15.02.2015 Views

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

IR A IRLANDA

Claudio Rodríguez Fer

Ir a Irlanda, terra do Eire. Eu nacín querendo ir á Irlanda celta

nos verdes ollos da miña nai, medrei querendo asistir á Irlanda asoballada

coa solidariedade do meu pai, madurei cara á Irlanda mítica e

real na compaña de quen ama ir a Irlanda. E igual que fun sen ir tamén

sen ir fun. Así se fixeron Viaxes a ti, así se fan Viaxes ao Paraíso.

A especular Irlanda naceu sobre o verde da herba e das árbores

para vivir baixo o verde das esperanzas, dos símbolos e das bandeiras.

O visitante anota verdecente na illa máis celta:

VERDE

Todo é verde

baixo o teu nome.

O verde recobre os monumentos megalíticos da Prehistoria, o

verde identifícase coa invasión celta e a cultura que alí asenta na Idade

Antiga, o verde exprésase en lingua gaélica e fertiliza as cuíñas e as

pedras do destino, o verde asiste á cristianización e ás incursións

viquingas e subsiste á colonización de normandos e de ingleses, o

verde emigra famélico aos Estados Unidos de América e os reviste de

tal, o verde reverdece co renacemento cultural e os estalidos patrióticos

revolucionarios, o verde amusga sobre a guerra civil e a partición

da illa dando orixe á República de Irlanda, o verde é o zume céltico da

literatura e das artes en todas as linguas do mundo, o verde pinta a

cebada que inunda os campos e as cidades coa xerfa sen fin da cervexa

totémica...

IRLANDA

Palpamos a Pedra do Destino,

baixamos aos túmulos sagrados,

subimos ás verdes cuíñas do mito

e compartimos os libros de nós sós

para bebermos a cervexa da vida.

Porque a vida foi mellor compartida con Jonathan Swift,

Laurence Sterne, Oscar Wilde, Bram Stoker, Lord Dunsany, George

255

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!