14.06.2015 Views

LINDEIROS XUÑO 2015

No Lindeiros de Xuño incluimos un resumo das eleccións municipais na bisbarra de Compostela, propoñemos unha ruta de Touro a Vedra ou coñecemos un pouco máis o club Ribeiras do Tambre de Piragüismo

No Lindeiros de Xuño incluimos un resumo das eleccións municipais na bisbarra de Compostela, propoñemos unha ruta de Touro a Vedra ou coñecemos un pouco máis o club Ribeiras do Tambre de Piragüismo

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

Rutas

De Touro a Vedra (paxs 14 e 15)

IES MILLADOIRO

DOTACIÓN XA!!

Máis información na páxina 5

Eleccións

municipáis:

resumo electoral

páxinas 9, 10 e 11

Novas

Os xulgados de Santiago

saturados (pax. 3)

A voltas co transporte

metropolitano (páx. 3)

Pasou:

O Río Natura Monbús e La Caixa

recollen máis de 100.000 litros

de leite (páx. 18)

Festa da Troita en Oroso (páx. 19)

Pasará:

Calendario do Goza do Ulla 2015

(páx. 24)

Maratón de Jazz (páx. 26)

Deportes:

Club de Piragüismo Ribeiras

do Tambre (páx. 27)

O AC Ordes subcampión de España

de hockey cadetes (páx. 29)

Xuno 2015

Aprende a operar en bolsa

N 25 MENSUAL

2

Lindeiros

Editorial

Cambio

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

A estas alturas a ninguén lle debería quedar dubidas de que estamos nunha segunda transición; un cambio na constitución

sería a proba definitiva, xa se fixo un, pero ese cambio non pode darse ata un novo goberno en Madrid. Ese cambio dáse pola

forza, cando os grandes partidos que manexaron o país desde o 78 decátanse de que a xente quere saber, quere decidir, só

cando ven que, si o pobo quere, as cousas cámbian... Alfonso XIII marchou tamén despois dunhas municipais. Agora eses

grandes partidos comezan a pensar en segundas voltas, listas abertas, e unha serie de medidas democráticas que en outros

países do entorno levan anos funcionando; os cambios serán benvidos pero non podemos esquecer que chegan tarde por culpa

da desidia dos gobernantes.

O reto que se abre para os novos gobernos municipais e enorme; no caso das mareas teñen que demostrar que son algo máis

que un conxunto de boas intencións, de boas ideas, e que a xuventude non ten porque estar disputada con capacidade de

xestión e o sentido común. Os gobernos monocolores, leven anos ou non, terán que traballar o mesmo xa que as comparacións

serán constantes e os veciños calarán cada vez menos; alcaldes imputados e absoltos por piruetas incomprensibles están obrigados

a mudar o seu xeito de traballar se non queren catro anos de agonía e unha morte política a mans das urnas.

En este escenario resulta gratificante e contraditorio ver a boa sintonía na política “práctica” do BNG e Compostela Aberta en

Santiago; este clima evidencia que as liortas do pasado viñan dadas pola política “teórica” ou polos personalismos e iso desvela

un pouco máis sobre os problemas internos da formación nacionalista. É de salientar a postura de Rubén Cela disposto a votar

a favor de Compostela Aberta cando a abstención sería suficiente, segundo as súas verbas “o pobo decidiu que o goberno o

encabezara Martiño Noriega e o pobo é quen decide”, seguro que iso non sentará ben en algúns sectores do partido pero xa

está ben de que as organizacións políticas defendan o pensamento único como un valor cando o debate é o que aporta máis

coñecemento.

Precisamente o traballo de Compostela Aberta e da Marea Atlántica será fundamental para cambiar o país; tócalles demostrar

que Coruña e Santiago conviven no mesmo espazo xeográfico si as comparamos con cidades como Barcelona ou Madrid, e

polo tanto teñen que ser en moitos aspectos complementarias e non competidoras.

A partir de agora cada acción terá que ter unha xustificación e cada proposta unha explicación. Na portada levamos a demanda

do IES do Milladoiro, en Ames, que leva dous anos de loita por ter o mesmo que outros institutos; xa que a Xunta, quen ten

as competencias, segue sen facer nada e tócalle ó concello actuar; a proposta de que o claustro prepare unha lista co mínimo

imprescindible e que o concello poña os cartos, a explicación é clara: o concello non pode conformarse coa queixa nun tema

como este, o gasto dos cartos ten unha xustificación a que ninguén se oporá.

Durante moito tempo insistiuse na idea de que o pobo non vía con bos ollos as coalicións; quedou patente que o que pobo o

que non ve ben e a ambigüidade, o “xa se verá”; parece que pasou o tempo de mentirlle os veciños vendendo accións de futuro

e chegou o momento de vender produtos directos, esperemos que non sexan de tempada e os teñamos catro anos polo menos.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

xuño 2015 novas da bisbarra 3

Brión, Oroso e Teo

denuncian a parálise

do Transporte

Metropolitano

Estes concellos aportan o 44 por cento dos

usuarios e reclaman melloras urxentes

antes de que se incorporen outros

municipios

Os alcaldes explicaron a súa

posición contraria á nova ampliación

do Convenio do Transporte

Metropolitano de Santiago

se antes non se aplican melloras

e se acadan os obxetivos co que

naceu o servizo.

José Luís García, rexedor de

Brión, destacou que “dez anos

despois do convenio de transporte

seguimos cos mesmos

autobuses, mesmos horarios e

menos frecuencias”. “Por saber

na Dirección Xeral de Mobilidade

non saben nin cantos viaxes

van a Brión” . O alcalde de

Oroso, Manuel Mirás, explicou

que o convenio “nacía hai 10

anos con carencias como non

ter constituído un consorcio do

transporte metropolitano e nestes

anos a Xunta non mellorou o

servizo que lle da aos cidadáns”.

Exemplificou esta situación di-

cindo que “moitos operadores

actúan á súa maneira, como

Monbús que chega á hora que

quere e cando lle da a gana”.

Pola súa banda, Anxo Rei, concelleiro

de Transportes de Teo

destacou que a intención de integrar

concellos como Carballo

ou Vila de Cruces “desvirtúa

a natureza do convenio xa que

entre eles hai máis de 100 quilómetros

de distancia”.

Dende os tres concellos destacan

que “non nos opoñemos

a que outros se beneficien de

políticas tarifarias similares

ás da área metropolitana pero

entendemos que a vía da ampliación

do convenio non é o

instrumento”.

Fontes: concellos de Brión, Oroso,

Teo, Lindeiros.

Denuncian que o xulgado

decano de Santiago está

desbordado

A demora é de semanas e existen máis de 400

demandas sen rexistrar

O sindicato Comisións

Obreiras denunciou o estado

no que se encontra o xulgado

decano de Santiago de Compostela

pola falta de medios

e equipo; o órgano se constituiu

no ano 92 con catro persoas

para atender a 5 xulgados

mixtos e 23 anos despois atende

a 15 co mesmo persoal.

Segundo o sindicato outros

xulgados de iguais características,

por número de asuntos

e xulgados, como poden ser

o de Pontevedra,Ferrol, Lugo

ou Ourense contan con maior

número de funcionarios para

estas tarefas; no de Compostela

só son duas as funcionarias as

que se dedican o rexistro das

demandas entrantes, tanto as

presentadas en papel coma as

presentadas informáticamente,

as cales, aínda que se presenten

vía dixital, tamén se teñen que

rexistrar e repartir e supoñen a

mesma carga de traballo; esta

situación fai que o atoamento

do decanato actualmente chegue

a máis de 400 demandas

pendentes de rexistrar e repartir.

O xulgado decano realizou unha

petición por escrito á Dirección

Xeral de Xustiza para solicitar

persoal de reforzo para este servizo,

ou senón ampliacións de

xornadas, e denuncia que a día

de hoxe a Dirección Xeral non

atendeu a devandita petición.

CCOO denuncia que esta situación

está a supoñer, por un lado

o sobreesforzo das funcionarias

que se ven totalmente desbor-

dadas pola situación e por outro

lado unha situación de atraso da

tramitación dos asuntos dos cidadáns

de Compostela que deben

sufrir un novo atraso a maiores

do normal do propio xulgado

que deba coñecer do asunto.

CCOO reclama ao Ministerio de

Xustiza e á Dirección Xeral de

Xustiza que apliquen o diñeiro

recadado polas taxas no 2014 á

mellora da xustiza, un ingreso

que supuxo 500 millóns de euros.

Fontes: CCOO, Lindeiros.

Vista dunha das mesas. Foto: CCOO

Opóñense ó cambio de sentido da rúa Pedregal en Ames

A rúa na que está o Centro de Saúde de Bertamiráns pasou a ser de sentido único

Despois de que a finais do pasado

mes, unha vez reasfaltada

parte da rúa, esta fose pintada

como de dirección única e con

aparcamentos en batería na súa

maior parte e despois de realizar

xestións diante do goberno local

para intentar ser escoitados e

reverter a situación, os veciños

desta rúa de Bertamiráns decidiron

mobilizarse para presionar

a que se teñen en conta as

súas propostas.

Nunha reunión cos candidatos

dos distintos partidos políticos,

excepto Santiago Amor ( actual

alcalde polo PP) expuxeron os

seus puntos de vista e aportaron

as solucións que vían máis

eficaces para a ordenación do

tráfico na rúa e na zona; como

resultado da reunión, todas as

persoas candidatas subscribiron

un compromiso de reversión

da ordenación da rúa á situación

anterior e de estudar a solución

definitiva en diálogo coa

veciñanza.

O cambio de sentido afecta de

xeito negativo o transporte escolar

e o Centro de Saúde que se

atopa nesa rúa.

Fontes: Veciños Pedregal, Lindeiros

Teléfonos: Frades: 981 692 237 • Begonte: 982 160 322

4 novas da bisbarra

Comezaron as obras de

restauración do centro de

saúde do Milladoiro

A previsión é que rematen en torno o mes de xullo

Trátase dun parche para un

edificio que xa coñeceu mellores

tempos; as demandas dun

novo centro de saúde foron unha

constante durante a campaña

e mesmo algún partido incluíu

nos programas o compromiso

de construílo pese a que as

competencias corresponden a

Consellería.

Mentres a Xunta decídese a

cumprir un compromiso que

leva varios anos enriba de mesa

de algún despacho o Concello

de Ames iniciou as obras de restauración

do centro de saúde do

Milladoiro que se prolongarán

ata finais de xullo. Os traballos,

que ascenden a 45.334 euros,

serán asumidos ao cincuenta

por cento entre o Concello e o

Sergas, como recolle o convenio

de colaboración asinado recentemente

polos dous organismos.

O alcalde en funcións, Santiago

Amor, valora a reparación

urxente que precisaba o centro

“entre tanto non se faga un

novo, en cuxa tramitación traballa

o goberno municipal”.

O centro de saúde do Milladoiro,

inaugurado hai xa 25

anos, requiriu de frecuentes actuacións

de mantemento para

ofrecer en cada momento o

Obras no Centro de Saúde do Milladoiro. Foto: concello de Ames

mellor servizo posible aos usuarios.

Deste xeito, os técnicos do

Servizo Galego de Saúde detectaron

a necesidade de efectuar

unha actuación de reparación

integral na cuberta do centro

Impediron a veciños de Rois

participar nun acto público

Eran representantes da agrupación Xente de Rois

Cada 15 de maio no concello

de Rois celébranse diversos

actos para conmemorar a festa

de San Isidro Labrador, como

por exemplo o tradicional xantar.

Este ano tamén, con xantar

no polideportivo de Rois programado

para as tres da tarde

e un acto previo, previsto para

as duas, coa preceptiva presentación,

dúas homenaxes e unha

entrega de premio.

Pouco antes da dúas o candidato

a alcaldía da agrupación

Xente de Rois, Pere Tobaruela,

acompañado por outros veciños

acudiu no polideportivo con intención

de asistir a homenaxe

aínda que sen quedar o xantar;

o que sucedeu e que como non

tiñan pagado o tiquet pese a que

explicaron que non ían quedar a

comer o acceso foilles vetado.

Xente de Rois denunciou nunha

nota de prensa que se impediu

a entrada a un acto público

polo feito de non ter adquirido

un tiquet para un xantar. Segundo

lle manifestaron a Pere Tobaruela

algunhas das persoas que

xa que este inverno os usuarios

sufriron de novo goteiras e en

algún caso tívose que pechar

temporalmente algunha sala.

Fontes: concello de Ames, Lindeiros

intentaron entrar, cando foron

a falar coa concelleira de cultura

para pedirlle que as deixara

pasar que despois marchaban,

a edil tratounos dunha maneira

bastante incorrecta. Xente de

Rois dicían tamén que non entendían

como se pode impedir

o acceso a un acto público; que

o correcto sería posibilitar que

as persoas que só queiran ver o

acto previo tamén teñan dereito

a estar presentes.

Fontes: Xente de Rois, Lindeiros.

Trátase dun tema que leva

moito tempo sendo denunciado

sen que os veciños teñan claro

que sucederá con esa instalación

ou que supoñen as obras

que estanse levando a cabo no

lugar. No mes de novembro o

Psoe instaba o alcalde a reunir

os veciños para concretar que se

quere facer; o mesmo tempo os

socialistas mostrábanse contrarios

a instalación dun tanatorio

en Vilachán xa que, entre outras

razóns, en esa zona conviven

dúas superficies comercias que

non teñen aparcamento polo

que o tanatorio incrementaría os

problemas de tráfico.

En este mes de maio o alcalde

por fin reuniu os veciños pero o

BNG, que asistiu o encontro, denuncia

que lonxe de dar explicacións

o único que fixo o rexedor

Lindeiros

O tanatorio de

Vilachán, en Negreira,

terá que esperar ó novo

goberno

O BNG denunciou durante a campaña a falta

de explicacións sobre a obra

Os socialistas de Ordes presentarán

unha queixa ante a Consellería

de Economía e Industria

polos reiterados apagóns que se

producen na parroquia de Parada,

debido aos problemas que

presenta unha liña eléctrica que

dá servizo á zona. Así se comprometeu

o secretario xeral da

Agrupación Socialista de Ordes,

Suso Pedreira, durante un encontro

mantido con veciños e veciñas

desta parroquia.

“Os veciños explicáronos que,

cada vez que hai temporal ou

chove moi forte, quedan sen luz”,

denuncia Pedreira, “polo que formularemos

unha queixa diante

da Consellería de Economía e

Industria e os nosos deputados

no Parlamento de Galicia presen-

en funcións foi aumentar a confusión.

O portavoz nacionalista,

Antonio Ponte, indicaba o termino

da cita que”“Juan Rey en

vez de falar con claridade diante

de veciños preocupados, limitouse

a dar rodeos e dicir que

estudaría o asunto”; Ponte recordoulle

que “un goberno que

dicía que non pactaba con Blanco

non ten ningunha credibilidade”

e manifestou a intención

do BNG de non permitir, baixo

ningún concepto, a construción

dun tanatorio en Vilachán.

A nova corporación que previsiblemente

goberne o Psoe

terá que aplicar as ideas dadas

en este tempo e buscar unha solución

para os veciños.

Fontes: Psoe Negreira, BNG Negreira,

Lindeiros.

Denuncian os cortes

de luz na parroquia de

Parada en Ordes

Os apagóns cando hai tormentas son

continuos según explica o Psoe

tarán tamén algunha iniciativa”.

Suso Pedreira denuncia “a falla

de acción por parte da empresa

subministradora, pois os veciños

nos din que Fenosa é consciente

destes problemas e mesmo

ten identificado a liña na que se

producen pero non fai nada”.

No último dos cortes sucedidos

os veciños de Parada quedaron

sen luz entre as seis da tarde e as

tres da mañá sen que a compañía

subministradora atendera as

queixas presentadas. “Non podemos

aceptar que o subministro

eléctrico de trescentas persoas

dependa de se chove ou de se

fai algo de vento”, indicou Suso

Pedreira.

Fontes: Psoe Ordes, Lindeiros

xuño 2015 novas da bisbarra 5

Os pais do IES Milladoiro reforzan as

reclamacións con novas accións

O centro, aberto hai dous anos, segue padecendo a falta do mínimo material imprescindible

A loita por un centro educativo co mínimo necesario continúa para os pais do IES do Milladoiro en Ames, o conselleiro segue sen recibilos e eles decidiron

reforzar as accións a pe de rúa.

A situación actual do edificio pode coñecerse ben coa petición de firmas en Change.org, que está moi cerca dos 5.000 asinantes, e na que se explican as principais

carencias do centro. 28 ordenadores para 400 alumnos, os departamentos de idiomas sen dicionarios, o departamento de xeografía e historia sen mapas,

libros en caixas por falta de estanterías na biblioteca, sen proxectores, sen saídas de emerxencia en condicións, sen suficiente persoal de limpeza, sen cafetería...

Unh situación a que se suma a particularidade dos rapaces de bacharelato que teñen que facer unha serie de prácticas para chegar a selectividade cunha

boa nota media e con unhas mínimas garantías, e que o curso pasado tiveron que facelas no IES de Cacheiras por non ter os laboratorios operativos precisamente

por falta de material.

A lista elaborada polo claustro do centro cífrase en uns 50.000 euros so para poñer o centro cos mesmos medios que outros das mesmas características. O primeiro

logro da campaña dos pais foi que os partidos que se presentaron as eleccións se comprometeran nunha idea de Ames Novo pola que o goberno que se

forme aportará en setembro cartos para mercar o mais urxente, segundo unha lista que elaborará o claustro, mentres a Consellería non arranxe o problema.

Agora a ANPA imprimirá carteis demandando solucións para que os comerciantes os poñan nas súas tendas; no momento de imprimir este xornal presentarán

na Consellería as case 5.000 sinaturas logradas en Change.org acompañados polos políticos saídos das eleccións; escribirán un manifesto que asinarán tódolos

políticos municipais e, en definitiva, continuarán coa loita por conseguir un IES cos mesmos medios que os outros.

Fontes: ANPA IES Milladoiro, Lindeiros

Constituído o Consello

Escolar Municipal de Ordes

A primeira reunión acordou mostrarse contrario

a revalida en primaria

O Consello Escolar Municipal

de Ordes foi constituído tras

a ratificación realizada por cada

un dos seus integrantes nunha

primeira xuntanza no salón de

plenos recentemente rehabilitado

no edificio do antigo consistorio.

Tal e como quedou establecido

o ente reunirase cunha periodicidade

trimestral co obxectivo

de avaliar, analizar e buscar resposta

ás necesidades dos centros

educativos espallados polo

municipio.

En total hai que falar dun total

de vinte e tres compoñentes;

os sete directores dos centros

académicos da zona, o mesmo

número de docentes asignados

polos sindicatos, catro pais e

nais, tres alumnos e alumnas e

un representante da Xunta de

IES Milladoiro. Fotos: Loli Fdez.

Galicia que forma parte do corpo

de inspectores; como presidenta

do comité figura Silvia Marín,

tenente de alcalde e concelleira

delegada de Educación do Concello

de Ordes.

Na primeira xuntanza, de carácter

extraordinaria, acordouse

a solicitude de información á

Consellería de Cultura, Educación

e Ordenación Universitaria

sobre a avaliación individualizada

dos alumnos e alumnas de

terceiro curso de educación

primaria para o curso 2014-15 e

cunha ampla maioría aprobouse

a manifestación pública contra

a realización a nivel autonómico

desta proba popularmente coñecida

como a reválida, así como a

súa retirada.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros.

6 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

El programa ConCiencia organizado

por la Universidad de

Santiago y el Consorcio trae a

Compostela a eminentes y reconocidos

investigadores de diversos

campos del saber todos

los años. Esperemos que pueda

continuar durante mucho tiempo

con esta labor, ya que permite tener

un contacto más directo con

grandes personajes. Sobre todo

cuando dejan sabios consejos y

conocimiento, como ha sido con

el Dr. Cohen-Tannoudji. En la interesante

conferencia pública que

ofreció en el auditorio de Abanca,

habló de Física. Pero también

de lo importante que es apoyar a

los investigadores durante mucho

tiempo para obtener resultados

sobresalientes. Resultados que

generan nuevo conocimiento y

que puede no ser aplicable de

inmediato o incluso nunca se utilice.

Pero quizá sí se haga y cree

enormes beneficios para todos.

Dejó también algo importante en

el aire: no hay que investigar para

que te den el Premio Nobel; investiga

para hacer buena ciencia.

Si la haces, los reconocimientos

podrían llegar o no, pero tu trabajo

siempre estará ahí.

Sabia lección que probablemente

ya conocía Louis de

Broglie, uno de los padres de la

dualidad onda-partícula de la

que habló el profesor Cohen-Tannoudji.

Broglie, físico francés de

alta cuna (pertenecía a una familia

noble francesa; fue el séptimo

Duque de Broglie), propuso una

revolucionaria idea: si Einstein

había concebido (como comentamos

en el número de marzo de

Lindeiros) que la luz, una onda,

podía comportarse como una

partícula, ¿por qué una partícula

con masa no podía ser al mismo

tiempo una onda? Así, en 1924

presentó su tesis doctoral en la

que proponía que toda partícula

en movimiento tiene una onda

asociada. Su hipótesis revolucionó

la ciencia del momento. Dos

años después se confirmó en los

laboratorios de la empresa Bell

Telephone Laboratory (sí, en

una empresa. En España es casi

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales,

en donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Con la voz de Occam

¿Estás en la onda?

impensable que las empresas hagan

investigación básica, pero no

ocurre lo mismo fuera), cuando

comprobaron que los electrones

podían comportarse también

como una onda. En 1929, solo 5

años después de defender su tesis

doctoral con su revolucionaria

propuesta, obtuvo el premio

Nobel.

La demostración inicial de la

propuesta de De Broglie sobre

la naturaleza ondulatoria de los

electrones fue realizada por los

investigadores de esta compañía,

Clinton Davisson y Lester Germer.

El primero recibió también

el premio Nobel en 1937 por ello.

Para hacerlo, utilizaron un cristal

de átomos de níquel. En ciencia

de materiales, cuando se habla

de un cristal no se piensa en un

material como el vidrio de las

ventanas que comúnmente llamamos

cristal. Se refiere más a

cosas como la sal, que tienen una

estructura interna regular. Los

átomos de níquel se agrupan por

capas en el cristal. Cada capa la

podemos visualizar como una

red de pesca estirada, donde los

átomos de níquel están en cada

cruce de las cuerdas.

Sobre este cristal de níquel

lanzaron un haz de electrones

acelerados previamente hasta

alcanzar una velocidad conocida

y midieron cuantos de ellos

se desviaban de su camino, volviendo

hacia atrás. El número

de electrones que medían variaba

con el ángulo que formaban el

detector y el haz de electrones

cuando apuntaban al mismo punto

de la superficie del cristal. Para

algunos ángulos contaban más

electrones que para otros. Las

medidas se parecían a las que se

obtenían cuando se hacía el mismo

tipo de experimentos con luz,

en concreto con rayos-X. En este

caso, se puede explicar la variación

que se obtiene por el carácter

ondulatorio de la luz. Dado

que ambos patrones coincidían,

era aceptable la interpretación de

que el haz de electrones era también

una onda, como los rayos-X.

Además, teniendo en cuenta la

masa y velocidad de los electrones,

se podía calcular la longitud

de onda que tenían los electrones

según la hipótesis de De Broglie.

Esta se ajustaba al tamaño necesario

para obtener ese comportamiento

ondulatorio si se tenía

en cuenta la distancia entre las

capas de átomos de níquel en el

cristal. Todo encajaba casi a la

perfección. Se había demostrado

la idea revolucionaria de la dualidad

onda-partícula. Hoy está plenamente

aceptada. De hecho, se

han realizado otros experimentos

posteriormente que también se

explican por el comportamiento

ondulatorio, incluso con partículas

mucho más grandes que los

electrones (como los fulerenos,

que son como pequeñas pelotas

de 60 átomos de carbono). Todos

ellos nos indican que la materia

(es decir, también nosotros) es

partícula y onda a la vez.

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.blogspot.com.es/

Patrón de difracción generado con láser. Foto Natural Philo en Wikimedia.org

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Doodle

¡Un ano xa colaborando en

Lindeiros! Este mes quero falar

dun curioso servizo web chamado

Doodle. Non confundir

co que Google tamén chama

‘doodles’, que son esas variacións,

ás veces animadas, que

fai Google do seu logo oficial

cando queren conmemorar algún

evento. Doodle é a palabra

en inglés para garabato, e se tes

curiosidade, os doodles de Google

están aquí: http://google.

com/doodles/

Pero xa dixen que hoxe

vou escribir doutro Doodle.

En http://doodle.com temos

unha estupenda ferramenta online

para poñer de acordo a varias

persoas arredor dunha data.

Canto tempo perdemos ás veces

tratando de acordar, entre

un grupo numeroso de xente, a

mellor data para celebrar unha

reunión, unha festa ou calquera

outro tipo de evento! Que

si a un non lle ven ben o mércores,

que se tal día a outro lle

vai fatal, que outro só pode os

sábados… Non vos conto nada

novo.

Doodle, dun xeito sinxelo,

permite a calquera abrir un calendario

aberto de data posibles.

Poñamos por caso que queremos

organizar unha comida cos

nosos amigos e temos a sorte de

ter moitos amigos :) Supoñamos

tamén que os temos a todos no

Whatsapp ou no Facebook, xa

sexa dentro de grupos ou de

maneira individual. Se non houbera

servizos web coma Doodle,

probablemente teríamos que

manter enormes fíos de conversa

con todos e cada un deles eles

para por en común unha data

que lle veña ben a todos. Pero

con Doodle só temos que abrir

un calendario e marcar as datas

posibles. Se queremos que sexa

dentro deste mes, pois todos os

días do mes en curso. Se queremos

que sexa unha das findes

de aquí a setembro, marcamos

todos os sábados e domingos

ate setembro. Ao rematar,

Doodle facilítanos un enderezo

web único, non adiviñable por

ninguén (para evitar intrusos),

que podemos compartir vía

Whatsapp, mensaxe directa de

Facebook, eMail ou escribindo

nun post-it e pegándoo na neveira.

O caso é propagalo entre

o público-obxectivo.

A medida que a xente vai indicando

cais das datas posibles

lle veñen mellor, vaise definindo

o calendario definitivo e con

sorte aparecen unha ou dúas

datas que lle veñen ben a todos.

E se non, aparecerán unha ou

dúas datas que lle veñen ben a

case todos, que tampouco é un

mal resultado.

Ah, Doodle non só che axuda

co calendario! Tamén podes

facer enquisas, coma preguntar

polo menú para a cea, por

exemplo :)

xuño 2015 novas da bisbarra 7

Teo interporá un contencioso

contra Medio Rural

Según o concello o departamento da Xunta rexeitou un

investimento xa pactado

O Concello de Teo interporá

un recurso contencioso administrativo

contra a resolución

de Agader de denegación dunha

subvención para arranxo de

camiños rurais en Teo.

Agader realiza o ano pasado

unha convocatoria na que

a Teo lle corresponden 82.000

euros segundo se informou a

responsables municipais nunha

xuntanza en Coruña no mes

de outubro. Dende entón existe

unha relación de traballo directa

entre persoal do Concello

de Teo e da propia Agader

no marco desta convocatoria.

No mes de decembro remítese

a solicitude un día despois do

prazo establecido, retraso que

vén explicado polas esixencias

O Pleno municipal de Val do

Dubra aprobou a aplicación ao

persoal funcionario e laboral

dos complementos de incapacidade

temporal debidos a

continxencias profesionais e

comúns e en situacións de maternidade,

paternidade e risco

durante o embrazo e o período

de lactación. A medida foi

aprobada no último pleno celebrado,

e contou co voto a favor

do Partido Popular, que era

de modificación de proxecto

indicadas polos técnicos da

Xunta de Galicia case sen tempo

para facelas.

Para o concello o rexeitamento

da subvención “resulta

incomprensible cando o interese

de Teo nela era claro xa que

encarga un proxecto para esa

subvención coa supervisión da

propia administración autonómica,

chegando incluso a realizarse

visitas á zona da obra

por parte de técnicos de Medio

Rural”.

En relación co incumprimento

incidirase en que este Plan

Marco está financiado con fondos

europeos que a administración

debería ter xustificado

a finais de decembro do 2014.

“Parece bastante difícil que

estes fondos estean ben xustificados

a final do ano pasado

cando os Concellos debían

remitir a solicitude á Xunta o

propio mes de decembro, en

base a unha convocatoria de

novembro” destaca o goberno

de Teo.

A maiores desde Teo non se

entende o rexeitamento da subvención

“cando se trata de fondos

finalistas para o Concello

que non se adxudican en concorrencia

competitiva polo que

non se lle van a detraer a ninguén,

simplemente a Xunta vai

deixar sen executar en Teo”.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros

Val do Dubra aproba a aplicación de

complementos nas baixas do persoal

A medida ten carácter retroactivo desde primeiros de ano

quen presentaba a proposta, e

coa abstención dos grupos da

oposición.

A proposta do establecemento

de complementos será até o

máximo permitido polo artigo

9 do Real Decreto 20/2012,

tanto ao persoal laboral como

ao funcionariado. Terá carácter

retroactivo desde xaneiro

deste ano. O alcalde solicitou a

proposta e explicou que hai, en

este sentido, peticións do persoal.

Tamén argumentou, para

informar sobre a posta en marcha

da medida, a mellora da

situación económica do Concello

de Val do Dubra. O importe

dos complementos, de fixarse,

serán asumidos integramente

polo Concello, esta decisión

foi tomada no último pleno da

lexislatura.

Fontes: concello de Val do Dubra,

Lindeiros.

Concurso de xestión

do servizo municipal

de transporte

adaptado en Ames

O vehículo deberá ter 11 ou máis prazas e 2

espazos para cadeiras de rodas

Un total de seis empresas

optan a xestionar o transporte

adaptado no Concello de

Ames, un servizo municipal

dirixido a satisfacer as necesidades

dos veciños que teñen

dificultade para acceder

ao transporte normalizado

e a favorecer a súa integración

social. O obxectivo que

se persegue é “normalizar as

condicións de vida e facilitar a

integración social das persoas

que presenten dificultades de

mobilidade”.

Dende o consistorio amesán

sinalan que o vehículo solicitado

deberá ter unha capacidade

mínima de once prazas para

usuarios que non precisen de

cadeira de rodas e contará cun

mínimo de dous espazos para

os que sí a precisan. A empresa

adxudicataria do servizo terá

que dispor dun acompañan-

te para realizar as funcións de

coidador de viaxeiros.

O horario de funcionamento

será de 12 horas diarias,

operando de luns a venres, de

7:30 a 19:30 horas. O importe

máximo da licitación acada

os 422.400 euros e o contrato

estenderase como mínimo por

tres anos. O regulamento deste

servizo municipal foi aprobado

por unanimidade no pleno

do pasado mes de setembro do

Concello de Ames.

As persoas que necesiten

empregar o transporte adaptado

deberán estar empadroadas

no Concello de Ames e terán

que achegar a documentación

relativa ao seu grao de dependencia

ou discapacidade.

Fontes: concello de Ames, Lindeiros.

8 novas da bisbarra

A Xuntanza fixo

balance da Feira da

Primavera

Agradecen a colaboración veciñal e poñen

en dúbidas os xeradores de electricidade

A Comisión de Festas do Barrio

de San Pedro e a asociación

veciñal A Xuntanza fan unha

valoración moi positiva da Feira

da Primavera, tanto polo

éxito de asistencia a pesar das

circunstancias meteorolóxicas,

como pola incrible colaboración

da veciñanza e voluntarios que

salvaron as dificultades coas

que se atoparon.

A comisión de festas explica

na nota de prensa remitida

os medios que “Entre

todas demostramos que cando

as circunstancias son adversas

é cando máis medramos: grazas

á veciñanza que estivo con

nós; aos visitantes que armados

con paraugas de cores viñeron

visitarnos, ás voluntarias que

aportaron horas de traballo,

puntos de luz e cantaron coplas

que reinvindican os nosos dereitos.

Grazas tamén aos artesáns

que, con vento e chuvia, resistiron

aínda cando as súas carpas

querían saír voando, e tamén á

colaboración veciñal que amadriñou

e apadriñou os puntos de

luz. Unha vez máis grazas por

facer que o Barrio de San Pedro

sexa un #barrioconluzpropia!”.

A comisión tamén segue a reclamar

unha solución para dotar

de electricidade as actividades

de rúa; se preguntan porque si

a licitación do alumeado está

en marcha porque non se inclúe

este tema no prego de condicións,

cren que os xeradores non

serán suficientes para San Xoán

e que ademáis fan ruído e son

pouco ecolóxicos sen contar con

que os manexa persoal sen preparación.

A comisión de Festas

do barrio de San Pedro e a Asociación

de veciños a Xuntanza

din tamén que si o concello non

ten cartos para actividade debería

coidar aínda máis as que se

fan de xeito privado e colaborar

en todo o posible.

Fontes: A Xuntanza, Comisión de

Festas do barrio de San Pedro,

Lindeiros.

A Deputación financiará o

Plan de Competitividade

Turística 2015

A Xunta de Goberno de Santiago deu o visto

bo ao convenio

A Xunta de Goberno aprobou

a sinatura dun convenio de

colaboración coa Deputación

da Coruña para o financiamento

do Plan de Competitividade

Turística de Santiago de Compostela

2015. Ademais, encoméndase

á empresa municipal

Información e Comunicación

Local, S.A. (INCOLSA) a xustificación

da execución do convenio

diante da Deputación,

tendo en conta que esta empresa

municipal xa ten encomendadas

as accións incluídas nese

plan.

Tal como explicou o alcalde

compostelán en funcións,

Agustín Hernández, o organismo

provincial achega para

este Plan Turístico, mediante o

convenio a suscribir, un máximo

de 115.000 euros, cantidade

destinada a financiar distintas

accións de información, promoción,

comunicación e estudos

de demanda turística, por

un importe total de 143.750 euros,

dos que o Concello achega

o 20% restante (28.750 euros).

O convenio ten carácter retroactivo

abranguendo entre o

1 de xaneiro e o 31 de decembro

de 2015, con vixencia ata o

31 de marzo de 2016.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

plátanos hispánica, no exterior

do edificio, o que permitirá reducir

a radiación solar no verán

e mantela en inverno.

Con este proxecto o Concello

de Santiago pretende dar

Lindeiros

Comeza a climatización da escola

infantil do Tambre

Acondicionarase o patio interior e plantaranse árbores no exterior

Iniciáronse as obras para a

climatización da Escola Infantil

Galiña Azul do polígono do

Tambre. Dende a apertura do

centro infantil detectáronse problemas

no patio central, tanto

nos meses de verán coma de

inverno, á hora de alcanzar as

temperaturas de confort desexables,

ademáis da inexistencia

dunha ventilación coa filtración

axeitada, polo que con estas

actuacións corrixirase esta

deficiencia no patrio central,

onde se presentan os maiores

problemas.

Coa finalidade de mellorar as

condiciones internas e promover

un maior aforro de enerxía

en climatización, procederase

á plantación de árbores de folla

caduca, concretamente doce

O Consorcio de Santiago sacou

a concurso o remate das obras do

que será o primeiro Centro Nacional

de Formación de Referencia

en Materia de Rehabilitación

que existirá en España, situado

na antiga fábrica de curtidos de

Pontepedriña de Arriba, en Santiago

de Compostela. O 26 de

maio remataba o prazo para que

as firmas interesadas achegaran

as súas ofertas, presentándose 11

empresas.

O centro está promovido pola

Fundación Laboral da Construción,

en colaboración co Consorcio

de Santiago, e conta co

apoio do Concello de Santiago e

a Xunta de Galicia. Será pioneiro

en todo o territorio nacional, xa

que se destinará de xeito específico

á formación especializada e

á reciclaxe no eido da rehabilitación

de traballadores e empresas

da construción. Está considerado

polos especialistas como unha

ferramenta extraordinaria para

o desenvolvemento de políticas

activas de formación e emprego

no sector da construción.

Ademáis da construción, xa rematada,

de novas edificacións

destinadas a obradoiros, nunha

resposta a unha importante demanda

tanto dos pais e nais dos

alumnos coma do profesorado.

Fonte: concello de Santiago,

Lindeiros.

Gardería do polígono do Tambre. Foto: concello de Santiago

Saen a concurso as obras para rematar a

antiga fábrica de curtidos da Pontepedriña

Converterase nun centro nacional de Referencia en Materia de Rehabilitación

primeira fase rehabilitáronse algunhas

das edificacións da antiga

fábrica de curtidos, e colocouse a

cuberta a todas para garantir a

conservación do conxunto. Mentres

que as novas edificacións foron

financiadas pola Fundación

Laboral da Construción co apoio

da Xunta de Galicia, o Consorcio

financiou a primeira fase da

rehabilitación das edificacións

existentes. Agora, co obxectivo

de que o centro sexa operativo

na maior brevidade, e tralo

acordo adoptado no Consello de

Administración do Consorcio

celebrado o pasado 17 de marzo,

iníciase o proceso de execución

da segunda fase das obras de

rehabilitación das edificacións

existentes; que se destinarán a

aulas, oficinas, salón de actos,

despachos de profesores e arquivo.

A intervención centrarase no

seu acondicionamento interior.

O prazo de execución das obras

estímase en oito meses. Así,

prevese que o centro estea plenamente

operativo durante 2016.

O proxecto elaborouno a Oficina

Técnica do Consorcio, que tamén

se encargará, como nas fases anteriores,

da dirección da obra.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros.

Vista aérea das obras do centro. Foto: concello de Santiago

maio 2015 24m eleccións municipais 9

Resumo eleccións municipais 2015

A situación política na bisbarra

de Compostela dou en estas

eleccións un cambio que obrigará

a catro anos nos que o diálogo

será fundamental. No momento

de escribir estas liñas aínda están

por decidir moitos alcaldes

pero a moitos deles, gobernen

en minoría ou coaligados, terán

sempre a posibilidade de perder

os apoios suficientes e polo

tanto están obrigados e medir o

traballo máis do que se fixo ata

agora.

O que parece quedar claro en

esta eleccións é que a veciñanza

, a que acudiu a votar xa que

seguimos a ter moita abstención,

quere cambio, quere ideas

novas, e fartouse de gobernos

monolíticos que pechan as portas

do concello no canto de abrilas.

Vexamos como quedaron as

cousas.

Maiorías absolutas

Pese ó descalabro que o Partido

Popular sufriu en xeral hai

que dicir que na área metropo-

litana de Compostela aguanta

ben; Boqueixón, Frades, O

Pino, Rois, Tordoia, Touro, Trazo

e Vedra manteñen a alcaldías

e so Ovidio Rodeiro entra como

novo alcalde en Boqueixón así

que os veciños aprobaron o traballo

feito incluso en aqueles

pobos nos que o alcalde pasou

polo xulgado como Trazo ou O

Pino; e sorprendente a resilencia

de estes alcaldes que non so refrendados

polos veciños se non

que o Partido Popular os mantén

como candidatos pese as súas

imputacións. Tamén aproban os

socialistas de Brión e Oroso que

seguen tendo maiorías absolutas

ainda que en estes dous casos si

que é fácil comprobar o traballo

feito en ambos municipios; Oroso

conseguiu despois de moitos

anos o acceso a auto estrada

AP-9 e Brión presume dunha

brigada de obras que concellos

como Ames pretenden copiar.

Acordos sinxelos

Negreira, Ordes e Teo teñen

unha gobernabilidade sinxela,

ben sexa por acordos ou por que

goberne a lista máis votada. En

Negreira o socialista Jorge Tuñas

agarda que cidadáns o apoie

e evite un goberno do Partido

Popular despois de que o partido

de Blanco Pazos servira hai

4 anos para recuperar a alcaldía

dividindo o voto e voltara agora

a formar parte do PP como número

2. Cidadáns enviou unha

consulta a mesa nacional de

pactos co que non se sabe ben

que pode pasar pero o que parece

bastante claro e que o goberno

que saia será en minoría.

Ordes será a nota discordante xa

que o BNG xa dixo que se abstiña

e polo tanto gobernará a lista

máis votada, a do Partido Popular;

atrás quedan os rumores de

que o actual alcalde Manuel Regos

entraría no Psoe para forzar

a posición do BNG desmentidos

desde tódalas instancias. En Teo

finalmente gobernará en minoría

Son de Teo, Anova para entendernos,

co apoio do Psoe na

investidura pero en minoría a

diferenza dos últimos anos nos

que Martiño Noriega gobernou

con absoluta; será unha lexislatura

na que Rafa Sixto terá que

ocupar o posto de Martiño e entre

ambos mostrar cales son os

plans de área metropolitana que

teñen.

O complexo

Padrón e Ames son os concellos

onde o goberno admite

máis variantes, en calquera dos

dous municipios parece existir

unha coincidencia en que non

goberno o Partido Popular pero

como é difícil de dicir.

En Ames despois dunha serie

de reunións entre partidos da

esquerda, mantívose un encontro

a catro, Ames Novo, Psoe,

BNG e Contigo Pódese no que

marcouse un calendario de xuntanzas

para definir en primeiro

lugar a liña programática, a continuación

que tipo de goberno

será e con que ferramentas de

traballo se dotará para finalmente

decidir quen será a persoa que

o encabece. O que quedou claro

en esta xuntanza e que o novo

alcalde non terá as capacidades

de antaño e as decisións estarán

marcadas pola xunta de goberno

co que serán decisións corporativas

e non persoais. Tamén

parece claro que se fixarán unha

serie de prioridades que aceptarán

tódolos partidos entren

ou non a formar parte do novo

equipo.

En Padrón as posibilidades

de goberno multiplícanse pero

parece claro que, si non goberna

o PP, o Partido Galeguista ou

o Psoe terán que buscar apoios

para a investidura, despois buscar

un equipo de goberno xa

que ambos teñen 2 concelleiros

e resulta evidente que unha xestión

municipal precisa de máis

xente e finalmente acordar un

nome para a alcaldía. Hai novos

partidos na corporación como

Alternativa X Padrón e Veciños

de Padrón que xa dixeron que

non apoiarán a investidura do

PP polo que o goberno será de

esquerdas pero non se aclarou

si están dispostos ou non a formar

parte do executivo. Todos

coinciden en que a vila precisa

dun cambio de principio a fin e

parece que a vontade para estes

comezos de lexislatura e deixar

traballar e colaborar no novo

tempo que se abre.

Santiago

Compostela Aberta encabezada

por Martiño Noriega ten

garantida a alcaldía xa que o

resto dos partidos mostráronse

dispostos a apoiar a investidura.

Queda por ver si BNG ou

Psoe están dispostos a entrar

no goberno ou si se plantexa

esa posibilidade. Os retos para

o novo alcalde son grandes xa

que as propostas tamén o foron;

unha cidade libre de desafiuzamentos,

a municipalizaciñón da

auga, como fixo en Teo, unha

zona vella pensando un pouco

máis na xente, unha cultura

participativa... si todo o levan a

cabo sen duda Compostela pode

ser un referente en todo o estado

pero ademáis esta a situación de

Santiago como Capital; teremos

que ver que sucede en actos de

corte máis institucionáis, nas

relacións coas outras grandes

urbes en xeral e con Coruña en

particular; aeroportos, AVE, o

Camiño son se dúbida tarefas

nas que marcar un xeito de gobernar

e o mesmo tempo despexar

dúbidas sobre o modelo

de democracia e goberno que se

quere ter e, o que é máis importante,

se funciona e de que xeito.

Preguntoiro, 19 - Teléfono: 981 585 100 • 15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA • Praza da Pescadería Vella, 3 - Teléfono 981 582 507

10 24m eleccións municipais

Lindeiros

maio 2015 24m eleccións municipais 11

12 educación

Fátima García Doval

A pedagoxía é unha ciencia.

É difícil defender esta afirmación

nunha sociedade que chama

“pedabobos” aos seus profesionais

nesta materia, despreza as

súas achegas e dinamita calquera

esforzo destes por impor algo de

cordura nun sistema educativo

que, sen ser o peor posible, ten

moito de mellorable.

A pedagoxía é a ciencia que

estuda os procesos de ensino e

aprendizaxe, e busca explicalos,

optimizalos e solucionar os seus

eventuais problemas.

Que os orientadores dos centros

educativos sexan coñecidos

ás súas costas, cando non directamente

á cara, como os “paquistanís”,

xuntando nunha graza

chocalleira as dúbidas sobre a

súa utilidade e o velado racismo,

debería ruborizarnos a todos

os integrantes da comunidade

educativa.

A pedagoxía é unha ciencia

social e humana, coas particularidades

e dificultades que isto

supón.

As persoas non son obxectos

esféricos e sen rozamento cuxo

comportamento é estable e predicible.

As persoas fan o que lles

dá a gana. Afortunadamente nese

libre albedrío hai tendencias e

preferencias que permiten o desenvolvemento

de enfoques de

traballo rigorosos e científicos.

Enfoques con certas probabilidades

de éxito pero nunca con garantías.

O que queira certezas que

se meta a físico ou matemático.

A pedagoxía bebe doutras

ciencias humanas como a psicoloxía,

a antropoloxía, a socioloxía

ou mesmo o dereito.

Aínda tendo entidade propia,

constrúese conxuntamente con

outros saberes. Igual que a medicina

ten a súa propia entidade,

pero necesita da química, da bioloxía,

da física, da enxeñaría ou

das matemáticas, entre moitas

outras, para poder desenvolverse

e cumprir o seu labor.

Ninguén pensa que, dado que o

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje;

licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora

en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en

Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Chamanismo

pedagóxico

médico precisa do químico, calquera

químico pode ser médico.

Con todo, o común dos mortais

cre que calquera psicólogo está

capacitado como pedagogo, ou

calquera sociólogo, ou mesmo

calquera médico. En realidade,

como xa mencionamos hai máis

dun ano, calquera ser sobre a

face da terra (polo menos sobre

a face do noso país), crese doutor

en pedagoxía á hora de opinar

sobre os máis variados aspectos

educativos.

A pedagoxía é unha ciencia.

Pero a súa credibilidade está

baixo terra, en boa medida, pola

nosa culpa; a de todos e cada un

dos pedagogos.

Céntrase en aspectos que teñen

moito de emotivo e vivencial, en

tendencias antes que en certezas,

e, aínda que ten sentido ao longo

de toda a vida do individuo, pon

o foco na infancia, unha etapa especialmente

tenra e delicada.

Por iso moitos dos meus colegas

lanzáronse, costa abaixo e

sen freos, a un frenesí de ideas

atractivas, tenras, ilusionantes,

simplistas, esotéricas, new-age e,

por suposto, maioritariamente

falsas, cuxo corpus só podo definir

como “chamanismo pedagóxico”.

Son ideas que carecen

do máis mínimo rigor científico,

que basean as súas afirmacións

nos mesmos presupostos que as

pseudociencias: (“a min funcióname”,

“que mal pode facer”),

con ausencia de datos medibles

e contrastables, e outros lugares

comúns que non esconden

máis que un lucrativo negocio.

As modas chamánicas veñen e

van, case sempre en vinculación

con algo remotamente científico.

O hit actual parece ser a neurociencia,

pero hai máis.

Cada vez que vostede lea

“Waldorf”, “programación neurolingüística”,

“coaching”, “educar

é amar”... cada vez que atope

un método patentado, que funciona

sempre, publicitado a base

de experiencias persoais, que requira

ser certificado e que lle fai

parecer un inútil pedagóxico se

non o domina... fágase un favor,

tanto se é profesor coma se é pai

e especialmente se é pedagogo.

Dubide. Simplemente dubide

e infórmese. Contraste. E logo

decida.

Non está en xogo a credibilidade

da pedagoxía senón a de todo

o sistema educativo.

Ilustración: Jorge del Oro

Presentan unha ferramenta

de axuda para que os concellos

traten mellor a auga

O proxecto LIFE+ AQUA-

ENVEC que estuda a eco eficiencia

do ciclo urbano da auga

relacionando o impacto ambiental

e o económico presentou no

Centro de Estudos Avanzados

os seus principais resultados,

entre os que destaca unha ferramenta

web de axuda á toma de

decisións tanto para planificadores

como para xestores destas

actividades.O proxecto coordínao

a Fundación CETaqua do

Grupo AGBAR (Barcelona) coa

participación de 30 investigadores

e técnicos da USC, as Autónomas

de Barcelona e Valencia,

Viaqua e Sorea.

A web resultante axuda a tomar

decisións para mellorar a

relación entre o impacto ambiental

e o custe das actividades

do ciclo urbano da auga. Para

elaborala calculáronse os principais

impactos ambientais (cambio

climático, eutrofización,

destrución de capa de ozono e

demanda enerxética) e os custes

asociados a cada unha das

etapas do ciclo de vida da auga.

O conxunto destes indicadores

permite determinar a ecoeficiencia

segundo a metodoloxía

ISO 14045.

Identifican o enterramento

de frei Afonso de Melide na

igrexa da Universidade

Durante a rehabilitación da

igrexa da Universidade con

motivo do quinto centenario

da USC, descubriuse un enterramento

medieval de cuxa

importancia advertía daquela a

profesora Ana Goy. Vinte anos

despois, as profesoras Dolores

Fraga e María Luz Ríos, dos departamentos

de Historia da Arte

e de Historia Medieval da USC,

acaban de rematar unha investigación

que identifica ao titular

do enterramento con Afonso de

Melide, frade da Orden Terceira

Regular de San Francisco, provisor

do hospital maior de Santiago

e fundador do convento de

santa María a Nova de Santiago

a finais do século XIV, onde foi

inhumado.

As investigadores apuntan

que a figura de frei Afonso de

Melide alude a un “personaxe

excepcional” do que consta a

Lindeiros

Novas da USC

súa presenza no momento do

Cisma e as súas poderosas amizades

eclesiásticas e laicas, que

o converten nunha figura clave

que xogou un papel relevante

na Orde Terceira da Penitencia

Regular e na fundación

das comunidades de Melide e

Compostela.

A Facultade de Psicoloxía

repite os excelentes resultados

nas probas de acceso ao PIR

Un ano máis, os egresados da

Facultade de Psicoloxía da USC

acadaron excelentes resultados

no proceso de acceso ao sistema

de formación de psicólogos interinos

residentes da convocatoria

de 2015. Dous dos 16 aspirantes

con praza adxudicada, que estes

días se están incorporando

aos seus postos, situáronse nos

dez primeiros lugares da proba

selectiva.

Na área de formación sanitaria

especializada máis competitiva

en canto ao acceso –só o

4% dos aspirantes conseguen

acceder-, os da USC lograron

situarse un ano máis á cabeza.

Dos 162 da facultade compostelá

presentados acadaron praza

un total de 16, o que supón unha

taxa de éxito do 10%, moi por

riba do 4% de media.

O Laboratorio Ibérico Internacional

de Nanotecnoloxía

e a USC estudan vías de

colaboración

O director xeral do Laboratorio

Ibérico Internacional de

Nanotecnoloxía de Braga (INL),

LarsMontelius, mantivo un encontro

co reitor da USC, Juan

Viaño, para analizar un programa

de accións estratéxicas

entre a institución docente e o

laboratorio con sede en Braga

de cara a fortalecer as actuais

colaboracións e amplialas a curto

e medio prazo. Na xuntanza

estiveron acompañados do vicerreitor

de Internacionalización,

Carlos Salgado, da vicerreitora

de Investigación e Innovación,

Isabel Rodríguez-Moldese do

profesor José Rivas, director

do INL ata setembro do pasado

ano e coordinador do grupo

deste instituto dedicado á investigación

de nanopartículas e

nanoestruturas.

Fontes: USC, Lindeiros

xuño 2015 empresa 13

Tu Plan A:

Aprende a operar en bolsa

Siempre que pensamos en bolsa

dibujamos un mundo complicado

y reservado a unos pocos;

de unos años aquí la aparición

de internet ha cambiado por

completo esa perspectiva y muchas

personas en todo el mundo

operan desde sus casas cada día

y consiguen generar pequeños

beneficios que a fin de mes se

dejan notar. Hablamos con Fran

Fialli quien imparte cursos para

manejarse en los mercados financieros;

tal vez la primera

cuestión es saber si realmente

se puede aprender a operar en

bolsa sin tener un máster en

economía “si se puede, mucha

gente piensa que este es un negocio

elitista, reservado para

personas con conocimientos

muy avanzados de economía,

pero en cuanto por curiosidad

empiezas a investigar te das

cuenta de que hay amas de

casa, funcionarios, jubilados...

que tienen en esto su plan B y

que se sacan un sobresueldo

operando en bolsa”. Pese a la

seguridad que Fran transmite

uno aun puede no tener claro

que es lo que necesita ¿solo estudiar?

“Los profesionales que

llevan más tiempo siempre

dicen que el 50 por ciento es

conocimiento y el otro 50 por

ciento la mente; es algo que al

principio cuesta creer, yo tampoco

aceptaba que en bolsa

pesa más lo que se suele llamar

psicotraining, el estudio

de la psicología de las personas

que juegan en bolsa; hay

que ser una persona serena,

calmada y aceptar tanto perdidas

como ganancias y esto

es lo más difícil».

Fran ofrece cursos online y

presenciales y en los dos casos

lo que considera fundamental es

que los alumnos conozcan como

se opera en directo, con las mismas

herramientas con las que

luego trabajaran “esto se basa

en teoría y práctica, yo hice

muchos cursos que solo daban

teoría y siempre se quedaba

uno con la incertidumbre de

saber trasladar eso a la práctica;

en mis cursos combinamos

ambas cosas y el alumno ve

como se opera en tiempo real

y con dinero de verdad.

En trading se juega con el valor

de la bolsa, invertimos una

cantidad en ella y si la bolsa

sube nosotros ganamos porque

también hemos invertido; como

en todo la experiencia es fundamental

“yo recomiendo trabajar

durante unos meses de

forma simulada, no se puede

terminar el curso y ponerse a

operar; cuando se tiene práctica

suficiente y se comienza

de verdad mi recomendación

es no buscar una ganancia

de más de 50 dólares al día,

el querer ganar más o querer

recuperar perdidas solo lleva

a perder más; el trading es un

jornalero de bolsa, cuando ha

conseguido el jornal del día se

retira.

Se trata de una buena forma

de sacarse un sobresueldo

siempre que uno tenga la cabeza

fría y tenga los conocimientos

necesarios que, como acabamos

de ver, se pueden adquirir

fácilmente.

Tu Plan A: Bolsa y

Trading

www.tuplanabolsaytrading.

com

Tfno de contacto:

608 32 05 40

Fotos: Loli Fdez.

14 rutas

Lindeiros

Rutas pola Comarca

De Touro a Vedra

A serie de rutas que comezamos

no mes de maio levaranos

en esta ocasión pola comarcal

AC-240 desde Touro ata Vedra

cun pequeno desvío, moi merecido,

na provincia de Pontevedra

para visitar Ponte Ledesma.

Partindo da capital administrativa

de Touro, Fonte Díaz,

seguimos pola AC-240 en dirección

a Vedra e a 2.50 km.

facemos a primeira parada;

desviándonos á esquerda podemos

visitar a igrexa de Loxo, e

convinte estar atentos ao desvío

xa que pasa desapercibido pero

o lugar paga a pena aínda que

so sexa por contemplar a impresionante

árbore que levamos na

portada.

Volvemos á comarcal para

seguir ata o Empalme de Vilar,

son 10 km. nos que nos pode

sorprender o excelente estado

do asfalto e as curvas tan pechadas

que atopamos, trátase

dun dos tramos máis famosos

do rally Botafumeiro e impresiona

pensar as velocidades que

chegan alcanzar nunha estrada

tan complicada. No empalme

de Vilar desviarémonos a esquerda,

pola AC-960, para atravesando

Camporrapado chegar

despois de 7 km. a Ponteledesma.

Por esta nova ruta e a tan

so 3.5 km pasaremos por diante

de Talleres a Silveira onde será

difícil resistirse a tentación de

parar e facer unha foto do coche

incrustado no muro do edificio

que, aínda que soe raro, é

o xeito máis claro de definilo.

Tras cruzar o río Ulla xiramos

a esquerda e chegamos o núcleo

propiamente dito de Ponteledesma;

a primeira recomendación

é non parar e seguir pouco máis

de un kilómetro para desviarnos

a esquerda cara a Camanzo e

visitar o antigo mosteiro, hoxe

igrexa, de San Salvador de Camanzo

que data do ano 1166 e

na súa construción aínda conserva

restos prerrománicos. De

volta a Ponteledesma e si temos

fame A de Rafael é sen duda

unha razón por si mesma para

facer esta viaxe; en inverno son

moitas as persoas que pasan

por aquí a disfrutar do seu cocido

pero en calquera época do

ano tanto no menú do día, 10€,

como a carta atoparemos algo

que nos guste. Xusto detrás de

este local está a área recreativa

das Illas de Gres e a Ponte medieval

onde o exercito cidadá de

Trasdeza librou a súa primeira

batalla contras as tropas de Napoleón

Bonaparte; unha zona

xuño 2015 ruta 15

para descansar despois dunha

boa comida ou para pasear antes

dela e abrir o apetito.

Deixando atrás Ponteledesma

volvemos pola AC-960 ata

chegar de novo o Empalme de

Vilar e xirar a esquerda para

continuar pola AC-240 dirección

Ponte Ulla. Son pouco

máis de 6 kilómetros nos que

veremos como a vía do AVE

pasa colgada de paredes brancas

froito das escavacións da mina

de Serrabal.

Un pouco antes de chegar a

nos meta, a man esquerda, nos

atopamos co miradoiro de Gundián,

unha parada obrigada.

En este lugar, ademais de contemplar

o Ulla desde unha impresionante

altura, poderemos

comparar dúas pontes construídas

para un fin similar, o paso

do ferrocarril, con 62 anos de

diferenza. Ambas pontes cruzan

o río Ulla cunha caída de

50 metros, a máis vella data de

1950 e nova do AVE de fai un

par de anos, e non saberiamos

dicir cal das dúas resulta máis

impresionante. A lenda conta

que aquí situouse un mosteiro

templario no século XIV do que

non quedan restos, era o chamado

de San Xoán da Cova e que

hoxe da nome a un roteiro de

sendeirismo. Desde aquí tamén

podemos contemplar unha das

ladeiras do Pico Sacro contendo

un filón de cuarzo de 4 kilómetros

único no mundo.

Tras abandonar o miradoiro

a AC-240 déixanos suavemente

no pobo de Ponte Ulla, onde

atoparemos algunha taberna

para comer sen presa e onde é

tamén habitual atopar peregrinos

que seguen a ruta da prata

cara a Santiago; esta é a meta da

viaxe e o punto de partida dun

novo camiño que chegará no

Lindeiros de xullo.

Fotos: Loli Fdez.

16

Lindeiros

xuño 2015 17

dentalmacia.com

981 521 090

18 pasou

Lindeiros

Ames lembrou cunha comida o Día Nacional do Celíaco

Os comedores escolares do concello levan 10 anos ofrecendo menús adaptados

O comedor da Escola de Educación

Infantil do Milladoiro

acolleu unha comida coa que o

Concello de Ames conmemorou

o Día Nacional do Celíaco.

Con este xantar mostrase cada

ano, ao resto da comunidade

educativa, o tratamento alimentar

que seguen os nenos e nenas

celíacos, na comida participaron

políticos, representantes dos

centros educativos, empregados

dos colexios, membros das

ANPAS, traballadores do Concello

e un grupo de pais de nenos

con celiaquía e/ou alerxias

alimentarias.

Pan sen glute, ensalada tropi-

cal, marmitaco de atún e iogur

natural. Esta foi a comida que se

serviu hoxe na Rede Municipal

de Comedores Escolares e nas

escolas infantís para conmemorar

o Día Nacional do Celíaco,

en colaboración coa Asociación

de Celíacos de Galicia (ACE-

GA) e a Asociación Española

de Alérxicos a Alimentos e Látex

(AEPNAA); este menú foi

totalmente apto para os celíacos

e os nenos que sofren algún tipo

de alerxia alimentaria e serviuse

tamén o r O Concello de Ames

é pioneiro dende o curso 2005-

2006 nesta labor de integración

nos seus comedores, mediante

o traballo tanto da Rede Municipal

de Comedores Escolares

como das dúas escolas infantís

municipais: O Bosque e A Madalena,

ofrecendo aos nenos e

nenas usuarios destes servizos

menús adaptados ás súas necesidades

alimentarias.

Durante este curso a Rede

Municipal de Comedores atende

a máis de 110 nenos e nenas

con tratamento nutricional específico,

con menús equilibrados

deseñados pola nutricionista

municipal.

Fontes: concello de Ames,

Lindeiros

Un momento da comida. Foto: concello de Ames

O Río Natura Monbús sumouse a

campaña “ningún niño sin bigote”

Está impulsada pola Obra social de La Caixa e basease na

recollida de leite para os bancos de alimentos

Ningún niño sen bigote fai

referencia a marca que deixa

beber un vaso de leite; a campaña

desenrolase en toda España

e en Galicia a obra social de La

Caixa comprometeu a entrega de

100.000 litros. O director territorial

de CaixaBank en Galicia,,

Marc Benhamou, resaltou que

a entidade que representa quixo

sumarse a un fantástico final de

tempada con esta acción solidaria

e lembrou que a leite é un alimento

básico na dieta.

O Obradoiro decidiu dedicar o

chamado “partido dos nenos” a

colaborar en este evento polo que

organizouse unha recollida de

leite no hall do pavillón de Sar na

que se conseguiron 1.000 litros

máis. O equipo puxo tamén a súa

parte e ofreceu 6 litros por cada

punto marcado durante o partido

así que o 74, que quedou no marcador

o remate do encontro, converteuse

en 444 litros máis.

Os 101.500 litros conseguidos

se destinan as sete delegacións

galegas do banco de Alimentos

e servirá para que moitos nenos

en situacións de vulnerabilidade

poidan disfrutar de este alimentos

básico.

Fontes: Río Natura Monbus, Lindeiros.

Técnicos do Obradoiro cos seus bigotes. Foto: Natura Monbus

Cursos de Bolsa y Trading

Aprende a operar en bolsa

Tu Plan A: Bolsa y Trading

www.tuplanabolsaytrading.com

608 32 05 40

O director de Cooperación

con África y Asia de la

AECID estivo en

Compostela

Ofreceu unha conferencia na Fundación Araguaney-Puente

de Culturas

A Fundación Araguaney-

Puente de Culturas e a Axencia

Española de Cooperación

Internacional para o Desenvolvemento

(AECID), do Ministerio

de Asuntos Exteriores e de

Cooperación, organizaron unha

conferencia a cargo do director

de Cooperación con África e

Asia da AECID, Alberto Virella,

titulada “A resposta da

cooperación española aos retos

das sociedades e os gobernos

de África e Oriente Próximo”.

Unha das principais apostas

da AECID é o programa Masar.

Virella sinala que algunhas

das súas actividades máis destacadas

centran a súa atención en

combater a violencia de xénero.

Dentro do programa Masar tamén

destaca a intervención Masar

Ciudadanía. Virella explica

que este proxecto se realizou

en Exipto para coñecer mellor

e dar voz á sociedade exipcia a

través de enquisas de opinión

e a investigación social. “Os

obxectivos son coñecer as tendencias

de opinión da sociedade

exipcia e fortalecer o papel

da sociedade civil” “no marco

do pluralismo político” -sinala-.

Outro dos programas postos en

marcha pola entidade que representa

Alberto Virella é o APIA.

Creada en 2014, esta iniciativa

pretende apoiar os gobernos e

sociedades africanas na elaboración,

formulación, execución e

seguimento de políticas públicas

inclusivas. Poderanse atender

as demandas locais na revisión

das devanditas políticas, identificar

e mobilizar recursos

financeiros -internos e exóxenos-

necesarios para executar

as accións do goberno, e poderanse

establecer mecanismos

de xestión eficientes e eficaces.

Así, Virella explica que se realizan

proxectos en Etiopía, para

apoiar a posta en marcha dun

seguro médico obrigatorio; en

Níxer, onde se acordou o apoio

á promoción da participación

política das mulleres da rexión

de Maradi; ou en Mali, cunha

intervención orientada á mellora

da xestión da saúde a nivel

municipal.

Fonte: Fundación Araguaney,

Lindeiros.

xuño 2015 pasou 19

A XIX Festa da Troita superou

os 25.000 visitantes

Degustáronse máis de 30.000 kilos de produto

A XIX Festa da Troita superou

con creces o obxectivo

marcado de superar os 25.000

visitantes, grazas a unha multitudinaria

tarde/noite de festa,

que se prolongou ata case as seis

da madrugada ao ritmo das orquestras

Panorama e Esencia,

así como a unha xornada de domingo

que trouxo ata Sigüeiro

a milleiros de persoas de toda

a contorna para participaren na

degustación gratuíta de máis de

30.000 quilos de troita entre a

degustación do Concello e os 38

establecementos adheridos, que

non deixaron de servir pratos

durante toda a xornada.

O Mercado Medieval e exposición

de arte “Amizade Galego-Portuguesa”

abriron as súas

portas acompañados por unha

concentración de coches antigos

e clásicos detrás da praza do

Concello, que estivo ata os topes

grazas aos xogos de “Garabato

de xogos”, un divertido entretemento

familiar.Como o ano pasado,

a música correu a cargo da

Charanga NBA e da asociación

folclórica Buxos Verdes.

O pregón correu a cargo de

Fran Rey e Pedro Brandariz, o

que deu paso á entrega dos premios

do concurso de pesca. O

gañador da edición deste ano foi

Santiago Mazas Saavedra-García,

seguido por José Rabuñal

Camiña e polo gañador da edición

de 2014, José Carlos Mazas

Barros. Tamén foron premiados

José María Blanco Otero, Antonio

Andrade Sánchez, José

Couso Cebey e Roberto Espiñeira

García.

“Enocións by

Ribeiro” na Cidade

da Cultura

Máis de 150 persoas gozaron da experiencia

certo de Guadi Galego, nelas

amosáronse as terras do Ribeiro

e a ruta xacobea. A delicada

música de Guadi, en formato

dúo, foi o colofón a un serán no

que os participantes tamén coñeceron

en grupos reducidos a

exposición Camiño. A Orixe.

Enocións by Ribeiro é un

programa de actividades que

quere reflectir as emocións que

afloran no Camiño de Santiago,

uníndoas aos viños da D.O. Ribeiro,

legado do Císter.

As dúas seguintes propostas

de Enocións by Ribeiro serán o

11 de xuño coa gastronomía de

Pepe Solla con acompañamento

musical de DJ Analïs; e o 10 de

setembro, co humor de Carlos

Blanco. Ambas dúas, presentando

novos viños de la D.O.

Ribeiro.

Fonte: Consello Regulador do Ribeiro,

Lindeiros.

O programa Enocións by Ribeiro

viviu a súa primeira velada

na Cidade da Cultura de

Galicia, en Santiago, cunha proposta

na que máis de 150 persoas

gozaron con Guadi Galego,

as imaxes de Xurxo Lobato,

unha visita á exposición Camiño.

A Orixe e a calidade e identidade

propia de catro viños da

D.O. Ribeiro.

Despois das palabras do presidente

do Consello Regulador,

Miguel Ángel Viso, chegaron as

catro propostas vinícolas cunha

cata guiada polo director técnico

Pablo Vidal. Participaron Casal

de Armán 2014, de adegas

Casal de Armán; Ramón do Casar

Treixadura 2014, de adegas

Ramón do Casar; Cuñas Davia

2014, de Adegas Valdavia; e Colección

68 de Costeira Treixadura

Barrica, de Viña Costeira.

O fotógrafo Xurxo Lobato

presentou unha selección de

imaxes que ambientaron o conconcello

de Oroso, Lindeiros.

Concurso de pesca, degustacións e actuacións. Fotos: concello de Oroso

Actuación de Guadi Galego

Foto: C.R. do Ribeiro

20 pasou

Día Internacional dos Museos

Os de Compostela o celebraron baixo o lema “Cultivando a cultura”

Os museos promotores desta

idea son Museo do Pobo Galego,

CGAC, Museo Fundación

Eugenio Granell, Museo Catedral,

MUPEGA, Museo de

Historia Natural e Museo das

Peregrinacións e de Santiago.

Todos eles ofreceron unha serie

de accións e actividades destinadas

a promover o patrimonio

e a cultura dende a perspectiva

da sustentabilidade.

A escolla do lema “Cultivando

Cultura” fai referencia á

diversidade cultural entendida

como produto e parte da biodiversidade

pola que temos a

responsabilidade de velar. Deste

xeito os Museos do DIM Compostela

representan a relación

entre a biodiversidade e a diversidade

sociocultural a través

dunha acción conxunta que pon

en valor os recursos naturais

endóxenos, usando variedades

hortícolas tradicionais ás que se

asocia unha parte importante do

patrimonio cultural dos pobos.

As actividades comprendidas

en “Cultivando Cultura” tiveron

lugar do 18 o 23 do mes

pasado e incluíron xornadas de

portas abertas en algúns dos

museos, música, conferencias

e obradoiros aos que se suman

roteiros guiados polo Parque

de Vista Alegre de man do

Museo de Historia Natural e

visitas guiadas relacionadas

coa educación ambiental no

MUPEGA.

Outras accións foron visitas

teatralizadas no Museo das Peregrinacións

e de Santiago, geocaching

no CGAC, unha guía

lúdica para familias no Museo

do Pobo Galego e acceso guiado

ó taller de restauración do Museo

Granell.

A programación rematou cun

concerto de Alessandra Rombolá

(Vertixe Sonora Ensemble) e

de Cinta Adhesiva.

Fontes: Museos de Compostela,

Lindeiros.

Cartaz conmenorativo do Día dos Museos.

Lindeiros

Maianas gañan o

concurso “Novos Valores

Festigal 2015”

O xurado destacou a alta participación que

contribuíu a dar a coñecer artistas noveis

O concurso “Novos Valores

Festigal” para a difusión da música

galega e en galego feita por

xente moza proclamou gañador

o grupo Maianas, logo da decisión

do xurado que estimou o

seu valor artístico na promoción

da música tradicional. Maianas

son tamén promotoras dun festival

do Festival da Maía, teñen

dous traballos editados e son

mulleres novas comprometidas

co país. Así, actuarán no palco

de concertos do Festigal a noite

do 24 de xullo de 2015, participarán

na presentación do cartel

xunto coas demais bandas e recibirán

unha dotación económica

de 300 euros.

O xurado valorou ademais a

calidade e a variedade de estilos

dos grupos e artistas que se

presentaron a este certame como

SeisPorOito, Panghea, Coso

Carnobrigo, Miguel Alonso,

AutOOdio, Noé Subiela, Balbor-

do Público, Monoulious DOP,

Marta Sancho e Jorge Abreu

Seoane. Estimou tamén a participación

e interese de milleiros

de persoas que compartiron os

vídeos a través das redes sociais,

na primeira fase do concurso, e

que contribuíron deste xeito á

difusión de música emerxente en

galego.

Este concurso conseguiu a

participación dunha ampla representación

de estilos que pasan

polo folk, pop, música de autor,

death metal melódico, rap, poprock,

festa, comedia e música de

cámara, entre outros, que dan

conta da creatividade e da diversidade

da oferta artística existente

que nace no noso país. Este

certame abriuse á participación

de grupos amadores e profesionais

emerxentes que empregan a

lingua galega nas súas letras.

Fontes: Festigal, Lindeiros

Este mes sae a rúa “Memoria de Oroso”

Tratase dunha revista que recolle o traballo do arquivo de imaxes do concello

No ano 2012 o concello de

Oroso iniciou o proxecto de

crear un arquivo histórico de

imaxes para posteriormente dar

a coñecer o seu fondo mediante

publicacións ou exposicións.

Foron moitos os veciños e veciñas

que se achegaron ao arquivo

para informarse do proxecto

e para colaborar aportando

fotografías, pero tamén outra

tipoloxía de documentos que

gardan un gran valor histórico

por constituir a memoria gráfica

do pasado: documentos textuais

como recibos, xornais, revistas,

correspondencia… e outros moi

diversos, tanto públicos como

privados que foron escaneados e

documentados.

A revista “Memoria de Oroso”

é o primeiro resultado do

traballo desenvolto e recolle

artigos sobre a historia do municipio

e 170 fotos de distintas

épocas do concello.

Fontes: Arquivo do concello de

Oroso, Lindeiros.

Unha das imaxes recuperadas do concello. Foto: concello de Oroso

Maianas. Foto: You Tobe

RESERVA TU ESPACIO

PUBLICITARIO:

publicidad@lindeiros .com

xuño 2015 pasou 21

Noite en Branco coa

Escola de Música de Brión

O público disfrutou de concertos en

5 espazos distintos

A segunda edición da “Noite

en branco” da escola municipal

de música Magariños de Brión

foi todo un éxito conseguindo

congregar a varios centos de

veciños ao longo dos seus cinco

concertos na Biblioteca Pública

Municipal, na Aula 2 da

Escola Municipal de Música,

no salón de plenos do Concello

de Brión, na sala de exposicións

municipal e no salón

de actos do Centro Social Polivalente.

De feito, medio cento

de persoas seguiron completamente

a itinerancia, levada a

cabo entre as 22:00 e as 0:30

horas do pasado venres.

A iniciativa contou coa participación

de cen músicos da

escola e outros cincuenta da

Banda Municipal de Música de

Brión, que actuaron como artistas

convidados. Os concertos

da Banda Municipal, así como

os da Banda de Música Magariños

e da Coral da ESMU

foron as máis aplaudidas polo

público, cun repertorio que ía

dende a música clásica ata bandas

sonoras como Titánic ou El

Padrino, e mesmo o We are the

champions de Queen, versión

instrumental.

Fontes: concello de Brión, Lindeiros

Nobel de física 1997, Claude

Cohen-Tannoudji, en Compostela

Abriu cunha conferencia Programa ConCiencia, de divulgación

científica, que organiza a USC

O Premio Nobel de Física

Claude Cohen-Tannoudji, pioneiro

en métodos de arrefriamento

de átomos con feixes de

láser, iniciou a edición de 2015

do Programa ConCiencia de divulgación

científica que dirixe

o profesor da USC Jorge Mira.

O físico francés de orixe mantivo

unha xuntanza con investigadores

do eido da fotónica e o

láser e pronunciou unha conferencia

sobre a manipulación de

átomos con luz.

Cohen-Tannoudji mantivo

tamén un encontro cos medios

de comunicación que comezou

recoñecendo o papel fundamental

de Albert Einstein na

comprensión básica da luz. “Introduciu

os conceptos de fotón

e de emisión estimulada, que

é a base do láser, e foi tamén

quen descubriu que a luz ten

un momento, unha idea usada

nos últimos anos para intentar

parar os átomos e reducir a súa

temperatura, un campo novo e

moi prometedor, por exemplo,

para elaborar reloxos ultraprecisos.

Esa ultraprecisión, matizou,

“pode servir para realizar

continuos test da Teoría Xeral

da Relatividade que axudan a

unha mellora das medicións e,

como resultado, a unhamaior

efectividade na aplicación da

tecnoloxía”.

O Nobel de Física pechaba

o encontro cos medios salien-

tando a “extrema importancia”

que ten a formación dos máis

novos para o éxito da ciencia.

“Estimulalos vocacionalmente

para aprender, fomentar o seu

entusiasmo é clave para manter

a ciencia”, dixo.

Fontes: USC, Lindeiros

O premio Nobel atendendo aos medios. Foto:Santi Alvite

Momentos da Noite en Branco. Foto: concello de Brión

El Arca

22 pasou

Instrumentos de más de 250 anos

soaron en Compostela

Pekka Kuusisto e Nicolas Altstaedt trouxeron un violín de 1750 e

un violonchelo de 1770

A Real Filharmonía de Galicia

celebrou dous concertos en Santiago

e Vigo nos que actuaron

dous grandes virtuosos do violín

e do violonchelo: Pekka Kuusisto

e Nicolas Altstaedt, ambos os

músicos usan instrumentos con

máis de 250 anos de antigüidade

polo que velos no mesmo concerto

é unha ocasión moi especial.

As dúas actuacións comezaron

co Dobre concerto para violonchelo

e violín do compositor alemán

do Romanticismo Johannes

Brahms (1833-1897). Trátase da

súa última obra orquestral e nela

escolle a inusual forma dun dobre

concerto para violín e chelo.

Non se toca con frecuencia, debido

á complexidade que supón

dispor de dous solistas de contrastada

calidade cosa que aquí

se conseguiu.

Pekka Kuusisto é recoñecido a

escala internacional como solista

e director. É un gran defensor

da nova música, o que lle levar a

colaborar con regularidade con

compositores contemporáneos,

moitos dos cales escriben obras

especialmente para el. Toca con

orquestras de todo o mundo:

Reino Unido, Alemaña, Austria,

Finlandia, Holanda, Noruega,

Suecia, Canadá, Estados Unidos,

Singapur e até Australia. En 2013

gañou o Nordic Council Music

Prize, un premio que recoñece a

súa extraordinaria calidade artística

e técnica. Toca un violín de

Giovanni Baptista Guadagnini

de 1752 cedido pola Fundación

Cultural Finlandesa.

Pola súa banda, o violonchelista

Nicolas Altstaedt é un dos

mozos solistas máis fascinantes

e relevantes da súa xeración; un

artista versátil que sente igualmente

cómodo frecuentando

o repertorio clásico, estreando

obras contemporáneas ou tocando

instrumentos de época. Elixi-

do o programa New Generation

Artists da BBC, de 2010 a 2012

actuou con todas as orquestras

da BBC, nos Proms e no Wigmore

Hall. Destacan as súas actuacións

con orquestras do Reino

Unido, Suíza, Austria, Alemaña,

Finlandia, países bálticos, Rusia,

Nova Zelandia, Venezuela, Australia...

Na actualidade é Artista

en Residencia da Filharmonía

Austro-Húngara Haydn. Toca un

violonchelo Giulio Cesar Gigli

construído en Roma en 1770 e un

violonchelo moderno de 2012 do

luthier alemán Robert König.

Fontes: Consorcio de Santiago,

Lindeiros

Nicolas AltsTaedt. Foto: Concello de Santiago

Pekka Kuusisto. Foto: Concello de Santiago

O Concello de Teo recibiu

hai unhas semanas a xenerosa

doazón dun piano por parte

dos herdeiros da familia Cruces

Artero que xa está instalado na

Mediateca do Grilo. Segundo

explican dende a familia “quixemos

ter este xesto para manter

viva a memoria dos nosos pais,

grandes persoas e profesionais

cunha importantísima relación

con este municipio”.

O piano poderase usar respectando

unhas normas nas que se

establece que poderán ensaiar

persoas que teñan coñecementos

do instrumento ou persoas

que estean facendo estudos de

piano e o precisen para practicar.

Para non interromper as

outras actividades propias da

Mediateca o instrumento só se

usará con cascos e pedirase au-

Lindeiros

A familia Cruces

Artero cede un piano

o concello de Teo

Instalouse na Mediateca do Grilo para o

uso e disfrute público

torización previa á persoa encargada

da biblioteca.

Dende a familia queren destacar

que na toma da decisión

“pesou a evidente relación da familia,

especialmente dos nosos

pais con Teo, dende un punto de

vista persoal e profesional”. A

concelleira de Cultura, Carme

Hermida, encargada da xestión

desta doazón ao Concello realizou

un traballo de recompilación

biográfica de Antonio

Cruces e María Concepción Artero

no que aparecen copias de

documentos municipais xa que

el foi concelleiro e tivo parte de

actividades empresariais en Teo

e ela polo seu traballo tamén

tivo unha importante vinculación

municipal.

Fontes:concello de Teo, Lindeiros.

Unha imaxe do piano cedido. Foto: concello de Teo

xuño 2015 23

24 pasará

Visita un museo

Museo de Terra Santa

Agochado no interior do convento

de San Francisco está

unha colección de pezas que

merece unha atención bastante

maior da que soe ter na cidade.

A orixe do Museo de Terra

Santa está ligado á peza principal

da exposición de Arte Sacra

de Roma en 1950: a maqueta a

escala da Basílica do Santo Sepulcro,

obra de Frei Bartolomeu

das Heras. O material arqueolóxico

e documental aumentou

considerablemente a mercé de

doazóns procedentes de Terra

Santa, da Custodia franciscana e

do P. Vicente Juhasz, do Sr. Duque

de Terranova, D. Francisco

Utray e de Frei Bartolomeu das

Heras, entre outras moitas.

O atraso no financiamiento

obrigou a postergación do

proxecto ata que no ano 1980

depositásense os fondos actuais

no convento de San Francisco

de Santiago, e mercé á Xunta de

Galicia, que asumiu xunto coa

comunidade a súa realización,

creouse o actual Museo de Terra

Santa.

No museo podemos percorrer

a historia destes lugares desde

o paleolítico até os nosos días;

moedas como os denarios ou un

shéquel acuñado no ano 69 de

nosa era, a maqueta da basílica

do Santo Sepulcro xa mencionada,

pezas realizadas en nácar

ou en madeira de oliveira, un

tramo da canalización que mandou

construír Poncio Pilato para

levar auga de Belén a Xerusalén

que data do século I...; pero o

museo destina tamén unha boa

parte das súas vitrinas a mostrar

a variedade de culturas e

relixións presentes na Xerusalén

actual, a xudía, a musulmana e

acristiana.

Son en total unhas 700 pezas

expostas e unhas 1.000 máis

gardadas, un auténtico tesouro

patrimonial ao que dedicar unha

xornada.

Teléfono 981 581 600 E-mail

museots@ofmsantiago.com

Precio 3 €. Estudiantes y jubilados:

2 €. Grupos escolares:

1 €. Menores de 14 años: Gratis

Horario: 10:30-13:30, 16:00-

19:00. Lunes: cerrado.

Os 19 concellos bañados polo

río Ulla presentan un ano máis

o programa ‘Goza do Ulla’,

unha iniciativa turística que

xa vai pola súa quinta edición

e que pretende dar a coñecer e

promocionar o patrimonio natural

dos seus territorios. Haberá

unha ruta ou incluso dous

cada fin de semana en cada un

dos 19 concellos da iniciativa:

Palas de Rei, Monterroso, Antas

de Ulla, Agolada, Santiso,

Arzúa, Vila de Cruces, Touro,

Silleda, Boqueixón, Vedra, A

Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures,

Valga, Dodro, Catoira e

Rianxo.

Ignacio Codesido, alcalde de

Touro, un dos concellos impulsores

deste proxecto, destaca

que “desde Antas do Ulla, no

seu nacemento, ata Rianxo coa

Lindeiros

Goza do Ulla comeza coa edición

2015 dos seus roteiros

Ata o mes de outubro os 19 concellos organizarán andainas nas

findes de semana polas rutas que teñen nos seus territorios

súa chegada ao mar, pasando

polos diferentes municipios, o

Ulla amosa unha grandísima

variedade de patrimonio natural,

cultural e artístico”. A intención

a medio prazo e deseñar

unha ruta de gran percorrido

que podería denominarse Gran

Roteiro Fluvial do Ulla para

poñer en valor toda a riqueza

cultural, ecolóxica e etnográfica

deste río, o segundo en relevancia

de Galicia e que percorre

tres provincias (Lugo, A Coruña

e Pontevedra).

O domingo 31 de maio comezou

a primeira ruta no Concello

Monterroso. As seguintes

serán: Antas do Ulla (17 de

xuño); Boqueixón (20 de xuño);

Agolada (18 de xullo); Arzúa (1

de agosto); Vedra (2 de agosto),

Rianxo (29 de agosto); Touro

(5 de setembro); Pontecesures

(6 de setembro); Silleda

(12 de setembro); Catoira (13

de setembro); A Estrada (20

de setembro); Palas de Rei (26

de setembro); Teo (27 de setembro);

Padrón (3 de outubro);

Santiso (10 de outubro); Dodro

(17 de outubro); Valga (24 de

outubro) e Vila de Cruces (25

de outubro).

A iniciativa xurdiu fai xa cinco

anos e o 2014 desenvolveuse

con grande éxito. Con traballo

dos 19 concellos e sen apenas

custo promóvese un proxecto

que pon en valor o noso territorio,

vinculando municipios,

bisbarras e provincias por riba

dos intereses localistas ou

partidistas.

Fonte: concello de Touro, Lindeiros.

Maqueta da exposicón. Foto:Loli Fdez.

Unha das moitas rutas de “Goza da Ulla”. Foto: concello de Touro

xuño 2015 pasará 25

Talleres de verán na

Fundación Granell

Do 29 de xuño o 31 de xullo

Insolación de Emilia Pardo

Bazán cumpre 125 anos

María Adanez interpreta en Compostela unha adaptación o día 18

Detrás de Aula de ideas está

a uruguaia Adriana Pazos,

unha filla de emigrante que retornou

a terra do seu avó para

por en valor todo o que aprendeu

de música, teatro, danza,

literatura... estudou Belas Artes

en Montevideo e o chegar a

España licenciouse en Historia

da Arte. Según explica Adriana

“ Entiendo que el disfrute,

acercamiento y conocimiento

del arte eleva nuestra calidad

de vida; conocer distintas sensibilidades

amplía nuestra visión

del mundo y nos capacita

para poner en acción nuestro

propio caudal creativo en el devenir

del día a día”.

Aula de ideas propón un itinerario

completo con actividades

lúdicas e educativas para o

mes de xullo que ofrece aos nenos

e nenas un novo e estudado

programa e ás familias as facilidades

da conciliación laboral.

Serán cinco semanas de

movemento e creatividade incluíndo

actividades vangardistas

que incorporan o teatro, a

danza, a expresión corporal en

interacción coa arte contemporánea,

a música, a expresión

plástica, as novas tecnoloxías e

a creatividade.

O horario comeza as 8.30 da

mañá e dura ata as dúas para

facilitar a conciliación laboral e

familiar; cada maña terán lugar

máis de 3 actividades distintas

e, como é lóxico, haberá sitio

para o recreo e os xogos o aire

libre.

Existen distintas posibilidades

de matrícula que van

desde os días alternativos ata

as semanas soltas ou o mes

completo.

As actividades desenvolveranse

nas aulas de didáctica e

espazos do Museo Fundación

Eugenio Granell e as prazas

son limitadas polo que e convinte

reservar si se quere participar

nas actividades, ben no

correo electrónico contacto@

auladeideas.com ou no teléfono

606 971 859.

Con Insolación, Emilia Pardo

Bazán non só escribiu unha gran

historia de amor, senón tamén

unha convencida defensa do dereito

a elixir das mulleres.

María Adánez interpreta á

protagonista Francisca de Asís

Taboada, viúva marquesa de

Andrade

(galega como a propia autora)

que vive no Madrid de finais do

século XIX, nun medio aparentemente

ilustrado de salóns e parladoiros,

pero no que non calou

a idea da igualdade entre homes

e mulleres. Nos apenas seis días

que dura a acción, Asís coñece a

Diego Pacheco, un

raparigo de boa sociedade con

fama de conquistador, déixase

someter por el máis aló do

aceptable, disponse a abandonar

regresando a súa apracible e querida

Galicia, e finalmente decide

non xa entregarse sen medo ao

pracer, senón capitanear a relación

admitindo que un debe tentar

ser protagonista da súa propia

historia.

Para Luis Luque, o director “

Insolación fálanos do encontro

de dúas latitudes españolas, o

norte e o sur, como metáfora das

clases sociais imperantes na España

de finais do século dezanove.

A clase aristocrática e as súas

estritas leis sociais fronte á Espa-

ña máis popular cunha moralidade

menos asfixiante e máis libre.

A peza está interpretada por

María Adánez e José Manuel

Poga nos principais papeis e dirixida

por Luis Luque. A cita o

xoves 18 no Auditorio de Galicia.

Cartel do Encontro de bolillos. Foto: Asociación A Silva

26 pasará

Lindeiros

19 concertos na décima edición do festival

Via Stellae en Compostela

Celebrarase do 29 de xuño ao 15 de xullo en espazos da cidade

Organizado e promovido polo

Concello de Santiago e pola

Xunta de Galicia, o Via Stellae

volverá encher de música

Santiago de Compostela, o seu

casco histórico, durante máis de

dúas semanas: o Teatro Principal

e o Salón Teatro; as igrexas

e capelas de San Fiz de Solovio,

Universidade, Orde Terceira e

San Domingos de Bonaval e

localizacións singulares como o

CGAC, o Hostal dos Reis Católicos

e o Paraninfo da Universidade,

son os variados escenarios

do festival.

O festival abrirá cun compositor,

pianista e músico de jazz

aplaudido arredor de todo o

mundo, o norteamericano Uri

Caine que mostrará como entende

a música de Domenico

Scarlatti.

A presenza de Haendel chegará

da man de Al Ayre Español e

Eduardo López Banzo (agrupación

aragonesa merecedora do

Premio Nacional de Música).

Haendel comparte cartel con

Vivaldi noutro concerto que tamén

nos traslada ao mundo da

ópera barroca e dos castrados

da man do contratenor Flavio

Ferri-Benedetti e dos madrileños

Ímpetus que dirixe Yago

Maratón de jazz na Praza da Quintana

Será o peche do ciclo 1906 que se celebrou por toda Galicia

Santiago será de novo escenario

do final do ciclo Jazz 1906

na Praza da Quintana. Serán 12

horas de música de balde e en

directo en plena rúa co obxectivo

de compartir cos viandantes

de forma aberta e sen barreiras

as propostas musicais de formacións

galegas de jazz.

O Ciclo de Jazz 1906 é unha

iniciativa da empresa Hijos de

Rivera por medio dunha das

súas marcas de cervexa e este

ano chegou a súa oitava edición.

O ciclo celébrase de marzo

a xuño en máis de 50 salas

de toda España e en estes anos

converteuse nunha das referencias

en canto a programación de

jazz se refire.

Mahugo e que debutan no festival.

A Bach dedican o seu concerto

o trío La Bellemont coa

colaboración do reputado violinista

arxentino Manfredo Kraemer;

e os Gallaecia Antiqva,

cuarteto formado por profesores

de conservatorios galegos

cunha recoñecida traxectoria en

diversas formacións dedicadas á

música antiga, que explora a relación

do cantor de Leipzig cos

seus alumnos e fillos.

Maximino Zumalave e a

Real Filharmonía de Galicia

non faltan á súa cita co Festival

Via Stellae para presentarnos,

nun intenso e único programa

que se o tempo o permite terá

A lista defintiva de participantes

no maratón non está

pechada o cen por cen pero de

momento, están confirmadas

as actuacións de: Hot Chocola-

lugar nun dos fermosos patios

do Hostal dos Reis Católicos, o

de San Xoán, as tres últimas e

máis célebres sinfonías de Mozart.

Con ocasión do 350º aniversario

da súa morte, Raquel

Andueza e La Galanía achégannos

a un dos compositores máis

importantes -e tristemente un

dos máis esquecidos- do século

XVII: organista, violinista e

compositor italiano, Tarquinio

Merula foi un dos autores máis

innovadores no campo da música

sacra do Seicento. Non rematan

aquí as homenaxes aos

grandes mestres e volven ao Via

Stellae Rinaldo Alessandrini e o

seu Concerto Italiano e regresan

tes, André Fernandes “Wonder

Wheel”, Cats and Monkeys,

Felipe Villar Trio e Mónica de

Nut. Iráse ampliando información

na web do Club 1906.

Momento do maratón do ano pasado. Foto: Jimena Bereguer

a Santiago coa súa grande especialidade:

os madrigais de Claudio

Monteverdi. No mosteiro

de San Lorenzo del Escorial foi

mestre de capela o pai franciscano

Antonio Soler, virtuoso do

teclado a quen homenaxea cun

concerto monográfico dedicado

ás súas sonatas (co seu célebre

fandango incluído) o talentoso

e eloxiado clavecinista galego

Diego Ares. O punto e final o

porá Fuoco E Cenere, ensemble

liderado por un creativo e

imaxinativo Jay Bernfeld; faino

conectando música de onte, iconografía

de hoxe creada en directo

polo ilustrador Fred Bayle.

Mención aparte merece o

OFF#Stellae, a parte alternativa

do festival que este ano terá

como fío condutor a improvisación.

Uri Caine inspirarase en

Scarlatti e Vivaldi será a fonte

do vigués Brais González; o

poeta Estevo Creus e o pianista

Pablo Seoane traballarán xuntos

en ·NO lugar do Lugar”. A percusión

de Pulsat, a electroacústica

de Roberto Oliveira ou as

arpas inspiradas no Pórtico da

Gloria que tocará Manuel Vilas

son outros dos momentos dos

que se disfrutará en esta décima

edición do Vía Stellae.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros.

A Real Filharmonía estará tamén no Vía Stellae. Foto: Real Filharmonía

Entretecendo realizará unha

acción de Urban Knitting

Cubrirán co tecido durante o pasado mes a

estatua dunha muller

Poñer en contacto a realidade

das mulleres peruanas coas

galegas é o principal obxectivo

das citas para calcetar que InteRed

organizou en Santiago

de Compostela o longo do mes

de maio. Os encontros ‘Entretecendo’

encádranse no proxecto

que o Fondo Galego de Cooperación

e Solidariedade lle financia

á ONGD para mellorar a

atención ás vítimas da violencia

de xénero no país andino.

A actividade culminará o 16

de xuño cunha acción de “yarn

bombing” ou “urban knitting”,

unha técnica de arte urbana

baseada nunha tarefa, a de tecer,

que comparten mulleres

de todos os tempos e culturas.

Celebrarase un acto arredor

da escultura dunha dona significativa,

que se cubrirá coa

peza elaborada en conxunto.

Trátase dunha aposta polo recoñecemento

das mulleres,

pero tamén pola apropiación

do espazo público, por facer

do persoal político, relacionando

o individual co colectivo e

rompendo a dicotomía público/

privado.

xuño 2015 deportes 27

Club de piragüismo Ribeiras do Tambre

O Club nace no ano 1986 polo

que no o vindeiro ano cumprirá

30 anos de historia, falamos

con Alberto Viaño que é o actual

presidente que nos conta un

pouco das dimensións do grupo

na actualidade “na actualidade

temos 40 fichas de piragüismo

e unha sección de BTT na que

están unha 20 persoas, en total

cerca de 20 persoas aínda

que a finais de ano a cifra sole

subir despois do cursos de iniciación

que facemos en verán

sempre se suman uns 30 rapaces

máis que se incorporan o

ano seguinte, temos categorías

desde benxamín e alevín ata

veteranos”.

O club participa en tódalas

competicións e acaba de conseguir

que unha rapaza participe

nun campionato do mundo que

se celebrará en Portugal “hai

3 ligas; a provincial na que o

ano pasado quedamos cuartos,

a liga galega na que quedamos

de 17 e a liga nacional

na que quedamos de 33; precisamente

Irene Mirás, unha

das nosas rapazas, que estuda

no centro de tecnificación

de Pontevedra onde está becada,

conseguiu un posto no

campionato do mundo junior

e sub 23 que se celebrará en

Portugal”

Os rapaces non teñen que

comprar nada para formar

parte de Ribeiras do Tambre

xa que o Club suministralles

todo o material aínda que iso

fai que os orzamentos sexa o

máis delicado “contamos co

apoio do concello de Ames, o

máximo apoio xa que sen el

non poderíamos levar a cabo

a actividades, pero tamén

da Deputación e da Xunta”.

Para Alberto o máis importante

do Club son os valores que se

transmiten os máis pequenos “o

compañeirismo, o da colaboración,

o coidado do material,

cousas que farán deles mellores

rapaces de cara o futuro”.

Pero non todo e doado, o traballo

das centrais eléctricas que

se nutren do ríoa fan que o caudal

do non chegue para entrenar

“en 72 horas temos pasado de

ter auga suficiente a que non

chegue ao mínimo imprescindible,

a central eléctrica

so pensa en xerar enerxía”;

cando isto sucede se desprazan

ata 7 kilómetros río abaixo, para

poder entrenar na parede do embalse,

e cargan coas piraguas

o lombo uns 300 metros ata a

borde da auga. Sen duda o espírito

de sacrificio aparece sempre

aínda que en este caso sexa fora

da auga, o terreo natural destes

xoves piragüistas.

info@ribeirasdotambre.es

#ribeirasdotambre

https://www.facebook.com/

ribeiras.dotambre

Fotos: C. R. T, Loli Fdez.

28 deportes

Lindeiros

Hassan Lekhili e Paula Mayobre gañan a II

Carreira Pedestre do concello de Frades

O Concello de Frades entregou 1.000 euros á Asociación Española de Loita contra o Cancro

Os atletas Hassan Lekhili,

do Ourenrunning (Ourense), e

Paula Mayobre González, da

Escola De Atletismo Paula Mayobre

(Ares), foron os gañadores

da segunda edición da Carreira

Pedestre do Concello de Frades,

que congregou a case trescentos

atletas e a varios centos de veciños

e afeccionados ao atletismo

en Ponte Carreira. A pesar das

predicións meteorolóxicas, que

anunciaban fortes choivas a proba

disputouse sen auga e incluso

o sol luciu en Frades durante

as probas escolares, o que fixo

que moitos veciños e veciñas se

animaran a pasar unha divertida

e deportiva tarde en Ponte

Carreira.

O alcalde de Frades, Roberto

Rey, foi o encargado de entregar

o cheque de 1.000 euros á

Asociación Española de Loita

contra o Cancro, correspondentes

á recadación realizada polas

inscricións dos atletas na proba

complementada por unha achega

municipal. Rey Martínez

agradeceu a colaboración de todos

os atletas na loita contra esta

enfermidade e destacou o traballo

dos voluntarios que fixeron

posible a organización desta

proba. Finalmente, o alcalde explicou

aos presentes que “Frades

ten moito que descubrir, pois temos

un rico patrimonio natural

e cultural”, polo que convidou

aos presentes a “visitar o noso

concello e a volver participar na

terceira edición desta carreira

para o ano que vén”.

Fontes: concello de Frades, Lindeiros

Gañadores absolutos nas distintas categorías. Foto: concello de Frades

Vero Boquete pasou por Santiago tras

conseguir a Liga de Campións feminina

A xogadora atópase concentrada coa selección nacional que afronta o

campionato mundial

O Club Millaraio Campión

Galego por equipos

Conseguiu o trofeo na categoría masculina

A concelleira de Deportes de

Compostela , María Corral, acudiu

ao aeroporto de Lavacolla a

recibir á futbolista compostelá

Verónica Boquete, tras lograr co

seu equipo, o FCC Frankfurt, a

Liga de Campións feminina. A

deportista permaneceu uns días

na cidade antes de afrontar outro

importante reto, o Mundial,

ao que acudirá coa Selección

Española.

Verónica Boquete é a primeira

española en conquistar unha Liga

de Campións feminina e unha

grande embaixadora da cidade.

Nominada tamén esta temporada

ao Balón de Ouro, supera a trintena

de internacionalidades e agora

afrontará a primeira cita mundialista

da Selección Española.

O Concello súmase ás felicitacións

a esta exemplar deportista,

coa que ademais vén colaborando

nos últimos anos na organización

do Campus de Fútbol Vero

Boquete.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

A Concelleira con Vero Boquete e os seus pais. Foto: concello de Santiago

Seguen os bos resultados do

clube Millaraio de atletismo,

unha entidade que leva desde o

2008 ofrecendo alternativas o

fútbol e o baloncesto. Na actualidade

ten máis de 127 licenzas

federativas e compite tamén en

salto, xavalina ou triple salto

mellorando cada ano.

O domingo día 17 celebrouse

o Campionato Galego por

Equipos en categoría cadete nas

pistas de Elviña na Coruña. O

Equipo do Millaraio. Foto: Millaraio

club Atletismo Millaraio presentou

equipo tanto na categoría

feminina, onde alcanzaron un

meritorio oitavo posto; como na

categoría masculina, onde se alzaron

co título de Campións Galegos

grazas a unhas magníficas

actuacións e a un impresionante

esforzo conxunto de todos os

integrantes do equipo, desde o

primeiro ao último.

Fonte: Millaraio, Lindeiros

xuño 2015 deportes 29

Santiago Futsal abre

a inscrición para o

Campus de verán

Celebrarase do 29 de xuño ao 3 de xullo

Este ano o Santiago Futsal

organiza o 11º Campus de verán

para nenos e nenas de 3 a 14

anos. O campus, que comezará

o luns 29 de Xuño e terá unha

duración de 5 días, até o venres

3 de Xullo, combinará adestramentos

de futsal con outras

actividades de lecer, xogos e

clases de inglés. O pavillón de

Fontiñas será a instalación na

que se desenvolva o Campus,

que esta edición incorpora a

categoría de psicomotricidade,

ampliando desta maneira o límite

de idade dos participantes,

desde os 3 aos 14 anos. O

horario xeral será de 10h a 14h

pola mañá e de 16.30h a 19.30h

pola tarde, mentres que a categoría

de psicomotricidade (3-5

anos) unicamente terá horario

de mañá. Ademais, o club ofrece

a posibilidade de quedar a

comer e facer horario completo

de 10h a 19.30h.

O prezo xeral será de 100€

sen comida e 130 con comida,

mentres que o prezo para xogadores

do Santiago Futsal será

de 90€ sen comida e 120€ con

comida. Por outra banda, o prezo

para os nenos de categoría de

psicomotricidade (3 a 5 anos),

que só terán horario de mañá,

será de 60€ xeneral e 50€ para

xogadores do Santiago Futsal. O

pago realizarase nas oficinas do

Santiago Futsal antes do comezo

do Campus.

Así mesmo, o primeiro día de

Campus todos os participantes

terán que entregar aos responsables

unha fotocopia do DNI

ou do libro de familia e o cartón

sanitario.

A inscrición pode realizarse

enviando un correo electrónico

á dirección administración@

santiagofutsal.com, chamando

ao número de teléfono 981 11 50

38 ou nas oficinas do club.

Fontes: Santiago Futsal, Lindeiros.

O patinaxe de Ordes colleita

titulos en varias disciplinas

O AC Ordes subcampión de España de hockey e o Galia campión

provincial de grupos Show

O deporte dos patíns en Ordes

comeza a ser algo máis que algo

con bastantes afeccionados e a

converterse en un proxecto serio

a coidar desde as institucións e

a sociedade. O AC Ordes ven

de proclamarse subcampión de

España en categoría xuvenil

diante, nin máis nin menos, que

do FC Barcelona; estiveron a piques

de gañar pero para dar proba

do esforzo baste dicir que no

descanso perdían 2-0 e o partido

rematou 3-2; o terceiro posto

foi para os madrieños do CP Rivas

Las Lagunas. Os xogadores

do AC Ordes chegaban pasada

a medianoite de Alcobendas,

onde se celebrou a fase final, e

eran recibidos polos familiares

e afeccionados como si foran os

gañadores.

Por outra banda o Club Patinaxe

Galia acadou un novo

logro que pon de manifesto o

alto nivel e o gran momento que

está a atravesar o equipo ordense.

Concretamente quedaron

na primeira posición dentro do

Campionato Provincial de Grupos

Show de Patinaxe Artística,

proclamándose as máximas

vencedoras na modalidade de

grupos grandes de secundaria

coa coreografía ‘Caleidoscopio’.

Pola súa banda o grupo pequeno

de primaria ‘Promesa de Primavera’

quedou en quinta posición.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

Equipo Gaia de patinaxe artístico. Foto: concello de Ordes

O equipo do AC Ordes que consiguíu o subcampionato. Foto: concello de Ordes

30

Lindeiros

Sementar No Rural

Xosé Marcial Díaz Manso

É enxeñeiro agrónomo e gandeiro naceu con concello

de A Bola en Ourense e vive en Ames desde fai

20 anos.Traballou no sistema de

información territorial de Galicia (SITGA) e

actualmente o fai no Instituto de Estudos do

Territorio (IET) da Consellería de

Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas

Hai quen di que no rural nunca non pasa nada, que é aburrido, conservador, tradicional.

A innovación a que tanto se nos empuxa so funciona cando as novidades encaixan ca nosa

estratexia vital, sacian as nosas necesidades e non poñen en perigo os nosos logros.Discernir

cando nos estamos quedando obsoletos ou cando bandeamos en función do vento no é fácil.

Empregar o sentido común, o menos común dos sentidos, parece o máis recomendable.

O rural galego leva integrando o ciclón tecnolóxico e globalizador das últimas décadas

de maneiras distintas, segundo seus tripulantes o van procesando na súa maxín e no seu

corazón,configurándose diferentes escenarios.

Hai un rural que ten optado por manterse grazas a pequenas explotacións familiares que se

abastecen a si mesmas e que venden os seus excedentes nos arredores. Son micro sistemas

soportados normalmente por xente maior e que soen ter algún membro da unidade familiar

traballando fora para complementar as rendas. Manteñen os vínculos familiares xuntándose

os fins de semana e nas vacacións. Hai un rural moi arborizado e pouco habitado que

funciona a modo de fondo de inversión. Nel metemos recursos dos que esperamos recoller

réditos nun futuro. Nos permite mirar afora en busca doutras experiencias e perspectivas.

Outro rural mais próximo ás cidades, aínda que non ó estea tanto, tenunha cultura mais atrevida.

Nel aséntanse persoas que practican unha agricultura que está encontrando oportunidades

nesta simbiose a través da venda directa e da singularidade dos produtos ecolóxicos.

Hai un rural altamente tecnificado e moi especializado (leite, viño, …) que se enfoca cara os

grandes mercados e onde sindicatos, cooperativas, empresas e administracións poñen o seu

especial énfase. Hai tamén un rural habitado polo mundo servizos onde o novo paradigma

da multifuncionalidade encontra o seu acolledor niño. Tan pronto se chama turismo, como

comercio, educación, sanidade ou TIC. Espallase sen contornas xeográficas e nel converxen

persoas de diferente profesión co único vínculo de querer vivir entre leiras e darservizos tanto

os de “dentro” como os de “fora”. E por último, hai un rural a medio cociñar, que non sube

nin baixa, explotacións que non ven claro si tirar polo camiño da agroindustria, quedarse na

agricultura familiar, apostar pola singularidade ecolóxica ou

ofrecer servizos.

Algúns queremos ver nestas formas de xestión do territorio

rural un sabio fluír que está configurando un futuro moi

prometedor tanto para os que viven nel como para os que o

fan nas cidades; grandes demandantes de espazos abertos,

de calidade alimentaria, de cultura e de silencio. Os que sementamos

no rural sempre nos movemos na dualidade do

paleto e do friki, pero somos cousa distinta.

MERCADILLOS

Ames

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingos 21 de junio y 5 julio

(80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - Xoves

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santiago de Compostela

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

OUTROS MERCADOS

Santiago de Compostela

-Martes - Lusco e Fusco en Belvís

Teo

-Sábados - Mercado labrego en Os Tilos

xuño 2015 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:25, 7:35, 8:55, 10:05, 10:15, 12:20, 14:55, 16:05,

18:20, 19:30, 21:50

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro: 981 535

940

Casa da Cultura Bertamiráns: 981 891

017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de Lestedo: 981 502

297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de Negreira: 981 885

736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. Sociocultural A Ramallosa: 981 805

700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502 024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

Sábados: 8:50, 10:05, 10:55, 10:55, 12:20, 14:55,

19:30, 21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:05, 12:20, 14:55, 19:25,

19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30, 15:20, 15:30,

18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00, 14:00, 16:00, 20:00,

20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30, 12:00, 18:00,

20:00, 20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 8:10, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 20:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:15,

14:00, 15:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00,

22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 14:30, 18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00,19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

HORARIO DE AUTOBUSES, inverno

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:30 (lectivo), 7:50, 8:30, 9:10, 10:00, 10:45,

13:15, 15:00, 16:45, 18:00, 19:00, 20:20 ( L -X lectivos).

*Por Cacheiras 20 minutos máis tarde.

Sábados: 8:30, 10:00, 15:00. 18:15.

Domingos e festivos: 9:00, 18:15

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 13:30 ( lectivo)

14:00, 15:15, 16:30, 18:15( lectivo), 19:00, 20:30,

21:30 ( L - X lectivos)

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40, 9:00, 10:35, 12:45, 16:05

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 12:00, 13:00, 15:30, 18:30, 20:45

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00, 16:05,

17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00, 18:00,

19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:40, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:40, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 06:45 a 20:45 cada hora.

*Bertamiráns 7:10, 8:05 cada hora hasta 21,05.

Sábados: 07:45, de 08:45 cada 2 h. ata 19:45

*Bertamiráns 8:05 ata 20:05 cada dúas horas e 21:45

Domingos e festivos: 08:45, de 09:45 ata 19:45 cada 2

h. e 21:45. *Bertamiráns 9:05 10:05 cada dúas horas

ata 20:05 e 21:45

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45, 8:45 ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45 , 10:45 ata 20:45 cada 2 h. e

22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45 ata 20:45 cada 2

h. e 22:30

Autocares Mosquera

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma ) - Santiago

L - V: 7:15, 7:40 ( lectivos) 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 14:30 (lectivos), 17:00, 18:30

( lectivos), 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 6:42, 15:17, 17:23, 20:32

Sábados: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 20:32

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:32, 21:52

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00, 20:00, 22:00 (venres

vísperas de puente)

Sábados: 10:00,14:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00,

21:00 ( fin de puente)

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14,25, 17:25, 19:25,

21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:10, 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 08:25, 09:25, 10:45, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 09:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:30, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15.

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:50

Sábados:8:35, 10:50, 14:50, 17:20, 18:35, 22:55

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:15, 14:00,

15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

Aucasa

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

Empresa Freire

Arzúa - Arca - Santiago

L - V: 7:30, 7:55, 8:10, 10:35, 12:05, 14:15, 14:55, 15:40,

18:05, 20:55. *por Arca 25 minutos despois, aprox.

Sábados: 8:10, 12:10, 10:30, 12:10, 15:45, 18:05

Domingos e festivos: 8:05, 12:05, 15:40, 18:05,

20:55 (Sábados non circula)

Santiago - Arca - Arzúa

L - V : 7:00, 9:15, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30,

20:00,21:00 ( Venres lectivos)

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30,

20:00 ( sábados non circula)

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32 memorias dos nosos maiores

Lindeiros

Isabel Teresa

Santomil

Veciña de Santiago

Isabel exemplifica como ningunha

outra o sacrificio da muller

galega, pasou toda a vida

vivindo para os outros e aínda

hoxe te mira como si foses un

neno pequeno que necesita ser

vixiado ata que aprenda a voar

so. naceu en Coira, a cabalo

entre Ames e Santiago, nunha

familia de 11 irmáns e nunha

casa que foi sempre o lugar común

do que saían e o que volvían

todos cando o precisaban.

Foi a escola nunha parroquia

próxima, Laraniño, nunha casa

na que so estudaban rapazas

xa que os nenos acudían a outra

edificación cercana. Non

sempre podía acudir, as labores

do campo eran primeiro, pero

a Isabel gustáballe estudar e

sempre procuraba preguntar as

compañeiras, cando faltaba algún

día, para poder respostar a

mestra.

Viviu sempre en Coira e lembra

como foi crecendo o lugar

a medida que se construían

casas a veira da estrada que

leva a Ventín. Nos sorprende

marcando a diferenza entre

caseiros, que cedían unha parte

do que cultivaban o dono da

casa, e caseteiros, os que pagaban

unha reda polo aluguer.

A medida que os seus irmáns

marchaban para converterse en

curas, costureiras, cantores da

catedral ou emigraban a Cuba

ela seguía coidando da casa

e dos que quedaban e dos que

volvían. Tivo un fillo e como

calquera nai o dou todo por el;

cando unha irmán que asistía

na casa de outro irmán cura

pediulle que llelo deixara levar

para Compostela e facerlle

compañía non puido dicir que

non; o cativo criouse cos seus

irmáns en Compostela acudindo

a unha escola en Praterías

e cando chegou o momento de

ir o instituto volveu para Coira

con Isabel.

Coñeceu, a base de loitar

con eles, moitos dos problemas

dunha época; desde a naturalidade

con que os homes bebían

máis viño do de que debían,

hasta os reproches polo seu

fillo, pasando polo que entón

chamaban tristura e que hoxe

dicimos depresión; a maioría

en vidas de outros pero que

foi arranxando como si foran

propios, asumindo, como leva

séculos facendo a muller galega,

que sempre hai que seguir

adiante.

Isabel é un exemplo de esforzo

e de xenerosidade, e un

exemplo de humildade porque

fala de todo menos de si

mesma; quítalle importancia a

súa vida sen decatarse que sen

a súa doutros tivera sido moito

peor. Agora tócalle disfrutar e

descansar porque si hai alguén

que o mereza sen dúbida é ela.

Urdilde 4 de xuño de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!