20.02.2015 Views

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

10

CONVOCATORIAS

Fotos: Fernando Rodríguez Gandoy (Africor Lugo)

MOSTRA EXPOSICIÓN DE MUIMENTA. COSPEITO, 3-5 DE ABRIL

As gradas e os arredores da pista

estiveron ateigados de público

ESPECTACULAR XXIII EDICIÓN DO CONCURSO DA

MOEXMU, CON PREDOMINIO DE RESES ADULTAS

A Mostra Exposición de Muimenta, no concello chairego de Cospeito, celebrou este

ano as súas vodas de prata e tamén a vixésima terceira edición do concurso de gando

frisón. Foi unha edición de gran vistosidade na pista, con 94 animais pertencentes a 28

ganderías. A maioría, reses adultas.

CONCURSO PIONEIRO EN

DOUS DETALLES

No XXIII concurso de gando frisón

da Moexmu, por primeira vez en

España, incluíuse unha sección

para primerizas de ata 26 meses. A

organización estimouno conveniente

por ser cada vez máis as vacas

que paren por debaixo desa idade,

evitándolles así ter que competir con

animais de ata 30 meses.

Esta última edición da Moexmu

deixará tamén pegada no mundo da

raza frisona por un curioso detalle:

foi a primeira vez que un portugués

xulgou un concurso de gando no

Estado español. José Manuel Simoes

Dias, da Asociación Holstein

de Portugal, foi o encargado de

emitir os dictames da proba. Con el

desprazouse ata a Moexmu Carlos

Diogo, presidente da Asociación

Portuguesa de Criadores de Raza

Frisona (APCRF).

Un excelente ambiente puido gozarse

no XXIII concurso de gando frisón da Moexmu,

os pasados 4 e 5 de abril, coas gradas

cheas de público e unha gran calidade de

animais en pista. O feito de que a maioría

das reses a concurso, prácticamente o 60%,

fosen vacas fixo que a proba resultara este

ano especialmente espectacular. Gozaron

os criadores, gozaron os espectadores e os

premios estiveron moi repartidos.

O concurso e a exposición de gando,

sen dúbida os pratos fortes desta cita, tiveron

como complemento, como é habitual,

a exposición de maquinaria agrícola,

produtos galegos de calidade, automóbiles

e artesanía popular no recinto feiral

Manuel Vila López. Este veciño que

lle dá nome ao recinto, un dos primeiros

promotores da Moexmu, foi este ano o

encargado de pronunciar o pregón de

apertura da feira o venres 3.

A mañá do sábado 4 dedicouse ás

seccións de animais novos. O título de

xata campiona foi para Nodi Affirmed

Lola, da gandería Nodi de Barreiros.

Esta xata xa fora segunda de sección

(8-10 meses) no campionato autonómico

de gando frisón do 2008. A súa

nai, unha Iron, vén quedando entre as

tres primeiras de sección nos dous últimos

campionatos autonómicos. O xuíz

de pista definiuna como unha gañadora

sobrada, destacando o seu arco de costela

e a súa grupa.

O título de xovenca campiona foi para

Sandamil Decker Melany, da gandería

Sandamil de Castro de Rei, que xa

triunfara na súa sección no campionato

autonómico do 2008. Trátase dunha xovenca

con moita potencia no terzo anterior,

fortaleza de lombo e boa colocación

de patas.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!