18.05.2015 Views

O 15. Hai Marea

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

fotografía Xosé Abad

A Coruña

Na primavera

democrática

de 2015

nº 2

O xornal do ano do cambio

Xulio Ferreiro

Candidato á alcaldía da Coruña

A candidatura cidadá que

encabeza Xulio Ferreiro

convértese na única alternativa

de cambio real na Coruña.

Unha

fotografía

para a historia

Pablo Iglesias (Podemos), Antón

Sánchez (Anova), Yolanda Díaz

(Esquerda Unida) e Rosa Martínez

(Equo) confirman nun acto

multitudinario en Palexco o seu

apoio á Marea Atlántica. / páxs. 2-3

Antón Sánchez

Anova

Yolanda Díaz

Esquerda Unida

Xulio Ferreiro

Marea Atlántica

Pablo Iglesias

Podemos

Rosa Martínez

Equo

Ada Colau:

“Fagamos unha rede

de cidades rebeldes

e orgullosas”

Un programa de

cambio real en

quince grandes

apostas

Unha axencia

de colocación de

amigos en María

Pita

Carlos Negreira, o

candidato que xa

non quere ser do

Partido Popular

Tres mil persoas encheron o pasado 6

de maio a praza do Museo Reina Sofía

de Madrid nun acto conxunto da Marea

Atlántica con outras cinco candidaturas

municipalistas, entre elas as que lideran

Ada Colau en Barcelona e Manuela

Carmena en Madrid. / páx. 5

A Marea Atlántica preséntase ás eleccións

municipais do 24 de maio cun

programa de goberno asumible que pon

as persoas e as políticas sociais no centro

da acción política e avoga por democratizar

as institucións para devolvelas

ao servizo da xente. / páxs. 10-15

As investigacións xudiciais que atravesan

hoxe o Concello da Coruña e afectan

xa á metade do actual equipo de goberno

destapan o enchufismo e os amaños

como unha práctica sistemática durante

o último mandato do Partido Popular.

/ páxs. 16-17

Aínda que intente agochar as siglas do

seu partido durante a campaña electoral,

Carlos Negreira está unido a Mariano

Rajoy e ao Partido Popular por un

fío de corrupción, falta de transparencia

e políticas contra a maioría social.

/ páxs. 18-19

2

O impulso

que confirma

a primavera

coruñesa

A unidade popular fixo historia o 12 de maio en

Palexco, cando o multitudinario acto da Marea Atlántica

referendou a ilusión e confirmou a opción dun cambio

Alejandro Pazos

Redacción

Pode transmitirse con palabras: confluencia,

xente, ilusión, cambio, alternativa,

democracia. Pero resulta incluso

mellor contalo con persoas, non

como número —que foi enorme— senón

como sentimento. En todos eses

planos, A Coruña viviu o pasado 12 de

maio unha xornada histórica. Fronte

ao discurso resignado, xurdiu a xente.

A moreas. A mareas. O Palexco quedou

desbordado co encontro de unidade

popular que reuniu 1.500 persoas dentro

do auditorio e outras tantas fóra

por falta de aforo —ante o que a Marea

Atlántica non pode máis que pedir

desculpas e amosar agradecemento; as

limitacións dunha campaña austera

impedían outro recinto— nunha data

que marcou non só a presente campaña

electoral senón tamén un tempo: abriu

un ciclo novo que levou á amarga desesperación

ás forzas gobernantes. A desafección

política pertence á elite. Desde

Nunca pasara antes. Nunca na historia

da Coruña se nomearon todos os barrios

da cidade nunha festa colectiva.

Todos. Pasou durante o discurso do

candidato da Marea, que levantou un

auditorio xa quente que atopou en momentos

coma ese a identificación que

relacionaba o reto municipal coa rebelión

democrática. O ciclo que cambia

ante a desesperación dos que atopan

colocación nos amaños tradicionais e

non entenden nada. Nin o sentidiño.

Con mensaxe. En positivo, como a ilusión

plural contra “esa mafia que ten

secuestrada a nosa cidade. Que ten secuestrada

A Coruña. Porque o espolio

dos bens comúns que en Madrid se chama

Bankia, na Coruña chámase Caixa

∑ “Porque esa trama que

en España se chama Partido

Popular, na Coruña

chámase tamén Partido

Popular.”

principio do fin do PP gobernando Galicia”.

“Do Atlántico chega a Marea para

cambiar as cousas e levar os mafiosos,

os Pokémon, os corruptos... Non teñen

por que mandar os mesmos todo o tempo”,

proclamou. Houbo berros de “Sí, se

puede”. Focos. E un nivel de euforia que

viña de antes, mantívose e incluso foi a

máis con Xulio Ferreiro.

“Unha marea de rebelión democrática

avanza polos catro puntos cardinais,

porque unha rede de cidades rebeldes

vaise organizar a partir do 24 de maio

para pararlles os pés e comezar a construír

unha sociedade mellor e máis

xusta, unha terra da fraternidade. Porque

aquí está a xente do común para tomar

as rendas das nosas vidas. Os que

queremos cambiar escuridade por alegría,

os que queremos substituír a súa

necidade pola nosa intelixencia colectiva”,

afirmou o candidato da Marea, que

ergueu e fixo levantar un punto azul,

símbolo da Marea, aos asistentes. “Este

punto azul representa a democracia”,

dixo. E o auditorio ferveu. Así segue a

cidade. Na primavera coruñesa.

∑ Desde abaixo, nesa

xornada emerxeu a forza

dunha Coruña que pide

cambio real. E atopou a

ferramenta.

abaixo, nesa xornada emerxeu o impulso

dunha Coruña que pide cambio real.

Ninguén poderá esquecelo.

Había moitos anos que non ocorría

nada semellante. A forza entusiasta

que lidera a Marea Atlántica reuniu a

todas as organizacións que se sumaron

á cidadanía para celebrar —no amplo

sentido da palabra— un encontro que

atopou caras e voces en Rosa Martínez,

de Equo; Antón Sánchez, de Anova; Yolanda

Díaz, de Esquerda Unida; Pablo

Iglesias, de Podemos; e Xulio Ferreiro,

o candidato da Marea á alcaldía. Todos

e todas chamaron ao cambio real, converteron

o desafío en vitoria. Elevaron

os dereitos da xente cara un escenario

chamado 24 de maio. “Hai Marea”, berrou

Ferreiro ao final da súa intervención.

Responderon todos os presentes.

Felices. O voto como alegría.

Galicia. Porque a corrupción descarada

que en Valencia se chama Gürtel, na

Coruña chámase Pokémon. Porque esa

trama que en España se chama Partido

Popular, na Coruña chámase tamén

Partido Popular”, sinalou Ferreiro.

“Esta noite van suar frío”, dixo Antón

Sánchez en referencia á elite que non

dá crédito ante a forza que alí se podía

tocar. “Negreira, pon o flotador que

vén a Marea”, concluíu o representante

de Anova, que homenaxeou a unidade

popular, da que puxo como exemplo a

Federico García Lorca e Ánxel Casal,

entre enormes ovacións.

Presentou o acto a escritora Estíbaliz

Espinosa, que convocou as forzas “motrices

do mar” e deu paso a Rosa Martínez,

de Equo, que chamou a mudar o

presente “para gañar o futuro”. Reivindicou

o activismo da muller, que recolleu

tamén Yolanda Díaz, de Esquerda

Unida, que ademais considerou “necesario

que a Marea Atlántica chegue

a gobernar María Pita”. “Non creo nas

esquerdas que queren estar no museo,

senón nas que están ao servizo da xente”,

completou.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos,

asegurou que “a Marea vai ser o

As referencias foron constantes, e se

Pablo Iglesias auguraba unha marea

“que leve aos mafiosos, aos Pokémon,

aos corruptos, aos amigos dos narcotraficantes”,

Ferreiro lembraba quen é

quen no mapa da corrupción: “Esa mafia

que en España se chama Partido Popular,

aquí na Coruña chámase tamén

Partido Popular”. Quedou ben claro. “Os

inimigos son os da Pokémon, os da Zeta,

os da Gürtel ou os da Púnica, os mesmos

que gastan máis de 50 millóns nas

obras da Mariña e o Parrote para darllos

a unha empresa amiga que financia

ilegalmente o PP", sentenciaba Antón

Sánchez. Como revulsivo, a unidade popular

pola que clamaron todos, desde o

escenario e desde o outro lado.

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

3

Foi un deses momentos

que quedarán marcados

na retina da cidade.

Asinouno Xulio Ferreiro

no último treito do seu

discurso: “Sabedes que

significa este punto azul?

Este punto azul quere dicir

democracia. Eles din que

a democracia e a participación

son complicadas.

Nós ímoslle demostrar que

non”. Levantouno en alto e

o auditorio multiplicou por

mil o xesto, un por butaca,

centos de puntos en alto.

O auditorio convertido

nunha marea en pé”.

Fotografía Sandra G. Rey | Antía García Sendón

Xulio Ferreiro

Candidato á alcaldía

da Coruña

Pablo Iglesias

Secretario xeral

de Podemos

Yolanda Díaz

Coordinadora nacional

de EU en Galicia

Antón Sánchez

Membro da Coordinadora

Nacional de Anova

Rosa Martínez

Coportavoz

de Equo

Iso que parecía

tan difícil, aquí

na Coruña si o

conseguimos:

isto é unidade.

A forza non son

os partidos que

apoian, senón a

xente.

O que se está

xogando nestas

eleccións é o

cambio de modelo.

Negreira, pon

o flotador que

vén a Marea.

Cambiemos o

presente para

gañar o futuro!

4

Oito palabras clave para entender a Marea

Unidade

1 2 3 4 5 6 7 8

"É tempo de unidade",

repite a Marea.

"De poñer por

diante o que nos

une para reconquistar

as institucións".

Podemos,

Esquerda Unida,

Anova, Equo,

Compromiso por

Galicia e Espazo

Ecosocialista non

terán papeleta

propia o 24 de

maio. Apoian a

candidatura que

encabeza Xulio

Ferreiro.

Xente

Sen mar, non

habería marea.

Foron cidadáns

e cidadás do común,

sen carnet

de partido, as

que lanzaron a

mensaxe o pasado

verán: é necesario

xuntarse e deixar

a un lado as diferenzas,

construír

un espazo común

sobre obxectivos

concretos. Hoxe

son a garantía da

unidade na candidatura.

Dereitos

Educación, sanidade,

vivenda, alimento

e enerxía.

Garantirlle unha

vida digna a todas

as veciñas e todos

os veciños da

Coruña é un dos

catro principios

básicos da Marea

e do seu programa

electoral. "Sen

exclusións de

ningunha clase",

engaden dende a

plataforma.

Democracia

"Nunca máis

sen nós", dicía a

campaña coa que

a Marea recolleu

as propostas da

cidadanía, máis

de 200, para o

seu programa

participativo. "Non

podemos permitir

que unha minoría

decida por nós,

a porta pechada

durante catro

anos, as políticas

que condicionan

a nosa vida", argumentan.

Transparencia

Ética

A Marea comprométese

a publicar

salarios, declaracións

da renda,

adxudicacións,

axudas, axendas

dos cargos

públicos, mesmo

os contratos máis

pequenos na

xestión diaria do

Concello. Queren,

din, "que María

Pita sexa un concello

de cristal;

cando non vemos,

prende a corrupción".

Transparencia,

renovación

constante, control

da cidadanía e

mecanismos disciplinarios

como

antídotos contra

a corrupción que

asedia o Concello

da Coruña. Os

cargos electos da

Marea non poderán

permanecer

no cargo máis de

dous mandatos e

serán revogados

se non cumpren.

Emerxencia

Fronte á política

de grandes superficies

sen ningunha

preocupación

pola contorna e a

súa xente, a Marea

aposta por reactivar

o comercio

de proximidade,

innovar no campo

da economía

social e axudar ao

"verdadeiro caladoiro

de emprego",

a pequena e mediana

empresa.

Vivenda

A Marea asume

un compromiso

contundente

contra os desafiuzamentos.

O seu

goberno negarase

a empregar

recursos públicos

para expulsar a

xente das súas

casas, paralizará

os lanzamentos

que dependan do

Concello e romperá

cos bancos

que non respecten

este dereito

esencial.

Unha marea para devolverlle

A Coruña á xente

A.D. Petouto

Redacción

“A Coruña. Para a xente. Hai Marea”. Un

lema que serve para resumir os principios

que fixeron nacer a Marea Atlántica

vai para un ano nunha xuntanza á

beira do mar, na Ribeira do Cómaro, a

carón de Riazor. Ese proceso de unidade

que ten a cidade, o municipal, como

punto de partida para empezar a cambiar

as cousas e construír esa Coruña

que quere a maioría da xente, lonxe

desa outra que artellan as elites afeitas

a gobernar a través do poder político

que está ao servizo dos intereses duns

poucos e na contra dos de abaixo; un espazo

onde a xente cobra protagonismo,

onde os coruñeses e as coruñesas participan

de forma activa nas decisións

que lles afectan, onde as persoas son

o primeiro mecanismo de control do

goberno e o primeiro criterio á hora de

gobernar. De gobernar obedecendo.

Coa xente, a Marea foi medrando

nestes dez meses de andaina, desde

aquel primeiro manifesto, asinado por

99 persoas como símbolo dese 99% das

persoas do común, ata un programa de

99 puntos elaborado co traballo de todas

as que quixeron facer a súa achega

para afondar nas medidas de transparencia,

de participación ou de xustiza

social que demanda esta situación de

emerxencia, derivada dunha crise que

se vendeu como estrutural e que hoxe

sabemos que procede da usura duns

poucos.

Nese tempo formouse tamén unha

candidatura deseñada pola voz dos

centos de persoas que acudiron a votar

nas primarias, e que referendaron

a Xulio Ferreiro como candidato á alcaldía

e incorporaron representación

dos partidos que se suman a este proceso

de unidade popular, entre eles Esquerda

Unida, Anova, Podemos, Equo,

Compromiso por Galicia ou Espazo

Ecosocialista. A socióloga Rocío Fraga,

o arquitecto Xiao Varela, a avogada

Silvia Cameán e o crítico de cine José

Manuel Sande, xunto con Eugenia

Vieito, persoal administrativo da Universidade,

o escritor Alberto Lema,

a mediadora cultural Claudia Delso,

o enxeñeiro Daniel Díaz Grandío e a

técnica medioambiental María García

ocupan os dez primeiros postos, nunha

candidatura que visibiliza a xenerosidade

de quen se sumou poñendo o

común por enriba da diferenza e que

aposta polo liderado cidadán.

Hai Marea porque chegou o momento

de mudar esta cidade para devolverlla

á xente, porque vai ser a xente, a partir

do 24 de maio, quen lle dea forma á

Coruña que merecemos.

fotografía Sandra G. Rey

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

5

Ada Colau,

Manuela

Carmena e

Xulio Ferreiro

protagonizan

en Madrid un

multitudinario

acto de

unidade entre

candidaturas

municipalistas.

fotografías Sandra G. Rey

Na primeira liña da

rebelión democrática

A.D. Petouto

Redacción

Pletórica e ben afinada fixo chegar a

súa mensaxe o coro que escoitou quen

se achegou o 6 de maio á praza do Museo

Reina Sofía de Madrid. Foron miles,

e foron quen de recibir e amplificar a

melodía dese “Agora en Común” no que

a Marea Atlántica, na figura de Xulio Ferreiro,

levaba A Coruña ao foco da rebelión

democrática: un encontro artellado

arredor dos procesos cidadáns e municipalistas

para simbolizar a unidade e

a forza das iniciativas xurdidas en todos

os puntos do estado como reacción

ás políticas servís co Ibex 35 e os seus

axentes, a gobernos antisociais e ao servizo

duns poucos, aos “mordomos do

1%”, como os cualificou o candidato da

Marea á alcaldía da Coruña na súa intervención,

unha das máis aplaudidas.

Sobre o escenario estaba Xulio Ferreiro

e estaban Ada Colau e Manuela

Carmena, candidatas de Barcelona en

Comú e Ahora Madrid. E estaban tamén

Xavier Matilla, de Terrassa en Comú;

Ysabel Torralbo, de Málaga Ahora; e Pedro

Santisteve, de Zaragoza en Común.

E tamén, para arroupalos, representantes

doutras plataformas municipalistas,

caras visibles do que Ada Colau

sinalou como esa “rede de cidades

rebeldes, orgullosas” que se estende

de punta a punta do territorio, que non

están dispostas a baixar a cabeza e que

foron capaces de acordar para comezar

a construír. "Estamos a demostrar que

é posible facer política desde abaixo",

clamaba a coñecida activista catalá, na

∑ O común, iso que permite

a confluencia que veu

demostrar este acto, está

tamén no sentido común,

no sentido do común.

mesma sintonía que Ferreiro: “Xa estamos

gañando porque fomos capaces de

organizarnos onde nos dicían que non

tiñamos nada que facer”.

Ada Colau xa visitara A Coruña para

apoiar a Marea nunha conversa con Manuel

Rivas que desbordou o Paraninfo

da UDC hai uns meses. “Somos a xente

común, temos a ilusión do noso lado

e imos facer isto coas nosas propias

mans. Contamos co apoio xeneroso da

xente e de todas as forzas comprometidas

co cambio”, indicou Ferreiro en Madrid.

“Unha orixe común, malia ás diferenzas

territoriais, que está en Nunca

Máis ou no 15M, e tamén nas loitas polo

dereito á vivenda. Padecemos proble-

mas comúns: o que nun sitio se chama

Bankia no meu chámase Caixa Galicia;

o que en Madrid é a Gürtel, na Coruña

é a Pokémon; pero o que en Madrid se

chama Partido Popular, na miña cidade

tamén se chama Partido Popular, malia

a que haxa moitos candidatos que

intentan agochalo. E, por suposto, estamos

unidos polo feito de que non nos

conformamos, que imos defender os nosos

dereitos e desaloxar a minoría que

goberna para unha minoría”, exclamou

o candidato da plataforma coruñesa.

O común, iso que permite a confluencia

que veu demostrar o acto de Madrid,

∑ “Cando somos capaces

de unirnos e organizarnos

onde nos dicían que non

tiñamos nada que facer, xa

estamos gañando”.

está tamén no sentido común, no sentido

do común. "Ter miles de desafiuzamentos...

Iso é desorde. Imos acabar

coa desorde para poñer sentido común",

dicía Colau. Do mesmo xeito aludiu Manuela

Carmena ás políticas do PP: "No

se puede vivir feliz en una sociedad

cruel, con niños que no pueden comer,

con gente que pierde sus casas. No se

puede decir que los mendigos deben

desaparecer. Los mendigos somos nosotros,

los mendigos somos todos".

Contra esas políticas que se fan de

costas ao 99% da xente, ferramentas que

son comúns a todas as plataformas presentes

no acto: códigos éticos que apuntalen

a transparencia e a participación.

Ética, e tamén ilusión, a alegría que se

contaxiaba no público baixo un sol que

daba conta desa primavera democrática

que demanda o panorama. “A Coruña

foi sempre o patio traseiro de catro señores

aos que serviron indistintamente

PP e PSOE. Ante ese panorama, a Marea

é a única alternativa á corrupción sistemática

que une ao señor Rajoy co señor

Negreira e as políticas antisociais do PP.

O 24 de maio a Marea chegará ao Concello

para desaloxar aos mordomos do

1% e poñer a institución ao servizo da

maioría social”, adiantaba o candidato á

alcaldía da Marea Atlántica. Ao acabar

o acto, polo barrio de Lavapiés, Ferreiro

era felicitado por veciñas e veciños de

Madrid. E grupos de galegos achegáronse

a el, orgullosos. A Coruña triste que

só aparece nos medios estatais por tramas

de enchufes é unha opción, a peor.

A Coruña alegre e rebelde que ese día

levantou aplausos en Madrid ante milleiros

de persoas é a outra. Chámase

Marea Atlántica.

6

Editorial

Editorial

15001, 15002, 15003, 15004, 15005, 15006, 15007, 15008,

O xornal do ano do cambio O 15

15009, 15010, 15011, 15170, 15190, 15191, 15192.

Gañar A Coruña

Preguntábannos que era

a Marea Atlántica, que

era a confluencia. Por que

conseguimos na Coruña

iso que parecía tan difícil.

Chámase unidade.

Queren convencernos de que o 24 de maio hai que escoller

entre eles ou o caos, pero do caos xa sabemos

bastante. Ou é que se lle pode chamar estabilidade

a 22.000 parados na Coruña? E aos papeis de Bárcenas?

É estable un goberno municipal investigado por

corrupción? Non é o caos desaloxar familias das súas

casas? Pódeselle chamar estabilidade un 25% da poboación

en risco de exclusión social? Desmantelar a

educación e a sanidade públicas? O PP debería revisar

o que entende por estabilidade, porque está a condenar

á xente a vivir no caos. Os que onte eran os señores

da guerra, os que onte eran os señores do chapapote,

hoxe son os señores da desigualdade.

Sabemos o que está a pasar. Sufrímolo nas nosas

carnes. Prometérannos que os fillos vivirían mellor

que os pais, que o estado do benestar non daría un

paso atrás. Hoxe sabemos que non é certo. Vemos amigos

en paro, alumnos sen perspectivas de futuro, os

mellores cerebros no exilio, parellas novas que volven

á casa familiar porque non poden pagar a hipoteca,

maiores que teñen que elixir entre pagar a luz ou comer

tres veces ao día. Iso é o que nos propoñen Rajoy e

Negreira: paro, precariedade e tristeza. O caos.

Non é casual. Responde a un plan. O plan duns poucos

que nunca teñen abondo, que non queren pagar

impostos, senón vivir do noso traballo e dos nosos

aforros. Ese plan que executan os seus mordomos,

unha mafia que fixo da corrupción o seu xeito natural

de actuar. Esa mafia que tamén ten secuestrada a nosa

cidade. Que ten secuestrada A Coruña. Porque o expolio

dos bens comúns que en Madrid se chama Bankia,

aquí na Coruña chámase Caixa Galicia. Porque esa corrupción

descarada que en Valencia se chama Gürtel,

aquí na Coruña chámase Pokémon. Porque esa mafia

que en España se chama Partido Popular, aquí na Coruña

chámase tamén Partido Popular.

Di Carlos Negreira que non se lle pode dar a chave

da cidade a uns descoñecidos. Claro que somos uns

descoñecidos, señor Negreira. Alí onde conspiran os

señores do Partido Popular non nos coñecen. Onde

se cociñan as participacións preferentes nunca nos

viron diante. E tampouco nos coñecen nos consellos

de administración do IBEX 35, nin nos coñecen nos

xulgados de instrución, nin nos coñecen os especuladores

do ladrillo. É certo, señor Negreira. Somos uns

descoñecidos para o 1%. A nós coñécennos os veciños

e as veciñas dos barrios da Coruña. A xente común.

Imos gañar coas nosas mans. Coas mans que redactaron

o manifesto da Marea Atlántica. Coas mans

que aplaudiron na Ribeira do Cómaro hai un ano e

nos dixeron que adiante, que querían unha marea.

Coas mans que votaron nas primarias máis participadas

da historia da Coruña. Coas mans que pasaron

as últimas noites pegando carteis por toda a cidade.

Coas mans que colaboraron no financiamento da

campaña electoral para que non dependamos dos

bancos, senón das xentes da Coruña. As nosas mans.

Pregúntannos que significa o punto azul da Marea

Atlántica. Significa democracia. Significa transparencia.

Significa honestidade. Significa participación.

Significa ética. Significa poñer por diante as

persoas. Significa botar os corruptos. Significa aquí.

Significa agora. Significa A Coruña. Significa un goberno

para a xente. Significa que o 24 de maio miles

de persoas na Coruña van gañar as eleccións municipais

na Coruña coa Marea Atlántica.

Viñeta

Borja L.

Os candidatos

Viñeta

Jano

O xornal do ano do cambio

oquince.gal

#O15

Edita

Marea Atlántica

mareatlantica.org

Dep. Leg. C 820-2015

Contacto

aiven@oquince.gal

Twitter: @coruna15

Facebook: O 15

Consello redacción

Alejandro Martín

Alejandro Pazos

A. D. Petouto

Raúl Xordo

Elisa Ginzo

Fotografía

Sandra G. Rey

Antía G. Sendón

Amador Lorenzo

Deseño e maquetación

MAT-LAB

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

7

Alba Barbadillo Rodri Suárez Daniel R. Cao

Manchar as mans Vivir na Coruña Agora a Marea

Tivo que vir do pasado Eskorbuto a lembrarnos que

estamos a ser manipulados. E manipuladas, si. Coa

nosa propia empatía. Iso fan os inquilinos de María

Pita cando apelan á solidariedade para explicar os

trifásicos enchufes cos que beneficiaron a persoas

da súa corda a cambio de quen sabe que prebenda.

“¿No lo haría usted por su nieta si pasara necesidad?”.

E así, coa manipulada culpa enriba de seren

tan corruptos coma eles, manteñen un tinglado que,

por certo, ten moito máis de oficina de cambio de

favores que de centro de caridade.

Non hai tanto que, aténdome ao xurídico, defendía

eu que a imputación non era necesariamente

motivo para o cesamento dun cargo político. Presunción

de inocencia, denuncias malintencionadas,

indicios imprecisos, aludía. Falo duns poucos anos

atrás, cando aínda as sospeitas do submundo que

tecían as redes da política e a empresa eran só iso,

sospeitas. Cando aínda era Pokémon unha saga nipona

para nenos ou modernos e Pikachu, un boneco

ben carismático sen parecido ningún con Carlos

Negreira. Aqueles tempos. Non sabiamos da estafa

que estamos a vivir, a pesares da suspicacia tan

arraigada como fútil contra a política, contra o político,

na hora do vermú. Entón non eramos tan conscientes

dos manexos que implica esta política, estes

políticos, tan efectivos para manterlle o estatus a

eles, e a nós que nos zurzan. Manexos que fan coas

súas mans, as mesmas que empregan para meterlle

man á caixa pública, para manipular a visión do que

acontece, sexa nos medios institucionais, sexa nos

privados, vía inxección, para manobrar con impunidade.

Resignámonos a tolerar a corrupción

coma quen atura que

chova miúdo: molesta, pero

apenas cala.

Despois veñen estes tempos, nos que o veciño fala

de exaccións ilegais, de suborno impropio, e non é

avogado nin xuíz nin nada. Tan normal coma se falase

do partido (do de fútbol, claro) ou da derrama.

Normal, porque a corrupción está hoxe normalizada,

desmitificada a base de repetición. Resignámonos

a tolerar coma quen atura que chova miúdo.

Molesta, pero apenas cala.

Urxe recuperar a empatía. E é así que aquilo que

era, en principio, só unha conditio sine qua non convértese,

a golpe da urxencia que marca o futuro inmediato,

no piar válido para soster un proxecto de

cidade. É necesario. Porque eles manchan as mans.

Nós, coas nosas, construímos. Tentamos atopar

algo novo sen ter que remexer no lixo.

A peripecia vital. Pode ser previsible. Ou non. Pode

ser tolerada, pero iso non sempre significa digna.

Ocupamos os ocos que nos deixan. Ás veces facemos

tolerías, lanzámonos ao baleiro. Para enchelo. E

darlle sentido a todo o demais, incluso o que se fixo

mal. Hai momentos que son historia. Dos que sería

fácil fuxir. Non obstante, o son visceral gaña. Toca

facelo. Non vivilo suporía unha renuncia a todo o

defendido durante lustros. Os soños, si, os soños.

As aventuras, si, as marabillosas aventuras. As que

pechan o círculo. Ou abren o marco. O que tiña que

facer, neno, o que tiña que facer. Porque sempre o

desexei.

Aparecemos os de abaixo a marcar

a axenda política dos que

se crían intocables; e sabendo

facelo, e con alternativa.

A peripecia vital. Nacer, na Coruña, sendo de fóra

como case todos, pero da Coruña. Vivir na Coruña,

na de case todos, pero roubada. Explicar A Coruña

fóra, a auténtica, pero incomprendida pola imaxe

que lle impuxeron. Dicir, dicir, dicir, que eu son dun

sitio que non existe para as alturas dese mesmo lugar.

Resistir ao deseño da identidade imposta. Reivindicar

a cidade propia, ocultada pero vivida acotío,

bravú. Lonxe do pensamento oficialista. Ser do

outro bando. Pero reducido ao orgullo teórico. Ata

que pode ser que algo pase. Non o podes perder,

neno.

Era todo ou a nada que significa todo. Cando era

pequeno dixen que Dépor ou nada, sen equipo de

colchón. Cando fun maior apostei en política, baixo

as limitacións da supervivencia. Ata hai uns meses.

Nove desde o manifesto. Tres desde que dixen que

o resto daba igual, que no mar había auga. E tocaba

mollarse. Non por nada. Senón por todo. Coruñento

eu. Si. Para gañar. Non se trataba do que parece

—suspender a vida— senón de darlle o maior significado

posible. O inesperado. O irrenunciable. O rebelde.

O meu. O que berrara con criterios punkis durante

tempo. O que había que facer. O que estamos

facendo. Historia. Sei que os que nunca pensaron

que me estafaban agora están nalgún sitio asustados,

porque aparecemos os de abaixo, saídos ata das

escaleiras do Parrús, a marcar a axenda política dos

que se crían intocables. E sabendo facelo. E con alternativa.

Somos listos, alegres. Facendo o que toca.

Toca botarlles o pulso. Estámolo gañando. Non

temos medo. Renunciei á vida tres meses? Non,

neno, non. Fago o que sempre soñei. Nunca estiven

tan canso. Nunca me sentín tan vivo. Son feliz. Son

Marea.

The line it is drawn / The curse it is cast / The slow

one now / Will later be fast / As the present now / Will

later be past

[A liña está trazada, a maldición botada, o que agora

é lento máis tarde será rápido, como o presente que

pronto será pasado].

Bob Dylan, Times Are A-Changing.

Ola, hai alguén aí? Seguro que si, seguro que hai alguén,

seguro que hai alguén que está lendo este xornal,

que está lendo este texto. E vouche dicir unha

cousa: estou moi seguro de que a menor parte da

xente que está lendo isto comparte comigo data de

nacemento. Non me refiro ao día exacto, refírome a

dez anos arriba e tamén a dez anos máis baixo.

Somos minoría, non somos a xeración máis preparada

da historia, penso, e son parte, que somos a

xeración máis frustrada da historia. Somos a xeración

máis frustrada porque somos unha xeración

sen relato. Que significa que somos unha xeración

sen relato? Significa que somos un grupo amplo que

non temos algo común, algo colectivo que nos axude

a identificarnos entre nós.

Somos unha xeración frustrada, somos unha xeración

sen relato porque levamos unha vida enteira

delegando, unha vida enteira esperando que as cousas

se solucionen e a solución nunca chegaba. Non

somos unha xeración frustrada porque non teñamos

choio ou esteamos abocados á emigración, somos

unha xeración frustrada porque nunca pensamos

que por nós mesmos podiamos inverter a situación.

Somos a xeración (lembrades?) que cando cumprimos

18 nos mandaron a casa unha copia da Constitución,

unha copia do texto que nos convertía na

Ola, hai alguén aí? Seguro que si,

seguro que hai alguén.

xeración máis garantida da historia. Si, si, aquel era

o noso relato: o que dicía que cando nos vísemos excluídos

aquel texto nos ía recuperar.

Nunca ocorreu. Se alguén discrepa, ofértolle algo ao

que agarrarse: xa non ocorre.

Chegamos á última estación, á estación chamada

“Poñámonos en valor”. Á estación chamada “Coas

miñas mans podo cambiar todo”.

É a hora e é o momento. Eu non estou aquí porque

agora que os que mandan están debilitados pode resultar

máis fácil apartalos. Eu estou aquí e estou agora

porque sinto que as miñas mans poden sumarse a

outras tantas e conseguir o noso obxectivo.

E ese obxectivo resúmese en dúas palabras: ser felices.

Hai Marea!

8

Xulio Ferreiro

Candidato da Marea Atlántica

á alcaldía da Coruña

√Estamos

preparados

para liderar

un cambio

real na

Coruña∆

Semana decisiva para a Marea Atlántica.

As enquisas rexistran xa o desgaste do

Partido Popular, acosado pola corrupción

e o descontento dunha sociedade cada

vez máis desigual, e avisan da impoñente

irrupción da candidatura de unidade

popular que encabeza o profesor e

ex-maxistrado Xulio Ferreiro, deportivista

confeso e coruñés dos Mallos, onde naceu

hai 40 anos.

Entrevista Alejandro Martín · Fotografía Antía García Sendón

Os do punto azul poderían poñerse á

cabeza do goberno local da Coruña despois

das eleccións do 24 de maio. A rúa,

de momento, dálle a razón aos números.

O pasado 12 de maio, 1.500 persoas

ateigaron o auditorio principal de Palexco

e outras tantas quedaron fóra nun

acto "histórico", insiste o candidato, impulsado

polas organizacións políticas

que apoian a Marea Atlántica nestas

municipais.

Vese xa como alcalde?

Cómpre ter prudencia. As enquisas responden

aos intereses particulares de

quen as encarga e as publica. Nós ao

noso: traballar, traballar e traballar. O

que é cada día máis evidente é que hai

unha marea de ilusión crecente nesta

cidade, que a xente quere protagonizar

unha nova etapa no Concello da Coruña

e que a Marea Atlántica é o instrumento.

E que estamos preparados e en disposición

de liderar un cambio real.

Ciudadanos tamén se estrea na Coruña

nestas municipais, e tamén promete

un cambio.

Quen se presenta agora coa marca de

Ciudadanos facíao hai nada coa de

UPyD e representa as mesmas políticas

que o PP: os recortes, a redución do

estado social, que se salve quen poida.

Tecnicamente, non se estrean. E dificilmente

poden propoñer un cambio.

Ou sexa, que non pactarían con Ciudadanos

para formar goberno.

A Marea non vai pactar nin con siglas

nin con nomes propios. Vai pactar a

partir de obxectivos, métodos e principios

éticos. O 24 de maio só hai dúas

opcións: colocarse do lado das políticas

antisociais e a corrupción do PP ou co-

locarse do lado das políticas que poñen

as persoas primeiro, do lado da Marea.

O resto das forzas políticas terán que

escoller.

E co PSOE e o BNG?

Insisto: obxectivos, métodos e principios

éticos. Se PSOE e BNG son capaces

de estar á altura do tempo que vivimos

e deixar atrás experiencias que ninguén

quere repetir, si.

Saen da nada e en menos dun ano

marcan o ritmo da campaña electoral

e soan como alternativa de goberno.

Que hai detrás da Marea?

Non é certo que saiamos da nada. Na

Marea resoan Nunca Máis, o 15M, a batalla

contra os desafiuzamentos, anos

de traballo honesto dos movementos

sociais e as bases de moitas organizacións

políticas. E á Marea estase sumando

agora xente que nunca participara

en política, xente que loitou contra

o franquismo e logo perdeu a ilusión e

a confianza nas institucións, xente que

nos di que xa ten por fin a quen votar ou

que xa non se vai deixar enganar máis

polo partido ao que votaba até agora.

Xente que se sentía, dun xeito ou doutro,

traizoada.

Agardaban chegar até aquí?

A Marea naceu para gañar. E na medida

en que ilusionamos e acadamos

o apoio de forzas políticas que nunca

foran unidas a unhas eleccións, como

son Podemos, Esquerda Unida, Anova,

Equo, Compromiso por Galicia e Espazo

Ecosocialista, xa estamos gañando.

Non estamos aquí para obter un ou

dous concelleiros. Estamos aquí para

recuperar as institucións e poñelas ao

servizo da xente.

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

9

As preguntas da xente

Cristina de la Torre Herrera

37 anos

Santa Lucía

Emilio Garrido Jiménez

69 anos

Atocha Alta

Encabeza unha candidatura de xente

sen experiencia de goberno.

Iso é o que di o PP, que somos uns descoñecidos

e que os descoñecidos non

teñen dereito a gobernar. Teñen razón

nunha cousa: non nos coñecen nin no

Ibex 35 nin nos xulgados onde se instrúen

as causas por corrupción nin nos

restaurantes onde se reparten sobres

e enchufes. A nós coñécenos a xente,

nos nosos barrios e nos nosos postos de

traballo. A candidatura da Marea está

formada por excelentes profesionais de

diferentes campos. E preparada para

gobernar.

É posible outra política?

Con vontade e sen peaxes, si. A Marea é

da xente, non depende de bancos nin de

grandes grupos de comunicación. Todo

o que facemos, facémolo coas nosas

propias mans.

Que será o primeiro que faga ao chegar

a María Pita?

O primeiro, baixarme o soldo, porque

Carlos Negreira cobra agora 65.000

euros anuais, e reducir o que lle custa

o goberno á cidadanía nun 50%, aforrando

un millón de euros ao ano, que

boa falta fai para políticas que beneficien

de verdade á maioría da xente. O

segundo, abrir portas e ventás, que hai

moito tempo que non se ventila María

Pita e a xente ten dereito a saber que

se fai e por que. O terceiro, comezar a

aplicar o programa da Marea, dándolle

prioridade ao que é prioritario: a situación

de emerxencia na que vive moita

xente. Poremos en marcha unha Renda

Social Municipal para garantir que

toda a veciñanza teñas cubertas as necesidades

básicas para vivir con dignididade.

∑ Na Marea resoan

Nunca Máis e o 15M e

está a devolverlle a ilusión

a moita xente que

se sentía, dun xeito ou

doutro, traizoada pola

política.

∑ O PP ten razón nunha

cousa: somos descoñecidos,

sobre todo

nos restaurantes onde

se reparten sobres e

enchufes.

∑ Vimos para gañar, e

conseguir o apoio de

organizacións políticas

que nunca foran

xuntas a unhas eleccións

xa é empezar a

gañar.

∑ Ciudadanos representa

as mesmas políticas

que o PP: os recortes

e a redución do

estado social.

Que medidas pode impulsar

o Concello para

apoiar o traballo dos

emprendedores?

∑ O Concello promoverá

novos xeitos de emprendemento

e manterá o seu respaldo

durante os primeiros

tempos ás novas empresas,

con criterios sociais e de

sustentabilidade. Indo ao

concreto, contemplamos a

creación dun banco de aluguer

para locais e a facilitación

de espazos compartidos,

formación e un servizo

gratuíto de consultoría.

Antonio Manuel Fraga Allegue

38 anos

Monte Alto

Que tipo de iniciativas

pensas levar a cabo

para recuperar o pulo

cultural na cidade?

∑ Cómpre establecer mecanismos

que permitan a

participación de persoas e

os colectivos para vincular

a programación cultural

coas propostas da xente,

os creadores e as xestoras

locais. Concibimos o Concello

como un ente mediador

e non estritamente

programador. Tamén promocionaremos

o galego e

retiraremos todo apoio a

espectáculos de maltrato

animal, como as touradas.

Que ten previsto en relación

aos servizos sociais

nestes momentos de

emerxencia?

∑ Garantiremos as necesidades

básicas da xente

cunha Renda Social Municipal

da que se poderían

beneficiar unhas 1.200

familias. Impediremos que

á xente en situación de

vulnerabilidade se lle corte

o suministro de luz ou o de

gas, reduciremos o recibo

da auga e haberá axudas

compensatorias no caso de

impago xustificado.

María Inés Carro Calviño

83 anos

Catro Camiños

Que medidas contempla

para darlle cobertura á

xente maior con poucos

recursos?

∑ Dende que goberna Carlos

Negreira, na Coruña

incrementouse un 54% o

número de persoas que precisan

axudas para sobrevivir.

Hoxe, o 13% da nosa

veciñanza está en risco de

exclusión social. A xente

maior é especialmente vulnerable

á situación. Ademais

das medidas globais

contra a pobreza, será preciso

aumentar a cobertura

e intensidade do Servizo de

Atención a Domicilio.

15

APOSTAS

DA

MAREA

Optimización

do gasto

Participación

cidadá

Rexeneración

democrática

Redacción M. P. Louro

Ilustracións IsoTipo

A Marea Atlántica

entende o programa

de goberno como

un deseño de liñas

estratéxicas nas que

traballar desde o

Concello, co obxectivo

final de lograr

unha Coruña para

a xente.

1

Para poder investir nas necesidades

da xente, cómpre sacarlle

o máximo partido ao presuposto

municipal. Para mellorar o seu uso,

a Marea Atlántica aposta por dúas

liñas claras. En primeiro lugar, comprométese

a reducir á metade o custo

do goberno, limitando os salarios

a 40.000 euros brutos anuais para

representantes no concello, cargos

directivos e persoal de confianza.

Por outra banda, é preciso coñecer

e suprimir calquera gasto evitable.

Para iso a Marea quere realizar unha

auditoría do proxecto Smart City,

analizar a adxudicación do servizo

da ORA —e, se é viable, remunicipalizalo—

ou fiscalizar a concesión da

Compañía de Tranvías para coñecer

o estado das contas, o que permitirá

ademais revisar as tarifas.

2

A Marea Atlántica é unha candidatura

popular que non entende

a cidade sen a xente, por

iso o programa de goberno inclúe

varias medidas para lograr unha participación

efectiva da cidadanía no

Concello. Entre elas, cabe destacar a

implantación de orzamentos participativos,

cos que a xente poida decidir

en que se invisten determinados

cartos e tamén intervir no deseño e

control dos orzamentos. Ademais,

tamén se pretende establecer figuras

de intervención directa da cidadanía,

como distritos para xestionar as necesidades

dos barrios, referendos veciñais

para as cuestións de especial

transcendencia ou a modificación

do Regulamento Orgánico Municipal

para facilitar e fomentar a participación

directa da veciñanza nos plenos.

3

Rematar coa corrupción endémica

do funcionamento político

é un dos obxectivos prioritarios

da Marea. Para logralo, hai previstas

diferentes medidas coa intención de

levar a cabo unha rexeneración democrática

que lle devolva o poder á

cidadanía. Con este fin, ningún membro

da Marea Atlántica permanecerá

no seu cargo máis de dous mandatos,

isto é, oito anos. Do mesmo xeito, instituiranse

mecanismos revogatorios

que garantan a expulsión dos concelleiros

e as concelleiras da Marea en

caso de incumprimento de programa

ou de imputacións motivadas.

Ademais, todas as concesións municipais

serán fiscalizadas e se realizarán

auditorías nas mesmas, co fin de

asegurar que os cartos se destinan ao

fin que foi programado.

Inclusión

social

Combater

a pobreza

Consumo de

proximidade

Eficiencia

enerxética

8 9 10 11

A Coruña que quere a Marea

Atlántica non pode deixar a

ninguén de lado. A loita pola inclusión

e contra a pobreza pasa, para

a Marea, pola creación dunha Renda

Social Municipal que permita completar

os ingresos das persoas máis

necesitadas e que minimice as súas

dificultades a curto prazo. Cunha

perspectiva temporal máis ampla, o

programa de goberno contempla a

posta en marcha dun Plan Local de

Inclusión Social que articule de xeito

eficaz a acción pública municipal

en materia de políticas sociais. Nese

sentido, tamén se propón o deseño e

implantación dunha Estratexia Local

de Inclusión Laboral para os colectivos

en risco de exclusión, entendendo

o traballo como ferramenta definitiva

de inclusión cidadá.

A actual situación de emerxencia

social vén acompañada

por novas formas de pobreza e

tamén por algunhas xa esquecidas.

Para a Marea Atlántica, garantir o

cobertura das necesidades básicas limitando

ao máximo os efectos desas

pobrezas non é só un obxectivo principal,

senón un xeito, quizais o único

posible, de comprender o goberno

municipal. En primeiro lugar e de

xeito prioritario, proponse o uso da

rede de centros escolares da cidade

para eliminar a pobreza alimentaria

das e dos menores. Ademais, para

minimizar as consecuencias do empobrecemento,

o programa de goberno

contempla a rebaixa das taxas

de auga e a erradicación da pobreza

enerxética, que non permite o acceso

aos servizos de luz ou calefacción.

O modelo sustentable de cidade

da Marea Atlántica aposta

claramente polo comercio de

proximidade. Fronte ao modelo de

grandes centros comerciais, o programa

achega medidas de promoción

do comercio local e de potenciación

de estratexias colaborativas

entre negocios. Planean reorientar o

modelo produtivo e facelo máis xusto

ambiental e socialmente, promovendo

a diversificación da actividade

económica, e axustar os itinerarios

persoais de inserción das persoas

usuarias a este novo enfoque. Nesa

liña, apóstase polo fomento dun mercado

de produtos de primeira necesidade

ecolóxicos e artesanais para

fomentar a soberanía alimentaria de

concello e bisbarra, xunto con programas

de sensibilización.

A busca dun concello enerxéticamente

sustentable supón

outra das grandes liñas de traballo

da Marea Atlántica. Con ese fin,

o programa inclúe propostas como a

integración das políticas de eficiencia

enerxética en todas as áreas de

xestión municipal, tamén en eventos

e festas; medidas técnicas de aforro

enerxético en edificios municipais

e a realización de auditorías para a

rehabilitación enerxética en comunidades

veciñais, especialmente nos

barrios de mais antigos. Tamén se

contemplan a revisión e revitalización

da Estratexia contra o Cambio

Climático e dotación de recursos á

Oficina Contra o Cambio Climático,

así como a adquisición dunha porcentaxe

crecente de enerxía renovable,

especialmente cooperativista.

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

11

Dereito

a un teito

Cidade

verde

Respecto

polos animais

Mobilidade

sustentable

4 5 6 7

A Marea quere un Concello que

se preocupa por asegurar o

derei to á vivenda dos seus cidadáns.

En primeiro lugar, a Marea comprométese

a loitar activamente contra

os despexos, paralizando aqueles

de responsabilidade municipal e

procurando alternativas nos desafiuzamentos

que non dependan directamente

do Concello. Por outra banda,

para facilitar o acceso á vivenda,

o programa de goberno contempla a

elaboración dun plan de fomento do

dereito á vivenda e potenciación da

vivenda pública, a través de EMVSA.

Na mesma liña, co obxectivo de acabar

coa bolsa de vivendas deshabitadas,

contémplase tamén o aumento

nun 50% dos cargos do IBI ás vivendas

baleiras propiedade do FROB-SA-

REB e de entidades financeiras.

Na Marea teñen claro que o compromiso

co medio ambiente é

unha condición imprescindible

para lograr unha cidade máis humana.

Para mudar o gris das explanadas

de formigón polo verde, no programa

propoñen traballar para a naturalización

urbana e a conservación da biodiversidade,

mantendo os espazos

naturais e zonas verdes existentes e

creando novas áreas naturalizadas

nos barrios. Así, contémplanse medidas

como a apertura efectiva do Parque

do Observatorio na Agra do Orzán,

a protección do Parque de Bens

como espazo verde de uso público

— impedindo, mediante o estudo dunha

localización alternativa, a construción

do Museo do Automóbil que o

ameaza— e a tan necesaria rexeneración

da ría do Burgo.

Unha Coruña de todos e para

todos non pode permitirse

dar acubillo a ningún tipo de

maltrato animal. A Marea Atlántica

desexa converter a cidade, desde

o Concello, nun espazo totalmente

respectuoso cos animais e por iso

formúlase no programa de goberno

o compromiso firme de suprimir

calquera apoio municipal aos eventos

nos que se maltraten os animais,

como as touradas ou os circos con

animais, eliminando con tal fin tanto

as subvencións directas como a

cesión de espazos para eses espectáculos.

Ademais, proxecta a creación

dun Centro Municipal de Protección

Animal para os animais abandonados

e unha aposta para desenvolver

de xeito progresivo e sostible un modelo

de xestión de sacrificio cero.

A aposta pola mobilidade sustentable

é prioritaria: a Marea

contemplan a implantación

dunha rede eficiente de aparcadoiros

disuasorios públicos e gratuítos conectados

co transporte público tanto

urbano como interurbano, consensuados

coa área metropolitana; propón

a mellora do servizo de autobús

urbano coa reordenación do mapa

de rutas, a priorización do paso mediante

plataforma reservada en liñas

principais, a mellora da accesibilidade

nas paradas e a creación de intercambiadores

entre o transporte urbano

e interurbano en puntos clave.

Proxéctase tamén a creación de roteiros

prioritarios para peóns e bicicletas

—con carril-bici ou por calzada

segundo o tipo de vía—, así como o remate

da conexión coa Universidade.

Compromiso

ético

Creación

de emprego

Memoria

e culturas

Igualdade

activa

12 13 14 15

A Marea Atlántica entende o

goberno municipal desde unha

perspectiva humana, que sitúa

ao cidadán como centro das súas políticas

e polo tanto non pode deixar

de lado o compromiso ético coa veciñanza.

No programa de goberno,

diversas medidas cimentan este

compromiso no plano económico: o

desenvolvemento dunha economía

para as persoas que integre criterios

sociais, ambientais e de calidade

de vida na economía e unha política

fiscal progresiva e socialmente

xusta; a incorporación de criterios

medioambientais, éticos e sociais aos

contratos e compras realizadas polo

Concello e a priorización na xestión

municipal da banca ética e cancelación

de saldos en institucións bancarias

que realicen desafiuzamentos.

A loita pola creación de emprego

está moi presente no

programa de goberno da Marea

Atlántica. Neste eido contemplan

a ampliación de servizos de atención

á conciliación e á mellora de vida das

persoas que favorezan o acceso ao

emprego ao tempo que crean traballo

neses servizos. Tamén se propón un

programa de formación e creación

directa de emprego sostible nas áreas

de xestión sostible de residuos, apoio

do pequeno comercio e hostalería,

atención á dependencia, cooperativismo

e rehabilitación enerxética.

Ademais, de cara á mocidade, proxéctase

un Plan de Emprego Xuvenil con

acceso aos fondos europeos que enfatice

áreas con xacementos reais de

emprego e incorpore os criterios sociais

e de innovación.

Na saú aposta pola humanización

e a concepción comunitaria

do Concello da Coruña, a

Marea Atlántica dedica tamén no seu

programa un espazo privilexiado ao

patrimonio inmaterial da veciñanza.

Nese sentido, a candidatura popular

propón a activación do proxecto

Caixa da memoria como ferramenta

de recuperación e posta en valor do

legado persoal e colectivo na construción

dunha cidade de progreso

social. Tampouco deixan de lado no

programa de goberno o fomento da

lingua e cultura galegas, así como un

reforzo das actividades nos centros

cívicos e bibliotecas municipais. Ademais,

de acordo coa lexislación sobre

Memoria Histórica, comprométense

á eliminación de toda simboloxía

franquista presente no rueiro.

Na xénese da Marea Atlántica

está o desexo de construír

A Coruña con todo o mundo,

e por iso no seu programa de goberno

contemplan traballar para que o

Concello sexa unha ferramenta activa

de igualdade. Con ese obxectivo, a

candidatura popular asume o compromiso

de loitar para garantir o acceso

ao uso das institucións culturais

e deportivas municipais ás persoas

con diversidade funcional. Tamén

proxectan a creación dun Observatorio

Municipal de Igualdade de Xénero

que permita coñecer o escenario real

do concello neste eido e tomar medidas

contra a discriminación. Outra

das medidas igualitarias que propoñen

é a de asegurar o funcionamento

efectivo da actual Oficina Municipal

de Apoio á Migración.

16

Negreira e o PP,

ligados polo fío

da corrupción

As investigacións xudiciais que

afectan ao Concello destapan o

enchufismo e os amaños como

práctica sistemática do goberno

coruñés

A.D. Petouto

Redacción

Como unha arañeira, os fíos da corrupción

tecen arredor do Concello da Coruña

un mapa intrincado de conversas,

favores e amaños que, non sendo polas

investigacións xudiciais en curso, quedan

lonxe do ollo público para sustentar

unha política “baixo corda”; esa que

destapan sumarios como o da operación

Zeta ou a Pokémon, convertida en

Pikachu na súa póla coruñesa. Un mapa

mesto, se cadra tan espeso como os que

desentrañan noutros puntos do Estado

os instrutores de tramas como a Gürtel

ou a Púnica, e que veñen demostrar, alén

do “posible coñecemento e consentemento"

do primeiro edil da Coruña nos

supostos manexos da súa man dereita,

Julio Flores, para “colocar” a coñecidos

ou simpatizantes. Xa antes, Vixilancia

Aduaneira pedira a comparecencia xudicial

do rexedor en calidade de imputado,

como consecuencia das múltiples

referencias que o sinalaban como un

dos membros do goberno que tiraba de

influencia para enchufar a afíns e conseguirlles

traballo. Onde? Nalgún dos

servizos que prestaba ao Concello Vendex,

o conglomerado empresarial sobre

o que xira a investigación, e que no último

decenio chegou ter ata 16 concesións

municipais e organismos como o

Ágora, o IMCE, o Aquarium ou a Torre

de Hércules, e a xestionar servizos tan

lucrativos como a grúa e a ORA.

Se a Negreira non chegan todavía as

imputacións, a pesar de constar tamén

nun lugar privilexiado nas listaxes dos

regalos “de cortesía” de Vendex a autoridades

escollidas, non ocorre o mesmo

co ata agora primeiro tenente de alcalde,

sobre o que pesan sospeitas fundadas

por delitos de tráfico de influencias

e suborno, segundo consta nos autos.

Polos movementos detectados nas escoitas

ao delegado en Galicia de Vendex,

José María Tutor, e ao seu círculo

e demais pescudas, a maxistrada chega

a comparar o Concello cunha “axencia

de colocación de emprego” e ten baixo

a lupa medio cento de empregos sos-

ou a retirada de multas relacionadas

coa ORA. O sumario deixa ver que o

enchufismo non era excepción dunha

ou dúas persoas do equipo de Negreira;

∑ Non sendo polas

investigacións xudiciais en

curso, os amaños e favores

do Concello quedan

lonxe do ollo público, e

sustentan unha política

“baixo corda”.

era práctica sistemática, unha forma

de goberno pola que están a ser investigados

a maioría dos membros do goberno

coruñés.

E da “axencia de colocación” do

Concello aos “chiringuitos para cazar

subvencións” que compoñen, segundo

os investigadores, as empresas e entidades

coruñesas sospeitosas que analiza

a chamada operación Zeta e que

tamén tocan ao goberno local e ao propio

alcalde. A vinculación personal de

Negreira co principal implicado, o empresario

Gerardo Crespo, administrador

de Azetanet, queda plasmada nos

correos electrónicos captados pola Policía

Xudicial, nas conversas intervidas

e nas actas dos encontros oficiais que

∑ O sumario da investigación

da Pokémon deixa

ver que o enchufismo non

era excepción; era práctica

sistemática, unha forma

de goberno pola que está a

ser investigada a maioría

dos membros do goberno

do PP coruñés.

∑ Vixilancia Aduaneira

chegou a pedir a imputación

de Negreira, polas

múltiples referencias que

o sinalaban como un dos

membros do goberno local

que tiraba de influencia

para enchufar a afíns e

conseguirlles traballo.

∑ As relacións de Gerardo

Crespo, administrador

da empresa Azetanet,

líder veciñal próximo ao

PP e principal implicado

na operación Zeta, tocan

ao alcalde e a membros

insignes do Partido

Popular da cidade.

O póker de ases da corrupción do PP

coruñés, de arriba a abaixo: Carlos

Negreira, Julio Flores, Diego Calvo e

Beatriz Mato

da responsabilidade penal dos axentes

implicados, o mercadeo do que somos

vítimas os administrados e as administradas,

en favor dun tecido escuro e ben

armado entre a política do PP e a grande

empresa. Unha consecuencia directa

e acalada do que trae a privatización

dos servizos públicos.

Alcanza a arañeira ao alcalde, Carlos

Negreira, aínda sen estar, de momento,

imputado en ningunha das causas que

manchan a cidade? Basta seguir esa

rede para ver que, de seguro, o alcanzan.

É a propia xuíza a que o insinúa,

como reflicte un auto de marzo deste

ano, no que Pilar de Lara, instrutora

desa enorme operación contra a corrupción

política que é a Pokémon, fala

peitosos, en cuxa mediación coloca, de

forma provisional, a Flores.

Pero o primeiro tenente de alcalde

non é o único membro do goberno coruñés

baixo sospeita: nun dos seus últimos

autos, a maxistrada pide datos de

ata seis concelleiros da xunta de goberno

local, do alcalde, do presidente e a

vicepresidenta da Deputación, e de asesores,

cargos e traballadores relacionados

co Concello. A investigación ten no

foco, ademais, as “colas para enchufar”

no Ágora, os manexos para dirixir a

adxudicación de servizos na Casa dos

Peixes, as irregularidades dos contratos

do IMCE —un organismo municipal

dependente de Cultura que ten entre as

súas atribucións a xestión das festas—

recolle o sumario. Nel constan tamén

dúas doazóns que, segundo as anotacións

da contabilidade do sospeitoso,

este aboou en favor do PP (de 17.000 euros),

unha a 15 días das eleccións xerais

do 2011. As relacións de Crespo, líder

veciñal próximo ao PP, tocan tamén a

membros insignes do partido, desde o

secretario de Estado José Manuel Romay

Beccaría ata a conselleira de Traballo,

Beatriz Mato, “Bea”, en boca do

principal imputado. Ademais de ser o

departamento autonómico que ela encabeza

o que máis axudas outorgou ás

empresas implicadas na Zeta, ocorre

que Mato é a persoa que pecha honorificamente

a lista do PP coruñés para as

próximas eleccións municipais.

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

17

Por que non

responde o

alcalde?

A.D. P.

Redacción

Por que o alcalde da Coruña esconde

as siglas do PP? Poría a man no lume

por Rajoy? Son algunhas das preguntas

que Carlos Negreira rexeita responder,

mais a calada non serve para ocultar

os vínculos obvios do rexedor; co seu

partido, que é o PP das “caixas B” e os

chanchullos millonarios, e con certos

personaxes como o empresario Gerardo

Crespo quen, por máis que o intente

agochar o alcalde, pertencía ao seu círculo

persoal ata que unha investigación

xudicial veu destapar as manobras coas

que xente deses círculos se beneficiaba

da xestión pública.

Semella que Negreira tampouco pertence

ao PP, á vista dunha campaña sen

figuras do seu partido. Pero forma parte

do mesmo PP investigado en Madrid

ou en Valencia. Defende as mesmas políticas,

serve aos mesmos intereses. É,

como os seus, intermediario de quen

realmente ten o poder, catro señores

que levan xa demasiado tempo facendo

da Coruña o seu patio traseiro.

Asumirá Negreira a súa responsabilidade

política en caso de ser implicado

nalgunha destas tramas, que salpican a

boa parte do goberno coruñés? Dimitirá

Negreira se acaba imputado?

A conexión de Negreira coas tramas corruptas

CLAVE QUE IDENTIFICA OS PERSONAXES: IMPUTADO

XUÍZ PIDE DATOS DE EL/ELA VAI NAS LISTAS MUNICIPAIS DE 2015 NON REPITE NAS LISTAS

Eixes das tramas

Operación Pokémon

A xuíza investiga se o grupo de empresas de

servizos Vendex obtía contratos públicos a

cambio de favores, como enchufar a persoas

próximas ao PP en toda Galicia. A póla coruñesa

recibe o nome de Pikachu, e afecta

principalmente ao Concello, aínda que tamén se

está a investigar a cargos da Deputación

Nun auto, a xuíz explicita a

posibilidade de que Negreira

“coñecera e consentira” os

presuntos enchufes de Flores

JULIO FLORES

Primeiro tenente de alcalde da

Coruña, man dereita de Negreira no

Concello. Imputado por tráfico de

influencias e suborno

Flores é o contacto de

Vendex no concello

A CAMBIO

DE ENCHUFAR

A AFÍNS DO PP....

ÁMBITO LOCAL

CONCELLO E DEPUTACIÓN

Negreira consta nas

listaxes de regalos VIP

de Vendex

JOSÉ Mª TUTOR

Delegado de Vendex

para Galicia

...VENDEX

OBTÉN

CONTRATOS

CARLOS NEGREIRA

DIEGO CALVO

Presidente da Deputación,

elixido polos concelleiros do PP.

Vai 2º na lista por Ferrol

Alcalde da Coruña

e presidente provincial do PP

Operación Zeta

O sumario investiga posibles fraudes

millonarias nos cursos de formación

organizados por compañías de Gerardo

Crespo, coa participación da Xunta

ÁMBITO AUTONÓMICO

XUNTA

Negreira coloca a

Mato na lista das

municipais de 2015

A investigación confirma

que tiñan relación

persoal

BEATRIZ MATO

Conselleira de Traballo e Benestar

na Xunta, departamento que

concede as subvencións para

os cursos

A investigación desvela que teñen

relación persoal

GERARDO CRESPO

Empresario próximo ao PP.

Administrador de Azetanet,

grupo empresarial baixo a lupa da

xuíza por fraude de subvencións

15 MILLÓNS

DE EUROS EN

SUBVENCIÓNS

Concellarías, organismos

e servizos municipais

implicados

ANA FERNÁNDEZ

Cultura

BEGOÑA FREIRE

Mobilidade

ROSA GALLEGO

Interior e Contratacións

A xuíza da Pokémon pediu en abril

deste ano datos sobre varios

membros do goberno municipal

e de empresas públicas.

Non hai edís imputados, agás Julio

Flores, pero si funcionarias/os e

persoal dalgunhas destas áreas.

MÓNICA IGLESIAS

Organismos de Cultura

baixo investigación por

contratos con Vendex:

-Ágora

-IMCE

-Torre de Hércules

-Casa dos Peixes

CARMEN HERVADA

Barrio

MARTÍN F. PRADO

Urbanismo

Vendex chegou a ter unha

quincena de contratos.

O máis salientable é o da ORA e

o da grúa, que se lle outorgou

en 2005 e está en proceso de

nova adxudicación a outras

dúas empresas (unha para cada

servizo) distintas de Vendex.

A directora dos museos

científicos é nomeada xefa

de persoal do concello

estando imputada

MARIEL PADÍN

Barrio e vicepresidenta

da Deputación

FRANCISCO

MOURELO

Deportes

Ademais dos postos públicos xa

referidos, a xuíza pide no auto

de abril e marzo datos de:

-O director xeral de Emalcsa,

Jaime Castiñeira

-Xornalistas de medios privados

-Asesores municipais

-Empresas relacionadas co

Concello

Infografía IsoTipo

18

Negreira

non quere

ser do PP

Por que o alcalde da

Coruña esconde as

siglas do PP?

Esquema MAT-LAB

Aínda que intente agochalo,

Carlos Negreira está unido

a Mariano Rajoy polas

súas políticas regresivas,

antisociais e contrarias ao

interese da maioría

Raúl Xordo

Redacción

Dende que o aire cheira a eleccións,

Carlos Negreira semella estar pensando

en darse de baixa do PP. É raro escoitar

o nome do partido da súa boca,

ponse ao lado de Alberto Núñez Feijóo

o mínimo imprescindible para quedar

ben, e aos seus xefes en Madrid procura

nin achegarse, a non ser que o chamen

para facerse unha foto. Insiste

en venderse como “un coruñés más”,

cun proxecto centrado só na cidade, e

que se presenta baixo unhas siglas só

de forma circunstancial. Cousas que

∑ A marca do Partido

Popular, en permanente

caída nas enquisas, resulta

do máis molesta nestes

momentos.

cidadás, rescates bancarios, soberbia,

corrupción, desemprego e miseria.

Non sería raro que o aínda alcalde da

Coruña comezase a referirse a Mariano

Rajoy como “esa persona de la que

usted me habla”, igual que fai o aínda

presidente do Goberno cando lle preguntan

por Luis Bárcenas. E por motivos

semellantes.

Porén, por moito que se empeñe en

disimulalo, Negreira é o presidente do

PP na provincia da Coruña, e está conectado

a Rajoy polas súas políticas

antisociais e contrarias ao interese da

maioría dos cidadáns, e pola sombra da

corrupción que medra baixo unha absoluta

falta de transparencia. Goberna

∑ Negreira incumpriu boa

parte do seu programa

de 2011, e volve prometer

algunhas das medidas que

deixou sen executar.

pasan. Como proba número un destas

intencións, pode aportarse o seu cartel

electoral, que pendura de paredes e

farolas nestes días: unha gran foto do

candidato co lema “Vota Carlos Negreira.

Por todo lo que importa”. É preciso

observar con atención para percibir o

pequeno logo azul coas dúas letras “P”

e a gaivota situado na parte baixa.

A marca do Partido Popular, en permanente

caída nas enquisas, resulta

molesta nestes momentos. Por iso Negreira

tenta convencer ao votante de

que el non ten nada que ver con esa

xente que sae na prensa relacionada

con sobresoldos, contas en Suíza, pagos

en diñeiro negro, censura dos medios

públicos, represión ás protestas

atendendo ás contas de resultados dos

bancos, non ás necesidades da xente.

Prefire favorecer ás construtoras antes

que aos seus veciños.

SESENTA MILLÓNS DE EUROS PARA

AS OBRAS DA MARIÑA E MENOS DE

DOUS PARA O EMPREGO.

As medidas estrela do primeiro alcalde

do PP en María Pita foron grandes

obras no centro da cidade, mentres os

barrios fican esquecidos. Estanse a enterrar

uns 60 millóns de euros no faraónico

túnel da Mariña, dos que 16,5 saen

directamente das arcas municipais e o

resto proceden de distintas administracións

ás que o equipo de Negreira

se esforzou por convencer. Non puxo o

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

19

1 2 3 4

Lona electoral PP

Dimensións: 2,30 x 3,70 m

Logotipos do PP impresos na lona

Dimensións: 0,18 x 0,05 m

Superficie: 0,0085 m 2

% Superficie do total: 0,00099

mesmo interese no seu plan de fomento

do emprego, que presupostou en tres

millóns de euros. E máis dun terzo deses

cartos non se gastaron, quedaron

sen executar. Curiosa orde de prioridades

nunha cidade con 22.000 parados e

con moita xente atada a postos de traballo

de baixísima calidade, que non

son quen de chegar a fin de mes co seu

salario.

Outro exemplo de como Negreira e

os seus entenden a política é a xestión

de Emalcsa. A empresa municipal de

augas ten beneficios ano tras ano, pero

non os inviste en baixarlle a factura aos

veciños nin en amañar os vertidos na

Ría do Burgo. Para o alcalde e os seus

De feito, o incumprimento do programa

é outra semellanza entre Negreira

e Rajoy. En 2011, o candidato do PP

prometeu incontables melloras por

toda a cidade: 10.000 novas prazas de

aparcamento, unha nova biblioteca,

dous centros de día, pistas de skate e de

pádel, reformas nos accesos ás praias e

unha chea de intervencións na Agra do

Orzán, Adormideras, Os Mallos, Monte

Alto… Todas fican sen facer. Algunhas

aínda as está a prometer de novo nesta

campaña, como o acondicionamento

do Parque dos Catro Ventos, nos Rosais.

Negreira non quere que o asocien

co PP de Madrid, pero o seu mandato,

coma o de Rajoy, estivo marcado polos

ceuse que a súa número dous e concelleira

da Tesourería, Rosa Gallego, e a

número oito e responsable municipal

de Mobilidade, foran tamén imputadas

por unha denuncia de acoso laboral relacionada

co caso.

Xunto a todos estes sospeitosos de

corrupción, aparecen algunhas caras

novas que, en harmoniosa compenetración,

insisten en que eles só van nas

listas do PP por unha incómoda casualidade,

pero son xente do común que se

embarcou nun proxecto ilusionante e

de futuro da man de Carlos Negreira.

A número tres, Rosa Lendoiro, esquece

a súa colaboración institucional

co Partido Popular como presidenta do

Colexio Farmacéutico da Coruña. O número

catro, Carlos Sánchez-Tembleque,

garda baixo a mesa a súa vinculación

coa pouco coñecida Asociación Coruña

3.0, que ten asinado convenios co Concello

cuxos importes se manteñen opacos

e cuxos resultados prácticos son

inexistentes. E a número seis, Susana

Lenguas, omite que foi apoderada de

Arias Hermanos, unha construtora que

acadou contratos co goberno municipal

por valor de 8,5 millóns de euros.

Xente do común, sen dúbida.

Ninguén debería mirar para Negreira

se busca políticas alternativas ás de

Raoy. As semellanzas entre ambos son

moitas, ben grandes e saltan á vista.

∑ Mentres se invisten

millóns de euros no túnel

da Mariña, o presupostado

para políticas de emprego

queda sen gastar.

∑ O goberno de María Pita,

como o da Moncloa, esgota

unha lexislatura marcada

polos escándalos de corrupción.

amigos, é mellor destinar os cartos a

pagarlle xenerosos salarios a un inchado

plantel de directivos, e en financiar

proxectos como Smart City. É a mesma

lóxica que moveu a Rajoy a destinar

centos de millóns de euros ao rescate

bancario mentres deixaba esmorecer a

sanidade e a educación pública.

Todas as decisións do mandato tomáronse

a porta pechada. Ao igual que

Rajoy, Negreira non gusta moito de dar

explicacións públicas. O seu único intento

coñecido de escoitar á cidadanía

foi o proxecto Coruña Futura, no que se

convocou a varios “representantes sociais”

para pedirlles a súa opinión sobre

a cidade. Con invitación, para que non

se coase calquera, reuníronse uns cantos

centos de persoas para cubrir unha

enquisa elaborada pola Fundación

Metropoli, un think tank con sede en

Madrid, para fixar as súas prioridades

para a cidade. A través deses encontros,

presentáronse diversos plans de actuación

que, por suposto, non se levaron a

cabo. Algúns fixéronse sitio no programa

electoral do PP, como nunha carta

aos Reis Magos.

escándalos de corrupción, como se conta

un pouco máis atrás neste exemplar

d’O 15. O seu número dous, Julio Flores,

está imputado da operación Pokémon

por tráfico de influencias, e máis da

metade dos membros do goberno municipal

aparecen relacionados na investigación

de presuntos enchufes, pagos

de favores con cartos públicos e outros

asuntos similares. Son feitos que tiveron

lugar nos despachos de María Pita,

ben próximos ao alcalde. Como próxima

era a relación que o unía a Gerardo

Crespo, sinalado pola policía como

responsable da operación Zeta, unha

trama para cobrar subvencións organizando

cursos falsos para desempregados.

CARAS NOVAS E IMPUTADAS NOVAS

O aínda rexedor di, por suposto, que

todo isto son calumnias e díxomedíxomes.

De xeito moi convinte, deixou que

caesen da súa candidatura os nomes

máis citados no sumario da Pokémon,

como Ana Fernández e o propio Julio

Flores. Pero de pouco serviu a manobra.

En plena campaña electoral coñe-

20

A grande

oportunidade

da Coruña

popular

Sen a máis mínima intención

de apropiarse de nada, a Marea

Atlántica recolle unha longa

tradición rebelde coruñesa que,

por primeira vez en moito tempo,

está diante da oportunidade de

alcanzar o Concello para poñelo

ao servizo da xente.

Alejandro Pazos

Redacción

A veciñanza reunida nunha praza, concretamente

no adro da igrexa de Santiago,

na Cidade Vella da Coruña. As

persoas alí presentes debaten sobre as

cuestións comúns e toman decisións.

Ou sexa, unha asemblea. Unha escena

recoñecible na actualidade, especialmente

desde que o 15M abriu os

marcos políticos en demanda de máis

democracia. Pero non, a imaxe non se

corresponde cunha xuntanza aberta da

Marea Atlántica, non. Era a forma de

gobernarse na Coruña na... Idade Media!!!

A xenética popular da Coruña é unha

feliz realidade. Vivimos nunha cidade

creativa e activa, cunha cronoloxía de

dignidade de séculos que, como tantas

outras cousas —os dereitos sociais, por

exemplo—, foron usurpados por unha

∑ A Marea simboliza o aire

novo pero reivindica o

noso mellor pasado.

do Mar Exeo ou o Prestige; das acampadas

do 15M e, por suposto, do fito que

significou hai case un ano aquela xuntanza

na Ribeira do Cómaro na que tomou

impulso esa Marea que agora ten

diante unha oportunidade histórica, a

de gañar as eleccións e liderar o cambio

real, a devolución da Coruña ás súas

xentes do común.

Porque despois hai outra Coruña,

que se reúne en salóns ou reservados

de restaurantes caros para asinar dubidosos

contratos cos cartos de todos e

de todas. A que non ten o máis mínimo

interese polo que está fóra da súa exclusiva

e excluínte área de intereses. Son a

elite, o 1%, non está aí quen desde a pequena

ou mediana empresa saca adiante

o seu traballo, nin os e as desempregadas,

nin as clases populares nin o

precariado que ten dereito a deixar de

selo. Latexa a cidade real ao ritmo da

ilusión, por unha vez ligada á política.

Nunca unhas municipais crearan tal

∑ A xenética popular da

Coruña é unha feliz realidade:

vivimos nunha

cidade creativa e activa

con séculos de dignidade.

elite que roubou o auténtico carácter

coruñés para convertelo en algo antipático,

que xeraba desconfianza máis

alá da nosa contorna, que nada tiña que

ver coa vocación aberta e atlántica que

sempre definiu as nosas rúas e as nosas

xentes. A Marea recolle, sen apropiarse

de nada, ese espírito, e quere levalo ao

Concello, tamén secuestrado por unha

elite que podía escenificarse como cortello

ditatorial das vacacións dun ne-

fasto caudillo ou en forma de consello

de ministros nunha praza de María

Pita pechada aos seus donos, á xente,

para evitar a dignidade multitudinaria

que berraba Nunca Máis á que vez que

dentro do consistorio Aznar, Vázquez,

Rajoy ou Rodrigo Rato facían malabares

políticos para converter nun pelotazo

de cemento a desfeita do chapapote.

Nesa onda andaba xa Carlos Negreira.

Uns en pazos blindados, outros coa cidadanía

do común. Esa dualidade mantense

aínda agora: ou PP ou Marea.

Non nacemos nestas eleccións. A

Marea Atlántica simboliza o aire novo

pero reivindica o noso mellor pasado, o

de tanta xente que loitou polos dereitos

cívicos, que desafiou a poderes insensibles

para crear comunidade e cultura,

vitalidade e rebeldía, como por exemplo

naqueles ateneos libertarios dos

anos 30 onde as clases traballadoras

accedían a unha formación; naquelas

Irmandades da Fala que mesturaron

orgullo con vangarda; naquelas traballadoras

da Fábrica de Tabacos que loitaban

contra a explotación e a precariedade;

nos mariñeiros que facían soar as

buguinas dos seus barcos para alertar

do golpe totalitario do 36; daqueles que

se xogaron o tipo pola democracia; daqueles

que saíron a mar aberto no Xurelo

para enfrontarse á contaminación

nuclear das nosas costas; da e dos que

se opuxeron á destrución de patrimonio

en tempos de burbulla inmobiliaria;

da modernidade do atlantismo dos

anos 80 ou de quen saíu ás rúas despois

∑ O faro, que agocha ao

xigante Xerión, lanza luz

sobre o pazo de María Pita,

agora sumido na escuridade;

estamos ante un momento

histórico: chega un

24 de maio oceánico.

expectativa. Porque é a hora da participación,

da ética, da alegría, do cambio

real. Despois de moitas esperanzas

frustradas e estafas diversas, na cidade

hai Marea. O faro lanza luz sobre o pazo

de María Pita, agora sumido na escuridade.

Estamos ante un momento histórico.

Chega un 24 de maio oceánico.

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

21

Dez mentiras

sobre a Marea

Atlántica

Texto Raúl Xordo

Ilustración Oskinha.es

Minte, minte,

que algo

queda.

A mentira é

unha das municións

máis

empregadas

na vella política

para

sementar dúbidas

sobre os

rivais.

E a Marea

Atlántica,

que está a

poñer moi

nerviosos aos

que pensan

que A Coruña

é o seu couto

privado, foi

o branco

dunhas

cantas.

5

1

Son uns radicais antisistema.

Radicais? Si, na defensa de

democracia e dos dereitos básicos.

A Marea quere levar a

participación cidadá e a transparencia

ás súas máximas

expresións. Antisistema? Os

verdadeiros antisistema son

os que aproveitan os cartos

públicos para encher os seus

petos e os dos amigos poñendo

en perigo o estado do benestar.

Extremista é quen expulsa a

alguén da súa casa para que un

banco gañe aínda máis.

6

2

As súas propostas son irrealizables.

O programa da Marea

non contén nin unha soa medida

que non se poida levar a

cabo en catro anos. E, de non

facelo, os seus representantes

sairán pola mesma porta pola

que entraron. O incumprimento

grave e inxustificado do programa

electoral activará un

mecanismo de revogación dos

cargos electos. O irrealizable é

que se recupere a economía a

base de pobreza. A Marea está

coa realidade.

7

É un invento novo, para pescar

en augas revoltas. Non, é

unha iniciativa nova pero con

fondas raíces. A Marea Atlántica

naceu o 21 de xullo de 2014

e, humildemente, séntese herdeira

directa do traballo dos

movementos sociais, os colectivos

cidadáns, de Nunca Máis,

as PAH ou as acampadas do

15M. Augas revoltas son as da

contaminada ría do Burgo, que

nunca arranxaron as forzas

que gobernaron. Invento son

as contas de moitas partidos.

Inventos nefastos.

3

Dividirán o voto e traerán

inestabilidade e desgoberno.

Ao contrario. A través da

confluencia, a Marea Atlántica

sumará o voto de todas as forzas

políticas verdadeiramente

comprometidas co cambio na

Coruña. E o liderado da cidadanía

garantirá a estabilidade

a partir do 25M. Esa táctica do

medo remite á extorsión, os

que se pechaban nunhas siglas

non dubidan agora en recorrer

a marcas brancas (laranxas)

para pactar.

8

Esta xente non ten experiencia

de goberno. A xente da

Marea nunca ocupou cargos

públicos, pero ten sobrada

experiencia, tanto na política

coma na vida. Hai movementos

sociais tan ben organizados

coma un concello. E precarias

economías familiares

mellor xestionadas que algunha

das firmas onde os ex-cargos

do PP acaban colocados.

Quen non sabe do que fala é o

que leva trinta anos nun coche

oficial.

4

Queren rebentar as grandes

infraestruturas, coma o Porto

Exterior. Non, pero tampouco

impulsalas a calquera prezo

para que se convertan en aeroportos

sen avións. As infraestruturas

teñen que responder

a necesidades, non a negocios.

É preciso revisar o convenio do

Porto Exterior, unha obra presupostada

en 600 millóns que

xa custou 1.700. O Concello non

se pode permitir tal dispendio

nin pagalo con anacrónicos pelotazos

urbanísticos.

9

Todos os que se meten en

política son iguais. Preto de

4.000 persoas asinaron o manifesto,

máis de 700 participaron

nas primarias, centos

de cidadáns colaboraron na

elaboración do programa e

participan no día a día. A Marea

non son catro amigos. Nin

enchufarán cada un a outros

catro, como o PP. Polo demais,

a Marea non funciona só de

maneira asemblearia. Tamén

por delegación de confianza e

rendición de contas.

Non e máis ca un rebumbio

de siglas. A da Marea é unha

candidatura de confluencia e

unidade popular que vai máis

alá de siglas e nomes propios,

na que as organizacións políticas

teñen un papel importante

aínda que sexa a xente, a veciñanza

sen adscrición partidaria,

a que conduce. Son cidadanía

sen partido, xunto ao apoio

de Podemos, Esquerda Unida,

Anova, Equo, Compromiso por

Galicia, Espazo Ecosocialista.

A xente do cambio real.

Non levan obras no programa.

Van deixar todo caer. Hai

obras no programa, como a

apertura do Parque do Observatorio,

pero en vez de lanzar

promesas ao aire para conseguir

votos, honestidade. É un

insulto o electoralismo que

promete o que non cumpre.

Haberá obras, claro, pero as

máis localizadas serán decididas

directamente pola xente

nos barrios a través das xuntas

de distrito e os orzamentos

participativos.

10

Van de asemblearios, pero ao

final as decisións tómanas

catro amigos… Como recorda

Xulio Ferreiro. “Din que o poder

corrompe pero algúns xa

veñen corrompidos da casa”.

Polo demais, os candidatos da

Marea asinaron un código ético

moi severo pensado para

atallar a corrupción. E, dende

logo, nunca levará persoas imputadas

nas súas listas, como

si fan algúns partidos, e expulsará

a calquera persoa que

sexa debidamente imputada

nunha causa xudicial.

22

Humor

Quen decidiu que a investigación sobre a trama de enchufes no goberno de

Negreira se chamase Pikachu, non sabía até onde chegaría o xogo…

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

TV

23

Televisión con retranca

O sopor creado, a resintonización das canles e a súa falta de adaptación ao

momento actual provocou a desaparición de emisoras antes bastante coñecidas.

Canal

Marea

Canal

PP

Canal

PSOE

Canal

Ciudadanos

08.00 · Tracking hipster

Conexión co audímetro de Radio 3

na Coruña no que se comproba que

vai subindo de audiencia así como os

membros da Marea van espertando e

comentando cousas no Telegram.

08.00 · Santa Misa con Touros

No nome da tradición mesturaranse,

con fondos públicos, disciplinas

bastantes raras, que comparten gustos

gore. Ao tempo, déixase a política de

emprego en mans da Virxe de Fátima.

08.00 · As mañás de Pedro

Tertulia matutina na que todo o mundo

sabe de todo e na que se fala desde

o último asunto sentimental de Belén

Esteban ata cousas que se parecen á

política. Presenta Pedro Sánchez.

08.00 · Santa Misa

Conexión en directo co canal do PP,

pero co audio engadido dalgúns

comentaristas afirmando que pedirán

dimisións se detectan irregularidades

na ficción de multiplicar pans e peixes.

11.00 · Almorzo asembleario

Decenas de persoas se reúnen para

decidir se acompañar o café con

bollería fina é 1% ou o propio do 99%

é un biscoito sen pasas. Apróbase por

consenso que xa é hora de comer.

13.00 · O tempo

Un mapa indica a variabilidade do

océano e aconsella metáforas atlánticas

e épicas para pedir o voto. Ao final

sempre chove, o que alguén utiliza para

propor como lema “auga de maio”.

15.00 · Fada Colau

Teleserie na que unha barcelonesa encantadora

fala ben da candidatura unitaria

da Coruña. Todos quedan namorados

dela. Noutras canles saen señoras

“en diferido” falando de indemnizacións.

20.30 · Mareas Rivas

Rede na que se trata de crear un discurso

distinto. Algúns consideran iso moi

fácil, en vista do pésimo nivel das outras

canles e propoñen innovar. Acaban

copiando frases dun escritor coruñés.

11.00 · Festas Clientelares

Conexións en directo con concellos nos

que se lles reparten pequenas porcións

de alimentos cárnicos á xente para que

despois pasee o presidente da Deputación

e algún dirixente máis.

13.00 · Sen Corazón, Sen corazón

Programa que reflicte a vida do 1%. Con

exclusivas sobre os reservados de restaurantes

de luxo e palcos de grandes

estadios. Exclusivas sobre o guapos que

son, non sobre tramas, por suposto.

14.00 · Teledirario teledirixido

Sáez de Buruaga presenta tres minutos

de información sobre “multitudinarios”

actos do Partido Popular pola

meseta. O resto, mal. E tras eses cinco

minutos, uns 45 de autobombo e cousas

do Real Madrid.

18.00 · Cine de patio

Nunha arriscada proposta, as cámaras

percorrerán os cárceres onde diversos

condenados por corrupción narrarán

as súas vivencias e lamentarán non ter

investido en ladrillo penitenciario.

21.00 · Calle Génova, qué bella eres

Señores con bisoñé farán chistes

homófobos nun singular espectáculo

televisivo que recordará o ben que ía

todo hai medio século e impulsará o

emprendemento no sector da cirurxía

estética.

11.00 · O botón exacto

Programa educativo no que se lle aprende

aos representantes públicos a darlle

ao botón que corresponde. Por exemplo,

non favorable ao aborto ou á emisión de

preferentes.

13.00 · Mulleres, homes e supostas

primarias

Cun formato como que moi participativo,

copiado a última hora, a militancia

da formación se bota piropos en directo

pero se pon podre en cada pausa publicitaria.

“Saber e gañar” cancelárono.

15.00 · Artigo 135

Espazo que denominan cultural sobre

gramática e números. Busca que o

espectador aprecie a capacidade de cambiar

un artigo da Constitución rápido,

así que chame a Troika, en concreto.

20.30 · O polígrafo

Os electos do partido someteranse ao

detector de mentiras, que primeiro preguntará

sobre o seu programa e despois

sobre o feito desde o goberno. Hai extintores

a man por se estoupa o trebello.

11.00 · Debate Whatsapp

A pantalla rexistrará unha conversa

a favor do despido libre e os contratos

precarios. Polo medio entrarán

recomendacións sobre pactos e listas

que logo dirán que “non eran para este

grupo”.

13.00 · Beleza nos fogóns

Programa culinario no que o director

da canle se rodea de diversas empresas

demoscópicas para que con total transparencia

e modernidade se poida ver

como se cociñan enquisas ben pero ben.

14.00 · Teledirario teledirixido

Nova conexión coa canle do PP, para

compartir a 'actualidade' cos mesmos

contidos e o mesmo formato, pero neste

caso antes de saír a cámara pasan moito

máis tempo no set de maquillaxe.

18.00 · Cambio de chaqueta

Divertido concurso no que unha serie

de persoas van pasando dun sitio a

outro ata que a última hora os premiados

levan unha chaqueta laranxa

que substitúe á 'magenta' que vestían

pouco antes.

21.00 · Pretty Woman

Película en clave de comedia romántica

que relata a bonita historia de amor

entre xente con moito diñeiro e alguén

máis modesto pero ao que compran un

día e ao final pois xorde o amor político.

01.30 · Fin de la cita

O presidente dirixirase á poboación

para falarlle da recuperación económica,

nun discurso improvisado polos

seus asesores. Haberá un espazo de

deportes baseado na frase: “Sé fuerte”.

20.30 · Cuéntame como pesoé

Serie de intriga que retrata como fabulosas

unhas cantas cousas feitas nun feixe

de anos. No DVD non inclúen making-off

para ocultar historias como Someso

aquí, a reconversión alá, etc...

01.30 · Desconexión cara canles sexistas

Ao peche da programación entrarán

as teletendas e imaxes de candidatos

espidos. Despois unha tarotista fará

exorcismos nos que se queiman carnés

do PP para borrar pasados.

Crucigrama

HORIZONTAIS · 1 Quen traballa o ferro. Inicial da nº 8 da lista da Marea. 2 Persoa soberana en democracia. Siglas dun

partido que participa na Marea. 3 Expresas alegría. Desde que sae o sol ata que se pon. Consoante que non forma parte

do topónimo da Coruña. 4 Se existise sería o imperativo do verbo pospear. Cando devolver o Concello á xente? 5 Iniciais

do futuro alcalde. Ir dar a un mesmo sitio persoas ou cousas procedentes de distintas direccións. 6 Nome do bar cuxas

historias dan nome a unha novela adaptada ao cinema por Montxo Armendáriz. Primeira letra do nome e segunda do

apelido da nº 4 da lista da Marea. 7 Pronome persoal de primeira persoa do singular. Inicial do nome número 9 da Marea.

Pronomes persoais masculino e feminino xuntos. 8 Movemento do mar e movemento político. Segunda consoante do

nome da número 6 da Marea. A única consoante que non aparece nos nomes e apelidos dos catro primeiros membros

da lista da Marea pero si no quinto. 9 Vogal que pode confundirse coa nota que a Marea lle pon aos políticos corruptos.

Nome da número 2 da lista. Inicial nº 7 da Marea. 10 Pronome persoal tónico de primeira persoa do plural que funciona

como suxeito político en democracia. Candidato con máis aquel das eleccións municipais do 24M.

VERTICAIS · A Apego a algo ou alguén no que se cre, como a Marea. Videoxogo xaponés que dá nome á trama de corrupción.

B Unidade monetaria de Europa que Bárcenas metía en sobres. Espazo público onde exercer a acción política.

Vocal que podería pronunciar Negreira tras as eleccións. C Segunda consoante da opción política que representa ao

99% na Coruña. Peixe pequeno. Segunda consoante do nome da nº 10 da Marea. Sexta letra do nome do nº 11. D Acción

que realiza Xulio Ferreiro mentres Carlos Negreira cala. E Pronome persoal que o día 24 decide as políticas para os

vindeiros catro anos. Nome da letra que se repite no nome do número 13 da Marea. Convén introducir en María Pita para

rexuvenecer a política local. F Vogal que, xunto co a, se repite no nome e apelido da 14 da lista da Marea. Ninfa protectora

das árbores que acabou convertida nun loureiro. Traseiro, “ir de…” G Nalgúns estados, xefe soberano que herda o poder

do seu proxenitor. Sexta cor que se pode ver cando chove e mais fai sol. H Exclamación de saúdo. Siglas de United

States, país de cuxo idioma se importan termos como smart city. I Vogal que non está no nome nin no primeiro apelido

da nº 12 da lista da Marea, pero si no segundo, e non é o a. Nome propio do nº 3 da Marea. Letra en común dos nomes

das persoas que ocupan os tres primeiros postos da Marea. L Acción que adoita practicar ante preguntas dos cidadáns

o aínda alcalde. Nome da activista líder dos proceso de confluencia, candidata por Barcelona en Comú.

SOLUCIÓN · Se non das resolto o crucigrama na súa totalidade, se cadra, ves demasiado tempo a televisión.

24

Opinión

Xulio Ferreiro

Na Coruña,

para a xente.

Candidato

da Marea Atlántica

á alcaldía da Coruña

Temos

un

desexo

común

As xentes da Coruña xa situamos

a Marea Atlántica como

a alternativa fronte ao desgoberno

do Partido Popular.

O vindeiro 24 de maio temos

dúas opcións. Por unha banda,

a política da resignación, da

tristeza e da miseria que eles

nos propoñen. Pola outra, o

vento novo da ilusión, da esperanza

e da solidariedade que

trae a Marea Atlántica. Dúas

formas radicalmente diferentes

de decidir que papel debe

ter o Concello da Coruña nas

nosas vidas.

Nos últimos anos xa tivemos resignación abondo. O seu

xeito de facer as cousas non funciona para nós. Nin se

senten parte de nós nin lles interesamos. Traballan para

os seus. Chega o momento de apostar por un xeito novo

de gobernar.

Este xeito novo de gobernar debe ser transparente.

Queremos un goberno que poida ser controlado e que nos

renda contas. Queremos que os nosos gobernantes informen

do que fan, de con quen se reúnen, a quen lle adxudican

os contratos que pagamos entre todos, e en base a

que criterios. Queremos participar nas decisións que se

tomen no Concello, queremos decidir en que se gastan os

nosos cartos e que actuacións son precisas para os nosos

barrios. Queremos que os nosos gobernantes sexan responsables

e manexen os cartos públicos con sentidiño.

Este novo xeito de gobernar debe ser eficiente e ter claras

as súas prioridades, poñer por diante os intereses da

xente. Precisamos uns servizos públicos de calidade que

cumpran o cometido de servirnos a todos, propoñendo

mecanismos para evitar os desmáns e a corrupción na

súa xestión. Temos que pensar en todas esas persoas que

o están pasando mal e axudarnos. Poñer o Concello a traballar

para elas, deseñando políticas que nos permitan a

todos acceder a vivendas dignas, e loitar por evitar que

máis xente sexa expulsada da súa casa, con todas as armas

que a lei permite.

Non podemos deixar atrás a ningún veciño, temos que

asegurarnos de que todos os que vivimos nesta cidade

temos as nosas necesidades máis básicas cubertas. Necesitamos

un Concello que utilice todas as súas enerxías

en axudar a crear máis e mellor emprego, que aposte por

sectores estratéxicos onde a nosa cidade pode ser referente:

na investigación, na rehabilitación urbana, na

atención ás persoas, no comercio de proximidade, nos

mercados municipais, no turismo; que apoie as ideas

innovadoras e os proxectos solidarios que xorden entre

nós. Precisamos un Concello que pense na mocidade e

aposte por ela.

Este novo xeito de gobernar ten que respectar e

coidar o que é de todos. Desexamos protexer o noso

territorio, evitando que se poña ao servizo da cobiza.

Desexamos manter o noso patrimonio histórico en

condicións que nos fagan sentirnos orgullosos del,

da nosa historia como cidade e da nosa orixe común.

Desexamos unha cidade amable, que poidamos pasear,

respirar, gozar. Unha Coruña viva e alegre. Unha cidade

onde cada barrio sexa o centro, cada rúa o quilómetro

cero. Desexamos ter unha cidade activa, con ofertas de

ocio para todos, onde a creatividade que xa existe entre

nós atope o camiño para agromar e facernos a todos

máis afortunados.

Esa é A Coruña que queremos, que precisamos e que

desexamos, e temos que construíla entre todas. Como

fixemos até agora. Como chegamos até aquí. Coas nosas

mans, esas mans que demostraron que aquí na Coruña

as cousas saben facerse moi ben. Que converteron

á Marea no instrumento para construír a nosa cidade.

A cidade que nos negan e pola que xa non podemos

agardar máis. E ímolo conseguir. E para iso, o día 24 de

maio, temos que acudir masivamente ás urnas e votar

pola Marea Atlántica.

Porque na Coruña, para a xente, hai Marea.

VOTA

XULIO

FERREIRO

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!