Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

21

A mediados de xullo do ano pasado, a

Marea Atlántica publicaba o seu manifesto

fundacional e preguntáballe á

cidadanía se quería dar un paso adiante

para que A Coruña recuperase o pulso

do seu futuro. Pouco despois, arredor de

300 persoas desprazábanse, na tarde

do día 21, ata a Ribeira do Cómaro. Querían

escoitar, na voz dalgúns dos seus

impulsores, aquel desexo común de

máis e mellor democracia. Nas semanas

posteriores, unhas 2.800 persoas

poñían a súa sinatura ao servizo dunha

iniciativa que hoxe continúa o seu camiño

cara a María Pita.

24.05.2015

fotografía Amador Lorenzo

Un grupo plural de 99 persoas, das máis

diversas procedencias, profesións e

experiencias políticas e de vida, dáballe

nomes e apelidos ao manifesto da

Marea. Anos de loita e auto-organización

popular, de súpeto, atopaban unha

ferramenta común para reconquistar as

institucións.

2012 e as europeas de 2014 amosaron

na Coruña un escenario electoral favorable

ás políticas concretas que reivindicaba

o 15M. Tamén apuntou a necesidade

de crear un espazo de confluencia.

Para iso naceu a Marea Atlántica.

Na prehistoria da Marea hai movementos

sociais e cidadanía organizada

de diversas formas, tamén iniciativas

nas que varias persoas comezaron

compartir espazos de traballo, como

no colectivo Robin Hood ou na canle

dixital de televisión Galiza Ano Cero.

Fervía o sempre fecundo activismo

coruñés e con el crecía a posibilidade

de impulsar unha candidatura cidadá

aberta á integración de forzas políticas

alternativas ao modelo imperante.

Desde abaixo. Tras algunhas conversas

previas e informais arredor desa idea

municipalista, en xuño comezan as reunións.

Nunha intervención pública e

nun artigo o escritor Manuel Rivas súmase

á proposta e fala de “crear unha

gran marea atlántica”, termo que bautiza

a iniciativa, xogando coa tradición

marítima da cidade e cunha chiscadela

ás mobilizacións así chamadas. Decídese

comezar cun manifesto que asinen

99 persoas —simbolizando o 99%

da sociedade agredido polas políticas

ao servizo dos grandes poderes fácticos

do 1% restante— e que logo se impoña

o reto de alcanzar os 2.500 apoios para

continuar co proceso. Diso falouse na

Ribeira do Cómaro. E de moito máis.

Aquel 21 de xullo de 2014 converteuse

nunha data histórica para a cidade,

cuxo mapa e cuxo ambiente político

entraron nunha nova fase. Con todo,

seguramente o máis recordado daquel

masivo acto será a emoción que o empapou

todo. As intervencións chamaron

á épica, á unidade, á vitoria nas

urnas. Representantes de numerosas

forzas políticas estiveron presentes. A

Marea organizábase. A Marea subía.

∑ Nunha intervención

pública e nun artigo o

escritor Manuel Rivas

súmase á proposta e fala

de “crear unha gran marea

atlántica”, termo que bautiza

a iniciativa, xogando

coa tradicíon marítima da

cidade.

Reunións maratonianas —coa Praza da

Fariña sempre como epicentro— foron

dándolle forma á iniciativa durante o

verán de 2014. Todo estaba por construír.

Pero cada vez había máis mans

dispostas a traballar. A maioría, persoas

sen adscrición partidaria, malia

que algunhas formacións comezaron a

achegar a súa xente ao espazo de confluencia,

uníndose á que xa estaba desde

o inicio. E botáronse a andar as mareas,

sectoriais ou barriais. A primeira

foi na Agra do Orzán. Un punto azul e

unha megafonía básica esperaban na

rúa Barcelona entre os nervios das convocantes,

que temían pouca asistencia

e respiraron cando viron que esta era

masiva, unhas 200 persoas. Despois foi

a quenda da Cidade Vella, da Cultura,

da Mobilidade, do Feminismo, do Outro

Urbanismo, dos Mallos, de Elviña,

da Educación…

A Marea estendíase por toda a cidade.

Con ilusión. Celebrouse cun acto

público o obxectivo cumprido de respaldos

ao manifesto: procuraban 2.500

sinaturas e superaron as 2.800. Os debates

da Marea Viva, o encontro con

Ada Colau, as reunións de traballo, os

consensos... Moito traballo. Moitos folgos.

Finalmente, todas as forzas políticas

que sintonizaban coa proposta

da Marea decidiron formar parte da

candidatura e non presentar lista coas

súas siglas. Anova, Esquerda Unida,

Podemos, Espazo Ecosocialista, Equo,

Partido Humanista e Compromiso por

Galicia sumaban na Coruña, creando o

espazo de confluencia máis amplo de

Galicia e de todo o estado.

Unhas primarias transparentes nas

que participaron máis de 700 persoas

compuxeron unha lista de unidade e

liderado cidadán. Elixido por consenso

e validado nas votacións, Xulio Ferreiro

foi presentado como candidato á alcaldía.

Un local na rúa Marqués de Pontejos

convertíase no centro de operacións

mareantes. A participación daba

impulso ao programa electoral, para o

que se recolleron centos de achegas populares.

A candidatura comeza a recorrer

toda a cidade. As enquisas internas

dalgúns partidos confirman a posibilidade

de que a Marea Atlántica chegue

a gobernar. Os poderes locais comezan

a manobrar contra ela, nerviosos. A ilusión

nótase en milleiros de coruñeses e

coruñesas.

Todo comezou ao pé do mar do Orzán,

na Ribeira do Cómaro. O 21 de xullo

de 2014. Alí conxugáronse verbos de

cambio. Propúxose unha nova ferramenta.

Que xa existe. E se dirixe cara

o que chaman “a primavera coruñesa”,

centrada no 24 de maio de 2015 e no

quilómetro cero da cidade: María Pita.

Ata alí queren que suba a Marea.