15.02.2015 Views

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PESCADORES DE CERCO

Ramón Reimunde

Hai que embarcar no Ollo do Mar, barco de ferro pintado de vermello

que se dedica á pesca de sardiña e chicharro na costa cantábrica

para coñecer de verdade como é a arte de cerco. Ese é o prezo: balances

continuos desde que sai do porto e o ruído perpetuo do motor

nunha noite sen durmir. Mais a xente de terra debe saber como se

pesca o que come cada día.

Despois de facer 1.500 kg de xeo que se mete na neveira, desatraca

o barco do porto base de Burela en 43º 39,47 N e 07º 21,13 W para

poñer proa ao mar de Nois onde chaman os Petañoles, un caladoiro

que levan pescando os de Foz desde que hai memoria, en traiñeiras a

remo, lanchas de vela e vapor ou motoras.

Alí, a dúas millas da costa e con vinte brazas de fundo, acostuman

pescar nesta época os bancos de chicharro ou xurelo na primeira

hora da noite, que chaman axexo. Manobran uns dez barcos demasiado

próximos buscando o peixe, os ollos fixos na sonda e no soar, que

sona tamén como o seu nome indica para detectar o peixe. Cando este

aparece por babor, marcando un bon tomo, o patrón modera a marcha

e avisa con un timbre á tripulación para que estea preparada para largar

o aparello. Á voz de Arrea!, botan a rede ao mar e van cantando as

anillas da chave que vai nos chumbos: unha, dúas,... vinte e nove.

Aparece na superficie do mar o cerco dos corchos sinalado por luces

verdes, ata que o barco completa o círculo chegando á marca da boia

vermella, cobrase a xarreta ou chave que vai polo fundo para cerrar a

rede cos molinetes de proa, indicada a profundidade cun sensor electrónico,

e comeza a traballar o halador hidráulico metendo o aparello

abordo, mentres sete homes van halando á man o pano da rede e estibando

na cuberta de babor.

As gaivotas esperan nadando a que chegue o momento do seu

festín de sobras, e cando o cerco xa é un círculo pequeno arredor do

barco, levantan o voo e con grande griterio comezan a coller peixe

mazado ou patexos que veñen presos no pano brillante de auga escollido

por vinte maos. Entón acéndense as luces do barco iluminando

un espectáculo de traballo colectivo e precisión, recollendo o aparello

e colocándoo listo para o próximo lance. Cando o copo está no costa-

173

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!