16.04.2015 Views

O15. A cidadanía toma a palabra

O xornal do ano do cambio

O xornal do ano do cambio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

6

Editorial

Editorial

15001, 15002, 15003, 15004, 15005, 15006, 15007, 15008,

O xornal do ano do cambio O 15

15009, 15010, 15011, 15170, 15190, 15191, 15192.

Palabras e feitos para

unha Coruña distinta

'O 15' é un periódico

puntual, unha Marea de

papel que xorde desde o

Atlántico nun momento

histórico no que na Coruña

se respira unha inédita, e

urxente, ilusión de cambio

que precisa expresarse

con liberdade. Os poderes

tradicionais da cidade

queren silenciar a unha

cidadanía que xa comezou

outra época. 'O 15', o

xornal do ano do cambio,

é o pesadelo contra esa

censura. A Marea non ten

cancelas.

No principio estaba a crise económica, ese crack de

2008 que no canto de pagar os seus culpables foi parar,

outra vez, ao lombo da maioría social. Creceron o

desemprego, a precariedade, a pobreza e a emigración

mentres os gobernantes se axeonllaban ante os poderes

económicos, alleos aos intereses de quen máis

sufría. Este cóctel, ao que se lle foi sumando a evidencia

das fondas raíces da corrupción, o combustible co

que funciona o sistema político que padecemos, supoñía

a conversión do que algunha vez quixo ser un

estado social nunha estafa, significaba o secuestro da

democracia. A cidadanía comezou a rebelarse, pacificamente

pero indignada, e a reivindicar o que lle pertence,

os seus dereitos. E pensou que toda esa forza

podía ir un pouco máis alá. E acceder ás institucións.

Para devolverllas á xente.

Na Coruña, o réxime extractivo dunha elite leva

anos en funcionamento. Foi esta unha cidade de banqueiros

e construtores que fixeron e desfixeron a vontade

coa colaboración dalgúns políticos ou editores.

E así segue a ser, en boa medida, ao tempo que bate

tristes marcas de paro e miseria. Con amplas capas

da poboación, en especial as mulleres e a xente moza,

mirando cara un futuro negro. Pero sen resignarse.

Exemplos de dignidade hainos abondo, e as coruñesas

e os coruñeses non podían nin querían quedar

fóra do ciclo de ruptura democrática que está en

marcha. E comezaron a traballar. Primeiro había que

marcarse uns obxectivos, uns principios. E sobre eles

crear un espazo de confluencia e unidade liderado

pola cidadanía que se fixese cargo dun desexo común:

gañar as eleccións municipais e recuperar María Pita

para o 99% da sociedade.

Fixéronse chamar Marea Atlántica. Despegaron

cun Manifesto no que falaban dunha Coruña sen

desafiuzamentos, sen especulación, sen exclusións,

pensada para as persoas, á medida dos e das

de abaixo. Iniciaron meses de traballo, ante a incomodidade

dos dominantes, que equivocadamente

anunciaban que a nada chegaría todo aquilo. Agora,

nos seus peores pesadelos aparece a Marea Atlántica,

unha candidatura cidadá na que persoas

sen adscrición partidaria e organizacións políticas

(Podemos, Anova, Esquerda Unida, Compromiso

por Galicia, Equo, Partido Humanista e Espazo Ecosocialista)

uniron forzas para chegar ao goberno e

cambiar as políticas fracasadas do PP, das súas marcas

brancas, do 1%. Teñen un programa para facelo.

E queren que se coñeza.

O 15 é esa ferramenta. Tela nas túas mans. Aquí

podes ler case todo o que é a Marea Atlántica, e por

suposto as súas propostas e o seu programa. Un periódico

puntual para un momento histórico de esperanza.

Os poderes da cidade queren silenciar esa

ameaza que para eles supón a Marea. Por iso, pouco

deixarán que se fale neses espazos que controlan

das nosas ideas, do proxecto dunha Coruña distinta.

Contra esa censura, a base de voluntarismo, ilusión

e financiamento cidadán, sen entidades bancarias

nin caixas B por detrás, naceu O 15, o xornal do ano

do cambio. Para contarche o que algúns non queren

contarche. Para demostrar que podemos xestionar

o público mellor ca eles, dun xeito máis honesto e

máis participativo. Que non debemos resignarnos.

Que temos capacidade. Que desde o sentidiño podemos

mudar de raíz A Coruña. E abrir un tempo novo,

ilusionante, sen barreiras. Porque non se lle poden

poñer cancelas á cidadanía. Nin á Marea.

Viñeta

Martín Romero

Portas xiratorias

O xornal do ano do cambio

oquince.gal

#O15

Edita

Marea Atlántica

mareatlantica.org

Contacto

aiven@oquince.gal

Twitter: @coruna15

Facebook: O 15

Consello redacción

Alejandro Martín

Alejandro Pazos

A. D. Petouto

Raúl Xordo

Elisa Ginzo

Fotografía

Sandra G. Rey

Antía G. Sendón

Amador Lorenzo

Ilustracións / Deseño

MAT-LAB

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!