15.02.2015 Views

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

para sempre á terra de ninguén. No segundo poema retrátase a unha

muller atrapada pola soidade e a miseria —“Vivir sin amor entolece. /

É triste cousa / adoecer na arela / sen acougo, sen espranza”— que

acaba por suicidarse; representa, doutra banda, ademais da soidade, a

ausencia de resposta, a falta dunha identificación co mundo presente

e inmediato e o presentimento dunha realidade transcendente máis

afastada: “A súa vida mísere / foi vóo por terra allea / (...) / eu vexo

lonxe os prados / bretemosos alborexar / e un carreiro / que se perde

no infindo” (54). No segundo poema citado, “Era foraño”, a estranxeiría

percíbese xa a partir do título; neste caso o protagonista é un home,

prototipo de estranxeiro chegado de ningures e que amence morto na

praza dunha vila que resulta ser a vila da orixe, aquela que el soñaba

ou buscaba: “¿Quén será ¿De ónde ven / Rachóuno a loita terra

adiante / e rematou alí, / na praza dun pobo soñado / onde xogara de

neno”. Como ocorría nos casos anteriores, tamén a morte, o final, a

destrución e o finar espido resultan ser as manifestacións máximas da

verdadeira identidade, o recoñecemento do eu individual na apertura

máxima que é a morte: “Agora xa é o que quixo ser / e para sempre:

un Cristo núo / e puro, / xusticiado a morte / lonxe da terra que

soñóu no amor” (48). Finalmente, en “Cantiga para non chorar” atopamos

unha reflexión sobre a inxustiza, que ataca ós soñadores, é dicir,

ós estranxeiros que perseguen a súa propia transcendencia, entendida

como unha aspiración interna: “A razón de vivir, as razós para soñar

/ abondan na terra en soidade. / (...) / Pois de ensonos e traballos do

corazón / cativo, soio queda isto, certo: // unha fontela sin auga, un

paxaro morto, / unha rúa silandeira no pobo abandoado” (49-50). Non

cabe dúbida, pois, de que en todos eles achamos a idea da destrución

e o acabamento como principio previo a todo acto de estranxeiría,

como anulación da identidade particular continxente que a cada individuo

lle impón a realidade a favor dun non ser abstracto ou dun ser

colectivo, non dual e transcendente 8 .

O regreso ás orixes míticas da raza ó que nos referimos anteriormente

tamén o atopamos no terreo da natureza, que é a segunda direc-

8

No mesmo sentido poderíanse citar os poemas “A cadeira valeira ó pé do monte”, ou o

xa tratado “Rozando toxo”. No primeiro contrástase unha paisaxe bucólica idílica coa presenza

dun cárcere —“érguese, escura, a cadea / coma unha aldraxe vida” (52)— simbolizando

de maneira metafórica ou literal o sentido da prisión da realidade que é preciso

romper. Tamén duns cárceres, prisioneiros e liberdade trata o poema “A cadea na que

vivo”, de O libros dos mortos.

162

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!