deles nos acabará

por levar a San Miguel de

Sarandón. En este lugar celébrase

tódolos anos a Festa do Viño

da Ulla o segundo domingo de

abril e que este 2015 chegou a

súa edición trixésimo quinta;

trátase dun encontro no que se

mestura a exaltación dos viños

da denominación Rías Baixas

con música e comida, un dos

encontros mais concorridos da

bisbarra tanto polo tempo que

se leva facendo como por producirse

nun mes onde non hai

actividades de este tipo.

xullo 2015 rutas 15

Volvendo o punto que nos

desvíamos, novamente na AC-

241, continuamos e o longo do

medio kilómetro seguinte atoparemos

tamén varios desvíos

que nos leven a área recreativa

de Cubelas. Este emprazamento

e o punto de chegada da ruta

de Sendeirismo de san Xoán

da Cova, que comeza ala en

Ponte Ulla de onde partimos.

Este espazo de lecer atópase

ben acondicionado e ademais

coñeceremos as árbores típicas

das ribeiras do Ulla xa que hai

unha representación da maioría

de elas co correspondente cartel

indicativo, sobreiras, carballos o

salgueiros entre outros.

De novo na comarcal continuamos

pouco máis de 6

kilómetros para desviarnos

novamente a esquerda e achegarnos

a igrexa de San Andrés

de Trobe. esta capela é de estilo

barroco e no seu interior atópase

a lauda sepulcral do que fora

arcebispo de Coimbra Nausto

ala polo século IX, según conta

acabou aquí escapando dos

árabes que invadiran a súa vila.

Xunto a igrexa atopamos tamén

un espazo de lecer moi ben

acondicionado diante da “Casa

da Fábrica”, con bancos e equipos

de exercicio `para persoas

maiores. Un pouco máis abaixo

unha fonte e un carballo que

merece por si só a visita.

De novo na estrada continuamos

en dirección a Pontevea.

cando cheguemos o kilómetro

11.8 desde que saímos teremos

a nosa esquerda unha pista que

nos levará a Santa María de Teo,

na parroquia de Vilachaiño e,

como é fácil deducir, xa no concello

veciño. Non é fácil atopala

pero merece a pena o esforzo,

en canto vexamos o palco da

festa teremos que xirar a esquerda

para baixar por unha pista

que nos leva ata unha estreita

ponte desde a que admirar unha

fermosa fervenza; trala ponte

de novo xiramos a esquerda e

comezamos a subir ata a igrexa.

un lugar no que so se escoitan

os paxaros e, tal vez, algún dos

que alí descansan.

De novo na AC-241

seguiremos,si queremos, sen

parar ata o final, pero tamén

temos a oportunidade de ver

unha pequena capela abandonada.

Trátase da Capela de Santa

Marta, como dicimos chegaremos

a ela por un desvío a man

esquerda moi cerca de Pontevea

, un kilómetro antes de chegar.

Pertenze os señores de Varela

Lima e foi saqueada en varias

ocasión levándose na última delas

as campás; é un bo exemplo

do que sucede cando non se coida

do patrimonio.

Xa en Pontevea atoparemos

onde repoñer forzas e tamén a

posibilidade de buscar un punto

final que nos serva de partida

para a próxima ruta. A ponte

medieval de Pontevea divide as

provincias de Coruña e Pontevedra,

data do século XV e os

últimos arranxos tiveron lugar

en 1990; esta ponte sufriu as

pelexas dos xenerais na guerra

da independencia pero tamén

as constantes crecidas do río. A

ponte ten 6 arcos que pola súa

construción están considerado

unha transición entre o románico

e o gótico.

Rematamos aquí unha ruta

que podería levar aínda máis

referencias xa que está chea de

capelas, igrexas e lugares pero

que deixamos así para que o lector

poida ampliala e dedicarlle

o tempo que desexe; unha boa

recomendación é non levar presa

e aproveitar os poucos ocos

que deixa a estrada para aparcar

para usalos e disfrutar da

paisaxe.

Fotos: Loli Fdez.

16 alcaldes

Lindeiros

Martiño Noriega

alcalde de Santiago

“Vivo instalado no Carpe Diem”

Levo anos entrevistando a

Martiño Noriega; primeiro na

oposición a Armando Blanco,

logo como alcalde de Teo e agora

como alcalde de Compostela e

o primeiro que se me pasa pola

cabeza e preguntarlle onde será

a seguinte “vivo instalado no

Carpe Diem... creo que o reto

é da suficiente entidade, despois

de ter acadado a confianza

maioritaria da cidade e ter convertido

a Compostela Aberta

na lista máis votada, que non

podo pensar noutra cousa, e en

estes momentos creo que imos

investir moito tempo e espazo

en este proxecto porque é de

magnitude importante”.

O camiño de Noriega creo que

foi feito a base de loita ou polo

menos dunha sensación sempre

de conflito; con Armando

Blanco, gobernando con minoría

cun Psoe moi agresivo e esta

mesma campaña estivo chea de

ataques “hai amigos que din

que vivo cómodo na incomodidade;

pode ser que non me

gusta sentirme cómodo e que

cando sinto esa comodidade

busco espazos onde operar politicamente,

non sei si chegarei

a ser tan sadomasoquista pero

no fondo si que a situación non

foi doada pero os resultados na

balanza son positivos “.

Unha das referencias para o

novo alcalde de Compostela é o

seu colega Ánxel Casal pero a

cidade que aquel xestionou non

ten nada que ver con este Santiago

cheo de arestas “totalmente,

alguén pode dicir que unha

cidade cerca dos cen mil habitantes

non ten unha magnitude

elevada como para resultar

complexa pero si que o é, pola

carga institucional, polo peso

das relación que tes que manter

coa Xunta, coa Universidade,

coa Igrexa e logo pola

magnitude do propio concello,

cun número de traballadores e

traballadoras importante, non

centralizado senon bastante

disgregado i en ese sentido o

reto non é menor. Pero si que

hai paralelismos na situación

histórica que viviu Ánxel Casal

e en esta, esa sensación

de efervescencia, de que algo

pode mudar, de que algo está

a mudar, de que no fondo que

aquí gañara unha candidatura

de unidade popular ten similitudes

coa vitoria do Frente

Popular cando Ánxel Casal

foi nomeado alcalde i ese momento

no que se está a decantar

si se abre unha nova etapa

histórica ou non, e aí si que

atópanse similitudes, sempre

gardando as distancias”.

Os funcionarios do concello,

deixando ao marxe os tópicos,

veñen de pasar unha situación terrible

que imaxino que os terá hipersensibles

e pregúntolle por iso

“si, hai dous retos; un é tecer

coa participación rede cidadán,

render contas, priorizar,

corresponsabilizar aos veciños

e veciñas, e outro é recuperar a

cuestión da confianza cos traballadores

públicos que eu si

creo que veñen dunha etapa na

que si que percibes que... por

dicilo de algunha maneira foron

bastante agredidos, tanto

con todas as irresponsabilidades

políticas que aconteceron

como que eles, que son persoal

técnico, víronse metidos no medio,

i en algún caso afectados

por decisións políticas. E por

eses dous retos non é secundario

que nas áreas da alcaldía

estea vinculada a de réxime

interno e persoal e tamén o de

participación veciñal”.

Os anos foron pasando e nunca

funcionou a relación cos concellos

limítrofes, polo menos non

con todos ao mesmo tempo; a

mancomunidade quedou sentenciada

na pasada lexislatura

e pregunto como se pode recuperar

esa situación “primeiro

entendendo cal é o rol de

Santiago como concello...por

simplificalo: Santiago ten que

facilitar, ten que liderar pero

non pode tutelar, é un equilibrio

complicado pero penso

que fundamental. Coido que

aí haberá boa vontade entre

os concellos da contorna. Logo

hai que compartir servizos,

compartir custos e cargas; un

dos problemas fundamentais

é o competencial, porque pode

haber moitos servizos compartidos

que esixan implicación da

propia Xunta; estou pensando

por exemplo no transporte...

Cando ti pensas en coordinar

transporte urbano e metropolitano,

porque un plan de mobilidade

para Santiago non ten

sentido se non contas cos concellos

da contorna, e todos van

a saír gañando topas co que o

metropolitano é competencia

da Xunta, e que o sistema de

concesións, a renovación ou

non, é competencia da Xunta.

Na práctica non chegará

con colaborar entre concellos

e teremos que ser capaces de

implicar a outras administracións

para xerar un área que

comparta servizos.

Ó falar de transporte venme a

mente as liortas polos aeroportos,

agora hai alcaldes distintos

en Compostela e Coruña...

“Creo que hai unha sintonía

evidente na maneira de entender

a representación pública,

e tamén no camiño percorrido

para chegar á vitoria electoral

que se deu en Santiago e Coruña.

Seguramente haxa discrepancias

nos intereses de ambas

pero hai vocación de non converter

esas discrepancias en

portadas de xornais para

practicar o cantonismo electoralista.Seguramente

haberá

cuestións nas que os intereses

de ambas cidades colisionen,

a cuestión non é asumir iso, a

cuestión é non facer diso unha

bandeira”.

E que pensa Martiño dos medios

de comunicación que tan activos

estiveron na campaña?

“Os medios teñen que asumir

que pese a non ser facilitadores

das candidaturas de

unidade popular, estas chegaron,

e iso hai uns anos era bastante

inviable, entón algo está

mudando”.

Resulta curiosa a sensación de

que gobernos feitos de moitas

ideoloxías parecen levarse mellor

que outros con alcaldes do mesmo

partido, pregúntome e pregúntolle

en que medida influirá

o xeito de chegar ó goberno,

cun apoio cidadá máis explícito,

en esa boa sintonía “en moitos

porque compartimos un vieiro,

cada un coas súas particularidades,

compartimos ferramentas

á hora de participar, á hora

de facer proceso de primarias,

á hora de facer financiamento

con crowdfunding, compartimos

tamén moitas pedras no

camiño na medida en que os

poderes fácticos das cidades,

as forzas vivas, poderes mediáticos,

maioritariamente non

tiñan ningún interés en que

isto acontecese, chegamos sen

mochilas, sen deberlle nada

a ninguén e iso sempre vai a

condicionar, haberá que seguir

facendo todo iso pero xa desde

a responsabilidade de goberno.

O habitat non vai ser doado,

preocúpame a exposición dos

medios de comunicación, é boa

para mostrar o traballo pero

a ninguén se lle escapa que no

momento no que ao poder non

lle interese buscarannos as costuras

Ó mencionar aos medios non

podo evitar lembrar o caso de

Xulio Ferreiro na SER, da súa

entrevista á primeira hora da

maña so quedou como recordo

os problemas cos cativos a hora

do almorzo, pregúntolle a Martiño

si os medios teñen, temos,

que cambiar “os medios tradicionais

teñen que asumir que,

pese a non ser facilitadores do

que foi o camiño das candidaturas

de unidade popular, estas

chegaron y eso hai uns anos era

bastante inviable entón algo

esta mudando. A xente é capaz

de por en marcha o seu propio

criterio máis alá de dinámicas

de información, de diferenciar

e incluso de ser maioría incluso

xogando contra corrente. Dito

isto non sabemos que vai acontecer

pero si que deberían pensar

en qué está a pasar.

Si mudaron as cousas que en

Teo, Psoe e Anova firmaron un

pacto de goberno, como o vivirá

alguén que o intentou sen conseguilo?

“estou contento porque

entendo que este Psoe no herda

dinámicas doutro Psoe, porque

coido que complementa a experiencia

dun goberno municipal

que se amosou moi valorado

pola cidadanía, que leva xa 3

ocasións pasando polas urnas e

levando bos resultados, en este

caso nunha situación delicada

despois do que foi a ruptura

co BNG, a sintonía persoal é

boa, unha persoa como Uxía é

alguén que aporta en determinadas

áreas como urbanismo,

e estou contento na medida en

que eso da estabilidade ao goberno

para facer política sen

estar o albur da cuestión plenaria

polo menos para viabilizar

proxectos que son básicos”

Martiño Noriega segue a

transmitir unha calma que seguro

que non ten nada que ver co

interior pero agradécese atopar

un político que non pareza o borde

dun ataque de nervos.

Manel Pardo

Foto: Loli Fdez.

Compostela, 17 de xuño de 2015

xullo 2015 17

18 pasou

Chrysallis Galicia creouse o

28 de febreiro, aínda que os primeiros

contactos veñen de xullo

do ano pasado, e a forman once

familias e varios afiliados; entre

os seus obxectivos están a

visibilización, a normalización

e a despatoloxización da transexualidade

infantil, traballo que

realizan a través de charlas informativas,

conferencias, mesas

de debate e elaboración de guías

e protocolos. Para a asociación

a identidade sexual depende do

cerebro e non dos cromosomas

ou da configuración dos órganos

reprodutores.

Entre as actividades realizadas,

para facer visibles os seus

problemas e dalos a coñecer á

sociedade, o pasado 20 de xuño

celebraron en Santiago o Día

Lindeiros

Compostela acolleu os actos do Día do Orgullo Trans

Estiveron organizados por Chrysallis Galicia, Asociación de Familias de Menores Transexuais

Os Encontros coas Artes son

unhas xornadas de creación e

convivencia artística que, coa

inspiración das paisaxes brionesas

e coa lembranza dunha

figura das nosas letras, reúnen

cada ano en Brión a prestixiosos

artistas plásticos procedentes de

toda España. Este ano o certame

chegou o décimo aniversario

coa figura do poeta e académico

galego Manuel María, un autor

do Orgullo Trans. Ao longo da

mañá desenvolvéronse diversas

actividades como contacontos

inspirados na igualdade ou a

presentación do anuncio “Desexos”,

realizado en colaboración

coa Fundación TIC, no que participaron

persoaxes tan coñecidos

como Mario Baquerizo ou

David Summers dos Hombres

G. Xa pola tarde as actividades

centráronse na praza do Toural

onde se puxo unha mesa de

información con trípticos de

Chrysallis e montouse un mercadillo

solidario.

Ao final da xornada tivo lugar

a lectura dun manifesto, por

parte de varios nenos da asociación,

co título “ Non lles cortes

as ás aos menores transexuais.

Déixaos voar”.

Brión celebrou os X Encontros

coa Arte a carón dos ríos

O certame estivo inspirado na figura de Manuel María

Para poñerse en contacto coa

asociación pódese visitar a web

comprometido política e socialmente

coa cultura galega. O seu bre xunto a Igrexa de Viceso, a

en xornadas de pintura o aire li-

legado estivo presente durante ruta de sendeirismo do río Traba

os encontros en diversas actividades,

entra as que destaca a Tamén disfrutaron dos traballos

ou xunto o paseo do río Pego.

exposición “Manuel María, a da oitava edición dos encontros

palabra viva”. Unha mostra cedida

pola “Fundación Manuel protagonista xa que máis da me-

e nos que a Ponte Maceira foi a

María de Estudos Galegos” que tade das obras estaban inspiradas

nela.

poderá visitarse no Centro Social

Polivalente ata o 26 de xullo.

Os participantes participaron Fontes: concello de Brión, Lindeiros

Chrysallis.org ou ben chamando

ao teléfono 686 160 465.

O Concello de Ames, a través

da Oficina de Voluntariado, leva

doce anos impartindo o seminario

de viticultura no que este ano

participaron un total de 25 alumnos.

As clases son moi dinámicas

xa que se proxectan vídeos para

ilustrar as explicacións teóricas e

o último luns de cada mes realízase

unha cata de viño. Este seminario

conta tamén cunha parte

práctica na que este ano os participantes

puideron visitar a zona

de denominación de orixe do Ribeiro,

na provincia de Ourense.

A concelleira de benestar social

e dereitos para a cidadanía,

Luísa Feijoo, e a concelleira de

transparencia e participación ci-

Un momento das celebracións. Foto: Chrysallis Galicia

Fontes: Chrysallis Galicia,

Lindeiros

Ames clausura o

seminario de viticultura

Participaron 25 alumnos e comezou o

pasado mes de outubro

dadá, Isabel González, foron as

encargadas de entregar os diplomas;

ambas agradecéronlle aos

profesores voluntarios o seu traballo

desinteresado e “animaron

aos alumnos a continuar coa actividade

o vindeiro ano”.

A concelleira Isabel González

tamén tivo palabras de agradecemento

para Manuel Oitavén

Garrido, que foi o profesor voluntario

creador deste seminario

no ano 2003 e que por problemas

de saúde tivo que ceder a docencia

do curso a dous dos seus

alumnos máis avantaxados; Emilio

de Vicente Nogueira e Teodoro

García Rivero.

Fontes: concello de Ames, Lindeiros

Artistas traballando xunto ó río Traba. Foto: concello de Brión

Participantes do curso. Foto: concello de Ames

xullo 2015 pasou 19

Máis de 6.000 persoas pasaron

pola mostra de Mestre Mateo

Mesturou pezas romanas ou gregas cos traballos dos alumnos

A Casa do Cabido, na Praza

das Praterías, acolleu a exposición

“CENTO25 sinerxias creativas”,

que conmemorou os 125

anos da Escola de Arte e Superior

de Deseño Mestre Mateo,

con sede en Santiago. A mostra

creárona os alumnos da especialidade

de Arquitectura Efémera

do centro como un proxecto dos

seus estudos.

A exposición reúne pezas e

material antigo, xunto cunha selección

de obras realizadas polos

alumnos da escola nas diferentes

especialidades ao longo destes

anos. Así, poden contemplarse

esculturas feitas en materiais diversos,

pezas repuxadas, estilismos

de moda, xoias, fotografías,

vídeos, instalacións de arquitectura

efémera e unha variedade

de produtos deseñados polos

alumnos.

Entre as pezas máis antigas

atópase un torso de finais do século

I antes de Cristo, achado

no centro de Mérida. Tamén se

mostran esculturas das antigas

Grecia e Roma.

No eido da moda preséntanse

looks completos de varias alumnas.

No caso dos deseños de produtos

desenvoltos por estudantes

destaca unha vaixela feita en colaboración

con Sargadelos, unhas

sillas, un foguete pensado como

parte do mobiliario dun parque

infantil e unha lámpada-xirafa.

Tamén se mostran unha serie de

esculturas realizadas en materiais

diversos, en particular ferro,

cerámica, madeira e mármore.

Por outro lado, pódense admirar

traballos fotográficos e audiovisuais,

ademais dunha selección

de pezas de xoiería creadas por

alumnos do centro. A mostra

complétase cunha instalación

de Arquitectura Efémera, xunto

con traballos de exposicións,

stands... dos estudantes desta

especialidade.

Fonte: Consorcio de Santiago,

Lindeiros

Obras expostas na mostra. Foto: Consorcio de Santiago

A Rosaleda e Cáritas

firmaron un convenio

O centro colaborará co “sillón solidario”

O director diocesano de Cáritas

fixeron un chamamento aos

de Santiago, José Anun-

odontólogos composteláns

cio Mouriño Rañó e o director

xerente dos Centros Sanitarios

A Rosaleda; Rafael Silva, asinaron

un convenio de colaboración

“para poder aumentar os días

de servizo e reducir a lista de

espera, que se remonta xa até

mediados de xullo, o que evi-

que permitirá dar un dencia a necesidade deste ser-

servizo esencial ao novo programa

sanitario de Cáritas: “el

sillón solidario”

Trátase dun programa sanitario

de odontoloxía integral básica

e primaria, adulta e infantil,

destinado ás persoas sen recursos

ou que se atopan en risco

de exclusión social. A iniciativa

conta coa colaboración dun

equipo de médicos/odontólogos

composto por Manuel Gelabert,

Covadonga Murais, Olga Loroño

Pérez (especialista en odontoloxía

infantil) e Ignacio Díez

(cirurxián maxilofacial).

O servizo polo momento só

está operativo os venres e a media

de atencións está en 8 diarias,

polo que en pouco menos

dun mes foron atendidas case

medio centenar de persoas.

vizo e a boa acollida que tivo”.

Un proxecto solidario no que

A Rosaleda tal como explicou

o seu director xerente, “non só

é o centro sanitario de referencia

na cidade desde hai case 50

anos, senón que tamén é ben

coñecida a súa traxectoria social

a través de iniciativas como

o golf adaptado, literapia ou

as múltiples propostas da súa

Fundación”.

A atención sanitaria no “sillón

solidario” realízase mediante

cita previa unha vez

que o paciente foi avaliado. A

consulta bucodental realízase

en dependencias dos servizos

centrais de Cáritas, en Carreira

do Conde, onde se instalou

un consultorio e todo o equipo

técnico e material necesario

Con todo a demanda é tal para atender aos pacientes.

que ha sorprendeu mesmo aos

responsables de Cáritas, que Fontes: La Rosaleda, Lindeiros.

La empresa de servicios y

eventos Ev&Serv fue

presentada en Brión

El hotel Casa Rosalía acogió el acto con la

presencia de numeroso público

Este pasado mes de junio

se presentó una nueva empresa

que, sin duda, marcará la

diferencia.

Ev&Serva nace con la intención

de cubrir todas las demandas

que cualquier persona pueda

tener, en un tiempo razonable y

con el precio adecuado.

Su preparación ha durado 2

años y sus primeras ofertas están

centradas en el ocio. Muestra

de esa versatilidad es que

podemos encontrar excursiones

desde 17 euros hasta viajes exclusivos

por toda Galicia, en

coche y con chofer particular.

Ev&Serv ofrece la posibilidad

de alquilar casas de turismo rural,

reservas hoteles, alquilar coches

o incluso un jet privado si

nos lo podemos permitir.

Uno de los lemas de la empresa

“de todo para todos” no

explica que en su web podamos

encontrar no solo ocio,

también ámbitos relacionados

como la organización de eventos

o fiestas privadas u otros

completamente distintos como

la limpieza de fachadas, la asistencia

a domicilio o las reparaciones.

Un mundo de servicios

seleccionados de forma que

podamos contratar con toda la

con fi a n z a .

Pueden encontrar toda la información

en su web:

http://www.evyserv.com/

Fuente: Ev&Serv, Lindeiros

20 pasou

Lindeiros

150 Rapaces pola ruta de Riamonte en Ames

Eran alumnos do CEIP A Maia e a caiñata estivo organizado pola Aula da Natureza do concello

A Aula da Natureza do Concello

de Ames colabora cos centros

de ensino para desenvolver

diferentes actividades extraescolares.

Grazas a este traballo un

total de 150 rapaces e rapazas

do CEIP A Maía puideron participar

nunha andaina pola ruta

de Riamontes, que alberga unha

extraordinaria riqueza ambiental

e cultural. Os alumnos estiveron

acompañados dos seus profesores

e da coordinadora da Aula

da Natureza.

A ruta de Riamontes alberga

unha extraordinaria riqueza

ambiental e cultural. A enorme

variedade de especies vexetais e

animais que se poden atopar nas

pequenas fragas do regato de

Riamontes son mostra dun espazo

equilibrado e diverso onde os

saltos e as pequenas fervenzas

salpican a contorna coas súas

pingas de auga. A ruta é circular

e comeza e remata na aldea

de Vilar, na parroquia de Ames.

Neste lugar están instalados diversos

paneis interpretativos

que lle axudan ao/a camiñante a

guiarse e descubrir os tesouros

que se agochan neste espazo.

Aproveitando a riqueza ambiental

desta ruta os alumnos e

alumnas do CEIP A Maía, divididos

en dous grupos de 75

rapaces e rapazas, participaron

nesta actividade promovida pola

concellaría de Medio Ambiente.

O alumnado puido coñecer as

diferentes zonas de monte autóctono

que atravesa esta ruta,

os diferentes tipos de fentos que

se encontran neste monte, as diversas

especies que habitan no

regato de Riamontes, e as partes

que compoñen un muíño. Os rapaces

e rapazas tamén tiveron tempo para merendar e xogar antes de rematar a actividade. Fontes: concello de Ames,

Un momento da ruta visitando un dos muiños. Foto: concello de Ames.

Lindeiros

O libro “As casillas sen número”

foi presentado en Ordes

O texto está escrito por alumnos do IES Maruxa Mallo

Ante un numeroso público

os alumnos e alumnas do IES

Maruxa Mallo presentaron na

biblioteca municipal o seu libro

‘As Casillas sen número’. Un

acto que contou coa presenza

de compañeiros e profesores do

instituto, ademais doutros representantes

do ámbito cultural e

da vida política do municipio.

Unha obra composta por pertencente ao instituto Luzdegás,

empregado xa en varias das

distintos textos realizados na

súa totalidade por un grupo de súas producións audiovisuais.

alumnos durante os seus estudos

de terceiro e cuarto da ESO. se coa presenza do profesor

Para explicar todo isto contou-

Ademais a edición conta tamén Xosé Manuel Fernández Castro,

tamén coordinador da obra

con ilustracións que, igualmente,

están asinadas polos estudantes.

‘As Casillas sen número’

presentada.

está editada polo selo cultural Fontes: concello de Ordes, Lindeiros.

A Policía Local de Ordes

ensina educación vial

Organizou unha xornada dedicada aos

cativos da vila

Axentes da Policía Local de

Ordes ofreceron unha sesión

de Educación Vial ós nenos e

nenas do municipio. Concretamente

organizouse un circuíto

que todos completaron cos seus

patíns, triciclos e bicicletas. Outra

das actividades consistiu na

proxección dun vídeo con prácticos

consellos e útiles explicacións

nos baixos da Alameda.

Pero sen ningunha dúbida o que

máis entusiasmou á rapazada

foi poder montar no coche patrulla

e facer uso das sirenas e

demais dispositivos.

Estas campañas son habituais

o longo do curso acudindo os

distintos colexios; agora en tempo

de lecer serven tamén para

concienciar e entreter.

Fonte:: concello de Ordes, Lindeiros.

Alumnos na presentación do libro. Foto: concello de Ordes

A policía cos cativos. Foto: concello de Ordes

xullo 2015 pasou 21

AEMI organizou,

no Milladoiro, a XI

Feira Val da Maia

A Asociación de Comerciantes mostrouse

satisfeita cos resultados obtidos

A XI Feira do Comercio Val

da Maia, celebrada no Milladoiro,

estivo organizada pola

Asociación de Empresarios do

Milladoiro, AEMI, coa colaboración

do concello de Ames

e a Deputación da Coruña,

Asociación de comerciantes de

Bertamiráns, Asociación de Comerciantes

Viorneira e Asociación

de empresario do Polígono

Novo Milladoiro.

Durante os 3 días de feira

acudiu abundante público e a

valoración en xeral entre os

expositores foi moi boa. Nos

resultados económicos segue a

notarse a crise e mentres algúns

dos comerciantes mostráronse

moi satisfeitos outros non obtiveron

un número de ventas

salientable aínda que si consideraron

positiva a súa presenza

para a marca que representan.

En total instaláronse 43 stand

de sectores como o téxtil, ocio,

asistencia social, complementos

ou óptica. Os inchables e a polbeira,

situados no exterior do

recinto, foron tamén protagonistas

da fin de semana.

A Asociación de Comerciantes

do Milladoiro mostrase satisfeita

en xeral e estuda xa a

viabilidade de novas actividades

como un mercado artesán.

Fontes: Lindeiros

AEMI entrega televisor. Foto: Lindeiros

Novas no asador VacaVella

Gastronomía de calidade cociñada a fogo lento

O Asador vaca vella, situado

en Bertamiráns, Ames, ven de

cumprir o seu primeiro aniversario.

A aposta pola diferenciación

e clara desde o primeiro

momento e consolidouse o longo

de estes doce meses; unha

carne seleccionada na que ten

prioridade o coidado recibido

polo animal e a forma de

preparalo.

En outubro do ano pasado

conseguían atopar un animal

de 10 anos, criado con millo e

vivindo en semi liberdade, era

un paso máis na aposta pola

búsqueda dunha calidade superior;

o éxito alcanzado, cunha

demanda que superou amplamente

a oferta, motivou o Vaca

Vella para seguir ese camiño.

Este pasado mes de xuño,

coincidindo co primeiro aniversario,

presentáronse 3 novos

animais cunhas características

similares e que serviran para

deleite dos clientes do local.

Moi recomendable facer unha

reserva dun costillar completo;

terán que ser un mínimo de 10

persoas pero disfrutaran dunha

carne cociñada a brasa durante

4 horas e cun sabor que resulta

difícil de esquecer.

Deixando o marxe esa parte

máis especializada, e a que so

se pode acceder cando se con-

segue produto cunhas determinadas

características, o Asador

VacaVella ofrece en todo momento

carnes e pescados de

calidade é uns postres que merecerían

por si sos un artigo.

En este ano tamén puxeron en

marcha ceas maridaxe nas que

se combinan, de xeito moi especial,

viños e alimentos. Do

mesmo xeito ofrece menús de

distintos prezos para poder probar

a súa cociña sin ter quedecidir

entre toda a carta. Grazas a

todas estas cuestións o VacaVella

converteuse en este ano nunha

referencia en canto a carnes

pero tamén encanto a servizo.

Fontes: Lindeiros

Presenación dun dos animais en Bertamiráns. Foto: Loli Fdez.

Os 3 exemplares adqiridos polo Asador VacaVella. Foto:Loli Fdez.

XULLO

XOVES DE PRAIA

9, 16, 23 e 30. Praia de Boiro.

7 €/día ou 30 €/mes (empadroados).

Nenos de ata 12 anos: 5 €/día

EXCURSIÓN AO AQUAPARK

Venres 10 de xullo. De 13:00 a 20:00 h.

O Concello subvenciona o transporte.

Prezo: gratis (0-4 anos), 5 € (empadroados) e 8 €

(non empadroados)

DÍA DO/A NENO/A

Sábado 11 de xullo, a partir das 16:00 h.

Piscina municipal de Papucín. Xogos, festa da

escuma, inchables, merenda...

EXCURSIÓN OS CANÓNS DO SIL

Domingo 12 de xullo. Saída ás 9:00 h.

Viaxe en Catamarán e visita a adega.

Prezo: 25 € (empadroados) e 30 € (outros)

CURSOS DE NATACIÓN

Do 13 de xullo ao 24 de agosto.

Nenos/as (+4 anos): 15 € (emp) e 25€ (outros).

Adultos: 25 € (empadroados) ou 35 €.

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Do 13 de xullo ao 7de agosto.

Maiores de 4 anos. Inscricións antes do 6 de

xullo. Horario: 9:30-13:30 h.

Quincena: 20 € (empadroados) ou 30 € (outros)

EXCURSIÓN MULTIAVENTURA

Venres 31 de xullo. Maiores de 12 anos.

Prezo: 15 € (empadroados) ou 20 € (outros).

ACTIVIDADES

DE VERÁN

CONCELLO

DE FRADES

Información e inscricións

no Concello de Frades

981 69 55 67

www.concellodefrades.es

AGOSTO

RUTA DE SENDEIRISMO

Sábado 1 de agosto. Ruta do Tambre.

Área recreativa Os Pasos. Gratuíta.

XOVES DE PRAIA

6, 13, 20 e 27. Praia de Boiro.

7 €/día ou 25 €/mes (empadroados). Nenos de

ata 12 anos: 5 €/día. Outros: 10€/día.

EXCURSIÓN AO AQUAPARK

Venres 7 de agosto. De 13 a 20:00 h.

O Concello subvenciona o transporte.

Gratis (0-4 anos), 5 € (empadroados) e 8 €

(outros)

SETEMBRO

EXCURSIÓN AO PAÍS VASCO

E BURGOS

18, 19 e 20 de setembro. Todas as idades. Nenos: 100€. Adultos:

150€ (empadroados). Anotacións antes do 4 de setembro.

MARATÓN DE FÚTBOL 7

Sábado 8 de agosto. Infantil e cadete.

Campo de fútbol de Abellá, 10:30 h.

FESTA DA XUVENTUDE

Sábado 8 de agosto. “Os Pasos” (Aiazo).

Churrascada, xogos, inchables, música...

Prezo: 4€ (empadroados) e 8 € (outros).

XVIII MARATÓN DE FÚTBOL

INTERPAROQUIAL

Domingo 9 de agosto, dende as 10:00

Campo municipal de fútbol de Abellá.

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

Martes 11 de agosto.

Para nenos ata 12 anos. Prezo: 10€

CURSOS

Bixutería, Broches con Fimo,

Fofuchas, Pádel e Manipulador

II TORNEO MUNICIPAL DE TENIS

Venres 28 de agosto pola tarde.

Pista municipal de Ledoira. Gratuita.

DÍA DA BICICLETA

Sábado 29 de agosto. 10:30 horas.

Saída praza Ponte Carreira. Gratuita.

Agasallos a todos os participantes.

FESTA DA AUGA

Sábado 30 de agosto. Gratuita. Inchables,

tobogán de auga, deslizantes, festa escuma...

Piscina municipal de Papucín.

CAMPIONATO DE PÁDEL

Sábado 29 de agosto. 16:00 horas.

Pista municipal de Papucín. Gratuíta.

de Alimentos.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

PAISAXÍSTICA DE FRADES

22 pasará

Mark Knopfler estará en

Compostela o 29 de xullo

O que fora lider de Dire Straits presenta o novo disco tracker

É unha das citas fixadas no

calendario desde fai tempo polos

seus fans. Knopfler ocupa o

posto 27 entre os 100 mellores

guitarristas da historia segundo

a revista Rolling Stone; en

1977 fundaba, xunto co seu

irmán David, Dire Straits coa

que venderían 120 millóns de

discos ata a súa separación no

95. A súa carreira en solitario

levouno a escribir música para

películas como Local heroe

(1983) ou The princes bride

(1987) pero tamén a publicar

8 discos que serán 9 co que

sairá no mes de xaneiro baixo

o título de Tracker. Dase a circunstancia

de que se cumplen

5 anos exactos do seu último

concerto en Santiago, no mes

de xullo do 2010, dentro das

actividades do Xacobeo de

aquel ano.

Mark, gañador de 4

grammys, chega cunha

equipa de músicos cos que

compartiu traballo o longo

dos últimos 20 anos: Guy

Fletcher (teclado),Richard

Bennett (guitarra), Jim

Cox (piano), Mike McGoldpflerrick

(whistle y flauta),

John McCusker (violín y

cistro), Glenn Worf (bajo) y Ian

Thomas(batería).

O prezo das entradas está en

torno os 50 euros, polo que é

posible que non se vendan todas,

pero para os que gusten de

rock de calidade e unha posta

en escea coidada a cita do 29

resulta imprescindible.

Mark Knopfler no estudo de grabación. Foto: Mark Knopfler.com

Un bo cartel para o Nicrarock

de este ano que, coma sempre, se

celebrará no parque do Coto.

A festa comeza pola tarde con

talleres de malabares para dar

paso a actuación de Impreugna

as nove da note.

Xa no concerto estarán os ourensanos

Festicultores, desde a

veciña localidade de Ames Biribirlocke,

de Santiago os xempre

potentes Ruxe Ruxe e como grupo

local e, polo que escoitamos

chamados a ser un dos grupos

revelación do ano, a Brutal Band

Bocinazo.

O Nicrarock e un dos festivais

con mais historia da comarca

e por el pasaron grupos como

Enemigos, Amaral, Medomedá,

Ruxe-Ruxe ou Terbutalina o

que da idea dos bos momentos

vividos e que este ano se queren

recuperar.

A cita o 17 de xullo no parque

do Coto a partir das dez da noite.

Lindeiros

O venres 17 chega un ano

máis o Nicrarock

O festival de Negreira é un dos máis

consolidados da bisbarra compostelana

Cartazo do evento

Atardecer no Gaias, música entre lusco e fusco

O programa de concertos na Cidade da Cultura consolídase aumentándo o número de concertos

É probablemente un dos mellores

usos que se lle deron o

Gaias, o atardecer dos xoves,

venres e sábados a praza central

da Cidade da Cultura énchese de

“pufs” que sempre resultan escasos

e a xente acércase a disfrutar

da música mentres o sol se pon.

O programa creceu ano a ano

e este verán acolle bandas de

todo tipo ata finais de agosto.

En este mes o próximo 23 chegará

un dos grupos Indies máis

recoñecidos, Leon Benavente;

en realidade son os músicos que

acompañan a Nacho Vegas pero

deixan claro que o que fan non

ten nada que ver con él. O venres

31 o escenario se mantén pero a

música cambia de xeito radical;

a Orquestra de Cámara Galega

leva 20 anos demostrando a súa

calidade por escenarios de medio

mundo, foi fundada no 1995

por Rogelio Groba Otero e Clara

Groba e, ademais dun amplo

repertorio clásico, céntranse na

obra de Rogelio Groba Groba,

do que estrearon varias pezas, e

a de músicos galegos.

Xa en agosto o xoves 6 tocará

La habitación Roja, os valencianos

levan desde o 94 enriba dos

escenarios, moito antes de que se

inventara o Indie aínda que agora

os inclúan en esa moda. Fans

de REM o Lemonheads levan

publicados 9 discos, o último o

ano pasado baixo o nome de “La

moneda en el aire”.

O mellor para non perderse

nada e visitar a web da CDC

www.cidadedacultura.gal e

anotar tódolos concertos porque

polos seráns pasaran desde

os londinenses Is Tropical ata a

xente de Yacine and the Oriental

Groove herdeiros de Cheb Balowski,

unha referencia na música

de raíces balcánicas, ou unha

referencia do soul máis actual

como son os Excitements; unha

chea de músicas para unha chea

de seráns.

Os Punsetes no Gaias o ano pasado. Foto: arquivo

xullo 2015 23

O Festigal encherá Santiago

con máis de 100 actividades

Celébrase en Compostela desde o 2002

coincidindo co 24 e 25 de xullo

O Festigal 2015 chega coas actuacións

de Ruxe Ruxe, Sokram,

Familia Caamagno, Ibuprofeno

Teatro, Superoito, Caxade, Carapaus,

o Mago Antón Habelas

Hainas e Maianas, ademais do

cento de actividades previstas

para o 24 e o 25 de xullo no campus

sur de Santiago.

Na presentación deste evento

“festivo e reivindicativo”, Alberte

Mera, de Galiza Nova -unha

das entidades da comisión organizadora-

explicou que o Festigal

está consolidado dende os seus

inicios en 2002 no calendario de

festivais de verán, “cunha aposta

polo talento e a creatividade do

noso país que se celebra no marco

do Día da Patria” e que serve

para “reivindicar a nosa cultura,

en momentos en que as institucións

e poderes intentan calar a

nosa nación, a nosa lingua, artistas

e novos valores”.

Haberá máis de 100 actividades

en 2 días, con actividades

musicais, teatro, presentacións de

libros, debates, ideas, coloquios

sobre a situación de Galiza e o

dereito a decidir, espazo infantil,

obradoiros, deporte, artesanía,

asociacionismo, entre outras,

todas elas gratuítas. Destacou

tamén que haberá espazo para

acampada na noite do 24 de xullo

cun prezo simbólico de 3 euros

para o que cómpre inscribirse en

info@festi.gal.

Tania Ameneiro, da Fundación

Galiza Sempre explicou que As

Maianas, que gañaron o concurso

“Novos Valores Festigal 2015”

serán quen abran esta edición o

24 de xullo ás 22:00 no campus

sur.

Tierra Celta

Gandería, ecoloxía e pracer

Nos afastamos un pouco da bisbarra de Compostela aínda que é certo que a costa do Barbanza

é parte dela para moitos de nos, praias como As Gaivotas ou A Guieira semellan en

verán unha parroquia mais. Pois ben, saíndo de Porto do Son dirección Ribeira atopamos un

desvío a esquerda que nos levará a granxa ecolóxica Tierra Celta.

Andreas é un austriaco, criado en Sudáfrica que chegou aqui na procura do seu soño: a gandería.

Cando Andreas fala de Galicia a describe como paraíso e debe de saber do que fala

porque durante anos buscou un terreo suficientemente grande para practicar a gandería extensiva,

cerca dunha vila para poder construír

un centro de visitantes e con suficiente auga e

pastos para o seu proxecto.

Non contaremos máis, vacas cachenas, porco

celta, galiñas, ovellas, cabalos, todos vivindo

en liberdade e que se poden disfrutar nas

xornadas de portas abertas que celebran. Si se

queren ademais “probar” hai que achegarse

os sábados de 10 a 22 e os domingos de 14

a 22, si ademais queren comer no asador hai

que reservar. Tierra Celta é, como se soe dicir,

un lugar para perderse.

Algúns dos artistas que estarán no Festigal. Foto: Festigal

24 pasará

Visita un museo

Museo do Hostal dos Reis Católicos

Un edificio construído no século

XVI é de por si un museo,

na propia edificación calquera

amante do patrimonio atopará

elementos dos que disfrutar; a

esta circunstancia súmase a modificación

sufrida en 1953 co fin

de convertelo en Parador e para

a que se encargaron unha chea

de pezas de todo tipo aos artistas

máis valorados do momento.

As circunstancias mencionadas

hai que unir o proxecto iniciado

polos Paradores Nacionais

no ano 2009 e que tiña como

obxectivo a musealización dos

50 edificios que forman parte

da rede de aloxamentos. Aqueles

que se hospedan nun Parador

Museo reciben unha guía

de visita que lles proporciona

un percorrido polo interior do

monumento, durante o que van

achando un conxunto de soportes

informativos, ilustrados

con planos, mapas, gráficos e

fotografías, que explican os aspectos

máis significativos do

edificio. Para a elaboración destes

contidos, a rede de Paradores

conta cun equipo propio que in-

vestiga o pasado dos monumentos,

mergullándose en arquivos

históricos, bibliotecas e museos,

até reuniren unha información

ampla e fidedigna do pasado

do Parador. Trátase de elaborar

un mapa do lugar a partir dos

persoaxes que viviron en el e

das estancias que ocuparon; un

mapa que no caso do Parador de

Santiago convertese nunha incrible

novela histórica.

Unha idea do tamaño do que

falamos son os 18.000 metros

cadrados no que se sitúa; e si

falamos da dimensión histórica

que ten o Hostal o exemplo é a

guía que se lle entrega aos privilexiados

clientes, con ela poden

seguir ao longo das 5 plantas

79 placas informativas nas que

se narran anécdotas, infórmase

das pezas artísticas e explícanse

os pormenores do edificio; é

un percorrido que os visitantes

non aloxados poden realizar

de 12 a 2 da tarde e de 4 a 6. A

asociación Compostela de guías

tamén ofrece de cando en vez

visitas a este museo agochado.

Unha das obras que se poden ver do arista Javier Clavo. Foto:Loli Fdez.

Últimos concertos do

Via Stellae 2015

Trátase da décima edición do ciclo e incluíu

un total de 19 concertos na cidade

O Via Stellae é unha das referencias

nacionais en canto a música

clásica. O festival chegou

este ano a súa décima cun total

de 19 concertos que comezaron

o pasado 29 de xuño e rematarán

o próximo día 15; o ciclo foi

presentado pola concelleira de

Cultura, María Antón; o secretario

xeral de Cultura da Xunta

de Galicia, Anxo Lorenzo; e o

director-xerente do Auditorio,

José Víctor Carou. A diversidade

e riqueza da programación

do Via Stellae dende a súa creación,

hai dez anos, ten un dos

seus argumentos sólidos na música

antiga e barroca, pero o festival

non esquece outras épocas

e xéneros musicais interpretados

por artistas de moi distintos

perfís e procedencias

O 11 de xullo na Capela da

Orden Terceira as oito e media

poderemos escoitar a La Bellemont

nos presenta o concerto

“Bach en Trio” no que interpretarán

as tres sonatas para viola

de gamba e clave obrigado do

músico alemán. O luns 13 no

Salón Teatro, e tamén as 20:30,

temos a ocasión de disfrutar

dunha selección de arias de

opera e cantatas de Haendel e

Vivaldi baixo o título de “As bágoas

do anxo”; o concerto contará

con Flavio Ferri-Benedetti,

Impetus Conjunto, Barroco de

Madrid e Yago Mahúgo. O día

seguinte e no mesmo escenario

Al Ayre Español coa dirección

de Eduardo López Banzo nos

presentan as sonatas opus 2 de

Haendel co lema “xenio, delicadeza,

inventiva... Haendel”.

A clausura terá lugar o mércores

15 no Teatro Principal con

Fuoco e Cenere coa dirección

de Jay Bernfeld, a soprano Julie

Fioretti e o ilustrador Fred Bayle

que traballará en directo mentres

soa a música; co nome de

“Judith e Esther destinos divinos,

retratos en música e pincel”

se presenta un espectáculo que

recolle a esencia de esas mulleres

do antigo testamento, que foron

reivindicadas nas obras dos

artistas do reinado de Luis XVI.

Citas para noites de verán que

nos ofrecen unha escusa, como

si fixera falta, para acudir o casco

antigo compostelán e pechar

o día nas terrazas e prazas da

vila.

Presentación do festival Foto: concello de Santiago

Lindeiros

Zarzuela na

Quintana

O 19 as oito da tarde

Con motivo das festas do

Apóstolo, o concerto da banda

municipal de música de Santiago

contará coa participación do

coro do Liceo de Vilagarcía, dirixidos

polo mestre Juan M. Romero

Llopis, e estará dedicado a

clásicos do mal chamado género

chico. A zarzuela leva ese nome

porque as primeirs representacións

tiveron lugar no teatro

situado no palacio de mesmo

nome e que hoxe é a residencia

de El Rey. A particularidade de

zarzuela e que se incluén pezas

musicais interpretadas por coros,

dúos o solos combinadas con

partes habladas. No concerto da

Banda Municipal o que se poderá

escoitar son precisamente

cancións extraídas de distintas

pezas clásicas do xénero.

O programa inclúe entre outras

pezas de “Agua, azucarillos

y aguardiente” e “La Gran Vía”

de F. Chueca, “La verbena de

la paloma” de T. Bretón, “Doña

Francisquita” de A. Vives, “Don

Manolito” de P. Sorozabal, “Gigantes

y Cabezudos” de M.F.

Caballero ou “El Tambor de

Granaderos” de R. Chapi.

A Banda de Música Municipal

de Compostela ven ofrecendo

nos últimos tempos un concerto

cada xoves na praza de Praterias,

precisamente o pasado mes dedicaban

un destes concerto tamén

a Zarzuela baixo a batuta,

en aquela ocasión, do director

adxunto Casiano Mouriño. En

esa liña de incorporar novidades

o repertorio a Banda colaborou

nos últimos tempos con músicos

de jazz ou folk; antes de que remate

xullo, o 23, tamén dará un

concerto xunto con Cantigas e

Agarimos e despois de facer un

descanso en agosto volverá as

Praterías no mes de setembro.

xullo 2015 pasará 25

“20 formas de cambiar o mundo” e “Aracne”

dúas mostras moi especiais na sala Granell

A primeira conmemora os 20 anos da institución e a 2ª mostra o traballo de Amparo Segarra

A exposición 20 formas de

cambiar o mundo, comisariada

por Eduardo Valiña, toma

como punto de partida as importantes

coleccións que conforman

os fondos do museo,

establecendo un percorrido

a través do diálogo, por unha

parte entre a colección surrealista

e a colección étnica e por

outra entre a colección Philip

West e Granell, a mostra

complétase coas obras doutros

creadores contemporáneos que

forman parte de coleccións

privadas.

A mostra susténtase no concepto

de colección, dende as

realizadas por Granell, ata o

feito de realizar unha colección

de arte actual, polo tanto

créase unha relación directa

entre o Granell artista e coleccionista

con outros coleccionis-

Elipsis de Rafael Navarro en Fonseca

O fotógrafo Zaragozano fai unha reflexión sobre as relacións de parella

A través de corenta imaxes

o fotógrafo zaragozano Rafael

Navarro convida ao espectador

a facer un percorrido polas relacións

de parella na mostra inédita

‘Elipsis’, unha iniciativa do

proxecto europeo CampUSCulturae

da USC que dirixe José

Antonio Neira, que permanecerá

aberta ata o 29 de agosto no

Colexio de Fonseca.

Rafael Navarro(Zaragoza,

1940) iniciou a súa carreira artística

a principios da década

dos setenta. A súa obra é máis

un reflexo do que sinte que do

que capta a súa cámara. Sente

unha fascinación pola natureza

e o corpo humano libres de

ataduras. A súa obra expúxose

en museos estatais e internacionais

en máis de 700 ocasións e

forma parte de fondos de institucións

de todo o mundo. Como

recoñecemento á súa achega

á arte contemporánea, a Real

Academia de Nobres e Belas

Artes de San Luís incorporouno

como Académico de Número e

en 2013 o Goberno de Aragón

concedeulle, por vez primeira a

tas, e mesmo tamén creadores

actuais.

Trátase dunha exposición

dobre, distribuída nos dous andares,

que funciona de modo

independente e complementaria,

xa que no primeiro andar

levarase a cabo unha mostra de

Luís Seoane no vindeiro mes

de outubro. A mostra restrospectiva

estarça exposta ata o

mes de setembro.

Por outra parte a Fundación

presenta unha mostra do traballo

de Amparo Segarra. Esta

exposición, comisariada por

Natalia Fernández Segarra, directora

do Museo Fundación,

resalta unha das facetas máis

descoñecidas da artista, a súa

especial vinculación co mundo

da moda. Neste senso, a roupa

terá un apartado especial, con

prendas persoais ou elaboradas

un fotógrafo, o Premio Aragón

Goya.

Rafael explica que en esta

mostra “Conto unha historia

persoal, e ao tempo universal,

sobre as relacións humanas que

logo o espectador, cos seus propios

bagaxes, constrúe ao seu

xeito [] un percorrido secuencial

que comeza co soño, moitas das

veces irreal, e remata na ruptura

e que pretende provocar unha

resonancia con quen se sitúa

fronte á obra”.

As imaxes, divididas en oito

coleccións de cinco elementos,

pola artista, ademais de completarse

con dúas obras realizadas

na técnica da colaxe.

Neste senso, Amparo Segarra

amósase como creadora

textil, con diferentes

producións realizadas en distintos

materiais, presentando

tamén unha selección de complementos

que se acompañan

de fotografías, onde a artista e

outras persoas da súa familia

visten as súas creacións.

Por outra banda, a artista

amósase na súa faceta de actriz,

neste caso nunha das películas

surrealistas realizadas

por Eugenio Granell nos anos

60, Película hecha en casa con

pelota y muñeca, onde realizará

diferentes accións.

supoñen a representación formal

da viaxe que percorremos

cando experimentamos un namoramento

e na que o autor se

apoia nos elementos plásticos

presentes de sempre na súa

obra: a paisaxe, o vexetal, o

mineral e, sobre todo, o corpo

humano. Nesta ocasión as fotografías

contan coa complicidade

dos poemas de Ángel Guinda,

que xa colaborou anteriormente

con Navarro noutra serie.

Cartaz da exposición na Granell

26

Lindeiros

xullo 2015 deportes 27

Diego Rojo

A soidade do corredor de fondo

Fai anos que os vemos aínda

que nos últimos tempos moito

máis, antes era correr despois

footing e agora running... pero

a última largada de Diego levou

a 9 horas de carreira e 100 km

completados.

Diego sempre leva media

vida vinculado os deportes “eu

son profesor de educación física

desde os 23 anos e teño

45 así que imaxínate, antes

xa desde a infancia pase por

diferentes deportes de equipo

ou individuais, o que máis fixen

foi ciclismo pero a miña

especialidade e vela. Sempre

me gustaron os deportes de

resistencia, unha espiña que

tiña era non ter corrido unha

maratón e hai 3 anos comecei

a adestrar de novo e retomei

esa vella idea”.

Diego recoñece que hoxe en

día converteuse nunha moda

pero nunha moda boa, el cre

que o éxito está no custo e no

sinxelo “eu creo que o éxito se

debe a que é unha actividade

relativamente barata, xa sabemos

que en canto se meten

as marcas polo medio certos

custos soben, pero realmente

ti para correr o único que

necesitas son unha zapatillas

que si son importantes, que

dentro das túas posibilidades

sexan boas, peor logo podes

correr con calquera cousa,

unha camiseta, unhas mallas,

un chuvasqueiro no inverno

e pouco máis, unha gorra o

mellor para un día de sol...”.

Sobre as zapatillas Diego o ten

claro “eu sempre recomendo

buscar unha zapatilla cómoda

e axustada a economía de

cada un, e eu sempre compro

un modelo que non sexa o último;

a diferenza de tecnoloxía

dun ano a outro non é moita

pero o custo si que baixa”.

Sempre foi adestrador de

deportistas desde a carreira e

agora un grupo de amigos pedíronlle

que os aconsellara “mo

pediron un pouco por envexa,

dixéronme que parecía divertido

o de correr e preguntáronme

si poderían, calquera

persoa pode correr, non todo

o mundo pode gañar pero si

o teu obxetivo e mantente en

forma calquera pode. Agora

imos xuntos as carreiras e o

pasamos ben”.

O salto a unha carreira de 100

kilómetros foi para Diego un

reto persoal, tiña feito distancias

longas en carreiras de orientación

en montaña pero nunca en

estrada e de un tirón. O peor a

soidade “unha sensación de

soidade moi grande e outra

de rotura muscular, de pensar

que se romperían os cuádrices,

os xemelgos, a nivel cardio

muscular estaba moi ben,

mentalmente ia moi sobrado

tamén xa que despoís de todo

estaba aí por pracer e por

vontade propia, teñen mértio

os profesionáis que se enfrontan

a unha proba sabendo que

teñen que quedar entre os 10

primeiros, esos si que son heroes;

asi que como digo de

mente ia moi ben pero a partir

do kilómetro 70 comecei

a notar os músculos moito.

Sabes que podes romper un

músculo pero iso o tes asumido

o que che doe e non chegar;

cando notas ese cansancio, en

ese momento, entra en xogo

a sangre fría, coñecerte ben e

saber que podes facelo. Pero

sobre todo esa sensación, sobre

todo na última parte, de

soidade, cando te das conta

de que estas ti solo aínda que

vaias con outra xente”.

Nos quedamos co consello

que nos dou Diego, si un quere

correr que comece por facelo

sen marcarse metas, que disfrute,

que o faga o tempo que

lle apeteza e que vexa ata onde

quere chegar. O mellor e bo

lembrar un anuncio de fai moitos

anos que todos os que teñen

unha idade lembrarán “quien

mueve las piernas mueve el

corazón”.

Fotos: C. R. T, Loli Fdez.

28 deportes

Lindeiros

Xornada de pesca para os cativos de Touro

Celebrouse como unha das actividades do Día do Neno

Nenos e nenas de Touro, de

idades comprendidas entre o

seis e doce anos, participaron

nunha xornada de pesca infantil

organizada polo Concello.

A actividade comezou ás

11.00 horas na área Recreativa

da Santaia. Alí concentráronse

en torno os vinte rapaces co afán

de coñecer o mundo da pesca de

río e estar en contacto coa natureza.

Técnicos da Consellería

de Medio Ambiente explicaron

aos participantes cales son as

especies que habitan nos ríos

galegos e concretamente destacaron

as características da troita

autóctona. Previamente soltaran

á primeira hora da mañá no

río Lañas ao redor de 250 troitas

autóctonas procedentes do

Centro Ictioxénico de Sobrado

dos Monxes. Daquela os nenos

participaron na xornada de pesca

e atenderon ás explicacións e

consellos dos técnicos de Medio

Ambiente.

Foi unha xornada didáctica

sobre natureza. A Festa do

Neno, na que se enmarcou a xornada

de pesca, continuou pola

tarde. E foi na Praza do Luar, na

zona onde está situada a Casa

dá Cultura e a piscina. Alí instaláronse

inchables, obradoiros,

un tobogán acuático e xogos de

Segunda edición do Torneo de

Rugby do Apóstol

Contou con equipos de toda Galicia e un feminino de Portugal

Moi bo ambiente en esta segunda

edición do Torneo do

Apostol de rugby 7 celebrado

no campo de Santa Isabel.

No campionato participaron

equipos de Vigo, A Coruña,

Rianxo, Vilagarcía, Pontevedra

e Ourense ademais do Santiago

rugby Club, equipo organizador.

na categoría feminina tamén

o equipo Agraria Rugby

de Portugal.

O cadro masculino Centollos

Franceses, procedente de

Vigo e de recente creación, foi

o gañador e as portuguesas do

Agraria foron as gañadoras

femininas.

O Santiago Rugby Club dirixido

por Guillermo Landrove

proclamouse Campión da copa

de Prata

A entrega de trofeos correu

a cargo do secretario da Federación

Galega de Rugby, Javier

Fernández, e da concelleira de

deportes Noa Morales. Esta foi

outra das actividades de verán

auga. O bo tempo animou a que

chegasen nenos e nenas de todo

do equipo que fai unhas semanas

organizaba un clinic para

entrenadores impartido por

Norm Maxwell, este xogador

foi en 35 ocasións internacional

cos míticos All Blacks e 5 veces

gañador da copa do hemisferio

Sur; toda unha lenda que compartiu

momentos e sabiduría

cos adestradores qe participaron

no encontro.

Fontes: Santiago Rugby Club,

Lindeiros

o Concello e bañásense nas piscinas.

O Mago Xacobe pechou

a xornada festiva.

Fontes: concello de Touro, Lindeiros

Un momento da xornada de pesca. Foto: concello de Touro

Daniel Castro campión

galego de xavelina

Pertence o Club Atlético A Silva que adestra

en Ordes

Daniel Casro, campión de xabelina. Foto: concello de Ordes

As gañadoras femininas levantando o trofeo Foto: Santiago Rugby Club

Daniel Castro é xa o novo

campión galego de xavelina,

tras a súa actuación no campionato

rexional disputado en

Ferrol. Unha vitoria que encabeza

unha grande actuación por

parte dos compoñentes do Club

Atlética A Silva, que adestra nas

instalacións da cidade deporti-

va Vista Alegre. Hai que facer

referencia tamén a María Pena,

cuarta en lanzamento de xavelina

infantil; Lara López, sexta

en 150 metros lisos e salto de altura

infantil; e Andrea Caneda,

décima en 3000 metros infantil.

Fonte: concello de Ordes, Lindeiros

xullo 2015 deportes 29

O Club de beisbol de Os Tilos

participou nun Torneo

Internacional en Asturias

A cita en Gijón contou tamén con equipos locais e franceses

O Club de Béisbol e Sófbol

Os Tilos, trasladouse á Gijón

(Asturias), onde se celebrou o

segundo Torneo Internacional

Villa de Gijón. O Club Os Tilos

desprazouse a dita localidade

para participar xunto coa

Selección Asturiana de Béisbol,

do Club de Béisbol “El

Llano” de Gijón e do Club de

Béisbol Francés “Aquitania”.

Por parte dos Teenses, foron 25

mozos das categorías infantil

e cadete, acompañados de 5

monitores e un amplo grupo de

familiares.

O resultado non puido se

máis espectacular. Dúas xornadas

de convivencia, respecto,

traballo, esforzo, colaboración

entre tódolos asistentes. En definitiva,

transmitindo valores

aos nenos e maiores a través

do deporte e das experiencias

compartidas.

O resultados deportivos

acompañaron ao Club. O equipo

de cadetes quedou segundo

clasificado no torneo e o equipo

infantil, acadou o primeiro lugar

do campionato.

Tras unha final intensa o

Club Os Tilos, gañaba o partido

na cuarta entrada por unha carreira,

o que pon de manifesto a

concentración e solidez de ambas

defensas. O grado de concentración

de ambos equipos,

Os Tilos e Aquitania, era máximo.

Os árbitros conscientes de

esa situación, afinaron os seus

coñecementos. E sucedeu que

nun batazo por parte de Os Tilos,

a bola saiu disparada e non

foi interceptada, momento que

aproveitaron os xogadores para

mover todas as bases coordinadamente,

e entrar todos os xogadores

a “home” firmando un

resultado total de 6 – 1. Pero o

verdadeiro triunfo veu por parte

do equipo rival que conscientes

que o partido había finalizado

non fixeron máis que deixar

os guantes no chan e felicitar

aos nosos xogares, sendo nun

momento de alegría colectiva

para ambos Clubs polo partido

“perfecto” realizado por ambos

equipos.

Mención especial neste evento

merecen as nais e pais que,

no seu tempo libre, organizaron

e coordinaron, a preparación de

toda a infraestrutura necesaria

para que fora posible o desprazamento

a Gijón. Así mesmo,

felicitar ao adestrador do Club

Os Tilos Max Contreras Burgos,

polos resultados acadados

grazas ao seu bo facer.

Fontes: Club de Béisbol de Os Tilos,

Lindeiros.

Pablo Soto gaña o

Supercross de Ames

Na proba participaron 70 pilotos e

disputouse no circuíto Alex de Moure

O Motoclub Ameixenda, en

colaboración co Concello de

Ames, a Deputación da Coruña,

o corpo de Protección

Civil do Concello de Santiago

e o salón de beleza Paula

de Bertamiráns, organizou a

proba “Gran Premio Concello

de Ames-Dagan Cup Supercross

2015”, que se desenvolveu

no circuíto SX “Alex de

Moure” e na que participaron

arredor de 70 pilotos de toda

Galicia. O alcalde en funcións

de Ames, Santiago Amor, e

a concelleira en funcións de

Deportes, Ana Ruso, foron os

encargados de entregarlles os

premios aos ganadores.

Na categoría elite gañou Pablo

Soto, mentres que na segunda

posición quedou Juan Manuel

Outón. O terceiro posto foi para

Francisco Vilaboa. Na categoría

de veteranos gañou Tony Karra

Martínez. O segundo posto foi

para Samuel de Santiago. Na

terceira posición quedou Mauro

Luna. O piloto amesá e presidente

do Motoclub Ameixenda,

José Manuel Moure, quedou na

sexta posición. Na categoría de

promoción o gañador foi Aleixo

Romeiro, a segunda posición foi

para Jesús Seijo, e terceiro quedou

Serafín Lema.

Na categoría hobby o gañador

foi Cristian Tubío, o segundo

Raúl Villar e Jesús Salomón entrou

en terceira posición. Na categoría

promesas o gañador foi

José Canosa e en alevín Nicolas

Soutullo.

Esta foi a cuarta proba da

temporada que puntúa para a

Dagan Cup, que está composta

de nove probas, das cales dúas

desenvólvense en Ames.

Fontes: concello de Ames, Lindeiros

Os equipos do Club Os Tilos desprazados a Gijón. Foto: Club Os Tilos

Momento da proba de Cross disputada en Ames. Foto: concello de Ames

30

Lindeiros

Equilibrio

Xosé Marcial Díaz Manso

É enxeñeiro agrónomo e gandeiro naceu con concello

de A Bola en Ourense e vive en Ames desde fai

20 anos.Traballou no sistema de

información territorial de Galicia (SITGA) e

actualmente o fai no Instituto de Estudos do

Territorio (IET) da Consellería de

Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas

Nos sistemas agrarios a terra, o traballo e o capital constitúen as trabes sobre as que se

sustenta a actividade produtiva.

En Galicia, como noutras rexións da vertente atlántica da Unión Europea, a estrutura da

propiedade fai que o factor terra condicione o bo funcionamento do sistema agrario provocando

que persoas e recursos se estean desprazando cara outros sectores e rexións máis

equilibradas. Consecuencia deste déficit estrutural o despoboamento e a descapitalización

do medio rural estanse a converter nos principais atrancos no desenvolvemento do medio

rural galego, adquirindo o territorio un especial protagonismo que oxalá non tivera. Neste

contexto de abandono o territorio deixa de ser o espazo que contén para converterse

nun suxeito en si mesmo con necesidades propias de xestión. Os incendios forestais xeran

anualmente cuantiosas perdas en termos de recursos económicos, solo e biodiversidade. A

xestión dun territorio destas características debería pasar por adaptar o factor terra a coxuntura

socioeconómica actual. Dispoñer dunha estrutura agraria desenvolvida de acordo

ás necesidades do século XVIII no século XXI supón unha perda de eficiencia na xeración

de recursos e oportunidades. O noso futuro apunta a consolidarnos como nunha sociedade

en rede moi demandante de coñecemento onde a enerxía será producida e consumida localmente

promovendo a sustentabilidade dun sistema global que nos soportará e o que tamén

deberemos contribuír no seu mantemento. A alimentación é a fonte esencial de enerxía para

o ser humano e facela eficiente e universal segue a ser un obxectivo a acadar. Un mercado

globalizado baseado na especulación alimentaria quérese impoñer deixando tras de si un

regueiro de dor e sangue.

Neste escenario, p olíticas fiscais que incentiven o uso da terra para fins agrarios poden axudar

a equilibrar o sistema agrario galego facéndoo

máis atractivo tanto para o factor humano

como para o financeiro, contribuíndo á

produción de riqueza, á fixación da poboación

o territorio e á mellorar a cohesión social. Políticas

desta natureza tentan restablecer a harmonía

entre o cidadán e o territorio polo que

urxe unha concienciación social para promover

á súa activación e adaptación os tempos

que corren.

Que por certo, corren moito!

MERCADILLOS

Ames

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingos 19 de xullo y 2 de agosto

(80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - Xoves

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santiago de Compostela

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

OUTROS MERCADOS

Santiago de Compostela

-Martes - Lusco e Fusco en Belvís

Teo

-Sábados - Mercado labrego en Os Tilos

xullo 2015 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:35, 7:45, 8:55, 10:15, 10,35, 12:20, 14:55, 16:05,

18:20, 19:30, 21:50

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro: 981 535

940

Casa da Cultura Bertamiráns: 981 891

017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de Lestedo: 981 502

297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de Negreira: 981 885

736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local:

981 815 700 / 606 984 838

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. Sociocultural A Ramallosa: 981 805

700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720 / 112

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 035

Cacheiras: 981 807 411

Reis (Pontevea): 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502 024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

Sábados: 8:50, 10:05, 10:25, 10:55, 12:20, 14:55, 19:30,

21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:25, 12:20, 14:55, 19:25,

19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30, 14:35, 15:30,

18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00, 14:00, 16:00, 20:00,

20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30, 12:00, 18:00,

20:00, 20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 7:50, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 20:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:15,

14:00, 15:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00,

22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:40, 7:25, 8:55 14:25, 17:55, 19:55

Sábados: 8:55, 14:25, 17:55

Domingos e festivos: 10:10, 14:25, 17:55

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00, 19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

HORARIO DE AUTOBUSES, verán

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:50, 8:00, 8:25, 9:25, 10:55, 13:10, 14:55,

18:10, 19:10

*Por Cacheiras 20 minutos máis tarde.

Sábados: 8:30, 10:00, 15:00. 18:15.

Domingos e festivos: 9:00, 18:15

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 14:00, 15:15, 16:30,

17:30 ( hasta Pontevea), 19:00, 20:15

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40, 9:25, 12:40, 16:10

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 12:00, 13:00, 15:30, 18:30, 20:45

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00, 16:05,

17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00, 18:00,

19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:35, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:35, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 6:45 a 20:45 cada hora.

*Bertamiráns 7:10, 8:05 cada hora hasta 21,05.

Sábados: 7:45, 8:45 cada 2 h. ata 19:45 , 21:30

*Bertamiráns 8:05 ata 20:05 cada dúas horas e 21:45

Domingos e festivos: 08:45, 09:45 ata 19:45 cada 2 h.

e 21:30.

*Bertamiráns 9:05, 10:05 cada dúas horas ata 20:05

e 21:45

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45, ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45 , 10:45 ata 20:45 cada 2 h. e

22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45 ata 20:45 cada 2

h. e 22:30

Autocares Mosquera

Hortas (Touro) - Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 8:00 - 8:47, 14:15 - 15:02

Santiago - Forte ( Boqueixón) - Hortas (Touro)

L - V: 13:00 - 13:28, 18:00 - 18:28

Touro - Forte (Boqueixón) - Santiago

L - V: 10.00 - 10:28

Santiago - Forte (Boqueixón) - Touro

L-V: 11:30 -11:58

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma ) - Santiago

L - V: 7:15, 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 17:00, 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 8:07, 9:32, 9:33, 11:32, 15:18, 17:22, 20:22

Sábados: 9:32, 9:33, 10:53, 15:18, 17:22, 20:22, 20:23

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 21:48

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 15:00, 16:00, 18:00, 20:00

Sábados: 10:00, 14:00, 15:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00,12:00, 14:00, 16:00, 18:00,

21:00 ( fin de puente)

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14,25, 17:25, 19:25,

21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:35, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15.

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:35 (15 min. en

Sábados: 8:35, 10:50, 14:50, 17:20, 18:35, 22:55

por AP-9: 8:00, 18:00 *no Sigüeiro

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35 Por AP-9: 21:00 *no Sigüeiro

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 11:50, 12:15,

14:00, 15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 20:20, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

Aucasa

Carpio (Trazo) - Santiago

L-V: 7:52, 15:22

Santiago - Carpio (Trazo)

L- V: 14:10

Empresa Freire

Arzúa - Arca - Santiago

L - V: 7:30, 8:00, 8:10, 10:40, 12:10, 14:20, 15:00, 15:45,

18:10, 20:40. *por Arca 25 min. despois, aprox.

Sábados: 8:10, 10:40, 12:10, 15:45, 18:10

Domingos e festivos: 8:10, 12:10, 15:45, 18:10,

20:40 (Sábados non circula)

Santiago - Arca - Arzúa

L - V : 7:00, 9:00 ( 8 e 22 de cada mes), 9:15, 11:00,

12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30, 20:00

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30,

20:00 ( sábados non circula)

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32 memorias dos nosos maiores

Lindeiros

Amador R.

Troncoso

Veciño de Negreira

Amador recibiu fai pouco

unha homenaxe dos veciños de

Negreira, estaba pendente desde

hai máis de 40 anos cando o tivo

que rexeitar xa que podería ter

consecuencias negativas para

el, é unha pequena anécdota da

vida dun home moi especial.

Ós seus 93 anos conserva

unha memoria que só é superada

polo sentido común. Naceu a

cabalo entre Ourense, Pontevedra

e Portugal, na Cañiza; estudaba

nunha unitaria ata que un

día, no 1936, un inspector decidiu

que si alguén merecía unha

beca era el, iso levouno a estudar

o bacharelato a Pontevedra

e acabouno de milagre porque

en canto entrou o novo réxime

as becas deixaron de ser para os

que as merecían.

Lembra aqueles anos con

fame, con moita fame. Pero

Amador nunca foi unha persoa

corrente aínda que conte

as cousas como si o fosen; non

tiña cartos para estudar na universidade

pero si podía estudar

na casa... e así sacou a carreira

de dereito, por libre, presentándose

so os exames e provocando

na parroquia na que vivía unha

mestura de respeto e admiración

polo fillo do coraceiro, o

seu alcume.

No ano 1956 chega a Negreira

despois de aprobar unha oposición

e co encargo de montar o

que sería a primeira axencia de

extensión agraria de Galicia;

chegou preocupado porque lle

describirán a zona como un lugar

bárbaro pero descubriu un

pobo progresista e receptivo. As

novas ideas encaixaron ben e os

progresos non tardaron, mentres

no resto de Galicia os montes

se repoboaban contra a vontade

da xente en Negreira foron

os propios agricultores os que o

fixeron chegando a plantar máis

dun millón de plantas por ano.

A axencia que dirixiu colaborou

cos agricultores e gandeiros, solucionando

problemas como as

ventas de becerros, sometidas

a un monopolio, ou a venta do

leite unificando os productores

no que sería o xerolo de Feiraco.

O fixo tan ben que as queixas

dos influentes non tardaron en

provocar o seu traslado para

Betanzos sancionado por facer

escritos legais para axudar aos

labregos; a homenaxe que lle

quixeron render decidiu rexeitala,

como xa contamos, para non

incomodar ao poder máis do necesario.

A súa valía fixo que non

puideran prescindir del como a

algún lle gustaría e, despois de

algunha xefatura provincial,

acabou sendo xefe rexional

Un pode pasarse horas escoitando

a Amador, aprendendo

sobre o campo, sobre a vida, sobre

as persoas e sobre a historia

de este país, esta pequena historia

non é máis que un exemplo

dunha vida que merece un libro.

Alguén debería promover a declaración

de Amador como Ben

de Interés Cultural pero mentres

non suceda coidémolo porque

non é a nosa memoria é a nosa

conciencia.

Negreira 18 de xuño de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!