04.05.2015 Views

DESCUBRIMENTO DA ESTRUTURA DO ADN

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

DESCUBRIMENTO DA

ESTRUTURA DO ADN

Autoras: Aida Limeres Pillado e

María Martínez García

PRIMEIRA EDICIÓN O 30-02-2015

PRÓLOGO

Neste libro recolleremos a historia de como se

descubriu a estrutura do ADN, a chamada “molécula da

vida”.

Para isto trasladarémonos a mediados do século XX, a

través das vidas entrelazadas dos nosos catro

protagonistas: Rosalind Franklin, Maurice Wilkins,

James Watson e Francis Crick.

2

INTRODUCIÓN

A molécula de ADN foi descuberta por Friedrich

Miescher, mentres investigaba co pus das feridas e con

esperma de Salmón, en 1869. Esta molécula transmite

os caracteres hereditarios de xeración en xeración, por

iso foi un gran paso no mundo da ciencia.

Este acontecemento deu pé a

unha carreira por descubrir a

estrutura desta molécula.

3

CAPÍTULO I: ROSALIND FRANKLIN

• Nace no seo dunha familia xudea e adiñeirada o 25

de xullo de 1920 en Londres.

• Desde pequena mostrou un carácter introvertido e

gustos moi diferentes ás nenas da súa época. Prefería

xogar con cohetes, facendo proxectos ou resolvendo

problemas matemáticos,

antes que xogar con

bonecas.

5

Rosalind coa súa irmá Jennifer, 1930

• Aos 15 anos mostrou a súa verdadeira pasión, quería ser

científica.

• En contra da vontade dos seus pais, que non querían que

estudiase xa que estaba moi mal visto que as mulleres

estudiasen naquela época, consegue matricularse no

Newnham College de Cambrigde.

• Graduándose tres anos despois, en 1941, nas carreiras de

química, matemáticas e física.

Newnham College (Cambridge)

6

• En 1947 recibe unha oferta de traballo e marcha ao

Laboratorio Central de Servizos Químicos do Estado

francés, baixo a supervisión de Jacques Mering.

• Neste tempo especializouse na difracción e

cristalografía de raios X, estudios que marcarán o seu

futuro.

Rosalind na súa etapa en Francia

7

CAPÍTULO II: VOLTA A LONDRES

• Despois de mellorar a súa técnica, en 1950, volta a

Inglaterra reclamada polo director do Departamento de

biofísica do King’s College de Londres, John Randall.

• Este encárgalle que estudie sobre a

estrutura do ADN, proxecto no que

xa estaba estudiando o seu

compañeiro de laboratorio

Maurice Wilkins.

• Por ese motivo din que puideron

comezar os seus desentendidos.

8

CAPÍTULO III: MAURICE WILKINS

• Naceu en Nova Zelanda o 15 de decembro de 1916

• Estudiou en Cambridge.

9

• Nun primeiro momento interesouse máis pola

química e participou no proxecto Manhattan, no

diseño e construcción dunha bomba atómica para

empregar na Segunda Guerra Mundial en contra do

bando nazi.

• Anos máis tarde

interesouse pola bioloxía

no King’s College de

Londres, onde usando a

difracción de raios X

estaba investigando

sobre a estrutura

molecular do ADN.

10

CAPÍTULO IV: ROSALIND E WILKINS

• Nos seus estudios por acadar a forma da

“molécula da vida”, Wilkins rivalizaba con

outro equipo de investigadores de Cambridge,

formado polos científicos James Watson e

Francis Crick, aos que coñeceu ao coincidir

nun congreso en 1950 en Nápoles.

11

• Á chegada de Rosalind, Wilkins veu un duro

rival e ademais era muller, polo que forxou

unha amizade cos que eran ata entón os seus

rivais directos, Watson e Crick.

12

CAPÍTULO V: JAMES WATSON

• Naceu en Chicago o 6 de abril de 1928.

• Estudou na súa cidade natal e en Indiana, onde

acadou o doutorado en zooloxía.

• Mudouse a Cambridge

onde comezou a investigar

sobre a estrutura do ADN

xunto con Francis Crick.

13

CAPÍTULO VI: FRANCIS CRICK

• Nace o 8 de xullo de 1916 no Reino Unido.

• Traballa como físico militar durante a Segunda Guerra

Mundial.

• Finalizada a guerra, dedícase a bioloxía traballando en

diversos laboratorios.

• En 1951 coincide co biólogo estadounidense James

Watson nos laboratorios Cavendish

de Cambridge.

14

CAPÍTULO VII: A POLÉMICA DO ADN

• No laboratorio do King’s College seguíase a

traballar sobre a probable estrutura do ADN.

• En 1950 un bioquímico estadounidense, Linus

Pauling, propón un modelo estrutural para o ADN,

pero errou ao afirmar que era unha molécula de

tres hélices.

• Un ano máis tarde Rosalind da unha conferencia á

que asiste Watson, quen dúas semanas despois

presenta, xunto co seu compañeiro Crick, un

modelo de ADN.

15

• Rosalind e Wilkins, entre outros, trasládanse ata

Cambridge para coñecelo.

• Pero dito modelo non estaba

contrastado cientificamente,

o que avergonzou a Watson

e Crick, e creou unha maior

rivalidade fronte a Rosalind.

16

• Pola contra a amizade entre Wilkins e Watson

seguía en constante crecemento.

• Pero isto non afectaba a Rosalind, que seguía a

facer fotos cada vez mellore.

• En maio do 52 toma dúas fotos dunha sal sódica

do ADN, entre as que se atopa a famosa fotografía

51.

17

• Unha mañá na que Rosalind discutira con Wilkins,

estaba de visita Watson.

• Wilkins descontento, guiou ata a habitación onde se

atopaban as fotos de Rosalins a Watson.

• Entre estas fotos atopábase a foto 51, Watson

apropiouse dela xa que nada máis vela deuse conta

de cal era a verdadera forma do ADN, era unha dobre

hélice!

18

• En 1953 este, xunto co seu compañeiro de laboratorio

Francis Crick publicaron a estrutura do ADN na revista

Nature.

• Por este traballo, en 1962, concedéronlle o Premio

Nobel de Fisioloxía a James Watson, Francis Crick e

Maurice Wilkins.

• Rosalind Franklin morreu en 1958 por mor dun cancro

de ovario, probablemente pola continua exposición

aos raios X.

• Pero si esto non ocorrera… daríanlle o Nobel a ela

tamén?

19

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!