20.02.2015 Views

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

22

ADMINISTRACIÓN

_Entendo que está ao corrente de

que hai axudas dos últimos anos que

aínda non se cobraron, por conceptos

como a incorporación de mozos

á actividade agraria.

_Efectivamente, hai axudas pendentes

de pagar. Desde que asumimos

a Consellería estamos tratando de

revisar o que hai pendente e pagalo

rapidamente. Antes incluso que

adiantar cartos temos que pagar o

que se debe, iso é o lóxico, e estamos

a traballar todo o rápido que podemos

nesta materia. Calculamos que

hai 6 millóns de euros pendentes de

pagar en todos os conceptos. Hai que

ter en conta que isto esixe un esforzo

non pequeno por parte da facenda da

Comunidade Autónoma, porque os

pagos fanse por orde de entrada e as

arcas da Comunidade teñen un furado

importante. Entón, poñer estes

pagos por diante é un esforzo importante

de tesourería.

_¿A Consellería vai poder implicarse

dalgún xeito no ERE da planta de

Pascual en Outeiro de Rei?

_A Consellería está implicada sempre

cando hai un problema no sector,

pero este tipo de decisións son empresariais.

A Xunta pode axudar a que

esta decisión dorosa non se produza,

se é posible. Se ten que producirse

porque a empresa así o decide e non

ve outra alternativa, trataremos de

apoiar todas as iniciativas que poidan

xurdir para manter a planta en funcionamento,

estaremos abertos a todas.

Pero, evidentemente, a Administración

non pode tomar decisións que

son das empresas. A información que

eu teño é que Pascual está aínda considerando

opcións. A que a nós nos

comunicaron foi a redución da actividade,

e incluso buscar un comprador

para a planta de Outeiro de Rei. Eu

confío que a empresa nos teña ao corrente,

comprometeuse a iso.

_O mapa da industria láctea en

Galicia, onde só hai unha empresa

de capital galego e o resto son foráneas,

¿non é moi inestable para o

produtor?

_Eu penso que o sector lácteo, no

conxunto de España en xeral, non ten

a mellor situación. Non é todo o forte

que nos gustaría que fora. Estas crises

cíclicas, estas ondas de prezos altos

e baixos, coa situación deficitaria de

“PASCUAL

COMPROMETEUSE A

TERNOS AO CORRENTE

DO QUE FAGA. NÓS

TRATAREMOS DE APOIAR

TODAS AS INICIATIVAS

QUE POIDAN XURDIR

PARA MANTER A PLANTA

DE OUTEIRO DE REI EN

FUNCIONAMENTO”

produción que ten o noso país, leva a

que o sector estea exposto á competencia

das empresas do resto de Europa.

No conxunto de España sería necesario

artellar un plan estratéxico para a

industria, para unha reestruturación

da industria láctea a longo prazo.

_A súas declaracións recentes apuntan

a que a Xunta non debe promover

a creación dun grupo lácteo galego.

_Eu dixen repetidas veces que a Administración

non está para promover

e liderar iniciativas empresariais,

senón para poñer as condicións para

que as empresas e as cooperativas

poidan desenvolver os seus proxectos

empresariais con éxito. Se xorde unha

iniciativa deste tipo, nós apoiarémola

DE PROFESIÓN, VETERINARIO

Samuel Juárez naceu en León en 1962.

Casado e con dous fillos, licenciouse en

Veterinaria pola Universidade de León

(na especialidade de Bromatoloxía,

Sanidade e Tecnoloxía dos Alimentos)

e diplomouse na Escuela Nacional de

Sanidad en Madrid.

Funcionario do Corpo Nacional Veterinario,

iniciou a súa vida profesional en

Galicia en 1988, coordinando campañas

de saneamento gandeiro da Xunta. En

1990 pasou brevemente ao Ministerio,

como xefe de sección de Sanidade Exterior

en Vigo. No 91 regresa á Xunta, onde

desempeña sucesivamente os cargos de

subdirector xeral e director xeral de Pesca

e Industrias Pesqueiras. En 1996 asumiu

o cargo de secretario xeral de Pesca Marítima

do Ministerio de Agricultura, Pesca y

Alimentación.

A carreira de Juárez deu un salto internacional

no 2002, ano en que o nomean

conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación

na Embaixada de España en

Washington (EE.UU). Voltou a España no

2008, exercendo como asesor do Gabinete

do Secretario de Estado de Medio Rural

e Auga ata que Núñez Feijoo o chamou

para formar parte da nova Xunta. Malia a

súa orixe leonesa, o novo conselleiro fala

un galego moi correcto. “É que levo aquí

moitos anos”, replica.

Samuel Juárez foi distinguido coa Gran

Cruz da Orde do Mérito Pesqueiro e a

Ordre du Mérite Agricole da República

de Francia.

entusiasticamente, pero, insisto, non é

labor da Administración facer o que

lle corresponde ás empresas e cooperativas.

_A mala coxuntura de prezos parece

que vai ser unha constante, e máis

despois do 2015. ¿Vostede cre que se

aveciña unha nova época de peche de

granxas? No último ano xa cesaron

máis de 1.000.

_Eu creo que a situación actual é principalmente

froito da crise económica,

que fixo que a demanda caera en

todo o mundo. Zonas de produción

excedentaria, como é Europa, teñen

dificultades para colocar os seus excedentes,

o que repercute nos prezos do

mercado interno europeo.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!