20.02.2015 Views

C L U B E D E L EC TO R E S - Biblos

C L U B E D E L EC TO R E S - Biblos

C L U B E D E L EC TO R E S - Biblos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Breviario - Narrativa

6

Breviario

Non son moi afeccionado

1. ás efemérides pero

chamoume a atención que

en xaneiro deste mesmo

ano se cumprían cincuenta

anos do falecemento de

Dashiell Hammett, sen

dúbida un dos grandes

dun xénero que, cando

menos en min, deixou

como imperecedoiros na

memoria os nomes de

Sam Spade, Nick e Nora

Charles ou títulos como

Colleita vermella ou O

falcón maltés, que piden

xa unha tradución á nosa

lingua.

Sinalo todo isto porque

2. se engaden arestora a esta

tradición algúns títulos

como son a ópera prima

de Xosé Manuel García

López, que inaugura con

Pegadas nun labirinto

baleiro a súa presenza

como narrador e, ao

tempo, abre os camiños

a un novo investigador

vigués chamado Amador

Ribeiro; a este libro súmase

a proposta dun dos autores

máis destacados do xénero

como é Miguel Anxo

Fernández que, con Lume

de cobiza, recupera de

novo a figura do detective

Frank Soutelo nun texto

pragado de cinefilia e con

grandes doses de retranca;

por último chega unha

novela da man do poeta

e narrador pontevedrés

Domingo Tabuyo quen, ao

que parece, realiza un xiro,

non sei se copernicano,

respecto das anteriores

mostras literarias que se

coñecían ata hoxe. Sen

dúbida son excelentes

noticias estas novelas

que se veñen a engadir,

estou convencido que

con dignidade e acerto, a

unha nómina de creacións

que cada vez máis van

alén da intriga puramente

policial asomándose a

outro tipo de intrigas

e esquemas como ben

amosou o Asasinato

no Consello Nacional

de Diego Ameixeiras,

significativamente

premiado hai pouco pola

Federación de Libreiros.

A tradución recente ao

castelán desta última

novela ou a proxección

internacional das novelas

de Domingo Villar

testemuñan que os nosos

narradores de novela

negra, alén de fidelizar a

moitos lectores entre nós,

manteñen un alto nivel de

esixencia cada vez máis

recoñecido.

Ramón Nicolás

Miguel Anxo Fernández

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño,

Ourense, 1955 ) é crítico de cine,

historiador e profesor de Comunicación

Audiovisual na Universidade de Vigo.

Como historiador e ensaísta, é autor

de Carlos Velo. Cine e exilio (1996),

As imaxes de Carlos Velo (2001), A

Bella Otero, pioneira do cine (CGAI,

2003), Emilio Baños Santos. Unha vida

entre películas (CGAI, 2003), Rodado

en Galicia (2005, 2007) e Las imágenes

de Carlos Velo (UNAM, México, 2007),

entre outras. Tamén coordinou con

José Luis Cabo de Dicionario do Cine en

Galicia 1896-2008 (CGAI, 2008). En canto

a ficción, publicou O sabre do francés

(2002), Capitol, última sesión (2004) e O

sangue dos Cortiña (2004), ademais de

crear o personaxe do detective Frank

Soutelo para Un nicho para Marilyn

(Premio de Novela García Barros, 2002),

Un luar no inferno (2006) e Tres disparos

e dous friames (2008). As súas obras

O sabre do francés e Lume de cobiza,

serán levadas ás imaxes proximamente

por produtoras galegas.

O sabre do francés

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 cm 158 páxinas

ISBN: 84-8288-513-8 12,30 €

Capitol, última sesión

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 166 páxinas

ISBN: 978-84-8288-749-4 12,40 €

O sangue dos Cortiña

A Nosa Terra Rústica

12 × 22 96 páxinas

ISBN: 84-96203-72-7 9 €

Á venda só en pedido conxunto por importe

superior a 9 €

Un nicho para Marilyn

Galaxia

Rústica

14 × 21cm 144 páxinas

ISBN: 84-8288-672-X 13,40 €

Luar no inferno

Galaxia

Rústica

14 × 21 cm 244 páxinas

ISBN: 978-84-8288-928-3 14,90 €

Tres disparos e dous friames

Galaxia

Rústica

14 × 21 cm 234 páxinas

ISBN: 978-84-9865-094-5 15,20 €

Miguel Anxo Fernández

Lume de cobiza

Transcorrida a súa peripecia de sabuxo en Hollywood, Frank Soutelo

regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Mantendo a súa

retranca, resolve o expedente dun mozo que vén de morrer pero que

a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Soutelo rematará

mergullado no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga

de lumes que arrasou o país no verán de 2006. Percorrendo boa parte

da nosa xeografía, Miguel Anxo Fernández pasea a Soutelo e ao

tempo reloce a súa alma de ecoloxista con lembranzas que o levan a

unha paisaxe de carballos vinculadas co seu pai exiliado. Incorporando

novos personaxes como o ex garda civil ou a axudanta Dalia Maxino,

ademais do inevitable Sugar Jones, de visita nun congreso internacional

arredor de Tánatos.

Galaxia Rústica 13,5 × 21 cm 284 páxinas

ISBN: 978-84-9865-367-0 18,52 €

CINE

As imaxes de Carlos Velo

A Nosa Terra Rústica

13,5 × 21 cm 318 páxinas

ISBN: 84-95350-98-X 15,75 €

Rodado en Galicia. 1916-2004

C. A. G. Cartonado

24,5 × 22,5 cm 608 páxinas

ISBN: 84-609-4591-X 29,64 €

O Carballiño.

Vellas historias, vellas fotografías

(1870-1970)

Xociviga

Rústica

25,5 × 22,5 cm 202 páxinas

ISBN: 84-604-3970-4 11 €

DOMINGO VILLAR

Ollos de auga

Un asasinato na illa de Toralla vai ser

investigado por Leo Caldas. O asunto

vai salpicar os círculos da alta burguesía

viguesa. Suspense e tamén

humor están na raíz desta novela

policíaca de ambientación urbana,

tamén adaptada ao cine.

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 cm 248 páxinas

ISBN: 978-84-8288-927-6

15,68 €

Domingo Tabuyo

Domingo Tabuyo

Svea Kött

(carne sueca)

Sindo Romero, comisario xefe da Sección

de Investigacións Especiais (SIES) e home

de gran valía nas máis complexas pescudas,

acaba de enterrar un ser querido en

Arousa, máis terá que voltar deseguido a

Madrid para resolver o asasinato dun tipo

que apareceu morto ao pé dunha libraría

especializada en textos palestinos e de

países da área de Oriente Medio. A aparición

doutro cadáver que leva na carteira

un recorte de periódico, desta volta en

Cambados, aboa as dúbidas sobre a posible

conexión entre ambos os dous crimes.

Xerais

Rústica

14,5 × 22,5 cm 160 páxinas

ISBN: 978-84-9914-234-0

15,34 €

DOMINGO VILLAR

A praia dos afogados

A marea deixa na beiramar o cadáver

dun mariñeiro. Ten as mans atadas e

non hai nin rastro da súa embarcación.

O inspector de policía Leo Caldas

asume a investigación e os veciños

dirixen as súas sospeitas cara

a unha insólita dirección.

Galaxia

Rústica

13,5 × 21 cm 512 páxinas

ISBN: 978-84-9865-180-5

18,91 €

Domingo Tabuyo (Pontevedra,

1957) é profesor de Historia no

ensino secundario e deputado

electo pola provincia de

Pontevedra. É autor dunha

longa obra poética que

iniciou en 1993 con Manual de

Urxencias e Retornos, poemario

que mereceu o accésit do

Premio González Garcés

convocado pola Deputación

da Coruña. Posteriormente

obtivo outros premios: o

Cidade de Ourense de 1997

por Balsaín Blues e o Avelina

Valladares de 1999, convocado

polo concello da Estrada, por

Nos Tempos da Invernía. A Luz

Secreta, publicado no 2002

dentro da colección Tambo da

Deputación de Pontevedra, e

Caderno de París (2010) son os

seus poemarios máis recentes.

Como narrador publicou

Carmín no 2002.

DOMINGO TABUYO

Carmín

Novela de intriga ambientada

en Cambados na que o

decurso dunha investigación

na procura dunha muller engaiola

ao lector ata o seu sorprendente

remate.

Xerais

Rústica

13 × 21 cm 216 páxinas

ISBN: 978-84-8302-857-5

11 €

ANÍBAL C. MALVAR

Á de mosca

É o nome da cocaína en estado moi

puro, segunda en calidade tras a pasta

de coca; chámaselle así porque

adoita cristalizar, e as lascas son moi

parecidas aos élitros dos insectos.

Xerais

Rústica

13 × 21 cm 248 páxinas

ISBN: 84-8302-210-9

13,60 €

CARLOS G. REIGOSA

A guerra do tabaco

Don Orlando é o máis veterano dos

contrabandistas de tabaco. Un descoñecido

quere arrebatarlle o control e

el non descansará ata descubrir quen

é. O detective Nivardo Castro e o xornalista

Carlos Conde investigan uns

accidentes ocorridos na mesma zona.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 296 páxinas

ISBN: 84-9782-230-7

17,58 €

Xosé Manuel García

López

Pegadas nun

labirinto

baleiro

Narración que mestura as características da novela

negra ou policial e o realismo fantástico da tradición

cultural galega. O protagonista é Amador

Ribeiro, un inspector de policía de Vigo, violento

e solitario, amigo do xogo e do alcohol, que un día

recibe o encargo de investigar a aparición duns cadáveres

nos montes da vila de Lenzo. Os corpos teñen

un aquel que os afasta do aspecto dos cadáveres

deixados por un asasino convencional.

Baía

Rústica

14,5 × 21 cm 392 páxinas

ISBN: 978-84-92630-80-6

17,10 €

DIEGO AMEIXEIRAS

Asasinato no Consello

Nacional

Novela de intriga na que un detective

debe investigar o crime dun parlamentario

do BNG, ocorrido logo

do Consello Nacional no que a executiva

presentou a dimisión pola derrota

que devolveu a maioría ao PP.

Xerais

Rústica

14,5 × 22 cm 376 páxinas

ISBN: 978-84-9914-171-8

18,05 €

Narrativa

7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!