20.02.2015 Views

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

42

ECONOMÍA

Esta dependencia da industria na fabricación do leite envasado

aínda é maior no caso de Galicia, por dedicarlle un

62% do leite recollido, quedando outro 10% para queixos e

produtos frescos, mentres que o 25% restante se transporta

como leite cru para industrializar fóra da comunidade.

A maior parte das vendas de produtos lácteos teñen lugar

nos establecementos da gran distribución, nos híper e

supermercados, que concentran máis dun 85% das compras

dos fogares, quedando menos do 15% restante para as

tendas tradicionais de alimentación.

Unha parte crecente destas vendas non son realizadas coas

propias marcas dos seus fabricantes, senón coas da distribución.

Desde que se comezaron a utilizar as marcas brancas ou

do distribuidor, hai xa uns 20 anos, non deixaron de ir aumentando

o seu peso nas vendas de diversos produtos alimentarios.

O leite envasado foi un dos primeiros produtos utilizados,

pero actualmente esténdense aos tipos máis correntes de

queixos e aos iogures de diversos tipos.

A gran distribución utiliza o leite envasado como “produto

reclamo” para atraer os consumidores aos seus establecementos.

Esta estratexia non é gravosa para os seus

intereses, porque a menor marxe percibida polo venda

do leite coa súa marca de distribuidor é compensada coa

cargada na ampla variedade de produtos que ofrecen nos

seus establecementos. Polo contrario, afecta gravemente a

produtores e industriais, que dependen totalmente do leite,

posto que reduce a marxe da industria, que a traslada en

forma de prezos mais baixos aos produtores.

En España hai un uso abusivo do leite como produto

reclamo, como se pode observar ao comparar o seu prezo

co existente noutros países. Mentres que as diferenzas nos

prezos das marcas de fabricante son reducidas, nas marcas

brancas son uns 10-12 céntimos menores en España que

en Francia e Gran Bretaña. Incluso no caso de Francia se

pode comprobar que os prezos das marcas brancas de empresas

de distribución que operan nos dous países, como

son Carrefour e Alcampo, están uns 12 céntimos por debaixo

en España (Gráfico 5).

Precisamente no período de prezos elevados do leite da

segunda metade de 2008 houbo un forte avance destas

marcas, que aumentaron case un 10% nas vendas a costa

das primeiras marcas, o que explica precisamente o comportamento

no último ano destas empresas con reducións

significativas no leite recollido e mesmo a crise aberta en

Pascual nas últimas semanas.

Boa parte dos consumidores que cambiaron ás marcas

brancas ante as fortes subidas de prezos _que levaron ás

primeiras marcas a superar un euro por litro_, seguiron a

consumilas cando o seu prezo foi descendendo, nun tempo

no que a crise económica lles empuxaba a facer aforros onde

fose posible. Deste modo comezou unha marcha atrás nos

prezos ao consumo, que nas últimas semanas volve situar as

marcas brancas case ao nivel dos prezos existentes a comezos

de 2007, entre 0,50 e 0,55 euros por litro (Cadro 1).

Esta baixa nos prezos na distribución é realizada a costa

de reducir os prezos do leite envasado ás industrias, que a súa

vez a transmiten en forma de novas baixas aos gandeiros.

Despois de ter examinado estas características específicas

do mercado español de produtos lácteos, estamos en

mellores condicións de entender un feito relativamente

contraditorio: que o prezo ao produtor en España se manteña

en xeral, salvo en períodos moi puntuais, por debaixo

da media europea, tendo en conta a situación deficitaria no

noso mercado.

Como se pode apreciar no gráfico adxunto, entre os anos

2001 e 2006 o prezo do litro de leite en España foi de 1

a 2 céntimos inferior ao da media da Unión Europea e ao

rexistrado en Francia. Tan só se situou por riba durante a

forte subida da segunda metade de 2007 e a comezos de

2008 (Gráfico 6).

Deste modo, en España non ocorre coma noutros países

que, sendo tamén deficitarios na produción, manteñen uns

prezos considerablemente superiores. É o caso de Grecia

ou o de Italia, que entre os anos 2001 e 2006 tivo un prezo

6 céntimos superior ao de España, aínda que a crise actual

ten levado os prezos dos primeiros meses deste ano a anular

esas diferenzas.

Ao noso entender, esta situación é debida sobre todo a

tres asuntos, que cobran aínda máis relevancia na actual

situación de baixos prezos.

O primeiro ten que ver coa elevada dependencia das

industrias do leite envasado, no que as marcas brancas

controlan un volume crecente das vendas e a estratexia da

gran distribución é utilizar un baixo prezo do leite como

reclamo ante os consumidores. Esta situación recorta

as marxes de beneficio das industrias, que á súa vez, na

maioría dos casos, trasládana en forma de menores prezos

aos consumidores.

Ata o ano 2007, as principais industrias defendéronse

desta estratexia mediante o lanzamento de novos produtos

coma os leites enriquecidos, que lles permitían diversificar

a oferta e polos que obtiñan un prezo considerablemente

superior. O mellor exemplo desta estratexia

foi o de Puleva co leite Omega-3, que superou así no

valor destas vendas a Pascual, que era a anterior marca

líder. Os elevados prezos do segundo semestre de 2007

provocaron unha perda de mercado destas empresas e

un avance das marcas brancas e provocaron unha redución

do leite recollido en Galicia.

Desta maneira, a situación do mercado deteriorouse para

a case totalidade das empresas e provocou un comportamento

máis agresivo que agrava os efectos da situación de

crise de prezos. Coa finalidade de reducir o custo do leite a

industrializar, boa parte das empresas realizan importacións

de leite que entran a prezos considerablemente inferiores

aos que resultarían do prezo en orixe aos produtores máis o

transporte, posto que son vendas de excedentes deses países.

Estas importacións en condicións de dúmping presionan

os prezos á baixa e teñen colocado a unha pequena parte

da produción abandonada por algunhas empresas a prezos

moi baixos, que son incluso inferiores aos que resultarían

de utilizar ese leite para a venda de leite en po e manteiga

á intervención.

Aos dous asuntos anteriores, da estratexia abusiva da

distribución no uso de leite como produto reclamo e da

presión exercida polas importacións de leite a baixo prezo,

engádese un terceiro non menos importante, que é o da

deficiente organización da produción en España.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!