10.04.2015 Views

LINDEIROS NÚMERO 23 ABRIL 2015

no número de anril de Lindeiros os acercamos a igrexa de San Frutuoso, unha das máis hermosas de Compostela e o facemos desde arriba, desde a misma cúpula. Entrevistamos a Sara Ríos a nova presidenta de Hostalería de Santiago e Comarca; coñecemos un pouco máis que é a marcha nórdica e contamos ademáis coma sempre con unha interesante axenda para o mes.

no número de anril de Lindeiros os acercamos a igrexa de San Frutuoso, unha das máis hermosas de Compostela e o facemos desde arriba, desde a misma cúpula. Entrevistamos a Sara Ríos a nova presidenta de Hostalería de Santiago e Comarca; coñecemos un pouco máis que é a marcha nórdica e contamos ademáis coma sempre con unha interesante axenda para o mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

Abril 2015

N 23 MENSUAL

SAN FRUTUOSO

As catro virtudes

Cara a maio

Qué pensa facer

polo seu concello:

Teo (páx. 10)

Novas

Ames Novo denuncia que o

concello oculta comunicacións

do catastro (pax. 3)

Teo inicia o proceso para a

municipalización da

xestión da auga (páx. 3)

Pasou:

Festa da Primavera no Mercado

Labrego de Os Tilos (páx. 19)

Distintos actos no Día

da Muller (páx. 22)

Pasará:

Visita un museo: Museo de

Historia Natural da USC (páx. 24)

A pianista de Jazz Irene Aranda

gravará no Teatro Principal (páx. 26)

Deportes:

Marcha Nórdica coa Fundación

para o deporte da USC (páx. 27)

Diego Igrexas campión de

España de Loita Libre (páx. 29)

25 anos ó servizo da industria

hosteleira e alimentaria

2

Lindeiros

Editorial

Realidades paralelas

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

Sempre que chega o momento de escribir o editorial véñenme á cabeza moitas das cousas que pasaron no último mes e ou non sei de cal

escribir ou quero escribir de todas á vez, pero penso que a realidade é así e que estamos demasiado afeitos a unha vida nun só sentido

con dúas direccións como tentarei explicar. As cousas non pasan dunha nunha, pasan todas á vez e en moitas ocasións están entre elas

conectadas ou unhas son consecuencia das outras; os medios de comunicación cóntannos, contamos, as noticias dunha nunha e compartimentadas,

agora os deportes, despois o tempo, antes os sucesos... pero a realidade é que os sucesos de violencia de xénero teñen que ver

coa política de recortes, a débeda que se lle perdoa a un club de fútbol podería entenderse se non houbese crise, ou os desafiuzamentos

son incompatibles coas declaracións que se fan en ocasións no Congreso ou noutro tipo de foros; pero esas cousas só aparecen xuntas, só

fálase delas á vez... nas “tertulias” o que resulta aínda peor e só axuda a xerar máis confusión porque o tipo que hoxe che fala do test que

se lles fan aos pilotos de avión mañá analiza a caída da bolsa e que todo suceda ao mesmo tempo non quere dicir que todos saibamos de

todo.

Nese terreo de confusión só quédanos a posibilidade de pensar, analizar as cousas por nós mesmos, algo que esta sociedade non está demasiado

afeita facer. Desde hai moitos anos o español normal viuse obrigado a tomar partido; ou de Franco ou contra Franco, de Adolfo

ou de Felipe ou Felipe ou Aznar ou Aznar ou..., Real Madrid ou Barça, tabaco louro ou tabaco negro... porque se me ocorre todo isto?

penso que esa forma de ser, esa conciencia colectiva sempre é mala pero nunhas eleccións máis aínda como tentarei explicar.

Nunhas eleccións, aínda que soe raro, non votamos a un partido, votamos propostas, modelos, ideas e actitudes. Esa conciencia colectiva

e a información que nos chega empéñase en todo o contrario; os medios de masas non falan de ideas ou proxectos analizando a súa

viabilidade, son poucos os xornalistas que se len os programas electorais, e a maioría dos discursos van encamiñados a un “ou comigo ou

contra min” que evita unha análise real do que sucede. Neste contexto dinse moitas bobadas; por exemplo o afán de diferenciarse dalgún

candidato levouno a propor alianzas de Compostela con Silleda, A Estrada e Lalín pero sen mencionar a Teo ou Vedra... que están polo

medio; en Ames hai quen emprendeu unha cruzada contra os que foron concelleiros e preséntanse ás eleccións sen darse conta de que

por unha banda non se lles pode quitar un dereito recolleito na constitución e por outro eu prefiro un condutor con experiencia que uno

que non teñen carné e ademais non está supervisado... é algo de sentido común, preséntanse moito alcalde ás eleccións pero só critícase a

un por facelo, estase a favor de que a xestión da auga sexa municipal pero vótase en contra, critícanse as declaracións que se fan falando

de pactos post electorais cando eu prefiro saber os acordos antes de votar que despois, en definitiva evítase por todos os medios que os

votantes poidan por un segundo pensar se o que se lles está contando ten razón de ser ou non e faise con declaracións rotundas aínda que

non haxa nada sobre o que declarar.

Empecei a pensar en todo cando se lle deu a licenza á igrexa do Milladoiro mentres o novo centro de saúde segue esperando; como xa

dixen na rede penso que que iso suceda dá unha idea de como se move esta sociedade, pero é a miña declaración xusta? depende; a realidade

é que debería de estar construído un centro de saúde novo pero que non o estea non é culpa de que se vaia a construír unha igrexa,

pero non é menos certo que desde o concello fixéronse máis esforzos para unha cousa que para a outra e por tanto se ten algo que ver

que se constrúa a igrexa e que o centro de saúde teña que esperar, pero iso non é culpa dos fregueses e si o é do actual alcalde pero a súa

actitude en parte vén dada polo seu interese en contentar aos fregueses, os fregueses teñen por isto parte de culpa xa que admiten como

bo que o alcalde faga máis esforzo pola igrexa que polo centro de saúde...

A realidade non é sinxela e calquera que teña a posibilidade de falar en público ten tamén moitas posibilidades de dicir bobadas, escoitemos,

pensemos e preguntemos e só así comprenderemos un pouco mellor quen está detrás dos partidos.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

abril 2015 novas da bisbarra 3

Plan de

protección de

animais

A Consellería o

presentará este mes

A Consellería de Medio Ambiente

convocará o Consello

Galego de Animais Domésticos

e Salvaxes en Cautividade

para presentar propostas de

actuación encamiñadas á mellora

na protección dos animais

domésticos.

Un dos proxectos trata do

desenvolvemento de campañas

e actividades de divulgación e

educación dirixidas aos máis

pequenos, apostando pola afianzamento

de valores nas xeracións

futuras. Entre as medidas

están as accións de innovación

educativa nos centros de ensino

primario a través de programas

educativos baseados nas competencias

básicas e a educación

en valores, como o Plan Proxecta,

en colaboración coa Consellería

de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria.

Tamén se elaborarán publicacións

e actividades que permitan

transmitir as obrigas dos

propietarios dos animais domésticos

para evitar o abandono

e o maltrato; proporase un

traballo coordinado entre todos

os organismos implicados na

protección animal, co desenvolvemento

de ferramentas de

traballo que permitan a integración

de datos de interese para as

diferentes autoridades competentes,

e que faciliten e axilicen

o control e vixilancia do correcto

cumprimento da normativa

de protección dos animais

domésticos.

Fontes: Consellería de Medio

Ambiente Lindeiros

Ames Novo denuncia que o alcalde

oculta datos sobre o catastro

Térreos con cualificación de urbanos poderían pagar como rústicos

No mes de setembro Ames

Novo presentaba unha moción

para instar o Catastro a considerar

como rústicos aqueles

terreos sen urbanizar e que pagaran

un IBI atendendo a esa

cualificación fiscal; unha recente

sentencia do Tribunal Supremo

avalaba esa teses e polo

tanto existía a xurisprudencia

necesaria; a moción foi aprobada

e o concello dou traslado da

petición.

Ames Novo explica agora

que é coñecedor da resposta

que a Dirección General del

Catastro do Ministerio de Hacienda

y Administraciones

Públicas trasladou ao Concello

de Ames; na contestación,

a Dirección Xeral do Catastro

móstrase disposta a adoptar as

medidas oportunas no prazo

de tempo máis breve posible, e

con ese obxectivo demandoulle

O pleno de Teo aprobou as

primeiras medidas para a municipalización

do servizo da

auga cos votos a favor do equipo

de goberno, do BNG e do

Psoe (excepto no punto sobre o

persoal no que se abstiveron) e

en contra de InTeo e o Partido

Popular.

As principais dúbidas apuntadas

por Psoe e BNG centráronse

nos prazos das distintas

medidas que se tomarán e que

ao Concello información sobre

os terreos cualificados como

urbanizables sen ningún tipo de

planeamento; a información foi

solicitada ao Concello co fin de

que “adopte as medidas oportunas

no prazo de tempo máis breve

posible.

A resposta do Catastro ten

rexistro de entrada municipal

do 23 de xaneiro deste ano, feito

que non foi comunicado nin ao

Pleno, nin ás forzas da oposición,

nin aos veciños directamente

afectados. Ante esta situación

Ames Novo trasladou ao alcalde

unha serie de preguntas sobre as

razóns polas que non informou

ao Pleno da recepción da carta

do Catastro; tamén preguntou se

enviara a información solicitada

e no caso de facelo, cales son as

parcelas ou polígonos dos que se

informou; no momento de escribir

esta nova o grupo aínda non

recibiu resposta.

Ames Novo denuncia que o

desleixo do alcalde esta está provocando

un perxuízo a moitos

propietarios, como por exemplo

todos os do non-nato Polígono

Industrial de Pegariños-Tras-

monte, que están nesta situación

e que terán unas cargas

fiscais como o IBI sobre estes

terreos que xa non lles deberían

corresponder.

Fontes: Ames Novo, Lindeiros.

Trasmonte é un dos lugares afectados. Foto: Froaringus

Teo municipalizará a xestión da auga

O pleno municipal aprobou as primeiras medidas

ao ser tan próximos ás eleccións

farán que certos procesos

como a selección de persoal

téñanse que facer en precampaña,

campaña ou mesmo cun goberno

municipal en funcións; o

concelleiro de obras Rafa Sixto

explicou que dado que as mesas

de contratación de persoal

estaban formadas por funcionarios

e non por políticos iso

non representaba un problema.

Manuel Parajó de InTeo insistiu

en que o proxecto económico

non se axustaba á realidade

e que os custos serían moito

maiores. Pola súa banda Carmen

Leboran do Partido Popular

centrou a súa negativa na

posición na que quedan os traballadores

da empresa coa posibilidade

de perder o traballo

ao non poder ser subrogados;

Rafa Sixto insistiu en que non

se pode ir en contra dun informe

informe de secretaría que é

o que di que non se pode producir

a subrogación pero que en

todo caso traballan para unha

empresa privada que é a que

ten a responsabilidade sobre os

seus postos, que o goberno municipal

e sensible coa situación

e que entenden a defensa dos

seus intereses que os operarios

poidan facer nos tribunais.

Fontes: Lindeiros.

4 novas da bisbarra

San Pedro de Ardemil

recibe os títulos da

concentración parcelaria

A parroquia de Ordes concentrou cerca de 2.000 ha.

A nave de Gando de mesón do

Vento foi o lugar elixido para a

entrega de títulos de propiedade

da concentración parcelaria de

San Pedro de Ardemil. O proceso

afectou a 2.000 propietarios

e converteu 13.623 parcelas de

terreo en 2.615 fincas.

Con esta reorganización o

concello de Ordes conta a día

de hoxe cun total de 12.359 ha.

concentradas das 15.700 ha que

existen no municipio. O traballo

de concentración supón

3.708.000 € de investimento por

parte do goberno autonómico,

dos cales 807.000 corresponden

a aspectos técnicos e 2.900.000

€ aplicables a redes de camiños

principais e secundarios e ao

acondicionamento de leiras.

O proceso de bases definitiva

foi rexistrado en xuño de 2000 e

o longo do proceso presentáronse

un total de 42 recursos que

foron resoltos na súa totalidade.

En outubro do 2001 foi firmado

o documento que resolvía as 152

reclamacións presentadas, no

2012 pechábase o acordo definitivo

e en xuño do 2013 chegaban

os títulos a notaría.

O alcalde de ordes Manuel Regos

manifestou que “O de hoxe

Os títulos á espera de ser recollidos. Foto: concello de Ordes

é un día importante para a xente

desta parroquia pero tamén para

todo o concello de Ordes, dende

o Concello traballamos intensa

e constantemente para que chegase

este momento, que deixa

claro o interese que temos polo

noso ámbito rural, o seu desenvolvemento

e o seu avance. Para

iso é imprescindible apoiar e

contribuír dentro das nosas medidas

neste proceso, tanto nesta

como nas restantes zonas situadas

no noso termo municipal”.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

Ames firma a reparación de

camiños en distintas parroquias

Son proxectos incluídos no plan DTC93 da Deputación

Lindeiros

Denuncian as

actividades do Día da

Muller en Frades

O BNG queixase das actividades elixidas

para esa xornada

Coidado persoal, maquillaxe,

perruquería ou medicina natural

e trucos para o fogar foron

algunhas das actividades gratuítas

organizadas polo concello de

Frades o 14 de marzo para conmemorar

o Día Internacional da

Muller; o BNG mostrou a súa

oposición e explicou que considera

estas propostas machistas

xa que so perseguen manter o

papel da muller no ámbito doméstico

e seguir considerándoa

un obxeto.

Para o BNG resulta gravísimo

que o concello transmita as

mulleres un rol feminino que

lembra as actividades que se

Unha das peticións dos últimos

anos da escola infantil

da parroquia de Os Ánxeles en

Brión conseguiuse o pasado mes

de marzo; o concello vén de habilitar

un novo patio exterior de

dimensións máis reducidas cos

existentes e que será empregado

para o esparcemento dos máis

pequenos da gardería.

En anos anteriores os traballos

anuais de mantemento das instalacións

se centraron na mellora

nos patios principais nos que xogan

os distintos grupos de rapa-

desenvolvían no franquismo;

para os nacionalistas estas actividades

xa serían rexeitadas

en calquera momento do ano

pero moito mais cando se trata

da conmemoración do Día da

Muller. O BNG de Frades insistiu

nun comunicado en que

esta data tería que servir para

destacar o papel da muller en

calquera eido da sociedade facéndoa

protagonista e no canto

de facer iso o concello mantén

unha concepción da muller que

non se pode admitir en pleno século

XXI.

Fontes: BNG Frades, Lindeiros.

Novo patio na gardería de

Os Ánxeles

O concello de Brión habilitouno no pasado mes

ces pero un espazo propio para

os máis pequenos era unha petición

habitual do profesorado. En

esta ocasión o concello atendeu

a petición específica da escola

infantil para dotar dun espazo

de ocio a ceo aberto unicamente

para os máis pequenos da gardería

ata o punto de que o acceso

o espazo faise so desde esa aula.

Coa chegada do bo tempo os

pequenos poderán disfrutar do

novo patio construído.

Fontes: concello de Brión, Lindeiros.

Algo mais de 90.000 € son os

que se destinarán a labores de

reparación de camiños en Ortoño,

Ventín, Tapia, Covas, Bugallido,

Bertamiráns e Agrón; as

obras forman parte do plan provincial

“unha Deputación para

todos os concellos” e os cartos

repártense en 6 proxectos distintos.

O alcalde, Santiago Amor,

destacou que “a través deste

plan o Concello de Ames levará

a cabo varias obras de reparación

de camiños e pistas que se

consideran de vital importancia

para a cidadanía amesá”.

Un dos proxectos máis importantes

e a mellora da comunicación

entre Lapido e A

Tarroeira en Ortoño; a obra inclúe

o arranxo dun muro de contención

en Castiñeiro do Lobo e

reparacións nas rúas Rueiro e

Arrucheiro de Bertamiráns.

A vía de entrada o colexio de

Ventín tamén se verá beneficiada

por unha de estas actuacións

e contribuirá a mellorar o transito

da gran cantidade de vehículos

que transitan desde e cara o

Milladoiro.

Fontes: concello de Ames, Lindeiros

O novo patio da gardería de Os Ánxeles. Foto: cooncello de Brión

abril 2015 novas da bisbarra 5

A Xunta de

persoal de Ames

demanda un cambio

na política laboral

Os traballadores califican de “nefasta” a

negociación colectiva

As portas dunhas eleccións

municipais os traballadores do

concello de Ames aproveitan

para pedirlle a tódalas forzas

políticas que se presentan que

cambien a política laboral seguida

nas dúas últimas lexislaturas.

Os representantes sindicais

falan de relacións laborais

“nefastas e practicamente

inexistentes” e explican que a

situación xa se viña arrastrando

desde o anterior mandato, a minoría

de goberno do socialista

Carlos Fernández; os empregados

piden que os novos xestores

o teñan en conta e cambie a política

laboral e retomen o dialogo

social.

Un claro exemplo da despreocupación

e o desleixo nesta materia

foron os longos períodos de

tempo nos que non se convocou

a Mesa Xeral de Negociación

nin o Comité se Seguridade e

Saúde, a pesar das reiteradas solicitudes

de reunión da parte social

e da importancia dos temas

que estaban pendentes; desde

outubro de 2012 ata novembro

de 2013 e desde decembro

de 2013 ata xuño de 2014 non

se mantivo nin unha reunión

e cando se celebrou a xuntanza

tampouco serviu de moito,

porque en ningún momento o

goberno demostrou vontade de

sacar adiante os temas tratados

e estes volveron quedar sen resolver

reunión tras reunión. En

canto ao Comité de Seguridade e

Saúde, tamén pasou máis de ano

e medio sen reunirse, malia que

ten obriga legal de facelo cada 3

meses; este órgano reuniuse en

total 5 veces en toda a lexislatura,

tres veces en 2012, ningunha

en 2013, unha en 2014 e outra en

2015.

Enriba da mesa temas tan relevantes

como a actualización da

Relación de Postos de Traballo

que data do 2006, os contratos

temporais que son cada vez máis

abundantes, ou a aprobación dun

Regulamento de xestión das listas

de agarda para a contratación

de novo persoal. Con esta situación

os sindicatos optaron por

enviar unha proposta a tódolos

grupos que se presentan as eleccións

co fin de recuperar o dialogo

social; o documento contén

obxectivos básicos para a xestión

de persoal durante a vindeira lexislatura

e nos que insisten na necesidade

de establecer un diálogo

fluído, serio e eficaz para emendar

as carencias e deficiencias

da estrutura de organización do

persoal municipal que redunde

na mellora dos servizos públicos

que presta o concello.

Fontes: Xunta de Persoal de Ames,

Lindeiros.

Denuncian as presións e

ameazas a veciños do

alcalde de Negreira

O BNG o acusa de comportarse como

“un señor feudal”

A variante do Tamara pretende

unir a avenida de Santiago

coa zona de As Brañas asfaltando

un camiño que atravesa un

bosque.

O nacionalista Antonio Ponte

asegura que “de entrar no goberno

en maio, o BNG paralizará

o actual proxecto, anulará

as expropiacións de terreos e

negociará sen ningún tipo de

presión cos propietarios [] non

ten sentido facer unha avenida

con beirarrúas e todo nun terreo

calificado como rústico, e estropeando

un bosque que moitos

veciños utilizan para pasear.”

O BNG calificou de “impresentable

e caciquil” o comportamento

do Alcalde Juan Rey,

por “ameazar a algúns propietarios

dos terreos afectados que

non quixeron vender, con frases

chulescas como “vos ides arrepentir,

podo expropiarvos cando

queira, cando necesitedes algo

xa vos acordaredes…”; Antonio

Ponte di que “o alcalde non está

a altura do cargo e asegura que

actúa como un señor feudal da

Idade Media.” e pide disculpas

os veciños por unha actitude

que considera indigna do cargo.

Fontes: BNG Negreira, Lindeiros.

Bosque afetado pola variante de

Tamara. Foto: BNG Negreira

Teo aproba un

itinerario contra

a violencia de

xénero

Foi avaliado na Xunta

Local de Seguridade

Teo celebrou unha Xunta Local

de Seguridade para aprobar

o primeiro Itinerario de actuación

en materia de violencia de

xénero do Concello.

Garda Civil, Policía Local

e persoal do departamento de

Igualdade e Benestar municipal

e da propia Subdelegación traballaron

nun documento no que

se plasma o protocolo de actuación

diante dun caso de violencia

de xénero.

No documento especifícase

como debe actuar cada axente

implicado nun caso de detección

de violencia ou de denuncia

e a interrelación que se ten

que dar co resto das partes que

van participar no proceso de

denuncia e soporte á vítima; en

termos prácticos tratase de que

nada quede ao azar e os medios

asistenciais traballen de xeito

coordinado para ser operativos

e eficaces.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

Unha das manifestacións dos traballadores do concello de Ames.

Foto: Xunta de Persoal de Ames

6 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

Probablemente muchos de los

lectores de Lindeiros recordarán

la inauguración de la fuente

de la Plaza Roxa que incluía un

láser central que apuntaba hacia

el cielo. Se prometía espectacular.

Aunque muchos seguro que

salieron defraudados, ya que

la luz del láser poco se vio. Si

mi memoria no me falla, tuvieron

algo de suerte porque había

unas pocas nubes en donde sí se

apreciaba algo de luz. ¿Por qué

digo suerte? Pues porque el láser

solo lo podemos ver claramente

cuando atraviesa algún medio

que provoque su dispersión,

como el humo que se echa en las

discotecas o en los espectáculos

musicales.

Aunque ya utilizamos comúnmente

la palabra láser, esta es el

acrónimo de Light Amplification

by Stimulated Emission of Radiation

(o, en castellano, amplificación

de luz mediante emisión

inducida de radiación). ¿Qué

quiere decir esto?

La física cuántica nos ha permitido

comprender la naturaleza

de los átomos, de las moléculas

y de la luz. Por ejemplo, los

átomos tienen un estado fundamental

de mínima energía. Sin

embargo, si les aportamos energía

(por ejemplo, calentándolos),

alguno de sus electrones puede

capturarla, pasando el átomo a

otro estado llamado excitado.

Aunque la cantidad que gana

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales,

en donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Con la voz de Occam

Láser.

Una solución buscando un problema

no es cualquiera. Es como si ese

electrón subiera uno o varios

peldaños de una escalera: puede

subir y posarse en uno de ellos,

pero no quedarse flotando en la

mitad. Pero como ese no es su

estado fundamental, el electrón

intenta volver a su estado anterior,

para lo cual tiene que perder

energía. La diferencia entre

la energía de ambos estados se

pierde emitiendo un pequeño

pulso de luz que llamamos fotón.

Este tiene una frecuencia

determinada, es decir, es de un

color definido, aunque el resto

de sus propiedades pueden diferir

de átomo a átomo y pueden

salir en cualquier dirección. A

este fenómeno se le llama emisión

espontanea.

Sin embargo, ya en 1916 Einstein

empezó a vislumbrar que

los fotones generados por un

material podrían tener exactamente

las mismas propiedades

en algunas situaciones. Este es

el caso del láser. Para crearlo, lo

primero que se necesita es tener

más átomos (o moléculas, dependiendo

del tipo de láser) en

un estado excitado que los que

siguen en el estado fundamental.

Para ello, se aporta energía

al material. Cuando tenemos esa

situación, se ilumina con una

luz de frecuencia igual a la que

emitiría el átomo para volver a

su estado fundamental. Al pasar

los fotones de esta luz a través de

este material excitado, sus átomos

pierden la energía que tienen

de más, emitiendo cada uno

un fotón. Pero en este caso, la

magia de la física hace que estos

nuevos fotones, no solo tengan la

misma frecuencia, sino también

que sean iguales el resto de sus

propiedades. Y además, se mueven

muy juntitos en el mismo

sentido. Y siguen moviéndose

así de juntos a menos que choquen

con alguna partícula que

los haga desviar. De ahí que para

ver el láser se utilice humo.

Aunque Einstein vislumbró

este comportamiento a principios

del siglo pasado como una

curiosidad científica, no fue hasta

1960 cuando Theodore Maiman

construyó el primer láser

funcional. Al principio, se vio

como “una solución a la búsqueda

de un problema”. No se

tenía claro en que se podría aplicar.

Hoy el láser está presente

en muchas de nuestras tecnologías,

desde la medicina hasta la

transmisión de la información.

Pasando por las múltiples aplicaciones

como el DVD, la soldadura,

la impresión en 3D, la

limpieza de materiales, etc. Es

el ejemplo perfecto para explicar

que hemos de apoyar a la investigación

básica, sin esperar que

sus resultados tengan una aplicación

inmediata. Las aplicaciones

de nuevos conocimientos

generados por la Ciencia pueden

necesitar décadas para inventarse.

Pero, cuando llegan pueden,

como el láser, cambiar nuestras

vidas radicalmente.

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Duolingo

Téñoo claro: a mellor maneira

de aprender é xogando. E en

Internet hai unha maneira de

aprender idiomas gratis e plantexada

coma un xogo. Chámase

Duolingo e por experiencia propia,

da miña familia e amigos,

xa vos digo que funciona moi

ben.

Duolingo é unha idea de Luis

Von Ahn, que a pesares dos seus

apelidos trátase dun guatemalteco

de 36 anos. Recomendo que

vexas a súa charla TEDx de 2011

«Utilizando el poder de millones

de mentes humanas» http://

youtu.be/x1ShVyBm8GU onde

explica qué facía antes de Duolingo.

Descubrirás que Luis é

unha das persoas máis influintes

do planeta.

Duolingo permíteche aprender

alemán, español, francés,

inglés, italiano e portugués. Se

sabes un destes seis idiomas podes

usar Duolingo para aprender

calquera dos outros cinco. É gratis.

Sen publicidade. E aprendes

dun xeito divertido porque está

plantexado como un xogo.

A estratexia de Duolingo é

moi interesante. En realidade,

mentras estas aprendendo un

idioma estás traballando gratis,

pero non te enteras. E en

certo modo impórtache un pito

porque estás recibindo algo a

cambio: estás aprendendo un

idioma. Con Duolingo aprendes

traducindo. Todos os exercicios

que fas con Duolingo están extraídos

da Internet. Textos de

páxinas web. Mentras aprendes

un idioma estás axudando a traducir

textos da Internet. Un traballo

fragmentado en anaquiños

que permite a millóns de persoas

traballar coordinadamente

(sen sabelo) e construir algo

xuntos ao tempo que obteñen un

beneficio por elo.

A miña filla disfruta con Duolingo.

É un dos seus xogos habituais

de Internet, ¿non parece

incríble? Pero non lle pasa a ela

soa. Varios dos seus compañeiros

de clase tamén usan Duolingo

para aprender idiomas,

competindo entre eles. Como

calquera outro xogo, hai que obter

as mellores puntuacións. Hai

que pasar de nivel antes que os

demáis. Cando superas un nivel

o compartes en redes sociais e

os teus amigos son notificados.

É unha competición pura

e dura. E non podes engañar ao

sistema. Gañas cando demostras

que aprendes. E demostras que

aprendes facendo boas traduccións.

Se non pasas a proba, a

seguir practicando!

Duolingo non traballa só coa

comprensión lectora e a escritura.

Traballa tamén a comprensión

auditiva e a expresión oral.

Tes que usar auriculares e micro.

Escoitas e transcribes (ou traduces)

o que escoitas. Podes usalo

no ordenador ou no móbil ou tableta.

E participas na traducción

de contidos de Internet, de xeito

que o beneficio é para todos. Recoméndoo.

http://duolingo.com

Patrón de difracción generado con láser. Foto Natural Philo en Wikimedia.org

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.blogspot.com.es/

abril 2015 novas da bisbarra 7

Ames aproba o regulamento de

axudas de emerxencia social

A norma xa se aprobara en maio e agora fixéronse modificacións

O pleno de marzo do concello

de Ames levou por segunda vez

na orden do día a normativa que

regula as axudas de emerxencia

social; no mes de maio xa fora

aprobada por unanimidade,

igual que sucedeu agora, pero os

traballadores do concello consideraron

que debían de introducirse

unha serie de cambios.

Os funcionarios do departamento

de Benestar Social municipal

viron, o longo dos últimos

dez meses, que a normativa

aprobada en maio non estaba

adaptada a realidade social; por

iso motivo propuxeron o goberno

unha serie de cambios que

foron os aprobados no pleno

de marzo. As principais variacións

con respeto o regulamento

anterior son os que se refiren a

eliminación de incompatibilidades

entre necesidades básica,

gastos de alugueiros e gastos de

subministro; eliminase tamén

burocracia á hora de tramitar

as necesidades básicas, créase

unha comisión técnica para

abordar aqueles casos que non

están recollidos na norma co

fin de que sexan valorados por

parte dos traballadores sociais e

emitir unha proposta de axuda

se fose acordado e ademais introdúcense

matices para axudar

na compra e recarga das tarxetas

do transporte metropolitano.

O alcalde de Ames, Santiago

Amor, explicou que as

modificacións propostas polos

traballadores do departamento

de Benestar Social teñen como

obxectivo “facer máis áxil a tramitación

administrativa e dar

cobertura a algúns casos que

antes non se contemplaban”. A

axilidade en servizos sociais e

fundamental xa que en moitos

casos as necesidades afogábanse

en papeleo antes de ser

resoltas.

Fontes: concello de Ames, Lindeiros.

Denuncian un novo vertido no río Sar

A agrupación Veciños de Padrón foi a que deu o aviso

Non é a primeira vez que o

río Sar sofre vertidos de líquidos

de todo tipo; en esta ocasión

a nova formación política

Veciños de Padrón foi avisada

do que se estaba a producir

e cando se achegaron a zona

da Praza da Leña puideron

comprobar que se trataba dun

elemento moi parecido en cheiro

e consistencia o gasóleo;

a formación procedeu a dar

parte o concello que alertou

a Medioambente pero pouco

tempo despois se lles comunicaba

que a Policía autonómica

revisara o río sen atopar nada o

que fai pensar que o vento e a

corrente arrastraron o vertido.

Veciños de Padrón publicou

unha nota de prensa na que

insistiu na necesidade manter

limpo o Sar xa que se trata dun

dos recursos principais do concello.

Os vertidos son un dos

problemas máis acuciantes dos

nosos ríos, a falta de axilidade a

hora de recoller mostras fai que

en moitas ocasiones queden

impunes como pasou aquí.

Fontes: Veciños de Padrón,

Lindeiros.

Unha imaxen do vertido antes de desaparecer. Foto: Veciños de Padrón

Oroso actualiza as

bonificacións do

pago do IBI

O IPREM sustituirá a un regulamento do

2003

O pleno de marzo do concello

de Oroso aprobou a modificación

da ordenanza fiscal reguladora

do Imposto de Bens

Inmobles (IBI), consistente en

utilizar o Indicador Público de

Renda de Efectos Múltiples

(IPREM) na tramitación da bonificación

do 90 % na cota para

familias numerosas; este indicador

substitúe un cadro de importes

que se viña empregando

desde 2003.

Un dos beneficios do cambio é

que non será precisa a modificación

anual da ordenanza, ao

actualizarse automaticamente

o IPREM cada ano; por outra

banda evítase que familias catalogadas

de numerosas, pero

con rendas altas o suficientes

para o pago, podan aproveitarse

das bonificacións.

O cambio de fórmula de bonificación,

aprobada cos votos

a favor de todos os grupos e a

abstención do concelleiro do

Partido Galeguista, inclúe tamén

unha maior precisión nos

prazos e a documentación

que se debe presentar nas

solicitudes.

Poderase acceder ao desconto

no pago do IBI cando

o suxeito pasivo, quen

paga o imposto, sexa titular

de familia numerosa e o inmoble

sexa de uso residencial

habitual para el e todos

os integrantes da unidade

familiar considerada numerosa;

o nivel de renda per

cápita non poderá superar o

150 % do importe anual do

IPREM, sen pagas extra; así

mesmo se terán en conta as

situacións de discapacidade,

xa que cada integrante da

familia cun grao de discapacidade

recoñecido igual ou

superior ao 65 % ou con incapacidade

permanente absoluta

computará como dous

á hora de calcular o nivel de

renda da unidade familiar.

Fonte: concello de Oroso,

Lindeiros

Momento do pleno de marzo no concello de Oroso. Foto: concello de Oroso

8 novas de Santiago

Lindeiros

Compostela só

investiu o 21% o

ano pasado

O BNG denuncia o baixo nivel de

execución do orzamento

Según explicou Rubén Cela

ningún ano deste mandato se

chegou a unha execución do

30% do capítulo de investimentos;

para o voceiro do BNG

“resulta moi significativo da

falta de capacidade práctica de

xestión do PP [] Sería grave en

calquera contexto, pero moito

máis no actual, en primeiro lugar,

porque son investimentos

que sempre levan asociados a

creación de postos de traballo

e, en segundo lugar, polo nivel

de deterioro en que se atopan as

nosas rúas e beirarrúas e equipamentos

municipais”.

A liquidación do Orzamento

2014 revela que dos 30 millóns

de euros dispoñíbeis, só se executaron

6,7 millóns de euros,

que representan un 21% do to-

tal; porén, o nivel de execución

non foi igual para todos os capítulos,

entre as prioridades reais

do PP en 2014 están as atencións

protocolarias (cun nivel

de gasto dun 126%, até chegar

aos 117.250 euros) e a publicidade

e propaganda (dun 113%,

con 610.000 euros, a vista de

estes datos Ruben Cela denuncia

que “gastaron en 2014 máis

en propaganda que no orzado

para este ano 2015 para a renda

social”.

O BNG insiste ademais que

nunha situación de crise conseguir

remanentes positivos de tesourería

por falta de inversión é

“mezquino”.

Fontes: BNG Santiago, Lindeiros.

Califican de inaceptable a

adaptación da estación de

tren de Santiago

O Psoe pide explicacións a Hernández e

Feijóo polo boicot a intermodal

Paco Reyes considera “impresentable

a adaptación da

estación de tren aos novos servizos

de alta velocidade”, para

o voceiro socialista “non ten

nada que ver co que se espera

dunha intermodal para a capital

galega, onde tiña que integrarse

a estación de autobuses, e non

resolve a integración urbana do

Hórreo con Pontepedriña e Sar”.

O Psoe explica que o pasado 10

de febreiro o grupo municipal

pediron información sobre as

conversas que estaba a ter o Concello

cos responsables de ADIF

e cal era a situación, a resposta

da concelleira da área de Desenvolvemento

urbano sostible foi

a seguinte: “Polo momento as

reunións non se materializaron

nun proxecto. É por iso que non

estimo oportuno de momento

manter reunións cos grupos da

oposición. Cando teñamos acordos

coas outras administracións

implicadas no proxecto informarémosvos

axeitadamente” tras

esta resposta Paco Reyes cualificou

de “inaceptable” que o presidente

da Xunta e o alcalde de

Santiago “intenten vender fume

presentando unha adaptación da

estación de tren o mesmo día que

se inaugura a estación de Vigo”.

“O PP ten boicoteado a estación

intermodal para a nosa cidade

desde hai catro anos”, dixo, e lamentou

que “tan poucos fagan

tanto dano a tantos”.

Fontes: Psoe Santiago, Lindeiros.

O Foro

Cívico pide

apoio para

a USC

A directiva reuniuse

co reitor Juan Viaño

A Cámara de Comercio

de Compostela acolleu unha

charla - coloquio do reitor da

Universidade Juan Viaño co

Foro Cívico da cidade. Viaño

explicou que o 70 por cento da

investigación que se fai en España

sae da universidade, e sen

embargo desde o 2008 os recursos

públicos caeron nun 25

por cento. En relación ao plan

de financiamento 2016-2020

que está a elaborar a Xunta

de Galicia coas tres universidades,

o reitor reclama para a

USC uns presupostos “acordes

non só co 42 por cento do

seu alumnado, senón tamén co

61 por cento da súa produción

científica”.

Os integrantes do Foro pedíronlle

que se faga “máis

visible” a súa potencia investigadora,

capacidade docente

e, en definitiva, “que faga valer

nas negociacións o peso de

cincocentos anos de historia”.

Os profesionais e empresarios

asistentes expresáronlle “o seu

apoio absoluto e total colaboración”

a unha institución “esencial”

de Santiago. A raíz deste

encontro o Foro Cívico Empresarial

demanda o maior respaldo

económico “posible” para

a Universidade de Santiago de

Compostela, facendo súas as

reivindicacións do reitor.

Fontes: Foro Cívico de Compostela

Lindeiros

Compromiso

mostra o seu

apoio ó

comercio

local

A formación oponse

a novas aperturas de

grandes superficies

Ante a vindeira chegada de

multinacionais alemanas e

francesas de grandes superficies

comerciais á capital galega

Compromiso por Galicia-Compostela

aposta pola defensa do

comercio de proximidade e o

emprego de calidade na cidade.

O candidato a alcaldía, Xosé

Antón López asegura que “Ese

tipo de compañías, que se coñecen

como category killer no

sector, destrúen máis emprego

do que xeran”.

Compromiso por Galicia

mostrou o seu apoio ao tecido

comercial e empresarial no ámbito

local co obxetivo de fomentar

o dinamismo económico, a

creación de emprego de calidade

no entorno máis próxima á

cidadanía compostelá é un eixo

vertebrador da política municipal

de Compromiso.

Xosé Antón López, manifestou

que a defensa da ubicación

en Santiago de grandes superficies

comerciais foi unha política

común dos gobernos municipais

que prexudicou o comercio de

proximidade creando ademais

un emprego precario. Segundo

o candidato da organización

galeguista e socialdemócrata a

implantación destas áreas comerciais

é como “meter o raposo

no galiñeiro”.

Fontes: Compromiso X Galicia,

Lindeiros.

Santiago destinará

o superávit do 2014

a pavimentación

das vías públicas

Unha parte irá tamén

destinada a proxectos

culturais

O alcalde de Santiago, Agustín

Hernández, e o concelleiro

de Facenda, Ramón Quiroga,

deron conta da liquidación do

orzamento do 2014, que reflicte

un superávit de case 1,9 millóns

de euros; esta cantidade, sumada

ao aforro de 1,2 millóns de

euros polo refinanciamento do

crédito ICO solicitado en 2012 e

ás baixas nas adxudicacións dalgúns

proxectos, permitirá habilitar

un crédito de 3,1 millón de

euros, parte do cal se destinará a

un novo contrato de pavimentación

e a novos proxectos comerciais,

turísticos e culturais.

O edil de Facenda resaltou

o alto nivel de execución tanto

dos ingresos (92,61%) –case

o 100% descontando o crédito

de 6 millóns de euros do

que só se fixo uso do 16,16%

(969.697,13 euros)- como dos

gastos (96,70%). Segundo Quiroga,

isto dá conta duns “orzamentos

axustados á realidade”

que, non obstante, xeraron un

superávit de 1.885.157,69 euros,

dos que 162.636,99 euros corresponden

ao Auditorio e o resto ao

Concello. A liquidación tamén

reflicte a estabilidade financeira

do Concello (5.941.442,68 euros)

e un nivel de redución da débeda

de 13.815.761 euros no exercicio

2014 e de xa 24 millóns de euros

en toda a lexislatura. Isto supuxo

unha redución da débeda

por habitante de 244 euros entre

2010 e 2014, pasando dos 676

aos 432 euros.

Fontes: Concello de Santiago,

Lindeiros.

20 €

abril 2015 nomes cara a maio 9

Manuel Mirás Franqueira

candidato socialista á Alcadía de Oroso

“Nós cumprimos máis do 90% do noso compromiso cos veciños. O PP, nada”

Experiencia e renovación. Dúas palabras que definen á candidatura socialista coa que Manuel Mirás optará

revalidar a Alcaldía de Oroso o próximo 24 de maio. Unha lista con novas incorporacións e entre a que destaca a

ampla representación de xente nova que traballarán “para que toda a cidadanía recorde todo o que cambiou Oroso

desde a nosa xestión”

- Que valoración fai da candidatura que acaba de presentar? - Conxuga veteranía e xuventude. Un 30% dos membros

ten menos de 30 anos e hai xente que se incorpora por primeira vez, con ideas renovadas. O 50% da candidatura é nova. Espero

que sigan traballando en contarlle á cidadanía todo o que se fixo nestes anos de goberno. Para que recorden todo o que cambiou

Oroso grazas á nosa xestión e saiban que somos un goberno de todos e que seguiremos facendo moito polos cidadáns.

- Con que ánimo afronta estas eleccións? - Mellor ca nunca. Teño experiencia como alcalde, como deputado

provincial, na FEGAMP, na FEMP, no Consello Galego de Transportes E iso que eu non vivo da política, a diferencia de outros. Teño a miña asesoría, na que levo moitos

anos traballando, e dende a que vivo moitos dos problemas que a crise e a política de recortes do PP provocou nas familias e empresas. Vou traballar para conseguir unha

maioría suficiente para poder levar adiante o proxecto socialista, porque penso que somos a mellor opción para Oroso por experiencia, solvencia e capacidade de xestión.

- Que lles vai propoñer aos veciños? - Proxectos reais e axustados ás súas necesidades. Eu non proporei autovías dende Ponte Carollo a Santiago, como o PP de

Oroso. E iso é así porque levo anos escoitando aos veciños, recollendo as súas propostas e trasladándoas ao noso programa. Calquera veciño pode coller o programa socialista

de hai catro anos e comprobar que cumprimos máis do 90% das nosas propostas. Outros, como o señor Rajoy e o PP, non cumpriron nin a primeira.

- Que se propoñen facer? - Conseguimos que Oroso deixase de ser concello dormitorio grazas a que promovemos numerosas actividades culturais, deportivas e

programas de conciliación. Fixemos bo o lema: “Oroso para vivir”. A isto axudaron os grandes avances que logramos no ensino. Porque nós estivemos aí cando se construíu

o CEIP de Sigüeiro, o instituto e a gardería da Ulloa, hai 12 anos. E agora pechamos o ciclo cun novo colexio e abrindo en setembro a gardería Chousa Nova, que se fixeron

grazas a convenios asinados coa Xunta de Pérez Touriño e co Goberno Zapatero. Así, todos os nenos e nenas de 4 meses a 16 anos quedarán escolarizados en condicións

óptimas.

- Falaba antes de actividades deportivas, cales son os seus proxectos? - Cando cheguei á Alcaldía non había ningunha infraestrutura deportiva. Os socialistas

fixemos o campo de fútbol, o polideportivo e instalacións para a veciñanza. Temos máis de 700 cativos facendo deporte e contamos cun importante tecido de clubs deportivos

de primeiro nivel. Por iso hai que dar un paso adiante. Estamos arranxando os vestiarios do polideportivo e acondicionándoo para xogar ao hockey. E faremos un campo de

Fútbol 7 e outro polideportivo.

- E en cultura? - Oroso é un referente en Galicia a nivel cultural. Pero temos que dar un salto cuantitativo e cualitativo. Por iso queremos construír un pequeno

auditorio con capacidade para entre 250 e 300 persoas.

- A crise marcou a lexislatura. Como está a economía municipal? - Oroso está considerado polo Ministerio de Economia e Facenda como un dos concellos máis

sostibles de Galicia. Temos a presión fiscal por debaixo da media galega. Isto significa que os veciños pagan menos pola recollida de lixo ou pola auga. Mentres a Xunta do PP

impoñía ás familias o tasazo de Sogama, nós apostabamos pola reciclaxe e evitabamos subirlles o recibo.

“Resolvemos problemas históricos como o cemiterio da Penela”

- Falemos das parroquias, a oposición di que non se lles presta a debida atención? - Basta con ver a rede de locais cívicos que fixemos en todas as parroquias para

decatarse de que iso non é certo. A iso hai que sumar o gran investimento que fixemos en reparación de camiños, limpeza de vías, construción de sendas peonís... E unha gran

cantidade de pequenas obras que nos pediron os veciños nos Encontros co Alcalde.

- Os cemiterios foron protagonistas nesta lexislatura. - Temos xa un cemiterio público, en Marzoa, e resolvémoslles aos veciños de Oroso un problema de moitos

anos legalizando o da Penela. Pero no PP sempre se queixan dos problemas que eles mesmos crean, como ben saben en Trasmonte. Pola contra, nós ofrecerémoslles aos

veciños de Trasmonte a mesma fórmula de xestión adoptada con éxito na Penela e imos ampliar os cemiterios de Senra e Deixebre.

- Por último, como están as parcelarias? - Na de Ánxeles, Calvente, Marzoa e Pasarelos están xa poñendo os marcos, polo que en cuestión de semanas os

propietarios poderán tomar posesión das fincas. E en Senra, Cardama e Vilarromariz están coa resolución dos recursos e a punto de sacar a licitación a colocación dos marcos,

polo que aínda tardará ano e medio.

“Conseguimos o enlace da AP-9, pese que o PP o atrasou case tres anos”

- Falemos de infraestruturas. Conseguiuse o enlace da AP-9. - As obras están en marcha e para min é unha satisfacción moi especial, pois foi un proxecto que

puxen persoalmente en marcha. Cando cheguei á Alcaldía non se fixera nada. Negociei con catro ministros diferentes, do PP e do PSOE, para que finalmente o socialista Pepe

Blanco aprobase o proxecto no último Consello de Ministros de Zapatero. Dende entón pasaron catro anos nos que o PP non só non fixo nada por axilizar as obras, senón que

as atrasou case tres anos sen explicacións.

- Como influirá en Oroso? - Co enlace, Sigüeiro e a súa zona industrial estarán máis cerca dos centros neurálxicos de Galicia. Hoxe a distancia xa non se mide en

quilómetros, senón en tempo. E estaremos no centro do Eixo Atlántico, con extraordinarias conexións tanto co porto exterior coma co aeroporto. Agardo que co enlace se

enchan os polígonos de Sigüeiro e Oroso Pequeno, coa creación de emprego que pode supoñer.

- Cal é o seguinte obxectivo? - A variante de Sigüeiro, pola que loitarei os próximos catro anos. Así evitaremos que polo centro de Sigüeiro sigan circulando 20.000

vehículos cada día.

- Que se propón en urbanismo? - O urbanismo de Oroso era unha desfeita cando accedín á Alcaldía no 2002. A día de hoxe somos un referente. Fomos o primeiro

concello de Galicia en ter o PXOM adaptado á nova lei e traballamos día a día para seguir mellorando.

- Que di da polémica modificación puntual do PXOM de finais de ano? - Non entendo a postura nin de Siverio Mirás nin do PP, que están en contra dunha

modificación que beneficia ás casas do Alto de Vilanova, que estaban fóra de ordenación e que foi debida a un pacto que se fixo co Ministerio de Fomento para facer o enlace

da AP-9. Non entendo como se pode estar así en contra dos veciños, sobre todo cando a propia Xunta non pon ningunha alegación ao que fixemos.

- Sen embargo, non lle aprobaron a modificación. - Porque piden un cambio nas zonas verdes do polígono. A Xunta non cuestiona en ningún momento a

modificación feita para o enlace da autopista, nin o cambio de tipo de terreos. Por iso quero trasladar unha mensaxe de tranquilidade a todos os veciños, pese aos intereses que

teñen o señor Siverio e o PP en que non sexa así.

10 concellos

Lindeiros

Teo Qué pensa facer polo seu concello?

En Teo, xa chegou o momento de falar de futuro. Tras anos marcados primeiro por unha política caciquildo PP e despois, por unha política

mediáticado BNG/Anova Teo, Teo necesita un goberno progresista con proxecto de futuro.

Coa eficiencia e a transparencia como elementos base da nosa xestión, Teo debe ter un modelo de crecemento propio, con mais fundamento

que a nosa proximidade a Santiago.

Entendemos que o fomento das iniciativas medioambientais, que o Teo verde sexa algo máis que un Teo limpo, é fundamental para a creación

de postos de traballo e benestar para a veciñanza teense.

As políticas de redución dos déficit en servizos como o alumeado público, ou a imprescindible diminución dos soldos de políticos e cargos de confianza, que está a supor

211.000 euros/ano, permitirán a execución dun dos grandes obxectivos que temos os Socialistas de Teo: a humanización do concello. Estamos a falar de beirarrúas, da

mellora das infraestruturas viarias, da conexión entre Calo e Cacheiras, da posta en marcha do transporte intramunicipal, da construción dun centro de día municipal, etc.

Os Socialistas queremos un Teo conectado, transparente, no que se viva e non só se resida, que marque a diferenza na comarca.

Pase o que pase o 24 de maio, nada volverá ser igual: temos un concello no que se respecta a legalidade, no que existen mecanismos de

control. Un concello que a cidadanía por fin entende de seu. E foi mérito compartido dun goberno responsable e da xente decidida a recuperar

protagonismo. Non podemos renunciar ao que tanto custou mudar.

Hai oito anos o Partido Popular prorrogaba por vinte anos, ilegalmente, o contrato de Aquagest. Agora recuperamos a xestión do servizo

de abastecemento e saneamento. A auga, un ben básico, por fin pública!. Mentres, os responsables políticos daquela desfeita van camiño da

inhabilitación, boa mostra de como mudaron as cousas.

Teo é hoxe un dos concellos da comarca con menor débeda por habitante. Gobernamos con transparencia e honestidade. Puidemos equivocarnos, seguro, pero ninguén

pode dicir nada de ningún de nós.

Por iso nos presentamos as eleccións, porque estamos orgullosos do feito e queremos seguir avanzando na xestión pública, na eficacia dos servizos sociais, na mellora

do transporte, ou seguir sendo un referente na programación cultural da comarca. Pero aceptamos e valoramos a crítica, necesitamos unha asemblea social activa e informada

que participe na toma de decisións. Buscar esa colaboración e esa complicidade será obxectivo básico desta lexislatura. #SONdeTEO

O BNG-Asembleas Abertas concorre ás eleccións municipais cunha candidatura conformada por 27 persoas comprometidas co proxecto de

converter Teo nun concello para vivir. Un proxecto que se concreta nun programa electoral elaborado a partir das propostas dos veciños e veciñas

recollidas nos encontros celebrados no marco da campaña “facemos o programa entre tod@s”, e que se constrúe sobre seis eixos fundamentais: a

participación veciñal como medio para conseguir un concello de todos e de todas, un plan estratéxico de seguridade viaria e humanización do concello

de Teo para atallar o problema da inseguridade viaria, que contemple tamén un plan de mobilidade para mellorar o transporte público colectivo;

un diagnóstico integral dos servizos básicos para dotar de servizos a todos/as veciños/as; o reforzamento dos servizos públicos e de calidade;

transparencia como motor da actuación política; e o apoio á mocidade a partir dunha concepción integral e participativa da política xuvenil.

Coas prioridades claras o Bloque concorre ás eleccións para recuperar a transformación iniciada en Teo hai oito anos, paralizada en 2012 coa saída do BNG do goberno

municipal. Así pois, o BNG é a garantía para que Teo non volva ao pasado, ao escurantismo, aos recortes en dereitos e servizos, ao caciquismo do Partido Popular. Para

transformar Teo nun concello que sexa un referente para os seus veciños e veciñas.

A mellor fotografía da lexislatura que remata é a que fixo a veciñanza de Teo na serie de reunións de Escoita Activa que celebramos durante os

dous primeiros meses deste ano. Transmitiron en cada xuntanza a súa preocupación porque en moitos aspectos parece mentira que esteamos no

século XXI, cando hai tantas carencias de servizos básicos como o saneamento. Resulta evidente, por exemplo, a necesidade que teñen as nosas

estradas, o alcantarillado ou a urxencia de reducir a débeda do concello, asuntos aos que daremos resposta co noso programa electoral.

A lexislatura estivo marcada polas disputas iniciais do grupo de goberno –inicialmente do BNG- e a actitude do alcalde, máis atento á súa promoción

política que aos asuntos de Teo, aos que nominalmente segue vencellado, a pesares de que Santiago ocupa agora o seu obxectivo inmediato.

Pero non quero extenderme no que o equipo de goberno debeu facer e non fixo, senón no traballo que estivemos a facer os seis concelleiros do

grupo popular, do que nos sentimos plenamente responsables, intentando conseguir investimentos para Teo a pesar de que estas xestións –con altos cargos da Xunta, da

Deputación, do Ministerio de Fomento- foron mal recibidas en numerosas ocasións polo grupo de goberno.

A única política na que creo é aquela que sirve para transformar e mellorar a vida dos meus veciños e veciñas. Sen esa noble aspiración, a política non se entendería.

A túa

publicidade

ten un

espacio

aquí

publicidad@lindeiros.com

abril 2015 nomes cara a maio 11

Manuel Regos

candidato de UXO á alcaldía de Ordes

- Que destacaría do seu programa? -A nosa prioridade son os servizos sociais. Estamos comprometidos con

brindarlles o noso apoio a todos os veciños e veciñas, pero sobre todo aos máis desfavorecidos. Teño claro que mentres eu siga

estando de alcalde farei todo o posible por estar a carón dos que máis o necesiten e que atoparán sempre aberta a porta do meu

despacho. Ese é o meu maior compromiso coa cidadanía e comigo mesmo. O investimento en servizos sociais seguirá sendo o

epicentro da miña xestión. Unha actitude que se reflicte no curso de alfabetización do Mesón do Vento, ou nas axudas que brindamos

desinteresadamente. A nosa intención é acadar unha plena integración e calidade de vida para todos os nosos veciños e veciñas.

- Outro tipo de investimentos? - O emprego e a formación é o máis importante para saír da crise. Penso seguir

organizando cursos e facilitarlles o acceso ás persoas con menos recursos. Está claro que para ter un emprego de calidade hai

que estar preparados e iso conséguese primeiro nas aulas e despois coa experiencia laboral. Ordes é un sitio excepcional para

a creación de empresas dada a súa localización e as vías de comunicación que posúe. Vou seguir apoiando os empresarios que

queiran desenvolver aquí o seu proxecto. O Centro de emprendemento ou a oficina de cooperativismo dan conta da nosa filosofía

neste ámbito. Tamén continuarei prestándolles total apoio aos centros educativos aínda que non sexa unha competencia directa

miña, e preocupándome pola promoción e a práctica do deporte.

- Que valoración faría dos últimos catro anos de goberno? - Foron anos complexos debido á situación económica do país. Pero finalmente conseguimos

sacar os nosos proxectos para adiante, polo que a valoración é positiva. Novamente teño que falarlle de todo o que se fixo dende o departamento de servizos sociais porque é

nesta área na que máis coidado e atención temos que ter para axudar debidamente a quen máis o precisa.

- O rural é unha parte importante na vida do seu municipio - Para nós é tan importante a persoa que vive na vila como a que reside en calquera das

trece parroquias. Nestes tempos investimos moito nos camiños e pistas. Temos claro que hai que traballar conxuntamente para seguir optimizando os recursos da actividade

agrogandeira da zona. Pero tamén ofrecer alternativas de ocio e tempo libre destas zonas, de aí o noso investimento nos locais sociais, cursos e actividades parroquiais. En Ordes

hai que falar de preto de 300 núcleos de poboación coas complicacións que iso implica. Pero incluso así hai puntos que dado o número de habitantes contan con varios locais e

centros veciñais, como é o caso de Ardemil.

- E como se consegue todo isto nuns tempos tan difíciles? - A miña fórmula é traballo + compromiso + planificación. O de UXO é un proxecto a longo

prazo que abarca tódolos ámbitos do noso municipio. Cando comecei esta fase na miña carreira política tiña claro que Ordes necesitaba un forte pulo en investimentos ou estaría

condenado a quedar por detrás doutros municipios con menos posibilidades. Tan só hai que comparar o Ordes de hai oito anos (os mesmos que levamos gobernando) co de agora.

- Neste sentido acaban de recibir un premio Coopera - Efectivamente a Xunta de Galicia concedeunos este ano o 1º premio Coopera polo servizo de

atención temperá que se presta de xeito mancomunado. En total hai que falar dun aforro de medio millón de euros, que se di pronto. Este tamén é un punto importante para

min, o aproveitamento e a optimización de recursos, sobre todo naquelas áreas nas que se ofrece un servizo a aquelas persoas que menos teñen ou que máis o precisan. Non me

cansarei de defender á Mancomunidade de Ordes e a xestión que facemos de maneira conxunta por riba de cores políticas e ideoloxías.

- E que destacaría do Ordes de agora en comparación co de antes? - Está claro que as infraestruturas que creamos neste tempo foron moi importantes

e contribuíron a aumentar o nivel de vida dos ordenses, pero tamén a prestar un mellor servizo público dende o Concello. Aí está a cidade deportiva de Vista Alegre, o ximnasio

municipal ou as piscinas. Un novo concello con acceso total para persoas que presenten algún grao de diversidade funcional. O cambio tamén está a pé de rúa coa mellora das

nosas vías e servizos, as zonas verdes como os paseos e roteiros, as novas vías de comunicación como a Rolda Leste e o próximo arranxo da estrada de Mercurín. Fixemos moito

e aínda habemos facer máis se o pobo de Ordes nolo permite.

- Unhas obras que moitas veces non foron compartidas nin entendidas por algúns? - Ordes precisaba de investimentos e iso é o que fixemos.

O tempo está a demostrar que as críticas agoireiras vertidas por algúns non eran certas. Así o demostra a situación financeira do Concello, a cal cumpre cos obxectivos de

estabilidade orzamentaria. Conseguimos reducir a débeda en máis dun millón de euros e acadamos un resultado orzamentario positivo de 187.000 €. E todo isto realizando os

pagos a provedores nun prazo de tempo máis breve cá maioría.

- E que vai facer Manuel Regos se volve saír elixido alcalde? - Continuar con este proxecto de goberno. Seguir facendo de Ordes a mellor cabeceira de

comarca e cunha calidade de vida como se merecen os seus veciños e veciñas. Seguirémonos esforzando para ofrecer aínda máis axuda dende os servizos sociais. Imos tentar

traer máis traballo e emprego ao noso municipio, e axudar ás persoas que están no paro. Neste punto déase conta de que actualmente no municipio contamos con varios centros

homologados nos que se imparten un total de once titulacións. De feito en breve comezará a funcionar o Centro de emprendemento que se está a preparar no edificio do antigo

centro comarcal. Seguiremos mantendo un contacto directo e continuo cos colexios e achegando recursos para que a educación e a preparación dos nosos nenos, nenas, mozos

e mozas sexa a mellor. As vías de comunicación seguirán sendo unha prioridade para nós, porque sabemos que é un dos eixes fundamentais para o crecemento de Ordes e o seu

contacto con outras zonas e puntos de interese.

- Unha vez máis cita os servizos sociais. Está claro que son moi importantes para vostede - Efectivamente, así é. A crise afecta a todos e todas,

incluíndo a Ordes, aínda que por sorte as cifras do paro están por debaixo das medias galega e nacional. É un orgullo para nós poder dicir que en Ordes non houbo ningún

desafiuzamento que nós saibamos. Sempre axudamos a superar situacións difíciles. E neste labor tan importante tamén nos axudaron empresas privadas, con moitas das cales

temos asinado convenios de colaboración.

- Que proxectos máis inmediatos quere vostede converter en realidade? - O PXOM, que non puidemos aprobar por mor de ter que adaptarnos en

varias ocasións a unha normativa que non dependía de nós, e tamén pola pouca cooperación por parte dalgún partido da oposición. Ocórreme o mesmo coa construción da

estrada de Mercurín, xa que o goberno central e a Xunta de Galicia non o levaron adiante a pesar de ter un proxecto aprobado en base ao programa Míner. Tamén teño que citar

a construción do cuartel da Guarda Civil, coa que se comprometera o goberno da nación e da que se desdixo. No eido sanitario non me saco da cabeza conseguir unha sala de

raios para o noso centro médico. Estes son algúns dos proxectos que quero que sexan unha realidade o antes posible para Ordes.

12 educación

Fátima García Doval

“Supoñamos que temos un carro

cargado con sacos de patacas

no alto dun outeiro. Desexamos

trasladar este carro ao outeiro

contiguo tirado único e exclusivamente

por caracois.”

A este, en aparencia absurdo,

problema, enfrontámonos quen

subscriben estas liñas en texto

e ilustración, cando cursabamos

os nosos serios estudos universitarios.

Quen di que a USC non

é creativa?. Obviamente a intención

do noso profesor non era

explorar novas liñas de negocio;

substituír animais de tiro, como

cabalos e bois, polos abundantes

caracois que prosperan ao amor

do noso húmido clima galaico.

O obxectivo era mostrar como,

á hora de enfrontarse a un problema,

requírense múltiples enfoques

e coñecementos de áreas

moi dispares. E nada como o absurdo

para espertar neuronas.

No caso que nos ocupa, é obvio

que hai que resolver certos

“inconvenientes” que dificultan

o uso de gasterópodos no transporte

de mercadorías. Canto

pesa, aproximadamente, un carro

e cantos quilos de patacas é

capaz de cargar? Canta tracción

aguanta a cuncha dun caracol

antes de romper e matar o seu

inquilino? Que arnés podemos

montarlle á devandita cuncha?...

Pero, sobre todo, como narices

logramos que un exército de babantes

caracois se movan coordinadamente,

á vez e na mesma

dirección, de modo continuado,

para percorrer unha distancia

máis ou menos longa?

Necesitamos coñecementos

de enxeñaría mecánica e biomecánica,

resistencia de materiais,

zooloxía, etología, enxeñaría de

camiños, transporte de mercadorías

especiais e un longo etcétera

que, á súa vez, necesita da física,

as matemáticas, a bioloxía ou a

química...

Este feito, a necesidade dun

enfoque transdisciplinar, está

moi presente na mente de todo

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y

lenguaje; licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía

e investigadora en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de

educación especial en Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Divide et impera... ou non

profesional cuxo quefacer diario

se centra en resolver problemas.

Con todo, a tradición educativa

do século XX acomodouse

nun enfoque que parte e reparte

o coñecemento xeral e básico en

pequenos feudos académicos.

Neles os diferentes colectivos de

profesores afanámonos en arrimar

o ascua á nosa particular

sardiña.

Coa escusa da maior preparación

dos profesores e, ao cabo,

dos seus pupilos, clonouse o esquema

universitario no bacharelato,

este á súa vez na secundaria

obrigatoria e, finalmente, na educación

primaria. Sálvase, polo

momento, a educación infantil,

esa illa paradisiaca no medio do

deserto pedagóxico. Lanzámonos

a un vórtice asignaturizador,

capaz de converter case calquera

área de coñecemento ou destreza

humana nunha materia

curricular.

Agora vén Finlandia, onde se

ve que o frío e as auroras boreais

amornan o raciocinio e as

entendedeiras, a dicir que “xa

abonda”. No horizonte de 2020

desexan ver erradicadas dos seus

currículos as materias, ese invento

que tivo sentido na universidade

do século XIX pero que

resulta inútil no mundo globalizado

do século XXI.

Talvez agora unha onda de

sensatez vida do norte nos invada

e volvamos a algo que funcionaba,

e que nunca abandonamos

do todo. A educación secundaria

de adultos, por exemplo, non ten

as porrocentas materias da ESO,

senón tres ámbitos de coñecemento

integrados. E o título que

se obtén é o mesmo. Igual ocorre

cos programas de diversificación

curricular ou a Formación Profesional

Básica. Onde as materias

fracasan os ámbitos de coñecemento

funcionan de marabilla.

Pero, a diferenza de Finlandia,

nós esperamos a que o alumnado

fracase para darlle acceso

ao sistema que funciona. Como

un sistema sanitario que podendo

desenvolver a hixiene e as

vacinas, afanásese unicamente

en desenvolver antibióticos e

paliativos.

En educación parece imporse

a máxima latina “divide e vencerás”.

Esquécesenos que o coñecemento

non é o noso inimigo.

Ou non debería.

En lugar de fraccionar deberiamos

integrar para ser eficaces

e efectivos. Porque a realidade

non se divide en materias.

Ilustración: Jorge del Oro

A USC amplía a súa oferta

de estudos de grao con oito

dobres títulos

A universidade ampliará a

súa oferta de estudos de grao o

vindeiro curso con oito dobres

titulacións, segundo acordou o

Consello de Goberno da institución.Trátase,

en Santiago, dos

graos en Dereito e Relacións

Laborais, Xornalismo e Comunicación

Audiovisual, Enxeñaría

en Informática e Matemáticas,

Matemáticas e Física, Física e

Química e Química e Bioloxía.

En Lugo ofértanse Enxeñaría

Civil e Enxeñaría Xeomática e

Topografía e Enxeñaría Agrícola

e Agroalimentaria e Enxeñaría

Forestal e do Medio Natural.

Nace a Asociación de amigos

do Museo de Historia

Natural

Durante todo o mes de abril

permanecerá aberto o prazo para

facerse socio da Asociación de

Amigos do Museo de Historia

Natural da USC, asociación sen

ánimo de lucro que ten como

obxectivo a promoción do Museo

e a colaboración en actividades

científicas, culturais,educativas e

recreativas.

Diferentes persoas pertencentes

á USC, empresas privadas,

ensino medio e CSIC levan un

tempo traballando de forma voluntaria

para elaborar os estatutos

da asociación e poñela en

marcha. Nunha destas xuntanzas

decidiron dedicar os meses

de marzo e abril á captación de

socios (pode solicitarse no enderezo

museohn@usc.es) que, logo

de pagar unha cota anual de 20

euros, poderán asistir en xuño

á asemblea xeral constituínte

en calidade de socios e socias

fundadores.

A USC coordina un proxecto

de optimización enerxética

das augas residuais en Europa

O proxecto Enerwater celebrou

na Escola Técnica Superior

de Enxeñaría de Santiago

(ETSE) a xuntanza que marca o

seu lanzamento como primeira

acción do programa Horizonte

2020 que coordina a USC. As

siglas Enerwater son un acrónimo

que define a finalidade de

proxecto, ‘Método estándar e

unha ferramenta en liña para a

avaliación e mellora da eficiencia

enerxética das plantas de

tratamento de augas residuais’.

Lindeiros

Novas da USC

O reitor Juan Viaño presidiu esta

primeira sesión de traballo nunha

xornada na que o acompañou

a coordinadora do proxecto e integrante

do grupo de Enxeñaría

Ambiental e Bioprocesos Almudena

Hospido.

ENERWATER é unha actividade

proxectada para os vindeiros

tres anos que involucra

nove socios, entre universidades

e empresas, pertencentes a

Alemania, Italia, Reino Unido e

España. Na actualidade, os estudos

realizados apuntan a que as

plantas de tratamento de augas

residuais representan máis do

1% do consumo de electricidade

en Europa, unha das maiores

porcentaxes de uso de enerxía

entre as industrias públicas.

Estas cifras sinalan o punto de

partida do proxecto que coordina

a USC, que buscará definir

ferramentas de medición que

cuantifiquen o consumo enerxético

destas plantas e elaborar

normas para comparar e, finalmente,

optimizar o seu funcionamento.

Dada a antigüidade de

boa parte das plantas europeas

dedicadas ao tratamento de augas

residuais, os integrantes

do proxecto prevén unha importante

redución do consumo

enerxético.

Dúas medallas na fase nacional

da Olimpíada Matemática

Española

O equipo galego que participou

na fase nacional da LI Olimpíada

Matemática Española

acadou dúas medallas na competición

celebrada recentemente

en Badaxoz. Gonzalo Cao Labora

acadou unha medalla de ouro

e Miguel Cidrás Senra outra de

bronce.

Deste xeito, Gonzalo Cao formará

parte do equipo olímpico

que representará a España na Internacional

Mathematical Olympiad

que o vindeiro mes de xullo

se vai celebrar en Chian Mai

(Tailandia). Na competición correspondente

á fase nacional, os

integrantes do equipo galego estiveron

acompañados polo profesor

da Facultade de Matemáticas

Felipe Gago e por Covadonga

Rodríguez-Moldes, profesora de

matemáticas no instituto de Ensino

Secundario de Mugardos e

colaboradora do comité organizador

compostelán.

Fontes: USC, Lindeiros

abril 2015 empresa 13

Eugal Imp, 25 anos ó servizo da

industria hosteleira e alimentaria

Cando entramos nun local

de hostalaría ou alimentación

non adoitamos fixarnos en todo

o que fai posible que o servizo

sexa o que desexamos, a

boa vontade ou o empeño non

son nada sen as ferramentas

axeitadas e a iso dedícase Eugal

Imp dende hai 25 anos.

Eugal Imp naceu como unha

necesidade do mercado; nunha

época na que particulares

vendían coitelos, pequenas

empresas traían maquinaríaa

e outras os envases a idea de

reunir todo nun só lugar era

algo de sentido común; Eugal

Imp comezou a incorporar referencias

e esa variedade de

produtos que a que a converteu

nun dos negocios punteiros do

sector. Ao longo destes 25 anos

a empresa adaptouse non só ás

esixencias do mercado, tamén

á normativa, que pouco a pouco

se volveu máis esixente, e

a medida que os seus clientes

reclamaban produtos validados

pola administración Eugal

Imp foinos incorporando ao

catalogo ou cambiando por

modelos máis modernos aqueles

que quedaban obsoletos.

A experiencia de acudir a unha

carnizaría, un restaurante ou

unha cafetaría está sempre rodeada

de pequenos detalles que

a complementan; os panos da

mesa que usamos, a máquina

coa que nos cortan o xamón

ou o chourizo, esa bandexa na

que nos podemos levar as sobras

(aínda que sexa algo moito

máis habitual noutros países que

aquí), a caixa onde nos poñen a

pizza ou a caixa onde nos cobran,

a neveira onde gardan os

xeados ou a bolsa na que nolos

levamos; nos dous últimos

anos os locais incorpóranse á

moda das comidas para levar

e iso fixo crecer todos os envases

necesarios pero polo demais

o material e a usabilidade

cambiou pero os produtos que

se usan no sector son os mesmos

dende hai moito tempo.

Eugal Imp serve as súas referencias

nunha gran parte de Galicia

o que a converte nunha das primeiras

empresas do sector pero

é o trato que da os seus clientes

o que fai que se manteña no

tempo e polo que lle quedan

ainda moitos anos de traballo.

Fotos: Loli Fdez.

14 antonte

Lindeiros

Igrexa de San Frutuoso,

antiga Igrexa da Angustia de Abaixo

Se un se colóca na Praza do

Obradoiro de costas á Catedral

darase conta de que o edificio

do concello pecha a praza pola

esquerda pero non sucede así

pola dereita, se nos achegamos

ao pequeno miradoiro poderemos

contemplar desde o alto

a capela de San Frutuoso que

pode que fora a responsable de

que a casa consistorial tivese

uns metros menos.

No S. XVI no lugar do que

falamos había unha pequena

capela chamada da Bera Cruz

á que no XVII un enfermeiro,

Bartolomeu Barreiro, regalou

unha imaxe da Virxe da Angustia;

moito tempo despois,

en 1750, sen que se saiba porque

comeza a ser moi frecuentada

polos fieis que aseguraban a súa

capacidade de realizar milagres;

o aumento de esmolas foi tal

que se pensou en construír un

novo templo que é o que hoxe

gozamos.

A nova igrexa chamouse da

Angustia de Abaixo por contraposición

á de arriba ou da Quinta

Angustia que xa existía; aínda

que pola imaxe é tamén da sexta

Angustia xa que representa a recepción

do corpo de Xesús pola

súa nai, o sexto dolor de María

segundo a tradición católica. O

edificio encargouse a Lucas Ferro

Cavero que desde facía uns

anos sucedera a Fernando Casas

Novoa como mestre de obras da

Catedral; como moitos dos seus

traballos a igrexa está pensada

para ser vista desde un plano superior

pero uns anos despois comézase

a pensar a construción

do Palacio de Raxoi, hoxe concello,

e Ferro Cavero encárgase

do deseño da fachada; xa sexa

por isto, ou por unha disputa co

Hospital Real que consideraba

que o futuro edificio invadiría

os seus lindes, o feito é que hoxe

dispomos dun recuncho privilexiado

para contemplar as estatuas

das catro virtudes cardinais

(prudencia, temperanza, fortaleza

e xustiza); as pezas son obra

dos escultores Gregorio Fernández

e Francisco de Lens e é

habitual que a xente comente

o seu parecido coas catro sotas

sen saber que, a dicir dalgúns

expertos, os deseños da baralla

española inspiráronse nesas

catro virtudes. No interior chámanos

a atención unha cúpula

con forma de media laranxa que

lembra á de San Pedro de Roma

aínda que os expertos atopan

en todo o conxunto grandes

diferenzas.

O templo está situado xunto

ao antigo cemiterio de peregrinos

e nun dos seus laterais

podemos contemplar esculpida

unha caveira coa lenda “como

me ves vereite, como te vexo

vinme” unha dose de realismo

que pasa desapercibida aos visitantes

do labirinto que se asenta

sobre o vello camposanto.

En 1920 a Catedral decide sacar

fora do templo a capela de

San Frutuoso; como se busca a

proximidade e non se pensa en

construír unha igrexa específica

para o santo decídese ocupar a

da Angustia de Abaixo que desde

aquel momento pasa a cambiar

a súa denominación pola

que hoxe coñecemos.

Bibliografía: www.biografiasyvidas.com,

estudiosgallegos.

revistas.csic.es

Fotos: Loli Fdez.

abril 2015 e ti de quén ves sendo? 15

Sara Santos, presidenta da sección de hospedaxe

da Asociación de Hostalaría de Santiago e Comarca

A nova presidenta da sección

de hospedaxe de Hostalaría de

Santiago transmite nas súas palabras

a calma que este colectivo

necesita desde hai tempo, con

problemas internos e nunha situación

de crise que se prolonga

no tempo chegou un novo equipo

de persoas que buscan ordenar o

que hai para poder a continuación

crecer e mellorar; Sara insiste

desde o primeiro momento

que ela só é a parte visible dese

equipo e, dado que estaba na anterior

xunta executiva, serve de

ligazón entre ambas as directivas

“era a única señora que había

alí, era significativo porque me

atopaba ao principio un pouco

descolocada, chamábame a

atencióN o pouco entendemento

que había, o que se falaba e

o que se discutía; chegouse a

un punto que era insustentable,

fixéronse unhas eleccións

e un grupo de compañeiros

pediume que me presentase,

recoñezo que é un momento

moi difícil pero a pesar de todo

estamos contentos”.

En calquera cambio de directiva

é razoable pensar en pór en

orde as contas pero a palabra

“auditoría” sempre parece suxerir

desconfianza aínda que non

é este o caso “a proposta parte

xa da antiga directiva, era un

traballo pendente e de feito

cando o anterior presidente

deixou o cargo insistiu en que

non nos esquecésemos da auditoría;

xa está en marcha e

unha vez que coñezamos os resultados

comezaremos a tomar

decisións e a tentar levantar a

asociación”.

Un dos debates que sempre están

enriba da mesa é se a cidade,

e a comarca xa que a asociación

cobre a área metropolitana, ten

demasiados establecementos

pero desde a directiva iso non é

un problema “cada día hai máis

establecementos pero a competencia

sempre é boa, por suposto

que están os negocios de

toda a vida que cando chegan

os mozos e montan algo lles

parece todo unha aberración

pero iso é normal; non cremos

que sobre ninguén, todos temos

o noso oco; si se abre un

bar á beira doutro os clientes

van aos dous e non chegan na

práctica a ser competencia; en

hospedaxe estamos ademais

moi unidos, se eu estou chea (é

a propietaria do Hotel Rúa del

Villar) chamo ao seguinte ou

me chaman a min, e en canto

aos restaurantes vexo que se

levan ben, cada un ten a súa

carta e ofrece o seu produto...”.

Esta división entre hospedaxe

e restauración é unha das cousas

que se queren superar, a nova

directiva busca unificar todo

nunha soa dirección “a división

actual é algo que se decidiu

cando se creou a asociación

pero nós queremos que sexa só

unha, cando se cambien os estatutos

ese apartado modificarase

e haberá un só presidente

e unha soa asociación; iso evitará

moitos problemas, un só

presidente consigo mesmo non

vai discutir”.

A capacitación dos traballadores

do sector é un dos aspectos

nos que máis se esforzou a

asociación nos últimos anos,

mellores profesionais é algo que

demanda o mercado “como empresaria

que contrato xente

doume conta de que cada día

valoras máis a especialización,

os cursos, a formación que teñen

e os mozos están moi concienciados

niso”.

Estes días a asociación de

Hostalaría mantén distintas reunións

cos candidatos á alcaldía e

en todas coinciden na necesidade

de traballar en conxunto “o

traballo da asociación ten que

ir unido ao do concello, unha

cidade turística como esta non

se entende sen unha boa colaboración”,

en calquera caso

a asociación ten bastante claro

que é o que necesita da institución

“os socios demándannos

moitas cousas; as licenzas por

exemplo, pedimos que se active

o tempo, non é normal o que

se tarda para obras menores,

para tirar un simple cuarto de

baño, é ilóxico do todo; queremos

tamén máis iluminación

nocturna na zona vella; e outro

tema no que insistimos é o

que ten que ver co ruído, bótasenos

a culpa sempre de cousas

que non son a nosa responsabilidade,

a xente que pasa pola

rúa fai ruído e os que están

nos nosos locais saen porque

saen a fumar e non lles podes

dicir que fumen fora e que non

fagan ruído; para nós o principal

problema está na xente que

se despraza dun local a outro e

que monta moito batifondo na

rúa e esa é máis unha cuestión

da policía que dos hostaleiros”.

Outra das cuestións por liquidar

é o da música nos locais “é algo

que se ten que resolver porque

a música anima a cidade; non

é un tema novo pero parece

que agora hai que pedir permisos

para todo ou que todos

os permisos son novos; é algo

pendente pero como outras

cousas, o das licenzas, como

dixen antes, ou as terrazas, son

todos temas para os que os socios

nos piden que reclamemos

solucións “.

Pero o colectivo ten primeiro

que ser capaz de funcionar internamente

dunha forma eficaz,

cambiar a percepción que se ten

da hostalaría é un dos primeiros

obxectivos “sabemos que é moi

difícil porque a imaxe da asociación

está moi danada pero

no que todo o equipo está de

acordo é en informar os socios,

que saiban porque están

na asociación, que servizos lles

podemos dar, que axudas lles

podemos prestar e que vexan

movemento; non é normal

que paguen unha cota e que

non saiban nin sequera para

que a están pagando; doutra

banda con iso o que se busca é

unidade, á fin e ao cabo todos

buscamos o mesmo, que veña

máis xente a Santiago, mover

o turismo, sobre todo en época

baixa; están a facerse moi

poucas cousas, fanse cousas

por barrios pero non debe de

ser así, ten que ser en toda a

cidade”.

A asociación vive un momento

moi complicado no que debe

ordenar e inventariar a casa antes

de comezar a dar pasos; Sara

transmite unha ilusión que se

agradece ao falar dun sector tan

importante e de temas tan complexos;

quédanos a sensación

de que, se o mesmo entusiasmo

existe no resto da directiva,

poida que realmente o colectivo

atopase ás persoas necesarias

para afrontar os próximos anos

con garantía de éxito, algo que

beneficiará a todos os hostaleiros

pero moito máis a toda a área

metropolitana de Compostela.

Fotos: Loli Fdez.

16

Lindeiros

abril 2015 17

dentalmacia.com

981 521 090

18 pasou

O CSIC y Confemadera

conmemoran o Día da Árbore

Plantaron sete árbores nos terreos do IIAG

O Consello Superior de Investigacións

Científicas (CSIC),

a través do Instituto de Investigacións

Agrobiolóxicas de

Galicia (IIAG) e o Centro de

Supercomputación de Galicia

(CESGA, CSIC-XuGa), xunto

coa Confederación de Empresas

de Madeira de Galicia, celebrou

esta en Santiago de Compostela

un acto con motivo do Día Da

Árbore.

Con este motivos plantáronse

sete árbores nas parcelas

do Instituto de Investigacións

Agrobiolóxicas de Galicia en

Santiago de Compostela; un

Máis de 7.000 persoas co Lacón

A festa de Mesón do Vento superou as previsións

As dúas xornadas dedicadas

o lacón con Grelos recibiron a

7.500 persoas que degustaron

os 550 quilos de carne de porco

e os 850 de grelos; o 2015 converteuse

con estas cifras nunha

das edicións con máis participación

dos 17 anos que se leva

celebrando.

A Festa comezou xa o sábado

sete cun concurso de disfraces e

a apertura da mostra de gando

en maquinaria agrícola. Xa o

domingo os concursos de andadura

federada, as competicións

de trotadores ou as de arrastre

cabalar marcaron as actividades

paralelas; a música de Os

Viqueira desde primeira hora e

o bo tempo fixeron que pouco a

castiñeiro, un ciruelo e un carballo

doados polo IIAG- CSIC

e catro piñeiros cedido por

Confemadera.

O Instituto de Investigacións

Agrobiolóxicas, un do cinco

institutos do CSIC en Galicia,

realiza investigación científica

e técnica na área agro-forestal,

incluíndo a propagación e conservación

de especies leñosas

por medios biotecnolóxicos, así

como o estudo molecular dos

procesos de desenvolvemento;

neste contexto, o IIAG cedeu

para a súa plantación un exemplar

de castiñeiro procedente

pouco o Mesón do Vento enchérase

de xente chegada de toda a

bisbarra para disfrutar do protagonista

da xornada, o lacón con

grelos.

Ano a ano a festa da parroquia

dunha árbore de Lalín que levaba

en cultivo in vitro desde

1987; un exemplar de Claudia

Branca do país e outro de carballo

obtido mediante técnicas de

micropropagación dunha árbore

de máis de 400 anos, chamada

“Carballa dá Rocha” (Carballeira

de Saínza, en Rairiz de Veiga),

considerada Monumento

Natural e incluído no Catálogo

de Árbores Singulares da Xunta

de Galicia.

Fontes: CSIC, Lindeiros

ordense convertese nunha das

máis populares da comunidade

autónoma e os organizadores

preparan xa a do ano que ven.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros.

Lindeiros

Chévere mestura

nanotecnoloxía e teatro

O grupo residente en Teo volta

ao colexio para ensinar algo

de ciencia, e unha de esas actividades

pegadas a sociedade

pola que recibiron tamén o Premio

Nacional de Teatro 2014.

“Ala o fondo hai sitio abondo”

é unha peza pensada para escolares

na que o grupo Chevere

traballa con clásicos como o

Circo de pulgas, fenómenos de

feira, maxia, teatro de variedades

ou music-hall, unha sorte

de linguaxes do espectáculo

que logran a escenificación do

coñecemento científico. A peza

estreouse na Casa das Ciencias

Un momento da plantación das árbores. Foto: CSIC

Os colexios de Teo viron

“Ala o fondo hai sitio abondo”

da Coruña o 10 de novembro

de 2007 e foi presentada posteriormente

no MARCO de Vigo,

o CGAC de Santiago, o Museo

Provincial de Lugo e o Museo

Municipal de Ourense. Esta

obra foi un encargo da Dirección

Xeral de I+D+I da Consellería

de Innovación e Industria

da Xunta de Galicia para a Semana

da Ciencia 2007 e agora

Chevere a recuperou para os

colexios de Teo e para o seu amplo

catálogo de pezas coas que

traballar.

Fonte: concello de Teo, Lindeiros.

Os cociñeiros mostrando o seu traballo . Foto: concello de Ordes

Feira do gando o sábado.

Disfrutando do lacón . Foto: concello de Ordes

A Comisión de Festas da Peregrina co alcalde Santiago Amor. concello de Ames

abril 2015 pasou 19

Festa da Primavera no Mercado Labrego de Os Tilos

Gaiteiros,

monicreques e

artesanía

uníronse aos

participantes

O Mercado labrego de Teo

leva celebrándose desde o 2012,

na praza de Os Tilos cada sábado

un pode atopar produtores da

contorna que nos ofrecen ovos,

grelos, patacas, cebolas, mel,

queixos, plantas etc., produtos

ecolóxicos, sostibles e de horta

que se realiza coa colaboración

do concello de Teo e do Sindicato

Labrego Galego.

O mercado celebra o longo do

ano distintas festas como foi o

caso da que falamos, a Festa da

Primavera contou, ademais dos

produtores que están tódalas semanas,

con postos de artesanía,

a música de “os que somos” gaiteiros

de Cuntis, e incluso Títeres

Cachirulo que mostraron algúns

dos seus traballos.

O Mercado Labrego de Os Tilos

instálase os sábados de 10 a 2

así que si queredes bos produtos

e fomentar o comercio local pasar

por alí e o que tedes que facer.

Fontes: Mercado Labrego Os Tílos;

Lindeiros.

Imaxes da Festa da Primavera no mercado. Fotos: Loli Fdez

Éxito do Curso de cestería en Touro

Os 20 participantes queren que se repita

Uns vinte veciños participaron

no curso de cestería impartido

por Manuel Rilo e organizado

polo Concello de Touro.

Manuel Rilo é un veciño que

de xeito voluntario prestouse

para transmitir os seus coñecementos

deste oficio tradicional.

O curso tivo unha duración de

tres meses e os participantes fixeron

máis de corenta cestos e

cestas; para a actividade utilizaron

materiais como vimbios, salgueiros,

mimosas e médula.

Esta iniciativa comezou a súa

andaina o ano pasado dentro do

programa “Aprendem@s xuntos”,

os bos resultados fixeron

que xa lle pediran ao alcalde, Ignacio

Codesido, a continuidade

da actividade para o outono.

Se tes algo que

contar,

comunicar

denunciar

escríbe

contacto@

lindeiros.com

ou

chama ao tfno

634 747 956

Fontes: concello de Touro, Lindeiros.

Participantes en el curso de cestería . Foto: concello de Touro

20 pasou

Lindeiros

Día Mundial do Traballo Social

Celebrouse en Santiago con distintos actos

O Colexio Oficial de Traballo

Social de Galicia celebrou o

Día Mundial do Traballo Social

cunha serie de actos en Compostela

cos que quixo analizar a

realidade actual do Traballo Social

e a forma de facelo visible

nas rúas.

No Día Mundial do Traballo

Social conmemórase o compromiso,

a contribución e o labor

das persoas profesionais do Traballo

Social, como coñecedoras

de primeira man da realidade

social; este ano o lema elixido

foi “Promover a dignidade e o

valor das persoas”.

Para Marta Capeáns, máxima

representante do COTSG, “o

Traballo Social está máis vivo

que nunca, e é máis necesario

que nunca neste contexto económico

e social que estamos a

vivir con recortes nos dereitos

colectivos; o que deberiamos

facer todos os días do ano e

conmemorar o compromiso, a

contribución e a labor dos e das

profesionais do Traballo Social

como facemos no marco do Día

Mundial do Traballo Social”.

Fontes: COTSG, Lindeiros

Performance no Obradoiro con motivo do día do Traballo Social. Foto: COTSG

Olga Martínez recibe a

Medalla de Oro do Foro

Europa 2001

Recibiu a condecoración en Madrid o pasado

mes de marzo

O Foro Europa 2001 naceu

no ano 1996, dedícase a crear

encontros de intercambio e

divulgación de ideas entre dirixentes

da vida empresarial,

política e cultural.

Desde a súa fundación leva

organizado máis de 84 foros

nos que participaron 66 representacións

institucionais,

asistiron máis de 8.000 persoas

e sobre os que se fixeron

700 reportaxes para medios de

comunicación.

Estes premios otórganse

como recoñecemento a valía

profesional e xa o recibiron especialistas

de distintos ámbitos

como a cultura, a medicina, a

arquitectura ou a moda, como

no caso de Olga Martínez.

Olga leva afincada uns anos

en Teo aínda que antes traballou

moitos en Venezuela e os

seus modelos son habituais

das mellores pasarelas, galas e

presentacións.

Fontes: Lindeiros

Olga Martínez coa medalla. Foto:

Forum Europa2001

V Festival de Música de Cámara

en Brión coa Escola Magariños

200 veciños asistiron os concertos en distintos horarios

O auditorio do centro social

polivalente de Brión acolleu á

quinta edición do Festival de

Música de Cámara (FECAM

2015 o que asistiron máis de

200 veciños. Un total de noventa

alumnos e alumnas da Escola

de Música Magariños, tanto

do Plan Educativo Xeral como

dos niveis académicos II e III,

ofreceron un total de 37 pezas

de carácter camerístico durante

algo máis de hora e media.

Para facilitar que todas as

familias puideran ter acceso ás

actuacións dos seus pequenos,

organizouse o festival en dúas

partes e editouse un folleto informativo

co horario das actuacións;

deste xeito evitáronse

aglomeracións de anos anteriores

e todo o público puido estar

sentado nas cen butacas dispostas

e ir rotando co paso do

tempo. O V Festival de Música

de Cámara contou coa colaboración

do Concello de Brión,

da Deputación da Coruña e da

Consellería de Cultura, Educación

e Ordenación Universitaria

da Xunta de Galicia. A

Escola Municipal Magariños

é unha das máis activas da comarca

con distintos festivais

con gran éxito de público como

sucedeu en esta ocasión.

Fontes: concello de Brión, Lindeiros

Unha das actuacións do festival. Foto: concello de Brión

RESERVA TU ESPACIO

PUBLICITARIO:

publicidad@lindeiros .com

abril 2015 pasou 21

Mostra de fotografía “ De berros

e olladas” da man de Ames Novo

Estivo exposta na Casa da Cultura de Bertamiráns

De Berros e Olladas converteuse

nun éxito de público

e dase a circunstancia que esta

mostra inaugurou ademais a

sala de exposicións da Casa da

Cultura de Bertamiráns que ata

o momento non acollera ningunha

mostra.

Na presentación falou María

Jesús Boo candidata da lista de

Ames Novo no número 2, Isidro

Cea coordinador da exposición,

Ana Viqueira feminista e activista

e Marga Piñeiro, unha das

artistas, que fixo unha pequena

semblanza da mostra, .

De Berros e Olladas é unha

exposición que recolle distintos

estilos fotográficos cos que trata

de expresar de xeito visual a repulsa

contra a violencia de xénero.

Esta mostra está coordinada

por Isidro Cea e visitou xa distintos

pobos de Galicia, Isidro

recoñeceu no acto que tiña unha

espiña cravada ata o de agora xa

que vive en Ames e pese a levar

tempo intentando traer os traballos

o concello non fora posible.

A mostra estivo organizada

pola Iniciativa Cidadá Ames

Novo dentro das actividades

arredor do Día internacional das

mulleres, a formación pretende

de este xeito participar das actividades

do concello e non quedarse

so na crítica política.

Fontes: Ames Novo, Lindeiros

Chus Boo, nº 2 de Ames Novo presentando o acto. Foto:Loli Fdez.

Victorino Verea cede unha

copia do seu legado a Oroso

O histórico fotógrafo ten máis de 50 fotos e

500 negativos

Victorino Verea Naceu no ano

1927 na aldea de Cas, parroquia

de San Mamede dos Ánxeles,

concello de Oroso, lugar no que

vive na actualidade.

Polo ano 1951 un irmán, que

andaba embarcado, tróuxolle

dos Estados Unidos unha cámara

KODAK. coa que comezou

a súa afección e paixón pola

fotografía. Debido a que as cámaras

de fotos naqueles tempos

eran pouco habituais e que os

veciños precisaban retratar feitos

de relevancia das súas vidas,

polo ano 1958 Victorino fíxose

cunha cámara Zeiss Ikon para

acudir ás parroquias a cubrir

casamentos, bautizos ou comunións.

Pero tamén solucionaba

necesidades como Carnés de

familia numerosa, carnés de Escola,

fotografías para mandar a

familiares emigrados etc.

Victorino sempre foi autodidacta,

de ler e experimentar.

Conserva en perfecto estado as

tres cámaras coas que traballou

ao longo da súa vida; pola contra,

perdéronse tódolos negativos

da primeira época (en B/N)

debido a mudanzas de vivenda

xa que non se lle daba importancia,

salvándose unhas 50 fotografías

en B/N que conserva

e que son as que Manuel Pazos,

da asociacion Obradoiro de Historia

e autor de distintos libros

sobre a memoria do concello,se

encargará de dixitalizar co fin

de editar un catalogo.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros

Unha das imaxes da exposición. Foto: Loli Fdez.

Victorino Verea e Manuel Mirás, alcalde de Oroso. Foto: concello de Oroso

22 pasou

Lindeiros

Distintos actos conmemoraron o Día da Muller

Os concellos e entidades como o Csic e o colexio de arquitectos reivindicaron o seu papel

Como tódolos anos o papel da

muller na sociedade foi reivindicado

con actos en tódolos concellos.

Ames leu un manifesto

diante da casa do concello no

que lembraba o papel das administracións

na incorporación

da muller a tódolos ámbitos da

sociedade; Teo centrou a súa homenaxe

nas labregas reunindo a

unha serie delas o redor dunha

mesa para falar do traballo que

fixeron o longo da súa vida;

Oroso entregou os premios do

concurso de fotografía que cada

ano dedica a Muller Traballadora

e reuniu os escolares para

unha sesión na que se proxectaron

vídeos sobre o mesmo tema;

como dicimos cada concello

intentou render o seu particular

tributo o papel da muller pero

non foron os únicos xa que outras

entidades como o Colexio

de Arquitectos, a USC ou o Csic

tamén tiveron distintos actos.

A Universidade entregou un

premio ao proxecto Woman emprende

que cada ano persegue

que a porcentaxe de mulleres

emprendedoras sexa similar

o de universitarias; o Colexio

de Arquitectos pola súa banda

revindicou o papel da muller

baixo o lema “Somos Mulleres

Somos Arquitectas” e editou

un cartel coas imaxes de máis

de 50 profesionais; finalmente

o Csic editou o libro “Escritoras

na Galicia do século XIX” incluído

na colección “monografías”

e que recolle a biografía de

150 mulleres escritoras do XIX.

O libro vai máis aló do gran

triunvirato conformado por Rosalía

de Castro, Emilia Pardo

Bazán e Concepción Arenal;

deste xeito saen nomes como

a escritora auriense Filomena

Dato Muruais, autora de Defensa

d’as mulleres; a narradora

ferrolá Hipólita Muíño Lago,

máis coñecida a través do seu

pseudónimo: Valentina Lago

Valladares; a pedagoga coruñesa

Carmen López-Cortón Viqueira

, vinculada á innovación

educativa da Institución Libre

de Ensinanza; a poetisa lucense

Ramona de la Peña Salvador,

académica, masona e activa representante

das letras galegas

en Bos Aires; ou a compostelá

Julia Abaunza del Pino, exemplo

de escritora de condición

relixiosa; mulleres todas exemplo

das grandes esquecidas na

historia da literatura galega.

Unha xornada a do Día da

Muller que teremos que seguir

celebrando xa que a igualdade

esta aínda lonxe, estes actos teñen

que servir para que as novas

xeracións se conciencien en todos

estes temas e algún día non

sexa preciso reivindicar o papel

da muller porque todo o mundo

o recoñecerá.

Fontes: concellos, CSIC, Colexio de

Arquitectos, USC, Lindeiros

Os homenaxeados. Foto: Colexio de Enxeneiros

Expertos europeos falaron dos barrios en Compostela

A cidade foi elixida como caso de estudo, xunto con Frankfurt e Budapest

O Consorcio de Santiago participa

no proxecto europeo FA-

SUDIR (Friendly and Affordable

Sustainable Urban District Retrofitting;

http://fasudir.eu que se

pode traducir por reorganización

dos distritos urbáns para facelos

amigables, confortables e sustentables),

centrado en lograr a eficiencia

enerxética dos edificios

e barrios das cidades de Europa.

No marco desta iniciativa reuníronse

en Santiago os socios do

proxecto xa que a cidade compostelá

intervén neste programa

como caso de estudo.

A arquitecta da Oficina Técnica

do Consorcio que coordina

este proxecto é Idoia Camiruaga

quen explica que comezou en

setembro de 2013 e concluirá a

finais de agosto de 2016. Está

integrado por 11 socios de cinco

países diferentes: España,

Italia, Gran Bretaña, Hungría e

Alemaña; por parte de España

participan 3 socios un dos cales

é o Consorcio de Santiago. Cada

semestre ten lugar unha reunión

de coordinación xeral, de cara a

programar os sucesivos meses

de desenvolvemento do proxecto,

que en este caso tivo lugar na

cidade.

O obxectivo principal do programa

é crear unha ferramenta

web que facilite a toma de

decisións á hora de seleccionar

a estratexia de rehabilitación

enerxética máis axeitada a cada

contorno urbano. A finalidade é

mellorar a sostibilidade de todo

un barrio ou distrito urbano, a

través de intervencións tanto

nos edificios como nos espazos

públicos.

Fontes: Consorcio de Santiago,

Lindeiros.

Momento das reunións de traballo. Foto: Consorcio de Santiago

abril 2015 23

24 pasará

Lindeiros

Visita un museo

Museo de Historia Natural da USC

Dentro da compostelán finca

Vistalegre atopamos o novo

espazo do Museo de Historia

Natural da Universidade; un

espazo do que xa falamos no

pasado mes de decembro pero

que o longo de todo o mes de

abril abrirá o prazo para facerse

socio da Asociación de Amigos

do Museo de Historia Natural

da USC, asociación sen ánimo

de lucro que ten como obxectivo

a promoción do Museo e a colaboración

en actividades científicas,

culturais, educativas e

recreativas.

O Museo, que dirixe a profesora

de Bioloxía María Isabel

Fraga, abriu as súas portas

en outubro do pasado ano. Os

principais espazos das instalacións

agrúpanse arredor da

Biodiversidade Terrestre, na

prata baixa, e dos apartados

dedicados a Xeodiversidade e

Solo e Biodiversidade Mariña

na primeira planta. Así, dende

un espazo multimedia a exposición

permanente do MHN é un

singular percorrido polas fauna

e flora das augas continentais

e dos bosques galegos ou pola

xeodiversidade cunha detallada

colección de minerais, pedras

preciosas e semipreciosas, rochas,

fósiles ou meteoritos.

Inverno

De martes a sábado: 10.00-

14.00 e 16.30-20.00

Domingos e festivos:

11.00-14.00

Luns pechado

O Museo permanecerá pechado:

1, 5, 6 de xaneiro; 17 de

febreiro (pola tarde); 1 de maio;

24 de xuño; 25, 26 de xullo; 15,

16 de agosto; 1 de novembro;

24, 25, 31 de decembro de 2015

Verán

De martes a sábado: 11.00-

14.00 e 16.30-20.30

Domingos e festivos:

11.00-14.00

Luns pechado

O Museo permanecerá pechado:

1,5, 6 de xaneiro; 17 de

febreiro (pola tarde); 1 de maio;

24 de xuño; 25, 26 de xullo; 15,

16 de agosto; 1 de novembro;

24, 25, 31 de decembro de 2015

Danza en Compostela

Media ducia de espectáculos configuran a programación

O ciclo de Danza do concello

de Santiago continua este mes

con pezas para públicos ven

distintos. O día 11 os mais cativos,

a partir de 3 anos, teñen

no teatro Principal a compañía

coruñesa Entremans presentando

“Xoga” coa que aprenderan

como son, de que están feitos e

como funciona o seu corpo.

O día seguinte será a Zona C,

en Bonaval, a que reciba aos vigueses

de A Artística coa peza

“Verde a tiempo completo” , un

so de danza protagonizado por

Olga Cameselle.

O día 14, de novo no Principal,

a compañía Pisando Ovos

nos acerca un traballo que se

inventa cada vez que se pon en

escea, unha idea de Rut Balbís

co título “Que volvan as flores”.

Do 15 ao 19 de abril chega

‘Pangeia’, unha creación nada

como froito dunha coprodución

galego-portuguesa-brasileira

desenvolta por Limiar Danza e

Acaso Danza. A Pangeia é crise,

movemento, mudanza… e

poderemos véla no Salón Teatro

todos os días ás 20.30h agás o

domingo que será ás 18.00h.

En colaboración co programa

estatal de artes escénicas,

PLATEA, teremos dous espectáculos

de danza: ‘Flash!’

e ‘Episodios (Temporada 25)’.

‘Flash!’ dos vascos Dantzaz

Konpainia, estará o venres 17

de abril no Auditorio de Galicia

ás 20.30h. É o resultado da

colaboración de dous galardoados

coreógrafos de recoñecido

prestixio, o israelí Itzik Galili e

o polaco Jacek Przybylowick,

con esta compañía cuxo froito

é un tríptico de danza. Acrobacias

e poesía mestúranse

nunhas coreografías nas que a

música nace de percusións tribais

e de autores barrocos e clásicos

(Marais, Mozart, Vivaldi,

Haendel, Satie) e a iluminación

convértese en protagonista, recreando

espazos irreais.

‘Episodios (Temporada 25)’

é o resultado da convocatoria

por parte de Mónica Runde de

cinco experimentados e reputados

creadores. 10&10 Danza,

compañía de Runde, cumpre

25 anos cheos de producións e

galardóns, como o Premio Nacional

de Danza, e para celebralo

presenta estes Episodios, nos

que os coreógrafos idean unha

fantasía propia a través do corpo

da bailarina que se somerxe,

un tras outro, nos cinco universos

que compoñen a peza.

Será o 29 de abril ás 20.30h no

Principal.

Vitrinas del antiguo museo restauradas para el nuevo”. Foto:Loli Fdez.

Imaxen da actuación Pangeia. Foto: Hugo Fernandes Gerarte

abril 2015 pasará 25

“Constelaciones” e “Continuidad

en los parques” teatro para abril

As dúas pezas poderanse ver en Compostela no ciclo 2015

A programación teatral de

este mes situase no Auditorio

Abanca e o día 19 presenta

unha peza inspirada na idea

do multiverso, unha teoría que

defende que vivimos nun universo

pero que existen moitos

mais; “Constelaciones”, a peza

do británico Nick Payne, está

dirixida por Fernando Soto

e nos fala da relación entre o

apicultor Roland, interpretado

por Fran Calvo, e a física cuántica

Marianne, interpretada por

Inma Cuevas; as cousas que

poden pasar despois de que se

coñezan nunha barbacoa son

infinitas, tantas como universos

poden existir.

O 25 de abril por outra banda

poderemos disfrutar dunha serie

de pezas encadeadas baixo

o título “continuidad de los parques”

; un parque é de por si un

escenario e en el os encontros

casuais, as citas concertadas,

as conversacións nos levan por

unha comedia protagonizada

por Roberto Álvarez, Fele

Martínez, Gorka Otxoa e Luis

Zahera a baixo a dirección de

Perís Mecheta.

Protagonistas da obra Constelacións. Foto: concello de Santiago

Escea de Continuidad en los parques. Foto: concello de Santiago

Ultranoites e música de autor en Teo

Unha exposición de libros completa a programación

O mes de abril ten dúas citas

relevantes, a terceira Exposición

Libros de Aquí, na Mediateca

do Grilo, onde se expoñen libros

de autores e autoras nados ou

residentes en Teo e a segunda

edición do Certame Canción de

Autor que, o sábado 25 de abril

seleccionará o gañador de entre

as interpretacións que terán lugar

no Auditorio da Ramallosa.

Por outra banda Chevere converte

as ultranoites en Ultranoiteo

para rematar abril e comezar

maio, será os días 30, 1 e 2; o

grupo segue ademais levando

os espectáculo As fillas bravas a

asociacións do concello e pasará

este mes polo IES de Cacheiras.

Xa no mes de maio , dentro

das colaboracións de Chevere

con outros grupos do estado,

chegará o auditorio da Ramallosa

o actor Alberto San Juan co

espectáculo “Autorretrato de un

joven capitalista español”.

Os xubilados do Milladoiro

estrean símbolos

Este mes presentan a súa bandeira, pin e himno

JUPEMI, a Asociación de

jubilados y pensionistas del

Milladoiro, celebrará este mes

unha xornada moi especial na

que presentaran os seus símbolos

de identidade; desde fai meses

traballan en preparar unha

xornada na que darán a coñecer

a bandeira, o pin e o himno da

asociación.

O himno e unha peza musical

doada por Luisa Carneiro e Alejandro

Cores, os arranxos son

de Juan e V.P. Alacid e a letra de

Edita Cobas Mariño; os socios

o levan ensaiando un tempo de

cara o día da presentación. A

imaxe do pin, que se incluirá

tamén na bandeira, é unha concha

de peregrino co escudo do

concello e as lenda Jubilados y

pensionaistas del Milladoiro, no

centro unha reprodución do cruceiro

que se atopa xunto a capela

da Madalena e xunto a el a

silueta de dúas persoas maiores,

home e muller, collidas da man.

O Club conta na actualidade

con máis de 200 socios e realiza

actividades como informática,

ximnasia de mantemento

ou baile e abre tódolos días de

12 a dúas da tarde e de 6 a dez

da noite. JUPEMI prepara unha

xornada de presentación para

os novos símbolos aínda que a

data está por fixar no momento

de pechar a edición de este

xornal.

Local dos xubilados onde se colocará a bandeira. Foto: Manel Pardo

El Arca

26 pasará

Obradoiros o redor da figura

de Leopoldo Novóa

Ata xuño pódese ver unha exposición no Auditorio de

Galicia comisariada por Mercedes Rozas

Ata o mes de xuño de 2015

pode verse no Auditorio de Galicia

‘Leopoldo Nóvoa. Papeis e

cartóns’, que nos achega a unha

parte da extensa produción de

Leopoldo Nóvoa, un creador que

traballou e investigou en soportes

e técnicas diferentes. A liña

de traballo que propón a comisaria,

Mercedes Rozas, pasa por

traer á sala diferentes obras en

papel e cartón (probas de autor,

gravados, pochoirs, técnicas

mixtas sobre papel etc..) moitas

delas inéditas e reunidas para

a que é a primeira mostra, nun

equipamento público, desde o

óbito do artista.

Conxuntamente coa mostra

desenrólanse obradoiros con intencións

distintas segundo a idade;

os máis pequenos traballando

con teas, papeis, cartóns para

que eles poidan confeccionar as

súas propias obras e unha sopa

de letras e outras actividades recuperarán

ao final do percorrido

as ideas máis importantes da exposición;

no caso de alumnos de

ESO Traballarase o espírito crítico

confrontando a figuración co

informalismo, creando obras e

debatendo sobre o resultado.

A actividade poderá facerse

en horario de 10 a 14 h e de 16 a

20 h previa reserva no mail exposicions@auditoriodegalicia.

org ou no teléfono ou no teléfono

981 574152/3 en horario de 9:00

a 14:30 h.

Traballo no obradoiro e visita guía da exposición dos traballos de Leopoldo Novóa.

Foto:Auditorio de Galicia

Lindeiros

Irene Aranda gravará

“Tribus” no Teatro Principal

A pianista dará un concerto o 23 as nove da noite

A programación de primavera

de Ames céntrase na literatura

e no teatro, a data máis

importante será o 18 de abril

coa conmemoración do Día

do Libro na Praza do concello,

pero tamén terá música e deporte

o longo de todo o mes.

O 17 os cativos teñen unha

cita na Casa da Cultura de

Bertamiráns coa compañía

Abrapalabra Creacións e a

obra “Ra, ra, ra” e para que

ninguén a perda haberá dúas

sesións as 12.30 e 18.30.

O Día do Libro celebrarase

o sábado 18; na Praza do concello

instalaranse postos de

venda e intercambio e terán

lugar presentacións e obradoiros;

o grupo Os Quinquilláns

presentaran a peza “Por que é

Irene Aranda é unha pianista

andaluza considerada como

unha das mellores artistas do

jazz nacional; a dicir dos entendidos

unha das súas virtudes e

non querer chegar o virtuosismo

ou caer nos clichés de este

estilo musical buscando unha

linguaxe propia que se adapte

os seus gustos e o seu xeito de

tocar.

Os días 22 e 23 estará gravando

o seu novo disco, “Tribus”,

no Teatro Principal de Compostela

como fixeran non hai moito

Sumrrá; unha boa nova que sitúa

o emblemático teatro da cidade

como un dos espazos a ter

en conta no jazz nacional. Para a

gravación Irene formou o Irene

Aranda trío con Lucia Martínez

á batería e o galego Germán

Díaz coa súa zanfona.

O 23 as nove da noite poderemos

escoitar as novas propostas

de esta artista e comprobar o

seu particular xeito de entender

o jazz.

A pianista Irene Aranda. Foto: Irene Aranda.com

Literatura, teatro e deporte

na Primavera de Ames

O deporte terá o seu tempo dedicado ó

Karate e a Patinaxe

salgada a auga do mar?” cun

guión pensado para fomentar a

lectura; a xornada rematará co

musical de Magín Blanco “A

nena e o grilo”, tódolos actos

comezaran as cinco da tarde.

O deporte ten dúas citas importantes

este mes. O domingo

19 terá lugar o VI Encontro

de Patinaxe das escolas deportivas

municipais, de 11:00 a

14:00 horas e de 16:00 a 20:00

horas, no pavillón de Bertamiráns.

Nese mesmo escenario,

o sábado 25, celebrarase o VII

Trofeo de Kárate Concello de

Ames, nas modalidades de

kata e kumite. A partir das

16:30 horas.

Un mes cargado de actividades

para o concello do Val da

Maia.

abril 2015 deportes 27

Marcha Nórdica

como nadar en seco

La Fundación USC Deportiva

es una ente que viene funcionando

desde el año 2008 con

el amparo de la Universidad de

Santiago y que se encarga, entre

otros fines, de la gestión y organización

de actividades relacionadas

con el ocio y el tiempo

libre de tipo deportivo cultural y

social. El pasado mes de marzo

recupero una actividad que ya

había realizado 2 años atrás y

que ayudó a conocer un deporte

que ha crecido mucho en participación

en los últimos años, la

marcha nórdica.

La coordinación de la actividad

corrió a cargo de María

Cecilia, licenciada en ciencias

de la actividad física y del deporte,

máster en actividad física

y salud y especializada en esta

disciplina. Comenzamos por

preguntarle como nació esta

actividad “nació en los países

nórdicos en la época no invernal,

las personas que realizaban

esquí de fondo o marcha

nórdica pero en nieve, para

entrenarse y mantenerse en

forma bajaban a las ciudades

donde no había nieve y empezaron

a andar con los bastones

sobre todo por terrenos

más urbanos” ;

La actividad se diferencia del

simple caminar en el uso de

los bastones “utilizamos los

bastones como medio de propulsión,

con ello empezamos

a realizar un trabajo activo a

nivel muscular de todo lo que

es el tren superior, lo que son

los brazos, la espalda, el bastón

no es solo un apoyo si no

que nos ayuda a mover los

músculos del tren superior”;

un ejercicio para el que Galicia

resulta un lugar ideal según nos

comenta Cecilia “Galicia es un

lugar fantástico para esta actividad,

se puede desarrollar en

paseos urbanos, fluviales o marítimos,

pueden ser parques no

hace falta tener una gran montaña,

al contrario si el terreno

es sencillo se ejecuta mejor la

técnica y se moviliza mejor la

musculatura”.

La buena acogida de los participantes

posibilita que la actividad

se repita y es posible que en

poco tiempo veamos también en

nuestras rutas urbanas a mucha

gente practicándola, una buena

forma ahora que llega el buen

tiempo de ponerse en forma y

no quedarse parados.

Fotos: Loli Fdez.

28 deportes

Lindeiros

Vedra celebrou a II Gala do Deporte

O concello entregou un premio especial a Oscar Pereiro

Vedra homenaxeou ao seu deporte

nun acto que contou coa

presenza de todos os que dalgún

xeito teñen que ver con el no

O alcalde de Oroso, Manuel

Mirás, e o concelleiro de

Deportes, Luís Rey, asinaron

convenios de colaboración con

representantes de todas as entidades

deportivas do municipio

e dos distintos deportes que se

practican no municipio: fútbol

(ED Xuventude Oroso, Sigüeiro

FC e Oroso Fútbol Sala), tenis

de mesa (Oroso Tenis de Mesa

e Tenis de Mesa Espedregada),

ciclismo (Tambre Bike), béisbol

(Club Leones), Patinaxe

concello. O convidado de honra

foi Óscar Pereiro exemplo irrefutable

de compromiso para co

deporte e que se gañou o cariño

e simpatía de todas as persoas

presentes.

Os premios otorgados foron

os seguintes.

Mellor deportista de base

feminina: Carla Pérez Corral

(Club Olímpico de Vedra)

Mellor deportista de base

masculino:Víctor Bouzón García

(Club Olímpico de Vedra)

Mellor equipo de base feminino:

Equipo Benxamín do

CEIP Ortigueira

Mellor equipo de base masculino:

Equipo infantil Escola

Deportiva Val do Ulla

Mellor deportista promesa feminina:

Alba Gil Crespo (F.S.F.

Vedra)

Mellor deportista de promesa

masculino: Anxo Lema

Saavedra

Mellor equipo promesa masculino:

Equipo xuvenil da E.D.

Val do Ulla

Mellor deportista feminina:

Lorena Sanín Sánchez

Mellor deportista masculino:

Fontes: concello de Vedra, Lindeiros.

Oroso asinou convenios coas entidades deportivas

No concello conviven 12 clubs e asociacións

Rapaces de idades comprendidas

entre os 8 e os 15 anos,

participan este ano nas escolas

deportivas municipais de fútbol

sala de Frades. Os cativos veñen

de iniciar o campionato na

Liga Intermunicipal 2014-2015

na zona de Santiago e participan

nas categorías benxamín,

infantil e cadete. O alcalde de

Frades, Roberto Rey Martínez,

e o técnico de Deportes, Lino

Espiñeira, reuniron aos rapaces

no pavillón municipal de Ponte

(Club Patín Oroso), taekwon-do

(Taekwon-do ITF Oroso), golf

(Tambre Pitch & Putt), ximnasia

(Ximnasia Oroso) e baile (Club

Deportivo Alecrín).

Mirás destacou que o obxectivo

destes acordos “é rematar todos

xuntos na mesma dirección”

para continuar agrandando a

presenza do deporte na sociedade

de Oroso e a promoción que

supón para o municipio ter as

distintas entidades en múltiples

competicións. O alcalde mani-

Fontes: concello de Frades, Lindeiros.

festou tamén que “non estamos

á altura de todas as demandas

porque afortunadamente os

clubs van por diante de nós coa

práctica do deporte”. O rexedor

destacou que o orzamento que

o Concello destina aos deportes

medra pero é limitado, polo que

tamén advirte que “as empresas

deberían volcarse un pouco

máis coa cultura e o deporte”.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

Frades entrega equipamento aos rapaces de fútbol sala

Os 24 nenos participan na escola do municipio

Carreira para facerlles entrega

duns chándales co escudo e as

cores do Concello de Frades. O

rexidor desexoulles sorte nesta

próxima tempada e animounos

a repetir os éxitos de anos

anteriores, nos que o equipo

cadete das Escolas Deportivas

Municipais do Concello de Frades

proclamouse campión da

Liga Comarcal de fútbol sala.

Premiados na gala do deporte. Foto:concello de Vedra

Cristian Ingelmo Rodríguez

Premio especial á mellor contribución

ao deporte municipal:

Manuel Adolfo Silva Fernández

Premio especial á mellor iniciativa

deportiva organizada no

concello: A Carreira Popular de

Vedra

Premio especial á contribución

empresarial ao deporte

municipal:

Alquimao S.L. - Ramsa: rocas,

arcillas y minerales S.A. -

Grupo Ulla

Premio especial do xurado á

mellor traxectoria deportiva :

José Neira Torres (E.D. val do

Ulla)

Premio especial do xurado

“Lenda do Deporte Galego” :

Óscar Pereiro.

Grupo das entidades deportivas. Foto:concello de Oroso

Os rapaces de Frades co adestrador e o alcalde. Foto:concello de Frades

abril 2015 deportes

29

VI Partido benéfico de baloncesto

Celebrouse en Bertamiráns a favor da Fundación Andrea

O Concello de Ames e o XL

Milladoiro colaboraron un ano

máis na organización do VI

Partido Benéfico de Baloncesto

que se celebrou no pavillón

de Bertamiráns. A entrada foi

gratuíta pero os asistentes realizaron

donativos e colaboraron

comprando rifas. Os fondos

recadados destínanse á Fundación

Andrea, de apoio a nenos

con enfermidades de longa duración,

crónicas ou terminais. e que rematou con un intenso

seis tivo entretidos os asistentes

A Gala benéfica foi todo un partido entre os veteranos do

éxito e o público encheu o pavillón

de Bertamiráns para que acabou gañando o equipo

Obradoiro e do Real Madrid

disfrutar co XL Milladoiro, o Santiagués por 48 a 43; mais o

Obradoiro e o Real Madrid de mellor de todo foron os cartos

veteranos e tamén co CP Sarela

de patinaxe, Danza Ya, CPA Andrea

recadados para a Fundación

Omega e Basquet Ames.

Unha tarde noite que desde as Fontes: Lindeiros.

Damián Igrexas

campión de España

de loita libre

O veciño de Touro pertence o club de loita

do concello

Damián Igrexas Vilela e natural

da parroquia de Loxo e proclamouse

Campión de España

de Loita Libre Olímpica na categoría

de 97 quilos absoluta. A

nova promesa de 21 anos acaba

de dar o salto á categoría sénior

e pertence ao Club de Loita de

Touro. Adestra e prepárase no

Centro Galego de Tecnificación

Deportiva na cidade de Pontevedra,

onde tamén estuda.

Mostrase satisfeito xa que aínda

está adaptándose ó xeito de

competir da máxima categoría.

A vista está posta nos Xogos

Olímpicos de Río de Janeiro

aínda que iso dependerá dos resultados

que obteña a partir de

agora.

Damián Igrexas Vilela imparte

tódolos venres clases de loita

libre aos máis novos de Touro

para facer canteira e seguro que

con un mestre así a continuidade

está garantida.

Fontes: concello de Touro, Lindeiros.

Distintos momentos da gala benéfica. Fotos: Manel Pardo

Damián no mais alto do podio. Foto:concello de Touro

30

Lindeiros

COMER ANTIBIÓTICOS

Xosé Marcial Díaz Manso

É enxeñeiro agrónomo e gandeiro naceu con concello

de A Bola en Ourense e vive en Ames desde fai

20 anos.Traballou no sistema de

información territorial de Galicia (SITGA) e

actualmente o fai no Instituto de Estudos do

Territorio (IET) da Consellería de

Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas

O s antibióticos son substancias químicas producidas por diferentes especies de microorganismos

que evitan o crecemento doutros e que poden, algunhas veces, chegar a destruílos.

Na gandería intensiva a mestura de animais de diferentes procedencias en lugares reducidos favorece

a diseminación e a persistencia dos axentes infecciosos polo que estas sustancias son empregadas

para tratar de minimizar os danos produtivos ocasionados por estas prácticas. O seu uso pode ter

fins terapéuticos, sendo os pensos medicamentosos unha das vías máis usadas para administralos,

ou pódense empregar como promotores do crecemento animal favorecendo o control da flora bacteriana

no tubo dixestivo, facilitar o aproveitamento dos nutrintes e acadar un aumento do peso.

No sector gandeiro os antibióticos constitúen un dos axentes farmacolóxicos peor usados, sendo

administrados en moitas ocasións de forma irracional e en doses inadecuadas. O emprego indiscriminado

destes produtos pode acompañarse de complicacións tales como reaccións alérxicas, superinfeccións,

retrasos na identificación do axente infeccioso é a aparición de cepas resistentes creando

a necesidade de doses cada vez maiores. Investigacións realizadas nos últimos anos amosan unha

posible relación entre o consumo de antibióticos polos animais e a aparición de bacterias resistentes,

tanto nestes animais como nos consumidores de alimentos procedentes dos primeiros. Os residuos

dos antibióticos en xeral, son substancias farmacológicamente activas que permanecen nos produtos

alimenticios obtidos a partir de animais aos que se lles administrou o medicamento. A súa toxicidade

varía dende a inocuidade ata presentar consecuencias clínicas, hematolóxicas, bioquímicas,

anatomopatológicas ou, mesmo causar a morte. A desaparición destes residuos pode ser rápida non

deixando case restos nos tecidos comestibles, ou en cambio, poden orixinar residuos cuxa desaparición

é difícil, necesitando un longo período para a súa eliminación.

A expansión dos microorganismos e as resistencias que provocan os axentes antimicrobianos é un

problema global que está causando mortes e aumentando o gasto hospitalario, aínda sen cuantificar.

Cabe destacar a este respecto, que España encontrase entre os países con maior incidencia de bacterias

resistentes polo abuso que se ten feito dos antibióticos. Tras as crises rexistradas en Inglaterra

polo mal das vacas tolas e en Bélxica pola identificación de dioxinas en polos, a sanidade e a nutrición

animal están a ser puntos de control prioritarios dentro da Unión Europea.

Ademais do mantemento destes controis sanitarios, e co obxectivo de potenciar unha gandería

mais respectuosa co medio ambiente, o ben estar animal e a saúde humana, a nova política agraria

común (PAC) no período 2015 – 2020 inclúe o denominado pago verde do que poderán beneficiarse

aqueles agricultores que cumpran uns requisitos de diversificación de cultivos, de mantemento dunha

porcentaxe de superficie de interese ecolóxico e un compromiso

de cara o mantemento dos pastos.

Unha gandería extensiva e ecolóxica baseada en sistemas de pastoreo

estase a potenciar desde a Unión Europea co fin de facer un

mellor aproveitamento dos recursos pastables, fixar poboación no

territorio rural e garantir a seguridade alimentaria dos cidadáns que

estase a ver comprometida co uso indiscriminado de antibióticos

nos sistemas gandeiros mais intensivos.

MERCADILLOS

Ames

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingos 19 de abril y 3 de maio

(80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - Xoves

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santiago de Compostela

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

OUTROS MERCADOS

Santiago de Compostela

-Martes - Lusco e Fusco en Belvís

Teo

-Sábados - Mercado labrego en Os Tilos

abril 2015 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:25, 7:35, 8:55, 10:05, 10:15, 12:20, 14:55, 16:05,

18:20, 19:30, 21:50

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro: 981 535

940

Casa da Cultura Bertamiráns: 981 891

017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de Lestedo: 981 502

297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de Negreira: 981 885

736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. Sociocultural A Ramallosa: 981 805

700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502 024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

Sábados: 8:50, 10:05, 10:55, 10:55, 12:20, 14:55,

19:30, 21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:05, 12:20, 14:55, 19:25,

19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30, 15:20, 15:30,

18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00, 14:00, 16:00, 20:00,

20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30, 12:00, 18:00,

20:00, 20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 8:10, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 20:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:15,

14:00, 15:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00,

22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 14:30, 18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00,19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

HORARIO DE AUTOBUSES, inverno

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:30 (lectivo), 7:50, 8:30, 9:10, 10:00, 10:45,

13:15, 15:00, 16:45, 18:00, 19:00, 20:20 ( L -X lectivos).

*Por Cacheiras 20 minutos máis tarde.

Sábados: 8:30, 10:00, 15:00. 18:15.

Domingos e festivos: 9:00, 18:15

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 13:30 ( lectivo)

14:00, 15:15, 16:30, 18:15( lectivo), 19:00, 20:30,

21:30 ( L - X lectivos)

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40, 9:00, 10:35, 12:45, 16:05

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 12:00, 13:00, 15:30, 18:30, 20:45

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00, 16:05,

17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00, 18:00,

19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:40, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:40, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 06:45 a 20:45 cada hora.

*Bertamiráns 7:10, 8:05 cada hora hasta 21,05.

Sábados: 07:45, de 08:45 cada 2 h. ata 19:45

*Bertamiráns 8:05 ata 20:05 cada dúas horas e 21:45

Domingos e festivos: 08:45, de 09:45 ata 19:45 cada 2

h. e 21:45. *Bertamiráns 9:05 10:05 cada dúas horas

ata 20:05 e 21:45

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45, 8:45 ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45 , 10:45 ata 20:45 cada 2 h. e

22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45 ata 20:45 cada 2

h. e 22:30

Autocares Mosquera

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma ) - Santiago

L - V: 7:15, 7:40 ( lectivos) 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 14:30 (lectivos), 17:00, 18:30

( lectivos), 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 6:42, 15:17, 17:23, 20:32

Sábados: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 20:32

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:32, 21:52

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00, 20:00, 22:00 (venres

vísperas de puente)

Sábados: 10:00,14:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00,

21:00 ( fin de puente)

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 14,25, 17:25, 19:25,

21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:10, 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 08:25, 09:25, 10:45, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 09:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:30, 15:20,

17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15.

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:50

Sábados:8:35, 10:50, 14:50, 17:20, 18:35, 22:55

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:15, 14:00,

15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

Aucasa

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

Empresa Freire

Arzúa - Arca - Santiago

L - V: 7:30, 7:55, 8:10, 10:35, 12:05, 14:15, 14:55, 15:40,

18:05, 20:55. *por Arca 25 minutos despois, aprox.

Sábados: 8:10, 12:10, 10:30, 12:10, 15:45, 18:05

Domingos e festivos: 8:05, 12:05, 15:40, 18:05,

20:55 (Sábados non circula)

Santiago - Arca - Arzúa

L - V : 7:00, 9:15, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30,

20:00,21:00 ( Venres lectivos)

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30,

20:00 ( sábados non circula)

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32 memorias dos nosos maiores

Carmen

Castro

Veciña de Santiago

Lindeiros

As grandes vilas de Galicia

están feitas con xente coma

Carmen, persoas que migraron

do campo para traballar na cidade

na procura dun futuro mellor.

Naceu nunha pequena aldea

chamada Pedroso, na Escravitude;

foi a escola ata os doce

anos, sempre que as crecidas do

regato de Tarrío non illaran a aldea,

o que pasaba en non poucas

ocasións; eran dúas escolas nas

que se separaban nenos e nenas,

o mestre e a mestra, matrimonio,

ensinaban cada un ós seus.

Pero Carmen recoñece que foi o

empeño do seu pai en obrigalos

a estudar de noite, cando volvían

de levar as vacas ó monte,

o que máis lle ensinou. A vida

está chea de contradicións e

aquel home que se preocupaba

de que estudaran foi o mesmo

que, cando morreu a súa nai,

marchou da casa con outra muller

deixándoa soa con 14 anos e

con dous irmáns dos que coidar.

Traballaban as leiras e vendían

o que podían os domingos en

Padrón, ata onde camiñaban

cargados cos produtos; o leite

vendíase para comprar unha

carta de aceite, a metade dun

cuartillo, que tiña que chegar

para toda a semana; pero di con

seriedade que eles estaban ben,

que polo menos tiñan millo,

patacas... algo de comida e que

moita xente por aquel entón estaban

moito peor, que non tiñan

nin sequera pan e que se lles

vendía pan de ración que era o

peor que había.

Casou moi xoven, con 19

anos; cando os seus irmáns casaron

tamén e quedou sola co

seu marido, que non atopaba

traballo, decidiu dar o paso e

buscar algo na cidade. Unha

veciña da aldea traballaba no

Hotel Peregrino, por aquel entón

dos máis novos da cidade,

e buscoulle un posto na cociña.

Lembra con moito cariño

aquela etapa e os momentos

pasados cos compañeiros, moi

bos deberon ser porque cando

lle ofreceron cambiar de fregar

pratos a limpar habitacións non

quixo, estaba a gusto na cociña

e alí traballou ata a xubilación.

Non todo foron bos momentos,

viviu en primeira persoa unha

das folgas máis importantes da

hostalería compostelán; un mes

enteiro pararon case todos os

locais da cidade e cando rematou

5 compañeiros acabaron na

rúa, os que se salvaron dixeron

que nunca máis pasarían por

outra así.

Segue a ser unha muller moi

activa os seus 82 anos; camiñar,

cociñar para ela ou para

os fillos, coidar as plantas pero

sobre todo disfrutar dos netos

son as tarefas que ocupan o

día a día dunha loitadora, unha

muller que nunca deu un paso

atrás e que sigue a dalos sempre

adiante.

Santiago, 31 de marzo de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!