30.04.2015 Views

o_19k5gcfjq1q9413l6df6d0j187ua.pdf

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A MANSIÓN dos PAMPÍN

Preguntas

1.- Que pesa máis á hora de tomar decisións sobre os bens inmobles: o valor sentimental ou o

valor económico dos bens?

2.- Cales son os parámetros que emprega o Alcalde para afirmar que o seu pobo está en

expansión? Que é o progreso para él? Por que che parece que coincide co do Sr. Peteiro?

3.- Estás de acordo coa Sr. Pampín cando di que son “as casas vellas” as que desentoan nas rúas

da vila?

4.- Que operación pretende pechar o Sr. Peteiro?

5.- Que tipo de casas constrúe o Sr. Peteiro? Son axeitadas e respectuosas coa tipoloxía do

entorno?

6.- Paréceche lícito que se poida construír sen permiso? E sen proxecto?

7.- En que pensa o Sr. Pampín cando atopa o castro na súa finca?

8.- Que actitude toma o funcionario en relación coas dúbidas e demandas do Sr. Pampín?

Paréceche unha actitude responsable?

9.- Parece ser que o problema de vivenda nas cidades e vilas ten algo que ver coa falta e o prezo

do solo. Pensa unha posible solución

10.- Por que Peteiro e o Sr. Alcalde están interesados en comprarlle a finca ao Sr. Pampín, se a

finca “non vale para nada”? En que consiste a especulación urbanística? Que consecuencias ten

e quen son os responsables?

11.- Son envexables as vacacións da Familia Pampín? A sociedade de consumo: agrava ou frea

o problema da especulación urbanística?

Respostas

1. A familia Pampín aínda que na súa decisión alega razóns sentimentais, da máis valor a

parte económica. O lote que rexeitan pensan que apenas ten valor económico. Isto

demostra que ás veces a avaricia non nos deixa ver a realidade.

2. O Sr. Alcalde pensa que o pobo está en expansión porque se construíron edificios de

sete e oito pisos, montouse un “ Todo a cen”, vaise facer un polígono industrial, un

hipermercado, ten a esperanza de que se faga un rañaceos...

O progreso para él é ter edificios de moitos pisos, comercios con letreiros luminosos,

semáforos, moitos coches...

Porque os dous teñen a mesma visión do que é o progreso e de como debe de ir

cambiando o pobo.

3. Mentres estean coidadas, non teñen porqué desentoar, outra cousa sería se estiveran

abandonadas e en ruínas.

4. Quere mercarlles a finca polo que chama “un prezo razoable” e a cambio venderlles un

apartamento sobrevalorado.

5. Fai rehabilitacións de casas “tradicionais”. Pero en verdade non son casas tradicionais

polo que desentoan co entorno do pobo.

6. Non, porque hai que seguir unhas normas urbanísticas e ademais tense que garantir

unha seguridade, por iso é conveniente que un especialista faga un proxecto.

7. Que vai facer moitos cartos, xa que pensa que haberá un tesouro soterrado que o virá a

ver xente de todo o mundo ao igual que as pirámides de Exipto.

8. Recoméndalle que o tape, que se esqueza dos asunto, polo que me parece unha decisión

irresponsable, xa que lle está recomendando algo ilegal.

9. Rematar coa especulación urbanística e facer un bo plan urbanístico a nivel dos

concellos.

10. Porque era unha das poucas fincas que aínda non era das súas propiedades e ambos

poderían gañar moito con elas. A especulación urbanística consiste en comprar terras en

prezos moi baixos para despois recalificalas e así aumentar moitísimo o seu valor

económico. As consecuencias son a falta de chan e o elevado prezo, e os responsables

son os concellos e construtores.

11. Para eles son unhas boas vacacións xa que pensan que fixeron un bo negocio. A

sociedade de consumo agrava a especulación urbanística, xa que todos queremos

dispoñer de cartos para o consumo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!