09.03.2015 Views

LINDEIROS 22 MARZO 2015

No Lindeiros de marzo dedicamos a portada o Pazo do Cotón, en Negreira, un lugar que conserva moito da fortaleza que foi. Entrevistamos a Laura Bugalho, primeira transexual galega e feminista e activista; nas páxina de deporte falamos do Club de taekwondo Wellness Sport que acaba de clasificar a un cadete para o campionato nacional; e repasamos ademáis o que foi o Entroido na bisbarra.

No Lindeiros de marzo dedicamos a portada o Pazo do Cotón, en Negreira, un lugar que conserva moito da fortaleza que foi. Entrevistamos a Laura Bugalho, primeira transexual galega e feminista e activista; nas páxina de deporte falamos do Club de taekwondo Wellness Sport que acaba de clasificar a un cadete para o campionato nacional; e repasamos ademáis o que foi o Entroido na bisbarra.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

Marzo 2015

N 22 MENSUAL

Pazo do Cotón

a sombra da fortaleza

Cara Maio

Qué pensa facer

polo seu concello:

Vedra e

Trazo p. 10 e 11

Novas

O concello de Padrón paga

facturas duplicadas (páx. 3)

Os pais do IES do Milladoiro

reclaman equipamento

para o centro (páx. 5)

Pasou:

A bisbarra

viviu o Entroido (páx. 18/19)

Homenaxe no Pazo do Faramello

as vítimas do Alvia (páx. 23)

Pasará:

O Festival Atlántica enche

Santiago de narracións (páx. 26)

Mesón do Vento celebra a festa

do Lacón con Grelos (páx. 25)

Deportes:

Club de Taekwondo Wellness

Sport (páx. 27)

Bronce no nacional do

Oroso Ténis de Mesa (páx. 29)

Coidando do produto e do cliente

2

Lindeiros

Editorial

Comunicarse

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Xosé Marcial Díaz Manso

Nunca é sinxelo escribir un editorial porque a fin de contas un fala en voz alta e asina os seus pensamentos

na praza pública, pero o é moito menos cando cada pouco tempo chegan noticias de concelleir@s que dimiten

por distintas razóns e de situacións que nunca deberían producirse.

Preséntome ás eleccións municipais na lista da Iniciativa Cidadá Ames Novo no número 11, pero o que escribo

fágoo a título particular e o tería escrito aínda que seguise vendo os touros desde a barreira.

O que sucedeu nos últimos días no concello de Ames lémbrame en parte ao veciño Santiago, listas electorais

que por distintas circunstancias caen como castelos de naipes en canto sopran refachos de vento e a presión

aumenta. Non é a primeira vez que digo que un dos problemas dos partidos é a maneira na que se confeccionan

as listas: calculando o nivel de popularidade, o grao de amizade dentro do aparello, e xa en último

lugar a capacidade de xestión; cando os primeiros postos comezan a racharse se o que hai debaixo é cada vez

menos consistente ao final o dique rompe e a auga asolaga todas as estancias.

As primarias desenvolvidas pola iniciativa Cidadá non son mellores pola xente que fomos elixidos, o son

porque se fixo en liberdade. Un candidato nunhas primarias preséntase sabendo que pode non ser elixido e

faino porque quere e non calculando onde pode chegar ou por facerlle un favor a alguén; unhas primarias

son tamén un salto sen rede porque pode presentarse calquera e un pódese atopar no medio dunha lista cun

candidato a alcalde co que non se coincide en todo e sen saber moi ben que facer; cando os resultados acompañan,

como foi este caso con 498 votos válidos, un séntese apoiado para ser candidato e o posto que ten é o

que a xente quere que teñas, un séntese lexitimado para traballar.

Estes días vexo movementos en todos os partidos para confeccionar as listas, e vexo xente nos primeiros postos

que, sen pasar por un proceso realmente aberto e transparente, de súpeto son os que teñen posibilidade

de ser concelleiras; é algo que me preocupa porque se non sei como chegou alguén a un sitio non podo estar

de todo seguro das súas intencións; parto da base que todos teñen boas intencións, en moitos casos o seu

traballo en movementos sociais está aí e débese valorar pero creo que de aquí ao mes de maio será fundamental,

ademais de que todos expliquemos que queremos para Ames, que a xente nos pregunte sobre quen

somos e que queremos e cóntenos que é o que eles queren; se fai catro anos se fixera isto a fondo os resultados

terían sido moi distintos e non se perderían ese catro anos como sucedeu.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

marzo 2015 novas da bisbarra 3

O concello de

Padrón paga

dúas veces

polo mesmo

servizo

O Partido Galeguista

desvela os feitos

relacionados co punto

limpo

A xestión do punto limpo de

Padrón está incluída na adxudicación

do servizo de recollida

e que supón unha cantidade

mensual de 18.700 euros. O

Partido Galeguista atopou

unha factura de 12.000 euros

aboada no mes de decembro en

concepto de xestión do punto

limpo polo que se estaría pagando

dúas veces polo mesmo

servizo.

O PGD denuncia o “saqueo”

das arcas do concello e reclama

a xestión directa ata que se

poda decidir si e mellor unha

xestión municipal ou unha

privada; a xestión transitoria

ata despois das eleccións municipais

permitiría coñecer os

datos reais do custo do servizo

que a día de hoxe consideran

desproporcionado. O Partido

Galeguista lembra tamén que

o goberno municipal tentou

contratar coa mesma empresa

un servizo de limpeza de contedores,

o PGD presentou 3

orzamentos e o solicitar o da

empresa proposta pola equipa

de goberno descubriuse que

triplicaba calquera dos presentados;

unha mostra mais da

mala xestión que se está a facer

dos servizos e dos cartos do

concello de Padrón.

Fontes: PGD, Lindeiros

O Foro Cívico de Compostela pide

mellores conexións

Considera insuficiente a ampliación da AP-9 tal como están deseñados

Manuel Taboada explicou

nun pleno extraordinario o

modo no que se cumprirá a

sentenza xudicial que obriga

apagar, segundo dixo, máis

de un millón de euros a tres

propietarios dos terreos do polígono

industrial. O informe

presentado na sesión e firmado

pola secretaria interventora

explica que existe un remanente

de tesourería para “gastos

generales” de 893.266 euros,

O Foro Cívico Empresarial

está formado polas principais

institucións da cidade (Cámara

de Comercio de Santiago,

Universidade de Santiago de

Compostela, Asociación de

Empresarios de Hostalería de

Santiago y Comarca etc.), e

queren propoñer novas conexións

que melloren o enlace

coa autovía de Lugo e coas entradas

os Polígonos.

O voceiro Carlos García

Cumplido explicou que o incremento

desta sección da

autoestrada AP-9 é unha obra

“necesaria e altamente demandada”,

aínda que indicou que

se esperaba un pouco máis

de proxección de futuro nun

proxecto que non se resolve

con esta intervención.

Despois da comprobación

do plano do proxecto e mesmo

das informacións públicas

polo Ministerio de Fomento,

o Foro Cívico Empresarial indicou

que “non se ve máis que

un acceso na zona da autovía

Santiago-Lugo e nos polígonos

industriais”. En concreto, os

membros do colectivo consideran

que o proxecto de Fomento

contempla só os movementos da

AP-9 coa autovía A-54 (Santiago-Lugo)

mediante un “carril

directo e a construción de vías

colectoras-distribuidoras”.

Para o Foro Cívico Empresarial

a solución ao problema é

facer unha conexión na A-54,

unha vía de rango inferior que

se atopa próxima ao inicio con

velocidades baixas. Pero a diferencia

da A-53, a A-54 transcorre

elevada sobre a AP-9 o que

suporá facer rotondas en altura

e elevarse sobre o tren, o que

constitúe unha alternativa máis

cara.

Outra opción que baralla o

Foro é construír unha dobre

rotonda, xa que ambas vías se

cruzan con curvas. “Aos dous

lados do cruce en altura existe

espazo para propor unha rotonda

ao norte, nun pequeno balei-

ro do polígono, e unha ao sur

que permita un bo enlace, solucionando

así os enlaces dos

vehículos que se incorporen

polo norte ou polo sur de ámbalas

dúas vías” sinalou García

Cumplido.

Fontes: Foro Cívico, Lindeiros.

Un momento da rolda de prensa. Foto: Foro Cívico

O Pino asegura que se pagará os veciños

O diñeiro sairá do remanente de tesourería e dun aval bancario

que nas dependencias está

depositado un aval de Fadesa

por importe de 921.905 euros

e que polo tanto “la hacienda

municipal no se encontraría en

riesgo a causa de las sentencias”.

O concello ten ademais

unha parcela depositada como

garantía de pago das expropiacións

dunha superficie de

93.210 m2 valorada en mais de

9 millóns de euros aínda que

esas cifras están moi por riba

do prezo do mercado.

Ademais de que o pago da

sentenza impedirá que o remanente

de tesourería empréguese

en melloras para o concello,

fontes consultadas por Lindeiros

amosan dubidas sobre que

sexa posible executar o aval;

este tipo de garantías soen

servir para executar obras de

urbanización coas que se compromete

a empresa e que non

se levan a cabo, iso garante

que aínda que unha obra non

se remate os compromisos co

entorno o as melloras pactadas

si poidan ser realizadas;

si se tratara de ese tipo de aval

esas mesmas fontes ven complicado

que se poidan usar os

cartos para pagar unhas expropiacións

xa que iso non estaría

reflectido no aval que posúe o

municipio.

Fontes: concello de O Pino, Lindeiros.

4 novas da bisbarra

Brión participa de novo no

programa “vacacións en paz”

Organízao Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí

O alcalde de Brión, Xosé Luís

García, asinou un ano máis un

convenio de colaboración coa

Asociación Solidariedade Galega

co Pobo Saharauí para apoiar

o programa “Vacacións en Paz

2015”. A iniciativa consistente en

sufragar os gastos derivados dos

billetes de avión de nenos e nenas

saharauís que visitarán Brión

durante os meses de xullo e agos-

Reclaman unha homenaxe para

a corporacíon de Ordes no 36

O Psoe quere que se restitúan nos seus cargos de xeito honorífico

A Agrupación Socialista de

Ordes presentou unha moción

na que instou a todos os grupos

municipais a restituír de xeito

honorífico nos seus cargos aos

membros da lexítima corporación

constituída o 7 de marzo de

1936 e destituída o 24 de xullo

do mesmo ano por mor do golpe

militar franquista. O voceiro

municipal socialista, Xesús

Pedreira, explica que “a actual

corporación ten unha débeda

histórica coa corporación lexítima

do ano 1936, sobre todo cando

xa teñen pasado corenta anos

dende que finalizou a ditadura e

aínda non se ten realizado ningún

acto de desagravio para con

aqueles concelleiros”.

Os socialistas queren que se

restitúan nos seus cargos aos

dezaoito integrantes da corporación

municipal de 1936 e que

o sábado 7 de marzo, coincidindo

co 79 aniversario da toma de

to, evitando así as temperaturas

extremas que se acadan durante

ese tempo nos campamentos de

refuxiados e facilitándolles alternativas

de ocio e tempo libre con

familias do municipio.

A sinatura deste convenio tamén

supón a designación da técnico

de Intervención Familiar de

Brión, Pilar Martínez Vaqueiro,

como encargada de desenvolver

o programa no municipio.

As familias de Brión que estean

interesadas en participar neste

programa só teñen que poñerse

en contacto co Departamento de

Servizos Sociais.

A participación no programa

suporá unha achega do Concello

de Brión de 2.670 euros.

Fontes: concello de Brión, Lindeiros

posesión da devandita corporación,

se celebre un acto conmemorativo

para proclamar esta

decisión. “Pensamos que nese

acto os protagonistas deberían

ser os familiares e descendentes

destes concelleiros, pois algúns

deles aínda conservan a memoria

viva daqueles momentos e

sería un xeito de que este legado

poida conservarse no tempo”.

Fontes: Psoe Ordes, Lindeiros.

Lindeiros

Reclaman a reparación das

camiños peonis de Padrón

O Bng pide tamén o arranxo da pista esquerda

do canal de derivación do Sar

Fai máis de 8 anos que os veciños

de Pedreda, parroquia de

Iria, piden a reapertura de dúas

sendas peonís pechadas por un

veciño. O fixeron con escritos

no rexistro do concello e falando

con distintas forzas políticas

pero ata o momento non atoparon

resposta as súas demandas.

Ademais dunha situación ilegal

o peche das sendas provoca

que os veciños teñan que dar

unha longa volta para poder

atravesar o lugar; bo exemplo

de que se trataban de sendas públicas

e a farola que o concello

colocou no seu día e que agora

ilumina unha finca pechada.

O BNG presentou, xunto coa

moción destinada a recuperación

das sendas peonís, outra na

que solicita a reparación da senda

que vai pola marxe esquerda

da canle de derivación do Sar;

en esta pista, segundo os nacionalistas,

os buratos se abren de

novo o pouco de arranxarse o

que podería deberse a un vicio

de construción polo que a responsabilidade

recaería na empresa

que realizou o traballo e

se lle podería reclamar. O BNG

solicita que ademais de reparala

se fagan os estudos oportunos

para coñecer as causas da repetición

dos buratos.

Fontes: BNG Padrón, Lindeiros.

Os veciños de Frades poderán realizar

trámites de tráfico no concello

O alcalde firmou un convenio coa Dirección General de Tráfico

Os veciños e veciñas de Frades

poderán realizar o cambio de domicilio

no Rexistro de Condutores

e no Rexistro de Vehículos da

Dirección Xeral de Tráfico nas

oficinas do Concello de Frades,

evitando así ter que desprazarse

ata a Santiago de Compostela.

Isto é posible grazas a un convenio

de colaboración subscrito entre

o alcalde de Frades, Roberto

Rey, e a xefa provincial de Tráfico

de A Coruña, María Victoria

Gómez Dobarro.

“Este acordo é moi positivo

para os nosos veciños, que xa

non terán que desprazarse entre

trinca ou corenta quilómetros

ata a oficina local de Tráfico de

Santiago para tramitar o cambio

de domicilio tanto no Rexistro de

Condutores como no Rexistro de

Vehículos da Dirección Xeral de

Tráfico. Bastará con que se acheguen

polo Concello”, explica Roberto

Rey.

Os veciños que precisen facer

este cambio só terán que presentar

a súa solicitude diante do

concello Frades, na que se identifican

como posuidor do vehículo

e presentar o seu DNI. O concello

enviará por correo electrónico

a solicitude á Oficina Local de

Tráfico de Santiago de Compostela,

que anotará nos rexistros

correspondentes os cambios de

domicilio. Ambos trámites son

gratuítos para o veciño.

Fontes: concello de Frades, Lindeiros

Momento da firma do comvenio. Foto: concello de Frades

Farola na finca pechada. Foto: BNG Padrón

RESERVA TU ESPACIO

PUBLICITARIO:

publicidad@lindeiros .com

marzo 2015 novas da bisbarra 5

Ordes, Oroso e Ames tamen se

suman ao PAI da Deputación

O plan de financiamento permite o pago dos préstamos a 10 anos sen xuros

Co fin dos prazos marcados

pola Deputación tres concellos

mais decidiron sumarse o PAI

como xeito de dispoñer de cartos

para realizar obras ou amortizar

débedas pendentes.

O concello de Ames disporá

de 390.665 euros. Desta

cantidade, o 24,25% -preto de

95.000 euros- destinarase a reducir

o endebedamento, que se

corresponde coa contía mínima

esixida nas bases. Co 75,75%

restante, é dicir, 295.928 euros,

executaranse varios proxectos

municipais, entre os que destacan

obras en Suevos, Reino,

Salgueiro, Pegariños, Castelo,

Estación Depuradora de Augas

Residuais (EDAR) de Paramuíño

e nas rúas Entrerríos,

Ameneiral e Pesqueiras de

Bertamiráns.

Oroso pola súa banda solicitará

230.298, 92 euros e investirá

un total de 184.469 euros

na mellora da rede viaria entre

os lugares de Valverde-O Curro

(Vilarromariz), Oroso de

Abaixo-Berdomás (A Gándara),

Pedralba-Cabana (Os Ánxeles)

e no lugar de Recouso (Marzoa).

Os restantes 45.829 euros destinaranse

a solventar un préstamo

que o Concello de Oroso mantén

con Abanca.

Para rematar o concello de

Ordes recibirá 343.000 euros;

os cartos destinaranse á renovación

do alumeado público

da rúa Rosalía de Castro cun

orzamento de 37.600 euros. Tamén

está prevista a reparación

da rúa Campeiras, que inclúe

no proxecto a mellora na rede

de saneamento, estrada e beirarrúas

con 48.000 euros para a

súa execución. Por outra banda

a cantidade destinada á amortización

de débeda municipal ascendería

a 257.600 euros.

O programa de prestamos

da Deputación ten dous anos

de carencia polo que os pagos

realízase a partir do ano 2017,

a partir de esa data a amortización

faise en dez anos e sen

xuros polo que moitos concellos

optaron por esta solución para

amortizar débedas bancarias co

conseguinte aforro.

Fontes: concellos de Ames, Ordes e

Oroso, Lindeiros.

Os pais do IES do

Milladoiro en Ames

queren solucións

inmediatas

Levan desde que se abriu o centro

reclamando que se dote de todo o

necesario

Os pais dos alumnos do IES

do Milladoiro deron unha rolda

de prensa para explicar que están

fartos e que de non ter una

resposta en forma de accións

concretas proporán os pais medidas

de presión.

A situación do centro foi denunciada

por tódolos sectores

e mesmo o Psoe levou unha

iniciativa o parlamento; desde

o claustro dirixíronse escritos

a Consellería e o delegado

territorial visitou o instituto e

recoñeceu as carencias pero os

problemas persiste. A rolda de

prensa asistiron profesores que

explicaron as condicións na que

traballan; os laboratorios non

contan con nada máis que dous

lavadoiros, son aulas de 100

m 2 baleiras e que non se poden

usar para o que foron deseñadas,

contan para 400 alumnos

con 5 mapas murais, os ordenadores

que se enviaron chegaron

para montar un aula de informática

pero a costa de deixar

sen esa ferramenta a outros

espazos como a sala de profesores

onde 40 docentes fan

cola para usar os dous PC dos

que dispoñen; os poucos cartos

dos que dispoñen os departamentos

decidiron usalos para

comprar canons e pantallas e

dese xeito dotar a 5 aulas de ese

servizo pero, como explicaron,

deixando os departamentos

sen cartos para nada mais; os

departamentos de linguas en

algún caso non teñen dicionarios,

as queixas van mais alá xa

que os pais explican que se esta

cometendo unha irregularidade

xa que polo tamaño do centro

corresponderían 3 traballadores

de limpeza e en realidade hai so

dous.

A ANPA anunciou que na

próxima reunión proporán os

pais levar adiante medidas de

presión se non se solucionan tódolos

problemas.

Fontes: ANPA IES Milladoiro, Lindeiros

Reclaman a declaración da ponte

de Pontevea como BIC

O BNG de Teo e o de A Estrada levaron a iniciativa o parlamento

Os grupos do BNG dos concellos

de A Estrada e Teo queren

que a ponte de Pontevea

sexa declara Ben de Interés

Cultural, con esa finalidade a

formación presentou no Parlamento

unha proposición o pasado

27 de febreiro. Os grupos

municipais levarán a diante nos

seus concellos unha moción

para reclamar o apoio das corporación

co mesmo fin.

A ponte de Pontevea está situada

entre os concellos de Teo,

na parroquia de Reis, lugar de

Pontevea, e A Estrada, na pa-

rroquia de Couso, lugar do mesmo

nome. Nos dous concellos

existe unha forte identificación

popular coa ponte de Pontevea,

figurando mesmo nos escudos.

Descoñécese con exactitude

a data de construción da

ponte; probabelmente sexa do

século XV modificando ou

substituíndo outra anterior, algunhas

teorías defenden que é

romana, aínda que non se coñecen

datos que o confirmen.

Con esta declaración de Ben Interese

Cultural, o BNG de Teo

e da Estrada busca “darlle unha

maior proxección á ponte de

Pontevea para poñelo en valor

como elemento turístico, cultural

e social, e para popularizar

entre a veciñanza o legado histórico

que supón este elemento

patrimonio e arquitectónico,

que non separa dous concellos

nin dúas provincias, senón que

é o elemento físico de unión

dunha zona con tradicións

culturais comúns, como é por

exemplo, o Xenerais da Ulla”.

Fontes: BNG A Estrada e Teo,

Lindeiros.

Os concellerios mostrando o Hastag # Ponteveabic. Foto: BNG

6 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

La luz es maravillosa y

ciertamente mágica. Sus

propiedades físicas son sorprendentes

y no han sido

fáciles de comprender. Habitualmente

pensamos en la luz

como aquella que vemos los

humanos, la luz visible, desde

los colores azules a los rojos

que observamos en el arcoíris.

Sin embargo, en Física la

luz es cualquiera de las ondas

electromagnéticas que nos

rodean. Así nuestra luz visible

está emparentada con las

ondas de radio, o los rayos X

que utilizamos para hacer las

radiografías. Lo que diferencia

las ondas de radio o los

rayos X de la luz visible es su

longitud de onda, es decir, la

distancia existente entre dos

máximos de la onda. Cuanto

más grande es esta, más pequeña

es su frecuencia, o lo

que es lo mismo, el número

de oscilaciones por cada segundo.

Así, una radio que

emita en la banda de frecuencia

modulada a 100MHz, o

100 000 000 oscilaciones por

segundo, tendrá una longitud

de onda de aproximadamente

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales,

en donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Con la voz de Occam

El año de la Luz

3 metros. En realidad, la luz

visible tiene una longitud de

onda que va desde los 400 a

los 800 nanómetros (es decir,

de 0.000 000 4 a 0.000 000 8

metros), mientras que las

longitudes de las ondas electromagnéticas

conocidas van

desde 0.000 000 000 000 001

a 100 000 000 metros. Por

tanto, la luz visible cubre una

parte muy pequeña del espectro

conocido.

La relación entre la longitud

de onda y la frecuencia de

oscilación es la velocidad de

la luz, cercana a los 300 000

kilómetros por segundo

(299 792 458 metros por segundo):

si multiplicamos su

frecuencia por su longitud de

onda, obtenemos su velocidad.

Que en el vacío es igual

para todas las frecuencias.

Esta velocidad es asombrosa

desde el punto de vista humano:

en un segundo, la luz

podría darle casi 8 vueltas a

la Tierra. Esta es además una

velocidad límite, ya que las

teorías físicas actuales limitan

la velocidad de cualquier

objeto o la transmisión de

cualquier información a esta:

nada puede propagarse en el

vacío a una velocidad superior

a la velocidad de la luz.

Pero ¿qué oscila? Aquí está

una de las propiedades mágicas

de la luz. Las olas en

un estanque mueven el agua

de arriba abajo. Es decir, se

propagan en un medio. No

existirían en el vacío. Por el

contrario, la luz sí se transmite

en el vacío. Esto es debido

a que la naturaleza de la luz

viene dada por los cambios

del campo eléctrico y campo

magnético. La variación del

campo eléctrico genera un

campo magnético y viceversa.

La luz es por tanto la oscilación

de estos dos campos de

forma conjunta, no necesitando

un medio para propagarse.

Pero además de comportarse

como una onda, la luz

también puede hacerlo como

una partícula, que llamamos

fotón. Puede por tanto chocar

con otras partículas, transfiriendo

parte o toda su energía

en la colisión. Fenómeno

que se utiliza por ejemplo en

las placas fotovoltaicas que

generan electricidad. O que

usan las plantas en el proceso

de fotosíntesis. Vemos

y comemos gracias a ella.

¿Qué se merece más un Año

Internacional?

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Etherpad

Considero Etherpad un dos

mellores inventos de Internet.

¿Coñécelo?

Etherpad foi presentado en

novembro de 2008 polos seus

pais David Greenspan, Aaron

Iba e J.D. Zamfirescu. Os dous

últimos, empregados de Google

que adicaban as suas horas

libres a por en marcha este

proxecto. E David, o terceiro do

grupo... Bueno, David Greenspan

é moito David. Un crack.

Unha das persoas que máis

admiro de Internet e da que

falarei en futuros Lindeiros.

Etherpad é un servizo web no

que podes practicar cómodamente

a escritura colaborativa:

varias personas escribindo na

mesma páxina ao mesmo tempo.

Cada autor escribe cunha

cor diferente (para recoñecer

quen escribe que) e é posible

devolver o texto a calquera estado

pasado (nada do que se escrebe

se perde). ¿E é práctico

eso? Ah, moitísimo. Eu utilízoo

sobre todo cando dou clases ou

talleres. O que fago antes de comezar

é facilitar aos asistentes

o enderezo web dunha páxina

Etherpad e deixo que eles tomen

alí todos os apuntes que queiran.

No canto de tomar cada un

notas individuais nun papel, todos

escriben na mesma folla ao

tempo. Se ves que alguén resumiu

ben unha cousa, estupendo.

Xa non o tes que escribir ti. Se

ves que ninguén tomou nota de

algo que ti consideras importante,

pois... #fainoTi. E se consideras

oportuno aportar algo

sobre o que outro xa escribiu,

edita e engade o que queiras.

O resultado de 20 persoas interesadas

tomando notas no mesmo

documento é o documento

de anotacións perfecto. Dou fe.

Etherpad ten unha curiosa

e trepidante historia: poucos

meses despois do nacemento

e Etherpad, Google lanzaba

Wave.

Pero resulta que Etherpad

facía algunhas cousas bastante

mellor que Wave, así que

Google reaccionou da seguinte

manereira (o que segue aconteceu

en apenas uns meses): Primeiro

comprou Etherpad, en

decembro de 2009. De seguido,

usou a tecnoloxía de Etherpad

para mellorar Wave. A continuación

liberou o código de

Etherpad (calquera pode por en

marcha un servidor de Etherpad.

É software libre e código aberto.

Podes descargalo en http://

etherpad.org). E finalmente, en

agosto de 2010 Google anunciou

que deixaba morrer Wave.

Das súas cinzas nacería, un

par de anos despois, Google+.

Google Docs aproveita a tecnoloxía

de Etherpad tamén.

Hai moitos servidores de Etherpad

en Internet. A min gústame

MoPad, o Etherpad aloxado nos

servidores de Mozilla, os creadores

de Firefox. Alí acabo de

abrir un Etherpad para Lindeiros.

Pasade a probalo. Poñede o

que queirades. http://etherpad.

mozilla.org/sRSScWxKnB

WindSeeker_at_Night_Light_Design_3

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.blogspot.com.es/

marzo 2015 novas da bisbarra 7

Piden unha reunión sobre

o estado da estrada

Negreira Pontenafonso

O Psoe lembra que os veciños levan tres

anos solicitándo os arranxos

O estado da estrada que une

Negreira con Pontenafonso e

unha reclamación feita polos

veciños o longo dos tres últimos

anos, a solicitude de reunión

co alcalde foron habituais

pero ata o momento non recibiron

resposta. O Psoe pide explicacións

de porque a estrada,

que depende da Deputación,

segue sen arranxar por falta de

cartos cando se saca adiante un

programa de prestamos como

o PAI, nunha nota de prensa os

socialistas din “ Queremos que

o Alcalde explique aos veciños

das parroquias afectadas como

se pode pasar tres anos largos

escusando a falta de actuacións

sobre a estrada, debido

á inexistencia de fondos económicos

na Deputación de A

Coruña, e que agora de súpeto

o ente provincial poña a disposición

dos concellos da provincia

a cantidade de 25 millóns

de euros a modo de préstamo e

cun único obxectivo e fin, que

non é outro que poder garantir

o maior número de concellos

e maila propia Deputación en

mans do Partido Popular.”.

O PAI é un programa de

prestamos sen xuros para os

concellos da provincia, algúnsos

usan para cancelar débedas

e oitros para a realización de

obras pero a maioría os municpios

foron incorporandose

pouco a pouco e foi pechado no

mes de febreiro.

O Psoe solicitou unha reunión

cos veciños coa presenza

de algún responsable da Deputación,

para os socialistas si

dos 25 millóns do PAI se destinara

un millón o arranxo da

estrada aínda quedarían cartos

suficientes para o programa de

financiamento polo que cren

que se lles ten que dar unha explicación

os veciños.

Fontes: Psoe Negreira, Lindeiros.

Comezaron as

obras na AP-9

en Oroso

O novo enlace mellorará

as conexións do

concello

O alcalde de Oroso, Manuel

Mirás Franqueira, considera

que “hoxe é un dos mellores

días á fronte da Alcaldía orosán

pois é a culminación de

máis de dez anos de xestións

a todos os niveis, con ata catro

ministros de Fomento de distintos

partidos políticos, pero

todo pagou a pena porque ao

final este luns comezarán xa as

obras do enlace sur da autoestrada”.

O alcalde asegura que

estes traballos “son unha verdadeira

necesidade para Oroso,

pois non só permitirán sacar

gran parte do tráfico pesado

do centro de Sigüeiro, senón

que tamén suporán unha alternativa

á N-550 e contribuirán a

reducir os atascos na ponte de

Sigüeiro”.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

Reábrese o debate sobre o

tráfico no Milladoiro

Ames Novo propón ata 3 actuacións

A visita do alcalde de Ames

Santiago Amor o ministerio

de Fomento en Madrid abriu

de novo o debate sobre os problemas

de tráfico na N-550 o

seu paso polo Milladoiro. A

reunión en Madrid non aportou

ningunha novidade xa que a

proposta pasa por desviar o tráfico

polo corredor das Galanas

e a autovía de Brión pero que

presenta o problema de que

moitos vehículos de gran tonelaxe

non xiran precisamente na

rotonda das Galanas.

A seguinte proposta partía de

Pacto X Ames que propón un

estudio de viabilidade dun túnel

a semellanza dos de Conxo

e Galuresa ainda que a situación,

unha estrada encaixada

entre edificios, e moi distinta.

O BNG propón pola súa banda

a gratuidade da autoestrada

AP-9 ata sobrepasar o Milladoiro

e aproveitar as obras de

ampliación da circunvalación

de Santiago para abrir un novo

ramal antes do núcleo amiense.

A última nota de prensa en

chegar foi a de Ames Novo

que solicitan tamén a gratuidade

da AP-9 pero non so

ata sobrepasar o Milladoiro

se non en todo o tramo ata

Padrón, engaden ademais

a demanda dunha saída no

polígono da Picaraña; a esta

primeira medida suman a

petición dunha circunvalación

por terreos do concello

de Teo e por último unha

saída directa do tráfico do

Polígono Novo Milladoiro a

autovía de Brión; esta última

medida depende tan so

da colaboración do concello

de Santiago xa que pasaría

en parte por terreos de ese

municipio. Ames Novo considera

que os problemas non

son unicamente de tráfico

pesado e buscan solucións

para diminuír o tráfico en

xeral da N.550.

Fonte: BNG Ames, Ames Novo,

concello de Ames, Pacto X Ames,

Lindeiros

8 novas da bisbarra

Porto Avieira terá un local social

Foi unha das peticións dos veciños da urbanización de Oroso

O Concello de Oroso vai

construír un local social na urbanización

de Porto Avieira

(Gándara) segundo anunciou o

alcalde de Oroso, Manuel Mirás,

aos veciños e veciñas participantes

nos “Encontros co

alcalde” que, precisamente, tiveron

que desprazarse ata o local

social de Gándara ao non existir

local na propia urbanización.

“Somos conscientes das necesidades

que hai na urbanización,

como facer un local social”,

indicou Manuel Mirás, quen

adiantou que “está previsto e estamos

buscando o financiamento,

polo que espero que nun par

de anos poida estar en marcha”.

O alcalde orosán aproveitou

a ocasión para explicarlles

aos veciños e veciñas a situación

da urbanización, logo da

súa recepción polo Concello

de Oroso que puxo fin a máis

dunha década de problemas

“a urbanización está recibida e

non hai ningunha inseguridade

xurídica”, indicou Mirás Fran-

queira, quen tamén lembrou que

o Concello xa fixo unha modificación

do PXOM para facilitar

o desenvolvemento desta zona.

Ademais, adiantoulles aos veciños

que o Concello vai poñer

en valor a zona da mina romada

das Grobias, unha vez recibido

o permiso de Patrimonio, e que

adaptará o talude existente para

que non revista perigo ningún.

Tras uns cinco minutos de exposición,

o alcalde abriu un tempo

de diálogo coa veciñanza no

que os veciños e veciñas de Porto

Avieira estiveron expoñendo

as súas peticións e resolvendo as

súas dúbidas durante algo máis

de hora e media. Máis do 75%

das peticións estaban relacionadas

coa seguridade viaria na

urbanización, ben por cuestións

de sinalización, velocidade ou

iluminación.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

Un momento do encontro cos veciños de Porto Avieira. Foto: concello de Oroso

A escola de Calo, en Teo, conta

con novo aparcamento

O concello o acondicionou unha zona no exterior do edificio

Frades vén de iniciar as obras

de construción dunha senda

peonil de 335 metros entre o

tanatorio de Moar e a Casa do

Concello. Uns traballos orzamentados

en 49.170 euros (máis

IVE) e que teñen un prazo de

execución de dous meses.

O alcalde, Roberto Rey, expli-

Lindeiros

Frades constrúe unha

nova senda peonil

O camiño mellorará a seguridade vial entre

o tanatorio e o concello

ca que se trata “dunhas sendas

peonís que mellorarán a seguridade

viaria dos veciños e veciñas

de Frades que teñan que

acceder á Casa do Concello ou

ao tanatorio”.

Fontes: concello de Frades, Lindeiros

O alcalde Roberto Rey visitando as obras. Foto: concello de Frades

Iníciase o proxecto de “turismo

industrial” da Deputación

Os primeiros obradoiros celebráronse en

Compostela

O Concello de Teo vén de

acondicionar unha zona para

aparcamento no exterior da escola

infantil municipal de Calo.

O centro está nunha finca municipal

na que as condicións

durante os meses de inverno

no eran as máis axeitadas; con

esta obra aténdese unha demanda

reiterada dos pais que

levan aos nenos ao centro infantil

para poder aparcar en

boas condicións.

A zona está no lateral do centro

e moi preto da entrada; foi

asfaltada con aglomerado en

quente e supuxo un investimento

económico con fondos propios

municipais de ó redor de

7.000 euros. Esta aparcamento

está moi preto do pavillón municipal,

do cemiterio de Calo

e do propio CEIP da Igrexa-

Calo, polo que se entende que

vai dar un servizo importante

a máis persoas cos usuarios da

escola infantil municipal.

Segundo os servizos técnicos

quedarán habilitadas algo

máis de vinte prazas de aparcamento.

Dende o Departamento

de Benestar, o edil Ignacio

Iglesias, destaca que “este investimento

vén a mellorar

notablemente o acceso ao centro”

e adianta que “nas próximas

semanas tamén se fará o

pintando exterior do edificio

educativo”.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

Zona habilitada para aparcamento en Calo. Foto. concello de Teo

O proxecto Provincia da Coruña,

destino de Turismo Industrial,

é froito dun convenio entre

a Deputación da Coruña e o

Ministerio de Industria, Enerxía

e Turismo a través da Escola de

Organización Industrial (EOI),

e conta co financiamento tamén

do Fondo Europeo de Desenvolvemento

Rexional (FEDER).

Tras unha primeira fase de

análise, captación de empresas

e estudo do territorio e os seus

recursos, arrinca unha segunda

etapa do proxecto na que se

desenvolverán unha serie de

obradoiros e xornadas sobre

innovación turística, co obxectivo

de asesorar ás empresas que

manifestaron o seu interese en

formar parte deste proxecto.

Os segmentos sobre os que

se está traballando e ao redor

dos cales virarán os distintos

produtos turísticos industriais

son: Camiños de Terra e Auga;

o Mar e os seus Oficios; Construíndo

o cotián; Reinventando

a alimentación; e Natureza e

Enerxía.

Con estes talleres e consultoras,

a Deputación busca trasladar

ás empresas a necesidade de

crear un produto de turismo industrial

competitivo e de calidade

e que contribúa a dinamizar

e aumentar a rendibilidade económica

e social da provincia da

Coruña a través da activación

dos recursos turísticos territoriais

do medio rural.

Ademais destes obradoiros,

xa se está traballando na creación

dunha plataforma web de

difusión turístico - industrial e

unha aplicación móbil na que se

mostrará o novo produto Turismo

Industrial na Provincia da

Coruña.

Fontes: Deputación da Coruña,

Lindeiros.

marzo 2015 novas da bisbarra 9

Piden a mellora

do servizo de

interprete de

lingua de signos

Para toda a comarca de Compostela

so hai un profesional a media xornada

O grupo municipal

do BNG de Santiago trasladou

ao Pleno de febreiro unha iniciativa

para que o Goberno local

busque unha solución, como cabeceira

de comarca e entre distintas

administracións, para que

as persoas xordas e xordocegas

de Compostela poidan dispor de

profesionais de interpretación

da lingua de signos e guía de

persoas xordocegas cando sexa

preciso o seu servizo para realizar

xestión básicas como ir ao

médico, ao banco ou ás administracións,

entre outras.

A Asociación de Persoas Xordas

de Santiago de Compostela

é unha entidade sen ánimo

de lucro fundada no ano 1977.

“Esta asociación atende persoas

xordas e xordocegas de toda a

comarca que loitan, día a día,

por conseguir a integración social,

a igualdade de condicións

e a eliminación de barreiras de

comunicación aínda existentes

para elas”, explicou Rubén Cela.

Na actualidade, por mor dos

recortes orzamentarios das axudas

públicas, só dispoñen dunha

persoa a media xornada para

toda a comarca de Compostela

que resulta insuficiente para garantir

este dereito á accesibilidade

e á igualdade, xa que moitos

dos servizos solicitados polas

persoas usuarias teñen que ser

anulados.

Esta asociación considera

necesaria a figura de profesionais

da interpretación da lingua

de signos e guía de persoas xordocegas

de xeito permanente

para contribuír a favorecer a

eliminación de barreiras. Actualmente,

teñen convenios cos

concellos de Santiago de Compostela

e de Teo, que tan só

lles permiten manter a media

xornada a contratación deste

servizo de intérprete de lingua

de signos.

Fontes: BNG Compostela, Lindeiros.

Solicitan explicacións

sobre a renda social

en Compostela

O Psoe critica a campaña publicitaria sobre

o pago do IBI

O voceiro do grupo municipal

socialista, Paco Reyes,

criticou que o alcalde, Agustín

Hernández, acompañado polo

concelleiro de Facenda, Ramón

Quiroga, presentase unha campaña

explicando o pagamento

en tres prazos do IBI para 2015;

unha campaña que cualificou

de “propagandística” cunha

“moi importante presenza nos

medios de comunicación” que

máis parece “un anuncio dunha

cadea de clínicas dentais”.

Segundo os socialista a campaña

esquece os criterios de

aplicación da renda social para

as familias con todos os seus

membros en paro e persoas

con pensións non contributivas,

para Paco Reyes “Non se falou

do pagamento, da poboación

obxectivo nin dos criterios para

aplicar esta partida de 600.000

euros” coa que contan os orzamentos

de 2015 e que se dirixe

ao sector máis empobrecido da

cidade; o concelleiro lembrou

que fora o PSdeG compostelán

quen introducira unha alegación

ás ordenanzas fiscais

para que esta partida figurase

nos orzamentos de este ano;

“Para o goberno só é prioritario

como lle vai cobrar os impostos

á xente”, criticou o voceiro

socialista, que solicitou a incorporación

inmediata dos criterios

ás bases de execución do

orzamento.

Fontes: Psoe Santiago, Lindeiros.

A Cámara de Comercio e

Abanca co emprendemento

Firmaron un convenio que financiará 3

estancias no viveiro de empresas

O presidente da Cámara, Jesús

Asorey, e o director Territorial

de ABANCA en Santiago,

Juan Carneiro, asinaron un convenio

de colaboración na sede

cameral polo que se comprometen

co desenvolvemento de

proxectos emprendedores.

Unha das primeiras iniciativas

será bolsar o 50 por cento da

estancia de tres emprendedores

durante un ano no viveiro de

empresas da Cámara de Comercio

de Santiago. Estes emprendedores

recibirán unha visión

global das distintas áreas funcionais

da empresa para poder

determinar oportunidades de

mercado e desenvolver un plan

de empresa, con axuda das ferramentas

de xestión necesarias

e o asesoramento dos técnicos

de creación de empresas da Cámara

de Comercio.

Ademais, ABANCA oferta a

través do convenio un prestamo

personalizado e en condicóns

vantaxosas para os emprendedores

do viviero de empresas

ubicado en Costa Vella, un

préstamo ou leasing de novos

investimentos, unha póliza de

crédito ou un préstamo para o

desenvolvemento formativo e

profesional.

Fonte:s: Cámara de Comercio,

Lindeiros.

O concello de

Santiago aproba a

cesión dunha parcela

para O bosque de

Galicia

Situada na ladeira do

Gaias ten unha extensión

de 2,2 hectáreas

O alcalde de Santiago,

Agustín Hernández, anunciou

a aprobación pola Xunta

de Goberno dun protocolo de

colaboración a subscribir coa

Fundación Cidade da Cultura

para a execución do Bosque de

Galicia, “que vai converter as

ladeiras do monte Gaiás nun

dos pulmóns verdes de maior

extensión do concello e nun espazo

de recreo e de lecer para a

cidadanía compostelá”.

“Mediante o protocolo,

o Concello pon a disposición

da Fundación unha

parcela situada na ladeira

noroeste do Gaiás para labores

de limpeza, roza e plantación

de especies autóctonas”,

O proxecto do Bosque de

Galicia, no que colaboran a

empresa pública de Servizos

Agrarios Galegos –SEAGA- e

as consellerías de Medio Rural,

de Cultura e de Medio Ambiente

da Xunta de Galicia,

é unha actuación que se desenvolve

nunha superficie de

23,45 hectáreas, nas ladeiras do

Gaiás que dan á cidade de Santiago

e a Viso (oeste e leste).

Neses terreos estanse plantando

distintas variedades de

árbores autóctonas (bidueiro,

carballo, castiñeiro, cerdeira,

freixo, pradairo, espiño, serbal,

loureiro, acivro, abeleira,

érbedo, teixo e faia). No

vieiro de acceso ao complexo

prevense árbores froiteiras.

A proposta inclúe rede para

a rega, o tratamento vexetal

das ladeiras e a creación

de sendas peonís.

Fontes: concello de Santiago,

Lindeiros.

Preguntoiro, 19 - SANTIAGO

Praza da Pescadería Vella, 3 - SANTIAGO

10 concellos

Lindeiros

Trazo Qué pensa facer polo seu concello?

O período 2011-2014, foi outra oportunidade perdida para o Concello de Trazo, pese a que o Alcalde, José Dafonte foi deputado provincial

non serviu para que o Concello progresara adecuadamente máis ben todo o contrario. O Sr. Dafonte nos últimos anos adicouse a cometer

irregularidades, tan so estivo pendente dos seus intereses e non lle importaron para nada os veciños e veciñas de Trazo: seguimos coas

mesmas infraestruturas ca fai 20 anos xa que a Estrada a Santiago é tercermundista, cara Ordes o mesmo e o resultado xa se ve, cada ano

que pasa, menos habitantes, menos orzamento, menos servizos, por iso a xente se marcha a vivir a Concellos limítrofes e en Trazo queda só

xente maior.

Agora ben, o que fai moi ben o Sr. Dafonte é agacharlle a documentación a oposición para que non nos enteremos de nada, por exemplo para tapar a adxudicación das

obras durante 20 anos a mesma empresa de forma irregular.

Cara Maio

NOVAS

Santiago

Compostela Aberta segue

a sumar forzas

A marea de unión Compostela

Aberta aprobou o seu código

ético en asamblea que será o que

teñan que firmar tódolos participantes

do momevemento. Este

mes tamén se incorporaron Esquerda

Unida e Podemos polo

que son cada vez máis as forzas

que aglutina esta marea; tanto

BNg como Compromiso X Galicia

tiveron conversacións con

Compostela Aberta pero finalmente

optaron por presentarse

en solitario as eleccións. Segue

tamén o debate sobre si Martiño

Noriega será o candidato xa que

moitos sectores opinan que sería

a única posibilidade de facer

fronte a Agustín Hernández.

Compromiso X Galicia

Presentou a Xosé Antón López

como candidato a alcaldía

Nun salón de actos do Hotel

Compostela cheo de xente Compromiso

X Galicia presentou o

seu candidato a alcaldía da cidade.

Xosé Antón López foi o primeiro

candidato en presentarse

e foi tamén o primeiro elixido

na cidade por medio dunhas

eleccións primarias abertas a

cidadanía. No acto puidéronse

ver moitos socialistas xa que en

ese partido militou moitos anos

o candidato. Xosé Antón López

falou de recuperar o liderazgo

da cidade e calificou estes catro

anos de frustrantes.

Frades

Ana María Rodriguez

será a candidata do Psoe

a alcaldía de Frades

A última semana de febreiro

os militantes da agrupación socialista

de Frades, elixiron por

unanimidade, a Ana María Rodríguez

Suárez como candidata a

alcaldía, e a Aurelio Garea, como

número dous da candidatura que

presentarán o PSdeG-PSOE para

as próximas eleccións municipais

do 24 de Maio. Ana María, de 36

anos de idade, xa fora como número

dous da lista nas eleccións

municipais do ano 2011, estará

acompañada do actual Secretario

Xeral da agrupación socialista,

Aurelio Garea, que tamén forma

parte da Executiva Provincial do

PSdeG-PSOE de Xulio Sancristán,

como secretario executivo.

Ana María, afirma que: Frades

precisa xa, un cambio cara unha

opción de progreso, para dar forza

as demandas dos veciños, con

igualdade no trato, con igualdade

de detritos. O PSdeG-PSOE

quere ser esa alternativa, e nestes

anos na oposición, demostrou

que o pode ser”

Boqueixón

Dito Neira foi o único

candidato nas primarias

celebradas por

Compromiso X Galicia

en Boqueixón e será o candidato

a alcaldía por esta formación

política.

Dito Neira, reside en Ponte

Ledesma, está casado e ten

dúas fillas. A nivel profesional,

é empresario autónomo dende

o ano 1984, propietario da

tenda Agricola Neira Varela e

copropietario da empresa Neira

Varela SL. A nivel político

e social, foi cabeza de lista do

galeguismo no Concello de

Boqueixón nos anos 87 e 91 e

foi Secretario e Presidente na

Asociación de veciños Ponte

Ledesma, Vicepresidente e

Presidente do Club de Fútbol

Boqueixón ou Vocal e Presidente

ANPA Colexio Publico

de Forte.

A candidatura aberta

“Veciños de Boqueixón”

Nace con polémica xa que un

dos principais integrantes é

o socialista Perfecto Barcala

que viuse obrigado a deixar o

partido para participar do novo

proxecto; a outra cabeza visible

e Xavier Canabal que durante

os últimos anos foi concelleiro

primeiro polo BNG e

agora en Anova; na práctica

esta unión supón a confluencia

de toda a oposición nunha soa

candidatura cidadá coa intención

de desbancar o PP, que

presenta o que fora primeiro

tenente de alcalde Ovidio Rodeiro

para o posto.

Ames

A Iniciativa Cidadá Ames

Novo

Completou un proceso de primarias

que está chamado a converterse

nunha referencia pola

súa transparencia e bo funcionamento.

15 precandidatos dos que

a xente tiña que escoller 9, con

eses votos se escolleron os 11 primeiros

postos da lista atendendo

a criterios territoriais e de xénero.

De forma electrónica votaron

310 persoas e cos votos en urna

chegouse os 496 votos emitidos o

que supón unha participación do

máis do 2% do censo de votantes

no 2011, todo un éxito de participación

para un proceso que se

realizaba por primeira vez. Nunha

pequena festa o domingo día

1 a comisión electoral presentou

os resultados e as posicións que

ocuparan os 15 precandidatos na

lista as municipais; nos 5 primeiros

postos estarán Pilar Candocia

como candidata a alcaldía, Chus

Boo, Xaime Subiela, Roberto

Amarelle e Quique Costas.

O Psoe de Ames

Aprobou en asemblea a lista

de 21 persoas que optaran a

ser concelleiros; segundo o

partido “ A prioridade foi involucrar

a persoas integradas

no tecido asociativo amesán,

conxuntamente con compañeiros

e compañeiras do Partido

que ao longo destes últimos

anos viñeron participando e

colaborando de maneira activa;

ademais de buscar a representación

de todos os lugares

do noso concello”. Os 5 primeiros

postos da lista son 1.

José Manuel Miñones conde 2.

Luísa Feijoo Montero 3. José

Blas García Piñeiro 4. Isabel

González Cancela 5. Carlos

Trías Sánchez.

Dimite a concelleira de Ames

María Eugenia Martín

A noticia producíase o pasado

1 de marzo e supón a terceira

remodelación do equipo de

goberno de Santiago Amor; o

alcalde asumirá as funcións de

Medio Ambiente, Sanidade, Cultura,

Deportes e Benestar Social

das que se encargaba a edil. As

razóns para esta marcha se circunscriben

o ámbito persoal pero

algunhas fontes apuntan o feito

de non ser incluída na lista as municipais

de maio polo Partido Popular

fixo que tomara a decisión

de marchar. O alcalde Santiago

Amor reorganizará nas próximas

semanas o seu equipo de goberno

e no momento de escribir esta

noticia non se coñece que será o

sustituto da concelleira.

OBITUARIO

Este pasado mes de febreiro

morría o edil de Pacto X

Ames Alfonso Rey despois

de loitar contra unha grave

enfermidade.

Profesor de galego militou no

partido Popular moitos anos

ata que en esta lexislatura

creou, xunto con Ramón

García e outros compañeiros,

Pacto x Ames o separase

do goberno municipal

de Santiago Amor por diferenzas

de criterio sobre o

traballo a facer.

Querido por todos os que

o coñecían independentemente

da súa cor política

era un apasionado da cultura

galega, a música, o teatro

e mesmo a poesía, campo

no que traballaba a miúdo

e que o levou a facer reclamacións

en pleno de xeito

moi literario en máis dunha

ocasión.

Os xornalistas o lembraremos

sempre pola súa

sinceridade e pola súa amabilidade,

dúas cousas das

que outros moitos teñen que

aprender.

marzo 2015 concellos 11

Vedra Qué pensa facer polo seu concello?

AGRUPACIÓN LOCAL DE VEDRA

“Se o primeiro ano é vital para definir as liñas estratéxicas do goberno municipal e para poñer en marcha os grandes proxectos da lexislatura,

o PP malgastou un tras outro os anos desta lexislatura.” Van alá catro anos e ningunha das súas ambiguas promesas electorais está a

día de hoxe nin sequera encamiñada: nin depuradora en Neira, nin remate da estrada Vedra- Santa Lucía, nin mantemento permanente das

vías municipais, nin desenvolvemento do Polígono Industrial da Gaiosa, nin extensión da rede de saneamento e abastecemento, por citar

algúns dos seus incumprimentos electorais.

“O máis con menos” que coreaban en campaña é hoxe o gran engano constatado, con subidas de taxas e impostos que disfrazan falando de “actualizacións”. Tiveron que

recuar en varias ocasión no discurso catastrofista sobre a situación económica do concello, ao quedar patente, así o tivo que recoñecer publicamente o grupo popular, que

o PSOE fixo a súa xestión con responsabilidade e bo criterio, o que contribuíu en gran medida ao aforro nas contas públicas nese período.

Hoxe Vedra ten unha situación económica folgada grazas ao crédito ICO e ao Plan de Pago a Provedores, pero iso non se está a traducir en melloras de servizos, nin en

maiores inversións ou na execución, tan sequera, dos proxectos que dende o anterior goberno lles deixamos postos en marcha e con financiamento comprometido, coa

salvidade dos desembolsos electorais de última hora que están a chegar dende a Deputación e a Xunta para salvar as apariencias.

Os gastos correntes e pequenas actuacións perentorias consumiron os plans DTC, PAI, POS, etc, unha xestión que dista moito dos grandes logros comprometidos en

campaña da man das “administracións amigas”. Pero a realidade é que estas “amigas” “conformaron a este goberno con palmadiñas no lombo”, o que fixo que durante

todo este tempo estiveran exprimindo a herdanza recibida, unha herdanza que criticaron moito e que aínda hoxe lles sirve para poder dicir que algo fixeron en catro anos.

A lexislatura do PP non é un éxito de xestión:

Pagar as compras que fan e pagar as débedas, como calquera familia, ou obter superávits municipais subindo todas as taxas dos servizos, non é

unha milagre de xestión, o mérito non é deles, é dos veciños. O seu éxito sae do noso lombo.

O polígono industrial, o PXOM, o déficit de transporte público, a depuración, a perda poboacional...., non importan no PP, e é que son moi simpáticos

e mediáticos, pero tamén incompetentes, e deixados.

No BNG, centrámonos nos problemas estruturais do concello, QUEREMOS FIXAR POBOACIÓN, así que traballamos entre veciñ@s, amig@s

e técnic@s colaboradores, aportando solucións realistas, e creativas.

Organizámonos en 5 grupos de traballo nos que pode participar calquera veciño que o desexe, (as datas de reunión, o material e os grupos, pódense consultar en www.

bngvedra.com), e si, o polígono é viable e sabemos como desatascalo, o PXOM pódese reformar, existen sistemas alternativos baratos e eficaces de depuración, sabemos

como axudar aos emprendedores e ás micro-empresas, podemos implantar sistemas eficaces de recollida do lixo, e sabemos como construír unha nova política cultural e

deportiva fora do clientelismo.

Esta é a nosa aposta, e nela estamos moit@s traballando.

Facer unha valoracion da acción do goberno desta lexislatura en apenas unas liñas non é doado, como tampouco o foron estes catro anos, quizais

os peores da crise. En primeiro lugar logramos, a través dunha boa e rigurosa xestión, a estabilidade e sostibilidade económica do concello

(eliminamos un déficit de máis de 500.000 euros, baixamos a deuda bancaria, reducimos o periodo de pago, reducimos gastos, etc). Garantizamos

a continuidade e sostibilidade de todolos servizos públicos (sociais, educativos, lixo, etc), esforzándonos por millorar os mesmos. Fomos quen de

desenvolver programas de formación e obradoiros de emprego, así como de, nesta difícil época, manter as axudas a eventos e entidades de todo

tipo. Gobernamos de forma transparente e demostramos o noso compromiso co medio ambente, coa nosa xuventude, cos nosos emprendedores,

cos nosos coles, cos nosos maiores, coa nosa cultura, co noso deporte, coa nosa terra, co turismo, etc.

A pesares de que as inversións son sempre as que se resinten nestas épocas difíciles, fomos quen de comprometer doutras administración fortes inversións e de seguir

arranxando carreteras e camiños, así como de seguir ca rede de saneamento e abastecemento (sendo ésta unha absoluta prioridade do presente e do futuro). Tamén fomos

quen de prolongar aceras e facer novas sendas peonis; de habilitar novos espazos deportivos, parques infantis e de ocio e de millorar os que xa existen; de arranxar edificios

públicos con deficiencias herdadas, etc, e, por suposto, de seguir facendo as pequenas obras demandadas polos veciños en todalas parroquias. Certamente houbo

cousas que nos quedaron no tinteiro, pero témonos marcado un camiño, cheo de ideas, proxectos e ilusións que nos gustaría continuar, para que con humildade, esforzo e

dedicación seguir a construir nos vindeiros 4 anos unha Vedra máis grande e millor.

12 educación

Fátima García Doval

Somos moitos os que crecemos

na firme crenza educativa

que sostén que a idade é

un factor limitante na aprendizaxe.

A neurociencia, que tanto

achegou en moitos aspectos

á nosa calidade de vida, xerou

non poucos mitos psico-educativos,

en xeral moi ao seu pesar.

Son crenzas estendidas na

poboación, sen base científica

real, que poboan os magazines,

os guións das películas e

unha infinidade de páxinas de

internet. E son de todos coñecidos:

só utilizamos un dez por

cento do noso cerebro, escoitar

a Mozart faiche máis listo (coñecido

como Efecto Mozart)

ou a maior cerebro maior intelixencia,

entre outros. A súa

gran fama non os converte en

verdades. O certo é que a natureza

aproveita ao máximo

toda a materia cerebral de que

dispón, escoitar a Mozart non

che fai máis listo que escoitar a

Rammstein (sempre que teñas

gusto por Rammstein, claro), e

a determinación da intelixencia

mediante o volume do cerebro

é unha idea recorrente que, de

ser certa, elevaría aos cachalotes

a construír o substituto do

Gran Colisionador de Hadróns.

Da maraña de pintorescas

especulacións pseudocientíficas

que aínda poboan o noso

imaxinario popular e, xa de

paso, as nosas escolas, irrítame

particularmente a idea da

plasticidade neuronal como

determinante da aprendizaxe.

Tamén chamada (na miña casa

á hora para comer) a “Teoría do

arroz”. Esta parvada pseudoneurolóxica

sostén que, se non

aprendes algo antes dunha determinada

idade tope, pásaseche

o arroz e logo é moi difícil,

cando non imposible, adquirir

o devandito coñecemento.

Pero en lugar da terminoloxía

arroceira, os investigadores

que traballan nesta liña, falan

de “períodos críticos”.

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y

lenguaje; licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía

e investigadora en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de

educación especial en Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

A idade de aprender

O termo plasticidade xorde

en 1890 da man do psicólogo

William James, no seu afán de

describir a natureza modificable

do comportamento humano.

O insigne Santiago Ramón

e Cajal postulou no seu día

respecto diso que estas modificacións

no comportamento debían

ter unha base anatómica.

Con todo á súa morte, a comunidade

científica decantouse

por unha visión ríxida do Sistema

Nervioso Central que

supuña unha anatomía inalterable

(salvo polos procesos

dexenerativos), unha vez terminado

o desenvolvemento.

Liu e Chambers enfrontáronse

a esta corrente de opinión,

demostrando, en 1958, que o

noso sistema nervioso mantén,

ao longo de toda a súa vida, a

capacidade de adaptación anatómica

e funcional.

O certo é que os “períodos

críticos” non existen, salvo

contadísimas excepcións, entre

as que podemos mencionar

a produción de fonemas dun

idioma a nivel nativo. É dicir, a

partir de certa idade de aprendizaxe

dun idioma estranxeiro,

vai ser máis fácil que nos pillen

como falantes non nativos por

moi ben que o aprendamos.

Que o podemos aprender, e

moi ben, a calquera idade.

Tamén se pode aprender a

nadar, a montar en patíns ou en

bicicleta, independentemente

do número de velas que cada

cal sopre na torta. Só fai falta

ter ganas e perder o medo tanto

ao trastazo como ao ridículo.

Ese medo que os máis pequenos

apenas desenvolveron, de

aí a súa facilidade para tentalo

e a súa perseveranza.

É máis, animo a todo o mundo

a facelo. A continuar aprendendo

a calquera idade. Con

con 100% ganas e 0% complexos.

Pense en algo que non

sabe facer, e que lle gustaría.

Esa espiña que todos temos.

Xa sexa aprender a falar ruso,

programar ou tocar o Theremin.

Aprenda a bailar (todo o

mundo pode), a pintar, a xogar

ao tenis… Pero sobre todo fágao

gozando, saboreando cada

chanzo que sobrepase. Ese é o

verdadeiro segredo, gozar os

meles de cada pequeno gran

logro. E a clave para un cerebro

novo e plástico.

Ilustración: Jorge del Oro

A segunda edición do programa

Argos premia dous

proxectos de investigación histórica

e de innovación tecnolóxica

en reputación en liña.

Argos é un programa de

creación de equipos de persoas

emprendedoras dispostas a

traballar en equipo para desenvolver

un proxecto de negocio

innovador que supoña unha

alternativa laboral real de cara

ao futuro. Os proxectos Nexos,

promovido por Balbina Gándara

Antelo e Jessica Méndez

Lema, e Nostracker, que promoven

Iván Dobarro Montaña

e María Cruz Negreira Ruíz,

foron os equipos gañadores nas

modalidade Argos Enxeño e

Argos Spin, respectivamente.

Cada premio supón unha achega

en metálico de 3.000 euros,

seis meses de acceso gratuíto a

espazos de incubación e asistencia

técnica durante o proceso de

constitución da empresa.

O reitor Juan Viaño presidiu a

entrega de premios aos equipos

de emprendedores resultantes

nun acto no Salón Reitoral do

Colexio de San Xerome

Ábrese de novo a convocatoria

dos Premios á Calidade

Lingüística

Os traballos académicos,

os Proxectos Fin de Carreira

(PFC), os Traballos Fin de

Grao (TFG) e os Traballos Fin

de Mestrado (TFM) redactados

en galego ao longo do presente

curso poderán optar á undécima

edición dos Premios á Calidade

Lingüística que organiza o

Servizo de Normalización Lingüística

da USC. Esta edición

dos premios abrangue todas as

titulacións da USC polo que á

convocatoria poderán presentarse

todo o estudantado de grao,

enxeñaría ou mestrado da USC,

sempre que o traballo estea elaborado

en galego e teña sido

cualificado, cando menos, de

aprobado. Están previstos cinco

premios á calidade, un por cada

grande área de coñecemento, en

cada unha das tres modalidades.

Os cinco mellores traballos

académicos recibirán un premio

metálico de 150 euros cada un,

mentres que os PFC e TFG optarán

a outros tantos premios de

300 euros cada un. Finalmente,

os TFM gañadores recibirán un

premio de 400 euros por cada

Lindeiros

Novas da USC

grande área de coñecemento.

En todos os casos, os gañadores

e gañadores recibirán ademais

un diploma acreditativo.

A Universidade participa

nun proxecto agroalimentario

europeo

Da produción agrícola e a fabricación

á venta ao por menor

e o consumo, pasando pola distribución.

O agroalimentario é

un dos sectores manufactureiros

máis grandes de Europa –cunha

facturación anual que ronda

os mil millóns de euros– que

hoxe cobra aínda maior importancia

pola crecente preocupación

social acerca dos produtos

alimenticios e a súa incidencia

directa na saúde. Ese aumento

da concienciación dos consumidores

é parello ás tamén cada

vez maiores presións derivadas

da globalización do comercio

de alimentos e os sistemas de

produción intensiva. De aí que

cada vez sexan máis necesarios

os modelos de predición e avaliación

de riscos aplicados á calidade

e seguridade alimentaria

en todo o mundo, ferramentas

fundamentais nas políticas de

xestión de riscos e nos controles

para protexer a saúde humana.

Ademais, eses modelos

demostraron que a produción

de alimentos ten un impacto

medioambiental significativo

tanto en termos de emisións de

carbono como en desperdicio

de alimentos, algo que se pode

evitar a través da Avaliación do

Ciclo de Vida ( LCA).

Para profundar nestes modelos

xurdiu o proxecto Erasmus+

Q-Safe (Quantitative tools for

sustainable food and energy in

the food chain) no que participa

a USC xunto coas Universidades

de Malta, Birmingham

(Reino Unido), Aristóteles de

Tesalónica (Grecia), Católica de

Lovaina (Bélxica), o University

College de Dublín ( Irlanda), o

Colexio Nacional Atlántico de

Medicina Veterinaria, Ciencias

dos Alimentos e Enxeñaría de

Nantes (Francia ) e a Sociedade

Cooperativa Galega Feiraco.

Esta alianza europea, que na

USC coordina a profesora Almudena

Hospido, rematará os

seus traballos en 2017.

Fontes: USC, Lindeiros

marzo 2015 empresa 13

Carnicería A Praza

coidando do produto e do cliente

Desde maio do 2014 o Milladoiro

conta cunha nova carniceria

chamada A praza; como

nos conta Eugenio, un dos seus

socios, teñen xa unha carnicería

en Cacheiras, Teo, pero quixeron

buscar un espazo máis urbano

e con máis poboación.

Aínda que resulta fácil saber

que se pode atopar nunha carnicería

un pode confundirse cando

se trata de esta; en primeiro

lugar se prima a calidade por

riba do prezo; os tempos non

están para vender caro pero

tampouco para vender malo, xa

que sabe que o barato de balde...

así que A Praza traballa con tenreira

galega, busca porcos de

granxa e ofrece produtos selectos

como os ovos das galiñas de

Mos ou pan de forno de leña. A

atención o cliente e fundamental

e o que se buscou desde o

primeiro momento foi facer do

establecemento algo familiar,

e pouco a pouco estase conseguindo

e conta xa con unha fiel

clientela.

Unha das xoias de esta carnicería

son os elaborados propios,

unha variedade de sabores e

produtos que crecen porque os

cociñeiros seguen experimentando

para ofertar novas especialidades;

así podemos atopar

hamburguesas de distintos sabores

e tamaños, croquetas de

chicharrons ou de espinacas con

queixo de cabra, sabores novos

que están funcionando moi ben;

outro dos “hits” son as empanadas

e as pizzas xa que son elaboradas

por completo por eles,

desde a masa ata o recheo. As

fins de semana a oferta amplíase

e a demanda demostra que

iso é un acerto; carnes de todo

tipo preparadas para chegar e

cociñar, ben condimentadas e

de todo tipo, tenreira, boi, polo

etc.

Eugenio ten claro que o continuidade

do negocio será máis

viable si se centran na calidade,

hai quen opta por comprar barato

sen mirar moito máis que o

prezo pero as veces, en cuestión

de alimentación sobre todo, e

máis importante a calidade.

A carnicería A Praza está no

Milladoiro, en Ames, no final

da rúa Ánxeriz facendo esquina

coa rúa Raxoeira,

Fotos: Loli Fdez.

14 antonte

Lindeiros

Pazo do Cotón

a sombra da fortaleza

O pazo de Cotón mantense

a sombra do que foi unha fortaleza

o pe do antigo Camiño

Real; os sucesivos engadidos o

longo dos últimos 300 anos non

conseguiron agochar as torres

do que foi probablemente unha

construción defensiva pero si

as súas orixes que se perden na

noite dos tempos.

O pazo se sitúa na Carreira de

San Mauro que forma parte do

camiño de Fisterra; as principais

modificacións tiveron lugar

no século XVII pero se mantiveron

dúas torres circulares que

a dicir de Ángel Pardo de Vera,

o actual propietario, son únicas

en Galicia; coas torres conserváronse

tamén pequenas partes

e tubos das antigas murallas.

O camiño de Santiago a Fisterra

pasa por debaixo das arcadas

que unen os principais

edificios do conxunto coa capela,

do século XVIII, que os veciños

seguen a usar como igrexa

parroquial; sobre estas arcadas

se sitúa o chamado salón dos

arcos, unha das estancias máis

bonitas de todo o conxunto;

esta ampliación foi realizada

polo mestre canteiro Domingo

de Fontela por encargo de

D.Gregorio Agustín de Luaces

Saavedra e Mariño de Lobeira.

Algunhas fontes apuntan que

de aquí é orixinario o trobador

medieval Alfonso Eanes de Cotón;

nas orixes o pazo pertenceu

os Luaces e Mariño de Lobeira,

despois de pasar por diferentes

mans no XIX ocupan a propiedade

os Pardo de Vera Fabeiro

que o usaron ata mediados do

século pasado, de feito Ángel,

un dos actuais propietarios, viviu

alí ata os dez anos . O pazo

estivo sempre moi integrado co

pobo de Negreira e de feito foi

súa primeira casa consistorial;

Vitoriano Fabeiro, avó do actual

propietario, foi médico na vila e

alcalde durante a república; no

Pazo, onde tiña a consulta, sempre

atoparon medicinas os máis

desfavorecidos e algunha muller

sen recursos o quedar viúva fo

acollida no Cotón; do bo recordo

que deixou da mostra o busto

que diante do centro médico o

lembra e que foi construído por

suscripción popular.

As costas do pazo atópase

unha magnifica carballeira con

outros arbores centenarios que

pertence tamén as edificacións

aínda que en este caso a fami-

lia mostrouse disposta a cedela

para disfrute dos veciños pero a

administración local nunca tivo

en conta a proposta. Os edificios

ocupan máis de 21.000 m 2

e agora solo son usados en verán

de forma continuada aínda

que durante o inverno os

propietarios acoden de cando

en vez para realizar limpezas

e arranxos. Foi usado tamén

para rodar a película La Promesa

protagonizada por Carmen

Maura e na que se pode ver o

interior do Pazo en toda a súa

beleza.

O Pazo do Cotón e un labirinto

de recordos e pedras que forma

parte indisoluble da historia

da vila de Negreira, un espazo

que preservar e poñer en valor

non so por ser unha construción

única se non por ser o berce do

que saíu a vila de Negreira.

Fotos: Loli Fdez.

marzo 2015 e ti de quén ves sendo? 15

Laura Bugalho

O día que transcribimos esta

entrevista coñecemos a noticia

dunha adolescente transexual

que decide suicidarse nos Estados

Unidos e iso nos achega un

pouco máis a Laura Bugalho e a

súa loita permanente contra a exclusión

social e a inxustiza.

Nacida en Compostela lembra

a súa infancia como un tempo

cheo de silencios “teño boas

lembranzas e de silencios, moitos

silencios, de ser gran controladora

de tempos de toda a

xente que convivía comigo e eu

con ela para poder vivir Laura

nos espazos e nos tempos,

si mudaría dalgúns colexios

nos que estiven a violencia que

se exercía sobre os diferentes

e sobre todo mundo”. O paso

adiante para ser Laura foi probablemente

a mellor escola sobre

exclusión e integración “foi

unha andaina vital de subidas

e baixadas, cando Laura nace,

cando nazo socialmente, non

todo foi fácil, era un tema moi

descoñecido; había valoracións

de teóricas do feminismo que

as mulleres trans eramos o

último intento dos homes de

inmiscuirnos no mundo das

mulleres, e dicir que había

moito que batallar y un pouco

foi apoios que recibín de compañeiras

que estaban dentro y

me fixeron estar e gañar o espazo;

non foi un regalo foi un

a identidade do feminismo

traballo e non individual, creo

que colectivo”; ademais da loita

por entrar no mundo feminista

que entendía como seu, Laura

tivo tamén que enfrontarse a

moito do establecido en distintos

ámbitos da sociedade “estaba a

clave médica pero tamén a xudicial

xa que era pelexar contra

a Dirección Xeral de Rexistros

e Notariado, en eses casos se

non tes as cousas claras non

tiras para adiante ... son procesos

que te quitan a pel a xiróns,

son conquistas con complicidades

moi lindas pero digamos

que nada regalado”.

Laura Bugalho sufriu en

propia carne o mal uso das ferramentas

do estado; as súas

denuncias de corrupción policial

a levaron a ser denunciada por

falsidade documental no transcurso

da operación Peregrino,

para ela hai unha realidade hostil

que algunha xente desexa que

non sexa real “eu creo que non é

que a xente non vexa as inxustizas

ou os acosos policiais, é

evidente que hai xente que non

o quere ver, pero a xente que o

ve desexaría non velo porque a

realidade é tan hostil que parece

que si pisas sobre o chan non

desexas ver que mais abaixo

hai un submundo no que se

moven certas forzas, os intereses

mais escuros da política, os

mais claros as veces cando te

esnafras contra eles, y están tamén

os corpos e forzas da seguridade

do estado que eu sei que

en algún caso poden estar pouco

convencidas pero en todo

caso obedecen ordes, como lle

contestaba a un policía, o outro

día nun desafiuzamento, non

creo que recibades ordes de

mallar na xente e en todo caso

esas ordes non as comprendo”.

Laura pensa que os vasos comunicantes

de Torricelli non son

de fluídos se non de persoas que

están nas marxes da sociedade

“hai unha comunicación que

flúe con sinerxías, con ansias

de crear rede; a soidade nas

marxes, e estou falando das

traballadoras do sexo, da xente

inmigrante, da xente con VIH,

da xente con hepatite C... toda

esa xente nos encontramos

porque nos vemos dentro da

exclusión, porque nos tempos

que corren con este goberno

que temos, que padecemos, nos

encontramos con moitas facilidades

e crease aí unha rede

que é perigosa porque a poden

romper con denuncias falsas

por exemplo”.

O traballo con emigrantes faise

máis duro desde un pais como

Galicia no que hai emigrantes

en cada casa, máis duro porque

incluso con nosos emigrantes temos

reparos “pasaba con xente

emigrante retornada, cando

aínda non eran retornados se

non que viñan de turismo o día

do patrón se lles dicía que ben

que viñestes e o día que dicían

que volvían para quedarse a

porta non estaba nin entreaberta

pechábase en moitos

dos casos, iso é lastimoso para

calquera de nos e é moi duro,

algunha das compañeiras que

teño agora vivindo en Latinoamérica

son compañeiras

que aquí foron ninguneadas,

tamén polo sistema que temos

aquí de mercado laboral “.

Laura recibiu recentemente o

premio Nicolás Salmerón de

Dereitos Humanos no apartado

de liberdades sexuais o que supuxo

un recoñecemento a súa

labor de todos estes anos; está

nun momento de cambio no que

a pouco terá que decidir seguir

aquí ou marchar para América

Latina desde onde se lle reclama

“estou nun momento de

inflexión, pasan por min momentos

de tomar decisións

que a curto o mediano prazo

hai que tomar, pasan por min

América Latina, pasan as invitacións

de traballar alá apetecibles

e apetitosas, non tanto

economicamente en canto a

calidade humana que hai alá y

a capacidade que teñen alí de

proxección social; aqui vendo

o panorama político partidario

e político en xeral estamos

nunha situación na que nos sobrepasaron

os problemas, non

somos capaces de ver que o inimigo

é común e aí nos deberíamos

de xuntar, e ala iso si que

está claro; en moitos países hai

un reclamo de participación

de que eu vaia para alá, este

ano vou a ter varias oportunidades

de estar en Brasil, en

Guatemala, en Ecuador; estiven

recentemente en Uruguai

que seria a base desde a que

pilotar toda América Latina,

alí hai unha maneira diferente

de ver o feminismo dun xeito

máis amplo máis global, que

xa lle chaman transfeminismo

por si mesmo”. A situación dos

movementos LGTB en América

dista moito de ser a de Europa

e iso é tamén unha razón para

a loita de Laura “hai veces en

que chega un goberno dun ha

fronte ampla, como pasou en

Uruguai, que leva postulados

de feminismo i e tanta febleza

que un novo goberno pode

mudar por completo a política

porque non hai algo que asente

a política de xeito que non

sexa movible; hai realidades

que son moito máis duras que

as nosas, ser gay ou lesbiana

en algúns países e moito máis

complicado que aquí, aquí en

ese sentido temos un avance;

alá hai outro tipo de traballo,

moito máis colaborativo entre

países, e non dun xeito definitivo

pero pasar unha tempada

alá pode ser moi san”.

A serenidade de Laura o falar

transmite a confianza que calquera

necesita, a que necesita

que está nas marxes da sociedade,

un espazo no que por unhas

razóns ou outras todos estamos

en certo modo, en certo modo

todos somos Laura Bugalho en

algún momento.

Fotos: Loli Fdez.

16

Lindeiros

marzo 2015 17

dentalmacia.com

981 521 090

18 pasou

Lindeiros

2º Fantasía de África (Tomiño) en Bertamiráns. Foto: concello de Ames

1º Simios na rúa ( Portonovo) en Bertamiráns. Foto:: concello de Ames

2º “V” ( Vitre - Frades). Foto: concello de Frades

O Entroido vivíuse

na bisbarra

Disfrutando da festado Entroido no pavillón polideportivo de Ponte Carreira. Foto: concello de Frades

Pasou o Entroido e cada edición

e máis xente a que participa

nos festivais que organizan os

concellos. Este ano recibimos

no xornal unha queixa dunha

veciña de Ames xa que as comparsas

que acadaron o segundo

e terceiro premio viñeron de

Tomiño e coincidiu que o ano

pasado acadaran o primeiro, no

xurado estaban dúas profesoras

de plástica e un concelleiro polo

que non parece que sexa algo

máis que unha consecuencia

pero si é certo que nos vindeiros

anos estaría ben ter unha categoría

para as comparsas locais

si é que seguen vindo outras de

fora.

Xunto os festivais cada ano

se celebran distintos obradoiros

encamiñados a manter a tradición;

no caso de Oroso foron o

importante e fixeron un para

aprender a facer filloas encamiñado

os máis cativos, os disfraces

poderán desaparecer pero

as filloas estñan garantidas con

obradoiros como estes.

Os Xenerais da Ulla cada ano

contan con máis apoio e congregan

máis xente. Esta edición os

atranques se centraron na corrupción

e na política na maioría

dos casos,; en Vedra realizaron

ademais un obradoiro de traxes

de xeneral que é outro xeito de

mellorar a festa e preservala

para as novas xeracións.

Unha festa a do Entroido que

pasou en poucos anos de estar

medio morta a gozar dunha

magnífica saúde, algo do que

todos nos alegramos ainda que

falta publicitala adecuadamente

fora do noso entorno.

Desfile moi concurrido de sábado de piñata nas rúas de Ordes. Foto: concello de Ordes

Entroidada en Ordes. Foto:concello de Ordes

marzo 2015 pasou 19

Concurso no polideportivo municipal de Sigüeiro . Foto: concello de Oroso

1º Premio - A comparsa “ Os Amish” de veciños - as de Ordes gañóu en Oroso. Foto: concello de Oroso

Feira do 5 en Touro cos Xerais do Ulla. Foto: concello de Touro

Queima do Meco en Santiago. Árabe. Foto: concello de Santiago

Os Xerais do Ulla en Fao. Foto: concello de Touro

Os Xerais do Ulla en Fao. Foto: concello de Touro

20 pasou

Lindeiros

Música e Entroido nos colexios de Teo

As actividades formaron parte do programa da concellaría de educación

Coincidindo coa celebración

do Entroido os colexios de Teo

acolleron actividades musicais

propostas dentro do programa

ofertado pola Concellaría de

Educación. Os artistas Xoán Curiel

co seu espectáculo “Estamos

no verán” estivo nos CEIPs de

Calo, Os Tilos e A Ramallosa e

Susa Herrera cos seus “Cantos

animais” estivo cos máis cativos,

os nenos e nenas do CRA de Teo.

O CRA de Teo celebrou a

súa festa antes do concerto de

Susa Herrera na Casa Común

de Rarís; a través dos traxes do

alumnado, a artista fixo unha

particular homenaxe ao Entroido

dos xenerais da Ulla. Os máis

cativos vestíronse de xenerais cos

seus triscornios e ata cabalos.

Tamén houbo lugar para o coro

de bonitos e como en tempo de

Entroido vale todo as figuras dos

xenerais mesturáronse con homes

e mulleres prehistóricos.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros

No CRA de Teo os cativos luciron de prehistóricos e os maiores vestiron de Xxenerais do Ulla . Foto: concello de Teo

Os nenos de Oroso abriron o

Entroido nos colexios

As dúas escolas e os colexios rurais agrupados

celebraron os seus festivais

A forte e continua choiva que

caeu en Oroso impediu a celebración

do que tería sido o primeiro

desfile conxunto dos dous

colexios de Sigüeiro, acompañados

polos rapaces e rapazas do

Centro Rural Agrupado (CRA).

Sen embargo, non impediu que

se celebraran dos distintos festivais

de Entroido previstos por

cada centro. O auditorio do centro

cultural Fernando Casas e

Novoa de Sigüeiro acolleu o tradicional

Festival de Entroido do

CRA de Oroso; ataviados con

disfraces feitos por eles mesmos,

polo escenario do centro

cultural foron pasando as comparsas

de nenos de Deixebre,

Senra, Vilacide e Trasmonte.

Pola súa banda os nenos e nenas

do novo colexio de Sigüeiro

celebraron a festa a cuberto

nas novas instalacións educativas

do municipio; os cativos do

CEIP participaron ademais desde

as gradas do pavillón na festa

do CRA.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros

Os cativos de Brión viviron o

Entroido na gardería

A festa contou coa participación de máis de 100 veciños

Veciños, pais e cativos disfrutaron

da tradicional festa de Entroido

dos meniños da gardería

municipal de Brión. A choiva

obrigou a que todos os actos tiveran

lugar a cuberto, polo que

o desfile previsto polo exterior

das instalacións tivo que realizarse

no patio cuberto.

A temática deste ano foron a

sinalización viaria (para os máis

pequenos) e o mundo dos contos

(para os máis maiores, que

foron caracterizado de ratos no

“Frautista de Hamelin” ou de

pitos para “Mamá Galiña e os

seus poliños”). Uns disfraces

de Entroido feitos con materiais

reciclados e que foron elaborados

durante a pasada semana

polos propios cativos, coa axuda

dos seus mestres e dos seus

familiares.

Fontes: concello de Brión, Lindeiros

Disfrutando do Entroido na gardería Foto: concello de Brión

Un momento do festival en Oroso. Foto: concello de Oroso

Disfrutando do Entroido na gardería Foto: concello de Brión

marzo 2015 pasou 21

Rematan as obras das igrexas de

San Agustín e de Figueiras

Foron levadas a cabo pola oficina técnica do Consorcio de Santiago

O programa de mantemento e

mellora levado a cabo pola oficina

técnica do Consorcio comezara

o mes de decembro os

arranxos na igrexa de San Agustín;

tal como indica o arquitecto

responsable, Pablo Tomé, “a

limpeza xeral da fachada principal

da igrexa e das súas dúas

torres consistiu na eliminación

das plantas, algas, musgos e liques

con cepillo manual e auga

sen presión para non danar as

xuntas nin a pedra. Tamén se

retirou a vexetación superior

desenvolta sobre unha grosa

capa de substrato vexetal, xerado

pola sucesiva acumulación

de restos vexetais”. Ademais de

estes traballos consolidáronse

tres dos apoios das campás da

torre sur e para iso inxectouse

un tipo especial de resina nas fisuras

existentes cun microcosido

dos fragmentos con aparente

risco de desprendemento. Neste

proceso conseguiuse eliminar

media tonelada de plantas. As

obras en este caso tiveron unha

inversión de 49.292,40 euros.

No caso da igrexa románica

de Santa María de Figueiras a

finalidade era atallar o problema

de entrada da auga da choiva

a través do campanario e que

afectaba ao inmoble. A arquitecta

da Oficina Técnica do Consorcio

responsable desta obra,

Idoia Camiruaga, indica que

se limpou a fachada principal,

de cantería, en especial o campanario,

no que se eliminaron

os restos das xuntas dos planos

horizontais, moi danadas e espidas.

“Rexuntáronse de novo,

o máis profundamente posible,

con argamasa de cal con áridos

con propiedades hidráulicas, rematando

superficialmente con

argamasas tratadas con áridos

mesturados para dar unha cor

similar á das fábricas” -explica-.

Tomáronse con chumbo algunhas

pezas do sistema de toque

das campás, que estaban soltas,

e fíxose o mesmo coa cruz de

ferro do remate e o pararraios.

En este caso o orzamento global

de 22.687,50 euros.

Fontes: Consorcio

Lindeiros

de Santiago,

Igrexa de Figueiras. Foto:Consorcio de Santiago

Torre da igrexia de S. Agustín. Foto: Consorcio de Santiago

Veciños de Frades participan

nun curso de cociña

Ten lugar tódolos venres en Ponte Carreira

Un total de dezaseis veciños e

veciñas de Frades comezaron o

mes pasado un curso de cociña,

que terá lugar todos os venres

ata o final do mes de marzo no

local social de Ponte Carreira, en

horario de 16:30 a 19:30 horas.

Durante as clases, os alumnos

e alumnas aprenderán tanto conceptos

teóricos (nocións básicas

de manipulación de alimentos,

Francisco Caamaño presentou

‘Democracia federal. Apuntes

para España’

O acto estivo organizado pola Asociación

Inquedanzas de Ordes

de dietética e de nutrición) como

principios básicos de cociña e de

repostería.

Os veciños e veciñas de Frades

aprenderán a elaborar todo

tipo de platos e doces; ao tempo

se introducen nas bases da

conxelación de alimentos ou da

preparación de conservas.

Fontes: concello de Frades, Lindeiros

Os cociñeiros do curso de cociña Árabe. Foto: concello de Frades

O Museo do Traxe Juanjo

Liñares volveu a ser escenario

dunha presentación literaria. O

exministro de Xustiza Francisco

Caamaño, convidado pola

asociación cultural Inquedanzas,

acudiu para dar a coñecer

o seu libro ‘Democracia federal.

Apuntes para España’.

Gran número de veciños e veciñas

acudiron a este evento no

que, tras escoitar a disertación

do político sobre o modelo federalista,

tiveron a oportunidade

de iniciar un vivo debate co

autor.

Entre os asistentes figuraban a

tenente de alcalde, Silvia Marín,

e os concelleiros de Cultura e

Diversidade Funcional, Ramón

Vázquez e Lucía Iglesias. Xesús

Pedreira, líder dos socialistas ordenses,

foi outro dos que non se

quixo perder o acto.

Fontes: Psoe Ordes, Lindeiros

X FESTA DA MERENDA

FRADES 2015

DOMINGO 29 DE MARZO

Área recreativa “Os Pasos”

Merendas e pulpería todo o día

A partir das 12:00 horas: degustación gratuíta das tortillas de masa

con torriscos elaboradas aló mesmo

Ás 13:30 horas: actuación da CHARANGA MEKÁNICA

Ás 15:00 horas: FOLIADA DA MERENDA coa actuación dos grupos:

Reviravolta de Lardeiros

Gharatuxa

A Xunqueira das Encrobas

Sarillo de Aiazo

Agrocovo de Esteiro

Ás 19:30 horas: Gran

verbena coas orquestras

Organiza:

AAVV

“Os Pasos”

PARÍS DE NOIA

Colabora:

Concello

de Frades

E

CINEMA

GPS: 43º 0´ 58” N

8º 16´ 54” W

22 pasou

Lindeiros

Homenaxe os enxeñeiros veteranos

O Colexio Oficial Celebra con estes actos o seu 35 aniversario en Compostela

A Delegación de Santiago

de Compostela do Colexio de

Enxeñeiros Industriais de Galicia

(ICOIIG) vén de celebrar o

seu 35 aniversario cunha cea na

que se fixo unha homenaxe aos

cinco colexiados máis veteranos

adscritos e que levan máis de 35

anos como colexiados, xa que

se colexiaron incluso antes da

creación da propia delegación

compostelá.

Os cinco homenaxeados

foron:

Camilo Nogueira Román, político

e economista. Foi deputado

autonómico e eurodeputado.

Xan López Facal, político e

economista. Foi director económico-financeiro

de SODIGA,

profesor da USC e deputado

autonómico.

Xosé Manuel Arufe Rieiro,

político e empresario. Foi elixido

alcalde de Santa Comba nas

primeiras eleccións democráticas

e foi presidente da asociación

de empresarios de Santa

Comba.

Jaime Ángel Campo, enxeñeiro

industrial que desenvolveu

a súa actividade profesional na

CRTVG e que foi subdelegado e

delegado da Delegación de Santiago

durante varios anos.

Vicente Villar Vaamonde,

enxeñeiro industrial dedicado

ao exercicio libre da profesión.

Ten traballado en distintos sectores

(forestal, obra civil, minería,

naval, industrial...) tanto en

Galicia como a nivel internacional,

sendo durante moitos anos

o enxeñeiro industrial que máis

proxectos visaba no Colexio.

Nas intervencións, todos coincidiron

en agradecer a homenaxe,

defender a importancia do

enxeñeiro industrial no desenvolvemento

da nosa sociedade

e en solicitar un maior uso do

idioma galego nas comunicacións

internas e externas do

Colexio.

Camilo Nogueira asegurou

que o Colexio “non é só

para defender os dereitos desta

profesión. Se os enxeñeiros

industriais galegos tiveramos

conciencia de país seriamos

Fontes: Fundación Araguaney,

Lindeiros

unha achega fundamental”; pola

súa banda, Vicente Villar Vaamonde

quixo facer un triplo recoñecemento:

“A la generación

que nos precedió, que fue la que

fundó el Colegio. A mi generación,

que lo mantuvimos. Y a

los jóvenes, que sois el futuro”.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

Os homenaxeados. Foto: Colexio de Enxeneiros

A familia Paz Camps dona

dous cadros o concello de Teo

O pintor pasou parte da súa infancia no concello

A familia do pintor Modesto

Paz Camps entregou dous cadros

ao Concello de Teo como

mostra da forte vinculación

entre a familia e este municipio;

esta relación vén da súa

xuventude cando seus pais eran

mestres en Bamonde e pódese

apreciar na súa obra, con moitas

referencias a toda a zona do Val

do Ulla e moi especialmente a

elementos do propio municipio

teense.

Na Casa do Concello de Teo

hai unha mostra de cadros de

Modesto Paz Camps e a familia

quería facer entrega de dúas

obras máis para o fondo do

Concello; os irmáns María Ángeles,

Mercedes e Adolfo Paz

Camps fixéronlle entrega dos

dous cadros ao alcalde Martiño

Noriega e á concelleira de Cultura

Carme Hermida.

As obras elixidas foron unha

imaxe da ponte de Pontevea

e outra dun carro. A elección

xustifícase pola temática dos

cadros. Nun deles recóllese un

referente patrimonial do Concello

como é a ponte de Pontevea

e no outro elementos da tradición

rural de Teo. Na entrega

dos cadros estiveron presentes

o alcade Martiño Noriega e a

concelleira de educación Carme

hermida.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

Ordes mestura o apoio o

comercio e o galego

A Mancomunidade centra a campaña no idioma

O Servizo de Normalización

Lingüística (SNL) da Mancomunidade

de Municipios da

Comarca de Ordes escolleu o

ámbito comercial para emprender

a primeira campaña do ano

en materia de dinamización

idiomática. ‘O galego vende’ ten

como obxectivo fundamental

estender o uso da lingua galega

no ámbito do comercio e incidir

na idea, tanto para a cidadanía

como para os profesionais do

sector, de que o uso do galego

pode favorecer este e outros tipos

de relacións.

A dinámica inclúe colaboracións

coas asociacións de comerciantes

coa finalidade de

resaltar o positivo de atender en

galego de xeito habitual.

Dende o SNL fomentarase o

uso do galego nos escritos, tíckets,

avisos, carteis, publicidade,

páxinas web e redes sociais

dos establecementos, cando

menos en igualdade co castelán.

Outros apoios que se brindarán

aos comerciantes de xeito totalmente

gratuíto son o reparto de

folletos informativos, a promoción

da dita campaña, así como

o asesoramento personalizado

para poder aplicar con efectividade

o Plan Xeral de Normalización

da Lingua Galega no

ámbito empresarial.

Fontes: Mancomunidade de Ordes,

Lindeiros.

Momento da entrega dos cadros de Paz Camps. Foto: concello de Teo

Establecemento adherido á campaña. Foto: Mancomunidade de Ordes

marzo 2015 pasou 23

O Pazo do Faramello lembra con árbores as

vítimas do Alvia

10 árbores máis foron plantadas no

xardín do recordo

O pasado ano o Pazo do Faramello

anunciou a cesión dunha

parte do seu terreo para a realización

dun xardín de carácter

público para rendir homenaxe ás

víctimas da traxedia ferroviaria

do 24 de xullo do pasado 2013 en

Santiago de Compostela.

A proxección e desenrolo do

proxecto, que foi realizado de

forma totalmente altruista pola

Fundación Juana de Vega, unha

das mellores escolas de paisaxismo

de Europa, estará composto

por 79 árbores do amor (Cercis),

unha árbora por cada víctima.

Gracias ás donacións privadas

que se foron recibindo nestes últimos

meses puidéronse adquirir

10 árbores que foron plantados

nunha xornada moi emotiva; con

familiares chegados de distintos

puntos de España e Galicia e

baixo unha constante chuvia as

árbores foron pouco a pouco o

sitio no que lembrarán para sempre

os falecidos na traxedia de

Angrois.

Cata en una tienda de moda

La tienda

amiense

Combina

con Vino

organizó

el evento

Fontes: Pazo do Faramello, Lindeiros.

Cuando abrió Combina con Vino su intención fue siempre la de

distinguirse de otras tiendas de moda, lo hizo con su decoración

en donde colores y muebles están muy vinculados al mundo vitivinícola

y lo ha confirmado con un evento que ha resultado ser

todo un éxito.

La cata era solo para mujeres y las 15 plazas se cubrieron enseguida

lo que augura un buen futuro a este tipo de iniciativas;

se trataba de catar distintos vinos de la Ribeira Sacra y para ello

contaron con la participación de un enólogo que explicó las características

de los caldos y como reconocerlas.

Una buena iniciativa que puede marcar una línea a seguir en comercios

de este tipo, combinando eventos que podrían parecer alejados

de una tienda de moda pero que sin embargo han resultado

todo un éxito.

Chevere voltou a Teo coa

Ultranoite no “Pais dos ananos”

A compañía presentou as actividades para este ano

O recente Premio Nacional

de Teatro fixo balance de 3

anos de estancia en Teo e presentou

as actividades para o

presenta ano. Un balance que

deixa 28 espectáculos creados

no concello e 147 funcións no

auditorio da Ramallosa cun

índice de ocupación do 78%

o que demostra o bo funcionamento

de este modelo de

Un momento do acto de homenaxe ás vítimas. Foto: Loli Fdez.

traballo. O longo de ese 2015

a compañía fará unha xira por

Latinoamérica, traballa xa en

unha nova UltranoiTeo, continuarán

con “As fillas bravas”

un teatro enfocado a terceira

idade e con “ala o fondo hai sitio

dabondo” pensado para rapaces

de entre 7 e 11 anos.

Chevere quixo ademais agradecer

a aposta do concello de

Teo por un modelo de colaboración

que a Xunta deixou de

financiar no ano 2012 e que

sen embargo queda demostrado

que rende non so para a

compañía se non tamén para o

pobo que a acolle.

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

Posta en escea dun emotivo repaso dos 20 anos de Chévere. Foto: Loli Fdez.

24 pasará

“Miradas que falan” ata o 15

de marzo na Granell

A exposición poderá verse ata maio en outros

concellos da comarca

O Museo Fundación Eugenio

Granell inaugurou en febreiro a

exposición “Miradas que Falan”

do fotógrafo Esteban de la Iglesia,

que poderá visitarse ata o 15

de marzo.

A exposición recolle unha

serie de fotografías realizadas

polo artista na residencia Pai

Menni (Betanzos, A Coruña),

que ofrece atención integral a

persoas con discapacidade intelectual.

Nove actrices e actores

galegos participaron de forma

altruísta neste proxecto co que o

Centro quixo sensibilizar e promover

a inclusión das persoas

con discapacidade na sociedade.

Luis Zahera, Isabel Blanco,

Camila Bossa, Víctor Mosqueira,

César Goldi, Patricia

Vázquez, Yolanda Muiños,

Belén Constenla e Blanca Cendán,

quixeron participar neste

proxecto no que se confrontan

9 retratos de persoas con discapacidade

intelectual, todos eles

usuarios do Centro Pai Menni,

cos destas actrices e actores.

Miradas que Falan exporase,

do 18 ao 29 de maio, na Comarca

do Sar, en colaboración

coa Asociación de Pais e Mais

de Persoas con Discapacidade

Intelectual da Comarca do Sar

(AMIPA).

Fontes: concello de Teo, Lindeiros.

O xornalista máis debuxado

do mundo instalarase os vindeiros

meses na Biblioteca Internacional

da Diversidade Cultural,

que o proxecto campUSCulturae

mantén na Biblioteca Xeral

da USC. A exposición ‘A volta

a Hergé en 80 linguas’incorpora

libros en oitenta idiomas da colección

atesourada polo compostelán

Pedro Rey Sanchiz,

director da Oficina Web da

USC.

Poderanse contemplar por

primeira vez obras editadas en

Lindeiros

O Mundo de Tintín exponse na

Universidade de Compostela

‘A volta a Hergé en 80 linguas’ permanecerá até finais de maio

linguas como o alsaciano, o tahitiano,

o cantonés, o bengalí, o

romanche, o crioulo reunionés

ou o mongol; así como todas

as linguas faladas en Bélxica, a

patria de Hergé e de Tintín, 15

diferentes códigos lingüísticos

mantidos por unha comunidade

cultural de non máis de 10 millóns

de persoas.

Tamén será posible admirar

algúns obxectos relacionados co

mundo tintiniano que forman

parte da colección de Pedro

Rey, embaixador de Hergé en

Compostela e un dos máximos

expertos en tintimanía que hai

actualmente en España.

A exposición, cofinanciada

pola Culture Agency da UE,

completarase cun programa de

actividades que terán igualmente

a Tintín como protagonista.

Charlas, encontros con tradutores

, obradoiros e cineforums

converterán a Biblioteca Internacional

da Diversidade Cultural

na capital para tintinófilos

até finais de maio.

Cartel da exposición “Miradas que falan”. Foto: concello de Teo

Pedro Rey con parte da súa colección. Foto: USC

Ciclo de piano Ángel Brage

O pianista Lars Vogt dará o concerto inaugural o día 19

O ciclo de piano Ángel Brage

naceu no 2008 para homenaxear

o pianista compostelá no 25 aniversario

do seu pasamento. O

alemán Lars Vogt inaugura o

Ciclo de Piano Ángel Brage con

obras de Schubert, un dos máis

prolíficos compositores para

este instrumento, Schoenberg

e Beethoven. A súa innegable

proximidade melódica e harmónica

fan das tres últimas sonatas

para piano de Schubert, compostas

no seu derradeiro ano de

vida (1828) e actualmente consideradas

entre as máis importantes

pezas mestras de madurez.

O ciclo continuará xa en

abril con Herbert Schuch e en

maio co Debut en Santiago de

Alexandre Tharaud. Todos os

concertos teñen lugar no Auditorio

de Galicia.

La Academia Lucaser en Negreira ofrece la posibilidad de

participar en un curso de ofimática, con un nivel 2 de cualificación

profesional e y que mantiene abierta la matrícula hasta

completar las plazas.

Serán 190 horas presenciales y los requisitos para poder realizarlo

son los siguientes: Nivel 2, Graduado escolar o Eso / certificado

profesionalidad nivel 2 /certificado de profesionalidad

nivel 1 misma familia y área profesional/ en los ciclos de grado

medio, poseer titulación académica o superar pruebas de acceso/

mayores de 25 y/o 45 años con acceso a la universidad superado

/ tener las competencias clave necesarias reguladas en el Real

Decreto 189/2013, de 15 de marzo.

Los contenidos van desde la internet o intranet hasta las hojas

de cálculo Excel, las bases de datos, el

tratamiento de textos o la realización

de presentaciones. En definitiva una

buena oportunidad de formarse en las

bases de trabajo de cualquier empresa

moderna.

marzo 2015 pasará 25

Comeza o ciclo de Jazz 1906

Ata o mes de xuño e trátase da 8ª edición

Serán 5 concertos de marzo a

xuño que se celebrarán no Teatro

Principal menos un maratón

que ocupará todo un día na Praza

da Quintana.

O baixista camerunés Richar

Bona, a alianza en torno o jazz

flamenco de Chano Dominguez

e Niño Josele, o trompetista

Dave Douglas e o contrabaixista

Christian McBride serán os

protagonistas dun dos mellores

ciclos de jazz de todo o estado.

O 22 de marzo terá lugar o

primeiro dos concertos con Richar

Bona; nacido nunha pequena

aldea de Camerún ten

compartido escenario cos máis

grandes desde Pat Metheny ata

Jaco Pastorius , no so é un excelente

instrumentistas se non

que pode converterse nun cálido

cantante ademais dun explendido

compositor. En esta xira presenta

“ Ten Shades of Blues...” o

seu último traballo no que recrea

10 pezas clásicas do blues baixo

o seu persoal punto de vista.

A cita o 22 de marzo no Teatro

Principal.

O baixista Richar Bona. Foto: Consorcio de Santiago

O 15 de marzo Miki Nadal

presenta a Mikipedia

A actuación está dentro do ciclo Falabaratos

O ciclo Falabaratos comezou

no 2012 coa intención de traer

a cidade os mellores monologuistas;

Nomes tan coñecidos

como os de Luis Piedrahita,

Dani Mateo, Faemino y Cansado,

Joaquín Reyes, Santi Millán,

Miguel Lago, David Guapo,

Dani Romero, Leo Harlem, Roberto

Vilar ou Luis Zahera son

algúns dos artistas que xa fixeron

rir ao público.

En este mes tócalle o turno

a Miki Nadal quen comezou a

súa traxectoria xunto a Pepe Navarro;

a súa consolidación foi a

partir de 1999, cando empezou

a traballar en El Informal. La

corriente alterna, El show de

Flo, El club de la comedia, Cafetería

Manhattan , Sé lo que hicisteis...

e Zapeando son algúns

dos espazos polos que ten pasado

este humorista que o día 15

chega o auditorio de Abanca en

Compostela.

XVIII Festa do Lacón con grelos

Os días 7 e 8 de marzo en Mesón do Vento

O Concello de Ordes, en colaboración

coa Asociación de

Veciños do Mesón do Vento,

organiza a XVII Festa do lacón

con grelos os días 7 e 8 de marzo,

na parroquia de Ardemil.

Na primeira xornada as portas

do recinto feiral abrirán dende

as 10 horas para exhibir un

gran número de cabezas de gando

e de maquinaria agrícola, Xa

pola tarde realizarase un desfile

e concurso de disfraces con

máis de 1.000 euros en premios,

e cuxa inscrición permanecerá

aberta ata o 5 de marzo a través

do teléfono 981 680 002.

O domingo a media mañá as

racións e bandexas de lacón con

grelos comezarán a repartirse

de balde polos bares e establecementos

do Mesón do Vento.

Á mesma hora disputaranse as

probas de andadura federada

galega de 2 e 4 tempos e as carreiras

de trotadores, nas que se

repartirán máis de 1.000 euros

en premios.

A partir das 20 horas, e xa

para concluír, unha actuación

musical porá o punto e final.

Un momento da edición do ano pasado Foto: concello de Ordes

Xardín suspenso, a nova

peza do CDG

Dirixida por Candido Pazó estrease o 14

O CDG volve o Salón Teatro

de Compostela en esta ocasión

cun drama. Xardín suspenso trata

dun amor non correspondido

ao que se entrega Lucía, unha arquitecta

nova que investiu todas

as enerxías na construción dun

depurado xardín sen plantas.

Estará desde o 14 nas fin de

semana do Salón Teatro, está

dirixida por Candido Pazó ,

Carlos Alonso se encarga da

escenografía e o vestiario e Alfonso

Castro da iluminación.

26 pasará

Marzo de contos en Compostela

O festival Atlántica enche a cidade de verbas

Chega a súa terceira edición un

festival que xoga cos simbolismos

mariños para unir os pobos

do atlántico en torno a narración

oral. Uruguai, Xapón, Portugal,

Galicia ou Inglaterra son algúns

dos lugares de onde proceden os

protagonistas de esta edición.

O Festival Atlántica non recibe

ningún tipo de patrocinio nin de

subvención pública nin privada,

só colaboracións en especie (cesión

de espazos e persoal técnico).

A maior parte dos custes

son asumidos pola organización,

incluído o pagamento a artistas,

que se sufraga a partir das taquillas

en boa parte dos casos, e a

loxística está cuberta a partir do

traballo desinteresado de voluntarios.

Este ano pódese colaborar

con A Fila Cero, trátase de doar

10€ (como mínimo) para apoiar

a supervivencia dun evento único

en Galicia e que pon en valor

e visibiliza unha das nosas mellores

artes tradicionais do país: a

tradición oral, proxectándoa para

o futuro.

12 de marzo. Xoves.

20.30h. José Luís Gutiérrez

“Guti” (Zamora) Contos Raianos.

Dado Dadá. 6 €.

22.00h. Francisco “Quico” Cadaval

(Galicia). Os inocentes. Dado

Dadá. 6 €

21.00h.Sofía Maul (Madeira). Explicaçao

do Amor. Catro a catro

(Vigo). De balde.

13 de marzo. Venres.

21.00h.

NoiteNegra.

Con Yoshi Hioki, Paula Carballeira,

Guti, Soledad Felloza,

Sofía Maul e os que cheguen.

Teatro Principal. 10 €.

14 de marzo. Sábado.

12.00h. Función para público

familiar a cargo do alumnado do

Centro de Interpretación da Oralidade

de Vigo coordinados porAna

Carreira e Paula Carballeira

Biblioteca Ánxel Casal. De balde.

12.00h. Yoshi Hioki. Contos populares

do Xapón. Centro Sociocultural

de Santa Marta. Público infantil. De

balde.

21.00h. Tim Bowley e Charo

Pita. Homenaxe a Tim Bowley: Contos

a dúas voces…ou non.A continuación,

noite de micro aberto cos participantes

do festival e convidados da Península.

A Nave de Vidán. 8 €.

15 de marzo. Domingo.

19.00h. Yoshi Hioki. Contos populares

do Xapón. Zona C. 6 €.

21.30h. Pepo Suevos. Humor Salvaxe.

Dado Dadá. 6 €.

16 de marzo. Luns.

20.30h. Magda Labarga (Canarias).

Falar con extraños. A Senra Café

(Pontevea, Teo). 6€.

22.00h. Celso F. Sanmartín (Galicia).

Contar. A Senra Café (Pontevea,

Teo). 6€.

21:00h. Patricia McGill (Uruguai).

Miradas con eco. Club La Radio. 6€.

17 de marzo. Martes.

21.00h. Avelino González. Historias

tenras e canallas. Zona C. 6 €.

18 de marzo. Mércores.

18.00h. Magda Labarga (Canarias)

e Patricia MacGill. (Uruguai). O mar

un mundo. Centro Sociocultural Fontiñas.

De balde.

21.00h. Paula Carballeira, José

Campanari, Ana Carreira e Charo

Pita. Noite do espectador. Dado

Dadá.

19 de marzo. Xoves.

18.00h. Homenaxe á Galicia Encantada.

Antonio Reigosa, Avelino

González, Pavís Pavós, Ángeles

Goás, Charo Pita e Rafa Quintiá celebran

os 10 anos da páxina de tradición

oral máis completa do país.

Museo do Pobo Galego. 6€.

20.00h. Magda Labarga (Canarias).

Falar con extraños. Zona C. 6€.

22.00h. Feche do Festival Atlántica

2015. Ana Lage (Portugal). Jogos da

vida. A Nave de Vidán. 6€.

Joan Baez estará en

Compostela o 28

Lindeiros

Actuará no Palacio de Congresos dentro do

ciclo de concertos Sons’15

Tratase dunha das figuras

fundamentais na historia da

música folk e segue a ser un

referente ideolóxica pola súa

coherencia vital. Comezou a

despuntar o fio da canción protesta

que naceu nos 60 para loitar

contra a guerra do Vietnam,

esa faceta política levouna a coñecer

a persoeiros como Martín

Luther King, Vaklav Havel ou

converterse en amiga de Nelson

Mandela; loitadora incansable a

favor dos dereitos humanos foi

a protagonista do primeiro tour

organizado por Amnistía Internacional

con fins benéficos.

O seu último álbum fué

?Day After Tomorrow?, a súa

primeira gravación en estudo

despois de cinco anos de silencio.

Joan traballou co produtor

Steve Earle e unha veterana

banda de Bluegrass que inclúe

a Tim Ou’Brien e Darryl Scott,

así como Viktor Krauss e

Kenny Malone. O álbum ofrece

tres cancións escritas por Steve

Earle e colaboracións con Tom

Waits ou Diana Jones. Na súa

xira mundial en 2009-2010, na

que celebrou o seu 50º aniversario

desde os seus inicios no seu

famoso show do Newport Folk

festival, Joan Baez visitou Vigo

tras máis de 30 anos sen actuar

en Galicia e deixando un concerto

memorable coas entradas

esgotadas. En 2015 por fin volve

aos escenarios españois e poderemos

gozar da súa voz e o seu

carisma.

marzo 2015 deportes 27

Club de Taekwondo

Wellness Sport Cacheiras

O Taekwondo é un deporte

olímpico que naceu en Corea; o

seu significado literal é camiño

do pé e do puño xa que nos seus

movementos úsase non só a parte

inferior do corpo se non tamén

as mans ou os cóbados.

Na área compostelá o Taekwondo

está unido á figura de

Yoon Yeo Bong, el foi o primeiro

mestre en chegar a Galicia en

1972 e despois de dar clase en

Ourense e Vigo instalouse en

Compostela facéndose moi coñecido

o seu ximnasio situado na

rúa Nova de Abaixo; polas súas

aulas pasaron moitas xeracións

de veciños de toda a comarca

polo que a cidade foi pioneira na

práctica deste deporte.

Alejandro Carreño é un dos

profesores do Club Wellness

Sport e leva practicando este deporte

desde hai 22 anos e é cinto

negro 4º Dan, os seus comezos

foron por mor de ser deporte

de exhibición en Seúl 88 e xa

deporte olímpico en Barcelona

92; explícanos que este deporte

achega á nenos coordinación,

elasticidade, flexibilidade e ademais

respecto e disciplina.

A partir das olimpíadas o taekwondo

comezou a facerse máis

coñecido e nos últimos anos

ao incorporar novas formas de

competición dun carácter máis

de exhibición o auxe levouno a

ser unha das artes marciais con

máis fichas federativas. Na actualidade

celébranse campionatos

de técnica, de combate e de

free style ou exhibición.

O Club Wellness Sport naceu a

partir do interese de Alejandro e

doutro profesor chamado David

por buscar unha continuidade no

traballo; ambos daban clase en

distintos sitios como a Universidade

ou as escolas deportivas de

Calo pero hai 3 anos instalaron a

súa base no ximnasio Wellness

Sport en Cacheiras reunindo

todo o bo que tiñan en torno ao

proxecto; na actualidade o Club

ten 75 licenzas federativas e participa

habitualmente en campionatos,

no último celebrado en

febreiro conseguiron clasificar a

un cadete para o campionato nacional

o que demostra que están

no bo camiño.

O alumno máis pequeno que

teñen é de 4 anos; Alejandro

explícanos que a esas idades asimilan

todo moito máis rápido as

normas básicas e a medida que

crecen é moito máis fácil que

aprendan. O club ten non só nenos

e pódense ver nas súas clases

adultos de distintas categorías,

desde os cintos máis baixos até

algún negro.

Alejandro cóntanos que é na

actualidade cando o club está

a vivir o seu mellor momento;

marcáronse unha serie de obxectivos

como a propia creación do

Club, que os nenos se federaran,

competir en técnica primeiro e

logo en combate e a clasificación

dun alumno para o nacional é a

proba de que se han ir cumprindo

todos. Contan xa con equipos

en categorías junior e cadete e a

intención é seguir traballando

con elas á vez que se tentan incorporar

outras e máis alumnos.

Fotos: Loli Fdez.

28 deportes

Encontro de escolas de rugby en Compostela

O Santiago Rugby Club e a escola de rugby de Santiago foron os organizadores

Nun día marcado pola chuvia

pero tamén polo bo ambiente

celebrouse este encontro de es-

colas de rugby que contou coa

asistencia de 250 rapaces. A

participación dos pais, animando

desde as grandes axudou a

esquecer o mal tempo.

O encontro contou coa presenza

de Cesar Sempere, un dos

mellores xogadores de Rugby

españois que se mostrou encantado

coas novas xeracións que

garanten a continuidade do deporte

na comunidade

No encontro participaron o

CRAT de Coruña, Zalaeta de

Arteixo, Fendetestas de As Pontes,

Ferrol, SRC de Santiago,

PRC de Pontevedra, Ingleses de

Vilagarcía, Ourense, Vigo e a

do Bierzo.

A xornada rematou co partido

de liga sub 14 entre o PRC e o

CRAT.

Lindeiros

Se tes algo que

contar,

comunicar

denunciar

escríbe

contacto@

lindeiros.com

ou

chama ao tfno

634 747 956

Un momento do partido sub 14 que pechou o acto. Foto:Santiago Rugby Club

Fontes: Santiago Rugby Club,

Lindeiros.

XX Carreira Popular de Ordes

David Santos e María Jesús Gestido soben o podio

Medio milleiro de corredores

participaron na vixésima edición

da carreira popular de Ordes.

Entre os participantes estiveron

nomes propios recoñecidos a

nivel nacional, como é o caso de

María Jesús Gestido, campiona

de maratón de España, quen se

alzou co primeiro premio na carreira

absoluta dentro da catego-

ría feminina. No caso dos homes

a clasificación encabezouna o

corredor local David Santos. No

referente aos atletas locais os mellores

clasificados foron Carlos

Fernández, Pablo Raña e Alberto

Candal, mentres que no caso das

mulleres as protagonistas foron

Ana Belén Ferreiro, Carmela

Becerra e Raquel Ruibal. Jesús

Bernal Gómez e María Victorina

Pérez foron os premiados na

categoría veteráns, mentres que

Iván Vilariño e Aitana Gracía o

foron como os máis xoves.

Un bo xeito de celebrar o vixésimo

aniversario e un gran traballo

de organización.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros.

96 ciclistas no Gran Premio

Concello de Oroso

A proba estivo organizada polo Club Ciclista

Tambre Bike e o concelo

O concelleiro de Deportes

de Oroso, Luís Rey Villaverde,

foi o encargado de dar a saída a

unha competición federada que

se disputou sobre unha continua

chuvisca, que non causou ningunha

incidencia reseñable pero

que restou asistencia por parte

da veciñanza. Aínda así, máis

de trescentas persoas animaron

a pé de rúa aos ciclistas.

Dende o Club Ciclista Tambre

Bike amósanse moi satisfeitos

do resultado desta proba xa

que “traballamos arreo durante

estes dous últimos meses para

tratar de organizar esta carreira

coa maior profesionalidade posible.

Con todo, seguro que cometemos

algúns erros polos que

pedimos desculpas”. Ao remate

da carreira entregouse a cada

participante unha bolsa conmemorativa

con algo de avituallamento

líquido e sólido.

Fontes: concello de Oroso, Lindeiros.

Paso dos corredores no momento da saída da proba. Foto:concello de Ordes

Participantes polas rúas de Sigüeiro Foto:concello de Oroso

marzo 2015 deportes 29

O Oroso TM consegue un

bronce no campionato

nacional de cadetes

Javier Benito acadou a medalla na categoría sub 23

O mes pasado celebrouse en

Valladolid o Torneo Estatal Nacional

de Tenis de Mesa, onde se

reúnen os 48 mellores xogadores

de cada categoría de idade. O

Oroso TM acudía con: Alexandre

Igrexas en Alevín Masculino,

Uxio Regueiro en Xuvenil

Masculino, Silvia Alvarez e Sara

Martínez en Xuvenil Feminino,

Olaya Cea en Sub23 Feminino,

Javier Benito e Javier Obelleiro

en Sub23 Masculino e Cristina

Fernández en Senior Feminino.

En liñas xerais bos resultados

para os orosinos, xa que todos

eles excepto o mozo Alexandre

Igrexas, conseguían pasar a primeira

fase de competición e clasificarse

así entre os 24 mellores

de España das súas respectivas

categorías. Os que chegarían

máis lonxe serían os xuvenís

Uxio Regueiro e Silvia Alvarez

que chegaban a oitavos ambos

os (entre os 16 mellores da categoría)

a pesar de ser para ambos

o seu primeiro ano na categoría.

Silvia finalizaría nunha boa 9ª

praza mentres que Uxio faríao na

posición 12.

Mención á parte ten o Sub23

Javier Benito que conseguía alcanzar

as semifinais da proba

tras deixar no camiño a varios

xogadores da máxima categoría

nacional, entre eles a Alejandro

Calvo, xogador do CajaSur de

Priego e unha das máximas promesas

do tenis de mesa nacional.

Benito, non podería na semifinal

co burgalés Vilchez, levándose

finalmente o bronce da proba.

Fontes: Oroso TM, Lindeiros.

Equipo do Oroso TM que participou no Nacional. Foto:concello de Oroso

Xornadas Prácticas de Marcha

Nórdica en Santiago

A Fundación USC Deportiva as organiza este mes

A Marcha nórdica é unha

actividade física que consiste

en camiñar empregando uns

bastóns especiais. Dirixidas a

calquera persoa interesada, as

sesións serán os venres 6, 13 e

27 de marzo pola tarde cunha

duración de entre dúas horas e

media e tres horas, e descorrerán

pola Alameda, o Sarela e o

monte Pedroso. O curso estará

impartido por María Cecilia

García Carrara, licenciada en

Ciencias da Actividade Física e

o Deporte, máster en Actividade

Física e Saúde e especializada

en marcha nórdica.

Para participar nesta actividade,

cun máximo de 15 persoas,

deberase formalizar a inscrición

a través da páxina web da USC

Deportiva. O prezo do curso é

de 75 euros ou de 27 por sesión.

Os bastóns específicos para a

marcha nórdica serán proporcionados

pola organización.

Fontes: Fundación USC Deportiva,

Lindeiros

A Federación de

Fútbol denega unha

licenza a un infantil

Ames Novo denuncia que a única causa é

que o certificado de empadroamento

estaba escrito en galego

Despois de varios meses sen

dar licenza a un xogador infantil

da SD Milladoiro que leva varios

anos residindo en Galicia, pero

é natural doutro país, a Federación

Galega de Fútbol expide

unha licenza provisional que o

habilita para xogar en canto non

haxa unha decisión definitiva da

Federación nacional, e esta toma

finalmente a decisión de reter a

ficha, porque un dos documentos

que se lle demandan está escrito

en lingua galega.

Os impedimentos para que o

neno poida xogar ao fútbol nun

club federado teñen a súa orixe

nas controvertidas medidas que a

FIFA impón ás súas federacións

asociadas para evitar o tráfico

de menores; a inscrición ten que

cumprir unha serie de requisitos,

entre eles que os pais do xogador

pasen a residir no país por razóns

non relacionadas co fútbol ou

que o neno leve, a lo menos, cinco

anos residindo ininterrompidamente;

esta é a razón pola que

deben presentar un certificado

de empadroamento, e a Federación

Española aduce para reter a

ficha que a FIFA esixe que toda

a documentación a presentar ante

ela estea nunha das súas linguas

oficiais, e o galego non ten tal

condición.

Ames Novo nunha nota de

prensa denunciaba “Ante esta

inxustiza queremos afirmar en

primeiro lugar que a solicitude

de licenza foi ante a Federación

COMPRO

ORO

Y

PLATA

Rosalía de Castro,34

Local C

Milladoiro

Tfono: 981 533 636

Española, de ter que chegar esta

documentación a FIFA será

ela quen teña que resolver este

problema; en segundo lugar os

certificados de empadroamento

son modelos oficiais que cada

administración ten, e ao igual

que moitos datos no pasaporte

estarán no idioma do país de

orixe do neno, este certificado

estará no idioma da administración

outorgante; en terceiro

lugar o documento é expedido

por unha administración galega

(o Concello de Ames); en cuarto

lugar, despois de varios meses

coa documentación en mans da

Federación Galega e Española

como pode ser quer resolvan

agora denegando, por non entender

un certificado de empadroamento?;

en quinto lugar ,

como é posible que isto ocorra

por primeira vez agora (alguén

dúbida que os certificados de

empadroamento doutras comunidades

con lingua propia son

expedidas nos seus idiomas?).

Como pode ser que o único

prexudicado sexa un neno que

simplemente quere xogar ao

fútbol cos seus amigos no club

da súa localidade”.

O pleno municipal do mes de

marzo aprobou por unanimidade

reclamar a Federación Nacional

que solvente este e outros

problemas do mesmo tipo que

poidan aparecer.

Fontes: Ames Novo, Lindeiros.

30

Lindeiros

A TERRA

Xosé Marcial Díaz Manso

É enxeñeiro agrónomo e gandeiro naceu con concello

de A Bola en Ourense e vive en Ames desde fai

20 anos.Traballou no sistema de

información territorial de Galicia (SITGA) e

actualmente o fai no Instituto de Estudos do

Territorio (IET) da Consellería de

Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas

Novos proxectos relacionados coa agricultura e a gandería ecolóxica xorden como setas no outono

polos montes e veigas de Galicia. O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, o

CRAEGA, desde os seus inicios alá polo ano 1997, ben rexistrando un incremento mantido da

superficie ocupada por este tipo de produción chegando no ano 2014 a unhas 16.000 ha. Estamos

a falar dun crecemento case exponencial que se mantén ano tras ano. Parece que mozos e mozas, e

outros que non o somos tanto, estamos apostando por un sector do que a sociedade demanda produtos

pola súa alta calidade, pola mellora que producen estes sistemas de produción na paisaxe agraria, pola

súa contribución a saúde humana e polo respecto que amosan ao medio ambiente. Estas últimas apartacións

son as que algúns chaman externalidades que tan importantes desde o punto de vista social e

medioambiental, aínda que de difícil contabilización nos presupostos das nosas administracións. Este

outono ecolóxico avanza sen parar polo territorio galego pero non sen atrancos, sen tomas e dacas,

sen disputas e controversias. Unha das mais relevantes é o relacionado coa terra.

A terra, a que tan apegados estamos os galegos, a que case divinizamos como facemos cos nosos

antepasados, a que alimenta en moitos de nós os recordos dunha infancia feliz, é un factor determinante

a hora de iniciar un proxecto agrario. Se non hai unha superficie mínima non e viable iniciar

a actividade especialmente naqueles sectores mais demandantes de terra coma é o gandeiro. A propiedade

tal como a herdamos dos nosos avós non ten a estrutura mínima requirida para potenciar

unha actividade agraria ca que poidamos vivir dignamente nunha sociedade tan demandante de coñecemento,

de conexión e dun mínimo de recursos económicos para non ser un marxinal. Segundo

datos do catastro mais de 1.740.000 de galegos somos propietarios de terra, sen embargo, so uns

80.000 traballan na agricultura e na gandería. Aquí esta o tema. Qué facer ca terra os a posúen e

non son agricultores?. E qué poden facer aqueles que non a teñen pero que a queren cultivar?.

Parece que as medidas que fomentan o arrendamento, as permutas ou a compra - venta como

san as fiscais son as claves para resolver o atranco. Así o están a demostrar heroicos proxectos

o largo e ancho de Galicia, de España e da Unión Europea. Algúns dos produtos destas vigorosas

experiencias os podemos atopar nas tendas mais glamurosas do sector da alimentación, aquelas que

algúns lle chaman delicateses. Mágoa que non se vexan mais na tenda da Lourdes ou no supermercado

da Pilar pois este é seu sitio natural. Pero a de chegar o dia no que ademais de iluminar o sol os seu

escaparates decorados con fermosos chourizos, verzas e mazás, poderemos ver os nosos eidos contribuíndo

a unha fermosa paisaxe agraria, onde o verde da herba sexa o fondo do cadro onde cultivos,

árbores e sebes brinquen servido de soporte, de refuxio e alimento a paxaros e persoas. Uns espazos

onde nos sentamos orgullos@s de visitar no noso tempo libre e degustar os seus produtos nun alpendre

sen mais ruído que o da nosa conversa.

Se algo sabemos facer ben nesta parte do mundo e coma trocar,

como mercar ou vender co veciño, facer dos mercados un lugar humanizado

e de encontro onde ademais de facer negocios gustamos

de comer e beber xunt@s. Os produtos derivados dunha agricultura

ecolóxica ligada a terra poden ser os novos denarios do imperio

que ben.

MERCADILLOS

Ames

- Milladoiro - Luns (83 postos)

- Bertamiráns - Sábados (76 postos)

Boqueixón

- Lestedo - Domingos 15 de marzo e 5 de abril

(80 postos)

Brión

- Pedrouzos - Martes

Frades

- Ponte Carreira - Xoves

Negreira

- Domingos (75 postos)

O Pino

- Día 20 de cada mes

Ordes

- Mércores (130 postos)

Oroso

- Sigüeiro - Sábados (30 postos)

Padrón

- Domingos (750 postos)

Santiago de Compostela

- Martes - Mercadillo Lusco e Fusco en Belvís

- Xoves - Salgueiriños (200 postos)

Trazo

- Benza - Domingos (12 postos)

Teo

- Cacheiras - Sábados

marzo 2015 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:25, 7:35, 8:55, 10:05, 10:15, 12:20,

14:55, 16:05, 18:20, 19:30, 21:50

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro:

981 535 940

Casa da Cultura Bertamiráns:

981 891 017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de

Lestedo: 981 502 297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de

Negreira: 981 885 736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. Sociocultural A Ramallosa:

981 805 700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502 024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

Sábados: 8:50, 10:05, 10:55, 10:55,

12:20, 14:55, 19:30, 21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:05,

12:20, 14:55, 19:25, 19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30,

15:20, 15:30, 18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00,

14:00, 16:00, 20:00, 20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30,

12:00, 18:00, 20:00, 20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 8:10, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 20:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00,

12:00, 13:15, 14:00, 15:00, 16:00, 17:00,

18:00, 19:00, 20:00, 21:00, 22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 14:30, 18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00,19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

HORARIO DE AUTOBUSES, inverno

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:30 (lectivo), 7:50, 8:30, 9:10, 10:00, 10:45,

13:15, 15:00, 16:45, 18:00, 19:00, 20:20 ( L -X lectivos).

*Por Cacheiras 20 minutos máis tarde.

Sábados: 8:30, 10:00, 15:00. 18:15.

Domingos e festivos: 9:00, 18:15

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 13:30 ( lectivo)

14:00, 15:15, 16:30, 18:15( lectivo), 19:00, 20:30,

21:30 ( L - X lectivos)

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40, 9:00, 10:35, 12:45, 16:05

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 12:00, 13:00, 15:30, 18:30, 20:45

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00,

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00,

18:00, 19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:40, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:40, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 06:45 a 20:45 cada hora.

*Bertamiráns 7:10, 8:05 cada hora hasta 21,05.

Sábados: 07:45, de 08:45 cada 2 h. ata 19:45

*Bertamiráns 8:05 ata 20:05 cada dúas horas e 21:45

Domingos e festivos: 08:45, de 09:45 ata

19:45 cada 2 h. e 21:45. *Bertamiráns 9:05

10:05 cada dúas horas ata 20:05 e 21:45

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45, 8:45 ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45 , 10:45 ata

20:45 cada 2 h. e 22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45

ata 20:45 cada 2 h. e 22:30

Autocares Mosquera

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma ) - Santiago

L - V: 7:15, 7:40 ( lectivos) 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 14:30 (lectivos), 17:00, 18:30

( lectivos), 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 6:42, 15:17, 17:23, 20:32

Sábados: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 20:32

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:32, 21:52

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00, 20:00, 22:00 (venres

vísperas de puente)

Sábados: 10:00,14:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00,

21:00 ( fin de puente)

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25,

14:25, 15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25,

14,25, 17:25, 19:25, 21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25,

14:25, 17:25, 19:25, 21:25

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

15:20, 17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00,

14:00, 16:00, 18:15, 20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:10, 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25,

14:25, 15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 08:25, 09:25, 10:45, 12:25,

14:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25,

14:25, 17:25, 19:25, 21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 09:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:30,

15:20, 17:00, 18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00,

14:00, 16:00, 18:15, 20:15.

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:50

Sábados:8:35, 10:50, 14:50, 17:20, 18:35, 22:55

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:15, 14:00,

15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

Aucasa

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

Empresa Freire

Arzúa - Arca - Santiago

L - V: 7:30, 7:55, 8:10, 10:35, 12:05, 14:15, 14:55, 15:40,

18:05, 20:55. *por Arca 25 minutos despois, aprox.

Sábados: 8:10, 12:10, 10:30, 12:10, 15:45, 18:05

Domingos e festivos: 8:05, 12:05, 15:40, 18:05,

20:55 (Sábados non circula)

Santiago - Arca - Arzúa

L - V : 7:00, 9:15, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30,

20:00,21:00 ( Venres lectivos)

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30,

20:00 ( sábados non circula)

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32

Lindeiros

Arturo

Midón

Veciño de Teo

Arturo Midón é un home de

poucas verbas pero está moi

seguro das que di, como cando

lle preguntas si lle gustaba o

colexio e solta un non que non

admite réplicas.

Naceu en Teo, en penelas

pero despois mudou a Cacheiras;

sempre preferiu o campo

as aulas aínda que tampouco

todo, saír coas vacas obrigaba

a estar pendente e case que nin

sentarse e el sempre foi mais de

ir o seu aire; non duda o dicir

que o que mais lle gustaba era

manexar o carro e debía gustarlle

moito porque cos anos

sacou o carne de conducir e dedicouse

a iso toda a vida. Sabe

moi ben o que é o traballo xa

que pasou moitos domingos

preparando achas de leña que

o luns cargaba no carro do que

falabamos e se dirixía a Santiago,

3 horas de viaxe mais o reparto

entre os clientes e a volta;

lembra tamén as xornadas nas

minas de Anxeriz cando sacou

o carne de conducir e pasaba as

horas no camión da canteira a

planta de tratamento e volta a

empezar, unha semana de día

e outra de noite. Pero a vida de

adulto de Arturo pode dicirse

que corre paralela o aeroporto

de Lavacolla; cando deixou

as minas atopou un posto de

bombeiro cando o alí so chegaba

algunha avioneta de cando

en vez e durante máis de 40

anos mantivo ese traballo ata

que se xubilou; un podería pensar

que un aeroporto ten que

dar para moitas anécdotas, que

os avións poden ser bos recordos

pero para Arturo o principal

de eses anos da súa vida e o

compañeirismo, o di sen dubidar

e mesmo con orgullo; aínda

se ve de cando en vez con

algúns de eses compañeiros

e seguro que xuntos lembran

os momentos vividos facendo

simulacros, preparando a comida

xa que os turnos eran de

24 horas, ou estando pendente

de algún vo que facía unha escala

técnica aínda que de todo

iso Arturo valore por enriba de

todo a amizade que os anos e

o tempo pasado xuntos converteu

en fraternal.

So hai unha cousa na que

Arturo coincide con outros

vellos que por esta páxina pasaron:

o gusto polas festas;

todos lembran as mellores e

todos teñen sempre na cabeza

unha boa foliada e si lle sumas

churrasco xa non precisan máis

para ser felices; de Arturo é fácil

aprender que hai que traballar

moito para ter todo o que se

queira pero cando se ten non se

pode esquecer que nos amigos

e nos momentos con eles está a

felicidade.

Urdilde, 27 de febreiro de 2015

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!