16.04.2015 Views

O15. A cidadanía toma a palabra

O xornal do ano do cambio

O xornal do ano do cambio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A Coruña

Primvavera 2015

Edición única

nº 1

O xornal do ano do cambio

A cidadanía

toma a

palabra

fotografía Sandra G. Rey

Unha iniciativa

cidadá de unidade

á que se suman

Podemos, Esquerda

Unida, Anova

e outras catro

organizacións

políticas

Máis e mellor

democracia no

ADN da Marea:

primarias abertas,

transparencia e

programa electoral

participativo

A Marea Atlántica preséntase

ás municipais de maio con

99 medidas para devolverlle

as institucións á xente

/ páx.12-13 / páx.4-5

Candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña

Din que o poder

corrompe, pero algúns

xa veñen corrompidos

da casa∆ / páx.8

fotografía Sandra G. Rey

Xulio Ferreiro

Candidato da Marea á alcaldía da Coruña

2

Nove

palabras

clave para

entender

a Marea

mareatlántica.org

Unidade Cidadanía Dereitos Democracia

Sete organizacións

políticas apoian a

candidatura cidadá.

"É tempo de unidade", repite

a Marea. "De poñer por diante

o que nos une para reconquistar

as institucións".

Podemos, Esquerda Unida,

Anova, Equo, Compromiso

por Galicia e Espazo Ecosocialista

non terán papeleta

propia o 24 de maio. Apoian

a candidatura que encabeza

Xulio Ferreiro.

A xente do común dá

un paso adiante na

cidade da Coruña.

Sen mar, non habería

marea. Foron cidadáns e cidadás

do común, sen carnet

de partido, as que lanzaron a

mensaxe o pasado verán: é

necesario xuntarse e deixar

a un lado as diferenzas,

construír un espazo común

sobre obxectivos concretos.

Hoxe son a garantía da

unidade na candidatura.

Un compromiso: que a

política poña as persoas

por diante de todo.

Educación, sanidade, vivenda,

alimento e enerxía.

Garantirlle unha vida digna

a todas as veciñas e todos

os veciños da Coruña é un

dos catro principios básicos

da Marea e do seu programa

electoral. "Sen exclusións

de ningunha clase", engaden

dende a plataforma.

Máis e mellor democracia,

coas portas abertas

á participación.

"Nunca máis sen nós", dicía

a campaña coa que a Marea

recolleu as propostas da

cidadanía, máis de 200, para

o seu programa participativo.

"Non podemos permitir

que unha minoría decida

por nós, a porta pechada

durante catro anos, as políticas

que condicionan a nosa

vida", argumentan.

A Marea Atlántica propón “99 medidas

para o 99%” e proponse recuperar as

institucións para devolverllas á xente

As políticas sociais e a democratización e apertura do Concello á

cidadanía son algúns dos eixes principais das propostas

A. Pazos

Redacción

“Sabemos que este sistema non

deixa de crear inxustiza e desigualdade.

Que os recortes nos

servizos públicos, deseñados

por unha minoría ao ditado do

poder económico, os estamos

a padecer nós, o 99%”. Con esa

denuncia comezaba o Manifesto

co que naceu a Marea Atlántica

o pasado verán. Unha

cifra simbólica, metáfora da

maioría social, que nove meses

despois segue no horizonte.

Dende as 99 sinaturas que

apoiaban aquel desexo común

de cambio, a Marea chega agora

a un programa electoral que

mantén ese chamado “ao 99%

agredido”. E mediante 99 propostas

“realizables e que significan

unha fonda e necesaria

mudanza para A Coruña”, indica

o candidato á alcaldía, Xulio

Ferreiro.

Un programa participativo,

que naceu dos principios

que enunciaba aquel chamado

e que se alimentou do actual

ciclo de rebelión democrática,

do traballo nas numerosas

mareas sectoriais ou de barrio

e das 200 aportacións da

cidadanía, tanto nun encontro

aberto presencial como a

través de internet. E que xa é

“unha ilusionante realidade”.

Unha Renda Social Municipal

que axude aos sectores en

risco de exclusión. A auditoría

do gasto e a débeda municipal.

Un Código Ético que castigue a

corrupción e o incumprimento

do programa. Un urbanismo

sen especulación e unha mobilidade

distinta. A creación de

Xuntas de Barrio con poder

para decidir o destino dalgunhas

partidas económicas destinadas

a cada distrito. A cancelación

de saldos coas entidades

bancarias que executen desafiuzamentos,

cos que non colaborará

o persoal do Concello.

A opción de remunicipalizar

servizos agora privatizados

ou acabar con chiringuitos

que non traballan polo ben

común. Unha rebaixa na taxa

da auga. Negar espazos municipais

para o maltrato animal.

Unha política seria para poñer

o emprego como prioridade.

Un Plan Municipal de Coidados.

A creación dun laboratorio

que impulse os proxectos

culturais da cidade. Un Observatorio

das Políticas de Igualdade

de Xénero. A defensa dos

mercados dos barrios e o comercio

de proximidade. E así

ata 99 propostas. As da Marea

para o 99%.

A plataforma cidadá

presenta un programa

electoral “que

pon as persoas no

centro” e “significa

unha mudanza necesaria

para A Coruña”.

∑ Xustiza e cohesión social

páx.10

∑ Radicalidade democrática

páx.14

∑Modelo económico e

enerxético

páx.22

∑Modelo territorial e urbano

páx.24

∑Cultura, memoria e

identidades

páx.26

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

3

Transparencia Ética Emerxencia Emprego Vivenda

Un concello de cristal

para que non prenda a

corrupción.

Se os representantes

incumpren, poden ser

expulsados.

Unha das prioridades,

atender a xente que

peor o está a pasar.

Apostar polo cercano

como fonte de emprego

de calidade.

Se alguén queda sen

casa, esta non é a nosa

cidade.

A Marea comprométese a

publicar salarios, declaracións

da renda, adxudicacións,

axudas, axendas dos

cargos públicos, mesmo os

contratos máis pequenos na

xestión diaria do Concello.

Queren, din, "que María Pita

sexa un concello de cristal;

cando non vemos, prende a

corrupción".

Transparencia, renovación

constante, control da

cidadanía e mecanismos

disciplinarios como antídotos

contra a corrupción

que asedia o Concello da

Coruña. Os cargos electos

da Marea non poderán

permanecer no cargo máis

de dous mandatos e serán

revogados se non cumpren.

Máis de 22.000 persoas

sen emprego na Coruña e

a metade sen prestacións.

Un 13% da veciñanza por

debaixo do limiar de pobreza.

A Marea propón "medidas

de emerxencia dende

o primeiro minuto" como a

Renda Social Municipal, da

que poderían beneficiarse

1.200 familias.

Fronte á política de grandes

superficies sen ningunha

preocupación pola contorna

e a súa xente, a Marea aposta

por reactivar o comercio

de proximidade, innovar no

campo da economía social

e axudar ao "verdadeiro

caladoiro de emprego", a pequena

e mediana empresa.

A Marea asume un compromiso

contundente contra

os desafiuzamentos. O seu

goberno negarase a empregar

recursos públicos

para expulsar a xente das

súas casas, paralizará os

lanzamentos que dependan

do Concello e romperá cos

bancos que non respecten

este dereito esencial.

Boa parte dos candidatos e as

candidatas da Marea Atlántica

posa ao remate da súa

presentación pública no local

da plataforma na rúa Marqués

de Pontejos.

fotografía Antía G. Sendón

O profesor Xulio Ferreiro

encabeza unha candidatura

“forte‚ unida e preparada para

gobernar”

Máis de 700 persoas escolleron nunhas primarias abertas a lista

co maior aval cidadán das próximas municipais

Xulio Ferreiro

Candidato da Marea

á alcaldía da Coruña

A. M.

Redacción

tor Alberto Lema, a mediadora

cultural Claudia Delso, o

enxeñeiro Daniel Díaz Grandío

e María García, técnica

medioambiental e emigrante

retornada.

∑ Ramón Pérez,

Serafín Mourelle,

Celsa Díaz e Estíbaliz

Espinosa ocupan os

postos de honra

A seguir, completan a primeira

metade da lista Alfonso Mascuñana,

profesor xubilado;

Begoña Romero, administrativa

en paro; Antón Fer-

Dous días, máis de 700 persoas.

As primarias abertas da

Marea Atlántica cumpriron o

pasado mes de marzo as expectativas

da plataforma e deron

como resultado "unha lista

forte, unida e preparada para

gobernar A Coruña" a partir

do 24 de maio. Á cabeza, Xulio

Ferreiro, profesor de Dereito

Procesual na Universidade da

Coruña e, ata a súa renuncia

voluntaria, xusto antes de formalizar

a candidatura, tamén

maxistrado suplente na Audiencia

provincial de Lugo.

"O clima de colaboración

durante as primarias", explica

Ferreiro, "veu confirmar a

potencia desta iniciativa, un

espazo de confluencia e unidade

popular construído arredor

do que nos une, o desexo

de devolverlle as institucións

á xente e poñer as persoas no

centro da acción política, e non

do que nos diferencia. A lista

representa como un espello a

pluralidade en pé da Marea Atlántica".

Acompañan ao ex-xuíz, por

esta orde, a socióloga Rocío

Fraga, o arquitecto Xiao Varela,

a avogada Silvia Cameán,

o historiador e crítico de cine

José Manuel Sande e Eugenia

Vieito, licenciada en Dereito

e persoal administrativo

na Universidade da Coruña.

Máis abaixo sitúanse o escrinández

de Rota, investigador

en políticas públicas; e Sonia

Sainz, empresaria. Todas as

sensibilidades da Marea, as

cinco listas abertas que se

presentaron ás primarias, están

representadas por riba do

ecuador da candidatura.

A Marea decidiu reservar os

catro últimos postos para persoas

de consenso que prestasen

o seu aval simbólico á plataforma

sen pasar polas primarias.

Estas persoas serán finalmente

Ramón Pérez Basich, histórico

portavoz dos veciños do

Portiño; Serafín Mourelle, escritor

e patrón de barco; Celsa

Díaz Cabanela, veterana activista

e vítima da represión

franquista na adolescencia; e a

poeta Estíbaliz Espinosa.

A lista representa

como un

espello a pluralidade

en pé

da Marea

Atlántica.

4

A Coruña que NON queremos

Dúas malas noticias sacudiron

en días consecutivos a cidade da Coruña

en maio de 2011. Primeiro, unha

derrota en Riazor na última xornada

enviaba ao Dépor a Segunda División,

categoría que non pisara nos vinte

anos anteriores. Ocorreu en sábado.

En domingo, as desgrazas continuaron

—aínda que neste caso o punto de

partida era xa bastante malo— e o PP

que lideraba Carlos Negreira gañaba as

eleccións municipais ao tempo que un

amplo grupo de persoas seguían acampadas

no Obelisco en sinal de protesta

contra as políticas dirixidas polas elites

económicas. Seguramente, malia a non

presentarse, elas foron as triunfadoras

daquela fin de semana. Cambiaba co

15M a percepción política por completo

e comezaba outro ciclo, no que curiosamente

o PP lograba máis poder que

nunca pero a decadencia do modelo político

do estado español —dentro dunha

crise global— convertíase no epicentro

do debate. O mandato de Negreira non

fuxiu deste escenario. Mesmo lle foi fiel

na súa peor versión.

∑ Negreira mantivo a alianza

de lustros do goberno

local da Coruña co 1% máis

poderoso da cidade.

Catro anos

de dispendio

e escándalos

O mandato de Carlos Negreira e o PP á

fronte do Concello da Coruña vén marcado

polos picos máis altos de desemprego e

pobreza da cidade nos últimos tempos, por

casos de corrupción como Pokémon ou

Zeta, por obras de alto custo sen contar coa

cidadanía e pola inacción de María Pita á

hora de xestionar a emerxencia social.

Texto Alejandro Pazos · Ilustración Oskinha.es

Establecendo de entrada unha alianza

clara con ese 1% que levaba décadas dominando

a cidade en beneficio propio

—co aval das siglas do PSOE e mesmo

outras— o PP estreaba mando no pazo

de María Pita con grandes promesas e

boas palabras. O primeiro que fixeron

ao chegar ao despacho foi tiralas ao

lixo. E comezou así un mandato no que

a política local amosou escaso peso e

nula independencia para, dentro das

súas posibilidades, facerse cun oco propio

no sentir popular. E nas súas necesidades.

Alcanzou cifras de triste récord o

desemprego —na actualidade por riba

das 22.000 persoas—, a desigualdade,

os índices de pobreza —47.000 persoas

en risco de exclusión social—, a precariedade

laboral, a pobreza enerxética

ou os desafiuzamentos —máis de dous

ao día— nunha urbe con 19.000 pisos

baleiros na que nos últimos lustros

foron especialmente visibles a burbulla

inmobiliaria e os excesos da banca.

A crise económica golpeou A Coruña

con forza durante todo o mandato de

Carlos Negreira, que mirou para outro

lado, chegando incluso a non solicitar

da UE fondos para combater o desemprego

feminino —que supera o 50%—

ou deixando sen executar millóns de

euros en promoción do traballo ou políticas

sociais. Tampouco se lle viu nunca

apoiando as mobilizacións contra a

perda de servizos públicos. Si actuou

contundentemente para enviar persoal

do Concello a botar xente das súas casas,

o que non sempre lle saíu ben. Porque

a cidadanía ía por un camiño. O seu

goberno local, por outro.

Problemáticas eternas da cidade

seguiron aí, sen que o Concello fixese

nada para satisfacer vellas demandas,

como a fin dos asentamentos precarios,

que nunca foi prioridade para Negreira.

Tampouco o medio ambiente nin a

mobilidade. Os puntos de vertedura á

Ría do Burgo, cuxa contaminación escandalizou

a unha delegación do Parlamento

Europeo, non se tocaron. A

participación popular non existe. Ao

contrario, intentouse silenciar á cidadanía

máis activa creando tecido social

subvencionado con cartos públicos, as

coñecidas como “asociacións de veciños

e comerciantes” afíns ao goberno

local que xurdiron pola cidade para

contrarrestar o asociacionismo tradicional

e independente. Nas rúas seguiron

as denominacións franquistas.

Diñeiro de todos usouse para torturar

animais. Alimentouse a instalación de

grandes centros comerciais ás portas

da cidade mentres se afunde o pequeno

comercio.

A aposta de Negreira non foi polas

políticas sociais, pola creación de riqueza,

polo reparto xusto ou polos

coidados daqueles máis prexudicados

pola crise económica. Polo contrario,

grandes e moi caras obras de máis que

dubidosa rendibilidade, un escaparate

para foráneos de paso e eventos caros

e elitistas foron as súas prioridades,

completamente alleas aos tempos que

se estaban a vivir. Soterrar vinte millóns

de euros nas obras da Mariña-Parrote

converteuse na acción de goberno

estelar malia ás protestas e á evidencia

—alén de que ninguén estea en contra

de facer a cidade máis cómoda e mesmo

agradable— de que os problemas

dos coruñeses e das coruñesas eran

outros. Que tampouco se resolven con

anuncios electoralistas de última hora

no máis puro estilo da vella política. A

superada. A que aparece nas enquisas

entre os primeiros postos das preocupacións

da xente.

∑ Durante o mandato do

PP en María Pita alcanzáronse

as máis altas cotas

de desemprego, desafiuzamentos

ou pobreza.

∑ Máis da metade do Goberno

está a ser investigado

pola Pokémon, co tenente

de alcalde imputado

e grandes sospeitas sobre o

rexedor

A Coruña deu razóns para esa desconfianza

durante o mandato de Negreira,

que sen dúbida será lembrado como o

dos escándalos de corrupción, que alcanzaron

un volume case inédito, só

comparable ao que provocou o adeus

de Francisco Vázquez. Pero nesa norma

o PP local tampouco se afastou

unha coma da norma do seu partido

por todo o territorio estatal. Na era da

Gürtel e de Bárcenas, o Partido Popular

da Coruña puxo da súa parte a operación

Zeta —que chega ata as súas altas

esferas na cidade, moi preto de Negreira—

e, sobre todo, a Pokémon —e a súa

derivada, a Pikachu—, que inzou de imputacións

o equipo do aínda rexedor. O

seu home forte, o tenente de alcalde Julio

Flores, sacrificado na limpeza, non

volverá presentarse. Leva meses no

cargo malia a estar imputado. Un auto

da xuíza Pilar de Lara confirma que

máis da metade da Xunta de Goberno

Local está a ser investigada por unha

trama de presunta prevaricación. A

opacidade e a corrupción como forma

de goberno. Implicado ata Negreira. Un

mandato de sombras.

oquince.gal

A Coruña que SI queremos

5

A hora da

cidadanía

Centos de persoas impulsan co seu

traballo e a súa ilusión a Marea Atlántica

Texto A.D. Petouto

Manuel Rivas

Escritor e xornalista

independente

Belén Fernández

Docente na área de

Socioloxía e Ciencia

Política da UDC

José García Buitrón

Médico do CHUAC

xubilado

Sabela Pérez

Profesora xubilada

Nicanor Acosta

Activista

Vanessa Rivas

Actriz

√ O nacemento da

Marea Atlántica

adiantou o tempo

nos reloxos da

cidade. A de 2015 vai

ser unha primavera

histórica no concello

da Coruña ∆

√ Un proxecto político

innovador que

recolle os mellores

valores que posúe

a cidade: apertura,

xustiza social,

democracia, participación,

pensamento

crítico, ilusión e

orgullo atlántico ∆

√ Talvez non chegue

con ter unha

cidade bonita.

Porque o importante

é recuperar o pulso

da creación cultural,

industrial e de

coñecemento. Para

nós e para os que

veñen ∆

√ Agora é o momento

preciso para

consolidar a nosa

determinación, a

nosa forza. Aquí

estamos... na casa

do amo! ∆

√ Son tempos de

unidade e de confluencia

de todos os

que queremos unha

Galicia libre e soberana

√ Apoio esta inciativa

pola a confianza

cega que tiña e

sigo a ter na idea

orixinal, nos principios

e nas persoas

coas que naceu

este proceso. Vivín

o proceso cunha

carga importante de

valentía ∆

Corre o tempo e toma forma aquel desexo

común ao que hai case dez meses

poñían rostro os 99 primeiros asinantes

dun manifesto, o da Marea, que anticipaba

xa as liñas que hoxe sosteñen

o proxecto que quere recuperar María

Pita para o 99% a partir das eleccións

do 24 de maio. O debuxo desas liñas

conforma unha Coruña ben distinta

da que tenta vender quen a goberna só

para os seus, unha cidade á medida das

persoas, ao servizo das persoas, e feita

con todo o bo que as persoas saben

achegar.

“A cidadanía ten moito que aportar

e precisa un espazo para poder falar,

expresarse, opinar e ser escoitada”, sintetiza

a actriz Vanessa Rivas, unha das

asinantes iniciais daquel documento

que marcou o inicio desa marea que

hoxe pon rumbo a María Pita impulsada

polo traballo e as propostas de

centos de persoas, unhas sen carnet de

partido e outras de Anova, Podemos,

Esquerda Unida, Equo, Compromiso

por Galicia e Espazo Ecosocialista. Ese

espazo de unidade, máis alá das siglas,

é un dos sinais de identidade da Marea

Atlántica, que traballa xa nos mecanismos

e ferramentas cos que dotar ás coruñesas

e aos coruñeses de voz e voto,

máis alá da cita electoral, nas decisións

que configurarán a cidade.

“Era o momento oportuno porque a

xente quere implicarse e participar,

pero non encontra o xeito porque as

estruturas dos partidos están moi anquilosadas

e burocratizadas”, expresa o

docente Jurjo Torres, catedrático de Didáctica

e Organización Escolar da UDC

e tamén asinante inicial, quen, como

o restos das persoas que arrouparon

desde o primeiro momento a plataforma,

viu que era necesario “abrir outros

cauces para que entrase xente que non

entraba nas canles das organizacións

políticas”. “A Marea”, completa Sabela

Pérez, profesora xubilada con moito

percorrido en favor dos dereitos sociais,

“representa para min a construción política

colectiva dun Nós, que se veu forxando

nas loitas sociais desta cidade, en

cada espazo cultural liberado”.

Da mesma idea é Nicanor Acosta,

asinante, traballador incansable polos

dereitos sociais e número 19 da lista de

confluencia para as municipais. “A Marea

facía falta porque é necesaria a confluencia

da cidadanía para botar fóra

aos usurpadores do poder. Se vimos dicindo

dende hai catro anos que non nos

representan, temos que exercer a nosa

soberanía os cidadáns directamente,

sen intermediarios”, engade.

Esa soberanía, garanten desde a iniciativa

cidadá, ha servir para combater

as desigualdades e a exclusión e facer

desta unha Coruña máis xusta, libre de

desafiuzamentos, de corrupción e de

especulación en favor duns poucos. Sen

recortes nos servizos públicos básicos,

e sen sometemento aos ditados dun poder

económico que non mira polos que

están abaixo. Unha Coruña libre tamén

para opinar, para a convivencia e para a

realización individual e colectiva. Para

a acción social.

"A principal identidade da Coruña é a

cultura democrática, o sentido cívico, a

raíz libertaria e a loita pola igualdade.

Esa é a nosa verdadeira tradición, a cerna

do coruñesismo. Temos que liberar

a nosa cidade das redes do conformismo,

os poderes escuros e a corrupción",

resume o escritor e periodista Manuel

Rivas, outra das caras do proceso cívico

desde a súa concepción. Pasados

máis de nove meses, hoxe reflexiona:

“Hai pouco estabamos na desunión, no

desafiuzamento moral e material, e na

desesperanza. En que estamos agora

na Coruña? Nun proceso de unión, nun

proxecto de xustiza social e nun rescate

da esperanza“.

TEMPOS NOVOS, NOVAS CARAS

A Marea é tamén, segundo a describe

a profesora na facultade de Socioloxía

da UDC Belén Fernández, un proxecto

político “innovador” e como tal mira

cara a diante, aínda que sen perder de

vista os valores e o legado do 15M, tal

como salientan Nicanor Acosta e outros

participantes. “Tempos novos son

proxectos e persoas valentes e sen ataduras

e con pasados limpos. A nosa cidade

meréceo e necesítao para apuntar

ao futuro, concorda o doutor José García

Buitrón, ata 2013 responsable da

oficina de coordinación de trasplantes

do CHUAC, unha idea coa que coincide

Jurjo Torres: “A Marea foi un éxito e

está a ser un éxito porque permitiu que

aparecesen no escenario novas persoas

e iso é absolutamente novidoso, revolucionario

e necesario”.

Caras novas, moitas, aínda que non

acabadas de chegar, xa que a xente que

lle deu pulo á Marea procede en moitos

casos dos movementos sociais e leva

moitos anos de mobilización e organización

dende abaixo. Unha experiencia

que aspiran a poñer agora ao servizo da

cidade e das persoas que a habitan desde

o Concello.

→ Máis información:

www.mareatlantica.org/manifesto

6

Editorial

Editorial

15001, 15002, 15003, 15004, 15005, 15006, 15007, 15008,

O xornal do ano do cambio O 15

15009, 15010, 15011, 15170, 15190, 15191, 15192.

Palabras e feitos para

unha Coruña distinta

'O 15' é un periódico

puntual, unha Marea de

papel que xorde desde o

Atlántico nun momento

histórico no que na Coruña

se respira unha inédita, e

urxente, ilusión de cambio

que precisa expresarse

con liberdade. Os poderes

tradicionais da cidade

queren silenciar a unha

cidadanía que xa comezou

outra época. 'O 15', o

xornal do ano do cambio,

é o pesadelo contra esa

censura. A Marea non ten

cancelas.

No principio estaba a crise económica, ese crack de

2008 que no canto de pagar os seus culpables foi parar,

outra vez, ao lombo da maioría social. Creceron o

desemprego, a precariedade, a pobreza e a emigración

mentres os gobernantes se axeonllaban ante os poderes

económicos, alleos aos intereses de quen máis

sufría. Este cóctel, ao que se lle foi sumando a evidencia

das fondas raíces da corrupción, o combustible co

que funciona o sistema político que padecemos, supoñía

a conversión do que algunha vez quixo ser un

estado social nunha estafa, significaba o secuestro da

democracia. A cidadanía comezou a rebelarse, pacificamente

pero indignada, e a reivindicar o que lle pertence,

os seus dereitos. E pensou que toda esa forza

podía ir un pouco máis alá. E acceder ás institucións.

Para devolverllas á xente.

Na Coruña, o réxime extractivo dunha elite leva

anos en funcionamento. Foi esta unha cidade de banqueiros

e construtores que fixeron e desfixeron a vontade

coa colaboración dalgúns políticos ou editores.

E así segue a ser, en boa medida, ao tempo que bate

tristes marcas de paro e miseria. Con amplas capas

da poboación, en especial as mulleres e a xente moza,

mirando cara un futuro negro. Pero sen resignarse.

Exemplos de dignidade hainos abondo, e as coruñesas

e os coruñeses non podían nin querían quedar

fóra do ciclo de ruptura democrática que está en

marcha. E comezaron a traballar. Primeiro había que

marcarse uns obxectivos, uns principios. E sobre eles

crear un espazo de confluencia e unidade liderado

pola cidadanía que se fixese cargo dun desexo común:

gañar as eleccións municipais e recuperar María Pita

para o 99% da sociedade.

Fixéronse chamar Marea Atlántica. Despegaron

cun Manifesto no que falaban dunha Coruña sen

desafiuzamentos, sen especulación, sen exclusións,

pensada para as persoas, á medida dos e das

de abaixo. Iniciaron meses de traballo, ante a incomodidade

dos dominantes, que equivocadamente

anunciaban que a nada chegaría todo aquilo. Agora,

nos seus peores pesadelos aparece a Marea Atlántica,

unha candidatura cidadá na que persoas

sen adscrición partidaria e organizacións políticas

(Podemos, Anova, Esquerda Unida, Compromiso

por Galicia, Equo, Partido Humanista e Espazo Ecosocialista)

uniron forzas para chegar ao goberno e

cambiar as políticas fracasadas do PP, das súas marcas

brancas, do 1%. Teñen un programa para facelo.

E queren que se coñeza.

O 15 é esa ferramenta. Tela nas túas mans. Aquí

podes ler case todo o que é a Marea Atlántica, e por

suposto as súas propostas e o seu programa. Un periódico

puntual para un momento histórico de esperanza.

Os poderes da cidade queren silenciar esa

ameaza que para eles supón a Marea. Por iso, pouco

deixarán que se fale neses espazos que controlan

das nosas ideas, do proxecto dunha Coruña distinta.

Contra esa censura, a base de voluntarismo, ilusión

e financiamento cidadán, sen entidades bancarias

nin caixas B por detrás, naceu O 15, o xornal do ano

do cambio. Para contarche o que algúns non queren

contarche. Para demostrar que podemos xestionar

o público mellor ca eles, dun xeito máis honesto e

máis participativo. Que non debemos resignarnos.

Que temos capacidade. Que desde o sentidiño podemos

mudar de raíz A Coruña. E abrir un tempo novo,

ilusionante, sen barreiras. Porque non se lle poden

poñer cancelas á cidadanía. Nin á Marea.

Viñeta

Martín Romero

Portas xiratorias

O xornal do ano do cambio

oquince.gal

#O15

Edita

Marea Atlántica

mareatlantica.org

Contacto

aiven@oquince.gal

Twitter: @coruna15

Facebook: O 15

Consello redacción

Alejandro Martín

Alejandro Pazos

A. D. Petouto

Raúl Xordo

Elisa Ginzo

Fotografía

Sandra G. Rey

Antía G. Sendón

Amador Lorenzo

Ilustracións / Deseño

MAT-LAB

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

7

Opinión

Natalia Balseiro

Xestora cultural

Mentres tanto

Estíbaliz Espinosa

Poeta

Isto non hai

quen o pare

Pablo Gallego Picard

Arquitecto

Manifesto por unha

idea de cidade

Eu non sei o que quero, nunca o souben. Pero se o

corpo vibra é que algo importante acontece. Nos

últimos anos soñei con marchar lonxe, mais son de

aquí e unha panda de bárbaros non van facer que

marche.

Despois de tanto soñar, comezaron a pasar cousas.

Seguín moi de cerca o 15M con todas as súas

implicacións. Foi unha auténtica revolución. Seguín

a Ada Colau. Máis tarde souben que na Coruña se

estaba a activar a Marea. E seguina tamén. Sorprendeume

gratamente, vin os avances, a seriedade do

traballo, a comunicación e a visibilidade, as posibilidades

de participación, a apertura á crítica e as

persoas implicadas. Os corpos estaban a disposición

dos corpos, do proceso, a disposición da cidade, sen

contemplacións nin personalismos. O corpo vibra,

algo está a pasar.

Pasou o tempo. Non podía asistir ás reunións; a

conciliación é unha burla. Seguín o proceso a distancia.

Un día convidáronme a unha xuntanza da

Marea da Cultura. Alí vin persoas transformadas

en cidadáns activos, nomeando as cousas, as necesidades,

as dúbidas, as ideas, soñando xuntos unha

cidade posible. Vin o que soñara, cheirei os corpos…

outra vez vibrando. Estaba pasando algo.

Ese día deixei de soñar e decateime que de súpeto

chegastes vós, amigas e amigos, coñecidos, anónimos,

cidadáns da Coruña, implicadas, comprometidas,

currantes, valentes, mulleres e homes sen medo.

Sabias, responsables, formadas e con experiencias

diversas na xestión pública, na xestión privada e na

autoxestión. Persoas con ética, afectadas pola vida

igual ca min. Unha familia reunida á mesa con aspiracións

de cambiar o rumbo, disposta a poñer as

persoas no centro da acción política, deixando espazos

para vivir, traballar, crear espazos para educar

en igualdade, xerar contextos para que a cidade sexa

un lugar para a vida das veciñas e os veciños da Coruña.

Os corpos estaban a disposición

dos corpos, do proceso, a disposición

da cidade, sen contemplacións

nin personalismos.

Eu xa sei que corremos un risco, que sodes persoas

sen experiencia na Administración, xente nova, sen

experiencia política, que vides de lugares ben diferentes

e que a moitos non vos coñezo, pero tamén

sei que os que están non pensan na xente da cidade

senón nos visitantes, nas empresas de Madrid, en

construír dende arriba. Houbo moitos anos de especulación,

de intereses que sobrevoaban as decisións

de carácter local.

Agora, amigas, soño con que sexades honestas e

miredes polo ben común, sacrificando sempre aos

que máis teñen e non aos que nada teñen que perder.

A miña intuición e o meu corazón dinme que vos

escoite, que vos apoie, que forme parte de vós, que

poña o corpo en acción aínda que sexa dende a distancia.

Dime que non podemos saber se se pode ou

non ata que non probemos, non arrisquemos, non

tomemos partido.

Sedíame eu na illa de San... Antón, e cercáronmi as ondas.

Que grandes son! Pero non estaba soa, estabas ti,

vós, nós. Sedíamos nós. E fomos ficando sós. O mar, o

barco e máis nós.

E chegou a Marea.

Este recanto do mundo no que nos tocou vivir é fin

ou principio, segundo como interpretemos o mar. A

nosa cidade, A Coruña, pode ter vocación xeolóxica de

illa, pero non de illarse, e na Marea sóubose un desexo

común: acabar con certos xeitos de facer —de desfacer—

as cousas; e de aí sabemos que hai marea, como

sabemos que hai uns frescos do pintor Urbano Lugrís,

na rúa Olmos 25... unha cripta verde cunha banda no

teito: «Hic habitat felicitas». Aquí habita a felicidade.

Ai,si! Como facemos, Urbano? Onde hai que asinar?

Como se abre paso o que ten que ser para que así sexa?

Isto párese entre todas. Por iso

non hai quen o pare.

A natureza é preguiceira. Fará o que ten que facer

da maneira máis económica que saiba. Sen dispendio.

Sen gasto de enerxía. A matriz hexagonal dunha

colmea é a forma máis eficiente de lograr resistencia

sen peso. O líquido elástico dunha pompa de xabrón

permite sempre que a tensión superficial se redistribúa.

A forma máis económica. A máis transparente. A

máis simple.

Queremos artellar este ecosistema que é a vila na

que habitamos igual que se artella a natureza: facendo

o que ten que facer da maneira máis económica

e eficiente posible. Sabemos que moitos concellos,

como as torradas, caen sempre polo lado polo que se

untan. Non é lei de Murphy: é lei da física.

Unha organización humana esixe mecanismos de

convivencia máis complexos ca unha pompa de xabrón.

O mecanismo das mareas, da lúa, do devalo e

a preamar, tamén é complexo. E aquí sopra vento de

compoñente atlántica con forza 3 a 4, hai maruxíafortemaruxía,

xente que quere abrirse a máis xente, incontables

gota-a-gotas que fan Marea. E isto é o pico

de iceberg dunha impoñente forza submariña que

traballa ata as tantas, queima as cellas, deseña, dálle

á neurona, renderiza, organiza, emociónase, argalla,

retella, artella... que é unha arte.

E hoxe podemos dicir non só que hai Marea, que habela

haina: tamén que haberá. Haberá mareas e mareas.

Mareas barriais, mareas humanas, mareas vivas

e mareas que pasan Marolas. Mareas Pitas. Mareas

que chegan para quedaren. Ou que dan paso a outras

mareas. Confiamos nesta proposta nacida da cidade

porque ten a marusía e o sabor de ir quedar, de inundar

cun proxecto que non se pareza ao que xa hai pero

que a todos nos soe, se cadra porque unha vez saímos

do mar e levamos aínda o sal no corpo, nas bágoas, no

suor, no líquido amniótico: é o proxecto do colectivo,

dos nós comúns, de refacer e repensar a participación

a un nivel tan básico como o municipal. Sabemos o

que pasa cando non participamos: e non podemos

perder o rumbo. Non podemos permitirnos tal luxo,

non debemos permitirlles o luxo. A Marea é o arquipélago

e é a constelación: unha chea de vontades a debuxar

camiños, estratexias, denuncias. Solucións.

Isto párese entre todas. Por iso non hai quen o pare.

A cidade é aquel lugar onde se produce unha expresión

indiscutible do público. Esta obviedade, implícita

na propia definición de público/a (común dun

pobo ou dunha cidade), convértese nun feito revelador

cando lembramos a imposibilidade de que exista

a combinación contraria: a cidade non pública. É

dicir, se non hai espazo público non hai cidade.

O que realmente permanece na cidade é o baleiro,

ou polo menos así debería ser, o construído acompaña.

Este feito, evidente tamén para calquera aldea

ou vila, ten non obstante na cidade a diferenza fundamental

dunha escala maior, que produce a correspondente

concatenación sucesiva dos seus espazos.

Esta proeza dá lugar a un feito propio e único da

urbe: a creación dun ambiente propio, irrepetible e

intransferible. O ambiente non so é ese espazo, senón

a mestura complexa dos usos e costumes que

a xeografía, o aire, as vistas e a interacción social

completan. Se o espazo público non se usa este non

existe, o seu sustento principal é o cidadán.

O cidadán fai a cidade ao usala, pero tamén na

lembranza. Esta atmosfera particular debe facerse

sempre respectando os tempos da memoria, cousa

distinta á historia, nin esta nin as fotos en branco

e negro serven. Cando se recorre a elas, algo falla.

Este ambiente recoñecible en todas e cada unha

das grandes urbes dá sempre lugar a unha idea de

cidade. Se hai unha idea de cidade non se necesita

de ningunha normativa específica para definir que

se é, ou se quere ser, xa que todo o mundo a comparte.

Non hai nada máis expresivo do carácter público

que ese sentimento xeral de saber a onde se vai. Para

saber que se quere ser primeiro hai que saber que se

é, e se non se pode polo menos saber que se era.

Se hai unha idea de cidade non

se necesita de ningunha normativa

específica para definir que

se é, ou se quere ser, xa que todo

o mundo a comparte. Non hai

nada máis expresivo do carácter

público que ese sentimento

xeral de saber a onde se vai.

Non estaría de menos entender que a Cidade é ese

lugar onde o cidadán desenvolve unha idea do público

que (con sorte) avanza dunh xeito diferente

ao resto, velaí a súa tremenda virtude e riqueza!

Na Coruña o espazo público desparece, ou privatízase.

Na Coruña a memoria construída recalifícase,

e isto é a súa morte. Na Coruña o espazo baleiro

non alcanza a todos, tápanse as vistas e o resto é

dos coches, séguense a facer autoestradas en vez

de rúas. Na Coruña non hai suficiente escala, o

ambiente tamén son os seus veciños do leste e do

sul. A Coruña debe ser vista mais dende fóra, non

hai nada mais democrático que poder achergarse

andando. En definitiva, teño a sensación que na

Coruña non hai unha idea de cidade común, cada

quen ten a que lle convén, esta cidade non lembra

por igual, non é de seu.

8 Entrevista a Xulio Ferreiro

√Din que o poder

corrompe, pero

algúns xa veñen

corrompidos da

casa∆

Xulio Ferreiro

Candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña

Alejandro Martín

Redacción

"Xuraría que os días tiñan máis horas

antes", bromea consultando o móbil.

A Xulio Ferreiro, coruñés dos Mallos,

os 40 anos aínda frescos no retrovisor,

non lle sobra un minuto. Vai dun lado

a outro coa familia coma se nada cambiase,

procura non perder un partido

na bancada de General e segue a traballar

como profesor na facultade de

Dereito da Universidade da Coruña, a

mesma na que se licenciou e se converteu

en doutor. Pero dende hai algo máis

dun mes, despois dunhas primarias

que o confirmaron como o candidato

de todas as almas da Marea Atlántica,

Ferreiro encabeza unha candidatura

que algunhas enquisas colocan moi

cerca do goberno municipal tralas eleccións

de maio. "O desafío", di coa ilusión

tatuada nos ollos, "non permite mirar

atrás".

A quen se lle ocorre deixar unha praza

de maxistrado na Audiencia provincial

de Lugo para volcarse na candidatura

da Marea Atlántica?

Ocórreselle a un cidadán que, como

tantas outras persoas, está a ver a situación

de empobrecemento xeral e

desigualdade crecente, alguén que é

sensible á falta dun futuro claro para as

novas xeracións, para os seus propios

fillos. E ese cidadán decide dar un paso

adiante xunto a moitísima outra xente

e sumarse a un movemento como a Marea

Atlántica, esperanzador, serio, que

pode empezar a construír unha sociedade

diferente dende A Coruña, cuns

valores distintos. Na miña situación

iso esixía deixar unha praza de maxistrado,

pero non é máis do que fai outra

xente no seu día a día. Vivimos un tempo

de emerxencia, é preciso abandonar

as posicións de confort.

Confía en acadar o goberno da Coruña

en maio?

Traducir en votos a enorme ilusión que

a cidadanía está a depositar na Marea

é unha tarefa titánica, pero está nas

nosas mans. E a xulgar polos ataques

que recibimos dos poderes fácticos da

Coruña, directamente ou a través das

súas marcas brancas, debemos estar no

bo camiño. Os resultados das últimas

citas electorais na Coruña avalan a hipótese:

a unidade das forzas políticas

que apostan polo cambio, multiplicada

polo liderado da cidadanía, é unha demanda

maioritaria.

∑ “A xulgar polos ataques

dos poderes fácticos da

Coruña, debemos estar no

bo camiño”.

Carlos Negreira cobra máis de 65.000

euros ao ano. Se vostede goberna, limitará

o seu propio soldo a 40.000

euros brutos anuais. Á luz da súa declaración

da renda, que fixo pública

hai unhas semanas, iso é menos do

que gaña agora como profesor universitario.

Certo, pero considero que o máximo

que fixa o Código Ético da Marea, eses

40.000 euros, é máis que suficiente para

vivir e bastante máis do que ingresa a

maioría da xente na Coruña e en Galicia.

Non se lle pode chamar sacrificio, e

se o fose, sería un sacrificio máis cativo

que o que fai moita xente anónima polo

ben común. Non me vou ver en dificultades

económicas, nin moito menos.

Non había xa partidos de sobra como

para crear un novo?

A Marea non é outro partido. É un espazo

de confluencia liderado pola cidadanía.

Hai dúas diferenzas entre a Marea

e un partido convencional. A primeira,

a cidadanía, a autoorganización cidadá,

o seu liderado, a xente común que,

coma min, deu un paso adiante e se

puxo a traballar no cambio. A segunda,

a confluencia das forzas políticas, sen a

que non existiría. A Marea é unha ferramenta

para combater a atomización e a

incapacidade dos partidos tradicionais

á hora de levar ás institucións as arelas

da maioría social. Unha ferramenta de

unidade popular, ampla e plural.

Ou sexa, unha coalición.

Non é unha coalición. A maneira na

que participan os partidos é diferente

á usual nunha coalición. Aquí os partidos

non pactan entre si unha lista nin

se reparten cotas de poder. O que fan os

partidos na Marea é moito máis importante.

Un exercicio de xenerosidade e

responsabilidade á altura dos tempos.

Participan na Marea a través dos seus

militantes e en pé de igualdade coa cidadanía

sen carnet. Non hai pactos entre

cúpulas. Ao contrario, na Marea os

partidos póñense detrás, nun rol diferente

ao habitual, empurrando á cidadanía

e non tirando dela.

Encabeza unha candidatura de xente

nova e sen experiencia de goberno.

Saberán facelo?

Por suposto. Na candidatura hai xente

nova e hai xente que xa non é tan nova.

Ademais, na xeración á que eu pertenzo,

a dos nacidos na década dos setenta,

xa non somos uns rapaces. E nese

tópico da xeración mellor preparada

algo hai de certo, pero non só a nivel

académico senón tamén para a política.

A política non é unha cousa que se

fai exclusivamente nos parlamentos ou

nos salóns de plenos. Política é o que

facemos defendendo a universidade

pública, participando nunha asociación

de veciños, organizando un banco

de alimentos ou unha cooperativa

de consumo responsable. E todas esas

experiencias, e moitas máis, están na

Marea. Hai capacidade de xestión, non

teña dúbida. Se algo probou a Marea é

a cantidade de xente preparada e con

cousas que aportar á política que hai na

Coruña. Novas formas de facer que xa

funcionan noutros ámbitos.

Hai un ano, a Marea Atlántica nin sequera

existía. Teñen xa un proxecto

para A Coruña?

Claro que existía a Marea, non nacemos

fotografía Sandra G. Rey

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

9

Está nas nosas mans

traducir en votos a

enorme ilusión que a

xente está a depositar

na Marea

Hai que ter claras as

prioridades: poden ser

as persoas ou as obras

da Mariña, e a nosa son

as persoas

É importante que a

política estea ben ventilada,

que non deixe de

entrar aire fresco: dous

mandatos e para a casa

da nada, e claro que temos un proxecto.

Un proxecto e un programa electoral ao

servizo das maiorías sociais, e non sometido

aos intereses económicos duns

poucos. E ademais non é retórico. É un

programa con instrumentos técnicos

para levar a cabo o que queremos. Na

Marea hai tanta ilusión como talento.

No campo do urbanismo, por exemplo,

hai ducias de profesionais traballando

dende hai meses que saben do que

falan cando proxectan unha cidade ao

servizo das persoas, cando imaxinan

unha cidade máis habitable. Non imos

prometer obras e farolas, senón unha

maneira nova de facer as cousas, coas

prioridades clarísimas. A Coruña demostrou

no pasado e vai demostrar

no futuro que é unha cidade creativa,

unha cidade que sabe o que quere, que

ten experiencia en proxectos innovadores.

O goberno municipal ten que poñer

os medios para que esa pulsión se faga

realidade.

∑ “Non queremos unha

carta branca da cidadanía,

queremos unha lupa

enriba”.

Recorda algún programa electoral

que non se incumprise?

Se a Marea non cumpre o seu programa,

sae pola mesma porta pola que entrou.

As nosas regras establéceno moi

claramente: o incumprimento grave

do programa activará un mecanismo

de revogación dos cargos electos, a comezar

polo alcalde. E ademais, as medidas

de transparencia e participación

que imos aplicar dende o primeiro día

permitiranlle á cidadanía controlar ao

detalle a acción de goberno. Non queremos

unha carta branca. Queremos

unha lupa enriba.

Máis da metade do equipo de Carlos

Negreira, que mantén no seu cargo a

un concelleiro imputado, Julio Flores,

está a ser investigado na operación

Pokémon. Por que ía estar libre

a Marea de caer nas redes da corrupción?

Din que o poder corrompe, pero algúns

xa veñen corrompidos da casa. Non somos

todos iguais, pero tampouco é suficiente

con ter o expediente limpo. Por

iso na Marea temos un Código Ético moi

severo destinado a combater calquera

indicio de corrupción e, dende logo, a

deixar fóra das candidaturas ou expulsar

a calquera persoa imputada nunha

causa deste tipo. Tamén é importante

que a política estea ben ventilada, que

non deixe de entrar aire fresco. E de aí

que ningún cargo da Marea poida acomodarse

no cargo. Dous mandatos e

para a casa. E que creamos na transparencia,

ata o final. En canto poñamos un

pé en María Pita publicaranse todos os

acordos, todas as axudas e todos os contratos,

incluídos os menores. Cando hai

vontade, as institucións poden cambiar.

∑ “Vivimos un tempo de

emerxencia, é preciso

abandonar as posicións de

confort”.

Que será o primeiro que faga en María

Pita?

Baixarme o salario e reducir o que lle

custa o goberno á cidadanía nun 50%,

aforrando un millón de euros ao ano,

que boa falta fai para políticas sociais. E

o segundo, abrir portas e ventás, que hai

moito tempo que non se ventila María

Pita. A cidadanía está desexando saber.

O desemprego é unha das principais

preocupacións da cidadanía. Na Coruña

hai xa máis de 22.000 persoas

sen traballo, e a metade carecen de

prestacións.

Hai unha liña que empeza en Rajoy,

atravesa a Feijóo e acaba en Carlos Negreira:

o desinterese polo desemprego.

E non é só o paro, é que hai empregos

precarios que non dan para vivir dignamente.

É certo que as competencias en

materia de emprego son limitadas nos

concellos, pero con vontade, hai cousas

que se poden facer. Negreira nin sequera

gasta o que presuposta para emprego

e servizos sociais. Nós imos poñer en

marcha un ambicioso plan de emprego.

Imos apostar polo comercio de proximidade,

pola pequena e mediana empresa,

pola economía social. E por suposto,

imos ter un ollo sempre na universidade,

na innovación e no emprendemento.

∑ “Se non cumprimos,

saímos pola mesma porta

pola que entramos”.

Prometen unha Renda Social Municipal

para garantirlle a toda a veciñanza

unhas condicións mínimas de

vida. Pode asumir iso o Concello da

Coruña?

Por suposto. A Renda Social Municipal

terá un custo inicial de 3 millóns de euros

ao ano, e un terzo desa cantidade

afórrase racionalizando o goberno. E

se fose algún máis, tampouco habería

problema. O Concello da Coruña ten un

orzamento cercano aos 280 millóns de

euros. A cuestión é ter claras as prioridades.

Poden ser as persoas ou as obras

da Mariña. A nosa son as persoas.

Din tamén que A Coruña, coa Marea,

será unha cidade libre de desafiuzamentos.

Que ninguén vai perder a

súa casa. Como se pode garantir iso?

O goberno da Marea negarase a colaborar

cos desafiuzamentos. Se depende de

nós, ningunha familia vai perder a súa

casa. Paralizaremos os lanzamentos

que dependan directamente do Concello,

como os de San Vicente de Elviña.

Os funcionarios municipais non se van

poñer ao servizo dos desafiuzamentos,

nin a Policía Local nin os bombeiros.

Nunca máis. E imos poñer todos os recursos

do Concello ao servizo das persoas

que se poidan ver nesta situación.

10

Xustiza e cohesión social

As

persoas

primeiro

A Marea implantará un modelo de Servizos

Sociais eficaz, público e de calidade para

lograr a xustiza e a cohesión sociais

Silvia Cameán

Marea Atlántica

Avogada

A nosa

resposta non

pode ser a

caridade,

senón a

política.

Elisa Ginzo

Redacción

Lonxe de dar esmola, a Marea entende

que a política ten que responsabilizarse

e corrixir os desequilibrios que levan ao

empobrecemento e á exclusión social

cada vez a máis persoas, vítimas dun

sistema entregado á desigualdade. “As

persoas son o primeiro”, din a miúdo as

súas caras visibles. “A xustiza e a cohesión

social garanten unha cidadanía libre,

con igualdade de oportunidades

e en condicións de gobernarse a si mesma:

a democracia”. A Marea Atlántica

quere chegar a María Pita para facer

unha política que atenda as necesidades

reais das persoas. Para iso, comprométese

a acabar co actual modelo de

Servizos Sociais asistencialista e ineficaz,

lastrado pola burocracia e baseado

nun enfoque caritativo. O camiño pasa

necesariamente por un servizo público

e de calidade.

∑ A Marea quere acabar

coa privatización dos servizos

sociais e fortalecer a

estruturas públicas

Así o define Eugenia Vieito, número

seis da candidatura: “Fronte a políticas

centradas na privatización dos servizos

sociais, dende a Marea avogamos pola

defensa duns sevizos públicos de calidade,

polo que cremos fundamental

fortalecer as estruturas públicas existentes

para lograr o obxectivo da sustentabilidade

social”. Na mesma liña, o

cabeza de lista, Xulio Ferreiro, defende

que “o tratamento da exclusión social

debe ir máis alá do puro asistencialismo,

procurando un enfoque integral

que incida na educación, na inserción

laboral, e en xeral en darlle ferramentas

ás persoas nesta situación para poder

saír dela”.

“Dende logo, a nosa resposta non

pode ser a caridade, senón a política”,

resume Silvia Cameán, avogada e número

catro da lista. As políticas de xustiza

social está presentes no programa

electoral da plataforma de xeito transversal,

dende o convencemento de que

é posible loitar no local por redistribuír

a riqueza, establecer unha igualdade de

oportunidades efectiva, achegar estabi-

lidade laboral e combater a exclusión.

Esa idea está presente moi especialmente

nas seguintes medidas, ás que

se suma como actuación máis urxente

a Renda Social Municipal.

CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA

Abaratar o recibo da auga para todos

os cidadáns e, sobre todo, para os que

atravesan unha peor situación económica,

é un dos obxectivos da Marea. A

rebaixa farase a custa dos beneficios

que a empresa municipal de augas

(Emalcsa) vén obtendo cada ano grazas

a cobrar máis do que lle supón prestar o

servizo. Que a ninguén se lle corte a luz

ou o gas por razóns de vulnerabilidade

social está tamén entre os compromisos

da plataforma. Haberá axudas

compensatorias nos casos de impago

xustificado socialmente, para o que se

reformará a Ordenanza de Emerxencia

Social.

∑ Evitaranse os cortes de

agua, luz e gas por impago

nos casos socialmente

xustificados

O Plan Local de Inclusión Social será o

documento rector que articule de maneira

eficaz a acción pública municipal

en materia de políticas sociais. Dirixirase

a grupos excluídos socialmente, coa

meta de reducir a taxa de desemprego,

aumentar os índices de actividade,

e garantir que todas as persoas teñan

un teito. Tamén está previsto adaptar

as axudas ás necesidades da mocidade,

como son, entre outras, as relacionadas

coa vivenda, as de urxencia ou a Renda

Social Municipal.

IGUALDADE COMO VALOR CENTRAL

A Marea anuncia no seu programa que

impulsará plans de igualdade e creará

un Observatorio Municipal de Igualdade

de Xénero. Este órgano fará unha

auditoría para definir o incremento

orzamentario e artellar unha metodoloxía

participativa co tecido feminista

organizado, persoas expertas e entidades

que fomentan a igualdade de xénero.

Tamén se velará polo respecto á

diversidade afectivo-sexual aplicando

políticas de integración e normalización

da homosexualidade, a bisexualidade

e a transexualidade.

Reforzaranse os medios e o persoal dos

Centros de Orientación Familiar e a

Casa de Acollida e haberá programas

educativos estables e permanentes para

os centros escolares e centros cívicos

para a prevención da violencia machista,

a saúde afectivo-sexual, a diversidade

sexual, e a coeducación e a corresponsabilidade.

Na Coruña case o 5% da poboación é

estranxeira, segundo datos do padrón

de 2014. Unha cidade intercultural

precisa de políticas que atendan estes

colectivos, que actualmente se derivan

a distintas entidades alleas á Administración

pública. Para iso, entenden na

plataforma cívica que cómpre garantir

o funcionamento da Oficina Municipal

de Apoio á Migración e poñer en marcha

unha Estratexia Local de Inclusión

Laboral dirixida a grupos excluídos socialmente,

que se fixe como compromisos

a redución da taxa de desemprego

e a mellora das condicións de vida da

cidadanía.

REFORZO CONTRA

O FRACASO ESCOLAR

Na área educativa está previsto poñer

en marcha programas de reforzo para

diminuír o fracaso escolar, así como a

apertura dos centros educativos fóra

do horario escolar para realizar tarefas

de tipo educativo, social e cultural.

Terá que negociarse coa Consellería de

Educación no caso dos centros de titularidade

autonómica, e procurarase

que sexan polas entidades dos propios

barrios.

O programa da Marea nesta área contempla

outros compromisos, como o de

elaborar un plan para erradicar ao longo

do mandato a maior parte dos obstáculos

que impiden o goce dos equipamentos

a cidadáns e cidadás, así como

o compromiso de adaptar o transporte

público municipal aos criterios de accesibilidade

e eliminación de barreiras,

e esixir a “accesibilidade” para obter

novas licenzas de taxis, a través dunha

ordenanza municipal.

Por último, a Mesa de Diálogo Civil

que contempla crear a plataforma encargaráse

de xestionar a relación entre

a Administración Local, os axentes do

terceiro sector e os diferentes recusos

sociais presentes para o desenvolver

un Plan Local de Inclusión Social 2015-

2019.

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

11

Unha renda social

para garantir unha vida

digna á cidadanía

Unhas 1.200 familias poderían beneficiarse dunha

medida que só lle suporía tres millóns de euros

anuais ás arcas do Concello

E.G.

Redacción

Un 13% da veciñanza da Coruña

vive por debaixo do limiar

da pobreza. O dato é absolutamente

inasumible, ao entender

da Marea. Por iso, para combater

esta situación e loitar a prol

dunha cidade que garanta o

dereito a unha vida digna dos

seus habitantes, a plataforma

propón unha Renda Social

Municipal. Con esta paga, as

persoas en risco de exclusión

poderán facerlle fronte ás súas

necesidades máis básicas e

inmediatas, como son a alimentación,

o teito, a agua, a

luz e outras precisas para a súa

subsistencia. A renda pode alcanzar

ata un máximo de entre

os 400 e os 700 euros mensuais.

A contía máxima da

axuda oscilará entre

os 400 e os 720 euros

mensuais

A inclusión social é unha prioridade

para a candidatura que

encabeza Xulio Ferreiro. “Mentres

temos servizos de rego

intelixente, A Coruña está a

liderar ránkings de pobreza

e exclusión social; creo

que esta non é a cidade que a

maioría queremos”, reflexiona

este profesor de Dereito. O

candidato da Marea refírese a

datos coma o índice de risco

de pobreza e de exclusión social,

coñecido coma taxa Arope

(At Risk Of Poverty and/or

Exclusion). O desemprego, a

precariedade laboral ou a desigualdade

son circunstancias

que minan cada vez a máis cidadáns.

A resposta da Marea é

clara: o prioritario é “asegurar

unha vida digna para todas as

persoas nesta cidade”, di Xulio

Ferreiro, quen entende a

Renda Social Municipal como

“unha medida de urxencia”,

unha venda para evitar que

a poboación máis ferida pola

crise se desangre.

UNHA MEDIDA “PERFECTA-

MENTE ASUMIBLE”

Segundo os cálculos iniciais da

candidatura, unhas 1.200 familias

poderían beneficiarse da

Renda Social Municipal. O custo

anual de aplicar esta medida

de emerxencia social estímano

en 3 millóns de euros, menos

dunha terceira parte dos 10,5

millóns que destina o actual

goberno local do PP á obra do

túnel da Mariña. O orzamento

total do Concello coruñés para

2015 supera os 250 millóns de

euros. “Por iso non é un brinde

ao sol, senón unha medida

perfectamente asumible”, destaca

Ferreiro.

O candidato a alcalde da Marea

entende que como primeira

medida cómpre “asegurar os

mínimos de subsistencia necesarios”.

A partir de aí, a acción

política fará o resto para camiñar

cara a unha cidade na que

a inclusión social e a igualdade

de oportunidades sexan unha

realidade a pé de rúa. O obxectivo

é atallar e investir a tendencia

que nos últimos anos

coverteu á Coruña na cidade

líder de Galicia en empobrecemento.

Entre 2007 e 2012

a Taxa de Risco de Pobreza

medrou un 70% —máis que en

ningunha outra urbe galega— e

dende que Carlos Negreira colleu

o bastón de mando do Concello

o número de persoas perceptoras

da Risga (Renda de

Inclusión Social de Galicia) ou

as AES (Axudas de Emerxencia

Social) medrou un 54%.

Xulio Ferreiro:

“Cómpre asegurar os

mínimos de subsistencia

necesarios”

A renda municipal será incompatible

coa Risga e servirá

para atender as necesidades

das persoas que non cumpren

os requisitos para percibila. O

candidato elixido pola Marea

explica que deste xeito “completaría

os ingresos das persoas

que o precisen até que alcancen

o límite máximo para

poder acceder á Risga, o que

podería alcanzar unha contía

máxima de entre 400 e 720 euros

mensuais segundo a cantidade

de membros da unidade

familiar e a inclusión ou non

de menores”.

fotografía Sandra G. Rey / ilustración MAT-LAB

Eugenia Vieito

Marea Atlántica

Persoal de Administración

e Servizos da UDC

Avogamos

pola defensa

duns sevizos

públicos de

calidade.

Máis información:

http://mareatlantica.org/unharenda-social-municipal-paraloitar-contra-a-exclusion/

13%

Risco de pobreza

O 13% da cidadanía está

en risco de pobreza e

exclusión social. Isto é

case un de cada catro

habitantes da Coruña

↑ 70%

Crecemento da pobreza

En apenas cinco anos a

taxa de pobreza medrou

un 70% na cidade da

Coruña

↑ 54%

Crecemento da pobreza

Aumenta o número de

persoas que precisan

axudas para sobrevivir

dende que goberna

Negreira

22.000

22.000 persoas están

desempregadas na cidade

e a metade non ten

prestación ningunha

3.000.000 €

Custo da RSM

O custo arpoximado desta

medida para as locais sería

de 3 millóns de euros.

Menos dunha terceira

parte dos 10 millóns que

destina o actual Goberno

local á obra do túnel da

Mariña.

1.200

Calcular a candidatura da

Marea que actualmente

hai mil duascentas familias

receptoras da RSM

Garantir unha vida digna

para todas as persoas é

un dos catro principios

básicos sobre os que

asenta a Marea Atlántica,

os obxectivos que

permitiron ao longo do

último ano reunir nunha

mesma iniciativa a sete

formacións políticas

comprometidas co cambio

e a xustiza social e centos

de cidadáns sen afiliación

partidaria.

12

Apoios á Marea

Ada Colau

Barcelona en Comù

Íñigo Errejón

Podemos

A Marea ten que

gañar, pero non

para cambiar a uns

por outros, senón

para abrir de par

en par as portas

do concello.

Este movemento

cidadán, con Xulio

Ferreiro á cabeza,

multiplicou a súa

forza política a través

dun proceso

democrático sen

pactos ás agachadas

entre cúpulas.

É tempo

de unidade

popular

As formacións políticas que

participan na Marea sinalan

a confluencia como o único

xeito de rachar co inmobilismo

dunhas institucións afastadas

da cidadanía.

Raúl Xordo

Redacción

A Marea Atlántica é, dende a mesma publicación

do seu manifesto, un espazo

de confluencia liderado pola cidadanía.

Un sentir común que vai máis alá de siglas

e nomes propios. Unha ruptura coa

vella política que procura un novo xeito

de organizar a vida en común da Coruña,

dende a honestidade, a transparencia

e a radicalidade democráctica. Con

esta filosofía confeccionouse unha candidatura

de unidade popular, na que os

partidos teñen un papel importante,

pero na que son os individuos, a xente,

quen leva o peso.

O proxecto recibe o apoio de varias

formacións políticas, que quixeron sumarse

a este proceso de confluencia

xunto a milleiros de cidadáns. Anova,

Podemos, Esquerda Unida, Compromiso

por Galicia, Equo ou Espazo Ecosocialista

deron o paso de integrarse na

Marea. Souberon ver que é o momento

da unidade popular.

Ada Colau, voceira da plataforma

Barcelona en Comú, visitou A Coruña

hai uns meses para amosar o seu apoio

á Marea. Dende o seu punto de vista, a

confluencia é “unha resposta á situación

de emerxencia que estamos a vivir,

e un intento por levar ás institucións os

éxitos que xa logramos na rúa”. “Xa somos

unha maioría social”, explica, “os

que non queremos máis corrupción,

os que esiximos unha maior participación

cidadá e unha economía máis xusta.

Sabemos que cando nos xuntamos,

como fixemos para parar os desafiuzamentos

ou para plantarlle cara á privatización

da sanidade, somos quen de

conseguilo. Agora temos que levar esa

xeito de facer, esa confluencia, ao eido

institucional”.

Ademais, Colau lembra que “a cidadanía

é hoxe máis culta e máis educada

ca nunca, e ten máis posibilidades de

participación ca nunca grazas ás novas

tecnoloxías. Iso é o que iniciativas

como a Marea Atlántica queren aproveitar,

para rematar con este sistema

suicida, que cada vez está facendo sufrir

máis á xente. Sabemos que as institucións,

tal e como son hoxe en día, non

nos serven. Están pensadas para que

haxa unha cúpula que dirixa e manteña

afastada á cidadanía. Por iso ten que

gañar a Marea, non para cambiar a uns

por outros no Concello, senón para chegar

aló e abrir as portas de par en par”.

Íñigo Errejón, secretario de Política

de Podemos, afirma que “hai situacións

que reclaman que a cidadanía

dea un paso á fronte e entre nas institucións

para que corra o aire fresco, e este

é o caso da Coruña e a Marea Atántica”.

Segundo declara, “este movemento de

confluencia cidadá, con Xulio Ferreiro

á cabeza, multiplicou a súa forza política

a través dun proceso democrático

que nada tivo que ver con pactos ás

agachadas entre cúpulas”.

Errejón asegura que, “despois de

moitos anos aturando uns políticos que

fixeron da cidade o seu couto privado,

e cuxas iniciativas megalómanas afogaron

o pequeno comercio, é a hora da

xente”, e avoga porque “a Praza de María

Pita se vexa honrada coa chegada da

Marea Atlántica”, pois “será a proba de

que chegou a reconquista das institucións

ao servizo da cidadanía”.

Xosé Manuel Beiras, voceiro nacional

de Anova, explica a importancia de

unir forzas co argumento de que “hoxe

o estamento político, a casta política,

non representa, non está a funcionar

como é debido e os partidos son máis

aparatos ca outra cousa. Non son as

pontes que deberían vehiculizar as

necesidades, as reivindicacións, os intereses

e os dereitos das súas bases sociais.

Daquela hai que deixar que onde

xorden iniciativas cidadás como as mareas,

esas sexan as protagonistas, e nós

contribuír”.

“Nas mareas, como a Marea Atlántica

que encabeza Xulio Ferreiro, nin

Anova é protagonista nin Beiras é protagonista.

Felizmente, o motor do proceso

de transformación que é necesario

hoxe está na sociedade civil e a súa capacidade

de autoorganización”, sostén

Beiras, e instiste en que o que máis lle

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

13

Xosé Manuel Beiras

Anova

Yolanda Díaz

EU

Fagamos que as

candidaturas con

vocación de unidade

popular e frontes

amplas devolvan o

poder democrático

aos viciños e viciñas

e esgacen as redes

clientelares e caciquís

do PP.

A Marea é un golpe

de aire fresco na

cidade da Coruña,

unha iniciativa que

xurdiu grazas a persoas

que puxeron

o ben común por

diante de todo.

interesa destas eleccións municipais

“é que dalgunha maneira supoñan un

paso adiante no proceso de implicación

dos cidadáns, sexan ou non de partidos,

á actividade política directa, a que

exercen realmente como cidadáns cara

a unha ruptura co réxime da Segunda

Restauración Borbónica, que ten que

rematar dunha vez. E non pode rematar

se non existe ese motor composto

pola cidadanía e as forzas políticas que

están pola creba democrática facendo

de motores auxiliares”.

O voceiro nacional de Anova fai un

chamamento para que “o arquipélago

dos concellos galegos se transmute na

urdime democrática basilar do noso

pobo, da nosa nación. Fagamos que as

candidaturas con vocación de unidade

popular e frontes amplas, axilmente

adaptadas ás condicións sociopolíticas

de cada lugar, bisbarra ou comarca, devolvan

o poder democrático aos veciños

e veciñas por todo o país e esgacen

as redes de arrastre clientelares e caciquís

que apañan o voto cautivo do PP”.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional

de Esquerda Unida en Galicia,

asegura que a Marea Altántica é “un

golpe de aire fresco na cidade da Coruña,

unha iniciativa que xurdiu grazas

a persoas que puxeron o ben común

por diante de todo o demais e, de xeito

xeneroso, crearon esta formula para

construír espazos diferentes e plurais”.

Neste sentido, afirma que a plataforma

cidadá é “o exemplo que seguiron outras

iniciativas similares no noso país, e

será a candidatura do cambio en María

Pita”.

Segundo Díaz, a unidade popular representada

pola Marea é “a única resposta

posible na situación de excepción

política e social que estamos a vivir”.

Afirma que “a democracia está secuestrada

polo poder económico, que ten

un peso enorme en todos os niveis institucionais”,

e argumenta que a cidadanía

só poderá recuperala mediante “a

construción dun novo suxeito politico”.

A coordinadora nacional de EU conclúe

coa convicción de que, “nestes momentos,

ou construímos unha confluencia

con altura de miras, intelixencia e xenerosidade,

ou nos estaremos a equivocar.

É un proceso complexo, pero temos

que implicarnos ao máximo”.

Breogán Riobóo, secretario xeral

de Podemos en Galicia, lembra que as

accións sociais desenvolvidas nos últimos

anos, na loita contra os desafiuzamentos

ou en defensa da sanidade e a

educación públicas, “serviron para mudar

a realidade e para demostrar que xa

non aceptamos que nos queiran afastar

da toma decisións, queremos que sexa

a cidadanía quen controle directamente

as políticas”. E, na cidade da Coruña,

“a Marea Atlántica é a ferramenta municipal

necesaria para conseguir este

obxectivo”. Riobóo amósase convencido

de que “o importante agora non son

as siglas nin os nomes, senón a cidadanía,

a transparencia e a participación”.

E, por iso, “Podemos apoia á Marea no

asalto democrático ao Concello, para

construír, dende abaixo, dende o municipal,

unha sociedade máis xusta e

igualitaria”.

∑ “Dende abaixo, dende o

municipal, seremos quen

de construír unha sociedade

máis xusta e igualitaria”.

Breogán Riobóo. Podemos

Xoán Antón Pérez Lema, secretario

local de Compromiso por Galicia, asegura

que a súa formación apoia á Marea

“sen perder o seu perfil galeguista

e progresista, porque acredita nunha

candidatura de unidade cidadá, coa fin

de desenvolver ese gran proxecto de

mínimo común denominador”. A través

da converxencia, CxG aspira a “garantir

a transparencia, arrincar a corrupción

e construír cohesión, inclusión social e

unha boa gobernanza”.

Xoán Hermida, coordinador de Espazo

Ecosocialista, sinala que estamos

a vivir “un período de tránsito, no

político, co esgotamento da Cultura da

Transición, e tamén no filosófico e moral.

Para afrontalo é precisa a unidade,

pero non entendida ao vello xeito,

como unha simple agregación de siglas,

senón como unha unión de cidadáns.

Nestes momentos, a coordenada

democrática ten máis peso que os eixes

esquerda-dereita e nacionalismo-centralismo”.

Hermida sostén que “a Marea

Atlántica foi líder neste sentido, foi

pioneira en Galicia nesta forma de entender

a confluencia, e hoxe é o espello

no que se miran outras iniciativas similares

no país”.

∑ “A través da converxencia

aspiramos a garantir

a transparencia, arrincar

a corrupción e construír

cohesión, inclusión social e

unha boa gobernanza”.

Xoán Antón Pérez Lema. CxG

Ana Tomé, co-voceira de Equo na bisbarra

da Coruña, asegura que “a Marea

Atlántica se está a confirmar como a ferramenta

máis efectiva para rachar coa

deriva na que caeron as institucións e

as forzas políticas inmobilistas que teñen

representación nelas. A xente demanda

unha maior participación para

rematar con esta democracia de baixa

intensidade que só favorece a unhas

poucas elites”. Dende o seu punto de

vista, “o sistema aproveitou o complicado

contexto económico que estamos

a vivir para blindarse”, e o único que

pode facer unha fenda nesa blindaxe é

“a unidade popular da cidadanía, as organizacións

sociais e as organizacións

políticas non sistémicas, é fundamental

para poder avanzar cara o obxectivo

común de máis e mellor democracia”.

Tamén o representante do Partido

Humanista na Coruña, Rubén Sanchez,

defende que a Marea é “a resposta

necesaria do pobo para ser escoitado,

para defender os seus dereitos dende a

participación cidadá, a democracia real,

a cooperación e a converxencia da diversidade”.

Sánchez argumenta que é o

momento de unirse para facerlle fronte

ao “proceso de concentración de poder

e capital en mans duns poucos que se

está a vivir en todas partes, ante a insensibilidade

dos poderes institucionais”.

Como todas estas voces coinciden

en sinalar, é tempo de unidade popular.

É tempo de traballar xuntos, dende

o 99%, dende a maioría social, para

conseguir que María Pita deixe de ser

unha fortaleza pechada á cidadanía e

ao servizo dos poderes económicos, e

se convirta nun pazo de cristal, aberto

e transparente.

∑ “A unidade popular é

fundamental para avanzar

cara ao obxectivo de máis e

mellor democracia”.

Ana Tomé. Equo

∑ “A Marea Atlántica foi

pioneira en Galicia dun

novo xeito de entender a

confluencia; é o espello no

que se miran outras iniciativas

similares”.

Xoán Hermida. Espazo Ecosocialista

14

Radicalidade democrática

Baixo a lupa

da cidadanía

ilustración MAT-LAB

Doce medidas

para dotar de

transparencia

a xestión

municipal

e crear

mecanismos

de fiscalización

e participación

cidadá

∑ Se o que se pretende

é romper as distancias

entre os representantes

municipais e quen lle

deu esa responsabilidade,

cómpre estruturar

protocolos que faciliten

a comunicación.

∑ A veciñanza poderá ter

voz e voto desde o momento

da confección dos

Orzamentos, para decidir

en que se van investir

os recursos municipais,

pero tamén no control

da súa execución ao longo

do ano.

∑ Os mecanismos revogatorios

permitirán

expulsar do grupo municipal

a quen incumpran

de forma graves e inxustificada

o programa

electoral.

A. D. Petouto

Redacción

Radicalidade. Si. Radicalidade democrática.

É unha das liñas básicas coas

que a Marea Atlántica se presentou aos

cidadáns e ás cidadás da Coruña en xullo

do 2014 e é tamén un dos eixes da

política que intentará aplicar en María

Pita despois das eleccións de maio. A

plataforma propón unha ducia de medidas

neste eido cun obxectivo común:

estender a democracia na rúa e facer

partícipes aos coruñeses e ás coruñesas

das decisións que lles afectan. Pero

iso, entenden na Marea, non é posible

se esa mesma mensaxe non cala tamén

de portas para dentro, na actuación do

propio goberno local. Así, as ferramentas

para darlle voz á veciñanza e facilitar

que tome parte activa na vida municipal

veñen acompañadas doutras que

lle permitirán á veciñanza fiscalizar a

acción de goberno e coñecer ao detalle

que fan os seus representantes, como

o fan e en que empregan o diñeiro público.

Con este mesmo espírito, a Marea

comprométese a garantir as liberdades

cidadás na relación coas institucións

do Concello e a promover o laicismo no

funcionamento da administración coruñesa.

“A Marea naceu cun obxectivo claro,

mudar A Coruña, un principio que non

parte só de propostas e cambios concretos,

senón que esixe dotar á xente da

cidade de mecanismos cos que exercer

o control e de expresar os seus desexos.

A cidadanía ten que ser a protagonista

desa mudanza”, resume o candidato á

alcaldía, Xulio Ferreiro.

VOZ NO PLENO

Se o que se pretende é romper as distancias

entre os representantes municipais

e quen lle deu esa responsabilidade,

cómpre estruturar protocolos que

faciliten a comunicación. Como o fará a

Marea? Por unha banda, establecendo

canles para garantir a participación:

no Pleno do Goberno local, a través

dunha quenda de palabra que se abrirá

grazas á modificación do Regulamento

Orgánico Municipal, e que vai permitir

a todo aquel que o desexe expresar sen

intermediarios opinións, propostas ou

críticas, propias ou da asociación ou

colectivo que representan, diante do

pleno; pero tamén noutros organismos,

como no Consello Social da cidade,

unha figura que a plataforma considera

“clave” para o diálogo social pero que

hoxe non funciona na Coruña, ou nas

Xuntas de Distrito, organismos de representación

dos distintos barrios que,

segundo estipula a Lei de Grandes Cidades,

subdividen a cidade segundo un

criterio territorial —unha división que,

na práctica, non funciona na Coruña, e

que os representantes da Marea esperan

poder activar para descentralizar

a xestión de cada barrio e dar máis capacidade

de participación aos seus habitantes.

A participación cidadá, segundo a

conciben os integrantes da Marea Atlántica,

ten outras vías que permitirán

á veciñanza tomar a palabra, como é o

Referendo, que para a fronte cidadá

debe ser o mecanismo co que se tomarán

as decisións “de carácter estratéxico”.

Neste punto, a Marea garante que

ofrecerá “mecanismos de información

e debate para que a cidadanía poida

coñecer polo miúdo aquelo sobre o que

hai que decidir”. Nesta liña, entre as figuras

que impulsará se acada a representación

necesaria no Concello están

os Orzamentos Participativos, nos

que a veciñanza poida ter voz e voto

desde o momento da súa confección,

para decidir en que se van investir os

recursos municipais, pero tamén no

control da súa execución ao longo do

ano.

CONCELLO DE CRISTAL

A transparencia é a outra pata dese

conxunto de medidas para a radicalización

democrática que quere promover

a Marea Atlántica para acadar un Concello

“con paredes de cristal”; transparencia

que os membros da candidatura

exemplifican coa “lupa” que, din,

queren que os coruñeses e coruñesas

poñan enriba de María Pita, como paso

previo para poder participar realmente

da actividade municipal. Iso comeza

coa rendición de contas que deberán

prestar de forma periódica os cargos

públicos, tanto a través do web municipal

—ou doutras plataformas telemáticas—

como de forma presencial, diante

do pleno, do Consello Social e das

Xuntas de Distrito. A cidadanía poderá

coñecer as contas dos membros do goberno

local e as súas axendas, así como

estar ao día da súa actividade e de todo

aquilo que se desenvolve na súa área de

xestión: contratos, concursos... Tamén

nese obxectivo se establecerá a limitación

a dous mandatos dos cargos electos

da Marea.

O mesmo ocorrerá coas concesións

municipais, que, segundo entende a

Marea, deberán estar sometidas a fi s -

calización permanente, de maneira

que os datos das empresas que realizan

o servizo e as súas contas estean á luz

pública —salvo nos casos en que a lei o

impide—. Para acceder a esa información,

o proxecto da iniciativa cidadá

contempla a creación dunha plataforma

dixital de participación que sexa

bidireccional, isto é, onde a cidadanía

poida consultar datos pero tamén formular

demandas.

A Marea prevé aínda dúas medidas

máis que afectan de forma directa aos

seus cargos electos: por un lado, a redución

das súas retribucións nun terzo,

unha baixada que chegará ao 40% no

caso da alcaldía, de maneira que ningún

soldo supoña máis de 40.000 euros

brutos ao ano e o custo total do goberno

mingüe un 50%; por outro, a inclusión

de mecanismos revogatorios, que permitirán

expulsar do grupo municipal a

aquelas persoas que incumpran de forma

grave e inxustificada o programa

electoral. O mesmo acontecerá, avanza a

Marea, con aqueles membros do goberno

que resulten imputados —mediante

resolución motivada dun xuíz— en delitos

de corrupción, ou por outros relativos

a condutas racistas ou homófobas,

delitos de violencia sobre a muller, contra

os dereitos dos traballadores e traballadores

ou delitos ecolóxicos.

SALVAGARDA

DAS LIBERDADES CÍVICAS

Para a Marea Atlántica, a radicalidade

democrática implica tamén a salvagarda

das liberdades cívicas que, sosteñen

quen impulsan esta iniciativa municipalista,

supón mudar o concepto de seguridade

pública como termo contraposto

a liberdade. “Vivir seguros non é

vivir máis vixiados ou máis encerrados

en casas con protección, senón poder

gozar plenamente de todos os dereitos

e pensar a cidade como un lugar de

realización das liberdades de todos”,

expón Alberto Lema, número sete da

lista para as municipais. Isto significa,

adianta, o fin das políticas de seguridade

cidadá que vulneren a liberdade de

expresión, os dereitos de asociación,

de manifestación e de protesta. Neste

mesmo eido, a plataforma aposta por

poñerlle fin á privatización dos sistemas

de emerxencias e impulsar servizos

compartidos e coordinados con

outros municipios.

oquince.gal

A Coruña · Primavera de 2015

15

Marea do Agra

20 de agosto 2014

Marea da Cultura Marea da Cidade Vella

21 de agosto 2014

3 de setembro 2014

Había que saír á rúa. Só

había un camiño posible

para construír a Marea.

De abaixo a arriba. "Se non

prende na xente, é que

estamos equivocadas",

repetíanse as persoas que

lanzaban a iniciativa. Á

Agra do Orzán foron 200

persoas. Ao día seguinte,

diante do Rosalía, outras

tantas para botar a Marea

da Cultura. E logo outro,

e outra. Había fame de

marea.

Marea por outro Urbanismo

4 de setembro 2014

Marea de Mobilidade

11 de setembro 2014

Marea dos Municipalista

4 de outubro 2014

Marea dos Maios

24 de setembro 2014

Cooperar en código aberto.

O que faga unha marea pode

reutilizalo calquera outra.

Non somos o mesmo, as

condicións de partida son

distintas, pero cabalgamos

o mesmo ciclo de ruptura

democrática. A Marea

Atlántica deu o primeiro

paso e convocou a todos

os procesos que había

naquela altura en Galicia

a un encontro na Coruña.

Compartir o que sabemos,

poñer en man común o que

descoñecemos.

Marea Feminista

17 de setembro 2014

Encontro Ada Colau e Manolo Rivas

19 de decembro 2014

Marea de Fóra

27 de decembro 2014

Tiñamos que construír

o cabalo de Troia co que

nos imos presentar ás

eleccións. Reunímonos

primeiro para aprender,

logo para traballar, máis

tarde para debater e

finalmente para poñernos

de acordo. Aprobamos

por aclamación un

Código Ético, as liñas

estratéxicas do que será

a acción de goberno da

Marea, un método para

as primarias abertas e

outro para o programa

participativo.

Marea Viva (Marea Baixa + Marea Alta)

9, 10 e 11 de xaneiro e 8 de febreiro 2015

lio Ferreiro cabeza de lista

7e 8 de marzo 2015

Dous días, máis de 700

persoas. Un proceso

exemplar de participación

e cooperación que deu

como resultado unha

candidatura forte, unida,

plural e preparada para

gobernar A Coruña. Á

cabeza, Xulio Ferreiro,

que encarna todas as

almas da Marea. A das

organizacións políticas. A

dos movementos sociais.

E a da xente común que

sabe que hai que estar

á altura.

Primarias

7e 8 de marzo 2015

Confluencia

4 de febreiro 2015

Esta foto permanecía

inédita até agora.

Tomouse no que vén

sendo o principal

espazo de traballo

da Marea Atlántica, o

local da rúa Marqués

de Pontejos. Todas

as sensibilidades da

Marea —non as cúpulas

das organizacións nin

nada parecido, senón a

xente— reunidas para

asinar os acordos da

Marea Viva. Levamos

na retina ese momento.

Outra vez, había marea.

16

As 27 candidatas

da Marea

Unha

lista forte,

unida e preparada

para

gobernar

A Coruña

1

Xulio Ferreiro

Profesor de Dereito Procesual

na Universidade da Coruña,

deportivista e coruñés do

barrio dos Mallos dende 1974.

2

Rocío Fraga

Socióloga experta en xénero,

emprego e participación cidadá.

Activista feminista e de

diversos movementos sociais

da cidade e do país.

3

Xiao Varela

Pai. Arquitecto. Socio da

Cooperativa Habitat Social.

Adicado á construción natural,

ao urbanismo participativo e á

intervención comunitaria.

4

Silvia Cameán

Nacín no ano 87 no seo

dunha familia obreira galega.

Feminista e avogada. Son porque

antes outras foron e loito

porque mañá outras sexan.

5

6

7

8

9

Jose Manuel Sande

Programador do CGAI-

Filmoteca de Galicia. Escritor

cinematográfico. Parte de

Luzes e Galiza Ano Cero.

Xestión e coñecemento do

sector público.

Eugenia Vieito

Persoal de Administración e

Servizos da UDC. Licenciada

en Dereito. Mestrado en

Xestión de Políticas Públicas.

Pero sobre todo, mareanta.

Alberto Lema

Nacín en Vimianzo no 75.

Dende a Marea queremos

unha Coruña dende abaixo,

máis democrática, máis galega

e que asegure o dereito a

unha vida digna.

Claudia Delso

Mediadora cultural. Mestra

de psicomotricidade e teatro

para nenxs e persoas adultas.

Facilito prácticas colaborativas

e proxectos comunitarios. Transito

e practico artes escénicas.

Daniel Díaz Grandío

Pai formado en enxeñaría

civil e estudos do territorio,

apaixoado polo transporte

público e mobilidade

sustentable.

10

11

12

13

14

Maria Garcia

Técnica de medio ambiente,

activista sen dogmas.

Emigrante retornada,

con ilusión por construir

colectivamente unha cidade

máis amable.

Alfonso Mascuñana

Nado en Vigo, no 43. As

xentes e as loitas do barrio

fixéronme camiñar cunha

segunda pel. A Marea, por

suposto, tamén forma parte

desa pel.

Begoña Romero Quintela

Administrativa en paro despois

de 37 anos na mesma empresa.

Implicada no cambio

por una sociedade mais xusta

dende os 16 anos. Agora

mareanta.

Antón Fdez. De Rota

Nacín na Coruña vai 35

anos. Crieime nos Mallos,

son veciño de Monte Alto.

Adícome á investigación

en políticas públicas e á

docencia universitaria.

Sonia Sainz

A Coruña 1964. Empresaria.

Dende 1993 dirixo unha empresa

adicada as TIC, con implantación

en todo o territorio

español e México DF. Traballo

e vivo no distrito Picasso.

19

20

21

22

23

Nicanor Acosta

74 anos vendo o frío que acolle

a tantas persoas excluídas

do dereito a vivir, as súas

voces son a dignidade que

escoitarase en cada rúa.

Iria López

Coruñesa, mestra especialidade

audición e linguaxe,

escritora, diplomada en

empresariais especialidade

finanzas, de Podemos, crítica-constructivista.

Marcos SanPedro Vidal

Mestre de primaria e Psicopedagogo.

Activista centrado

no consumo consciente e

na mobilidade. Integrado

en proxectos de economía

social. Mareante que adora

o mar.

María José Durán

Son Enxeñeira Informática

de formación e como cidadá

da Coruña quero aportar a

miña ilusión e o meu traballo

para lograr unha cidade máis

solidaria e sostible.

Sergio Irigoyen

Xornalista e divulgador científico.

Traballei en medios de

comunicación e empresas do

terceiro sector. Creo na protesta

cidadá como vixiancia

democrática.

oquince.gal

A Coruña · Primavera de 2015

17

15

Santiago Lamelo

Non podo permanecer tranquilo

como se nada pasase,

cando hai unha elite económica

e antidemocrática que está

a gobernar o mundo.

Non quero.

25 O CAMPANARIO

SAN ROQUE 17

19 12

16

AGRA DO ORZÁN

Alicia Alonso

Nacín fai vinteún anos no

Barco. Dende fai tres, estudo

e vivo na Coruña, cas ganas

de inundala de feminismo

dende abaixo, dende dentro e

cara fora.

RIAZOR 16

10

14

MONTEALTO

CAMPO DA LEÑA

PEIXERÍA

26 ENSANCHE

6

MAIOS

FALPERRA

23

4 13

21

7

ZAPATEIRA 22 ↓

15

MONELOS

MATOGRANDE

17

GAITEIRA

Pablo Leira

Enxeñeiro informático.

Activista ecoloxista centrado

últimamente na mobilidade

sostible. Integrado en movementos

de economía social.

ATOCHAS

24 CIDADE VELLA

27

20 BARRIO DAS FLORES

9 EIRÍS

18

2

1

5

11

3

8

PALAVEA

CASTRILLÓN

18

Victoria Mejuto

Nacín na Coruña, no 60. Confío

en que a Marea siga a ser

un instrumento transformador

da sociedade, que se extenda

polos barrios e centros de

traballo.

1 · Xulio Ferreiro

2 · Rocío Fraga

3 · Xiao Varela

4 · Silvia Cameán

5 · Jose Manuel Sande

6 · Eugenia Vieito

7 · Alberto Lema

8 · Claudia Delso

9 · Daniel Díaz Grandío

10 · María García

11 · Alfonso Mascuñana

12 · Begoña Romero

13 · Antón Fdez. de Rota

14 · Sonia Sainz

15 · Santiago Lamelo

16 · Alicia Alonso

17 · Pablo Leira

18 · Victoria Mejuto

19 · Nicanor Acosta

20 · Iria López

21 · Marcos SanPedro

22 · María José Durán

23 · Segio Irigoyen

24 · Celsa Díaz

25 · Ramón Pérez

26 · Estíbaliz Espinosa

27 · Serafín Mourelle

Máis de 700 persoas

participaron o pasado

mes de marzo nas

primarias abertas da

Marea Atlántica, unha

consulta de dous días a

toda a cidadanía que deu

como resultado unha

lista plural na que están

representadas, a comezar

por Xulio Ferreiro, cabeza

de lista de amplísimo

consenso, todas as

sensibilidades deste

proceso de confluencia

liderado pola cidadanía

que apoian tamén

Podemos, Esquerda

Unida, Anova, Equo,

Espazo Ecosocialista

e Compromiso por

Galicia. Á vista do plano,

ademais de plural, unida e

preparada para gobernar

a partir do 24 de maio,

a candidatura da Marea

tamén representa como

un espello a diversidade

da Coruña. Hai marea en

todos os barrios e todas as

almas da cidade.

24

25

26

27

Celsa Díaz Cabanela

Nacín na Coruña no ano

56, casada e con dous

fillos, graduado social e xa

pensionista por incapacidade

absoluta.

Ramón Pérez Basich

Nací en el 58. Soy una persona

humilde y luchadora que a

dedicado toda su vida a combatir

la injusticia, el racismo y

la pobreza; entre 1994 y 2010

como presidente de la AVV do

Campanario.

Estíbaliz Espinosa

Estíbaliz é poeta, mestra,

feminista, blogueira; socióloga

e filóloga de formación

regrada, locutora, guionista,

e encliclopédica autodidacta

entre outros saberes.

Serafín Mourelle

Nacín en Corme antes da

dictadura, e adiquei a miña

vida ao Mar como patrón de

Pesca.

18

A organización

dun desexo común

Unha crónica gráfica

da Marea Atlántica,

dende o manifesto

co que naceu ata a

conquista de María Pita

Manifesto (Ribeira do Cómaro)

22 de xullo 2014

O quilómetro cero. Un

manifesto, un desexo

común de cambio na

Coruña e unha incerteza:

cantas persoas atenderían

a chamada? Na Ribeira do

Cómaro, o 21 de xullo de

2014, foron arredor de 300

almas. Poucas semanas

despois, o manifesto

quedaba validado pola

cidadanía con máis

de 2.800 sinaturas.

Comezaba así una viaxe

ilusionante, atravesada de

xente e esperanza.

Construír a partir do

que nos une e non

do que nos separa.

Detectar o que nos é

común. Un programa

de mínimos para

rescatar a democracia

na Coruña. Catro

principios básicos: unha

vida digna para todas,

unha economía xusta e

sostible, máis e mellor

democracia e un forte

compromiso ético. Máis

de 400 persoas viñeron

celebralo ao paraninfo

da UDC.

Hai Marea!

17de outubro 2014

Marea de Elviña e O Birloque

8 de outubro 2014

Marea da Educación

25 de outubro 2014

Marea de Economía

12 de novembro 2014

Marea de Mocidade

27 de novembro 2014

Programa participativo

2 marzo ao 2 de abril 2015

A mellor democracia é

sempre a democracia

máis ampla, aínda que

sexa complexa. Na

elaboración do programa

electoral da Marea

Atlántica participaron

todas as mareas sectoriais

e barriais, un grupo de

traballo específico e

todo aquel que quixese

sumarse, porque durante

algo máis dunha semana

recollemos propostas

e pareceres a través de

internet.

Candidatura

12 de marzo 2015

As cinco listas abertas que

se presentaron ás primarias

da Marea conseguiron

representación na candidatura

final, todas por enriba do

ecuador da lista. Vinte e sete

persoas, incluídas as catro que

ocupan os postos de honra,

que teñen unha encomenda:

gobernar obedecendo a partir

dos comicios.

Marea do Medio Ambiente

3 de decembro 2014

Ada Colau

Encarna, como poucas

persoas, a dignidade

rebelde desta época. Ada

Colau, hoxe candidata

de Barcelona en Comú á

alcaldía da capital catalá,

visitounos a mediados

de decembro e rebentou

o aforo do paraninfo da

UDC, a nosa segunda

casa, nunha conversa

con Manuel Rivas,

mareante de primeira

hora. Foi unha inxección

de ánimo e ilusión para

toda a xente da Marea.

Xu

Marea de María Pita

25 de maio 2014

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

19

A ética como

obrigado punto

de partida

O Código Ético da Marea Atlántica senta as bases

dun proxecto que equipara a representantes e

representados

A. D. Petouto

Redacción

A trama de enchufes e favores

que destapou a investigación

da xuíza Pilar de Lara no

Concello coruñés non é máis

que un exemplo da vaga de

corrupción que, tal como corroboran

outros moitísimos

procedementos xudiciais, corroe

e condiciona as estruturas

e formas de goberno estatais,

autonómicas e locais. Máis esa

corrupción é, por oposición, a

forza impulsora de procesos

que, como a Marea Atlántica,

nacen ante a convicción de que

outra forma de facer política

é posible, baixo a premisa de

que a acción institucional ha

ser un compromiso de servizo

público, da xente para a xente,

sen máis privilexio. “Un grupo

municipal é parte desa cidadanía,

e debe renderlle contas

mentras traballa polos desexos

comúns”, indican desde a

Marea.

Nestas coordenadas, a plataforma

viu claro desde o principio

que só un compromiso

ético firme pode minimizar as

posibilidades de corrupción e

garantir unha institución ao

servizo da xente. Desa convicción

nace o Código Ético da

Marea, unha ferramenta que

marca as liñas de actuación do

grupo municipal, cunha doble

función: evitar o distanciamento

entre representantes

e representados e establecer

mecanismos que preveñan a

corrupción e reforcen a transparencia,

facilitando o control

da cidadanía.

Dese documento dimanan

moitas das medidas que a iniciativa

cidadá quere levar a

María Pita. Como a limitación

de oito anos (dous mandatos)

para o exercicio do cargo representativo,

do persoal de

confianza ou dun cargo directivo

de designación política,

como garante da renovación,

ou a obriga para todos eles de

facer públicas as contas (declaración

de bens, da renda

e de patrimonio) desde a súa

toma de posesión ata tres anos

despois de ter abandonado o

posto. Tamén os seus ingresos

serán accesibles e transparentes,

e o mesmo deberá ocorrer

coas contas do grupo municipal,

que serán publicadas cada

trimestre. A misma accesibilidade

rexerá as axendas dos e

das edís, as ordes do día e os

informes de cadansúa área.

“Un grupo municipal

é parte desa cidadanía,

e debe renderlle

contas mentras traballa

polos desexos

comúns”.

O Código Ético da Marea supón

a fin dos privilexios de quen

ostenta a representación pública.

Establece unha retribución

máxima para o goberno,

cargos directivos e persoal de

confianza de 40.000 euros brutos

ao ano, o que vén a ser un

soldo mensual de 2.100 euros,

o que supón unha rebaixa de

ata o 40% respecto a actualidade,

no caso do alcalde. Quedan

vetados tamén os privilexios

derivados das funcións no

Concello, desde as primas por

asistencia a outros órganos ata

o uso inxustificado do vehículo

oficial. Quedan vetado tamén

calquera regalo ou trato de

favor, que deberá ser rexeitado

e facerse público. Na mesma

liña, estipúlase que os e as

representantes da Marea non

acumularán cargos nin retribucións,

nin poderán desempeñar

responsabilidades

orgánicas en partidos políticos

o sindicatos, e tamén se cerran

as portas xiratorias, con marxes

de prohibición de ata dez

anos para entrar no consello

de administración dunha empresa

relacionada co Concello.

A rendición de contas que

impón o Código Ético enténdese

tamén como a obriga da

Marea de acatar a vontade

popular que se expresen nos

espazos de participación, e a

garantir esas canles de participación,

como é o caso dos

referendos, o método de consulta

que se establece para

aquelas decisións con impacto

urbanístico, ambiental ou social.

A revocabilidade dos cargos

é outra das claves do pacto

ético: a cidadanía ou os órganos

correspondentes poderán

recurrir a esta vía en caso de

violación do código ético ou de

incumprimento inxustificado

do programa. Tamén, en caso

de imputación (motivada por

resolución xudicial) por delitos

de prevaricación, tráfico

de influencias, enriquecimento

inxusto, suborno e malversación

de fondos públicos, ou

contra os dereitos das persoas

pola súa condición (racismo,

homofobia, violencia de xénero…),

contra os traballadores

ou contra o medio ambiente.

A promoción da igualdade,

o compromiso pola conciliación

coa vida persoal das representantes,

a defensa da

lingua galega no papel institucional

dos cargos e o respaldo

a actividade dos movementos

sociais quedan asimesmo fixados

no Código Ético.

A plataforma Marea

Atlántica viu claro

desde o principio

que só un compromiso

ético firme

pode minimizar as

posibilidades de corrupción

e garantir

unha institución ao

servizo da xente.

Máis información:

www.mareatlantica.org/

codigo-etico

↓ 50%

Retribucións

A Marea Atlántica reducirá

nun 50% o custo total

do goberno municipal,

aforrando un millón de

euros cada ano.

↓ 40%

Retribucións Alcalde

A Marea Atlántica reducirá

nun 40% o salario do

Alcalde.

40.000

Salario máximo

Ningún salario superará os

40.000 € brutos anuais.

2.100 €

Salario neto

Os 40.000 € brutos anuais

equivalen a un salario neto

de 2.100 € mensuais.

Os cargos electos da

Marea Atlántica, así como

o persoal de confianza

e os cargos directivos,

sempre que teñan réxime

de dedicación, renunciarán

a calquera tipo de

privilexio derivado das

súas responsabilidades,

incluídas as primas

por asistencia a outros

órganos e o emprego

inxustificado de vehículos

oficiais, equiparándose

en materia de dereitos

e obrigas a calquera

traballadora. Poderán

recibir compensacións

económicas, en todo caso,

polos gastos en transporte

—preferentemente

público—, alimentación e

aloxamento ocasionados

pola súa actividade.

As persoas electas da

Marea Atlántica non

disporán, en ningún caso,

de contas bancarias ou

intereses económicos

en paraísos fiscais e

renunciarán a calquera

regalo, privilexio ou trato

de favor que reciban en

función do seu cargo.

Ademais de rexeitalos e

devolvelos, no seu caso,

a non aceptación destes

regalos ou tratos de favor

farase pública de maneira

inmediata e explícita.

O Código Ético é un dos

documentos fundamentais

da Marea Atlántica. Unha

ferramenta para combater

a corrupción e mudar a

relación entre a cidadanía e

os seus representantes na

procura doutro xeito de facer

política.

Alberto Lema

Marea Atlántica

Escritor

Vivir seguros

non é vivir

máis vixiados,

senón poder

gozar plenamente

de todos

os dereitos e

pensar a cidade

como un

lugar de realización

das

liberdades de

todos.

20

Da Ribeira do Cómaro a María Pita

Da Ribeira

do Cómaro

a María Pita

Detrás do nacemento da Marea

Atlántica está toda a memoria

política dunha cidade moi afastada

da imaxe tópica que difundiron os

seus poderes. E tamén un proceso

enmarcado no ciclo de ruptura

democrática que comezou hai nove

meses lanzando ideas e ilusión no

que xa comezan a chamar

“a primavera coruñesa”.

21.07.2014

Alejandro Pazos

Redacción

Querían un espazo aberto, na rúa, cómodo

para congregar algo máis dun

cento de persoas e que permitise xogar

coa idea da Coruña marítima e, polo

tanto, atlántica. Na reunión saíron varias

ideas, pero foi a do “espigón das

Escravas” a que se acordou nun local

da Praza da Fariña, o nome popular do

que se denomina oficialmente Praza de

Azcárraga. Esa recuperación do rueiro

tradicional —non só por unha cuestión

de identidade, senón tamén para simbolizar

unha institucionalidade nova

pero con raíces— formaba parte do ecosistema

cultural e político do que partían

os e as que xa decidiran bautizarse

como Marea Atlántica. Así que un deles

saíu da xuntanza e chamou a un amigo,

profundo coñecedor da historia coruñesa.

Porque era obvio que non podían

convocar á cidadanía nun lugar enmarcado

cun termo opresivo. O erudito

resolveu a dúbida ao momento. Si, o

espigón das Escravas tamén tiña unha

denominación popular. Antigamente,

toda esa zona era coñecida como a Ribeira

do Cómaro. Alí subiría a Marea.

Foi barrio de mariñeiros —aínda visible

ata hai pouco, cando a ansia inmobiliaria

liquidou as vivendas de San

Roque— esa Ribeira do Cómaro, referencia

que apunta a que antes existían

na zona terreos sen cultivar. Por primeira

vez acollería un acto político de

relevancia, que asumía incertezas pero

representaba un convite para unir forzas

contra un modelo en declive, agora

representado por Carlos Negreira. E o

21 de xullo deixouse ver por primeira

vez nas rúas da Coruña un círculo azul

cunhas letras en branco: Marea Atlántica.

Nove meses despois, aquel desexo

común converteuse en realidade cunha

candidatura cidadá e de confluencia

con opcións de gobernar a cidade e devolverlla

ao 99%.

Aquel día, moita xente descubriu que

ese lugar polo que tantas veces paseaban

chamábase Ribeira do Cómaro. A

Marea comezaba a rescatar legado. O

da Coruña popular e rebelde. A auténtica,

moi afastada desa imaxe señoritil

que os poderes da urbe levan décadas

transmitindo. A Coruña das combativas

obreiras da antiga Fábrica de Tabacos.

A Coruña republicana, aberta, libertaria.

A Coruña dos mariñeiros que

facían soar os seus barcos para alertar

do golpe de estado do 36. A Coruña na

que se fundaron as Irmandades da

Fala. A Coruña que sufriu e combateu a

ditadura. A Coruña que non se agachou

cando unha elite estableceu na cidade

un réxime de pensamento único, cemento

e ladrillo. A Coruña do Xurelo,

aquel pesqueiro que derrotou os grandes

buques que lanzaban residuos nucleares

nas nosas costas. A Coruña que

dixo “Nunca Máis” cando o Mar Exeo

fixo arder o mar e tivo que volver repetilo,

con moita máis forza, cando o

Prestige encheu de chapapote as costas,

mentres o 1% dominante se reunía

nunha Praza de María Pita pechada á

cidadanía para negociar pelotazos que

publicitarían como remedios contra a

súa propia e nefasta xestión.

A Coruña dotábase dunha ferramenta

política nova, que se presentaba

aquel 21 de xullo de 2014 con outra data

no maxín, o 24 de maio de 2015, eleccións

municipais. A onda da ruptura

democrática daba un paso adiante na

cidade. Foron moitos os que se sentiron

interpelados. Moitas. Superáronse

as previsións optimistas e máis de 300

persoas acudiron á presentación da

Marea Atlántica na Ribeira do Cómaro.

Abríase o proceso no seu sentido máis

físico. Pero xa levaba un tempo funcionando.

E tiña un manifesto.

∑ Mentres o 99% dicía

“Nunca Máis”, o 1% dominante

reuníase nunha Praza

de María Pita pechada

á cidadanía para negociar

pelotazos.

∑ O 15M demadaba renovación

e apuntaba a necesidade

de crear un espazo

de confluencia. Para iso

naceu a Marea Atlántica.

Loxicamente, os conceptos que permiten

entender o nacemento da Marea

Atlántica son anteriores. Irrompen nas

vésperas das últimas eleccións municipais,

en 2011. É o 15M. Manifestacións e

acampadas —na Coruña, no Obelisco—

por todo o estado español supuxeron

un terremoto que, desde a cidadanía e

sen recorrer ás fórmulas tradicionais,

daba visibilidade á indignación contra

unha crise que definían en realidade

como estafa. Aquel estourido demandaba

a renovación das ferramentas de

antagonismo, tamén no nivel institucional.

As eleccións autonómicas de

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

21

A mediados de xullo do ano pasado, a

Marea Atlántica publicaba o seu manifesto

fundacional e preguntáballe á

cidadanía se quería dar un paso adiante

para que A Coruña recuperase o pulso

do seu futuro. Pouco despois, arredor de

300 persoas desprazábanse, na tarde

do día 21, ata a Ribeira do Cómaro. Querían

escoitar, na voz dalgúns dos seus

impulsores, aquel desexo común de

máis e mellor democracia. Nas semanas

posteriores, unhas 2.800 persoas

poñían a súa sinatura ao servizo dunha

iniciativa que hoxe continúa o seu camiño

cara a María Pita.

24.05.2015

fotografía Amador Lorenzo

Un grupo plural de 99 persoas, das máis

diversas procedencias, profesións e

experiencias políticas e de vida, dáballe

nomes e apelidos ao manifesto da

Marea. Anos de loita e auto-organización

popular, de súpeto, atopaban unha

ferramenta común para reconquistar as

institucións.

2012 e as europeas de 2014 amosaron

na Coruña un escenario electoral favorable

ás políticas concretas que reivindicaba

o 15M. Tamén apuntou a necesidade

de crear un espazo de confluencia.

Para iso naceu a Marea Atlántica.

Na prehistoria da Marea hai movementos

sociais e cidadanía organizada

de diversas formas, tamén iniciativas

nas que varias persoas comezaron

compartir espazos de traballo, como

no colectivo Robin Hood ou na canle

dixital de televisión Galiza Ano Cero.

Fervía o sempre fecundo activismo

coruñés e con el crecía a posibilidade

de impulsar unha candidatura cidadá

aberta á integración de forzas políticas

alternativas ao modelo imperante.

Desde abaixo. Tras algunhas conversas

previas e informais arredor desa idea

municipalista, en xuño comezan as reunións.

Nunha intervención pública e

nun artigo o escritor Manuel Rivas súmase

á proposta e fala de “crear unha

gran marea atlántica”, termo que bautiza

a iniciativa, xogando coa tradición

marítima da cidade e cunha chiscadela

ás mobilizacións así chamadas. Decídese

comezar cun manifesto que asinen

99 persoas —simbolizando o 99%

da sociedade agredido polas políticas

ao servizo dos grandes poderes fácticos

do 1% restante— e que logo se impoña

o reto de alcanzar os 2.500 apoios para

continuar co proceso. Diso falouse na

Ribeira do Cómaro. E de moito máis.

Aquel 21 de xullo de 2014 converteuse

nunha data histórica para a cidade,

cuxo mapa e cuxo ambiente político

entraron nunha nova fase. Con todo,

seguramente o máis recordado daquel

masivo acto será a emoción que o empapou

todo. As intervencións chamaron

á épica, á unidade, á vitoria nas

urnas. Representantes de numerosas

forzas políticas estiveron presentes. A

Marea organizábase. A Marea subía.

∑ Nunha intervención

pública e nun artigo o

escritor Manuel Rivas

súmase á proposta e fala

de “crear unha gran marea

atlántica”, termo que bautiza

a iniciativa, xogando

coa tradicíon marítima da

cidade.

Reunións maratonianas —coa Praza da

Fariña sempre como epicentro— foron

dándolle forma á iniciativa durante o

verán de 2014. Todo estaba por construír.

Pero cada vez había máis mans

dispostas a traballar. A maioría, persoas

sen adscrición partidaria, malia

que algunhas formacións comezaron a

achegar a súa xente ao espazo de confluencia,

uníndose á que xa estaba desde

o inicio. E botáronse a andar as mareas,

sectoriais ou barriais. A primeira

foi na Agra do Orzán. Un punto azul e

unha megafonía básica esperaban na

rúa Barcelona entre os nervios das convocantes,

que temían pouca asistencia

e respiraron cando viron que esta era

masiva, unhas 200 persoas. Despois foi

a quenda da Cidade Vella, da Cultura,

da Mobilidade, do Feminismo, do Outro

Urbanismo, dos Mallos, de Elviña,

da Educación…

A Marea estendíase por toda a cidade.

Con ilusión. Celebrouse cun acto

público o obxectivo cumprido de respaldos

ao manifesto: procuraban 2.500

sinaturas e superaron as 2.800. Os debates

da Marea Viva, o encontro con

Ada Colau, as reunións de traballo, os

consensos... Moito traballo. Moitos folgos.

Finalmente, todas as forzas políticas

que sintonizaban coa proposta

da Marea decidiron formar parte da

candidatura e non presentar lista coas

súas siglas. Anova, Esquerda Unida,

Podemos, Espazo Ecosocialista, Equo,

Partido Humanista e Compromiso por

Galicia sumaban na Coruña, creando o

espazo de confluencia máis amplo de

Galicia e de todo o estado.

Unhas primarias transparentes nas

que participaron máis de 700 persoas

compuxeron unha lista de unidade e

liderado cidadán. Elixido por consenso

e validado nas votacións, Xulio Ferreiro

foi presentado como candidato á alcaldía.

Un local na rúa Marqués de Pontejos

convertíase no centro de operacións

mareantes. A participación daba

impulso ao programa electoral, para o

que se recolleron centos de achegas populares.

A candidatura comeza a recorrer

toda a cidade. As enquisas internas

dalgúns partidos confirman a posibilidade

de que a Marea Atlántica chegue

a gobernar. Os poderes locais comezan

a manobrar contra ela, nerviosos. A ilusión

nótase en milleiros de coruñeses e

coruñesas.

Todo comezou ao pé do mar do Orzán,

na Ribeira do Cómaro. O 21 de xullo

de 2014. Alí conxugáronse verbos de

cambio. Propúxose unha nova ferramenta.

Que xa existe. E se dirixe cara

o que chaman “a primavera coruñesa”,

centrada no 24 de maio de 2015 e no

quilómetro cero da cidade: María Pita.

Ata alí queren que suba a Marea.

22

Modelo económico e enerxético

Un grande

impulso á

economía de

pequena escala

Vinte e nove medidas para combater o

desemprego apostando polo que temos

máis preto de nós

P. Botero

Redacción

Nunha cidade con 22.030 persoas en

paro, unha das prioridades de calquera

administración local responsable

é estimular a actividade económica.

O anterior goberno tentou solucionar

este problema fomentando o turismo

e internacionalizando festas como o

San Xoán cunha campaña publicitaria

orientada ao exterior, ao que a Marea

Atlántica opón un modelo que poña en

valor o patrimonio da cidade: arquitectura,

historia, espazos naturais, gastronomía,

comercio de proximidade, etc,

acorde coa tradición da cidade. “Non se

trata só de fomentar un turismo de calidade

senón tamén un xeito de ocio interno”,

comenta a número dous da Marea

Atlántica, Rocío Fraga. Pero engade

que o programa da súa candidatura vai

máis aló. “Trátase dun cambio integral.

Para xerar mais emprego precisamos

ser máis competitivos. Sobre todo, trátase

de ser eficientes”, comenta Fraga.

Canto exactamente pode a administración

local orientar a economía

é sempre obxecto de debate. Moitos

concellos loitan entre eles para atraer

grandes empresas ofrecéndolles toda

clase de facilidades, dende solo onde

levantar as súas fábricas a exencións

fiscais. Os partidos políticos tradicionais

apostan polas grandes compañías,

a veces de carácter multinacional; é o

caso do modelo General Dynamics, que

abriu unha crise na cidade ao marchar

da Fábrica de Armas, ou os grandes

centros comerciais que se abriron durante

a etapa de expansión e que pecharon

ou viron desaparecer a maior parte

das tendas. Dende a Marea Atlántica

ponse en dúbida que ese modelo sexa

rendible. “E para que? Todos saben que

o que realmente produce emprego é a

pequena e a mediana empresa, e con

ela si podemos tratar de ti a ti”, asegura

Fraga.

FEIRAS E MERCADOS

“Non podemos esquecernos de apoiar

as medidas que favorecen a soberanía

alimentaria”, explican na Marea. Como

a produción de alimentos en hortas

urbanas que xa se probou noutros concellos

pero polo que ningún goberno

local apostou na Coruña. Para Rocío

Fraga está claro: “En Galicia temos toda

unha tradición de pequena agricultura.

Estes alimentos son máis baratos porque

non dependen do transporte por

estrada das grandes distribuidoras, e

estarían libres de transxénicos”. E iso

tamén significaría revivir as feiras. A

visión da Marea inclúe postos nos que

os alimentos de temporada se mesturarían

cos produtos artesanais. “O noso

goberno aportaría as instalacións, e

quizais tamén os terreos porque serviría

para coidar máis a contorna e facer

unha cidade vivible, aínda que para iso

habería que revisar a ordenanza sobre

mercados municipais”.

E non só as ordenanzas: será preciso

revisar tamén as concesións, favorecer

a conexión entre pequenos comerciantes.

“Para facelos máis competitivos

pensamos diversificar as funcións dos

mercados municipais e mellorar as comunicacións

e a mobilidade peonil, en

bici e en transporte público”, aportan

a candidata. Está convencida de que

∑ “Para facer os mercados

municipais máis competitivos

pensamos diversificar

as funcións dos mercados

municipais e mellorar

as comunicacións e a mobilidade

peonil, en bici e

en transporte público”.

os mercados se poden situar como primeira

referencia de compra de alimentación

mediante a formación sobre

cuestións como a temporalidade dos

produtos, os criterios de escolla ou a

trazabilidade dos alimentos.

EMPRENDEMENTO

“A existencia de tres grandes polígonos

industriais, Pocomaco, A Grela e Vío,

dentro da cidade da Coruña ten que ser

o aval suficiente para que o Concello

poida ser parte no impulso económico

das pemes e dos autónomos”, afirma

Fraga, que considera que as bases materiais

para o despegue económico xa

existen. Só fai falla poñer en xogo estes

recusos, darlle acceso á xente. E nisto,

o Concello pode axudar creando una

bolsa de naves comerciais para as novas

empresas, coma unha axuda máis

ao emprendemento. “Claro que é unha

saída, pero os modelos de apoio actuais

o presentan como unha opción ante

as enormes dificultades de acceder ao

mercado de traballo por outras vías”,

afirma Fraga. A número dous de Marea

opina que o de hoxe é un modelo

precarizado, onde as persoas invisten

a maior parte dos seus bens e obteñen

así unha ocupación de subsistencia

que, en moito casos, non se consolida. A

proposta de Marea Atlántica e que só se

promovan xeitos de emprendemento

sustentables e con valor social, e que se

manteña ese apoio durante os primeiros

tempos de andanza das empresas

de nova creación, facendo un labor de

apoio e acompañamento na súa consolidación.

“Darémoslle prioridade á formacion

de cooperativas e empresas de

economía social e viveiros de empresas

adaptados á realidade da cidade,

situados en espazos accesibles e priorizando

o acceso de cooperativas e

empresas de economía social”, sostén

Fraga. En canto á xente nova que ten

que loitar por un emprego nun mercado

laboral paralizado, a Marea quere

aproveitar os programas europeos de

Garantía Xuvenil para poñer en marcha

unha Escola Taller e obradoiros

de emprego nos edificios públicos.

“Estamos pensando no antigo cárcere

provincial polo sentido social que ten

a rehabilitación dun edificio público

singular que se está a deteriorar e

arruinar pola desidia do goberno municipal”.

COMERCIO DE PROXIMIDADE

En canto ao pequeno comercio, tamén

dende Marea teñen moito que dicir.

Todos os partidos lle fan as beiras a un

sector que revitaliza os barrios día a día

e que supón unha fonte moi importante

de emprego estable. Cursos de escaparatismo

e festas da promoción son

algúns dos métodos que xa puxeron

en marcha anteriores gobernos. “Pero

hai que ir máis alá. As grandes superficies

gañan en variedade e en prezo, e

niso pódese competir cunha central de

compras”, asegura a candidata. As integrantes

de Marea están convencidas

de que desta maneira se reducirán os

custos de aprovisionamento no comercio

de proximidade, o que permitirá

crear unha rede con empresas provedoras

galegas para innovar no catálogo

e apoiar os produtos da contorna; sobre

todo se se complementa cun servizo de

asesoramento para consolidación e de

formación empresarial para as propietarias

dos comercios de proximidade.

∑ Unha escola taller no

antigo cárcere provincial

tería un sentido social, ao

rehabilitar un edificio público

singular que se está

a arruinar pola desidia do

goberno municipal.

∑ A Marea promoverá o

emprendemento sostible e

con valor social.

“O que hai que facer é darlle aos coruñeses

e ás coruñesas as ferramentas

para competir”, remata Fraga. Neste

sentido, parece máis realista e, sobre

todo, mais práctico a longo prazo ofrecerlle

ao cliente variedade a bo prezo.

Moitas tendas abertas sempre serán

un sinal dunha economía con impulso.

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

23

fotografía Sandra G. Rey

Nin un peso para

botar a xente da súa casa

A Marea negarase a colaborar cos desafiuzamentos

e as entidades bancarias que os executen

Un paseo pola rúa San

Andrés, ateigada de locais

pechados, algúns dende hai

xa demasiado tempo, abonda

para entender a necesidade

dun impulso do comercio de

proximidade. Esa é unha das

prioridades da Marea.

P. B.

Redacción

A Marea Atlántica móstrase

disposta a empregar o peso

do Concello na economía local

para orientala cara á mellora

da vida da cidadanía. Así o expón

o seu cabeza de lista, Xulio

Ferreiro: “Para empezar, está

o dereito a vivenda. Un goberno

local da Marea cancelará

os seus saldos nas entidades

bancarias que executen desafiuzamentos

e negarase a mobilizar

recursos municipais

para botar a unha persoa da

súa casa”. A plataforma tamén

aposta por formas alternativas

de financiamento a través da

banca ética. Alén diso, ten previsto

elaborar un plan de fomento

do dereito á vivenda e

fomento da vivenda pública,

a través da empresa municipal

EMVSA, e aumentar nun 50%

os cargos do IBI ás vivendas

baleiras propiedade do FROB

e entidades financieiras.

“Por suposto, toda empresa

ten que ser viable, pero hai

moitas que queren traballar co

Concello e, ademais dun prezo

xusto, podemos pedirlles outras

cousas”, engade Rocío Fraga,

número dous da Marea. A

lista é longa: incorporación de

criterios medioambientais

—envases e embalaxes reutilizables

ou reciclables, residuos

mínimos, sen produtos tóxicos—,

éticos —comercio xusto,

condicións de traballo conforme

a OIT, soberanía alimentaria—

e sociais —emprego

feminino ou de colectivos en

situación de exclusión—. Todo

sumará puntos á hora de optar

a unha nova concesión. “A

medio plazo, gustaríanos facer

máis, crear unha estrutura baseada

na solidaridade, na que

o Concello fai de nexo entre

consumidoras, traballadoras e

emprendedoras/empresarias”,

revela a candidata.

EFICIENCIA ENERXÉTICA

O medio ambiente volve a saír

na conversación cando se fala

de aforro enerxético. No programa

da Marea está presente

a colaboración coas empresas

no fomento, asesoramento e

apoio á eficiencia e o aforro

enerxético, ao emprego de

enerxías renovables, nos polígonos

industriais da cidade.

“Está todo relacionado. Ofreceremos

axudas á rehabilitación

de edificios porque son

as vivendas máis vellas as que

incumpren os estándares municipais

de eficiencia enerxética

e neles vive a xente que se

atopa en situación de pobreza

enerxética”, aclara Fraga a modo

de exemplo. É por iso que a

Marea impulsará auditorias

enerxéticas en comunidades

de veciños, especialmente

naquelas situadas en barrios

máis antigos: de aí sairá a renovación

enerxética de caldeiras,

ascensores e outras instalacións.

REHABILITAR EDIFICIOS

Esta é, como apunta Fraga, unha

estratexia que pode servir

para dar emprego aos traballadores

da construción. O máis

doado serían que volvesen os

traballos para os que están formados,

pero, como advirte a

número dous da candidatura,

“no eido habitacional non podemos

soñar coa reactivación

da construción de vivendas”.

A solución aquí e rehabilitar

os edificios, ao tempo que se

mellora a calidade de vida da

cidadanía. “Identificaremos os

xacementos de emprego na cidade

e os cubriremos a través

de escolas taller ou obradoiros

que poidan materializarse en

empregos ligados á administración”.

E da mesma maneira que

se pode reactivar a economía

nun sector cun modelo novo,

pódese facer nos demais. Un

exemplo sería a ampliación de

servizos de atención á conciliación

e á mellora de vida

das persoas —atención á dependencia,

escolas infantís,

bancos de tempo, canguraxe

municipal ben planificada e

con acceso universal aos servizos—

para favorecer o acceso

ao emprego e, ao mesmo tempo,

favorecer neses servizos

a creación de postos de traballo.

Non se trata de simples

concesións, advirten desde a

Marea, senón de relacionar o

traballo do centro municipal

de emprego coas necesidades

e oportunidades creadas pola

administración local mediante

programas. “Iso quere dicir

que as obras de mellora e

rehabilitacion de edificios se

executarán a través dos cursos

municipais e das persoas

formadas neles, e o mesmo

cos servizos relacionados cos

coidados, ou coa xestión de residuos,

entre outros”, enumera

Fraga. O importante, aseguran,

é ofrecer aos coruñeses e ás coruñesas

un novo comezo.

Cómpre relacionar

o traballo do centro

municipal de emprego

coas necesidades

e oportunidades

creadas pola administración

local

Rocío Fraga

Marea Atlántica

Socióloga

As grandes

superficies

gañan en

variedade e

en prezo, pero

o comercio de

proximidade

pode competir

cunha central

de compras

24 Modelo territorial e urbano

Cidade

intelixente,

non “smart”

11.568.000 €

Proxecto

Smart City

Vinte e catro medidas para

facer da Coruña “un espazo de

dereitos para todas as persoas

e non un negocio para uns

poucos”

Xiao Varela

Marea Atlántica

Arquitecto

Queremos

unha cidade

culta e popular,

unha cidade

saudable, humana,

e sobre

todo unha cidade

xusta

A. D. Petouto

Redacción

Nun proxecto municipalista non sorprende

que a cidade e quen a habita teñan

unha posición central. Así ocorre na

Marea Atlántica, que ten preparadas 25

medidas relativas ao modelo territorial

e urbano que a iniciativa cidadá quere

implantar tralas eleccións do 24 de

maio, co obxectivo, explica un dos seus

integrantes, de que A Coruña “deixe

de ser o negocio duns poucos para se

converter nun espazo de dereitos para

todas as persoas: dereito a un hábitat, á

calidade de vida, á vivenda, á mobilidade…

En definitiva, dereito a unha vida

digna”. “Queremos unha cidade culta e

popular, unha cidade saudable e sobre

todo unha cidade xusta”, expón Xiao

Varela, número tres da candidatura,

quen rexeita “os dogmas da humanización

urbana ou as smart cities” e aposta

por traballar desde a vivencia de cada

barrio “por unha cidade más humana e

máis intelixente”.

Nas declaracións do candidato, arquitecto

de carreira e profesión e moi

vencellado ao urbanismo e á intervención

comunitaria, déixanse ver os

eixes da concepción que a Marea ten

da cidade: un espazo accesible, respectuoso

co entorno e, sobre todo, vivible

e convivible. Cara aí van as primeiras

medidas, que teñen que ver co dereito

á vivenda: da man desta plataforma de

unidade popular, o Concello porá todos

os medios ao seu alcance para que a cidade

estea libre de desafiuzamentos,

para que ninguén sexa expulsado da

súa casa na Coruña. No mesmo eido,

a Marea ten previsto elaborar un plan

de fomento do dereito á vivenda e da

vivenda pública, a través da empresa

municipal EMVSA, e aumentar nun

50%, ata o máximo que permite a lei,

o recargo do IBI ás vivendas baleiras

propiedade das entidades financeiras e

o chamado banco malo (Sareb). A súa

proposta inclúe tamén a creación dun

programa de apoio ás hortas urbanas

autoxestionadas.

ELVIÑA E BENS, PARA A XENTE

O Plan Xeral de Ordenación Municipal

(PXOM) precisa, a ollos da Marea,

revisión en varios ámbitos: o Parque

Ofimático, para o que se propón unha

alternativa que elimina o viaduto previsto

sobre A Vedra e salva a veciñanza

de San Vicente de Elviña; o Parque

de Bens, onde o goberno de Negreira

proxecta levantar un museo do automóbil

con pistas para coches; o Parque

da Torre de Hércules, para protexer a

contorna do faro; o Parque do Observatorio

da Agra do Orzán, único espazo

verde co que podería contar o distrito;

ou a ordenación urbanística do

sistema xeral portuario, para evitar a

especulación cos terreos do porto histórico,

na liña litoral da cidade.

∑ O polígono de Someso

amosa as nefastas políticas

de crecemento urbanístico

do pasado.

∑ Coruña Smart City, o

proxecto estrela do mandato

de Carlos Negreira

representa para a Marea

“a innovación nas tecnoloxías

da información e a

comunicación orientada

unicamente ao lucro duns

poucos”.

O mesmo tratamento terá Someso, un

polígono que, tal como se explica dende

a Marea, “amosa as nefastas políticas

de crecemento urbanístico do pasado

e o presente conxelado da promoción

inmobiliaria de grandes torres”. Nesta

actuación urbanística, a proposta da

iniciativa cidadá pasa por revisar os

acordos de venda de bens municipais e,

en caso necesario, esixir responsabilidades

administrativas, civís ou incluso

penais.

O proxecto da Marea Atlántica contempla

tamén a recuperación do antigo

cárcere provincial para a cidade

e a revisión do proxecto tecnolóxico

Coruña Smart City. Para a plataforma

cívica, este proxecto estrela do mandato

de Carlos Negreira e o PP representa

“a innovación nas tecnoloxías da información

e a comunicación orientada

unicamente ao lucro duns poucos”.

Pola contra, o que se suxire é recuperar

a infraestrutura xa desenvolvida para

facilitar a participación cidadá e a economía

social.

QUE PASA EN NOSTIÁN?

As políticas medioambientais son un

eixe transversal no programa electoral

da Marea Atlántica, que asume o reto de

contribuír “a un cambio positivo no coidado

do medio e dos seus habitantes”,

tal como expresa María García, número

dez da lista para as municipais. A educación

e a participación ambiental

sobre temas principais, como os residuos,

os espazos naturais, a mobilidade,

a eficiencia enerxética ou o consumo,

terán un papel destacado, garante

a candidata.

Neste terreo, especial mención merece

a xestión de residuos urbanos, un

servizo que na Coruña se realiza mediante

concesións —coa empresa Cespa

a recollida de lixo e con Albada o seu

tratamento na planta de Nostián— cun

custo anual de 20 millóns de euros. Á

vista dos conflitos con Albada, que están

xudicializados e poderían levar ao

Concello a ter que desembolsar ata 40

millóns de euros, a Marea someterá a

unha auditoría o funcionamento de

Nostián, e establecerá mecanismos —

formación, campañas, proxectos piloto—

que permitan unha mellora da recollida

selectiva do lixo e unha redución

en orixe dos residuos.

Outras propostas, indica María García,

número dez da Marea, “pasan pola

conservación de espazos naturais e

zonas verdes cos que conta a cidade,

como os das zonas de Feáns, San Pedro

de Visma ou Elviña, e a creación

de novas áreas naturalizadas nos barrios”.

E tampouco queda fóra das liñas

ambientais da plataforma encabezada

por Xulio Ferreiro a ría do Burgo, para

a que se procurará, dentro das competencias

do Concello, a rexeneración,

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

25

16.150.000 €

13.200.000 €

4.600.000 €

1.790.000 €

40.000 €

María García

Marea Atlántica

Técnica Medio Ambiente

Área de Servizos

Sociais

Área de deportes

educación e xuventude

Plan de rehabilitación

dos barrios

Plan para

accesibilidade

Erradicación

infravivenda

ambiental e económica, favorecendo a

recuperación do ecosistema e a calidade

dos seus bancos marisqueiros e fomentando

os usos lúdicos e recreativos

que ofrece.

∑ As políticas medioambientais

son un eixe transversal

no programa electoral

da Marea Atlántica.

De xeito concordante coas políticas de

respecto ambiental, a Marea ten clara

a súa liña para tentar facer da Coruña

unha cidade libre de maltrato animal

e, neste sentido, comprométese a

suprimir calquera apoio municipal a

eventos e espectáculos nos que se trate

de forma lesiva a animais, caso das touradas.

En paralelo, propón a creación

dun Centro Municipal de Protección

Animal que fomente a implicación cidadá

na convivencia responsable cos

animais e no modelo de adopción e que

sirva para mudar o sistema cara un modelo

de xestión con criterio de sacrificio

cero.

POÑER AO DÍA O AUTOBÚS

Dentro do seu proxecto de cidade, a Marea

ten planificada unha serie de estratexias

para mellorar e humanizar a mobilidade,

tanto no ámbito urbano como

na conexión intermunicipal. Neste contexto,

unha das suxestións pasa pola

creación dunha rede de aparcadoiros

disuasorios públicos e gratuítos que,

segundo apunta Daniel Díaz Grandío,

membro da plataforma e número nove

da súa candidatura, “deberán estar conectados

co transporte público urbano

e interurbano e deseñarse co consenso

dos concellos da área metropolitana

para seren eficientes”. Tamén se contempla

a posta en marcha de paradas

intercambiador entre os buses metropolitanos

e urbanos en San Diego, a

Avenida da Vedra e a Rolda de Outeiro.

Xa a nivel urbano, o transporte colectivo

é un dos aspectos principais a

potenciar, para convertelo na primeira

opción de mobilidade da veciñanza.

Para iso, a Marea cre necesaria unha reordenación

e actualización do mapa

de rutas do bus e a priorización do percorrido

dos buses nas principais vías

da cidade cunha área reservada, para

axilizar o seu tránsito e reducir os tem-

pos de traxecto. O ollo da Marea mirará

tamén cara ao estado da concesión, en

mans da Compañía de Tranvías, para

fiscalizar o servizo e aplicar unha revisión

das tarifas do bus urbano, con

bonificacións para familias numerosas

e tarifa plana anticipada.

En paralelo, o proxecto municipalista

fai unha aposta polo tránsito peonil

e en bicicleta, cunha ampliación do

carril bici ás principais vías da cidade

e con tránsito por calzada naquelas

declaradas Zona 20 e Zona 30. Tamén

se procederá a conectar o carril bici

urbano cos campus universitarios. Ao

mesmo tempo, sinalan desde a Marea,

poranse en marcha roteiros prioritarios

para peóns.

∑ O transporte colectivo é

un dos aspectos principais

a potenciar, para convertelo

na primeira opción de

mobilidade da veciñanza.

∑ A Marea fará unha aposta

polo tránsito peonil e en

bicicleta, cunha ampliación

do carril bici ás principais

vías da cidade

En canto ao transporte privado, a Marea

focaliza a súa actuación en analizar

o estado do servizo da ORA, cuxa

concesión, que ostenta unha filial do

grupo Vendex —núcleo principal da trama

Pokémon que investiga a xuíza Pilar

de Lara, e na que se investiga a máis da

metade do equipo de Carlos Negreira—,

vence no mes de maio. Coas cifras na

man, a plataforma non descarta a recuperación

do servizo mediante a súa

remunicipalización.

∑ En canto ao transporte

privado, a Marea focaliza a

súa actuación en analizar

o estado do servizo da

ORA cuxa concesión vence

no mes de maio.

Smart city?

«Como no podíamos hacerla

más bonita, la hemos hecho más

inteligente». Este eslogan serve

ao Concello para vender o proxecto

de Coruña Smart City, un plan

que conta cunha inversión de 11,5

millones de euros, dos que o 80%

procede da Unión Europea e o resto,

do Concello. A mensaxe que se

traslada á cidadanía é a de optimizar

a cidade a través da tecnoloxía en

áreas como o medio ambiente, a

xestión da agua, medio ambiente,

ocio e a axenda cultural ou a mobilidade.

Para a Marea, o proxecto

supón orientar a innovación nas TIC

á mellora da capacidade extractiva

da riqueza do espazo social.

O incremento no intercambio de

datos que supoñen as smart city é,

ademáis, un gran negocio para as

operadoras de telefonía e os xestores

de plataformas.

Fonte: Orzamento Municipal da Coruña 2015

infografía MAT-LAB

Asumimos o

reto de traballar

para un

cambio positivo

no coidado

do medio e

dos seus

habitantes

Daniel D. Grandío

Marea Atlántica

Socióloga

Precisamos

aparcamentos

disuarios

e gratuítos

conectados

co transporte

público urbano

e interurbano

26 Cultura, memoria e identidades

Unha cultura

sen cadeados

ilustración MAT-LAB

Lonxe da política dos grandes

eventos, a Marea presenta un

programa cultural integrador e

aberto a toda a cidadanía.

Raúl Xordo

Redacción

Para a Marea Atlántica, a cultura é

unha ferramenta para construír

unha Coruña inclusiva, participativa

e crítica. Non se entende como unha

nota ao pé do programa electoral, un

espectáculo, un negocio ou unha forma

de escapismo. Non é só o cemento

co que se enche un monolítico programa

de festas. Ao contrario, trátase dun

dereito para todos os cidadáns e dunha

práctica enriquecedora e transformadora.

Como asegura José Manuel Sande,

historiador, crítico de cine e número

cinco da candidatura da Marea, “levarase

a cabo un modelo de xestión marcado

pola absoluta transparencia, o

impulso da multiplicidade creativa, a

ruptura coa política de privatización

de recursos, o desenvolvemento dunha

pedagoxía crítica e o apoio decidido

á creación, a innovación e a investigación”.

Un dos primeiros pasos deste camiño

será aproveitar as infraestruturas

culturais coas que conta A Coruña,

que son moitas e competentes. Máis

de vinte centros cívicos activos, unha

rede de bibliotecas públicas que foi referente

estatal pola súa xestión, os museos

científicos mc2, e toda unha serie

de instalacións municipais que foron

deseñadas para para unha función artística,

social e asociativa.

Non obstante, son varios os equipamentos

fican infrautilizados e pechados

para os veciños, nun claro

desperdicio de recursos. “É tempo de

rematar coa pasividade que demostrou

o goberno municipal nos últimos

catro anos e devolverlle as infraestruturas

culturais á cidadanía, á marxe de

todo sectarismo”, afirma José Manuel

Sande. Os centros cívicos e os espazos

de propiedade municipal deben estar

integrados cos barrios onde se sitúan,

e debe ser doado para as organizacións

sociais, entidades sen ánimo de lucro e

persoas en xeral ter acceso a eles para

as súas iniciativas particulares.

Na mesma liña, é preciso puír e mellorar

o que aínda funciona ben, pero

se está a deteriorar a causa do desleixo

demostrado polo goberno de Carlos

Negreira. A Marea propón un Plan Municipal

de Bibliotecas co que reavivar a

calidade do servizo, e que incluirá un

Plan Municipal de Lectura. Tamén se

potenciará a colaboración coa Orquestra

Sinfónica de Galicia en proxectos

comunitarios e formativos, e se ampliará

a programación do festival de cómic

Viñetas desde o Atlántico.

∑ Levarase a cabo un modelo

de xestión marcado

pola absoluta transparencia,

o impulso da multiplicidade

creativa, a ruptura

coa política de privatización

de recursos.

E, dende logo, faise necesario recoñecer

o traballo dos colectivos e persoas

que crean cultura nesta cidade, tirando

abaixo o muro de incomprensión que

se levantou en María Pita fronte a eles.

Proponse a creación dun plan municipal

de residencias artísticas, que sirva

de soporte á creación cultural. E tamén

se abrirá a programación cultural do

Concello á presenza de artistas locais,

para axudar a facer visible a súa labor.

MEMORIA DUNHA CIDADE

Non se pode avanzar sen ter claro de

onde vimos. A memoria e a súa preservación

son parte fundamental do programa

cultural da Marea, cun compromiso

por preservar o legado de aquelas

persoas que contribuíron a construír

historicamente esta cidade. Este obxectivo

materializarase no proxecto Caixa

da Memoria, un arquivo que servirá

para poñer en valor o legado persoal e

colectivo da Coruña do progreso social,

tan distinta ao mito da cidade burguesa

perpetuado polos sucesores de Alfonso

Molina.

En 2016 cumprirase un século da

fundación das Irmandades da Fala na

rúa do Rego de Auga, unha efeméride

que se conmemorará ao longo do ano,

destacando a súa postura galeguista,

defensora da cultura e a súa condición

visionaria na perspectiva de xénero. E

abonda xa de pasear por rúas que levan

o nome de sanguinarios militares golpistas.

Eliminarase toda a simboloxía

franquista aínda presente no rueiro da

cidade, cumprindo coa Lei de Memoria

Histórica.

MÁIS QUE DEPORTE

No eido da práctica deportiva, os principios

serán os mesmos que atravesan

todas as propostas da Marea: crearase

unha estrutura de xestión áxil que permita

que os cidadáns particulares, as

asociacións, os clubs e os profesionais

poidan desenvolver os seus proxectos

con solvencia. A área de goberno non

será só o “deporte”, senón as políticas

do corpo, un concepto no que teñen cabida

a saúde, a actividade física, o xogo

e a investigación en calquera destas

áreas.

En canto a medidas concretas, farase

un esforzo por fomentar a práctica do

deporte de base, con especial atención

ao deporte feminino. Crearanse equipamentos

deportivos na rúa, sinxelos

pero abertos a todos e sen necesidade

de trámites administrativos. Tamén

estará garantido que as persoas con

diversidade funcional teñan acceso a

todas as instalacións deportivas e culturais

que dependan do concello.

Doutra banda, a Marea Atlántica

buscará o fomento da lingua galega

en toda a súa acción de goberno, nas relacións

administrativas e nos usos sociais,

para cumprir a normativa vixente

e respectar o plan de normalización lingüística.

En resumo, “fronte á política do

evento executada sen máis horizonte

que o interese económico e a discriminación

da pluralidade, a Concellería de

Cultura proposta pola Marea Atlántica

será un espazo aberto e servirá para

axudar a colectivos, profesionais e persoas

particulares a desenvolver as súas

inquedanzas creativas. Non se trata de

encher o Coliseo unhas cantes veces ao

ano, senón de que toda a cidadanía

poida consumir, producir e respirar

cultura”, remata José Manuel Sande.

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

27

Claudia Delso

Marea Atlántica

Mediadora Cultural

Un laboratorio no que

crear e compartir

A Marea creará un organismo municipal para

axudar aos cidadáns a desenvolver as súas propias

iniciativas culturais

fotografía Sandra G. Rey

A da Agra do Orzán foi a

primeira asemblea aberta

da Marea Atlántica. Ao

día seguinte, con máis

de 200 persoas, nacía na

porta do Teatro Rosalía

a Marea da Cultura.

Dende entón, un grupo de

persoas traballan, semana

a semana, no diagnóstico

das necesidades do sector

cultural da cidade dende o

punto de vista de calquera

que vexa na cultura un

patrimonio de todos.

A cultura

verdadeira,

de calidade,

non é

posible

sen unha

educación

previa

Raúl Xordo

Redacción

A Coruña é unha cidade culturalmente

viva. Ten unha longa

e rica tradición de colectivos

artísticos e movementos de

base que levan anos realizando

un traballo digno de eloxio,

pero que atoparon ata o de

agora pechadas as portas do

Concello. A Marea Atlántica

ten intención de cambiar esa

actitude e darlle relevancia a

ese enorme patrimonio creativo,

facilitando as canles para

que as ideas, os proxectos e as

iniciativas culturais dos cidadáns

poidan materializarse, en

troques de esmorecer por falta

de apoios.

Ningún proxecto cultural

esmorecerá por

falta de apoios.

A marea propón crear un Laboratorio

Cultural público,

un centro produción e investigación

que facilite a posta en

marcha de proxectos e o diálogo

entre os artistas, o Concello

e os veciños. “Trátase dun

proxecto ausente ata o de agora,

pero que ten que chegar coa

Marea. É moi necesario para

dar verdadeiro impulso á

creación”, explica Claudia Delso,

mediadora cultural e número

oito da candidatura.

Este Laboratorio non estaría

asociado a un espazo físico

concreto, polo que non suporía

a creación dun novo edificio faraónico.

Os seus representantes

irán onde a súa presenza

sexa necesaria, e atenderán a

quen o precise.

O Laboratorio non

estará asociado a

ningún espazo físico

concreto.

Tratarase dun organismo asociado

á Concellería de Cultura,

que dotará de ferramentas ás

persoas que desexen poñer en

marcha un proxecto creativo,

impulsará a investigación

cultural e fará un seguimento

das distintas iniciativas que se

vaian desenvolvendo. Tamén

habería nel un lugar para a formación

e o ensino.

EDUCACIÓN E CULTURA

“A cultura verdadeira, de calidade,

non é posible sen unha

educación previa axeitada.

Tamén é moi dubidosa a educación

que non fomenta a cultura.

Por iso, dende o concello

temos que ofrecer espazos de

relación entrambas, e instrumentos

que fomenten a creación

de coñecemento”, asegura

Claudia Delso.

A medida estrela da Marea

neste eido é a posta en marcha

dunha Universidade Popular,

unha institución que complete

a oferta da educación pública

con iniciativas cidadás. Nela

terán cabida os coñecementos

profesionais, os oficios e os

diversos saberes relacionados

coa arte e as letras, cun sesgo

social aberto, transparente e

democrático.

A Marea Atlántica

porá en marcha unha

Universidade Popular,

que complete a

oferta da educación

pública con iniciativas

cidadás.

En paralelo, proponse coidar

a rede de escolas infantís municipais,

ata onde sexa preciso

para cubrir a demanda de

prazas existente, e recuperar

as relacións entre a cidade e a

Universidade da Coruña, actualmente

moi deterioradas. A

UDC é un importante foco de

produción de coñecemento a

través da investigación, xunto

a organismos como o Instituto

de Investigación Biomédica

(Inibic) e o Centro Oceanográfi

c o . Semella natural aproveitar

a rede de museos científicos

mc2 para establer relacións

con estas institucións e implicalas

na divulgación de cara á

cidadanía.

J. M. Sande

Marea Atlántica

Programador do CGAI

Queremos

que toda a

cidadanía

poida

consumir,

producir

e respirar

cultura

28

Negreira cala, a Marea atende

Xulio Ferreiro responde as

preguntas da cidadanía a través

da súa canle virtual en Ask.fm

mentres o PP agocha a cabeza

cercado pola corrupción

A. D. Petouto

Redacción

É un dos sinais distintivos da Marea

Atlántica. A política da participación

real, onde a cidadanía toma a palabra e

a súa palabra é un mandato para as persoas

encargadas de administrar a cousa

pública. O “gobernar obedecendo”. E

o paso para transformar ese principio

nunha realidade require de canais que

abran e fortalezan unha comunicación

en dúas direccións entre administradores

e administrados. Canles directas e,

tamén, canles virtuais, que amplían as

posibilidades de recoller opinións e fan

posible o diálogo, mesmo o debate, en

tempo real.

É nesta crenza que, desde o seu nomeamento

como candidato da plataforma

cívica á alcaldía da Coruña, Xulio

Ferreiro está volcado en expoñer o

proxecto da Marea aos coruñeses e ás

coruñesas e, ao tempo, tratar de coñecer

as súas principais preocupacións

e suxestións. Mentres o actual rexedor

dá a calada por resposta ante os interrogantes

que xorden arredor do seu

equipo de goberno, e segue a xestionar

o público de costas á veciñanza, o cabeza

de lista da Marea ponse a disposición

da xente para se someter a todas

as cuestións que poidan ser de interese.

Así o fai, desde hai semanas, a través

do seu canal da páxina Ask.fm, unha

ferramenta de preguntas e respostas

onde calquera pode lanzarlle ao candidato

as súas dúbidas. Ata hoxe, son 93

as cuestións recibidas e contestadas

a través deste mecanismo, que permite

ademais consultar todos os temas

abordados. O transporte colectivo e a

mobilidade en xeral, a protección animal,

o uso do galego na administración,

a cultura ou as formas de combater a

corrupción institucional son algúns

dos asuntos que máis se repiten.

EN BUS, EN BICI OU A PÉ

O plan da Marea para o transporte colectivo

é unha pregunta recorrente dos

usuarios do Ask. Os cambios de rutas

dos buses urbanos, o futuro do tranvía

ou a posibilidade dun tren de cercanías

son cuestións repetidas na interlocución

cos e coas internautas. Neste eido,

a posición da Marea e do candidato á

alcaldía é clara. “A mobilidade nunha

cidade moderna e sostible ten que pasar

por reducir o número de vehículos

privados e fomentar o transporte colectivo,

así como a bici e a peonalización”,

contesta Ferreiro. A prioridade é conseguir

que o transporte público sexa a

primeira opción de mobilidade na cidade,

e para iso a Marea perfila dúas liñas

de traballo: por unha banda, adaptar á

realidade o mapa de rutas actual, que,

pese ás constantes rectificacións, segue

a acusar déficits nos polígonos industriais

ou en barrios como Novo Mesoiro;

por outra, axilizar o tránsito dos

propios autobuses. O transporte desde

un punto de vista metropolitano, vendo

más alá da ponte da Pasaxe, o impulso

ao carril bici e ás rutas peonís (e espazos

para o deporte na rúa), ou tentar

aproveitar o investimento feito no tranvía

para incorporalo ao plan de transporte

e darlle sentido a aquel dipendio

están tamén na axenda.

SACRIFICIO CERO

O futuro da canceira municipal é un

asunto de interese para os internautas

que visitan o Ask. Revisar a concesión

da canceira e avanzar cara a un modelo

sostible de sacrificio cero, é a liña de

actuación que seguirá a Marea que, desde

o Concello, promoverá a concienciación

e sensibilización sobre a situación

dos animais, e elaborará programas de

voluntariado para que quen queira poida

colaborar co benestar dos animais

da canceira. Sobre as touradas, a posición

é contundente: “Nin un euro nin

apoio, directo ou indirecto, a actos ou

actividades de maltrato animal”.

CULTURA DESCENTRALIZADA

No cuestionario virtual non faltan preguntas

relativas ao modelo cultural da

Marea, que pasa, expón Ferreiro, pola

participación, por repensar as estratexias

para sacar proveito dos recursos,

por unha pedagoxìa crítica e pola

difusión da actividade cultural a través

de todos os puntos da cidade. Estreitar

os vínculos entre cultura e educación,

fomentar a descentralización e a presenza

activa nos barrios, incorporar a

memoria como elemento de reflexión

e coñecemento —e non como un exercicio

de nostalxia— ou coordinar as enormes

posibilidades da axenda cultural

coruñesa, favorecendo a creación local

en todos os seus ámbitos, son as liñas

deste novo modelo. Tamén aumentar o

grao de excelencia da Sinfónica ou dos

museos científicos, reimpulsar a rede

de bibliotecas e, en xeral, recuperar todos

aqueles proxectos e institucións en

estado de abandono.

Participación e diálogo 2.0

As novas canles que achega o entorno

virtual son un terreo de xogo

importante para a Marea, dentro

do seu proxecto para facer consistente

a democracia a través da

participación cidadá. Unha ferramenta

telemática foi o mecanismo

empregado para facilitar o voto

nas primarias, e tamén o elixido

para ampliar a recollida propostas

da cidadanía para a configuración

do programa electoral, un espazo

de proposición, pero tamén de debate,

que deu cabida a algo máis

de 200 ideas, hoxe integradas no

proxecto cidadán.

A rede é tamén o espazo escollido

polo candidato, Xulio Ferreiro,

para dar a coñecer o estado das

súas contas, nesa aposta pola total

transparencia. Foi no seu blog

onde colgou, hai unhas semanas,

a súa declaración de bens e

do IRPF, para que todo aquel que

queira poida comprobar o seu estado

financeiro antes de chegar á

administración local e controlar

que non haberá movementos estraños

unha vez dentro. No web

está tamén visible a axenda do

candidato, e hai un espazo para

que o visitante poida enviarlle cantas

preguntas queira, que despois

Ferreiro responderá na súa canle

de Ask.fm

Máis información:

Máis información:

http://xulioferreiro.

mareatlantica.org

Máis información:

www.ask.fm/xulioferreiro

Twitter:

@XulioFerreiro

Facebook:

https://www.facebook.

com/xulioferreiro?fref=ts

oquince.gal A Coruña · Primavera de 2015

29

Que farías no teu barrio?

Escribe

aquí que

farías no

teu barrio

Chegou a hora da cidadanía

na Coruña. O tempo de que as

grandes decisións conten con

nós e as pequenas estean nas

nosas mans. A Marea Atlántica

vai satisfacer por fin unha

das promesas incumpridas

da Lei de Grandes Cidades:

dividir a cidade en distritos e

activar xuntas de barrio para

achegar a Administración á

porta da nosa casa. Teremos

voz nos orzamentos de cada

ano. Poderemos decicir a que

destinamos os cartos que nos

corresponden. E podemos empezar

xa. Sitúa o teu barrio no

mapa e cóntanos cales serían

os investimentos máis urxentes

na túa área. Os grandes e

os pequenos. E comparte a

túa opinión. Faille unha foto a

esta páxina e súbea ás redes

sociais, envíanola por correo

postal (Marqués de Pontejos,

7) ou fáinola chegar a través

do correo electrónico ola@

mareatlantica.org. A democracia

constrúese así. Con

máis democracia.

#OsBarriosDeciden

ola@mareatlantica.org

Sitúa o teu

barrio no

mapa

30

NACEMENTO

Aí ven a política feliz

A Marea Atlántica probou formas inéditas no taboleiro político

coruñés. Levantou un ente vivo desde abaixo, cun arduo traballo

que sempre partiu dunha premisa irrenunciable: fagámolo porque é

necesario pero fagámolo tamén porque nos fará felices.

A resignación é unha arma destrutiva,

como adoitan ser as armas. Seica por

iso —e se cadra pola irreverente tradición

do movemento insubmiso que tantos

dos seus integrantes defenderon—

na Marea Atlántica nunca falaron do

seu proxecto político como unha arma,

senón como unha ferramenta. En positivo,

para rematar cun tempo que obstaculizaba

ilusións vitais. Indignados,

pero sorrintes.

“Sen automatismos, en boa avinza, respectando

a diferenza, opinando todos e

todas. Con alegría. E creatividade. Mesmo

con espírito festeiro, que diso na

Coruña sábese moito. Lonxe da frivolidade,

pero alérxicos a confundir política

con burocracia malencarada”. Así se

define desde dentro da Marea a actitude

coa que afrontaron este proceso. Dentro

e fóra. “Somos diferentes, eu non imaxino

a Negreira dando unha entrevista

así”, díxolle o candidato á alcaldía da

Marea, Xulio Ferreiro, á xornalista coa

que falaba mentres montaba en manopatín

nun programa no que se conversa

con figuras públicas fóra de contexto.

Difícil imaxinar a Negreira, Feijóo ou

Rajoy nesa tesitura, abofé.

A Marea creou un amplo espazo de

confluencia, imposible de construír

desde a escuridade. A Marea apostou

pola participación, e o diálogo resultou

inzado de compañeirismo. Tanto traballo

semella difícil de aturar sen esperanza

e, incluso, un certo grao de amizade.

A Marea naceu desde abaixo, onde se

coopera, non se compite. “Fagámolo

porque é necesario, pero fagámolo

tamén porque nos fará felices”, que dixo

un mareante. E esa ilusión súa é a que

esperan transmitir e coa que agardan

que a cidadanía lles dea o seu apoio. Un

voto vital. De vida. Alegre rebeldía.

oquince.gal

31

NECROLÓXICA

así remata unha época

O réxime coruñés deixou de existir en 2015, despois de

durar décadas. Entre as súas virtudes estivo a de anticipar

modelos que despois se fixeron moi coñecidos, como

o clientelismo, a especulación ou os privilexios.

Foi un símbolo. Mesmo un exemplo

para moitos, que cando querían exemplificar

as súas intencións, sempre dicían

“podemos facer como os que mandan

na Coruña”, o que servía para falar

de facer millonaria a unha minoría de

construtores, de servirse do pensamento

único mediático, de establecer negocios

nos que nin sequera se agochaba

a presenza da familia, de inventar inimigos

externos, de lanzarse cos instrumentos

financeiros de todos a demenciais

aventuras co ladrillo levantino, de

encher de decoración mediterránea un

espazo atlántico ou de superar a escenificación

de siglas (PP e PSOE) deixando

claro que o importante era o que os

unía: o interese propio e o dos poderes

económicos aos que servía. Era o réxime

político coruñés das últimas décadas,

que marchou para non volver en

maio de 2015.

O seu final non se pode entender sen

o ciclo que comeza co estoupido da

burbulla económica. Pagárona os e as

de abaixo —non os seus responsables,

situados alá arriba— o que provocou

unha indignación social como poucas

veces se vira antes. Había cartos para

rescatar bancos cuxos prebostes gozaban

de millonarias indemnizacións

mentres a fame volvía ás rúas. A cidadanía

non o aturou máis. Comezou a

auto-organizarse, a crear espazos de

confluencia e alternativa. O réxime moveu

ficha, seguía en boa forma malia

á evidente debilitación, mesmo creou

máscaras pensadas para sobrevivir.

Pero A Coruña perdera o medo, se é que

algunha vez o tivera. E cambiou. Iso significou

a morte do réxime. Non puido

deter nin o Atlántico nin a súa Marea.

Pasou o 24 de maio de 2015. Nunha Coruña

que xa é outra.

as touradas

as obras faraónicas

Faleceron despois de levar millóns de euros de cartos públicos

As escasas persoas que acudían a presenciar en vivo o maltrato a un animal

agradecen pregarias desde o alto de calquera campanario. Alertan de que “se

comeza deixando de pagar os touros e se acaban coidando cans, dándolle de

comer ás pombas ou co pelo longo”.

Faleceron despois dunha longa enfermidade

que provocou abondosos delirios

As pasarelas de 600.000 euros, as farolas de máis de 3.000 e os créditos de 15

millóns de euros que se cargan no peto da cidadanía piden respecto pola súa

memoria. Chaman a loito público e critican “o vicio deses que poñen como

prioridade o pan, o traballo e o teito”.

A Coruña, 24 de maio de 2015.

A Coruña, 24 de maio de 2015.

a corrupción como

forma de goberno

Faleceu tras meter os dedos no enchufe seguindo recomendacións

As escasas persoas que acudían a presenciar en vivo o maltrato a un animal

agradecen pregarias desde o alto de calquera campanario. Alertan de que “se

comeza deixando de pagar os touros e se acaban coidando cans, dándolle de

comer ás pombas ou co pelo longo”.

as políticas locais

en favor dunha minoría

Deixaron de existir despois dun longo mandato, de dimensións vampíricas

Cando xa se pensaba que era inmortal, unha estaca no corazón en forma de

papeleta acabou co que parecían ser os dirixentes dunha vella e cruel estirpe

chamada “os do1%”. Pelotazos inmobiliarios e estafas bancarias lamentan a

“terrible perda”.

A Coruña, 24 de maio de 2015.

A Coruña, 24 de maio de 2015.

as decisións sen contar

coa cidadanía

Afogaron trala subida da Marea ata a porta de María Pita

Contrariamente ao habitual, esta perda foi celebrada, alcanzando grandes

cotas de popularidade. Coruñeses e coruñesas decidiron simbolizala

abrindo ventás para que correse o aire e limpando a casa común. Con todo,

escoitáronse democraticamente tamén as opinións contrarias.

o diñeiro municipal nos bancos

que botan xente da súa casa

Desapareceu á vez que os pisos baleiros das entidades pagaban máis IBI

O suceso foi recibido con enorme carraxe en edificios moi altos, onde

comezaron a ver nos seus ordenadores como se quedaban sen saldo do

Concello. Nalgún caso, ao negarse os responsables a deixar á xente sen casa,

este fenómeno non se produciu e suspendeuse o funeral económico.

A Coruña, 24 de maio de 2015. A Coruña, 24 de maio de 2015.

32

Opinión

Xulio Ferreiro

Hai Marea!

Candidato

da Marea Atlántica

á alcaldía da Coruña

Temos

un

desexo

común

O próximo 24 de maio temos

diante de nós a oportunidade

de facer historia na cidade

da Coruña. Somos moitas as

persoas que non podemos

seguir indiferentes diante do

xeito en que se nos está a gobernar.

Somos moitos os veciños

e moitas as veciñas desta

cidade que xa non aturamos

que as institucións públicas,

incluído o noso Concello, se

poñan ao servizo duns poucos

e esquezan a súa verdadeira

función: defender os intereses

da maioría social, protexer aos

cidadáns máis golpeados pola

situación económica, polo desemprego,

pola precariedade,

pola pobreza.

Somos multitude os que non podemos mirar para outro

lado diante da corrupción, os que xa non queremos

ver máis como os nosos gobernantes exercen os seus

cargos coa única intención de enriquecerse, de usar a

súa influencia e as súas funcións públicas para mercar

e vender favores, para gañar as simpatías das elites. Somos

maioría as persoas que xa non podemos consentir

que os bens comúns, os que pertencen a todos e a todas

por igual, se poñan ao servizo dos de sempre, xa sexan os

parques, a auga que bebemos, o mar, o territorio, a sanidade,

a educación, os nosos servizos de benestar. Estamos

fartos de ver como se utiliza iso que chaman crise

económica para quitarlle aos que menos teñen e engordar

o peto dos que nunca terán suficiente.

Pero somos unha inmensidade os que cremos que isto

vai cambiar. E nas vindeiras eleccións municipais imos

comezar a darlle a volta a esta situación. Imos empezar

a poñer por diante os valores da honestidade, do benestar

de todas as persoas, da xustiza, do respecto aos bens

comúns. E imos comezar pola cidade que vivimos e queremos,

pola Coruña. Porque como di Manuel Rivas no

interior deste xornal, na Coruña existe hoxe un proceso

de unión, un proceso de xustiza social e un proceso de

esperanza. Un proceso que vai contribuír dende este recuncho

do mundo que habitamos a unha sociedade mellor.

Este proceso chámase Marea Atlántica.

Na Marea Atlántica confluímos, coincidimos, xuntámonos,

convivimos moitos homes e moitas mulleres,

mozas e mozos que decidimos pasar da indignación

á acción. Que perdemos o medo, que xa non estamos

paralizados. Temos ideas, temos experiencias e temos

ganas de facer as cousas ben. E sabemos como facelas.

Estas páxinas son a mostra. Estas páxinas conteñen

un proxecto de cidade. Un proxecto que non se mide

en metros cúbicos de cemento. Mídese en toneladas

de ilusión, de capacidade, de honestidade. Estamos

a facer cousas que nunca antes se fixeran. Estamos a

devolverlle a esperanza a moita xente. Estamos a poñer

de acordo a organizacións políticas e sociais que,

compartindo os mesmos valores, levaban demasiados

anos combatendo en solitario. Conseguimos respectar

as diferenzas e reunirnos nun desexo común. O desexo

de comezar a construír dende xa unha cidade máis xusta,

máis habitable, máis nosa. A cidade que queremos e

que imaxinamos. A cidade que hoxe non vemos e que

nos gustaría ver.

Este é o proxecto que quere encarnar a Marea Atlántica.

Propoñemos un xeito diferente de gobernar unha cidade

e unha cidade diferente que gobernar. Unha cidade

aberta, diversa, como sempre foi A Coruña, que lle sexa

devolta ás persoas ás que sempre pertenceu, aos veciños

e ás veciñas de Eirís, de Monte Alto, dos Mallos, dos Castros,

da Cidade Vella, da Praza de Lugo, do Birloque, de

Elviña, do Portiño... Un goberno transparente, participativo,

democrático, ético, comprometido coa súa xente,

que teña claras as súas prioridades. Con sentido común

e sentido do común. En definitiva, esa Coruña que

sempre soñamos e que non podemos construír sen ti.

apoia

a marea

atlántica!

MOITAS

PINGAS

xuntas

FAN UN MAR

ENTEIRO

A Marea Atlántica ten un proxecto

para A Coruña, pero só co teu esforzo

poderemos facer unha campaña

gañadora e sen deberlle nada a ningunha

entidade financeira.

Máis información:

www.achegas.mareatlantica.org

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!