15.02.2015 Views

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF (4 MB) - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Mais, cabaleiros a fin de contas, e, sen dúbida, conservando sempre

unha admiración mutua, cando a Real Academia Galega decide

elixir a Eduardo Moreiras académico numerario, en sesión do día 17

de maio de 1977, a proposta vai asinada por Francisco F. del Riego,

Álvaro Cunqueiro Mora e Marino Dónega Rozas 22 .

Xosé María Castroviejo.

Comeza a lista alfabética doutros poetas do Parnaso de Moreiras

con Castroviejo, un nome que pode sorprender a algunha persoa nesta

lista. Emporiso, cómpre non esquecer o seu libro poético Tempo de outono

e outros poemas (1964), obra saudada por Cunqueiro nun interesante

artigo do Faro de Vigo 23 e que mereceu un posto de atención na selección

dos poetas da “Xeración de 1936” de Méndez Ferrín 24 . Non teño

a menor dúbida de que Moreiras coñeceu o Tempo de outono de

Castroviejo, poeta polo que amosa clara simpatía 25 mais non deixa opinións

sobre a escrita galega do amigo. Daquela, imos lembrar unha

das anécdotas máis simpáticas narrada por Moreiras, a propósito

dunha conferencia que Gerardo Diego deu en Vigo na primavera de

1970, á que asistiron, entre outros, o propio Moreiras, Celso Emilio e

Castroviejo, os cales se amosaron unánimes no seu comportamento

perante o que alí escoitaron:

“O rimeiro Gerardo Diego pasóu unha tempada por provincias

dando conferencias-recitáis nos centros 'Recreativos'. Ás veces, púñase

a tocar un pianiño. Entón as 'Hijas de María' tendían a orella e choromicaban,

ouvindo interpretar Chopin.

Un día de primaveira, lémbrome ben, no Centro de Fillos de

Vigo puxeron un piano no estrado e unha mesiña con pano bermello e

vaso de auga pra o Versificador. Tocaron unha campaíña e saiu un home

vello e tristeiro, con aire de sacristán, e con voz magoada púxose a falar

dos que escribían nas língoas vernáculas porque non se arrichaban a

facélo en castelán, ‘donde la mayor concurrencia limita probabilidades

de éxito’. Os escritores que estabamos alí ollámonos ademirados uns

aos outros, calculando a distancia que nos alonxaba da porta.

22

23

24

25

Pódese ver copia do nomeamento en Nordés (III xeira), 17-18 (1992), p. 87. A resposta ó

Discurso de Ingreso, titulado “Poesía e realidade”, foi feita por Fernández del Riego.

Á. Cunqueiro, “Tempo de outono”, Faro de Vigo, 2-X-1964.

X. L. Méndez Ferrín, De Pondal a Novoneyra. Poesía galega posterior á guerra civil, Vigo,

Edicións Xerais de Galicia, 1984 (2ª ed., 1990), pp. 98-99.

Vede Follas de vagar, cit., pp. 116, 156.

144

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!