Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
20

Da Ribeira do Cómaro a María Pita

Da Ribeira

do Cómaro

a María Pita

Detrás do nacemento da Marea

Atlántica está toda a memoria

política dunha cidade moi afastada

da imaxe tópica que difundiron os

seus poderes. E tamén un proceso

enmarcado no ciclo de ruptura

democrática que comezou hai nove

meses lanzando ideas e ilusión no

que xa comezan a chamar

“a primavera coruñesa”.

21.07.2014

Alejandro Pazos

Redacción

Querían un espazo aberto, na rúa, cómodo

para congregar algo máis dun

cento de persoas e que permitise xogar

coa idea da Coruña marítima e, polo

tanto, atlántica. Na reunión saíron varias

ideas, pero foi a do “espigón das

Escravas” a que se acordou nun local

da Praza da Fariña, o nome popular do

que se denomina oficialmente Praza de

Azcárraga. Esa recuperación do rueiro

tradicional —non só por unha cuestión

de identidade, senón tamén para simbolizar

unha institucionalidade nova

pero con raíces— formaba parte do ecosistema

cultural e político do que partían

os e as que xa decidiran bautizarse

como Marea Atlántica. Así que un deles

saíu da xuntanza e chamou a un amigo,

profundo coñecedor da historia coruñesa.

Porque era obvio que non podían

convocar á cidadanía nun lugar enmarcado

cun termo opresivo. O erudito

resolveu a dúbida ao momento. Si, o

espigón das Escravas tamén tiña unha

denominación popular. Antigamente,

toda esa zona era coñecida como a Ribeira

do Cómaro. Alí subiría a Marea.

Foi barrio de mariñeiros —aínda visible

ata hai pouco, cando a ansia inmobiliaria

liquidou as vivendas de San

Roque— esa Ribeira do Cómaro, referencia

que apunta a que antes existían

na zona terreos sen cultivar. Por primeira

vez acollería un acto político de

relevancia, que asumía incertezas pero

representaba un convite para unir forzas

contra un modelo en declive, agora

representado por Carlos Negreira. E o

21 de xullo deixouse ver por primeira

vez nas rúas da Coruña un círculo azul

cunhas letras en branco: Marea Atlántica.

Nove meses despois, aquel desexo

común converteuse en realidade cunha

candidatura cidadá e de confluencia

con opcións de gobernar a cidade e devolverlla

ao 99%.

Aquel día, moita xente descubriu que

ese lugar polo que tantas veces paseaban

chamábase Ribeira do Cómaro. A

Marea comezaba a rescatar legado. O

da Coruña popular e rebelde. A auténtica,

moi afastada desa imaxe señoritil

que os poderes da urbe levan décadas

transmitindo. A Coruña das combativas

obreiras da antiga Fábrica de Tabacos.

A Coruña republicana, aberta, libertaria.

A Coruña dos mariñeiros que

facían soar os seus barcos para alertar

do golpe de estado do 36. A Coruña na

que se fundaron as Irmandades da

Fala. A Coruña que sufriu e combateu a

ditadura. A Coruña que non se agachou

cando unha elite estableceu na cidade

un réxime de pensamento único, cemento

e ladrillo. A Coruña do Xurelo,

aquel pesqueiro que derrotou os grandes

buques que lanzaban residuos nucleares

nas nosas costas. A Coruña que

dixo “Nunca Máis” cando o Mar Exeo

fixo arder o mar e tivo que volver repetilo,

con moita máis forza, cando o

Prestige encheu de chapapote as costas,

mentres o 1% dominante se reunía

nunha Praza de María Pita pechada á

cidadanía para negociar pelotazos que

publicitarían como remedios contra a

súa propia e nefasta xestión.

A Coruña dotábase dunha ferramenta

política nova, que se presentaba

aquel 21 de xullo de 2014 con outra data

no maxín, o 24 de maio de 2015, eleccións

municipais. A onda da ruptura

democrática daba un paso adiante na

cidade. Foron moitos os que se sentiron

interpelados. Moitas. Superáronse

as previsións optimistas e máis de 300

persoas acudiron á presentación da

Marea Atlántica na Ribeira do Cómaro.

Abríase o proceso no seu sentido máis

físico. Pero xa levaba un tempo funcionando.

E tiña un manifesto.

∑ Mentres o 99% dicía

“Nunca Máis”, o 1% dominante

reuníase nunha Praza

de María Pita pechada

á cidadanía para negociar

pelotazos.

∑ O 15M demadaba renovación

e apuntaba a necesidade

de crear un espazo

de confluencia. Para iso

naceu a Marea Atlántica.

Loxicamente, os conceptos que permiten

entender o nacemento da Marea

Atlántica son anteriores. Irrompen nas

vésperas das últimas eleccións municipais,

en 2011. É o 15M. Manifestacións e

acampadas —na Coruña, no Obelisco—

por todo o estado español supuxeron

un terremoto que, desde a cidadanía e

sen recorrer ás fórmulas tradicionais,

daba visibilidade á indignación contra

unha crise que definían en realidade

como estafa. Aquel estourido demandaba

a renovación das ferramentas de

antagonismo, tamén no nivel institucional.

As eleccións autonómicas de