20.02.2015 Views

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

66

REPRODUCIÓN

No resto dos casos, aconsello traballar do xeito habitual

e esquecerse desta opción. Para apoiar esta tese recorro

aos datos de Canadá que resumen a actividade de sexaxe

e splitting (división) de embrións desde o ano 2000. Os

últimos datos dispoñibles son do 2007: un total de 2.500

embrions foron transferidos sexados (dentro desta cantidade,

os frescos foron o dobre cós conxelados). Son cifras

importantes que se manteñen durante os últimos anos,

pero que representan o 3,5% da produción de embrións, é

dicir, que é algo que se fai pero nunha medida moi concreta.

O mesmo sucede no caso da división dos embrións. É

unha práctica en vigor , que realmente se usa, pero que só

representa o 1,5% da produción.

A UTE de Bos ofrecerá desde as súas novas instalacións servizos

de división e sexaxe de embrións

A SEXAXE DE EMBRIÓNS DEBE APLICARSE

SÓ EN GRANXAS CON RESULTADOS

ACEPTABLES EN TRANSFERENCIA

EMBRIONARIA, SÓ CON VACAS DOANTES

QUE NON PRODUZAN MACHOS DE VALOR

E QUE ADEMAIS PRODUZAN MOITOS

EMBRIÓNS, E NO CASO DE QUE ESCASEEN

AS RECEPTORAS

FECUNDACIÓN IN VITRO

A produción de embrións in vitro consiste en fecundar os

ovocitos da vaca no laboratorio e despois cultivar durante

unha semana os embrións resultantes. Os ovocitos atópanse

no interior dos folículos no ovario. Extraerémolos de

ovarios de vacas recén mortas ou de vacas vivas mediante

técnicas que describiremos máis tarde.

Trátase de reproducir no laboratorio os acontecementos

que se dan na vaca viva dentro do ovario, no oviducto e no

útero, ata lograr embrións viables de 7 ou 8 días de vida

en condicións de ser transferidos a receptoras para lograr

crías vivas.

A medida que se achega o momento da ovulacion, os

ovocitos experimentan cambios importantes, iniciándose

unha maduración que continúa xa no oviducto, ata que

están listos para ser fecundados.

O seme tamén experimenta modificacións durante a súa

viaxe polo tracto xenital, a chamada capacitación espermática,

ata topar cos ovocitos, debendo estar ambos nun ambiente

idóneo para que se dea a verdadeira fecundación: a

fusión das membranas do espermatozoide e o ovocito, que

permitirá a penetración e a unión dos núcleos e, a partir de

aí, a división celular.

Unha vez que esta se produce, o oviducto fará o cultivo

dos novos embrións, variando gradualmente as súas condicións

durante uns 5 días, ata que comezan a pasar ao

útero.

Cada unha destas fases hai que reproducila fielmente

no laboratorio, logrando as condicións de temperatura,

humidade, atmósfera (concentración de osíxeno e dióxido

de carbono), etc. correspondentes a cada fase, ademais

da composición dos medios e substancias que manteñen e

nutren os embrións. E todo isto, durante unha semana. É

unha técnica sumamente complexa.

No tocante á captación dos ovocitos:

No caso de vacas mortas, os ovarios transpórtanse en

soro atemperado rapidamente ao laboratorio, onde se extraen

os folículos presentes. Pode facerse para produción

en masa, mesturando ovocitos de diferentes vacas, ou pódense

rescatar os ovarios dunha vaca valiosa recén morta e

tratalos por separado.

No caso de vacas vivas, a técnica máis empregada é a

da Aspiración Transvaxinal Guiada por Ecografía (OPU).

Pode facerse 2 veces por semana no mesmo animal sen

superovulación. Actualmente a tendencia é facela con tratamentos

de superovulación, dado que mellora a taxa de

produción de embrións. Pode facerse en xovencas e tamén

en femias xestantes, ata os tres meses de preñez aproximadamente.

Os ovocitos aspirados dos folículos que se puncionan pasan

por tubos con medio adecuado e heparina para evitar

os coágulos. É importante manter a temperatura do local e

as condicións de aspiración. Rapidamente deben localizarse

os ovocitos e poñerse a madurar.

A etapa de maduración dura 1 día enteiro (24 horas)

nunhas condicións moi determinadas: a 38,5 ºC en atmósfera

normal, pero co CO2 controlado ao 5%.

Esta etapa dá paso á fecundación propiamente dita, que

consiste en cultivar durante unhas 20 horas nas mesmas

condicións anteriores, pero xa en presenza de espermatozoides,

co seme previamente preparado.

Despois pásase á fase de cultivo, que durará unha semana

e normalmente en atmosferas de CO2 ao 5% e osíxeno ao

5%

Os laboratorios de produción in vitro empregan diferentes

medios, polo que teñen tamén diferentes taxas de

división celular, de blastocistos, de preñeces e de problemas

durante a xestación e o parto.

Existen moitos laboratorios que teñen esta técnica ben

montada, para varias especies (para bovino tamén), con

moi bos resultados en canto a taxa de blastocistos. Pero a

maioría son destinados á investigación e non se transfiren.

Os laboratorios que si transfiren estes embrións reportan

datos que evidencian un abismo de diferencia entre producir

embrións de calidade e producir embrións capaces de

manter xestacións e rematalas con éxito.

A produción en masa facilita a viabilidade dos embrións,

mentres que a produción de vacas vivas individualmente

complica moito o proceso, encarece e reduce o resultado.

O maior espoñente de transformación en laboratorio de

ovocitos a crías vivas atopámolo en Brasil (arredor do 50% de

todos os embrións in vitro do mundo, só un 4% conxelados),

seguido de Asia (China e Xapón) e Norteamérica.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!