09.05.2015 Views

LINDEIROS 24 MAIO 2015

Un xornal especial para nos xa que cumprinos dous anos; coincide o aniversario cunha eleccións municipais e por iso hai unha carga importante de entrevistas políticas pero tamén para os libros, as rutas pola comarca, e a cultura en xeral

Un xornal especial para nos xa que cumprinos dous anos; coincide o aniversario cunha eleccións municipais e por iso hai unha carga importante de entrevistas políticas pero tamén para os libros, as rutas pola comarca, e a cultura en xeral

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

Xornal

Lindeiros

Dous anos de camiño

Eleccións: 24m

Novas

O Barrio de San Pedro, en

Santiago, celebrou a festa

da Primavera sen apoio

do concello (pax. 3)

O concello de Trazo

apropiase da idea duns veciños

sen contar con eles (páx. 3)

Pasou:

A bisbarra celebrou o Día

do Libro (páx. 19)

Un ano máis celebrouse

ExpoOrdes (páx. 20)

Pasará:

Visita un museo: Museo do Traxe

Juanjo Liñares en Ordes (páx. 24)

Emir Kusturica tocará nas

festas da Ascensión (páx. 24)

Deportes:

Club de Béisbol e softbol

de Os Tilos (páx. 27)

Oriol Junyent abandoa a

competición (páx. 28)

Maio 2015

Librería Pedreira: loitando pola cultura

N 24 MENSUAL

2

Lindeiros

Editorial

Unha política necesaria

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

O mellor algúns dos lectores saben que me presento as eleccións municipais no posto 11 da lista de Ames Novo no concello de

Ames; moitas veces me preguntan a razón así que, sen ánimo de condicionar o voto, vou a explicar porque creo na política e porque

me presento.

Durante máis de 15 anos entrevistei e informei de moitos políticos e de moita política, coñecinos de todos tipos e a maioría tiñan

boas intencións; e certo que vivín o primeiro cambio serio na política municipal, nas eleccións do 2007 caeron moitos alcaldes que levaban

no concello moitos anos e que facían unha política máis próxima o clientelismo da ditadura que a unha sociedade democrática.

Algúns de eses cambios serviron para mudar por completo os concellos, en sitios como Oroso, Ames, Ordes, Negreira, Rois, Padrón...

fixéronse cousas novas que non sempre funcionaron e non sempre se entenderon pero que vistas na distancia supuxeron o primeiro

intento serio de modernizar eses municipios.

Creo firmemente que agora, despois en moitos casos dun intento en falso de voltar a antiga política, a xente decatouse de que aqueles

intentos eran serios e merecedores de máis tempo do que se lle dou; os veciños queren resultados rápidos pero mudar unha maquinaria

tan complexa e tan atada non é doado e hai que ter paciencia e miras de futuro.

E aquí entro eu; por un lado creo que é de xustiza que despois de ver o partido desde as gradas durante tantos anos baixe o terreo

de xogo para saber realmente como vai isto da política; como dixen coñecín moitos políticos e a maioría, desde o seu punto de vista,

quere o mellor para os veciños, claro que o seu punto de vista non ten porque ser compartido por todos pero na maioría dos casos hai

boa intención e argumentos para razoar o traballo feito; ese espírito e o que me fai presentarme e crer na política, o convencemento de

que hai unha maioría de boas intencións e traballo que non sae nos medios. Por outra banda creo que en estas eleccións conflúen dúas

cousas importantes: ese cambio de xeito de facer política e un novo xeito de entender a política. A política que se faga despois de estas

eleccións ten que ter as prioridades claras, si desde Madrid o Bruselas queren seguir empobrecendo a poboación quen ten que estar aí

son os concellos, con políticas de apoio os máis desfavorecidos, os comerciantes, a cultura... e si por unha vez Madrid e Bruselas decídense

a facer algo ben os concellos son que terán que xestionar o que veña. Para facer ese tipo de política necesitamos un novo xeito de

entender a política, transparente, comprometida, cercana, unha política que implique o cidadá e non porque é quen vota se non porque

igual que ten dereitos ten o deber de mollarse por eles. En ese escenario nacen as Mareas como Ames Novo ou Compostela Aberta,

lonxe da xaula de grilos que os medios venden son espazos de debate e democracia, asembleas onde o voto decide as cousas e onde se

lle pregunta os veciños mesmo a hora de facer a lista; vou no posto 11 porque tiven un determinado número de votos si tivera máis iría

máis arriba e si tivera menos iría máis abaixo, sinxelo e claro, democracia en estado puro.

Todo este xeito de facer política ten que chegar os concellos; os políticos teñen, temos, que entender dunha vez por todas que a relación

cos veciños non é algo que se de cada catro anos; a construción dun pobo faise día a día falando coa xente, os medios tecnolóxicos

posibilitan que o político coñeza as opinións da cidadanía so ten que saber escoitar.

Pero a cidadanía ten tamén responsabilidades; a primeira a de ir a votar o 24 a opción que prefira, non vale quedarse en casa nunhas

eleccións onde se presentan abundantes formacións políticas; outra responsabilidade é a de preguntar en campaña, falar con todas

esas formacións e coñecer que é o que máis lle convence; e a última a de estar vixiante durante catro anos, non para conseguir cousas

se non para conseguir o ben común; os veciños temos que ter claro dunha vez por todas que temos que buscar o que é bo para todos

non so para nos.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

maio 2015 novas da bisbarra 3

O persoal de

Ames planta

ao alcalde

Os funcionarios non

acudiron á

convocatoria do

concello

As queixas, pola falta de reunións,

levadas os medios de

comunicación pola Xunta de

persoal de Ames tiveron como

consecuencia unha convocatoria

por parte do equipo de goberno

para o pasado 17 de abril. A

mesa de negociación reunírase

por última vez o 20 de novembro

e non fora quen de rematar

a orden do día que databa do

mes de xuño; en aquel encontro

o goberno municipal comprometérase

a marcar unha nova

reunión o mais pronto posible.

A Xunta de persoal decidiu non

acudir a convocatoria por considerala

“extemporánea e desatinada”

e considera que “o actual

goberno municipal non toma en

serio a relación cos representantes

sindicais e convoca a destempo

unha nova Mesa Xeral de

Negociación cunha orde do día,

obsoleta e desfasada, que data

do 5 de xuño de 2014”.

Para o persoal do concello

esta convocatoria demostra que

o alcalde traballa “de cara a galería”

pero non é capaz de resolver

temas que datan do 2012.

Os problemas do persoal

de Ames remóntanse a anterior

lexislatura onde xa tiveran

problema de entendemento co

goberno municipal que agraváronse

en estes anos coa falta

de interés do alcalde Santiago

Amor e o seu equipo.

Fontes: Xunta de persoal de Ames,

Lindeiros.

O concello de Santiago pon trabas

as festas na rúa

O Barrio de San Pedro denunciou a falta de solucións legais

A Festa da Primavera foi a

primeira en sufrir a falta de

búsqueda de solucións legais

por parte do concello de Compostela.

Días antes a asociación

de veciños A Xuntanza

emitía un comunicado onde

deixaba clara a súa intención

de celebrar unha das citas

mais tradicionais dos barrios

de Santiago pero na que tamén

explicaba os problemas

cos que se atoparon. A nota

dicía textualmente “O apoio

do Concello sempre foi morno.

Cada enganche eléctrico,

cada peche de rúa, cada ocupación

de espazo é algo que

tivo que ser pedido e negociado,

case rogado e arrincado,

como se o barrio estivera

organizando algunha cousa

clandestina e nos deran o consentimento

de tapadillo” e un

pouco mais adiante avanzaba

Martín Rei e Paula Castiñeiras

forman parte da produtora

Terceira Idea, coa intención de

fomentar a fotografía entre os

seus veciños presentaron ante

o concello una solicitude de colaboración

para por en marcha

un concurso que foi denegada

por falta de presuposto (300

€). A sorpresa apareceu cando

días despois o concello poñía en

os problemas que a actitude

do goberno municipal pode

ter nas celebracións futuras “

Esta decisión dos enganches

eléctricos non é só para o Barrio

de San Pedro. Afectará a

cada unha das actividades que

a veciñanza, asociación culturais

ou colectivos queiran desenvolver

nas rúas. Baixo estas

condicións a Comisión de Festas

do Barrio de San Pedro e A

Xuntanza, non podemos comprometernos

a celebrar as Festas

do Barrio nin a tradicional

cacharela de San Xoán”.

Dado que o concello non é

un suministrador de enerxía a

normativa impide que faga enganches

a terceiros como sucedía

ata o momento e suxire que

ditos enganches se soliciten as

compañías; en todo caso a feira

celebrouse cos apadriñamentos

de veciños que cederon a

súas conexións e modificando

as actividades para adaptarse

a restricións; por exemplo os

concertos tiveron que facerse

en formato acústico.

A asociación remataba o seu

comunicado reivindicando o

dereito a realizar as actividades

“Insistimos. Nós temos dereito

e queremos participar. O Concello

de Santiago de Compostela

ten a obriga de aportar

unha solución responsable

e segura para ás actividades

públicas”.

Fontes: Asociación A Xuntanza,

Lindeiros.

Feira da Primavera. Foto: Roberto García Sánchez

Trazo apropiase da idea duns veciños

O concello denegou a colaboración nun concurso de fotografía e fixérono

un mes despois sen contar cos creadores da idea

marcha un concurso semellante

por medio das redes sociais sen

contar con eles. Martín e Paula

explican que non é nada novo e

que xa lle pasou a outros colectivos

como a asociación Senda

Nova que propuxo unha ruta de

sendeirismo ou a iniciativa Creacontos,

para fomentar a lectura

e darlle uso a biblioteca municipal,

que tamén foi denegada

para despois ser posta en marcha

desde o concello sen contar

con Lucía e Loli as creadoras da

idea.

A solicitude de colaboración

por parte de Martín e Paula foi

contestada nun escrito firmado

polo alcalde, José Dafonte, o

día 19 de marzo na que se dicía

“que aínda que a idea lle parece

moi acertada, non se dispón, a

altura do exercicio que estamos,

de recursos suficientes na partida

presupuestaria”; o pasado 21

de abril o concello poñía o concurso

en marcha por medio da

páxina de facebook o que motivou

a queixa dos veciños.

Fontes: Terceira Idea, Lindeiros

4 novas da bisbarra

Denuncian os vertidos da

gasolineira da AP-9 en Teo

O BNG presentou no parlamento de Galicia unha proposta

é unha pregunta sobre o tema

Na AP-9, no termo municipal

do concello de Teo, está instalada

unha estación de servizo

que se denomina Compostela.

Un grupo de veciños da zona

puxéronse en contacto co BNG

de Teo para denunciar que os

sistemas de depuración non funcionan

correctamente e existe

afección a augas superficiais e

subterráneas.

Os nacionalistas trasladaron

a queixa a deputada Ana Pontón

quen presentou unha iniciativa

na que se solicita de Augas de

Galiza que inspeccione as con-

dicións de depuración que se están

aplicando e analice se está a

cumprir a lexislación vixente en

materia de tratamento de augas

e vertidos autorizados.

As estacións de servizo, polo

tipo de actividade que desenvolven,

conlevan un risco potencial

de contaminación de solos

e auga subterráneas, requirindo

especial atención e seguimento;

teñen unha normativa específica

que obriga a tratar as augas

hidrocarburadas que son as que

conteñen partículas de hidrocarburos

en suspensión e precísase

Vertidos procedentes da gasolinera. Foto: BNG de Teo

unha rede que recolla as augas

da zona de repostaxe, descarga

do camión cisterna e da zona de

aire e auga.

Ademais da iniciativa Ana

Pontón preguntaba no parlamento

si Augas de Galicia realizara

inspeccións e análises

en esta estación e de telos feito

cales foran os resultados dos

mesmos, preguntas aínda non

respostas no momento de pechar

esta edición do xornal.

Fontes: BNG Teo, Lindeiros

Lindeiros

Reivindican a

recuperación do Sar

A Iniciativa Cidadá Ames Novo organizou

unha camiñata para mostrar o estado do río

A Iniciativa Cidadá Ames

Novo desenvolveu unha camiñada

reivindicativa xunto a un

amplo grupo de veciños, na

que participaron varias persoas

da candidatura de Ames Novo,

incluída a cabeza de lista, Pilar

Candocia, así como a número

dous e responsable de medio

ambiente e organizadora desta

Andaina, Chus Boo. O percorrido

partiu da praza do Concello,

e logo pasou pola depuradora de

Sisalde, a Casa de Rosalía e o

Castro de Ortoño, Lapido e volta

a Bertamiráns.

A Andaina buscaba chamar

a atención sobre o abandono

do río Sar en varios planos. Por

unha banda o problema dos verquidos,

o Sar ao seu paso por

Ames está moi contaminado debido

á falta de capacidade da depuradora

da Silvouta, con partes

dun cheiro insoportable.

Por outra parte, tamén se demanda

a recuperación para o

paseo das beiras do río, xa que é

completamente intransitable boa

parte da beira do Sar, así como a

recuperación das sendas verdes

que permitan o paseo protexido

dos vehículos motorizados.

Na mesma camiñada tamén

se identificou o abandono da

Ruta Rosaliana e do Castro de

Ortoño, importantes activos patrimoniais

de Ames que están

sendo desperdiciados tanto para

o turismo como para a calidade

de vida da xente de Ames.

A Iniciativa Cidadá Ames

Novo aposta por recuperar o Sar

polo seu valor ambiental, patrimonial

e para a calidade de vida

da xente de Ames.

Fontes: Ames Novo, Lindeiros.

Esixen horarios legais para o CPI

de Dices en Rois

O conflito comezou no 1999, polos cambios no transporte escolar,

sen que ata o momento se lle puxera solución

O paso de colexio de EXB a

Colexio público integrado do

centro de Dices en Rois motivou,

no ano 99, un cambio de

horarios a causa do transporte

escolar; ao ter que combinar as

liñas de autobuses con outros

centros, Urdilde, Dodro ou Padrón,

o de Dices foi dos máis

prexudicados.

O colexio segue tendo a día

de hoxe clases e recreos máis

curtos do que marca a lei; os rapaces

de ESO teñen 50 minutos

menos cada semana de clase; o

pouco tempo libre do mediodía

provoca que o comedor estea saturado

e os rapaces de primaria

teñen 3 días clases pola tarde co

que as familias teñen que buscar

xeitos de conciliar para os outros

dous.

Vicente Docasar, deputado

socialista, ven de presentar dúas

preguntas no parlamento sobre

o tema; por un lado si a Consellería

ten pensado escoitar aos

pais e en segundo lugar si considera

razoables os horarios do

centro aínda que polo momento

non hai unha contestación sobre

o tema.

Fontes: Psoe Parlamento, Lindeiros

Grupo que percorreo a ruta e o río que atoparon. Fotos: Ames Novo

maio 2015 novas da bisbarra 5

Reorientamos de Oroso

colabora con Amtega

Servirá de referencia nun proxecto de innovación

social dixital

A Axencia para a Modernización

Tecnolóxica de Galicia

(Amtega), en colaboración con

Fundetec, vén de seleccionar o

programa “Reorientamos” do

Concello de Oroso para participar

nun proxecto piloto de

Innovación Social Dixital Ce-

MIT-Innova. Un proxecto no

que participan dez centros de

Galicia e que pretende resolver

retos locais ligados á educación,

á saúde ou ao emprego a través

de iniciativas cunha base tecnolóxica

deseñadas polos cidadáns

e axentes locais.

O programa “Reorientamos”

é unha iniciativa do Concello de

Oroso que pretende mellorar o

acceso ao mercado laboral de 15

veciños e veciñas do municipio a

través dun programa de formación

e de prácticas laborais en

empresas colaboradoras do municipio.

Os participantes están

becados polo Concello de Oroso

e La Caixa para realizar un itinerario

formativo a través dun

proceso de mentoring presencial.

Cada itinerario formativo consta

de 3 cursos de Aula Mentor, certificados

polo Ministerio de Educación,

a escoller polos alumnos

sempre e cando sexan de un

ámbito homoxéneo: saúde, hostalería,

turismo, administración

e xestión, comercio e marketing,

madeira, programación... A formación

completarase cunhas

prácticas dun mes en empresas

do municipio; o concello asinou

recentemente un convenio de

colaboración con dezanove empresas

locais que ofrecerán para

estas prácticas postos de auxiliares

administrativos, aprendiz de

deseño, técnicos de educación

infantil, camareiros, auxiliar de

imaxe, carpinteiros, auxiliar de

taller de informática, sericultora,

técnico en horta, auxiliar de fontanería

e auxiliar de confección.

Unha vez concluído o período

dos traballos do proxecto CeMI-

TInnova, no mes de outubro, os

seus resultados servirán para a

elaboración dunha Guía metodolóxica

cos resultados da avaliación

das iniciativas e un manual

uso das principais ferramentas

colaborativas do proxecto. Esta

publicación facilitará a extensión

destas solucións ás aulas que estean

interesadas en empregalas.

Recentemente tuvo lugar unha

xornada de traballo na Cidade da

Cultura organizada por Amtega

donde responsables da aula Cemit

de explicaron como nacera

este proxecto o darse conta de

que moitos dos usos que os veciños

facían da aula de informática

ou do apoio que demandaban

tiña que ver coa búsqueda de

emprego e coa confección de curriculums

polo que se decidiron

a recoller todas esas demanda e

formar con elas uns obxetivos

que no so cubriran esas peticións

se non que puideran axudar doutros

xeitos.

O concelleiro de Ensino, Antonio

Leira, celebrou a elección

do proxecto orosán para este

programa piloto xa que “supón

un recoñecemento a unha iniciativa

de aprendizaxe e integración

social e laboral que servirá para

loitar contra a exclusión social e

laboral”.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

O Ateneo reuniu aos partidos

que se presentan en Compostela

O encontro contou con representantes de colectivos cidadáns

O Ateneo de Santiago conseguiu algo non moi doado nos tempos que corren, reunir nunha mesa a

tódalas forzas políticas que se presentan as eleccións do 24 en Compostela; si ben so Compromiso, BNG

e Ciudadanos mandaron os números un da lista o resto dos partidos enviaron a un representante. Doutro

lado como testemuñas representantes de colectivos como o Foro Cívico, a Cámara de Comercio, a

asociación O Galo o asociacións de comerciantes ademais do público que se achegou a escoitar o debate

Manuel Martínez, PP, explicou as medidas que tomaron desde que chegaron o concello e, como se

faría en moitas ocasións o longo do acto, mostrouse favorable a retransmisións dos plenos municipais;

tamén falou do impulso que dou o seu partido a unha lei de transparencia e dos mecanismos que xa existen

sobre participación como as queixas telemáticas que, según dixo, foron case todas resoltas.

O representante socialista, José Luís Valcarce, apuntalou o seu discurso nas normativas europeas

recentemente debatidas en Valencia e que deberían ser aplicadas aquí e lembrou que nos últimos índices

de transparencia publicados Santiago está no posto 97 de 120 cidades analizadas en España.

Rubén Cela, BNG, recoñeceu o impulso da lei de transparencia pero insistiu que Santiago necesita un

esforzo dobre porque estes últimos catro anos foron un borrón. Asegurou que é urxente a transparencia

en contratos públicos e puxo como exemplos as irregularidades desveladas en contratos como os da

hora, a grúa ou as escolas municipais e lembrou as veces nas que se pediu que os plenos se levaran a un

sitio con máis capacidade, como o Teatro Principal, sen conseguilo.

Javier Sánchez Agustino, Ciudadanos, que fora concelleiro do Partido Popular durante dúas lexislaturas

falou de que todo está na Constitución e so hai que aplicalo; propuxo unha audiencia pública antes

da elaboración dos orzamentos e o impulso dos cargos de secretario e interventor e que non se permitan

secretarios accidentais.

María Rozas de Compostela Aberta, apelou a transparencia e a participación como base da súa formación

o que exemplificou lembrando que a lista está feita a partir dunhas primarias abertas. Propuxo

a obrigatoriedade dun código ético para as forzas políticas e a posibilidade de que os cargos públicos

poidan ser censurados e revogados.

Pechou as primeiras intervencións o candidato de Compromiso Xosé Antón López, un antigo militante

do Psoe, que falou de facer uns orzamentos participativos e de sacar adiante iniciativas populares e

lembrou tamén que Compromiso impulsou as primeiras primarias abertas a cidadanía de Santiago.

Un encontro interesante que debería repetirse para poder coñecer a opinión das forzas en distintos

temas como estes dous.

Fontes: Lindeiros.

A esquerda, X.Antón López de CxG, J.Luis Valcarce do Psoe, Manuel Martínez do Pp, Rubén Cela do BNG, Javier

Sánchez Agustino de C`s y María Rozas de Compostela Aberta. Fotos: Loli Fdez.

Aula CEMIT de Oroso. Foto: concello de Oroso

6 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales,

en donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Con la voz de Occam

La curvatura de la luz de mayo.

Albert Einstein es uno de los

físicos del siglo pasado que ha

influido más en la Física y la cultura

moderna. Sus contribuciones

van desde los tamaños más

pequeños hasta el universo completo.

En los primeros contribuyó

notablemente al nacimiento de la

Física Cuántica, aunque filosóficamente

no le gustaba, ya que

incluía un cierto nivel de aleatoriedad.

Era como un juego de

dados en donde no se sabe qué

números saldrán hasta que se

paran en la mesa. Su convencimiento

era tal que se le atribuye

la frase “Dios no juega a los dados”,

en referencia a que la Física

no podía ser aleatoria. Tenía que

ser determinista, esto es, dadas

unas condiciones iniciales tenemos

que saber con certeza lo que

pasará después. Así ocurre con

los fenómenos físicos básicos,

como la gravedad.

Nuestra intuición nos dice, porque

lo vemos todos los días, que

si dejamos en el aire una manzana,

esta caerá al suelo. Efecto

que a otro gran físico, Newton,

le inspiró su Ley de la gravedad

que explica en una primera aproximación

la fuerza de atracción

entre dos cuerpos por el simple

hecho de tener masa. Con esta

ley física podemos explicar y calcular

con gran precisión el movimiento

de la Luna alrededor de la

Tierra o el de la Tierra alrededor

del Sol.

Sin embargo, hace justo ahora

100 años, Albert Einstein presentó

una nueva teoría para explicar

la atracción de dos cuerpos que

tienen masa. Se denomina Teoría

General de la Relatividad y era

una generalización de su Teoría

Especial de la Relatividad. En

esta última había explicado la

dilatación del tiempo cuando nos

movemos a velocidades cercanas

a la de la luz: cuanto más rápido

nos movemos, más lentamente

marcan la hora los relojes que nos

acompañan. Este fenómeno es

poco intuitivo para los humanos,

ya que solo lo podemos apreciar

a velocidades muy grandes

comparadas con las habituales

que experimentamos en nuestra

vida cotidiana. En 1915, Einstein

volvía a poner a prueba nuestra

forma de ver el mundo con su

Teoría General. De hecho, introducía

un nuevo concepto para entender

la gravedad de Newton,

que funciona tan bien: la atracción

entre dos cuerpos ocurre

porque la masa deforma el espacio

alrededor suyo, dando como

consecuencia que se atraen. Para

comprender como ocurre podemos

utilizar una simple tela y dos

bolas, una mucho más grande

que la otra. Si extendemos la tela

horizontalmente, bien sujeta por

los bordes, como la de un cuadro,

y ponemos la bola más grande en

el centro, veremos que la tela se

deforma, curvándose desde los

extremos del marco hacia donde

hemos puesto la bola grande. Si

ahora dejamos la segunda bola

en cualquier punto de la tela, esta

irá corriendo a encontrarse con la

más grande . El efecto es similar

a que si las dos bolas se atrajeran

mutuamente. Esta nueva teoría

permitió explicar casi completamente

el movimiento de Mercurio,

que no se lograba calcular

adecuadamente con la teoría de

Newton.

Pero la nueva teoría de Einstein

traía más sorpresas. Entre ellas,

que la luz, que no tiene masa y

que por lo tanto según Newton

era inmune a la gravedad, se veía

afectada por la presencia de grandes

masas como el Sol: su trayectoria

también se curvaba como la

de un planeta. La consecuencia

es que podríamos ver otras estrellas

que realmente están por

detrás del Sol, aunque nosotros

las veríamos como si estuvieran

a un lado, al interpretar que la luz

se ha movido desde esa estrella

siguiendo una línea recta. Solo

cuatro años después de su publicación,

en el eclipse del 29 de

mayo de 1919, Arthur Eddington

comprobó experimentalmente

esta asombrosa predicción, fotografiando

la luz de una estrella

que estaba detrás del Sol. De

nuevo la luz había contribuido a

nuestro asombro y nuestra comprensión

del Universo.

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.blogspot.com.es/

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Consumo

colaborativo

É un tempo novo que non

ten volta atrás: entramos na

era de compartir. A Internet

ven de abrir unha caixa de

Pandora que está cambiando a

maneira de vender e comprar.

Grazas aos medios de comunicación

todos coñecemos un

servizo web chamado UBER

que, disque, lle está quitando

o traballo aos taxistas. O

debate está servido: pode calquera

persoa, usando sitios

web de consumo colaborativo,

ofrecer calquera servizo?

Se teño que facer unha mudanza

e, no canto de contratar o

servizo dunha empresa, chamo

aos meus amigos para que me

boten unha man, estou facendo

algo ilegal? Poñamos que

pido prestada a furgoneta da

empresa onde traballo. Poñamos

que pago aos meus amigos

cunha cea. Qué pensará de min

alguén que se adica profesionalmente

ás mudanzas? Son

os meus amigos competencia

desleal? Interesante debate.

Sempre houbo a opción de escoller

entre o profesional e o

amigo. Todos asumimos que

o profesional oferta un servizo

de calidade profesional e

cobra como tal. Asumimos tamén

que unha persoa calquera

pode facernos o mesmo traballo

pero cunha calidade peor e

prezo máis baixo. Cadaquén

calcula os riscos: encargo este

logotipo a un deseñador gráfico

ou ao fillo do veciño, que debuxa

moi ben? deixo en mans dun

fotógrafo profesional a reportaxe

da voda ou lle pido á miña

prima que me faga unhas fotos

coa nova cámara que comprou?

Perdoamos a calidade e manda

o aforro. Qué lle queda aos

profesionais? Pois non lles

queda outra que adaptarse

aos novos tempos e ofrecer os

seus servizos en sitios web de

consumo colaborativo, onde

compiten coa súa nova competencia,

pero coa oportunidade

de demostrar que son mellores.

Olla qué vacacións: vas a blablacar.com

e acordas compartir

coche con Ana para ir, non

sei, a Ourense. Vas a airbnb.

com e reservas unha noite de

aloxamento na casa de Brais.

Vas a trip4real.com e deixas

apuntada unha visita guiada

pola cidade con Susana contando

anécdotas locais. Vas

a eatwith.com e fixas unha cea

vexetariana na casa de Alberto.

Son eles profesionais? Probablemente

non. Ou si, vai saber.

Son descoñecidos. Pero, cómo

sei que podo confiar neles?

Porque en todos e cada un deses

sitios web poderás coñecer

a valoración que fixeron de

Ana, Brais, Susana e Alberto

outras persoas que disfrutaron

antes dos seus servizos de

transporte, aloxamento, guía

ou cociña. E verás que os recomenda

moita xente contenta.

Aí está a clave.

Patrón de difracción generado con láser. Foto Natural Philo en Wikimedia.org

maio 2015 24m eleccións municipais 7

Mª Begoña Pampín Casal, candidata do PSdeG- PSOE

á alcaldía de O Pino

- Din no slogan NOVOS TEMPOS NOVAS IDEAS, que foi o que levou a Begoña Pampín a presentarse as eleccións?

Nacín en O Pino, traballo en O Pino e vivo en O Pino, coñezo ben o meu concello e as súas posibilidades e indígname ver como se

perden oportunidades para prosperar. En O Pino, nunca houbo un cambio político, sempre baixo gobernos de dereitas e unha política

continuísta, que xa coñecemos. Chegou o momento de novos tempos, e son precisas novas ideas para rematar co estancamento

do noso concello.

Teño a sorte de estar arroupada por un grupo de compañeiros/as comprometidos e ilusionados con novos proxectos que farán de O

Pino un concello referente da comarca.

- Un dos temas recorrentes en O Pino, e que aínda está por solucionar, é o do polígono industrial.

Que quere que lle diga do Polígono, levamos unha década escoitando ao Alcalde promesas seguidas de escusas xustificando a súa

mala xestión. O resultado e ben coñecido: en O Pino non dispoñemos de solo industrial, traducíndose en que os emprendedores non

poden asentarse neste concello.

Ademais temos que engadir a débeda, de máis de un millón de euros, que o concello ten que asumir para o pago aos expropietarios.

É preciso darlle pulo a industria neste concello. Nós, levaremos a cabo sen máis atrasos a execución do polígono mediante un proxecto realista e viable. Buscaremos empresas

interesadas na execución dun novo proxecto en varias fases.

- Dous temas que van unidos en torno o PXOM e o crecemento do concello, cales son as ideas en torno o rural e a un núcleo urbano tan importante como

Pedrouzo?

En canto o rural unha das grandes problemáticas son os atrancos para a construción de vivendas unifamiliares debido a un plan urbanístico nefasto. O que se traduce nunha emigración

da xente nova a outros concellos. Se queremos afincar raíces é preciso modificar o plan apostando polo rural.

En canto o núcleo urbano atopámonos con unha distribución caótica, rúas estreitas, beirarrúas a distintos niveis e importantes barreiras arquitectónicas.

Destacar que o principal motor económico deste concello é o turismo ligado o Camiño de Santiago, é preciso dar unha boa imaxe do núcleo urbano do Pedrouzo. Por todos estes

motivos demandaremos un convenio de colaboración co Ministerio de Fomento para remodelación das avenidas de Lugo e Santiago, acabando dunha vez por todas co feísmo.

- Xunto a eses proxectos van unidos os servizos como o de recollida de lixo, que ideas teñen en este tema

O servizo de recollida de lixo no rural é moi deficiente, escasean os contedores para recollida selectiva de lixo, problemática coa recollida dos plásticos de silos, así como problemas

de malos olores ante a falta de limpeza, problemas que se agravan con unha baixa frecuencia de recollida no rural. Destacar que todos os veciños/as pagamos a mesma

taxa, e polo tanto, temos dereito o mesmo servizo. Apostamos por reestruturar o servizo de recollida, menos taxas e mellor servizo.

- Outra das propostas para o rural e a de puntos de acceso gratuíto a internet en tódalas parroquias, como xurde esta proposta no programa?

Mire vostede, vivimos na era 2.0, na actualidade a conexión a internet no rural e moi deficiente, hoxe en día a internet é unha ferramenta moi necesaria, e un medio de traballo,

formación, comunicación… é o futuro precisamos poñerlle solución. Instalaremos puntos de conexión, gratuítos, a internet en todas e cada unha das parroquias dándolle a posibilidade

os nosos veciños/as as novas tecnoloxías.

-Ter espazos axeitados e suficientes para educar é algo que preocupa sempre os veciños, cales son as propostas socialistas? e o fío de isto, quedou

patente a necesidade do conserxe no CPI en canto faltou, que solución pensa darlle a este tema?

Alégrame que me faga esa pregunta xa que os socialista sempre apostamos e apostaremos pola cultura e educación, cabe resalta que foron os gobernos socialistas os que a universalizaron.

Na actualidade, contamos con un CPI que ten máis de 30 anos, que carece de ximnasio propio e ata moi pouco non contaba nin sequera con patio cuberto, son unhas instalacións

obsoletas. Unha problemática que non se soluciona con reforma tras reforma, precisamos xa dun novo centro. Por todo elo, demandarémoslle a Consellería de Educación

a construción dun novo CPI.

En canto a figura do conserxe na actualidade despois de varias protestas da comunidade educativa e das nosas esixencias dende a oposición, o servizo sigue incompleto e sen un

compromiso formal da alcaldía de cara o futuro. Está máis que patente a necesidade deste servizo.

Nós, si que cubriremos dita praza a xornada completa.

- Os recortes en sanidade foron evidentes pero no caso de O Pino a demanda de atención para os máis cativos e constante.

Incrementouse nos últimos anos a natalidade, e non contamos con servizo de pediatría diario no centro de saúde, tendo que desprazarse todos os martes e xoves a outros centros,

ben sexa Touro ou ben sexa Santiago, supoñendo un trastorno para as familias. Prometemos un servizo de pediatría diario no noso centro.

- Unha das ideas do programa é a construción dun ximnasio municipal, explíquenos un pouco esta idea

Levamos este punto no noso programa, porque somos coñecedores que un ximnasio municipal e unha demanda que os nosos veciños/as nos levan transmitindo dende fai anos.

Están cansos de ter que desprazarse a outros concellos. Temos instalacións, contamos con dous polideportivos só é necesario equipar o polideportivo de Lameiro.

- O sector Agro Gandeiro esta pasando graves dificultades, cal é o seu plan neste eido?

Este concello ten unha fonte importante de riqueza no rural, que non está sendo aproveitada nin potenciada. Apostamos polo sector, consensuando con agricultores e gandeiros

novas estratexias de mellora e apoio dende a administración local. Entre outras, organizaremos xornadas de formación e asesoramento.

- Fáganos para rematar unha valoración da última lexislatura.

Se temos que facer un balance desta última lexislatura do PP, resumímola en catro anos de parálises crónica e recortes dado que nestes últimos anos non se levaron a cabo iniciativas

para dinamizar a economía do concello, nin se apostou por políticas activas de emprego, non se avanzou nada en servizos sociais…

Lexislatura caracterizada polo aumento da carga impositiva para os nosos veciños/as a través da subida de taxas municipais. Pola contra, este concello segue asumindo catro

dedicacións exclusivas cando non acadamos nin os 4.800 habitantes, e temos un futuro económico incerto pois posiblemente teremos que asumir unha débeda que deixará o

concello en graves apuros económicos. E con iso xa lle digo todo, en definitiva unha lexislatura perdida.

8 24m eleccións municipais

Lindeiros

Ovidio Rodeiro, candidato do PP

á alcaldía de Boqueixón

- Para comezar lembrar que vostede foi primeiro tenente de alcalde de Boqueixón pero si consegue a alcaldía que

modelo de concello propón?

O único xeito de definir o concello hoxe en día e facéndoo coa xente, nos últimos meses organizamos 13 encontros nos que participaron

mais de 800 persoas, ademais de outro encontro concreto con 100 mozos, e co definimos unha estratexia denominada

Boqueixón 2020 na que se marca como será o concello ano a ano. É o documento da historia de Boqueixón que se someteu a mais

debate e que recolleu mais opinións dos cidadáns.

- Por concretar cuestións, como ten que ser a administración local? como organismo desde o que se fai todo non necesita

unha modernización?

Por suposto, o concello precisa unha reforma, que será pioneira, na administración local. Temos que reducir gastos e aproveitar

mais os recursos que temos; o concello tense que incorporar a centrais de compras como a da Deputación pero tamén comprar servizos

conxuntos cos concellos da comarca para abaratar custes. Non se cubrirán as baixas ou traslados de persoal fixo, sairán a subasta

tódolos procesos públicos, conxelaremos os impostos... pero sobretodo crearemos un portal web onde tódolos veciños poidan

acceder a información, a transparencia ten que ser un eixe fundamental da nosa xestión.

- Falou vostede de colaborar cos concellos da comarca, é un tema que está a diario en esta campaña por distintos motivos, cal é a súa opinión?

Temos que colaborar non solo na compra de servizos para abaratar custos, temos tamén que compartir o que temos, pavillóns, escolas infantís, limpeza viaria... hoxe non ten

sentido que un rapaz de Ponte Ulla pase por diante de Lestedo para ir a San Fins a escola infantil pasando por diante da do concello e que un rapaz noso que vive na Susana, alí na

Gándara, que ten a 300 metros a gardería teña que ir a Lestedo polo tanto creo que toca traballar na xestión conxunta dos recursos que teñen os concellos da comarca. mellor que

comprar 6.000 horas de axuda a domicilio e xuntarse varios e comprar 12.000 e conseguir un mellor prezo.

- Cambiemos de tema, en ese plan Boqueixón 2020 como se contempla un PXOM xa aprobado

En este caso a transparencia e moi importante, traballaremos para que cada veciño saiba que se pode facer en cada parcela. Rebaixaremos o imposto de construción xa que

de ese xeito será máis fácil a rehabilitación dunha vivenda ou a posta en marcha dun novo negocio. Tódalas ampliacións de auga, porque se pon en marcha un novo servizo o se

constrúe unha nova instalación, blindaranse para que non lle repercuta o custo de esa ampliación o propietario. Outro dos obxetivos e completar o saneamento e chegar a tódolos

núcleos, a tódalas aldeas. tamén hai un plan de estradas que permitirá vertebrar o concello de norte a sur e de este a oeste, contaremos cun plan que garante unha resposta rápida

para arranxar os baches; traballaremos con Xunta e Deputación para conseguir unha rede de sendeiros nas estradas das que son titulares. Traballaremos tamén nun lan de humanización

das aldeas e os núcleos, tratase de poñer en valor estes espazos, construíndo sendeiros peonís entre as aldeas de mais poboación e cun plan de desbroces anual que

manteña limpos estes camiños. Pero sen duda unha das ideas mais interesantes e a creación dun área específica dentro do concello que se dedique a captar tódalas axudas das

administracións destinadas a rehabilitación de vivenda e trasladalas os veciños facilitándolle a tramitación e dándolle toda a información.

- Boqueixón e un concello cunha gran área rural, que plans teñen no ámbito da terra e o monte.

Sería outro dos departamentos de nova creación. So de monte Boqueixón ten 3.200 hectáreas que hai que poñer en valor; se conseguimos certificar o monte este renderá ata o

2025 vintecinco millóns de euros máis dos que está rendendo, por iso este novo departamento traballará asesorando os propietarios e animándoos para poder certificar ese monte.

No caso da gandería ou a horta queremos crear un rexistro municipal de produtores de alta calidade e que o concello faga de dinamizador e motor para poñelos no mercado, que se

saiba deles e que a xente veña a Boqueixón a comprar de forma directa sen intermediarios, esto contribuiría a dinamizar tamén a hostalería do municipio.

- Vostede ven da Dirección Xeral de Voluntariado, supoñemos que a xuventude será unha das prioridades porque xa na etapa anterior no concello traballou

moito este tema

Vimos de dar un cambio importante na política que se seguiu nos últimos 30 anos con respecto a xuventude e que se centraba en ocupar o seu tempo libre, nos fixemos do mozo

o centro das políticas que se levaban a cabo. A aposta que fago e tan forte que de gañar as eleccións ademais de alcalde levaría a área de xuventude; queremos crear un itinerario

individual de atención os mozos desde os 14 ata os 25 anos, un programa que serva de acompañamento e que por exemplo permita que se fagan prácticas nas empresas do concello;

en Boqueixón podemos atopar entre 40 e 50 postos de traballo distintos e o que queremos e falar coas empresas para que os rapaces entre 14 e 18 anos poidan ir e coñecer ese

posto de traballo que queren estudar. Crearemos un programa de voluntariado xuvenil a partir dos 16 anos, as empresas buscan cada vez máis nos Curriculum competencias que

non se adquiren dentro do sistema educativo e por iso hai que buscar fórmulas para que os rapaces poden chegar a elas con asociacionismo, con voluntariado, con mobilidade etc.

Queremos crear unha escola de tempo libre a través da que se poidan formar monitores e directores de tempo libre que é outro xeito de mellorar eses Curriculum.

- E no campo do social e o traballo que hoxe en día e dos máis necesitados?

Aquí tamén hai que implementar unha área nova no concello que teña un contacto real con tódalas empresas e con tódolos autónomos, necesitamos que as empresas estean máis

activas en tódolos plans das administracións a hora de crear iniciativas, novas cooperativas, contratos a xoves e contratos en prácticas, etc. Temos que ser unha administración pioneira

en apoio as empresas e darlle un trato especial a eses 280 parados que ten o concello. E por suposto no ámbito social intentar ampliar as prazas do centro de codeso e vixiar

pola mellora de todos os servizos as persoas maiores.

- Non sei si hai algún aspecto máis no que queira incidir

Hai moitos pero como o espazo e limitado si me gustaría destacar o trabalo que pensamos facer en turismo; temos que reter e aproveitar os máis de 7.000 peregrinos que pasan

pola ruta da prata, iso poder ser un revulsivo para a hostalería da zona e en consecuencia para a economía do concello; iso unido ao coidado da cultura e do patrimonio pode darnos

un futuro cheo de recursos.

Preguntoiro, 19 - Teléfono: 981 585 100 • 15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA • Praza da Pescadería Vella, 3 - Teléfono 981 582 507

maio 2015 24m eleccións municipais 9

Cesáreo Pardal, candidato de Alternativa por Padrón

á alcaldía de Padrón

Cesáreo Pardal é un empresario padronés moi vinculado ao desenvolvemento do turismo en Galicia, onde desenvolve as

responsabilidades de secretario do Clúster de Turismo de Galicia e o compaxina coa presidencia da Federación Galega de

Turismo Rural. Xuntámonos para falar de Padrón, do Padrón que necesita alternativas.

Cesáreo, que fai un emprendedor con éxito en política? A verdade é que para un padronés coma min, ver como o teu concello

non só perde oportunidades de mellorar, senón que esa deixadez que practican os que o gobernan aféctalle aos meus veciños é para implicarse.

Eu quero poñer a miña experiencia e a de todo o equipo ao servizo dos padroneses, temos que rachar con esta epidemia que se

chama despreocupación.

Logo, como ves ti o Padrón actual? Os homes e mulleres de AxP levamos meses analizando a realidade municipal desde distintos

prismas, e a verdade é que Padrón necesita unha UVI. Se puideramos definir a situación actual dunha forma sinxela, con todo o que

implica xeneralizar, diriamos que Padrón está dirixido pola mediocridade e a desidia, que non hai interese algún en mellorar e en apostar

polo futuro do concello e as súas xentes. Esta irresponsabilidade vese agravada se comparamos Padrón, con todas as súas potencialidades,

con concellos non só do seu entorno, senón en modelos de desenvolvemento local como o caso de Allariz. Nos queremos que Padrón constrúa a súa propia alternativa de futuro, entre

todos, con ambición. Temos potencial dabondo para conseguilo. AxP porá o seu compromiso, o seu entusiasmo e as súas propostas a facer de Padrón un concello exemplar, de vangarda na

atención aos seus veciños.

Como é Alternativa por Padrón? Somos un proxecto novo, nacente pero cargado de ilusión e de proxectos. O formamos padroneses responsables e comprometidos cos demais.

Todos e todas temos distintas experiencias que sumadas nos levan a propoñer un Padrón diferente do actual. Somos unha organización aberta e realista. A nosa vocación é Padrón e as súas

xentes das que formamos parte activa.

Como levades a precampaña? A verdade é que a impresión xeral de todos os que formamos AxP é moi boa. Polas rúas dinnos que fixemos un bo equipo, de padroneses moi comprometidos

e con gañas de mellorar Padrón. Estamos moi sorprendidos co sentir da xente. Están fartos de enganos, de promesas de última hora, de que se mire polas parroquias 15 días antes

das eleccións ou que simplemente se lles minta como fai o actual goberno municipal. Claro que todo ese malestar tamén o fan extensivo a tadas as forzas políticas e non todos somos iguais,

nin moito menos!. Nós centrámonos en construír un programa de Goberno que queremos someter á decisión democrática do 24 de maio. Un programa que nace das demandas veciñais e da

formulación de alternativas viábeis aos moitos problemas que sufre Padrón.

Iso é o que teñen que elixir os veciños: seguir igual ou confiar en nós para mellorar. Nós non os defraudaremos.

Falas dun programa de goberno, que podes contar del? Programa de Goberno porqué aspiramos a gobernar Padrón! Nos presentamos para mudar o futuro ao que nos ten condenado

as formas de facer política do PP e dos seus socios de goberno, que preferiron os seus interese persoais e de partido aos intereses de Padrón coma municipio e dos padroneses coma

cidadáns do século XXI. O programa xira en torno ás necesidades das persoas e propón alternativas en cinco grandes eixos.

Cales son eses eixos estratéxicos? O primeiro grande eixo e que da soporte a todo o que queremos desenvolver é o dedicado á mellorar o concello coma organización que da servizo

aos veciños e veciñas. Non podemos mudar o futuro sen un concello ben “engrasado”. Para elo fai falla un goberno que lidere os cambios e unha administración eficiente.

O segundo eixe será o de mellorar os servizos públicos que ten que ofertar o noso concello. Servizos que precisan de planificación e sobre todo de acceso por igual de todos os veciños

vivan onde vivan. Non é de recibo que non se atenda a xente debidamente ou haxa diferenzas entre as parroquias. Non pode haber padroneses de primeira e de terceira.

Que máis eixes propoñedes desde AxP? O terceiro eixe ocupase de ordenar o territorio. Ademais de rematar co PXOM que sigue durmindo nun caixón, queremos que cada parroquia

teña un plan propio de mellora das infraestruturas, do medio ambiente. Temos que saber sacarlle partido a nosa xeografía, xa que actualmente con tanta infraestrutura cortando Padrón

non fai que iso cohesione máis as súas xentes.

O cuarto eixo refírese ao papel que deben xogar as empresas, as asociacións e as institucións padronesas. Imos a potenciar a participación activa de todas as entidades que fan a súa tarefa

no concello, ímonos a preocupar polos emprendedores, polo comercio e a industria, queremos que todos teñan voz e encontren no noso goberno a interlocución e o apoio que agora non

teñen.

Vexo que estades moi centrados nos padroneses, cal é o último eixo, dos cinco que propoñedes? Pois non é outro que o dedicado ás persoas, queremos un Padrón para as

persoas. Queremos que os maiores sexan útiles e estean atendidos, queremos que a conciliación sexa unha realidade, queremos un concello amigo da infancia, que Padrón sexa un concello

que asine a carta de Cidades Educadoras e se poña á vangarda xunto con outras cidades do mundo, queremos que Padrón asuma o seu importante papel na cultura galega e universal, que

sexa un concello que recorden os peregrinos e desexen voltar a el. Queremos un Padrón no que os padroneses non teñan que fuxir para poder facer unha casa ou montar un negocio. En

definitiva queremos facer políticas para a xente.

Falando de territorio , como vedes desde AxP todas as propostas de fusión de municipios? Sinceramente o que vemos son grandes declaracións e poucas concrecións. Non

creo que fusionarnos con, por exemplo Dodro e Rois mellore a situación das parroquias de Padrón. Claro que hai moitos servizos e prestacións que poderemos dar conxuntamente e que é

absurdo ter nunha mesma área a menos de 15 minutos 4 piscinas, 4 teatros, etc. Deberiamos ser capaces, despois do 24, os que sexamos alcaldes, en sentarnos e deseñar servizos e prestacións

mancomunadas e comezar unha nova política de colaboración mutua, sexas do partido que sexas.

Que ides a facer na Campaña que agora empeza? Pois practicamente o que fixemos ata o de agora. Falar e falar coa xente. Queremos achegarlle a todo o mundo as nosas alternativas

e que pensen que os votos non son cautivos de ninguén. O voto é o instrumento que temos cada un de nós para mudar a realidade e que debemos pensar en esa clave. O que hai agora

sirve para vivir mellor? Mellora o meu concello a forma actual de facer a política? Me representan os que día si e día tamén teñen un partido corrupto, metido en escándalos? Pero non queremos

ser negativos. Somos optimistas e o outro día na nosa presentación no Grilo así foi, Máis de 200 persoas, veciños e veciñas de verdade, achegáronse a escoitar as nosas alternativas. E

iso é para nós o mellor alicerce para seguir a traballar por un Padrón mellor.

Para rematar, como vedes vos o Padrón dentro de catro anos se gobernades? Vemos un Padrón diferente, mellor. Un concello que sexa un axente activo de desenvolvemento,

un concello que se anticipa aos problemas e aporta solucións colaborativas entre todos. Vemos un concello que teña asentada as bases para o futuro, un futuro no que Padrón sexa sinónimo

de concello para todos, que lidera a comarca e sexa un referente de vivir ben. En definitiva queremos que dentro de catro anos, Padrón vexa que a Alternativa é realidade. Para iso traballaremos

tódolos días durante os catro anos de mandato, ese é o noso compromiso.

10 24m eleccións municipais

Lindeiros

Pilar Candocia, candidata de Iniciativa Cidadá Ames

Novo á alcaldía de Ames

Pilar Candocia: “Asumo o compromiso de ser a alcaldesa de todas e todos”

1.- A candidatura de Ames Novo naceu dun proceso participativo inserido nun novo tempo político, vostede

leva anos traballando neste eido, qué é diferente agora?

Os tempos mudaron porque a cidadanía demanda algo distinto, os espectáculos de corrupción e o aproveitamento persoal

ou partidario dos cartos públicos fixeron que boa parte da sociedade se indignase coa clase política. Hai un rexeitamento a un

estado de cousas que comprende a política como aproveitarse do público para beneficio duns poucos, mentres a maioría pasa

moitas necesidades.

A xente pídenos sumar, confluír poñendo a cidadanía como protagonista o cambio. E así o fixemos en Ames Novo, a inmensa

maioría das forzas políticas transformadoras apoian a nosa proposta desde unha pluralidade ampla de posicións, con nós

están Anova, Compromiso por Galicia, Cerna, Equo, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, e moitas persoas de Podemos a

título particular. Son tempos de sumar esforzos e acabar coa dereita antisocial e o desgoberno.

2.- Qué lle ofrece ao Concello como candidata?

Eu formo parte dun proxecto que quere situar Ames no século 21, coas formas democráticas máis avanzadas, e para iso dispoñemos dun equipo moi cualificado e preparado

para asumir inmediatamente o goberno. Logo da incompetencia anterior tomámonos moi en serio conformar un equipo capaz de asumir o goberno en conxunto.

Pero aínda máis importante é rematar coa soberbia dos gobernantes, destes e dos anteriores, ser un goberno próximo que escoita, dialoga e fai en común coa sociedade, que

goberna para a maioría con sentido común. En calquera caso, si que asumo un compromiso, eu serei a alcaldesa de todos e todas, temos que rematar cos tempos nos que

un alcalde goberna para os amigos e fractura sociedade. O meu proxecto é o que decida a cidadanía de Ames, toda a cidadanía, non só aqueles que me apoian ou pensan

coma min.

3.- Ames Novo leva meses percorrendo todas as parroquias e reuníndose cos veciños e veciñas, ¿qué lle trasladan nestes encontros?

Fomos vendo que a xente pide cousas moi simples, que os escoiten e lles falen á cara con claridade, e sobre todo piden: sentido común. O deterioro da imaxe dos políticos

é tal que case basta que non lles mintan, nin lles tomen o pelo; o desprestixio da clase política non é porque a xente sexa desconfiada, é que xa os enganaron moitas

veces e non se fían, con razón. Porque en realidade as demandas de moita xente son moi básicas: unha pistas en condicións, limpas de maleza, rematar o saneamento, luz

pública ou a conexión a internet, en definitiva unha condicións dignas para as aldeas e para o rural. Ademais escoitamos moitas queixas polos favores a uns poucos privilexiados,

a xente estaba indignada porque se fixeran obras ata unhas casas determinadas ou situar farolas públicas en fincas particulares alumando o interior da casa de

algún amigo. A xente quere rematar con iso de vez.

4.- Concurren ás eleccións cun programa co que aseguran que poderían gobernar Ames dende o primeiro día despois das eleccións, cales serían

as súas primeiras medidas á fronte do Concello?

Temos un programa de goberno feito de xeito participativo, por primeira vez neste Concello. Tivemos encontros coa inmensa maioría das asociacións de Ames e con

moita xente a través de internet ou en reunións con eles, son moitas as persoas que está colaborando coas súas ideas e propostas na elaboración deste programa de goberno.

Ademais contamos cun grupo de expertos do máximo nivel -catedráticos de universidade, decanos de colexios profesionais, responsables de outras Administracións- en

todas as áreas que achegan as ideas máis avanzadas en cada ámbito ao tempo que avalan a viabilidade e solvencia das nosas propostas. É dicir, estamos en condicións de

comezar a gobernar ao día seguinte das eleccións. O que teño claro é que nós non imos facer promesas que acaban sendo fume electoral, non enganamos á cidadanía ofrecendo

grandes obras que nunca se fan. O goberno de Ames Novo no que vai pensar en primeiro lugar é nas persoas, que a xente non pase necesidades. As políticas sociais

son prioritarias para nós, sabemos que hai moita xente en risco de exclusión que nunca o estivo, agora hai pobres que teñen traballo e non imos deixar a ninguén atrás, imos

asumir as propostas da Rede Galega de Loita contra a Pobreza ou as de Stop-Desafiuzamentos.

5.- Cal é a situación actual do Concello de Ames e o balance que vostede fai do goberno do PP?

En realidade non houbo un goberno como tal, houbo un desgoberno que xerou máis problemas dos que resolveu, cando eran 11 e cando eran 3, foi o goberno do caos

e agora é o goberno K.O. Estivo sempre de costas á veciñanza escondéndose da súa propia xente, xa non é que non escoitase, é que o alcalde nin recibiu as asociacións en

anos. Non houbo unha soa idea nova, nin un proxecto novo, ningunha proposta para atender os graves problemas derivados da crise. E o que é peor, foi un goberno insensible,

neste momento no que moita xente o esta pasando realmente mal o goberno desprezou as penurias dos seus veciños. Dálles igual que os boten das casas, que pasen

fame, que nenos sen recursos queden fora das escolas infantís, dálles igual todo. Fáltalles un mínimo de humanidade, non se pode consentir que o goberno mire para outro

lado mentres se desmaian nenos nos colexios que non veñen alimentados da casa, e isto pasa en Ames aínda que non o queiran ver.

6.- A que lle atribúe iso que di?

Este mandato valeunos para desvelar 3 grandes mentiras do Partido Popular. 1º este foi o goberno máis inestable, conflitivo e menos unido da historia de Ames, logo

de botar catro anos asistindo ao espectáculo das súas leas internas que non nos conten agora o problemáticos que son os gobernos de coalición. 2º foi o goberno que menos

investimentos conseguiu para Ames, que tampouco nos conten a importancia do goberno amigo, foi ao revés o alcalde non fixo valer as demandas de Ames como o Centro

de Saúde do Milladoiro, e actuou de delegado do PP en Ames. E 3º foi a enorme mentira da débeda municipal, nin hoxe nin daquela tiñamos problemas nese aspecto, o que

hai é que investir os cartos a favor da xente e aproveitar ben o que se ten, ser eficientes, nada que ver co que fixeron. O PP vende eficacia e control do gasto e baixo o seu

goberno acabamos perdendo subvencións por incompetentes, e nin sequera foron capaces de aprobar un orzamento en 3 anos.

7.- Os veciños e veciñas de Ames teñen nestas eleccións un bo feixe de novos partidos polos que votar, ¿por qué deberían optar por Ames Novo?

Ames Novo é un proxecto cidadán, de participación colectiva, nós entendemos a política de forma distinta aos partidos tradicionais, nós apostamos por un goberno

compartido coa cidadanía. Eu vou ser a alcaldesa de todos e todas, nun goberno onde a cidadanía opina e decide de verdade. Ames Novo ten un proxecto ambicioso e

realista, que soña cos pés na terra, porque eu teño moita confianza na xente de Ames e penso que podemos facer cousas grandes. Ames Novo dispón tamén dun equipo

solvente e capaz de sacar adiante as propostas da xente con diálogo e determinación. Moita xente en Ames pide que sexamos a alternativa, que encabecemos un goberno

do cambio e recuperar os días felices para Ames. Nós cremos que o Concello é a casa da xente, un concello de portas abertas no que os veciños e veciñas podan entrar e

decidir, con transparencia e participación. Eu estou moi orgullosa da miña xente, e quero que a cidadanía de Ames fale do seu goberno sen avergonzarse, porque é o seu

goberno, o da xente de Ames.

maio 2015 24m eleccións municipais 11

Gemma López, candidata do PSOE

á alcaldía de Touro

- Que impulsa a Gemma López esta candidatura?

Vivo en Touro,traballo en Touro,é o lugar no que quero estar.As miñas fillas viven aquí tamén,e foi meu pai quen se encargou

de transmitirme o amor e respecto por este Concello,que coñezo,e que por iso sei das súas posibilidades.

Penso que despois de varios anos de dar oportunidades a un goberno que non aporta ideas,nin manifesta ter interese en

aportalas,chegou o momento de renovar Touro,para que nieguen teña que marchar de aqui por falta de expectativas,e para situar

a Touro no lugar exacto que se merece,do nunca ninguén debeu deixalo marchar.

- Un tema recorrente que non acaba de ter solución é o do polígono industrial

Leva tanto tempo estancado que xa perdeu aquel entusiasmo inicial de novos aires.Parecía que todo ía funcionar en Touro,grazas

a unha idea empresarial,que de momento só é un proxecto,porque,a pesar de que o Sr. Alcalde foi requirido en numerosas

ocasións,a que adoptara medidas e estratexias reais de reactivación,non foi capaz de conseguir que se producira un só asentamento

de ningunha empresa.Tampouco espuxo nunca estratexias que favorecerana chegada e asentamento das mesmas.

Resulta indispensable darlle o pulo definitivo a un Polígono Industrial,para que cumpra o seu obxetivo de crear emprego.

- Como se plantexa o desenrolo do Pxom?

Un dos problemas máis importantes das zonas rurais, son os obstáculos que se presentan á hora da construción de vivendas

unifamiliares. Nós pretendemos estimular o asentamento da poboación,e evitar que a xente nova elixa para vivir calquera outro

lugar,polo que axustaremos o PXOM ás necesidades reais de posibles habitantes de Touro,facilitándolles a futura construción,a obtención de licencias…

- E dicir que unha das prioridades é conseguir que a xente quédese en Touro

Para nós ,este é un dos problemas máis preocupantes.Vivimos observando que Touro vai perdendo poboación a pasos axigantados,e dende a Administración Local

non se toma ningunha medida o respecto. Si queremos lograr que a xente permaneza no noso Concello ou incluso que veña a vivir a el, debemos reforzar a calidade dos

servizos que se ofrecen.Nós queremos levar a cabo auténticas Políticas Sociais de conciliación familiar,para que os pais/nais poidan continuar desenvolvendo os seus

traballos,mentres que os seus fillos,están ben atendidos.

Queremos conseguir a posta en marcha dunha Escola Infantil,con horarios adaptados ás actuais xornadas laborais.

Ademais pensamos que Touro non oferta suficientes Actividades Sociais e Culturais que manteñan o interese da poboación,nós queremos cambiar este concepto ampliando

a oferta en cantidade,en distribución temporal (fins de semana,festivos…) para que tódolos sectores de poboación permanezan e disfruten do noso Concello.

- A calidade de vida está tamén relacionada con temas como a educación e o deporte

A educación e o deporte constitúen dous temas fundamentais no noso programa,e estamos convencidos de que son pezas clave para un axeitado desenvolvemento da xente

nova en especial,e de toda a poboación. Quero poñer especial atención no traballo que pretendemos levar a cabo na posta en marcha de cursos destinados á inserción

laboral,no reforzo do uso da Biblioteca Municipal como referente cultural,na organización de saídas e excursións culturais e deportivas,que fomenten a vida saudable entre

a xuventude.

- E cales son as propostas en servizos sociais

Entendemos que os Servizos Sociais,instaurados polo Partido Socialista, son o pilar fundamental para aportar bases firmes á creación de sociedade de benestar,na que cada

persoa debe ter oportunidade e dereito a ser atendida dignamente en calquera situación de emerxencia ou risco de exclusión social.

Por iso,vamos traballar no reforzo dos Servizos Sociais do Concello,buscamos que sexan dignos e xustos para aquel que os precisa. Sempre trataremos de anticiparnos ás

situacións de problemática social mediante visitas frecuentes,entrevistas nos fogares…

- Un dos sectores máis afectados é o agrícola e o gandeiro, como ven esta situación?

Este Concello posúe unha poderosa fonte de riqueza no medio rural,que estamos convencidos,precisa agora máis que nunca,do noso apoio.

Favoreceremos calquera estratexia,idea,proposta…de mellora e apoio a este sector,e organizaremos cursos dirixidos a agricultores e gandeiros.

- Outra das patas importantes nun programa son as propostas en obras e servizos

Sempre é un tema delicado,porque implica tocar a fibra sensible de tódolos veciños.Para que unha localidade se considere medianamente próspera,precisa dun plan de

obras axeitado ás súas necesidades. Hai tempo que vimos reclamando,sen ningunha atención por parte do Goberno municipal,a mellora do equipamento e o coidado dos

Centros Sociais do concello. Queremos traballar no saneamento de numerosas parroquias que aínda non dispoñen del,pois parece incrible que na actualidade,sigan a darse

estas carencias.

- Un sector que tamén necesitan dunha atención especial e o das persoas maiores e os discapacitados

Non esquecemos a estes dous colectivos que tanto necesitan do apoio e axuda para a súa integración nun caso,e o mantemento da súa autonomía ,noutro.

Touro precisa dunha mellora real da súa accesibilidade destes colectivos a espazos públicos,mediante a eliminación de barreiras arquitectónicas,colocacións de rampas ou

ascensores. Fomentaremos a súa formación continuada mediante a realización de cursos que lle resulten do seu interese,e nos que manteñan contacto con persoas con similares

circunstancias. Estimularemos a súa autonomía na medida do posible, poñendo en marcha transportes que lles permitan desprazarse,ó centro do concello,e manter

así relacións sociais,evitando que se illen.

- Para rematar fálenos da campaña para estas municipais e do momento no que está a agrupación socialista

Alégrome que me faga esa pregunta,porque son dous aspectos especialmente claros.Sen lugar a dúbidas,o aspecto forte da nosa campaña ven a ser a posta en valor do

noso Concello como lugar con recursos para vivir, ademais do pulo definitivo da oferta de servizos de calidade que freen a perda da nosa poboación.

En canto á nosa agrupación,ten como punto máis destacable as ganas de facer cousas e a ilusión de dar o salto cualitativo que Touro espera dende hai moitos anos.

El Arca

12 educación

Fátima García Doval

No sistema económico patrio

impúxose o uso e abuso de algo

tan noso como a tortilla de pataca

ou a todoloxía de “cuñao”,

a saber, socializar as perdas e

privatizar as ganancias. Con

este truco de prestidixitación

monetaria, cando o vento sopra

a favor rega os campos dos poderosos,

pero cando vén en contra,

somos todos, os cidadáns

do montón, os que padecemos

as perdas e a miseria. A banca

sempre gaña amigos, ben porque

gaña, ben porque non perde.

Trátase dunha xogada que,

non por vista, deixa de ser escandalosa.

De seguro tivemos

oportunidades dabondo de vela

en acción e en todo o seu esplendor

nos últimos anos, pero

o común dos mortais segue tendo

a sensación de que algo está

tremendamente mal na sociedade

cando a aposta a fan eles e a

pagas ti. A inxustiza é patente.

Estamos cansos pero non somos

insensibles.

Con todo hai outro baile de

números, o educativo, no cal a

moeda se dá a volta e en lugar

de face, sae cruz sempre e indefectiblemente.

Cando de éxito e

fracaso escolar, cando de consecución

ou abandono de estudos

falamos, as perdas privatízanse

e socialízanse as ganancias.

Así, por arte de birlibirloque,

cando un rapaz acaba a ESO,

a FP, o Bacharelato, a Universidade,

cando saca adiante o

conservatorio ou a escola oficial

de idiomas, cando retoma

os estudos despois dunha longa

paréntese, a sociedade ao completo

congratúlase do ben que

o fixemos todos. Temos un bo

sistema educativo, digan o que

digan os indicadores internacionais,

que son o cocón feito

ranking. Temos unhas familias

preocupadísimas pola formación

dos seus fillos, un corpo

docente abnegado, traballador,

creativo, innovador e máis

tecnolóxico que o CERN e a

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje;

licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora

en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en

Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Privatizar as perdas,

socializar as ganancias.

NASA xuntos. Temos un sistema

educativo primoroso que, a

pouco interese que poña o mozo

(ou moza) sácache enxeñeiros e

médicos como churros exportables

a medio mundo xa cociñados

e azucrados. Encantados de

coñecernos.

Pero se o rapaz en cuestión

suspende, xa non digamos se

abandona, entón a privatización

está clara. A culpa é súa, súa e

só súa. É un lacazán e, en xeral

vénlle de familia. Que vai facer

o sistema educativo con estes

fulanos? A escola xa non é o

tema. Nin se menciona. A sociedade,

como reverso tenebroso

de Darth Vader, afoga o alumnado

apertándoo con esixencias,

con deberes, con pasantías,

con probas e máis probas: a súa

carencia de esforzo resúltanos

molesta. De esforzo, de constancia,

de interese, de ganas, de

implicación, de dedicación, de

constancia, de flexibilidade, de

resiliencia. Os pobres nenos e

adolescentes están carentes de

adultez. Quen o ía dicir!

Mentres encaremos a economía

de resultados educativos

como xestionamos a economía

da burbulla inmobiliaria, é moi

probable que sigamos obtendo

os mesmos desalentadores

resultados.

Non necesitamos un rescate

educativo da man de Finlandia.

O que necesitamos é entender,

dunha vez por todas, que os

alumnos non fracasan, é unha

sociedade a que os fracasa; que

cando un alumno abandona, hai

tempo, moito, que a sociedade

o abandonou. Ollo, a sociedade

enteira e non só a escola.

Non fracasar a un alumno,

non abandonar a un alumno,

non supón darlle máis apoios

senón os apoios que necesita.

Non supón esixirlle máis, senón

acompañalo no proceso de gañar

confianza e ser máis responsable.

Non supón seleccionar,

senón orientar e estimular. Non

supón pór o listón máis alto, ou

máis baixo, senón asegurarnos

de que ese listón é pertinente ou

necesario aquí e agora.

Cando a sociedade sinala o

fracaso do sistema educativo o

parvo mira para o alumno.

Ilustración: Jorge del Oro

O comité executivo da Conferencia

de Reitores do Suroeste

de Europa reuniuse na

USC

A Universidade de Santiago

acolleu a xuntanza do comité

executivo da Conferencia de

Reitores do Suroeste de Europa

(CRUSOE). Asistiron á xuntanza

representantes das universidades

de Porto, Minho, Vigo e

da USC, así como da Universidade

Europea Miguel de Cervantes

e do Instituto Politécnico

de Bragança. Tamén integran o

comité as universidades de Salamanca

e León que escusaron a

súa asistencia.

Nesta reunión tratouse a organización

da próxima sesión

extraordinaria do Plenario da

Conferencia en Oviedo ou a

proposta de proxectos de CRU-

SOE e achegas para a adhesión

a unha plataforma que permita

a actualización periódica de indicadores

de resultados de desempeño,

entre outros asuntos.

As tres universidades galegas

e as consellarías de Educación

e Sanidade acordan a

colaboración na docencia clínica

do grao de Medicina da

USC

As Universidades de Santiago

de Compostela, A Coruña

(UDC) e Vigo (UVigo) e as

consellarías de Sanidade e de

Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria asinaron

un documento marco que establece

que a partir do curso

2015-2016 o profesorado da

UDC e de UVigo que imparte

docencia en titulacións propias

desas universidades en áreas

de coñecemento relacionadas

coa medicina poderá colaborar

na docencia clínica do grao de

Medicina da Universidade de

Santiago de Compostela. Este

acordo sitúa a responsabilidade

académica do Grao en Medicina

exclusivamente na USC,

sendo os órganos de goberno e

os departamentos da facultade

compostelá – “que debe seguir a

ser a única que exista en Galicia

e a que imparta o único grao en

Medicina do SUG”, reza o acordo–

os encargados da planificación

e organización docente da

titulación.

O reitor da USC Juan Viaño

cualificou este acordo como un

“exercicio de responsabilidade”

que favorecerá un mellor

Lindeiros

Novas da USC

aproveitamento dos recursos do

SUG e do Sergas e contribuír

“ao recoñecemento académico

dos e das profesionais” á vez

que asegurar unha formación de

calidade

O Ministerio entregou

os premios nacionais fin de

carreira,con cinco estudantes

da USC recoñecidos

O Ministerio de Educación

Cultura e Deportes celebrou

este martes o acto de entrega

dos Premios Nacionais Fin de

Carreira do curso 2010-2011

que distinguen aos estudantes

que cursaran con maior brillantez

os seus estudos universitarios.

A listaxe publicouse no

Boletín Oficial do Estado o 8 de

maio de 2014.

Os alumnos galardoados ese

curso cos premios nacionais son

Martín Portos García, graduado

en Ciencias Políticas; Elsa Liste

Lamas, licenciada en Filoloxía

alemá; e María Rivo Vázquez,

Licenciada en Historia da Arte.

Pola súa banda, Inés Casas Maroto,

recibe unha mención pola

súa licenciatura en Filoloxía

Inglesa e Miguel García Fernández

un accésit pola súa Licenciatura

en Historia.

O grupo de Historia Moderna

presentou o libro La

población de Santiago de

Compostela, 1630-1860

O grupo de investigación de

Historia Moderna da USC presentou

este martes na Facultade

de Xeografía e Historia o número

23 da súa revista Obradoiro e

o libro de Enrique Martínez Rodríguez

La población de Santiago

de Compostela, 1630-1860,

un dos poucos realizados en

España co método da reconstrución

de familias no ámbito

urbano seguindo as directrices

da prestixiosa Escola Francesa

de Demografía Histórica. Os

resultados obtidos en Santiago

para os séculos XVIII e XIX

polo profesor da USC Enrique

Martínez conseguen explicar o

seu devir demográfico a partir

da interacción entre a mortalidade,

a fecundidade, a nupcialidade

ou a inmigración urbana.

Presta tamén atención ás diferentes

facetas da exposición

infantil ou ao crecente protagonismo

que a partir dun momento

dado tivo a ilexitimidade.

Fontes: USC, Lindeiros

maio 2015 empresa 13

Libraría Pedreira

loitando pola cultura.

Hai negocios que nacen por

casualidade, outros por conveniencia

pero a Librería Pedreira

naceu a propósito. Antón Pedreira

creceu no movemento

asociativo de Ordes e despois,

a finais dos 70, implicouse de

cheo no ambiente cultural de

Compostela en asociacións

como O Galo; cando quedou

nas súas mans o bar que os seus

pais rexentaban na rúa do Home

Santo tiña claro o que quería

facer e en 1981 o reconverte en

libreria.

naquela época era máis doado

saír adiante; na actual sede

da Xunta de Galicia estaba o

instituto Xelmirez I e iso servía

para dotar de clientes a librería.

O espazo naceu ademais con

vocación de defensa da cultura

galega e desde o primeiro momento

poden atoparse non so

libros se non música e publicacións

de todo tipo; seguindo

tamén as inquedanzas dos estudantes

da época Antón viaxaba

a Portugal para conseguir os libros

e a música que os amantes

da cultura lusa demandaban.

Desde o primeiro momento

existiu a intención de que a

librería fora un lugar no so de

venda se non de actividades,

presentacións e de encontro; na

primeira etapa fixéronse algunhas

presentacións de revistas

pero foi a partir das reformas

arquitectónicas do ano 2.000 e

sobre todo da do ano 2007 cando

o local se adapta e converte

moitos dos seus estantes en movibles

para poder habilitar un

espazo cómodo para todo tipo

de actos. Antón recoñece que

especialmente esta última reforza

foi a que posibilitou a permanencia

da Librería en tempos de

crise para o sector ao reiventarse

como espazo para eventos.

O traballo de Antón vese reforzado

coa súa faceta pública

na que pasou por distintos cargo

nas federacións de libreiros da

comarca ata chegar a presidir

actualmente a de Galicia; colaborador

de moitos medios de

comunicación el e a súa librería

seguen a ser un referente da cultura

galega recoñecido con premios

como a medalla de ouro

otorgada polo instituo Rosalía

de Castro de Santiago, organizador

do prestixioso premio de

novela San Clemente; o premio

da Irmandade do Libro a mellor

librería de Galicia otrogado no

2004 ou a súa presenza na fase

final, dou anos seguidos, optando

a ser a mellor librería de

España.

As librerias non viven o mellor

momento pero Pedreira

segue ano a ano programando

encontros, charlas, presentacións

que conseguen atraer no

so os amantes da cultura galega

se non tamén a novos rapaces

que son o sustento para o futuro.

Nas súas estanterías podemos

atopar desde a poesía de

Luz Fandiño ata o último disco

do músico e artista multicultural

Sokran, esa variedade é a

que fai da Librería Pedreira un

lugar único para os amantes da

cultura en xeral e dos libros en

particular.

Fotos: Loli Fdez.

14 antonte

Lindeiros

Rutas pola Comarca

De Arzúa a O Pino por Touro

No momento de cumprir os

dous anos decidimos propoñer

os lectores unha serie de rutas

pola comarca que demostran

que non fai falla ir moi lonxe

para disfrutar dunha paisaxe

e dun patrimonio como hai en

poucos sitios.

A ruta que propoñemos nace

un pouco antes de chegar a Arzua,

na parroquia de San Vicenzo

de Burres, desde onde nos

encamiñamos cara ao lugar de

Beseño. Si nos gusta o sendeirismo

este tramo e o que continua

cara a Touro forma parte da

chamada ruta dos holandeses;

un camiño que se desvía do de

Santiago e que soen usar os turistas

dos países baixos que fan

a ruta en bicicleta para escapar

do tráfico da estrada nacional de

Lugo.

Atoparemos, tanto si vamos

en coche parando a disfrutar da

paisaxe como si vamos a pe, de

abundantes igrexas, lavadoiros

e fontes. O chegar a Beseño podemos

desviarnos un pouco e

coñecer a casa de turismo rural

A Pena de Augasantas, unha

construción tipicamente galega

rodeada de árbores típicos da

zona, algúns centenarios, e que

foi comprada no século XVII

por un galego que retornou de

Cuba despois de facer fortuna.

No ano 2001 foi completamente

reformada e conta na actualidade

con tódalas comodidades.

Si seguimos cara a Fonte

Díaz, a capital administrativa

de Touro, pasaremos antes polo

lugar de Andeade onde poderemos

admirar o pazo do mesmo

nome; data do século XVIII e

ademais de residencia de turismo

rural e un excelente restaurante

e lugar habitual de eventos

como vodas ou primeiras comunións;

en outubro do 2014, no

Lindeiros 17, dedicábamos estas

mesmas páxina o Pazo contando

a súa historia que se pode reler

en www.lindeiros.com.

Un pouquiño antes de chegar

a Fonte Díaz podemos baixar a

ver a área recreativa de A Santaia

en donde cada mes de xuño

celébrase o festival de música

Folk In Rio; o encontro é unha

cita indispensable na axenda

folk galega e unha xornada de

lecer nun dos entornos máis

bonitos da contorna e a que aco-

den cada ano centos de familias.

O chegar a Touro a ruta dos

holandeses xira de novo para

incorporarse de novo o camiño

Francés pero a nosa proposta de

este mes remata en O Pino, no

santuario de Santa Irene. Unha

capela do século XVII que celebra

o 29 de xuño a romaría de

San Pedro na magnífica carballeira

que a rodea. Xunto a capela

atoparemos a fonte da eterna

xuventude, chamada así porque

din que o que beba dela conservarase

sempre xoven; sexa certo

ou non é un bo punto e final

para unha pequena ruta que nos

deixará engaiolados coas súas

paisaxes, xentes e lugares.

Fotos: Loli Fdez.

maio 2015 e ti de quén ves sendo? 15

Francisco Díaz-Fierro

presidente en funcións do Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura galega

ven de renovar toda a súa web e

afrontar novos contidos e novas

ideas; falamos co vicepresidente

primeiro da institución, presidente

en funcións no momento

de facer a entrevista, Francisco

Díaz Fierro; él é o único que está

desde o nacemento do Consello

en 1983 polo como nos explicaba

pode falar de primeira man

de todo o periplo vivido polo

organismo “hai unha primera

etapa con moi poucos recursos,

a etapa de Ramón piñeiro, onde

non tíñamos onde acougar; alugamos

un piso na Rúa do Vilar

e os plenarios facíanse no salón

comedor pero aínda así fixéronse

cousas como o I Congreso Internacional

de Rosalía de Castro

que segue a ser unha referencia

do que son os novos estudos sobre

Rosalía. despois veu a época

de Filgueira Valverde, un home

con moita experiencia e que se

sabía mover nos despachos oficiais;

foi o momento no que se

relanzou o Consello e cando vimos

para a sede actual; en esa

época se completou tamén case o

cen por cen os niveles de xestión

e administración necesarios. E a

época actual é tamén unha época

especial; o presidente Ramón

Villares é un home que ven da

xestión universitaria pero tamén

cunhas relacións persoais moi

amplas e cunha visión global da

cultura galega e tódalas iniciativas

que se puxeron en marcha

contribuíron a racionalizar os recursos

do Consello. Esta é unha

etapa de consolidación, de redefinir

obxetivos e ademais comezouse

a emitir informes sobre o

estado da cultura que é algo que

sempre se quixera facer pero ata

este momento non se lograra”.

O estatus do Consello da Cultura

galega e único no conxunto

do estado español pola súa independencia

“o menos parecido

o noso é o do País Vasco que é

máis que nada un gabinete de administración

polo que claramente

é político. O valenciano trata

de ser independente pero dentro

da súa estrutura ten incluídos

sindicatos, representantes de institucións

de carácter político polo

tanto ten tamén... vamos chamarlle

unha infiltración política.

O catalán está tamén de algunha

maneira relacionado co poder e

ten na súa finalidade un traballo

de selección de proxecto que a

administración no quixo deixar

en mas dun organismo independente

polo tanto é un organismo

que ten unhas funcións distintas

pero tutelado. O galego é o que

ten unha independencia máis

clara; totalmente independentes

non podemos ser xa que os

nosos orzamentos dependen do

Parlamento polo que hai xa hai

un traballo de control; de todos

xeitos creo que o Parlamento respeta

moito as decisións e as opinións

do Consello da Cultura”.

Este ano a cultura non estivo

exenta da súa polémica como o

caso do Día das Letras Galegas

dedicado a Filgueira Valverde

“coñezo o caso como vicepresidente

do Consello pero tamén

como membro da Real Academia

Galega; participei en tódalas

sesións desde o 2002, participei

mais ou menos en tódolos procesos

de elección e podo dicir que

sempre hai opinións, grupos que

apoian máis unha liña ou outra,

pero o final a Academia como

colectivo asume a proposta que

sae cada ano. Este ano houbo

tamén as diferenzas de criterio

pero Filgueira viña xa desde hai

3 ou 4 anos quedando... vamos

chamarlle finalista, quero dicir

que non era ningunha sorpresa

xa que estaba no background

de personalidades que estaban

contempladas. O que me parece

estraño e esa actitude de non

querer separara a faceta cultural

de outros aspectos moi persoais,

moi singulares e moitas veces

moi difíciles de analizar porque

hai que situarse no contexto histórico

no que se desenvolveron,

en calquera caso o que non hai

e unha vontade de diferenciar

a historia persoal do que é a

proxección, a actividade persoal

que ninguén pon en dúbida; o

Consello da Cultura, eu persoalmente

como membro das dúas

institucións, teño que apoiar sen

duda esta proposta porque foi

un home, como moitos homes

providenciais que tivo a cultura

galega, que soubo non so facer

unha labor persoal de creación

se non tamén de difusión. O

máis importante de Filgueira é

esa vontade de que a cultura galega

en tódalas súas dimensións

chegue a xente, da facer traballos

que foran doados de ler, de facer

pedagoxía”.

Preguntamos por esa faceta

que parece perdida de facer

cousas máis sinxelas que todos

poidan comprender “si, iso perdeuse.

Hoxe a investigación vai

por unha banda e despois parece

que todo o que se pode sacar en

conclusión de toda esta investigación

queda aí afastado. Os propios

investigadores que son os

que terían que facer esa labor de

desbroce inicial para que despois

os xornalistas, os pedagogos,

que son os que terían que trasladarllo

a xente o que sucede e que

ese traballo en bruto o teñen que

facer os xornalistas e os pedagogos,

teñen que ir case as fontes.

Hai unha franxa intermedia que

sería o investigador con vontade

de que o traballo chegue a xente,

porque hai a capacidade pero

fundamentalmente aquí o que se

trata é de vontade, eso non existe

hoxe e Filgueira o tiña”.

Ese espazo de traballo é o que

ocupa, sobre todo coa nova páxina

web, o Consello da Cultura

Galega “a creación do portal web

foi un momento moi importante

no Consello, en época de Carlos

Casares. O portal é unha pequena

redacción con estrutura de

xornal que o que está é poñendo

as antenas a todo o que se fai na

cultura galega e ofrecéndollo a

xente nun formato que é o que

hoxe se lee mais que é o formato

dixital. esta é unha das grandes

liñas que desenvolveu o Consello,

todo o soporte informático, o

portal, a web”.

A cultura galega e unha das

bases da nosa identidade, a dicir

de Francisco Día-Fierros, esa

cultura de folclore e tradición, de

paisaxe esa cultura que, como

dicían os clásicos da xeración

NOS unha cultura espiritual e

unha cultura material; co traballo

que se desenvolve no Consello

o futuro da nosa cultura, e da

nosa identidade, está garantido

por moitos anos; de nos depende

que saibamos aproveitalo, disfrutalo

e enriquecelo sempre que

poidamos.

Fotos: Loli Fdez.

16

Lindeiros

maio 2015 17

dentalmacia.com

981 521 090

18 pasou

Lindeiros

Unha empresa de Ames abre un laboratorio

de nanotecnoloxía en California

Nanogap é un referente internacional no uso de fibras de prata en pantallas táctiles

A empresa Nanogap naceu

en 2006 como unha spin-off da

Universidade de Santiago de

Compostela (USC); agora conta

co seu primeiro proxecto de

expansión a nivel de produción

fóra de España, na cidade californiana

de Richmond; por outra

banda continúa crecendo na súa

sede central, situada no polígono

industrial de Milladoiro, no concello

coruñés de Ames. No último

ano a firma incrementou nun

25% o seu persoal, integrada por

un equipo de 30 profesionais; na

súa maioría físicos, químicos e

enxeñeiros químicos.

Cada ano a empresa solicita,

como mínimo, unha nova patente.

Nestes momentos Nanogap

conta con 12 patentes presentadas,

das cales 4 xa lle foron

concedidas en varios países de

Europa, Estados Unidos e Asia.

A conselleira delegada da empresa,

Tatiana López, explica

que “o nanómetro é a unidade

de lonxitude equivalente á millonésima

parte dun milímetro.

Cando o material é tan pequeno

aparecen propiedades sorprendentes

que non existen a escalas

máis grandes. Estes materiais

mostran unha gran actividade

a moi baixas concentracións e

ofrecen unha ampla variedade

de potenciais aplicacións”.

Unha das claves do éxito da

compañía é a súa tecnoloxía única

en AQCs (Clústeres Cuánticos

Atómicos), a cal é a base de

todas as súas patentes. Trátase

de partículas inferiores a 1 nanómetro,

agrupacións de átomos

que presentan múltiples aplicacións

e que hoxe en día Nanogap

é a única empresa capaz de

fabricalos a escala industrial en

todo o mundo.

Fontes: Nanogap, Lindeiros

O equipo de traballadores de Nanogap. Foto: Nanogap

Candidatura do BNG-Asembleas Abertas

ás eleccións municipais 2015

l. David SantomilMosquera (Coira, Biduído)

2. IsabelVaquero Quintela (O Milladoiro)

3. Alberte Souto Souto (Ames)

4. IsabelMoares (O Milladoiro)

5. Alonso Barreiro Caxade (Covas)

6. Pilar Viqueira Miranda (Bertamiráns -independente-)

7. Félix Paz Castañal (Bertamiráns)

8. Paula Castro Lago (Bertamiráns)

9. Benja Seoane Bra (Bugallido, -independente-)

10. ElenaNimo (Bertamiráns -independente-)

11. Xesús Casas García (Trasmonte)

12. Esther Martínez Piñeiro (Aldea Nova -independente-)

13. Inacio Pavón Barbagelata (Bertamiráns)

14. Sara Fabeiro Canedo (Trasmonte, -independente-)

15. Xosé FajinVillasenín (Piñeiro)

16.Montserrat Calvo (As Mimosas, independente)

17.Camilo Agulleiro Sambade (O Milladoiro)

18.Ana Iglesias Otero ("Ana de Vilatuxe", O Milladoiro, independente)

19.Xosé Cougil Bugallo (Bertamiráns)

20.Mercedes Vidal Baamonde (“Chiruca”, Biduído)

21.Xosé Manuel Fernández López (Ortoño)

Suplentes

1. Silvia Vázquez González (Ortoño)

2. Xoan Xosé Hidalgo Neira ("Fido", O Milladoiro)

3. Lorena Casal Otero (Bugallido, independente)

4. Carlos García Vieito(O Milladoiro, independente)

5. Roi Pérez Vila (Bertamiráns)

6. Natividad De Jesús González Rodríguez (O Milladoiro)

7. CarmenLiliana López Couselo (O Milladoiro, independente)

8. Xosé Antonio Rubal López (O Milladoiro)

9. Victor Manuel Giadás Sánchez (O Milladoiro)

Ordes acolleu a presentación

da cooperativa Nosa Enerxía

A organización conta na actualidade con

más de cen socios

Os baixos da Alameda de

Ordes acolleron a presentación

de Nosa Enerxía, unha cooperativa

sen ánimo de lucro que

reverte os beneficios na mesma

entidade.

Nosa Enerxía é a primeira

cooperativa galega que comercializa

enerxía eléctrica de orixe

renovable certificado, apostando

pola sustentabilidade enerxética

e por unha xestión transparente.

A longo prazo, a cooperativa tamén

ten como obxectivo a promoción

de proxectos de xeración

de enerxía renovable de maneira

distribuída, como outro dos pasos

para conseguir un modelo

enerxético 100% renovable.

Según as palabras do presidente,

Pablo Álvarez, o obxectivo

é “a comercialización de

enerxía de orixe renovable, proporcionando

un servizo de calidade

a un prezo xusto”.

Nosa Enerxía conta na actualidade

con máis de 100 cooperativistas,

algún deles do mesmo

municipio ordense, e entre os

seus plans de futura está a promoción

de proxectos de xeración

de enerxía renovable, ademais

do seu subministro.

Fonte: Nosa Enerxía, concello de

Ordes, Lindeiros.

Un momento da presentación da cooperativa. Foto: Newblackstudio

maio 2015 pasou 19

A bisbarra celebrou o

Día do Libro

Os concellos fomentaron a lectura de distintos xeitos

III edición de Libros

de Aqui en Teo

A mostra ofrece obras de persoas naturais ou

residentes no concello

Imposible recoller tódolos actos

que tiveron lugar nos concellos

da área metropolitana de

Compostela pero podemos poñer

algúns exemplos das actividades

que se levaron a cabo.

Comezando polos máis cativos

recollemos a viaxe que os

pequenos da gardería de Brión

fixeron a biblioteca municipal,

alí visitaron a parte de libros infantís

e coñeceron o Camaleón

Paco Sifón, a mascota do lugar,

e como chegou alí.

Outros dos xeitos de conmemorar

o Día do Libro foron os

abundantes concursos de relatos

ou como no caso de Ordes de

poesía; a biblioteca municipal

foi o lugar elixido para a entrega

de premios do certame “Un

poema, unha historia” por parte

do alcalde Manuel Regos e a

primeira tenente de alcalde Silvia

Marín; en total entregáronse

nove premios entre os escolares

do municipio e na categoría xeral

na que resultou gañador o

veciño Victorino Cores Liste.

En Compostela o Consorcio

decidiu agasallar os visitantes

da Casa do Cabildo con publicacións;

ao longo da xornada esgotáronse

todos os exemplares

que o Consorcio puxo a disposición

do público, máis de 300; as

publicacións pertencían ás seis

coleccións que posúe o organismo:

biblioteca facsimilar, científica,

biblioteca de divulgación

xacobea, literaria, biblioteca de

imaxes e a biblioteca infantil e

xuvenil.

A Universidade, en concreto

a facultade filoloxía, lembrou a

data cun obradoiro de caligrafía

en rústica roma con cálamos

improvisados; por outro lado

tivo lugar unha lectura libre de

textos en distintas linguas e de

distintos autores, na busca de

resaltar a esencia desta xornada,

a labor dos filólogos e o espírito

lector.

E rematamos sen saír da universidade

que puxo en marcha

o novo servizo de libros electrónicos,

PRELO; trátase dun

proxecto no que xunto á USC

participan inicialmente as universidades

de Burgos, Cádiz,

Salamanca, León, Murcia, As

Palmas, UNED, Politécnica de

Valencia e Loyola de Andalucía.

PRELO é unha solución para

que os membros da USC podan

consultar dende calquera dispositivo

os libros electrónicos

adquiridos pola Universidade

compostelá ademais dos que se

a institución reciba pola vía do

intercambio científico coas outras

universidades implicadas

no proxecto.

Fonte: concellos de Brión e Ordes,

USC. Consorcio de Santiago,

Lindeiros.

Cativos da gardería diante da biblioteca: Foto: concello de Brión

Un dos gañadores do certamen de poesía do concello de Ordes.

Foto: concello de Ordes

A mostra Libros de Aquí,

aberta na mediateca Grilo en

Teo, convertese ano a ano nunha

das máis orixinais da contorna

xa que acolle as publicacións

de persoas naturais do concello

ou que residen en el e sorprende

ver a gran cantidade deles que

podemos atopar no municipio

veciño de Compostela.

Este ano conforman a exposición

a catedrática da Universidade

Paul-Valéry de Motpellier,

Carmen Alén Grabato, a filóloga

e xornalista, Claudia Castro,

o membro da Real Academia

Galega, Salvador García-Bodaño,

o mestre afeccionado á

pintura, Guillermo González

Raviña, o asesor lingüista, Paulino

Novo Folgueira, o Catedrático

de Filoloxía Galega da USC

e membro da RAG, Xosé Luís

Regueira Fernández, a doutora

en Economía, Rosa María

Regueiro Ferreira, o doutor e

enxeñeiro químico, Héctor Ro-

dríguez Martínez e o filólogo

Xesús Manuel Valcárel.

O alcalde, Martiño Noriega,

manifesta sobre a exposición

que “neste lugar de encontro teñen

acubillo homes e mulleres

cun lugar de privilexio reservado

no universo da cultura galega

e tamén traballos de homes

e mulleres merecentes de ser

divulgados entre a cidadanía

do Concello”. Pola súa banda a

concelleira de Cultura e impulsora

da exposición, Carme Hermida

fai referencia á cantidade

e calidade do material recollido

“a gran cantidade de material

atopado –velaí a fartura de vivirmos

nun dos concellos con

maior nivel sociocultural de

Galicia- obrigounos a concibir

unha mostra denominada

Libros de aquí que, xa desde o

seu inicio, se deseñou con varias

edicións”.

Fonte: concello de Teo, Lindeiros.

Algúns dos libros expostos en Teo. Fotos: concello de Teo

20 pasou

ExpoOrdes congregou a

milleiros de persoas

Os comerciantes e o champiñón foron un ano máis os

protagonistas da feira multisectorial

Ordes viviu un ano mais a Feira

sectorial máis importante da

bisbarra con milleiros de visitantes

nos 3 días que durou.

O venres 24 foi o día dedicado

a os autónomos e empresarios;

contou coa presenza de Roberto

González secretario de Unións

Agrarias quen estivo acompañado

polos alcaldes e concelleiros

da Mancomunidade de

municipios.

O sábado abriuse o recinto ao

público en xeral, esta segunda

xornada dedicouse especialmente

á Mancomunidade de Municipios

da Comarca de Ordes. Un

día no que a actividade cooperativista

tamén acaparou un interese

especial debido sobre todo á

visita realizada por Carmen Bouzas,

directora xeral de Traballo e

Economía Social.

O ingrediente principal do

domingo, última xornada da feira,

foi a XXVI Degustación do

Champiñón. Dende ben cedo

bares, restaurantes e todo tipo de

establecementos hostaleiros puxeron

as tixolas e potas ao lume

repletas de champiñóns para servilos

de balde en empanada, con

allo e perexil, con nata ou con

xamón; en total foron algo máis

de 7.000 quilos dos que se deron

conta ao longo desta xornada por

parte de milleiros de persoas vidas

de toda Galicia.

A ExpoOrdes confirmou un

ano máis a súa boa saúde con

mais de 100 empresas participantes

e milleiros de visitantes pese a

as inclemencias metereolóxicas.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros.

.Inauguración da ExpoOrdes co encontro de empresarios e autónomos.

Carmen Bousa co alcalde de Ordes, Manuel Regos

Feria de artesanía na alameda do concello

Degustación de champiñones . Fotos: conello de Ordes.

Lindeiros

3.000 tapas repartidas no

VI Concurso de Oroso

Javier Lorenzo, de 7 anos, gañou a 1º edición

do Concurso Infantil

O Café Bar Manuela (Sigüeiro)

e o seu “Peregrino” alzáron-

Magdalena”, elaborados con

triunfo coa súa tapa “Canapés

se co primeiro premio da sexta pan de molde, salmón, queixo,

edición do Concurso de Tapas palitos de cangrexo, aguacate,

maionesa, eneldo, pementa

do Concello de Oroso, durante

o que se degustaron un 29,8% branca, limón e aceite. O segundo

premio foi para Mar-

máis ca na edición anterior.

Café Bar Manuela, terceiro ta Xuan Martínez Ruíz, de 9

na edición de 2014, conseguiu anos, coa tapa “Milhojas mariñeiras

con acompañamento

a vitoria tras un reñido reconto

canda o “Filet mignon” do de queixo sorpresa”, elaborada

Bar Sigüeiro, segundo clasificado,

a quen superou por nito, surimi, aguacate, maio-

con pan de molde, salmón, bo-

tan só 13 puntos de diferenza: nesa, aceite, queixo e crema

341 puntos por 328 puntos. O balsámica. O terceiro premio

terceiro posto foi para o gañador

da edición de 2014: Tapedríguez,

de 10 anos, coa tapa

foi para Lucía Tabarés Roría

O´Martán, que conseguiu “Hoxaldre mixto”, elaborado

262 votos pola súa “Tosta do cunha tartaleta de hojaldre,

Martán”.

leituga, cogombro, amorodos,

A novidade de este ano foi maionesa, ovos cocidos e surimi.

As receitas gañadoras se-

o I Concurso Infantil de Tapas

Frías no que tomaron parte rán publicadas na páxina web

doce nenos e nenas de idades do Concello de Oroso.

comprendidas entre os 5 e os

10 anos. Javier Lorenzo Sanmartín,

de 7 anos, alzouse co Fontes: concello de Oroso, Lindeiros

Participantes no concurso de tapas

infantil. Foto: concello de Oroso

RESERVA TU ESPACIO

PUBLICITARIO:

publicidad@lindeiros .com

maio 2015 pasou 21

Estudantes da USC

viaxaron o paleolítico

e a idade de ferro

O Grupo para o estudo da prehistoria do

Noroeste Ibérico foi o organizador

Malia o mal tempo os estudantes

da materia Arqueoloxía

Experimental do Máster Interuniversitario

en Arqueoloxía e

Ciencias da Antigüidade da USC

puideron participar na xornada

experimental. No espazo que o

grupo ten a carón da residencia

universitaria Monte da Condesa

o alumnado puido esfolar un

coello en fresco e outro cociñado

con útiles líticos e fracturaron e

queimaron os ósos para así estudar

as marcas que na época

se producían como resultado da

carnicería. Tutelada por estudantes

de doutoramento da USC e

da Universidade Rovira i Virgili

de Tarragona, a parte da xornada

dedicada ao Paleolítico incluía

actividades relacionadas coa talla

lítica, o procesamento cárnico,

os útiles compostos, as gravuras

e os proxectís. Para coñecer

a Idade do Ferro traballouse co

trampling, as marcas de uso en

cerámica, a cadea operativa da

cervexa, decoración de cerámica

e preparación de barreiras.

Fontes: USC, Lindeiros

Celebrouse a segunda edición de

Compostela Gastronómica

O festival consolídase como o evento de referencia da cociña galega

Compostela Gastronómica

naceu no pasado mes de agosto

co obxectivo de desenvolver un

evento propio, deseñado e organizado

dende Santiago para

Santiago, que puidese promocionar

do mellor modo posible

as características únicas da gastronomía

da cidade. A segunda

edición tivo como protagonistas

a cociñeiros composteláns

e galegos, que encheron os 27

obradoiros de que houbo na

Aula Gastronómica do Mercado

de Abastos. Os talleres, cun

formato reducido de 35 prazas

para que os asistentes puidesen

degustar as propostas, roldaron

os mil asistentes, cubrindo

practicamente a totalidade da

oferta.

Entre os relatores galegos

pode destacarse a presenza de

Pepe Solla, Yayo Daporta, Iván

Domínguez ou Diego López

“Moli”, que nos seus obradoiros

puxeron en valor a calidade

do produto galego. Tamén

houbo unha importante participación

de cociñeiros composteláns,

como Alén Tarrío, Diego

García, Eloy Cancela, José Antonio

Brenlla, Juan Pablo Pérez,

Kike Piñeiro, Lucía Freitas,

Manuel Oliveira, Manuel García,

Marcos Cerqueiro, Pepe

Mata e Siro González, que

amosaron a frescura e puxanza

da gastronomía da cidade.

Unha das actividades con

maior repercusión foi o Espazo

Gastro, que tivo lugar na nova

Nave Cinco do Mercado de

Abastos, habilitada especificamente

para o evento. No Espazo

Gastro participaron máis de

20 restaurantes composteláns,

que ofreceron as súas propostas

de tapas creativas elaboradas

con produtos do Mercado de

Abastos.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros

Espazo gastro na praza de Abastos de Compostela. Foto: concello de Santiago

Algúns dos traballos realizados polos alumnos ao longo da xornada. Foto: USC

22 pasou

Lindeiros

Sofía Espiñeira gaña o II Certame de Canción

de Autor en Galego ‘Concello de Teo’

A cantautora compostelá impúxose a outros sete finalistas

A compostelá Sofía Espiñeira

foi a vencedora da segunda

edición do Certame de Canción

de Autor en Galego ‘Concello

de Teo’. O director artístico do

evento, Xoán Curiel, salientou

que o xurado tivo un labor “difícil”

polo “elevado nivel” dos oito

artistas que chegaron á fase final

do concurso. Pola súa banda,

Pilar Martínez fíxose co accésit

á mellor canción, mentres que a

propia Sofía Espiñeira gañou tamén

o premio do público á mellor

artista.

Carme Hermida, concelleira

de Cultura e membro do xurado,

destacou que Sofía Espiñeira

gañou o certame “por ter sabido

tocar un instrumento, a guitarra

e, ao mesmo tempo, ser quen de

focalizar tamén a atención na súa

voz”.

Ademais de Hermida, formaron

parte do xurado Najla Shami,

unha das artistas galegas máis

coñecidas, representando á parte

artística; Juan Torreiro, en representación

da prensa especializa-

da e Inés Portela, xestora cultural

en Mada Producións, representando

as industrias culturais.

Como premio, Sofía Espiñeira

vai ter a posibilidade de gravar

un EP. Ademais, disporá dunha

serie de concertos e de promoción

dese primeiro traballo discográfico,

así como un ano de

socia na Asociación de Músicos

ao Vivo. Xoán Curiel sinala tamén

o “importante apoio” dun

público “moi participativo” que

concedeu dous accésits que recaeron

na propia Sofía Espiñeira

como mellor artista e en Pilar

Martínez pola mellor canción

polo seu tema ´Pensando en ti´.

Por último, o director artístico

agradécelle á organización,

o Concello de Teo, aos patrocinadores

—Secretaría Xeral de

Política Lingüística e Gadis— e

ás entidades colaboradoras, tales

como a Asociación de Músicos

ao Vivo, entre outras, a súa implicación,

sen a cal « non sería

posible este evento», salienta.

Esta compostelá está vinculada

ás artes escénicas desde

moi nova. O seu primeiro contacto

coa formación musical foi

no conservatorio, onde estudou

catro anos e obtivo o grao elemental

co clarinete como instrumento.

Despois, e xa de maneira

autodidacta, comezou coa guitarra

e o acordeón. Actualmente

posúe alta formación noutras

artes escénicas como a danza

contemporánea, claqué, teatro,

O BNG edita o CD “Na música somos Ames”

O disco recolle doce pezas de interpretes e grupos do concello

O BNG presentou o cd nun

concerto no que actuaron algúns

dos músicos que se inclúen

no disco. Segundo os

nacionalistas “ Para o BNG é

importante achegar a música

que nace no noso concello aos

veciños e veciñas de Ames,

polo cal, para a presentación

do CD, pensamos nunha sesión-vermú

entendida coma un

espazo aberto, de lecer, onde

escoitar música en directo e

disfrutar coas amizades e a

familia, deste xeito, ademais,

contribuímos a dinamizar o

sector hostaleiro local dun xeito

simbólico”.

O recopilatorio “Na Música

Somos Ames” conta con

grupos e músicos dunha gran

calidade artística: Javier Constela,

Maianas, Biribirlocke,

Aspergillus, Som do Galpóm,

Caxade, Xacobe Martínez Antelo,

Pilar Martínez, Banda de

Gaitas os Castros, Verdegaio,

Dúo Finisterrae, Orquestra

os Modernos. A intención do

BNG con esta compilación “ é

poñer en valor a creación cultural

que se fai a nivel local, polo

Foto grupal dos finalistas. Foto: concello de Teo

que intentamos reunir o maior

número de grupos de Ames

cando menos cun disco gravado

neste compilatorio.A nosa

proposta tivo moi boa acollida

entre os grupos musicais, que

amosaron moi boa disposición

para facilitarnos unha peza que

formase parte deste proxecto“.

Dase ademais a anécdota de

que o nº 1 da candidatura do

BNG de Ames e o cantade do

grupo Aspergilus que participa

tamén no disco

Fontes:BNG Ames, Lindeiros.

clown, circo e nocións de danza

africana. Ademais, está a se iniciar

no mundo da nosa música

tradicional coa aprendizaxe da

pandeireta. Ten realizado varios

concertos en distintos locais

como cantautora. Comezou a

compoñer ao redor dos dezaseis

anos.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros

A gañadora, Sofía Espiñeira. Foto:concello de Teo

Recopilatorio na música, somos Ames. Foto: BNG Ames

maio 2015 pasou 23

A Fundación La Rosaleda

entregou o Ramiro Carregal

A cuarta edición do premio recaeu no doutor Eduardo Díaz-Rubio

O Dr. Eduardo Díaz-Rubio

García converteuse no cuarto

Premio Internacional de Investigación

Oncológica Ramiro

Carregal. O xefe de Servizo de

Oncoloxía Médica do Hospital

Clínico San Carlos é actualmente

o catedrático de Oncoloxía

máis antigo da Universidade española

(dende 1992), o que deixa

en evidencia a súa dilatada experiencia

neste ámbito “no que

é todo un referente”, tal como

sinalou o presidente executivo

do Xurado, o Dr. Rafael López.

Xunto con eles compartiron

mesa presidencial a conselleira

de Sanidade, Orballo Mosquera;

o presidente da Xunta de

Galicia,Alberto Núñez Feijóo;

Rafael Silva, en representación

da Fundación La Rosaleda, e

o presidente de honra do Xurado,

Ramiro Carregal Rey, que

foi o encargado de facer entrega

do galardón o premiado.

O Dr. Díaz-Rubio agradeceu a

concesión do prezado galardón

que supón tamén un premio

a toda unha vida dedicada á

Oncoloxía, gran parte dela no

Hospital Clínico San Carlos de

Madrid onde contribuíu a crear

o Instituto Oncolóxico do que é

director. Ademais é pioneiro no

noso país no desenvolvemento

da especialidade de Oncoloxía

médica cun sentido integral da

asistencia, docencia e investigación,

facetas todas que explicou

nunha breve conferencia impartida

durante o acto.

Fontes: Fundación La Rosaleda,

Lindeiros.

A Cámara de Comercio

publica un libro polo 125

aniversario

A edición recolle a historia recente da

organización

A Cámara de Comercio de

Santiago de Compostela presentou

hoxe a publicación “125 años

da Cámara de Comercio, Industria,

Servizos e Navegación de

Santiago de Compostela”, creada

en colaboración co Concello de

Santiago e ABANCA e deseñada

pola editorial Bolanda Ediciones

y Marketing.

A Cámara de Comercio de

Santiago conmemorou o pasado

ano o 125 aniversario da institución,

centrada en velar polos

intereses xerais das empresas

instaladas en calquera dos treinta

e dous concellos da súa demarcación

cameral. Jesús Asorey explicou

que esta publicación ven a

poñer o “broche final” aos actos

conmemorativos do 125 aniversario

da Cámara de Comercio,

unha institución de “referencia”

para as empresas de Santiago de

Compostela e a súa área de influencia.

É unha ollada ao pasado

pero tamén ao futuro”.

Fontes: Cámara de Comercio,

Lindeiros.

Momento da entrega do premio. Foto: Fundación La Rosaleda

Presentación do libro na sede da Cámara. Foto: Cámara de Comercio

24 pasará

Visita un museo

Museo do traxe Juanjo Liñares

Situado no Campo da Feira da

vila de Ordes o Museo do traxe

Juanjo Liñares e froito da doazón

que fixo o bailarín , natural

da vila, da súa colección particular

de traxes rexionais.

O edificio que agora alberga o

Museo era o antigo ambulatorio

da localidade. Cada unha das

plantas conta con máis de 200

metros cadrados de superficie.

Na planta baixa encóntrase o

salón de actos, unha biblioteca,

onde se encontran tamén libros

sobre danza doados polo bailarín,

a recepción e o almacén.

A primeira e a segunda planta

contan cada unha cunha gran

sala de exposicións. A primeira

leva o nome e está dedicada á

nai do bailarín, Valentina Martiáñez,

e a sala de exposicións

da segunda planta homenaxea

a súa primeira parella de baile,

Teresa Marcos. Estas salas están

formadas por amplas vitrinas

onde se expoñen os traxes da colección;

alí podemos contemplar

numerosos conxuntos típicos

das diferentes comunidades autónomas

e provincias españolas,

así como outros tan peculiares

como un pertencente a Antonio

Gades do ballet “Vodas de Sangue”,

outro traxe de flamenco de

Rocío Jurado, outro de Manuela

Malasaña, e así ata case 300

traxes que xa están expostos,

dos máis de 1.000 que Liñares

doase no seu día para o museo.

Ademais o museo tamén alberga

unha exposición de

cruces e crucifixos, doados

tamén polo bailarín, así

como diferentes complementos

das indumentarias.

Durante o percorrido das escaleiras

que comunican cada unha

das plantas pódese ver ademais

unha ampla mostra de fotografías

do bailarín e coreógrafo

ordense, con diferentes caras famosas

e profesionais que participaron

na súa vida artística. No

salón de actos, inclúense tamén

unha serie de debuxos pintados

a carbón polo propio Liñares.

Horario de visita

Martes a domingo 10:00 a

14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Festivos apertura de mañá.

Emir Kusturica tocará nas

Festas da Ascensión

Estará acompañado pola sempre sorprendente

The No Smoking Orchestra

A praza da Quintana acollerá

sábado 16 de maio a actuación

do internacional artista balcánico

Emir Kusturica dentro da programación

das Festas da Ascensión.

Emir Kusturica e un produto da

súa terra e das penurias que pasou;

nacido bosnio musulmán

declarouse publicamente serbio,

seu pai foi un serbio convertido

o islam e el converteuse o cristianismo;

defínese como iugoslavo

aínda que ten tamén nacionalidade

francesa; é toda esta mestura

de ideas e sentimentos o que reflexa

tanto na súa faceta de director

de cine como na de músico

coa que chega a Compostela.

Os integrantes do proxecto

liderado por Emir Kusturica

destacan de si mesmos que non

seguen relixión, negocio nin dogmas

e que son unha formación

nómade. Esa liberdade creativa

levounos a percorrer medio mundo

co seu espectáculo único e

rítmico, que sitúa na vangarda as

súas raíces musicais balcánicas e

que coloca a calidade por enriba

do afán comercial.

Emir uniuse a banda por primeira

vez en 1986 como baixista,

con ela grabaría catro discos ata

a súa disolución. En 1994 retoman

a actividade e conseguen a

Palma de oro de Cannes a mellor

banda sonora por “Gato negro,

gato blanco” , disco que contén

ademáis o seu primeiro éxito internacional

“pitbull terrier”.

A gravación en 1999 de “Unza

unza time” supuxo o inicio dunha

traxectoria de directos nos que

o baile e a diversión son inevitables

e ese é precisamente un dos

obxectivos da banda: que “non

Lindeiros

haxa un par de pés que logren

estar quedos mentres tocamos”.

Abandeirados dun son explosivo,

recibiron unha gran acollida

da crítica e tamén do público que

asistiu aos seus concertos en cidades

como Bos Aires, Tokio,

Nova York, Sidney, Tel Aviv, San

Paulo, Montreal, Moscova, París

e un longo etcétera.

No 2005 esta carreira vese reforzada

coa gravación dun DVD

en directo en Bos Aires dirixido

polo propio Kusturica e titulado

“live is a miracle”; dous anos

despois publican a opera rock

“times of the gypsies” composta

por parte dos membros da banda

e ese mesme ano sacan un

novo disco “The wish” co que

deron mostra da creatividade da

formación.

Traxe de noiva s. XIX na ExpoOrdes”. Foto:Loli Fdez.

Emir Kusturica. Foto: Derzsi Elekes Andor

maio 2015 pasará 25

As Crechas resiste,

boa programación

para maio

É dos poucos locais de Compostela que

segue acollendo concertos e actividades

Unha das citas que non se poden

perder son as catas de viños

galegos e libros; o 14 deste mes

Vide Vide mostrará novos caldos

acompañados polo traballo

de Eduardo Estévez. O aforo

e limitado así que xa podedes

reservar en reservascrechas@

gmail.com

O día seguinte, o venres 15,

para relaxar o ecuador da campaña

electoral Boquete ofrece os

seus monólogos acústicos onde

mestura as facetas de contacontos,

músico e monologuista coa

única finalidade de facer rir.

O xoves 21 chega as crechas

La Baldosa flotante, o proxecto

musical de David Larrinaga,

unha especie rara de cantautor

ao que lle gusta beber de fontes

antigas, montañas andinas,

Mongolia ou a India.

Como é habitual a programación

deixa sempre espazo para

as experiencias folk e en maio

poderemos viaxar ata os países

árabes da man de Taqsim, grupo

de música e danza árabe que fusiona

diferentes ritmos étnicos

interpretados mediante laúde

turco, darbuka, frauta e caixón

flamenco, entre outros, e todo

isto acompañados pola sempre

mística danza do vientre.

O Xoves 28 a compositora

chilena Natalia Contesse

interpretará tonadas, cuecas,

décimas, refalosas, refranes...

con arranxos musicais moi elaborados

e incorporando novos

elementos.

O Venres 29 o músico Luiz

Caracol, cantor e autor portugués,

mestura a música portuguesa

coa dos países africanos.

Unha das figuras emerxentes

do país veciño, presentará aquí

o seu primeiro disco, ‘Devagar’.

E por si todo isto non chegara

ata o 31 expo ‘Nocturna’, de

Alexandre Cortinhas

A noite como un concepto.

En Nocturna, amósase a ‘luz da

noite’ e a ‘escuridade total’ ou

ausencia de luz na noite.

VI Encontro de Bolillos e Labores

Artesanais en Ames

O 7 de xuño organizado pola Asociación Cultural A Silva

O concello de Ames e a Asociación

Cultural A Silva asinaron

recentemente un convenio

de colaboración para a celebración

do VI Encontro de Bolillos

e Labores Artesanais. Esta cita

terá lugar no pavillón do Milladoiro

o vindeiro 7 de xuño e a

ela está previsto que acuda preto

de medio milleiro de persoas

de toda Galicia.

O encaixe de bolillos como

outros formatos de encaixe naceron

en certo modo cando en

1806 inventouse a máquina de

bordar; os artesáns da época

tentaban facer cada vez encaixes

máis complicados que non

se pudieran replicar, ainda que

daquela a tecnoloxía acabou

por vencer.

A través desta xuntanza preténdese

revalorizar os traballos

tradicionais realizados con fío,

promovendo a súa transmisión

e fomentando o intercambio

de coñecementos en torno ás

diferentes técnicas empregadas.

Desde o concello se destaca

que este tipo de encontros

“favorecen a divulgación da

cultura e a conservación das

nosas tradicións” ademáis de

que a alta participación neste

evento “representa un importante

impacto económico para

O Milladoiro”.

A Asociación Cultural A Silva

explica que no Encontro de

Bolillos e Labores Artesanais,

os asistentes poden amosar

as súas creacións con encaixe,

bordado, calceta, punto de

cruz… e mesmo establecer re-

lacións comerciais ou poñer en

común proxectos de negocio.

A actividade desenvolverase

de 10:00 a 14:00 e de

16:00 a 19:00 horas.

Os interesados poderán

inscribirse a través dos teléfonos

607 769 830 e 881 972

586 ou no enderezo asociacionasilva@gmail.com.

O

prazo finaliza o 30 de maio.

Cartel do Encontro de bolillos. Foto: Asociación A Silva

Natalia Contesse. Foto: Natalia Contesse

26 pasará

Talía teatro estrea “Demolición”

Dirixida por Candido Pazó esta interpretada por Artur

Trillo e Toño Casais

Talía teatro naceu no 1988 e

cos anos converteuse nunha das

máis reputadas do panorama galego.

O director; Candidó Pazó,

leva enriba dos escenarios desde

1975 tanto en facetas de actor

como monologuista ou director.

Demolición e como di a compañía

“unha situación, un conflito,

personaxes e diálogo. Catro

pés para o banco da comunicación

teatral. Hai outros. Pero

quixemos probar se chegaba con

estes para que o banco se mantivese

en pé.

A cita no Salón Teatro de

Compostela desde o 14 o 17 deste

mes de maio.

Un momento da obra “Demolición”. Foto: concello de Santiago

María Move e Álvaro Reboredo

“Fitinho” xúntanse no

2015 para a creación dun espectáculo

que conxuga a música en

directo, a danza, o circo e o teatro:

AIREnoAR.

Para este primeiro proxecto

contan coa participación de

Rut Balbís na dirección, Afonso

Castro na iluminación, Manu

Lago na produción e deseño

gráfico e Fabiana Correa na

fotografía. María Move traballa

na música en directo e

interpretación e Álvaro “Fitinho”

na técnica de corda lisa e

interpretación.

Colaboran coa produción:

Teatro Principal de Compostela,

Normal, Centro Sociocultural

de Santa Marta e Circonove.

A idea e o traballo previo para

a estrea, o deseño en si mesmo e

os ensaios, leváronse a cabo na

aula de dan da Universidade da

Coruña da que e coordinadora

Rut Balbís. Rut é ademáis a di-

Lindeiros

Estrea de AIREnoAR

en Compostela

O espectáculo e tamén o primeiro da compañía

do mesmo nome

rectora de Pisando Ovos, unha

compañia de danza contemporánea

con residencia no Teatro

Ensalle de Vigo, coa que acadou

galardón como o primeiro

premio no XXI certame coreográfico

de Madrid coa peza NO

intre 1800 no ano 2007.

En este espectáculo a escena

convértese no medio onde corpo

e voz, o físico e o emocional

representan a dualidade do ser

humano. AIREnoAR fala de

encontro e desencontro. Habilidades

e destrezas loitan nunha

relación de busca do entendemento

para chegar á harmonía.

O espectador é partícipe da

creación in-situ do espazo sonoro…

AIREnoAR é poesía, beleza

e equilibrio.

A data o 20 de maio no teatro

Principal en estrea absoluta

e como punto de partida dunha

xira por distintos espazos de

Galicia.

Un momento dos ensaios. Foto: Fabiana Correa

maio 2015 deportes 27

Escola de Béisbol y Sófbol Os Tilos-Teo

No verán do 2013 os cativos de

Os Tilos buscaban como sempre

algo no que entreterse mentres

os pais facían vida social o carón

do parque; un dos rapaces

achegouse para pedir permiso

para xogar a béisbol, e como soe

pasar os pais no pensaron moito

na petición e seguiron falando;

os responsables da escea eran

un chileno chamado Max e a

súa sobriña Paloma que cada

tarde desde aquel día chegaban

co bate, a bola e o guante para

delicia dos cativos do barrio que

se apuntaban encantados o xogo.

Os agasallos en cumpreanos,

Nadal e outras celebracións comezaron

a ser bates de béisbol,

guantes ou bolas e os pais, vendo

o entusiasmo dos cativos, decidiron

crear o Club de beisbol

de Os Tilos e pedirlle a Max que

fora o adestrador. Todos coinciden

en que Max Contreras Burgos

e alma do Clube, foi capaz

de ilusionar os nenos pero tamén

de implicar os pais para que

axuden preparando o campo,

recaudando cartos para poder

facer campus e actividades, e en

definitiva movendo desde dentro

a organización.

A día de hoxe o Clube conta

con 27 rapaces en total que

participan en categorías alevín,

infantil e cadete e están todos

federados. No inverno adestran

no Pavillón Polideportivo e cando

se pode no campo de fútbol

de A Cañoteira en Cacheiras.

Os rapaces acoden cada ano a

un mínimo de 3 competicións

rexionais o ano e pagan unha

matricula de 15 euros o mes.

O equipo participa regularmente

na liga galega Xogade

de béisbol e softbol e xa ten

enviado algún rapaz a reforzar

outros equipos en competicións

nacionais como sucedeu a finais

de verán pasado cando 3

dos xogadores cadetes foron na

selección galega a xogar en Valencia

no Campionato de España,

Tomé Cuntín, Alejandro de

Jesús Amarante y Yeray Brocos,

sendo os dous primeiros elixidos

entre os mellores xogadores do

torneo.

o deporte do béisbol ten a

vantaxe do amplo abano de deportistas

que permite, as súas

características fan que tódolos

tipos de xogadores teña un espazo,

xa sexan máis lentos ou

máis rápidos, máis estratéxicos

ou máis impetuosos; nas ligas

profesionais algúns xogadores

chegan a cumprir os 50 anos en

activo.

O mellor xeito de contactar

con eles e polo facebook https://

www.facebook.com/cbsostilos

ou no correo electrónico club.

beisbol.os.tilos@gmail.com.

Fotos: Loli Fdez.

28 deportes

Lindeiros

Oriol Junyent abandona a competición

Non foi capaz de recuperarse da lesión de xeonllo do pasado curso

Oriol Junyent anuncio a súa

retirada como xogador de baloncesto,

tras, a pesar de moitos

traballos e rehabilitación, non

conseguir recuperarse da lesión

de xeonllo que sufriu o pasado

curso. O pivote compareceu

ante os medios, no pavillón que

foi a súa casa durante estes últimos

anos da súa carreira, o Fontes

do Sar.

O conselleiro do club, Óscar

Rodríguez, empezou agradecendo

ao catalán o ?vestir a camiseta

do Rio Natura Monbus

Obradoiro, sendo en todo momento

un exemplo de xogador

de club, de compañeiro e de capitán.

Axudounos a conseguir

éxitos deportivos colectivos e

tamén éxitos individuais, co

desenvolvemento doutros xogadores

que creceron ao seu lado,

complementando o magnífico

traballo do noso equipo técnico?,

declaraba.

Moncho Fernández, en nome

do corpo técnico do club, tamén

expresou os seus sentimentos:

?Hai dúas fotos no meu despacho

que resumen a miña relación con

Ori. Unha é do ascenso a Liga

Endesa, na que me está levantando

polo aire. A outra, un póster

con todos os xogadores e unha

palabra á beira de cada un, que

no seu caso é COMPROMISO?.

Foi breve tamén o seu compañeiro

durante dous anos, Rafa

Luz, ao que lle tocou recoller a

testemuña da capitanía no vestiario

galego: ?É o momento máis

difícil que ningún xogador se

expón. Acábase a carreira dun

grande, non só como xogador.

Axudou a triunfar a moitos máis

aló de si mesmo, e esa é a imaxe

que teño del. Se hoxe son capitán

é polo que aprendín con el.

Grazas por compartir vestiario

comigo e ensinarme tanto?.

Cando chegou a quenda do

protagonista, un aplauso invadiu

a sala de prensa, e un visiblemente

emocionado Oriol explicou

os seus sentimentos

Voume cun sabor agridoce,

xa que me gustou seguir exercendo

a profesión que tanto amo

durante máis tempo, pero a incapacidade

física do meu xeonllo

impídemo. Aínda que quedo con

todo o vivido durante estes case

21 anos de xogador profesional.

Foron moitos os equipos nos que

estiven; afeccións e seguidores

que me apoiaron e aplaudido;

adestradores que apostaron por

min, ensinándome cada día a

crecer como profesional e moitos

compañeiros que estiveron

ao meu lado ao longo da miña

carreira que me ensinaron a ser

mellor persoa.

Quero agradecer a todos e

cada un a confianza, o agarimo

e o respecto que depositaron

en min no seu día e espero non

decepcionalos. Houbo moitas

viaxes, moitas horas de adestramentos,

moitas risas e alegrías?E

tamén, como non, días menos

bos. Quedo coa satisfacción, de

crer facer ben o meu traballo.

Considérome un xogador honesto,

traballador e bo compañeiro

que sempre traballou duro para

dar o mellor de min en cada un

dos Clubs nos que estiven.

Oriol levaba ligado ao Rio Natura

Monbús desde a tempada

2011-2012 e era na actualidade o

seu capitán

Fontes: Rio Natura Monbus, Lindeiros

Oriol na rolda de prensa da despedida. Foto:Río Natura Monbus

A S.D. Negreira preparase na

Piscina Climatizada de Negreira.

O equipo intenta o ascenso a 3º división

O equipo inmerso na loita por

ascender a 3ª división, segue a

preparar o tramo final de liga

coa intención de conseguir a volta

a terceira división, un ano despois

do descenso de categoría.

O conxunto adestrado por

José Manuel Pose, fixo o pasado

21 de abril unha visita a Piscina

Climatizada de Pedra Mámoa

convidados polo Concello de

Negreira, onde levou a cabo

unha sesión de Pilates e despois

visitou a Piscina onde realizaron

exercicios de recuperación. O

Negreira afronta o tramo final

de liga coa ilusión de pelexar

polos primeiros posto na clasificación

e conquerir o ansiado

ascenso despois dunha tempada

chea de dificultades.

O mes de maio vai a ser un

mes clave para o equipo roxillo

onde vai xogar cinco auténticas

finais, coa ilusión e o apoio de

todo os seguidores negreireses; a

primeira delas a gañou na fin de

semana do 3 de maio na casa do

C.D. Castro e segue o fronte da

clasifiación.

Fontes: concello de Negreira,

Lindeiros.

A SD Negreira na sesión de entrenamiento. Foto concello de Negreira

Se tes algo que

contar,

comunicar

denunciar

escríbe

contacto@

lindeiros.com

ou

chama ao tfno

634 747 956

maio 2015 deportes 29

5 Medallas para o

Oroso Tenis de Mesa

O equipo participou no Campionato

de España en categoría escolar

Dende o día 01 ao 03 de Maio,

celebráronse en Albacete os

Campionatos de España de Seleccións

Autonómicas. O Oroso

TM, acudía á cita representado

por 4 dos seus xogadores. Tres

deles,Silvia Álvarez en cadete

feminino, Uxio Regueiro en

cadete masculino e XAndre

Igrexas en infantil masculino

foron seleccionados para representar

a Selección Galega;

mentres que Sara Martínez, representaba

á Selección de Castela

e León, de onde é natural,

na categoría cadete feminino.

Con estes resultados o Oroso

TM convértese no segundo

club de España (só por detrás do

Alicante TM) que obtén máis

medallas nestes Campionatos

de España. Ademais, foi o club

galego (xunto co Narón TM) en

achegar máis xogadores á Selec-

ción Galega, cun total de 3 representantes.

Todo un éxito para

este club de canteira que unha

vez máis demostra o bo traballo

realizado día a día nas súas filas.

Un bo resultado para o Oroso

Tenis de Mesa que compensa

o mal sabor de boca de ter que

perder acategoría na Superdivisión

masculina e abriga esperanza

de cara a un retorno a

categoria con estes recambios.

O clube ten tamén posta a

mirada no equipo feminino que

podería ascender a Superdivisión

e manter polo menos un

dos equipos das categorías superiores

nas zonas altas do tenis

de mesa nacional. Traballos que

avalan a traxectoria dun magnífico

club.

Fontes: Oroso TM, Lindeiros

VII Cross Ambiental e III

Andaina Memorial Estebo Xosé

Ambas probas se celebran o 23 en Ordes

O VII Cross Ambiental e a

III Andaina Concello de Ordes

Memorial Estebo Xosé xa

teñen data de celebración: será

o vindeiro xoves 23 de maio,

sendo unha vez máis o Campo

da Feira de Ordes o punto de

encontro para todas e todos os

corredores. Trátase dunha das

competicións de atletismo máis

importantes de toda a comarca,

na que o ano pasado se congregaron

máis de 500 atletas de todas

as idades.

Nos últimos anos as carreiras

populares, as andainas e os

roteiros de senderismo converténronse

en deportes que practican

milleiros de persoas ata

o punto de que existe xa unha

Liga Galega de Carreiras Populares

na que esta incluida tamén

esta proba.

Este ano a III Andaina terá

un percorrido de 9.500 metros e

arrancará ás 18.35 horas. No que

se refire ás probas de competición

iniciaranse ás 17.45 horas,

e nelas poderán participar xente

de todas as idades dende os 0

anos. Os percorridos irán dende

os 150 ata os 10.000 metros.

Nesta edición os premios, según

a categoría, irán dende cantidades

en metálico a trofeos,

medallas e agasallos sorpresa.

A todos os participantes tamén

se lles entregará gratuitamente

unha entrada para o Museo do

Traxe, ademais de froita, bebida,

bolsas bandoleiras e chocolate

quente unha vez concluída a

proba. Tamén haberá sorteos de

agasallos sorpresa entre todas e

todos os atletas.

Aqueles que queiran partici-

par teñen ata o próximo 21 de

maio para inscribirse a través

da web www.carreirasgalegas.

com. Tamén dispoñen do teléfono

660694586 e do correo

electrónico atletismoordes@

hotmail.com para solicitar

máis información. Hai que dicir

que o día da proba non se

recolleran inscricións.

O VII Cross Ambiental e a

III Andaina Concello de Ordes

Memorial Estebo Xosé están

organizados polo Club de Atletismo

Ordes e o Concello

de Ordes, contando co patrocinio

de María Fraga, Eurofrut,

Panadería Gende, Susana

Morlán, Bar Correos, e a Deputación

da Coruña.

Fontes: concello de Ordes Lindeiros.

Xogadores do TM Oroso. Fotos: TM Oroso

A competición o ano pasado. Foto:concello de Ordes

30

Lindeiros

Xosé Marcial Díaz Manso

É enxeñeiro agrónomo e gandeiro naceu con concello

de A Bola en Ourense e vive en Ames desde fai

20 anos.Traballou no sistema de

información territorial de Galicia (SITGA) e

actualmente o fai no Instituto de Estudos do

Territorio (IET) da Consellería de

Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas

Escaparates

A principios do século XX comeza nos Estados Unidos a decadencia da empresa agraria familiar

e a aparición de grandes corporacións que van adquirindo unha gran relevancia no mercado

alimentario. Sen embargo, a partir dos anos 60 co inicio do movemento back to land (volver a

terra), un número importante de pequenos granxeiros empeza a vender os seus produtos nas

comunidades locais. Hoxe en día no mundo “desenvolvido”, apréciase un crecemento lento

pero sostido de agricultores e consumidores que tratan de reconstruír relacións e hábitos de

consumo baseados na produción local, onde produtores e consumidores se coñecen.

Os sistemas locais de consumo son unha alternativa os modelos das grandes corporacións onde

produtores e consumidores están separados por unha cadea de transformadores, comerciantes e

especuladores. Nos sistemas industriais o control de calidade recae en mans dos intermediarios,

mentres que no consumo local deposítase no consumidor e no produtor. Comprar e producir

localmente implica responsabilidade, sen embargo o modelo das grandes multinacionais non,

pois non podemos ser responsables de algo que descoñecemos. O consumo local está asociado

co dito: pensa globalmente e actúa localmente, proposto desde o movemento ecoloxista nos

anos 70 e hoxe asumido por case todos. Os que apoiamos un modelo de desenvolvemento

baseado no consumo de alimentos de proximidade consideramos que pequenos cambios no

xeito de producir, desenvolver e distribuír os alimentos, poden ter un gran efecto sobre a saúde,

os ecosistemas e a preservación da diversidade cultural e ambiental. Non esquezamos que a

alimentación é fonte de enerxética primaria para o ser humano.

É crucial o papel na estruturación sostible da economía que ten a pequena e mediana empresa,

polo que a posta en práctica dos principios de accesibilidade, proximidade, diversidade, calidade,

seguridade e xustiza social poden ser as compoñentes dun novo paradigma económico que xa

está aquí. En Galicia a recuperación dos mercados locais, en sintonía co que está a suceder

noutras partes de Europa, estase convertendo nunha necesidade urxente de cara a supervivencia

do noso sistema de asentamento. Os seus beneficios e vantaxes van desde os aspectos culturais,

ambientais e económicos ata os territoriais. Xestionar un territorio despoboado pode resultar

caro e moi problemático. Estes mercados favorecen a economía local evitando o abandono

e o despoboamento das nosas zonas rurais, potencian a nosa cultura, as nosas paisaxes, nos

convocan a recuperar os praceres da cultura gastronómica favorecendo o consumo de produtos

frescos, estacionais e orgánicos. Ás veces estes produtos son aparentemente mais feos pero

certamente moito máis saborosos e saudables.

Os mercados locais son un incomparable escaparate da

nosa riqueza e diversidade agraria, do noso presente e

do noso pasado polo que estimular os circuítos de venda

directa pode contribuír a humanizar os nosos cidadáns

mostrándolles, orgullosamente, a idiosincrasia da nosa

contorna rural.

MERCADILLOS

Ames

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingos 17 de maio y 7 junio

(80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - Xoves

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santiago de Compostela

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

OUTROS MERCADOS

Santiago de Compostela

-Martes - Lusco e Fusco en Belvís

Teo

-Sábados - Mercado labrego en Os Tilos

maio 2015 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:25, 7:35, 8:55, 10:05, 10:15, 12:20, 14:55, 16:05,

18:20, 19:30, 21:50

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro: 981 535

940

Casa da Cultura Bertamiráns: 981 891

017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de Lestedo: 981 502

297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de Negreira: 981 885

736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. Sociocultural A Ramallosa: 981 805

700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502 024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

Sábados: 8:50, 10:05, 10:55, 10:55, 12:20, 14:55,

19:30, 21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:05, 12:20, 14:55, 19:25,

19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30, 15:20, 15:30,

18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00, 14:00, 16:00, 20:00,

20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30, 12:00, 18:00,

20:00, 20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 8:10, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 20:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:15,

14:00, 15:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00,

22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 14:30, 18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00,19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

HORARIO DE AUTOBUSES, inverno

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:30 (lectivo), 7:50, 8:30, 9:10, 10:00, 10:45,

13:15, 15:00, 16:45, 18:00, 19:00, 20:20 ( L -X lectivos).

*Por Cacheiras 20 minutos máis tarde.

Sábados: 8:30, 10:00, 15:00. 18:15.

Domingos e festivos: 9:00, 18:15

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 13:30 ( lectivo)

14:00, 15:15, 16:30, 18:15( lectivo), 19:00, 20:30,

21:30 ( L - X lectivos)

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40, 9:00, 10:35, 12:45, 16:05

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 12:00, 13:00, 15:30, 18:30, 20:45

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00, 16:05,

17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00, 18:00,

19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:40, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:40, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 06:45 a 20:45 cada hora.

*Bertamiráns 7:10, 8:05 cada hora hasta 21,05.

Sábados: 07:45, de 08:45 cada 2 h. ata 19:45

*Bertamiráns 8:05 ata 20:05 cada dúas horas e 21:45

Domingos e festivos: 08:45, de 09:45 ata 19:45 cada 2

h. e 21:45. *Bertamiráns 9:05 10:05 cada dúas horas

ata 20:05 e 21:45

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45, 8:45 ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45 , 10:45 ata 20:45 cada 2 h. e

22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45 ata 20:45 cada 2

h. e 22:30

Autocares Mosquera

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma ) - Santiago

L - V: 7:15, 7:40 ( lectivos) 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 14:30 (lectivos), 17:00, 18:30

( lectivos), 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 6:42, 15:17, 17:23, 20:32

Sábados: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 20:32

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:32, 21:52

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00, 20:00, 22:00 (venres

vísperas de puente)

Sábados: 10:00,14:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00,

21:00 ( fin de puente)

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14,25, 17:25, 19:25,

21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:10, 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 08:25, 09:25, 10:45, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 09:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:30, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15.

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:50

Sábados:8:35, 10:50, 14:50, 17:20, 18:35, 22:55

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:15, 14:00,

15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

Aucasa

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

Empresa Freire

Arzúa - Arca - Santiago

L - V: 7:30, 7:55, 8:10, 10:35, 12:05, 14:15, 14:55, 15:40,

18:05, 20:55. *por Arca 25 minutos despois, aprox.

Sábados: 8:10, 12:10, 10:30, 12:10, 15:45, 18:05

Domingos e festivos: 8:05, 12:05, 15:40, 18:05,

20:55 (Sábados non circula)

Santiago - Arca - Arzúa

L - V : 7:00, 9:15, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30,

20:00,21:00 ( Venres lectivos)

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30,

20:00 ( sábados non circula)

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32 memorias dos nosos maiores

Antonio

Lea Blanco

Veciño de Teo

Lindeiros

Antonio contempla a vida

desde os seus 82 años coa tranquilidade

que da vivir no rural.

Foi a escola na parroquia da

Igrexa, nunha casa aínda en pe

na que rapaces e rapazas tiñan

cada un as súas aulas e na que

os profesores vivían na parte

superior. A Antonio gustáballe

ir a escola pero en canto chegaba

a primavera, o momento

duro da labranza, deixaban de

ir pola tarde para poder axudar

en casa; lembra que daquela

aproveitábase todo e non so o

que se plantaba se non tamén o

mulime do monte e un o escoita

dicir con certa tristeza que

hoxe parece unha selva.

cando se mataba o porco

aproveitaban a vincha para

cosela e facer unha pelota coa

que pasaban a tarde dando patadas,

era un dos seus xoguetes

preferidos.

Si un lle pregunta pola comida

deixa escapar unha mirada

pícara para explicar que o que

máis lle gustaba eran as patacas

fritas. Conta tamén como

levaban os cereais a moer ao

muíño de Solláns, en Calo;

normalmente un saco de millo

e un pouco de centeo para

despois poder facer a mestura

e que o pan de broa fora máis

doce. Pola porta achegábanse

as peixeiras, collían o pescado

en Balcaide dos camións que

viñan dos portos e despois o

repartían polas aldeas; según

Antonio sacaban máis das limosnas

que a xente lle daba en

forma de comida que da venda

do pescado.

As festas son tamén bos recordos

pero especialmente

cando o levaban a Ascensión

en Santiago, camiñaban polo

monte ata chegar a Montouto e

desde alí baixaban a cidade.

Antonio aguantou no campo

ata os 35 pero despois, como

outros moitos, comezou a traballar

na construción; formaban

parta dunha cuadrilla que

ia polas aldeas arranxando

casas e iso fixo ata que se xubilou.

Pero iso o compaxinou

con un montón de actividades,

podalas viñas, matar porcos,

e incluso unha das cousas que

máis lle gustaban: facer cestos.

Vendíanse moitos porque usábanse

nas labores do campo

ata que comezaron a chegar os

capachos de plástico; comezábase

cunhas varas de carballo

coas que se facía o fondo e as

guías nas que se insertaban varas

de vimbio ou salgueiro.

Antonio fala con resignación

do abandono do campo, pese a

traballar moitos anos na construción

nunca deixou de facer

cousas na casa e cando un

fala con él dáse conta de que,

no fondo, o traballo no campo

gustáballe aínda que preferira a

escola.

Cacheiras, 31 de marzo de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!