16.04.2015 Views

O15. A cidadanía toma a palabra

O xornal do ano do cambio

O xornal do ano do cambio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

7

Opinión

Natalia Balseiro

Xestora cultural

Mentres tanto

Estíbaliz Espinosa

Poeta

Isto non hai

quen o pare

Pablo Gallego Picard

Arquitecto

Manifesto por unha

idea de cidade

Eu non sei o que quero, nunca o souben. Pero se o

corpo vibra é que algo importante acontece. Nos

últimos anos soñei con marchar lonxe, mais son de

aquí e unha panda de bárbaros non van facer que

marche.

Despois de tanto soñar, comezaron a pasar cousas.

Seguín moi de cerca o 15M con todas as súas

implicacións. Foi unha auténtica revolución. Seguín

a Ada Colau. Máis tarde souben que na Coruña se

estaba a activar a Marea. E seguina tamén. Sorprendeume

gratamente, vin os avances, a seriedade do

traballo, a comunicación e a visibilidade, as posibilidades

de participación, a apertura á crítica e as

persoas implicadas. Os corpos estaban a disposición

dos corpos, do proceso, a disposición da cidade, sen

contemplacións nin personalismos. O corpo vibra,

algo está a pasar.

Pasou o tempo. Non podía asistir ás reunións; a

conciliación é unha burla. Seguín o proceso a distancia.

Un día convidáronme a unha xuntanza da

Marea da Cultura. Alí vin persoas transformadas

en cidadáns activos, nomeando as cousas, as necesidades,

as dúbidas, as ideas, soñando xuntos unha

cidade posible. Vin o que soñara, cheirei os corpos…

outra vez vibrando. Estaba pasando algo.

Ese día deixei de soñar e decateime que de súpeto

chegastes vós, amigas e amigos, coñecidos, anónimos,

cidadáns da Coruña, implicadas, comprometidas,

currantes, valentes, mulleres e homes sen medo.

Sabias, responsables, formadas e con experiencias

diversas na xestión pública, na xestión privada e na

autoxestión. Persoas con ética, afectadas pola vida

igual ca min. Unha familia reunida á mesa con aspiracións

de cambiar o rumbo, disposta a poñer as

persoas no centro da acción política, deixando espazos

para vivir, traballar, crear espazos para educar

en igualdade, xerar contextos para que a cidade sexa

un lugar para a vida das veciñas e os veciños da Coruña.

Os corpos estaban a disposición

dos corpos, do proceso, a disposición

da cidade, sen contemplacións

nin personalismos.

Eu xa sei que corremos un risco, que sodes persoas

sen experiencia na Administración, xente nova, sen

experiencia política, que vides de lugares ben diferentes

e que a moitos non vos coñezo, pero tamén

sei que os que están non pensan na xente da cidade

senón nos visitantes, nas empresas de Madrid, en

construír dende arriba. Houbo moitos anos de especulación,

de intereses que sobrevoaban as decisións

de carácter local.

Agora, amigas, soño con que sexades honestas e

miredes polo ben común, sacrificando sempre aos

que máis teñen e non aos que nada teñen que perder.

A miña intuición e o meu corazón dinme que vos

escoite, que vos apoie, que forme parte de vós, que

poña o corpo en acción aínda que sexa dende a distancia.

Dime que non podemos saber se se pode ou

non ata que non probemos, non arrisquemos, non

tomemos partido.

Sedíame eu na illa de San... Antón, e cercáronmi as ondas.

Que grandes son! Pero non estaba soa, estabas ti,

vós, nós. Sedíamos nós. E fomos ficando sós. O mar, o

barco e máis nós.

E chegou a Marea.

Este recanto do mundo no que nos tocou vivir é fin

ou principio, segundo como interpretemos o mar. A

nosa cidade, A Coruña, pode ter vocación xeolóxica de

illa, pero non de illarse, e na Marea sóubose un desexo

común: acabar con certos xeitos de facer —de desfacer—

as cousas; e de aí sabemos que hai marea, como

sabemos que hai uns frescos do pintor Urbano Lugrís,

na rúa Olmos 25... unha cripta verde cunha banda no

teito: «Hic habitat felicitas». Aquí habita a felicidade.

Ai,si! Como facemos, Urbano? Onde hai que asinar?

Como se abre paso o que ten que ser para que así sexa?

Isto párese entre todas. Por iso

non hai quen o pare.

A natureza é preguiceira. Fará o que ten que facer

da maneira máis económica que saiba. Sen dispendio.

Sen gasto de enerxía. A matriz hexagonal dunha

colmea é a forma máis eficiente de lograr resistencia

sen peso. O líquido elástico dunha pompa de xabrón

permite sempre que a tensión superficial se redistribúa.

A forma máis económica. A máis transparente. A

máis simple.

Queremos artellar este ecosistema que é a vila na

que habitamos igual que se artella a natureza: facendo

o que ten que facer da maneira máis económica

e eficiente posible. Sabemos que moitos concellos,

como as torradas, caen sempre polo lado polo que se

untan. Non é lei de Murphy: é lei da física.

Unha organización humana esixe mecanismos de

convivencia máis complexos ca unha pompa de xabrón.

O mecanismo das mareas, da lúa, do devalo e

a preamar, tamén é complexo. E aquí sopra vento de

compoñente atlántica con forza 3 a 4, hai maruxíafortemaruxía,

xente que quere abrirse a máis xente, incontables

gota-a-gotas que fan Marea. E isto é o pico

de iceberg dunha impoñente forza submariña que

traballa ata as tantas, queima as cellas, deseña, dálle

á neurona, renderiza, organiza, emociónase, argalla,

retella, artella... que é unha arte.

E hoxe podemos dicir non só que hai Marea, que habela

haina: tamén que haberá. Haberá mareas e mareas.

Mareas barriais, mareas humanas, mareas vivas

e mareas que pasan Marolas. Mareas Pitas. Mareas

que chegan para quedaren. Ou que dan paso a outras

mareas. Confiamos nesta proposta nacida da cidade

porque ten a marusía e o sabor de ir quedar, de inundar

cun proxecto que non se pareza ao que xa hai pero

que a todos nos soe, se cadra porque unha vez saímos

do mar e levamos aínda o sal no corpo, nas bágoas, no

suor, no líquido amniótico: é o proxecto do colectivo,

dos nós comúns, de refacer e repensar a participación

a un nivel tan básico como o municipal. Sabemos o

que pasa cando non participamos: e non podemos

perder o rumbo. Non podemos permitirnos tal luxo,

non debemos permitirlles o luxo. A Marea é o arquipélago

e é a constelación: unha chea de vontades a debuxar

camiños, estratexias, denuncias. Solucións.

Isto párese entre todas. Por iso non hai quen o pare.

A cidade é aquel lugar onde se produce unha expresión

indiscutible do público. Esta obviedade, implícita

na propia definición de público/a (común dun

pobo ou dunha cidade), convértese nun feito revelador

cando lembramos a imposibilidade de que exista

a combinación contraria: a cidade non pública. É

dicir, se non hai espazo público non hai cidade.

O que realmente permanece na cidade é o baleiro,

ou polo menos así debería ser, o construído acompaña.

Este feito, evidente tamén para calquera aldea

ou vila, ten non obstante na cidade a diferenza fundamental

dunha escala maior, que produce a correspondente

concatenación sucesiva dos seus espazos.

Esta proeza dá lugar a un feito propio e único da

urbe: a creación dun ambiente propio, irrepetible e

intransferible. O ambiente non so é ese espazo, senón

a mestura complexa dos usos e costumes que

a xeografía, o aire, as vistas e a interacción social

completan. Se o espazo público non se usa este non

existe, o seu sustento principal é o cidadán.

O cidadán fai a cidade ao usala, pero tamén na

lembranza. Esta atmosfera particular debe facerse

sempre respectando os tempos da memoria, cousa

distinta á historia, nin esta nin as fotos en branco

e negro serven. Cando se recorre a elas, algo falla.

Este ambiente recoñecible en todas e cada unha

das grandes urbes dá sempre lugar a unha idea de

cidade. Se hai unha idea de cidade non se necesita

de ningunha normativa específica para definir que

se é, ou se quere ser, xa que todo o mundo a comparte.

Non hai nada máis expresivo do carácter público

que ese sentimento xeral de saber a onde se vai. Para

saber que se quere ser primeiro hai que saber que se

é, e se non se pode polo menos saber que se era.

Se hai unha idea de cidade non

se necesita de ningunha normativa

específica para definir que

se é, ou se quere ser, xa que todo

o mundo a comparte. Non hai

nada máis expresivo do carácter

público que ese sentimento

xeral de saber a onde se vai.

Non estaría de menos entender que a Cidade é ese

lugar onde o cidadán desenvolve unha idea do público

que (con sorte) avanza dunh xeito diferente

ao resto, velaí a súa tremenda virtude e riqueza!

Na Coruña o espazo público desparece, ou privatízase.

Na Coruña a memoria construída recalifícase,

e isto é a súa morte. Na Coruña o espazo baleiro

non alcanza a todos, tápanse as vistas e o resto é

dos coches, séguense a facer autoestradas en vez

de rúas. Na Coruña non hai suficiente escala, o

ambiente tamén son os seus veciños do leste e do

sul. A Coruña debe ser vista mais dende fóra, non

hai nada mais democrático que poder achergarse

andando. En definitiva, teño a sensación que na

Coruña non hai unha idea de cidade común, cada

quen ten a que lle convén, esta cidade non lembra

por igual, non é de seu.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!