20.02.2015 Views

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

74

SANIDADE

DÉBESE EVITAR QUE SE AMOREEN O LIXO,

ESTERCO, MATERIAL VEXETAL CORTADO

OU MATERIAIS EN DESCOMPOSICIÓN

NAS PROXIMIDADES DA GRANXA, ASÍ

COMO EMPREGAR CONTEDORES PARA

DEPOSITAR OS RESTOS

O esterco é un dos medios onde mellor se desenvolven as larvas de mosca

Un bo plan de desinsectación pode dividirse en dúas

partes. A primeira consiste en aplicar medidas para restrinxir

a entrada das moscas na explotación e frear a súa

reprodución. A segunda contempla a redución do número

de moscas de forma activa mediante o uso de diferentes

métodos físicos, químicos ou biolóxicos.

É necesario realizar unha boa planificación das medidas

a aplicar, xa que a ampla variedade de aloxamentos gandeiros

e de sistemas de manexo tende a complicar o control

de moscas. O que funciona ben nunha granxa pode

ser inútil noutra.

A) ACTUACIÓNS DE DEFENSA

Un primeiro paso para acadar o control destes insectos

pódese realizar de xeito pasivo, impedindo o acceso das

moscas á explotación ou mellorando a hixiene, retirando

con frecuencia a materia orgánica. Son accións nas que o

gandeiro non adoita reparar, ou simplemente non lles dá a

importancia que realmente teñen, e son sumamente eficaces,

de maneira que incluso poden resolver o problema sen

ter que aplicar outras medidas de control.

MEDIDAS DE CONTROL HIXIÉNICAS

Como xa se comentou con anterioridade, as moscas domésticas

aliméntanse de materia orgánica en descomposición,

lixo, excrementos ou terra contaminada, polo

que a presencia destes restos tanto no interior como nas

proximidades das explotacións constituirá unha fonte de

alimentos para as moscas e as súas larvas, o que se traducirá

nun maior número destes insectos. Por estas razóns,

a atención da hixiene básica da explotación é, sen lugar a

dúbidas, o punto máis importante para reducir o impacto

negativo das moscas.

A limpeza das zonas próximas á explotación fará baixar

notablemente a poboación de adultos, xa que as moscas

non poderán propagarse en grandes números se as súas

fontes de comida son limitadas. Débese evitar que se amoreen

o lixo, esterco, material vexetal cortado ou outros materiais

en descomposición nas proximidades da granxa, así

como empregar contedores para depositar os restos.

Xa no interior das instalacións, a correcta execución de

procedementos de limpeza e desinfección asegura a eliminación

de restos de produtos alimenticios que poidan servir

de atracción ou fonte de alimento para estes insectos,

principalmente silos fermentados. Neste mesmo sentido,

tamén é recomendable manter limpos os bebedeiros e almacenar

a comida dos animais en lugares secos e afastados

na medida do posible da corte.

É común destinar tódolos esforzos a proxectar as dependencias

de acordo cos animais e as súas mellores condicións

de produción, pero en xeral non se teñen en conta

outros factores que evitan o desenvolvemento das moscas.

Por exemplo, aspectos de construción que faciliten a hixienización

periódica dos establecementos.

Limpar os corredores e as zonas de maior concentración

de suciedade a diario, e as esquinas e zonas de máis difícil

acceso alomenos unha vez á semana nos meses de verán,

permite reducir considerablemente o número destes insectos.

Ademais, o deseño das instalacións dedicadas á cría

dos animais representa un dos máis importantes puntos

críticos de control.

A ventilación é moi importante para manter unha axeitada

circulación do aire dentro dos aloxamentos animais,

afecta á taxa de evaporación e pode resultar crítica na xeración

dun ambiente seco abondo como para suprimir a cría

das moscas.

Usar produtos para impedir que se formen costras na superficie do xurro impide

que as moscas críen nel

LIMPAR OS CORREDORES A DIARIO E

AS ESQUINAS E ZONAS DE MÁIS DIFÍCIL

ACCESO ALOMENOS UNHA VEZ Á SEMANA

NOS MESES DE VERÁN PERMITE REDUCIR

CONSIDERABLEMENTE O NÚMERO

DE MOSCAS

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!