15.02.2015 Views

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A RÍA DE VIGO

Eduardo Moreiras

Das tres rías Baixas galegas –a de Arousa, coa súa mar espellando

lonxanías misteriosas de millos e piñeirais; a de Pontevedra, que

víu sulcar as naos adiantadas da Moureira coa vela almirante de Paio

Gómez Chariño pola tersa quietude; a de Vigo, bébeda de luz–, das

tres, ísta de Vigo é a do Paradiso, creada pola mente diviña pra a felicidade

do home. Eiquí, un día, Deus pousóu docemente a súa mau,

fixo duas partes da Unidade e separóu as augas azuis lumiosas das

ladeiras verdecentes, o principio femia do principio macho, o refrexo

da rocha na sombra azul inmóvil.

Ista ría de Vigo hai que ollala e catala asín, no principio creador

orixinal, coma si fora feita agora mesmo na mañán primeira da vida.

Xurde na mañán da mar intaita, pura. A brisa trai o marmurio das

ondas nos ocos verdes das rochas, o bico salgado e acre dos piñeirais.

E, na noite, xiran as estrelas, coma os astros de Van Gogh, en espirais

apaixoadas sobor da mar. Coroas de perlas e diamantes cintilean nas

ribeiras lonxanas. A breve e longa noite da ría.

Coma toda obra ben feita, a ría de Vigo está tracexada armoniosamente,

en óvalos de perfeita simetría. Duas coordenadas celestes

determinan a súa situación: unha, o arco que xungue o Vixiador coas

illas Cíes; outra, a que vai dende o Galiñeiro deica o castro de

Cotorredondo. Istas liñas ideais siñalan o desenrolo da ría e o seu espallamento

en liñas de forza secundarias que multiplican a súa beleza.

Seguindo os arcos celestes dende o comenzo da ría, ou sexa,

dende o fondo deica a mar libre, achamos que a ría ten tres partes

armonicamente xunguidas entre sí: unha, que poderíamos imaxinar

de plenitude de amor coa terra; outra, de arela mística onde o ser agarda;

e a derradeira, de asunción e fusión coa luz raiolante da mar libre.

Na primeira, por terras de Pontesampaio e Arcade, a mar da ría

ten moito de ensoño e acabamento de amor. Alí as marismas, as entradas

na terra antre as árbores, o limo verdecente creador, falan a linguaxe

da plenitude, un morrer que é un vivir no colo da terra soñado. As

casas mariñeiras, que pintóu Carlos Maside, abeiran os espellos das

augas onde se refrexan os laranxos. E por Arcade, baixo a ponte roma-

177

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!