66 REPRODUCIÓN No resto dos casos, aconsello traballar do xeito habitual e esquecerse desta opción. Para apoiar esta tese recorro aos datos de Canadá que resumen a actividade de sexaxe e splitting (división) de embrións desde o ano 2000. Os últimos datos dispoñibles son do 2007: un total de 2.500 embrions foron transferidos sexados (dentro desta cantidade, os frescos foron o dobre cós conxelados). Son cifras importantes que se manteñen durante os últimos anos, pero que representan o 3,5% da produción de embrións, é dicir, que é algo que se fai pero nunha medida moi concreta. O mesmo sucede no caso da división dos embrións. É unha práctica en vigor , que realmente se usa, pero que só representa o 1,5% da produción. A UTE de Bos ofrecerá desde as súas novas instalacións servizos de división e sexaxe de embrións A SEXAXE DE EMBRIÓNS DEBE APLICARSE SÓ EN GRANXAS CON RESULTADOS ACEPTABLES EN TRANSFERENCIA EMBRIONARIA, SÓ CON VACAS DOANTES QUE NON PRODUZAN MACHOS DE VALOR E QUE ADEMAIS PRODUZAN MOITOS EMBRIÓNS, E NO CASO DE QUE ESCASEEN AS RECEPTORAS FECUNDACIÓN IN VITRO A produción de embrións in vitro consiste en fecundar os ovocitos da vaca no laboratorio e despois cultivar durante unha semana os embrións resultantes. Os ovocitos atópanse no interior dos folículos no ovario. Extraerémolos de ovarios de vacas recén mortas ou de vacas vivas mediante técnicas que describiremos máis tarde. Trátase de reproducir no laboratorio os acontecementos que se dan na vaca viva dentro do ovario, no oviducto e no útero, ata lograr embrións viables de 7 ou 8 días de vida en condicións de ser transferidos a receptoras para lograr crías vivas. A medida que se achega o momento da ovulacion, os ovocitos experimentan cambios importantes, iniciándose unha maduración que continúa xa no oviducto, ata que están listos para ser fecundados. O seme tamén experimenta modificacións durante a súa viaxe polo tracto xenital, a chamada capacitación espermática, ata topar cos ovocitos, debendo estar ambos nun ambiente idóneo para que se dea a verdadeira fecundación: a fusión das membranas do espermatozoide e o ovocito, que permitirá a penetración e a unión dos núcleos e, a partir de aí, a división celular. Unha vez que esta se produce, o oviducto fará o cultivo dos novos embrións, variando gradualmente as súas condicións durante uns 5 días, ata que comezan a pasar ao útero. Cada unha destas fases hai que reproducila fielmente no laboratorio, logrando as condicións de temperatura, humidade, atmósfera (concentración de osíxeno e dióxido de carbono), etc. correspondentes a cada fase, ademais da composición dos medios e substancias que manteñen e nutren os embrións. E todo isto, durante unha semana. É unha técnica sumamente complexa. No tocante á captación dos ovocitos: No caso de vacas mortas, os ovarios transpórtanse en soro atemperado rapidamente ao laboratorio, onde se extraen os folículos presentes. Pode facerse para produción en masa, mesturando ovocitos de diferentes vacas, ou pódense rescatar os ovarios dunha vaca valiosa recén morta e tratalos por separado. No caso de vacas vivas, a técnica máis empregada é a da Aspiración Transvaxinal Guiada por Ecografía (OPU). Pode facerse 2 veces por semana no mesmo animal sen superovulación. Actualmente a tendencia é facela con tratamentos de superovulación, dado que mellora a taxa de produción de embrións. Pode facerse en xovencas e tamén en femias xestantes, ata os tres meses de preñez aproximadamente. Os ovocitos aspirados dos folículos que se puncionan pasan por tubos con medio adecuado e heparina para evitar os coágulos. É importante manter a temperatura do local e as condicións de aspiración. Rapidamente deben localizarse os ovocitos e poñerse a madurar. A etapa de maduración dura 1 día enteiro (24 horas) nunhas condicións moi determinadas: a 38,5 ºC en atmósfera normal, pero co CO2 controlado ao 5%. Esta etapa dá paso á fecundación propiamente dita, que consiste en cultivar durante unhas 20 horas nas mesmas condicións anteriores, pero xa en presenza de espermatozoides, co seme previamente preparado. Despois pásase á fase de cultivo, que durará unha semana e normalmente en atmosferas de CO2 ao 5% e osíxeno ao 5% Os laboratorios de produción in vitro empregan diferentes medios, polo que teñen tamén diferentes taxas de división celular, de blastocistos, de preñeces e de problemas durante a xestación e o parto. Existen moitos laboratorios que teñen esta técnica ben montada, para varias especies (para bovino tamén), con moi bos resultados en canto a taxa de blastocistos. Pero a maioría son destinados á investigación e non se transfiren. Os laboratorios que si transfiren estes embrións reportan datos que evidencian un abismo de diferencia entre producir embrións de calidade e producir embrións capaces de manter xestacións e rematalas con éxito. A produción en masa facilita a viabilidade dos embrións, mentres que a produción de vacas vivas individualmente complica moito o proceso, encarece e reduce o resultado. O maior espoñente de transformación en laboratorio de ovocitos a crías vivas atopámolo en Brasil (arredor do 50% de todos os embrións in vitro do mundo, só un 4% conxelados), seguido de Asia (China e Xapón) e Norteamérica. AFRIGA ANO XV - Nº 80
¡la crítica es unánime! DIAS AND DIAS TOYSTORY 160 nº 3 ICO abril <strong>2009</strong> “¡TOYSTORY es uno de los mejores toros que yo he usado!” “Tengo 60 nuevas novillas de TOYSTORY y no hay ninguna mala. He utilizado muchos de los toros más populares a lo largo de los últimos 30 años, y nunca he visto un toro con este gurpo de hijas tan consistente y uniforme.” “Tienes la perfecta combinación entre TIPO y LECHE con TOYSTORY. ¡Es el paquete completo!” Richard Dias, Dias & Dias Dairy 800 vacas en ordeño en Kingsburg, California Eurodistribución Ganadera, SL - CRI España