13.07.2015 Views

Descarga o número 6 - Centro Dramático Galego

Descarga o número 6 - Centro Dramático Galego

Descarga o número 6 - Centro Dramático Galego

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

TRIÁNGULODE AMORBIZARROESPÍRITO POSITIVO PARAUN NOVO DISCO TURBIOFESTIVAIS DE VERÁN * BONOVO * UN DÍA CON ANXO LORENZORADIO OCÉANO * DR. GRINGO E LINK WRAY * RUXE RUXE * PUB GATOS


Carlos VidalVoz e guitarra de Portrait1Cal foi o primeiro concertoao que fuches?Un que deron os Dire Straits noestadio de Balaídos [Vigo, o 21 deagosto de 1992].En que concerto decidichesque o teu era estar2encima do escenario e non sóna platea?Seguramente xa nese mesmodos Dire Straits.Ademais dos teus, cal foi3o mellor concerto ao queasistiches?Hai pouco, un dos Kings of Convenience,de Noruega, no TeatroGarcía Barbón de Vigo [no mesde setembro do 2009].A que concerto da historiada música che gusta-4ría ter ido e non fuches?Ao dos Beatles en Madrid [o 2 dexullo do 1965, na praza de tourosde Las Ventas].Que che gustaría facer5en directo que aínda nonfixeses?Probablemente, tocar cunha orquestra.Que actuación túa recordascon especial cariño?6Os tres concertos que demos enPortugal. Os portugueses sonmoi amables e un público moiatento.E cal foi a máis desastrosa7que tiveches?Unha vez, en Carballo, tocamosun pouco tarde, e Antón, do pubSilfo, deunos ben de beber, e pasouo que pasou.CaliaBatería de Bëlop1Cal foi o primeiro concertoao que fuches?Somos unha xeración con grandesproblemas de memoria, coatelevisión e internet, e xa noscusta recordar o que xantamoshoxe, pero debeu ser algún aprincipios dos noventa. Probablemente,un de rock bravú galegoe de todo o movemento doXabarín Club, con Silvia Superstar,que nos tiña e nos ten tolos.En que concerto decidichesque o teu era estar2encima do escenario e non sóna platea?É algo complexo, hai persoas queproban o escenario e non llesgusta, pero penso que no nosocaso foi como unha droga a sensaciónda primeira actuación.Foi de lonxe mellor que perder avirxindade.Ademais dos teus, cal foi3o mellor concerto ao queasistiches?Moitos do Festival do Norte, oualgún dos Hives ou dos ArcticMonkeys. Estase programandobastante ben ultimamente, nonsei se pola evolución da industriacara aos directos, pero o queestá claro e que están agromandomoitos festivais e que cadavez máis se aposta polos gruposnoveis.A que concerto da historiada música che gusta-4ría ter ido e non fuches?A calquera de proto punk, eses sique eran eventos!5Que che gustaría faceren directo que aínda nonfixeses?Pensamos que para facer cousasxeniais non hai que ter sempredemasiado diñeiro, é máis benalgo que ten que ver coa imaxinación.Só hai que vir a un dosnosos concertos para velo. Seríaincrible descender nun zepelínata o escenario, ter unhas lucesbrutais ou conseguir un Delorean-máquinado tempo, paraacabar o bolo marchando aoano 1600 a.C.Que actuación túa recordascon especial cariño?6A primeira vez que tocamos naIguana, en Vigo, foi incrible.Comprendemos por que lle chamano templo do rock and roll.Pero unha das actuacións máiscompletas a todos os niveis foien Santander, na sala Savoy; foiunha actuación bíblica. Taménen Arzúa este ano, ante máis demil persoas, foi algo faraónico,que aínda provoca que nos tremao pulso.E cal foi a máis desastrosa7que tiveches?Hai bastantes anécdotas e moivariadas, como quedar sen luzen medio da actuación, rompercordas, ir a un concerto sen baquetas...Pero sempre resolvemosbotándolle morro e conectandocoa xente. Se realmentea xente esta enchufada xa podeexplotar un amplificador que unsae do paso.4 ao vivo música www.musicaovivo.info


Tony LombaCantante e ‘showman’ total1Cal foi o primeiro concertoao que fuches?Daquela os grupos que facíanconcertos de xeito regular erande heavy rock principalmente:Barón Rojo, Obús, Leño... Tiñamosque ir a velos ao pavillónde Pontevedra desde Vigo, e eratoda unha travesía. Recordo undos primeiros concertos en Castrelos,en Vigo, con Mermelada.Era fantástico ver ao vivo aquiloco que antes fliparas vendo Popgramana televisión.En que concerto decidichesque o teu era estar2encima do escenario e non sóna platea?Xa me ocorría vendo as películasen sesión de tarde os sábados,cousas como as que facíaRaphael en Acapulco. Agora écool, pero antes chamábanmehortera. Aínda que xa daquelanon me importaba.Ademais dos teus, cal foi3o mellor concerto ao queasistiches?Cando estivo o grandísimoFrank Sinatra no Vicente Calderón[Madrid], no 1986. Foi grandioso.Estaba rodeado de guiris,e cando a xente cantaba as súascancións, eu facíao en wachuwachu.Fun só, e pasei unhashoras incribles.A que concerto da historiada música che gusta-4ría ter ido e non fuches?A un do Rat Pack, con Sinatra,Dean Martin e Sammy DaviesJr., en Las Vegas; ou a un de ElvisPresley en Hawai, ao festival deWoodstock... Son tantos!Que che gustaría facer5en directo que aínda nonfixeses?Non me chegaría un tomo da Laroussepara enchelo coas ideasque pasan pola miña cabeciña.Cando tocamos en Castreloscomo Unión Penosa metéusemeno coco levar unha grúa e comezaro concerto facendo puenting,antes de que tal cousa se coñecese,e caer sobre a xente. Peroera moi complicado e caro, eprohibíronmo por razóns de seguridade.Que actuación túa recordascon especial cariño?6Teño unha manchea delas, peroalá polo ano 1995, no festivalAlén da Illa de Arousa, tocandocon Los 3 Sudamaricones, despoisde Hechos Contra el Decoroe antes de Dover, foi apoteósico.Teño tanto do concerto como daxente da zona un recordo quemorrerá comigo.E cal foi a máis desastrosa7que viviches?Foi nunha discoteca bakalao.Imaxina, dúas acústicas e entanga ás catro da mañá ante ungrupo de trinta malotes... Comoo meu é improvisar, a cada piropodeles respondía cunha seriede adxectivos cara á familia dopiropeador. É o poder de quenten o micro, non necesitas serun histérico para taparlle a bocaa un imbécil. Se non sabes estar,marcha a outro lado!www.musicaovivo.infoao vivo música5


COMEZA A TEMPORADA DE GRANDES CITAS MUSICAISEN GALICIA, NUN 2010 MARCADO POLO XACOBEO E OSGRANDES NOMES GALEGOS E INTERNACIONAISO maratón de festivais comezou xa. Asaída marcouna na última fin de semanade abril o Festival do Norte, encabezadoeste ano por Los Planetas, que practicamenteestrearon en Vilagarcía o seu novodisco, Una ópera egipcia. Nada Surf, JJ, Pete& The Pirates, La Bien Querida, Emilio José,El Guincho, Los Punsetes ou Carrero Biancoconformaron o cartel dos dous días quedurou a cita. Este ano, o Festival do Norteintegrábase dentro do programa Galicia AoVivo, unha iniciativa do Xacobeo que taménapoia o 981, o Cultura Quente, o FAX,o Festival de Jazz de Lugo, o Festival dosAbrazos, o Reperkusión de Allariz, o Sinsal,o Jazz&Blues de Pontevedra, o Lolapop, oMicrofest e o Marisquiño vigués.Xa funcionando está o Sinsal, un conceptodistinto ao convencional: nin se celebranunha serie de datas concentradas,nin nun espazo único. De feito, as súasconvocatorias véñense sucedendo desdeabril, coas actuacións de artistas como LisaGermano, Philip Selway, Oneohtrix PointNever, Juana Molina ou Kukusyoku Sumireen Vigo e en Santiago. Quedan por chegaraínda Vashti Bunyab (Salón Teatro, Compostela,12 de maio), os esperados Shellacdo produtor Steve Albini, Oren Ambarchi,Omar Souleyman e Phill Niblock and KatherineLiberovskaya, entre maio e setembro.O Sinsal caracterízase pola súa apostapor artistas contemporáneos e moitas vecesnon tan fáciles de atopar nas citas deverán habituais.Dentro do ámbito electrónico, o 2010verá unha circunstancia inédita no panoramafestivaleiro español: o prestixioso FestivalInternacional de Música Avanzada eArte Multimedia Sónar celebrarase por primeiravez en dúas cidades, en Barcelona,a súa localización habitual, e na Coruña,6 ao vivo música www.musicaovivo.info


O guitarrista escocés Mark Knopfler, antigo lider dosaclamados Dire Straits, actuará o día 28 de xullo enSantiago de CompostelaElvis Costello, ‘enfant terrible’ da nova onda de finaisdos 70 e músico en constante evolución, visitará acapital de galicia o día 27 de xulloOurense recibirá o 24 de xuño a visita do estadounidenseChris Isaak, que vén presentando a súa últimaedición, o disco ‘Mr. Lucky’Foto: Janitewww.musicaovivo.infoao vivo música7


onde chegará da man do Xacobeo entre o 17e o 19 de xuño e co nome de Sónar Galicia.O programa da parte galega é un reflexo doespírito que fixo grande á cita catalá, coasúa mestura de grandes nomes e músicosexperimentais, atendendo tamén á creaciónmáis próxima. Ademais de cabezasde cartel aclamados como LCD Soundsystem,Hot Chip ou Air, ben coñecidos dentroda esfera alternativa, está confirmadaa presenza de creadores como o dj británicoSasha, produtor e remesturador deMadonna, Chemical Brothers ou DepecheMode; o catalán Cauto; a galega Eme DJ; ouCaradeniño DJ. Tamén estarán na Coruñao proxecto anbb (Alva Noto+Blixa Bargeld),Fake Robotique ou a Orquestra de MúsicaEspontánea de Galicia (O.M.E.G.A.).Outro dos festivais centrados na músicaelectrónica que apoiará o Xacobeo estatemporada é o 981, unha das últimas citasdo ano, a celebrar no Playa Club da Coruñao 16 de outubro. Os seus responsablesestán traballando na conformación do cartel,que contará con máis dunha ducia deartistas en catro escenarios.LCD Soundsystem, anbb, Hot Chip,O.M.E.G.A. e o dj Sasha están entreas atraccións da rama galega dofestival Sónar, que se levará a cabona Coruña entre os días 17 e 19 domes de xuñoRock e folkNa mesma fin de semana do Sónar, osamantes do rock teñen que marcar no calendarioo Festival Alternativo da Xuventude(FAX), establecido xa en Ourense, unhacidade na que fará tres anos despois dosseus comezos en Xinzo. Con Barricada eMuchachito Bombo Infierno á cabeza doprograma, as datas están fixadas para o 18e o 19 de xuño. Mentres, no Poio Pop actuaráno 10 de xuño grandes nomes do indie8 ao vivo música www.musicaovivo.info


Algunhas datas destacadas• Do 17 ao 19 de xuño:Sónar Galicia, A Coruña.• 18 e 19 de xuño:Festival Alternativo da Xuventude, Ourense.• Do 8 ao 11 de xullo:Festival de Ortigueira.• 16 e 17 de xullo:Festival Cultura Quente, Caldas de Reis.• Do 21 ao 25 de xullo:Festival de Jazz&Blues, Pontevedra.• Todo o mes de agosto:Festival dos Abrazos, Santiago de Compostela.• Do 6 ao 8 de agosto:Marisquiño, Vigo.• Do 17 ao 19 de setembro:Reperkusión, Allariz.español como Lori Meyers, Delorean ou LaHabitación Roja.Entre o 8 e o 11 de xuño vai celebrarseo que cada ano é un dos momentos fundamentaisda vida musical galega: o Festivalde Ortigueira. De momento, a organizaciónconfirmou a presenza do histórico grupoescocés Shooglenifty e dos bretóns Kreposuk.Aínda en elaboración está o cartel daduodécima edición do Cultura Quente, quechegará á carballeira de Caldas de Reis osdías 16 e 17 de xullo.Unha semana despois celebrarase enPontevedra o Jazz&Blues, outra referenciapara os amantes deste tipo de músicas.Centrada nestas dúas músicas de raíz americana,leva organizándose desde o ano1993, e, nesta ocasión, ocupará rúas e prazasda cidade do Lérez entre o 21 e o 25 dexullo. Co mesmo gusto polo jazz, xa contrao final de ano, Lugo acollerá o seu históricoFestival de Jazz. A cita, que tamén ten aíndapor pechar o cartel e as datas (semprese celebra arredor do mes de novembro),fai vinte anos con mellor saúde que nunca.Complétase o mes con citas como oNordestazo de Malpica (día 17) hardcoretaResurrection Fest de Viveiro (29 ao 31, conLagwagon como cabezas de cartel)Agosto será, coma sempre, a épocafesteira por excelencia. No que toca á música,varias son as alternativas a barallar.O Festival dos Abrazos, por exemplo, xuntanunha soa programación as múltiplesactividades artísticas que se organizan enSantiago de Compostela durante o mes,este ano en plena temporada alta no quese refire á recepción de peregrinos. Entreos días 6 e 8, Vigo acollerá unha propostanovidosa, o Marisquiño, que combinamúsica, arte e deporte urbano no mesmoespazo: skate e break dance, ciclismo, hiphop e graffitti. Tamén é agosto a época naque se leva a cabo o íntimo festival Lolapop,en Ponte Caldelas, que habitualmenteelabora carteis marcados polo indie pop,e que se celebra a finais de mes. Ademais,neste mes celébranse ducias de festas econgregacións variadas, como o FestivalIndependente de Vilalba (día 21, con Loveof Lesbian ou Estereotypo).Xa para setembro (os días 17, 18 e 19)queda a gran verbena circense que é o Reperkusión,en Allariz. Na páxina web dofestival poden anotarse aínda os grupos eartistas interesados en participar, xa queo cartel está en plena elaboración. E novembroserá o momento para outra convocatoriaclásica, o Microfest, que xunta enSantiago de Compostela, contra mediadosde mes, a varias figuras do hip hop.Grandes nomesA celebración do Ano Santo concentraráactuacións de grandes nomes galegos einternacionais durante os meses de xuño,xullo e agosto. Por exemplo, o estadounidenseChris Isaak, herdeiro de Roy Orbison,presentará disco en Ourense o 24. Xaen xullo, Luz Casal volverá a Compostela(día 22) coas súas cancións máis populares,e o matrimonio formado por Elvis Costelle Diana Krall estrearán traballos taménna capital (27). Mark Knopfler será un dospratos fortes da temporada co seu concertosantiagués (28).www.musicaovivo.infoao vivo música9


Colgados de arriba a abaixo, Pulpiño Viascón,Roberto Grandal e Óscar Fernández, os bOnOvOFoto: Gabriel Tizón


DETRÁS DA CANCIÓNO RONCÓN CÓSMICOO zanfonista Óscar Fernández emprega efectos e procesadores dixitais para arrincar duninstrumento de deseño medieval sons da era espacialUn corpo que parece un animalencollido sobre si mesmo,unha manivela que faisoar dezasete cordas, un sonhipnótico... A zanfona xa épor si un aparello fascinante para os leigosna materia. Nas mans de Óscar Fernández,integrante de grupos como bOnOvO ouDúo Fernández e Quintá, é capaz de producirmúsica da era espacial: filtrado a travésde pedais de efectos e de procesadores dixitais,este aparello de ascendencia medievalcrea, en palabras do seu manipulador,“liñas e melodías rítmicas con ambientesevocadores, delirantes, terroríficos...”.“Eu creo que coa zanfona quixen probartodo o que non puiden de rapaz e todo oque vía daquela nos catálogos e nos escaparates,todos eses aparatiños tan bonitos”,di Óscar Fernández. Hai sete anos, despoisde pasar por varios instrumentos (“moitosdeles nin eran meus”, desvela), caeu nassúas mans unha zanfona cun sistema deamplificación por canais separados. Aí foicando empezou a fedellar cos efectos, edespois, con bOnOvO, a poñelos sobre astáboas e en gravacións entre o tradicionale o psicodélico.“O delay [un efecto que repite como eneco o que se vai tocando] é un dos meuspreferidos”, explica Fernández, “gústameescoitar unha melodía ligada perseguidano tempo por ela mesma. Tamén empregosimulacións de distorsións e, por suposto,filtros variados. Tamén teño un par de modelosde looper [que gravan un fragmentode música e o repiten en bucle]. Son moidivertidos á hora de improvisar”.Un aparello caro e difícilXa non é fácil facerse cunha zanfona (é uninstrumento caro, difícil de construír e deconseguir), para canto máis cunha comoa que usa Óscar Fernández, “deseñada nosanos oitenta nunha feliz colaboración entreo artesán Denis Siorat e o zanfonistaValentín Clastrier. Está pensada para seramplificada illando o mellor posible asdiferentes fontes de son que saen dela, asmelodías, os bordóns, as cordas rítmicas,as cordas de resonancia, a propia caixa, epara tratar e manipular por separado cadaun deses elementos. Sen enchufar ten unson bastante pobre”, advirte. O seu traballo,conta, foi adaptar o instrumento paraque os efectos consigan o que se buscadeles: “Tiven que ver de mesturar e dirixiresas fontes de son que ten a zanfona, e deecualizar con xeito e con efectividade osefectos, porque en directo non pode habermoitas dúbidas. Xa cheguei a moitasconclusións, pero aínda me quedan outrastantas, con dezasete cordas hai moitascombinacións posibles”, di.Hai en Europa varios conxuntos coa súamesma querenza polo antigo filtrado polamodernidade, conta: “O suecos Hedningarna,nos setenta os franceses Malicorne...Agora e coa zanfona hai uns cantosfranceses que experimentan sen prexuízoscon todo tipo de técnicas: Gilles Chabenatfoi un dos que máis me influíu, e taménStephane Durand, de Cosmic Drone. Conese nome xa se pode imaxinar de que vai acousa, Roncón Cósmico!”.Óscar Fernández valora tamén moito oque el chama “a opción acústica. É unhadelicia tocar para unha audiencia sen quenada máis que o aire te separe dela, sempreque haxa silencio. Para iso está a miñazanfona número 2, a acústica, sen efectosdixitais nin electricidade. Como se unhazanfona non tivese abondo trucos gardadosdentro!”.www.musicaovivo.infoao vivo música 11


UN DíA CON:ANXOLORENZOFotografías: JaniteO gaiteiro moañés Anxo Lorenzo presentoua finais do pasado mes de marzoo seu novo disco, Tirán, sobre o escenariodo Salón Teatro compostelán. Era esta asegunda das citas do ciclo ST Música Presente,que a Axencia Galega das IndustriasCulturais (Agadic) presenta como plataformapara dar visibilidade a traballos discográficossingulares no panorama galego.Tirán é o último traballo en solitario deLorenzo, un vampiro musical que non dubidaen botar man do pop, do rock, da músicaelectrónica ou do jazz para darlle untoque especial ás súas composicións. Despoisde percorrer teatros e festivais de todoo mundo colaborando con outros artistas,o seu proxecto en solitario consolídase conestes once cortes.Foto de familia: abanda no camerino12 ao vivo música www.musicaovivo.info


Dous paxaros dun tiro:o concerto serviu paragravar un videoclipAs gaitas,materia primada música deLorenzoProba de son paradeixalo todo listoDe camiño aorestaurante pararepoñer forzasCordas, percusión,fol inchado... o grupoao vivo!www.musicaovivo.infoao vivo música 13


MÚSICOS DE DISTINTAS XERACIÓNS HOMENAXEARON CUNCONCERTO TRIBUTO AO SEMINAL GRUPO CORUÑÉS, QUE SEREUNIU PARA A OCASIÓN DESPOIS DE MÁIS DE VINTE ANOSan punks que debutaronante oito mil persoascon só oito horas deensaio; tan chulos queforon capaces de deixaralgunhas das súas mellorescancións fóra doclásico Nin falta que fai(RNE, 1986) para incluílasnun segundo discoque nunca se editou; tandesafiantes que foron quen de renunciar arepresentar a España en Eurovisión no 1986e a un contrato coa CBS porque o que queríanera facer música, e non ser famosos.Eles eran Radio Océano; a cidade, A Coruñae os anos, os oitenta. Máis de dous deceniosdespois, músicos e representantes dacultura galega reuníronse en Santiago pararenderlles tributo, e eles, como non, estabanpresentes.Xosé Manuel Pereiro, xornalista deacreditado prestixio e decano do colexioprofesional do ramo, era daquela JohnnyRotring, cantante da banda. “Nunca fomosuns punks de libro, tipo Exploited”, recalca.Os Radio Océano, polos que ademais pasaronSantiago Romero (tamén xornalista),Pablo Iglesias (que segue traballando enBazán), Pablo Bicho (aínda músico), DaniPunta (hoxe vendedor de vinilos) ou SitoEvangelista bebían de fontes moi próximasao after-punk e á onda sinistra da época noReino Unido: “Escoitabamos a PsychedelicFurs e Virgin Prunes, pero tamén o powerpop dos Romantics ou o rockabilly dosStray Cats. Claro que eu era o cantante, eunicamente dicía isto apesta ou isto pres-ta, sen meterme demasiado en como tocabanos músicos”.Formados oficialmente no 1981, as gravaciónsdos seus directos devolven a imaxedun conxunto contundente e provocador.“Era froito da época, e tamén de que osmúsicos andaban afinando seguido e eutiña que encher os ocos dalgunha maneira”,di Pereiro medio en broma. Daquela,conta, Radio Océano tocaban “bastante,nas poucas salas que había e tamén parainstitucións e concellos, desde garitos aprazas de vilas. Non era raro ter mil oudúas mil persoas de público. Como a canciónligera non se institucionalizara comoalternativa xuvenil e popular, os programadoresculturais querían ter un concertocomo actividade paralela a unha mostraou a un curso”.14 ao vivo música www.musicaovivo.info


Entrevista para a tele enambiente ochenteiroTocando nun festivalpara Radio 3Desafiantes e preparadospara subir ao escenarioNEGÁRONSE A IR AEUROVISIÓN NO 1986,E ESTRAGARON UNCONTRATO COA CBSPORQUE O SEU NONERA TRIUNFARO concerto do 22 de abrilpasado, na sala Nasa compostelá,xuntou músicos e creadorescomo Antón Díaz e Fran Amil,dos Papaqueixos, Julián Hernández,de Siniestro Total, ou Uxía.Para rematar, os Radio Océanoorixinais (Pereiro, Romero, Iglesiase Punta) subiron ao escenario,máis de vinte anos despoisda súa separación.A base desta homenaxe foio Nin falta que fai, do que apartarongrandes temas como‘Hombre pálido’ ou ‘Narcisismo’–con letra de Lois Pereiro-,reservándoos para un segundodisco que nunca houbo. ExplicaRotring que o álbum se gravou“en Radio Nacional, en Prado delRey, cun técnico moi hábil peroespecializado en música clásica,sen ningún tipo de produtor ouenxeñeiro de son, e co horariopouco rockeiro de oito da mañáa tres da tarde. Os catro ou cincodías que durou o asunto chegabamosás doce, porque daquelaa noite, e máis en Madrid, eramoito máis interesante que odía, sobre todo porque a metadedo grupo nunca estivera alá.O primeiro día romperon as baquetas,e como eu era o únicoque coñecía a cidade, fun porelas. Cando volvín, os outros xatiñan gravadas as bases todas,a un ritmo para min algo lento.Sigo insistindo que o resultadoé algo brando. Había maquetas,gravadas polos técnicos de RadioNacional, pero na Coruña, moitomáis fieis ao que eramos”.Coa perspectiva que dá otempo, comenta Pereiro, “semprese ven os erros que se cometen,como darlle plantón a unrepresentante a nivel estatal, oudicir en plenas oficinas da CBSque nós non queriamos triunfar,senón facer a nosa música. Peroa maioría deles, de non cometelos,teríannos levado á profesionalización,un tanto arrastrados,e na miña profesión pensabaque tiña máis control do que podíafacer”.www.musicaovivo.infoao vivo música 15


TRIÁNGULO DE AMOR BIZARROANO SANTO,contador a ceroFotografías: JanitePara os Triángulo de AmorBizarro, Año Santo (MushroomPillow, 2010) éalgo máis que o seu segundotraballo longo,despois dun fantásticodebut no 2007. É unhaespecie de contador acero tras duros meses de xira e promoción,que os levaron a notar síntomas de esgotamentocreativo e persoal. Instalada agoranunha formación de cuarteto, a bandade Boiro, estandarte do indie galego máisruidoso e visceral, séntese máis libre quenunca, ou iso conta o seu cantante, RodrigoCaamaño.Que vos levou a transformarvos en cuartetopara este traballo?Realmente tanto o primeiro disco comoas maquetas estaban pensados e gravadoscunha formación de catro. O de estar tresdurante a xira foi máis ben circunstancial,así que volver a sermos catro era o máisnatural para nós, o que pasa que ata agoranon atopáramos as persoas adecuadas.Como son as sensacións agora, xa coanova formación?Fáltanos unha pouca de rodaxe agoraao comezo da xira, pero os directos sonmoito máis contundentes, e teñen máismatices. Podemos facer cousas que anteseran imposibles. Co disco novo temos máisrepertorio, e é algo que notamos moito. Oprimeiro álbum dura apenas media hora, eeste un pouco menos, pero entre os douscreo que temos bastantes cancións quefuncionan moi ben en directo. Agora podemosprobar moitas cousas, facer concertosmáis variados, tocar cancións que nos resultabaduro facer ben sendo tres.Será moi difícil superar as críticas e a repercusióndo voso primeiro traballo. Padecestesiso que se chama o ‘síndrome dosegundo disco’?Máis que síndrome, o que sufrimos foiesgotamento por estarmos tanto tempoxuntos e coas mesmas cancións. Aínda queo primeiro disco é do 2007, xa levabamos16 ao vivo música www.musicaovivo.info


astante tempo con elas. A xira foi moi longa,e cando nos puxemos co segundo discoas relacións entre nós non eran as quedebían ser para gozar facendo o que nosgusta, que é estar nun grupo, facer concertos,e cancións, e todo iso. Os ensaios nonresultaban nin divertidos nin agradables, etemos moi claro que por riba de ter máisou menos éxito o importante é estar contentoco que fas. É unha cuestión de calidadede vida! Así que decidimos dalgunhaforma separarnos e empezar de novo, xaque a relación entre nós estaba esgotada.Era imposible que nos saíra algo decentenesas circunstancias, e o último que se mepasa pola cabeza é facer un disco sen estarao cen por cen convencido do seu contido,gravalo para saír do paso e xirar. Despoisdo verán, cando entraron Óscar [Vilariño,guitarra] e Rafa [Mallo, que substitúe nabatería a Julián Ulpiano], recuperamos asganas, puxémonos ao tema e nuns cantosmeses de ensaios, disco listo!E que esperades de Año Santo?Con telo acabado e que nos guste moitoo resultado xa é suficiente! É un pasoadiante respecto ao primeiro, parécesemáis á idea orixinal de Triángulo de AmorBizarro, algo que ata agora non fomos capacesde plasmar tan ben.É un álbum máis bailable?Non necesariamente. O single de adianto,‘De la monarquía a la criptocracia’,pode dar unha sensación equivocada. Averdade é que ningunha canción de AñoSanto se pode tomar como exemplo de sonpara o conxunto. Hai que escoitalo enteiro,“CANDO NOS PUXEMOS COSEGUNDO DISCO AS RELACIÓNSENTRE NÓS NON ERAN AS QUEDEBÍAN SER [...], ASÍ QUE DECI-DIMOS DALGUNHA FORMA SEPA-RARNOS E EMPEZAR DE NOVO”de golpe, está pensado así. É moi curto xustamentepara iso. Queremos que a xente oescoite sen interrupcións. De todas formas,eu creo que a maioría das cancións podenfuncionar ben soas, pero ningunha en concretodá unha imaxe o bastante completado conxunto.Unha das vosas características son esasletras cheas de humor negro e de xogosde palabras retorcidos.Supoño que é cousa da ría! A xente dasRías Baixas somos moi así, non?De onde saen eses textos?Eu intento falar do que coñezo, e da formaque sei. Intento que non resulten afectados,nin caer no academicismo baratoe desde logo tampouco no populismo demoitas letras de grupos de pop españois.Polo demais, deixo que vaian xurdindo,sobre todo os temas. Forzarme a escribirnon me vale de nada, sobre todo se nonsei de que falar. Voulle dando voltas a ideasao longo de días e de semanas mentresfago outras cousas, ata que saen. Despois,sento, e nun cuarto de hora como máximofago a letra sen correccións. Logo nosensaios vou corrixindo sobre a marcha, oumesmo no estudio gravando.Os títulos das cancións do novo disco prometennese sentido.Cos títulos buscamos un contrapuntoao tema da canción, completala. Xogandoun pouco coa relación entre a letra eo título ás veces atopas significados quenon pensaras nun principio. Algúns títulosillados poden carecer de significado, e a algunhasletras sen o título pode pasarlles omesmo. Para nós o título é tan importantecomo calquera outra parte da canción.Tedes un blog, trianguloamorbizarro.blogspot.com, no que os textos tamén sonretorcidos e graciosísimos.www.musicaovivo.infoao vivo música 17


TAB: ANO SANTO, CONTADOR A CEROmáis, como ter un disco recente ou unhadeterminada promoción.Como vedes o estado da escena galega nosúltimos tempos?Agora hai unha cantidade de gruposcomo non houbo nunca, e de todos os estilos.Cando empezamos, non había casenada que me gustase. Agora podo dicir así,sen pensar, media ducia de grupos novos,“NINGUNHA CANCIÓN DE ‘AÑOSANTO’ SE PODE TOMAR COMOEXEMPLO DE SON PARA O CONXUN-TO. HAI QUE ESCOITALO ENTEIRO,DE GOLPE, ESTÁ PENSADO ASÍ”“DESPOIS DO VERÁN, CANDO EN-TRARON ÓSCAR E RAFA, RECUPE-RAMOS AS GANAS, PUXÉMONOSAO TEMA E NUNS CANTOS MESESDE ENSAIOS, DISCO LISTO!”Quixemos facer algo que se saíse unpouco do típico blog de promoción. Saíude forma bastante espontánea, e colaboranel xente próxima ao grupo. En breve abriremosoutro paralelo para tratar exclusivamentetemas do disco e poder facer do quexa existe algo aínda máis libre, que teña relaciónco grupo, pero que este non sexa oeixe central da páxina. Temos moitas ideas,pero ao final sempre nos falta tempo!Estivestes hai uns meses tocando en México.Como foi a cousa?Pois moi ben. Mesmo diría que resultouincrible! Non pensabamos que fósemostan coñecidos alí cando baixamos do avión.Ademais o público mexicano vive moito osconcertos, se lles gustas demóstrancho, ese non tamén. Temos pensado volver conovo disco.Contan os grupos que este verán vai serduro porque hai menos festivais, menoscartos e, polo tanto, menos actuacións.Que tal o vedes vós? Nótase a crise neseaspecto?Desde hai un par de anos xa se vén notando,paréceme a min. Máis que no público,creo que se cortou bastante a billaá hora de dar axudas a moitos festivaisreducidos en pobos e cidades pequenas.Moitos dependían dun apoio dos concellosque agora non atopan. Non sei se a nósnos toca, creo que hai cousas que afectancomo por exemplo Franc3s, TelephoneRouges, Anenome, SrasrSra, Carrero Bianco,Diadermin, CudeVaso... Pero hai moitosmáis, e hai cinco anos había contestarque non me gustaba case ningún.Que credes que falta, que cambiariades?Falta apoio dos concellos para que assalas de concertos teñan a vida un poucomáis fácil. Fales con quen fales, todo omundo conta que os concellos sempreestán facendo presión con normativas eameazas de peche. Por un lado, demonizano botellón, ou como queiran chamaloagora, pero por outro pechan todas as alternativas.Por exemplo, que en Compostelanon haxa unha sala de pequeno aforocon bo son, que programe regularmentegrupos tanto de aquí como de fóra, candoé a cidade con maior poboación moza,paréceme incrible. Así é imposible que axente se habitúe a ir a concertos, que é oque realmente fai falla para que haxa unhaescena en condicións. Outra cousa, aínda“SUPOÑO QUE O HUMOR NEGRODAS LETRAS É COUSA DA RÍA. AXENTE DAS RÍAS BAIXAS SOMOSMOI ASÍ, NON?”que isto xa é imposible, é o do horario dospartidos de fútbol. É algo co que non sepode competir de ningún xeito. O partidode liga dos sábados en prime time fai máisdano que calquera outra cousa. Hai anosretransmitíanos ás oito e media da tarde,e era bo para todo o mundo, menos para atelevisión que emite o partido. Agora, coneste horario, so é bo para a televisión. Nonson anti fútbol, nin nada parecido, perocreo que hai formas de que convivan todotipo de cousas sen que se pisen.18 ao vivo música www.musicaovivo.info


TESOUROS SOTERRADOSLINK WRAYLive in ‘85 (Big Beat – Ace, 1985)Por Martín Esturao, guitarrista e cantante de Dr. GringoXa van case cinco anos da morte en Copenhagendo guitarrista ao que se considerainventor do power chord da guitarraeléctrica moderna. Podería nestas liñasredactar unha lista interminable de temas,bandas e anécdotas relacionadas con LinkWray que de seu xa constituirían un boartigo, pero o que quero é falar dun discoen concreto, o Live in ’85, que teño entreos meus favoritos e que penso que retratarealmente a este mestre.Hai máis de dous decenios estaba eu nacasa dun amigo en Vigo, de resaca, ou acabadosde chegar de marcha pola mañá, ouxa non me acordo de que. El meteu unhacinta no aparato VHS e saíu na pantalla orocker máis salvaxe que eu vira na miñavida. Non era un deses guapiños de caraimberbe ou esqueléticos que se levabandaquela, era un tipo duro, cunhas gafasdoutra época, coa súa cazadora de coiro e,sobre todo, cun son e unha actitude que tedeixaban sen fala. Eu coñecía a Link Wraycomo guitarrista; sabía dos temas que ofixeran famoso, das gravacións antigas,pero nunca tivera oportunidade de velo tocare cantar. Os artigos de prensa que lerasempre trataban do mesmo Link Wray, oinnovador e creador de himnos que todostemos na cabeza (‘Rumble’, ‘Raw-Hide’,‘Jack the Ripper’, etcétera), e da súa graninfluencia para todo tipo de guitarristasposteriores.Eu quedo co Link deste 12 polgadas,cantante e guitarrista, todo nun. Anos despoissouben que lle faltaba un pulmón, eque o médico lle recomendara non cantar.Menos mal que non lle fixo caso! A min influíronmeoutros guitarristas e outros cantantes,pero no momento en que escoiteia Link Wray co seu trío neste directo tivenclaro o que quería ser de maior.Foto: JaniteMartín Esturao é guitarrista e cantante de Dr. Gringo,un grupo compostelán que reproduce o rock americanodos dourados anos 50.www.musicaovivo.infoao vivo música 19

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!