20.02.2015 Views

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

afriga - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

MOEXMU | CONCURSO DE CRIADORES DE SARRIA | SUBASTAS

ANO XV

Maio–Xuño 2009

AFRIGA

Nº 80

P R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A

SAMUEL JUÁREZ,

CONSELLEIRO DO

MEDIO RURAL

“O NOSO NORTE TEN QUE SER A

MELLORA DA CALIDADE E OS PRODUTOS

CON VALOR ENGADIDO”

“O RETO É QUE ENTRE DE FÓRA O LEITE

QUE FAI FALTA E NON MÁIS”

“OS FRACASOS DO PASADO NON

DEBEN DESANIMARNOS PARA SEGUIR

PERSEGUINDO ACORDOS ENTRE

PRODUTORES E INDUSTRIA”

¿CALES SON OS

MECANISMOS DOS PREZOS?

ANÁLISE DOS MERCADOS

INTERNACIONAL, EUROPEO E ESPAÑOL

PERSPECTIVAS A CURTO PRAZO

OS PRODUTORES OPINAN: DEBERES PARA A NOVA XUNTA

SEXAXE E DIVISIÓN

DE EMBRIÓNS E

FECUNDACIÓN IN

VITRO

SOLUCIÓNS EN

MADEIRA PARA

AS INSTALACIÓNS

GANDEIRAS

VERSÁTIL

Y MÁS CERCA DE USTED

75-155 CV MF 5400

RED MF DE GALICIA Y ASTURIAS

Tall. Facal

Carballo

Tel. 981703288

Cial. Lemos Eire, S.L.

Chantada

Tel. 982440274

Cial. Agric. Carrera, S.L.

Ponteareas

Tel. 986641899

A CORUÑA

M. A. Liste Villaverde, S.L.

Oroso

Tel. 981681652

J.A. Muiño Gomez

Somezas

Tel. 981404179

Agrícola Carballeira, S.L.

Pontedeume

Tel. 981431899

Tall. Castellana, S.C.

Aranga

Tel. 981789511

LUGO

Tall. Fdo. Rivas, S.L.

Cospeito

Tel. 982520105

Agricola Cadi, S.L.

Sarria

Tel. 982531187

Julio Alvite Garcia

Pastoriza

Tel. 982349341

Maside Maquinaria,

S.L.

Baralla

Tel. 982363339

Tall. Loureiro

Ribadeo

Tel. 982128473

OURENSE

Desagri, S.L.

Quintela de Canedo

Tel. 988211278

Agricola Suarez

Xinzo de Limia

Tel. 988461127

PONTEVEDRA

Agricola Morañesa

Moraña

Tel. 986553611

Maxideza, S.L.

Lalin

Tel. 986781468

ASTURIAS

Jose Manuel Uz Alba

Tineo

Tel. 985837060

Agricola Costa Verde

Gijón

Tel. 985167934

MASSEY FERGUSON es una marca mundial de AGCO corporation

SUMARIO 3

AFRIGA

P R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A

CONVOCATORIAS

Subasta Top Bos ..............................................5

Concurso de Criadores de Sarria . ................................6

Poxa de Monterroso . ..........................................9

Moexmu. ...................................................10

Subasta de Santa Comba ......................................12

Nacional de Primavera . .......................................14

PRODUCIÓN

Enquisa aos produtores. .......................................16

ADMINISTRACIÓN

Entrevista ao conselleiro do Medio Rural .........................20

EXPLOTACIÓN

Gandería Capón. .............................................26

ECONOMÍA

Análise dos mercados de leite e produtos lácteos . .................34

INSTALACIÓNS

Solucións en madeira . ........................................46

REPRODUCIÓN

Sexaxe e división de embrións e fecundación in vitro ...............62

SANIDADE

Control de moscas. ...........................................70

Edita: AFRIGA, Asociación Frisona Galega. Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Juan Francisco Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva.

SECRETARIA, Josefina Iglesia Andión. TESOUREIRO, Manuel Berdomás Tejo. VOCAIS, José Ramón Pazos Fondevila, José Rodríguez Berbetoros e José Mercador Fontenla.

Produce: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa. DIRECTOR, Manuel Darriba. DIRECTOR COMERCIAL, José Manuel Gegúndez. DESEÑO GRÁFICO/MAQUETACIÓN, Marcos Sánchez.

Enderezo: Ronda das Fontiñas, 272, Entreplanta A. 27002 LUGO. Teléfonos: 982 221 278, 636 952 893, 610 215 366. Email: transmedia@ctransmedia.com.

Web: www.ctransmedia.com

Administración: AGER Servicios Empresariais SL. Praza da Mercé de Conxo 1, 1º B. 15706 Compostela. Teléfono: 981 534 350. Email: ager@ager.com.es. Web: www.ager.com.es

Imprime: Gráficas Rigel SA. Tirada: 10.000 exemplares

Depósito Legal: C-1.292/94 - Afriga non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinados.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

23 RESES DO PROGRAMA

DE MELLORA GANDEIRA

SUBASTÁRONSE EN BOS

A XIII Subasta Top-

Bos, celebrada na Finca de

Bos (Guísamo, Bergondo)

o pasado 2 de maio, ofertou

este ano 23 reses de distintas

idades, todas elas procedentes

do Programa de Mellora

Gandeira de Galicia. A asistencia

de público foi menor ca

outros anos, pero acadáronse

prezos altos. A media foi de

3.460 euros e a facturación

total, de 79.600 euros.

Xenética Fontao obsequiou

a todos os compradores

con 3 doses de Mario

Xacobeo e 3 de Moes por

animal adquirido. Por outra

banda, as ganderías colaboradoras

do Programa de

Mellora Gandeira beneficiáronse

de descontos do 20%

sobre o prezo de remate.

XIII SUBASTA TOP BOS.

FINCA DE BOS, 2 DE MAIO

Cubas de purín

+ Inyección

CONVOCATORIAS 5

LOTE ANIMAL PRECIO SAíDA PRECIO REMATE COMPRADOR LOCALIDAD E- PROVINCIA

10 BOS JEFFERSON RAPHAELLA ET 1,700 3,600 VICENTE VARELA MONFERO - A CORUÑA

26 BOS SEPTEMBER STORM GUINDA 2,000 2,300 XERCAS - PORTALOUSA XERMADE - LUGO

12 BOS BUCKEYE ZELADE ET 1,800 3,400 DUBRA,SC&CANDENDO,SC TRAZO/TORDOIA - A CORUÑA

19 BOS RUBENS AZZURRA 2,000 2,600 XERCAS - PORTALOUSA XERMADE - LUGO

2 BOS ARTIC ARTICA ET 1,500 2,400 DUBRA,SC&CANDENDO,SC TRAZO/TORDOIA - A CORUÑA

11 BOS GOLDWYN LESLY 1,800 4,900 SAT BLANCO LALIN - PONTEVEDRA

17 BOS MARION SASSY ET 1,800 2,300 CASA BARBEIRO ALFOZ - LUGO

3 BOS ELAYO RED FLAME ROJA 1,500 2,400 SAT FRADE VILA DE CRUCES - PONTEVEDRA

23 BOS THRONE SANTA ET 2,000 3,300 XERCAS - CASA PERNAS XERMADE - LUGO

25 BOS FREELANCE AFRICA ET 2,000 3,500 XERCAS - PORTALOUSA XERMADE - LUGO

1 BOS BILLION MISTERIOSA ET 1,500 2,200 DUBRA,SC&CANDENDO,SC TRAZO/TORDOIA - A CORUÑA

28 BOS TITANIC LACRIMA 2,000 5,000 UGASMA BOIMORTO - A CORUÑA

5 BOS BOLTON KUARZO ET 1,600 2,000 VICENTE VARELA MONFERO - A CORUÑA

13 BOS ELEGANT VELETA ET 1,800 4,500 CANDENDO,SC TORDOIA - A CORUÑA

20 BOS ALLEN MAGIA 2,000 3,400 XERCAS - PORTALOUSA XERMADE - LUGO

4 BOS DAMION MODEL ET 1,500 3,100 OS AMERICANOS VILA DE CRUCES - PONTEVEDRA

16 BOS BLITZ LORETA 2,000 2,700 CASA BARBEIRO ALFOZ - LUGO

24 BOS RUBENS ROCIO 2,000 4,900 HNOS. SENOVILLA VILLANUEVA DEL ACERAL - AVILA

21 BOS MODEST RAQUETTE 2,000 3,300 XERCAS - CASA PERNAS XERMADE - LUGO

6 BOS TOM LOLA ET 1,600 3,600 OS AMERICANOS VILA DE CRUCES - PONTEVEDRA

22 BOS GOLDWYN XELA 2,000 3,800 CASA DO CAPADOR A PASTORIZA - LUGO

15 BOS BUCKEYE ALBA ET 1,800 5,400 GANDERIA CABANAS SANTIAGO - A CORUÑA

7 BOS TOYSTORY LATOYA ET 1,600 5,000 SAT FRADE VILA DE CRUCES - PONTEVEDRA

TOTAL: 79,600.00

MEDIA: 3,460.87

Rúa do Comercio, 165 - Pol. Ind. O CEAO - LUGO

Tfno.: 982 20 95 96 - Fax.: 982 20 96 89

correo@diazyvalin.com - www.diazyvalin.com

AFRIGA ANO XV - Nº 80

6

CONVOCATORIAS

II CONCURSO DE CRIADORES SAN ISIDRO LABRADOR. SARRIA, 9-10 DE MAIO

Fotos: Teresa Sánchez (Africor Lugo)

Lotes dos criadores

19 GANDERÍAS PRESENTARON 46 RESES NO

CONCURSO DE CRIADORES DE SARRIA

O Concurso de Criadores San Isidro Labrador de Sarria alcanzou a madurez na súa

segunda edición. 19 ganderías, entre as que se contaban algunhas das máis relevantes

da provincia, presentaron 46 animais en pista. O nivel de calidade foi alto e un público

numeroso achegouse ao mercado gandeiro da vila para presenciar os concursos.

O Concello de Sarria pretende

con este concurso promocionar o labor

de cría de gando frisón na comarca

de Sarria e, en xeral, na provincia de

Lugo. Das 19 ganderías que concorreron

nesta segunda edición, unha decena

eran da comarca de Sarria. O xuíz

foi o asturiano Francisco Javier Freije,

que fixo un traballo de avaliación moi

concienzudo e didáctico, aproveitando

ademais a súa intervención para

reivindicar que as administracións

públicas se impliquen activamente na

defensa do sector nuns momentos de

gran dificultade.

O concurso ten como requisito

que os animais presentados sexan

nacidos na propia explotación ou

ben nun centro de recría. A proba

contou con seis seccións, nas que

participaron animais de ata seis meses

de idade. O sábado 9 pola tarde

desputouse o concurso de criadores,

e o domingo 10 pola mañá, os de

manexadores.

A gandería Nodi, de Barreiros,

conseguiu o premio ao mellor animal

do concurso con Nodi Affirmed

Lola, unha xata de 15 meses nun bo

momento de forma, xa que foi tamén

xovenca gran campiona en Moexmu

2009. O xuíz salientou dela a súa estrutura

leiteira e as súas patas.

O concurso de criadores e o

de manexadores formaron parte

da programación xeral do San

Isidro de Sarria, que ademais

incluíu a exposición de maquinaria

agrícola, gando (de Acruga

e das asociacións de criadores

de razas autóctonas) e produtos

de calidade. O sábado houbo

unha degustación de produtos

tradicionais e o domingo, unha

exhibición equina.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

CONVOCATORIAS 7

Xornadas técnicas sobre a recría

Pozo obtivo o premio ao mellor criador

O recinto feiral estivo moi concorrido

PALMARÉS

GANDERÍA

XATAS DE MENOS DE 8 MESES

Rego Elegant Sonia 8797 ........... Rego

Concurso de manexadores adultos

XATAS DE 8 A 10 MESES

Pozosaa Lheros 7229................Pozo

XATAS DE 11 A 13 MESES

Novelle September Rebecca ........Novelle

XATAS DE 14 A 16 MESES,

XATA CAMPIONA E GRAN CAMPIONA

DE XOVENCAS

Nodi Affirmed Lola..................Nodi

XOVENCAS DE 17 A 19 MESES

E XOVENCA CAMPIONA

Sandamil M.S. Decker Melany .....Sandamil

XOVENCAS DE 20 A 26 MESES

Capón-Holstein Goldwyn Marisa . . . . . Capón

MELLOR XOVENCA DA

COMARCA DE SARRIA

Cancela Buckeye Leonor ..........Cancela

MELLOR CRIADOR

Pozo

MELLOR CRIADOR DA

COMARCA DE SARRIA

Novelle

CONCURSO DE MANEXADORES

Sección de 15 a 18 anos

1º Águeda Capón Fernández - Gandería Capón

2º Roi Capón Fernández - Gandería Capón

3º Rocío Manteiga Rodríguez - Gandería Manteiga

Sección ata 9 anos

Laura López López - Gandería Cancela

Alejandro González López - Gandería Cancela

Jorge Vázquez Cuñarro - Gandería Capón

Manexadores adultos

1º Diego Cando Santos - Gandería Cando Santos

2º Alba Álvarez Núñez - Gandería Silvela

3º Ivan López López - Gandería Novelle

Xata campiona e gran campiona, Bos Nodi Affirmed

Concurso de novos manexadores

A feira acolleu tamén o sorteo

dunha xovenca cedida pola Granxa

Gayoso da Deputación, que lle

correspondeu á gandería sarriá

Casa de Marta.

O II Concurso de Criadores estivo

organizado por Africor Lugo e

a asociación Gandeiros Á Cabana,

constituída recentemente por un

grupo de mozos gandeiros da comarca.

Patrocinou o Concello de

Sarria e colaboraron a Deputación

Provincial, as cooperativas Cogasar

e Agroganadera de Sarria e a Caixa

Rural Galega. Xenética Fontao colaborou

outorgando premios especiais

para fillas de touros do Programa de

Mellora Gandeira, ademais de agasallar

con dúas doses de Xacobeo

a cada gandería participante, e un

lote de seis doses ás que presentasen

máis de dous animais.

A comarca de Sarria, que engloba

os concellos de O Incio, Láncara,

Paradela, O Páramo, Samos,

Xovenca campiona, Sandamil MS Decker Melany

Novelle, mellor criador da comarca

Sarria e Triacastela, ten un censo

total de 288 ganderías en control

leiteiro, o 13% do total da provincia.

O fomento da recría nesa comarca

ten como piar o centro de recría de

Castragude, xestionado pola cooperativa

Cogasar.

XORNADAS TÉCNICAS

Como xa ocorrera na anterior edición

do Concurso de Criadores de

San Isidro, a mañá do sábado dedicouse

a unhas xornadas técnicas

de recría, que este ano tiveron lugar

na Casa da Cultura. O veterinario

Roberto Fernández Álvarez, especialista

en recría, impartiu unha

charla sobre a preparación da xata

para o destete. Fernando Rego, técnico

de apareamentos de Africor

Lugo, e José Luis Méijome, técnico

de apareamentos de Africor Pontevedra,

falaron sobre como potenciar

a mellora xenética tendo en conta o

potencial xenético das xatas.

AFRIGA ANOXV-Nº80

PIENSOS ARA

• Fabricación personalizada de todo tipo de pensos: mesturas,

pensos simples, compostos, en fariña ou granulados

• Servizo de racionamentos para calquera especie animal

• Asesoramento técnico

• Servizo de menos de 24 horas para pedidos de calquera

volume e a calquera lugar

• Venta de forraxes (alfalfa, palla, reigrás).

Cantidade mínima, unha paca

• Venta de fertilizantes

Praza Maior, s/n - 27377 Muimenta (Lugo) - Telf.: 982.52.81.03 - Fax: 982.52.81.33 - Mail: poehisl@infonegocio.com

CONVOCATORIAS 9

POXA DE MONTERROSO. 26 DE ABRIL

PREZOS BAIXOS

NA SUBASTA DE

MONTERROSO

O mercado gandeiro de Monterroso acolleu

unha nova poxa de vacas e xovencas o domingo

26 de abril. Saíron a subasta 5 xovencas

próximas ao parto e 6 vacas paridas.

A tónica dominante foi o baixo nivel de prezos. De

feito, desde maio do 2006 non se lembraban prezos medios

tan baixos nunha poxa coma esta: 1.830 euros para as vacas

e 1.750 euros para as xovencas. Algúns dos animais ofertados

non lograron superar o prezo de saída.

A vaca que acadou o prezo máis alto, 2.300 euros, foi

Outeiro Titanic Vita. É unha filla de Titanic de 24 meses

de idade parida de marzo, cunha nai Juror MB-85 e unha

avoa Stardust BB-81. Na súa primeira lactación vén dando

unha media de 37 litros (control de abril).

Os animais presentados a subasta en Monterroso son fillos

de vacas cuns promedios de produción de 10.736 quilogramos

e 79 puntos de calificación morfolóxica.

A poxa tivo unha boa concorrencia de público, pero

poucos compradores. Os animais foron para explotacións

das comarcas de Sarria, Chantada e a Terra Chá.

Palas y cazos

distribuidores

MAILLEUX

Empajadoras

NOVEDAD

DESENROLLADORA

DE BOLAS DE SILO

PARA ALIMENTACIÓN

DE GANADO

Outeiro Titanic Vita foi a vaca que acadou o prezo máis alto, 2.300 euros

Hileradoras y

esparcidores

de forraje

Fotos: Fernando Rodríguez Gandoy (Africor Lugo)

A poxa foi seguida por numeroso público

Ctra. de Santiago, Km. 5 - 27210 Lugo

Tel. 982 221 966 // correo@diazytorron.com

www.diazytorron.com

AFRIGA ANO XV - Nº 80

10

CONVOCATORIAS

Fotos: Fernando Rodríguez Gandoy (Africor Lugo)

MOSTRA EXPOSICIÓN DE MUIMENTA. COSPEITO, 3-5 DE ABRIL

As gradas e os arredores da pista

estiveron ateigados de público

ESPECTACULAR XXIII EDICIÓN DO CONCURSO DA

MOEXMU, CON PREDOMINIO DE RESES ADULTAS

A Mostra Exposición de Muimenta, no concello chairego de Cospeito, celebrou este

ano as súas vodas de prata e tamén a vixésima terceira edición do concurso de gando

frisón. Foi unha edición de gran vistosidade na pista, con 94 animais pertencentes a 28

ganderías. A maioría, reses adultas.

CONCURSO PIONEIRO EN

DOUS DETALLES

No XXIII concurso de gando frisón

da Moexmu, por primeira vez en

España, incluíuse unha sección

para primerizas de ata 26 meses. A

organización estimouno conveniente

por ser cada vez máis as vacas

que paren por debaixo desa idade,

evitándolles así ter que competir con

animais de ata 30 meses.

Esta última edición da Moexmu

deixará tamén pegada no mundo da

raza frisona por un curioso detalle:

foi a primeira vez que un portugués

xulgou un concurso de gando no

Estado español. José Manuel Simoes

Dias, da Asociación Holstein

de Portugal, foi o encargado de

emitir os dictames da proba. Con el

desprazouse ata a Moexmu Carlos

Diogo, presidente da Asociación

Portuguesa de Criadores de Raza

Frisona (APCRF).

Un excelente ambiente puido gozarse

no XXIII concurso de gando frisón da Moexmu,

os pasados 4 e 5 de abril, coas gradas

cheas de público e unha gran calidade de

animais en pista. O feito de que a maioría

das reses a concurso, prácticamente o 60%,

fosen vacas fixo que a proba resultara este

ano especialmente espectacular. Gozaron

os criadores, gozaron os espectadores e os

premios estiveron moi repartidos.

O concurso e a exposición de gando,

sen dúbida os pratos fortes desta cita, tiveron

como complemento, como é habitual,

a exposición de maquinaria agrícola,

produtos galegos de calidade, automóbiles

e artesanía popular no recinto feiral

Manuel Vila López. Este veciño que

lle dá nome ao recinto, un dos primeiros

promotores da Moexmu, foi este ano o

encargado de pronunciar o pregón de

apertura da feira o venres 3.

A mañá do sábado 4 dedicouse ás

seccións de animais novos. O título de

xata campiona foi para Nodi Affirmed

Lola, da gandería Nodi de Barreiros.

Esta xata xa fora segunda de sección

(8-10 meses) no campionato autonómico

de gando frisón do 2008. A súa

nai, unha Iron, vén quedando entre as

tres primeiras de sección nos dous últimos

campionatos autonómicos. O xuíz

de pista definiuna como unha gañadora

sobrada, destacando o seu arco de costela

e a súa grupa.

O título de xovenca campiona foi para

Sandamil Decker Melany, da gandería

Sandamil de Castro de Rei, que xa

triunfara na súa sección no campionato

autonómico do 2008. Trátase dunha xovenca

con moita potencia no terzo anterior,

fortaleza de lombo e boa colocación

de patas.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

CONVOCATORIAS 11

Rei de Miñotelo foi distinguido

como mellor criador

Nodi Affirmed Lola, xata campiona

e gran campiona de xovencas

Sandamil M.S. Decker Melany,

xovenca campiona

Xercas Cav Djalma Stormatic, vaca

adulta campiona e gran campiona

O xuíz, o portugués José Manuel Simoes, valorando unha sección de xatas

VACAS

A tarde do sábado 4 saíron a pista as vacas adultas, co recinto

do concurso a rebentar de público.

O título de vaca nova campiona correspondeulle á gandería

Rei de Miñotelo, da Pastoriza, con Rei Esquisita

September. Un animal cunha xenealoxía moi canadense:

September x Inquirer x Aeroline x Storm, o que lle confire

moita angulosidade e carácter de raza.

A vaca intermedia campiona foi Cid Gibson María, da

gandería Cid de Barreiros. Unha vaca ben coñecida a raíz

da súa participación no campionato nacional do 2006,

onde quedou segunda de sección, e no autonómico, en

que foi xata subcampiona. Esta Gibson é filla de Cid Leadership

Marlene, a que foi vaca intermedia subcampiona

no autonómico do 2003. Destaca pola súa fortaleza e por

unha costela profunda, moi bo ubre posterior e un ligamento

moi marcado.

Xercas Cav Djalma Stormatic, de SAT Cavadas, fíxose

co título de vaca adulta campiona. É irmá do touro Cavadas

Djalmo September, en espera de proba en Xenética

Fontao, e filla doutra vaca moi coñecida en concursos,

Xercas Cav Djalminha Emerson. O seu carácter leiteiro,

calidade ósea e ubre moi equilibrado fixéronlle á súa vez

conseguir o título de vaca gran campiona.

O campionato de criadores foi para o grupo presentado

pola gandería Rei de Miñotelo, da Pastoriza, quedando en

segundo lugar a gandaría Outeiro, de Chantada. Sen dúbida,

foron os grupos de reses máis homoxéneos dos seis que

se presentaron.

Ao igual que no concurso de Chantada, incluíuse unha

sección por produción vitalicia, para vacas que superaran

os 50.000 quilos.

PALMARÉS

GANDERÍA

XATAS ATA 8 MESES

Cid Rampage Rosa ..........................................Cid

XATAS 8-10 MESES

Farruquiño Roumare Veleta..................................Anoca

XATAS 11-13 MESES, XATA CAMPIONA E

GRAN CAMPIONA DE XOVENCAS

Nodi Affirmed Lola..........................................Nodi

XATAS 14-16 MESES

Nodi Colter Kali ............................................Nodi

XOVENCAS 17-19 MESES E XOVENCA CAMPIONA

Sandamil M.S. Decker Melany .............................Sandamil

XOVENCAS 20-22 MESES

Capón-Holstein Goldwyn Marisa ..............................Capón

XOVENCAS 23-26 MESES

Callobro Vert. Plastilina G.Z. ...............................Callobro

VACAS ATA 26 MESES

Rey 429 Sachiña Sacho..............................ReideMiñotelo

VACAS 27-30 MESES E VACA NOVA CAMPIONA

Rey 425 Esquisita September .........................ReideMiñotelo

VACAS 31-35 MESES

Pozosaa Goldwyn Sara.......................................Pozo

VACAS 36-41 MESES

Veigueiro Deroles Navia...................................Veigueiro

VACAS 42-47 MESES

Cando Fania September ............................ ReideMiñotelo

VACAS 4 ANOS E VACA INTERMEDIA CAMPIONA

Cid Gibson María............................................Cid

VACAS 5 ANOS, VACA ADULTA CAMPIONA

E VACA GRAN CAMPIONA

Xercas Cav Djalma Stormatic ..............................Cavadas

VACAS 6 OU MÁIS ANOS

Tortue LB 4573 ............................................Pozo

PRODUCIÓN VITALICIA MÁIS DE 50.000 KG

Nodi Dante Gisela ..........................................Nodi

MELLOR CRIADOR, MELLOR RABAÑO E MELLOR DESCENDENCIA

Rei de Miñotelo

MELLOR GANDERÍA DE NOVA PARTICIPACIÓN

Anoca

MELLOR CONCELLO

Barreiros

MANEXADORES

O domingo 5 desputáronse os concursos de manexadores.

Na categoría de 15 a 18 anos, os tres primeiros clasificados

foron José Alberto Iglesia (Rei de Miñotelo), Rocío Manteiga

(Manteiga) e Águeda Capón (Capón). Na sección de

10 a 14 anos, os tres premiados foron, nesta orde, María

Manteiga (Manteiga), Esteban Iglesia (Rei de Miñotelo)

e Xesús Ramil (Sandamil).

Na categoría infantil, ata 9 anos, recibiron premio Antía

Nodar, Brais Gómez (Gaigo), Jorge Vázquez (Capón),

Martín Gómez (Outeiro), Raúl Fontela (Corona Mourelle)

e Xoán Dono (Dono).

Os tres mellores manexadores adultos foron Iván López

(Novelle), Diego Cando (Cando Santos) e Alba Álvarez

(Silvela).

AFRIGA ANOXV-Nº80

12

CONVOCATORIAS

XI SUBASTA DE XOVENCAS. SANTA COMBA, 4 DE ABRIL

22 XOVENCAS VENDÉRONSE

EN SANTA COMBA POR

UN IMPORTE GLOBAL DE

56.750 EUROS

Vilaferreiros Tita 332, a xovenca máis cotizada

O novo recinto feiral de Santa Comba (A Coruña)

acolleu o pasado 4 de abril a undécima edición da subasta

de xovencas, organizada por Africor Coruña e o Concello

de Santa Comba. Malia o ambiente de pesimismo polas

baixadas do prexo do leite, as 22 xovencas preñadas que se

ofertaron atoparon comprador. A facturación total da poxa

elevouse a 56.750 euros.

Os animais subastados alcanzaron un prezo medio de

2.850 euros. A maior cotización foi a de Vilaferreiros Tita

332, unha filla de Buckeye preñada con Bolivia, que foi

adquirida en 3.500 euros. En 3.100 euros foi adjudicada

Xollos Paula Buckeye, mentres que por Ugasma Goldwyn

5498 pagáronse 2.950 euros.

Os intercambios feitos na poxa contaron cunha subvención

de 150 euros concedida polo Concello de Santa

Comba. Xenética Fontao obsequiou os compradores con 3

doses de Xacobeo e 3 de Moes.

Por Xollos Paula Buckeye pagáronse 3.100 euros

Ugasma Goldwyn 5498 foi vendida en 2.950 euros

RESULTADOS SUBASTA

XOVENCA CIB VENDEDOR/A COMPRADOR/A SALIDA VENTA

SEVILLANO LILI MIRA ES061107261502 SEVILLANO CASTRO NOYA S.C. 2.000 2.300

CAAMAÑO 1601 GLAMOUR ES061107191601 SAT CAAMAÑO JOSEFINA CAAMAÑO OTERO 2.250 2.400

GINEBRA 9907 ES051107079907 PARÍS NOVÍO SC RODRÍGUEZ PAREDES S.C. 2.000 2.700

ARO 33 BUCKEYE 95 ES041107088861 COOP. DE ARO MANUEL CODESIDO BEN 1.900 2.550

XOLLOS PAULA BUCKEYE ES031107142010 SAT XOIOS RODRÍGUEZ PAREDES S.C. 2.400 3.100

NIVEIRA BICHA GINEBRA ES031107079632 NUVEIRA CASTRO NOYA S.C. 2.400 2.600

CAAMAÑO 9168 BUCKEYE ES061107079168 SAT CAAMAÑO MANUEL CODESIDO BEN 2.300 2.550

F 129 RIAL CADOS ES041107044169 SAT RIAL LEITERÍA GEAN S.C. 2.150 2.450

UGASMA GOLDWYN 6396 ES061105925498 UGASMA JOSÉ LUIS CAO LISTE 2.200 2.950

RANCO AARON 3907 ES071107013907 GRANXA RANCO JOSEFINA CAAMAÑO OTERO 2.200 2.300

ARO 497 BOTAFOGO 90 ES081106989345 COOP. DE ARO JOSEFINA CAAMAÑO OTERO 1.800 2.400

VILAFERREIROS TITA 332 BUCKEYE ES041107013971 GANDERÍA VILAFERREIROS JOSE LUIS CAO LISTE 2.500 3.500

FONTANA ES051107043101 DEUS ROSA CANCELA CASTIÑEIRAS 2.200 2.500

FONTE DO CAN 7081 GOLDWYN ES001106967081 FONTE DO CAN GANADERÍA O RUBIO S.C. 2.250 2.550

CASAS JOCKO BESN 18 ES031106948363 GANADERIA CASAS MANUEL CODESIDO BEN 2.300 2.500

E 123 RIAL STARTIT ES021106942693 SAT RIAL CASTRO NOYA S.C. 2.400 2.600

RAMISQUIDO MORITA 114 INQUIRER ES061106894632 MANUEL GARCIA CAMBÓN JOSEFINA CAAMAÑO OTERO 2.000 2.500

NUVEIRA LUCIA II CADOS ES071106899547 NUVEIRA GANADERÍA O RUBIO S.C. 2.300 2.650

RANCO LANDOI 9376 ES071106899376 GRANXA RANCO LEITERÍA GEAN S.C. 2.200 2.400

RANCO LANDOI 9375 ES061106899375 GRANXA RANCO EDELMIRO ALVITE NOVÍO 2.200 2.650

SAN RIAN 0206 TOXA IGNITER ES061106770206 GANDEIRIA SAN RIAN ROSA CANCELA CASTIÑEIRAS 2.000 2.150

Nº 56 ZARZO ES001106529989 GARCIA DE BARDAIO CARMELO S.C. 2.000 2.450

TOTAL VENDAS

56.750

PREZO MEDIO

2.580

AFRIGA ANO XV - Nº 80

AltaBAXTER

11HO8195 Emerald-ACR-SA T-Baxter

Blitz x Mtoto

+3.13 +3.01

EN TIPO

EN TIPO

Green Meadow Baxter No 2114

Green Meadow Farms; Elsie - MI

Photo: Frank Robinson

Blitz x 8 generaciones EX+VG

Facilidad de parto

+1837 TPI . +1792 Leche

8% Facilidad de parto

+2.84 en Patas

+2.38 en Ubres

HA/USDA 04/09

Scipio Springs Baxter No. 353

Scipio Springs Farm; Union Springs - NY

Photo: Cybil Fisher

DISTRIBUIDO EN GALICIA POR

LUIS CARRO, TELF. 636.496.238

14

CONVOCATORIAS

XI CONCURSO NACIONAL DE PRIMAVERA CONAFE 2009. TORRELAVEGA, 26-29 DE MARZO

ASTURIAS, GRAN

TRIUNFADORA NO NACIONAL

DE PRIMAVERA

Fotos: FRISONA ESPAÑOLA

PALMARÉS

GANDERÍA

XATAS 8-10 MESES

Argomota Rubens Honey Roja . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .La Argomota (Asturias)

XATAS 11-13 MESES

Coto Dúplex Brujería . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Casa Coto (Asturias)

XATAS 14-16 MESES E XATA CAMPIONA

Manolero Kite Karen .....................Ganadería Manolero (Asturias)

XOVENCAS 17-19 MESES

Llera Ariel Goldwyn ET............................Ller Her (Cantabria)

XOVENCAS 20-22 MESES, XOVENCA

CAMPIONA E GRAN CAMPIONA

Badiola September Natalie . . . . . . . . . . . . . . . . . Ganadería Badiola (Asturias)

XOVENCAS 23-25 MESES

Manolero Astronomical Andrea .....................Ganadería Manolero

VACAS ATA 30 MESES

Isabel Stormatic Celta...........................La Huerta (Cantabria)

VACAS 31-35 MESES E

VACA NOVA CAMPIONA

Sarabia Rebeca Startit ...........................Sarabia (Cantabria)

VACAS 36-41 MESES

Badiola Roy Daira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Ganadería Badiola

VACAS 42-47 MESES E VACA

INTERMEDIA CAMPIONA

Badiola Champion Megatea ET ......................Ganadería Badiola

VACAS 4 ANOS

Kattaburu Spirte Lara . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Kattaburu (Navarra)

VACAS 5 ANOS, VACA ADULTA

CAMPIONA E GRAN CAMPIONA

Venturo Morty Letizia ET .......................Casa Venturo (Asturias)

VACAS 6 OU MÁIS ANOS

Llinde Líder Bruna............................ SAT Ceceño (Cantabria)

MELLOR AUTONOMÍA

Asturias

MELLOR RABAÑO E MELLOR CRIADOR

Ganadería Badiola

Asturias, mellor autonomía

Badiola September Natalie, xovenca campiona

Venturo Morty Letizia ET, vaca gran campiona

O mercado nacional de gando Jesús Collado Soto de

Torrelavega (Cantabria) acolleu unha vez máis o concurso

nacional de primavera Conafe 2009 da raza frisona. 65

ganderías presentaron 207 animais a concurso, procedentes

de Asturias, Cantabria, Castela e León, Navarra e o

País Vasco. Asturias foi a comunidade con maior número

de animais premiados.

A organización do evento correu a cargo de CONAFE,

co patrocionio do Goberno rexional de Cantabria, o Ministerio

de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino e o

Concello de Torrelavega. O concurso foi xulgado polo xuíz

nacional de CONAFE Jaume Serrabassa Vila.

Dentro do certame celebrouse a xa tradicional cea de

gandeiros, o 28 de marzo, no transcurso da cal entregáronse

os premios aos mestres criadores do 2008. Estes galardóns

entréganse en función aos méritos conseguidos polas

reses das explotacións en canto a produción, morfoloxía e

índices xenéticos.

Na edición deste ano distinguiuse unha quincena de explotacións,

cinco delas galegas: Cabanas, Ferreiro Silva S.C.

e Gandería Vilaferreiros S.C., da Coruña, e SAT Herbón

Núñez e SAT Os Arroxos, de Lugo. O resto das ganderías

galardoadas foron Los Castillejos S.C. (Segovia), Riberas del

Tormes Soc. Coop. (Salamanca), Ronda Alta (León), SAT

nº 6490 Hnos Gavilán (Zamora), José M. Ronderos Álvarez

(Asturias), La Bargaña S.C. (Asturias), Andikoetxalde S.C.

(Álava), Can Gimferrer Nou (Girona), Ganadería La Cruz

(Madrid) e SAT Quintana n. 7259 (Cantabria).

Os premios foron entregados polo director xeral de Recursos

Agrícolas e Gandeiros do Ministerio de Medio

Ambiente e Medio Rural e Marino, Carlos Escribano, e o

presidente de CONAFE, Luis Seoane.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

16

PRODUCIÓN

OS PRODUTORES OPINAN:

RELEVO NA XUNTA

1. QUE POLÍTICAS DA ANTERIOR CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DEBERÍA CONSERVAR O

NOVO GOBERNO?

2. CALES SON AS POLÍTICAS MÁIS URXENTES EN RELACIÓN Á PRODUCIÓN DE LEITE?

JESÚS LÓPEZ CARBALLO

Gandería: Pernas (SAT Xercas)

Concello: Xermade

Vacas en lactación: 80

JOSÉ VEIGA MASEDA

Gandería: SAT Veigueiro

Concello: Barreiros

Vacas en lactación: 120

“AOS PRODUTORES BÁIXANNOS

OS PREZOS CADA MES, PERO NOS

SUPERMERCADOS MANTÉÑENOS”

1. O Banco de Terras

sería fundamental, xa

que non seguen adiante

as concentracións

parcelarias. Ata agora

non se pode opinar

moito del porque está

empezando. Eu creo

que funcionaría. Había

moito medo nas aldeas

a arrendar as parcelas,

dicíase que non se

poderían recuperar. Os

contratos coas industrias

son outra cousa

que está empezando,

nós asinámolo 15 días

antes das eleccións.

Se levara dous anos

veríase algo, pero con

este breve período de

antelación non. Eu

penso que todas as

cousas que se fixeron

foron para mellorar,

unhas funcionarán

máis rápido e outras

serán máis lentas.

2. Estamos chegando

a un tope que por

algún sitio ten que

romper. Aos produtores

báixannos os prezos

todos os meses e nos

supermercados está

a manterse, así que

por algún lado vai o

beneficio. É necesario

que teñamos un prezo

orientativo para poder

vivir, a este ritmo é

imposible.

“A PRIMEIRA COUSA QUE HAI QUE FACER

É PARALIZAR A ENTRADA DE LEITE DE

FÓRA”

1. Non sei que hai que

conservar algunha

política de ninguén,

porque levamos uns

anos que non funciona

ningunha. Nin o BNG,

nin o PP nin o PSOE,

é todo parecido. Os

gandeiros estivemos

en crise toda a vida.

¿Algo positivo? Do

Banco de Terras non

teño remota idea,

porque na nosa zona

non existiu. Os contratos

coas industrias

eu víaos ben se lle

puxeran un prezo

mínimo ao leite. E que

tivera un valor, porque

moitas veces asínase

o contrato e aos catro

días desaparece.

2. A primeira cousa

que hai que facer é

paralizar a entrada de

leite de fóra mentres

non se consuma o que

hai aquí. E poñerlle ao

leite un prezo do que

poidamos vivir, non ter

que estar na miseria,

traballando 365 días

sen cobrar. Levamos

moitos anos pensando

que as cousas van

cambiar, e cambian

pero para peor. Eu vexo

que os políticos funcionan

todos co mesmo

sistema.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

pub_casmiro.indd 17 23/5/09 00:38:48

O expendedor de leite

UN NOVO SISTEMA DE DISTRIBUCIÓN

A

CHEGA A GALICIA

medida contra a crise de Casimiro Máquinas, S.L. é a distribución en España e Portugal do

expendedor-distribuidor de leite a granel. Un pequeno gran de area que imos aportar ante esta

situación delicada que atravesa a comercialización do leite de vaca.

Con este novo método de venta, vai mellorar a economía do produtor e a do consumidor. Para as

empresas Fiordilatte e Casimiro Máquinas, S.L., isto supón a satisfacción de poder axudar a un dos

sectores económicos españois máis necesitados. Máis non se pode pedir.

• A máquina ten un distribuidor automático de leite fresco a granel. É dicir, tal e como sae da vaca,

puro e sen aditivos. Ao mesmo tempo, evitando os intermediarios.

• Tamén se poden incorporar iogures e queixos.

• Existen dúas capacidades, de 300 e 600 litros, para o tanque de leite.

• Posúe unha abertura con peche de seguridade.

• No seu interior sempre hai unha temperatura constante.

• Posúe un dispositivo GSM de aviso ao teléfono móbil do gandeiro cando está a piques de

acabarse o leite.

• Sistema de autolavado.

• Sistema de ventilación por corrente de aire acondicionado para evitar os insectos.

TEL 973 740 202 / www.casimiromaquinas.com

18

PRODUCIÓN

MANUEL PETEIRA FERNÁNDEZ

Gandería: SAT Peteira

Concello: Castro de Rei

Vacas en lactación: 90

AQUILINO RODRÍGUEZ LÓPEZ

Gandería: Purutu S.C.

Concello: Chantada

Vacas en lactación: 35

“SE OS GANDEIROS FALLAMOS, VANSE

PERDER MOITOS POSTOS DE TRABALLO”

“A POLÍTICA PRIORITARIA É CONSEGUIR O

FAMOSO CONTRATO HOMOLOGADO”

1. O Banco de Terras é

unha boa cousa. Prohibir

plantar árbores

en zonas agrícolas

tamén estivo moi ben.

Os contratos de prezos

están ben na teoría,

pero as fábricas non

os respectan. E non

hai un prezo mínimo

obrigatorio.

2. A nova consellería

ten que mirar polo

noso futuro, porque se

os gandeiros fallamos

vanse perder moitos

postos de traballo. Hai

que facer unha mesa

interprofesional láctea,

para ter uns prezos

dignos e poder vivir

do que vivimos toda a

vida. Deberían conservar

o Banco de Terras,

que de momento non

está funcionando moito,

pero hai que darlle

tempo e pode chegar a

funcionar.

1. O Banco de Terras

empezou, pero había

que melloralo moito.

Eu creo que era mellor

o sistema de concentración

parcelaria, que

polo menos xuntaba e

unificaba a terra. Se

tes unha finca grande,

aproveitas para facer

un pastoreo en condicións.

O Banco de Terras

podería ter futuro

en zonas onde quede a

terra abandonada, pero

non é o caso na nosa

zona. Os contratos de

prezos... Teriamos que

saber máis ou menos

o que imos cobrar polo

que estamos producindo,

aínda que oscilara

un pouquiño, pero non

as oscilacións que

temos nestes momentos.

Algunha xente

asinounos hai pouco,

nós aínda non o asinamos

con ningunha

industria. Nós estamos

na cooperativa ICOS

e estamos cobrando o

quilo, incluíndo calidades,

a 48 céntimos

(con 3,86 de graxa,

3,30 en proteína e leite

certificado). Aínda así,

non cubrimos. Temos

cota financiada e hai

que pagala, non se

lle dá feito frente ós

créditos.

2. A política prioritaria

é conseguir o

famoso contrato homologado,

que parece

que está aí. E tamén

poñer en marcha

unhas liñas de axudas

ás explotacións

que teñen continuidade,

para favorecer

o relevo xeracional.

Hai que facer un

control das axudas e

que vaian destinadas

realmente a quen vive

no sector. Que o que

recibe a axuda estea

efectivamente na

explotación durante o

período de tempo que

se estableza.

VANESSA CARRO

Gandería: SAT Casanova

Concello: Mesía

Vacas en lactación: 105

PAULI GONZÁLEZ

Gandería: Pauli

Concello: Silleda

Vacas en lactación: 32

“O MÁIS URXENTE É PARAR A ENTRADA

DE LEITE DE FÓRA”

1. O Banco de Terras

debería conservarse,

para non estar as

terras abandonadas

como estaban ata

agora. Na nosa zona

empezou a verse algo,

o que pasa é que a

maioría das terras que

foron para o Banco son

montes ou brañas e é

imposible entrar nelas

para traballar. A promoción

de axudas aos

novos para que queden

no rural tamén me parece

ben, pero na miña

zona non vin a ninguén

que as pedira.

2. O máis urxente é

parar a entrada de

leite de fóra. Na nosa

zona nótase moito, hai

xa varias explotacións

ás que deixaron de

recollerlles o leite.

Buscaron outros compradores,

pero pagan

uns prezos moi baixos.

Unha das solucións

para resolver o tema

dos prezos é non deixar

entrar leite de fóra.

“SERÍA INTERESANTE FACER EN GALICIA

UNHA INDUSTRIA POTENTE QUE

TRANSFORME O LEITE”

1. Nada, hai que

reestruturalo todo. O

Banco de Terras, na

nosa zona non funciona.

¿Outras cousas, a

Mesa do Leite? A Mesa

do Leite é un órgano

que non creo que nos

represente ben aos

gandeiros.

2. Hai que controlar

a entrada de leite

de fóra, polo menos

producir o que consumimos,

como mínimo.

Ademais, eu opino que

o leite que vén de fóra

non é moi bo. Poñer un

prezo mínimo vai ser

máis difícil, pero polo

menos ter garantida

unha mínima marxe

de ganancia. Na nosa

zona estamos cobrando

pouco máis de 35

céntimos, e prevese

que baixe. Tamén sería

interesante facer en

Galicia unha industria

potente que transformara

o leite en iogures

e queixos. Se en vez de

levar 10 camións de

leite líquido a Valladolid

levamos un de

queixos, rendería máis.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

PRODUCIÓN 19

JESÚS MARÍA MONTES

Gandería: Anila

Concello: Rodeiro

Vacas en lactación: 40

“HAI QUE CONTROLAR QUE AS

INDUSTRIAS NON FAGAN PACTOS PARA

IMPOÑERNOS OS PREZOS”

1. A min gustoume do

anterior Goberno que

se involucrou bastante

coa xente nova e co

sector do leite. Faltou

que apoiaran máis

ao gandeiro fronte a

industria. O que mellor

funcionou creo que

foron as axudas ás explotacións.

O Banco de

Terras debería seguir

adiante, aínda que na

nosa zona a penas hai

terras nel, eu busquei

varias veces e non

atopei. Os contratos de

prezos son unha cousa

que debería ir a cabo,

1. O Banco de Terras

pode ser unha boa

cousa, se lle dan

tempo pode funcionar.

A Mesa do Leite creo

que non estivo ben

proxectada, teñen que

estar os gandeiros, non

os sindicatos. Será que

non lles interesa que

esteamos. Contrato de

prezos eu non asinei

ningún. O problema é

que os contratos asínanse

sen prezo base,

e se é así non vale

para nada.

pero á industria non lle

interesa. Na nosa zona

asinouno unha só,

Danone, e estao respectando

e renovándoo

cada tres meses.

2. O máis urxente é

conseguir controlar

as importacións de

leite. Tamén controlar

que as industrias non

fagan pactos entre

elas, as empresas que

manexan o leite cóntanse

cos dedos nunha

man e impóñennos os

prezos. O Goberno que

entre debe sentarse a

CIRILO NOVO

Gandería: Novo

Concello: Cospeito

Vacas en lactación: 40

2. A nova consellería

ten que mirar máis

polo sector. Se o prezo

do leite segue baixando

imos ir todos ao

tacho. Tamén hai que

controlar o leite que

veña de fóra, que veña

cunhas normas, evitar

o dúmping que están

facendo. E na consellería

ten que haber

persoas que coñezan

ben o tema do leite.

falar con cooperativas

e agrupacións de gandeiros,

preguntar que é

o que fai falta e poñer

nos departamentos a

persoas que saiban de

que vai este sector.

“SE OS CONTRATOS SE ASINAN SEN

PREZO BASE NON VALEN PARA NADA”

1. Creo que o Banco de

Terras é unha boa medida.

Por agora non se

ven moitos resultados,

pero é que está empezando,

sería cuestión

de darlle un pouco

de tempo. Tamén me

parece ben que houbo

unha tendencia a

incorporar xente, máis

que a incentivar ceses

anticipados. Estivo ben

que intentaran actuar

de mediadores entre

gandeiros e industria,

pero non se viron moitos

resultados, a xente

asina contratos homologados

sen saber o

que vai cobrar.

FINA IGLESIAS

Gandería: SAT Os Arroxos

Concello: Castro de Rei

Vacas en lactación: 70

“EN PAÍSES COMA ITALIA HAI UN

CONTROL PARA QUE OS PREZOS SEXAN

MÁIS XUSTOS E ESTABLES”

2. Ten que haber un

control máis estrito

do leite importado. O

consumidor ten que

ter claro cando vaia

comprar se o leite é de

Francia. En canto aos

prezos, o mercado libre

é o que hai, pero en

países como Italia hai

un control para que os

prezos sexan sempre

máis xustos e estables.

Se aquí seguimos así,

non compensa.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

20

ADMINISTRACIÓN

SAMUEL JUÁREZ, CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL

“OS ACORDOS ENTRE PRODUTORES E

INDUSTRIA TEÑEN QUE FACERSE A NIVEL DE

ESTADO PARA QUE SEXAN EFICACES”

O novo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez (León, 1962), recibiu á revista AFRIGA

o pasado 15 de maio en Lugo, só dous días despois de visitar en Madrid o Ministerio de

Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Juárez promete o adianto inminente das axudas

da PAC, a subsidiación de créditos bancarios e o pagamento das axudas pendentes de

cobro dos últimos anos, que suman, afirma, 6 millóns de euros.

Juárez sostén que o sector lácteo galego

vai superar a difícil situación actual e

conseguir un oco nun mercado cada vez

máis global. O novo conselleiro comprométese

a impulsar o diálogo entre industria

e produtores, que na súa opinión

debe producirse a nivel de Estado.

_Asume vostede o cargo nun momento

moi difícil para o sector lácteo,

onde parece que se está a instalar

un clima psicolóxico de temor.

_Loxicamente, hai moita preocupación

porque o mercado está nun

momento moi difícil. Os prezos están

baixos e os custos de explotación

aumentaron de forma significativa,

sobre todo os de alimentación. Ademais,

hai un momento de crise económica

xeralizada tremendamente

grave. Non só se está producindo

unha caída do valor do leite, senón

que por primeira vez está caendo

tamén o volume de produción. Hai

moitos fogares onde xa se está empezando

a aforrar incluso en produtos

básicos.

_O presidente da Xunta anunciou

que se lles adiantarán aos produtores

de leite os 70 millóns das

axudas da PAC en xuño. A ministra,

sen embargo, indicou que ata

outubro non se poderían facer eses

adiantos.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

ADMINISTRACIÓN 21

“A CONSELLERÍA

ESTENDERÁ DOCUMENTOS

PARA QUE OS PRODUTORES

POIDAN COBRAR O

ADIANTO DO 90% DAS

AXUDAS DA PAC A PARTIR

DE PRIMEIROS DE XUÑO”

_O que anunciou o presidente da

Xunta foi unha medida coxuntural

para resolver a curto prazo o problema

de liquidez que teñen moitas explotacións,

dentro da escasa marxe

que deixa a normativa comunitaria de

axudas. Esta medida vai inxectar unha

liquidez importante no sector. A discrepancia

co Ministerio non é tal, eu

estiven alí antonte (13 de maio) e penso

que foi un malentendido. O Ministerio

quizais se precipitou en chamar

a atención sobre ese asunto, porque é

verdade que o pagamento único non

se pode facer ata despois do 1 de decembro,

pero o que se está a facer agora

é artellar coas entidades financeiras

un préstamo ao produtor sen intereses,

polo que poderá percibir o 90% deste

pagamento agora a conta do que percibirá

despois. Esto é perfectamente

legal e non ten ningún problema de

axuste na normativa.

_¿Cal será o prazo de cobro?

_Temos xa moi avanzado un convenio

coas entidades financeiras, imos

empezar polas que traballan máis cos

gandeiros e sumaremos todas as que

queiran unirse. Esperamos que a principios

de xuño xa estea este convenio

en marcha. A Consellería estenderá

un documento onde se certifica que

un gandeiro ten dereito a esa axuda, a

entidade financieira vaille adiantar os

cartos e a Xunta asume os intereses.

_Falaron tamén de subsidiar créditos

para as explotacións.

_Si. Estamos a traballar co IGAPE

nunha liña de liquidez para circulante

a baixo custo para as explotacións,

para tratar de mellorar tamén o financiamento

dos que o necesiten.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

22

ADMINISTRACIÓN

_Entendo que está ao corrente de

que hai axudas dos últimos anos que

aínda non se cobraron, por conceptos

como a incorporación de mozos

á actividade agraria.

_Efectivamente, hai axudas pendentes

de pagar. Desde que asumimos

a Consellería estamos tratando de

revisar o que hai pendente e pagalo

rapidamente. Antes incluso que

adiantar cartos temos que pagar o

que se debe, iso é o lóxico, e estamos

a traballar todo o rápido que podemos

nesta materia. Calculamos que

hai 6 millóns de euros pendentes de

pagar en todos os conceptos. Hai que

ter en conta que isto esixe un esforzo

non pequeno por parte da facenda da

Comunidade Autónoma, porque os

pagos fanse por orde de entrada e as

arcas da Comunidade teñen un furado

importante. Entón, poñer estes

pagos por diante é un esforzo importante

de tesourería.

_¿A Consellería vai poder implicarse

dalgún xeito no ERE da planta de

Pascual en Outeiro de Rei?

_A Consellería está implicada sempre

cando hai un problema no sector,

pero este tipo de decisións son empresariais.

A Xunta pode axudar a que

esta decisión dorosa non se produza,

se é posible. Se ten que producirse

porque a empresa así o decide e non

ve outra alternativa, trataremos de

apoiar todas as iniciativas que poidan

xurdir para manter a planta en funcionamento,

estaremos abertos a todas.

Pero, evidentemente, a Administración

non pode tomar decisións que

son das empresas. A información que

eu teño é que Pascual está aínda considerando

opcións. A que a nós nos

comunicaron foi a redución da actividade,

e incluso buscar un comprador

para a planta de Outeiro de Rei. Eu

confío que a empresa nos teña ao corrente,

comprometeuse a iso.

_O mapa da industria láctea en

Galicia, onde só hai unha empresa

de capital galego e o resto son foráneas,

¿non é moi inestable para o

produtor?

_Eu penso que o sector lácteo, no

conxunto de España en xeral, non ten

a mellor situación. Non é todo o forte

que nos gustaría que fora. Estas crises

cíclicas, estas ondas de prezos altos

e baixos, coa situación deficitaria de

“PASCUAL

COMPROMETEUSE A

TERNOS AO CORRENTE

DO QUE FAGA. NÓS

TRATAREMOS DE APOIAR

TODAS AS INICIATIVAS

QUE POIDAN XURDIR

PARA MANTER A PLANTA

DE OUTEIRO DE REI EN

FUNCIONAMENTO”

produción que ten o noso país, leva a

que o sector estea exposto á competencia

das empresas do resto de Europa.

No conxunto de España sería necesario

artellar un plan estratéxico para a

industria, para unha reestruturación

da industria láctea a longo prazo.

_A súas declaracións recentes apuntan

a que a Xunta non debe promover

a creación dun grupo lácteo galego.

_Eu dixen repetidas veces que a Administración

non está para promover

e liderar iniciativas empresariais,

senón para poñer as condicións para

que as empresas e as cooperativas

poidan desenvolver os seus proxectos

empresariais con éxito. Se xorde unha

iniciativa deste tipo, nós apoiarémola

DE PROFESIÓN, VETERINARIO

Samuel Juárez naceu en León en 1962.

Casado e con dous fillos, licenciouse en

Veterinaria pola Universidade de León

(na especialidade de Bromatoloxía,

Sanidade e Tecnoloxía dos Alimentos)

e diplomouse na Escuela Nacional de

Sanidad en Madrid.

Funcionario do Corpo Nacional Veterinario,

iniciou a súa vida profesional en

Galicia en 1988, coordinando campañas

de saneamento gandeiro da Xunta. En

1990 pasou brevemente ao Ministerio,

como xefe de sección de Sanidade Exterior

en Vigo. No 91 regresa á Xunta, onde

desempeña sucesivamente os cargos de

subdirector xeral e director xeral de Pesca

e Industrias Pesqueiras. En 1996 asumiu

o cargo de secretario xeral de Pesca Marítima

do Ministerio de Agricultura, Pesca y

Alimentación.

A carreira de Juárez deu un salto internacional

no 2002, ano en que o nomean

conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación

na Embaixada de España en

Washington (EE.UU). Voltou a España no

2008, exercendo como asesor do Gabinete

do Secretario de Estado de Medio Rural

e Auga ata que Núñez Feijoo o chamou

para formar parte da nova Xunta. Malia a

súa orixe leonesa, o novo conselleiro fala

un galego moi correcto. “É que levo aquí

moitos anos”, replica.

Samuel Juárez foi distinguido coa Gran

Cruz da Orde do Mérito Pesqueiro e a

Ordre du Mérite Agricole da República

de Francia.

entusiasticamente, pero, insisto, non é

labor da Administración facer o que

lle corresponde ás empresas e cooperativas.

_A mala coxuntura de prezos parece

que vai ser unha constante, e máis

despois do 2015. ¿Vostede cre que se

aveciña unha nova época de peche de

granxas? No último ano xa cesaron

máis de 1.000.

_Eu creo que a situación actual é principalmente

froito da crise económica,

que fixo que a demanda caera en

todo o mundo. Zonas de produción

excedentaria, como é Europa, teñen

dificultades para colocar os seus excedentes,

o que repercute nos prezos do

mercado interno europeo.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

ADMINISTRACIÓN 23

“EN ESPAÑA TEN QUE ENTRAR LEITE DE FÓRA, PORQUE NÓS PRODUCIMOS ARREDOR

DE 6 MILLÓNS DE LITROS E CONSUMIMOS 9 MILLÓNS. O RETO, E NON PARECE QUE

SEXA TAN COMPLICADO, É QUE ENTRE O QUE FAI FALTA E NON MÁIS”

Cando se recupere a situación económica,

os prezos mellorarán. Pero

tamén lle digo que non penso que os

prezos que se viron hai ano e medio

sexan os prezos normais para o sector.

O que pasou hai ano e medio non foi

bo para o sector, foi anormal, e este

sistema pendular de prezos non é bo

para industria nin para o produtor.

_¿Despois do 2015 a situación pode

ser peor?

_Despois do 2015 parece que se van

eliminar as cotas lácteas, aínda que

isto non é definitivo. O regulamento

que prevé esta supresión, aprobado o

ano pasado, contempla unha revisión

no ano 2010 e outra no ano 2012. Se

realmente se eliminan as cotas lácteas,

Galicia terá que competir en condicións

similares ás do resto de Europa,

e creo que a gandería de produción de

leite de Galicia pode ser perfectamente

competitiva. Ata agora tivemos un

lastre tremendo cunhas cotas que non

permitían producir libremente, e hai

que ter en conta que os produtores de

leite galegos teñen unha preparación

profesional alomenos similar á dos demais

europeos. Saben producir leite de

calidade, desde o punto de vista hixiénico

e desde todos os demais puntos

de vista. Galicia ten unhas condicións

naturais moi boas para a produción de

leite.

_Temos o problema da base territorial.

_Temos ese problema, que hai que ir

resolvendo. Os gandeiros teñen que

concienciarse de que é un dos principais

problemas, pero eu confío que

podemos ser perfectamente competitivos

nun contexto europeo.

_¿Que van facer vostedes co Banco

de Terras?

_O Banco de Terras teremos que examinalo,

melloralo e facer que funcione.

Eu penso que pode ser un instrumento

interesante. Non temos ningún

prexuízo cara a el, pero non ten que ser

intervencionista, simplemente facilitar

o movemento de terras non aproveitadas

a favor dos que o necesiten.

_Nunha enquisa feita este ano na

Mostra de Muimenta, os produtores

coincidiron en sinalar como un dos

principais problemas do sector a entrada

de leite foráneo.

_Eu penso que á Administración correspóndelle,

en primeiro lugar, un labor

de control.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Agroamb obtivo a

primeira autorización por

parte da Consellería de

Medio Ambiente para

a VALORIZACIÓN DE

LODOS na súa planta de

tratamento ubicada en

Ponte de Outeiro (Castro

de Rei), para a elaboración

de fertilizantes orgánicos

a base de residuos

biodegradables (incluído

material de Categoría 3

transformado)

O fórmano un conxunto de empresas

relacionadas coa xestión integral dos residuos liderado por un equipo

multidisciplinar na xestión ambiental.

O é unha compañía orientada a dar solucións de

valorización e xestión integral dos residuos, empregando sempre as

mellores técnicas disponibles e optimizando a loxística de transporte.

O posúe autorización para a xestión de:

Transporte de residuos perigosos (T/001/01)

Transporte de residuos sólidos urbanos (SC-U-NP-XRT- 00072)

Transporte de residuos industriais non perigosos (SC-I-NP-XRT-

00083, SC-I-NP-XRT-00056 e SC-I-NP-XRT-00122)

Valorización e xestión de residuos sólidos urbanos

(SC-U-NP-XV-00040 y SC-U-NP-XV-00036 )

Valorización e xestión de residuos industriais non perigosos (SC-I-

NP-XV-00064 y RIV-24/01)

Rexeneración ambiental

Conforman o as seguintes empresas:

Titular da primeira planta cunha capacidade próxima a 100.000 tms/ano

para a valorización e tratamento de residuos agrarios segundo o disposto

no RD 824/2005 sobre fertilizantes, o RD 1310/1990 sobre a aplicación

agrícola de lodos e o Regulamento CEE 1774/2002 sobre subprodutos

animais. Agroamb aposta fortemente por I+D+i coa súa presenza en máis

de 10 proxectos de investigación.

Dispón de vehículos específicos en diferentes configuracións, adaptándose

a cada necesidade medioambiental do cliente. Innovación e eficacia

no transporte. Servizos de conselleiro de seguridade e operador de

transportes.

Comercializa e coordina a prestación de servizos para a xestión

ambiental integral dos distintos residuos (incluídos residuos

perigosos). Desde a súa recente creación, xestiona máis de 50.000

tms/ano de residuos biodegradables.

Empresa de servizos agrarios que conta cos últimos equipos en

mecanización para a sementeira, cultivo e posterior recolección das

diferentes producións agrarias.

Sociedade para a explotación en común da terra, orientada á

produción integrada de forraxes e cultivos enerxéticos. Dispón dun

banco de terras que supera as 3.000 hectáreas.

Agroamb

C/ Calzada das Gándaras, 11.

Local bajo dcha. 27003 Lugo

Teléfono (+34) 982 231 365

Fax (+34) 982 240 534

E-mail agroamb@agroamb.com

Web www.agroamb.com

ADMINISTRACIÓN 25

“CANDO SE RECUPERE A

SITUACIÓN ECONÓMICA,

OS PREZOS MELLORARÁN.

PERO TAMÉN PENSO QUE

OS PREZOS QUE SE VIRON

HAI ANO E MEDIO NON

SON OS NORMAIS PARA O

SECTOR”

Controlar que o leite que entra o faga

nunhas condicións axeitadas. Isto é

algo acordado entre todas as comunidades

autónomas, porque non o pode

facer unha soa, loxicamente. Hai que

incrementar estes controis. Pero, dito

isto, o principal problema que temos é

que a industria e a produción cheguen

a un acordo de estabilidade. En España

ten que entrar leite de fóra, nós

producimos arredor de 6 millóns de

litros e consumimos 9 millóns. O reto,

e non parece que sexa tan complicado,

é que entre o que fai falta e non máis.

_Falando de acordos, ¿a Xunta pode

exercer unha arbitraxe entre os produtores

e a industria?

_A Xunta pode actuar para facilitar a

interlocución, pero os interlocutores

teñen que ser eles, e os acordos téñenos

que tomar entre eles. Eu penso que estes

mecanismos de acordo teñen que

facerse a nivel do conxunto do Estado,

porque se non, non van ser eficaces.

Cando estiven antonte en Madrid,

reuníndome co secretario de Estado,

formuleille a necesidade de reunir a

Interprofesional Láctea con urxencia

para tratar de forzalos dalgunha maneira

a chegar a acordos. Os fracasos

do pasado non deben desanimarnos

para tratar de seguir perseguindo eses

acordos.

_Vostede coñece o Ministerio, polo

que se supón que vai poder ter unha

interlocución bastante áxil, independentemente

das diferencias partidistas.

_As persoas son importantes, pero

son máis importantes as actitudes e os

convencementos, e eu estou convencido

de que o mellor para o agro galego

é que a Xunta e o Goberno central

traballen na mesma dirección. Nós

imos intentar que sexa así. Fraco favor

se lle faría aos gandeiros galegos se se

utilizaran as políticas agrarias como

unha arma arreboladiza entre as dúas

administracións. Pola nosa parte, desde

logo, non vai ser así.

_¿Vai reformular dalgunha maneira a

composición da Mesa do Leite, para

que ademais dos sindicatos estean

presentes outros colectivos representativos

do sector?

_É un aspecto que temos que tratar na

propia Mesa. Non teño unha posición

a priori a respecto deso. Quen teña

que estar, estará. A Mesa é do sector e

é o sector o que ten que decidir.

_Volvendo ao de antes, véxoo convencido

de que vai seguir habendo

lugar para o leite galego nun contexto

global e de mercados emerxentes.

_Estou perfectamente convencido de

que ten que haber lugar para o leite

galego. Non sería lóxico que non fose

así. Sei que hai outras zonas produtoras

cunhas condicións que lles permiten

producir máis barato ou nunhas

condicións diferentes, pero tamén hai

custos de transporte e elementos que

teñen que ver coa propia cultura e cos

procesos de elaboración. Polo tanto,

hai sitio para todos. O que debemos

ter claro é que temos que traballar

máis na mellora da calidade, diferenciación

de produtos e produtos con

valor engadido. Ese ten que ser o noso

norte.

_Atopa un sector ben distinto ao que

existía cando vostede facía saneamento

gandeiro, a finais dos 80.

_A verdade é que cambiou moito, a

modernización do campo en Galicia

nos últimos 20 anos é realmente impresionante.

Non se parece absolutamente

en nada ao que era hai 20 anos,

e eso é un mérito dos gandeiros e os

agricultores. Aínda se ten moitas veces

a imaxe do agricultor pouco preparado

e en pequenas explotacións, cando

a realidade é outra. Hoxe, por exemplo,

vou visitar Fontao, que é un centro

punteiro a nivel mundial. Hai algo máis

de 20 anos, cando eu empecei a miña

vida profesional aquí en Lugo, importabamos

seme de todas partes, había

que ir buscalo a Canadá, a Francia...

Agora somos nós os que lle vendemos

a medio mundo. Iso é un exemplo de

que sabemos facer as cousas tan ben ou

mellor ca calquera.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

26

EXPLOTACIÓN

GANDERÍA CAPÓN. ANDEMIL-VILAÚXE (CHANTADA)

De esquerda a dereita, Águeda, Roi, Marisol e Manuel, na galería da casa

UNHA APOSTA DECIDIDA POLA CRÍA EN EXTENSIVO

Na Gandería Capón trabállase ao vello estilo: vacas nos prados, silos de herba

e ausencia de millo. O toque moderno é a paixón dos propietarios pola xenética

canadense e os concursos de gando. Nesta granxa chantadina hai máis de 40 vacas en

produción e outras tantas xovencas. Toda a recría se fai na casa.

A Gandería Capón tivo a súa base na vella explotación

familiar, que ata 1985 foi mixta. Nese ano comeza a funcionar

dedicada só á produción de leite, partindo dunha cota

de 40.000 litros e 11 vacas. En anos sucesivos, os propietarios

foron adquirindo dereitos de produción no mercado

libre, sufrindo en directo a escalada de prezos _desde as 28

pesetas por litro dos primeiros tempos ata as 110 que se

pagaban cando se eliminou a compravenda entre particulares_.

Grazas a que asumiron os dereitos dunha gandería

veciña que cesou (80.000 quilos), a granxa puido chegar a

unha cota actual de 450 toneladas.

Manuel Capón (48 anos), a súa dona Marisol Fernández

(44) e os seus fillos Roi (18) e Águeda (15) compoñen

unha familia moi gandeira. Marisol, antiga decoradora de

cerámica en Ourense, adaptouse sen problemas ao oficio e

á vida no campo. Os dous rapaces están decididos a estudar

Veterinaria e seguir adiante coa explotación, ademais de ser

manexadores premiados en multitude de concursos, unha

auténtica paixón para a familia.

A fórmula desta explotación é netamente tradicional,

baseada no pastoreo. As vacas permanecen ceibas todo o

tempo, pacendo nos prados que rodean a explotación. Levan

unha vida exenta de estrés que se traduce en produ–

cións moderadas pero unha gran lonxevidade _ata 9 partos_,

así como nunha ausencia case total de problemas de patas.

A cabana gandeira está organizada en lotes de idade.

Unha vez que as xovencas se destetan, permanecen nun

establo habilitado para elas durante 12 meses. A partir dese

tempo comezan a súa vida nos prados, onde se manteñen

en parcelas pechadas e lotes de seis ou sete animais.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

EXPLOTACIÓN 27

AS VACAS APROVEITAN A HERBA

NO PASTOREO E TAMÉN ENSILADA.

REPARTIDOS POLA EXPLOTACIÓNS HAI

ATA NOVE SILOS, MOITOS DELES NOS

PROPIOS PRADOS

Establo das vacas en produción, que acuden a el só 2 veces ao día, para o

muxido e para comer herba seca e a ración

As vacas de produción tamén permanecen nos prados, acudindo

ao establo só para o muxido e para consumir o concentrado.

En canto ás vacas secas, pacen nunha carballeira.

A base territorial da que dispón a explotación é de 55

hectáreas. 32 son propiedade da granxa, 10 proceden da

explotación que cesou _na cercana aldea de O Ulleiro_ e o

resto están arrendadas. Como é habitual, a separación entre

as parcelas é un dos atrancos máis graves, máxime nun

sistema de pastoreo. O tamaño das fincas é moi variable, a

maior ten unhas 11 hectáreas e a máis pequena non chega

a 1 hectárea. As extensións máis grandes fóronse formando

a base de permutas de parcelas cos veciños.

Na Gandería Capón nunca se plantou millo, agás o ano

pasado, en que probaron a botar 2 hectáreas. A aposta da

granxa é pola herba, en concreto o raigás inglés e o italiano.

“Unha finca boa igual bota 5 ou 6 anos sen renovar”,

explica Capón. As vacas aproveitan a herba no pastoreo e

tamén ensilada. Repartidos pola explotacións hai ata nove

silos, moitos deles nos propios prados. Cando o silo está

feito destápase un lateral e son os propios animais os que

van avanzando na fronte.

Respecto aos motivos para non recorrer ao millo, o gandeiro

indica que “é rico en enerxía e almidón, pero aquí o

que máis necesitamos é proteína”. Por outra banda, a zona

está infestada de xabaríns, polo que “habería que facer un

gasto enorme para pechar as parcelas”.

Na granxa fanse dúas cortas de herba para ensilar, cun

mes de diferencia entre unha e outra. Capón explica que

o ano pasado fixo a primeira corta a finais de maio, mentres

que este ano preferiu adiantala a principios dese mes.

Tamén cambiou o sistema de ensilado; mentres que o ano

pasado ensilou toda a herba xunta, sen ter en conta as diferencias

de crecemento, este ano decidiu separar en función

do estado de cada parcela.

O abonado das fincas faise a base de xurro, fósforo e nitramón.

Antes da corta, a parcela en cuestión permanece

un máximo de 40 días sen vacas.

A explotación ten un amplo parque de maquinaria, que

lle permite ser practicamente autónoma no laboreo: 2 tractores,

unha rotoempacadora, cisterna, rotativa e rastrillo.

En asociación con outras cinco granxas dispón tamén de

grade de disco, subsoladora, carro herbicida e sementadota.

Externalízanse o ensilado e a extracción de purín, servizos

que presta a cooperativa Icos.

OS CUBÍCULOS MELLOR

ACONDICIONADOS COS NOSOS

DISPENSADORES

Dispensadores para acondicionar cubículos coa maior

rapidez e facilidade, o mínimo de po e o uso máis

económico dos materiais.

160 cubículos acondiciónanse en 5-6 minutos

Os usuarios aforran ata un 50 % en material de base

Posibilidade de utilizar serrín, cepilladuras, area, palla

picada, papel e caliza

TODOS OS DISPOSITIVOS PARA

O TRATAMENTO INTEGRAL DO

PURÍN

Trituradores

Revolvedores

sumerxibles en ferro

e aceiro inoxidable

CARGA AUTOMÁTICA

Separadores

UNHA COMPLETA GAMA DE

BEBEDEIROS BASCULANTES

INOXIDABLES

Con ou sen protección

Con válvula de alto rendemento de 25 litros/minuto

Modelos de 45 e 75 litros

AFRIGA ANO XV - Nº 80

28

EXPLOTACIÓN

GARANTIDA

CONTRASTADA

ANIMAL

Toda a recría se fai na granxa

NUTRICIÓN

A base fundamental da dieta é a herba a libre disposición,

tanto no prado coma en silo. As racións de complemento

prepáranse según o lote de idade.

R

EXPLOTACIÓN

MONTELLOS

Vacas en produción

Fariña de cebada ............6 kg.

Fariña de millo ..............2 kg.

Cascariña de soxa............1 kg.

Fariña de soxa...............1 kg. (se o silo é pobre en proteína, 2 kg.)

Xovencas

Fariña de cebada ............1 kg.

Cascariña de soxa............0,5 kg.

As vacas en produción comen a ración no establo principal,

servida nos comedeiros, xunto con herba seca a discreción,

catro veces ao día. En cambio, as xovencas consumen

a ración de complemento no propio prado.

Capón explica que, para un sistema coma o seu, non hai

nutricionista que saiba formular unha ración. “Só saben

formular para intensivo”, asegura. Ata hai dous anos, dáballe

ás vacas unha mestura de millo, cebada e soxa con

aditivos que lle servía a cooperativa Icos. “Pero só se podía

cambiar cada 15 ou 20 días”, explica. El quixo ter máis

marxe de manobra para variar a dieta, así que se converteu

no seu propio nutricionista. Controla o estado das vacas a

ollo, día a día, e a partir diso toma as súas decisións.

O gasto é tamén un argumento importante. “Consumindo

millo, as vacas estarían mellor de carnes, pero entre a

cebada e o millo hai agora 10 pesetas de diferencia”.

SCM

MONTELLOSBETANZOSACORUÑA)

T

F

E

Carballeira reservada ás vacas secas

AFRIGA ANO XV - Nº 80

EXPLOTACIÓN 29

A GRANXA TEN UN AMPLO PARQUE DE

MAQUINARIA, QUE LLE PERMITE SER

PRACTICAMENTE AUTÓNOMA NO LABOREO

Establo-parideira, con capacidade para 8 vacas. Antes parían ao aire libre, co

problema de que os raposos lles atacaban a vulva

Silo de herba no propio prado. Hai 9

repartidos pola explotación

A gandería dispón de 3 silos de

purín tapados e un completo parque

de maquinaria

Nos cálculos de custo inflúe ademais a natureza, unha

variable básica nunha explotación en extensivo. Se a

primavera non é boa pérdese pasto e, por tanto, baixa

a proteína e hai que comprar alimento para aportarlla

ao gando.

Nun sistema así, é obvio que as producións van ser moderadas.

Medias de 24-25 quilos ao día, 8.500 ao ano. En

compensación, a vida útil dos animais é moito máis longa.

“Aquí os animais van ao matadeiro porque non empreñan

ou por células somáticas”, explica o gandeiro. A media

de partos está en 2,8, pero moitas vacas permanecen na

granxa durante 7 e ata 9 partos.

O leite da granxa ten unha porcentaxe de graxa que oscila

entre 3,82% e o 4,06% No caso da proteína, entre o

3,20% e o 3,30% Para o contrato que a explotación ten con

Danone, un índice superior ao 3,27% de proteína supón

unha bonificación de 1 céntimo por litro, sobre un prezo

base que ronda os 32 céntimos.

HIGIENE DEL ORDEÑO

Gama

Excellence

Gama

Profesional

DE 40 KG DE

PRODUCTOS

PARA LA

UBRE

¡REGALO

DE UN BUZO

DE CALIDAD

SUPERIOR!

de fácil apertura

CENTRO DE ASTURIAS: Polígono Industrial La Almuña Parcela 11. 33.700 Valdés. Asturias.

CENTRO DE GALICIA: Vía Pasteur 30 - 2ª planta 15.890 Santiago de Compostela. A Coruña.

CENTRO DE CANTABRIA: Avda de Sotileza s/n. 39.009 Santander. Cantabria.

delagro@delagro.org

AFRIGA ANO XV - Nº 80

30

EXPLOTACIÓN

AS VACAS EN PRODUCIÓN COMEN A RACIÓN NO ESTABLO PRINCIPAL, SERVIDA NOS

COMEDEIROS, XUNTO CON HERBA SECA A DISCRECIÓN, CATRO VECES AO DÍA

As xovencas permanecen ao aire libre a partir do primeiro ano, en lotes de 6 ou 7 animais

A familia, no salón onde gardan os numerosos

trofeos dos concursos de gando

XENÉTICA

A xenética é unha paixón para Capón “desde sempre”.

Busca touros que lle aporten tipo e fortaleza, sen pretender

nunca que as producións superen os 10.000 litros. “Moitos

menos problemas e máis duración”, resume. O chantadino

é partidario firme da xenética canadense, recorrendo a

sementais coma Buckeye, September e Bolivia. Entre os

galegos ten usado doses de Mario Xacobeo.

O resultado da mellora xenética na granxa é notable. A

media da explotación por ICO está en 82,3, con 23 animais

calificados MB. Unha cabana ideal para concursos, a

grande afección da familia. No ano 2000 empezaron a súa

andaina competitiva no Nacional de CONAFE de Talavera

de la Reina, o primeiro Nacional no que houbo vacas

galegas premiadas. Unha delas, unha terceira de sección,

era de Capón.

A estrela da granxa nestes momentos é Capón Carola

Lee, cun palmarés no que destacan os títulos de mellor

vaca intermedia no Nacional de Xixón do 2005, vaca nova

subcampiona de Galicia no 2004 ou segunda mellor xovenca

de 20-22 meses no Nacional de Xixón do 2003, entre

outros.

Os éxitos más recentes da gandería foron na Moexmu

2009, onde Capón-Holstein Goldwyn Marisa foi xovenca

subcampiona, e en Silleda 2008, con Capón-Holstein

September Dixi como xovenca gran campiona de Galicia.

En Chantada 2008, Capón Carola Lee foi vaca adulta subcampiona

e Capón September Dixi, xovenca subcampiona.

Neste mesmo certame, a Gandería Capón recibiu o título

de mellor criador, que xa gañara na edición do 2005.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Gomas e Camas para Vacas

Limpezas Automáticas

distribución material ganadero

Estabulacións Libres

TUBULAR BOVINO

As fotografías deste anuncio corresponden ás explotacións SAT COUTO

DA GRANDA (CASTRO DE REI) e SAT OS ARROXOS (CASTRO DE REI)

VENDIDAS 15.000 PRAZAS AO ANO

EN GALICIA E ASTURIAS

Visite a nosa web www.dismagan.es

Máis de 1 millón de vacas

dormen en colchóns BIORET

PISO DE GOMA

DUNHA SOA PEZA

PARA PATIOS

LIMPEZAS

AUTOMÁTICAS

DE CABLE

A auténtica limpeza

alemana, non compre

imitacións

MÁIS DE 30.000 LIMPEZAS

INSTALADAS EN EUROPA

Polígono Industrial do Corgo, parcela 3, 27163 O Corgo (Lugo)

Novo teléfono: 671 485 702 (TONI) • 671 485 703 (Servicio Técnico)

E-mail: toni@dismagan.es // Web: www. dismagan.es

distribución material ganadero

Distribuidor en Asturias: Almacenes Ladislao, S.L.

Polígono El Zarrín, S.N. La Espina, 33891 Salas (Asturias)

Tlf.: 985.837385 - 629566500

34

ECONOMÍA

Sineiro, na súa charla en Lugo o pasado 23 de marzo

O MERCADO DO LEITE E

DOS PRODUTOS LÁCTEOS

O obxectivo deste artigo é achegar información sobre o mercado dos produtos lácteos

para axudar a entender mellor os importantes cambios ocorridos nos prezos do leite nos

últimos dous anos, a situación actual e as perspectivas de evolución a medio prazo.

O artigo desenvolve e amplía a conferencia de Francisco Sineiro na xornada técnica

organizada pola empresa Nanta o 23 de marzo en Lugo sobre produtividade e aptitudes

tecnolóxicas do leite producido polo sistema Kempen.

Francisco Sineiro García,

Roberto Lorenzana Fernández

Escola Politécnica Superior, Lugo.

Universidade de Santiago.

Nos produtos lácteos temos tres

mercados diferentes segundo avancemos

desde a produción ata o consumo.

O primeiro é de compra e venda de

leite cru entre produtores e industrias.

O segundo, de produtos lácteos elaborados

que venden as industrias ás

empresas de distribución alimentaria.

No terceiro, os consumidores mercan

estes produtos nos distintos establecementos

de distribución (híper e

supermercados e pequenas tendas de

alimentación).

Loxicamente, os prezos nestes tres

mercados están relacionados, pero a

experiencia demostra, tal como ocorreu

no ano pasado, que as baixas nos

prezos en orixe non se transmiten na

mesma medida ao consumo.

Os mercados tamén poden ser diferentes

segundo os produtos elaborados

co leite recollido, con importantes diferenzas

no valor destes produtos por litro

de leite utilizado na súa fabricación.

Podemos poñer como exemplos o valor

no consumo dun litro de leite de marca

branca, duns 0,50 euros/litro, o dun leite

enriquecido de primeira marca,

AFRIGA ANO XV - Nº 80

ECONOMÍA 35

que chega ata 1,30 euros, ou dun leite

fermentado e enriquecido, que acada

uns 2,9 euros por litro en marca branca

e pode chegar ata uns 6 euros na

primeira marca.

Parece probable que no futuro parte

destas diferenzas nos prezos finais dos

produtos poidan afectar tamén aos prezos

en orixe, sobre todo ao reducirse as medidas

existentes de regulación do mercado.

Por último, hai tamén diferenzas

segundo a localización xeográfica dos

mercados, como por exemplo entre

o mercado internacional, o da Unión

Europea e o español.

Precisamente neste artigo imos tratar

primeiro a situación existente nos

dous primeiros mercados, internacional

e comunitario, antes de analizar os

problemas específicos do mercado español

e a súa situación actual e achegar

a información dispoñible sobre as

súas perspectivas de evolución.

O MERCADO INTERNACIONAL DE

PRODUTOS LÁCTEOS

Os produtos lácteos que se comercializan

no mercado internacional

6000

5000

4000

3000

2000

1000

0

1/00 1/01 1/02 1/03 1/04 1/05 1/06 1 /07 1/08 1/09

Gráfico 1. Prezos da manteiga, leite en po e queixo cheddar no mercado internacional. Anos 2000 a 2009.

son sobre todo o leite en po, a manteiga

e as variedades máis básicas de

queixos. Máis de dous terzos das exportación

son realizados polos países

da Unión Europea e por Nova

Celandia e Australia. Pola contra, o

grupo de países compradores é máis

amplo e variable.

Este mercado caracterízase pola súa

forte inestabilidade, cunha gran variación

nos prezos. Entre os anos

2000 e 2006, os prezos máximos

do leite en po e da manteiga, duns

2.200 dólares por tonelada en ambos

casos, duplicaron os das súas cotizacións

máis baixas.

¡Soluciones rentables para el

ganadero profesional!

Ofrecemos la representación

en zonas libres.

Tlf. 680 857 134

¡Una calidad excelente de ensilaje de

hierba por compresión, distribución y

desarrollo de fermentación óptimo!

4 tipos básicos

3 diámetros de cilindro

18 anchuras de máquina

¡Fosas de

purín

limpias con

la batidora

de rejillas

RECK!

18 variantes

¡Purín homogéneo de la

primera a la última cuba

para superiores beneficios!

1000 variantes

más rendimientos de leche y carne

mejor salud de los animales

menos gastos para el veterinario

agitación fácil a través de las rejillas

potencia enorme que deshace capas

flotantes y sedimentos

tanto para bovinos como porcino

aproveche el propio purín aún más

como abono orgánico

rendimientos máximos de campo o prados

menos impacto medioambiental

RECK Technik GmbH & Co. KG, Tel. 680 857 134, sr. Simon Fritschle, contact@reck-agrartec.com, www.reck-agrartec.com

AFRIGA ANO XV - Nº 80

36

ECONOMÍA

A PARTIR DE MEDIADOS DO 2008, A FORTE CAÍDA

NOS PREZOS INTERNACIONAIS ARRASTROU TAMÉN Á

BAIXA OS DO MERCADO EUROPEO, AO NON EXISTIR OS

ANTERIORES MECANISMOS DE REGULACIÓN DA UE

400

350

300

250

200

150

100

2000

2001

2002

2003

Gráfico 2. Prezo do leite na Unión Europea ao produtor e prezos equivalentes na intervención e no

mercado internacional (euros por tonelada leite)

2004

Internacional

2005

2006

Desde comezos do 2007 empezou

unha forte escalada nos prezos, chegando

a uns valores máximos por riba

dos 4.000 dólares para a manteiga e

de 5.000 para o leite en po. Despois

tiveron unha baixa moi pronunciada a

partir de mediados do 2008, sendo os

niveis actuais duns 1.900 dólares para

a manteiga e de 2.200 para o leite en

po, moi similares aos existentes catro

anos antes (Gráfico 1).

Este curto período de pouco máis

dun ano de prezos moi elevados é un

exemplo máis da inestabilidade deste

mercado. Unha produción algo inferior

á normal nalgún dos principais

países exportadores e un nivel baixo

de reservas destes produtos quedaron

desbordados por unha maior demanda

impulsada polos países de economía

emerxente, á que se engadiu a

especulación provocada por fondos

de inversións. Posteriormente, houbo

unha brusca caída de prezos polo retroceso

da demanda alimentaria ocasionada

pola crise económica e pola

normalización da oferta nos principais

países produtores.

Este mercado serviu tradicionalmente

de destino para os excedentes

comunitarios, pero nos últimos

anos este comercio está limitado polo

menor volume das axudas a estas exportacións

e pola baixa no valor do

dólar con respecto ao euro, que á súa

vez está impulsando as exportacións

americanas, sobre todo de manteiga.

Estas exportacións desprazaron as

europeas dalgúns dos seus mercados

tradicionais e provocaron unha maior

presión á baixa dos prezos no mercado

interior ao reducirse estas saídas de

excedentes, que foron redirixidos cara

o mercado comunitario.

DINAMARCA

FRANCIA

UE-15

ESP

10

15

2007

3

25

2008

8

49

8

c.2009

O MERCADO DE PRODUTOS

LÁCTEOS NA UNIÓN EUROPEA

No mercado europeo non hai fronteiras

internas, ao existir un libre tránsito

dos produtos entre os países membros.

Este mercado conta cunha protección

común en fronteira por medio dun

imposto aduaneiro ou arancel que

grava as importacións procedentes do

exterior.

Este mercado tiña unhas importantes

medidas de regulación, que

se mantiveron en gran medida ata

o ano 2003. Dunha parte había un

control da produción polas cotas,

que limitaba a cantidade de leite

producido. Ademais, había medidas

de apoio aos prezos por medio das

compras en intervención de manteiga

e leite en po, así como axudas ao

consumo dalgúns produtos lácteos e

ás exportacións cara o mercado internacional.

62

0 20 40 60 80 100

Gráfico 3. Produtos lácteos elaborados en España e outros Países europeos (en % sobre o leite recollido)

58

13

52

34

25

19

15

4

AFRIGA ANO XV - Nº 80

ECONOMÍA 37

DINAMARCA

FRANCIA

UE-15

ESP

10

15

3

25

8

49

8

62

58

13

52

34

25

19

15

4

NOS PRINCIPAIS PAÍSES

EUROPEOS PRODUTORES

DE LEITE HAI ACORDOS

NEGOCIADOS DE PREZOS

ENTRE PRODUTORES E

INDUSTRIAS, BEN NO

SEO DAS ORGANIZACIÓNS

INTERPROFESIONAIS,

BEN POLA INTEGRACIÓN

DOS PRODUTORES NAS

GRANDES COOPERATIVAS

0 20 40 60 80 100

Gráfico 4. Destinos do leite recollido pola industria en Galicia (en % sobre o total)

Deste xeito, mantíñase unha relativa

estabilidade de prezos no mercado

interno, grazas a estas medidas, que

apoiaban o consumo ou a exportación

dun 15% da produción de leite.

Esta situación cambiou a partir do

ano 2003, ao ser aprobada unha rebaixa

dun 20% nos prezos de intervención

e no volume de compras, que

a súa vez reducían os niveis doutras

axudas ao consumo e á exportación.

Esta redución realizouse de maneira

escalonada nos seguintes catro anos e

tivo como compensación o establecemento

da prima do leite, por un importe

duns 3,5 céntimos por litro, pero

que equivalía só á metade desa redución

nos prezos de intervención.

Ademais, a finais do 2008 aprobouse

un calendario de eliminación paulatina

das cotas a partir do ano 2015, mediante

un aumento progresivo do seu volume.

Estes cambios, xunto coa integración

dalgúns países do Este cun

importante potencial produtivo no

leite e con prezos notablemente inferiores,

como é o caso de Polonia,

cambiaron o funcionamento anterior

do mercado de produtos lácteos,

que mantiña unha considerable estabilidade

nos prezos ao abrigo das

elevadas variacións no mercado internacional.

www.valentinmunoz.com

FOSAS ECONÓMICAS E SEGURAS, AVALADAS POR UNHA AMPLA

EXPERIENCIA E CERTIFICACIÓNS DE GARANTÍA DOS MATERIAIS

DEPÓSITO DE CHAPA DE ACEIRO

ONDULADA E GALVANIZADA EN QUENTE

OU CHAPA POLMER DE PVC, RECUBERTO

CON FUNDA INTERIOR DE PVC

BALSA EN TERRA

IMPERMEABILIZADA CON LÁMINA

PHD DE 1’5 MM DE GROSO

CISTERNA FLEXIBLE DE PVC

DELEGADO PARA GALICIA E ASTURIAS: FRANCISCO ESPIÑA FONTENLA TEL. 648.262.656

AFRIGA ANO XV - Nº 80

38

ECONOMÍA

Transformado fora

Outros derivados

3

24

EN GALICIA ENVÁSASE UN

62% DO LEITE RECOLLIDO.

NO CONXUNTO DA UE, SÓ

O 25%

Iogures

1

Queixos

Leite envasado

Ata o 2003, o prezo equivalente do

leite para a venda á intervención como

leite en po e manteiga equivalía a uns

0,27 euros por litro, pero foi descendendo

nos seguintes catro anos ata os

0,21 euros actuais (Gráfico 2).

Este descenso non lle afectou ao

prezo do leite ao produtor nos primeiros

anos por coincidir cun período de

suba de prezos no mercado internacional.

Pero non ocorreu así a partir de

mediados do 2008, cando a forte caída

nos prezos internacionais arrastrou tamén

á baixa os do mercado europeo,

ao non existir os anteriores mecanismos

de regulación.

Con anterioridade ao 2003, as medidas

de regulación existentes e os prezos

de intervención equivalentes, duns

0,27 euros/litro, permitían manter uns

prezos ao produtor por riba dos 0,30

euros, sendo pouco afectados polas

9

Gráfico 5. Porcentaxe das marcas brancas sobre o volume e valor das vendas de leite envasado

Gráfico 6. Prezos ao produtor en España, na media da Unión Europea dos 15 , Italia e Francia. Anos 2001

a febreiro 2009 (en euros por 100 litros)

variacións no mercado internacional.

Pola contra, os prezos de intervención

actuais equivalentes, duns 0,21 euros/

litro, non poden soster eses niveis de

prezos nas situacións de baixos prezos

internacionais.

63

O MERCADO DO LEITE E OS

PRODUTOS LÁCTEOS EN ESPAÑA

A situación do mercado español de

produtos lácteos pódese caracterizar

por ter unha produción de leite moi

inferior ao consumo, pola falta de

acordos e prezos negociados entre

produción e industria, por unha elevada

orientación da industria á fabricación

de leite envasado e pola forte

dependencia das vendas na gran distribución,

que utiliza de modo abusivo

o leite envasado como produto reclamo.

A produción de leite en España é un

25% inferior á necesaria para satisfacer

o consumo de produtos lácteos.

Esta diferenza é cuberta polas importacións,

que nos últimos anos acadaron

uns 340 millóns de litros de leite

cru para ser transformado polas industrias,

ás que hai que engadir as dos

produtos lácteos elaborados, que son

duns 260 millóns de leite envasado, e

moito máis elevadas nos queixos, cunhas

215.000 toneladas, e no leite en

po, con 80.000 toneladas, posto que o

leite necesario para fabricar estes dous

últimos produtos equivale a uns 2.550

millóns de litros.

Cadro 1. Prezos ao produtor do leite e á industria e aos consumo polo leite envasado de marca de

fabricante e de distribuidor (euro/litro)

Mes e ano

Prezo Marca fabricante Marca distribuidor

produtor industria consumo industria consumo

Xaneiro 2007 0,30 0,58 0,74 0,46 0,49

Xullo 2007 0,35 0,59 0,77 0,48 0,52

Xaneiro2008 0,45 0,74 0,95 0,69 0,72

Xullo 2008 0,36 0,73 0,95 0,55 0,70

Xaneiro 2009 0,33 0,71 0,92 0,53 0,56

Marzo 2009 0,28 0,69 0,91 0,50 0,53

A GRAN DISTRIBUCIÓN UTILIZA O LEITE ENVASADO

COMO “PRODUTO RECLAMO” PARA ATRAER OS

CONSUMIDORES. ESTA BAIXA REPERCUTE NOS

PREZOS PAGADOS ÁS INDUSTRIAS, QUE A SÚA VEZ A

TRANSMITEN AOS GANDEIROS

AFRIGA ANO XV - Nº 80

ECONOMÍA 39

EN ESPAÑA, OS PREZOS

DO LEITE DE MARCAS

BRANCAS ESTÁN 12

CÉNTIMOS POR DEBAIXO

DOS DE FRANCIA

Nos principais países europeos produtores

de leite hai relacións estables

e acordos negociados de prezos entre

produtores e industrias, ben no seo das

organizacións interprofesionais, como

en Francia, ben pola integración dos

produtores nas grandes cooperativas

que industrializan o leite, como ocorre

en Holanda e Dinamarca. Estes acordos

adoitan establecerse por períodos

amplos ou por campañas, sendo as referencias

nas negociacións previas de

prezos a situación do mercado interior

e o das exportacións, estando ademais

suxeitos a axustes estacionais.

Pola contra, en España non existen

estes acordos, habendo na práctica

unha imposición de prezos por parte

das industrias. As diferenzas nos prezos

pagados entre industrias son escasas

no prezo base e nas primas de calidade

e máis elevadas noutras primas

(case 5 céntimos por litro de media no

último ano con respecto a menos de

1 céntimo para as ligadas á calidade),

que están en función do volume entregado

e das estratexias das empresas

con certas rutas e produtores.

A estrutura dos produtos lácteos

elaborados pola industria en España

é moi diferente da existente noutros

países. No conxunto da Unión Europea,

algo máis da metade do leite é

dedicado á fabricación de queixos, por

tan só unha cuarta parte utilizada no

leite envasado e outro 15% destinado

ao leite en po. Nalgúns países como

Dinamarca, que é precisamente un

dos maiores exportadores, a parte dedicada

aos queixos supera o 60% e o

leite en po chega ata a cuarta parte. A

situación de España é moi diferente,

ao absorber o leite envasado a metade

do recollido, xusto o dobre que no

conxunto da Unión Europea.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

42

ECONOMÍA

Esta dependencia da industria na fabricación do leite envasado

aínda é maior no caso de Galicia, por dedicarlle un

62% do leite recollido, quedando outro 10% para queixos e

produtos frescos, mentres que o 25% restante se transporta

como leite cru para industrializar fóra da comunidade.

A maior parte das vendas de produtos lácteos teñen lugar

nos establecementos da gran distribución, nos híper e

supermercados, que concentran máis dun 85% das compras

dos fogares, quedando menos do 15% restante para as

tendas tradicionais de alimentación.

Unha parte crecente destas vendas non son realizadas coas

propias marcas dos seus fabricantes, senón coas da distribución.

Desde que se comezaron a utilizar as marcas brancas ou

do distribuidor, hai xa uns 20 anos, non deixaron de ir aumentando

o seu peso nas vendas de diversos produtos alimentarios.

O leite envasado foi un dos primeiros produtos utilizados,

pero actualmente esténdense aos tipos máis correntes de

queixos e aos iogures de diversos tipos.

A gran distribución utiliza o leite envasado como “produto

reclamo” para atraer os consumidores aos seus establecementos.

Esta estratexia non é gravosa para os seus

intereses, porque a menor marxe percibida polo venda

do leite coa súa marca de distribuidor é compensada coa

cargada na ampla variedade de produtos que ofrecen nos

seus establecementos. Polo contrario, afecta gravemente a

produtores e industriais, que dependen totalmente do leite,

posto que reduce a marxe da industria, que a traslada en

forma de prezos mais baixos aos produtores.

En España hai un uso abusivo do leite como produto

reclamo, como se pode observar ao comparar o seu prezo

co existente noutros países. Mentres que as diferenzas nos

prezos das marcas de fabricante son reducidas, nas marcas

brancas son uns 10-12 céntimos menores en España que

en Francia e Gran Bretaña. Incluso no caso de Francia se

pode comprobar que os prezos das marcas brancas de empresas

de distribución que operan nos dous países, como

son Carrefour e Alcampo, están uns 12 céntimos por debaixo

en España (Gráfico 5).

Precisamente no período de prezos elevados do leite da

segunda metade de 2008 houbo un forte avance destas

marcas, que aumentaron case un 10% nas vendas a costa

das primeiras marcas, o que explica precisamente o comportamento

no último ano destas empresas con reducións

significativas no leite recollido e mesmo a crise aberta en

Pascual nas últimas semanas.

Boa parte dos consumidores que cambiaron ás marcas

brancas ante as fortes subidas de prezos _que levaron ás

primeiras marcas a superar un euro por litro_, seguiron a

consumilas cando o seu prezo foi descendendo, nun tempo

no que a crise económica lles empuxaba a facer aforros onde

fose posible. Deste modo comezou unha marcha atrás nos

prezos ao consumo, que nas últimas semanas volve situar as

marcas brancas case ao nivel dos prezos existentes a comezos

de 2007, entre 0,50 e 0,55 euros por litro (Cadro 1).

Esta baixa nos prezos na distribución é realizada a costa

de reducir os prezos do leite envasado ás industrias, que a súa

vez a transmiten en forma de novas baixas aos gandeiros.

Despois de ter examinado estas características específicas

do mercado español de produtos lácteos, estamos en

mellores condicións de entender un feito relativamente

contraditorio: que o prezo ao produtor en España se manteña

en xeral, salvo en períodos moi puntuais, por debaixo

da media europea, tendo en conta a situación deficitaria no

noso mercado.

Como se pode apreciar no gráfico adxunto, entre os anos

2001 e 2006 o prezo do litro de leite en España foi de 1

a 2 céntimos inferior ao da media da Unión Europea e ao

rexistrado en Francia. Tan só se situou por riba durante a

forte subida da segunda metade de 2007 e a comezos de

2008 (Gráfico 6).

Deste modo, en España non ocorre coma noutros países

que, sendo tamén deficitarios na produción, manteñen uns

prezos considerablemente superiores. É o caso de Grecia

ou o de Italia, que entre os anos 2001 e 2006 tivo un prezo

6 céntimos superior ao de España, aínda que a crise actual

ten levado os prezos dos primeiros meses deste ano a anular

esas diferenzas.

Ao noso entender, esta situación é debida sobre todo a

tres asuntos, que cobran aínda máis relevancia na actual

situación de baixos prezos.

O primeiro ten que ver coa elevada dependencia das

industrias do leite envasado, no que as marcas brancas

controlan un volume crecente das vendas e a estratexia da

gran distribución é utilizar un baixo prezo do leite como

reclamo ante os consumidores. Esta situación recorta

as marxes de beneficio das industrias, que á súa vez, na

maioría dos casos, trasládana en forma de menores prezos

aos consumidores.

Ata o ano 2007, as principais industrias defendéronse

desta estratexia mediante o lanzamento de novos produtos

coma os leites enriquecidos, que lles permitían diversificar

a oferta e polos que obtiñan un prezo considerablemente

superior. O mellor exemplo desta estratexia

foi o de Puleva co leite Omega-3, que superou así no

valor destas vendas a Pascual, que era a anterior marca

líder. Os elevados prezos do segundo semestre de 2007

provocaron unha perda de mercado destas empresas e

un avance das marcas brancas e provocaron unha redución

do leite recollido en Galicia.

Desta maneira, a situación do mercado deteriorouse para

a case totalidade das empresas e provocou un comportamento

máis agresivo que agrava os efectos da situación de

crise de prezos. Coa finalidade de reducir o custo do leite a

industrializar, boa parte das empresas realizan importacións

de leite que entran a prezos considerablemente inferiores

aos que resultarían do prezo en orixe aos produtores máis o

transporte, posto que son vendas de excedentes deses países.

Estas importacións en condicións de dúmping presionan

os prezos á baixa e teñen colocado a unha pequena parte

da produción abandonada por algunhas empresas a prezos

moi baixos, que son incluso inferiores aos que resultarían

de utilizar ese leite para a venda de leite en po e manteiga

á intervención.

Aos dous asuntos anteriores, da estratexia abusiva da

distribución no uso de leite como produto reclamo e da

presión exercida polas importacións de leite a baixo prezo,

engádese un terceiro non menos importante, que é o da

deficiente organización da produción en España.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

ECONOMÍA 43

Noutros países hai organizacións interprofesionais estables

que axudan a unha mellor organización do mercado.

Teñen unha ampla actividade, achegando información

sobre a situación do mercado, promovendo negociacións

e acordos de prezos e defendendo intereses conxuntos da

produción e da industria. Ademais, evitan tamén os comportamentos

oportunistas dalgúns operadores que, como

no caso de España, axudan a provocar unha maior inestabilidade

do mercado, tanto en situacións de prezos elevados,

como ocorreu no ano 2007, como actualmente. Son

sempre os mesmos, pero seguirán a provocar problemas

mentres non exista unha organización interprofesional

que marxine eses comportamentos oportunistas e estableza

unhas normas de gobernanza como as existentes

noutros países.

AS PERSPECTIVAS

A actual situación de baixos prezos do leite ao produtor

está orixinada pola crise existente no mercado internacional,

que afecta de modo máis intenso ca antes ao mercado

comunitario ao estar desprovisto de parte dos instrumentos

de regulación existentes anteriormente. A súa repercusión

no mercado español está agravada polos tres factores

expostos anteriormente.

Segundo a información dispoñible a moi curto prazo, os

prezos do mercado internacional mantéñense baixos, aínda

que se prevé unha certa recuperación na segunda metade

do ano, da que non hai coincidencia sobre o seu importe.

Segue pesando sobre o mercado a crise económica, que

afecta tamén ao consumo de produtos lácteos nos países

importadores, e certo aumento da produción provocado

polas expectativas xeradas polos elevados prezos do ano

2007, aínda que xa ten comezado a remitir.

As previsións do Departamento de Agricultura de Estados

Unidos son dun incremento no prezo do leite duns

3 céntimos/litro no cuarto trimestre deste ano. No mercado

de futuros de Chicago, e neste caso xa non se trata

de previsións, senón das opcións de compra futuras que

contratan os operadores, as subas son máis elevadas, con 4

céntimos/litro para agosto e algo máis de 6 en decembro,

manténdose esa melloría do mercado nos primeiros meses

do próximo ano.

No mercado comunitario, as cotizacións dos produtos lácteos

seguen baixas, a pesar das compras de intervención de

leite en po e manteiga, pero a recollida de leite ten baixado

de modo significativo, o que tamén ocorre en España. Isto

debera repercutir nunha melloría da situación do mercado.

Con base a esta información, sobre todo coas referencias

do mercado internacional e das operacións de futuros de

Chicago, pódese prever unha certa melloría nos prezos no

segundo semestre do ano.

Pero para o futuro hai que prepararse para unha nova situación

dun mercado do leite máis inestable nos prezos, ao

estar máis afectado pola situación do mercado internacional.

A superación dos problemas específicos existentes no mercado

español, que son aínda algo máis graves en Galicia pola

maior dependencia no leite envasado, deben ser cuestións

prioritarias para poder facer unha mellor xestión deste mercado

cada vez máis inestable.

La solución de los purines

al alcance de la mano:

• Separadores

• Bombas trituradoras

• Agitadores

• Riego con purines

LIDER EN ESPAÑA

Más de 70

instalaciones

nos avalan,

consulten

referencias.

www.lozanomanzanares.com

Teléfono: 926 620 451 // Fax: 926 612 029

AFRIGA ANO XV - Nº 80

44

PUBLIRREPORTAXE

PROCURAR A

RENDIBILIDADE

EN ÉPOCA DE

CRISE

Pensos Nanfor, S.A.

O campo galego está a pasar por un dos peores momentos que se recordan na

súa historia. Ao baixo prezo do leite engádese o incremento doutros custos importantes

á hora de producir, como son os dos fertilizantes, os da recría ou compra

de gando externo ou o da man de obra. Ademais, e en contra de todas as previsións,

produciuse un incremento dos prezos das materias primas que entran nas

racións de vacún de leite (principalmente, a soxa como compoñente proteico).

¿COMO PODEMOS AFRONTAR A PERDA DE RENDIBILIDADE?

A) MINIMIZANDO OS GASTOS

Substituíndo os concentrados por unha

maior porcentaxe de forraxes de boa

calidade, tanto en fresco como ensilados,

sen esquecer que o risco asumido

é moito maior debido á influenza

de diversos factores: a climatoloxía, as

mermas nos procesos de conservación

e a calidade química e microbiolóxica,

entre outros.

Para conseguir estes obxectivos,

precisamos ter unha base territorial

suficiente e optimizar os labores de obtención

e manexo de forraxe (laboreo,

abonado, sementeira...)

Por exemplo: un quilo de silo de millo

pode ver aumentado o seu custo nun

65% cando pasamos de producir 50 Tm/

ha a 30 Tm/ha.

Por outra banda, non é o mesmo que

para conseguir 1 qg de materia seca (da

que realmente depende a produción da

vaca) de silo de herba precisemos 3,4 ou

5 quilos de consumo en fresco.

Con esta primeira alternativa, minimizaranse

os gastos por vaca e día, pero,

pola contra, dificilmente alcanzaremos

niveis elevados de produción.

MINIMIZANDO OS GASTOS POR VACA E DÍA, DIFICILMENTE

ALCANZAREMOS NIVEIS ELEVADOS DE PRODUCIÓN

AFRIGA ANO XV - Nº 80

PUBLIRREPORTAXE 45

B) MAXIMIZANDO A PRODUCIÓN

Aportándolles altos niveis de concentrados aos animais e aumentando

a inxestión de materia seca para poder alcanzar

altos niveis de produción, pero sempre sen poñer en risco a

saúde dos animais.

Dentro desta alternativa, o Sistema Kempen de Nanta é a

opción máis axeitada, porque se traballa cunha alimentación

totalmente seca.

Esta alimentación está baseada nun penso de produción

altamente seguro e que segue todos os controis de calidade

da norma ISO 9001/2000 e os criterios de trazabilidade e seguridade

alimentaria da norma ISO 22000.

Tamén ten como base unha forraxe seca de boa calidade,

máis segura, máis doada de conseguir e máis barata.

A experiencia dos últimos 6 anos traballando con este sistema

fai que cada día confíen nel máis gandeiros.

A facilidade de calcular os custos de explotación únese á

mellora que supón na expresión do potencial xenético das

granxas.

O obxectivo: que a produción sexa unha das mellores alternativas

de futuro cando de facer leite se trata.

VANTAXES DO SISTEMA KEMPEN

Diminución da man de obra.

Aumento da produción.

Mellor seguimento da trazabilidade e aseguramento da calidade.

Diminución do custo de maquinaria, tanto de amortización como

de consumo de carburantes.

Diminución do uso de fertilizantes.

Máis tempo para a xestión técnica e económica.

A Esclavitude, s/n.

Padrón (A Coruña)

Tlf: 981.50.98.08

E-mail: nanfor@nutreco.com

Web: www.nanta.es

O SISTEMA KEMPEN PARA MAXIMIZAR A PRODUCIÓN

AFRIGA ANO XV - Nº 80

46

INSTALACIÓNS

Ramón Mariño Allegue (*)

Concepción Fernández Rodríguez (*)

Inmaculada Castro Prado (**)

(*) Departamento de Enxeñería Agroforestal.

Universidade de Santiago de Compostela

(**) CIS-Madeira. Consellería de Industria.

Xunta de Galicia

EDIFICACIÓN EN MADEIRA:

SITUACIÓN ACTUAL E VANTAXES

1. SITUACIÓN ACTUAL

INTRODUCIÓN

A madeira foi un material de referencia na construción rural

en Galicia ata a segunda metade do século XX, momento

en que comeza a ser desprazada por materiais tecnoloxicamente

máis avanzados, coma o aceiro e o formigón.

Un estudo realizado na Escola Politécnica Superior de

Lugo entre os anos 1998 e 2003 sobre 250 explotacións

gandeiras permite constatar que nos establos de nova planta

na nosa xeografía prefírese o formigón, detectado nun

85% das construcións estudadas, mentres que o 15% restante

corresponde a establos con estrutura metálica.

Neste mesmo estudo chégase á conclusión de que a madeira

se usa en reformas de construcións existentes e en

edificacións con estrutura mixta, xeralmente formigónmadeira,

onde a madeira se emprega en estrutura secundaria

(correas) e/ou primaria (cerchas e vigas de cuberta).

Fig. 1.- Combinación de materiais: formigón e madeira

CIERRES EN MADEIRA E VENTA DE MADEIRA TRATADA

info@distridido.com // www.distridido.com // MEIRA // Telf. 690 736 022 - 689 005 584

AFRIGA ANO XV - Nº 80

INSTALACIÓNS 47

AS ESPECIES GALEGAS PÓDENSE

CLASIFICAR EN ORDE DECRECENTE DE

DURABILIDADE NATURAL ATENDENDO Á

CERNA: CASTIÑEIRO, CARBALLO, PIÑEIRO

E EUCALIPTO

CARACTERÍSTICAS DA EDIFICACIÓN CON MADEIRA NO

EIDO AGRARIO

Para caracterizar a construción en madeira no eido agrario,

espoñemos a continuación unha serie de aspectos que

reflicten as condicións de uso deste material.

A) Materiais empregados

As inspeccións realizadas poñen de manifesto que a forma

máis habitual en que aparece a madeira estrutural é como

madeira en rolo, xa sexa como material de reciclaxe (madeira

de derrubamento e postes do tendido eléctrico ou

de telefonía), elementos sometidos a un proceso industrial

(rolo torneado impregnado) e incluso toros procedentes da

propia explotación.

Fig. 4.- Sistema viga-piar a base de madeira en rolo

Un último material, usado case exclusivamente en construcións

de promoción pública, é a madeira laminada. A

favor deste material hai que destacar a posibilidade de

definir diferentes tipos estruturais (cerchas, pórticos, celosías,

sistemas de viga-piar, etc.), a capacidade para cubrir

grandes luces (maiores de 20 metros) e a dispoñibilidade

crecente no mercado. Posiblemente o freo á súa utilización

masiva na construción gandeira se atope nun custo que o

sector non é capaz de asumir polo momento.

Fig. 2.- Reciclaxe de postes do tendido telefónico

En canto á madeira aserrada, a súa presenza en elementos

estruturais é menor debido ao custo que para o propietario

supón a preparación do material nun aserradeiro.

Se falamos de elementos de peche invírtense os termos, xa

que aí a madera serrada utilízase case exclusivamente.

Outra das razóns polas que se usa máis a madeira en rolo

que a serrada é a posibilidade de cubrir luces maiores con

elementos tipo viga, o que reduce os custos de fabricación

de elementos máis elaborados, tipo celosía.

Fig. 5.- Mercado gandeiro de Paradela (Lugo). Pórticos de madeira laminada

Fig. 6.- Explotación avícola. Pórticos de madera laminada

Fig. 3.- Celosía formada por membros de madeira maciza aserrada

AFRIGA ANO XV - Nº 80

48

INSTALACIÓNS

B) Protección da madeira

Un dos puntos clave da construción con madeira é a durabilidade.

Para garantila débese deseñar a estrutura baseándose

en tres parámetros:

- Durabilidade natural

- Deseño construtivo

- Tratamento preventivo

A durabilidade natural depende da especie e dos compoñentes

da sección (albura e cerna). Isto supón que a selección

de especie é un primeiro aspecto a ter en conta de cara

a conseguir unha axeitada vida útil da estrutura.

As especies de orixe galega usadas pódense clasificar,

atendendo á cerna, en orde decrecente de durabilidade natural

como segue: castiñeiro, carballo, piñeiro e eucalipto.

Un aspecto importante que incide na durabilidade do

material é a preparación para a posta en obra. Observouse

que, en moitas ocasións, os elementos estruturais non presentan

unha preparación axeitada, limitándose a un simple

canteado que permita resolver unha unión ou un apoio,

manténdose incluso a cortiza do toro en parte ou na súa

totalidade. Este material proporcíonalle aos axentes bióticos

un soporte desde o cal acceder ao resto de elementos

estruturais, co consecuente deterioro dos mesmos.

Fig. 8.- Podremia no apoio dun piar

Fig. 9.- Deterioro por falta de ventilación nunha correa de cuberta

Fig. 7.- Elementos estruturais con cortiza

O deseño construtivo é un factor moi importante no que

se pode incidir para conseguir unha durabilidade natural.

Débese procurar un ambiente axeitado para o material

compatible co necesario para a produción animal. Neste

sentido, búscanse ambientes secos e ben ventilados, evitando

a exposición directa da madeira á auga de chuvia e o

contacto permanente con humidade e suciedade que poida

provocar e/ou favorecer a actuación de axentes bióticos de

degradación.

Este aspecto constitúe un punto débil da construción en

madeira na nosa comunidade, xa que en moitas ocasións

non se resolven axeitadamente os detalles construtivos máis

importantes, como apoios e unións.

Fig. 10.- Beiril insuficiente

Fig. 11.- Ascenso de humidade por capilaridade

AFRIGA ANO XV - Nº 80

INSTALACIÓNS 49

Finalmente, un tratamento preventivo pode axudar a

garantir a durabilidade, sempre que se observaran previamente

os dous aspectos antes sinalados. Normalmente,

este tratamento pasa por introducir na madeira elementos

químicos solubles en auga, que actúan como unha barreira

contra a acción de axentes biolóxicos de degradación como

fungos e insectos.

O parámetro definitivo neste proceso é a impregnabilidade

da madeira como indicador da penetración de produto

no seu interior. É importante ter en conta que non

todas as especies son igualmente impregnables, así como

que dentro dunha mesma especie, por exemplo o pino pinaster,

a cerna non é impregnable e a albura si.

Fig. 14.- Protección da madeira mediante encalado

Fig. 12.- Profundidade de penetración do produto

Existen no mercado produtos con base de sales (cobre,

cromo) que mediante diferentes técnicas (pulverización,

inmersión e autoclave) permiten alcanzar os estándares de

protección definidos na normativa.

No que se refire á aplicación práctica no eido da construción

agraria, hai que sinalar que os elementos sometidos a

tratamento industrial redúcense a aqueles procedentes doutros

usos (postes tratados), ao rolo torneado impregnado

(RTI) e basicamente a elementos de peche.

En ocasións, o tratamento preventivo realízao o propio

promotor a base de produtos alternativos coma o gasóleo

e/ou o aceite queimado, en ambos casos con efectividade

cando menos discutible. Este sistema constitúe unha alternativa

por prezo ao sistema industrial, se ben hai que

aclarar que os resultados poden ser moi variables, e ademais

manéxanse produtos non incluídos na normativa de

referencia.

C) Sistemas estruturais

Detéctase unha aplicación preferente de elementos estruturais

simples, tipo viga e piar, que permiten resolver

de forma económica a maioría das variantes de deseño en

planta.

Cando as luces a cubrir superan un determinado valor

(por riba dos 10 metros), recórrese a sistemas triangulados,

sendo o sistema máis relevante a cercha de pendolón

e tornapuntas.

En moitas ocasións combínanse elementos portantes

noutros materiais coma o formigón e a fábrica, xa sexa de

bloque ou de pedra.

Fig. 15.- Cercha de pendolón e tornapuntas sobre mampostería de granito.

Fig. 13.- Tratamento con outros produtos

Fig. 16.- Estrutura soporte tipo kennel a base de vigas e piares

AFRIGA ANO XV - Nº 80

50

INSTALACIÓNS

DÉBESE PROCURAR UN AMBIENTE

AXEITADO PARA O MATERIAL, COMPATIBLE

CO NECESARIO PARA A PRODUCIÓN

ANIMAL. AMBIENTES SECOS E BEN

VENTILADOS, EVITANDO A EXPOSICIÓN

DIRECTA DA MADEIRA Á AUGA DE CHUVIA

Fig. 17.- Elemento curvo tipo peraltada en castiñeiro

CONCLUSIÓNS

Para resumir o exposto anteriormente, indícanse os puntos

máis representativos a xeito de conclusións:

- Emprego de pezas procedentes da propia explotación.

- En ocasións recíclanse pezas que cumpriron a súa

vida útil noutros usos.

- En xeral, ausencia de tratamento preventivo agás en

elementos industrializados, pezas de reutilización e

material de peche.

- Alto grao de autoconstrucción, cunha posta en obra

pouco coidada.

- Uso de sistemas estruturais simples baseados no

emprego de madeira maciza.

- A selección das dimensións dos elementos estruturais

non se basea en criterios técnicos.

- O factor prezo é determinante á hora de definir solución

estrutural e tipo de material a empregar.

- O uso da madeira non está moi estendido polo mal

concepto que a sociedade ten dela.

- Atopámonos cun material que quedou relegado

por outros tecnoloxicamente máis avanzados, e que

ademais non foi promocionado axeitadamente.

2. VANTAXES DO USO DE MADEIRA ESTRUTURAL

O emprego de madeira como material estrutural achega

unha serie de vantaxes, entre as que sinalamos as seguintes:

- Reducido peso propio en comparación con outros

materiais, o que proporciona unha marxe no que

a capacidade mecánica se refire para usar fronte a

outro tipo de accións de carácter permanente ou variable.

- O seu reducido peso facilita tamén os labores de

montaxe e posta en obra, precisándose medios de

elevación de menor capacidade que cando se empregan

materiais máis pesados.

- Material renovable e ecolóxico.

- Existe material dispoñible procedente de bosques

con certificación de xestión forestal sostible.

- Contribúe a reducir o efecto invernadeiro, dado que

a enerxía consumida na produción dunha tonelada

de madeira estrutural é moito máis baixa que se se

trata de formigón ou aceiro estrutural.

- Os procesos de fabricación en taller permiten reducir

o tempo de montaxe das estruturas en obra.

- É un material compatible co uso agrícola, forestal e

gandeiro.

- Conta cunha normativa, o Código Técnico da Edificación,

que regula o proceso de dimensionado estrutural.

- É un material cunha boa resistencia contra o lume

(Fig. 18).

- Observando unhas regras mínimas de deseño, e respectando

os detalles construtivos básicos, minimízase

o mantemento da estrutura.

- Os sistemas de unión entre os diferentes membros

que compoñen unha estrutura facilitan a desmontaxe

e posterior reutilización da mesma.

- Posibilidade de combinar con diferentes materiais

(Fig. 19).

- A evolución tecnolóxica do sector de transformación

da madeira nos últimos anos permitiu abastecer

o mercado de produtos aptos para múltiples

usos estruturais. Madeira laminada, madeira microlaminada,

taboleiros, elementos compostos, etc.

Fig. 18.- Estado final de vigas de cuberta despois dun incendio.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

BUSCAMOS

DISTRIBUIDORES

VISÍTENOS NA

SEMANA VERDE

DE SILLEDA,

PABELLÓN 3,

11-14 DE XUÑO

www.farm-line.com

NOVAS TECNOLOXÍAS NA CONSTRUCIÓN DE NAVES GANDEIRAS MÁIS CONFORT POR MENOS CARTOS

ESTRUTURA METÁLICA CON CUBERTA ILLANTE DE POLIETILENO E PECHE LATERAL CON MALLA CORTAVENTOS OU MADEIRA

NAVES PARA ALMACÉN SEN NECESIDADE DE PERMISO. FÁCILES DE DESMONTAR E TRASLADAR

DIRECTOR COMERCIAL PARA GALICIA E ASTURIAS MARCIAL LÓPEZ ÓNEGA “FARRUQUIÑO” TELF.: 666 497 912

CENTRO DE

ANOCA RECRÍA

Venda de xovencas

próximas ó parto e

paridas. Envío a calquer

punto de España.

Contactos: Goberno, 8 • Castro de Rei, Lugo // Teléfono: 666 49 79 12 - 660 49 11 12 // Mail: afiteco@mundo-r.com

52

INSTALACIÓNS

En función da orientación das táboas individuais no

conxunto do peche, pódense distinguir tres situacións:

- Peche vertical: As táboas dispóñense verticalmente

respecto do chan (Figura 20). Permiten que a auga

de chuvia escorregue seguindo a dirección da veta, o

que redunda nunha vida útil máis longa.

- Peche horizontal: As táboas colócanse horizontalmente

con respecto ao chan (Figura 21). A auga de

chuvia esvara peor pola superficie ao ter a veta en

horizontal.

- Peche oblicuo: As táboas ordénanse de forma oblicua

respecto do chan. Esta última opción é menos

utilizada por aumentar a complexidade de colocación.

Fig. 20.- Peche vertical

Fig. 19.- Combinación aceiro-madeira

ELEMENTOS DE PECHE

A misión do peche é illar o interior das construcións do

exterior para conseguir unhas condicións ambientais axeitadas

para o desenvolvemento da actividade produtiva. Os

peches de madeira constitúen unha solución ideal no eido

agrario, presentando as seguintes características:

- Contribúen á integración ambiental da construción

- Están formados por elementos fáciles de montar e

de substituír se é preciso.

- Non se necesita material de primeira calidade nin

as táboas se ven afectadas no seu cometido polas

singularidades de crecemento da árbore (nós, desviación

da fibra, etc.)

- Admiten varias formas de colocación en función da

súa ubicación.

En xeral, os peches estarán formados por táboas individuais

que se colocan mediante elementos metálicos tipo

cravo ou tirafondo sobre elementos de soporte. A cara exposta

ao exterior será a máis próxima ao corazón do toro

do que se obtivo en serra, podendo practicarse ranuras

duns 5 mm de profundidade na cara oculta para absorber

as tensións e as fendas de secado.

Aínda que hai variabilidade nas dimensións das táboas

que o compoñen, polo xeral o espesor estará comprendido

entre 20 e 25 mm e a anchura das táboas, entre 120 e 160

mm.

Fig. 21.- Peche horizontal.

A colocación das táboas de peche pódese realizar sobre

correas laterais (Fig. 22) ou sobre un armazón ou marco

auxiliar (Fig. 23). Segundo a disposición das táboas pódese

falar de peches con xunta pechada (Fig. 23) ou con xunta

aberta (Fig. 22).

Os peches con xunta pechada proporcionan estanqueidade

contra o vento e a auga de chuvia, mentres que os peches

con xunta aberta (aproximadamente 2 cm de anchura

de abertura) garanten unha correcta ventilación sen necesidade

de recorrer a ocos practicables tipo ventá. Como se

indica na Figura 24, é posible combinar todas estas situacións

nun único pano de peche.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Elmega

Como siempre, los primeros

MAS DE 200.000 VACAS DESCANSAN EN COLCHONES DE ELMEGA

Para que un animal pase 12 horas

acostado necesita higiene y confort,

principales condiciones que

debe aportar un buen colchón y

que los de ELMEGA poseen.

Al estar más de 12 horas diarias de pie los animales

agradecen un suelo blando y confortable,

por lo que si proporcionamos al animal el tipo de

suelo adecuado nos veremos favorecidos con una

menor cantidad de complicaciones y un generoso

aumento de la producción de leche.

SUELO DE GOMA INSTALADO

EN LA COOPERATIVA NARXOSE

DE RIBADEO

Modelo KEW-PLUS

GAMA ESPECIAL PARA PATIOS, SALAS

DE ESPERA Y SALAS DE ORDEÑO

• CONFORT

• IMPERMEABILIDAD

• DURACIÓN

• SUAVIDAD

El modelo KEW PLUS es, sin duda alguna, uno de los mejores colchones

del mercado, pues con sus tres capas se convierte en el colchón más blando

del mercado, dando así al animal un confort incomparable.

La capa inferior de caucho, moldeada con unas cavidades en forma de

media esfera, aísla de humedades la parte intermedia a la vez que aporta al

sistema parte del efecto mullido.

La parte intermedia de aglomerado de esponja proporciona al sistema el

mullido ideal para un buen descanso del animal.

La capa superior, fabricada en caucho de gran calidad, combina suavidad

y durabilidad, evitando daños en las patas de los animales y dando larga

vida al producto.

Por ultimo, un perfil de plástico colocado entre dos camas evita cualquier filtración

de fluidos a la parte inferior del sistema, y además fija todo el conjunto.

Modelo en rollo

EUROCONFORT

Este modelo, aunque construido con la

misma materia que el anterior, está destinado a

aquellas estabulaciones en las que anchuras o

longitudes no sean convencionales o bien si se

opta por camas sin ningún empate.

NUEVAS ARROBADERAS

DE CABLE MAXI DE ELMEGA

Calidad y limpieza con el

mínimo consumo

NUEVA CORNADIZA

SECURIT DE ELMEGA CON

CASQUILLO DE ACERO EN

PUNTO DE GIRO

Más de 2000 arrobaderas de cable

de ELMEGA avalan su calidad. La

necesidad de instalaciones de mayor

envergadura nos obliga a desarrollar

un nuevo cabrestante para dimensiones

de hasta 120 metro de largo de

establo, sin que el cable remonte (una

única vuelta encima del tambor), alar-

gando de esta manera la vida útil del

cable. Es por ello que desarrollamos

las arrobaderas MAXI, con capacidad

de hasta 120 metros.

Consulte precios sin compromiso

Camino viejo de Mourelle, s/n – 15840 Santa Comba (A Coruña) – ESPAÑA

Telf. 981 88 05 50 – 981 88 05 75 • Fax. 981 88 06 06

e-mail: elmega@elmega.com • web: www.elmega.com

CEPILLO

DE GANADO

ABATIBLE

54

INSTALACIÓNS

Fig. 24.- Combinación de peche vertical, horizontal, xunta aberta e pechada

Fig. 22.- Peche vertical sobre correas e xunta aberta

CORREAS

As correas forman parte da estrutura secundaria, podendo

usarse como soporte do material de cuberta ou ben como

soporte do material de peche lateral. Referirémonos neste

apartado ás correas de cuberta, que se colocan entre os pórticos

que forman a estrutura primaria, existindo diferentes

solucións.

Se cada correa se sostén polos seus extremos sobre dous

pórticos consecutivos fálase de correas biapoiadas, podendo

dispoñerse directamente na ala superior do dintel soporte

(Fig. 25) ou ben enlazarse ao mesmo mediante ferraxes

metálicas directamente na alma do perfil (Fig. 26).

Fig. 23.- Peche vertical sobre bastidor e xunta pechada

Fig. 25.- Correa biapoiada sobre o dintel soporte

AFRIGA ANO XV - Nº 80

F50: Sistema de Limpieza de ubres

PEDILUVIO

AUTOMATICO:

Limpieza

automatica de

pezuñas

IMPORTADOR PARA ESPAÑA

SE BUSCAN DISTRIBUIDORES

EN ZONAS LIBRES

El mejor aval, el usuario

56

INSTALACIÓNS

Fig. 26.- Correa biapoiada na alma do dintel soporte

Cando cada correa se apoia en máis de dous pórticos consecutivos,

fálase de correas continuas, cuxa vantaxe sobre as anteriores

radica en que reducen o esforzo máximo ao que están

sometidas. Cando a lonxitude das correas non é abonda para

alcanzar esta disposición, pódese conseguir a continuidade

enlazando correas mediante cravos ou outro tipo de conexión

metálica que garanta o comportamento exposto (Fig. 27).

Fig. 27.- Continuidade en correas por solapamento

Existe unha terceira opción, que consiste en unir correas

entre pórticos mediante articulacións para definir o que se

coñece co nome de vigas gerber (Fig. 28). Esta solución

permite, ao igual que no caso das correas continuas, reducir

os esforzos aos que se ve sometida a correa, ao tempo que

permite utilizar pezas de diferente lonxitude aproveitando

ao máximo o material.

TÁBOAS DE SELECCIÓN DE CORREAS

Táboa 1

CORREA BIAPOIADA

Chapa metálica: 0,12 kN/m2 pte. 10% intereixo: 1,5 m

Altitude (m) 0 200 400 500 600 700 800 900 1000

Sección (cm x cm) Lonxitude (m)

10x20 4,50 (2) 4,25 (3) 4,00 (3) 3,75 (1) 3.50

8x17,5 3,50 (3) 3,25 (3) 3,00 (1) 2.75

7x15 3,00 (3) 2,75 (1) 2,50 (1) 2.25

Factor limitante 1 Tensión

2 Deformación

3 Tensión y def.

Táboa 2

CORREA CONTINUA TRES TRAMOS

Chapa metálica: 0,12 kN/m2 pte. 10% intereixo: 1,5 m

Altitude (m) 0 200 400 500 600 700 800 900 1000

Sección (cm x cm) Lonxitude (m)

10x20 5 (1) 4,5 (1) 4,25 (1) 4.00

8x17,5 4,25 (1) 4 (1) 3,5 (1) 3,25 (1) 3.00

7x15 3,5 (1) 3,25 (1) 3 (1) 2,75 (1) 2.50

Táboa 3

CORREA GERBER TRES TRAMOS

Chapa metálica: 0,12 kN/m2 pte. 10% intereixo: 1,5 m

Altitude (m) 0 200 400 500 600 700 800 900 1000

Sección (cm x cm) Longitude (m)

10x20 5 (1) 4,75 (1) 4.25

8x17,5 4,75 (1) 4,5 (1) 4,25 (1) 4 (1) 3,75 (1) 3.25

7x15 3,75 (1) 3,5 (1) 3 (1) 2.75

AFRIGA ANO XV - Nº 80

EXTENDEDOR DE SILO CILINDRICO

PLUMAS FIJAS Y GIRATORIAS

POLIDOZERS DE 1,5 A 3M.

MECÁNICOS O HIDRÁULICOS

RODILLOS COMPACTADORES AHOLLADORES ARRANCADORAS DE PATATAS

ARADOS FONTAN. DISTRIBUIDORES

PARA GALICIA Y ASTURIAS

CULTIVADORES REFORZADOS

EN DOS O TRES LÍNEAS

ASTILLADORAS VERTICALES Y HORIZONTALES

DE 12, 15, 20 Y 25T

BATIDOR DE PURIN ARTICULADO NORMAL

O REFORZADO EN 4,5 Y 5,75M.

CORTASILOS ANCHOS: 1,6M, 2,0M Y 2,3M. SE PUEDE

SUMINISTRAR CON POTRO DE ELEVACIÓN

BATIDOR DE PURIN RECTO MECÁNICO O

HIDRÁULICO EN DIFERENTES LARGOS

MAQUINARIA AGRÍCOLA CORBAR, S.L.L.

Pol. Ind. San Julián de la Vega, 27.614 – Sarria (LUGO)

Tel. y Fax: 982-531 463 // e-mail: corbar@corbarsll.com

página web: www.corbarsll.com

58

INSTALACIÓNS

Fig. 28.- Correas articuladas tipo gerber

As táboas 1 a 3 permiten seleccionar directamente a luz

libre da correa biapoiada (Táboa 1) e a luz libre de cada

tramo no caso de correas continuas (Táboa 2) ou correas

tipo gerber (Táboa 3).

Estas táboas obtivéronse conforme ás regras de cálculo

definidas no Código Técnico da Edificación, tanto polo

que se refire á determinación de accións como ao relativo

ao dimensionado de seccións. As condicións de traballo

veñen indicadas nas propias táboas, tratándose neste caso

de cubertas a unha ou dúas augas, de chapa metálica, cun

10% de inclinación de faldón e un intereixo de correas no

plano de cubierta de 1,5 metros.

As táboas proporcionan directamente a luz máxima (en

metros) que se pode cubrir por tramo para unha sección

transversal tipo, relacionándose ademais coa altitude topográfica

sobre o nivel do mar no que se vai situar a construción.

OS TRATAMENTOS PREVENTIVOS

CONSISTEN EN INTRODUCIR NA MADEIRA

ELEMENTOS QUÍMICOS SOLUBLES

EN AUGA, QUE ACTÚAN COMO UNHA

BARREIRA CONTRA A ACCIÓN DE FUNGOS

E INSECTOS

Como información adicional, as táboas indican, a través

dun superíndice, o factor limitante no dimensionado, de

acordo cos seguintes criterios:

- 1: O factor limitante é a tensión.

- 2: O factor limitante é a deformación.

- 3: Limitan tanto a tensión como a deformación.

NOTA DOS AUTORES. Os datos publicados neste

artigo son resultado dos traballos realizados ao abeiro do

convenio Desenvolvemento de modelos construtivos con

base en madeira de pinus pinaster Ait. de aplicación en

construcións no eido agroforestal en Galicia, subscrito

en decembro do 2007 entre a Universidade de Santiago de

Compostela e a Consellería do Medio Rural da Xunta de

Galicia.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

DEL 15 AL 18 DE SEPTIEMBRE

1.300 EXPOSITORES

110.000 VISITANTES

EL SALÓN INTERNACIONAL

DE LA GANADERÍA

RENNES - FRANCIA

Tel. : + 33 223 48 28 80 • Fax : + 33 223 48 28 81 • info@space.fr

www.space.fr

60

AGROSEGURO

O SISTEMA DE SEGUROS

A RETIRADA E DESTRUCIÓN DAS

A Encefalopatía Esponxiforme Bovina (EEB), máis coñecida como a enfermidade

das vacas tolas, e sobre todo o perigo que supuxo para a saúde

a retirada e destrución de animais mortos nas explotacións gandeiras

A

da obriga de destruír os animais mortos na

Sistema de Seguros Agrarios, xestionado por Agroseguro.

Mediante este sistema, o gandeiro subscribe

un seguro que lle cubre os gastos ocasionados

pola retirada e destrución das reses mortas.

O proceso de recollida e destrución dos cadavres

cións

autonómicas, o gandeiro gasta unha cantidade

considerablemente menor da que pagaría se

tivese que contactar el directamente coa empresa

de retirada.

Ademais, e dado que o gandeiro contrata un seguro,

as entidades aseguradoras e o reaseguro do

tanto por causas habituais como por causas excepcionais.

Por exemplo, as enfermidades (lingua

Desde o punto de vista asegurador, a retirada e

destrución de animais mortos na explotación con-

que concorren no proceso. A existencia dun risco

-a morte dos animais-, así como a incertidume de

do

a que o gandeiro paga unha prima calculada

actuarialmente, determinan claramente a súa na-

AFRIGA ANO XV - Nº 80

AGROSEGURO 61

AGRARIOS GARANTE

RESES MORTAS NA EXPLOTACIÓN

europeas. Para evitar contaxios entre os animais e a posibilidade dunha

destruír os cadavres dos seus animais.

AGROSEGURO, AO SERVIZO DOS CONTRATANTES

As entidades aseguradoras que forman Agrose-

gandeiros para a contratación das declaracións de

seguro.

A coordinación dos pagos das primas, a xestión do

cobro das subvencións e dos mesmos seguros están

un sinistro, é Agroseguro quen adianta as indemni-

subvencións das distintas Administracións.

Como valor engadido, Agroseguro encárgase

de que todo o proceso, desde que o

gandeiro solicita a retirada do animal ata

que este é destruído, se realice de acordo

ao procedemento legal.

Agroseguro colabora para mellorar progresiva-

as explotacións están correctamente aseguradas,

cións

do censo de animais que poidan existir nas

mesmas, o que garante que cada gandeiro achegue

ao sistema o que realmente lle corresponde.

Agroseguro tamén se encarga de que as indemni-

axeitadas para cada caso e trata de que a calidade

coa que se fai o traslado dos animais sexa óptima,

medioambiental e os riscos para a saúde pública e

eliminar as molestias á poboación.

É importante para todos que este proceso se rea-

tadas

que imposibiliten a transmisión de enfermidades

e outros efectos indesexables (cheiros,

vertidos de líquidos…) Por iso Agroseguro, entidade

moi comprometida cos aspectos de bioseguridade,

estimula constantemente as entidades

procedementos que garantan estes obxectivos e

en xeral.

con camións dotados de caixa estanca e peche

automático, sistemas de desinfección para as rodas

e baixos e insecticida nas caixas para evitar a

proliferación de moscas e outros insectos, habitualmente

asociados á suciedade e a transmisión

de enfermidades.

Esta xestión do seguro agrario favorece a todas

as partes implicadas. En primeiro lugar, ao gan-

do que lle custaría se tivera que se encargar el

ás Administracións, que se aseguran de que a

súas subvencións son empregadas correctamente.

E, por suposto, ás empresas xestoras coas que

Agroseguro colabora, axudándoas a mellorar a

calidade.

Esta acción repercute nun mellor control do

cumprimento da normativa para a recollida e

destrución de animais mortos e redunda en be-

se desenvolve esta actividade, evitándolle as consecuencias

negativas derivadas da mesma.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

62

REPRODUCIÓN

(*) Transcrición íntegra da conferencia impartida nas II Xornadas Técnicas de Produción de Leite de Afriga e Africor Lugo. Lugo, 13 de febreiro do 2009.

Daniel Martínez Bello

UTE de Bos. Fefriga

Técnicos

traballando no

laboratorio da

UTE de Bos

SEXAXE EMBRIONARIA, DIVISIÓN

E FECUNDACIÓN IN VITRO (*)

A transferencia embrionaria presenta aspectos novidosos que pronto estarán ao

alcance do sector en Galicia. As técnicas máis avanzadas vanse aplicar a curto e medio

prazo na Unidade de Transferencia Embrionaria (UTE) de Bos. A sexaxe e división de

embrións e a fecundación in vitro serán en poucos anos realidades tan consolidadas

coma a inseminación artificial.

Na UTE de Bos levamos 16 anos traballando en

transferencia embrionaria, no propio centro e nas ganderías.

Por un lado, logrouse unha poboación importante de

vacas doantes de embrións de xenética de élite. Só unha

pequena parte delas está localizada na propia UTE, mentres

que a gran maioría atópanse distribuídas nas ganderías

por Galicia adiante.

Por outro lado conseguiuse, polo menos en certa medida,

normalizar ou facer máis cercano ou rutinario o uso da

transferencia embrionaria nas ganderías en Galicia.

Nos últimos anos estamos a facer arredor de 300 extraccións

de embrións, o que supón producir e transferir máis

de 1.500 embrións ao ano. Isto significa o nacemento dunha

femia de embrión cada un dos 365 días do ano.

No mes de setembro do 2008 inaugurábanse unhas instalacións

en Bos que constan basicamente de laboratorios

e dotacións para aumentar a cantidade e a calidade do

traballo que fai a UTE e os servizos que poderá ofrecer

nas explotacións. Unha peza máis do conxunto é un laboratorio

móbil, instalado nunha furgoneta, que posibilita

traballar máis, facer máis recollidas de embrións e tamén

crear mercados novos, dado que facilitará os intercambios

entre ganderías.

En definitiva, estamos diante dun aumento da actividade,

pero sobre todo é evidente a consolidación dun programa

de uso da transferencia embrionaria no campo. Todo isto

crea demandas e expectativas novas dos gandeiros que nós

estamos obrigados a satisfacer. En boa medida, a sexaxe

AFRIGA ANO XV - Nº 80

REPRODUCIÓN 63

A DIVISIÓN DE EMBRIÓNS AUMENTA O NÚMERO

DE CRÍAS ATA NUN 40% ESTA APLICACIÓN

É INTERESANTE EN VACAS QUE PRODUCEN

POUCOS EMBRIÓNS, OU SE PRODUCEN

BASTANTES, PARA VENDER ALGÚNS E SACARLLE

PARTIDO AOS QUE QUEDEN NA EXPLOTACIÓN

Laboratorios do novo edificio da UTE. Están a prepararse outros específicos para a fecundación in vitro

dos embrións e a fecundación in vitro son os aspectos máis

demandados.

Desde o principio de todo isto, a pregunta que sen dúbida

escoitei máis veces é se podemos diferenciar e escoller

os machos das femias. É unha pregunta obrigada que todos

os gandeiros cos que traballamos teñen formulado nun

momento ou outro. A resposta que viñamos dando é que

era posible, pero que nós non dispoñiamos da tecnoloxía

necesaria. Ademais, repercutir o custo da aplicación desa

técnica no gandeiro, máis a perda de fertilidade, desaconsellaba

iniciar ese percorrido.

A situación hoxe é un pouco diferente. Ademais de que

o uso dos embrións está máis consolidado, os avances na

técnica fano máis asequible, tanto polo custo dos materiais

como polo tempo a dedicar á aplicación da sexaxe.

En novembro do 2009 publicouse un novo método de

diagnóstico do sexo do embrión en gando vacún en Estados

Unidos. Tiven o privilexio de facer unha estancia de 15

días en dous centros de investigación americanos coñecendo

o tema de primeira man. A partir de aí, en Bos tamén

imos poder sexar os embrións. Teremos que decidir en que

ocasións convén facelo e en cales non é ventaxoso.

DIVISIÓN DO EMBRIÓN

O primeiro paso é a micromanipulación do embrión. Podemos

dividir un embrión en dous ou obter un anaco, unha

biopsia, que é o que despois se analizará para diagnosticar

o sexo ou outras cualidades dos xenes que busquemos

(diagnóstico preimplantacional).

Os aparellos que se empregan son múltiples, desde os

máis rudimentarios e básicos ata outros complexos e carísimos.

Nós optamos de entrada por unha opción práctica,

barata e de posible uso a nivel de campo. Esta máquina e o

Twiner System: o xemelador. Está deseñada para dividir o

embrión en dúas metades idénticas.

Para conseguir cortar o embrión, primeiro temos que

inmobilizalo nun medio especial que fai que se pegue ao

fondo. Inmediatamente despois, procédese a cortalo. Para

retiralos hai que engadir outra substancia que o despega

(Retrieval Medium). Despois pásanse a un medio convencional,

desde onde poden ser transferidos o antes posible

á receptora ou receptoras: cada metade nunha receptora

distinta ou as dúas metades na mesma.

Das dúas metades dun mesmo embrión van saír animais

idénticos, por suposto do mesmo sexo. Non hai risco

de freemartinismo no caso de transferir as dúas metades

xuntas. As reses resultantes poden ter algunha diferencia

pequena na capa, na distribución das manchas, debido a

efectos epixenéticos, pero basicamente son idénticas e capaces

de transmitir as mesmas características á súa descendencia.

Este sistema aumenta o número de crías aproximadamente

nun 30% Pódese acadar un aumento do 40%, chegando

a nacer ás veces máis animais que embrións de partida.

Cando menos, podemos contar co mesmo número de

crías que de embrións.

Esta aplicación é especialmente interesante en vacas que

producen un baixo número de embrións, só 1 ou 2 en cada

extracción. Ou ben no caso de producións moderadadas,

de 6 embrións, para vender catro e sacarlles o máximo partido

aos 2 que queden na explotación.

SEXAXE DO EMBRIÓN

A micromanipulación dos embrións ofrece outra posibilidade,

que é obter unha porción de células, unha biopsia.

Hai datos publicados xa desde o ano 2000 sobre o uso

rutinario da sexaxe mediante biopsia de embrións. É un

método relativamente recente, pero xa suficientemente

contrastado. Representa unha agresión ao embrión, pero o

resultado en preñeces é satisfatorio.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

64

REPRODUCIÓN

Un kit que se pode manexar no campo facilita a sexaxe en cuestión dunha hora

Debe partirse exclusivamente de embrións de primeira

calidade. O seguinte paso crítico é o tempo de manipulación

do embrión. Debe facerse rápido, tanto se se vai transferir

como (moi especialmente) no caso de conxelalo.

Segundo os datos de John Hasler, un dos creadores do

método de biopsia, podemos ver que os embrións biopsiados

(sexados) perden entre o 8% e o 10% de fertilidade.

Nos embrións frescos cabe esperar un 60% de índice de

preñez (só femias).

Para os embrións conxelados en etilenglicol (EG), os

datos do canadense Roger Holtby amosan un índice de

preñez do 53% nos embrións sexados transferidos en xovencas.

Outro método de biopsia é obter menos células con micromanipuladores

máis sofisticados, con dous brazos. Algúns

estudos atribúenlle a esta técnica un 5% de mellora

no porcentaxe de preñez, mentres que outros non foron

capaces de demostrar vantaxe ningunha. Non se pode usar

a nivel de campo, debido a que require equipos de alta precisión

(mesas antivibratorias,etc).

En calquera caso, unha vez obtida a biopsia hai que analizala

e aquí empeza outro capítulo do problema. Todas

as células conteñen ADN, e ata agora o que se facía era

analizalo mediante PCR. Isto require unha cantidade importante

de equipos de laboratorio de gran precisión, de

delicado mantemento, moi custosos, cun material funxible

tamén costoso e de difícil manexo. O material precisa

dunha habitación ou local dedicado exclusivamente a este

cometido, para reducir o risco de contaminacións con ADN

bovino distinto ao da mostra que queremos analizar.

O proceso tarda un mínimo de 3 horas e é imposible realizalo

nas ganderías con suficientes garantías. Un dos países

onde máis se usa é Canadá. A rutina establecida é obter

a mostra na granxa, procesala de regreso na clínica e ao día

seguinte ofrecer os resultados e administrar prostaglandina

(PG) ás receptoras portadoras de embrión macho. A fiabilidade

é do 90%, 95% como máximo.

A novidade na detección do sexo foi a recente presentación

comercial dun kit rápido e relativamente sinxelo que

evita por completo o uso da PCR. Trátase dun marcador

do cromosoma Y dos machos que pode verse directamente

no microscopio con fluorescencia. Está dispoñible en

envases de tipo kit rápido, con presentación para 10 mostras

por caixa.

Con este método, o proceso completo require menos de

1 hora. Parécenos perfectamente factible a nivel de campo,

ata o punto de permitir tomar unha decisión no momento,

sen esperar ao día seguinte. O diagnóstico mediante observación

precisa dun certo entrenamento e leva de 2 a 5

minutos por mostra. Se a biopsia contén de 6 a 10 células,

a fiabilidade podería considerarse óptima.

Visto cómo se fai, temos aínda que decidir se nos convén

ou non facelo e en que casos. As vantaxes están claras:

librámonos dos machos non desexados, aproveitamos mellor

as receptoras e podemos conseguir máis femias, que é

o que queremos.

Estes atractivos poden ocultar os inconvenientes, que

tamén é preciso coñecer. Apuntamos xa que se dá unha

redución da fertilidade que non é grave. Permite traballar,

pero representa unha merma que ten un custo que, sobre

todo, tradúcese en animais que non nacerán. Por este motivo,

aínda que aparentemente nacerán máis femias, a cifra

global de reses nacidas é menor.

Por outra banda, na micromanipulación rómpese a zona

pelúcida, polo que estes embrións non son aptos para comercio

intracomunitario.

A sexaxe tamén incrementa o custo de produción (de

30€/embrión a 60€/femia). Reduce os embrións dispoñibles

e mesmo pode conducir a situacións incómodas ou de

gasto sen froito (porque os nacidos sexan todos machos ou

as vacas non preñen).

Por todo isto, considero que a sexaxe de embrións ten

un espazo de uso moi concreto, nunhas condicións moi

determinadas:

_Explotacións con experiencia e resultados aceptables

en transferencia embrionaria.

_Só con vacas doantes que non produzan machos de

valor e que ademais produzan moitos embrións de cada

vez (máis de 10).

_No caso de que escaseen as receptoras.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

66

REPRODUCIÓN

No resto dos casos, aconsello traballar do xeito habitual

e esquecerse desta opción. Para apoiar esta tese recorro

aos datos de Canadá que resumen a actividade de sexaxe

e splitting (división) de embrións desde o ano 2000. Os

últimos datos dispoñibles son do 2007: un total de 2.500

embrions foron transferidos sexados (dentro desta cantidade,

os frescos foron o dobre cós conxelados). Son cifras

importantes que se manteñen durante os últimos anos,

pero que representan o 3,5% da produción de embrións, é

dicir, que é algo que se fai pero nunha medida moi concreta.

O mesmo sucede no caso da división dos embrións. É

unha práctica en vigor , que realmente se usa, pero que só

representa o 1,5% da produción.

A UTE de Bos ofrecerá desde as súas novas instalacións servizos

de división e sexaxe de embrións

A SEXAXE DE EMBRIÓNS DEBE APLICARSE

SÓ EN GRANXAS CON RESULTADOS

ACEPTABLES EN TRANSFERENCIA

EMBRIONARIA, SÓ CON VACAS DOANTES

QUE NON PRODUZAN MACHOS DE VALOR

E QUE ADEMAIS PRODUZAN MOITOS

EMBRIÓNS, E NO CASO DE QUE ESCASEEN

AS RECEPTORAS

FECUNDACIÓN IN VITRO

A produción de embrións in vitro consiste en fecundar os

ovocitos da vaca no laboratorio e despois cultivar durante

unha semana os embrións resultantes. Os ovocitos atópanse

no interior dos folículos no ovario. Extraerémolos de

ovarios de vacas recén mortas ou de vacas vivas mediante

técnicas que describiremos máis tarde.

Trátase de reproducir no laboratorio os acontecementos

que se dan na vaca viva dentro do ovario, no oviducto e no

útero, ata lograr embrións viables de 7 ou 8 días de vida

en condicións de ser transferidos a receptoras para lograr

crías vivas.

A medida que se achega o momento da ovulacion, os

ovocitos experimentan cambios importantes, iniciándose

unha maduración que continúa xa no oviducto, ata que

están listos para ser fecundados.

O seme tamén experimenta modificacións durante a súa

viaxe polo tracto xenital, a chamada capacitación espermática,

ata topar cos ovocitos, debendo estar ambos nun ambiente

idóneo para que se dea a verdadeira fecundación: a

fusión das membranas do espermatozoide e o ovocito, que

permitirá a penetración e a unión dos núcleos e, a partir de

aí, a división celular.

Unha vez que esta se produce, o oviducto fará o cultivo

dos novos embrións, variando gradualmente as súas condicións

durante uns 5 días, ata que comezan a pasar ao

útero.

Cada unha destas fases hai que reproducila fielmente

no laboratorio, logrando as condicións de temperatura,

humidade, atmósfera (concentración de osíxeno e dióxido

de carbono), etc. correspondentes a cada fase, ademais

da composición dos medios e substancias que manteñen e

nutren os embrións. E todo isto, durante unha semana. É

unha técnica sumamente complexa.

No tocante á captación dos ovocitos:

No caso de vacas mortas, os ovarios transpórtanse en

soro atemperado rapidamente ao laboratorio, onde se extraen

os folículos presentes. Pode facerse para produción

en masa, mesturando ovocitos de diferentes vacas, ou pódense

rescatar os ovarios dunha vaca valiosa recén morta e

tratalos por separado.

No caso de vacas vivas, a técnica máis empregada é a

da Aspiración Transvaxinal Guiada por Ecografía (OPU).

Pode facerse 2 veces por semana no mesmo animal sen

superovulación. Actualmente a tendencia é facela con tratamentos

de superovulación, dado que mellora a taxa de

produción de embrións. Pode facerse en xovencas e tamén

en femias xestantes, ata os tres meses de preñez aproximadamente.

Os ovocitos aspirados dos folículos que se puncionan pasan

por tubos con medio adecuado e heparina para evitar

os coágulos. É importante manter a temperatura do local e

as condicións de aspiración. Rapidamente deben localizarse

os ovocitos e poñerse a madurar.

A etapa de maduración dura 1 día enteiro (24 horas)

nunhas condicións moi determinadas: a 38,5 ºC en atmósfera

normal, pero co CO2 controlado ao 5%.

Esta etapa dá paso á fecundación propiamente dita, que

consiste en cultivar durante unhas 20 horas nas mesmas

condicións anteriores, pero xa en presenza de espermatozoides,

co seme previamente preparado.

Despois pásase á fase de cultivo, que durará unha semana

e normalmente en atmosferas de CO2 ao 5% e osíxeno ao

5%

Os laboratorios de produción in vitro empregan diferentes

medios, polo que teñen tamén diferentes taxas de

división celular, de blastocistos, de preñeces e de problemas

durante a xestación e o parto.

Existen moitos laboratorios que teñen esta técnica ben

montada, para varias especies (para bovino tamén), con

moi bos resultados en canto a taxa de blastocistos. Pero a

maioría son destinados á investigación e non se transfiren.

Os laboratorios que si transfiren estes embrións reportan

datos que evidencian un abismo de diferencia entre producir

embrións de calidade e producir embrións capaces de

manter xestacións e rematalas con éxito.

A produción en masa facilita a viabilidade dos embrións,

mentres que a produción de vacas vivas individualmente

complica moito o proceso, encarece e reduce o resultado.

O maior espoñente de transformación en laboratorio de

ovocitos a crías vivas atopámolo en Brasil (arredor do 50% de

todos os embrións in vitro do mundo, só un 4% conxelados),

seguido de Asia (China e Xapón) e Norteamérica.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

¡la crítica es unánime!

DIAS AND DIAS TOYSTORY 160

nº 3

ICO

abril 2009

“¡TOYSTORY es uno de los mejores toros que yo he usado!”

“Tengo 60 nuevas novillas de TOYSTORY y no hay ninguna mala.

He utilizado muchos de los toros más populares a lo largo de los

últimos 30 años, y nunca he visto un toro con este gurpo de hijas tan

consistente y uniforme.”

“Tienes la perfecta combinación entre TIPO y LECHE con TOYSTORY.

¡Es el paquete completo!”

Richard Dias, Dias & Dias Dairy

800 vacas en ordeño en Kingsburg, California

Eurodistribución Ganadera, SL - CRI España

68

REPRODUCIÓN

Sala de recollida

de embrións da

UTE de Bos

Proceso de biopsia dun embrión para determinar o sexo

NO ANO 2005, O 20% DOS EMBRIÓNS DE

TODO O MUNDO PRODUCÍRONSE IN VITRO.

NO 2007, O 50% É EVIDENTE QUE É UNHA

TÉCNICA DE FUTURO

Europa representa unha porcentaxe moi pequena ( 1,3%),

e a maioría faise a partir de vacas vivas e en Italia. Se observamos

a situación de Canadá como referente inevitable,

vemos que ten unha produción grande de ovarios de matadoiro

para exportar a China, pero no mercado interno a

penas traballa a fecundación in vitro. Transferíronse menos

de 200 embrións o ano pasado, e nin un só conxelado.

En resumo, a fecundación in vitro segue a ser unha gran

promesa, e seguro que é unha desas técnicas que viñeron

para quedarse e que se vai desenvolver máis e máis. No ano

2005, o 20% dos embrións de todo o mundo producíronse

in vitro. No 2007, o 50% É evidente que é unha técnica de

futuro.

As principais vantaxes e argumentos para usala son os

seguintes:

_Aumento da produción de embrións: potencialidade de

80 crías por vaca e ano fronte a 25 da transferencia embrionaria

convencional.

_Permite traballar sen hormonas ou con doses baixas, eliminando

os efectos non desexados (importante no caso de

xatas).

_Permite traballar con vacas preñadas.

_Como técnica, ofrece máis posibilidades: a produción

en masa de matadoiro permite produción abaratada, para

programas específicos como crossbreeding, uso en vacas

problemáticas, etc.

_Permite recuperar ovarios de vacas valiosas no matadoiro

ou mortas.

_Ten infinidade de usos en investigación (fonte de células

bovinas) ou en test de fertilidade de touros.

_Merece unha atención especial a posibilidade do uso de

seme sexado, con maior facilidade e mellores resultados que

in vivo. Os resultados en transferencia embrionaria convencional

co seme sexado son malos.

Igual de importante é coñecer as limitacións e as razóns

polo que ata hoxe nin facemos fecundación in vitro nin ten

en Europa ou Canadá un impacto maior. Fundamentalmente,

porque é unha técnica difícil, complexa, que absorbe

moitísimos recursos materiais e humanos. Nos centros

que están a pleno rendemento calculan que ten o dobre de

custo por embrión producido cá técnica convencional de

superovulación e flushing.

Un dos problemas máis importantes é que, hoxe por

hoxe, hai que traballar en fresco, xa que os embrións producidos

in vitro non conxelan ben. Dependendo do país,

pode non ser un problema _se hai rabaños de miles de

receptoras que se poden sincronizar con centos de doantes_,

pero nas nosas condicións o normal é que cando tes

embrións non teñas xovencas, e cando tes receptoras non

tes embrións que xestionar. Isto consume aínda máis recursos.

Un problema engadido é que as xestacións son máis lábiles

e os animais máis delicados, habendo máis mortalidade

perinatal e a síndrome do xato xigante, que aínda que

parece darse menos que hai anos aínda persiste.

Tampouco hai que olvidar que a fecundación in vitro

implica un risco sanitario nada despreciable, ao necesitar

materiais de matadoiros e medios ou substancias de orixe

animal. Isto obriga a manter certos controis a maiores que

supoñen unha complicación extra.

Con todo este panorama, pensamos que as dificultades

da fecundación in vitro son grandes, pero tamén as oportunidades

que ofrece. Pode ser unha ferramenta máis no

noso obxectivo de producir máis e máis embrións, combinando

o seu uso coa técnica habitual e pensando sobre

todo nas xatas e en preñar antes as doantes para poder

seguir extraéndolles embrións.

Tamén hai vacas que non producen embrións, valiosas,

alérxicas aos tratamentos, etc., que poderían beneficiarse

da técnica, aínda que os datos reais non son moi alentadores,

ademais da dificultade de saber que casos se transmitirán

e cales non (non é conveniente reproducir forzadamente

liñas de vacas subfértiles).

Unha vez que se pon en marcha un laboratorio de fecundación

in vitro, é inevitable contar con embrións de

escaso valor (grupo control) que tamén teñen unha certa

demanda, e non deixa de ser un servizo máis (como aproveitamento

dun subproduto).

Como conclusión global, dicir que na UTE de Bos estamos

a traballar para, nun prazo de tempo curto, poder facer

nas ganderías división e sexaxe de embrións, orientados

a casos moi concretos (a división, en vacas que producen

poucos embrións; a sexaxe, en vacas moi produtoras).

Por outra banda, nun prazo máis longo, contemplamos

a fecundación in vitro. Xa estamos a montar o laboratorio

específico na UTE de Bos, e poderemos desenvolvela

máis ou menos en función dos avances que se produzan na

técnica a nivel mundial. De momento, o que pretendemos

é prepararnos para o futuro.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

para todos

os públicos

do 11 ao 14 de xuño 2009

Área GANDERÍA

XVIII Concurso Autonómico de raza frisona

XXV Concurso Xóvenes Manexadores “Memorial Luís Louzao”

“Festa Holstein”

Grupos de Proxenie “Xenética Fontao”

Concurso de presentadores

Demostración de muxido

Member

FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA@

70

SANIDADE

Ciclo biolóxico das moscas. Para

planificar un programa de control hai

que ter en conta que unicamente o

15% das moscas son adultos. Fonte:

Le mosche di interesse veterinario i

muscidade, Giangaspero, Edagricole,

Bolonia (1997).

Pablo Díaz, Luis Vázquez, Vicente Dacal, Francisco Javier Pato, Sara Cienfuegos,

José Pedreira, Maria Sol Arias, Iván Francisco, Francisco Javier Cortiñas,

Estefanía Mochales, Rosario Panadero, Ceferino López, Jose Luís Suárez,

Rita Sánchez-Andrade, Adolfo Paz, Pablo Díez Baños, Patrocinio Morrondo

Parasitoloxía e Enfermidades Parasitarias. Departamento de Patoloxía Animal.

Facultade de Veterinaria de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela.

PAUTAS PARA ACADAR UN

AXEITADO CONTROL DAS MOSCAS

Desde que o gando vacún se introduciu en aloxamentos, as moscas comezaron a

ser unha molestia, provocando diversos danos que repercuten de forma negativa na

velocidade de crecemento dos animais e na produción. Isto tradúcese en importantes

perdas económicas. Ademais, as moscas son capaces de contaminar alimentos e

transmitir axentes patóxenos.

INTRODUCIÓN

Durante os meses de primavera e verán, a combinación de

humidade e calor ambientais crea as condicións axeitadas

para que as moscas reactiven o seu ciclo biolóxico, se reproduzan

activamente e depositen os seus ovos sobre materia

en descomposición.

Se unha parella de moscas domésticas se aparease hoxe,

logrando que todas as crías vivan e se reproduzan normalmente,

a súa descendencia chegaría a cubrir a terra cunha

capa de varios metros de espesor en cuestión de catro meses.

No esterco ou no lixo, unha parella de moscas pode

reproducirse ata dar lugar, en 12 semanas, a 1,8 millóns de

parellas en tan só 6 xeracións. Son unha das pragas máis

difíciles de controlar no amplo mundo de vectores que atacan

o hábitat do home e do seu gando.

A IMPORTANCIA DO CONTROL

As moscas non constitúen tan só unha molestia, senón

que son portadoras de enfermidades que supoñen un serio

risco sanitario para persoas e animais. No caso do home,

a mosca doméstica pode transmitir unha ampla variedade

de enfermidades. Algunhas das máis comúns son as febres

tifoideas, cólera, disentería, lepra ou tuberculose.

As moscas poden transmitir xermes patóxenos de tres

maneiras:

1) A través da superficie corporal (patas, pezas bucais), xa

que están cubertas por pequenos pelos nos que queda atrapado

o material contaminante e pode ser transportado.

2) Por regurxitación de comida ó alimentarse.

3) Por inxestión e posterior defecación de patóxenos,

unha vía importante de transmisión destes,

AFRIGA ANO XV - Nº 80

Suspensión intramamaria. Composición: Cada jeringa intramamaria de 10 g (12 ml) contiene: Cefalexina (como monohidrato) 200 mg; Kanamicina (como monosulfato) 100.000 U.I. Indicaciones: Tratamiento de mastitis clínicas en vacas lecheras en lactación causadas por bacterias susceptibles

a la asociación de cefalexina y kanamicina como Staphylococcus aureus, Streptococcus dysgalactiae, Streptococcus uberis y Escherichia coli. Especies a las que va destinado: Bovino (vacas lecheras en lactación). Dosificación: Para uso intramamario. Tratar el/los cuarto(s) infectado(s) dos veces,

con un intervalo de 24 horas entre tratamientos. Utilizar el contenido de una jeringa por cuarto y tratamiento. Cada jeringa es de un solo uso. Recomendación para una correcta administración: Antes de la infusión, la ubre debe ordeñarse completamente, el pezón debe limpiarse y desinfectarse por

completo y deben adoptarse precauciones para evitar que la cánula de la jeringa se contamine. Contraindicaciones: No usar en vacas lecheras en lactación con hipersensibilidad conocida a la cefalexina y/o kanamicina. No usar en bovino fuera del período de lactación. No usar si se conoce que

hay resistencia. Tiempo de espera: Carne: 10 días. Leche: 5 días. Uso durante la gestación y la lactancia: Gestación: Los estudios de laboratorio efectuados en animales no han demostrado evidencias de efectos teratogénicos. Los estudios de campo efectuados en vacas lecheras no han demostrado

evidencias de efectos teratogénicos, tóxicos para el feto, ni tóxicos para la madre. El producto puede usarse en vacas gestantes. Lactancia: El producto está indicado para el uso en lactación. Presentación: 20 jeringas intramamarias de 10 g (12 ml), incluyendo 20 toallitas para pezón. Registro nº.:

1917 ESP. Sólo para el tratamiento de animales. Para ser suministrado únicamente bajo prescripción del veterinario. Titular: Boehringer Ingelheim España, S.A. Prat de la Riba, s/n. Sector Turó de Can Matas. 08173 - Sant Cugat del Vallès (Barcelona)

1 vez al día - 2 días

Únete a la nueva

fuerza antimamítica

Ubrolexin ® Xelerin ®

72

SANIDADE

UNHA PARELLA DE MOSCAS

PODE REPRODUCIRSE

ATA DAR LUGAR, EN 12

SEMANAS, A 1,8 MILLÓNS

DE PARELLAS. SON UNHA

DAS PRAGAS MÁIS DIFÍCILES

DE CONTROLAR

xa que o axente infeccioso atópase protexido mentres está

no aparello dixestivo do insecto.

As moscas están implicadas na difusión de diferentes

enfermidades no gando vacún, dentro das cales destacan

as seguintes:

- Queratoconxuntivite infecciosa por Moraxella bovis.

- Mamite. As moscas poden actuar como vectores de

certos microorganismos implicados nas mamites, coma o

Corynebacterium pyogenes (causante das mamites de verán)

e diferentes especies de estafilococos e estreptococos. Neste

senso, varios estudos demostraron unha menor porcentaxe

de xovencas con mamite en granxas onde se levan a cabo

accións para o control de moscas.

- Enfermidades causadas por virus, coma a rinotraqueíte

infecciosa bovina (IBR) ou a febre aftosa.

- As moscas tamén poden transmitir diferentes parásitos,

entren os que destacan o Thelazia (vermes localizados

no ollo), Cryptosporidium parvum (protozoo que provoca

diarreas en xatos de menos de tres semanas) ou Stephanofilaria

stilesi (nematodo que provoca úlceras no ubre das

vacas, sobre todo naquelas de elevada producción leiteira).

As moscas non só son molestas por transmitir enfermidades,

senón tamén polo moito que irritan os animais,

impedindo un pastoreo tranquilo. Ademais, a picadura

dalgunhas delas provoca que as vacas salten e dean couces,

ocasionando a caída das tetoeiras no muxido ou danos físicos

ó gandeiro.

O estrés que as moscas producen no gando vacún, sobre

todo cando se atopan en números elevados, provoca numerosas

perdas na produción gandeira. Os animais afectados

adoitan comer moito menos, o que se traduce nunha redución

do seu crecemento e produtividade, máis acusada no

caso de vacas de alta produción leiteira.

Sen embargo, non é fácil medir en datos contables as

perdas en peso, produción leiteira e saúde xeral debidas

ás molestias das moscas. Este descoñecemento constitúe

unha das máis importantes razóns da ausencia de medidas

de control integradas para reducir o número destes insectos

nas explotacións gandeiras.

CICLO BIOLÓXICO

Para poder comprender, planificar e aplicar un axeitado

programa de control de moscas é imprescindible coñecer

o seu ciclo de vida e os factores que favorecen a súa propagación.

Tódalas moscas pasan por catro fases: ovo, larva, pupa

e adulto. As femias adultas depositan os ovos en materia

orgánica en descomposición, sobre todo no esterco ou no

xurro do foso. Neste substrato, a larva aliméntase por un

período máis ou menos longo, que depende sobre todo da

temperatura. Posteriormente a larva entérrase, formando a

Manter os corredores limpos é esencial para evitar que as moscas se concentren

no establo

pupa, e despois de completar unha metamorfose complicada

sae a mosca adulta. Despois da cópula, a femia comeza

de novo a posta de ovos. Este ciclo biolóxico, de ovo a adulto,

require polo xeral tres semanas para completarse, aínda

que, dependendo das condicións ambientais, este período

pode reducirse de xeito considerable.

Sábese que a posta de ovos de mosca está en estreita relación

co contido en humidade das dexeccións. Ademais, por

regra xeral, as elevadas temperaturas existentes en moitas

explotacións favorecen a reprodución das moscas e incluso

aceleran a súa metamorfose, de maneira que alcanzan o

estado adulto máis rapidamente. Certos microclimas que

se xeran nos substratos de cría de moscas, multiplican o seu

nivel de reprodución, posibilitando a convivencia de ata tres

xeracións á vez malia a súa limitada vida. Estes microclimas

atópanse asociados a determinados factores como, por

exemplo, a acumulación de esterco, que xera un calor que

se suma ó da temperatura ambiente. En consecuencia, a

maior concentración de excrementos animais, maior será a

temperatura acadada no microclima dos substratos e máis

aumentará o nivel de reprodución da mosca.

Os modernos métodos de produción gandeira proporcionan

a miúdo un ambiente de cría ideal para as moscas,

resultando o seu control un problema no que é necesario

actuar con seriedade.

CONTROL

O desenvolvemento das moscas en establecementos dedicados

á produción animal é un dos problemas máis difíciles

de manexar no eido fitosanitario rural. O problema

das infestacións por moscas levou a moitos profesionais

do ramo a tomar decisións, desesperadas en moitas ocasións,

que provocaron máis perdas que beneficios. Estas

perdas están relacionadas coa subdosificación de produtos,

o emprego de produtos agrícolas, a mestura de diferentes

familias de insecticidas ou o peche dos calendarios

de tratamentos, o que levou á aparición de moscas resistentes

aos insecticidas.

O que debe facerse para frear o problema e evitar a diseminación

de cepas resistentes é empregar programas cos

que se controle a mosca nas diferentes etapas do seu ciclo

de vida, esto é, nas fases de larva, pupa e adulto.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

74

SANIDADE

DÉBESE EVITAR QUE SE AMOREEN O LIXO,

ESTERCO, MATERIAL VEXETAL CORTADO

OU MATERIAIS EN DESCOMPOSICIÓN

NAS PROXIMIDADES DA GRANXA, ASÍ

COMO EMPREGAR CONTEDORES PARA

DEPOSITAR OS RESTOS

O esterco é un dos medios onde mellor se desenvolven as larvas de mosca

Un bo plan de desinsectación pode dividirse en dúas

partes. A primeira consiste en aplicar medidas para restrinxir

a entrada das moscas na explotación e frear a súa

reprodución. A segunda contempla a redución do número

de moscas de forma activa mediante o uso de diferentes

métodos físicos, químicos ou biolóxicos.

É necesario realizar unha boa planificación das medidas

a aplicar, xa que a ampla variedade de aloxamentos gandeiros

e de sistemas de manexo tende a complicar o control

de moscas. O que funciona ben nunha granxa pode

ser inútil noutra.

A) ACTUACIÓNS DE DEFENSA

Un primeiro paso para acadar o control destes insectos

pódese realizar de xeito pasivo, impedindo o acceso das

moscas á explotación ou mellorando a hixiene, retirando

con frecuencia a materia orgánica. Son accións nas que o

gandeiro non adoita reparar, ou simplemente non lles dá a

importancia que realmente teñen, e son sumamente eficaces,

de maneira que incluso poden resolver o problema sen

ter que aplicar outras medidas de control.

MEDIDAS DE CONTROL HIXIÉNICAS

Como xa se comentou con anterioridade, as moscas domésticas

aliméntanse de materia orgánica en descomposición,

lixo, excrementos ou terra contaminada, polo

que a presencia destes restos tanto no interior como nas

proximidades das explotacións constituirá unha fonte de

alimentos para as moscas e as súas larvas, o que se traducirá

nun maior número destes insectos. Por estas razóns,

a atención da hixiene básica da explotación é, sen lugar a

dúbidas, o punto máis importante para reducir o impacto

negativo das moscas.

A limpeza das zonas próximas á explotación fará baixar

notablemente a poboación de adultos, xa que as moscas

non poderán propagarse en grandes números se as súas

fontes de comida son limitadas. Débese evitar que se amoreen

o lixo, esterco, material vexetal cortado ou outros materiais

en descomposición nas proximidades da granxa, así

como empregar contedores para depositar os restos.

Xa no interior das instalacións, a correcta execución de

procedementos de limpeza e desinfección asegura a eliminación

de restos de produtos alimenticios que poidan servir

de atracción ou fonte de alimento para estes insectos,

principalmente silos fermentados. Neste mesmo sentido,

tamén é recomendable manter limpos os bebedeiros e almacenar

a comida dos animais en lugares secos e afastados

na medida do posible da corte.

É común destinar tódolos esforzos a proxectar as dependencias

de acordo cos animais e as súas mellores condicións

de produción, pero en xeral non se teñen en conta

outros factores que evitan o desenvolvemento das moscas.

Por exemplo, aspectos de construción que faciliten a hixienización

periódica dos establecementos.

Limpar os corredores e as zonas de maior concentración

de suciedade a diario, e as esquinas e zonas de máis difícil

acceso alomenos unha vez á semana nos meses de verán,

permite reducir considerablemente o número destes insectos.

Ademais, o deseño das instalacións dedicadas á cría

dos animais representa un dos máis importantes puntos

críticos de control.

A ventilación é moi importante para manter unha axeitada

circulación do aire dentro dos aloxamentos animais,

afecta á taxa de evaporación e pode resultar crítica na xeración

dun ambiente seco abondo como para suprimir a cría

das moscas.

Usar produtos para impedir que se formen costras na superficie do xurro impide

que as moscas críen nel

LIMPAR OS CORREDORES A DIARIO E

AS ESQUINAS E ZONAS DE MÁIS DIFÍCIL

ACCESO ALOMENOS UNHA VEZ Á SEMANA

NOS MESES DE VERÁN PERMITE REDUCIR

CONSIDERABLEMENTE O NÚMERO

DE MOSCAS

AFRIGA ANO XV - Nº 80

SANIDADE 75

Dentro das limitacións impostas polas necesidades dos

animais, debería manterse a mellor ventilación posible,

empregando ventiladores se é preciso, coa finalidade de

promover a eliminación da humidade do esterco e doutros

medios de cría de moscas. Con frecuencia, unha ventilación

insuficiente determina unha retención de humidade

nas instalacións, incluso ata o punto de que se produzan

condensacións e se mollen as paredes. Manter os animais

en condicións de aglomeración tamén contribúe ó incremento

da humidade do aire, de modo que sería necesaria

unha boa ventilación para corrixir este exceso.

MEDIDAS DE CONTROL FÍSICAS

As medidas de control físico impiden que as moscas se introduzan

nas instalacións, atraídas do exterior polos olores

que emanan da corte.

A colocación de redes mosquiteiras nas aberturas de acceso

impide a entrada de adultos na explotación, sempre

que estean fortemente axustadas, sen deixar buratos. Hai

que evitar a presencia de aberturas ó redor das conducións

de auga, gas ou electricidade. As portas deben permanecer

pechadas, sobre todo as que conducen á sala de muxido ou

de refrixeración do leite.

Lograr un bo control de moscas na explotación mediante

a aplicación unicamente deste tipo de medidas é unha

tarefa moi difícil. Sen embargo, asociadas a outras medidas

de control contribúen a evitar o aumento do número de

moscas ata niveis molestos.

Unha Axencia

Agroalimentaria

garantía da

Saúde Pública

B) ACTUACIÓNS DE ATAQUE

Implican a utilización de repelentes ou insecticidas nos

animais e nas instalacións

MEDIDAS DE CONTROL FÍSICAS

As medidas de control físico reducen de xeito activo a poboación

de moscas adultas nas cortes e constitúen un bo

complemento a outras técnicas de manexo. As máis empregadas

son as trampas eléctricas e as bandas adhesivas.

As cintas adhesivas empréganse para capturar as moscas

nos lugares onde a súa concentración é elevada. Deben colocarse

preto dos puntos de entrada, sobre todo nas épocas

de maior poboación de moscas.

Os electrocutadores de insectos adoitan empregarse en

lugares como a leitería, sala de muxido, etc. Deben situarse

preto das áreas de entrada, á altura da vista preferentemente,

e nunha posición tal que non sexan vistos dende o

exterior a través de portas ou fiestras, para evitar que a luz

ultravioleta que emana deles atraia os insectos. Hai que ter

en conta que, para manter a eficacia destes dispositivos, a

lámpada de luz ultravioleta deberá renovarse coa frecuencia

que recomende a casa fabricante.

MEDIDAS DE CONTROL BIOLÓXICAS

Como un dos medios preferentes para a reprodución das

moscas son as dexeccións do foso, este debe ser un dos lugares

de maior importancia á hora de deseñar e aplicar un

bo programa de control de moscas.

A Veterinaria, unha profesión

con moitos campos

CONSELLO

GALEGO DE

COLEXIOS

VETERINARIOS

AFRIGA ANO XV - Nº 80

76

SANIDADE

Unha boa ventilación que reduza as condicións de

temperatura e humidade é fundamental para evitar a

proliferación de moscas

As moscas poden transmitir multitude de enfermidades, sendo

de especial interese no gando vacún leiteiro as mamites de

verán. Foto: Rosana Tenreiro Merlán

Un axeitado manexo dos refugallos permite actuar decisivamente

no control destes insectos.

Actualmente hai dispoñibles produtos con microflora

liofilizada, constituída por enzimas e bacterias non patóxenas,

que aceleran a fermentación do esterco e do xurro, de

maneira que, sen perder as súas características como abono,

non cheiren a amoníaco nin se poñan duros, formando

costras por riba. O feito de que permanezan en estado líquido

impide que as moscas críen alí. Ademais, este esterco

é máis doado de estender, quedando máis fino sobre o

prado, o que impide o desenvolvemento das larvas.

O control biolóxico dos insectos pódese acadar tamén

mediante a actuación dos seus inimigos naturais: distintos

tipos de artrópodos depredadores de ovos e larvas de moscas

que se desenvolven naturalmente no esterco.

Existen numerosos traballos onde se estuda a actuación

de pequenas avespas que poden actuar como axentes de

control, coma as do xénero Spalangia, que parasita as pupas

das moscas. A femia emprega as pupas para poñer os seus

ovos, que se desenvolven nelas ata converterse en adultos, e

neste proceso a avespa aliméntase da pupa da mosca, destruíndoa

completamente.

Tamén existen estudos sobre o fungo Entomopthera spp,

que produce unha gran mortalidade das poboacións de

moscas en condicións de alta humidade ambiental.

A Musca domestica é unha das moscas que se atopan con maior frecuencia no

interior das explotacións

As cintas adhesivas constitúen un bo complemento a outras técnicas de control

das moscas. Tamén poden empregarse para monitorizar a efectividade das

medidas que se están levando a cabo. Foto: María Soilán López

MEDIDAS DE CONTROL QUÍMICAS

Os procesos químicos inclúen a aplicación de larvicidas,

adulticidas e outros métodos combinados. Estes insecticidas

matan as moscas por contacto, inhalación ou inxestión.

É especialmente importante lembrar que, para levar a cabo

estas medidas de control, é imprescindible utilizar produtos

específicos, nunca mesturas caseiras, e aplicar as doses

recomendadas polo fabricante.

a) Loita química contra as larvas

Na actualidade, para o control das larvas de moscas empréganse

os chamados reguladores do crecemento dos insectos

(IGR), que debido á súa forma de actuación non son

eficaces contra as fases adultas do insecto. Estes produtos

deben aplicarse nas zonas onde se dan as condicións idóneas

para a cría das moscas, como preto dos bebedeiros, comedeiros

e, sobre todo, nas instalacións onde se almacenen

o esterco ou o xurro. É importante sinalar que o tratamento

contra as larvas nos refugallos debe comezar a aplicarse

antes da tempada de máxima infestación de moscas.

AFRIGA ANO XV - Nº 80

SANIDADE 77

OS INSECTICIDAS NON RESOLVEN O

PROBLEMA. SÓ UN 15% DA POBOACIÓN

DE MOSCAS SON ADULTOS. HAI QUE

TOMAR MEDIDAS DE CONTROL EN TODAS

AS FASES DO INSECTO

b) Loita química contra as moscas adultas

Os insecticidas máis coñecidos son as piretrinas e os piretroides,

pouco tóxicos, que se empregan habitualmente

para o tratamento directo sobre os animais. Aínda que se

poden empregar en aerosois, baños ou aspersión, o seu uso

xeralizado é en forma tópica pour-on (sobre o lombo do

animal) ou en pendentes-crotais. É recomendable empregar

este tipo de produtos nos animais que pasen a maior

parte do día nos pastos, explotados en réxime extensivo ou

semiextensivo.

A aplicación dos insecticidas tamén debe facerse nas

instalacións, sobre todo nos sitios de reprodución ou áreas

de preferencia das moscas, xeralmente lugares sombreados

ou con pouco vento, como teitos, vigas, cables, esquinas de

estruturas, etc. Os produtos máis empregados pertencen ás

familias dos organofosforados ou dos carbamatos, que hai

que manexar con coidado, pois son tóxicos tanto para os

animais coma para as persoas. Aínda que a aspersión é a

forma máis típica de empregalos, as presentacións comerciais

son moi variadas, dende os populares cebos ata pinturas

a base de insecticidas. Este tipo de control químico

adquire unha maior importancia en animais que permanecen

estabulados a meirande parte do día.

En contra do que a xente comunmente cre, os métodos

químicos non permiten por si mesmos acadar un axeitado

control das moscas. Durante moitos anos lévanse empregado

diversos tipos de matamoscas, pulverizadores ou trampas,

pero o problema nunca se resolveu de xeito definitivo.

É necesario ter en conta que aproximadamente un 15% da

poboación de moscas está constituída por adultos, o 85%

restante son ovos, larvas ou pupas. Así, confiar nun insecticida

para eliminar tan só as moscas adultas non vai permitir

acadar un nivel satisfactorio de control destes insectos.

Por esta razón, é de vital importancia levar a cabo medidas

integradas para o control das moscas, sendo a loita química

o último que se debe empregar, unha vez tomadas todas as

medidas de control pasivo.

CONTROL A LONGO PRAZO

En resumo, os mellores resultados obtéñense ao adaptar as

medidas de manexo a cada caso particular, mellorando o

manexo do xurro e esterco de tal maneira que se reduzan ó

mínimo os lugares onde as moscas poden reproducirse.

É recomendable utilizar conxuntamente métodos físicos,

químicos e biolóxicos. Por último, os tratamentos deben

aplicarse no esterco, instalacións e animais simultaneamente,

empregando combinacións de productos larvicidas

e adulticidas con principios activos non relacionados entre

si. Desta forma, se as larvas sobreviven a un tratamento

específico, morrerán polo efecto do insecticida cando sexan

adultos. Do contrario, acadar un correcto control das moscas

a longo prazo será unha tarefa máis que imposible.

La protección contra

las moscas

con 0 días de tiempo

de espera

Bayofly ®

Pour-on

BAYOFLY ® Pour-on: Solución tópica. Composición por ml: Ciflutrina 10 mg. Indicaciones: Parasitosis externas en bóvidos; contra la

infestación por moscas y tábanos en bóvidos de todas las edades, incluyendo vacas lecheras en lactación. Vía de administración: Pour-on,

vertiendo el producto sobre la línea dorsal del animal. Posología: 10 ml por animal, repitiendo a las 3 semanas, según el nivel de infestación.

Efectos secundarios: No se han observado manifestaciones secundarias locales o generales. Tiempo de espera: 0 días. Nº de registro:

9072. Presentación: Frasco dosificador de 250 ml. MANTENER FUERA DEL ALCANCE DE LOS NIÑOS - CON PRESCRIPCION VETERINARIA

AFRIGA ANO XV - Nº 80

78

PUBLIRREPORTAXE

• BALSAS PARA ALMACENAMENTO DE PURÍN

• BALSAS DE POLIETILENO PARA ALMACENAMENTO DE

PURÍN, LAGOS ORNAMENTAIS, ENCOROS, ESTANQUES

E IMPERMEABILIZACIÓNS.

• DESDE UNHA PESETA POR LITRO

• SUBVENCIONADAS POLA XUNTA DE GALICIA

• RAPIDEZ DE INSTALACIÓN (1-2 DÍAS)

• AMORTIZABLE ATA EN 3.5 ANOS

BAP S.C.

BAP SC é unha empresa galega ubicada na zona centro da provincia de

Lugo e dedicada á fabricación e montaxe de balsas para almacenamento de

auga, puríns e todo tipo de residuos, lagos e encoros artificiais e todo tipo de

impermeabilizacións, como cubertas, canles de rego, etc. Para iso contamos

cunha ampla gama de materiais en pvc e polietileno

D

ebido á nosa ubicación e ao coñecemento da actividade gandeira e,

sobre todo, aos cambios nas políticas medioambientais que se van

levar a cabo, especializámonos na construción de balsas de polietileno

para o almacenamento de purín, tanto á construción de balsas novas como

á impermeabilización de zanxas que están sendo utilizadas e que vai ser

obrigatorio impermeabilizar.

As vantaxes deste tipo de balsas con respecto as fosas tradicionais son innumerables:

• RAPIDEZ DE INSTALACIÓN (1-2 DIAS)

• REDUCIÓN DE ATA A TERCEIRA PARTE CON RESPECTO AO CUSTO

DUNHA FOSA TRADICIONAL. O QUE QUERE DICIR QUE O MESMO

INVESTIMENTO PERMITE CUBICAR O TRIPLE DE CAPACIDADE, PER-

MITINDO, POLO TANTO, ALMACENAR ABONO ORGÁNICO DE FÓRA

DA EXPLOTACIÓN E TAMÉN PURÍN PARA AS ÉPOCAS DE ABONADO,

CO CORRESPONDENTE AFORRO EN ABONADO E MELLORA DA

ESTRUCTURA DO SOLO.

• PERMITE UN CRECEMENTO DA EXPLOTACIÓN MÁIS FLEXIBLE, XA

QUE EN 1-2 DIAS PÓDESE FACER UNHA AMPLIACIÓN DA BALSA A

UN CUSTO REDUCIDO.

• CONSECUENTE CO IMPACTO AMBIENTAL, XA QUE PODE SER

DESMONTADA CON FACILIDADE, O QUE PERMITIRÍA UN CAMBIO

DE UBICACIÓN CUN CUSTO MÍNIMO.

Dispoñemos tamén dun enxeñeiro técnico agrícola dedicado ao deseño e ubicación

das balsas e tamén á tramitación de suvbencións se fose necesario.

NECESIDADES

PLAN DE ABONADO ELEXIDO PARA CUBRIR NECESIDADES DE CULTIVO

CULTIVO PARA 600 quilos de Triple 15 40.000 litros de purín vaca 40.000 litros de purín vaca 80.000 litros de purín vaca

15 Tms DE MS/Ha 200 quilos de Urea 46% 600 quilos de Triple 15 600 quilos de 20/12/8 300 quilos de 20/12/8

DE PRODUCIÓN 300 quilos de Cloruro potasico 100 quilos de Urea 46% (especial millo) (especial millo)

NITRÓXENO 195 UF de N 195 195 195 195

FÓSFORO 90 UF de P2O5 90 126 108 102

POTASIO 225 UF de K20 225 260 225 360

Custo abonado por Ha (sen labores) 377,00 /Ha 258,00 /Ha 205,00 /Ha 84,00 /Ha

Aforro en euros por Ha con utlización de purín con respecto a abono típico (600 quilos de Triple 15 e 100 quilos de urea)

175 /Ha

AFORRO PARA SUPOSTO 10 Has

1750

Anos para amortizar balsa purín de 800 m3

3,5 anos

O cálculo da amortización estimado para unha balsa de 800 m 3 faise con prezos de mercado de abonados nos que non se ten en conta unha posible suba dada polo incremento de

prezo do petróleo.

Deste xeito, unha suba no prezo do petróleo trae consigo que o período de amortización reducirase considerablemete ata 2,5 ou 3 anos.

PROXIMAMENTE BAP S.C. TERÁ A DISTRIBUCIÓN DE DEPÓSITOS DE

ALMACENAMENTO DE AGUA DE ATA 500 m 3 .

AFRIGA ANO XIV - Nº 74

RAMIL - TABOADA - LUGO - Telf: 609 379 636

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!