20.02.2015 Views

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

26

EXPLOTACIÓN

GANDERÍA CAPÓN. ANDEMIL-VILAÚXE (CHANTADA)

De esquerda a dereita, Águeda, Roi, Marisol e Manuel, na galería da casa

UNHA APOSTA DECIDIDA POLA CRÍA EN EXTENSIVO

Na Gandería Capón trabállase ao vello estilo: vacas nos prados, silos de herba

e ausencia de millo. O toque moderno é a paixón dos propietarios pola xenética

canadense e os concursos de gando. Nesta granxa chantadina hai máis de 40 vacas en

produción e outras tantas xovencas. Toda a recría se fai na casa.

A Gandería Capón tivo a súa base na vella explotación

familiar, que ata 1985 foi mixta. Nese ano comeza a funcionar

dedicada só á produción de leite, partindo dunha cota

de 40.000 litros e 11 vacas. En anos sucesivos, os propietarios

foron adquirindo dereitos de produción no mercado

libre, sufrindo en directo a escalada de prezos _desde as 28

pesetas por litro dos primeiros tempos ata as 110 que se

pagaban cando se eliminou a compravenda entre particulares_.

Grazas a que asumiron os dereitos dunha gandería

veciña que cesou (80.000 quilos), a granxa puido chegar a

unha cota actual de 450 toneladas.

Manuel Capón (48 anos), a súa dona Marisol Fernández

(44) e os seus fillos Roi (18) e Águeda (15) compoñen

unha familia moi gandeira. Marisol, antiga decoradora de

cerámica en Ourense, adaptouse sen problemas ao oficio e

á vida no campo. Os dous rapaces están decididos a estudar

Veterinaria e seguir adiante coa explotación, ademais de ser

manexadores premiados en multitude de concursos, unha

auténtica paixón para a familia.

A fórmula desta explotación é netamente tradicional,

baseada no pastoreo. As vacas permanecen ceibas todo o

tempo, pacendo nos prados que rodean a explotación. Levan

unha vida exenta de estrés que se traduce en produ–

cións moderadas pero unha gran lonxevidade _ata 9 partos_,

así como nunha ausencia case total de problemas de patas.

A cabana gandeira está organizada en lotes de idade.

Unha vez que as xovencas se destetan, permanecen nun

establo habilitado para elas durante 12 meses. A partir dese

tempo comezan a súa vida nos prados, onde se manteñen

en parcelas pechadas e lotes de seis ou sete animais.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!