16.04.2015 Views

O15. A cidadanía toma a palabra

O xornal do ano do cambio

O xornal do ano do cambio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

22

Modelo económico e enerxético

Un grande

impulso á

economía de

pequena escala

Vinte e nove medidas para combater o

desemprego apostando polo que temos

máis preto de nós

P. Botero

Redacción

Nunha cidade con 22.030 persoas en

paro, unha das prioridades de calquera

administración local responsable

é estimular a actividade económica.

O anterior goberno tentou solucionar

este problema fomentando o turismo

e internacionalizando festas como o

San Xoán cunha campaña publicitaria

orientada ao exterior, ao que a Marea

Atlántica opón un modelo que poña en

valor o patrimonio da cidade: arquitectura,

historia, espazos naturais, gastronomía,

comercio de proximidade, etc,

acorde coa tradición da cidade. “Non se

trata só de fomentar un turismo de calidade

senón tamén un xeito de ocio interno”,

comenta a número dous da Marea

Atlántica, Rocío Fraga. Pero engade

que o programa da súa candidatura vai

máis aló. “Trátase dun cambio integral.

Para xerar mais emprego precisamos

ser máis competitivos. Sobre todo, trátase

de ser eficientes”, comenta Fraga.

Canto exactamente pode a administración

local orientar a economía

é sempre obxecto de debate. Moitos

concellos loitan entre eles para atraer

grandes empresas ofrecéndolles toda

clase de facilidades, dende solo onde

levantar as súas fábricas a exencións

fiscais. Os partidos políticos tradicionais

apostan polas grandes compañías,

a veces de carácter multinacional; é o

caso do modelo General Dynamics, que

abriu unha crise na cidade ao marchar

da Fábrica de Armas, ou os grandes

centros comerciais que se abriron durante

a etapa de expansión e que pecharon

ou viron desaparecer a maior parte

das tendas. Dende a Marea Atlántica

ponse en dúbida que ese modelo sexa

rendible. “E para que? Todos saben que

o que realmente produce emprego é a

pequena e a mediana empresa, e con

ela si podemos tratar de ti a ti”, asegura

Fraga.

FEIRAS E MERCADOS

“Non podemos esquecernos de apoiar

as medidas que favorecen a soberanía

alimentaria”, explican na Marea. Como

a produción de alimentos en hortas

urbanas que xa se probou noutros concellos

pero polo que ningún goberno

local apostou na Coruña. Para Rocío

Fraga está claro: “En Galicia temos toda

unha tradición de pequena agricultura.

Estes alimentos son máis baratos porque

non dependen do transporte por

estrada das grandes distribuidoras, e

estarían libres de transxénicos”. E iso

tamén significaría revivir as feiras. A

visión da Marea inclúe postos nos que

os alimentos de temporada se mesturarían

cos produtos artesanais. “O noso

goberno aportaría as instalacións, e

quizais tamén os terreos porque serviría

para coidar máis a contorna e facer

unha cidade vivible, aínda que para iso

habería que revisar a ordenanza sobre

mercados municipais”.

E non só as ordenanzas: será preciso

revisar tamén as concesións, favorecer

a conexión entre pequenos comerciantes.

“Para facelos máis competitivos

pensamos diversificar as funcións dos

mercados municipais e mellorar as comunicacións

e a mobilidade peonil, en

bici e en transporte público”, aportan

a candidata. Está convencida de que

∑ “Para facer os mercados

municipais máis competitivos

pensamos diversificar

as funcións dos mercados

municipais e mellorar

as comunicacións e a mobilidade

peonil, en bici e

en transporte público”.

os mercados se poden situar como primeira

referencia de compra de alimentación

mediante a formación sobre

cuestións como a temporalidade dos

produtos, os criterios de escolla ou a

trazabilidade dos alimentos.

EMPRENDEMENTO

“A existencia de tres grandes polígonos

industriais, Pocomaco, A Grela e Vío,

dentro da cidade da Coruña ten que ser

o aval suficiente para que o Concello

poida ser parte no impulso económico

das pemes e dos autónomos”, afirma

Fraga, que considera que as bases materiais

para o despegue económico xa

existen. Só fai falla poñer en xogo estes

recusos, darlle acceso á xente. E nisto,

o Concello pode axudar creando una

bolsa de naves comerciais para as novas

empresas, coma unha axuda máis

ao emprendemento. “Claro que é unha

saída, pero os modelos de apoio actuais

o presentan como unha opción ante

as enormes dificultades de acceder ao

mercado de traballo por outras vías”,

afirma Fraga. A número dous de Marea

opina que o de hoxe é un modelo

precarizado, onde as persoas invisten

a maior parte dos seus bens e obteñen

así unha ocupación de subsistencia

que, en moito casos, non se consolida. A

proposta de Marea Atlántica e que só se

promovan xeitos de emprendemento

sustentables e con valor social, e que se

manteña ese apoio durante os primeiros

tempos de andanza das empresas

de nova creación, facendo un labor de

apoio e acompañamento na súa consolidación.

“Darémoslle prioridade á formacion

de cooperativas e empresas de

economía social e viveiros de empresas

adaptados á realidade da cidade,

situados en espazos accesibles e priorizando

o acceso de cooperativas e

empresas de economía social”, sostén

Fraga. En canto á xente nova que ten

que loitar por un emprego nun mercado

laboral paralizado, a Marea quere

aproveitar os programas europeos de

Garantía Xuvenil para poñer en marcha

unha Escola Taller e obradoiros

de emprego nos edificios públicos.

“Estamos pensando no antigo cárcere

provincial polo sentido social que ten

a rehabilitación dun edificio público

singular que se está a deteriorar e

arruinar pola desidia do goberno municipal”.

COMERCIO DE PROXIMIDADE

En canto ao pequeno comercio, tamén

dende Marea teñen moito que dicir.

Todos os partidos lle fan as beiras a un

sector que revitaliza os barrios día a día

e que supón unha fonte moi importante

de emprego estable. Cursos de escaparatismo

e festas da promoción son

algúns dos métodos que xa puxeron

en marcha anteriores gobernos. “Pero

hai que ir máis alá. As grandes superficies

gañan en variedade e en prezo, e

niso pódese competir cunha central de

compras”, asegura a candidata. As integrantes

de Marea están convencidas

de que desta maneira se reducirán os

custos de aprovisionamento no comercio

de proximidade, o que permitirá

crear unha rede con empresas provedoras

galegas para innovar no catálogo

e apoiar os produtos da contorna; sobre

todo se se complementa cun servizo de

asesoramento para consolidación e de

formación empresarial para as propietarias

dos comercios de proximidade.

∑ Unha escola taller no

antigo cárcere provincial

tería un sentido social, ao

rehabilitar un edificio público

singular que se está

a arruinar pola desidia do

goberno municipal.

∑ A Marea promoverá o

emprendemento sostible e

con valor social.

“O que hai que facer é darlle aos coruñeses

e ás coruñesas as ferramentas

para competir”, remata Fraga. Neste

sentido, parece máis realista e, sobre

todo, mais práctico a longo prazo ofrecerlle

ao cliente variedade a bo prezo.

Moitas tendas abertas sempre serán

un sinal dunha economía con impulso.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!