11.07.2015 Views

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

SUMARIO 3AFRIGAP R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I ACONVOCATORIASSpace de Rennes ..............................................6Nacional de CONAFE. ..........................................8Concurso de Chantada . .......................................10Concurso da Estrada ..........................................12Feira de Cremona ............................................16Poxas de Castro e Mazaricos . ................................. 18ADMINISTRACIÓNNova orde de calidade do leite .................................20EXPLOTACIÓNSAT Os Arroxos (Castro de Rei . .................................26PANORAMA INTERNACIONALGAEC Robert-Mallet (Bretaña . .................................32PRODUCIÓNManexo do preparto e o postparto . .............................36MERCADOA competencia no leite envasado . ..............................50ASOCIACIÓN25 anos de historia de AFRIGA. .................................56CONSUMOO leite, factor de protección contra enfermidades crónicas . .........68Edita: AFRIGA, Asociación Frisona Galega. Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Juan Francisco Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva.SECRETARIA, Josefina Iglesia Andión. TESOUREIRO, Manuel Berdomás Tejo. VOCAIS, José Ramón Pazos Fondevila, José Rodríguez Berbetoros e José Mercador Fontenla.Produce: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa. DIRECTOR, Manuel Darriba. DIRECTOR COMERCIAL, José Manuel Gegúndez. DESEÑO GRÁFICO/MAQUETACIÓN, Marcos Sánchez.Enderezo: Ronda das Fontiñas, 272, Entreplanta A. 27002 LUGO. Teléfonos: 982 221 278, 636 952 893, 610 215 366. Email: transmedia@ctransmedia.com.Web: www.ctransmedia.comAdministración: AGER Servicios Empresariais SL. Praza da Mercé de Conxo 1, 1º B. 15706 Compostela. Teléfono: 981 534 350. Email: ager@ager.com.es. Web: www.ager.com.esImprime: Gráficas Rigel SA. Tirada: 9.000 exemplaresDepósito Legal: C-1.292/94 - Afriga non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinados.AFRIGA ANO XV - Nº 83


6CONVOCATORIASRing dos concursos de gandoXXIII SPACE. RENNES (BRETAÑA), 15-18 DE SETEMBROA FEIRA DE RENNES LOGROUREUNIR MÁIS DE 1.500 EXPOSITORESA PESAR DA CRISEA XXIII edición do Space, a feira de gandería máis importante de Europa, reuniu nacidade francesa de Rennes 1.545 expositores a mediados de setembro. Todo un éxitoconsiderando que, como recoñeceu a organización, “o Space xamais coñecera dendea súa creación un contexto igual de crise”. A protesta polas caídas de prezos do leiteprotagonizou o inicio da feira, coa comitiva inaugural do ministro de Agriculturaretida polos gandeiros.A capital da rexión francesa da Bretaña, e en concretoo seu parque de exposicións, monopolizaron a atencióndo mundo gandeiro entre o 15 e o 18 de setembro. Moiboas cifras a pesar da crise, que afecta a case todas as produciónsgandeiras: 1.211 expositores directos e representaciónsde 62 empresas e 272 marcas comerciais. En total,1.545 puntos de exposición.A superficie feiral foi este ano de 60.000 metros cadradosnetos, sobre os 100.000 de superficie bruta do Parc-Expo de Rennes. A terceira parte do espazo acaparáronaos máis de 450 expositores internacionais. A presenzaforánea volver ser moi notable a pesar da merma de visitantesdo mundo árabe, por coincidir este ano a feira coinicio do Ramadán. A organización calculou 9.000 visitantesinternacionais.A crise gandeira, e en concreto a do vacún de leite, planeousobre todo o certame. A inauguración oficial, a cargodo ministro de Agricultura de Francia, Bruno Le Maire,transcorreu con gran tensión pola concentración de produtoresde leite que protestaban pola caída de prezos en orixe.Os manifestantes chegaron a bloquear a saída da comitivaministerial.A crise estivo tamén presente no programa de mesasredondas e coloquios, con temas coma o reequilibrio dasrelacións de produtores e distribuidores, os custos de producióne prezos do leite no mundo e as solucións para optimizara compra de alimentos nas explotacións leiteiras.Outros asuntos tratados foron o impacto da xenómica naselección de razas leiteiras, os tratamentos de secado e asenerxías renovables nas granxas.AFRIGA ANO XV - Nº 83


CONVOCATORIAS 7“O GANDO EN FORMA”O Space dedicou este ano 5 espazos á Plataforma de Investigacióne Desenvolvemento, desenvolvida baixo o lemaO gando en forma. Ao longo de varios días, esta parte dafeira acolleu testemuños de gandeiros e expertos sobre aLingua Azul e outras enfermidades emerxentes.Os espazos de O gando en forma dedicáronse ás boasprácticas gandeiras (alimentación, hixiene, bioseguridade...);os equipamentos saudables e o gandeiro como enfermeiro(con demostracións en directo de diagnósticos etratamentos). Os visitantes recibiron un folleto con transcriciónsdos testemuños recollidos nesta plataforma.Nos stands do Spacefanse numerososcontactos comerciaisEntrada da feiraSALÓN DA XENÉTICAA parte do Space destinada ao gando contou nesta edicióncon máis de 800 animais. Os concursos de bovino levaron ápista máis de 500 reses de alta calidade xenética. Ademais,estiveron en exposición 170 cabezas de ovino e caprino.Na feira puideron verse descendentes dos mellores sementaisde frisona e normanda. Celebráronse ademaissubastas de frisona, normanda e Simmental. O nivel dosanimais reflectiuse nos prezos: na poxa de frisona, o exemplarmáis caro saíu a 15.000 euros. Por primeira vez, asreses á venda foron seleccionadas empregando índices xenómicos.En canto aos concursos, o mércores 16 celebrouse o nacionalda raza Simmental, e entre o mércores e xoves, oconcurso atlántico de frisona. O venres houbo un festivalnon competitivo de razas de carne, con exemplares de charolesa,limusín e rubia de Aquitania. Ese mesmo día tivolugar un desfile de todas as razas do Salón.Os pavillóns do gando estiveron atendidos por máis de300 persoas, das cales 80 eran coidadores aportados directamentepola organización. Os animais dispuxeron degrandes cantidades de palla, silo de millo, feo, soia e forraxes.Durante o certame, as 420 vacas leiteiras presentesproduciron máis de 45.000 litros.Os gandeiros manifestáronse pola caída de prezos do leiteINNOVACIÓNO Innov’Space, a sección da feira que acolle os últimosavances para a práctica da gandería, seleccionou este ano57 produtos dun total de 126 candidaturas. As innovaciónsamosadas referíanse a aspectos coma a nutrición animal,confort e hixiene, equipamentos gandeiros e sistemas deaforro enerxéticoNas últimas edicións do Space vénse observando ungrande interese polas agroenerxías (biogás, madeira, solar),das que se puideron ver mostras representativas en diversospavillóns.En cifras globais, os sectores de actividade máis representadosno Space <strong>2009</strong> foron a nutrición, sanidade e hixiene(170 expositores), informática e servizos (127), bovino(126), avicultura (101), instalacións (83), manutención etransporte (76), equipamentos gandeiros (68), enerxía (63),porcino (56) e medio ambiente e xestión de xurros (38)En relación á edición anterior, a do 2008, o 90% dos expositoresdeclaráronse satisfeitos da calidade dos seus contactos,e o 70% afirmaron ademais que cumpriran os seusobxectivos comerciais.AFRIGA ANO XV - Nº 83


8CONVOCATORIASCANTABRIAIMPÚXOSE NOTRIXÉSIMO CERTAMENACIONAL DE FRISÓNXXX CONCURSO NACIONAL DE CONAFE. XIXÓN, 25-27 SETEMBROArsuaga Aine Leduc, gran campeona (arriba)Cid Goldwyn Aleluya V, vaca nova campiona (esquerda)A trixésima edición do concurso nacional deCONAFE reuniu 139 reses de 53 ganderías norecinto feiral Luis Adaro de Xixón, do 25 ao27 de setembro. Participaron ganderías deCastela e León, Galicia, Cataluña, Navarra,Asturias o País Vasco e Cantabria, rexión queacaparou o mellor do palmarés.PALMARÉSGANDERÍAVACA ADULTA CAMPIONA E GRAN CAMPIONAArsuaga Aine Leduc ................................ Granja Jado (Cantabria)VACA ADULTA SUBCAMPIONAIlermik 392 Aerocerf 717 ................................ La Flor (Cantabria)VACA INTERMEDIA CAMPIONA E GRAN CAMPIONA RESERVAPlanillo September Sara.................................. Planillo (Navarra)VACA INTERMEDIA SUBCAMPIONASarabia Samia Duplex ..................................Sarabia (Cantabria)VACA NOVA CAMPIONACid Goldwyn Aleluya V .........................................Cid (Lugo)VACA NOVA SUBCAMPIONAMarquet Carolina Stormatic.............................Cal Marquet (Lleida)XATA CAMPIONA E XOVENCA GRAN CAMPIONABenera Pereda Lor Lou ..................................Benera (Cantabria)XATA SUBCAMPIONAComas Novas Dafne Dibbs Roy............ Comas Novas (Barcelona)/ Cal MarquetXOVENCA CAMPIONABenera Lore Allen ................................................BeneraXOVENCA SUBCAMPIONAPlanillo Goldwyn Sarica .......................................... PlanilloMELLOR AUTONOMÍA ............................... Cantabria2ª MELLOR AUTONOMÍA ...............................NavarraMELLOR RABAÑO E MELLOR CRIADOR . . .Gandería Sarabia (Cantabria), 64 puntos2º MELLOR RABAÑO ............SAT Lengusuek nº356 (Navarra), 48 puntos2º MELLOR CRIADOR. . . La Argomota Ganadería Diplomada (Asturias), 53 puntosTrala paréntese do 2008 _ano no que nonhoubo Nacional de frisona polas medidas deprevención fronte á Lingua Azul_, a convocatoriado <strong>2009</strong> volveu funcionar como punto deencontro para os criadores e todos os involucradosna promoción da raza.Nesta edición o certame tivo un marcadoacento cántabro, pola cantidade e calidade depremios colleitados por animais desta rexión.Entre eles, o de vaca gran campiona <strong>2009</strong>, quefoi parar a Arsuaga Aine Leduc, unha filla deLeduc e Storm calificada EX 90 e cun ICO de+1421.Xulgou o concurso Brian Carscadden, xuíz internacionalda Asociación Holstein de Canadáe analista de touros dunha recoñecida empresado seu país. Carscadden conta cunha amplaexperiencia como preparador de animais paracertames e exposicións, ademais de ter xulgadoconcursos en diversos países. O xuíz resaltou aalta calidade dos animais presentados en Xixóne a preparación profesional dos gandeiros participantes.IX CAMPIONATO DE MANEXADORESO programa incluíu ademais o IX campionatonacional de manexadores, onde todos os gañadoresexcepto un foron mozos cántabros. Na categoríasenior, Adrián Entrecanales (campión) eo francés Justine Malle. En junior, Alberto LleraBada (campión) e Germán Fernández Muñoz.E en infantil, Jairo Pelayo Pelayo (campión) eJosé Carlos Pelayo Sarabia.Os tres mellores manexadores do concurso foronAdrián Entrecanales, Germán Fernández eMiguel Expósito.AFRIGA ANO XV - Nº 83


PIENSA EN MFPIENSA ENFIABILIDADVISIÓN INNOVACIÓN LIDERAZGO CALIDAD FIABILIDAD SERVICIO ORGULLO COMPROMISONos dijiste lo que querías: más potencia, mayor ahorro de combustible, mucho más por el mismo dinero.RED MF DE GALICIA Y ASTURIASA CORUÑAM. A. LISTE VILLAVERDE, S.L.OrosoTel. 981681652J.A. MUIÑO GOMEZSomezasTel. 981404179AGRÍCOLA CARBALLEIRA, S.L.PontedeumeTel. 981431899TALL. CASTELLANA, S.C.ArangaTel. 981789511TALL. FACALCarballoTel. 981703288LUGOTALL. FDO. RIVAS, S.L.CospeitoTel. 982520105AGRICOLA CADI, S.L.SarriaTel. 982531187JULIO ALVITE GARCIAPastorizaTel. 982349341MASIDE MAQUINARIA, S.L.BarallaTel. 982363339CIAL. LEMOS EIRE, S.L.ChantadaTel. 982440274CV80-125TALL. LOUREIRORibadeoTel. 982128473OURENSEDESAGRI, S.L.Quintela de CanedoTel. 988211278AGRICOLA SUAREZXinzo de LimiaTel. 988461127PONTEVEDRAAGRICOLA MORAÑESAMorañaTel. 986553611CIAL. AGRIC. CARRERA, S.L.PonteareasTel. 986641899MF5400MAXIDEZA, S.L.LalinTel. 986781468ASTURIASJOSE MANUEL UZ ALBATineoTel. 985837060AGRICOLA COSTA VERDETel. 985167934concesionario o visitewww.masseyferguson.eses una marca mundial de AGCO Corporation.


10CONVOCATORIASXatas no ringFotos: Fernando Rodríguez Gandoy (Africor Lugo)PoxaXercas Cav Djalma Stormatic,vaca adulta campionaPozo Allen 5275 Mimosa,vaca gran campionaCampionato de manexadoresXVIII CONCURSO DE GANDO FRISÓN. CHANTADA, 23-25 DE OUTUBROAS MELLORES GANDERÍAS DAPROVINCIA DE LUGO RECOLLERON OSSEUS PREMIOS EN CHANTADAChantada converteuse na capital do gando frisón entre os pasados 23 e 25 de outubro.Ademais dos concursos de gando (xatas, xovencas e vacas de leite) houbo o demanexadores, celebrouse unha poxa e entregáronse os premios ás mellores ganderíasda provincia de Lugo no ano 2008.A clasificación das mellores explotacións faise en basea criterios de produción, cualificación morfolóxica e valoraciónxenética. Tamén se tiveron en conta os seguintesrequisitos: un mínimo de 11 animais valorados para cadaun dos criterios, non sobrepasar nun 30% o reconto celularmedio de control leiteiro, non sobrepasar nun 10% o intervaloentre partos medio da provincia e ter cualificadasalomenos o 90% das vacas maiores de 36 meses.De acordo a estes criterios, a mellor explotación luguesado 2008 foi SC Outeiro, de Chantada. En segundo lugarquedou SC Nodi, de Barreiros, e de terceira, Casa deBaixo, de Sarria.Os dez postos seguintes corresponderon, por esta orde, aForcao (Outeiro de Rei), SAT O Vilar (A Pastoriza), Pena(Begonte), SC Chusco (Ribadeo), SAT Lodos e Pérez (APastoriza), CB Vega (Castro de Rei), SAT Cavadas (Xerma-de), SAT Vilar Alaxe (Castro de Rei), Vilar de Susao (Sarria),SAT Algrabusán (Guntín) e SAT Menora (Cospeito).PROGRAMANo concurso participaron 110 animais de 29 ganderías daprovincia de Lugo. Encargouse do xulgamento SantiagoGarcía Souto, xuíz nacional de Conafe. A entrada de gandoe revisión da documentación tivo lugar o venres 23.O sábado 24 pola mañá celebráronse os concursos dexatas e xovencas. Antes do xantar entregáronse os premiosás mellores ganderías, coa presenza do presidenteda Deputación, José Ramón Gómez Besteiro. Pola tardedesputáronse os concursos de vacas de leite.O domingo 25 tiveron lugar a competición de novos manexadorese a poxa de gando frisón e entregáronse os premiosdos concursos gandeiros. continúa na páxina 12AFRIGA ANO XV - Nº 83


12CONVOCATORIASVén da páxina 10PALMARÉSGANDERÍAXATAS ATA 8 MESESPozosaa Goldwyn 6821 Rula . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PozoXATAS 8-10 MESESPozosaa Jasper 9888 Erma . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PozoXATAS 11-13 MESESRey 470 Blanquita Dolman . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Rei de MiñoteloXATAS 14-16 MESES E XATA CAMPIONANovelle September Nepal......................................NovelleXOVENCAS 17-19 MESESNodi Affirmed Lola.............................................NodiXOVENCAS 20-26 MESES, XOVENCA CAMPIONA E GRAN CAMPIONAVieites Conchita Igniter.........................................PozoVACAS ATA 30 MESES E VACA NOVA CAMPIONACid Goldwyn Aleluya V...........................................CidVACAS 31-35 MESESPerelos Amada Botafogo ..................................... PerrelosVACAS 36-41 MESESOuteiro Goldwyn Contessa.....................................OuteiroVACAS 42-47 MESESCapón-Holstein Lyster Doris ....................................CapónVACAS DE 4 ANOS, VACA INTERMEDIACAMPIONA E GRAN CAMPIONAPozo Allen 5275 Mimosa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PozoVACAS DE 5 ANOS E VACA ADULTACAMPIONAXercas Cav Djalma Stormatic . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CavadasVACAS DE 5 ANOS OU MÁISTortue LB 4573 ...............................................PozoMELLOR CRIADOR ..................................PozoMELLOR RABAÑO. .......................... Pozo (90 puntos)MELLOR DESCENDENCIA DE VACA ...............Pozo Allen 5275MELLOR GANDERÍADE NOVA PARTICIPACIÓN. ...................Novelle (32 puntos)MELLOR CONCELLO .............Chantada (9 ganderías, 241 puntos)POXAVendéronse os oito animais presentados, que foron parar aganderías da provincia de Lugo (a maioría, da comarca deSarria). O montante total de vendas foi de 16.900 euros eo prezo medio, 2.112 euros.O animal que acadou o prezo máis alto foi Outeiro MrSam Pamela, de SC Outeiro (Chantada), adxudicado en2.600 euros. Esta vaca primeriza, parida no mes de xullo, éfilla dunha Aaron que produciu máis de 17.000 quilos ensegundo parto. Pamela foi o animal da poxa con maior índicexenético, 2.199 puntos de ICO. Está, por tanto, entreo 2% das mellores vacas de España por índices xenéticos.MANEXADORESO concurso de novos manexadores estivo organizado poloClube de Xóvenes Gandeiros de Galicia. Na sección de 10a 15 anos, os tres primeiros postos foron, respectivamente,para Marcos Osorio Noguerol, David De la Torre Rey ePablo Martíns García.Na sección de 16 a 21 anos resultaron gañadores MiguelExpósito Rodríguez (1º), Alba Álvarez Núñez (2ª) eÁgueda Capón Fernández (3ª).Ao podio dos maiores de 21 anos subiron Iván LópezLópez (1º), Manuel Peteira Fernández (2º) e Rubén CandoSantos (3º).No grupo de menores de 9 anos participaron AndrésVázquez García, Cristina Viana López, Iñaki López Baltar,Jorge Vázquez Cuñarro, Laura López López, ManuelCarballo e Martín Gómez Vázquez.XIII CONCURSO FRISÓN DA BECERRA SELECTA. A ESTRADA, 18 DE OUTUBROA xata campiona e a xovenca campiona25 GANDERÍASEXHIBIRON MÁIS DE 80BECERRAS SELECTASNA ESTRADAPALMARÉSGANDERÍAXATAS ATA 8 MESESPereira Dancer Chinita ........................................PereiraXATAS 8-10 MESESArgelina Botafogo Dora .......................................ArgelinaXATAS 11-13 MESESPereira Dolman Dalia .........................................PereiraXOVENCAS 14-16 MESESPereira Dolman Luna..........................................PereiraXOVENCAS 17-19 MESESArgelina Elegant Doly ........................................ArgelinaXOVENCAS 20-24 MESESBos G Pereira Final C Deli . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .PereiraXATA CAMPIONA E GRAN CAMPIONA DE XOVENCASPereira Dolman DaliaXOVENCA CAMPIONAArgelina Elegant DolyMELLOR CRIADORGranxa Pereira (Forcarei)25 explotacións dos concellos pontevedreses de AEstrada e Forcarei competiron na decimoterceira edicióndo concurso da becerra selecta da Estrada, organizado porAfricor Pontevedra. Nesta ocasión saíron a pista máis de80 animais. O xuíz internacional de Conafe Bonet Cid,encargado de resolver a proba, destacou a gran calidade dasreses participantes.O certame incluíu tamén un concurso de novos manexadores.Na categoría de 10 ou menos anos resultaron premiadosNaín Rodríguez Soares, Javier Arturo Caramés Cifuentes,Uxía Correa Iglesias, Sandra Cortizo Carral e Fátima MíguezMíguens, todos eles considerados primeiro premio.Os mellores manexadores de entre 11 e 17 anos foron,por esta orde, María Manteiga Rodríguez, Lucía GañeteVidal, Alejandro Gañete Vidal, Martín Rey Iglesias eRubén Rey Iglesias.AFRIGA ANO XV - Nº 83


Un dos obxectivos primordiais dasexplotacións de vacún é manter unhahixiene axeitada que evite infecciónsindesexables no gando. Estas infecciónspoden ocasionar perdas na produciónláctea e o incremento dos gastos.O CARBONATO CÁLCICO DE GALICAL PARA CAMASDE vacún proporciónalles aos animais hixiene edescanso e reduce as posibles infeccións de mamitescausadas por bacterias de tipo ambiental (E.coli,estreptococos, enterobacterias, etc.)Tamén reduce os problemas de dermatiteinterdixital e dixital, úlceras e panadizosnas pezuñas, evitando coxeiras eperdas de produción.Por outra banda, manter o gandolibre de suciedade facilita o manexodurante o ordeño.GALICALCALES EDOLOMÍASAGRÍCOLASNº 1 EN CAMAS DE VACÚNO carbonato cálcico podesubministrarse en:Bolsa grande de 1.100quilogramosA granel en camión volquete,con servizo a calquera puntode GaliciaGALICAL, S.L.L.CALES Y DOLOMIAS AGRICOLASArieiras s/n P.I. Louzaneta27294 LUGOTeléfono 982 22.14.84Fax 982 22.14.08E-mail: info@galical.esWeb: www.galical.es


Gomas e Camas para VacasLimpezas Automáticasdistribución material ganaderoEstabulacións LibresAbrindo novos mercadosAs fotografías deste anuncio corresponden á explotación Ganadería Hermanos Plaza, de Villena (Alicante). Equipamento vendidoen colaboración co noso distribuidor Comercial Valdalbense. 500 prazas e 3 limpezas automáticas de 150 metros de longoLíderes en tempo de crise


Tubular bovinoLimpezas automáticas de cableA auténtica limpezaalemana, non compreimitaciónsColchóns, piso de goma dunha soa peza parapatios e goma puzzle para sala de esperaNovo produto:TELERAS PARAPASTIZALESPolígono Industrial do Corgo, parcela 3, 27163 O Corgo (Lugo)Novo teléfono: 671 485 702 (TONI) • 671 485 703 (Servicio Técnico)E-mail: toni@dismagan.es // Web: www. dismagan.esdistribución material ganaderoDistribuidor en Asturias: Almacenes Ladislao, S.L.Polígono El Zarrín, S.N. La Espina, 33891 Salas (Asturias)Tlf.: 985.837385 - 629566500


16CONVOCATORIAS550 reses acudiron á FeiraA Feira Internacional do Bovino deLeite de Cremona (Italia) reafirmoua súa posición entre os principaiscertames internacionais de gandería.Nesta edición atraeu máis de68.000 visitantes, coa presenza,por primeira vez, dunha delegacióncanadense. Destacou, como éhabitual, o apartado de seminariose relatorios, con máis de 27asuntos tratados.Fotos: Fernando Rodríguez Gandoy (Africor Lugo)LXIV FIERA INTERNAZIONALE DEL BOVINO DA LATTE. CREMONA, 22-25 DE OUTUBROCREMONA RECIBIU 847 MARCAS,27 SEMINARIOS TÉCNICOS E MÁISDE 68.000 VISITANTESO 847 expositores presentes na última edición da Feriade Cremona supoñen un 5% de incremento respectoda edición anterior. Un 14% procedían do estranxeiro e un15% asistían á feira por primeira vez. Na sección de ganderíaestiveron presentes 550 reses de 150 explotacións,tanto en exhibición coma en concurso.Os sectores produtivos representados foron os de equipamento,xenética, maquinaria de laboreo, sementes efertilizantes, produtos e servizos de xestión, veterinaria,hixiene e nutrición. Tamén entes de certificación, consorcios,asociacións e organismos profesionais e institutos deinvestigación.A Feira celebrouse nun contexto de crise xeralizada aoque tampouco é alleo o subsector do bovino de leite enItalia. Este país sufriu nos últimos anos o peche xeralizadode explotacións, pasando das 65.000 do 2003 a poucomenos de 40.000 na actual campaña. Os italianos calculanque o seu custo de produción por litro está entre 37 e 40céntimos, e na actualidade están a cobralo a unha mediade 31 céntimos.Antonio Piva, presidente da Feira, sinalou que “as explotaciónsque operan a un alto nivel son conscientes deque para mantera a posición de mercado deben investiren equipamento e tecnoloxía”. Piva engadiu que Cremonaé para os gandeiros “un punto de encontro privilexiado”para acceder a instrumentos que contribúan a consolidaro seu negocio.A Feira Internacional recibiu neste ano visitantes procedentesde España, Francia, Alemania, Austria, Holanda,Inglaterra, Grecia, Estados Unidos e Bielorrusia, entreoutros países. Houbo tamén unha misión comercial rusa(coordinada polo Instituto Italiano de Comercio Exterior)e, por primeira vez, unha nutrida delegación de gandeiroscanadenses, liderada por Canadian Semex.AFRIGA ANO XV - Nº 83


CONVOCATORIAS 17O PREMIO BALESTRERI,A CATALUÑAO catalán José Ramón Sainz de laMaza Benet foi galardoado esteano co Premio Balestreri ao MellorGandeiro Novo Europeo, que seoutorga no marco da Feira Internacionalde Cremona. José Ramón é unprodutor de leite de 32 anos tituladoen enxeñería agrónoma.A súa gandería, Pla de Vencilló,atópase na localidade de Linyola,a 25 quilómetros de Lleida. Trátasedunha sociedade cooperativa da queson cotitulares o premiado, seu pai,un tío e un curmán.Pla de Vencilló ten unha cabana de2.000 animais (750 en lactación),cunha cota de 8.000 toneladas eunha superficie agrícola de 350 hectáreas.A cooperativa produce millo,triticale, alfalfa e xirasol. Integran aplantilla 17 operarios, inmigrantes apráctica totalidade.Na recollida do premio, José Ramónindicou que “en momentos difíciles,iniciativas coma esta fannos sentirmáis unidos entre España e Italia,entre gandeiros novos e experimentadose entre gandeiros e agricultores”.Engadiu que os gandeiros “somos osxestores non só das nosas explotacións,tamén da alimentación da poboación,a paisaxe e o medio ambiente”.Dentro do programa da Feira incluíuse como novidade aprimeira edición de MeatItaly, a feira da carne bovina.GANDERÍAA 59ª Mostra Nacional da Frisona Italiana logrou reunirun bo número de ganderías, “a pesar do contexto extremadamentedesfavorable”, remarcou a organización. AMostra, organizada pola Asociación Nacional de FrisonaItaliana (Anafi), celebrouse entre o venres 23 e o sábado 24,o primeiro día dedicado ao show junior, con competiciónsdiversas, e a subasta nacional e o segundo, á Mostra Nacionalpropiamente dita.A raza morena (bruna) tamén tivo un gran protagonismona Feira. A asociación nacional de criadores organizouunha exposición de vacas en lactacións fillas de touros doprograma de selección italiano. Houbo ademais un concursopara escoller a “raíña da selección nacional”.O Libro Xenealóxico da Limusina (establecido en Italiano 1999) estivo na Feira por primeira vez no marco daMeatItaly, con exhibición de animais e unha conferenciasobre a valoración cárnica da raza. Un dos relatores foiAled Edwards, presidente da Federación Europea de LibrosXenealóxicos de Limusina.José Ramón Sainz de la Maza, áesquerda, recolleu o premio BalestreriA mostra italiana de frisona chegou á 59ª ediciónOs expositores aumentaroneste ano un 5%ENCONTROS TÉCNICOSAo longo dos catro días de duración da Feira convocáronseun total de 27 relatorios, mesas redondas e seminariostécnicos. O primeiro deles, o xoves 22, versou sobre o leitecru. Baixo o título de Un valor ou un perigo?, ofreceu unhapanorámica sobre as esixencias sanitarias e normativa quecomporta a venda de leite cru das explotacións (unha tendenzaen alza en Italia), co foco posto na protección dasaúde do consumidor.Outro tema tratado no programa técnico foi o empregode seme sexado. No relatorio subliñouse cómo os atrancosdesta técnica, aínda nos seus comezos, se están a superar,considerando que será un método tan revolucionario comaa inseminación artificial no seu día.Asuntos coma a optimización do sistema automáticode muxido, as enerxías renovables, a seguridade laborale a crise dos prezos centraron tamén diversos encontrosde expertos.ESTADOS XERAIS DO LEITEA Feira de Cremona acolleu ademais os tradicionais EstadosXerais do Leite, unha ollada ao mercado lácteo enItalia e no mundo. Nesta edición interviron personalidadescoma Paolo de Castro, presidente da Comisión de Agriculturado Parlamento Europeo, e Luca Zaia, ministro dePolítica Agrícola e Forestal de Italia, ademais de representantesde asociacións profesionais europeas e italianas.Segundo os datos difundidos no foro, nos primeiros seismeses do <strong>2009</strong> a produción de leite de bovino aumentou enAlemaña (8,1%), Países Baixos (3,5%), Dinamarca (4,8%)e Polonia (3,5%). Diminuíu en Italia (-1,5%) e Francia(-2,1%).No mes de xuño, o prezo medio do leite na UE rondouos 25 céntimos/ litro, situándose por debaixo dos20 céntimos en países coma Romanía, Eslovaquia e asrepúblicas bálticas.AFRIGA ANO XV - Nº 83


18CONVOCATORIASPOXA DE CASTRO DE RIBEIRAS DO LEA. 7 DE NOVEMBROA subasta estivo moi concorridaFernando Rodríguez Gandoy (Africor Lugo)A POXA DE CASTRO RECIBIU PORPRIMEIRA VEZ VACAS PRIMERIZASO mercado de gando de Castro deRibeiras do Lea (Castro de Rei) acolleuo pasado 7 de novembro a poxa organizadapor Africor Lugo. Os 13 animaispresentados (9 xovencas próximas aoparto e 4 primerizas) atoparon comprador,xerándose un volume total de vendasde 26.550 euros. Por primeira vez enCastro saíron a subasta vacas de leite,con moito éxito.O prezo medio de saída foi de 1.700 euros e oprezo medio final, de 2.042. O animal que acadouun prezo máis alto foi a vaca primeriza CaseirodernesBuckeye Slam, presentada pola ganderíaCaseiro de Ernes de Cospeito. Esta vaca é unhafilla de Buckeye parida de agosto, con nai Lheros(MB-85) e avoa Rudolph (EX-91). Vendeuse en2.650 euros.Todos os compradores foron gandeiros da provinciade Lugo, desde Alfoz ata Monforte.Caseirodernes Buckeye Slamacadou o prezo máis altoPOXA DE MAZARICOS. 15 DE NOVEMBROVilaferreiros Carmen 369A SUBASTA DE MAZARICOS REXISTROU39.400 EUROS EN VENDAS18 xovencas participaron na terceira poxa de Mazaricos,organizada por Africor Coruña, e todas elas atoparoncomprador. O volume total de vendas ascendeua 39.400 euros, a un prezo medio de 2.189 euros poranimal.As xovencas que acadaron un prezo máis alto foron VilaferreirosCarmen 369, da Gandería Vilaferreiros S.C.,e Xollos Corchi Marion, de SAT Xoios. Ambas as dúasNuveira Nita Botafogoadxudicáronse a 2.450 euros. Moi preto en cotización, a2.400 euros, quedaron Xollos Pamela Marion, de SATXoios, e Nuveira Nita Botafogo, de Nuveira.A compravenda de cada animal estivo subvencionada con150 euros. Xenética Fontao obsequiou aos compradorescon 3 doses de Xacobeo e 3 de Moes. Sorteouse ademaisunha xata entre todos os asistentes, que foron bastantes apesar das inclemencias meteorolóxicas.AFRIGA ANO XV - Nº 83


20ADMINISTRACIÓNNOVIDADES NA MELLORA DA CALIDADEDO LEITE PRODUCIDO E RECOLLIDO NASEXPLOTACIÓNSO programa de mellora da calidade do leite leva un ano en vigor e nestes momentos,desde as áreas veterinarias de toda Galicia, iniciouse un plan de control dos programassubvencionados previo ao pago das axudas. Está aberta durante un mes, desde opasado 3 de novembro, a orde que regula as bases e o proceso de solicitude dasaccións dos programas de mellora da calidade desde o 1 de maio do <strong>2009</strong> ata o 30 deabril do 2010.No artigo do número 75 desta revista, hai algo máisdun ano, faciamos un repaso á evolución dos programasde mellora da calidade do leite desde os seus inicios noano 1971. Sinalabamos entón que os programas de mellorade calidade en Galicia foran cambiando e adaptándose áscircunstancias do sector lácteo galego.Os piares sobre os que se se veñen desenvolvendo os programasde mellora da calidade sempre foron:a) Procurar o bo funcionamento das máquinas de muxidoe sistemas de frío das explotacións.b) O asesoramento a través de técnicos cualificados naprevención de problemas relacionados coa bacterioloxía eo aumento dos niveis de células somáticas.A respecto destes dous puntos, o ano pasado referiámonosá adaptación que as accións subvencionadas ían significar,principalmente que, canda a revisión anual da maquinariade muxido e frío, o gandeiro recibiría indicaciónssobre cales debían ser as capacidades (caudal da bomba ediámetro das tuberías de leite e baleiro).Por outra banda, mencionábase que se lle esixiría aos técnicosasesores que identificaran as vacas problemáticas noscasos de reconto elevado de células somáticas.Pasou un ano de programa de mellora e nestes momentos,desde as áreas veterinarias de toda Galicia, iniciouseun plan de control dos programas subvencionados previoao pago das axudas.Ao mesmo tempo está aberta durante un mes, desde opasado 3 de novembro, a orde que regula as bases e o procesode solicitude das accións dos programas de mellorada calidade do leite desde o 1 de maio do <strong>2009</strong> ata o 30 deabril do 2010.Esta orde presenta algunhas novidades con respecto aoproceso de solicitude, concesión e desenvolvemento das acciónssubvencionadas, pero quizais a primeira consecuenciados cambios que se están a producir nas regras do xogo dosector lácteo é a clara aposta da Consellería do Medio Ruralpor primar a firma de contratos homologados entre produtorese primeiros compradores.Así, no artigo terceiro da orde especifícase que os primeiroscompradores autorizados polo FEGA que soliciten asaxudas deberán comprometerse a firmar antes do mes deabril do 2010 un número de contratos homologados quesupoñan cando menos o 50 % da súa recollida.Esta condición comprobarase mediante a presentación naxustificación da axuda da relación de contratos firmados envigor, que a Consellería contrastará coa relación de explotaciónsás que cada primeiro comprador recolla leite nesemes.AFRIGA ANO XV - Nº 83


ADMINISTRACIÓN 21Outra gran novidade incluída na orde deste ano é quenon poderán acceder a estas axudas aquelas explotacionesque tiveran problemas reiterados de incumprimento danormativa durante un perído superior a 9 meses, salvo quese comprometan a mellorar antes do final do programa.Esta circunstancia comprobarase contrastando os resultadosanalíticos destas explotacións nos meses de febreiro,marzo e abril do 2010. No caso de que non se consigan asmelloras, as axudas correspondentes a estas explotaciónsnon serán pagadas pola Consellería.A mensaxe que se quere lanzar desde os programas esteano é claro. As axudas concederánselles e abonaránsellesa explotacións que demostren aproveitamento das axudas.A calidade xa non é un obxectivo, senón unha condición.A este respecto, cómpre mencionar que o pasado 9 denovembro o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Ruraly Marino (MARM) publicou no Boletín Oficial doHAI A OBRIGA DE ASUMIR ACCIÓNSNO PRAZO MÁXIMO DE 2 MESES QUEPERMITAN Á EXPLOTACIÓN RECUPERAR ACALIDADE NO PRAZO MÁXIMO DE TRES. DENON RECUPERALA, RESTRINXIRÁSELLE ACOMERCIALIZACIÓN LIBRE DO LEITEEstado (BOE) un Real Decreto no que establece as basesreguladoras para a concesión de subvencións á implantaciónde sistemas de mellora da calidade do leite producidoen explotacións agrarias.O Real Decreto precisa que estas axudas están destinadasá implantación de guías de prácticas correctas de hixieneen ganderías de produción láctea procedente de vacún,ovino e caprino. Explica que se estableceron dúas liñas desubvencións que afectan, por unha banda, ao asesoramentotécnico básico na implantación das citadas guías, mediantea aplicación dos programas correspondentes. E por outrabanda, á certificación externa da implantación destes mecanismos.Tamén se deduce da lectura deste Real Decreto que nonse busca a mellora da calidade, senón que esta se consideraunha condición para recibir axudas para ir un paso máisalá. Hai que producir ben e hai que poder demostrarllo aoconsumidor.No número 75 desta revista publicouse a guía de prácticascorrectas de hixiene para o gando vacún de leite, queserá a referencia das novas axudas publicadas polo Ministerioe servirá de base para as axudas que publicará a Conselleríado Medio Rural, probablemente o próximo mesde xaneiro, das que no seu momento daremos cumpridareferencia.Volvendo ao desenvolvemento dos programas destacampaña podemos sinalar tres novidades importantes:AFRIGA ANO XV - Nº 83


22PUBLIRREPORTAXEA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ELIMAGRAIN IBÉRICA ORGANIZARON ASII XORNADAS TÉCNICAS NA FINCA DEMOURISCADECharla sobreo laboratorioda Finca deMouriscadeParcelasexperimentaisde milloA Deputación de Pontevedra e Limagrain Ibérica,empresa española líder no mercado de sementesda gandería, celebraron a segunda edición das súasXornadas Técnicas na Finca de Mouriscade (Lalín),os pasados 22, 23 e 24 de setembro.Estas Xornadas xorden dun acordode colaboración subscrito entre LimagrainIbérica e a Deputación de Pontevedraen xaneiro do 2008. Os obxectivosdeste convenio son os seguintes:• Posta en valor das explotaciónsagrícolas.• Asegurar o autoabastecemento enración de base para o rabaño da estación.• Divulgación das mellores opciónse técnicas para as producións forraxeirase de ensilados.• Desenvolvemento de novas técnicasanalíticas para unha mellor caracterizaciónde forraxes e ensilados.• Selección de novas variedades de milloe forraxeiras adaptadas ás condiciónsagroclimáticas de Galicia (e, por extensión,da Cornixa Cantábrica) con característicasnutricionais melloradas.Nestas segundas xornadas, os máisde 300 asistentes tiveron a oportunidadede visitar o laboratorio de Mouriscade,onde se lles explicaron os diferentestipos de servizos que realiza para o sectorgandeiro e a industria relacionada.Nas visitas que posteriormente serealizaron ás parcelas experimentais dafinca, os participantes puideron observaros avances na selección das novasvariedades de millo e de diferentes gramínease mesturas forraxeiras.Durante o mes de outubro colleitáronseas parcelas destes ensaios, paraproceder á súa pesaxe e mostreo. Unhavez analizadas as mostras así recollidas,realizarase o correspondentetratamento de datos para obter os primeirosresultados deste convenio de colaboración,que serán publicados nestemesmo medio.Parcelasexperimentaisde variedadesforraxeirasCon estes primeros resultados preténdese:• Integrar os valores analíticos dasmostras máis representativas nanova calibración NIR para dixestibilidadedas fibras, que o laboratoriode Mouriscade está a piques de poñeren servizo.• Poñer de manifesto as melloresestratexias en canto ao autoabastecementode alimentos na propiaexplotación, mediante o cultivo devariedades cun alto valor agronómico(rendemento en materia seca,adaptación ao medio e resistenciaa accidentes e enfermidades) e aomesmo tempo un alto valor alimenticio(concentración enerxética edixestibilidade da materia orgánicae das fibras).AFRIGA ANO XV - Nº 83


ADMINISTRACIÓN 23A GUÍA DE PRÁCTICAS CORRECTAS DEHIXIENE PARA O GANDO VACÚN DELEITE SERÁ A REFERENCIA DAS NOVASAXUDAS PUBLICADAS POLO MINISTERIO ESERVIRÁ DE BASE PARA AS AXUDAS QUEPUBLICARÁ A CONSELLERÍA DO MEDIORURAL, PROBABLEMENTE EN XANEIRO1) Cambio da unidade xestora da axudaDesde o pasado mes de xuño, os programas de mellorada calidade son xestionados polo Servizo de ProduciónsGandeiras. Este Servizo ten como cometido o desenvolvementodas accións necesarias para a ordenación, fomentoe control da produción gandeira, a xestión dos rexistrose sistemas de control e a elaboración e execución dosprogramas de mellora xenética do gando. Deste servizodependen actuacións coma o control leiteiro oficial ou osprogramas de mellora xenética.2) Os cambios de agrupación das explotaciónsDeberán ser confirmados polos gandeiros mediante unanexo codificado pola Consellería do Medio Rural.Como mencionamos anteriormente, ao final do proceso(que dura ata o día 3 de decembro), as agrupaciónspropoñerán unha serie de cambios das explotacións participantes.O Servizo de Producións Gandeiras remitiráun anexo codificado a cada explotación galega, onde se lleespecificará en qué circunstancia se atopa a súa solicitude,podendo o titular optar por unha ou outra opción.Ao final do mes de decembro, as solicitudes resolveransee os programas continuarán ata o mes de maio do 2010.3) Novas condicións de actuación ante problemas deperda de calidadeQueda eliminada desde o mes de novembro deste ano aobriga de presentar por escrito plans de mellora personalizadospara a mellora da calidade do leite de explotaciónscon problemas de calidade.Esta esixencia agora eliminada convértese na obriga deasumir accións no prazo máximo de 2 meses que permitaná explotación recuperar a calidade no prazo máximo detres.De non recuperar a calidade, a explotación entrará nunproceso de restrición da comercialización libre do leite.As actuacións derivadas dos problemas de incumprimentovixilaranse desde as áreas veterinarias, aplicando encaso de atopar accións non realizadas penalizacións dun5% segundo o especificado no artigo 15 da orde de axuda.Perséguese con estes cambios unha maior eficiencia dosprogramas, mentres o Servizo de Producións Gandeirastraballa nas bases dunha nova orde de axuda que conlevaráprofundos cambios acorde á nova filosofía que promove oReal Decreto de implantación e certificación da guía deprácticas correctas para a produción de leite.AFRIGA ANO XV - Nº 83


MÁIS DE 20 ANOS ÓSERVICIO DO GANDEIROAMPLA GAMA DE COLCHÓNS E RECUBRIMENTOS PARAPISOS. SOLUCIÓNS PARA TODO TIPO DE GANDERÍASARROBADEIRAS DE CABLE. MÁXIMACALIDADE E MÍNIMO CONSUMO.BEBEDEIROSVOLTEABLESEN ACEIROINOXIDABLE DEGRAN CAUDALCEPILLO DOBLE SCHURR. ASSÚAS VACAS AGRADECERANO.SOLUCIÓNS AXEITADASPARA TODO TIPO DEEXPLOTACIÓNS, DENDEAS MÁIS SINXELAS,COMO CIRCUITOS, ATAAS MÁIS SOFISTICADAS,COMO O ROBOT DEORDEÑO.O TANQUE DE LEITE MÁISVENDIDO EN FRANCIA. MODELOSHORIZONTAIS E VERTICAIS.CONTAMOS CUNHA AMPLA REDE DE DISTRIBUIDORES POR TODA GALICIA.CONSÚLTENOS PRECIO SEN COMPROMISOFRIOR S.L. Avda. de Castilla, 154 - 15.300 Betanzos, A Coruña Tlf: 981.77.45.00 Fax: 981.77.21.28 E-mail. frior@frior.com


26EXPLOTACIÓNA altura da nave é de 7 metros na parte central e 4,5nos laterais, abertos e protexidos con cortinasSAT OS ARROXOS. PACIOS (CASTRO DE REI)UNHA SAT DE MESTRESCRIADORES ONDE SE PRIMAO CONFORT ANIMALA SAT Os Arroxos creouse no 2008 no concello chairego de Castro de Rei(Lugo) pola fusión de dúas granxas do lugar de Pacios. O coidado poloconfort animal salta á vista no establo, inaugurado en marzo deste ano.Vacas de boa calidade xenética, produtivas e duradeiras que lle valeroná SAT o título de Mestre Criador de Conafe.Fina Iglesias (41 anos), o seu fillo Edgar Paz (22),Juan Carlos Andión (43) e Ana Belén Rico (36) son oscatro propietarios da SAT Os Arroxos. A sociedade naceupola fusión de dúas explotacións, as da familia de Fina e afamilia de Juan Carlos, no momento en que se decataron,como din eles mesmos, “que non había para onde medrarindividualmente”.A suma das dúas cabanas de gando, e mais a comprade 20 vacas, deu lugar a unha granxa con 100 vacas (85en ordeño) e unha recría de 45 reses, que se leva a cabona propia explotación. A cota da que dispoñen, resultadotamén de sumar as das granxas fusionadas, é de 760.000quilos. Dada a dimensión actual da SAT resulta insuficiente,polo que teñen solicitada unha ampliación.A sociedade constituíuse no 2008, pero o establo nonestivo listo ata marzo deste ano, mes no que se produciua entrada das vacas dunha soa vez. Os problemas deadaptación foron menores dos que os socios temían. Produciuseunha caída no nivel de graxa do leite (do 3,7%habitual ao 3,1%) debida á tensión inicial dos animais, asícomo unha merma da produción. Ambos aspectos solventáronseen poucos meses.Os socios da SAT decidiron meter xuntas todas as vacas,sen separalas por lugares de procedencia, para queafrontaran o cambio de vez e o superaran o antes posible.Ademais das reses das dúas granxas fusionadas,entraron dez vacas procedentes dunha explotación deMenorca (vendidas por recorte de actividade) e outras 10de distintas granxas de Alemaña. As vacas de Menorca,por vir todas dun mesmo establo e estar afeitas a unharación similar á de Pacios, foron as que se adaptaron conmaior rapidez.AFRIGA ANO XV - Nº 83


EXPLOTACIÓN 27NO ESTABLO DA SAT EXISTE UN CRITERIOBÁSICO DE SEPARACIÓN: VACAS DEALTA PRODUCIÓN E VACAS DE BAIXAPRODUCIÓNO cambio resultou radical, tendo en conta que as explotaciónsque se fusionaron funcionaban co modelo deestablo trabado. En poucos meses observouse que as vacasrespondían á mellora do confort, que tamén alcanzaaos seus coidadores. O espazo máis amplo e mellor organizadofai que as rutinas de traballo sexan moito máislevadeiras.No establo da SAT existe un criterio básico de separación:vacas de alta produción e vacas de baixa produción,lotes situados a cadanseu lado da nave. Hai tamén cubículospara os xatos recén nacidos e unha zona habilitadacomo parideira. As xatas mantéñense nos establos antigosdas granxas asociadas e pasan parte do día soltas nunhafinca. No futuro habilitarase tamén unha zona ao aire librepara as vacas secas, na explanada frontal da nave.A nave é unha obra ampla, luminosa e ben ventiladaonde salta á vista o confort animal. Son maioría as vacasque permanecen deitadas, algo pouco frecuente na maiorparte das granxas. A explicación está nun axeitado deseñoe manexo de cubículos e camas.O establo dispón de 120 cubículos de 1,90 metros de longopor 1,25 de ancho. As camas son de area, límpanse dúasveces ao día e desinféctanse cada dous ou tres días. A areareemprázase unha vez á semana. En canto á limpeza dopiso, faise mediante un sistema mecánico de arrobadeira.A altura da nave é de 7 metros na parte central e 4,5nos laterais, que están abertos e protexidos con cortinas.O teito é tipo sándwich e xa demostrou este verán a súaeficacia como illante térmico. Instalouse piso de goma nazona de espera da sala de muxido, na zona de alimentacióne nas parideiras. Os propietarios da SAT destacan o acertadodesta decisión, que garante poucas baixas por problemasde patas e pés.O establo dispón de 120 cubículos e uncorredor central de 6,5 metros de anchoAFRIGA ANO XV - Nº 83


28EXPLOTACIÓNOs cubículos miden 1,90 m de longo por1,25 de ancho. As camas son de areaCOMPOSICIÓN DAS RACIÓNSVACAS EN PRODUCIÓNVACAS SECAS25 kg de silo de millo 10 kg de silo de herba12 kg de silo de herba 2,5 kg de palla11,5 kg de penso 2,5 kg de herba seca0,5 kg de palla 2,8 kg de pensoOs animais teñen bicarbonato e sal en recipientes a libre disposición.Consumen, sobre todo, sal.DEBIDO AO AXEITADO DESEÑO E MANEXODE CUBÍCULOS E CAMAS, A MAIORÍA DASVACAS PERMANECEN DEITADASO corredor central da nave ten unha anchura de 6,5 metros,máis que suficiente para o carro mesturador arrastrado,que se adquiriu para uso exclusivo da SAT. Proximamenteinstalarán comedeiros de aceiro inoxidable _agorason de cemento pulido_ e tamén cepillos, para melloraraínda máis o capítulo de confort.As reses desta explotación son produtivas e duradeiras.A produción media por vaca e día está en 34 litros e amedia de partos, por riba de tres. Os socios da SAT teñenvarios premios de Conafe ás producións vitalicias, con casoscoma o dunha vaca con 8 partos e 115.000 quilos queaínda está activa.O piso está raiado e límpase con arrobadeiraA ración é a mesma para as vacasde alta produción e as de baixaOs bos índices desta SAT (cun ICO de 1.400 e variosanimais calificados MB) motivaron que o ano pasado recibiraa distinción de Mestre Criador de Conafe.O leite producido na SAT ten un 3,7% de graxa e 3,15%de proteína. O reconto celular é de 180.000, polo que cobranprima de calidade.A sala de muxido conta con 16 puntos, ampliable a 24AFRIGA ANO XV - Nº 83


EXPLOTACIÓN 29O RECONTO CELULAR É DE180.000, POLO QUE COBRANPRIMA DE CALIDADEMELLORA XENÉTICAAs dúas explotacións asociadas xa levaban anos facendomellora xenética, co que veñen conseguindo un progresivoaumento de calidade da cabana. A SAT está integrada noprograma de acoplamentos de Africor e insemina buscandovacas con boa conformación morfolóxica, duradeiras eprodutivas. En opinión destes gandeiros, os tres aspectosestán interrelacionados.Na actualidade están a empregar doses de Xacobeo, Cid,Lucus e Dancer, no que respecta ao catálogo de XenéticaFontao. En casas internacionais decántanse por sementaiscomo Dúplex, Laurín e Shottle. Este último empréganoen xovencas.O intervalo entre partos da explotación ronda os 420días, pero o índice de femias non chega ao 50%, poloque a curto e medio prazo consideran que a recría propianon vai ser suficiente e veranse obrigados a adquirirgando fóra.Zona habilitada como parideira, con piso de gomaAFRIGA ANO XV - Nº 83


30EXPLOTACIÓNFinca reservada para as xatasA PRODUCIÓN MEDIA POR VACA E DÍAESTÁ EN 34 LITROS E A MEDIA DE PARTOS,POR RIBA DE TRESFina Iglesias, Juan Carlos Andión e Edgar Paz, tres doscatro socios da SAT, co título de Mestre CriadorTERRA E MAQUINARIAA base territorial da SAT é de 50 Ha, 30 en propiedade e20 arrendadas. A terra está dividida nunhas 15 fincas, coavantaxe de que se atopan todas próximas, o que facilita olaboreo.Practicamente toda a superficie agrícola se destina a cultivode millo, facendo no inverno sementeira de raigrás paraunha corta e posterior ensilado. Un par de hectáreas destínansetodo o ano a pradería, tamén para corta e ensilado.Ademais de carro mesturador, a SAT ten en propiedade2 tractores, 2 cisternas, 1 pá telescópica e grade de discos.Para o laboreo contan con maquinaria da cooperativa Copacios,constituída por 8 granxas da parroquia. A recollidae ensilado faise mediante unha empresa de servizos.A maiores, a explotación dispón de 4 silos de millo detrincheira e dous depósitos de xurro que suman unha capacidadede 1,5 millóns de litros.O investimento na SAT ascendeu a máis de 420.000euros para construción e equipamento da nave, 50.000euros para o carro mesturador _cunha subvención do 35%_e 40.000 euros para a adquisición de gando.MAQUINAS DISPENSADORASDE LECHEDIRECTAMENTE DEL PRODUCTORAL CONSUMIDORINOGAN-UCL S.L. - CTRA. MOLLERUSA s/n - 25245 VILA-SANA ( Lleida ) // Telef. 973603232 - Fax 973602209 // inogan@inogan.com - www.inogan.comAFRIGA ANO XV - Nº 83


ElmegaComo siempre, los primerosMAS DE 200.000 VACAS DESCANSAN EN COLCHONES DE ELMEGAPara que un animal pase 12 horasacostado necesita higiene y confort,principales condiciones quedebe aportar un buen colchón yque los de ELMEGA poseen.Al estar más de 12 horas diarias de pie los animalesagradecen un suelo blando y confortable,por lo que si proporcionamos al animal el tipo desuelo adecuado nos veremos favorecidos con unamenor cantidad de complicaciones y un generosoaumento de la producción de leche.SUELO DE GOMA INSTALADOEN LA COOPERATIVA NARXOSEDE RIBADEOModelo KEW-PLUSGAMA ESPECIAL PARA PATIOS, SALASDE ESPERA Y SALAS DE ORDEÑO• CONFORT• IMPERMEABILIDAD• DURACIÓN• SUAVIDADEl modelo KEW PLUS es, sin duda alguna, uno de los mejores colchonesdel mercado, pues con sus tres capas se convierte en el colchón más blandodel mercado, dando así al animal un confort incomparable.La capa inferior de caucho, moldeada con unas cavidades en forma demedia esfera, aísla de humedades la parte intermedia a la vez que aporta alsistema parte del efecto mullido.La parte intermedia de aglomerado de esponja proporciona al sistema elmullido ideal para un buen descanso del animal.La capa superior, fabricada en caucho de gran calidad, combina suavidady durabilidad, evitando daños en las patas de los animales y dando largavida al producto.Por ultimo, un perfil de plástico colocado entre dos camas evita cualquier filtraciónde fluidos a la parte inferior del sistema, y además fija todo el conjunto.Modelo en rolloEUROCONFORTEste modelo, aunque construido con lamisma materia que el anterior, está destinado aaquellas estabulaciones en las que anchuras olongitudes no sean convencionales o bien si seopta por camas sin ningún empate.NUEVAS ARROBADERASDE CABLE MAXI DE ELMEGACalidad y limpieza con elmínimo consumoNUEVA CORNADIZASECURIT DE ELMEGA CONCASQUILLO DE ACERO ENPUNTO DE GIROMás de 2000 arrobaderas de cablede ELMEGA avalan su calidad. Lanecesidad de instalaciones de mayorenvergadura nos obliga a desarrollarun nuevo cabrestante para dimensionesde hasta 120 metro de largo deestablo, sin que el cable remonte (unaúnica vuelta encima del tambor), alar-gando de esta manera la vida útil delcable. Es por ello que desarrollamoslas arrobaderas MAXI, con capacidadde hasta 120 metros.Consulte precios sin compromisoCamino viejo de Mourelle, s/n – 15840 Santa Comba (A Coruña) – ESPAÑATelf. 981 88 05 50 – 981 88 05 75 • Fax. 981 88 06 06e-mail: elmega@elmega.com • web: www.elmega.comCEPILLODE GANADOABATIBLE


32PANORAMA INTERNACIONALNave das vacas en produción, construída no 2003.Ten vigas de madeira e laterais de chapa perforadaGAEC ROBERT-MALLET. PIRE SUR SEICHE (BRETAÑA)ALIMENTOS DEPRODUCIÓN PROPIA,MODELO SEMIEXTENSIVOE MELLORA XENÉTICAJosé Manuel GegúndezEnviado especial a RennesA agrupación gandeira Robert-Mallet, a 25 quilómetros de Rennes, exemplifica beno que é o modelo produtivo francés. A combinación de produción agrícola propia eun modelo semiextensivo permítenlles moderar os custos de alimentación. Por outrabanda, a mellora xenética practícase coma unha rutina de traballo máis.O GAEC Robert-Mallet (GAEC son as siglas francesasde grupo agrícola de explotación común, o equivalentedas nosas SAT) ten a súa orixe na explotación deJules Robert, que se xubilou no ano 2004. O GAECconstituírono o seu fillo David Robert e Anne Mallet, etres anos despois incorporouse o irmán de Anne, LionelMallet. Para facer efectiva esta incorporación tivo queaportar 200.000 quilos adicionais de cota.A explotación está situada a só 25 quilómetros deRennes, a capital da rexión francesa da Bretaña, e dispóndunha superficie agrícola útil de 98 hectáreas. Destas, amaior parte (34) dedícanse ao cultivo do millo. Outras 30están sementadas con trigo, 6 con alfalfa e 28 destínansea pradeira.Como é habitual nas explotacións francesas, o GAECRobert-Mallet minimiza os gastos de alimentación polavía da produción propia. O millo destínase integramente asilo, se ben este ano, dada a boa colleita que tiveron, decidironusar a produción de tres hectáreas para aproveitamentodo gran.En canto á alfalfa, trala recollida envíana a unha planta procesadoraque a deshidrata e llela devolve en forma de granulado.Non obstante, os granxeiros calculan que lles podería saírmáis rendible comprala xa deshidratada en España.AFRIGA ANO XV - Nº 83


PANORAMA INTERNACIONAL 33NA SELECCIÓN XENÉTICA, OS GRANXEIROS PRIMAN AMORFOLOXÍA. EMPREGAN XENÉTICA FRANCESA E USAN CONREGULARIDADE OS TRANSPLANTES DE EMBRIÓNSXatas no prado. A explotación practica o pastoreo con todas as resesUn grupo de asistentes ao Space de Rennes visitou a granxaA familia de gandeiros afronta o futuro con inquedanzaOs granxeiros calculan que cada hectárea plantada amillo proporciona de rendemento 14 toneladas de silo; ahectárea de herba, 10 toneladas de silo e a de alfalfa, 11toneladas desta leguminosa secada.A superficie de pradería non só se aproveita para a cortade herba, senón tamén en pastoreo. A granxa funciona nunréxime semiextensivo. Todas as vacas, incluídas as de produción,pacen a diario.A ración das vacas leiteiras inclúe ademais 12 quilos desilo de millo, 2 quilos de alfalfa, 1 quilo de palla e 2 quilosdun complemento proteico que aporta proteína, calcio, sodioe magnesio. As vacas secas, ademais de pradeira, consumen6 quilos de silo de millo.PRODUCIÓNO GAEC ten na actualidade unha cota anual de 630.000quilos, que cubren 78 vacas en produción. A media de produciónpor vaca e ano está en 9.005 quilos, unha cifra nonexcesivamente alta pero comprensible dentro do que é unsistema pouco intensivista. De feito, as vacas da explotaciónveñen durando unha media de tres partos.O leite da granxa ten un 3,25% de proteína e un 3,95% degraxa. O nivel de células somáticas non está alto (188.000).Non obstante, na explotación confesan que a mamite é oseu principal problema sanitario.Na selección xenética, os granxeiros priman a morfoloxía.A granxa conta cun bo plantel de vacas e xovencas cun bopedigrí xenético. Empregan xenética francesa e usan conregularidade os transplantes de embrións. Tanto a inseminacióncoma os trasplantes fánllelos os técnicos dunhacooperativa de reprodución na que están integrados.A sala de muxido que empregan na GAEC é de dezpuntos. Instalouse cando a granxa tiña menos producióne teñen pensado cambiala. Os gandeiros queren reducir otempo de muxido actual, que é de hora e media.A explotación cobrou o leite en setembro pasado (estavisita tivo lugar o día 16) a 26 céntimos o litro. Os propietariosconfesaban que, se non fora polos créditos,teríanse sumado á folga de entrega de leite que fixeronoutros gandeiros bretóns. Os socios do GAEC non ocultano seu medo ante as actuais circunstancias do sector,sobre todo porque planean aumentar a gandería e mercarmáis terra.AFRIGA ANO XV - Nº 83


34PANORAMA INTERNACIONALOS GRANXEIROS CALCULAN QUECADA HECTÁREA PLANTADA A MILLOPROPORCIONA DE RENDEMENTO 14TONELADAS DE SILOOs pisos dos establos límpanse con arrobadeira. Os xurros escorregan desdeun pendello anexo á nave ata as fosas de purínA granxa conta con tres tractores e un carro mesturador arrastradoA superficie agrícola da explotación é de 98 hectáreasA sala de muxido, de 10 puntos, quedou pequena.Muxir 78 vacas leva hora e mediaINSTALACIÓNSA explotación dispón de dúas naves, unha para as vacasen produción construída no 2003 e outra para a recría quese fixo no 2008. Os establos teñen vigas de madeira e pecheslaterais de chapa perforada.Nas camas empregan palla, sobre a que aplican directamenteun produto desinfectante en po. Tamén recorren áspólas de acivro penduradas para combater a sarna, unhasolución moi habitual en Francia.A limpeza do piso faise mediante un sistema de arrobadeira.Os restos amoréanse nun pendello cuberto anexo acada establo. Unha vez alí, os líquidos do xurro van escorreganpor canaletas ás fosas de purín.A maquinaria da granxa redúcese a 3 tractores e un carromesturador arrastrado. O GAEC está integrado nunhaCUMA de 100 explotacións que lles presta servizo na sementeira,aplicación de purín, ensilaxe e empacado.AFRIGA ANO XV - Nº 83


DELEGACIÓN DE GALICIA (NOVA DIRECCIÓN):Polígono Industrial Área 33,Manzana 2, Parcela 936540 SILLEDA (Pontevedra)Tel 986 57 34 53 - Fax 986 57 35 93galicia@rocalba.es


36PRODUCIÓNO PERÍODO DE TRANSICIÓN:ESTRATEXIAS PARAMELLORAR O RENDEMENTORoberto C. Fernández ÁlvarezVeterinarioDAS NOSAS VACAS¿Onde están as vacas secas? ¿Que se está a facer con elas? Igual que sucedecoas xovencas, ao considerarse animais nunha etapa improdutiva que non xeraningresos, convértense nas grandes esquecidas dos sistemas de produción actuais. Éunha realidade, a miúdo demasiado frecuente, que as nosas vacas secas teñen queaproveitar as instalacións más antigas das explotacións, e nalgúns casos os restosde alimentación dos lotes de produción, sen ningún control nin adaptación específica.O control e seguimento máis exhaustivos sobre estes lotes de vacas permitiranosmellorar a eficiencia produtiva e reprodutiva do rabaño, á vez que evitaremos as perdaseconómicas asociadas a un mal inicio de lactación.A transición comprende o período de tempo transcorridodesde as dúas ou tres semanas previas ao parto ataas tres ou catro semanas posteriores. Durante este período,as vacas estarán moi sensibles aos cambios producidostanto na súa alimentación coma no seu manexo, debido aunha serie de cambios fisiolóxicos que experimentan comoconsecuencia da evolución do estatus de animal xestante enon produtivo ao de animal non xestante e produtivo.O aumento das producións no gando vacún leiteiro duranteas últimas décadas trae asociado un maior número de patoloxíasprodutivas durante esta etapa, e isto débese en moitoscasos a unha mala preparación dos nosos animais paralactacións nas que cada vez se lles esixe maior rendemento.O manexo e a alimentación que desenvolvamos arredordo período de transición influirán directamente sobre aprodución, reprodución e saúde do rabaño. Unha programaciónaxeitada da transición perfílase como un dos maioresretos gandeiros na actualidade, tanto a nivel produtivocomo económico.As modificacións que experimenta o organismo davaca durante este período obedecen a distintas causas,sendo algunhas evitables e outras non. Principalmenteserán cambios a nivel inmunolóxico e nutricional,comezando a producirse durante as semanasprevias ao parto e intensificándose ao achegarse omomento deste.AFRIGA ANO XV - Nº 83


PRODUCIÓN 37VACA SECAPARTOVACA LACTANTE (3 a 5 semanas) (3 semanas) (3 a 4 semanas) (ata novo secado)“O PASO DUN ESTADO DE PREÑEZ NON LACTANTE (VACA PREPARTO) A UN ESTADODE NON PREÑEZ LACTANTE (VACA POSPARTO) É A MIÚDO UNHA EXPERIENCIADESASTROSA PARA A VACA LEITEIRA” (GOFF E HORST, 1997)Os cambios inmunolóxicos están relacionadas con cambioshormonais e implican susceptibilidade ás infeccións.Durante as semanas previas ao parto, a absorción de inmunoglobulinascara ao ubre para formar o calostro provocaráque diminúan na torrente sanguínea da nai, creándose unestado de inmunodepresión paulatino.Ademais, a formación do calostro provoca unha expansióndo tecido da glándula mamaria, coa conseguinte perdado tapón mucoso que se forma tralo secado, facendo que oseu interior sexa menos estanco e máis susceptible de sufririnfeccións.Máis tarde, ao achegarse o momento do parto, o estrésque se xera por tal acontecemento liberará á torrente sanguíneacantidades altas de estróxenos e cortisol, o que provocaunha diminución das defensas naturais. Este últimofeito é inevitable, é unha resposta mecánica do organismoque non podemos modificar. Pero si que estamos en condiciónsde reducir o estrés que o provoca mediante mellorasno confort das nosas vacas en transición.A nivel nutricional, durante as últimas semanas de xestación,o volume ocupado polo útero resta espazo ao rume,polo que a capacidade de inxestión de materia seca vesemermada. Este feito magnifícase durante os últimos 8-10días, nos que a citada inxestión pode caer ata un 30%A esta situación hai que sumarlle que as necesidades nestesmomentos son moi altas; o animal non produce leite,pero necesita nutrientes para a formación do calostro e odesenvolvemento do xato, polo que terá que recorrer ássúas reservas para aportar os requirimentos que non cubrecoa alimentación. Esta situación trasladarase a despois doparto, porque aínda que o rume se expanda e a inxestiónaumente, o animal non poderá cubrir todas as necesidadesdo inicio de lactación.Así, vemos que debemos traballar con baixas inxestiónsde materia seca nun período de grandes requirimentosnutricionais, o cal dificulta en moitas ocasións conseguiros aportes necesarios para o animal. Tamén debemos estaratentos ás modificacións que se producen no período detransición a nivel do rume, xa que este órgano debe adaptarseao cambio de alimentación tralo seu paso aos lotes deprodución.Durante o período seco, a ración das nosas vacas ve aumentadaa fracción fibrosa, o que favorece o desenvolvementodas bacterias celulolíticas que dixiren esta fibra eproduce unha regresión nas papilas ruminais. Será un cambiosinxelo, porque as esixencias durante este período sonmenores.Pero o camiño inverso, pasar dunha alimentación conbase de fibra a outra na que os carbohidratos non fibrososteñen unha presenza moi alta, non resulta tan sinxelo e precísaseun período de adaptación. Necesitaremos potenciaro crecemento de bacterias que dixiran o almidón, e taménconseguir que a superficie de absorción do rume aumentemediante o desenvolvemento das súas papilas. Para iso necesitamosun período de adaptación mínimo de tres semanasque garanta o éxito tralo cambio de alimentación.Como consecuencia das modificacións fisiolóxicas queexperimentan neste período, as vacas son moi propensas asufrir patoloxías no posparto: hipocalcemias, retencións deplacenta, cetoses e desprazamentos de abomaso. A maioríadestas patoloxías estarán directamente relacionadas cometabolismo do calcio, xa sexa de forma clínica (hipocalcemia)ou subclínica (retención de placenta, desprazamentode abomaso). A presenza destas patoloxías nas nosasgranxas aumentou nas últimas décadas ao mesmo ritmoque as producións dos animais, por iso é polo que se coñecencomo “enfermidades de produción”.O posparto temperán é, de toda a lactación, o momentocon maior risco de padecer unha patoloxía. Isto é sempreasí, é unha condición fisiolóxica inherente ao organismoda vaca. Pero conseguir que a taxa de enfermidades sexamaior ou menor dependerá directamente da preparaciónque fagamos nós deses animais durante a transición paraque poidan afrontar o cambio metabólico.AFRIGA ANO XV - Nº 83


38PRODUCIÓNO desvío de inmunoglobinas para a formación do calostroreducirá a resistencia ás enfermidades antes do partoEstas patoloxías non influirán unicamente no gasto queocasiona o proceso clínico en si, senón que a súa repercusiónafecta a toda a lactación do animal, incluíndo a producióne a reprodución. Os problemas ao inicio da lactaciónpoden provocar a perda de todo o beneficio económicopotencial da vaca afectada.Por exemplo, unha retención de placenta provocada porunha hipocalcemia subclínica fará que os días abertos davaca aumenten considerablemente, como consecuencia doretraso na involución uterina e nos días en leite aos quecomeza a ciclar o animal, provocando ademais que a mediade produción diminúa polo desprazamento cara á dereitada gráfica.Se consideramos que as retencións placentarias e as metrites,clínicas e subclínicas, poden afectar a máis do 50%dos animais en moitos rabaños, a correcta preparación dosanimais para a transición preséntase como unha importanteferramenta para mellorar o rendemento económico dasnosas explotacións.HIPOCALCEMIARETENCIÓN PLACENTARIA / METRITECETOSE / FÍGADO GRAXOMASTITECOXEIRASELIMINACIÓNPerdas económicas asociadas ás enfermidades no postparto300-350 250-300 200-450 200-250 300-450 0-2500 Cando xorden estas patoloxías na nosa explotación, otratamento clínico só serve para restablecer a saúde doanimal. O retraso na reprodución terá lugar de todas maneiras,porque a matriz xa se viu afectada. Cómpre deixarclaro que, por moi ben que realicemos o seguimento dasnosas vacas paridas, sempre será mellor a prevención cótratamento clínico. Lograremos mellores resultados técnicose produtivos.Os programas que desenvolvamos durante o período detransición deben abranguer aspectos relacionados coa nutricióne o cow confort, e estar sempre enfocados a melloraro estado do animal fronte ao cambio metabólico queexperimentará despois do parto. Antes de comezar cunprograma, ou como forma de seguimento do que xa teñamosinstaurado, seranos de grande axuda a valoraciónda condición corporal dos animais ao longo das diferentesetapas polas que pasan durante a súa vida produtiva.VALORACIÓN E SEGUIMENTO DA CONDICIÓNCORPORALA condición corporal debémola valorar en puntos estratéxicosda lactación, para poder comprender en que estadose atopan as nosas vacas, qué necesitan e o tipo de produciónque poderán desenvolver. Os momentos ideais paraesta valoración son no momento de secar, inmediatamenteantes do parto e no posparto temperán: de 30 a 45 días enlactación (DEL). Nunha escala de 1 a 5, onde 1 é o mínimoe 5 o máximo, o noso obxectivo será conseguir valoresen torno a:o 3-3,5 puntos no secadoo 3-3,5 puntos no partoo 2,25-2,75 puntos a 45 DELo 2,5-3 puntos na primeira inseminaciónDeste xeito, coñeceremos en que condicións chegan asnosas vacas ao final da lactación, qué modificación experimentandurante o período seco e qué balance teñen noposparto. Será máis importante a distribución dos animaisna gráfica có promedio dos resultados, xa que valores moialtos ou moi baixos poden distorsionar as medias.A condición corporal comezará a diminuír desde unhasemana antes do parto, coincidindo co período de maiorestrés e de diminución da inxestión de materia seca. Atransición que se produce de preparto a posparto temperánnon debe supoñer a perda de máis dun punto de condicióncorporal, 1,5 como moito (de 3,5-3,75 pasar a 2,25-2,5).Unha diminución maior nestes momentos implicaría riscode aparición de enfermidades metabólicas e diminución naprodución láctea e na taxa de concepción.Animais que cheguen ao parto con valores maiores, entorno a 4 ou superiores, sufrirán un descenso máis acentuadona condición corporal, xa que teñen menor inxestióntanto antes coma despois do parto. Teremos que procurarque non cheguen nin escasos nin moi pasados de peso; calqueradas dúas situacións implicará problemas no posparto.Un aumento na condición corporal de 2 a 3 no momentodo parto supón un aumento da produción durante os primeiros90 días en leite de 330 kg. Sen embargo, condiciónssuperiores a 4 implicarán a diminución nas producións acausa das enfermidades metabólicas asociadas.As vacas recén paridas teñen niveis de inxestión baixosunidos a requirimentos nutricionais altos, polo que o períododo posparto implica a mobilización de reservas corporais,estando os animais en balance enerxético negativoata os 60-90 DEL, dependendo da ración que reciban. Porcada punto de condición corporal que perdan durante esteperíodo mobilizarán 50-60 kg de reservas corporais, e cadaquilogramo mobilizado implica un déficit de 5 a 6 megacalorías(Mcal) de enerxía neta de lactación.OS PROBLEMAS AO INICIO DA LACTACIÓNPODEN PROVOCAR A PERDA DE TODO OBENEFICIO ECONÓMICO POTENCIAL DAVACA AFECTADAAFRIGA ANO XV - Nº 83


PRODUCIÓN 3920-2-4-6-8-10PREPARTOPARTObalance-60 -30 0 30 60 90 120A condición corporal coa que cheguen ao preparto e oparto terá importantes repercusións na inxestión de materiaseca e na aparición de enfermidades metabólicas, influíndona infiltración graxa do fígado, a aparición de cetose,o leite producido e os índices reprodutivos. Estudosrealizados en Arxentina demostran que unha mala condiciónno momento do parto alonga en case un ciclo o índiceentre partos (17,8 días).A retención de placenta está ligada directamenteco metabolismo do calcioESTRATEXIAS NA ALIMENTACIÓNA ración que lles ofrezamos ás nosas vacas en transicióndebe cubrir os requirimentos desta fase, ademais de potenciara inxestión de materia seca. O control na alimentacióndebe comezar xa no secado temperán, porque se descoidamoseste período xurdirán maiores problemas durante opreparto e o posparto.O ideal é establecer lotes e racións diferentes en cada período,pero pode ser difícil de conseguir cos censos mediospor explotación que se observan na nosa xeografía. Estassituacións non serven de escusa para non facer unha preparaciónde transición. O que debemos facer é administrarracións o máis balanceadas posibles e facer maior fincapésobre o cow confort.Nos lotes de vacas secas, valoraremos os aportes necesariosen función da condición corporal coa que as vacas chegan aese momento. Non deben perder condición corporal duranteese período, ou se manteñen ou gañan un pouco de peso.Manteremos niveis óptimos de fibra e limitaremos o consumode enerxía. As vacas secas non regulan ben o consumode materia seca en función do seu balance enerxético, poloque pode existir risco de consumo excesivo de enerxía e unengraxamento do animal. Ademais, niveis altos de enerxíapoden limitar a inxestión de materia seca. Recoméndase opicado das forraxes para favorecer esa inxestión.Tamén evitaremos aportes excesivos de proteínas, manténdonosen valores do 12 ao 13% para esquivar problemasmetabólicos. Igualmente, optimizaremos os aportes devitaminas e minerais mediante correctores específicos oubloques minerais.DÉBESE EVITAR A ALIMENTACIÓN CONPASTOS VERDES DURANTE O MES ANTERIORAO PARTOAFRIGA ANO XV - Nº 83


42PRODUCIÓNO tamaño da fibra efectiva será determinante paraaumentar a in xestión durante a transiciónDebemos facer un bo manexo do pesebre paraoptimizar a inxestión de materia secaDurante o preparto debemos conseguir que as nosas vacasnon perdan peso e que a súa inxestión se vexa reducidao menos posible. A inxestión que consigamos no prepartoinfluirá directamente na que terá o animal nas semanasposteriores ao parto, polo que se a mantemos alta lograremosbos inicios de lactación con menor mobilización dereservas corporais.Os obxectivos son a inxestión de 13 kg de materia secano preparto e 21 kg no posparto. Debemos realizar un bomanexo da alimentación, ofrecendo racións máis ricas cásdas vacas secas e incluíndo ingredientes das racións de produción,para conseguir adaptar o rume e mellorar a aceptaciónpor parte do animal. A formulación irá encamiñada amellorar o cambio metabólico do animal e previr enfermidadescoma a hipocalcemia, a cetose e o fígado graxo.Manteremos niveis óptimos de fibra á vez que aumentamosos cereais na ración, empregando cereais pouco procesadosen vez de subprodutos para lograr un maior desenvolvementoruminal. Debe ser unha ración intermediaentre a de secado e a de lactación, aportando entre 1/4 e1/3 das forraxes e concentrados desta última.Unha ración de preparto estaría en torno ao 13-15%de proteína bruta (PB), 40% de fibra neutro deterxente(FND) e 14-16% de almidón, mantendo un bo balance devitaminas e minerais e asegurando un nivel suficiente dehumidade na mestura (50 a 55%).O balance catiónico-aniónico require un apartado especialdentro do preparto, como medida de prevención anteas desordes asociadas ao desequilibrio do calcio no pospartotemperán. Nas vacas multíparas, a hipocalcemia clínicaafecta a un 5% do rabaño, podéndose detectar ata un 50%do efectivo con algún tipo de hipocalcemia subclínica.O estado metabólico no preparto estará definido polobalance existente entre catións e anións no medio interno.Un exceso de catións provocará alcalose e un excesode anións, acidose, polo que deben estar balanceados. Esteequilibrio conséguese a través da absorción intestinal e daexcreción renal.Cando, tralo parto, a vaca comeza a producir leite e calostro,existirá unha gran demanda de calcio en sangue (1,5gr/kg de leite) que non se poderá compensar coa absorciónintestinal nin coa mobilización de calcio desde os ósospolo estado de hipoparatiroidismo no que está o animal,excretando ións de calcio na urina e retendo anións de fosfatono intestino.Para evitar esta situación, podemos usar dúas pautas demanexo. A primeira sería reducir o aporte de calcio duranteo preparto (< 0,6% de materia seca). A segunda, aadministración de sales aniónicas. Coa adición destas salesá ración conseguiremos manter un balance catiónico-anióniconegativo, ou próximo a cero, mediante unha lixeiraacidificación metabólica (< -5 mEq/100gr).O obxectivo é lograr unha maior mobilización do calciodos ósos e aumentar a súa absorción intestinal, polo quecon estes mecanismos no preparto lograremos manter niveisaltos de calcio dispoñible ata o día décimo do posparto,aproximadamente.Coas sales aniónicas é imprescindible realizar un seguimentodo pH da urina para poder axustar a súa dose correctamente.Son moi pouco palatables, o que pode inducira unha menor inxestión de materia seca durante este período.Co emprego destas sales comprobouse que se podereducir a incidencia de hipocalcemias no posparto ata pordebaixo do 0,5%Para lograr un balance aniónico no preparto tamén seráimportante a elección dos alimentos que lles ofrezamosás vacas. Utilizaremos silo de millo e grans de cereais queposúan un grao moi alto de dixestibilidade do almidón, xaque teñen balances catiónicos-aniónicos baixos. Isto facilitaalcanzar o balance negativo que buscamos. Con estesalimentos tamén favorecemos o crecemento microbiano anivel ruminal (síntese proteica) e conseguimos aumentaros niveis de glucosa no intestino delgado (prevención decetose).Non se deben utilizar os pastos verdes durante este período,dado que conteñen un valor moi alto no seu balanceácido-base como consecuencia do contido en potasio, sendonecesario un emprego excesivo de sales aniónicas paralograr un balance negativo.A alimentación con pasto durante o preparto non nospermite controlar a inxestión de materia seca, e non poderemosregular a transición nutricional do animal.Ademais, o contido en anións e catións das forraxes verdesvaría moito en función do tipo de pradeira e da superficiede cultivo, polo que sería necesario analizar cadapradeira antes de formular as racións.AFRIGA ANO XV - Nº 83


AltaBAXTER11H08195 Emerald-ACR-SA T-BaxterBlitz x Mtoto+3.29 ENIGT TIPOComestar Lauthais BaxterComestar; Victoriaville; Ferme G.P.; H. Hebert; Marie BeauceBlitz x 8 generaciones EX+VGFacilidad de parto+1601 kgs. de leche+1.88 en Ubres+1.79 en PatasDatos ICO Interbull 08/09Llera Baxter Bliss, Llera Her SCTernera Campeona. Regional Cantabria <strong>2009</strong>Parque de Negocios Európolis28232 Las Rozas (Madrid ) EspañaTelf. +34 91 636 3328 Fax +34 91 710 3234email: polo@eurofomento.comwww.altagenetics.comCreate Value Build Trust Deliver ResultsDISTRIBUIDO EN GALICIA PORLUIS CARRO, TELF. 636.496.238


44PRODUCIÓNXa no posparto, utilizaremos racións basicamente iguaisás dos lotes de produción, pero cun nivel inferior de almidón.O paso de ración de preparto a ración de produción,con altos niveis de concentrados, pode supoñer un cambiodemasiado brusco para un rume en período de adaptación.O mellor sería facer unha ración específica para ese momento.Se dispoñemos dun número pequeno de animaisnesa fase, podemos adaptar as racións do noso lote de baixaprodución ou do lote de preparto. O manexo e a monitorizaciónque realicemos das vacas recén paridas seráncruciais para a prevención e detección de enfermidadesmetabólicas.Tanto en preparto coma en posparto, poderemos empregardiferentes aditivos (colina, levaduras, propilenglicol)como estratexia de prevención das enfermidades metabólicas.O seu emprego valorarase en función da ración empregadae a condición dos animais.COW CONFORT DURANTE A TRANSICIÓNUnha das nosas prioridades durante a transición será obterniveis de confort nos animais o máis altos posibles. Vimosque o estrés asociado ás semanas anteriores e posterioresao parto terá un papel fundamental nos resultados obtidostanto na saúde coma na produción das vacas leiteiras, poloque o cow confort preséntase como unha ferramenta moiútil para reducir os efectos adversos desta situación.O aloxamento debe estar deseñado para o tipo de animalque nos ocupa. É un animal máis voluminoso ca cando estáen lactación, e ademais moverase con maior dificultade eserá máis sensible aos cambios producidos no seu ambienteou manexo. As vacas xestantes e non produtivas, o únicoque teñen que facer é comer, beber e descansar.As instalacións para vacas lactantes non nos serven porqueempregan unhas medidas inferiores ás que necesitamosaquí. Se queremos empregar unha nave antiga de vacasen produción, teremos que adaptala a estes animais, oudo contrario aumentaremos o estrés sobre eles.O PREPARTO NAS XOVENCAS DEBE SERMÁIS LONGO CÓ DAS VACAS MULTÍPARASO pastoreo dificultará conseguir un balance catiónico-anióniconegativo durante o prepartoO ideal é aloxar as nosas vacas en transición en patioscon piso de terra, que teñan unha lixeira inclinación, facilitándolleso desprazamento e o exercicio. Se non dispoñemosde espazo, ou as condicións climatolóxicas da nosazona non o permiten, optaremos por estabulalas en naves.Tanto en patios coma en naves, a cama quente é a melloropción. Permite tumbarse e erguerse facilmente ás vacasque se atopen máis pesadas, evitando que se dean golpesou que non se queiran deitar durante longos períodos detempo. Disporemos de 10 m² de cama quente por animal,con mantemento diario.Se a nosa opción é o aloxamento en naves con cubículos,debemos prestarlle moita atención ás medidas necesarias.Os cubículos deben ter un ancho de 1,32 m como mínimo,fronte aos 1,22 ou 1,25 m que se empregan para lactación.Será moi importante que estean ben encamados, limpose secos, e que o bordo inferior non supere os 20 cm parafacilitar a mobilidade do animal.En canto ao espazo de comedeiro, tentaremos que haxade 75 a 80 cm por vaca (60 cm en lactación), polo maiorvolume que ocupan nestes momentos, e como mínimoun espazo para cada animal. Para o bebedeiro tomaremoscomo referencia 8 cm por animal.Cando o piso sexa de hormigón, debe estar ben raiado,para evitar caídas que poden ser moi perigosas nestes momentos.O proxecto máis correcto contaría cun lote por etapa (secas,preparto, posparto). Segundo a fase na que estean osanimais, as necesidades en canto a ocupación varían.Estudos realizados en EE.UU indican que a primeiracausa de peche dunha explotación leiteira é o exceso depoboación nos lotes de vacas. A segunda, que estes lotesestean pouco cheos. Polo tanto, debemos manter unhaocupación óptima para mellorar a rendibilidade.Nos lotes de lactación e nos de vacas secas, a ocupaciónpode chegar ao 100%, pero non debería superar o 80% enpreparto nin o 90% en posparto. Nestas dúas últimas etapas,a redución do estrés e a ausencia de dominación nopesebre deben ser as pautas xerais.AFRIGA ANO XV - Nº 83


aAa 123654Bw Marshall x Durham Roberta (EX-90) x Emory Swanny (EX-90)• Vacas muy lecheras y demucho tipo• De pecho ancho, con grancapacidad y fortaleza• Patas extraordinarias ymuy buena movilidad• Ubres posteriores anchas,con fuerte ligamento• 7 generacionesininterrumpidasde madres ExcelentesESCOLMO, S.L.Distribuidor para Galicia y AsturiasC/ Magnolia, 80 bajo27003 - LugoTfno.: 982 217633Fax: 982 213144e-mail: escolmo@gmail.comGIMFERRER INDALA BILL (MB-85)ABEREKIN, S.A.Centro de Inseminaciónwww.aberekin.com


46PRODUCIÓNOutra cuestión importante en canto ao confort refíreseaos cambios de lote. Cada vez que se produce un cambio,o animal necesita de tres a seis días para adaptarse aonovo grupo, período no que o estrés aumenta e a inxestiónredúcese. Por iso, debemos minimizar os cambios de lotedurante a transición, para conseguir que os animais sufranas mínimas variacións e se potencien a súa alimentación einmunidade.Con respecto a esta cuestión, evitaremos facer parir asnosas vacas en salas de maternidade ou parideiras. Duranteo periparto, o estrés xa é suficientemente alto como pararealizar dous cambios de lote en catro días (preparto-maternidade-posparto).O mellor é ter bos currais de prepartoonde poidan parir os animais tranquilamente, e máis tardelevalos a posparto.Tamén evitaremos os pospartos de tres a catro días,mentres non vale o leite, separados do posparto normal.Isto suporía tres cambios nunha semana, provocando unhacaída brusca da inxestión e o aumento das enfermidadesmetabólicas asociadas.O manexo do comedeiro debe ser moi coidadoso. Sabemosque a estimulación da inxestión nas semanas anteriorese posteriores ao parto repercutirá favorablemente enmoitos aspectos do inicio da lactación e suporá un aumentoda eficiencia produtiva. Debemos ofrecer racións frescasdiariamente, limpando os restos e facendo un bo programade arrimado. O volume de restos, que oscila entre un 3 eun 5% en lactación, debe aproximarse ao 10% en preparto,para estimular a inxestión.Estas consideracións, unidas a un espazo suficiente decomedeiro e o confort das instalacións, suporán mellorasconsiderables a nivel produtivo e económico na granxa.Manter os animais enpatios de terra ata o partoreduce o estrés e aumentao cow confortDÉBESE EVITAR O USO DE PARIDEIRASOU SALAS DE MATERNIDADEDebemos modificar as medidas das instalacións paraadaptalas ao volume das vacas en transiciónTRANSICIÓN EN XOVENCASNas xovencas, o período de transición é algo diferente aodas vacas. A transición realizarase desde unha fase de crecementoe xestación a outra de lactación, sendo a primeiravez que estes animais producen leite. Este feito implica queos mecanismos que provocan o estrés no periparto venseacentuados. Por esta razón, o preparto en xovencas debeser máis prolongado, entre catro e cinco semanas antes doparto.O tipo de alimentación será similar, aínda que non empregaremossales aniónicas nin medidas para o aumentodo nivel do calcio circulante, xa que non será necesario polacondición dos animais. Se usamos estes produtos nas nosasvacas, o preparto debe realizarse separado do das xovencas.O resto dos planteamentos serán similares: estimular ainxestión e a función inmune e minimizar o estrés. As necesidadesenerxéticas das xovencas son algo inferiores cásdas vacas, pero a súa inxestión tamén é menor.A inxestión media de materia seca que fixaremos comoobxectivo nas nosas xovencas debe estar próxima a 12 kgen preparto e 18,5 kg en posparto.En canto ás instalacións, tamén se recomendan as mesmaspautas de aloxamento e manexo. Unicamente hai quelembrar que as xovencas deben aloxarse en cubículos antesde chegar a este período para facilitar a súa adaptación.O momento ideal de trasladar as xovencas a cubículosestá entre os 12 e 14 meses (preinseminación) ou entre os16 e 18 meses (recén preñadas), para que non teñan problemasderivados da adaptación nin no momento da inseminaciónnin no do parto.Se o volume de animais o permite, pódese facer un lotesó para xovencas recén paridas, e incluso mantelo durantetoda a lactación. Isto evita situacións de dominación dasmultíparas sobre as xovencas. Pero tampouco é imprescindible,xa que o número medio de cabezas nas nosas explotaciónsnon o fai factible.Se mantemos axeitados niveis de confort, con niveis dealimento constantes no comedeiro e espazo abondo poranimal, reduciremos as interaccións de dominio e as nosasxovencas non sufrirán perdas de produción.AFRIGA ANO XV - Nº 83


Zeling RFSeptember Storm x James x BellwoodC.M.E. September ZELING RF - IT0020990029868 - aAa 516342Un Factor RojoUnico+ 0.03% Proteina+ 2.10 Tipo+ 2.25 Ubre+ 2.95 Patas+110 Longevidad+115 Parto Muy FácilZeling Lexus GP83Cortenuova Zeling Placida GP84Zeling 437Molino Consona VG85P.N. Európolis C/Londres 29A - 20232 LAS ROZAS (Madrid)EspañaT. 91 637 34 78 ~ F. 91 637 42 53 ~ semenzoo@semenzoo.esDistribuidor en Galicia: SERGEGA (Manuel Reija) Móvil 610 52 67 85T. 91 637 34 78 F. 91 637 42 53 semenzoo@semenzoo.es


48RECRÍACONTARÁ CUNHAS INSTALACIÓNS PUNTEIRAS EFARÁ UNHA XESTIÓN INTEGRAL DOS RESIDUOSO CENTRO DE RECRÍA DA GRANXA GAYOSO–CASTROTERÁ CAPACIDADE PARA 3.000 XOVENCASA Deputación Provincialde Lugo aposta por dotaras explotacións de leitedun servizo do máximointerese en Galicia: uncentro de recría con capacidadepara 3.000 xovencas.O proxecto estálisto para executarsedentro dos terreos daGranxa Gayoso–Castrode Castro Ribeiras deLea (Castro de Rei), cuninvestimento de 8,5 millónsde euros.O proxecto do centro de recría partedun feito: cada ano, unhas 4.000 xovencasde explotacións galegas son enviadasa centros de recría fóra de Galicia. Ogasto medio de estancia de cada animaldurante os 2 anos que dura o procesoronda os 1.400 euros. Na actualidade,Galicia conta con 14 explotacións de recríarexistradas. Entre todas elas soamentesuman 1.000 prazas. EN GALICIAFAN FALTA PRAZAS DE RECRÍA.Tendo en conta que a provincia deLugo conta cun censo de máis de80.000 xatas _e o 45% da cota láctea deGalicia_, a produción de leite é un sec-tor económico de máxima importancia.Así o recalcou o presidente da Deputación,José Ramón Gómez Besteiro,durante a presentación do proxecto docentro de recría, o pasado 11 de setembronas instalacións da Granxa Gayoso–Castro.Un centro de recría coma o que se habilitaráen Castro pretende ser un instrumentodecisivo para o funcionamentodas explotacións lácteas. Por unhabanda, descargándoas do traballo darecría, e garantindo ademais que estase leva a cabo en perfectas condiciónssanitarias e nutricionais.AFRIGA ANO XV - Nº 83


RECRÍA 49Presentación do proxecto do centro de recría en Castro, o pasado 11 de setembroTENDO EN CONTA QUE A PROVINCIA DE LUGO CONTA CUNCENSO DE MÁIS DE 80.000 XATAS, A PRODUCIÓN DE LEITEÉ UN SECTOR ECONÓMICO DE MÁXIMA IMPORTANCIAProxección virtual do futuro centro de recríaPor outra banda, búscase OBTERANIMAIS CUN ALTO NIVEL PRODUTIVOE XENÉTICO, que eleven a rendibilidadee eficiencia das granxas.A posta en marcha deste centro permitiráREDUCIR OS CUSTOS DE RECRÍAPOR XATA, en comparación coas taxasvixentes nos centros de fóra da Galicia.Outras consecuencias positivas serán oaumento da bioseguridade nas explotacións_maior que na recría de reses adquiridasfóra_ e a liberación de espazopara que as granxas dispoñan de máisprazas para animais produtivos.O proxecto, cun orzamento de 8,5 millónsde euros, formúlase baixo as premisasdo benestar animal e o respectoao medio ambiente.O centro de recría estará dividido enfunción dos itinerarios de crecementodos animais, empezando por una zonapara o período inicial de corentena,nada máis ingresar as reses.PIONEIRO NA XESTIÓN AUTOSOSTIBLE DOS RESIDUOSO estudo técnico para o centro de recría daGranxa Gayoso–Castro contempla o tratamentodo 100% dos residuos dun xeito autosostible erespectuoso co medio ambiente. Neste sentido,será absolutamente pioneiro.Os xurros separaranse nas súas partes sólidae líquida. Posteriormente o líquido pasará unproceso de microfiltración para afinar aíndamáis a separación das partículas sólidas. Finalmente,mediante un proceso de ósmose inversa,obterase auga tratada e reutilizable.A parte sólida dos residuos alimentará unhacaldeira de biomasa. O sólido sobrante, xunto coesterco, empregarase como fertilizante nas fincas.Entre os 3 e os 6 meses, as xatas estaránnunhas casetas comunitarias. O períodode transición abrangue ata os 14-15 meses, en que ten lugar a cubriciónda xovenca _cando esta ronda os 400quilos de peso_. Como é habitual nestetipo de centros, as reses regresarán ágranxa preñadas e a un mes do parto.O centro de recría contará tamén cunhazona sanitaria para acoller e trataros animais que enfermen durante a súaestancia alí.Construiranse naves para as distintasetapas de crecemento dos animais e 12silos de alimentación.Vista aérea actual da Granxa Gayoso–CastroA GRANXAA entrada en servizo do centro de recríade xovencas compatibilizarase co mantementodas actividades habituais daGranxa Gayoso–Castro.Esta institución agrogandeira estásituada sobre unha superficie de 304hectáreas. Conta con unidade de leite,unidade de carne.Dentro dos novos plans para a granxacontémplase tamén a habilitación duncentro formativo para equipos de substitucióngandeira, que facilitan que osprodutores de leite poidan coller períodosde descanso.AFRIGA ANO XV - Nº 83


50MERCADOA COMPETENCIA NO MERCADO DOLEITE ENVASADO EN GALICIA (*)Galicia encabeza a produción de leite en España, aportando algomáis do 35% do total, pero esa posición de liderado non tencorrespondencia na súa industria, como queda evidente tanto nomenor valor aportado polos produtos elaborados , só un 12% dototal de España, coma no valor xerado e no emprego, materias nasque o seu peso vese reducido ao 6% do total.Francisco Sineiro GarcíaRoberto Lorenzana FernándezEscola Politécnica Superior de Lugo.Universidade de Santiago(*) Extractos do Estudo sobre o sector do leite envasado en Galicia desde o puntode vista da competencia, encargado polo Tribunal Galego de Defensa daCompetencia, realizado no ano 2008. O estudo íntegro pode consultarseen http://www.tgdcompetencia.org/gl/informes.phpNingunha das nosas empresas, despois das crises malresoltas de Larsa, Leyma e da venda de Lagasa, está nasprimeiras posicións do ránking español nin en volume devendas nin no prestixio das súas marcas, tanto en leite envasadocoma en queixos ou produtos frescos.Galicia é, grazas sobre todo ao esforzo de moitos produtores,o país do leite. Pero, pola contra, ten unha posiciónsecundaria no mercado dos produtos lácteos. Esta é unhaimportante debilidade cara a un futuro marcado pola desregulacióndo mercado comunitario, tanto no sostén dosprezos, como queda ben evidente despois deste último ano,coma na anunciada desaparición das cotas a medio prazo.O leite envasado é o principal produto elaborado polasindustrias lácteas españolas, ao que destina un 60% dos 7,2millóns de toneladas do leite industrializado. Desta cantidade,uns 6 millóns son de leite de vaca, outros 0,7 millónsde ovella e cabra e o resto, de produtos lácteos importados,sobre todo leite en cisternas de Francia e Portugal.As principais empresas en volume de leite recollido sonPuleva, Pascual e Capsa, que concentran entre as tres arredordo 40% do total. A recollida anual de leite en Galiciaascende a uns 2,3 millóns de toneladas, concentrando entreRío Lence, Lagasa e Capsa un 45% dese volume e superandotodas elas as 300 mil toneladas anuais. Un 65% desacantidade dedícase a leite envasado, outro 10% a queixos eo restante 25% é industrializado fóra de Galicia.AFRIGA ANO XV - Nº 83


52MERCADOGALICIA TEN UNHA POSICIÓNSECUNDARIA NO MERCADO DOSPRODUTOS LÁCTEOS. UNHA IMPORTANTEDEBILIDADE NUN FUTURO MARCADOPOLA DESREGULACIÓN DO MERCADOCOMUNITARIOfibra ou omega 3 contra o colesterol), que equivalen xa aunha cuarta parte do consumo.A maior parte do leite é consumido no fogar (un 85%),e o resto na restauración de tipo comercial ou institucional(como hospitais e colexios). Este dominio nas compras dadistribución organizada sobre as tendas tradicionais débesea que é moi reducido o consumo do leite pasteurizado(tan só un 4% do total), en contraste co que ocorre noutrosalimentos de consumo en fresco, coma o pan, as carnes eas froitas.A DISTRIBUCIÓNNa distribución organizada, composta polos hipermercadose supermercados de proximidade ou de desconto,hai un elevado grao de concentración. Os tres primeirosgrupos, tanto en España coma en Galicia, controlan sobreun 60% da superficie comercial. No primeiro casoson Carrefour, Mercadona e Eroski, e en Galicia tan sóvaría que é Gadisa quen prevalece sobre Mercadona, quecomezou a súa implantación de modo serodio nos últimosanos.A distribución organizada ten un papel relevante no leiteenvasado, debido á súa elevada cota de mercado e as estratexiasde venda mediante as súas propias marcas, que utilizancomo “produtos reclamo” ante os consumidores. Osgrupos de distribución alimentaria confórmanse en obterdestas marcas unhas marxes de beneficio menores, que podenser recuperadas nas vendas doutros artigos a clientesatraídos polos baixos prezos no leite.A presión da distribución sobre os prezos destas marcasbrancas chega ata o punto de ser estes produtos case un15% máis baratos en España ca en Francia, mentres queas diferenzas son moito menores para as marcas de fabricante.Prezo/litro España Francia Gran BretañaMarca distribuidor 0,63 0,75 0,72Marcas fabricante 0,94 0,97 0,93Cadro 1. Prezos do leite envasado para marca de fabricante e de distribuidor enEspaña, Francia e Gran Bretaña (en euros por litro) a finais do ano 2008A produción de leite envasado en España está relativamenteconcentrada nunhas poucas empresas. Tres delas,Capsa, Puleva e Pascual, producen cada unha ao redor dun15% do total. Outras catro, Lagasa, Lactalis, Iparlat e Río,ao redor doutro 10% cada unha, concentrando entre elasun 85% do total.O mercado do leite envasado é abastecido sobre todopola produción nacional, pois as importacións son baixas,alcanzando só o 7% do total.Os cambios no consumo do leite son de dous tipos. Primeiro,no seu volume, que está a descender nun 2% anual,sendo na actualidade duns 90 litros por persoa. Por outrabanda, nos tipos consumidos, cun avance dos semidesnatadose desnatados con respecto ao enteiro, que xa é menosda metade do total. Destacan os denominados leites especiais(aos que se lles engaden ingredientes como calcio,As marcas de distribución controlan xa case a metade dovolume vendido de leite, forzando ás industrias a unhasimportantes baixas nos seus prezos, que despois estas repercutená súa vez cara atrás nos produtores.Estas prácticas comerciais abusivas comprometen a viabilidadefutura de explotacións e industrias e, pola contra,non supoñen unha redución efectiva no valor da cestada compra dos consumidores, porque as rebaixas no leiteson recuperadas cargando unha maior marxe nos prezosdoutros produtos adquiridos neses establecementos.As estratexias das principais industrias estiveron concentradasna calidade e prestixio das súas marcas, como foi ocaso de Pascual, ou no desenvolvemento de novos produtoscoma os leites enriquecidos, tendencia que foi liderada porPuleva. Ambas estratexias veñen acompañadas de importantescampañas de publicidade, que tan só son posiblespolos grandes grupos empresariais.AFRIGA ANO XV - Nº 83


54MERCADOUN 65% DO LEITE DE GALICIAENVÁSASE, OUTRO 10% DESTÍNASEA QUEIXOS E O RESTANTE 25% ÉINDUSTRIALIZADO FÓRAParte da posición de liderado no mercado lograda medianteesas estratexias está a ser erosionada nos últimosanos a favor da distribución, que lanza os seus propios leitesespeciais, e tamén pola elevación de prezos de finaisdo 2007. Isto último provocou un aumento nas comprasde marcas brancas, que despois tamén se viron favorecidaspola situación da crise económica.Deste xeito, as marcas brancas equivalen xa á metadedas vendas da distribución, mentres que as marcas líderesquedan por debaixo do 30% e o resto apenas teñen espazonese mercado.As diferenzas en prezo, uns 0,30 euros menos por litro,explican ese comportamento do consumidor, ao que lle haique dar uns argumentos claros para mercar máis caro. Adiferenza moitas veces é máis ampla no momento da compra,ao adquirirse lotes de 3 ou de 6 litros, podendo destemodo elevarse ata os 0,90-1,80 euros.Os prezos do leite son actualmente uns 0,20 euros menoresque a mediados do ano 2008, cando se recolleu estainformación para o estudo, pero as diferenzas entre tiposde marcas mantéñense case igual.% sobre volume total Euros/litroPrimeiras marcas 27,5 1,04Resto marcas 11,6 0,82Marcas distribuidor 52,3 0,71Cadro 2. Vendas de leite envasado por tipos de marcas: en porcentaxe sobrevolume total e en prezo por litro. Xuño 2008O prezo do leite para envasar inclúe o pagado ao produtormáis os custos de recollida menos os ingresos obtidospola graxa sobrante sobre o tipo de leite (enteiro, semi oudesnatado). Por iso o valor do leite a envasar pola industriaten un custo inferior ao pagado ao produtor pola venda dagraxa sobrante, sendo esta diferenza maior no ano 2007,cando os prezos da manteiga eran máis elevados. A industriavéndelle o leite á distribución obtendo unha marxebruta igual á diferenza entre os dous prezos anteriores paraafrontar os seus custos industriais e obter un beneficio.Do mesmo xeito, o distribuidor vende a un prezo co querecupera o pagado á industria e obtén unha marxe paracompensar os seus custos e acadar un beneficio. Por último,o prezo que paga o consumidor é un 4% máis elevado códo distribuidor para o pago do IVE.O seguinte cadro contén a formación dos prezos de leitesemidesnatado de marca de fabricante e do distribuidornos segundos semestres dos últimos tres anos. Isto permiteseguir a evolución dos seus prezos antes da subida do leiteen 2007, cuns valores máximos a finais dese ano, e taménno 2008, cando xa os prezos ao produtor tiveran unha importantebaixada que non repercutira nun descenso similarao consumo.Este cadro permite expoñer dous asuntos interesantes.En primeiro lugar, unha situación bastante común nosmercados alimentarios, que trasladan normalmente aoconsumo as subas de prezos en orixe, pero non as baixadas,o que lle permite aos outros escalóns da cadea produtivaobter uns beneficios adicionais neses casos.En segundo lugar, a forte redución das marxes da industriae da distribución no leite de marca branca. A marxeda industria redúcese de 0,20 a 0,10 euros por litro conrespecto ao da súa propia marca e a da distribución, de0,13 a 0,08 euros. Esa forte redución na marxe industrialrealízase a costa da baixa no beneficio e dunha presión ábaixa nos prezos ao produtor, afectando nos dous casos aosseus beneficios e viabilidade futura.Pola contra, a situación é ben distinta para a distribución,posto que as menores marxes obtidas pola vendadeste leite poden ser recuperadas con outras maiores navenda dos produtos doutras seccións (alimentos, produtospara o fogar e outros) e tamén pola atracción desas ofertasna fidelización dos seus clientes ou na captación de novosconsumidores.2º/2006 2º/2007 2º/2008Marca fabricanteAo produtor 0,30 0,43 0,35Ao envasado 0,27 0,37 0,32Á saída da industria 0,58 0,69 0,74Na distribución 0,71 0,85 0,92Ao consumo 0,74 0,89 0,96Marca distribuidorAo produtor 0,30 0,43 0,35Ao envasado 0,27 0,37 0,32Á saída da industria 0,42 0,59 0,53Na distribución 0,47 0,62 0,63Ao consumo 0,49 0,65 0,66Cadro 3. Formación do prezo do leite envasado de marcas de fabricante e dedistribuidor desde a produción ata ao consumo. Nos segundos semestres de2006, 2007 e 2008 (euros/litro).AFRIGA ANO XV - Nº 83


MERCADO 55A RECOLLIDA ANUAL DE LEITE EN GALICIAASCENDE A 2,3 MILLÓNS DE TONELADAS,CONCENTRANDO ENTRE RÍO LENCE,LAGASA E CAPSA UN 45% DESE VOLUMERECOMENDACIÓNS PARA A MELLORA DA COMPETENCIAEste estudo remata coas posibles prácticas restritivas á competenciadetectadas e algunhas recomendacións ao respecto.Considéranse como prácticas restritivas á competenciacalquera característica ou combinación delas que existindonos mercados relevantes limiten ou alteren a competenciacon respecto á oferta ou adquisición do leite cru ou envasadoao longo da súa cadea de produción e distribución eque afecten aos seus prezos, ás posibilidades de elección oua longo prazo poidan limitar a capacidade de innovación,desenvolvemento e mellora da cadea produtiva.No mercado do leite en orixe hai importantes diferenzasnos prezos percibidos para leites da mesma calidade. Estasdiferenzas están relacionadas co volume das entregase coas estratexias das empresas segundo as súas rutas deabastecemento. Tamén hai problemas á hora de cambiarde comprador, coa sospeita da existencia dalgúns acordosentre compradores, segundo manifestan os produtoresafectados.Un segundo elemento ten que ver coa asimetría da informaciónentre ambas partes de produtores e compradorescon respecto aos prezos cobrados e as perspectivas demercado. Por isto son recomendables medidas que aportenunha maior transparencia e estabilidade ao mercado,coma o establecemento de contratos homologados e deíndices de referencia na evolución dos prezos, que poidanaxudar nas negociacións posteriores a levar adiante entreas dúas partes.No mercado do leite envasado entre a industria e a distribución,as prácticas que poden restrinxir a competenciaestán centradas nas condicións de venda. Son sobre todoas fortes presións exercidas sobre o prezo das marcas dedistribución, ás que non poden renunciar as industrias quenon teñen marcas líderes, e os amplos períodos de cobroexistentes, que superan o regulado na lei 3/2004 de medidascontra a morosidade nas operacións comerciais.Tamén debe salientarse a esixencia de descontos por diversosconceptos coma a contribución aos gastos de publicidadedos establecementos e outros colaterais. Para amellora desta situación tense proposto a promoción deacordos de boas prácticas comerciais, que deberían contarcunha supervisión efectiva, e a realización de auditorías deactividades e inspeccións sobre os contratos por parte dasadministracións competentes.As limitacións no número de referencias ou produtos diferentesdispoñibles nos lineais de gran parte das empresasde distribución, e en especial nos supermercados de desconto,pode afectar á competencia por limitar a capacidadede elección por parte do consumidor.A forte presión exercida pola distribución sobre as marcasbrancas de leite envasado ten provocado que os seusprezos sexan considerablemente inferiores aos existentesnoutros países, provocando unha importante redución namarxe das industrias, que á súa vez trasladan cara atrás aosprodutores, podendo afectar á competitividade futura porlimitar a capacidade de investimentos e de innovación epolo tanto de mellora da eficiencia produtiva.Fronte ao uso abusivo do leite como “produto reclamo”,habería que incidir nunha información de prezos que nonestea limitada ás ofertas que lle interesan á distribución,senón que fora máis xeral para unha gama de produtosmoito máis ampla, sobre a que os consumidores puideranvalorar de modo máis obxectivo as diferenzas reais na súacesta da compra.CENTRO DEANOCA RECRÍAVenda de xovencaspróximas ó parto eparidas. Envío a calquerapunto de España.Contactos: Goberno, 8 • Castro de Rei, Lugo // Teléfono: 666 49 79 12 - 660 49 11 12 // Mail: afiteco@mundo-r.comAFRIGA ANO XV - Nº 83


56 ASOCIACIÓN ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIAO primeiro concurso de gando deSanta Comba celebrouse no 1988 efoi un éxito masivo de públicoAFRIGA: 25 ANOS NA VANGARDA DAPRODUCIÓN DE LEITE EN GALICIAA Asociación Frisona Galega (AFRIGA) cumpriu este ano un cuarto de século. Através das súas diversas etapas, a asociación ten sido un axente fundamental damodernización da gandería de leite en Galicia. AFRIGA protagonizou a ilusionante épocade finais dos 80 e principios dos 90, cando se estende o control leiteiro e os gandeirosreciben con afán todo tipo de innovacións e servizos técnicos. Nos momentos bos enos menos bos _coma o actual_, a Asociación Frisona Galega vén funcionando comoreferencia para os produtores de leite de bovino. Repasamos nas seguintes páxinas ahistoria da asociación.A acta de constitución de AFRIGA ten data do 19de xaneiro de 1984. Nela figuran como asinantes RamónSaavedra Pereira, José María Iglesias Turnes, GumersindoAntelo Abelenda e Andrés Iglesias Turnes, da provinciada Coruña; Francisco López Folgueira e Bautista SoilánCarreira, da provincia de Lugo; Francisco Carrera Abeijóne Antonio Sampayo Gómez, da provincia de Pontevedra,e Antonio González Bernárdez e Luis de JerónimoVázquez, da provincia de Ourense.Ramón Saavedra Pereira, arzuán con gandería en Melide,sería o primeiro presidente da asociación. Saavedra,na actualidade funcionario de Medio Rural, lembra queAFRIGA “naceu coma unha continuidade do que era adelegación da Asociación Nacional de Frisona Española(ANFE) na provincia da Coruña”. Esta delegación, financiadapolo Plan Coruña da Deputación, estaba nunhaoficina do mercado de gando de Salgueiriños que herdaráAFRIGA.Saavedra retrata esa época como un momento especial:“Había moito movemento gandeiro, moito movementoasociativo, máis preocupación”. AFRIGA non só asume aoficina da antiga delegación, senón boa parte das explotaciónsasociadas; bota a andar cunhas 150 granxas. O primeiroreto foi dar resposta ás necesidades do Libro Xenealóxicoda raza frisona e o control oficial de rendementos oucontrol leiteiro. “Fíxose unha enquisa aos gandeiros sobreprioridades, e saíu como primeiro tema o control leiteiro.Naquel momento había varios núcleos de control, de moipequeno tamaño e con pouca actividade, e pretendiamosdesenvolvelo e aumentalo”, engade Saavedra.AFRIGA ANO XV - Nº 83


58 ASOCIACIÓN ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIACRONOLOXÍA DE AFRIGA1984 Constitúese AFRIGA a iniciativa dun grupo de gandeiros para traballar no LibroXenealóxico, control leiteiro e servizos técnicos. O primeiro presidente é RamónSaavedra.1986 Faise a primeira escola de xuíces gandeiros, na parroquia de Cabanas (ABaña).1987 Ponse en marcha o control leiteiro a partir do núcleo 353, constituído inicialmentepor tres explotacións da Baña e Ames.1988 Organízase o primeiro curso de inseminación, con forte oposición dos veterinarios.Ata daquela, eses cursos só se impartían en Zaragoza. Organízase o primeiro concurso de gando frisón, en Santa Comba Ponse en marcha o servizo de reprodución. Manuel Vierna asume a presidencia de AFRIGA.1989 Créase a revista da asociación. Ponse en marcha o servizo de podoloxía. Constitúese Xesga S.A. cun capital social de 10 millóns de pesetas para comercializardoses de seme.1990 Publícase a primeira memoria de control leiteiro da provincia da Coruña. Póñense en marcha o servizo de nutrición e o transplante de embrións.1991 AFRIGA e Afrilugo crean a Federación Frisona Galega (FEFRIGA), que representaráa Galicia na Confederación Nacional de Asociacións de Frisona (CONAFE),constituída pouco despois.1992 AFRIGA e Afrilugo deixan FEFRIGA para dar entrada ás catro Africores provinciais,que asumen o control leiteiro. Toñito Salgado asume a presidencia de AFRIGA, mantendo os servizos enfuncionamento e creando outros novos. Constrúese unha nave en Ordes para acoller a asociación. A revista de AFRIGA convértese no boletín AFRIGA Informa.1994 Xesga S.A. dedícase á comercialización de produtos agrogandeiros. Para avenda de seme adquírese Selitel S.L.1999 Expediente de regulación de emprego a 28 dos 31 empregados de AFRIGA.Cobran as indemnizacións en accións de Xesga S.A. e constitúen a cooperativade traballo asociado Seragro. Selitel S.L. queda en mans dos seus socios.2000 Juan Novo asume a presidencia de AFRIGA. A revista da asociación inicia a súa terceira etapa.2005 A revista de AFRIGA inicia a cuarta etapa. A colaboración das Africores permiteestender a distribución non só a socios senón a todas as explotacións encontrol leiteiro.Os núcleos, identificados cun número, constituíanse apartir dun grupo de gandeiros nunha zona xeograficamentereducida. As análises de calidade levábanse a cabo noCentro Nacional de Selección y Reproducción (Censyra)do Ministerio de Agricultura, situado en Lugo, e os datosenviábanse directamente a Madrid a través das delegaciónsprovinciais. Pero o sistema era lentísimo: o Ministerio sódevolvía os datos procesados medio ano despois de finalizadaunha lactación. É dicir, pasaba máis dun ano ata queo gandeiro tiña coñecemento dos mesmos.Xosé Ramón Anido, á esquerda, foi directortécnico e xerente de Afriga. Nesta foto do 2001aparece con gandeiros de SAT Lamela (Pol)AFRIGA BOTA A ANDAR CUNHAS 150GRANXAS. O PRIMEIRO RETO FOI DARRESPOSTA ÁS NECESIDADES DO LIBROXENEALÓXICO DA RAZA FRISONA E OCONTROL LEITEIROManuel Berdomás, actual membro da directiva deAFRIGA, nunha escola de xuíces en Mesía en 1988O CONTROL LEITEIROAnte esta situación, AFRIGA decide facer control leiteiro apartir do ano 1987. Os poucos núcleos que existían en Galicia(media ducia) seguirían funcionando autonomamente,á marxe da asociación, ata 1992, momento en que se provincializao control coa creación das catro Africores. AFRIGAcrea, e usa como base de expansión, o núcleo 353, formadoinicialmente por tres granxas da Baña e Ames.O crecemento é espectacular en poucos anos. O boomten varias causas: a principal, o enorme interese dosgandeiros por mellorar. “Espertouse a ansia do gandeiro,a ansia técnica de ter información. E, por outraparte, estaban as subvencións, que se enfocaban moitoás granxas que estaban en control leiteiro”, lembra ManuelXesto, responsable do control leiteiro de AFRI-GA a partir de 1989.AFRIGA ANO XV - Nº 83


PIENSOS ARA• Fabricación personalizada de todo tipo de pensos: mesturas,pensos simples, compostos, en fariña ou granulados• Servizo de racionamentos para calquera especie animal• Asesoramento técnico• Servizo de menos de 24 horas para pedidos de calqueravolume e a calquera lugar• Venta de forraxes (alfalfa, palla, reigrás).Cantidade mínima, unha paca• Venta de fertilizantesPraza Maior, s/n - 27377 Muimenta (Lugo) - Telf.: 982.52.81.03 - Fax: 982.52.81.33 - Mail: poehisl@infonegocio.com


ANO XVSetembro–Outubro <strong>2009</strong>60 ASOCIACIÓN ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIAAS ETAPAS DA REVISTA DE AFRIGANúmero 1 da primeira etapa da revistaCabeceira da segunda etapa da revistaNúmero 50, na terceira etapa da revistaNúmero 3 da primeira etapa da revistaNº 82AFRIGAP R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I AENQUISA DO CIAM: O MODELO PRODUTIVO DAS GRANXAS DE LEITE GALEGASFONTAO, NA VANGARDA DAÉNúmero 82, na cuarta etapa da revistaOs produtores captan axiña as vantaxes de dispór dosdatos con rapidez e a súa utilidade: por exemplo, para valorizaras xovencas que sacan á venda en función dos rendementosdas nais. Por outra banda, sendo conselleiro deAgricultura José Manuel Romay Beccaría (1990-1991), aXunta habilita unha partida de 5.000 millóns de pesetaspara a investir en mellora xenética durante un período de 5anos. AFRIGA aproveitou activamente estes fondos parao control leiteiro.“Formar os controladores era un afán, ter o persoal moicualificado”, relata Manuel Xesto. “Primeiro íanse comigo,logo cun controlador dos máis veteranos, que lles ensinabacomo se facía a recollida de datos”. Xesto destacaque se habilitou unha ferramenta básica: un programainformático deseñado ex profeso para o control leiteiro.“Deseñouno Xosé Ramón Anido e eu acabei de meter avaca dentro. Fomos a segunda rexión de España en informatizaro control leiteiro, despois do País Vasco”, apunta.Os controladores foron tamén fundamentais no LibroXenealóxico: “Eran os que silueteaban os animais e recollíanos datos de nacemento e filiación”. Xesto non pasa poralto outro fito do control leiteiro de AFRIGA: a primeiramemoria de ganderías, publicada no ano 1990. “Técnicosde CONAFE recoñecéronnos que faciamos o mellor controlleiteiro de España”, lembra.José Moreira, actual xerente de Africor Coruña, foicontrolador de AFRIGA entre os anos 1988 e 1992. Algofundamental naquel momento, lembra, “é que o prezo doleite superaba as 50 pesetas, e chegou a rondar as 60”. Oentusiasmo derivado disto reflectíase nun rápido aumentode asociados. “Os propios controladores eramos captadoresde socios. Ofreciamos os servizos de AFRIGA,tramitabamos a documentación do Libro Xenealóxico ecubriamos a documentación para o control leiteiro. Lembroque en maio do 88, só na comarca de Bergantiños e azona de Xallas, nunha ronda de calificación fixéronse 100socios novos”.Cando AFRIGA pon en marcha os servizos veterinarios,son tamén os controladores os que fan de enlace entreos veterinarios e os gandeiros. “Iamos con certo temor”,lembra Moreira. “Por exemplo, cando se facían as primeirasexploracións para diagnóstico de preñez, nunha explotaciónabortara unha vaca, e o veterinario dixérame: vanchereprochar que me levaras ti”. En realidade, os gandeirosasumiron moi rápido a revolución que estaba a promoverAFRIGA. Ata entón, o exercicio da veterinaria era exclusivamenteclínico: curar animais, acudir á granxa só en casode enfermidade. A partir de entón, instáurase en Galicia aveterinaria preventiva.O radio de acción dos controladores de AFRIGA eraamplísimo, dado que, como relata Moreira, “as explotaciónsestaban moi diseminadas”. En contrapartida, “o traballo decontrol en si era menor, porque a media de vacas por explotaciónera de 20, mentres que hoxe, aquí na Coruña,está en 50”. O método de traballo era idéntico ao actual:controis nos dous muxidos do día, cun intervalo de entre26 e 33 días.Durante a presidencia de Saavedra, AFRIGA puxo taménen marcha o primeiro concurso de gando frisón deGalicia, en Santa Comba. Todos os que viviron aquel fitocoinciden en que o nivel de resposta dos gandeiros foi espectacular,moi superior ao que se observa nestes eventosna actualidade. O mesmo cómpre dicir da escola de xuíces,que AFRIGA organizou por primeira vez na parroquia daCabanas (A Baña).A asociación, en suma, era hiperactiva en todo o que tiñaque ver coa formación gandeira. “Queriamos saber todoo que pasaba fóra”, conta Saavedra. “Por outra banda, foronanos de gran volume de importación, todas as semanaschegaban camións con vacas ás provincias da Coruñae Lugo, e interesábamos darlle continuidade á xenealoxíadeses animais”.AFRIGA ANO XV - Nº 83


ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIAASOCIACIÓN 61AFRIGA ANO XV - Nº 83OS CURSOS DE INSEMINACIÓNNo último ano de presidencia de Saavedra, 1988, a AsociaciónFrisona Galega pon en marcha o primeiro cursode inseminación para gandeiros, organizado nun clima deoposición dos veterinarios, que ven desaparecer unha liñade negocio. Pero a tendenza era imparable: en cousa detres anos, todos os gandeiros de Galicia están a inseminarpor si mesmos. “Os cursos facíanse por zonas”, explica JoséMoreira. “Naquel momento era unha revolución, eu lembroter participado en algún e xuntábanse facilmente 30 ou40 persoas”.Luis Carro, de Mesía, estivo en AFRIGA entre 1988 e1992, primeiro como controlador e máis tarde como técnicode acoplamentos. Na súa opinión, o adestramento dosgandeiros como inseminadores foi “un descubrimento”.“Afriga foi a revolución en todo, en temas de aprendizaxe anivel xeral”, engade. “En podoloxía, por exemplo. Ata quechegou AFRIGA traballaban os ferradores”.Por unha evolución lóxica, os cursos de inseminación levaronao reparto de seme. AFRIGA converteuse nun focode difusión de xenética de calidade. Carro distribuía dosesnun ambiente de demanda crecente. “A demanda veu porsi soa. O gandeiro que tiña 20 vacas en muxido pasaba ater 40, formábase, mercaba o seu propio tanque de seme edemandaba mercadoría. Loxicamente, tamén entrou aí aempresa privada”. Carro cre que naqueles anos “a maioríados gandeiros destacados, quizais un 80%, surtíase de semeen AFRIGA. Repartiamos doses de Estados Unidos, Canadá,Italia, Alemaña, Holanda... E tamén seme español:do Censyra de Lugo, de Aberekin e de Tauste”.“Afriga foi a revolución total no seme”, coincide LuisSeoane, propietario de Granxa Ugasma (Boimorto) e ex presidentede CONAFE e FEFRIGA. Seoane, socio de AFRI-GA desde o primeiro momento, recorría á asociación paradúas cousas: os servizos do Libro Xenealóxico e, sobre todo, aadquisición de doses de seme. “Foi AFRIGA a que empezoua importar seme dunha forma importante, captando doses desementais selectos de Canadá, de Estados Unidos... Os medioseran poucos, había moi poucos contedores...” Os núcleosde control organizábanse para repartir seme que recollían enSantiago, no Fondo de Garantía Agraria. Anos antes, nos 70,resultaba tan difícil atopar seme que Seoane tiña que ir buscaloa Colmenar Viejo (Madrid).Un home fundamental na historia de AFRIGA foi ocarballés Xosé Ramón Anido, que desenvolve as tarefasde director técnico entre 1984 e 1992 e de xerente entre1993 e 2002 (cunha breve paréntese dun ano, entre o 92 e oEsta gandeira de Moeche foi a imaxe do calendario de AFRIGA de 1989O gandeiro da Baña Cándido Iglesias, nunha escola de xuíces de Cabanasa principios dos 90, cando era membro da directiva de AFRIGAA FINAIS DOS 80, AFRIGA É PIONEIRAEN PÓR EN MARCHA OS SERVIZOS DEREPRODUCIÓN, PODOLOXÍA E NUTRICIÓN93, en que estivo en FEFRIGA). Anido puxo en marcha ocontrol leiteiro cos dous primeiros controladores, ManuelXesto e Ramona do Val do Dubra. En 1989, Xesto asumeo control leiteiro e Xosé Ramón pasa a dirixir o resto dosservizos da asociación.OS CONCURSOSAnido lembra que a implantación de AFRIGA dependeuen gran parte dos controladores. “A posibilidade de facer osconcursos, as escolas de xuíces e todo o demais foi grazas aeles. Cando estabamos en 350 granxas en control había 21controladores, 21 técnicos que podiamos usar para buscar asgranxas, falar cos gandeiros, domar o gando, pelalo...” “Paraos concursos”, engade, “tomamos como modelo os concursosamericanos e o Nacional de CONAFE, que xa se facía enAsturias”. AFRIGA daríalle un apoio importante aos concursosda Semana Verde de Silleda, ademais de organizar di-Todo lo mejor para el cuidado del campoDELAGROFELICITAA AFRIGAEN SU 25ANIVERSARIO


62 ASOCIACIÓN ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIAOs veterinarios Javier López Vila (de pé) e Federico Romero (á dereita), osdous primeiros que tivo AFRIGA, cun gandeiro nun curso de transplante deembrións a principios dos 90Manuel Vierna, segundopresidente de AFRIGA(esquerda) e Luis Madriñán,membro da súa directiva,nunha Semana Verde dosanos 90Na oficina de AFRIGA de Santa Comba estaba a base dos controladores. Aasociación tivo tamén oficinas en Ordes, Silleda e MuimentaOS SERVIZOS VETERINARIOSOs finais dos 80 e principios dos 90 son anos “dunhatransformación brutal na gandería de leite”, recalca XoséRamón Anido. “Precisábanse veterinarios”. Neste contexto,AFRIGA é pioneira en pór en marcha os servizosde reprodución, podoloxía e nutrición. “O programa dereprodución empezou con 40 granxas, e inmediatamenteempezou a haber altas e houbo que seguir contratando veterinarios”.O servizo deuse gratuitamente durante o primeiroano, co obxecto de implicar un número crecente degandeiros. Pouco despois empézase tamén co transplantede embrións. Os veterinarios de reprodución acudiron aformarse a Francia e o País Vasco. Para o transplante deembrións, a Alemaña e Estados Unidos. Estábanse a importarinnovación e coñecementos.O servizo de nutrición foi para Anido un fito básico.“Non existía en Galicia a formulación de racións, tamén foiAFRIGA quen empezou con este tema. O primeiro técnicofoi un rapaz arxentino que trouxemos de California.Tratábase de facer formulación de racións, con visitas regularesaos gandeiros, sen estar condicionado por ningunhafábrica de pensos”. Xosé Ramón Anido tiña claro que todosos servizos que se implantaban formaban un conxuntoglobal. “Se a reprodución ía ben, o traballo podíase botar aperder se despois se alimentaba mal. Outro exemplo: moitosproblemas de podoloxía están ligados á nutrición”.AFRIGA estaba a funcionar basicamente na provinciada Coruña, con algunha implantación nas de Pontevedra(onde se abriu outro núcleo de control no 89) e Ourense.En Lugo eran moi poucas as granxas asociadas. Nesta provinciaoperaba Afrilugo, e entre ambos colectivos houbosempre unha rivalidade que Anido pensa que “custou moitosdesgustos”. “Iamos á Consellería negociar as cousas porseparado e sempre podían poñer o problema de que faltabaunha parte do sector, tanto a eles coma a nós”.Manuel Vierna Pita, de Ortigueira, relevou a Saavedraá fronte de Afriga en 1988. Outro nome clave na ganderíagalega: era presidente da cooperativa Agrortegal, estivona directiva de Puleva e chegaría a ser vicepresidentede ANFE. Dos seus anos en AFRIGA, lembra que nonse escatimaban horas de traballo: “Non parabamos de darcharlas, chegabamos á casa tardísimo. Charlas, reunións…Eu íame a Santiago despois do muxido da tarde ou deixándooa medias. Traballamos moitísimas horas sen nada acambio, porque ninguén cobraba nada na xunta directiva,pagábanse só os quilómetros”Vierna contratou os dous primeiros veterinarios deAFRIGA, Javier López Vila e Federico Romero. Romero,en concreto, foi o encargado de viaxar a Estados Unidospara aprender o transplante de embrións. “Á volta trouxoun ecógrafo”, lembra Vierna Pita. O primeiro transplantede embrións en Galicia faise na cooperativa Agrortegal.Pouco a pouco, avanzan tanto a importación de embriónscoma o número de granxas adscritas ao programa.Manuel Vierna cita como momento máis crítico da súapresidencia a saída de Romay Beccaría da Consellería deAgricultura, no ano 91. “Tiña unhas subvencións pendentescon nós, 60 millóns de pesetas, e non tiñamos un peso.A semana antes de irse asinoume o cheque, e esa foi a salrectamenteo de Santa Comba e máis tarde o da Moexmude Muimenta. Ambas as dúas citas continuaron despois deque AFRIGA se retirara da organización, chegando con boasaúde ata a actualidade.O técnico Luis Carro destaca que “os concursos e asescolas de xuíces eran importantes sobre todo como actosocial, polo achegamento de xente, a entrega. Era o impactomáis grande que había. A aprendizaxe, crear uniónna xente”. Manuel Xesto engade que era fácil que se xuntarannaqueles eventos ata 2.000 persoas, “moito máis doque podes ver nun concurso dos actuais”. Por outra banda,a memoria de control leiteiro permitía sinalar as melloresexplotacións e premialas, “e aproveitábase o concurso deSanta Comba para entregar as distincións”.AFRIGA ANO XV - Nº 83


ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIAASOCIACIÓN 63AFRIGA ANO XV - Nº 83Unha das primeiras edicións do concurso de Santa Comba.En primeiro plano, o gandeiro de Cabanas GumersindoAntelo (con xersei), o controlador Manuel Xesto e a súa donaGonzalo, veterinario do Pino, impartiuos primeiros cursos de inseminaciónde AFRIGA en 1988Juan Novo é presidente de AFRIGAdesde o ano 2000vación. Non tiñamos nin para pagar as nóminas”. O conselleiroviñera gratamente impresionado dunha viaxe porItalia onde viu núcleos de control leiteiro, comprendendo aimportancia capital que tiñan para o sector.Na historia de AFRIGA, o diñeiro ten sido sempre ogran cabalo de batalla: a dependencia das subvencións, oeterno debate sobre se o custo real dos servizos debía repercutirseno gandeiro. Vierna era desta opinión, “poucodado a crer nas subvencións”. “Sempre dixen que os servizosos tiña que pagar o gandeiro, que era quen se ía beneficiardeles”. Por outra banda, engade, “as relacións coaXunta sempre eran complicadas, era moi difícil facerllesentender que os gandeiros estaban poñendo toda a carneno asador”.NACEMENTO DE FEFRIGAO segundo presidente de AFRIGA viviu como “un fracaso”que non se chegara a unha fusión con Afrilugo, “porcausa dos localismos”. Con todo, as dúas asociacións logranpoñerse de acordo para formar FEFRIGA en 1991,nunha reunión fundacional que ten lugar nun restaurantede Guitiriz. A acta de constitución asínana os dous presidente,Vierna por Afriga e Francisco López Folgueira porAfrilugo.Xosé Ramon Anido foi un dos impulsores da constituciónde FEFRIGA, que tiña unha poderosa razón de fondo:ANFE desaparecía e no seu lugar estaba a piques denacer CONAFE, onde os asociados non ían ser gandeirosindividuais (coma no caso de ANFE), senón federaciónsrexionais. Anido vía que eran os vascos e os cataláns quenestaban liderando a creación da Confederación, e tiña claroque Galicia, o territorio de España con máis vacas de leite,non podía perder ese tren. “Galicia figura na acta fundacionalde CONAFE grazas a esa reunión, constituíuse ao messeguinte de FEFRIGA”, lembra Anido.Inicialmente estaba previsto que Manuel Vierna representaraa FEFRIGA en CONAFE e López Folgueirafixera o propio diante das institucións galegas. Pero, só unano despois, as dúas asociacións ven redefinido o seu estatus:créanse as catro Africores provinciais e estas asumen ocontrol leiteiro baixo o paraugas de FEFRIGA.CESIÓN DO CONTROL LEITEIROPara Xosé Ramón Anido, a creación das Africores foialgo inevitable. AFRIGA tiña nese momento máis de 600granxas en control; quitando os núcleos históricos, que seguiranfuncionando autonomamente, e algunhas granxasque controlaba Afrilugo, a Asociación Frisona Galega representabaa maior parte do control leiteiro da comunidade.“Non é que a AFRIGA lle fixera graza ceder todoisto”, aclara Anido, “pero viamos que o importante eran osgandeiros. Por outra banda, a Consellería financiaba todoaquilo, e era importante que estivera organizado a nivel deGalicia”.Manuel Vierna engade que deixar o control leiteiro,“para que os que fixeramos AFRIGA foi unha pequenadecepción, pero a plantilla de controladores era enorme etiña que estar moi ben manexada. E tamén era certo quetiña un risco: que crebaramos como empresa”. Os estatutosforon inicialmente os mesmos para as catro Africores, e asúa redacción foi coordenada desde AFRIGA.


64 ASOCIACIÓN ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIAAndrés Iglesias, gandeiro da Baña xafalecido, recollendo un premio no concursode Santa Comba nos 90DURANTE A PRESIDENCIA DE TOÑITOSALGADO, ENTRE 1992 E 2000, AFRIGASUMA 1.200 EXPLOTACIÓNS ASOCIADASToñito Salgado destaca daquela época “a cohesión entreos servizos técnicos e os gandeiros. Había un matrimonioentre os socios e os servizos técnicos, os socios críanen AFRIGA. Pensabamos que o gandeiro tiña que recibiro mellor servizo técnico que se lle puidera dar. Gastábasemoito en formación”.En definitiva, AFRIGA sentou a arquitectura do que éhoxe o control leiteiro, non só no aspecto real (as granxas eos controladores), senón tamén no formal.No momento de deixar o control leiteiro, AFRIGA ten45 empregados, que quedarán reducidos a 18. Os 27 quemarcharon acomodáronse en FEFRIGA (2), en AfricorPontevedra (3) e a maior parte (22), en Africor Coruña.Entre estes estivo Anido, que levaría a xerencia de FEFRI-GA entre 1992 e 1993.Antonio Salgado Rodríguez, Toñito Salgado, foi presidentede AFRIGA durante dous períodos consecutivos,entre o 1992 e o 2000. Este gandeiro da Capela toma osmandos da asociación cando xa non quedan controladores.AFRIGA ten a esa altura 1.200 explotacións asociadas, e ofeito de que os apoios oficiais estiveran centrados no controlleiteiro e o Libro Xenealóxico fixo que Salgado temera“que AFRIGA desaparecera naquel intre”.Deste xeito, a súa teima vai ser desenvolver o resto de servizosda asociación. Ademais de manter os que xa estabanen funcionamento (reprodución, nutrición e podoloxía),puxéronse en marcha o de proxectos, con 2 enxeñeiros, eo de xestión técnico-económica. O servizo de reproduciónmellórase cun programa informático. Faise tamén unhanave en Ordes para trasladar toda a estrutura da asociación,abandonando o domicilio histórico do mercado deSalgueiriños.EMPRESAS SATÉLITESO tema económico segue a ser central durante a presidenciade Salgado. A excesiva dependencia das subvencións éun factor de inestabilidade, pero, por outra banda, Toñitofoi sempre partidario de non repercutir o custo real dosservizos no gandeiro. Nesta tesitura, os responsables deAFRIGA comprenden a necesidade de contar con instrumentosautónomos de financiamento.Xa no ano 1989, a asociación constituíra a sociedadeanónima Xenética e Servicios Gandeiros (Xesga) para adistribución comercial de seme. No 94 decídese ampliara súa actividade a todo tipo produtos agrogandeiros, condelegacións en localidades coma Santa Comba, Teixeiro eMuimenta. Xesga S.A. contribuirá dun xeito fundamentalao mantemento de AFRIGA coa súa facturación.Anido, non obstante, pensaba que o punto fraco deXesga era a venda de seme, e para mellorar iso había quemontar unha rede de distribución ou mercar unha quexa estivera en marcha. Así, xestionou e propuxo á xuntade goberno a compra dunha comercializadora que estabaa nacer naquel momento: Selitel. Esta empresa estabaen mans do ex responsable do control en AFRIGA,Manuel Xesto, que chega a un acordo ventaxoso cos seusantigos compañeiros. “Anido explicoume o proxecto eeu fun sempre moi afriguista e impliqueime”, relata este.Desta maneira, Selitel empeza a traballar como satélitede AFRIGA no ano 1994. No 1999, a facturación dasdúas empresas, Xesga e Selitel, sumou 700 millóns depesetas.Visita dun grupo de socios de AFRIGA á granxa La Travesía, en NavarraAFRIGA ANO XV - Nº 83


ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIAASOCIACIÓN 65AFRIGA ANO XV - Nº 83Stand de AFRIGA nunha edición da Moexmua principios desta década. Juan Novo, actualpresidente, é o primeiro pola esquerdaNA HISTORIA DA ASOCIACIÓN, O DIÑEIROTEN SIDO SEMPRE O GRAN CABALODE BATALLA: A DEPENDENCIA DASSUBVENCIÓNS, O DEBATE SOBRE SEO CUSTO REAL DOS SERVIZOS DEBÍAREPERCUTIRSE NO GANDEIROToñito Salgado resume a súa presidencia comoun período de relativa estabilidade: “AFRIGA nonmedrou en número de socios, pero mantívose. Eulembro a cifra dos 1.200 durante os meus oito anos”.No 1999, AFRIGA ten 31 empregados en nómina.Sumando os de Xesga S.A. e Selitel S.L., o númerosupera os 50. Malia a facturación das dúas sociedadesmercantís, a preocupación polas contas é acuciante.Toñito resúmeo deste xeito: “qué se podía facer parasolucionar a carestía nos servizos, e os problemas quepodía xerar no futuro pagarlle a un número tan elevadode técnicos”.Anido, de novo, deseña un plan: constituír dúas cooperativas,unha de traballo asociado que agrupara aos técnicose outra de primeiro grao de gandeiros, co obxectivo finalde que ambas as dúas se integraran nunha cooperativade segundo grao. AFRIGA, deste xeito, quedaría libre paraasumir en exclusiva labores de representación e interlocucióndo sector cos actores políticos, económicos e sociais.REGULACIÓN DE EMPREGOO proxecto de Anido viuse frustrado e os técnicos, finalmente,abandonaron AFRIGA e constituíron a cooperativade servizos Seragro.A saída dos empregados tivo lugar mediante un expedientede regulación de emprego que afectou a 28 persoas.As indemnizacións en función de antigüidade pagáronseen xaneiro do 2001 con accións de Xesga, empresa valoradaa aquela altura en 48 millóns de pesetas. AFRIGAconservou só o 20% da sociedade. No caso de Selitel, aempresa quedou en mans dos seus empregados, conservandoAFRIGA un 33% naquel momento. Na actualidade épropiedade dos oito socios, entre eles Manuel Xesto.


66 ASOCIACIÓN ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIAReunión de Xenega, a finais dos 90 en Santiago, para facer balance da campañade seme. De esquerda a dereita: Manuel Reija (Sergega), Jesús Pena (GanderíaO Castro), José Rodríguez (Africor Pontevedra), José Moreira (Africor Coruña),Ramiro Fouz (Africor Lugo), Françesc Grau (Xenega), Aquilino Rodríguez(FEFRIGA) e Luis Seoane (Africor Coruña)Santi, de Finca La Asunción (Touro), recolle unha distinción en Muimentade mans do xuíz Badiola en 1991Romay Beccaría, entón conselleiro de Agricultura (con xeresi amarelo), noconcurso de Santa Comba do ano 90. Flanquéano outros dous políticos:Salvador Fernández Moreda (á esquerda) e Francisco Sineiro (á dereita)Esta vaca da Baña, campiona no primeiro concurso de Santa Comba(1988), foi unha das primeiras calificadas Excelente en GaliciaNO ANO 2000, AFRIGA DEIXA DE PRESTAR SERVIZOS DIRECTOS E CÉNTRASE NAFORMACIÓN E INFORMACIÓN DO SECTOR A TRAVÉS DA SÚA REVISTANin Anido nin Toñito Salgado ocultan que este final supuxounha decepción, que atribúen á falta de entendementoentre a xunta de goberno de AFRIGA e os antigos traballadores.Anido engade que “quedaron moitos proxectosen carteira que a cooperativa tería sacado adiante”.Para Rogelio Grille, na actualidade presidente da cooperativaSeragro, “a opción menos mala foi facer o que se fixo, conacordo entre as dúas partes”. Respecto do plan de cooperativasde Anido, opina que “sobre o papel era fácil debuxar esetipo de estruturas, pero na realidade práctica non lle viamoso sentido”. A constitución da cooperativa de traballo Seragrofíxose “en paralelo ao expediente de regulación de emprego”.Grille afirma que o seu recordo dos anos de AFRIGA(estivo entre o 92 e o 99) é “moi satisfactorio”. “O papelfundamental de AFRIGA estivo nos seus inicios, candofoi capaz de formar unha asociación de gandeiros e introducirtemas pioneiros coma a inseminación, o seme decalidade, os concursos, as escolas de xuíces, e o feito de formarun núcleo de control que foi o xerme do actual controlleiteiro. Os servizos técnicos foron unha anécdota ao ladodeso”. Por outra banda, engade que a filosofía de traballodos técnicos de Seragro “é a mesma que tiñamos dentro deAFRIGA”. Moitos socios seguen a ser clientes seus.A ETAPA ACTUALNo ano 2000 asume a presidencia de AFRIGA Juan Novo,gandeiro de Cospeito que continúa hoxendía á fronte daasociación. Novo entrou en AFRIGA a finais dos 80; eraun dos pouquísimos socios na provincia de Lugo. “Dábanmeuns servizos que non me daba Afrilugo; aínda que euseguín no control leiteiro de Afrilugo ata o 92: o núcleo145, con base en Pol”, lembra. Máis tarde entrou nas xuntasde goberno de Vierna e de Toñito Salgado. En xuñodo 2000, Novo asume a presidencia dunha asociación senempregados nin servizos, coa nave de Ordes baleira. A necesidadede reestruturar a Asociación Frisona Galega é perentoria,de maneira que o 22 de decembro do 2000, nunhaxunta xeral extraordinaria, apróbanse novos estatutos.Estes estatutos, que seguen vixentes a día de hoxe, estruturaronpor zonas xeográficas a asociación, con representaciónde delegados, e definiron un novo obxecto social contres piares básicos:a) A representación dos asociados para emitir opiniónsrespecto de calquera tema relacionado coa súa profesión, emais a defensa legal dos seus intereses.b) A organización de actividades profesionais, formativas,culturais e asistenciais.c) A subministración de información a través dunha revistaperiódica: a revista Afriga. Produción de Leite en Galicia.Respecto deste último punto, cómpre lembrar que AFRI-GA tivo revista a partir do ano 89. A cabeceira transformousedespois, durante a presidencia de Toñito Salgado,no boletín Afriga Informa, para voltar ao formato de revistanunha terceira etapa, entre o 2000 e o 2004.AFRIGA ANO XV - Nº 83


ESPECIAL: 25 ANOS DE HISTORIAASOCIACIÓN 67AFRIGA ANO XV - Nº 83Toñito Salgado (á esquerda, nunha Semana Verde)asumiu a presidencia de AFRIGA en 1992Ramón Saavedra, primeiropresidente de AFRIGA,entregando un premio nacuarta edición do concurso deSanta Comba, en 1991Catro explotacións de Aranga foron das primeirasen facer transplante de embrións en AFRIGANo ano 2005 iniciouse a cuarta etapa da publicación:Afriga. Produción de Leite de Galicia. Esta revista, grazas aoapoio das Africores e os controladores, revasou o ámbitoestrito da asociación para chegar a todas as explotacións encontrol leiteiro de Galicia e Asturias, así como a laboratorios,centros técnicos, facultades e casas comerciais de todoo Estado español. Para a difusión da revista é fundamentaltamén o apoio de todas as cooperativas de Galicia, as doOccidente asturiano e Ascol, e de numerosos traballadoresde empresas do sector que a distribúen por toda España ePortugal. O respaldo dos gandeiros á publicación é notorio.Unha AxenciaAgroalimentariagarantía daSaúde PúblicaNa enquisa de revistas promovida por Africor Lugo noano 2008, que cubriron máis de 1.400 gandeiros, Afrigafoi votada como a mellor revista de gandería de cantas seeditan no Estado español.Juan Novo lembra que empezou a súa etapa de gobernono medio da incertidume. “Entón o que pretendiamos facerera unha asociación profesional e salvar a revista paraque chegara aos socios con formación e información”. Naactualidade, analiza Novo, o ambiente do sector é radicalmentedistinto ao de finais dos 80, cando había unhavoráxine de ilusión e afán por aprender. “Agora a situacióné moi mala e hai moita desilusión. A apatía é xeralizada,pero non só en AFRIGA. En todas as asociacións”.Como mensaxe positiva, Novo considera que “isto pasará”.“E AFRIGA seguirá outros 25 anos, con nova xente enovos servizos”. O presidente está seguro de que “AFRI-GA é unha marca respectada”.A Veterinaria, unha profesióncon moitos camposONSELLOALEGO DEOLEXIOSETERINARIOS


68CONSUMOSergio Calsamiglia (1) , Ian Givens (2)(1)Catedrático de Produción Animal, Dpto.Ciencia Animal e dos Alimentos, UniversidadeAutónoma de Barcelona, 08193-BellaterraO CONSUMO DE LEITE COMOFACTOR DE PROTECCIÓN CONTRAENFERMIDADES CRÓNICAS (*)(*) Ponencia presentada no XIII Congreso de Anembe. Salamanca, maio do 2008(2)Profesor, Center for Dairy Research, School ofAgriculture, Policy and Development, Universityof Reading, InglaterraAs enfermidades crónicas, incluíndo as enfermidades cardiovasculares (ECV), o cancroe a síndrome metabólica, convertéronse na principal preocupación en saúde pública.De feito, as ECV (41%) e o cancro (25%) son a causa principal de mortalidade na UE(Eurostat), e a incidencia da síndrome metabólica é do 20 ao 30% e segue a aumentar.O consumo de leite pode brindar unha eficaz protección fronte a elas.INTRODUCIÓNAínda que a natureza destas enfermidades é multifactorial,todas teñen un compoñente causal asociado aos hábitosalimentarios. Na segunda metade do século XX implementáronsevarios estudos epidemiolóxicos de grande envergaduraco obxectivo de determinar a relación entre oshábitos alimentarios e a incidencia destas enfermidades.Os resultados destes estudos serviron para que as autoridadessanitarias de moitos países estableceran recomendaciónsdietéticas que permitiran unha maior esperanzade vida. Un exemplo do impacto destas recomendaciónsnos hábitos alimentarios foi a énfase en reducir o consumode graxas saturadas e de orixe animal, incluíndo o leite.Como resultado destas recomendacións, o consumo mediode leite e derivados lácteos non só diminuíu, senón que setransformou no consumo de derivados baixos en graxa oudesnatados.Sen embargo, as recomendacións sobre cambios de hábitosalimentarios deben realizarse con precaución, xa quese ben os motivos desas recomendacións se basean nosefectos de nutrientes individualmente (graxa total, graxasAFRIGA ANO XV - Nº 83


CONSUMO 69saturadas e/ou colesterol), o leite e os seus derivados sonalimentos complexos que contribúen de forma substancialá achega doutros nutrientes que poden compensar os efectosnegativos ou, simplemente, contribúen de forma importanteá nutrición.É importante reflexionar sobre o feito de que, a medidaque nos afacemos a alimentos con menor contido calórico,é necesario achegar alimentos que sexan máis densosnoutros nutrientes.Neste sentido, o leite cubre de media un 16% das necesidadesproteicas e un 54% das necesidades de calcio,mentres que só contribúe ao 12% das achegas enerxéticas(Givens et al., 2005).As consecuencias de reducir o consumo de leite son unaredución moderada do consumo de calorías, pero que vénacompañada dunha redución considerable do consumo deproteína e calcio, e iso, por si só, pode ter consecuenciasnegativas sobre a saúde do consumidor.Non hai que esquecer que o consumo medio de calcio napoboación europea está moi por debaixo das recomendaciónsestablecidas, e pode ter implicacións importantes norisco de padecer algunhas enfermidades crónicas.Ademais, os estudos epidemiolóxicos recentes non sónon puideron amosar unha relación entre o consumo deleite e derivados e unha maior incidencia de enfermidadescrónicas, senón que o consumo de leite parece ter un efectoprotector fronte a algunhas destas enfermidades.É probable que, aínda que algúns nutrientes son en simesmos un factor de risco para algunhas enfermidades, sevexan compensados coa presenza doutros nutrientes queteñen un efecto positivo sobre a saúde.O obxectivo deste artigo é revisar a literatura recente querelaciona o consumo de leite e os seus derivados coa incidenciade enfermidades crónicas en humanos. Para a elaboracióndeste traballo só se consideraron os estudos epidemiolóxicosprospectivos (ou de cohorte) que, por deseño,son robustos e moito máis fiables ca outro tipo de estudos.CONSUMO DE LEITE E DERIVADOS E OSEU IMPACTO SOBRE AS ENFERMIDADESCARDIOVASCULARESAs enfermidades cardiovasculares (ECV) son a principalcausa de mortalidade na UE (49%). A asociación entre oshábitos alimentarios e a incidencia de ECV foi recoñecidadesde hai moito tempo.Esta percepción foi construída a partir de datos epidemiolóxicose estudos de investigación controlados que estableceronunha relación sólida entre o consumo de colesterol,o nivel de colesterol en sangue e o risco de padecerunha ECV (Kannal et al., 1961; Connor et al., 1961).Sen embargo, esta máxima foi rexeitada, e recentementeo risco de padecer ECV asociouse máis cunha dislipidemiae o consumo de ácidos graxos saturados (AGS) e ácidosgraxos de cadea media (AGCM).A principal limitación (e crítica) da maior parte dos estudosque soportaron estas hipóteses é que se centraron navaloración dos efectos duns nutrientes específicos illados(colesterol, AGS, AGCM,,….), mentres que o leite é unalimento complexo que contén unha mestura de diferentesnutrientes, onde os efectos negativos duns poden ser compensadospolos efectos positivos doutros fronte ás ECV.Por iso, no presente traballo só se considerarán os estudosepidemiolóxicos prospectivos (estudos de cohorte) delonga duración, nos que se avalía o consumo dun alimento(leite e derivados), e non de nutrientes individualmente.Datos procedentes de 11 estudos epidemiolóxicos prospectivosindican que, despois de axustar por factores de erro(incluíndo a idade, o índice de peso corporal, o consumode alcohol, hábitos fumadores, clase social, exercicio…), oconsumo de leite e os seus derivados reduce a incidencia deECV (Táboa 1).Táboa 1. Asociación entre o consumo de leite e os seusderivados e a incidencia de ECVReferencia Población Casos Risco relativoBostic, 1999Shaper et al 1991Amnn et al 1997Elwood et al., 2003Iso et al., 1999Ness et al., 2001Kinjo et al., 1999Abbott et al., 1996Snowden et al., 1984Vijver et al., 199235.000 mulleres7.000 homes11.0002.50086.000 mulleres6.000223.0003.00025.0002.600387608636131.0881.5995443473.0852290,940,881,500,840,700,900,850,660,940,77MEDIA 400.000 8.500 0,84DATOS DE 11 ESTUDOS INDICANQUE O CONSUMO DE LEITE EDERIVADOS REDUCE A INCIDENCIA DEENFERMIDADES CARDIOVASCULARESAFRIGA ANO XV - Nº 83


70CONSUMOO NIVEL DE COLESTEROL EN SANGUENON É UN BO INDICADOR DO RISCODE ENFERMIDADE CARDIOVASCULAR.ADEMAIS, NON DEPENDE DO LEITE QUESE CONSUMAOutros estudos de casos controlados (menos fiables),onde o consumo de leite se asociou a unha redución dorisco de padecer ECV do 10-20% (Gramenzi et al., 1990;Tavani et al., 2002) tamén apoian esta hipótese.Non está claro se o efecto protector do leite está relacionadocon compoñentes asociados á fracción graxa ou áfracción non graxa, pero a maior parte dos estudos referidosrealizáronse basicamente durante un período onde oconsumo maioritario era de leite enteiro.Só un estudo comparou os efectos do leite enteiro respectoao desnatado, e indica que o risco de padecer unhaECV é similar en ambos casos (0,89) e menor respectodos individuos que consumían pouco leite. Isto suxire queo factor potencialmente protector atópase na fracción nongraxa do leite (Tavani et al., 2002).Aínda que se podería discutir que estes estudos epidemiolóxicospoden ter erros na súa estruturación e análise,parece pouco probable que 11 estudos epidemiolóxicosprospectivos axustados polos factores coñecidos de erroe realizados en diferentes lugares do mundo durante unperíodo de duración moi prolongado chegaran á mesmaconclusión.Polo tanto, os datos deben confirmar a hipótese de que oconsumo de leite ten un efecto protector sobre a incidenciade ECV.Para achegar máis datos de apoio a esta conclusión, énecesario desenvolver hipóteses razoables sobre os factorespresentes no leite que provocan ou protexen desa enfermidade,e como a percepción tanto do sector sanitario comado consumidor chegou a ser equivocada.¿Que hai no leite que poida causar ECV?A causa principal pola que se aconsella a redución doconsumo de graxa animal en xeral, e de leite en particular,é a asociación entre o contido en colesterol, o seu impactosobre o nivel de colesterol en sangue e a súa relación corisco de padecer unha ECV.Sen embargo, e tal e como se indicou anteriormente, esaasociación non está demostrada. Existe un consenso entreos investigadores de que o nivel sanguíneo de colesterolnon é un bo indicador do risco de ECV (Hegsted e Auman,1988; McNamara 2000; Ravnskov, 1995; Stamler eShekelle 1988; Kritchevsky e Kritchevsky, 2000). De feito,o nivel de colesterol en sangue entre individuos que consumenmoito ou pouco leite é similar (Táboa 2).Tabla 2. Asociación entre o consumo de leite e o nivel decolesterol en sangue (mmol/L)Referencia Consumo baixo Consumo altoAbbott et al., 1996Nagaya et al., 1996Ness et al., 2001Caerphilly5,605,205,876,055,705,285,906,14AVERAGE 5,68 5,76Máis recentemente, a atención sobre a relación entre aalimentación e o risco de padecer unha ECV centrouseno consumo de AGS e o seu efecto sobre o perfil lipídicosanguíneo, principalmente sobre o HDL-colesterol total,aínda que este tema segue a ser motivo de controversia.Ravnskov (1998) observou, despois de revisar os estudosepidemiolóxicos dispoñibles, que de 26 estudos realizadossó 3 puideron demostrar unha correlación positiva entre oconsumo de AGS e a incidencia de ECV, 1 amosou unhacorrelación negativa e os outros 22 non puideron demostrarningún efecto.AFRIGA ANO XV - Nº 83


CONSUMO 71A mesma conclusión é válida cando a análise se realizoucon AG de cadea longa. De feito, unha gran proporcióndos AG do leite son de cadea curta ou de cadea longa,ningún dos cales parece afectar negativamente os niveis decolesterol.Parece ser que a hipótese máis crible que relaciona oconsumo de graxa, a dislipidemia e o risco de ECV pareceimplicar os AG de cadea media (AGCM; C12, C14 yC16) (Grundy e Denke, 1990, Berner, 1993; Katan et al.,1995) e/ou os AG-trans.O leite é un alimento que contén unha concentraciónelevada de AGCM, así como un contido elevado de AGtransnaturais. Os AGCM sintetízanse na glándula mamariaa partir de acetato e butirato pola vía da acetil-CoAcarboxilasa. A afinidade destas enzimas polos AG diminúea medida que a lonxitude de cadea aumenta, o que causa aacumulación progresiva de intermediarios de cadea media.Ademais, a actividade desta enzima está regulada polaconcentración de AGCL, que reducen a súa actividade.Por outra banda, a bibliografía parece indicar que os AGtranspresentes no leite (trans-11) non son negativos paraa saúde, senón que a maior parte da inxestión de AG-transnegativos para a saúde procede da hidroxenación industrialde aceites vexetais (margarinas) e aceites mariños (fundamentalmente,trans 9 e 10).En consecuencia, podemos resumir os datos actuais dicindoque os AG de cadea media presentes no leite son os únicoscompoñentes presentes no leite que poden ter unha certaasociación coa dislipidemia e talvez a incidencia de ECV.¿Que ten o leite que protexa fronte ás ECV?Parece obvio que se os estudos epidemiolóxicos prospectivosindican que o leite protexe fronte ás ECV, a pesar deconter AGCM potencialmente asociados cun incrementona incidencia de ECV, debe haber outros nutrientes no leiteque exercen ese efecto protector.De feito, Berner (1993) demostrou que os cambios noperfil de lípidos sanguíneos causados polo consumo de leitenon poden predicirse a partir do perfil lipídico do leite.Hai que ter en conta nutrientes coma o calcio, o magnesio,os péptidos bioactivos, as vitaminas e o ácido linoleicoconxugado (CLA).a) CalcioA hipótese máis sólida que relaciona o consumo de leitee a redución do risco de padecer ECV é o consumo decalcio. O calcio ten un efecto moi potente como redutor dapresión arterial e da dixestión da graxa (Miller e Groziak,1997; Reusser e McCarron, 1994).Un estudo de 23 traballos epidemiolóxicos observacionaisconcluíu que por cada 100 mg de incremento no consumode calcio prodúcese unha redución de 0,39 mmHgna presión sistólica e de 0,35 mmHg na presión diastólica(Birkett, 1998).Ademais, o resumo de 43 estudos controlados diferentesconcluíu que a redución media foi de 1,44 e 0,84 mmHgna presión sistólica e diastólica, sendo o efecto maior emáis consistente cando o calcio formaba parte dun alimentocompleto (e principalmente, cando é en forma de leite),comparado coa suplementación de calcio non alimentario(Griffith et al., 1999).O RISCO DE PADECER CANCRO DE COLONREDÚCESE NUN 12% CADA 500 MG MÁISDE CALCIO CONSUMIDO A PARTIR DOSPRIMEIROS 1000 MG. O 50% DO CALCIOQUE CONSUMIMOS PROCEDE DO LEITEA importancia do calcio do leite increméntase candoconsideramos que o leite achega o 50% da nosa inxesta mediade calcio e o consumo medio dos cidadáns da UE estápor debaixo das necesidades.O mecanismo de acción polo cal o calcio afecta á presiónarterial non está claro, pero probablemente está asociado ásúa capacidade de reducir a permeabilidade da membrana,o que dá como resultado a modificación de hormonas regulatoriasdo metabolismo e/ou o equilibrio de electrolíticos(Hatton et al., 1995).Un segundo mecanismo de acción atribuído ao calcio é asúa capacidade de formar xabróns cálcicos de ácidos graxosno intestino delgado, que reducen a súa dixestibilidade emelloran o perfil lipídico sanguíneo (Vaskonen, 2003).b) Péptidos bioactivosDurante a dixestión das proteínas fórmanse algúns péptidosde baixo peso molecular que teñen unha actividade fisiolóxicadeterminada. Un grupo destes péptidos coñécenseco nome de inhibidor da enzima conversora da anxiotensinaI (de ata 10 AA), que se atopou no leite fermentadoou pode producirse durante o proceso de fermentación oudixestión e ten un claro efecto hipotensor.As casokininas derivadas da alfa e beta s-1-caseína teñena actividade máis elevada. Varios estudos confirmaron estaactividade en humanos alimentados con leite fermentado(Hata et al., 1996; Sharpe te al., 1994).AFRIGA ANO XV - Nº 83


72CONSUMOc) Outros compoñentesAínda que con menos evidencia, outros nutrientes noleite foron asociados cunha redución do risco de padecerunha ECV. Entre eles, o ácido fólico, vitamina B6 e vitaminaB12 parecen reducir a concentración sanguíneade homocisteína (Verhoef et al., 1998), e a redución daconcentración sanguínea de homocisteína tense asociadocunha redución do risco de padecer unha ECV (Duell yMalinow, 1997; Verhoef et al., 1998; Stamfer et al, 1992;Amesen 1995; Perry et al., 1995).Por outra banda, o leite contén cantidades elevadas deCLA, sendo o 9-11 (76%), 7-9 (7%) e 10-12 (1,1%) osisómeros máis comúns. O CLA é hipocolesterolémico ehipotensor (Pfeuffer-Schrezenmeier, 2000), e considéraseimplicado na redución da ateroxénese, un factor causal importantede ECV.En resumo, mentres que só os AG de cadea corta parecenaumentar o risco de padecer ECV, parece que os efectos docalcio e dos péptidos bioactivos no leite contrarrestan eseefecto, reducindo a presión arterial e o desenvolvementode ateriosclerose, o que dá como resultado unha reduciónglobal do risco de ECV.CONSUMO DE LEITE E DERIVADOS E O RISCO DEPADECER CANCROO cancro é responsable do 25% do total de mortes na UE,sendo os de pulmón (13,2%), o colorrectal (13%) e o demama (12,8%) os máis comúns (Eurostat; Boyle e Ferlay2005). A baixa incidencia doutras formas de cancro e afalta de indicadores metabólicos dificulta o estudo da relaciónentre o consumo de leite e a incidencia doutros tiposde cancro.a) Cancro colorrectalOs resultados de 13 estudos epidemiolóxicos prospectivosestán resumidos na Figura 1. En case todos os casos,o risco de incidencia de cancro colorrectal dos individuosque consumen leite é inferior a 1,00, aínda que só en 3(Kesse et al 2005; Kato et al., 1997 e Larsson et al., 2006)as diferenzas foron significativas.Norat e Riboli (2003) revisaron 12 estudos epidemiolóxicosprospectivos e observaron unha relación inversa entreo consumo de produtos lácteos e o risco de padecer cancrocolorrectal (risco relativo=0,62).Resultados similares foron observados por Cho et al.(2004) nun estudo cun total de 4992 casos, e calcularonunha redución do risco de 0,73 para o colon distal e do0,80 para o cancro de recto (Figura 2), sen diferenzas entresexos. En calquera caso, todos os estudos realizados apuntana que o consumo de leite reduce o risco de padecer uncancro colorrectal.Figura 1: Avaliación do risco de padecer un cancrocolorrectal. Resumo de 13 estudos epidemiolóxicosprospectivos. Os valores por baixo de 1.00 indican o graode redución do risco debido ao consumo de leite.Figura 2. Relación entre o nivel de consumo de leite ea redución do risco de padecer un cancro colónico ourectal.b) Cancro de mamaOs estudos epidemiolóxicos prospectivos sobre o efectodo leite e os seus derivados sobre a incidencia do cancrode mama foron controvertidos. Aínda que hai máis de 10estudos desenvolvidos, só tres deles teñen máis de 500 casosrexistrados, o que limita o poder estatístico dos resultados(McCullogh et al., 2005, 2855 casos; Shin et al., 2002,3482 casos; e Voorrips et al., 2002, 941 casos).Missmer et al. (2002) analizaron os datos de 8 destes estudosepidemiolóxicos prospectivos, que incluían un totalde 7379 casos, e concluíron que non existía unha relaciónsignificativa entre o consumo de leite e o risco de padecercancro de mama.¿Que hai no leite que poida causar cancro?Hai moi pouca información sobre nutrientes no leite quepoidan provocar cancro:a) GraxaO alto contido en graxa, especialmente graxas saturadas,e a presenza de posibles contaminantes na graxa láctea(como pesticidas) foron propostos como riscos potenciaisde padecer cancro de mama.HAI CONSENSO EN QUE O CONSUMO DEPRODUTOS LÁCTEOS EN CANTIDADESRAZOABLES NON TEN COMO RESULTADOUN INCREMENTO DE PESOAFRIGA ANO XV - Nº 83


74CONSUMOANALIZADOS 7379 CASOS, CONCLUÍUSE QUE NON EXISTE RELACIÓN SIGNIFICATIVAENTRE O CONSUMO DE LEITE E O RISCO DE PADECER CANCRO DE MAMAO consumo de graxa tamén se asociou ao incremento nacantidade de estróxenos circulantes, aínda que a evidenciacientífica é limitada. A posible implicación da graxa nodesenvolvemento do cancro colorrectal ou de mama podeestar relacionado co aumento do fluxo total de graxa e salesbiliares ao intestino groso. A flora microbiana do intestinogroso pode hidrolizar estes ácidos graxos biliares e os metabolitospoden lesionar o epitelio celular do colon, resultandounha hiperproliferación celular e o aumento de riscode cancro colorrectal (van der Meer et al., 1991).Sen embargo, os estudos epidemiolóxicos non apoianesta visión en relación á graxa láctea en particular, e nonhai traballos que estuden a relación de fraccións específicasde AG sobre a incidencia de cancro.Só se atoparon 6 estudos en animais con consumo dedietas isocalóricas con graxa vegetal ou láctea, e concluíuseque, en calquera caso, a graxa láctea ten un efecto protectorfronte ó desenvolvemento do cancro.b) HormonasO factor IGF pode xogar un papel no desenvolvementodo cancro colorrectal mediante a estimulación da proliferacióncelular e da inhibición da apoptose (Singh y Rubin,1993).As IGF tamén poden estar implicadas no desenvolvementode cancro de mama. Sen embargo, estes estudos son moi especulativose non hai evidencia sólida para apoiar esta hipótese.¿Que hai no leite que protexa do cancro?Temos pouca información sobre os factores que fan doleite un alimento protector fronte o desenvolvemento decancro colorrectal e de mama. A maior parte da evidenciaprocede de investigación in vitro ou en modelos animais:a) CalcioA hipótese máis clara sobre o efecto protector dos produtoslácteos fronte o cancro é o seu contido en calcio,particularmente na prevención do cancro colorrectal. Hoxetemos evidencias claras de que o calcio ten unha actividadequimioprotectora, xa que a suplementación de calcio tivocomo resultado a redución na incidencia de cancro colorrectaltanto en modelos animais (Appleton et al., 1987;Sitrin et al., 1991; Llor et al., 1991) coma en varios estudosde intervención en humanos.Bergsma-Kadiji et al. (1996) analizaron os resultadosde numerosos estudos para determinar a relación entre oconsumo de calcio e o risco de desenvolver cancro de colon,e obtiveron unha relación inversa (redución do riscodo 0,86).AFRIGA ANO XV - Nº 83


¡la crítica es unánime!DIAS AND DIAS TOYSTORY 160nº 3ICOabril <strong>2009</strong>“¡TOYSTORY es uno de los mejores toros que yo he usado!”“Tengo 60 nuevas novillas de TOYSTORY y no hay ninguna mala.He utilizado muchos de los toros más populares a lo largo de losúltimos 30 años, y nunca he visto un toro con este gurpo de hijas tanconsistente y uniforme.”“Tienes la perfecta combinación entre TIPO y LECHE con TOYSTORY.¡Es el paquete completo!”Richard Dias, Dias & Dias Dairy800 vacas en ordeño en Kingsburg, CaliforniaEurodistribución Ganadera, SL - CRI España


76CONSUMOCho et al. (2004), utilizando datos de inxestión de calcio,concluíron que o nivel de calcio necesario para reducir orisco de cancro de colon é de 1000 mg/día, e cada 500 mg/día de aumento sobre este nivel tivo como resultado unharedución do risco de cancro de colon do 12%O calcio demostrou a súa capacidade de reducir a proliferacióncelular epitelial do colon e a recorrencia de adenomascolorrectales. Un dos mecanismos de acción propostosé a súa capacidade de secuestrar os sales e ácidos graxosbiliares, reducindo os seus efectos negativos (Newnark etal., 1984; van der Meer et al., 1991).Outro posible mecanismo relaciónase coa actividade intracelulardo calcio, que inhibe a proliferación celular docolon mediante a indución da diferenciación celular (Lipkiny Newmark, 1995). Sen embargo, é moi difícil diferenciarse os efectos do consumo de leite son debidos especificamenteao calcio ou a outros compoñentes do leite.b) ButiratoTamén se propuxo como axente quimioprotector do desenvolvementode cancro colorrectal, debido ao seu efectoinhibidor da proliferación de tumores in vitro (McBain etal., 1997; Velazquez et al., 1996).Os produtos lácteos son a única fonte natural de ácidobutírico. Sen embargo, a cantidade de butírico que podechegar ao intestino groso é probablemente demasiado limitadacoma para xustificar unha acción quimioprotectoraen condicións fisiolóxicas (Parodi, 1999).c) CLAO leite é a fonte natural máis rica en CLA, e demostrousea súa capacidade de reducir o desenvolvemento decélulas canceríxenas no colon e recto (Parodi, 1999; Ip etal., 1991). Outros estudos epidemiolóxicos apuntaron aasociación entre o consumo de CLA e a redución da incidenciadalgúns tipos de cancro.O efecto anticanceríxeno do CLA parece estar mediadoa través da fluidificación da membrana celular, a reduciónda síntese de prostaglandinas, e/ou o estímulo do sistemainmune (Parodi, 1997).d) Outros factoresOs ácidos graxos ramificados (presentes principalmenteno leite), a vitamina D (Garland et al., 1989; Blutt et al.,1997, 2000; Schwartz et al., 1995), os esfingolípidos e alactoferrina (Bezault et al., 1994; Yoo et al., 1997; Sekineet al., 1997) poden tamén estar implicados na redución dorisco de padecer algún tipo de cancro, pero a evidencia éaínda limitada.A SÍNDROME METABÓLICA E O CONSUMO DE LEITEE DERIVADOSA incidencia da síndrome metabólica en EE.UU é do 24%(Ford et al., 2002), e entre o 20 e o 30% na UE (Eurostat). Asíndrome metabólica diagnostícase cando polo menos tresdos seguintes eventos se desenvolven: obesidade, hiperglicemia,dislipemia, resistencia á insulina e/ou hipertensión.Mentres que a natureza da enfermidade é multifactorial,a dieta xoga un papel moi importante (Hollenberg, 2002).Poucos estudos epidemiolóxicos se desenvolveron paraestudar a relación entre a inxesta de produtos lácteos e aincidencia desta enfermidade. Sen embargo, todos parecenapuntar que o consumo de leite reduce o risco de padecer acitada enfermidade (Figura 3).Dado que a síndrome metabólica abrangue varias condicións,estas discutiranse separadamente.a) ObesidadeO efecto do consumo de leite sobre o peso é controvertido.Mentres que algúns estudos demostraron unharelación inversa entre o consumo de produtos lácteos e aacumulación de graxa e o índice de masa corporal (IMC)en nenos (Carruz et al., 2001; Dixon et al., 2005), Berkeyet al. (2005) observaron resultados contrarios.En adultos, os estudos epidemiolóxicos prospectivosconfirman unha relación inversa entre o consumo de leitee o peso e IMC (Pererira et al., 2002; Elwood et al., 2005).Nos estudos controlados, dous observaron unha relacióninversa (Zemel et al., 2004 y 2005) e outros non puiderondemostrar ningunha relación (Thomson et al., 2005; Harvey-Berinoet al., 2005).Parece que o consumo de produtos lácteos no rango do10 ao 40% da inxestión total de enerxía ten pouca relaciónco desenvolvemento de obesidade ou a perda de peso. Encalquera caso, parece haber consenso en que o consumode produtos lácteos en cantidades razoables non ten comoresultado un incremento de peso.Figura 3: Avaliación do risco de padecer a síndromemetabólica. Os valores por baixo de 1.00 indican o graode redución do risco debido ao consumo de leite.b) HiperglicemiaA hiperglicemia está intimamente asociada á dieta, e amedida que o índice glicémico aumenta, o colesterol-HDLdiminúe. De entre todos os alimentos, o leite é o que tenun índice glicémico máis baixo.c) HipertensiónO leite ten un forte efecto hipotensor debido ao efectodirecto do calcio e de péptidos bioactivos (principalmente,o péptido inhibidor do ACE, tal e como se viu nas secciónsanteriores).d) DislipemiaEn termos xerais, o consumo de leite relacionouse coadislipemia (Pereira et al., 2002; P < 0.07; Sjogren et al.,2004). O consumo de leite parece non ter efectos sobre aconcentración plasmática de colesterol, tal e como se viu enseccións anteriores.AFRIGA ANO XV - Nº 83


78CONSUMOTODOS OS GOBERNOS E A FAORECOMENDAN O CONSUMO DE 3 RACIÓNSDIARIAS DE PRODUTOS LÁCTEOS¿Que ten o leite que protexa da síndrome metabólica?a) Respecto á obesidadeO calcio e o magnesio interactúan coas graxas e os salesbiliares para formar xabróns cálcicos, que son menos dixestiblescás formas libres das graxas, tendo como resultadounha menor absorción de graxa e colesterol.En moitos casos observouse un incremento de liberaciónde graxa nos excrementos debido ao consumo de leite.Ademais, o calcio parece regular a actividade metabólicados adipocitos, reducindo a síntese de ácidos graxos e incrementandoa lipólise. Heaney et al. (2002) resumiu unhaserie de estudos observacionais para concluír que existeunha redución de peso corporal de 1 (en nenos) a 3 quilos(en adultos) debido ao consumo de leite.Sen embargo, non só o calcio é importante, xa que a suplementaciónde calcio non-lácteo non puido replicar osresultados (Linn et al., 2000). Aparentemente, os AG decadea media regulan o metabolismo oxidativo das graxas, eo leite é un alimento rico nestes AG.Ha et al. (2003) tamén suxeriron que a fracción proteica,particularmente a fracción proteica do soro, contén unhaserie de péptidos bioactivos que afectan o centro da saciedade(efectos opioides). Tamén é posible a intervencióndalgúns isómeros do CLA, que participan na mobilizaciónde graxa corporal (Award et al., 1990, Belury et al., 1997).b) Respecto á hiperglicemiaO consumo de leite reduce a resposta glicémica (Schrezenmeieret al., 1989; Nilson et al., 2004; Ostman et al.,2001). Por exemplo, o consumo de leite no almorzo reducea glicemia e a insulinemia (Ostman et al., 2001).O mecanismo de acción parece incluír unha redución dotránsito dixestivo e o efecto dalgúns péptidos bioactivosno tracto gastrointestinal. O leite, ademais, parece ter unefecto hipoinsulinémico, talvez asociado aos efectos dalgúnsisómeros do CLA presentes no leite.c) Respecto á hipertensiónOs mecanismos hipotensores do leite (calcio e péptidosbioactivos) foron discutidos en apartados anteriores.d) Respecto á dislipemiaNon está claro qué compoñentes no leite afectan o perfillipídico do sangue. O calcio, polo seu efecto sobre a dixestióndas graxas e a absorción do colesterol, pode xogar unpapel importante. A acción dalgúns péptidos bioactivostamén foi suxerida (Boing et al., 004).Ademais, o consumo de leite fermentado reduce o colesterolnunha proporción maior respecto ao leite nonfermentado (Vaskonen et al., 2003; Agerhold-Larsen etal., 2000; Xiao et al., 2003), e propúxose que o proceso defermentación xera unha serie de péptidos bioactivos queteñen un efecto sobre o perfil lipídico plasmático.Finalmente, os AG de cadea curta e media parecen reducira magnitude do incremento postpandrial de triglicéridosen sangue (Marten et al., 2006).CONCLUSIÓNSOs estudos presentados parecen coincidir en que o consumode leite e os seus derivados reduce:1. O risco de padecer unha enfermidade cardiovascular2. O risco de padecer cancro colorrectal e de mama3. O risco de padecer a síndrome metabólica, incluíndo aobesidade e o desenvolvemento de diabetesFronte ao efecto potencialmente negativo dalgúns nutrientesdo leite (aparentemente limitados á presenza deácidos graxos de cadea media (C12, C14 e C16), o leitexoga un papel importante na achega doutros nutrientes(calcio, péptidos bioactivos e CLA) que contrarrestan estesposibles efectos negativos e achegan un beneficio adicionalpara a saúde do consumidor.Vistas estas conclusións, con frecuencia contrarias á percepciónpopular do efecto do consumo de leite e derivadossobre a saúde, é necesario desenvolver programas a diferentesniveis:1. Investigación:a) Reducir o contido en AG de cadea media mediante asuplementación de aceites vexetais insaturados que inhibena vía enzimática da súa síntese.b) Mellorar o contido nos compoñentes saudables (CLA,calcio e péptidos bioactivos) presentes no leite mediante aalimentación ou o procesado posterior.2. Educación:a) Ao consumidor, para que coñeza os beneficios do consumode leite e os seus derivados. Para os profesionais dosector, isto é unha responsabilidade coa saúde pública.b) Ao profesional sanitario, para que estableza pautas erecomendacións sobre o consumo de leite que sexan coherentescos resultados científicos dispoñibles. De feito,na maioría dos casos as autoridades sanitarias e o mundocientífico non dubidan dos efectos beneficiosos do consumode leite, e todos os gobernos e a FAO (a división dealimentación das Nacións Unidas) recomendan o consumoregular de 3 racións diarias de produtos lácteos.NOTAS1. A bibliografía citada neste artigo pode pedírselle ó autor.2. Artigos científicos relacionados coas enfermidades citadas poden consultarse naweb www.adsa.org, accedendo libremente a eles desde a páxina principal.AFRIGA ANO XV - Nº 83


Agroamb obtivo aprimeira autorización porparte da Consellería deMedio Ambiente paraa VALORIZACIÓN DELODOS na súa planta detratamento ubicada enPonte de Outeiro (Castrode Rei), para a elaboraciónde fertilizantes orgánicosa base de residuosbiodegradables (incluídomaterial de Categoría 3transformado)O fórmano un conxunto de empresasrelacionadas coa xestión integral dos residuos liderado por un equipomultidisciplinar na xestión ambiental.O é unha compañía orientada a dar solucións devalorización e xestión integral dos residuos, empregando sempre asmellores técnicas disponibles e optimizando a loxística de transporte.O posúe autorización para a xestión de:Transporte de residuos perigosos (T/001/01)Transporte de residuos sólidos urbanos (SC-U-NP-XRT- 00072)Transporte de residuos industriais non perigosos (SC-I-NP-XRT-00083, SC-I-NP-XRT-00056 e SC-I-NP-XRT-00122)Valorización e xestión de residuos sólidos urbanos(SC-U-NP-XV-00040 y SC-U-NP-XV-00036 )Valorización e xestión de residuos industriais non perigosos (SC-I-NP-XV-00064 y RIV-24/01)Rexeneración ambientalConforman o as seguintes empresas:Titular da primeira planta cunha capacidade próxima a 100.000 tms/anopara a valorización e tratamento de residuos agrarios segundo o dispostono RD 824/2005 sobre fertilizantes, o RD 1310/1990 sobre a aplicaciónagrícola de lodos e o Regulamento CEE 1774/2002 sobre subprodutosanimais. Agroamb aposta fortemente por I+D+i coa súa presenza en máisde 10 proxectos de investigación.Dispón de vehículos específicos en diferentes configuracións, adaptándosea cada necesidade medioambiental do cliente. Innovación e eficaciano transporte. Servizos de conselleiro de seguridade e operador detransportes.Comercializa e coordina a prestación de servizos para a xestiónambiental integral dos distintos residuos (incluídos residuosperigosos). Desde a súa recente creación, xestiona máis de 50.000tms/ano de residuos biodegradables.Empresa de servizos agrarios que conta cos últimos equipos enmecanización para a sementeira, cultivo e posterior recolección dasdiferentes producións agrarias.Sociedade para a explotación en común da terra, orientada áprodución integrada de forraxes e cultivos enerxéticos. Dispón dunbanco de terras que supera as 3.000 hectáreas.AgroambC/ Calzada das Gándaras, 11.Local bajo dcha. 27003 LugoTeléfono (+34) 982 231 365Fax (+34) 982 240 534E-mail agroamb@agroamb.comWeb www.agroamb.com

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!